U N I D A D E 8 Pintura gótica: Giotto E Van Eyck1

25
UNIDADE 8 PINTURA NA FIN DA IDADE MEDIA: GIOTTO E VAN EYCK Borja Campos Seijo I.E.S García-Barbón (Verín)

description

Galego

Transcript of U N I D A D E 8 Pintura gótica: Giotto E Van Eyck1

Page 1: U N I D A D E 8  Pintura gótica: Giotto E  Van  Eyck1

UNIDADE 8PINTURA NA FIN DA IDADE MEDIA:

GIOTTO E VAN EYCKBorja Campos Seijo I.E.S García-Barbón (Verín)

Page 2: U N I D A D E 8  Pintura gótica: Giotto E  Van  Eyck1

1. PINTURA ITALIANA: RUPTURA FIGURATIVA DE

GIOTTO.- Fronte a espectacular transformación escultura gótica, a pintura

evolucionou a ritmo máis lento, xa que faltaban os modelos antigos e era + difícil simular volume e tridimensionalidade nunha superficie plana. En Francia domina o Gótico Internacional (S.XIV) que espalla por Europa un gusto refinado e cortesán beleza ornamental (decorativa) e preciosista dominando a liña dentro dunha natureza idealizada e elegante.

Page 3: U N I D A D E 8  Pintura gótica: Giotto E  Van  Eyck1

- Mentres en Italia a pintura vive explosión creadora a finais do S.XIII, xa que a Italia medieval sempre mantivo vivo o pasado romano e o contacto coa civilización bizantina estilo neobizantino (maniera greca) que domina Italia na Plena e Baixa Idade Media características: fondos de ouro que crean espazos irreais e celestais, perspectivas cabaleiras, liñas suaves e delicadas e formas estilizadas e elegantes (Ex: Duccio e Simone Martini)

Page 4: U N I D A D E 8  Pintura gótica: Giotto E  Van  Eyck1

- Giotto afástase maniera greca revolución pictórica orixes pintura occidental. Desenrola o seu labor entre Duocento e Trecento (c.1270-1336) dende Florencia por gran parte de Italia (Padua, Asís, Roma…) decorando muros das igrexas (fresco). ´Trazos da súa pintura:

Supera bizantinismo acentuando masa e volume, propios da Antigüidade clásica en contraste a Duccio (que se basa no refinamento cromático) e o Gótico Internacional (liña).

Non imita directamente a natureza, senón que se inspira en como a representaban os antigos.

Episodios non anecdóticos gravidade histórica = o que importa non é o motivo concreto senón o significado profundo.

Suxire profundidade sen construir perspectiva rigorosa o espacio non existe en sí mesmo pero as figuras suxiren tridimensionalidade e profundidade.

Page 5: U N I D A D E 8  Pintura gótica: Giotto E  Van  Eyck1

- Giotto = pintor mural (+ que de táboa) uso técnica de fresco (cores á augada aplicados en parede revocada) principais obras: Basílica de Asís (serie de frescos adicados a S.Francisco) e Capela Scrovegni en Padua (narra vida de S. Xaquín, a súa filla a Virxe e Cristo) ruptura artística inicio ilusionismo = volve transparente plano figurativo (ventana) de xeito que o espacio pictórico semella continuar o noso espazo físico, ilusión que se reforza con sensación de volume das figuras, creadas por medio de xogos de luces e sombras (claroscuro).

Page 6: U N I D A D E 8  Pintura gótica: Giotto E  Van  Eyck1

31. CAPELA SCROVEGNI: PRENDEMENTO DE CRISTO

GIOTTO

- Fresco sobre muro.

- Capela Scrovegni, Padua. c 1304/06.

- Pintura gótica italiana.

- Decoración de capela privada por encargo de Enrico Scrovegni.

- Motivo: ciclos da vida de S. Xaquín, a Virxe e Cristo.

- Iconografía: bico de Xudas e prendemento de Cristo.

Page 7: U N I D A D E 8  Pintura gótica: Giotto E  Van  Eyck1

- Frescos da Capela Scrovegni (Padua, 1304-06) por Giotto = un dos conxuntos + sobranceiros da pintura mural de todos os tempos. Contén case 40 composicións de formato rectangular en rexistros horizontais e narran historia de S. Xaquín, a Virxe e Cristo.

- Encargo de E. Scrovegni para decorar capela privada, ofrenda para expiar os seus pecados, onde Giotto amosa trazos da súa particular ruptura figurativa.

Page 8: U N I D A D E 8  Pintura gótica: Giotto E  Van  Eyck1

- O Prendemento = 1 das súas obras máis coñecidas, bo exemplo do seu estilo e das novidades que introduce. 1ª novidade = forma de representar o escenario en lugar de representar o acontecemento dende o alto, traéo a primeiro plano, a mesma altura e tamaño que o espectador plano figurativo vólvese transparente, como se o noso espazo físico continuara no espacio ficticio pintado por Giotto.

- Ademáis usa outros recursos para suxerir profundidade, como personaxe de costas ao espectador que semella formar parte connosco do grupo que asistimos ao suceso.

- Giotto reforza este ilusionismo espacial co volume das figuras conseguido por medio do claroscuro (modelando superficies con luces e sombras sólida monumentalidade e sensación de masa das formas, de inspiración clasicista.

Page 9: U N I D A D E 8  Pintura gótica: Giotto E  Van  Eyck1

- Composición = claridade e unidade compositiva. Fronte a predecesores que mergullaban as figuras entre mil anécdotas narrativas, Giotto concentra toda atención no tenso cruce de miradas entre Cristo e Xudas, ao redor dos cales xiran todos os demáis vertixinosamente (elipse no fondo) tensión dramática a piques de estoupar.

Page 10: U N I D A D E 8  Pintura gótica: Giotto E  Van  Eyck1

32. CAPELA SCROVEGNI: PRANTO POR CRISTO

MORTOGIOTTO

- Fresco sobre muro.

- Capela Scrovegni, Padua. c 1304/06.

- Pintura gótica italiana.

- Decoración de capela privada por encargo de Enrico Scrovegni.

- Motivo: ciclos da vida de S. Xaquín, a Virxe e Cristo.

- Iconografía: lamentación pola morte de Cristo. Personaxes: a Virxe, Magdalena e santas mulleres

Page 11: U N I D A D E 8  Pintura gótica: Giotto E  Van  Eyck1

- Lamentación por Cristo morto intenso sentido tráxico, expresada a mágoa de xeito diferente polos personaxes.

- Centro da composición moi baixo, na cabeza inclinada da Virxe e de Cristo. Ali se cruzan 2 liñas en diagonal: unha, na dereita, declina lentamente nas masas de personaxes e a suave pendente do outeiro; outra precipítase bruscamente na chea de figuras amoreadas á esquerda.

- Completa a composición o contraste entre o círculo inmóbil de discípulos aflixidos, e o círculo superior arroutado dos anxos. Os brazos alzados de Xoan interrompen a diagonal da rocha e unen as 2 expresións de dor na terra e no ceo nun único berro.

Page 12: U N I D A D E 8  Pintura gótica: Giotto E  Van  Eyck1

- Aumenta dramatismo o escenario de severa simplicidade (montaña núa). A única árbore que enlaza os 2 espazos (ceo e terra) ofrece dobre lectura: O seu illamento natureza comparte a dor por morte de Cristo. A súa presencia alude Árbore Sabiduría, murchada por pecado

orixinal e devolta á vida por Redención.

- Un 1º plano de personaxes doentes introdúcenos de cheo no acontecemento. As figuras son masas compactas e monumentais, das que só sobresaen cabezas e mans que expresan cruamente a dor.

- O azul denso do ceo pecha máis alá do penedo calquera posibilidade de evadirnos da traxedia.

Page 13: U N I D A D E 8  Pintura gótica: Giotto E  Van  Eyck1

2. PINTURA DOS PRIMITIVOS FALMENGOS: VAN EYCK

- Cidades de Flandres = centros da nova economía mercantil dende o século XIII dirixida por clase corteá e burguesa enriquecida adicada a comercio téxtil. No S. XV aparición da pintura primitivos flamengos cadros case sempre de pequenas dimensións, para decorar habitacións, pequenas capelas privadas e poucas igrexas.

- Uso da nova técnica de pintura ao óleo sobre madeira cadros, dípticos, trípticos ou polípticos.

- Principais mestres flamengos do S.XV son irmáns Van Eyck, Roger Van der Weyden (autor do Descendemento do Museo do Prado) e o Bosco, creador de alegorías poboadas dun mundo imaxinario e fantástico, repleto de símbolos (Carro de Heno ou tríptico do Xardín das Delicias, ambas no Prado).

Page 14: U N I D A D E 8  Pintura gótica: Giotto E  Van  Eyck1
Page 15: U N I D A D E 8  Pintura gótica: Giotto E  Van  Eyck1

- Pintura flamenga contribúe a crear novo sistema figurativo creación do ilusionismo (xunto a Quattrocento italiano). Trazos pintura flamenga:

Representación literal da natureza representación realidade completa, incluso detalles que ollo non ve a simple vista minuciosidade, concedendo igual importancia a todos os obxetos sen xerarquías.

Perspectiva a partir de superposición de planos de referencia para construir un espazo que imita ao real, sen a perspectiva matemática dos italianos.

Luz natural define o espacio aire iluminado onde se moven as figuras entre planos de luz e sombra.

Brillantez característica grazas a técnica de oléo sobre táboa.

Page 16: U N I D A D E 8  Pintura gótica: Giotto E  Van  Eyck1

- Iniciador escola flamenga S.XV = Jan Van Eyck (nado c.1380), desenvolve a súa labor na 1ª ½ S.XV en Bruxas. 1ª obra mestra é o Políptico do Cordeiro Místico da catedral de Gante, comezado polo seu irmán Hubert e rematado por él, formado por 12 táboas e adicado ó culto de Cristo redentor.

- En Flandres o avance do individualismo e o éxito social da clase cortesá e mercantil orixinan os primeiros retartos e cadros de devoción (imaxe de culto con doante) para capela privada do cliente (Ex: A Virxe do Chanceler Rolin de Van Eyck).

Page 17: U N I D A D E 8  Pintura gótica: Giotto E  Van  Eyck1

- Van Eyck pinta os primeiros retratos psicolóxicos, xénero profano que centra a atención na face do personaxe sobre fondo neutro (Home do turbante). Tamén retarto dobre, máis complexo, co Famoso matrimonio Arnolfini = alarde do sistema de representación flamengo e expresión da nova mentalidade burguesa e laica.

Page 18: U N I D A D E 8  Pintura gótica: Giotto E  Van  Eyck1

33. VIRXE DO CHANCELER ROLIN

JAN VAN EYCK

- Pintura primitiva flamenga. c. 1435.

- Óleo sobre táboa.

- Museo do Louvre. París.

- Encargo de Nicolás Rolin, chanceler do duque de Borgoña.

- Xénero relixioso: cadro de devoción con retrato de doante.

- Iconografía: Virxe coroada co Neno e doante.

Page 19: U N I D A D E 8  Pintura gótica: Giotto E  Van  Eyck1

- Virxe do Chanceler Rolin ofrece unha mostra da portentosa técnica de Van Eyck, moi minuciosa nesta táboa de dimensi´ns tan reducidas.

- Home de confianza do duque de Borgoña, Nicolás Rolin encargou esta obra coma imaxe privada de devoción que legou á igrexa da súa cidade natal.

- O chanceler faise representar dun xeito insolente, invadindo o espazo onde se atopa a Virxe, sen distancia nin separación xerárquica. O doante ricamente vestido, de xeonllos nun reclinatorio, interrompe a súa oración, para mirar a Virxe, corodada por un anxo e termando do Neno, quen bendice ao chanceler.

Page 20: U N I D A D E 8  Pintura gótica: Giotto E  Van  Eyck1

- Unha galería de tres arcos abre a un xardín que remata nunha muralla pola que asoman dous individuos ante unha cidade en medio dunha paisaxe atravesada por un río que se perde nun fondo montañoso.

- Panofsky (historiador da arte) sostiña que esta insólita “familiaridade” do doante cos seres sagrados obedecía a mensaxe en clave representación Xerusalén celestial na que Rolin estaría tras a súa morte. Ademáis os temas esculpidos nos capiteis (Expulsión do Paraíso, Caín e Abel e a Embriaguez de Noé), farían referencia ós pecados do propio doante polos que ora. Sen embargo, esta hipótese se ben coherente, carece de apoio documental.

Page 21: U N I D A D E 8  Pintura gótica: Giotto E  Van  Eyck1

- Sendo asombrosa toda a pintura, seica sexa a paisaxe dominada desde as ameas o que máis abrae, xa sexa a Xerusalén Celeste, Flandres ou Borgoña, sorprende a súa minuciosidade tendo en conta as escasas dimensións da obra.

- Rolin dá a imprensión de estar satisfeito consigo mesmo, e baixo pretesto de piedade, crea un monumento a súa propia vaidade (compatible con sincera devoción), grazas á destreza de Van Eyck.

Page 22: U N I D A D E 8  Pintura gótica: Giotto E  Van  Eyck1

34. MATRIMONIO ARNOLFINIJAN VAN EYCK

- Pintura primitiva flamenga. C. 1434.

- Óleo sobre táboa.

- National Gallery. Londres.

- Xenero: retrato.

- Encargo de Giovanni Arnolfini e a súa dona Giovanna Cenami.

- Iconografía: rito nupcial con obxectos simbólicos e alegóricos.

Page 23: U N I D A D E 8  Pintura gótica: Giotto E  Van  Eyck1

- Esta pintura, exemplo do sist de representación flamengo, amosa o virtuosismo da técnica do óleo transmisión con todo detalle da presencia física dos obxectos e expresión dos ideais da mentalidade burguesa e laica.

- Jan Van Eyck pintou o cadro en 1434 (inscripción sobre o espello: Xan Van Eyck estivo aquí 1434). Representa a voda de Giovanni Arnolfini e Giovann Cenami, mercader italiano asentado en Bruxas. No espello vemos aos dous cónxuxes de costas e outras 2 figuras emprazadas fóra da pintura (no espazo do espectador), o pintor e un personaxe actuando de testemuñas. Todo cadra co rito nupcial que adoitaba daquela: privado, civil e na propia casa.

Page 24: U N I D A D E 8  Pintura gótica: Giotto E  Van  Eyck1

- Os obxectos esparexidos pola estancia, toman ademáis unha presencia significativa, un contido simbólico:

Lámpada: porta unha única vela prendida, sinal de Cristo como testemuña.

Can: signo de fidelidade.

Froitas da fiestra: pureza da alma humana en gracia e sacramento matrimonio.

Zapatos no chan: pacto entre Deus e Moisés, quen descalzou para pisar terreo sacro.

Rosario e espello: suxiren pureza. No marco do espello aparecen talladas dez escenas da Paixón.

Na cabeceira do leito unha talla de Santa Margarida e o Dragón representa a portadora dos partos

Page 25: U N I D A D E 8  Pintura gótica: Giotto E  Van  Eyck1

- Salienta individualización dos personaxes un dos retratos dobres mellor conseguidos da historia. Retrato onde destacan a precisión das calidades que dá conta da riqueza e status da parella, tanto nos obles como nas suntuosas teas.

- Van Eyck articula o espazo figurativo coma prolongación do espazo real do espectador, servíndose tanto de elementos lineais (perspectivos) de mobles e teito, leito e fiestras, como de planos alternativamente claros e escuros, pero sobre todo do sútil recurso de pintar o noso espazo de espectadores a través do espello.

- Recolle coa súa mirada, ademaís unha imaxe completa de toda a realidade que percibe, con todos os compoñentes tratados na mesma escala e importancia, sexan persoas, indumentarias, can e froitos. Mirta todo por igual e retrata coa mesma atención aos seus clientes e os obxectos que se atopan alí concepción femomenolóxica da natureza natureza ilimitada e continua na que estamos mergullados e que desborda o que vemos dunha simple ollada.