Tríptico A Pedriza A Pedriza.pdf · PRESENTACIO N Presentámosvos esta viaxe de sendeirismo de...

2
OUTROS DATOS DE INTERESE Horarios habituais durante a estancia (excepto o úlmo día): Web do concello: hp://www.manzanareselreal.org Web da Pedriza: hp://es.wikipedia.org/wiki/La_Pedriza Teléfono Hotel Parque Real: 918 53 99 12 ALMORZO 08:00h SAÍDA PARA RUTA 08:45h CEA 21:30h www.carroucho.org SENDEIRISMO EN A PEDRIZA Parque Rexional do Manzanares (Madrid) 14 - 17 MAIO 2016 Club de Montaña “O Carroucho” 618 61 77 99

Transcript of Tríptico A Pedriza A Pedriza.pdf · PRESENTACIO N Presentámosvos esta viaxe de sendeirismo de...

OUTROS DATOS DE INTERESE

Horarios habituais durante a estancia (excepto o úl�mo día):

Web do concello: h�p://www.manzanareselreal.org

Web da Pedriza: h�p://es.wikipedia.org/wiki/La_Pedriza

Teléfono Hotel Parque Real: 918539912

ALMORZO 08:00h

SAÍDA PARA RUTA 08:45h

CEA 21:30h

www.carroucho.org

SENDEIRISMOENAPEDRIZA

ParqueRexionaldoManzanares(Madrid)14-17MAIO2016

Club de Montaña “O Carroucho” � 618 61 77 99

PRESENTACIO� N

Presentámosvos esta viaxe de sendeirismo de media montaña pola Pedriza do Manzanares, da Comunidade de Madrid, onde a xeoloxía desenvolve unha paisaxe única, enérxica e con personalidade propia.

O relevo da Pedriza presenta un aspecto caó�co. Cons�túe unha paisaxe laberín�ca e chea de contrastes: suaves planicies que contrastan con enérxicos rochedos, grandes llambrías fronte a relevos máis ver�cais, bloques individualizados fronte a cordais con�nuos, pozas e saltos de auga fronte a estreitos regatos... Todos estes contrastes débense ao desigual comportamento que este macizo graní�co presenta fronte á erosión, de maneira que cons�túe un autén�co museo ao aire libre de formas graní�cas. As curiosas morfoloxías que adoptan as rochas dan lugar a que reciban nomes de formas comúns, como o Yelmo, o Paxaro, a Foca, o Camelo, ou o Elefan�ño, entre moitos outros.

A punta cimeira ben visible desde decenas de quilómetros, fai honra ao seu nome: o Yelmo, pero non é esta xigante pena o teito deste singular e maxestuoso amontoamento de penascos, senón As Torres, unha sucesión de agullas que se divisan en segundo plano. Neste universo mineral arraigan a duras penas alcornoques, silvas, xaras, carballos, espiños e bosques de piñeiros. Tales piñeirais compiten nas zonas baixas con aciñeiras e coa xara pringosa, que impregna a atmosfera co seu peculiar aroma. Da fauna pedriceira, o voitre é o rei indiscu�ble, prosperando tamén as cabras montesas na parte máis recóndita deste capricho ecolóxico.

A lenda non é allea a este emo�vo espectáculo da natureza. Así, a Cova da Moura recibe o seu nome porque a tradición relata que nesta gruta foi encerrada unha xoven moura con obxecto de mantela afastada dun cris�án namorado. Igualmente, estas penas foron no século pasado agocho das numerosas par�das de bandoleiros que poboaban a serra, cuxas anécdotas deron nome a numerosas rochas, entre as que cabe enumerar o Cancho dos Mortos.

Agardando que a gocedes,

A Direc�va

dunha pequena fervenza do arroio dos Poyos, que se une aquí ao arroio da Ventana. Seguimos a marxe esquerda ata Canto Cochino.

LUNS16DEMAIO

OYELMO

Subimos seguindo os sinais do GR-10 polo camiño coñecido como "A Autoestrada". Desviámonos á dereita para cruzar o arroio por unha pequena pasarela de madeira e chegar a unha pradería. Seguimos subindo pasando pola fonte de Pedro Acuña para situarnos xunto ao xigantesco canto rodado que é o Tolmo. Desde aquí mirando cara ao norte vemos a silueta do Paxaro e máis á esquerda, asómase a cima da Maliciosa. Situámonos no collado da Dehesilla, unha espléndida pradería na que podemos facer un alto no camiño para gozar das vistas. Seguimos camiñando cara á rocha do Acivro para enseguida descubrir á nosa dereita un espléndido arco de pedra cara ao que nos desviamos para pasar por baixo e con�nuar de fronte cara ao Yelmo, esta maxestuosa pena da Pedriza. A súa cara nordés permítenos chegar ata unha estreita cheminea pola que teremos que deslizarnos para alcanzar a cima do Yelmo. Despois dun merecido descanso lanzámonos polo ver�xinoso descenso que nos conduce polo Hueco de las Hoces en dirección ao Barranco de los Huertos.

MARTES17DEMAIO

CANCHODOSMORTOS

Cruzamos pola ponte deixando aos nosos pés o río Manzanares. Subimos un repeito á esquerda para coller o PR-M1 ata O Cáliz. Pronto chegamos á rocha con forma de copón. De aí atravesamos as moles graní�cas en busca do Cancho dos Mortos. Desde alí pódese ver unha gran pedra situada á esquerda, o circo da Pedriza, o refuxio Giner de los Ríos e algunhas das formas máis coñecidas deste macizo graní�co: o Tolmo, o Paxaro, a Pantasma, a Maza, o Camelo e no máis alto Catro Torres. Baixamos por uns zetas cun carreiro ben definido. Pronto nos atopamos co arroio do Risco con moi pouquiña auga. Antes que o Manzanares se trague ao arroio, nós viramos á dereita en busca da Charca Verde. Xa no río atopámonos con numerosos saltos de auga e cruzaremos o río. Pronto nos atopamos coa estrada asfaltada xa en desuso que nos leva ao aparcadoiro de Canto Cochino.

SÁBADO14DEMAIO

AGRANCAÑADA

Culebreando entre xaras e bloques e en constante subida chegaremos ao Collado da Cova (1.122 m.), onde poderemos admirar as Camorzas e a súa Garganta, o Indio, a Serra Hoyo de Manzanares, así como a Pena Cabeza

de Can e Cerro de San Pedro. Chegaremos á altura dunha pradería á esquerda do camiño que nos levaría á Cova do Ave María (son visibles os muros de pedra do que puido ser un an�go curral), e a con�nuación a curiosa figura do Caracol asomando entre as xaras, e algo máis adiante o cilíndrico Risco

do Ofertorio, preludio da Gran Cañada. Pasada esta rocha entramos no extremo oriental da Gran Cañada, alongada pradería de 1 km. de lonxitude, orientación E-O e uns 300 m. máis baixa que a base do Yelmo. Neste extremo da Gran Cañada observamos claramente Penas Cagás. Percorremos a alongada pradería na súa totalidade ata o seu extremo occidental, pasando antes polo Collado da Pedriza, con muro de pedra. Desde este lado da Gran Cañada só nos queda descender pola Senda Carboeiras ata o Tranco.

DOMINGO15DEMAIO

ASTORRES

Desde o aparcadoiro de Canto Cochino baixamos pola estrada en dirección ao río Manzanares. Tras cruzalo en 30 minutos veremos á nosa dereita unha pasarela de madeira que cruza o arroio da Majadilla. A par�r de aquí o camiño discorre deixando á nosa dereita o arroio dos Poyos. Chegamos a un cruzamento coñecido como de "Catro Camiños". Nós con�nuamos de fronte. O camiño segue por este tupido bosque gañando altura. Saíndo do espeso piñeiral, e facendo uns curtos zig-zags, situarémonos no collado do Miradero a 1.880 m. de al�tude, desde o que teremos unhas impresionantes vistas da Pedriza. Viramos á dereita para cruzar entre as Torres e volver ao interior do Circo da Pedriza. Desde aquí comezamos a baixar, rodeados dunha paisaxe lunar, xunto a rochas nun equilibrio imposible, estreitos pasadizos, ver�xinosas baixadas, en fin que non nos aburriremos. Este entre�do camiño fainos pasar polo corredor Termes, a rocha do Ventanillo e en algo máis dunha hora situámonos preto da Esfinxe para baixar polo canellón das Abellas. Iniciamos o descenso por un camiño estreito. Este longo descenso sitúanos xunto a unha inmensa rocha en forma de proa de barco preto

www.carroucho.org � 618 61 77 99 Club de Montaña “O Carroucho”