TRADICIÓNS DE NADAL. Australia

2
PDI LENDO LENDO LENDO O MUNDO PERCORRENDO. CEIP ADR CASTELAO RIANXO O PAXARO RENO Cando Papá Noel e os renos máxicos, aos cales a súa grosa pel lles protexía do frío das terras do norte, chegaron por primeira vez a Australia, os lombos dos renos cubríronse de pingas de suor, porque alí era pleno verán e o clima estaba caldeado polas longas horas de sol. Os renos non podían seguir voando e pousábanse no chan fatigados e arfando, incapaces de avanzar. -Cáspita! -exclamou Papá Noel a primeira vez que lle sucedeu-. Que vou facer agora? Como chegarei a entregar os regalos a todos os nenos de Australia? -frotábase pensativamente a fronte. Entón viu un crocodilo mariño. Era tan grande que, pensou, seguro que non tería ningún problema en arrastrar o carro. -Crocodilo, serías tan amable de tirar da miña zorra para que poida repartir os regalos aos nenos? Claro que si -respondeu o crocodilo, e abriu as fauces de tal xeito que a piques estivo de tragarse a zorra enteira, cos regalos de sobremesa. Pero, Papá Noel interpúxose e espantouno. Apareceu entón un canguro dando brincos, levando ao seu filliño na bolsa, e achegouse ao ancián vestido de vermello para prestarlle axuda. -Canguro, serías tan amable de tirar da miña zorra para que poida repartir os regalos aos nenos? -Claro que si -respondeu o canguro colocándose a brida, pero comezou a brincar con tal impetú que os regalos saíron disparados por todas partes! Mentres Papá Noel recollía os paquetes do chan, viu un paxariño redondiño e de pico longo e ás curtas que o miraba desde o chan. -Paxaro kiwi, serías tan amable de tirar da miña zorra para que poida repartir os regalos aos nenos? -Claro que si -respondeu o paxaro kiwi-, pero con estas pequenas ás, non podo voar e non podería levar a túa zorra polos aires. E Papá Noel botoulle por riba uns pós máxicos, os que usaba para que os seus renos voasen, e o paxaro kiwi puido elevarse e tirar da zorra. Os koalas, os canguros, os crocodilos e os nenos acenderon todos pequenos farois para que o paxaro kiwi atopase as súas casas na escuridade da noite. Desde ese día, o paxaro kiwi pode voar durante unha noite cada ano, e os nenos de Australia reciben puntualmente os seus regalos.

description

TRADICIÓNS DE NADAL NO MUNDO. PDI LENDO LENDO LENDO O MUNDO PERCORRENDO. CEIP ADR CASTELAO RIANXO

Transcript of TRADICIÓNS DE NADAL. Australia

Page 1: TRADICIÓNS DE NADAL. Australia

PDI LENDO LENDO LENDO O MUNDO PERCORRENDO. CEIP ADR CASTELAO RIANXO

O PAXARO RENO

Cando Papá Noel e os renos máxicos, aos cales a súa grosa pel lles protexía

do frío das terras do norte, chegaron por primeira vez a Australia, os lombos

dos renos cubríronse de pingas de suor, porque alí era pleno verán e o clima

estaba caldeado polas longas horas de sol. Os renos non podían seguir voando

e pousábanse no chan fatigados e arfando, incapaces de avanzar.

-Cáspita! -exclamou Papá Noel a primeira vez que lle sucedeu-. Que

vou facer agora? Como chegarei a entregar os regalos a todos os

nenos de Australia? -frotábase pensativamente a fronte.

Entón viu un crocodilo mariño. Era tan grande que, pensou, seguro

que non tería ningún problema en arrastrar o carro.

-Crocodilo, serías tan amable de tirar da miña zorra para que poida

repartir os regalos aos nenos?

Claro que si -respondeu o crocodilo, e abriu as fauces de tal xeito que

a piques estivo de tragarse a zorra enteira, cos regalos de sobremesa. Pero,

Papá Noel interpúxose e espantouno.

Apareceu entón un canguro dando brincos, levando ao seu filliño na bolsa, e

achegouse ao ancián vestido de vermello para prestarlle axuda.

-Canguro, serías tan amable de tirar da miña zorra para que poida repartir os

regalos aos nenos?

-Claro que si -respondeu o canguro colocándose a brida, pero comezou a

brincar con tal impetú que os regalos saíron disparados por todas partes!

Mentres Papá Noel recollía os paquetes do chan, viu un paxariño redondiño e

de pico longo e ás curtas que o miraba desde o chan.

-Paxaro kiwi, serías tan amable de tirar da miña zorra para que poida repartir

os regalos aos nenos?

-Claro que si -respondeu o paxaro kiwi-, pero con estas pequenas ás, non podo

voar e non podería levar a túa zorra polos aires.

E Papá Noel botoulle por riba uns pós máxicos, os que usaba para que os seus

renos voasen, e o paxaro kiwi puido elevarse e tirar da zorra.

Os koalas, os canguros, os crocodilos e os nenos acenderon todos pequenos

farois para que o paxaro kiwi atopase as súas casas na escuridade da noite.

Desde ese día, o paxaro kiwi pode voar durante unha noite cada ano, e os

nenos de Australia reciben puntualmente os seus regalos.

Page 2: TRADICIÓNS DE NADAL. Australia

PDI LENDO LENDO LENDO O MUNDO PERCORRENDO. CEIP ADR CASTELAO RIANXO

TRADICIÓNS DE AUSTRALIA

Meri Kirihimete

É moi común que os regalos os traia Swag Man, que vai vestido

cunha camiseta azul e unhas bermudas ben anchas... E viaxa sobre

unha táboa de surf!

Ademais do pavo e o xamón

cocido habitual, os australianos

soen comer tortas de carne.

Aderezadas cun pouco de

ketchup. Están riquísimas!

A xente reúnese en Melbourne para cantar panxoliñas nun festival

chamado cancións á Luz das Candeas, na que todo o mundo leva

unha candea acendida.