Time rime é unha aplicación web en liña que permite crear liñas do tempo.

6
Que é TimeRime? Time Rime é unha aplicación web en liña que permite crear, ver e comparar liñas de tempo interactivas e multimedia. Nas liñas de tempo poden incluírse textos, música, vídeos de YouTube, mapas de Google Maps, fotografías e debuxos, entre outros recursos. Pódese utilizar para: Buscar información sobre calquera tema en orde cronolóxica. Crear liñas de tempo dunha empresa, artista ou proxecto. Inserir liñas de tempo dixitais noutros sitios web. Imprimir as liñas de tempo ou proxectalas no Encerado Dixital Interactivo (EDI) grazas á súa compatibilidade. Características: Aplicación gratuíta. Idioma: castelán. Require rexistro: nome de usuario, correo electrónico e contraseña. URL para acceder á aplicación: http://timerime.com/es/ As liñas do tempo interactivas son un recurso sinxelo para: Relatar unha historia de forma cronolóxica. Ordenar os feitos narrados nunha obra literaria. Situar graficamente feitos históricos, acontecementos deportivos, descubrimentos científicos,... Levar rexistros dunha actividade, proxecto, saída ou viaxe de estudos, entre outros. Analizar biografías.

Transcript of Time rime é unha aplicación web en liña que permite crear liñas do tempo.

Que é TimeRime?

Time Rime é unha aplicación web en liña que permite crear, ver e comparar

liñas de tempo interactivas e multimedia. Nas liñas de tempo poden incluírse

textos, música, vídeos de YouTube, mapas de Google Maps, fotografías e

debuxos, entre outros recursos.

Pódese utilizar para:

Buscar información sobre calquera tema en orde cronolóxica.

Crear liñas de tempo dunha empresa, artista ou proxecto.

Inserir liñas de tempo dixitais noutros sitios web.

Imprimir as liñas de tempo ou proxectalas no Encerado Dixital

Interactivo (EDI) grazas á súa compatibilidade.

Características:

Aplicación gratuíta.

Idioma: castelán.

Require rexistro: nome de usuario, correo electrónico e contraseña.

URL para acceder á aplicación: http://timerime.com/es/

As liñas do tempo interactivas son un recurso sinxelo para:

Relatar unha historia de forma cronolóxica.

Ordenar os feitos narrados nunha obra literaria.

Situar graficamente feitos históricos, acontecementos deportivos,

descubrimentos científicos,...

Levar rexistros dunha actividade, proxecto, saída ou viaxe de

estudos, entre outros.

Analizar biografías.

Para comenzar a usar TimeRime hai que rexistrarse e completar os datos

que se solicitan. O sistema envía un correo electónico cun hipervínculo para

activar a conta.

Na pestana Liñas do tempo, seleccionar O meu TimeRime. Seleccionar

Cree unha liña do tempo.

Nivel educativo: Secundaria.

Áreas : Historia,Literatura,Arte,...

1. Na ventá Liña de tempo nova completar Nome da liña de tempo.

2. Seleccionar unha categoría (listado en inglés). Descrición.

3. Definir se a liña do tempo é pública ou privada. Gardar

Para incluír un evento na liña de tempo, completar os datos requiridos na

etiqueta 2. Evento.

O campo mes debe completarse en números.Ex.: para o mes de maio,

escribir 5.

Mostrar co zoom: seleccionar a importancia do evento. O 1 corresponde

aos principais eventos. Suxírese elixir para todos os eventos o 1 ata que a

liña de tempo se complete.

4 Descrición breve na liña de tempo: unha breve descrición aparecerá á

beira da imaxe ao pasar o mouse sobre o evento.

5 Se se márcase opción Coloque o texto e a imaxe tamén debaixo da liña de

tempo incluirase un breve apuntamento e unha imaxe na descrición.

6 Unha vez que se completaron todos os campos, seleccionar Gardar.

7 Se se quere incluír un novo evento, seleccionar Gardar e novo.

Texto, video e imaxes debaixo da liña de tempo: co editor pódese dar

formato ao texto e engadir outros medios como imaxes ou videos de

YouTube.

Para gardar imaxes hai que crear un cartafol.

Finalmente, para compartir a liña: