Titorial: facer unha liña de tempo conTimeRime

26
TIMERIME (liñas do tempo) TITORIAL Elaborado por Miguel Carricoba e Marta Arias.

Transcript of Titorial: facer unha liña de tempo conTimeRime

TIMERIME (liñas do tempo)

TITORIAL

Elaborado por Miguel Carricoba e Marta Arias.

1. Entra en www.timerime.com e

preme en rexistrarse ou login*

Login*: palabra inglesa que significa “entrar no sistema”, ou “abrir sesión”.

2. Se é a primeira vez que accedes, completa os datos da columna da esquerda. Recibirás un correo electrónico cunha ligazón (link en inglés) para que actives a túa conta.

Non te esquezas de marcar

esta casa

3. Na nova xanela, preme no botónCree unha liña de tempo

Podes decidir se a túa liña do

tempo será só para ti ou non…

pero para o noso traballo…

terá que ser pública!!!!

•4. Completa os campos e preme en gardar

4. Unha opción interesante que nos ofrece TimeRime

para traballar na clase, é poder traballar de xeito

colaborativo na mesma liña do tempo (por exemplo

un traballo en grupo ou de toda a clase).

Neste caso o profesor ou profesora creará a liña do

tempo como vimos antes e logo “invitará” o alumnado.

Separa os enderezos por un

punto e coma

Tamén podes enviar a túa liña do tempo por correo

electrónico a quen queiras

Para iso pincha na

pestana Opcións extra e

escribe os enderezos

electrónicos dos que

van participar na

elaboración da nosa liña

do tempo.

Logo dálle a enviar

6. Dende a pestana de evento podesengadir os feitos que aparecerán na túa liña do tempo. En primeiro lugar pon o nome do evento.

7. A continuación inclúe a data do evento. Ten en conta isto:• Se abrangue varios

anos, pon data de inicio e de fin. Se no, pon só a de inicio.

• Non é obrigado encher tódolos campos (mes, día, etc)

• Non se poden poñer séculos, só anos.

• Os anos antes de Cristo póñense en negativo. Ex: -2000

8. Escribe unha pequena descrición no cadro de texto. Servirá de explicación ao evento na liña do tempo.

9. Se te decides a poñer unha imaxe, primeiro tela

que ter no teu ordenador para logo subila ao servidor

de TimeRime

Fai clic en Upload one file*

Upload one file*: expresión inglesa que significa “subir un arquivo”

Dándolle en examinar busca a túa imaxe no teu ordenador

Logo dálle a Upload*

Upload*: termo inglés que significa “subir”, nun sentido figurado, á “nube”, a internet.

Unha vez feito isto, aparecerache a imaxe no escritorio. Fai clic sobre ela e quedará seleccionada.

1

10. De xeito opcional,

podes ampliar inda

máis a información

sobre o evento.

Exemplos:1. Engadir un texto

2. Suxerir enlaces

web para ampliar a

información

3. Poñer un vídeo de

youtube

2 3

Fai clic aquí

Como sempre ocorre cando

queremos incrustar, inserir (ou

como se di en inglés “embed”), un

recurso web 2.0 noutro, tes que

pegar o código HTML

correspondente. Neste caso, un

vídeo de youtube.

Se non te lembras de cómo atopar o código HTML de

youtube, podes revisar o titorial sobre como incrustar o

código HTML nun blog deste mesmo curso.

Cando consideres que o evento estea rematado, dálle a Gardar.

Se lle dás a Gardar e novo quedará gardado e poderás engadir outroevento.

Así nos queda o noso evento:

Se fas clic na imaxe, aparecerache…

Data e nome do evento

Indícanos que, facendo clic, aparecerán máis contidos, no noso exemplo, un vídeo de youtube)

Ao facer clic na imaxe, aparece…

11. De xeito opcional podes engadir períodos históricos. Pincha na pestana Períodos e enche as casas. Despois selecciona gardar ou gardar e novo (se vas engadir outro)

•12. Observa como queda o período nunha liña do tempo

13. Na versión gratuíta de TimeRime (que é na que nos rexistramos) podes engadir ata 100 eventos. Esta versión ten algunha outra limitación, pero realmente insignificante en comparación ao que nos ofrece.

Se pos moitos eventos poden amorearse uns por

riba doutros. Non hai problema… podes modificar a

escala da liña do tempo movendo os seu extremos.

Observa como, modificando a escala, se separan

máis os eventos.

Unha última cousa: esta liña do tempo, como

recurso web 2.0 pode ser inserida, incrustada, nun

blog. Para iso necesitas o código HTML, e neste

caso atópase no botón co símbolo <>

Copia este código e pégalo nunha entrada do teu blog

Se só queres saber o enderezo web da túa liña do tempo, fai clic no símbolo

• - Entra co idioma en inglés e coa conta de acceso a Timerime.

Pincha en Welcome.... E logo cambias o idioma a español se

queres.

No medio aparecerá "CREATE A NEW TIMELIME" ou "CREAR

UNA NUEVA LÍNEA". Pulsas aquí e podes comezar a cubrir os

datos e engadir eventos. Non te esquezas de “gardar”.

Para editar:

Pulsa arriba en "MY Timerime" e en "Cambio" podes editar a liña

que ti queiras.

Se tes algún problema á hora de crear

algunha liña de tempo, pode ser por

problema do idioma…

TIMERIME (liñas do tempo)

FIN

Elaborado por Miguel Carricoba e Marta Arias.