Ti es a peza que falta R educir + S eparar = Afo rrar...Incentivar o uso de ordenadores portátiles...

4
www.sogama.es Que se comercialice integramente o leite en botellas de vidro e non se empreguen envases de plástico e bricks. Cando merquemos refrescos ou outro tipo de bebidas, sexan de plástico ou vidro, que nos cobren o envase no comercio, e se o devolvemos, que nos dean os cartos. Hai que promover o uso de envases retornables, como se facía na época dos nosos avós. Mercar envases familiares de galletas, madalenas, etc, e levalas cada día ao colexio nun bote. Optar por un carro para a compra, evitando utilizar bolsas non biodegradables. Empregar bolsas de tea para mercar o pan en lugar das de plástico. Diminuír o consumo de produtos envasados e dar preferencia ás compras a granel. Por exemplo, a froita, as verduras, as legumes, etc. Utilizar unha cantimplora para a auga cada vez que teñamos que beber fóra da casa. Tamén serve volver a encher as botellas. Non utilizar papel de aluminio ou plástico para envolver o bocadillo. No seu lugar empregar materiais reutilizables ou, mellor aínda, botar man dunha fiambreira. Mercar produtos que non conteñan envoltorios individuais. Que os establecementos comerciais non dean tantos folletos de publicidade. Desperdíciase moito papel e logo acaba tirado polo chan das rúas. Tomade nota das vosas propostas! Selección das mellores propostas en torno á redución de residuos remitidas a SOGAMA por alumnos/as de primaria no marco da campaña de educación ambiental “reducir + separar = aforrar” Reducir + Separar = Aforrar Ti es a peza que falta Consumo responsable

Transcript of Ti es a peza que falta R educir + S eparar = Afo rrar...Incentivar o uso de ordenadores portátiles...

www.sogama.es

Que se comercialice integramente o leite en botellas de vidro e

non se empreguen envases de plástico e bricks.

Cando merquemos refrescos ou outro tipo de bebidas, sexan

de plástico ou vidro, que nos cobren o envase no comercio, e se o

devolvemos, que nos dean os cartos. Hai que promover o uso de

envases retornables, como se facía na época dos nosos avós.

Mercar envases familiares de galletas, madalenas, etc, e

levalas cada día ao colexio nun bote.

Optar por un carro para a compra, evitando utilizar bolsas non

biodegradables.

Empregar bolsas de tea para mercar o pan en lugar das de

plástico.

Diminuír o consumo de produtos envasados e dar preferencia

ás compras a granel. Por exemplo, a froita, as verduras, as

legumes, etc.

Utilizar unha cantimplora para a auga cada vez que teñamos

que beber fóra da casa. Tamén serve volver a encher as botellas.

Non utilizar papel de aluminio ou plástico para envolver o

bocadillo. No seu lugar empregar materiais reutilizables ou, mellor

aínda, botar man dunha fiambreira.

Mercar produtos que non conteñan envoltorios individuais.

Que os establecementos comerciais non dean tantos folletos de

publicidade. Desperdíciase moito papel e logo acaba tirado polo

chan das rúas.

Tomade nota das vosas propostas!Selección das mellores propostas en torno á redución de residuos remitidas aSOGAMA por alumnos/as de primaria no marco da campaña de educaciónambiental “reducir + separar = aforrar”

Reducir + Separar = AforrarTi es a peza que falta

Consumo responsable

www.sogama.es

Empregar un pendrive para levar e traer os deberes, substituíndo

deste xeito o uso de cadernos.

Apostar pola utilización de e-books en lugar dos libros

tradicionais en formato papel.

Comprar bolígrafos recargables e portaminas en lugar de lápices.

Facer concursos de recollida selectiva para que os colexios

compitan entre eles, e o que mellor seleccione, que reciba un premio.

Aprender a fabricar bolsas reutilizables. Cortando as bolsas

plásticas en tiras, podemos ganchillalas e/ou trenzalas e facer bolsas

resistentes, cestos, cordas, bolsos, estuches, cometas, etc.

Incentivar o uso de ordenadores portátiles individuais, xa que se

aforraría en libros, cadernos, bolígrafos, etc.

Facer manualidades coas revistas vellas, co cartón e cos botes de

bebidas (cadros, esculturas, etc).

Encher as botellas de plástico de area e usalas como bolos para

xogar no recreo.

Usar os folios polas dúas caras.

O papel procedente da publicidade ou da fotocopiadora é moi

útil para facer papiroflexia.

Que o papel que se utilice nos colexios sexa sempre reciclado e

que os libros de texto tamén estean fabricados a partires de papel

reciclado.

Utilizar o papel de regalo usado para forrar os archivadores.

Os papeis dos carteis, unha vez que xa fixeron a súa función,

poden estamparse aproveitando restos de témperas. Quedan

preciosos para forrar carpetas, cadernos, caixas, bloc de notas, como

papel de regalo...

Que nos centros escolares se organicen xornadas e cursos sobre

separación de residuos orientados a pais e alumnos.

Que se fagan máis concursos de recollida de pilas nos colexios.

Que os mestres adiquen máis tempo en ensinar aos nenos a

separar o lixo.

Na escola

Sempre que sexa posible, instalar un composteiro na casa para

depositar no mesmo a materia orgánica. Deste xeito obteriamos

compost e abonaríamos a horta, ademais de que os concellos

poderían aforrar moitos gastos na recollida.

Usar trapos de cociña no lugar de rolos de papel e servilletas de

tea en lugar das de papel. Un bo sitio para dar exemplo son os

propios comedores dos colexios.

A roupa que xa non nos sirve darlla a outra persoa ou ONGD que

a poida utilizar.

Reutilizar as follas de periódico para limpar os cristais das ventás.

Son moi efectivas.

“Moucho gardatodo”: así se chamaría a caixa para gardar

cousas. Fabrícase cun brick de leite, cartón e dúas tapas de zume.

Cando se celebren os cumpleanos, non usar vasos, pratos e

cubertos de plástico. Utilizar materiais fabricados con porcelana e/ou

cristal, xa que se poden reutilizar.

Usar as caixas vellas como xoieiros, lapiseiros, etc.

Reutilizar os botes de cristal para gardar a marmelada e a salsa

de tomate caseiras. Tamén se poden usar como tarros de sales de

baño, floreiros, acuarios, etc.

Reutilizar o papel de regalo para outras ocasións e envolver os

agasallos con papel de periódico decorado.

Facer máis fincapé na recollida selectiva de aceite doméstico e

habilitar máis contedores para depositar este residuo.

Dotar a cada casa de, alomenos, tres contedores pequenos para

separar o lixo.

Usar as caixas dos zapatos para gardar os xoguetes.

Utilizar deterxente concentrado para a lavadora. Con menos

cantidade, o lavado é igual de efectivo.

Que os xoguetes funcionen con enerxía solar e non con pilas, e

no caso de utilizalas, que estas sexan recargables.

Utilizar as bolsas plásticas como bolsas para o lixo.

Trasladar os electrodomésticos e voluminosos en xeral aos puntos

limpos. Dende alí envíanse aos centros de reciclaxe

Depositar os envases e restos dos medicamentos nos contedores

das farmacias.

Converter os cilindros do papel hixiénico e do papel de cociña en

portalapis, organizadores de mesa de escritorio, embalaxes para os

agasallos, etc.

Os paos dos xeados poden utilizarse para facer portarretratos.

Tamén serven para este fin as bandexas de porexpan. Cos “vermiños”

de porexpan que traen certos embalaxes poden fabricarse guirnaldas

ensartándoas nun fío e adornar con elas a árbore do Nadal.

No fogar

www.sogama.es

www.sogama.eswww.sogama.es

Crear unha lei para multar economicamente á xente que tire o

lixo en calquer sitio.

Instalar máis contedores de diferentes tipoloxías nas aldeas do rural.

Que os camións municipais recollan o lixo con máis frecuencia

para que este non desborde os contedores.

Deseñar un xogo para que poidan competir en coñecementos

pais e fillos, premiando aos que mellor separen.

Que se ensine aos máis pequenos as tres erres a través de

actividades e xogos.

Non deixar tirados na praia os botes, bolsas e restos da

merenda. Utilizar as papeleiras e, se non dispoñemos de medios,

levalos para a casa e depositalos non contedores axeitados.

Que os rapaces instruan aos pais na separación do lixo.

Contar con inspectores para comprobar o nivel de selección de

residuos en cada fogar e premiar ás familias que mellor separen.

Outras suxerencias