Tema 7 o sector primario

221
TEMA 7 CAMBIOS E PERMANENCIAS NO SECTOR PRIMARIO

Transcript of Tema 7 o sector primario

Page 1: Tema 7  o sector primario

TEMA 7 CAMBIOS E PERMANENCIAS NO SECTOR PRIMARIO

Page 2: Tema 7  o sector primario

• Ata mediados do século pasado,o sector primario ocupaba a máis da metade da poboación activa de España, e a súa produción ocupaba un capítulo importante da nosa economía.

• A poboación activa do sector foi descendendo, e en paralelo o peso das actividades na economía.

• Na actualidade o sector primario só dá emprego ao 4,5% dos ocupados en España, e xera unha proporción algo inferior (4%) do PIB; moi por debaixo do secundario (29% dos ocupados) e, sobre todo, do terciario (66%).

Page 3: Tema 7  o sector primario

• Estase a producir o que se denomina

• DESAGRARIZACIÓN. Proceso de reducción do emprego agrario, ante o maior dinamismo doutras actividades e a mecanización das tarefas do campo.

Page 4: Tema 7  o sector primario

• No entanto seguen a ser sectores importantes na nosa economía as actividades do sector primario aínda manteñen un gran valor estratéxico (autonomía alimentaria, manter poboación e emprego en áreas rurais, preservar o medio ambiente...), e grazas ao seu maior grao de tecnificación que permite aumentar a productividade do traballo a produción final agraria é hoxe un 30% superior á de hai un cuarto de século.

• Os espazos do sector primario están a experimentar na actualidade fondas transformacións,tanto os espazos rurais como os espazos pesqueiros.

Page 5: Tema 7  o sector primario

O ESPAZO RURAL

• O espazo rural é o territorio non urbanizado da superficie terrestre.

• Tradicionalmente foi espazo exclusivo das actividades agrícolas e gandeiras,e forestais.

• Na actualidade novas actividades e novos usos invaden o espazo agrario: residenciais, industriais,espazos protexidos,ocio..

Page 6: Tema 7  o sector primario

1.1 OS USOS DO SOLO E A SÚA DISTRIBUCIÓN: TIPOS E FACTORES EXPLICATIVOS

• Identifícase catro grandes tipos de usos de solo: terras labradas, prados e pastos, áreas forestais, restantes usos do solo.

• As terras labradas comprenden algo máis de 16 millóns de hectáreas(34,78% da superfície). Esténdese, sobre todo, polas grandes cuncas e vales interiores, de relevo predominantemente chan ou ondulado vales do Ebro, Douro, Texo,Guadiana, Guadalquivir), algunhas depresións interiores (Bierzo leonés, Baza e Guadix en Granada, Antequera en Málaga, etc.) E o litoral mediterráneo.

Page 7: Tema 7  o sector primario

• Son escasas tanto nas rexións do norte peninsular, coma nas áreas de montaña e o arquipélago canario.

• Neste último, as condicións climáticas, topográficas ou a escasa fertilidade do solo dificultaron sempre a súa posta en cultivo, ou ben produciuse o seu abandono recente debido aos seus escasos rendementos ou á competencia doutros usos.

Page 8: Tema 7  o sector primario

• Os prados e pastos ocupan uns 8 millóns de hectáreas (13,81%). de herba para alimento do gando, e ocupan as áreas máis húmidas,

topográficamente accidentadas ou con solos de pouca calidade para o cultivo. Pódense distinguir tres tipos de situacións:• Nas rexións de clima oceánico próximas ao

litoral cantábrico, desde Galicia ao País Vasco, e están asociadas a unha importante gandaría vacúa. As pradarías permanentes constitúen o uso máis característico do solo

Page 9: Tema 7  o sector primario
Page 10: Tema 7  o sector primario

• No oeste da Península Ibérica predominan os pastos estacionais, verdes nos períodos chuviosos, pero que secan no verán; isto permitiu manter unha gandaría máis diversificada(bovina, ovina e porcina) e de carácter extensivo.

Page 11: Tema 7  o sector primario
Page 12: Tema 7  o sector primario

• Nos cumes das principais cordilleiras, onde desaparece o bosque polas baixas temperaturas e a pobreza dos solos, aparecen os pastos de altura, utilizados tradicionalmente por unha gandaría trashumante, principalmente ovina, que se traslada a eles no verán desde as terras máis baixas e cálidas.

Page 13: Tema 7  o sector primario
Page 14: Tema 7  o sector primario

• As áreas forestais ocupan 15 millóns de hectáreas (34,41%),con especies caducifolias ou perennifolias.

• A súa densidade é maior nas rexións máis húmidas, así como nas principais cadeas montañosas da Península e os arquipiélagos, que son tamén as áreas menos transformadas pola acción humana.

Page 15: Tema 7  o sector primario
Page 16: Tema 7  o sector primario

• Permiten a explotación da madeira e doutros produtos complementarios (cortiza, froitos, etc.),así como a súa utilización para a caza.

Page 17: Tema 7  o sector primario
Page 18: Tema 7  o sector primario

• Os restantes usos do solo suman outros 8,4 millóns de hectáreas (que constitúe o 17% da

superficie total). • Inclúense desde os terreos ermos improdutivos

ata as áreas residenciais urbanizadas, ocupadas por infraestruturas (como son aeroportos, portos, estradas, ferrocarrís) , os espazos hídricos de auga doce e non mariños (lagos, ríos e encoros), industriais, espazos protexidos,ocio...

Page 19: Tema 7  o sector primario
Page 20: Tema 7  o sector primario
Page 21: Tema 7  o sector primario
Page 22: Tema 7  o sector primario
Page 23: Tema 7  o sector primario
Page 24: Tema 7  o sector primario

FACTORES EXPLICATIVOS DA DISTRIBUCIÓN DE USOS DO SOLO

• A distribución dos usos do solo en España vén determinada por diversos factores físicos (clima, relevo, solos, auga)e humanos(evolución histórica e estrutura da propiedade, a poboación, o hábitat..).

Page 25: Tema 7  o sector primario
Page 26: Tema 7  o sector primario

• AS CONDICIÓNS NATURAIS• Os factores físicos perderon a importancia

que tiñan no pasado, debido aos avances técnicos. Estes permitiron superar algúns condicionamentos naturáis mediante procedementos como o cultivo en invernadoiros, cultivos hidropónicos, fertilizantes químicos ou selección xenética.

• No entanto estes factores seguen a ter unha considerable importancia.

Page 27: Tema 7  o sector primario

• O clima a nivel xeral caracterízase en boa parte do territorio por precipitacións escasas e irregulares, con relativa frecuencia de tormentas e sarabia(granizo).En España distínguense tres dominios:

• • O dominio atlántico, de clima húmido, que conta coa presenza de prados e bosques. Esténdese polo norte e oeste peninsular, degradándose cara ao interior.

• • O dominio mediterráneo, localizado no resto da Península e as illas Baleares. Caracterízase pola existencia dunha estación seca no verán, e mostra un predominio das terras labradas.

• • O dominio subtropical, nas illas Canarias, que ten na aridez o principal factor limitante para os cultivos e o bosque, agás nas zonas que están expostas aos ventos alisios.

Page 28: Tema 7  o sector primario
Page 29: Tema 7  o sector primario
Page 30: Tema 7  o sector primario

• O relevo e solos. España posúe unha elevada altitude media (600m)e un relevo abrupto, que facilitan a erosión e dificultan a mecanización.

• Existen diferenzas entre áreas montañosas e chairas. • Nas primeiras, as condicións especiais de elevada

altitude e pendente, solos pouco profundos e descenso térmico favorecen un uso do solo para pastos e bosques.

• En cambio, nas chairas, a ocupación humana foi historicamente máis intensa, polo que predominan as terras cultivadas. Exceptúanse as penechairas occidentais,onde os solos son de pouca calidade, o que explica o seu uso para pastos e non para cultivos.

Page 31: Tema 7  o sector primario

Altitude media: 660 mÓptimo agricultura: 200 m

Porcentaxe terras 200m: 11’4%

Pendentes: 80% das terrasMáis dun 5% de pendente

Page 32: Tema 7  o sector primario
Page 33: Tema 7  o sector primario
Page 34: Tema 7  o sector primario

• A dispoñibilidade de auga determinará os tipos de cultivos:cultivos de secaño e de regadío

Page 35: Tema 7  o sector primario
Page 36: Tema 7  o sector primario

• A EVOLUCIÓN HISTÓRICA E A ESTRUTURA DA PROPIEDADE.

• O POBOAMENTO RURAL• O HÁBITAT RURAL• AS POLÍTICAS AGRARIAS.

Page 37: Tema 7  o sector primario
Page 38: Tema 7  o sector primario

• OS FACTORES HUMANOS• A evolución histórica e a estrutura da

propiedade. • A estrutura agraria tradicional,

caracterizábase polo emprego de abundante man de obra, que traballaba as explotacións dun xeito extensivo e con tecnoloxía rudimentaria. Cultivos, pastos e bosque complementábase, poñéndose en uso a maior superficie de terra posible para asegurar a alimentación da poboación.

Page 39: Tema 7  o sector primario

• Na estrutura agraria actual , o desenvolvemento da economía de mercado, sobre todo desde desde a década de 1960, conduciu ao abandono das terras de cultivo pouco rendibles

• substitución por pastos destinados a alimentar o cada vez máis demanda do gando;

• destrución de certos bosques logo compensada coa repoboación doutros, o que produciu cambios no mapa de usos do solo.

Page 40: Tema 7  o sector primario

• Produciuse ademais un progresivo aumento das explotacións agrarias, unha maior intensificación e a incorporación dos avances tecnolóxicos .

• Como resultado elevouse o rendemento, e a produción tende á especialización rexional e á venda nun mercado cada vez máis globalizado.

• A poboación activa no sector foi diminuíndo e envellecendo.

Page 41: Tema 7  o sector primario

• Nos territorios dominados pola gran propiedade, os latifundios, son habituais os usos extensivos con poucos rendementos por hectárea, pero con investimentos de traballo e capital escasos, que os fan rendibles. : atópanse sobre todo en Andalucía, Aragón, Estremadura e en zonas da submeseta sur. Predominan pastos e cultivos de secaño.

Page 42: Tema 7  o sector primario

• A pequena propiedade, os minifundios asóciase a usos máis intensivos do solo para poder subsistir con pouca terra, pero maiores rendementos.

• predominan en Galicia, na submeseta norte e na Comunidade Valenciana. Destacan as terras labradas e o regadío.

• Na actualidade están modernizándose pola aplicación dunha política de concentración parcelaria.

Page 43: Tema 7  o sector primario
Page 44: Tema 7  o sector primario

• A estrutura gandeira tradicional baseabase na coexistencia de distintas especies, a utilización de técnicas rudimentárias e sistemas extensivos, e baixa produtividade.

• A gandería actual experimentou grandes transformacións (intensificación, mecanización,selección xenética..), o que permitiu incrementar os rendementos.

Page 45: Tema 7  o sector primario

• O POBOAMENTO RURAL.

• O poboamento rural é o conxunto de asentamentos humanos existentes no espazo rural. En España considéranse municipios rurais os que teñen menos de 10.000 habitantes; semiurbanos os que teñen entre 10.000 e 2.000 habitantes e estrictamente rurais os que teñen menos de 2.000.

Page 46: Tema 7  o sector primario

• A orixe dos asentamentos rurais está relacionada con factores físicos: relevo, presenza de auga; factores económicos, disponibilidade de recursos; factores históricos, expansión cristiana e repoboación.

• A tipoloxía do poboamento rural pode ser: dispersa ou concentrada, e situacións intermedias.

Page 47: Tema 7  o sector primario
Page 48: Tema 7  o sector primario

• Poboamento disperso as vivendas atópanse separadas unhas das outras e con terreos arredor. Son propias de zonas da periferia peninsular, Baleares e Canarias.

-Disperso absoluto, as casas estan ailladas propios de espazos da montaña media cantábrica,o val do Pas ou o prepireneo catalán.

Page 49: Tema 7  o sector primario

• -Disperso intercalar, casas diseminadas a partir dun núcleo concentrado . Predomina nalgunhas zonas da montaña media no norte peninsular, na costa mediterránea e nas veigas andaluzas e certas zonas manchegas

Page 50: Tema 7  o sector primario

• Disperso Laxo, pequenas agrupacións de casas ou aldeas diseminadas. É característico da cornixa cantábrica.

Page 51: Tema 7  o sector primario

O Courel 2008 DISPERSO LAXO

Page 52: Tema 7  o sector primario

• Poboamento concentrado. As casas agrúpanse formando aldeas e vilas. Esta modalidade predomina no interior peninsular.Na metade norte(Conca do Douro e o Ebro) os asentamentos son pequenos e atópanse próximos entre si; mentres que na metade sur son de maior tamaño e atópanse separados uns dos outros, alcanzando a máxima expresión nas “agrocidades”andaluzas.

• Segundo a plano, o poboamento concentrado pode ser:

Page 53: Tema 7  o sector primario
Page 54: Tema 7  o sector primario

Lineal, con casas dispostas ao longo dunha vía. Apiñado, coas casas agrupadas en torno

a un núcleo.

Page 55: Tema 7  o sector primario

• O HÁBITAT RURAL• O hábitat rural, está constituído polas

vivendas e outras dependencias relacionadas coas labores rurais.

Os materiais utilizados na construción, serán os propios da zona, e deron lugar a varios modelos de vivenda:

Page 56: Tema 7  o sector primario

• A casa de pedra ben con bloques grandes e regulares (perpiaño) ou con pequenas pedras irregulares (cachotería). Predomina na periferia peninsular, Estremadura, Illas Baleares e Canarias

Page 57: Tema 7  o sector primario

• .• A casa de madeira entramada, formada por unha

estrutura de madeira, visible ao exterior, que se enche con cachotaría e ladrillo. É característica do País Vasco , Segovia e da Alcarria en Guadalajara.

Page 58: Tema 7  o sector primario

• A casa de barro, construída con barro cru mesturado con palla, formando bloques (adobe) ou colocado entre paneis de madeira (tapial). É característico

de ambas as dúas mesetas, do val medio do Ebro, das hortas valencianas e murciana e da campiña do Guadalquivir.

Actualmente utilizase o barro cocido ou ladrillo.

Page 59: Tema 7  o sector primario
Page 60: Tema 7  o sector primario
Page 61: Tema 7  o sector primario

• O plano, esta relacionado coas actividades, responde a varios modelos:

• A casa bloque reune todas as dependencias baixo o mesmo teito: vivenda, corte.Pode ser

• Cunha soa planta, cunha única dependencia onde conviven persoas e animais como a palloza galega ou con dependencias separadas para persoas e animáis.

Page 62: Tema 7  o sector primario
Page 63: Tema 7  o sector primario
Page 64: Tema 7  o sector primario

• Con varias plantas: na baixa as dependencias para o gando e na superior a vivenda, ademais baixo o tellado hai un espazo (faiado)que funciona como celeiro. Exemplos característicos son a casa galega, o casarío vasco e a casona asturiana e cántabra.

Page 65: Tema 7  o sector primario
Page 66: Tema 7  o sector primario

• A casa composta, con edificios diferentes para cada función, dispóñense en torno a un patio. Os exemplos máis característicos so o cortijo andalúz e a masía catalana.

Page 67: Tema 7  o sector primario

O plano da casa

Page 68: Tema 7  o sector primario

Casa rural galega (Ourense)

Page 69: Tema 7  o sector primario

Aldeadávila, Salamanca

Page 70: Tema 7  o sector primario

Casa de adobe castelá

Barraca valenciana

Page 71: Tema 7  o sector primario

A vivenda troglodita, Guadix ( Granada)

Page 72: Tema 7  o sector primario

• AS POLÍTICAS AGRARIAS.• As actuacións políticas, repercuten tamén no espazo rural. Ata a

entrada na Comunidade Europea adoptáronse diversas políticas centradas no :

• O sistema de propiedade en España tratou de modificarse en varias ocasións. Durante o século XIX a desamortización tentou repartir a propiedade, pero fracasou, e non modificou a tradicional concentración da propiedade nunhas poucas mans en determinadas zonas de España. A reforma agraria da II República tamén fracasou no seu intento de repartir os grandes terreos entre os pequenos agricultores. A política franquista de extensión do regadío propúxose poñer en rega extensas áreas privadas a cargo do Estado, pero tamén tivo un alcance limitado.

Page 73: Tema 7  o sector primario

• O inadecuado tamaño da propiedade abordouse mediante a política de concentración parcelaria e a lexislación sobre grandes terreos.

• -A concentración parcelaria , transferida ás comunidades autónomas en 1985, pretende diminuír o minifundio e a dispersión parcelária, fixándose unha cantidade mínima por debaixo da cal non se pode crear ningunha nova parcela, nin se permite dividir as parcelas por debaixo da cantidade mínima establecida.isto afectou máisas áreas de monoculivo de secaño ca as minifundistas no norte e o levante peninsular.

• -A lexislación sobre grandes terreos,iniciouse no franquismo e modificouse na transicióná democracia en 1979. Pretende evitar a existencia de grandes terreos incultos. Para iso obriga aos seus propietariosa presentar un plan de mellora.

Page 74: Tema 7  o sector primario

• O proteccionismo económico, que establecía aranceis a produtos extranxeiros.

• O aumento dos rendementos facíase mediante a introdución de melloras técnicas e a extensión do regadío.

• Posteriormente, experimentouse unha enorme transformación tras a entrada na Comunidade Europea en 1986 e a adopción da Política Agraria Comunitaria (PAC)

Page 75: Tema 7  o sector primario

A ESTRUTURA AGRARIA E AS SÚAS TRANSFORMACIÓNS RECENTES (U.E.)

• A poboación rural • As explotacións agrarias • Técnicas e sistemas agrarios • Política Agrícola Común

Page 76: Tema 7  o sector primario

• B) As tendencias demográficas.• Desde 1990 temos duas tendencias:• Continúa o descenso demográfico e o

envellecemento nas áreas rurais, debido a: crecemento natural negativo, emigración, xubilación e prexubilacións.

• Certa recuperación e rexuvenecemento das áreas rurais máis dinámicas. Están relacionadas co asentamento de inmigrantes que se adican a labores agrícolas; novas actividades residenciais, industriais e de servizos en zonas rurais. Grazas tamén ás subvencions á instalación de novos agricultores.

Page 77: Tema 7  o sector primario
Page 79: Tema 7  o sector primario
Page 80: Tema 7  o sector primario
Page 81: Tema 7  o sector primario

A estrutura agraria e as súas transformacións recentes

Page 82: Tema 7  o sector primario

As explotacións agrarias

• O espazo agrario organízase en parcelas e explotacións agrarias.

• As parcelas son terras cuns límites precisos pertencentes a un propietario.

• A explotacións son o conxunto de parcelas traballadas por un mesmo produtor agrario, independentemente de si están xuntas ou non ou de si son da súa propiedade ou non

Page 83: Tema 7  o sector primario

• As parcelas poden clasificarse atendendo a varios criterios:

• En función dos seus límites poden ser:pechadas ( con sebes, ou valados) ou abertas.

• En función da súa forma:regulares ou irregulares.

• En función do uso da auga : de secaño ou regadío

• En función do seu tamaño, físico ou económico: pequenas, medianas ou grandes.

• En función do réxime de posesión.

Page 84: Tema 7  o sector primario
Page 85: Tema 7  o sector primario
Page 86: Tema 7  o sector primario

• O regadío é unha práctica agrícola que consiste en achegarlles aos cultivos auga adicional á proporcionada polas precipitacións.

• Os regadíos intensivos proporcionan varias colleitas anuais. Dedícanse á produción de froitas e hortalizas así como algúns cultivos tropicais

• Os regadíos extensivos. Aplícanse aos cultivos tradicionais de secaño, aínda que con rendemento moi superior e a cultivos industriais e forraxeiros.

• Asuperficie regada experimentou un incremento ao longo do século XX.

• Na actualidade O Plan nacional de Regadío contempla estender a superficie regada e crear regadíossociaisen zonas deprimidas

Page 87: Tema 7  o sector primario

• Distribución espacial do regadío en España

Page 88: Tema 7  o sector primario

Regadío intensivo Regadio extensivo

Page 89: Tema 7  o sector primario

Aspersión

Goteo

Page 90: Tema 7  o sector primario
Page 91: Tema 7  o sector primario
Page 92: Tema 7  o sector primario

• Vantaxes. Estabiliza a produción ao independizala dos ciclos de seca, incrementa os rendementos e rendas dos agricultores.

• Contribue a fixar a poboación• Problemas. Sobreexplotación das augas• Conflictos polo uso das augas

Page 93: Tema 7  o sector primario

• En canto ao tamaño físico e económico O tamaño físico, caracterizouse tradicionalmente polo contraste entre grandes ou pequenas explotacións.

• As pequenas explotacións (˂ 10 ha),representa o 67,8% do total e reúne so un 10,4% da superficie agraria utilizada.Predominan no norte da Península e na Comunidade valenciana.

• Nuns casos trátase de minifundios tradicionais traballados a tempo parcial con baixos ingresos; noutros casos son explotacións modernas,hortofrutícolas ou baixo plásticos, moito máis rendibles.

Page 94: Tema 7  o sector primario

• As grandes explotacións, (˃ de 100ha), representan o 4,6% do total e acapara o 56,8 %da superficie agraria utilizada.

• Predomina en Andalucía occidental,Estremadura, Castela A Mancha, parte de Castela e León e Aragón.

• Hoxe en día moitos latifundios de cultivo extensivo e baixos rendementos, convertéronse en empresas capitalistas de altos rendementos.

Page 95: Tema 7  o sector primario

• Na actualidade tende a aumentar o tamaño das pequenas explotacións.

• As causas foron o éxodo rural, que favoreceu a venda ou arrendamento de propiedades e a política agraria da UE, que desde a década de 1990 fomentou as prexubilacións e os abandonos voluntarios da actividade agraria.

• En 2005 o tamaño medio das explotacións era de 31 Ha, inferior á media europea, e moitas explotacións estan constituídas aínda por un elevado número de parcelas separadas entre si.

Page 96: Tema 7  o sector primario

• Esa concentración permitiu a elevación do tamaño medio das explotacións aínda que existen fortes contrastes.

• O resultado é unha dualidade cada vez maior entre unhas explotacións familiares moi pequenas e pouco rendibles, en progresivo abandono ou traballadas só a tempo parcial cunha baixa produtividade e unhas empresas agrarias, de particulares, sociedades ou cooperativas, que teñen maior dimensión, estanse modernizando e son rendibles.

Page 97: Tema 7  o sector primario
Page 98: Tema 7  o sector primario

• O réxime de posesión ou tenza é o grao de dominio sobre a terra. Pode ser absoluto, cando se ten en propiedade o limitado.

• Na posesión directa, o propietario e o explotador son a mesma persoa. En España este réxime esta en torno ao 74 %.

• Na posesión indirecta, o propietario cédelle a explotación da terra a outro a cambio dun pagamento dunha parte da colleita (parcería), ou do pagamento dunha renda (arrendamento).

• Actualmente a parcería está retrocedendo fronte ao arrendamento.

• Un medio para conseguir explotacións agrarias rendibles de dimensión suficiente foi a creaciónde cooperativas.

Page 99: Tema 7  o sector primario

As técnicas e os sistemas agrarios• Os sistemas agrarios tamén experimentaron cambios

desde 1960.• Transformacións nos sistemas agrarios, supuxeron

unha crecente intensificación da produción e un aumento dos rendementos.

• A agricultura intensiva gaña peso respecto á extensiva, grazas á diminución do barbeito nos secanos e a ampliación do regadío.

• Transformacións técnicas, consisten na incorporación de avances como a mecanización das labores agrícolas, a selección xenética de sementes e razas gandeiras ou uso de fertilizantes químicos e produtos fitosanitarios.

Page 100: Tema 7  o sector primario

Barbeito

Page 101: Tema 7  o sector primario
Page 102: Tema 7  o sector primario
Page 103: Tema 7  o sector primario

Evolución do parque de maquinaria agrícola

Page 104: Tema 7  o sector primario

• As transformacións máis importantes son:• - Unha crecente especialización do territorio nos

cultivos para os que teñen meiores condicións .• - Maior investimento de capital para incorporar

maquinaria (tractores, colleitadoras, motores pararega, etc.), produtos químicos (fertilizantes, herbicidas, praguicidas, etc.) ou sementes seleccionadas e transxénicas. Este tipo de investimentos aumenta os rendementos, aínda que tamén pode ter consecuencias negativas (contaminación, riscos para a saúde).

Page 105: Tema 7  o sector primario

Sistemas de cultivo

policultivomonocultivo

Page 106: Tema 7  o sector primario

Evolución del uso de fertilizantes

Page 107: Tema 7  o sector primario
Page 108: Tema 7  o sector primario

• - Incremento da superficie en regadío, que permite aumentar a produción pero tamén provoca a sobreexplotación de certos acuíferos e crecentes conflitos pola auga.

• - Incorporación de novas técnicas de cultivo, como o enarenado ou cultivo baixo plástico. No

enarenado altérnanse capas de area e esterco, permitindo cultivar terrras moi pouco fértiles;sobre todo, no sureste peninsular. O cultivo baixo plástico asóciase ao uso de técnicasavanzadas como o cultivo hidropónico, sen solo, a rega por goteo, ou a creación de microclimas controlados a distancia con medios informáticos.

Page 109: Tema 7  o sector primario
Page 110: Tema 7  o sector primario

Novas técnicas de cultivoInvernadoiro Acolchado

Enarenado Tubos de plásticos

Hidropónico

Page 111: Tema 7  o sector primario
Page 112: Tema 7  o sector primario

Invernadoiros, El Ejido ( Almeria)

Page 113: Tema 7  o sector primario

A produción agrícola

• As transformacións experimentadas polos distintos cultivos , debéronse en parte á necesidade de competir no mercado mundial europeo e ás esixencias da PAC, que impuxo cotas de produción aos cultivos excedentarios e implantou un novo sistema de axudas desligado da produción. Os cultivos máis importantes son:

Page 114: Tema 7  o sector primario

• Cereais,para alimentación humana(trigo, arroz), gando e elaboración de pensos( cebada, millo, avea, centeo) e a obtención de biocarburantes(cebada e trigo)

• Prodúcese con grandes rendementos nos secaños de interior rotando con barbeito e leguminosas

Page 115: Tema 7  o sector primario

• Leguminosas destinadas ao consumo humano.• Prodúcense con baixos rendemento debido á difícil

mecanización rotando cos cereais.

Page 116: Tema 7  o sector primario

A vide para consumo en fresco e elaboración de viño. Area produtora: Castela a mancha, e outras zonas como a Rioxa, Ribeira do Douro, o Ribeiro

Page 117: Tema 7  o sector primario
Page 118: Tema 7  o sector primario

• A oliveira, para consumo do frioto e fabricación de aceite.

• Area produtora principal son ascampiñas andaluzas (Jaén, Cordoba) con produción variable con boas e malas colleitas.

Page 119: Tema 7  o sector primario

• Cultivos hortofrutícolas• Area produtora son os regadíos peninsulares e

insulares. • Hortalizas

Page 120: Tema 7  o sector primario

• Arbores froiteiras

Page 121: Tema 7  o sector primario

• Cultivos industriais (xirasol, algodón, remolacha, tabaco)

Page 122: Tema 7  o sector primario

• Cultivos forraxeiros (alfalfa, millo forraxeiro..)

Page 123: Tema 7  o sector primario

• Tubérculos (pataca)

Page 124: Tema 7  o sector primario

• Video sobre produción agrícola• https://www.youtube.com/watch?v=3_bi0D9zdGQ• Video sobre produción piscícola e avícola• https://www.youtube.com/watch?v=BFjmzNBNpqM• Video sobre cultivos hidropónicos• https://www.youtube.com/watch?v=aLqkBhI2iZY https://www.youtube.com/watch?v=WCSPJJ7L28Qhttps://www.youtube.com/watch?v=HvtmmBqWqUs

Page 125: Tema 7  o sector primario

Estrutura gandeira • Nos últimos anos, a gandería coñeceu un notable

desenvolvemento en España, e hoxe en día representa un 40% da produción final agraria, fronte ao 60% da agricultura.

• Na actualidade, produciuse unha intensificación da actividade, crecendo a estabulación do gando en granxas onde é alimentado a partir de pensos.

• Hai unha tendencia á especialización e á tecnificación, así como ao aumento do tamaño das explotacións.

• A gandaría destínase hoxe principalmente á alimentación da poboación, o que va unido ao forte aumento do consumo de carne,leite e ovos.

Page 126: Tema 7  o sector primario
Page 127: Tema 7  o sector primario

• A gandería extensiva depende do medio físico nos prados e pasteiros da España húmida,áreas de montaña ou nos pastos das penechairas da España seca(Castela,León..) e devesas occidentais. Asociada a razas autóctonas e técnicas tradicionais. Evoluciona cara a unha gandería mixta ou intensiva.

Page 128: Tema 7  o sector primario

• Gandería intensiva ou industrial• Está desvinculada do medio físico, atópase

estabulada e aliméntase total ou parcialmente con pensos e forraxes moitas veces importados de . Localízase perto dos centros de consumo urbanos e no nordés e litoral mediterráneo peninsular, especialmente no caso de gando porcino e avícola.

• emprego de modernas tecnoloxías.• Vai asociada a razas foráneas seleccionadas(a raza

rubia galega foi substituídas por outras especies como a frisona para producir leite)

Page 129: Tema 7  o sector primario

• O gando bovino ou vacún tende a unha especialización , na produción de carne(80%) e leite(20%) o que supuxo unha substitución de razas nacionais por outras estranxeiras. No entanto estase a producir certa recuperación das razas autóctonas , grazas ás subvencións concedidas para este fín.

• - O gando ovino conta sufriu un forte retroceso. Porén, nos últimos anos foise recuperando ao aumentar a demanda.Localízase nos secaños do interior peninsular, tanto en réxime extensivo como intensivo.

• - O gando caprino foi complementario do anterior.

Page 130: Tema 7  o sector primario

• O gando porcino experimentou un rápido crecemento nas últimas décadas. Mantense a importancia da raza ibérica, de alta calidade e crecente demanda nacional e internacional.Esta se localizanas devesasde Estremadura, Salamanca e Andalucía.

• O porcino intensivo predomina en Cataluña e Murcia

• - O gando aviario é a que rexistrou un maior aumento nos últimos tempos, con granxas que funcionan como verdadeiras fábricas automatizadas a partir do consumo intensivo de pensos

Page 131: Tema 7  o sector primario
Page 132: Tema 7  o sector primario
Page 133: Tema 7  o sector primario

Gando bovino

Page 134: Tema 7  o sector primario

Gando porcino

Page 135: Tema 7  o sector primario

Gando ovino

Page 136: Tema 7  o sector primario

A Política Agraria Comunitaria• A política agrícola común (PAC) de la UE, creada en

1962, representa unha asociación entre a agricultura e a sociedade, entre Europa e os seus agricultores.

• Obxectivos:• Asegurar unha oferta estable de alimentos sanos e

asequibles á poboación da Unión Europea.• Proporcionar un nivel de vida razoable aos agricultores

comunitarios, permitindo, a modernización e o desenvolvemento da industria agroalimentaria.

• Asegurar que todas as rexions da Unión Europea poidan manter a sua agricultura.

Page 137: Tema 7  o sector primario

• Obxectivos complementarios• Procurar o benestar da sociedade rural• Mellorar a calidade dos alimentos e o seu grao

de inocuidade.• Asegurar a protección do medio ambiente en

beneficio das futuras xeracións.• Mellorar as condicións sanitarias dos animais e

o seu benestar.

Page 138: Tema 7  o sector primario

• Desde a entrada na Unión Europea en 1986, a súa política agraria estivo marcada pola Política Agraria Común (PAC)

• A súa influencia sobre o sector agrario español tivo diversas repercusións:

• Por un lado ,ao entraren na U E España intégrase nun mercado común europeo que permitiu aos produtos españois ter acceso a un mercado de millóns de consumidores, pero tamén obrigou a incrementar a competitividade, modernizando as explotacións e aumentando os rendementos e a calidade.

Page 139: Tema 7  o sector primario

• Os prezos dos produtos españois que eran máis baixos subiron ata equiparase cos europeos.

• Tiveron que reducirse os prezos mínimos dalgúns produtos para poder vendelos no mercado mundial.

• Pero os produtos españois, como os comunitarios están protexidos da competencia estranxeira, e reciben axudas cando se deben vender no mercado mundial por debaixo do seu prezo mínimo establecido.

Page 140: Tema 7  o sector primario

• Establécense prezos de garantía para determinados produtos agrícolas e gandeiros . Existen Organizacións Comúns de Mercados (OCM) que fixan prezos máximos e mínimos para determinados produtos agrícolas e gandeiros. Cando non se alcanzan os mínimos, a UE realiza intervencións(compra de produtos por determinados organismos, redución da oferta mediante a retirada do produto do mercado) para evitar a caída dos prezos.

Page 141: Tema 7  o sector primario

• Esixencia de reducción de superficie, incentivación do barbeito e a silvicultura abandono de actividade ou cotas máximas de produción (cuota lactea), para algúns cultivos ou

especies gandeiras nas que a UE tiña excedentes(cereais, viño, leite..).Desde o 2006 establécese unha axuda única para cada explotación, independentemente da produción, co fin de que os agricultores produzcan en función das necesidades do mercado e non das axudas a certos produtos.

Page 142: Tema 7  o sector primario

• España viuse obrigada a incrementar a competitividade modernizando as explotacións e aumentando os rendementos e a calidade,

• Para iso déronse axudas para a modernización das explotacións mediante subvencións procedentes de distintos fondos (destacamos o FEOGA: Fondo Europeo de Orientación e Garantía que foi substituído no ano 2006 polo FEAGA: Fondo Europeo Agrícola de Garantía) que se encargan de financiar as intervencións dos mercados, de apoiar as exportacións dos produtos do campo europeo, de apoiar a reestruturación e a diversificación dos mesmos e de conceder axudas directas aos labregos.

Page 143: Tema 7  o sector primario

• Para evitar o despoboamento en moitas áreas rurais e a desaparición das súas paisaxes agrarias tradicionais, de gran valor cultural e ambiental, intensificouse a política de desenvolvemento rural con medidas de:

• Apoio á diversificación económica do mundo rural (turismo rural, artesanía e industria, etc.).

• Axudas especiais para áreas de montaña e zonas desfavorecidas.

• Apoio á forestación de terras agrícolas e á agricultura e gandería ecolóxicas.

• As axudas recibidas polos produtores agrarios están condicionadas ao cumprimento das normas sobre calidade dos produtos, benestar animal e coidado ambiental.

Page 144: Tema 7  o sector primario

Así os produtos españois deben someterse ás esixencias e ao control comunitario sobre: Seguridade alimentária, que establece que produtos poden ou non utilizarse.A sanidade. Para evitar pragas vexetáis e gandeiras contrólanse os fertilizantes, fitosanitarios e transxénicos.Benestar animal, o gando debe ter un trato adecuado durante a cria , no transporte e no sacrificio.

Page 145: Tema 7  o sector primario

• Estas medidas fináncianse a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).

• O Estado Español a través do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño(MARM), elaborou un Plan Estratéxico nacional 2007-2013, que marca as prioridades nacionais respecto ás directrices europeas; e unha Lei para o Desenvolvemento Sostible do Medio Rural

Page 146: Tema 7  o sector primario

• As rexións españolas víronse distintamente afectadas pola PAC.

• As consecuencias foron problemáticas nas áreas que contaban con producións excedentarias e pouco competitivas na UE como a zona cantábrica, dependente da gandería bovina ou zonas de cereal e viñedo do interior peninsular.

• As zonas máis beneficiadas foron o litoral mediterráneo e andaluz que atopou un bo mercado para os seus produtos

Page 147: Tema 7  o sector primario

A explotación dos bosques. • O terreo forestal ocupa en España 18,8 millóns

de hectáreas(2007), das cales 45% son madeirables.

• As áreas principais son o norte peninsular, Soria e Huelva

• As especies principais son:• Frondosas(faia, carballo, castaño, eucalipto)• Coníferas(piñeiro)• O destino principa é para industrias de

construción e moble, e para pasta de papel.

Page 148: Tema 7  o sector primario

Máis maderable

Page 149: Tema 7  o sector primario

Coníferas

Frondosas

mixta

Page 150: Tema 7  o sector primario

• A produción de madeira é deficitaria, temos que importar un 25%da madeira consumida.

• En produción de resina e cortiza somos excedentarios

• A PAC e o Plan Forestal Español fomentan as repoboacións e a silvicultura. Os obxectivos, incrementar a produción de madeira e fomentar usos do bosque como os recreativos e ambientais.

Page 151: Tema 7  o sector primario
Page 152: Tema 7  o sector primario

AS PAISAXES AGRARIAS

• As paisaxes agrarias son a morfoloxía ou aspecto do espazo agrario, resultado da combinación dos factores físicos e humanos.

• Distinguimos: atlántica, mediterránea, de interior, canaria e de montaña.

Page 153: Tema 7  o sector primario
Page 154: Tema 7  o sector primario

PAISAXE AGRARIA NO NORTE PENINSULAR HÚMIDO

• Comprende o norte e o noroeste da Península Ibérica. O medio físico posúe un relevo accidentado, con escasas superficies chairas e clima oceánico chuvioso todo o ano.

Page 155: Tema 7  o sector primario

• A estrutura agraria caracterízase polos trazos seguintes:• - A poboación, é hoxe escasa e envellecida, dado que

se viu forzada a emigrar ante a incapacidade do campo de proporcionarlle ingresos abondos.

-O poboamento predominante é disperso intercalar a partir de aldeas, parroquias e vilas. - As explotacións son minifundistas. Os campesiños posúen pequenas parcelas pechadas por sebes e afastadas entre si, o que dificulta a mecanización e diminúe a súa rendabilidade . Para corrixilo, impulsouse a concentración parecelaria, con escasos resultados. - Os usos do solo son principalmente gandeiros.

Page 156: Tema 7  o sector primario

• A agricultura ocupa escasa superficie. Na costa, os campos sitúanse nos fondos dos vales; no interior, ao ser estes máis estreitos, o seu aproveitamento agrícola é moi pequeno. É unha agricultura de secaño, debido á regularidade das precipitacións.

• No pasado practicábase o policultivo de subsistencia. Cultivábanse produtos hortofrutícolas para consumo familiar, e millo, pataca, árbores froiteiras e vide, está última sobre todo en Galicia. Nas terras de peor calidade sementábase cebada ou centeo,

• a economía familiar completábase coa cría de gando. Só unha parte destes produtos se vendía no mercado.

• Na actualidade a agricultura tende a especializarse en cultivos de horta e forraxes (prados, alfalfa, trevo, millo forraxeiro), en consonancia co desenvolvemento gandeiro

Page 157: Tema 7  o sector primario

• A gandería é a actividade agraria máis importante. Vese favorecida polo clima, a demanda urbana de leite e de carne, e pola escasa poboación rural, dado que require menos man de obra.

• En Galicia predominan a pequena e a mediana explotación familiar. Na fachada cantábrica, as explotacións modernizáronse máis en tamaño e equipamento, aínda que tamén está moi estendida a gandería a tempo parcial nas pequenas explotacións.

• Predomina o gando bovino. O de aptitude cárnica, en réxime extensivo ou semiextensivo, oriéntase á produción de tenreiros; e o de aptitude leiteira, en réxime intensivo, á produción de leite e dos seus derivados.

Page 158: Tema 7  o sector primario

•     A explotación forestal, sobre todo en Galicia, é outra actividade importante. Dedícase a industria do moble ou á obtención de pasta de papel.

Page 159: Tema 7  o sector primario

PAISAXE AGRARIA MEDITERRÁNEA

• Comprende o litoral e prelitoral mediterráneo, o val do Guadalquivir e as illas Baleares.

• O medio físico desta zona posúe un relevo accidentado no litoral mediterráneo, chairo preto da costa e algo montañoso na área prelitoral; e un relevo de suaves campiñas no val do Guadalquivir.

• O clima é mediterráneo de influencia marítima, con precipitacións moi escasas no verán.

Page 160: Tema 7  o sector primario

PAISAXE AGRARIA MEDITERRÁNEA

Page 161: Tema 7  o sector primario

• A estrutura agraria caracterízase polos seguintes trazos:

- A poboación é hoxe reducida debido ao éxodo rural. O poboamento disperso característico tende á concentración, agás nas hortas litorais. - As explotacións son de distinto tamaño. Nas zonas de regadío, predomina o minifundio. En secaño, as explotacións son pequenas e medianas en Valencia e Murcia, medianas en Cataluña e grandes en Andalucía occidental.

- Os usos do solo son principalmente agrícolas.

Page 162: Tema 7  o sector primario

• A agricultura presenta claras diferencas entre as áreas de secaño e as de regadío:

- Os cultivos de secaño esténdense polas campiñas do val do Guadalquivir; as zonas prelitorais montañosas ou accidentadas; e o interior mallorquino. Están ocupados por cereais, vide, oliveira e amendoeiras. - Os cultivos de regadío vense favorecidos polas suaves temperaturas, a elevada insolación, a protección do relevo, a existencia de solos apropiados e unha importante demanda internacional. Dedícanse á horticultura temperá ao aire libre, á horticultura precoz baixo plástico, á fruticultura mediterránea (cítricos, árbores, froiteiras de carabuña e de pebida) e aos froitos tropicais (chirimoia, aguacate) nas foxas de Málaga e de Granada, grazas á excepcional suavidade dos invernos.

Page 163: Tema 7  o sector primario

• A gandería bovina e porcina predomina en Cataluña estimulada pola demanda urbana; a ovina nos secaños; e as reses bravas das beiras do Guadalquivir.

• A explotación forestal ten escasa significación, agás en Huelva, onde hai grandes extensións de eucalipto.

Page 164: Tema 7  o sector primario

PAISAXE AGRARIA MEDITERRÁNEA DO INTERIOR PENINSULAR

Page 165: Tema 7  o sector primario

• Comprende ambas as dúas mesetas e a depresión do Ebro.

• O medio físico desta zona posúe un relevo chairo, de elevada altitude media na Meseta.

• Clima mediterráneo continentalizado, con escaseza de precipitacións estivais e acusados contrastes térmicos estacionais.

Page 166: Tema 7  o sector primario

• A estrutura agraria caracterízase polos trazos seguintes:

- A poboación agraria é moi escasa e envellecida, debido á forte emigración sufrida entre 1950 e 1975. O poboamento é concentrado en vilas, pequenas e próximas nos vales do Douro e do Ebro, e grandes e distanciadas entre si na metade sur peninsular. - As explotacións son de diverso tamaño. O minifundio predomina no val do Douro, aínda que se reduciu debido á emigración e á concentración parcelaria, e nos regadíos do Ebro. As grandes propiedades son características de moitos secaños casteláns, aragoneses e estremeños.

Page 167: Tema 7  o sector primario

• Os usos do solo son agrícolas, gandeiros e forestais.

• A agricultura presenta claras diferenzas entre as áreas de secaño e as de regadío.

• - O secaño domina nos páramos e campiñas da meseta e nas áreas non regadas do val do Ebro. Practica unha agricultura extensiva en campos abertos, protagonizada pola chamada "triloxía mediterránea": os cereais, a vide e a oliveira.

Page 168: Tema 7  o sector primario

• No pasado, os cereais, principalmente trigo, rotaban con barbeito ou con leguminosas e levaban asociada unha gandería ovina que pastaba nas restrebas. Tamén se plantaban cultivos leñosos, como a vide e a oliveira. Estes cultivos aparecían como monocultivo, asociados entre si, ou xunto a outros aproveitamentos.

• Na actualidade, o trigo foi substituido en gran parte pola cebada; e o barbeito substituíuse polo xirasol como cultivo de descanso, ou desapareceu grazas ao uso de fertilizantes químicos.

• Os cereais predominan en Castela e León, mentres en Oliveiral e o viñedo en Castela-A Mancha, Aragón e Estremadura . O viñedo destaca na Rioxa e en Navarra, pola súa calidade e extensión.

Page 169: Tema 7  o sector primario

PAISAXE AGRARIA DE CANARIAS

Page 170: Tema 7  o sector primario

• A paisaxe agraria de Canarias posúe un medio físico caracterizado por un relevo volcánico accidentado e un clima cálido todo o ano, con precipitacións escasas e irregulares nas zonas baixas.

• A estrutura agraria presenta os trazos seguintes:• - A poboación está en retroceso debido á atracción

que exercen sobre ela actividades do sector terciario, como o turismo. O poboamento é disperso laxo, constituído por pequenas agrupacións de casas e aldeas diseminadas. As vilas son xeralmente de pequeno tamaño.

Page 171: Tema 7  o sector primario

- As explotacións mostran importantes contrastes entre os reducidos tamaños das zonas medias e altas, e as grandes explotacións dos regadíos costeiros. - Os usos agrarios do solo son principalmente agrícolas.A agricultura é moi contrastada: - Nas áreas litorais regadas predomina o monocultivo orientado á exportación (plátano, tomate, pataca extratemperá), os cultivos baixo plástico (cogombro, pemento, flores) e as novas plantacións tropicais (papaia, mango, piña, aguacate).

Page 172: Tema 7  o sector primario

- Nas zonas medias e altas do interior das illas predomina a agricultura tradicional de secaño, orientada sobre todo ao consumo interno, e baseada no cultivo da vide e da pataca.

Page 173: Tema 7  o sector primario

• O trigo, que tradicionalmete rotaba con barbeito ou patacas, reduciu notablemente a súa extensión.

• A gandería ovina e caprina é escasa, e está asociada á agricultura.

• A explotación forestal aproveitou a madeira dos piñeirais, a do faial-breixeira e da laurisilva para a elaboración de carbón, a construción e os soportes dos cultivos.

Page 174: Tema 7  o sector primario

PAISAXE AGRARIA DE MONTAÑA

Page 175: Tema 7  o sector primario

• Posúe un medio físico con condicións extremas: relevo de elevada altitude e fortes pendentes; e clima frío, con precipitacións moi abundantes, que en inverno caen en forma de neve.

• A estrutura agraria caracterízase polos trazos seguintes:

• - A poboación presenta densidades moi baixas e unha forte tendencia emigratoria. O poboamento era tradicionalmente disperso en pequenos núcleos localizados nos vales. Na actualidade tende a concentrarse en vilas máis grandes.

Page 176: Tema 7  o sector primario

- As explotacións son contrastadas. Coexisten pequenas explotacións privadas formadas por parcelas pechadas, habitualmente separadas entre si, con montes e praderías municipais, de aproveitamente exclusivo para os veciños. - Os usos do solo son diversos e complementarios, graduándose en función das variacións climáticas: agricultura no fondo dos vales; explotación forestal nos bosques das vertentes; e gandería nas matogueiras e pastos dos cumes; aínda que existen diferenzas segundo a área climática onde se localizan as montañas.

Page 177: Tema 7  o sector primario

• A agricultura, nas montañas do norte peninsular, desenvólvese no fondo dos vales e céntrase nos cultivos de horta. En cambio, no sur de Galicia, e nas montañas máis térmicas do Levante e do sur, algúns cultivos, como a vide, as amendoeiras e as oliveiras, ascenden polas vertentes en solcalcos e terrazas.

Page 178: Tema 7  o sector primario

• A gandería é extensiva.• Nas montañas do norte peninsular é bovina

ou ovina, e pasta nos claros dos bosques e nas matogueiras e praderías dos cumes.

• Na montaña mediterránea, onde adoita faltar o piso supraforestal de pastos, domina a gandería ovina, que practica unha trashumancia local entre o val e o cume.

• A explotación forestal é maior nas montañas do norte. Céntrase no aproveitamento da leña e da madeira de especies como o eucalipto, o castiñeiro ou o piñeiro.

Page 179: Tema 7  o sector primario

Comentario dunha paisaxe rural• Identificación• Localización da paisaxe( interior, montaña...) concretar zona.• Análise do medio natural - O relevo - A vexetación - As augas - O clima - Os solos• Análise dos elementos humanos visibles• Tamaño das parcelas• Usos do espazo rural - Usos agrarios ( distribución usos agrícolas, gandeiros, forestais) - Usos non agrarios (enumeración dos usos, causas e consecuencias dos mesmos)• Poboamento e hábitat rural• Conclusión (Problemas, solucións e perspectivas de futuro)

Page 180: Tema 7  o sector primario

A pesca e os espazos pesqueiros.

• A pesca é unha actividade económica que forma parte do sector primario, está destinada a obter produtos do mar.

• O destino principal da pesca é o consumo humano en fresco, pero proporciona tamén alimentos e materias primas para a industria: salgadura, conservas, conxelados, aceites, fariñas de pescado, fertilizantes...

• As especies capturadas son principalmente peixes(˃ 90%), como a pescada, bacallau, atún, anchoa e sardiña; o resto son moluscos e crustáceos. Destaca a crecente importancia do peixe conxelado en alta mar.

Page 181: Tema 7  o sector primario

bacallau Lenguado

Robaliza (lubina)

sargo

Castañeta (palometa)

sardiñas

Atún

Anchoa/boquerónxurel

Page 182: Tema 7  o sector primario

Tipos de pesca

Page 183: Tema 7  o sector primario
Page 184: Tema 7  o sector primario

Percebe no cabo Touriñán. 2008

Page 185: Tema 7  o sector primario
Page 186: Tema 7  o sector primario

• Os caladoiros, son as zonas máis propicias, pola súa riqueza en bancos de peixe, para calar ou mergullar as artes de pesca. Esta riqueza vai depender de:

-temperatura da auga: a > temp., < osíxeno, polo tanto menos vida. - a transparencia das augas: a maior turbidez menor visión dos peixes e máis facil captura. - a salinidade: o exceso ou defecto de sal dificulta a vida dos peixes. - da presencia de nutrintes( plancton). - as condicións do litoral e o relevo mariño: na plataforma continental( augas que non superan os 200 m de profundidade) é onde se realizan a maior parte das capturas.

Page 187: Tema 7  o sector primario

• As augas atlánticas reúnes moi boas condicións de salinidade (35 ‰), a temperatura (agosto 18º e 10º e en xaneiro entre os 11º e os 15º); a oscilación media das mareas é de 4 metros de altura, que pode deixar unha zona de varios centenares de metros, óptima para a explotación de moluscos. O fitoplancton é de 100 g por metro³ e ano.

• As augas mediterráneas son máis transparentes, a salinidade ascende ata o 38‰, a temperatura media da auga, en superficie, é en xaneiro de 14º e en agosto de 25º, as mareas só alcanzan os 40 cm, a plataforma é menos extensa, o fitoplancton é duns 50 g por metro³ e ano

Page 188: Tema 7  o sector primario

• España é unha das potencia pesqueiras máis importantes do mundo, a máis importante da Unión Europea e a segunda do continente tras Noruega.

• Ten unha frota con cerca de 13.300 buques (2006) onde traballan unhas 53.000 persoas (2007), e ten capturas arredor das 750.000 toneladas ao ano, equivalentes a uns ingresos de 1.600 millóns de euros.

• Hai unha frota constituída por numerosos barcos de pequenos tamaño que utilizan técnicas tradicionais.

• .

Page 189: Tema 7  o sector primario

Tipos de pesca: artesanal e baixura

Page 190: Tema 7  o sector primario

• Outra frota integrada por buques de gran tamaño de altura e grande altura, que introducen tecnoloxía máis avanzada tanto para a pesca como para a transformación dos produtos que pescan.

Page 191: Tema 7  o sector primario

Barcos de altura

Pesca de altura

Page 192: Tema 7  o sector primario

• A pesar deses datos, a actividade pesqueira foi perdendo peso na economía española. Pero segue tendo grande importancia nalgunhas Comunidades como Galicia, e na dieta alimentaria, na que é moi elevado o consumo de peixe, (uns 37 kg/ hab /ano), moi por riba da media europea e só inferior á do Xapón, Noruega e Portugal.

• Para cubrir esa demanda de peixe que existe en España, os recursos da plataforma continental próxima ás nosas cosas son insuficientes, polo que boa parte da frota faena en caladoiros afastados e un 30% do consumo corresponde a produtos importados.

Page 193: Tema 7  o sector primario

• A pertenza de España á U E supuxo a adopción da Política Pesqueira Común(PPC), existente desde 1983.Isto tivo como consecuencia a integración española nas Organizacións Comuns de Mercado (OCM) que fixan os prezos dos produtos, a liberalización dos intercambios pesqueiros coa comunidade e a adopción das directrices comunitarias en materia de pesca.

Page 194: Tema 7  o sector primario

O espazo pesqueiro

• O espazo pesqueiro español, ou Caladoiro Nacional, esténdese desde a costa ata 200 millas naúticas, que delimitan a Zona Económica Exclusiva de pesca(ZEE). Área sobre a que un Estado estende a súa soberanía e xurisdición exclusiva do solo e subsolo mariño a 200 millas das costas dun país (370,4 Km), excluíndo aos demais de poder pescar libremente ou explotar os recursos do subsolo mariño. (Convención das Nacións Unidas sobre o Dereito do Mar, 1982).

• As Organizacións Rexionais de Pesca (ORP), regulan a pesca en alta mar.

Page 195: Tema 7  o sector primario

• Atópase organizado en oito rexións: noroeste, cantábrica, tramontana,levantina, surmediterránea, suratlántica, balear e canaria.

Page 196: Tema 7  o sector primario

As rexións con maior actividade pesqueira

Page 197: Tema 7  o sector primario

Ademais a frota pesqueira española faena en caladoiros comunitarios da UE e en caladoiros internacionais (Atlantico, Indico e Pacífico).

Page 198: Tema 7  o sector primario

• Os principais caladoiros para a frota española están no Atlántico norte, tanto en augas comunitarias (Gran Sol, Irlanda, Escocia e golfo de Biscaia) coma nas proximidades da península da Terranova, en Canadá (bacallau e fletán). Pero tamén faena nas proximidades do Sáhara occidental, Mauritania e Senegal, estendéndose cara ao Atlántico suroriental (Angola, Namibia, etc.).

• Nas augas de corrente fría do chamado Banco Sahariano, os barcos españois teñen frecuentes conflitos con países africanos limítrofes, polo que se precisa chegar a acordos.

• Estas dificultades e a crecente competencia doutras frotas, obrigou nos últimos anos a que certos buques conxeladores operen agora incluso no océano Índico (Mozambique, Somalia, illas Seicheles), aumentando os custos e riscos do seu traballo, así como en augas do Atlántico de América Latina.

Page 200: Tema 7  o sector primario

A crise da pesca• A pesca é unha actividade en declive desde hai

tempo, tanto polo número de mariñeiros, coma polo número de capturas ou de barcos.

• Alguns dos principais problemas do sector pesqueiro español son o carácter artesanal de boa parte da frota de baixura, a excesiva antigüidade dos buques, o envellecemento da poboación ocupada na pesca, o progresivo esgotamento dos caladoiros nacionais e a contaminación dalgunhas augas, as crecentes restriccións de pesca nas augas de numerosos países o que deu lugar a conflictos

Page 201: Tema 7  o sector primario
Page 202: Tema 7  o sector primario

• A actividade pesqueira atravesa hoxe polo tanto unha situación de crise que a política pesqueira tenta solucionar.

Os principais indicadores da crise son:• Descenso da poboación ocupada(0,25 ‰ en

2007)• Diminución da súa contribución ao PIB, inferior

ao 1%.• Comercio exterior pesqueiro moi deficitario,

pola necesidade de importar grandes cantidades de peixe e outros produtos relacionados.

Page 203: Tema 7  o sector primario

• Para a política pesqueira interveñen:• A Unión Europea, que formula as directrices

xeráis para acadar competitividade e sustentabilidade. Concede axudas a través do Fondo Europeo de Pesca (FEP)

• O Estado español, ten competencias exclusivas na flota e elabora a planificación xeral pesqueira(Lei de pesca do Estado) e concreta as directrices europeas (Plan Estratéxico nacional)

• As comunidades autónomas teñen competencias nas súas augas costeiras, no marisqueo e nos cultivos mariños.

Page 204: Tema 7  o sector primario

Problemas

Problemas nos caladoiros. -O caladoiro nacional ofrece modestos recursos debido a unha plataforma continental reducida, sobreexplotación e contaminación. -Os caladoiros comunitarios están sometidos a un sistema de cotas para asegurar a sostibilidade das capturas. -Os caladoiros internacionais.teñen restricións , debido ás zonas exclusivas de pesca dos países e á regulación das ORP Organizacións Rexionais de Pesca. Polo tanto a pesca nestas zonas depende dos acordos cos países ou coas ORP , subscritos pola Unión Europea.

Page 205: Tema 7  o sector primario

Problemas demográficos A poboación ocupada no sector é escasa(52 .600 persoas), envellecida e pouco formada.

Fronte a este problema foméntase a concesión de axudas aos novos pescadores; a mellora da formación profesional e novas titulacións.Excesivo tamaño da flota pesqueira en relación

coas actuais posibilidades e idade da mesma. Creceu moito ata 1977 polo aumento da demanda.

Tras a entrada na Comunidade Europea iniciouse unha reconversión do sector que inclúe dous tipos de medidas:

Page 206: Tema 7  o sector primario

Redución do tamaño da frota, mediante prexubilacións, despezamentos de barcos, exportación de buques, cambio de usos... Renovacón e modernización da frota, con fondos da UE.Escasa diversificación económica dos espazos

pesqueiros. Para iso promóvense outros usos como a pesca deportiva e recreativa, explotación turística; participación dos pescadores noutras labores.

Page 207: Tema 7  o sector primario

O patrón do "Ensenada de Meira", Víctor Piñeiro, explica a los visitantes o proceso de cultivo del mejillón. // Carmen Giménez Fonte: farodevigo.es

Page 208: Tema 7  o sector primario

Insuficiente emprego das telecomunicacións e das novas tecnoloxías. Para solucionalo impúlsase, a adopción das novas tecnoloxías da información , uso de tecnoloxías para diversas actividades como detección de bancos de pesca..

Escasa participación dos produtores na transformación e comercialización dos produtos pesqueiros.

Necesidade de adoptar normas de seguridade, sanidade e benestar animal,establecidas pola U E (correcta etiquetaxe do peixe, control da contaminación, garantir o benestar na acuicultura....

Page 209: Tema 7  o sector primario

Necesidade de dar resposta ás esixencias de calidade da demanda con medidas como marcas de calidade.

Outros problemas son:Problemas sociais, de calidade de vida nas

zonas pesqueiras. Para solucionalo emprendese .

A revalorización da pesca , mellorando as infraestructuras, impulsando a acuicultra, dando axudas para manter apesca artesanal.. A diversificación económica

Page 210: Tema 7  o sector primario

Problemas medioambientais: -Sobreexplotación dos recursos pesqueiros debido ao exceso de capturas e uso de artes de pesca indiscriminadas(arrastre).Para evitalo repobóanse os caladoiros, prohíbense a pesca de talles mínimos, establécense cotas de pesca e paros biolóxicos.

Page 211: Tema 7  o sector primario
Page 212: Tema 7  o sector primario

-Contaminación das augas por verteduras de combustible.

Page 213: Tema 7  o sector primario

A Acuicultura• Acuicultura é a actividade dedicada á cría de

especies vexetais e animais acuáticas, mariñas ou de auga doce.

• Acuicultura mariña. Prodúcense nas costas cantábricas, e atlántica. Destaca o cultivo do mexillón centrado en Galicia; ameixas, berberechos, rodaballo, linguado e salmón. Comezase tamén a cultivarse o polbo.

• Nas costas mediterráneas cultívanse douradas e robalizas.

Page 214: Tema 7  o sector primario
Page 215: Tema 7  o sector primario

algas

Page 216: Tema 7  o sector primario

O Marisqueo a pe

Page 217: Tema 7  o sector primario

• Acuicultura continental .Céntrase na cría de troita. Prodúcese en Galicia, ambas Castelas, Cataluña. En menor medida críanse tamén caranguexos carpas e esturións nas marismas do Guadalquivir.

• Problemas: elevados custos de instalación e produción; enfermidades e contaminación das augas.

• Solucións: actividade impulsada pola UE e España (Plan Estratéxico de Acuicultura Mariña Española. Para o que se conceden axudas.

Page 219: Tema 7  o sector primario

Sobre piscifactoriashttps://www.youtube.com/watch?v=2KngRY56FrISobre a PAChttps://www.youtube.com/watch?v=enKSLIVChx8

• Noticia sobre fin da cuota láctea• http://www.farodevigo.es/galicia/2015/03/29/retos-cuota-lactea/1210727.ht

ml• http://www.elcomercio.es/asturias/201503/31/pone-anos-cuota-lactea-20150

331001513-v.html• Vocabulario con fotos• http://contenidos.educarex.es/sama/2010/csociales_geografia_historia/geogra

fia/temas/actividad_agraria.html

Page 220: Tema 7  o sector primario

• Comentario paisaxes naturais e rurais

• Comentario de paisaxes agrarias• http://age.ieg.csic.es/recur_didacticos/index.htm• Imaxes satélite• https://www.google.es/maps/@42.2294387,-8.7150939,15z• Información ministerio medio ambiente, rural e mariño• http://sig.marm.es/siga/• Información general del sector primario• http://www.magrama.gob.es/es/agricultura/temas/default.aspx• PAC• http://europa.eu/pol/agr/• Pesca en Galicia• http://www.galicia2010.com/marco_pesca1.htm

Page 221: Tema 7  o sector primario

• Bibliografía e Paxinas web utilizadas• Xeografía 2º Bacharalato. Anaya

• https://xosea.wordpress.com/2012/01/31/cambios-e-permanencias-no-sector-primario/

• http://noespazoenotempo.webnode.es/fotogaleria/cambios-e-permanencias-no-sector-primario/

• http://datos.bancomundial.org/indicador/SP.RUR.TOTL.ZS• http://

geoperspectivas2bachiller.blogspot.com.es/2011/01/practica-el-regadio-en-espana.html

• http://www.edu.xunta.es/centros/iesastelleiras/?q=system/files/tema%208-o%20espazo%20pesqueiro.pdf

• http://www.catedu.es/geografos/index.php?option=com_content&task=view&id=156&Itemid=153

• Informe sobre a pesca en Galicia

• http://www.magrama.gob.es/ministerio/pags/Biblioteca/Revistas/pdf_reas%2Fr160_08.pdf