Tema 7. leccións 4 e 5
-
Upload
dudas-historia -
Category
Documents
-
view
368 -
download
1
Transcript of Tema 7. leccións 4 e 5
TEMA 7O PERÍODO DE ENTREGUERRAS
O CRACK BOLSISTA E A GRAN DEPRESIÓN
Lección 4.
4.1. O Crack da Bolsa de Nova York
• A prosperidade da década de 1920 favoreceu o investivemento masivo en accións, sen embargo, en outubro de 1929 o valor de ditas accións alcanzou o seu máximo e isto levou á desconfianza entre os investidores.
• A finais de outubro, produciuse o “xoves negro”, é dicir, unha grande onda de vendas de accións que provocou a caída das cotizacións.
• Algúns bancos compraron miles de accidóns, sen embargo, continuáronse a vender accións, e esta venda continuada afundiu o prezo das accións, dando lugar a un colapso na bolsa (o crack), que provocou a ruina de moitos investidores.
• Para ampliar: “1929: 3l gran crack: http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=F_LGYBeaFtk)
4.2. A gran depresión nos Estados Unidos
• O crack provocou a seguinte reacción en cadea que derivou nunha crise xeral, coñecida como “Gran Depresión”:1. Creba bancaria como consecuencia do descenso das
cotizacións.2. Para solucionar a creba, os bancos reclaman o diñeiro dos
préstamos, o que levou á ruina a empresas particulares.3. Esta situación xerou o inmediato descenso de consumo, o que
incrementou os stocks.4. O seu efecto foi unha crise de superproducción, que obrigou
ás empresas a frear o seu ritmo de producción.5. Debido a isto, aumentou o desemprego, o que fixo máis grave
o descenso de consumo.6. Os prezos agrícolas se afundiron, provocando a ruina do
sector agrario, ata o punto de deixar a moitos labregos sen terras.
4.3. A difusión internacional da crise
• A recuperación europea da Gran Guerra dependía en boa parte dos créditos que lles concedían os Estados Unidos. Ao ocurrir o crack, Europa perdeu o seu respaldo financeiro:– Alemania entrou en recesión.– Reino Unido tivo que desvalorizar a libra e abandonouse o
patrón oro (equivalencia entre o ouro e o valor da súa moneda).
• Ademáis de repatriar os seus bancos, EEUU diminuiu as importacións, e polo tanto, reduciuse o comercio internacional. Os países que baseaban a súa economía en exportacións, como algúns de latinoamericanos, notaron máis duramente a crise económica.
4.4. As políticas contra a depresión
• A comezos da década dos 30, F. D. Roosevelt pasou a ser o presidente dos EEUU e iniciou un programa intervencionista co fin de acabar coa gran depresión, o New Deal. ¿Qué características tiña?– Económicas: axuda a
empresas e bancos, desvalorización do dólar para impulsar as exportacións e compra masiva de produtos agrícolas para favorecer a suba de prezos.
– Sociais: creación de obras públicas para fomentar o emprego, axudas a desempregados, apoio a sindicatos para favorecer a estimación de salarios mínimos.
Para ampliar… http://www.lizcollinshistoryclasses.com/depression-the-new-deal--hope-in-new-mexico.html
• A crise de 1929 provocou tamén o cambio nas teorías económicas liberais, que consideraban que a liberdade económica e o non intervencionismo do Estado eran indiscutibles. J. M. Keynes sostivo neste momento que o Estado debía intervir en asuntos económicos para redistribuir a riqueza.
Teorías de Keynes
• Keynes foi o economista británico máis influinte do século XX e, grazas ás súas ideas -expostas no seu libro As consecuencias económicas da paz,- levadas a cabo de maneira xeralizada tras a Segunda Guerra Mundial, se puideron atopar solucións globais á crise:– Consideraba que todas as economías estaban
interrelacionadas, por tanto, o empobrecemento dos vencidos, influiría aos vencedores; polo tanto a aplicación desta idea despois da Segunda Guerra Mundial, evitaría o mesmo erro cometido na primeira.
– Era necesaria a intervención do Estado para corrixir desequilibrios e aumentar a actividade económica. Un exemplo sería mediante a intervención en obras públicas, xa que, ademais de dar traballo ás empresas, tamén empregarían obreiros, aumentaría o gasto público e limitaría o número de parados.
– Mentres que no liberalismo, críase que a beneficencia causaba inflación e o obreiro tiña o salario máis baixo, Keynes propoñía axudar a os parados ou xente de salarios baixos con subsidios. Consideraba que esta idea estimularía aos traballadores, que ao mesmo tempo son consumidores.
SOCIEDADE E CULTURA A COMEZOS DO SÉCULO XX
Lección 5.
5.1. A democratización da sociedade (tras a
Gran Guerra)
FIN
PARTIDOS FASCISTAS
(descontentos coa crise e temerosos
ante posibles revolucións comunistas)