Tema 4. Leccións 1 e 2. 4º Eso

16
TEMA 4. ESPAÑA, A CONSTRUCCIÓN DO ESTADO LIBERAL (1808-1874)

Transcript of Tema 4. Leccións 1 e 2. 4º Eso

Page 1: Tema 4. Leccións 1 e 2. 4º Eso

TEMA 4. ESPAÑA, A CONSTRUCCIÓN DO ESTADO LIBERAL (1808-1874)

Page 2: Tema 4. Leccións 1 e 2. 4º Eso

A GUERRA DE INDEPENDENCIA

Page 3: Tema 4. Leccións 1 e 2. 4º Eso

As orixes da Guerra da Independencia

Cando o monarca Carlos IV accedeu ao trono español (1788) viuse desbordado de contado pola situación creada pola Revolución Francesa. O medo á expansión revolucionaria levouno a paralizar as reformas iniciadas no reinado de Carlos III e afastou do goberno aos ministros ilustrados.

No lugar destes ministros, Carlos IV situaría como primeiro ministro a Manuel Godoy, que vacilaba ante o temor a Francia (xa ocupada por Napoleón e en plena expansión imperial) e o intento de pactar con ela para evitar o enfrontamento co poderoso exército napoleónico. Finalmente Godoy decantaríase por firmar alianzas con Francia e, deste modo, mediante a firma do Tratado de Fontainebleau, permitiu aos exércitos de Napoleón atravesar España para loitar contra Portugal, aliada de Gran Bretaña (unha das grandes inimigas da Francia Napoleónica).

Page 4: Tema 4. Leccións 1 e 2. 4º Eso
Page 5: Tema 4. Leccións 1 e 2. 4º Eso

O xove Godoy non inspiraba confianza algunha entre os círculos nobiliarios da corte, era odiado pola nobreza e pola Igrexa debido: As súas reformas novidosas. Non entendían que o monarca o elixise tendo en conta a súa orixe plebea.

Ademais tampouco podería contar cos Ilustrados, posto que foran substituídos por el.

Desconfiaban da súa decisión de relacionarse coa Francia napoleónica. Ante a situación acadada polo ministro, o que estes grupos de nobres

e clero levaron a cabo foi o Motín do Pazo de Aranxuez (1808. Residencia dos monarcas naquel momento), que pretendía sobre todo dar o seu apoio ao fillo de Carlos IV -Fernando VII- e forzar: Por unha parte, a destitución de Godoy. Por outra, a abdicación de Carlos IV.

Page 6: Tema 4. Leccións 1 e 2. 4º Eso

Napoleón, decatándose da posición feble da coroa española, conduciu ao destronado monarca Carlos IV e mailo seu fillo, Fernando VII a Baiona, onde este entregoulle a coroa de España, que Napoleón otorgou de contado ao seu irmán, Xosé I (Xosé Bonaparte).

Page 7: Tema 4. Leccións 1 e 2. 4º Eso

O desenvolvemento da Guerra

Ante o asedio francés, o pobo español levantouse de contado, de este modo o 2 de Maio de 1808 producíronse as primeiras revoltas en Madrid, que foron sufocadas por as autoridades francesas o día seguinte, a través dos fusilamentos na montaña de Príncipe Pío de Madrid.

Page 8: Tema 4. Leccións 1 e 2. 4º Eso

Estes primeiros levantamentos en Madrid foron continuados por outros alzamentos espontáneos da poboación, organizada primeiro en xuntas locais e provinciais e, posteriormente, nunha Xunta Suprema Xeral; esta Xunta asumiría a soberanía do pobo (o poder popular) en ausencia de Fernando VII.

A forza revolucionaria da poboación española, que se negaba a obedecer á autoridade constituída conseguiu vencer a Xosé I na Batalla de Bailén e forzou ao propio Napoleón a entrar en España e ocupala practicamente por completo. O Centro principal de resistencia estaría na cidade de Cádiz.

Page 9: Tema 4. Leccións 1 e 2. 4º Eso

A partires de entonces a guerra adquiría unha vertente militar: En moitos lugares desenvolveríanse guerrillas, que

tratarían de vencer ao inimigo francés grazas o coñecemento do terreo, tratarían frear os seus suministros e os desmoralizaría.

Por outro lado, España contaría coa axuda portuguesa e inglesa para a expulsión definitiva das tropas napoleónicas, deste modo, a guerra pasou de ser defensiva a ofensiva, grazas a este exercito aliado capitaneado polo Duque de Wellington.

En 1813 os franceses foron batidos e Napoleón liberou a Fernando VII e asinou con el o Tratado de Valençay, que poñía fin a contenda.

Page 10: Tema 4. Leccións 1 e 2. 4º Eso
Page 11: Tema 4. Leccións 1 e 2. 4º Eso

As Cortes de Cádiz

Antes da súa disolución, A Xunta Suprema Central convocou ás Cortes. ¿Cal foi o motivo principal?: Proclamar a soberanía nacional, é dicir, o pobo

español de ambos hemisferios sería o soberano, e estaría representado nestas Cortes.

Comezar a redactar unha Constitución, que vería a luz o 19 de marzo de 1812 (por iso foi bautizada como “A Pepa”). Nesta Constitución se recollían os seguintes principios: Era unha Constitución liberal, baseada na Consitución

francesa de 1791, non obstante, faríanse concesións o grupo absolutista, como a orbigatoriedade do catolicismo.

Establecía unha declaración de dereitos dos cidadáns. Recoñecía a Fernando VII como monarca, pero cos seus

límites. Establecía a división de poderes.

Aprobar decretos lexislativos que: Garantían a liberdade de prensa. Suprimían a Inquisición e os gremios. Establecían a liberdade de industria e comercio.

Page 12: Tema 4. Leccións 1 e 2. 4º Eso

GLOSARIO

Afrancesados: españois que colaboraron coa ocupación francesa.

Patriotas: españois que non aceptaron o Goberno imposto por Napoleón. Dividíanse en absolutistas e liberis, este últimos partidarios dunha Constitución e das Cortes.

Page 13: Tema 4. Leccións 1 e 2. 4º Eso

O REINADO DE FERNANDO VII (1814-1833)

Page 14: Tema 4. Leccións 1 e 2. 4º Eso

A Restauración do Absolutismo (1814-1820)

Cando Fernando VII regresa do seu exilio en 1814, un grupo de deputados absolutistas, non conformes cos principios da Constitución de Cádiz, entregoulle o monarca o Manifesto dos persas, no que lle pedía a abolición da Constitución. Os absolutistas contaron co respaldo do Exército no que sería o primeiro pronunciamento (alzamento militar contra o Goberno constituído) da historia española.

O monarca, conforme coa petición, aboliu a Constitución e reinstaurou o Antigo Réxime. Ante a situación, os liberais optaron: Polo exilio. Pola organización de sociedades

secretas. Por facer pronunciamentos de corte

liberal, que foron fortemente reprimidos.

Page 15: Tema 4. Leccións 1 e 2. 4º Eso

O Trienio Liberal (1820-1833) En 1820, o Coronel Riego pronunciouse para

conseguir a reimplantación da Constitución de 1812.

Ante estas presións o monarca tivo que ceder, non sen estudar as posibilidades de regreso ao Absolutismo: Fernando VII decatárase que a propia Constitución

facultábao para modificar diversos aspectos dos principios constitucionais.

Por outro lado, aproveitou a división interna dos liberais, que escindíranse en: Os doceanistas, que eran os máis moderados e

comprometidos. Os exaltados.

Solicitou en segredo a intervención da Santa Alianza. Ésta desconfiaba do réxime liberal, así que en 1823, o exército francés (Os Cen Mil Fillos de San Luís) invade España, reinstaurando novamente o réxime absolutista do monarca español.

Page 16: Tema 4. Leccións 1 e 2. 4º Eso

A Década Ominosa (1823-1833)

Unha vez se volve ao absolutismo máis puro… Se declaran nulas as Cortes, o que implica que todo o

poder o vai ter o monarca Fernando VII. A represión dos liberais vai ser todavia peor que en

anos anteriores. Os liberais que non se exiliaron acabarían sendo executados.

A radicalización dos sectores máis absolutistas é tan grave que aínda eles consideran que o propio monarca é demasiado moderado, de aí que a esta etapa do reinado de Fernando VII se chame ominosa, escura.

Os principais descontentos contra o monarca parten dunha persoa, o infante Carlos María Isidro, irmán do monarca que, no caso de que Fernando VII non tivese fillos, pasaría a ser o seu sucesor. Polo tanto, cando nace a primoxénita de Fernando VII, Isabel, comeza o conflito sucesorio entre os partidarios dela e os do infante Don Carlos. Finalmente o monarca derogaría a Lei Sálica, pola cal as mulleres non podían acceder ao trono, para que a súa filla o sucedese.