TEMA 2 A poesía de vangarda

3
TEMA 2 A POESÍA DE VANGARDA. CARACTERÍSTICAS, AUTORES E OBRAS REPRESENTATIVAS. A LÍRICA GALEGA ENTRE 1900-1936 (II No mes de xuño de 1922, o poeta Manuel Antonio e mais o artista plástico Álvaro Cebreiro daban á luz pública un manifesto rupturista titulado ¡Máis Alá! Manuel Antonio semellaba formular deste xeito unha fenda, unha ruptura total con toda a literatura galega que se fixera antes del mesmo. Renega do pasado e prescribía unha literatura completamente nova na liña que ían debuxando os diferentes ismos que se sucedían sen interrupción: futurismo, cubismo, dadaísmo, creacionismo... Porén, a situación sociocultural galega resultaba ben pouco semellante a esoutra que se vivía en culturas plenamente normalizadas. O galeguismo consideraba que non podía permitirse o luxo de prescindir da tradición. Renunciar ao legado de Curros, Rosalía e Pondal —tal e como propoñía Manuel Antonio— significaba deixar inermes as letras galegas. Mais se iso era tal, non era menos cerro que os ideólogos das Irmandades —singularmente Vicente Risco— permanecían atentos ás navidades que chegaban desde o exterior e consideraban, asemade, a necesidade de incorporalas á nasa cultura. Desta maneira, a liña que se acabará por impoñerse maioritariamente non ía ser a preconizada por Manuel Antonio, senón por esoutra «vangarda pactada» ou vangarda enxebre, e que se traduce nos versos moito máis moderados —en relación ao pulo vangardista— de Luís Amado Carballo e os demais poetas encadrables no chamado hilozoísmo. No labor de espallamento das vangardas —dos ismos— a prensa literaria da época ocupa un lugar de primeira orde. Porén, non só van ser agudas publicación creadas polos máis novos —Ronsel, Cristal, Resol, Papel de Color, Alfar...— as que declaren semellante presenza. Aínda que rexentadas polos maiores, A Nora Terra, pero sobre todo Nós, acolleron nas Búas páxinas o legado de todos os grupos xeracionais que operaron na xeira que historiamos. 1- A «vangarda enxebre»: o hilozoismo Foi o denonimado «hilozoísmo» de Amado Carballo a liña poética que maior éxito obtivo, tanto entre os novos creadores como na apreciación dos líderes político-culturais do nacionalismo.

description

Características. Autores e obras representativas

Transcript of TEMA 2 A poesía de vangarda

Page 1: TEMA 2 A poesía de vangarda

TEMA 2

A POESÍA DE VANGARDA.

CARACTERÍSTICAS, AUTORES E OBRAS

REPRESENTATIVAS.

A LÍRICA GALEGA ENTRE 1900-1936 (II

No mes de xuño de 1922, o poeta Manuel Antonio e mais o artista

plástico Álvaro Cebreiro daban á luz pública un manifesto rupturista

titulado ¡Máis Alá! Manuel Antonio semellaba formular deste xeito unha fenda, unha

ruptura total con toda a literatura galega que se fixera antes del mesmo. Renega do pasado

e prescribía unha literatura completamente nova na liña que ían debuxando os diferentes ismos

que se sucedían sen interrupción: futurismo, cubismo, dadaísmo, creacionismo...

Porén, a situación sociocultural galega resultaba ben pouco semellante a esoutra

que se vivía en culturas plenamente normalizadas. O galeguismo consideraba que non

podía permitirse o luxo de prescindir da tradición. Renunciar ao legado de Curros,

Rosalía e Pondal —tal e como propoñía Manuel Antonio— significaba deixar inermes as

letras galegas. Mais se iso era tal, non era menos cerro que os ideólogos das Irmandades —

singularmente Vicente Risco— permanecían atentos ás navidades que chegaban desde o

exterior e consideraban, asemade, a necesidade de incorporalas á nasa cultura.

Desta maneira, a liña que se acabará por impoñerse maioritariamente non ía ser a

preconizada por Manuel Antonio, senón por esoutra «vangarda pactada» ou vangarda

enxebre, e que se traduce nos versos moito máis moderados —en relación ao pulo

vangardista— de Luís Amado Carballo e os demais poetas encadrables no chamado

hilozoísmo.

No labor de espallamento das vangardas —dos ismos— a prensa literaria da época ocupa un lugar

de primeira orde. Porén, non só van ser agudas publicación creadas polos máis novos —Ronsel,

Cristal, Resol, Papel de Color, Alfar...— as que declaren semellante presenza. Aínda que

rexentadas polos maiores, A Nora Terra, pero sobre todo Nós, acolleron nas Búas páxinas o

legado de todos os grupos xeracionais que operaron na xeira que historiamos.

1- A «vangarda enxebre»: o hilozoismo

Foi o denonimado «hilozoísmo» de Amado Carballo a liña poética que maior éxito

obtivo, tanto entre os novos creadores como na apreciación dos líderes político-culturais do

nacionalismo.

Amado Carballo foi autor dun único libro de poemas en vida —Proel (1927);

postumamente aparecer O galo (1928)—, Amado Carballo compón unha obra na cal os

poemas semellan unha sucesión de imaxes plásticas xustapostas, instantáneas dunha

natureza personificada, combinando elementos visuais e auditivos. A pintura impresionista

que o hilozoísmo supón maniféstase en versos de sinxeleza métrica, que parten das formas

populares e nos cales a metáfora actúa corno eixe estruturador.

2. - A «vangarda plena»: Manuel Antonio

Page 2: TEMA 2 A poesía de vangarda

Nacido en Rianxo en 1900 e falecido no mesmo lugar en 1930, é Manuel Antonio o

poeta galego anterior a 1936 que con maior determinación transitou polos camiños da

vangarda. Persoa de ideais acesos e fortes inquietudes socio-políticas, foi mariño mercante de

profesión: experiencia vital que condiciona os versos do único libro que chegou a publicar en

vida, De catro a catro (1928). Antes, en 1922, asinara conxuntamente co artista plástico

Álvaro Cebreiro o manifesto ¡Máis Alá, onde propoñía unha ruptura total coa literatura galega

que se viñera facendo ata a data. En 1924, nas páxinas do xornal Galicia, publicou un novo

texto, «Prólogo dun libro de poemas que ninguén escribiu», no que incide nos afáns

vangardistas.

De catro a catro está conformado por dezanove poemas dispostos en forma de singular

caderno de bitácora —follas sen data dun diario de abordo, como figura no propio volume—,

onde o poeta foi deixando constancia da sáa visión do mar. Porén, non estamos diante dunha

perpectiva tradicional: Manuel Antonio interpreta a paisaxe desde unha óptica completamente

nova. Mediante a supresión da secuencia espazo-temporal, o poeta procura na

intelixencia/sentimento, entendida esta como a capacidade de penetración auténtica na terna

das cousas, para alén da deformación á que, xulga, nos someten os sentidos. Más alá de

calquera pintura romántico- impresionista do mar e dos mariñeiros, De catro a catro

describe un mar nunca visto por ninguén, un mar que vén a ser «unha illa de auga rodeada de ceo

por todas partes». Un mar, en fin, sen ribeiras e no cal percibir o extravío e mais a desolación.

Quizá a influencia máis detacable na xénese e desenvolvemento de De catro a catro,

acaso a máis destacada sexa a que procede do creacionismo. Non obstante, cómpre indicar

que, máis aló dos procedementos estilísticos —a xustaposición de imaxes, a ruptura da sintaxe

formal, a disposición tipográfica—, a orixinalidade de Manuel Antonio atinxe tanto ao aspecto

temático como á proposta lingüística: así rexistramos nos seus versos unha inagardada

combinación de elementos procedentes do léxico náutico internacional, coa incorporación

de anglicismos, a carón doutros que remiten ao galego mariñeiro da ría de Arousa.

3.- Os ecos da vangarda: Álvaro Cunqueiro

Entre 1930 3 a Guerra Civil a asunción do pasado medieval a medida que a lírica

trobadoresca —antes por completo ignorada e apenas ao alcance dos eruditos— se foi facendo

accesible, determinou que Fermín Bouza-Brey (1901-1973) e Alvaro Cunqueiro (1911-1981)

escribisen cadanseu libro inspirados no verdadeiro novo horizonte que supuxo o

descubrimento das cantigas, especialmente as de amigo, consideradas como unha

representación xenuína da «musa popular e nacional galega». Desta maneira, recursos

propios das cantigas de amigo, como o leixaprén e mais o refrán, volven aparecer nos

poemas neotrobadorescos. Non obstante, tan só podemos falar en rigor de presenzas

vangardistas na obra de Cunqueiro en Cantiga nova que se chama riveira (1933) e non en

Nao senlleira, de Bouza-Brey —publicada ese mesmo ano— ao recrear esta o legado medieval

desde unha preocupación formalista allea por completo ao mundo dos ismos. Así pois, non é

posible incluir o neotrobadorismo como parte das vangardas; aínda máis cando consideramos

que este movemento volverá xurdir, en circunstancias político-culturais ben diferentes,

logo da Guerra Civil.

Porén, a figura máis destacada nesta xeira é a de Alvaro Cunqueiro. Como xa

Page 3: TEMA 2 A poesía de vangarda

quedou subliñado anteriormente, unha análise de Cantiga nova que se chama riveira

(1933) de Álvaro Cunqueiro (1911-1981) —poemario que se adoita incluír no episodio do

neotrobadorismo— amosa como o autor mindoniense levou adiante un proceso no cal

aproveita e redefine certos elementos da cantiga de amigo —singularmente, o refrán— en

clave vangardista. Desta maneira, é posible ler o volume de Cunqueiro como un encontro

entre certos apartados da rediviva tradición medieval, solucións neopopularistas e un

arsenal de imaxes que proceden da vangarda, singularmente do creacionismo e mais do

ultraísmo.

Do mesmo xeito, Cunqueiro é autor doutros dous volumes —Mar ao norde (1932) e

Poemas do si e non (1933)— nos que rexistramos presenzas surrealistas, aínda que estas

se manifesten no autor galego desde unha perspectiva moito máis inxenua e sentimental.