TEMA 2
A POESÍA DE VANGARDA.
CARACTERÍSTICAS, AUTORES E OBRAS
REPRESENTATIVAS.
A LÍRICA GALEGA ENTRE 1900-1936 (II
No mes de xuño de 1922, o poeta Manuel Antonio e mais o artista
plástico Álvaro Cebreiro daban á luz pública un manifesto rupturista
titulado ¡Máis Alá! Manuel Antonio semellaba formular deste xeito unha fenda, unha
ruptura total con toda a literatura galega que se fixera antes del mesmo. Renega do pasado
e prescribía unha literatura completamente nova na liña que ían debuxando os diferentes ismos
que se sucedían sen interrupción: futurismo, cubismo, dadaísmo, creacionismo...
Porén, a situación sociocultural galega resultaba ben pouco semellante a esoutra
que se vivía en culturas plenamente normalizadas. O galeguismo consideraba que non
podía permitirse o luxo de prescindir da tradición. Renunciar ao legado de Curros,
Rosalía e Pondal —tal e como propoñía Manuel Antonio— significaba deixar inermes as
letras galegas. Mais se iso era tal, non era menos cerro que os ideólogos das Irmandades —
singularmente Vicente Risco— permanecían atentos ás navidades que chegaban desde o
exterior e consideraban, asemade, a necesidade de incorporalas á nasa cultura.
Desta maneira, a liña que se acabará por impoñerse maioritariamente non ía ser a
preconizada por Manuel Antonio, senón por esoutra «vangarda pactada» ou vangarda
enxebre, e que se traduce nos versos moito máis moderados —en relación ao pulo
vangardista— de Luís Amado Carballo e os demais poetas encadrables no chamado
hilozoísmo.
No labor de espallamento das vangardas —dos ismos— a prensa literaria da época ocupa un lugar
de primeira orde. Porén, non só van ser agudas publicación creadas polos máis novos —Ronsel,
Cristal, Resol, Papel de Color, Alfar...— as que declaren semellante presenza. Aínda que
rexentadas polos maiores, A Nora Terra, pero sobre todo Nós, acolleron nas Búas páxinas o
legado de todos os grupos xeracionais que operaron na xeira que historiamos.
1- A «vangarda enxebre»: o hilozoismo
Foi o denonimado «hilozoísmo» de Amado Carballo a liña poética que maior éxito
obtivo, tanto entre os novos creadores como na apreciación dos líderes político-culturais do
nacionalismo.
Amado Carballo foi autor dun único libro de poemas en vida —Proel (1927);
postumamente aparecer O galo (1928)—, Amado Carballo compón unha obra na cal os
poemas semellan unha sucesión de imaxes plásticas xustapostas, instantáneas dunha
natureza personificada, combinando elementos visuais e auditivos. A pintura impresionista
que o hilozoísmo supón maniféstase en versos de sinxeleza métrica, que parten das formas
populares e nos cales a metáfora actúa corno eixe estruturador.
2. - A «vangarda plena»: Manuel Antonio
Nacido en Rianxo en 1900 e falecido no mesmo lugar en 1930, é Manuel Antonio o
poeta galego anterior a 1936 que con maior determinación transitou polos camiños da
vangarda. Persoa de ideais acesos e fortes inquietudes socio-políticas, foi mariño mercante de
profesión: experiencia vital que condiciona os versos do único libro que chegou a publicar en
vida, De catro a catro (1928). Antes, en 1922, asinara conxuntamente co artista plástico
Álvaro Cebreiro o manifesto ¡Máis Alá, onde propoñía unha ruptura total coa literatura galega
que se viñera facendo ata a data. En 1924, nas páxinas do xornal Galicia, publicou un novo
texto, «Prólogo dun libro de poemas que ninguén escribiu», no que incide nos afáns
vangardistas.
De catro a catro está conformado por dezanove poemas dispostos en forma de singular
caderno de bitácora —follas sen data dun diario de abordo, como figura no propio volume—,
onde o poeta foi deixando constancia da sáa visión do mar. Porén, non estamos diante dunha
perpectiva tradicional: Manuel Antonio interpreta a paisaxe desde unha óptica completamente
nova. Mediante a supresión da secuencia espazo-temporal, o poeta procura na
intelixencia/sentimento, entendida esta como a capacidade de penetración auténtica na terna
das cousas, para alén da deformación á que, xulga, nos someten os sentidos. Más alá de
calquera pintura romántico- impresionista do mar e dos mariñeiros, De catro a catro
describe un mar nunca visto por ninguén, un mar que vén a ser «unha illa de auga rodeada de ceo
por todas partes». Un mar, en fin, sen ribeiras e no cal percibir o extravío e mais a desolación.
Quizá a influencia máis detacable na xénese e desenvolvemento de De catro a catro,
acaso a máis destacada sexa a que procede do creacionismo. Non obstante, cómpre indicar
que, máis aló dos procedementos estilísticos —a xustaposición de imaxes, a ruptura da sintaxe
formal, a disposición tipográfica—, a orixinalidade de Manuel Antonio atinxe tanto ao aspecto
temático como á proposta lingüística: así rexistramos nos seus versos unha inagardada
combinación de elementos procedentes do léxico náutico internacional, coa incorporación
de anglicismos, a carón doutros que remiten ao galego mariñeiro da ría de Arousa.
3.- Os ecos da vangarda: Álvaro Cunqueiro
Entre 1930 3 a Guerra Civil a asunción do pasado medieval a medida que a lírica
trobadoresca —antes por completo ignorada e apenas ao alcance dos eruditos— se foi facendo
accesible, determinou que Fermín Bouza-Brey (1901-1973) e Alvaro Cunqueiro (1911-1981)
escribisen cadanseu libro inspirados no verdadeiro novo horizonte que supuxo o
descubrimento das cantigas, especialmente as de amigo, consideradas como unha
representación xenuína da «musa popular e nacional galega». Desta maneira, recursos
propios das cantigas de amigo, como o leixaprén e mais o refrán, volven aparecer nos
poemas neotrobadorescos. Non obstante, tan só podemos falar en rigor de presenzas
vangardistas na obra de Cunqueiro en Cantiga nova que se chama riveira (1933) e non en
Nao senlleira, de Bouza-Brey —publicada ese mesmo ano— ao recrear esta o legado medieval
desde unha preocupación formalista allea por completo ao mundo dos ismos. Así pois, non é
posible incluir o neotrobadorismo como parte das vangardas; aínda máis cando consideramos
que este movemento volverá xurdir, en circunstancias político-culturais ben diferentes,
logo da Guerra Civil.
Porén, a figura máis destacada nesta xeira é a de Alvaro Cunqueiro. Como xa
quedou subliñado anteriormente, unha análise de Cantiga nova que se chama riveira
(1933) de Álvaro Cunqueiro (1911-1981) —poemario que se adoita incluír no episodio do
neotrobadorismo— amosa como o autor mindoniense levou adiante un proceso no cal
aproveita e redefine certos elementos da cantiga de amigo —singularmente, o refrán— en
clave vangardista. Desta maneira, é posible ler o volume de Cunqueiro como un encontro
entre certos apartados da rediviva tradición medieval, solucións neopopularistas e un
arsenal de imaxes que proceden da vangarda, singularmente do creacionismo e mais do
ultraísmo.
Do mesmo xeito, Cunqueiro é autor doutros dous volumes —Mar ao norde (1932) e
Poemas do si e non (1933)— nos que rexistramos presenzas surrealistas, aínda que estas
se manifesten no autor galego desde unha perspectiva moito máis inxenua e sentimental.
Top Related