Tarefas e actividades extracurriculares para o período de ... e... · seguintes actividades para...

9
Tarefas e actividades extracurriculares para o período de confinamento. ELVIRA FERNÁNDEZ PENA 6º curso | Educación Primaria | 16/03/20

Transcript of Tarefas e actividades extracurriculares para o período de ... e... · seguintes actividades para...

Page 1: Tarefas e actividades extracurriculares para o período de ... e... · seguintes actividades para facer en familia. Cada quen no seu rol. Os nenos e as nenas traballando cun horario

Tarefas e actividades extracurriculares para o período

de confinamento. ELVIRA FERNÁNDEZ PENA

6º curso | Educación Primaria | 16/03/20

Page 2: Tarefas e actividades extracurriculares para o período de ... e... · seguintes actividades para facer en familia. Cada quen no seu rol. Os nenos e as nenas traballando cun horario

PÁGINA 1

ESTAR ACTIVOS NESTRES DÍAS.

Como expresan as Instrucións do 13/03/2020 en relación co COVID-19

establecidas pola Xunta de Galicia, e tendo en conta que estamos en período lectivo

a pesar das circunstancias, paréceme de recibo que as familias adiquen un tempo de

actividade educativa que ademais favorecerá que se manteñan rutinas e que todos

estemos activos.

Non se trata de atiborrar de actividades nestes tempos tan incertos, pero sí de tomar

responsabilidade e facer que este tempo de confinamento non sexa unha escusa para

deixar de crecer educativamente.

Preocúpame especialmente o tempo que pasedes ante as pantallas, porque resulta un

recurso fácil, e entendendo que a convivencia nestes días é complexa propoño as

seguintes actividades para facer en familia. Cada quen no seu rol. Os nenos e as nenas

traballando cun horario o máis estable posible (preferiblemente de mañá, para deixar a

tarde para o ocio) e as familias, supervisando, apoiando e favorecendo que estén

activos na medida do posible.

Deixo o meu enderezo electrónico do traballo por se tedes algunha dúbida ou se

queredes falar comigo, tanto alumnado (con supervisión, sempre) coma familias. Estou

a vosa enteira disposición. Verei o correo unha vez ó día, ás 9:00 horas da mañá e

contestarei na prontitude que me permitan estas circunstancias. Unha vez rematada

esta etapa, non atenderei por esta vía, senón polas mesmas que empregamos sempre.

As familias coas que tiña titorías na data de mañá, día 17 de marzo, poden poñerse en

contacto comigo polo enderezo electrónico para ver como podemos telas ou ben falar

do máis imprescindible.

[email protected]

Grazas pola vosa colaboración. Espero que estedes todos ben e vos envío moita forza e

ánimos para estas datas.

Propóñovos varios proxectos para levar a cabo nestes días que non terán carácter

avaliable, pero sí serán beneficiosos para o desenvolvemento das diferentes

competencias.

PROXECTO DE COMPETENCIA LINGÜÍSTICA.

Para traballar as áreas lingüísticas, propóñovos sumarvos ó reto literario do docente

José Martín Aguado #UnoPorDoce, que pretende facernos ler un libro cada mes do

ano. Aínda que estamos en marzo, podemos comezar neste punto, e cando todo esto

pase, decidiremos se queremos seguir con este reto.

Page 3: Tarefas e actividades extracurriculares para o período de ... e... · seguintes actividades para facer en familia. Cada quen no seu rol. Os nenos e as nenas traballando cun horario

PÁGINA 2

Coma vedes, para marzo, proponse ler un libro recomendado por un amigo, pero pode

ser calquera que te recomende alguén da túa familia e que teñas na biblioteca da casa.

Despois de ler o libro terás que facer un traballo cos mesmos requisitos que os que

solicitamos para o traballo do libro de Xulio Verne, solo que pola túa conta.

Page 4: Tarefas e actividades extracurriculares para o período de ... e... · seguintes actividades para facer en familia. Cada quen no seu rol. Os nenos e as nenas traballando cun horario

PÁGINA 3

Lembra: Traballo escrito co formato que queiras onde contemples os seguintes

aspectos:

Resumo do libro.

Persoaxes principais.

Opinión persoal.

A lingua a realizar este traballo é opcional, pero recomendo facelo en galego pois é o

idioma que máis necesitades traballar, salvo algún caso concreto galegofalante.

Deixo tamén este reto por se as familias (nais, pais, avós, avoas, etc.) queren sumarse.

O exemplo é motivante.

Page 5: Tarefas e actividades extracurriculares para o período de ... e... · seguintes actividades para facer en familia. Cada quen no seu rol. Os nenos e as nenas traballando cun horario

PÁGINA 4

E estoutro por se hai pequenos na casa. Ler cos irmáns me parece un modo ideal para

traballar as linguas nestes días.

E xa está. Ler e escribir. Pero, ollo! Este proxecto feito a todo correr non ten sentido.

Faino a conciencia e emprega o tempo necesario para traballar na obra escollida, así

sairás gañando.

Page 6: Tarefas e actividades extracurriculares para o período de ... e... · seguintes actividades para facer en familia. Cada quen no seu rol. Os nenos e as nenas traballando cun horario

PÁGINA 5

Aínda que non estou moi a favor do uso da tecnoloxía estes días, se queredes repasar

materia dun xeito activo, recomendo as seguintes páxinas web:

https://www.aulafacil.com/ Para traballar a lingua castelá. Busca na marxe

esquerda onde diga “Primaria” e pincha. Logo, na parte central onde pon

“Lenguaje Primaria” e a continuación no teu curso. Poderás traballar aqueles

aspectos que necesites.

https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/primaria/primaria.ht

ml Para traballar a lingua galega. Recursos lúdicos para a competencia

lingüística.

Recomendo moitísimo o canal de Youtube do youtuber Alberto Bustos, para

pasar o rato e aprender moito de ortografía e redación de textos. Aquí:

https://www.youtube.com/channel/UCbOeiqwzIjq8Z3spBDOQ6jw

PROXECTO DE COMPETENCIA CULTURAL E ARTÍSTICA.

Para eses tempos de ocio nos que non saibas que facer, propóñote que continúes co

proxecto artístico plástico do plaxio de obras de arte que temos na aula. Déixote dúas

propostas de Paul Klee para que realices coa técnica que queiras. Procura esmerarte,

non facer por facer, déixate levar pola creatividade e reinventa. Non tes que empregar

as mesmas cores, nin facelo igual.

Paul Klee.

Pintor suizo de familia con tradición musical. Traballou

dende correntes coma o surrealismo, o expresionismo e a

abstración.

Tocou o violín na súa infancia.

Veuse influenciado pola obra de Kandinsky.

As características da súa obra son o emprego de moitas

cores e tonalidades e o uso de figuras planas básicas coma

o cadrado, rectángulo, triángulo, etc.

Traballaremos con estas obras:

Page 7: Tarefas e actividades extracurriculares para o período de ... e... · seguintes actividades para facer en familia. Cada quen no seu rol. Os nenos e as nenas traballando cun horario

PÁGINA 6

Page 8: Tarefas e actividades extracurriculares para o período de ... e... · seguintes actividades para facer en familia. Cada quen no seu rol. Os nenos e as nenas traballando cun horario

PÁGINA 7

Page 9: Tarefas e actividades extracurriculares para o período de ... e... · seguintes actividades para facer en familia. Cada quen no seu rol. Os nenos e as nenas traballando cun horario

PÁGINA 8

No ámbito da música recoméndoche este canal de Youtube:

https://www.youtube.com/user/pmoralesdelosrios/videos

Aquí poderás ver varias lecións de historia da música ilustrada. Anímote a intentes

facer un na túa casa. Podes buscar información sobre algún compositor de música

clasica ou referente do mundo da música folk, rock, etc. Logo, trasladar esta

información a debuxos ou caricaturas e por último facer un vídeo. As creacións máis

interesantes poderemos colgalas no Youtube do colexio.

Por último, algúns enlaces para que o tempo de ocio sexa tamén aproveitado

para desenvolver a competencia cultural e artística. Todo opcional.

Paseo virtual polo Museo do Prado:

https://www.museodelprado.es/recorrido/visita-virtual/742f132f-8592-4f96-

8e5a-9dad8647bc4c

Páxina do Ministerio de Cultura e Deporte na que ofrecen teatro de xeito

gratuito para descarga persoal sen ánimo de lucro:

http://teatroteca.teatro.es/opac/#resultados

Actividade cultural online en familia: https://www.lacasaencendida.es/

PROXECTO DE COMPETENCIA SOCIAL E CIDADÁ:

Para o alumnado de Valores, pero válido tamén para o alumnado con ensinanzas

relixiosas:

14 curtametraxes sobre valores que empregamos nas aulas para entender a

convivencia: https://www.atencionselectiva.com/2015/12/14-cortos-para-

trabajar-la-convivencia.html

Pode facerse o visionado e debatir en familia.

Ánimo, familias. Sabemos o duros que son estes días, e dende o colexio vos apoiamos e

estamos aquí para o que necesitedes. Estamos en contacto.