Sindicato Nacional de CCOO de Galicia - Galicia Sindical 1/2018 · 2020-04-14 · 3 O10 de Marzo,...

12
www.ccoo.gal 8 DE MARZO FOLGA 8 DE MARZO FOLGA 10 DE MARZO DÍA DA CLASE OBREIRA GALEGA 10 DE MARZO DÍA DA CLASE OBREIRA GALEGA MAMEN SABIO SANZ Secretaria da Muller de CCOO de Galicia Hai que esten- der a igualdade. É necesario que tome o poder, a palabra, a educación, o traballo. Temos un compromiso. Pensemos no futuro: cons- truamos a igualdade! 01/18 Órgano de comunicación do S. N. de CCOO

Transcript of Sindicato Nacional de CCOO de Galicia - Galicia Sindical 1/2018 · 2020-04-14 · 3 O10 de Marzo,...

Page 1: Sindicato Nacional de CCOO de Galicia - Galicia Sindical 1/2018 · 2020-04-14 · 3 O10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, é unha data de reivindicación, de lembranza e recoñece-mento

www.ccoo.gal

8 DE MARZO

FOLGA8 DE MARZO

FOLGA

10 DE MARZO

DÍA DA CLASE

OBREIRA

GALEGA10 DE MARZO

DÍA DA CLASE

OBREIRA

GALEGA

MAMENSABIO SANZ

Secretaria da Mullerde CCOO de Galicia

Hai que esten-der a igualdade. É

necesario que tome opoder, a palabra, a

educación, o traballo.Temos un compromiso.

Pensemos no futuro: cons-truamos a igualdade!

01

/18

Órgano de comunicación do S. N. de CCOO

Page 2: Sindicato Nacional de CCOO de Galicia - Galicia Sindical 1/2018 · 2020-04-14 · 3 O10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, é unha data de reivindicación, de lembranza e recoñece-mento

AURELIO LEDO ESTÉVEZNaceu en 1945 no barrio ferrolán de Caranza. Aos 14anos ingresou na Escola de Aprendices de Bazán. Desdeo primeiro día, decatouse de que, para cambiar as cousas,era necesario loitar. En 1972 comeza a participar activa-mente en CCOO e o PC. En 1975 é elixido por vez primeiradelegado sindical. Participou o ano seguinte na Asembleade Barcelona de CCOO. O seu labor sindical levouno a serresponsable local e provincial do sector do metal. Tamén foimembro da Executiva Nacional de CCOO de Galicia.

OLGA ZURRÓN OCIONada en 1949 en Redondela, participou desde moza nasreivindicacións sindicais. En 1972, con pouco máis de vinteanos, participou nunhas eleccións do sindicato vertical parao ámbito do ensino, dentro das listaxes consensuadas porforzas como CCOO. Mantivo dende entón unha longa tarefadentro das Comisións Obreiras, sindicato ao que nunca dei-xou de pertencer. A súa militancia impediulle levar unha vida«normal», pero nunca se arrepentiu das decisións tomadas.

EMILIO PÉREZ TOURIÑONado na Coruña en 1948. En 1967 desprazouse a Santiagopara estudar Económicas. Daquel curso convulso e de fortecontestación universitaria son as súas primeiras experienciasmilitantes. En 1972 rematou os estudos e axiña gañaría prazana Universidade. Sindicalmente contribuíu á creación da Fe-deración do Ensino de CCOO. Desde as listas do PCG axudouá elaboración do Estatuto de Autonomía. Tras varias respon-sabilidades en gobernos do PSOE, ao que logo se afiliaría,en 1998 foi elixido secretario xeral do PSdeG, co que chega-ría en 2005 á Presidencia da Xunta.

Actos de CCOOno 10 de MarzoActos de CCOOno 10 de Marzo

n 11.00 horas: ofrenda floral no monumentoao Dez de Marzon 11.30 horas: manifestación desde omonumento ata o Cantónn 13.00 horas: entrega dos Premios 10 deMarzo no Auditorio Torrente Ballester. Conestes galardóns, o sindicato e a súa fundaciónrecoñecen traxectorias en defensa dosdereitos laborais da loita polas liberdades

www.ccoo.gal

2

Aurelio Ledo Estévez

Emilio Pérez Touriño

Olga Zurrón Ocio

Page 3: Sindicato Nacional de CCOO de Galicia - Galicia Sindical 1/2018 · 2020-04-14 · 3 O10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, é unha data de reivindicación, de lembranza e recoñece-mento

3

O10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, é unhadata de reivindicación, de lembranza e recoñece-mento á loita a prol dos dereitos das traballadoras e

traballadores. Neste ano 2018, as Comisións Obreiras deGalicia chamamos a sociedade galega a emprendermos anecesaria ofensiva contra a precariedade laboral. Os indi-cadores económicos amosan unha realidade de crece-mento, pero esta non vén acompañada de progreso paraa clase traballadora.A economía medra e con ela os beneficios empresariais,pero sobre a calidade de vida dos traballadores e traballa-doras mantéñense implacables os elementos de desvalo-rización ao amparo da reforma laboral. Trátase dunharecuperación artellada sobre desigualdade, feita á custa daclase obreira e das súas condicións de traballo, dos nososmaiores e a depreciación das súas pensións, da nosa mo-cidade encadeada á precariedade permanente.Créanse empregos de tan baixa calidade que non podenconsiderarse traballo porque non cumpren coa súa finali-dade: 138000 persoas traballan a tempo parcial e 224600con contratos temporais. A xornada parcial segue sendomaiormente involuntaria e feminina, e utilízana as empresascomo imposición da flexibilidade. Os contratos temporaisiniciais de duración determinada limítanse a unha semana.O 31% das persoas asalariadas declaran uns ingresos porrendementos de traballo que non superan o salario mínimointerprofesional; o 55% das horas extraordinarias que se fannon se pagan. Hai máis de 180000 galegos e galegas noparo, e a metade carece de calquera cobertura. En 66100 fo-gares, todos os membros en idade de traballar están endesemprego.Un mercado laboral que precisa formalizar 1020962 con-tratos en Galicia no ano 2017 para conseguir 6200 persoasocupadas máis di moito da calidade do modelo produtivo enque asenta a recuperación e tamén é moi esclarecedor doperfil empresarial que incentivan as actuais políticas.A calculada inacción social e laboral do Goberno, no Estadoe en Galicia, afonda na precariedade e está na raíz do graveproblema demográfico dunha Galicia sen perspectivas.A ofensiva da sociedade galega contra a precariedade, ainxustiza, o desemprego, a pobreza, a desigualdade e a ex-

clusión social ten unha forte ancoraxe na memoria do 10de Marzo. As Comisións Obreiras encaráronse á ditaduraen defensa das liberdades e dos dereitos laborais e sociais,mesmo á custa de vidas como as de Amador e Daniel. Estaloita foi o xermolo de décadas posteriores de democracia,crecemento económico e progreso social.Hoxe, nós, se recuperamos a conciencia colectiva damaioría social, poderemos mudar as políticas e dar caboda crise, tamén para a clase traballadora. Mobilizarémonospara acadar unha sociedade de homes e mulleres en igual-dade, outro modelo de crecemento; para xerar e consolidaremprego de calidade e con dereitos; para potenciar a ne-gociación colectiva e mellorar os salarios; para derrogar areforma laboral e implantar unha reforma fiscal progresivacoa que recuperar o investimento produtivo e aumentar osniveis de protección social; para defender dos especula-dores o sistema público de pensións. Loitaremos contraas agresións que as dereitas inflixen á nosa sanidade e en-sino público, para que as novas xeracións protagonicen,redacten e asinen o novo contrato social do noso país.

Á ofensivacontra aprecariedade

Á ofensivacontra aprecariedade

www.ccoo.gal

DÍA DA CLASE OBREIRA GALEGAFERROL 2018

11:00 Ofrenda floral diante do monumento ao Dez de Marzo

11:30 Manifestación con saída do monumento e remate no Cantón

a ofensivacontraa precariedade

a ofensivacontraa precariedade

a preca prec

contrcontr

a p

a oa ofontrntra

a

a a a c

a r

cococontrontr

a c

cari carie

aa

ofensiva ofensiva tratratratraaaraaa

n n tr

ntra

e n a

a

FE

c c

F ÍA SA AA S

F ASAASEELLCCDAADÍA

8

cariedade

cariedade

RROL 201EGLGABREIRA OE

e

AG

on n

f

n

a

c

c

a

nacióót

al diante do monumento ao Dez de Marzo

sefniaM11:30

Ofrenda floral diante do monumento ao Dez de Marzo11:00

F FE

mate no Cantóe re saída do monumento

nte do monumento ao Dez de Marzo

8RROL 201

n antó

Page 4: Sindicato Nacional de CCOO de Galicia - Galicia Sindical 1/2018 · 2020-04-14 · 3 O10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, é unha data de reivindicación, de lembranza e recoñece-mento

A Historia sempre foi inxusta e esquecediza coas mulle-res que, ao longo de máis de dous mil anos, foron cons-cientes da súa valía, do seu dereito a condiciónsigualitarias cos homes, e que protagonizaron progresossubstanciais para todas.A historia reivindicativa das mulleres é a historia do femi-nismo ou, mellor dito, dos feminismos que na idade mo-derna fomos quen de organizarnos, de loitar xuntos e deacadar determinadas cotas de igualdade.En Galicia e en España, a loita feminista, avanzou nas últi-mas décadas da man da loita polas liberdades, nunha dita-dura cuxo ideal de muller aparecía sintetizado nos manuaiscos que a Sección Feminina tentaba adoutrinar boas patrio-tas, boas cristiás e boas esposas. Réxime e Igrexa en boaalianza condenaban, perseguían e asfixiaban as reivindica-cións das mulleres.A finais dos anos 60 e principios dos 70, toda a eferves-cencia política e liberadora que se estendía entre as xeraciónsmáis novas incluía as demandas das mulleres: o dereito aodivorcio e ao aborto, a liberdade sexual, a reivindicación deacceso ao emprego asalariado e de participación na vida pú-blica. Os cambios que se albiscaban coa desaparición da di-tadura terían que abranguer as reivindicacións das mulleres.Un elemento sustentador de todas estas demandas, eque coido substancial para todas as políticas posteriores,é a concepción de que «o persoal é político». Este enun-ciado derruba a barreira entre o eido privado –tradicio-

nalmente feminino– e o público –masculino e masculini-zado– e, analizando as relacións de poder que estruturana familia e a sexualidade, entende que o espazo privadoe todo o que nel sucede é un hándicap para a participa-ción pública das mulleres. A revolución que supón o ac-ceso a métodos anticonceptivos non só lles abre asportas ás mulleres a gozaren da sexualidade, senóntamén a planificaren a súa maternidade, a combinala cotraballo asalariado, co desenvolvemento profesional, apolítica, o sindicato.A loita polo dereito ao divorcio e ao aborto sitúanse namesma liña de emancipación do privado para alcanzar aigualdade de condicións cos homes, que nunca estiveronconstrinxidos a unha vida privada que lles impedise tra-ballar nin, sobre todo, escoller.O dereito a decidir esixido nas revolucionarias décadasdos 60 e 70 chega aos nosos días. A demanda feministamantense e o slogan segue tan vixente coma daquela. Aviolencia de xénero considerouse sempre un asunto «pri-vado»; e a atención á dependencia, os coidados dos ou-tros, a maternidade ou a conciliación, problemas dasmulleres traballadoras que hoxe están sen resolver.Temos tarefa.

A loita feminista, en España e enGalicia, avanzou nas últimas déca-das da man da loita polas liberda-des, nunha ditadura cuxo ideal demuller aparecía sintetizado nosmanuais da Sección Feminina

www.ccoo.gal

4

Mabel Pérez SimalSecretaria nacional de Organizaciónde CCOO de Galicia

Manifestación do movemento feminista na Coruña, no ano 1979,para esixir un divorcio libre. Xa daquela había presenza de CCOO nas

reivindicacións feministas | Foto: Xosé Abad

LoitafeministaLoitafeminista

Militantes de CCOO de Galicia na manifestación feministade Madrid en novembro do 2015 | Foto: CCOO

Page 5: Sindicato Nacional de CCOO de Galicia - Galicia Sindical 1/2018 · 2020-04-14 · 3 O10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, é unha data de reivindicación, de lembranza e recoñece-mento

5

As confederacións sindicais de Comisións Obreiras e aUnión Xeral de Traballadores, ante a conmemoración do 8Marzo, Día Internacional das Mulleres, reforzamos o nosocompromiso para combater todas as formas de violenciae de discriminación contra as mulleres.CCOO e UGT denunciamos a pasividade do Goberno enpolíticas de igualdade. Apoiamos activamente a mobiliza-ción feminista con paros parciais contra as desigualdadesestruturais, as brechas de xénero e as violencias machis-tas, como forma de visibilizar a precariedade laboral e so-cial. Esixímoslles ao Goberno e ás empresas medidas reaise eficaces que combatan a discriminación.En 2017:— 49 mulleres e 8 nenos e nenas foron asasinadas porviolencia de xénero. De xaneiro a setembro de 2017 pre-sentáronse en Galicia 4943 denuncias.— Hai 107000 mulleres desempregadas en Galicia, o que supón unha progresiva feminización do desemprego.— Hai 48900 mulleres menos ca homes incorporadas áactividade e 49800 mulleres menos ocupadas ca homes.— As mulleres deixaron de percibir, por un traballo igual, máis de 5000 euros ao ano.O mercado laboral feminino está caracterizado por unhamasiva feminización dos contratos a tempo parcial; o77,3% deles son desempeñados por mulleres (máis de 3de cada 4).As mulleres asumen maioritariamente os permisos e ex-cedencias por coidado (9 de cada 10), o que limita o seudesenvolvemento profesional e mingua os seus dereitos eprestacións sociais.

CCOO E UGT ESIXÍMOSLLES AO GOBERNO E ÁS FOR-MACIÓNS POLÍTICAS COMPROMISO POLA IGUALDADEE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO:— Avanzar na eliminación das violencias machistas, ga-rantindo o estrito cumprimento do compromiso econó-mico, seguimento e avaliación das medidas acordadas noPacto de Estado en materia de Violencia de Xénero.— Impulsar o diálogo social e a negociación colectiva, in-crementar as políticas activas de emprego, esixir plans deigualdade en todas as empresas obrigadas por lei e esta-blecer medidas de acción positiva, imprescindibles para

combater as brechas de xénero no emprego, avanzar enconciliación e corresponsabilidade e eliminar as desigual-dades na protección social.— Incrementar os recursos técnicos e humanos da Ins-pección de Traballo, e mellorar os criterios de vixilancia econtrol do cumprimento da igualdade efectiva entre mu-lleres e homes no ámbito laboral.— Activar políticas e medidas efectivas de corresponsa-bilidade, para que os coidados se repartan equitativamenteentre mulleres, homes, a sociedade e o Estado, como aaprobación da quinta semana do permiso de paternidade,postergada polo Goberno, ou a retribución das exceden-cias por coidado familiar, en liña coas propostas aproba-das pola Comisión Europea en 2017.— Fortalecer os servizos públicos, especialmente en edu-cación, sanidade e servizos sociais, impulsando un modeloeducativo igualitario que combata os estereotipos sexistas,así como garantir as infraestruturas públicas necesariaspara a atención a maiores, persoas dependentes e meno-res, especialmente de 0 a 3 anos.— Promover unha lei para a igualdade salarial, e avanzarna representación paritaria nos distintos órganos de re-presentación e decisión do conxunto das estruturas sociaise económicas da sociedade española.— A ratificación do Convenio 189 da Organización Inter-nacional do Traballo (OIT) sobre o traballo digno das tra-balladoras do fogar, así como a promoción activa, desdea representación de España na OIT, da aprobación dunConvenio Internacional contra a violencia de xénero nolugar de traballo.

CCOO e UGT, no 8 de Marzo, reiteramos a denuncia polainacción institucional e gobernamental de Europa ante odrama das persoas que fuxiron dos seus países en conflito,buscan refuxio ou solicitan asilo, e o especial impacto quesofren as mulleres e as nenas, en moitos casos vítimas deabusos e violacións.CCOO e UGT chamamos a traballadoras e traballadoresa secundaren a convocatoria de paros laborais de dúashoras por quenda e a participar nos distintos actos, mani-festacións e mobilizacións que se celebren con motivo do8 DE MARZO, para reiterar o noso compromiso activo coaeliminación da discriminación laboral, económica e socialdas mulleres.

www.ccoo.gal

Vivas, libres,unidas polaigualdade

Vivas, libres,unidas polaigualdade

Page 6: Sindicato Nacional de CCOO de Galicia - Galicia Sindical 1/2018 · 2020-04-14 · 3 O10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, é unha data de reivindicación, de lembranza e recoñece-mento
Page 7: Sindicato Nacional de CCOO de Galicia - Galicia Sindical 1/2018 · 2020-04-14 · 3 O10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, é unha data de reivindicación, de lembranza e recoñece-mento

7

AMELIA PÉREZ ÁLVAREZSecretaria xeral da UniónComarcal de CCOO de VigoAs mulleres somos a espiña

dorsal do mundo.

www.ccoo.gal

CARMEN SANTOS QUEIRUGASecretaria xeralde Podemos-GaliciaDenunciamos a explotación la-

boral das mulleres e a nosa condi-ción de coidadoras e traballadorasdomésticas, precarias e pobres.Demasiadas mulleres cun traballoinvisible, sen remuneración ou pre-cario, están condenadas a non terdereito a nada. Loitemos todascontra a indiferenza e o cinismodos gobernos covardes que nonqueren lexislar para solucionalo.

CORINA PORRO MARTÍNEZPresidenta do ConselloEconómico e Social de GaliciaSuperamos atrancos, abrimos

barreiras, rompemos moitos pre-xuízos para chegarmos ata aquí.Aínda queda camiño por diante.En igualdade, podemos facelo!

EVA SOLLA FERNÁNDEZCoordinadora nacionalde Esquerda UnidaA cuestión de clase é inseparable

da cuestión de xénero. As feminis-tas non debemos perder de vistaque son as mulleres traballadorasas que sofren a dobre e tripla dis-criminación. As máis precarizadase expulsadas polo sistema. Por iso,o 8 de marzo, Día da Muller Traba-lladora, debe ser máis ca nunca areivindicación do valor do nosotraballo e pelexa contra a fendasalarial; unha xornada de loitapolos nosos dereitos.

ÁUREA VÁZQUEZ ESTRAVIZSecretaria xeral da UniónComarcal de CCOO de FerrolA loita contra a discriminación

e as desigualdades de xénero éun compromiso das mulleres eos homes das CCOO.

CARMELA SILVA REGOPresidenta da DeputaciónProvincial de PontevedraUnha sociedade sen mulleres

nos postos de dirección e go-berno é unha sociedade con pro-fundas eivas democráticas.

LUCÍA TRENOR LÓPEZSecretaria xeral da Federaciónde Servizos de CCOOAs mulleres somos visibles.

Non nos ocultes!

ANA BELÉN PONTÓN MONDELOPortavoz nacional do BloqueNacionalista GalegoAs mulleres estamos fartas de

estar fartas. Fartas de violencia ma-chista, fartas de asasinatos, fartasde cobrarmos menos por facer-mos o mesmo traballo. Fartas deque nos digan que «é mellor nonmeterse niso». Hai que sacar aspolíticas de igualdade do conxela-dor, mudar desde o cotián as dis-criminacións. Sen igualdade nonhai democracia.

LUZ LÓPEZ PÉREZSecretaria xeral da Federacióndo Ensino de CCOOA educación inclusiva, equita-

tiva e de calidade debe ser un dosmotores que promova a igual-dade efectiva de xénero, sen es-quecer que para acadar esteobxectivo debe estar implicadatoda a sociedade pois a loita polaigualdade é un traballo de todas ede todos.

VERÓNICA MARTÍNEZ BARBEROPresidenta do Consello Galegode Relacións LaboraisA igualdade efectiva entre mulle-

res e homes só pode seguir un ca-miño para acadala. A equidistancianeste tema equivale á aceptacióndunha situación anómala e inxusta:as mulleres, no traballo e na vida,estamos chamadas a loitar parasermos tratadas, nin máis ninmenos, como persoas.

Tomana palabraTomana palabra

Page 8: Sindicato Nacional de CCOO de Galicia - Galicia Sindical 1/2018 · 2020-04-14 · 3 O10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, é unha data de reivindicación, de lembranza e recoñece-mento

– Como logra Atlantis manterse no mercado sendo fielá súa filosofía fundacional?Atlantis vive o seu proceso de evolución mantendo asúa oferta de produtos diferenciais e integrándose noGrupo ACM, principal banco mutualista en Francia, contrinta millóns de clientes. Economía social da man da sol-vencia. A economía social pasa por un bo momento e al-bíscase como unha alternativa necesaria. Os Estadosmembros da UE situárona como unha prioridade nun in-forme emitido recentemente, no que se recollen corentaimportantes medidas para impulsar este modelo de em-presa en Europa.– Cal é a oferta específica para os representantes sin-dicais e persoas afiliadas a CCOO? Moitos aínda des-coñecen a protección de que gozan en Atlantis.Grazas ao acordo entre Atlantis e CCOO, ademais detoda a oferta de produtos para particulares —automóbil,fogar, vida, pensións—, as persoas afiliadas con máisdun ano de antigüidade contan cunha póliza de acciden-tes colectiva que as protexe en caso de falecemento poraccidente. Tamén as delegadas e delegados sindicais

poden subscribirse a unha póliza de accidentes gratuítae que lles dá cobertura en caso de accidente durante odesempeño da súa actividade. É moi conveniente infor-marse a través dos nosos asesores e asesoras.– Atlantis é a aseguradora de CCOO desde 1995. Enque se alicerza o acordo? Compartimos uns mesmos valores éticos e un com-promiso coas persoas. Atlantis naceu con esta vocaciónen 1990, como a aposta aseguradora da economía social.Para o sindicato supón dispor dunha oferta adaptada ásúa afiliación, delegados e delegadas e estrutura. Nonsomos unha aseguradora máis: somos o servizo asegu-rador de CCOO.– Que significa para Atlantis pertencer a GACM Es-paña?A vantaxe de pertencer a un gran grupo é contar cunhaestrutura máis sólida e cunha proxección de desenvolve-mento importante en España. Isto marcará o camiño queha seguir Atlantis, sen esquecer que contamos co valore a experiencia do equipo que levou esta empresa a serunha referencia no mercado asegurador de calidade eproximidade coas persoas.

O consumo responsableen seguros é o motor da

marca Atlantis

n Entrevista a Marcos Moreno, director da rede sindical GACM (Atlantis)

www.ccoo.gal

8

n En 1995, Atlantis Seguros, aseguradorada economía social, converteuse tamén naaseguradora de CCOO. Este acordo selouun compromiso entre dúas organizaciónsque comparten uns mesmos valores e ofirme compromiso de ofrecer unha asegu-ranza de calidade ao colectivo sindical.Agora, o compromiso de Atlantis co sindi-cato CCOO continúa e avanza. Atlantis, in-tegrada como marca no Grupo ACM España(Assurances du Crédit Mutuel), está a expe-rimentar un proceso de transformación emellora que lle permita chegar con maioreficacia aos afiliados e afiliadas de base.

Marcos Moreno, director da rede sindical GACM (Atlantis)

Page 9: Sindicato Nacional de CCOO de Galicia - Galicia Sindical 1/2018 · 2020-04-14 · 3 O10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, é unha data de reivindicación, de lembranza e recoñece-mento

9

www.ccoo.gal

– Que retos tes por diante como novo responsable darede sindical que forman as oficinas de Atlantis?Sen dúbida, Atlantis, en liña co resto do sector asegu-rador, enfróntase ao reto da adaptación tecnolóxica. Aspersoas demandan máis o tratamento a distancia dassúas necesidades e usan aplicacións cos teléfonos mó-biles no seu día a día. Debemos potenciar ferramentasque nos fagan máis eficientes, máis áxiles. Debemosachegar o servizo ás persoas afiliadas.– Afirmas que Atlantis é unha marca aseguradora di-ferente. Que a diferencia respecto da competencia? A diferenza plásmase nunha xestión ética, unida á cali-dade dos nosos produtos. Cando un asegurado ou ase-gurada queda no paro, asumimos o importe da prima doseu seguro e tamén dispomos dun fondo de solidarie-dade. Canto aos seguros, o noso seguro de fogar dá co-bertura para instalacións de enerxías renovables sensobreprima, e o de automóbil ofrece descontos aos ve-hículos híbridos, por exemplo. Son algúns exemplos danosa filosofía, que impregna todo o que facemos.– O selo EthSI é una distinción que poucas marcas ase-guradora posúen, e entre elas está Atlantis. En queconsiste?É un orgullo que Atlantis conte desde 2010 con esteselo. EthSI certifica unha xestión ética e solidaria da en-tidade e dos produtos; somos persoas que traballamospara conseguir unha sociedade máis amable e solidaria,tamén no ámbito asegurador.– Dis que a calidade é indispensable nun seguro. Quelle dirías a quen procura «o máis barato» para as súaspólizas? O momento máis delicado en seguros é o do sinistro;aí é cando comprobamos as diferenzas que existen. EnAtlantis ofrecemos seguros cun alto nivel de calidade e

sempre ao prezo máis axustado posible. Por suposto,non perdemos a perspectiva da economía familiar, e dis-pomos de campañas que favorecen a contratación dosnosos produtos a prezos competitivos.– A onde podo dirixirme se quero que a rede de profe-sionais de Atlantis me asesore en materia de seguros? Dispomos dunha rede de oficinas e persoas traballandopor achegar Atlantis á afiliación de CCOO.Os teléfonos de contacto pódense consultar na páxinaweb www.atlantis-seguros.es.

Contactos para as persoasafiliadas a CCOO en Galicia:

Atlantis FERROL: Tf. 981 35 09 74 [email protected]

Atlantis A CORUÑA: Tf. 981 26 04 [email protected]

Atlantis SANTIAGO: Tf. 981 56 17 [email protected]

Atlantis VIGO: Tf. 986 44 12 [email protected]

Parte do equipo comercial do Grupo ACM España

Page 10: Sindicato Nacional de CCOO de Galicia - Galicia Sindical 1/2018 · 2020-04-14 · 3 O10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, é unha data de reivindicación, de lembranza e recoñece-mento

www.ccoo.gal

10

— Cales son as principais demandas que as traballa-doras galegas formalizan a través do sindicato?As asesorías xurídicas de CCOO son un servizo útil paraas mulleres traballadoras. Desde este departamento en-cargámonos de presentar demandas nos diferentes pro-cedementos xudiciais, tanto no SMAC como nos xul-gados. As materias máis comúns están relacionadas coamaternidade: reducións de xornada, licenzas retribuídas,permisos por lactación...— Polo tanto, unha parte relevante das actuaciónsestán directamente relacionados coa conciliación.Así é. En demasiados casos, as empresas estanlles ne-gando ás mulleres os dereitos recollidos nas leis. Obvia-mente, isto é ilegal, por iso animamos a todas as posiblesafectadas a que acudan ás asesorías xurídicas de CCOOe fagan valer os seus dereitos. A lei ampáraas.— O sindicato acaba de lograr unha importante sen-tenza no sector da axuda domiciliaria. Como beneficiaas traballadoras do ámbito?O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia deunos arazón nun litixio contra unha das grandes empresas dosector, Clece. O alto tribunal prohibe formalizar contratosde menos de 25 horas de luns a sábados, ou de 24 nocaso de contratacións de fins de semana ou festivos. Éun éxito sindical e xurídico que pon límites a un dos prin-cipais problemas das mulleres asalariadas: o traballo atempo parcial non desexado.— Detecta o sindicato moita precariedade nos sectoresmáis feminizados?Demasiada, e iso é intolerable. O traballo que se está arealizar nas nosas asesorías está servindo para combatera precariedade en ámbitos como o comercio, a limpezaou a axuda a domicilio. Trátase de sectores de actividade

feminizados nos que a reforma laboral tivo efectos máisdramáticos, xa que tornou aínda máis precarias as con-dicións de traballo. A reforma laboral tamén tivo outroefecto pernicioso: debilitou a negociación colectiva, ins-trumento fundamental para regular e limitar as preten-sións das patronais.— Cada vez que se achega o 8 de marzo, emerxe denovo o termo «fenda salarial». Tramita CCOO moitasdemandas de mulleres que cobran menos ca os seuscompañeiros polo mesmo traballo?Nos últimos anos aumentaron as demandas por discri-minación salarial. A discriminación salarial implica taménprestacións por desemprego inferiores e menor cotiza-ción para as nosas pensións. As vidas laborais femininasmarcadas pola precariedade, polas xornadas parciais epor menores salarios implican unha pobreza salarialagora e tamén no futuro, por iso é tan importante denun-ciar sindical e xudicialmente canto antes.

As asesorías xurídicas deCCOO son un servizo útil

para as traballadorasn A secretaria de Servizos de CCOO deGalicia e responsable dos servizos xurídicosdo sindicato explica o labor destedepartamento en defensa dos dereitos dastraballadoras do noso país.

Concentración de CCOO contra os abusos laborais en Clece

n Entrevista a Carmen Peteiro, secretaria nacional de Servizos de CCOO

O traballo das nosas asesoríasestá servindo para combater aprecariedade en moitos sectores

Page 11: Sindicato Nacional de CCOO de Galicia - Galicia Sindical 1/2018 · 2020-04-14 · 3 O10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, é unha data de reivindicación, de lembranza e recoñece-mento

11

www.ccoo.gal

O obxecto deste artigo é dar a coñecer e achegar os ser-vizos que CCOO presta á afiliación. Como afiliado ou afi-liada, debes saber que a túa cota sindical che ofrece moitasvantaxes, ademais de ser o principal medio de soster osindicato.

A cota dedúcese na declaración da rendaLembra que a cota de afiliación a CCOO é un gasto quepodes deducir cando realices a declaración anual da renda,tal como marca a lei do IRPF. Isto pode supor, segundo oscasos, un aforro na cota de entre o 20 e o 35%.En cumprimento da Lei de protección de datos, o im-porte da cota non aparece por defecto no borrador que cheremite a Axencia Tributaria, senón que debes indicala noespazo reservado a «cotas satisfeitas a sindicatos» (casa012 do impreso oficial do IRPF). Os xustificantes son osmesmos recibos bancarios ou de nómina que xa tes.

Coa cota tes maior seguranza Por outra parte, se tes as cotas ao día tamén vas termaior seguranza: levar máis dun ano ao corrente do pa-gamento das cotas dáche dereito a un seguro de accidente.Ademais, se es delegada ou delegado LOLS, logo da solici-tude tes un seguro de accidente que te protexe durante atúa actividade sindical.

Servizos xurídicosCoas Comisións Obreiras de Galicia dispós dun servizoxurídico composto por doce avogadas e avogados e cincograduadas e graduados sociais. Este servizo préstase nasdistintas unións comarcais do sindicato e para contactarcon el só tes que acudir aos nosos locais.CCOO ofrécelles aos seus afiliados e afiliadas bonifica-cións no uso dos servizos xurídicos, que poden supordesde grandes descontos ata a gratuidade, sempre en fun-ción da antigüidade na afiliación.

Xesús Castro BaamondeSecretario nacional de Servizos á Afiliaciónde CCOO de Galicia

Todo isto tescoa túa cotade afiliación

Todo isto tescoa túa cotade afiliación

Saúde laboralA Secretaría de Saúde Laboral do sindicato, a través doGabinete de Saúde Laboral (GSL), ofrécelles aos delegadose delegadas de prevención o soporte técnico para melloraras condicións de traballo, a protección ambiental e a pro-moción da saúde dos traballadores e traballadoras.O GSL realiza traballos de asesoramento e informes téc-nicos en todas as materias relacionadas con este eido. Odepartamento está composto por técnicos e técnicascunha grande experiencia. Podes contactar con estes pro-fesionais achegándote ou contactando cos locais de CCOOen Ferrol (Susana Martínez), Santiago de Compostela (Ma-nuela Caneda) e Vigo (Arsenio Rodríguez).

Ofertas e descontos para as persoas afiliadasComo afiliado ou afiliada, CCOO pon ao teu dispor ser-vizos dos que podes gozar en calquera punto da xeografíaespañola, sobre todo no relacionado co ocio, o consumo,o turismo e o tempo libre. Tes máis información no portalconfederal de servizos (http://servicios.ccoo.es).

Cotas mensuais vixentes

n Cota xeral reducida: 11,50 euros mensuais. Aplica-ble a persoas con retribucións e prestacións brutasentre o 135% e o 235% do SMI (13375 a 23283 euros)n Cota xeral ordinaria: 12,60 euros mensuais. Aplica-ble a persoas con retribucións brutas superiores ao235% do SMI (23283 euros anuais).n Cota xeral de pensionistas e xubilados: 9,95 eurosmensuais. De aplicación para persoas en situación depensionistas ou xubiladas con retribucións brutasanuais a partir de 13375 euros.n Cota especial: 7,10 euros mensuais. Aplicable a per-soas con retribucións, ingresos ou prestacións brutassuperiores á RMI (6152 euros) e inferiores ao 135% doSMI (13375 euros anuais).n Cota superreducida: 3 euros mensuais nun único re-cibo anual. Aplicable a persoas que non perciban ingre-sos e ás que perciban retribucións ou prestacións encontías brutas iguais ou inferiores á RMI. Aplicable taménás persoas menores de trinta anos á procura do primeiroemprego ou que leven máis de seis meses en situaciónde simpatizante. Esta cota é revisable anualmente.n Cota militante: 16,50 euros mensuais. É unha formade cota voluntaria.

Page 12: Sindicato Nacional de CCOO de Galicia - Galicia Sindical 1/2018 · 2020-04-14 · 3 O10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, é unha data de reivindicación, de lembranza e recoñece-mento

O obxectivo de ATLANTIS é poder acompañarte no teu día a día, protexéndote e contribuíndo, ademais, a mellorar a túa calidade

de vida con produtos verdadeiramente protectores e socialmente responsables.

Dámoslles aos nosos servizos un valor engadido que vai alén do meramente económico e que contribúe a construír unha

sociedade máis humana e sustentable.

O feito diferencialATLANTIS

• Confianza e respecto polas persoas, aseguradas e empregadas. • Solidariedade: modelo asegurador inspirado nos principios da economía social.• Transparencia e claridade na comunicación contractual e publicitaria. • Solvencia. Honestidade e cumprimento dos compromisos adquiridos.

ATLANTIS E CCOO DE GALICIA, CRECENDO XUNTOS DESDE 1995

ATLANTIS FERROL: Tf. 981 35 09 74 [email protected] A CORUÑA:Tf. 981 26 04 08 [email protected] VIGO: Tf. 986 44 12 76 [email protected] SANTIAGO: Tf. 981 56 17 88 [email protected]