Xornal Nº6 Información Obreira

32
CENTRAL UNITARIA DE TRABALLADORES/AS CENTRAL UNITARIA DE TRABALLADORES/AS CUT información obreira información obreira O XORNAL O XORNAL Nº6 2ª XEIRA www.cutgalicia.org 10 de Marzo Día da Clase Obreira Galega concentracións diante das tendas de Adolfo Dominguez 10 de Marzo Día da Clase Obreira Galega concentracións diante das tendas de Adolfo Dominguez

description

Número 6 do Xornal, voceiro da Central Unitaria de Traballadores/as.

Transcript of Xornal Nº6 Información Obreira

Page 1: Xornal Nº6 Información Obreira

CENTRAL UNITARIA DE TRABALLADORES/ASCENTRAL UNITARIA DE TRABALLADORES/AS

CUT

información obreirainformación obreiraO XORNALO XORNALN

º6

XE

IR

A

www.cutgalicia.org

10 de MarzoDía da Clase Obreira Galegaconcentracións diante das tendas de Adolfo Dominguez

10 de MarzoDía da Clase Obreira Galegaconcentracións diante das tendas de Adolfo Dominguez

Page 2: Xornal Nº6 Información Obreira

sumario

O Xornal # Información Obreira # nº 62

Pax 3-4-5-6-9-10- Comarcal

Pax 12-13- Os medios do poder

Pax 14, 15- 10 de Marzo

Pax 16- 8 de Marzo

Pax 22-23- Formación

Pax 25-26- Internacional

Pax 27- A Nosa Historia

Pax 30- Cultura de Clase

Pax 31- Os nosos poetas

editorial

O Xornal # Información Obreira #

Os acontecementos económicos e sociais camiñan poronde esperabamos dende hai tres anos, é dicir, camiñanpolo desastre para a clase obreira. Dende que o sistema

fixo crack, ala polo ano 2007, todas as medidas políticas –queredicir económicas- dos gobernos do capitalismo universal foronna mesma dirección: socializar as perdas, ou o descenso dasganancias, entre os traballadores e traballadoras e privatizar aacumulación de capital.

Fagamos memoria e previsión de futuro: laboratorios euro-peos de represión, cartos públicos aos bancos, subvencións aempresas multimillonarias, inversión en sectores burbulla (novoplan Zp para a construción), subida de impostos, abaratamentodos salarios con pactos entre patronal e sindicatos do sistema,aumento da idade de xubilación, aumento dos anos de cotiza-ción para a media das pensións... e para o futuro a nova Re-forma Laboral mil veces negada e que levará a máisprecariedade, especialmente entre a mocidade e as mulleres;que levará ao abaratamento do despido, á flexibilidade horaria...ao século XIX no que Marx analizaba xa esta barbarie capitalistaque dominaba e domina o mundo.

Nos sindicatos, silencio. Nos partidos de esquerda, silencioe nas rúas tamén o silencio. A que ven esta paz social? A quenhai que protexer? Quen lle vai sacar partido?. Todas as pregun-tas levan a unha única resposta: o beneficiado será o capita-lismo, un sistema que xa non da máis de si e pretende seguiracumulando ganancias na súa agonía; e todas as organizaciónscómplices do silencio teñen por única intención entrar no re-parto dos beneficios que proporciona a explotación do proleta-riado.

A CUT non estivo nin estará calada. Nós, cada afiliado e afi-liada, ten que socializar a necesidade dunha FOLGA XERAL NA-CIONAL, non coma fin en si mesma, senón coma un medio coque cambiar a correlación de forzas existente que nos permitatomar a iniciativa e pórlle fin á vitoria momentánea da burgue-sía. En decembro do 2008 xa saímos as rúas de Vigo berrandoque ESTE SISTEMA NON SERVE, FOLGA XERAL. Agora a ur-xencia é aínda maior coa subida do paro, a destrución progre-siva e acelerada dos sectores agrario, gandeiro, naval... coapersecución da nosa identidade de galegos e galegos, a perse-cución da nosa lingua proletaria. A urxencia, e o sindicalismogalego, combativo e de clase fai que agora demandemosFOLGA XERAL, XA.

Edita

Central Unitaria deTraballadores/as

Coordina

Marcos Pérez Pena

Consello de Redacción

Mónica Camaño FandiñoXabier Castro OteroZé ParedesIago Castro BuergerGemma Novelle MarcosTelmo Varela FernándezCelso Comesaña AbaldeOriana Méndez FuentesAlberto LemaRicardo Castro Buerger

Deseño Gráfico

Irisar

Deseño de Portada

Xabier Castro Otero

Imprime

Gráficas Planeta

Colaboran

Daniel SalgadoRamiro Ledo Cordeiro

Page 3: Xornal Nº6 Información Obreira

En asemblea celebrada o pasado 6 de febreiro, no local sindical deVigo, saíu elixida unha nova Executiva Comarcal. Despois dacelebración do IV Congrego da CUT, en novembro do 2009, abriuseo período de renovación das comarcas. Esta renovación incluía aelección de compañeiros e compañeiras dispostas a asumir otraballo ao que nos comprometemos co relatorio aprobado endevandito congreso.Na asemblea de Vigo fíxose unha valoración do IV Congreso paralogo, a Executiva saínte, expoñer o informe de xestión dos últimoscatro anos, informe que foi aprobado por unanimidade. Actoseguido presentáronse as candidaturas que logo foron votadaspolos compañeiros e compañeiras asistentes.A nova Executiva Comarcal, que xa asignou as responsabilidades,quedou conformada da seguinte maneira:

Telmo Varela e Alberto Lema, Secretaría Comarcal de PropagandaCati Martínez, Secretaría Comarcal de Finanzas.David Pichel e Alberto Covelo, Secretaría Comarcal de AcciónSindicalGemma Novelle e Nuria Mariño, Secretaría Comarcal da MullerAntonio Sierra, Secretaría Comarcal de Comunicación.Francisco Martínez, Secretaría de Relacións Sociais.

Unha vez elixida a Executiva, esta propuxo coma novo SecretarioComarcal a Telmo Varela, proposta que foi referendadaunanimemente pola asemblea.

O acto foi pechado coa intervención do novo Secretario Comarcale da Secretaria Nacional de Finanzas, Maruchi Álvarez que, xuntoao Secretario Xeral, Ricardo Castro, asistiu á Asemblea enrepresentación da Executiva Comarcal.

INFO. COMARCAL VIGO

O Xornal # Información Obreira # nº 6 3

info. comarcal[ ]Elixida a nova executiva

comarcal de Vigo

No ano 1997, gobernando Aznar, o parlamento español aproboucos votos favorábeis do PP, PSOE, CIU, PNV e Coalición Canaria, aLei 15/97. Esta lei abría o camiño á privatización da sanidade quehoxe estamos a vivir. Hai xa moitos exemplos no estado español(Madrid, Valencia, Baleares...) e agora queren trasladalo a Galicia, ochamado 4º hospital de Vigo será xestionado por mans privadas. Os resultados deste tipo de xestión xa se miran nas comunidadesantes citadas: taxas de mortalidade máis elevadas, peor atención,servizos precarios, selección de pacientes...A privatización da sanidade forma parte do perverso plan dosistema capitalista: todo o que se move é negocio. Tanto ten quesexa a educación, a sanidade, a cultura, o traballo digno... Dende hai vinte anos vivimos unha progresiva perda de poderadquisitivo da clase traballadora, perda de dereitos, precarizaciónda man de obra... ao tempo que se foron privatizando todos osservizos considerados propios dun estado de benestar. Nonestamos ante un problema de partidos políticos, estamos ante acrise dun modelo económico, o capitalismo, que non ten máisobxecto que a acumulación de beneficios en mans duns poucos aconsta de explotar máis e máis ao pobo traballador.No momento actual de crise capitalista, crise causada por estesavarentos e que pretenden que nós paguemos, hai mil e unha

causas polas que saír a rúa. O paro non deixa de aumentar cunhadestrución de emprego brutal, reforma laboral en camiño, pactossalariais do 1% entre patronal e sindicatos maioritarios, xubilaciónaos 67 anos, aumento do período de anos de cotización para facera media da pensión... e as medidas que se propoñen só estándestinadas a conservar este sistema investindo cartos novamentena construción especulativa porque este sistema xa non da paramáis. Non podemos afrontar a problemática da sanidade coma algo illado,forma parte dunha política podre e corrupta que non pensa na clasetraballadora, e só pensando que está e unha loita global poderemospara esta deriva neoliberal que está a acabar con nós. Se queremosparar esta deriva non queda outra que convocar unha FOLGAXERAL que sirva para lle demostrar á burocracia política que a clasetraballadora non dará un paso atrás na defensa dos seus interesesde clase.Este sistema non serve, paremos a especulación, paremos as

privatizaciòns,

Adiante xa a Folta Xeral !!

INFO. COMARCAL VIGO

Contra a privatización, contra a lei

15/97 folga xeral

Page 4: Xornal Nº6 Información Obreira

O Xornal # Información Obreira # nº 64

info. comarcal[ ]

Alfageme, foi durante anos todo unsímbolo de empresa conserveira eagora está a xogar co pan de 300familias. Os culpábeis non son só osque dirixen a empresa, senón tamén oEstado e os especuladores.Esta conserveira foi unha da que máisprestixio alcanzou, prestixio que lleserviu para seren punteira naexportación. En calquerarecuncho do mundo podíansemercar as súas conservas, cunhacalidade que todos e todascoñeciamos. Todo isto ben poucolles importa aos especuladores,que só se moven polo seu afánde lucro e de acumular eurosespeculando cos terreos.Durante décadas, ostraballadores e traballadoras deAlfageme fomos explotados echuchados coma laranxas; día adía elaboramos o produto con esmero eprofesionalidade alcanzando un nivelprivilexiado no mercado. O que poucossaben é que realizabamos a produciónen condicións lamentábeis: no invernomorriamos co frío e no veránasfixiabamos coa calor, a maquinariaobsoleta, as instalacións anticuadas... eaínda así sempre sacamos a produciónadiante, ningún cliente ficou sen a súamercadoría.

Chegou entón o PXOM de Vigo e, danoite para a mañá, todo mudou nafábrica de Alfageme. A zona industrialconsolidada trocouse en solo urbano, aDirección da empresa volveuseincompetente e unha empresa, ata o deagora produtiva, volveuse insolvente. Afábrica é adquirida pola inmobiliaria

Promalar para especular cos terreos.Todas sabemos que a empresa abarcaunha importante extensión de terreosnunha zona privilexiada da cidade, de aío interese de Promalar, Concello eXunta de pechar a empresa e construírnos seus terreos. Nada importa o quesignificou esta empresa para a cidadede Vigo, e menos importa a sorte de300 traballadores e traballadoras quedurante toda a súa vida esforzáronse

por sacar a empresa adiante. Cando a auga dábanos polos xeonllos,cando chovía tanto dentro coma fóra,cando non tíñamos auga quente paraduchármonos despois dunhaesgotadora xornada de traballo, cando ofrío en inverno e a calor en verán eraninsoportábeis...entón ninguén da

Consellería de Sanidadeapareceu por alí. Agora, candoqueren desmantelar a fábricapara comezar coaespeculación, apareceSanidade coa fin de colaborarcon Premalar e acelerar osplans especulativos doformigón e do ladrillo.Sanidade prohibe a produción,a Dirección da empresa noningresa os salarios, asautoridades miran para outrolado, e todo cun só obxectivo:

o desgaste psicolóxico dostraballadores e traballadoras. O que nonesperaban era unha resposta unánimee combativa de todo o cadro de persoalcon peches día de noite na fábrica, conprotestas na rúa e con asembleas paradecidir que pasos dar. UN EXEMPLODE LOITA.

INFO. COMARCAL VIGO

Alfageme, todo un plan

especulativo

Este foi o titular do FARO DE VIGO o pasado venres 26 de febreiro.Encabezaba a noticia afirmando que a multinacional pesqueiraobtivo uns beneficios netos de 32,1 millóns de euros e unha

facturación de 1,473 millóns de euros. Esta foi a “crise” dePescanova.No mesmo diario dicía o presidente, Manuel Fernández, que no2009 obtiveron “os mellores resultados da súa historia”

obtendo un beneficio neto un 25% maior que o do ano 2008.Dende a CUT queremos facer memoria:

Cando estabamos a negociar o convenio, dixemos nas asembleasque non se podía permitir unha suba inferior ao 3% nos salariosdos traballadores e traballadoras do grupo porque estabamos nunha

empresa forte que non pasaba por problemas económicos, eporque o sector da alimentación non tiña os problemas doutrossectores. A suba que defendiamos era unha suba no salario e nonen pluses de presenza, asistencia ou outros parecidos que sóserven para crear desigualdade e salarios que varían cada mes.Cando a negociación quedou estancada, TODO O COMITÉ chegouao acordo de facer unha manifestación para dicirlle á sociedade quePESCANOVA gaña cartos co noso traballo pero non ten intenciónde repartir ganancias. A reacción da empresa foi chamar a UGT,CCOO e USO para que asinaran convenio, traizoaran o acordadopor todo o comité e traizoaran o sentir maioritario dos compañeirose compañeiras. A escondidas, coma os ladróns, asinaron oconvenio.

Pescanova aumenta un 25% o seu

beneficio no 2009 ao crecer as súas

ventas casi nun 10%

Page 5: Xornal Nº6 Información Obreira

O Xornal # Información Obreira # nº 6 5

info. comarcal[ ]A empresa, crecida grazas a que conta co apoio destes amarelos,elimina persoal en FRINOVA, despraza traballadoras á planta deChapela e obriga a asinar o convenio individualmente. Queargumentos económicos ten a empresa para xustificar unha políticasalarial de miseria e unha redución da plantilla? NINGÚN, SÓ AAVARICIA DE REDUCIR COSTOS A BASE DE ABARATAR A MANDE OBRA PARA GAÑAR AÍNDA MÁIS.

Dende a CUT nos preguntamos se os representantes de UGT,CCOO e USO durmen tranquilos despois de ser cómplices desteengano. Como van defenderse agora? Falaran de crise ou de quenon era o momento de reivindicar un salario digno? Reclamaránagora que a empresa reparta as ganancias cos traballadores etraballadoras? Seguirán dicindo que representan os nososintereses?

NA CUT SABEMOS DE QUE LADO ESTAMOS E A QUENDEFENDEMOS. OS FEITOS POÑEN A CADA QUEN NO SEUSITIO E A HISTORIA QUITA E DA RAZÓNS.

INFO. COMARCAL VIGO

Non podemos acabar coa explotacióncapitalista sen conseguir a liberaciónnacional, unha e outra cousa vanxunguidas. A ninguén lle gusta falardeste espiñoso tema por medo aenfrontarse ao sistema imperialistaespañol e perder as prebendas das quegozan, e por iso enmascaran condiscursos descafeinados o cerne dacuestión. Como moito falan do Estadodas Autonomías, do traspaso decompetencias... pero sempre enharmonía co estado que nos oprime esomete.A CUT só ten compromiso co pobogalego e coa clase obreira galega, á calrepresenta, e por iso pode falar claro ealto chamándolle ás cousas polo seunome. Galiza é unha nación asoballadaobrigada a manter o aparato militar(Guardia Civil, Policía Nacional, PolicíaAutonómica, Policía Municipal,Exército...), a manter o aparatoburocrático (Facenda, Senado,Deputacións, Concellos, Xulgados,Parlamentos, Delegacións...), polo queunha parte importante da nosa riqueza eprodución vai parar ás arcas do estadoimperialista español para manter a todosestes parasitos, que a súa vez nosexplotan e oprimen coma traballadorese coma pobo.Non hai que asombrase, xa que logo, oréxime monopolista ten declarada aguerra a morte a todo aquel que se

opoña ou amole os seus planscentralistas, militaristas e imperialistas,utilizando unha e outra vez o recurso daforza do seu estado para ter asoballada áclase traballadora e aos pobos e naciónsque lles recordamos que existimos senser España.Só no marco deste sistema de represiónpermanente e de enfrontamento cotiádo Estado coa resistencia popularpodemos entender que en Euskalerríasiga a existir a organización ETA e queesa nación viva hoxe baixo un estado deexcepción permanente con centos depresos políticos, xornais pechados,partidos e organizacións nacionalistasilegalizados... unha situación, polodemais, que nalgúns dos seus aspectosxa se vive no resto do Estado español eque tende a aumentar e xeneralizarse namedida que aumente a resistenciaorganizada.Un exemplo do que estamos a dicir ovivimos en Vigo co gallo da folga dometal, na medida que saiamos a rúa eresistiamos ás forzas represivas deocupación, chegadas de Valladolid,Valencia, Burgos..., ocupabanliteralmente a cidade reprimindo sencontemplacións aos traballadores enfolga. Varios compañeiros foron feridos,moitos máis identificados eposteriormente multados. Isto é o quenos espera cada vez que queremosreivindicar algo, e todo porque nos

enfrontamos á explotación capitalista e áimposición imperialista española. É unhacontradición de fondas raíces históricase que se ve agravada pola existenciadun réxime político de represión

constante e violenta de todos osdereitos e liberdades. Esta é unhacontradición que só poderá ser resoltacando os pobos das nacións asoballadaspoidan exercer libremente o dereito deafastarse do Estado español. Mentresnon poidamos decidir libremente comopobo non podemos pensar en liberarnosdas cadeas da explotación. Por iso, acausa do pobo debe estar en firmesmans. Nada de vacilacións e dúbidas!Firmeza, valor, disciplina e decisión devencer!

INFO. COMARCA MORRAZO

Galiza, a nosa Nación

Page 6: Xornal Nº6 Información Obreira

O Xornal # Información Obreira # nº 66

info. comarcal[ ]

O venres 26 de febreiro, ás 19 horascelebrouse no salón de actos da Casa deCultura de Cangas, a Asemblea Comarcaldo Morrazo. Na mesma quedou elixida anova Executiva Comarcal que estarácomposta por nove membros, tamén aasemblea elexiu a Moncho FernándezMartínez como o novo SecretarioComarcal, que representará á Comarca noSecretariado Nacional.A elección do máximo organismo comarcal

realizouse en votación sobre unha listaaberta de 17 candidatos/as, así mesmoquedaron elixidos os membros suplentesen base ó número de votos. O día 11 do mesmo mes, tivo lugar aprimeira asemblea, onde se valorou nunhaampla discusión a celebración do IVCongreso, ademais de abrir o prazo depresentación de candidatos/as á ExecutivaComarcal. A nova Executiva Comarcal quedou

constituída polos compañeiros/as: MonchoFernández Martínez, Cristina López Novas,Breogán Paz Currás, Tomas HermeloÁlvarez, Isabel Suárez Cabaleiro, XabierCastro Otero, Xosé Billar Agulla, MaruchiÁlvarez Barreiro e Manolo CamañoFandiño.Unha vez elixida o novo organismo dedirección comarcal, dirixíronse á asembleao novo Secretario Comarcal e o compañeiroSecretario Xeral da CUT, Ricardo Castro.

Elixida a nova

executiva

comarcal do

Morrazo

O 19 de febreiro celebrouse a Asemblea Comarcal na que foi elixidaunha nova Executiva para desenvolver na Comarca os acordosacadados no pasado IV Congreso da CUT. Na asemblea debateuse sobre as resolucións do devandito IVCongreso ao tempo que se fixo incidencia na necesidade de colexiaras responsabilidades, especialmente aquelas de nova creación eaquelas ás que se lle deu máis importancia no relatorio oficialaprobado. Unha vez pechado o debate tivo lugar a elección da nova ExecutivaComarcal que quedou conformada polos seguintes compañeiros ecompañeiras: Xosé Manuel Romero Davila, Rosario Iglesias Torrado,Andrés Fernández Boo, Luísa Rego González e Manuel MirandaSomoza. A proposta da nova Executiva, e referendado pola asemblea,o Secretario Comarcal, e polo tanto membro do SecretariadoNacional, é o compañeiro Xosé Manuel Romero Davila. En representación da Executiva Nacional acudiu á asemblea oSecretario Nacional de Relacións Internacionais, Manolo Camaño.

INFO. COMARCAL A CORUÑA

Asemblea comarcal de

Ribeira e nova executiva

Page 7: Xornal Nº6 Información Obreira

O Xornal # Información Obreira # nº 6 7

1º de maio[ ]

O1º de maio de 1886 200.000 traballadores de Chicagoiniciaron unha folga reclamando unha xornada laboral de oitohoras. Os días 2 e 3 de maio as mobilizacións continuaron

noutras cidades do país. A única fábrica que estaba a traballar eraMcCormik, que se dedicaba a maquinaria agrícola e estaba afuncionar con esquirois. O día 3, durante un mitin de August Spiesnas portas da fábrica produciuse o enfrontamento cos esquiroisque a policía disolveu a tiros contra os folguistas, matando a seisdeles.

O redactor do Arbeiter Zeitung Fischer foi ao periódico eredactou unha proclama, da que imprimiu 25000 copias. Aproclama, que logo serviu como proba para a súa condena á forca,dicía:

Traballadores: a guerra de clases comezou. Onte, fronte áfábrica McCormik, fusilouse aos obreiros. O seu sangue pidevinganza!

¿Quen poderá dubidar xa que os chacais quenos gobernan están famentos de sanguetraballadora? Pero os traballadores nonson carneiros. Ao terror brancoresponderemos co terror roxo! Épreferíbel a morte que a miseria.

Fusílase aos traballadores,respondamos de tal maneiraque os amos o recorden moitotempo.

É a necesidade o que nos faigritar: Ás armas!

Onte, as mulleres e os fillosdos pobres choraban aos seusmaridos e aos seus paisfusilados, en tanto que nospalacios dos ricos enchían vasosde viño caro e bebían á saúde dosbandidos da orde...

Secade as vosas lágrimas, os quesufrides!

Tende coraxe escravos!Levantádevos!

A proclama remataba coaconvocatoria dunha protesta, ao díaseguinte na praza Haymarket ás catro datarde. Os feitos alí acontecidos pasaron áhistoria como a Revolta de Haymarket,nela fixo explosión unha bomba queproduciu un morto.

O 21 de xuño iniciouse a causacontra 31 traballadores que logo quedaron en8. Este xuízo farsa levou a tres deles á cadea e a cinco á forca. Os

mártires de Chicago.En París, en 1889, na 2ª Internacional, acordouse proclamar o 1º

de maio como o Día Internacional da Clase Obreira.

Estas circunstancias, que parecen só do século XIX, estanse arepetir en pleno século XXI. A Unión Europea tentou aprobar unhadirectiva que elevaba a xornada laboral ás 65 horas para legalizarunha situación que xa se da na práctica; as reformas laboraisaprobadas no estado español están dirixidas a recortar os dereitosdos traballadores e traballadoras, a mocidade non encontra saídalaboral se non é aceptando as condicións de precariedade impostaspolo capitalismo, a discriminación de xénero é o pan laboral de cadadía, ampliación da idade de xubilación, cartos públicos para financiar

os roubos dos bancos e empresas, destrución domedioambiente, destrución da nosa

identidade cultural... o número de agraviosnon ten límite e a resposta está por

chegar. Neste 1º de maio temos que

recuperar a súa verdadeira esencia, édicir, convertelo nunha xornada deloita para a clase obreira. Temos queloitar contra o contido festivo e

apolítico que lle queren inculcaro sistema capitalista e osseus lacaios, a falsaesquerda política e os

sindicatos da paz social.A CUT pretende converter

este 1º de maio nun termómetroco que medir a forza da clase

obreira galega. Queremos tomar asrúas e facerlle saber ao capitalismo que

o seu sistema está conectado a unhamáquina e nós, o proletariado, imos

desconectar os enchufes parapórlle fin. Chegou a hora derecuperar a nosa dignidadede clase e acabar coa falsa

realidade da vida burguesa quenos venderon.

Compañeiros ecompañeiras, estamos ante unmomento histórico quedemanda tomar partido, nonpodemos permanecer á

espera ou seremoscómplices destabarbarie que está aacabar con nós.

O camiño desta loitaestará iluminado polosfachos que prenderon osmártires de Chicago.

1º de maio, un díapara o Loita Obreira

Page 8: Xornal Nº6 Información Obreira

O Xornal # Información Obreira # nº 68

1º de maio[ ]

No ano 2009 a lenda do 1º de maio era“camiñando cara a folga xeral”,agora o camiño xa ten que chegar ao

seu fin. Se daquela era urxente unhaconvocatoria de Folga Xeral, hoxe é vitalpara defender os intereses da clase obreiragalega. Non atopamos ningunhaexplicación racional que, defendendo áclase traballadora, xustifique esta parálisesocial.

Paro en taxas xamais alcanzadas(250.000 galegas e galegos sen traballo),Reforma Laboral a piques de se aprobar -reforma que traerá máis precariedade,máis discriminación, máis abaratamento daman de obra...), marco estatal de suba

salarial asinado no 1%, xubilación aos 67anos, aumento dos anos de cotización,privatización da sanidade e da educación,destrución medioambiental de Galicia paralucro do capital, destrución dos nosossinais de identidade como a lingua e osistema de vida...

A situación é desesperada e ossindicatos maioritarios non dan o pasonecesario e obrigatorio. Eles saberán dequen son debedores, de quen sonescravos. Dende a CUT facemos unchamamento urxente a todos ostraballadores e traballadoras para quedemanden e socialicen a FOLGA XERAL.A folga será a ferramenta que nos sirva de

principio para mudar a correlación deforzas existente, e recuperar a dignidadede clase necesaria para voltear estasituación.

Este sistema non serve, o capitalismonon serve, é un sistema esgotado quevivirá na agonía mentres a clase obreira lleesteamos a dar osíxeno. Chegou a hora detomar a iniciativa, este 1º de Maio servirápara dar o primeiro paso na consecucióndeste obxectivo prioritario.

A CUT DEMANDA NO DÍA DE

TODOS OS TRABALLADORES E

TRABALLADORAS A FOLGA XERAL

NACIONAL.

1º DE MAIO, FOLGAXERAL XA!

Page 9: Xornal Nº6 Información Obreira

O Xornal # Información Obreira # nº 6 9

info. comarcal[ ]

A CUT participa na Asemblea de Parados/as que venfuncionando dende outubro de 2009. A orixe desta iniciativa tena súa causa na situación de precariedade que está a sufrir a claseobreira co aumento progresivo do paro –debemos recordar queo estado español é campión de Europa en destrución deemprego- e cunha contratación cada vez máis próxima ao século

XIX. A asemblea serve para analizar esta problemática e paraelaborar unha fronte de cara á socialización dun problema que osengrenaxes do poder queren agochar nas súas tobas. Estasiniciativas son secundadas pola CUT e así foi aprobado no seuIV Congreso.

Asemblea de parados/as

de A Coruña

Afirman que o envellecemento dapoboación obriga a "reformar" -é dicir,recortar- as pensións. Menten!Unicamente cos 9.000 millóns debeneficios declarados o ano pasado poloSantander de Botín, podería subirse ata1.000 euros durante tres anos a pensiónde todos os xubilados que nin sequeraalcanzan a categoría de mileuristas.Afirman que a caixa da Seguridade Socialentrará en quebra a causa do aumento dodéficit público. Menten!Só cos 15.000 millóns de subvenciónspúblicas entregadas aos monopolioseléctricos se garantiría unha pensiónmínima de 1.000 euros durante cincoanos.Atrévense mesmo a cuestionar as míseraspensións de viuvez, pero ocúltannos quesó cos fondos de pensións que gozan os

membros do consello de administraciónde cinco bancos e sete caixas, se poderíaincrementar ata 1.000 euros a pensión de1,1 millóns de viúvas que hoxe apenascobran 539 euros mensuais.Non só non podemos aceptar o máismínimo recorte das pensións, senón que énecesario esixir unha pensión mínima de1.000 euros para todos.Claro que si se pode! O problema é se osrecursos e a riqueza que hoxe gozan unínfimo puñado de oligarcas se poñen aoservizo dos intereses da maioría.Isto é o que temos que esixir. Nonpodemos aguantar que recorten aspensións aos nosos pais e avós, mentresos directivos da banca se paseen ante osnosos ollos... cunha pensión media de 26millóns de euros!Recorte das pensións? Si, das súas! Para

asegurar a cada traballador unha xubilaciónpor enriba dos 1.000 euros.Si se pode!As cúpulas sindicais formulan medidasvergonzantemente á defensiva -ao únicoque aspiran que a que non nos recortenmáis, ou que o fagan un pouco menos.Fronte a isto, é fundamental defender ereclamar que " Si se pode! ", subir apensión mínima a 1.000 euros.Unha razón máis para reclamar a folgaxeral!Xa diciamos, nun artigo anterior, que ogoberno quere acabar privatizando aspensións, esta apreciación confírmaselogo de que o propio ministro pida aostraballadores que contratemos planes depensións privadas.Máis claro...

Non ao recorte das pensiòns,

ningunha inferior a mil euros

O martes 9 de marzo tivo lugar a constitución da Mesa Negociadorado Convenio Colectivo da empresa ISOLUX-CORSAN RSU daMancomunidade do Morrazo.Ábrese un novo capítulo na negociación colectiva neste servicionun escenario marcado pola marcha da actual concesionaria eaparición en escena da empresa portuguesa GSC, que ven afacerse cargo do servicio.A situación de provisionalidade permanente de dito servicio e a

pretensión de cambios empresariais no servicio pola novaconcesionaria, fai albiscar unha negociación complexa etumultuosa.Da decisión da asemblea de traballadores dependerá que aspretensións empresariais saian adiante.

COMARCA DE RIBEIRA

Comeza a negociacion do

convenio en Isolux-Corsan

Page 10: Xornal Nº6 Información Obreira

O Xornal # Información Obreira # nº 610

info. comarcal[ ]

O presidente do Observatorio doTraballo Autónomo da FederaciónNacional de Asociacións deTraballadores Autónomos (ATA), JoséBarea, avogou hoxe por conxelar atotalidade das retribucións dostraballadores da función pública duranteos próximos catro anos, como mediapara rebaixar o gasto e poder facerfronte a unha redución "drástica" dod é f i c i t .Durante a presentación dun informe doObservatorio, Barea instou a suprimiros ministerios de Cultura, Vivenda eIgualdade, e alegou que as cadeas detelevisión pública non deben de quedarfóra "da racionalización do gastop ú b l i c o " .Segundo o economista, o déficit é "undos cancros da economía española", erecordou que a Comisión Europeaobriga a que o devandito déficit nonsupere o 3% do PIB en 2013, para

inxectar confianza aos mercados dec a p i t a i s ."O axuste vai ser moi duro e non sei seseremos capaces de facelo, alertouBarea, quen recordou que, para cumprirestes obxectivos, a economía nacionaldebe ser capaz de reducir un 2,1% dedéficit anual.O Goberno e os sindicatos asinaron opasado 25 de setembro o acordosalarial para a función pública 2010-2012 no marco do diálogo social, cunincremento dos salarios do 0,3% para2010, que será compensado, "se fosenecesario", en 2012 a través dunhacláusula de revisión salarial.O acordo, que se desenvolverá duranteos próximos tres anos, incorpora untotal de 50 medidas para o incrementoda calidade e a eficacia dos servizospúblicos, a reforma e modernización daAdministración e a mellora dascondicións de traballo.

Barea propón a

conxelación salarial

dos funcionarios/asDespois de pasar todo o ano 2009 senconvenio, agora os culpábeis pretendenque nos mobilicemos, e non pola nosadignidade senón para ridículas subidassalariais que significan o IPC + 0,3%; estaé a proposta que lles fan para desbloqueara mesa de negociación. Así é como pensanque imos recuperar a perda de poderadquisitivo destes últimos anos?Lembremos que cos últimos conveniostemos perdido xa un 14%.Chegou o tempo de demandar un conveniogalego para o sector, os convenios estataisnon fan máis que prexudicarnos. Agora écando lle recordamos a CCOO e CIG o queteñen dito: se o convenio estatal prexudicaaos traballadores e traballadoras galegasdemandaremos o convenio galego. Aspalabras hai que demostralas con feitos. Aque estades esperando?Dende a CUT defendemos calquera pasoque se dea para a negociación dunConvenio Galego de Empresas Privadas deSeguridade, só así poderemos loitar poladignidade das nosas condicións de traballodentro da realidade galega.

Seguridade

privada, a

loita continúa

X. Ramón Rodríguez Franco, Francisco NiñoRicoi, Xan Carballo Rodríguez, Mónica MonteroBorrazás e Borja Graña Rei conforman a novaExecutiva da Comarca de A Coruña. OSecretario Comarcal será, a proposta da mesmaexecutiva e por unanimidade da asemblea, X.Ramón Rodríguez Franco, que representará áComarca no Secretariado Nacional. Enrepresentación da Executiva Nacional acudiuRicardo Castro, Secretario Xeral

Na asemblea fíxose unha análise da situaciónlaboral e económica da comarca. Taménanalizouse polo miúdo o papel que debe xogara CUT nos tempos que se aveciñan, papel queserá principal á hora de socializar a necesidadede Folga Xeral Nacional que ata o de agora sónos defendemos. Acordouse tamén facercampaña pola Folga Xeral de cara ao 10 demarzo

INFO. COMARCAL A CORUÑA

Xa temos nova executiva comarcal

Page 11: Xornal Nº6 Información Obreira

O Xornal # Información Obreira # nº 6 11

Opasado 19 de febreiro tivo lugar, no Centro Cívico de Teis (Vigo), unha charla-coloquio de carácter informativo sobre o proceso deprivatización da Sanidade Pública que se está a vivir no Estado español, con especial contundencia en Madrid e nos Países Cataláns.Así e todo, o proceso comeza a afectar tamén á Sanidade galega, polo que resulta urxente unha chamada á organización e ao com-

bate coa fin de protexer o dereito a unha Sanidade pública e de calidade para a clase traballadora. Os sindicatos organizadores –CUT e CNT-ofreceron infraestrutura aos compañeiros chegados de Madrid: Nines Maestro, Secretaria Xeral de Corrente Vermella foi tamén membrodestacado da candidatura de Iniciativa Internacionalista nas pasadas eleccións ao Parlamento europeo, e mais Antonio Gómez, membroda Coordinadora Anti-privatización de la Sanidad Pública de Madrid, www.casmadrid.org.

Cunha asistencia aproximada de 150 persoas, deuse comezo á charla coa intervención de Antonio Gómez, que tivo como propósitofundamental o de transmitir aos asistentes a experiencia adquirida pola súa organización na loita que leva a cabo en Madrid desde 2004.Segundo explicou o noso compañeiro, nese mesmo ano, coa chegada ao poder, na capital do Estado, de sectores fundamentalistas reli-xiosos do PP, o proceso de privatización acelerouse a partir do seguinte plan: o poder público ve-ríase substituído na xestión da Sanidade por empresas privadas, principalmente bancos econstrutoras. Os pasos previos foron, en realidade, estratexias premeditadas: deixar de in-verter na Sanidade Pública, co conseguinte deterioro da mesma e unha opinión xenerali-zada de que o público non serve, polo que son precisas saídas diferentes; aumento dosconcertos coa privada e pacto cos sindicatos CCOO, UGT e os sindicatos de médicos e deenfermería.

En 2005 comézase a encargar a empresas privadas a construción dos hospitais: Dragados,Acciona, Caja Madrid e outras empresas da construción e da banca son agora as responsábeisda infraestrutura da Sanidade. Lembremos: empresas con ánimo de lucro que nonestiveron nunca vinculadas á Sanidade. Cun custo de 800 millóns de euros cons-trúense, na Comunidade de Madrid, 8 hospitais que se inauguran en 2008. Paraestes novos centros conséguense médicos mediante unha “reordenaciónde efectivos” que consiste no traslado de profesionais de centros públicoscara a estes novos. Ademais, as xefaturas de servizo dos novos hospitais,noméanse empregando criterios relixiosos. Este proceso inxusto supón,tamén, un desmonte do público: perda de 500 profesionais médicos emais a orientación de 800 millóns de euros públicos a mans privadas.Asemade, o compañeiro Antonio Gómez informa da aprobación da “Leide libre elección” este mesmo 19 de febreiro, pola cal cada cidadánpode escoller o hospital no que desexa ser atendido, o cal provoca com-petencia entre os centros, pois disporán de tanto diñeiro como cidadánsos escollan. Este sistema xa provocou un desastre económico, mesmo conpeches de hospitais, en Inglaterra, país pioneiro na implantación deste modeloe tamén un dos primeiros en sufrir as súas nefastas consecuencias.

A seguir, Nines Maestro advertiu da lei 15/97, pois é o amparo legal quepermite ás empresas privadas a entrada na Sanidade Pública, xa que per-mite a “calquera das figuras xurídicas existentes en dereito” a xestión dunhospital. Esta lei foi aprobada cos votos do PP, PSOE, PNV, Coalición Ca-naria e CIU. Neste concerto de intereses e negocio coa vida e a saúdedos cidadáns, Maestro acende outra alerta: a selección de pacientes. O15% da poboación que máis Sanidade consome non é desexable desdeun punto de vista empresarial, pois implica máis gasto. Xa que logo, có-rrese o risco de ver introducidos na nosa Sanidade mecanismos de “copago”,mediante os cales os cidadáns teriamos que pagar parte dos servizos. Así, li-mítase o acceso á Sanidade aos sectores de poboación máis desfavorecidos,incrementando as xa elevadas desigualdades en saúde que existen na nosasociedade.

Finalmente, e despois dunha activa quenda de preguntas e comentariosdos asistentes, o coloquio finaliza cunha chamada á construción dunha plata-forma pola defensa da Sanidade Pública e á asistencia á manifestación convo-cada para o 15 de marzo en Vigo.

O Estado privatiza de novo:a caída da Sanidadepor Oriana Méndez

colaboración[ ]

Page 12: Xornal Nº6 Información Obreira

os medios do poder[ ]

O Xornal # Información Obreira # nº 612

Recortes deprensa

Page 13: Xornal Nº6 Información Obreira

O Xornal # Información Obreira # nº 6 13

os medios do poder[ ]

Page 14: Xornal Nº6 Información Obreira

10 de marzo[ ]

O Xornal # Información Obreira # nº 614

Hai trinta e oito anos caían nas rúas deFerrol, asasinados polo fascismo,Daniel e Amador, cando defendían a

dignidade da clase obreira. Que mudoudende entón? Fundamentalmente houboun proceso de borrado de memoria paraintroducir nela mentiras que alienan aoproletariado, e como consecuencia directao desmobilizan.

Ao morrer o ditador houbo un granpacto entre lobos agochado nas tobas máisescuras do podre poder. Neste pactoacordaron crear un sistema político novo aoque chamaron cinicamente democracia, ea primeira gran norma desta “democracia”é: se estás co que nós dicimos esdemócrata, do contrario estas fóra dosistema e serás perseguido.

Os lobos asinantes foron os herdeirosda ditadura franquista e os que ata entóneran oposición clandestina ao réxime.Repartiron as prebendas e cotas de podergarantindo que non habería xuízos contraningún xenocida franquista, que habería“paz social” para lle garantir o campo libreao capitalismo, que non habería sitio paraaqueles pobos que demandasen poderpropio para decidir e que habería unhasacrosanta monarquía española.

As consecuencias desta traizón que

perpetúa no poder aos asasinos e demaisfamilia foron dramáticas para a clasetraballadora: substitución do Tribunal deOrden Público (TOP) pola AudienciaNacional para reprimir calquerareivindicación que se saia das súas regras,cambio de uniforme nos corpos derepresión para que agora repriman máisdemocraticamente, é dicir, dándolle aoconxunto da clase obreira por igual;privatización dos servizos públicos, ventaao capital dos nosos sectores produtivos,instauración da precariedade laboral, perdade poder adquisitivo, sociedade consumistaa base de crédito que nos endebedaeconomicamente e nos desmobiliza,discriminación da muller, represiónsindical... e un longo etcétera que nos levana unha situación límite coma a que hoxeestamos a vivir.

Este día da clase obreira galega ten quenos servir para recordar que ostraballadores e traballadoras, cando somosconscientes da clase social á quepertencemos, cando somos conscientesde que nada conseguimos sen loitar contraos nosos inimigos de clase, candopoñemos por diante a dignidade e ocombate, como fixeron Amador e Daniel,somos quen de cambiar cualitativamente a

realidade social. O contexto laboral, económico e social

ao que nos estamos a enfrontar demandacon urxencia unha resposta contundente daman do proletariado. A CUT iniciou, xa noano 2008, unha campaña nacionalremarcando a necesidade dunha FOLGAXERAL NACIONAL, e nese camiñoseguimos andando. As condiciónsobxectivas para unha folga xeral son tanevidentes que produce vergoña allea ocomportamento das forzas sindicaismaioritarias cando, unha e outra vez, falande que non é o momento, cando falan deque agora hai que arrimar o ombreiro parasalvar este sistema de privilexios para ospoderosos que lles subvencionan, candodirixen as súas enerxías a mobilizaciónssectarias que só teñen por obxectodespistar a atención do cerne do problema.Produce vergoña e xenreira escoitar a estes“lideres de profesión” falar de Amador eDaniel sabendo que estes, nascircunstancias actuais, estarían a berrarFOLGA XERAL na vangarda do movementoobreiro; ninguén os imaxina sentados nosministerios pactando coa patronal e ogoberno de turno unha nova reforma laboralregresiva nos nosos dereitos.

Dentro desta campaña de socialización

10 de marzo, día daclase obreira galega

Page 15: Xornal Nº6 Información Obreira

O Xornal # Información Obreira # nº 6

10 de marzo[ ]

15

da Folga Xeral que está a facer a CUTdesenvolvéronse os nosos actos para o 10de marzo, centralizados en Vigo eCompostela e que contaron co apoio, naparticipación e na organización, damocidade revolucionaria galega deADIANTE. Ambos os dous actos fixéronsediante de dúas tendas do empresarioAdolfo Domínguez, erixido en símbolo doque significa a clase empresarial e dasintencións que teñen para cos traballadorese traballadoras.

En Vigo comezou o día cunha asembleaás 10 da mañá para logo dirixir aconcentración ao lugar acordado. Ao chegarao punto de encontro xa estaba unhaunidade da policía nacional española deantidisturbios a esperar por nós, exercendoo seu papel de protección dos intereses daclase que lles paga, exercendo o seu papelde velar pola defensa do capitalismorepartindo hostias ao proletariado.

Falouse claro na defensa dos interesesda clase obreira e analizouse a situación derepresión de cara a someter calqueraintento de rebelión por parte dosasoballados. Falouse claro na defensadunha política laboral non sexista e falouseclaro da memoria histórica que debemospreservar dos ataques fascistas.

A concentración rematou cunhapequena marcha pola céntrica rúa dePríncipe ao tempo que gritabamos FOLGAXERAL,XA. Cubríndonos as costas, e a ataa porta da sede sindical, levamos onda nósaos antidisturbios, xerando coa súapresenza a violencia da que viven.

En Compostela, a CUT, reclamou taméndiante da tenda de Adolfo Domínguez, afolga xeral. No seu discurso fixo fincapé naspolíticas negativas que está a facer ogoberno de Zp e conivencia cos sindicatosmaioritarios e a patronal. Quedou patente

que a clase obreira galega non está coassaídas neoliberais, senón cunha políticasocial que leve ao reparto da riqueza e áxustiza social.

Quedou claro que a CUT encamiñarátodos os seus esforzos de cara a unhaacumulación de forzas necesaria para aFOLGA XERAL NACIONAL, e aí darámostra o proletariado galego da súa forza edignidade.

Neste 10 de marzo a CUT fixo públicotamén o seguinte manifesto:

O 10 de marzo de 1972 caían,asasinados pola represión do estadofascista español, Daniel e Amador. Dendeentón permanecen nas nosa memoriacolectiva para recordármonos a dobrerepresión que sufrimos: como clasetraballadora e como nación colonizada.

Naqueles inicios dos 70 desenvolvíaseunha feroz crise do sistema capitalista,unha máis das que ciclicamente se repiten,facendo culpábel entón ao petróleo.Daquela salvouse a crise non acabando cosistema opresor, senón reforzándoo einventando unha nova fase do capitalismo:o Neoliberalismo. Este Neoliberalismopuxo fin á inversión social, puxo fin aos malchamados estados de benestar, deixou enmans de organismos como o FMI, a OMCou o Banco Mundial o poder de decidir portodos e todas nós; e puxo tamén oscimentos do capitalismo financeiro eespeculativo que hoxe causou o primeirocrack económico do século XXI. E dicimoso primeiro porque outros virán de non ter acapacidade de lle por fin a este sistemadepredador e opresor.

Levamos en crise sistémica dende oano 2007 e a cousa vai para largo,especialmente no estado español onde aestrutura económica está baseada na

destrución da industria en beneficio deinversións temporais e especulativas,coma o caso da construción. O número dedesempregados non para de medrar e endestrución de emprego España é campionade Europa.

A Unión Europea baseada en interesescapitalistas é unha das grandes causas dacrise, non temos máis que recordar o prezoque Galicia tivo que pagar para cumprir o“sono europeo” do PSOE e do PP:eliminación da industria naval, desaparicióndo sector agrogandeiro... As directivas daUE non fan máis que favorecer a librecirculación da man de obra escrava e aimposición de medidas económicas, oueuro é unha delas, que asfixian aoproletariado.

Temos ante nós unha perspectiva bencomplicada. O goberno de Zp que sexamosnós os que paguemos a crise: dállecantidades indecentes de cartos aosbancos, págalles aos sindicatos pactistaspara que lle garantan a “paz social”, propóna xubilación aos 67 anos aumentando osanos de cómputo dos 15 aos 25 últimos,sobe os impostos, quere abaratar odespedimento...

A reforma laboral está en marcha e asrúas durmidas. É hora de reaccionar, ou docontrario sairemos desta crise fortalecendoun sistema que ten por obxecto a nosaexplotación.

Dende a CUT pedimos unha FOLGAXERAL NACIONAL como xa fixemos nasrúas o 18 de decembro de 2008, epedímolo para cambiar a correlación deforzas de xeito que poidamos ser nós osque decidamos no noso futuro por riba darepresión do capital e dos seus aparatos.

Dende a CUT berramos con Daniel eAmador, neste día da clase obreira galega:

ESTE SISTEMA NON SERVE,

FOLGA XERAL!!

A campaña pola FOLGA XERALNACIONAL ten carácter de continuidade.En cada lugar onde a CUT teña voz seráescoitada esta demanda que debe ser a dopobo traballador. Alí onde haxa un afiliadoou afiliada da CUT haberá dialéctica sobrea necesidade desta Folga. Dende estexornal obreiro facemos un chamamento atodas as forzas sindicais, partidos políticosque defendan os intereses dostraballadores e traballadoras, a todas asorganizacións veciñais, asociacións nadefensa da nosa ecoloxía, centros sociais...para que se sumen a esta acumulación deforzas sen sectarismos e co únicopropósito de nós defender da barbariecapitalista. Neste camiño non llepoñeremos cotas a ninguén, e os que nonqueiran sumar que expliquen o porqué.

Page 16: Xornal Nº6 Información Obreira

O Xornal # Información Obreira # nº 616

10 de marzo[ ]Fo

tos:

Xab

ier C

astr

o

Page 17: Xornal Nº6 Información Obreira

O Xornal # Información Obreira # nº 6 17

10 de marzo[ ]

Foto

s: X

abie

r Cas

tro

Page 18: Xornal Nº6 Información Obreira

O Xornal # Información Obreira # nº 618

8 de marzo[ ]

No pasado IV Congreso Nacional daCUT, celebrado en Cangas o 28 denovembro, facíase unha análise

sobre a necesidade de iniciar unha políticasindical na defensa da muller. Creouseentón a Secretaría Nacional da Muller e ascorrespondentes secretarías comarcais decara a facer este traballo. O primeiro puntona orde do día foi este 8 de marzo, día damuller traballadora, no que a CUT secundouos actos programados pola MARCHAMUNDIAL DAS MULLERES, centrando aconvocatoria na súa manifestación de Vigo.Tivo alí a CUT presenza destacada portandoa súa propia pancarta na que podiamos lero lema de “As mulleres da CUT coa FolgaXeral”.

Para este camiño de suma de forzas,será imprescindible que as mulleres asu-mamos o papel protagonista que nos co-rresponde por sufrir dobremente ocapitalismo, como traballadoras e comamulleres.

A CUT fixo público o seguinte mani-festo para esta efeméride do 8 de marzo:

Este ano estamos diante dun 8 demarzo especial, non porque as cousas me-llorasen se non porque xa hai 100 anos quea Internacional estableceu esta data comoreferencia para a loita emancipadora dasmulleres traballadoras. Dende 1910 as cou-sas mudaron, pero aínda non conseguimosque se fagan efectivas todas as reivindica-cións e dereitos que nos son propios.

Aínda que pretenden enganarnos coasenquisas a crise capitalista está a afectarás mulleres dun xeito máis silencioso perose cabe máis dramático. A desaparición denumerosos empregos da economía somer-xida fan que centos de traballadoras se ato-pen na rúa sen dereito a ningún tipo desubsidio e ao borde da exclusión social ouda pobreza. A deslocalización non nos éallea e xa se perde a conta do número deempresas teleoperadoras que marcharonou están a facelo para sur América. A bre-cha salarial faise máis evidente, en Galizaxa estamos nalgúns casos no 30%, poloque segue a ser vixente a clásica reivindica-ción de a igual traballo igual salario.

Seguimos a facernos cargo, case en ex-clusiva das labores de coidado e do fogar,convertendo á dobre presenza nunha pro-blemática endémica das mulleres. Enpleno século XXI atopámonos cun númeroimportante de traballadoras que abandonano mercado laboral cando son nais, peri-gando deste xeito a súa autonomía econó-mica e a futura pensión de xubilación, máisaínda se esta se alonga ata os 67 anos esobre todo co aumento do período de coti-

zación. Dende a CUT apostamos por políti-cas que fomenten a corresponsabilidade xaque é a totalidade da sociedade a respon-sábel do coidado de menores e maiores.

“A igualdade fronte a lei aínda non é aigualdade fronte a vida”, esta frase dita en1920 está plenamente de actualidade e asmulleres debemos esixir na rúa que estaigualdade se cumpra. Dende a Central Uni-taria de Traballadores e traballadoras segui-mos crendo na necesidade dunha FolgaXeral para poñerlle freo a intención de go-berno, empresarios e sindicatos pactistasde que esta crise do capital a paguemos

nós, a clase traballadora. Esta nova desre-gulación das relacións laborais é unha novaperda de dereitos.

A CUT quere facer un chamamento aparticipar dos actos que a Marcha Mundialda Mulleres levará a cabo en Galiza entre o8 e o 18 de marzo co fin de reivindicar a au-tonomía económica, ben común e o ac-ceso ao servizo, paz e desmilitarización e aerradicación da violencia que sofren as mu-lleres.

Mulleres en marcha ata que todas se-xamos libres!!

As mulleres coa folga xeral!

Crónica do 8 de marzo

Page 19: Xornal Nº6 Información Obreira

O Xornal # Información Obreira # nº 6

CUT Ensino[ ]

19

Opasado sábado 13 de marzo o conselleiro de Educación emais o Secretario Xeral de Política Lingüística presentaron oproxecto de decreto para o plurilingüismo no ensino non uni-

versitario de Galicia, é dicir, o texto que ha de regular o uso das lin-guas no ensino non universitario. Trátase, sen lugar a dúbidas, doataque máis demoledor que sufriu nunca a lingua galega desde acreación das actuais institucións en tempos da II restauración borbó-nica.

Se coa Constitución española e co Estatuto de Autonomía se re-coñeceu por vez primeira a oficialidade do galego –dun xeito asimé-trico respecto ao castelán, dereito a usalo si, obriga de coñecelo non-dentro da Galicia administrativa, a Lei de Normalización de 1983 tra-zou o camiño para o noso idioma gañar usos na esfera pública quelle foran negados e un prestixio social secularmente pisoteado polaselites dominantes da nosa terra. A proxección deste marcolegal desenvolveuse no ensino cos decretos 247/1995 epolo de agora vixente 124/2007, que recollía as liñasa seguir no Plan Xeral de Normalización Lingüística(2004), aprobado por unanimidade no Parlamentogalego.

Nestes últimos 30 anos o galego foi dandopasos cara á súa normalización dentro do en-sino non universitario a partir do establece-mento dunhas porcentaxes mínimas de aulasen galego, que se estableceu no 50% no124/2007. Para a Cut-Ensino estes avances re-sultaron moi tímidos, e ficaron moitas dasveces só eido lexislativo, xa que está demos-trado que os devanditos decretos non se chegarona cumprir, tanto en centros de total titularidade pú-blica como sobre todo en centros concertados.

O PP, baixo a prescrición teórica das Faes e a súa orga-nización satélite Galicia Bilingüe, retirou no último momento o apoioao decreto 124/2007 e comezou a campaña de ataque e inxurias con-tra o noso idioma. Claro está, os donos dos medios de comunicaciónrecolleron de bo gusto o envite. Esparexeron mentiras aquí e acolásobre a imposición do galego, atrofias mentais dos cativos por apren-deren mates en galego…(recomendamos a lectura de 55 mentirassobre a lingua galega de Prolingua), e mesmo chegaron a manifes-tarse polas rúas de Santiago pedindo protección para “la lenguacomún”, en multitude de 2000 persoas grazas a autobuses queviñan de fóra da nosa terra con bandeiras españolas adobiadas depaxaros.

Gañaron as eleccións, e repiten unha vez e outra que o fixeronpolo profundo malestar da sociedade respecto á política lingüística,cando no 2009 ese tema só lle preocupaba ao 1’8% dos galegos se-gundo o CIS, e cando non lle conseguiu réditos electorais como tendemostrado o sociólogo Fermín Bouza. En xaneiro, despois de pre-sentaren unhas surrealistas bases para o plurilingüismo, atopáronseco clamor dunha folga no ensino que encheu as rúas de Compostelao día 21; os dictames reprobatorios da Real Academia Galega e oConsello da Cultura Galega cunha sólida base legal, pedagóxica e so-ciolingüística; a disconformidade de todos os sindicatos, directoresde centros de ensino e anpas. A reacción, en fin, da sociedade civil

galega que contempla incrédula como é atacado o seu máis prezadopatrimonio, o seu sinal de identidade, a súa lingua.

Presentaron agora o tan temido decreto, que borra do seu títuloa palabra galego e do seu corpo o termo normalización. Deixan na de-cisión dos pais, e para escarnio da organización dos centros, a escollada lingua vehicular do ensino na educación infantil e un bo númerode materias en primaria e secundaria. Nais e pais son, abofé, quenmáis sabe dos seus fillos e quen lles quere o mellor, pero quizais nonson os máis axeitados para escoller a lingua no ensino, como tam-pouco o son para escolleren os autores que se estudan na filosofíade bacharelato, ou como se deben explicar as ecuacións ou que tipode prácticas docentes son as máis beneficiosas para os seus fillos.Se a educación dependese da decisión dos pais historicamente nonexistiría a escolarización obrigatoria e os fillos poderían traballar e

botar unha man antes na casa, ou as mulleres nunca poderíancursar estudos superiores por ser cousas de homes. Iso

pensárono moitos pais no seu momento, igual queagora pensan que o galego non é útil e por iso non

llelo transmiten aos fillos.Estableceron, no canto de mínimos, un má-

ximo do 50% igual ca o castelán para a linguagalega. Fano baixo os altos preceptos deigualdade e equilibrio, pero agochan os pre-xuízos lingüísticos máis vellos e a ideoloxíamáis reaccionaria. De que igualdade se podefalar cando unha boa parte do alumnado ga-

lego remata a escolarización obrigatoria senpoder manter unha conversa en galego con flui-

dez? Mentres que o alumnado galegofalante ad-quire todas as destrezas en castelán -non podemos

esquecer o factor compensatorio dos medios de co-municación, entretemento…-, os que están instalados no

castelán non son competentes en galego. Este decreto avoga porun contacto mínimo coa lingua nos ámbitos castelánfalantes, insufi-ciente para adquirir competencia en galego. A liberdade está enpoder elixir, e na ignorancia non é posible.

Avanza tamén o decreto que as matemáticas, física e química ea tecnoloxía se impartirán en castelán, mentres que en galego as re-lacionadas co medio, a historia e as actividades extraescolares. Téc-nica, progreso e prestixio para o castelán, mundo natural e folclorepara o galego: vello prexuízo contra o que xa loitara Rosalía o daque-les que pensan que a nosa lingua é inferior e non vale para certascousas.

Porque o peor deste decreto é a decrépita ideoloxía reaccionariaque o acompaña. Trata de liquidar a lingua no único eido onde avan-zaba a normalización (que dicir da xustiza, a sanidade, a Igrexa osmedios de comunicación…), de coutar as xeracións vindeiras de co-ñeceren a lingua dos avós que temos mortos, simplemente porquea desprezan polo que representa. De pobo e de clase. Por iso, os pa-tufos desleixados do nacionalismo español –no sentido pexorativode Celso Emilio- de PP, UPyD e Galicia Bilingüe, iniciaron un novoxenocidio lingüistico contra o galego. Levan seculos a tentalo. Enfronte, non os medios de comunicación nin as clases dominantesdo noso país; na Cut témolo claro: lingua proletaria do meu pobo!

Contra o decretodo plurilingüismo

Page 20: Xornal Nº6 Información Obreira

En tempos de crise, búscase unculpado. Os inmigrantes son un dosculpados de fácil, aínda que pobre,

xustificación. Mensaxes como a doministro de Traballo, Celestino Corbacho,prometendo resolver o problema do parodeixando de contratar inmigrantes na orixe,declaracións que a vicepresidenta dogoberno, Mª Teresa Fernández de la Vega,tivo que desmentir un día despois, ou océlebre contrato de inmigración quepropuxo o líder da oposición, MarianoRajoy, durante a campaña electoral, teñenpouca validez legal, pero moito peso

ideolóxico, confunden a poboación, eafectan a un colectivo da sociedade moivulnerábel nos seus dereitos.

Os discursos populistas de algúnslíderes políticos contribúen coa creación deconceptos, ou mentiras a voces sobre ainmigración, sobre todo se se trata deoriúndos de culturas diferentes ou decondicións económicas máis baixas. Estasopinións enganosas son, unha vez máis, amanifestación da loita de clases. O capitalutiliza os inmigrantes para abaratar oscustos de produción e incentiva a un tempoo enfrontamento entre obreiros nacionais eobreiros inmigrantes. Perdidos nestasloitas inútiles, os traballadores perden devista os seus verdadeiros obxectivos.

Hai moitas mentiras que circulan comoopinións inviolábeis sobre a inmigración,pero se analizamos os datos que temosdispoñíbeis, facilmente vemos que non sonverdade:

1. Abusan da saúde pública

Fronte á idea de que os inmigrantescolapsan a saúde pública, abondan ascifras. Os datos dos que dispoñemosindícannos que o uso que fan dela é un15% menor que o dos nacionais.Tampouco colapsan as urxencias: haiestranxeiros sen tarxeta sanitaria que sópoden ir a urxencias. Aínda así, sórepresentan o 5% dos usuarios desteservizo.

2. Veñen cometer delitos

A poboación estranxeira incide deforma directa no aumento da delincuencia.¿Verdade ou mentira? Todo indica que émentira. En 2002, coa metade deinmigrantes, a taxa de criminalidade era 1,5puntos superior á de 2006. Polo tanto, non

hai correlación entre inmigración edelincuencia. A policía confirma que 63,5%das bandas criminais son mistas(integradas por nacionais e estranxeiros).

3. Quítannos o traballo.

Os inmigrantes non quitan o traballoaos nacionais, senón que crean máis: ataxuño do ano pasado, 241.000 inmigrantescrearon unha empresa. Esta realidadedescobre outro mito: o nivel de

cualificación dos inmigrantes é superior aodo posto de traballo que ocupan. Ademais,en xeral, veñen igual ou mellor preparadosca os nacionais. A inmigración permiteaxustar os mercados e en tempos de criseos inmigrantes son os primeiros en serdespedidos. Por outro lado, é un feito quea meirande parte dos inmigrantes realizanos traballos que os nacionais non estándispostos a facer, pola súa dureza, porqueson denigrantes, ou porque as condiciónseconómicas son moi precarias.

4. Non se adaptan aos nosos

costumes

¿Qué son os nosos costumes? Nestemundo en proceso de globalización estasdiferenzas vanse disolvendo. É normal quena chegada haxa un choque inicial, pero omáis normal é que a adaptación se realicepaulatinamente. Hai nacionais con formasde estar molestas, e non é por iso quedicimos que non se adaptan aos nososcostumes. Todos os pobos teñen a súa

diferenciación pero isto non resta, enrealidade aporta.

5. Teñen moitos fillos e copan as

axudas familiares

Unha das aportacións dos inmigrantesfoi evitar que o país siga estancadodemograficamente, xa que a meirandeparte deles son mozos en idadereprodutiva. Iso non significa que teñanmoitos fillos, xa que adoptaron o nosomodelo familiar. Pasamos de ter a máisbaixa taxa de natalidade do mundo en 1999con 1,07 fillos por parella a 1,37, segundo opatrón municipal de 2007. O 17,6% dosnacementos producidos no estado españolno 2005 foi de pai ou nai estranxeira.

6 – Os Inmigrantes tiran cos

convenios e rebaixan as condicións de

traballo dos traballadores nacionais.

Unha vez máis nos enganan: enrealidade quen tira cos convenios son osempresarios sen escrúpulos queconsideran os inmigrantes comotraballadores de segunda categoría. Ostraballadores que acaban de chegar aonoso país en busca dunha oportunidade,non sempre coñecen a realidade laboral,nin os seus dereitos. Queren basicamentetraballar, tal como moitos outros que ensituación de paro están dispostos a aceptarcalquera contrato. Ademais, a presión quesofren por obter un contrato laboral que llespermita adquirir o permiso de residencia, faique acepten as condicións que lles ofrecenos explotadores. Os inmigrantes chegansempre en condicións de discriminación, talcomo noutras realidades sociais do nosopaís. Habería que preguntarse se asmulleres son responsábeis de percibirsalarios máis baixos ca os homes.

Estas son só seis das máis recorrentesmentiras sobre a inmigración, hai moitasmáis, pero non nos vamos estender xa quesó pretendo deixar unha advertencia, paraque na nosa condición de traballadores,pensemos un pouco antes de falar sobre ainmigración. Por riba de todo isto está anosa condición internacional proletaria, ostraballadores somos todos iguais,procedamos de onde procedamos, e senos entregamos a loitas entre nós nonfacemos máis que servir ao inimigo quesen dúbida ningunha é o capital.

Compostela, 17 de Marzo 2010

colaboración[ ]

O Xornal # Información Obreira # nº 620

Algunhas mentirassobre a inmigraciónpor Zé Paredes

Page 21: Xornal Nº6 Información Obreira

No ano 2007 comezaban os efectos dunha nova crise do sis-tema capitalista, unha crise que deu en crack sistémico de-bido ás dimensións que, a día de hoxe, ten alcanzado.

Naqueles momentos, os polítiquillos postos polo capital nos distin-tos gobernos do mundo negaban a existencia de crise algunha, in-cluso os economistas máis reputados (por nós sempre repudiados)do sistema dicían que os datos só indicaban que habería reaxustesdo mercado sen máis. Mentían.

Poucos meses despois escenificaban grandes cumbres inter-nacionais para lle pór fin a unha crise que amea-zaba os seus intereses de clase. As soluciónstomadas -cartos públicos para salvar ao sector fi-nanceiro especulador, inversión en medidas re-presivas ante posíbeis levantamentos popularese socialización das perdas- tiñan coma finalidadeúnica salvar o sistema capitalista, refúndalo paradarlle un novo creto que o manteña ata a se-guinte crise. O ciclo xa o describira Marx, e nonse equivocou.

A CUT analizaba todo o proceso coma unhaconsecuencia directa do sistema capitalista, porxenética depredador coa clase traballadora. Osdatos facían doada a análise: dende a imposicióndo neoliberalismo dos anos setenta, e da súa glo-balización nos anos noventa, a clase obreira viña perdendo poderadquisitivo, situación só disimulada co consumo a creto. Para nósa crise é a vida cotiá, para o capital non é máis que un retroceso naacumulación de plusvalía; un periodo onde terá que reaxustar omercado para volver a unha acumulación de capital insultante. Bensabemos que os reaxustes serán abaratar a man de obra, aumentara precariedade, a discriminación, a represión, eliminar gasto social...Ben sabemos que os reaxustes teñen un propietario histórico: oproletariado.

Albiscando este panorama comezamos un traballo para sociali-zar a necesidade de darlle unha resposta contundente ao capita-lismo, causa directa da crise aínda que lle poñan mil e unha caretas,e a solución pasaba pola FOLGA XERAL.

A Folga Xeral non a entendiamos, nin a entendemos hoxe endía, coma un fin en si mesma, senón como un proceso de acumu-lación de forzas para lle demostrar ao capitalismo do século XXIque a clase obreira segue en pé, segue en plena disposición deloita contra un sistema que non serve. Serviría a folga, xa que logo,para encher de enerxía aos traballadores e traballadoras e darlle unvolco á correlación de forzas existente.

O 18 de decembro de 2008 saiamos ás rúas de Vigo berrandoque este sistema non serve e pedindo a Folga Xeral. Esta campañapola Folga continuou con propostas abertas a que todos os colec-tivos que din defender aos traballadores e traballadoras, todos ospartidos políticos que se autoproclaman coma de esquerdas etodos os sindicatos de clase para que se sumaran a esta campañapola folga xeral. Na folga do metal de Pontevedra do ano 2009 es-coitouse o berro unánime dos traballadores pedindo a FOLGAXERAL NACIONAL. Non foron escoitados.

Agora, xa no ano 2010, as condicións obxectivas para unha

folga xeral non despareceron, máis ben medran minuto a minuto.Todos coincidimos na análise da caótica situación que vivimos, máistemos que transformar o pesimismo, que é sempre conservador,en opitimismo, que é sempre revolucionario; e nada mellor para en-chernos de optimismo que xuntarnos na rúa e comprobar que aforza é nosa.

O goberno de Zp e o goberno da Xunta (dígase sucursal de Es-paña en Galicia) de Habichuelo non fan máis que dirixir globos me-diáticos para facernos crer que os traballadores e traballadoras

temos a responsabilidade directa desta crise, que-ren meter no noso subconsciente o complexo deculpa baseándose en que consumimos por ribadas nosas posibilidades (non hai máis que recor-dar as palabras de explotador neoliberal que vivedas subvencións públicas dende hai trinta anos,un tal Adolfo Domínguez) cando a realidade é quefoi o capitalismo o que obrigou a este sistema deconsumo para continuar co proceso produtivo queleva á acumulación da plusvalía. Non, non pode-mos caír na súa trampa dialéctica e “comprender”a necesidade de que é a clase traballadora a quedebe pagar o buraco. Nunca o neoliberalismo cha-mou aos traballadores para repartira a riqueza nosperidos de máxima acumulación, e nunca os sin-

dicatos maioritarios levantaron a voz nesas épocas para denunciaras condicións nas que se estaban a dar esas ganancias.

Entre o goberno, entre as súas sucursais, entre a patronal eentre os sindicatos maioritarios están a cociñar unha nova ReformaLaboral que hai uns meses, e levantando a voz e o puño en Astu-rias, negaban en nome do socialismo. Pronto baixaron puño e ore-llas para trasmitir a enorme falacia de que o sistema de pensións éinsostíbel, pronto cambiaron de discurso e puxeron na mesa o aba-ratemeno do despido, pronto sentaron a patronal e os sindicatossubvencionados con fondos públicos para pactar a limitación salarialno 1%. Pronto teremos que reaccionar.

A CUT non esquece a súa proposta inicial de FOLGA XERALNACIONAL e por iso reabre o proceso de acumulación de forzasmediante dúas vías de traballo: interna e externa. Dende o punto devista interno temos que reflexionar e analizar para facer a necesariapedagoxía nunha clase traballadora que está a asimilar a crise de ca-pital como algo irremediable, coma algo contra o que nada podenfacer máis que obedecer ao despotismo capitalista. Dende unhaóptica externa a nosa obriga e obxectivo é contactar con todas asforzas sociais (asociacións de viciños, partidos, colectivos sociais,sindicatos, asociacións de estudantes...) para lle pór encol da mesaesta necesidade sen condicións.

A clase obreira galega estamos a sufrir un aumento de paro encaída libre, estamos a sufrir recortes drásticos nos nosos dereitos,estamos a sufrir a represión sindical, a destrución dos nosos sec-tores produtivos (mar, agricultura, gandería, naval...) e o silencio do-mina o horizonte. É hora de recoller os mil e un Vietnam e facerunha festa revolucionaria.

ESTE SISTEMA NON SERVE, FOLGA XERAL NACIONAL XA.

O Xornal # Información Obreira # nº 6 21

colaboración[ ]A necesidade dunhaFolga Xeralpor Ricardo Castro, Secretario Xeral

Page 22: Xornal Nº6 Información Obreira

O Xornal # Información Obreira # nº 622

formación[ ]

Apesar da masiva incorporación das mulleres ao mercadolaboral, isto non se traduciu en melloras laborais e salariais.No estado español, as mulleres perciben un 27%-28%

menos de salario que os homes.

A muller galega ten que traballar case dous meses máis que unhome que desempeñe a mesma función para cobrar o mesmo queeste percibiría nun ano. En datos porcentuais o salario bruto porhora dunha muller é 25,5% inferior ao dun home co mesmo postode traballo.

A diferenza salarial é meirande en Pontevedra, co 27,29%fronte ao 26,27% da Coruña, o 20,51% de Lugo e o 20,06% deOurense. Por idades, a maior desigualdade dáse entre oscolectivos de 18 a 25 anos (29%) e, principalmente, entre maioresde 65 (53%).

Ante estes datos, a muller en Galicia ademais de traballar 53días anuais máis se quere equiparar o seu salario ao dun home,tamén ve reflectida a súa diferenza de remuneración á hora depercibir prestacións por desemprego ou as pensións, sendo Galiciaa cuarta comunidade con menor pensión media anual feminina doEstado Español.

Existe segregación ocupacional entre mulleres e homes debidoa que estas non poden acceder aos mesmo postos de traballo eque non realizan as mesmas tarefas. Isto fai que se continúenvalorando de distinta forma os traballos realizados polas mullerese esta situación tradúcese na existencia de discriminación salarial.

O concepto de igual retribución significa que para un traballo deigual valor, no que as características do mesmo poidan serdesempeñadas tanto por mulleres como por homes, débesepercibir igual salario e ter as mesmas prestacións, a non ser que adiferenza se explique por motivos non discriminatorios.

As causas polas que se produce esta discriminación sonvariadas, destacando entre outras:

Idade: a maior idade, maior salario. As mulleres novas teñenun maior peso relativo entre a mocidade traballadora.

Nivel educativo: a maior nivel educativo, suponse que sepercibe maior salario, pero no caso das mulleres, a pesar de queactualmente teñen maiores niveis educativos que os homes, asdiferenzas salariais persisten, debido á influencia do resto defactores que estamos a tratar.

Antigüidade: a maior antigüidade, maior salario. A antigüidademedia das mulleres nas empresas acostuma ser inferior á doshomes.

Sector de actividade: existe maior presenza de mulleresnaqueles sectores onde os salarios son máis baixos.

Valoración dos postos de traballo: polo xeral hai traballosque están feminizados, e polo tanto están subremunerados.Namentres máis mulleres se atopen traballando nunha ocupación,máis baixa é a remuneración. Ademais os modelos de valoraciónson discriminatorios, xa que se potencia a forza ou a produtividaderelacionada con esta ao tempo que se infravalora a produtividaderelacionada coas habilidades e destrezas, debido a que existenprexuízos sexistas á hora de avaliar o traballo realizado pormulleres.

Clasificación profesional: utilízase para determinar asfuncións e xerarquías dentro dunha empresa e constitúe areferencia para establecer a diferenza salarial entre as traballadorase traballadores. Pero ocorre que as clasificacións profesionais, namaioría dos casos, non responden a unha valoración técnica doposto de traballo, senón que está relacionada cos valores sociaispredominantes na nosa sociedade nas que o traballo feminino éinfravalorado e polo tanto peor pagado.

Complementos salariais: o cobro ou non dos complementossalariais (horas extraordinarias, pagamentos por horario nonregular, clasificación, paga por méritos, competencia ourendemento,…), supoñen a existencia de discriminación debido aque normalmente se valoran máis os traballos masculinos e oscomplementos adoitan estar ligados a estes traballos.

Para poder facer efectiva a equidade de remuneración faisenecesario que os criterios aplicados á hora de determinar ossalarios estean libres de prexuízos, que os traballos se valoren damesma forma, que se elimine a diferenza salarial por razón de sexoe que se trate ás traballadoras e traballadores da mesma forma.Ademais, hai que adaptar as estruturas salariais aos cambios quexurdiron nas relacións laborais debido a que actualmente ostraballos se atopan máis homoxeneizados e, polo tanto, han devalorarse de xeito equivalente.

En referencia á normativa española, o ordenamento xurídicoreflicte unha serie de aspectos relativos aos sistemas ou políticassalariais. Como norma fundamental, na Constitución Española, noartigo 9.2 responsabiliza aos poderes públicos das condiciónsnecesarias para que a liberdade e a igualdade do individuo sexareal e efectiva. No artigo 14 proclama o principio de igualdadedas/dos españolas/les ante a lei, prohibindo expresamente adiscriminación, entre outras causas odiosas, por razón de sexo.Por último, o artigo 35.1 consagra o dereito de traballar e o dereitode todas a persoas españolas “ao traballo, á libre elección deprofesión ou oficio, á promoción a través do traballo e a unharemuneración suficiente para satisfacer as súas necesidades e asda súa familia, sen que en ningún caso poida facersediscriminación por razón de sexo”.

A segunda norma de importancia en materia salarial é a Lei8/1980 de 10 de marzo, do Estatuto dos Traballadores. No seuartigo 17 establece que: “1. Entenderanse nulos e sen efecto ospreceptos regulamentarios, as cláusulas dos convenios colectivos,os pactos individuais e as decisións unilaterais do empresario, queconteñan discriminacións desfavorables por razón de idade oucando conteñan discriminacións de traballo por circunstancias desexo, orixe, estado civil, raza, condición social, ideas relixiosas oupolíticas, adhesión ou non a sindicatos e aos seus acordos,vínculos de parentesco con outras/os traballadoras/es na empresae lingua dentro do Estado Español...”.

Non obstante, aínda que o ordenamento xurídico españolregula a igualdade de retribución por traballo de igual valor, resultaque estas garantías xurídicas en moitas ocasións se incumpren,posto que as mulleres en España perciben un 27% e 28% menosde salario que os homes por un traballo de igual valor.

Esta menor retribución salarial das mulleres dáse porqueseguen existindo prexuízos masculinos, nos cales non se valora

Muller e salario

Page 23: Xornal Nº6 Información Obreira

O Xornal # Información Obreira # nº 6 23

formación[ ]de igual forma o traballo feminimo que o masculino.

A negociación colectiva perfílase como a mellor vía para loitarcontra a discriminación salarial. Para isto faise necesario:

Analizar a distribución das/os traballadoras/es en función dosexo das/os mesmas/os.

Analizar os salarios de cada categoría profesional en funcióndo sexo, para así poder detectar as posibles discriminacións.

Analizar aqueles criterios que se establecen á hora dacontratación, promoción, etc., e que determinan o salario que vaipercibir a persoa.

Revisar aqueles criterios que se utilizan á hora de valorar otraballo dunha persoa tal como a antigüidade, forza física,dispoñibilidade horaria..., e que xeralmente favorecen aos homese discriminan as mulleres.

Unha vez que se teñan en conta todos aqueles criterios queproducen discriminación salarial das mulleres, hai que “poñelosenriba da mesa” e lograr que se introduzan cláusulas nondiscriminatorias nos convenios colectivos co obxectivo deerradicar a discriminación salarial por cuestión de xénero.

BOAS PRÁCTICAS:

Asegurar que os convenios colectivos incorporen cláusulas

que garantan o principio de igualdade retributiva e que dun

modo expreso reflictan que deberán pagarse as mesmas

retribucións, todas as prestacións en cartos ou en especie

(salario base, complementos salariais, melloras sociais,

indemnizacións por traslados...) e calquera tipo de retribución

que se perciba directa ou indirectamente relacionada co

traballo.

Establecer que o convenio e a súa estrutura retributiva

afectará a todas e todos as/os traballadoras/es, sexa cal sexa

a modalidade da súa contratación, sen realizar excepcións de

ningún tipo respecto das/dos traballadoras/es de carácter

temporal ou a tempo parcial.

Proceder a regular ou revisar as clasificacións profesionais

e a valoración dos postos e funcións de cada traballo na

empresa, para a correcta aplicación do principio de “igual

retribución por traballos de igual valor”, coa finalidade de

poder abordar a posterior corrección das discriminacións

salariais por cuestión de xénero”.

Introducir medidas de acción positiva que traten de

modificar situacións de desigualdade:

Establecendo incrementos salariais suplementarios á subidaxeral para a equiparación de niveis salariais dun mesmo grupoprofesional ou de categorías equivalentes, para a asimilación decategorías feminizadas e as súas equivalentes masculinizadas,eliminando así posibles desigualdades salariais.

Fixando un salario mínimo garantido que estará composto polatotalidade dos conceptos retributivos a percibir polas/polostraballadoras/es de cada empresa, na súa actividade habitual entraballos non medidos. Non se inclúen no salario mínimo garantidoos seguintes conceptos: antigüidade, plus de quendas,nocturnidade e complemento de posto de traballo...”.

Page 24: Xornal Nº6 Información Obreira

O Xornal # Información Obreira # nº 624

Chegamos ao ano 1975, en concretoao mes de maio (é preciso sinalarque no mes de abril deste mesmo

ano fundárase a AN-PG), cando nace oprimeiro proxecto sindical nacional conperspectivas vitais máis alá do efémero,cando nace o Sindicato Obreiro Galego, oSOG, que tiña coma antecedente a FrenteObreira. A súa primeira asembleacelebrouse no mes de abril de 1976 easistiron como convidados as ComisiónsMariñeiras, as Comisións Labregas e aUnión de Traballadores do Ensino de Galicia(UTEG) que nacera en 1974 e tiña comovoceiro “Alento”. Esta primeira asemblea,celebrada nun monte das proximidades deVigo, establece un sindicalismo piramidalcunha base construída polas asembleas defábrica á que se superpoñen os delegadose por riba deles as asembleas locais,provinciais e comarcais, cuxo vértice é oCongreso Sindical Galego. O seu programamínimo de loita estaba dividido en tresbloques que son os que seguen:

Reivindicacións políticas (Amnistía total,liberdade sindical e Congreso SindicalGalego coa finalidade de conseguir aCentral Sindical Galega)

Reivindicacións económicas(Emigración e Seguro de Desemprego)

Reivindicacións sociais (Vivenda,Seguridade Social e Ensino)

En maio do ano 1977 legalizáronse asdiferentes pólas sectoriais do SOG:

Unión de Despachos (UDDSOG)Unión de Comercio (UDCSOG)Unión de Transportes (UT-SOG)Unión de Construción (UDCSOG)Unión de Metal (UMSOG)Unión de Seguros e Reaseguros(USRSOG).

Contemporáneos e paralelos ao SOGxorden varios sindicatos sectoriaisnacionalistas (fenómeno indicativo de que asemente sindical galega de clase estaba aabrollar e aínda non era posíbel falar dunhaunión homoxénea e completa) como oSindicato Galego de Traballadores do Mar(SGTM), a Unión de Traballadores da Bancade Galicia (UTBG), a Unión de Traballadoresda Sanidade Galega (UTSG), a UniónGalega de Artistas (UGA) e a xamencionada Unión de Traballadores doEnsino de Galicia (UTEG), todos elesaparecidos no ano 1976 con excepción daUTEG que o fixo no 74.

No mesmo ano 1976, no mes desetembro, vían a luz os Comités deTraballadores Galegos, desta vez apoiadospolo PSG dando clara mostra daintervención política nacionalista na vidasindical. Tiñamos por un lado o SOG comocorrente sindical da UPG e por outra bandaos CTG ligados ao PSG e á AsembleaPopular Galega, que se esgallara da AN-PGen outubro de 1976. Esta dualidade, ou sese quer bicefalia político-sindical, ía ser a

dinámica habitual nos encontros e tropezosque se producirán ata a constitución daCIG, que no 1999 sufrirá unha novaescisión dende a esquerdaindependentista, dando lugar á CentralUnitaria de Traballadores/as (CUT).

Chegados ao ano 1977, en xaneiro, oSOG dá a coñecer no nº 7 de “Eixo” oacordo de unirse con UTEG, UTBG, UTSG,SGTM para crear a Intersindical NacionalGalega (ING). Antes da formalización daING, o SOG ía dar a coñecer a súa direcciónnacional en xuño do 77, sendo SecretarioXeral Francisco García Montes e contandonesa dirección, entre outros, con Xosé LoisRíos, Xan Carballo, María do Carme Pérez,Miguel Campuzano, Antón Arias Curto... eía tamén a convocar a súa II Asemblea parasetembro do mesmo ano. Nesta IIAsemblea debía debaterse a integración naING, e neste debate danse as primeirasexpulsións de representantes sindicais deFerrol e Vigo que acusan de falta dedemocracia interna na elaboración dosrelatorios, así mesmo acusan á UPG decontrol do sindicato e disentían do proxectode integración do SOG na ING.

A ING queda formada pola unión doSOG cos demais sindicatos integrados naAN-PG (Asemblea Nacional-PopularGalega). O primeiro paso foi desligarse daAN-PG coma xesto de independencia, peroa súa ligazón coa UPG era máis queevidente. No mes de outubro de 1977, osdías 8 e 9 en Patos (Nigrán), celebran o seu

I Congreso e resulta elixido FranciscoGarcía Montes Secretario Xeral; formabanparte da dirección Xenoveva Ferreira eEladio Pérez (subsecretarios), Xosé LoisRíos (Organización), Alfredo Suárez Canal(Prensa), Xosé Ramón García Loureiro(Propaganda), Manuel Fernández (Exterior),Fernando Acuña (Finanzas), Xosé ManuelFernández (Infraestrutura) e Xan Carballo(Emigración); adoptaron como voceiro“Eixo”. No artigo 1º dos seus estatutosdefínese coma unha central sindical queaglutina a UTBG, UTEG, UTSG, SGTM eSOG.

Anteriormente, no mes de setembro do77, formáronse unha serie de sindicatossectoriais ligados ao PSG:

SAGA (Sindicato Agrario Galego)SGTH (Sindicato Galego de Traballadoresde Hosterlería)SGP (Sindicato Galego de Pesca)SGMP (Sindicato Galego de Manipuladoresdo Peixe)SGS (Sindicato Galego da Sanidade)SGI (Sindicato Galego da Información)STEG (Sindicato dos Traballadores doEnsino Galego)

O esquema utilizado é similar, senónidéntico, ao utilizado pola UPG, é dicir, unsindicato matriz (no caso da UPG o SOG eno caso do PSG os CTG) e unhas pólasenraizadas nesa matriz. Mesmo esquemacon contidos similares tan só separadospor dúas correas transmisión política quepelexaban por algúns espazos diverxentese por unha maioría deles comúns. Unhahistoria de bicefalia sindical baseada nadialéctica política entre proxectos de nacióndiferentes que rematou,momentaneamente, co nacemento daIntersindical Nacional de TraballadoresGalegos (INTG) no ano 1981.

a nosa historia[ ]Patria E LoitaAnos 70, a orixe do sindicalismo galego (II)

O esquema utilizado ésimilar, senón idéntico, aoutilizado pola UPG, é dicir,un sindicato matriz eunhas pólas enraizadasnesa matriz.

Esta primeiraasamblea, celebrada nunmonte das proximidadesde Vigo, establece unsindicalismo piramidalcunha base constituídapolas asembleas.

Page 25: Xornal Nº6 Información Obreira

O Xornal # Información Obreira # nº 6 25

internacional[ ]MEXICO: O GOBERNO DECALDERON QUERE ELIMINARO SME

Os días 11 e 12 de marzo vaise celebrar en Ciudad de Méxicounha Conferencia Internacional de Solidariedade co SindicatoMexicano de Electricistas (S.M.E.). Dito evento vén motivado poloacoso sen precedentes do Goberno mexicano de Felipe Calderónó SME para lograr a privatización da Empresa Luz y Fuerza delCentro (LFC), despedindo nada menos que a 44000 traballadores,transgredindo as máis mínimas normas da legalidade e do dereitodestes.

O SME é un referente de historia e dignidade do sindicalismode clase en América Latina durante os seus 95 anos de historia. Épor iso que ata agora os distintos gobernos de Salinas, Zedillo eFox non foran capaces quen, malia intentalo unha vez e outra, deprivatizar a industria eléctrica mexicana. O colectivo de electricistasdirixido polo SME enfrontou loitas exemplares durante os últimosvinte anos.

O 10 de outubro do ano pasado o goberno ordenou o asaltomilitar e policial das instalacións de LFC, co despedimento de 44mil traballadores ao tempo que dispuña a liquidación da empresa epasaba por alto a representatividade lexítima do Sindicato Mexicanode Electricistas. Os traballadores afectados non cobran o seusalario desde o mes de outubro e o vindeiro 16 de marzo cúmpresea vixencia do Contrato Colectivo.

O goberno mexicano está desde aquela utilizando mil e unhaartimañas para obrigar aos traballadores a través da chantaxe paraasinar convenios individuais e para que acepten liquidacións coobxectivo de oficializar o finiquito da empresa e do sindicato. A loitaexemplar deste colectivo fai que a maioría aguante o pulso ógoberno, pero a situación cada día é máis dramática.

25º ANIVERSARIO DACONFEDERAZIONESINDICALE SARDA.

O pasado 20 de febreiro tivo lugar en Cagliari (Sardeña) acelebración do vixésimo quinto aniversario da fundación da

organización sindical CSS (Confederazione Sindicale Sarda). A CUT,que estaba convidada a este acto conmemorativo, enviou unha

mensaxe para trasladarmos a nosa solidariedade co sindicato sardoque coma nós forma parte da Plataforma Sindical de Nacións senestado.

Sardeña é unha nación insular mediterránea asoballada poloestado italiano. Ten unha extensión de 24.090 km2 e 1.650.000habitantes. A súa economía está marcada fortemente polo sectorprimario (agricultura e pastoreo), con polos industriais nosperímetros das cidades, explotación mineira e de granito, e un fortee devastador sector turístico para o medio.

O sindicato sardo CSS, neste vintecinco anos de existencia,leva traballado, ademais de polas reivindicacións de clase, pola loitapola identidade nacional posta en peligro polos distintos gobernosda República italiana e agravada polo neofascista Silvio Berlusconi.

CELEBRADA NO VAL DAAOSTA A ASEMBLEA DAPSNSE

Durante os días 5 e 6 de febreiro celebrouse no Val da Aosta aasemblea da Plataforma de Sindicatos de Nacións sen Estado.

Actuou como anfitrión o sindicato SVAT dese País. Ademais dosindicato anfitrión, os sindicatos que asistiron foron: UGTG

(Guadalupe), USTKE (Nova Caledonia), STC (Córsega), SLB(Bretaña), CSS (Sardeña), I-CSC (Catalunya), CUT (Galicia) e LAB(Eskal Herría).

Page 26: Xornal Nº6 Información Obreira

internacional[ ]

O Xornal # Información Obreira # nº 626

[

O Val da Aosta é unha nación enclavada nos Alpes que pertenceó estado italiano e linda co estado francés e Suíza. O seu idioma éo franco-provenzal que o falan a maioría dos 137.000 habitantesque viven nun territorio de pouco máis de 3.200 km2.. Taménexiste nos vales montañosos do nordeste unha minoría falante dealemán medieval de pouco máis de 2000 persoas. A súa economíadepende maioritariamente do sector servizos, representando osector industrial o 5% e o primario o 3´5% do PIB. Existe ungoberno autónomo desde a creación da República Italiana, cunParlamento Valdostano dominado polas forzas nativas de todoespectro político e ideolóxico: autonomistas, nacionalistas,soberanistas..., goberna na actualidade a Unión Valdotaine. Noámbito sindical o SAVT é a organización maioritaria entre a clasetraballadora do país xa que aglutina a máis de 10.000 afiliados/as.

A CUT estivo representada polo compañeiro Manolo Caamaño.A PSNSE tivo o acto fundacional en Ajacio (Córsega) hai tres anos,e compóñena 19 sindicatos. Esta asemblea vénse a consolidarcomo referente sindical que agrupa a diferentes sindicatos, dedistintos ámbitos ideolóxicos e que o seu escenario de actuaciónson nacións asoballadas de todo o Mundo.

Nas xornadas desenvolvidas en Aosta aprobouse oRegulamento de funcionamento que será o marco que ordene aactuación da PSNSE no futuro, así como a integración de novasorganizacións. Tamén foi elixida a Comisión Permanente, quequedou formada polos sindicatos: STC, LAB, CSS, SAVT, I-CSC,UGTG e LAB. No eido da comunicación, tamén quedou definido ofuncionamento da páxina da PSNSE, a cal se pode acceder noenderezo www.psnse.com.

No final das xornadas tamén por unanimidade quedou aprobodaunha Resolución esixindo a posta en liberdade de Rafa DiezUsubiaga, ex Secretario Xeral do sindicato LAB, encadeado pologoberno español no marco da espiral represiva contra omovemento vasco de liberación nacional. Nas intervenciónsrealizadas quedou patente o traballo do compañeiro Rafa Díez,precisamente para lanzar e coordinar a iniciativa que deu lugar aconstitución da PSNSE.

A vindeira asemblea xeral da PSNSE celebrarase no ano 2012en Guadalupe.

SOLIDARIEDADE DA CUT COSINDICATO ANDALUZ DETRABAJADORES (SAT)

O pasado día 11 de febreiro foi suspendido o xuízo que ía terlugar en Sevilla contra catro traballadores afiliados ao SindicatoAndaluz de Trabajadores (SAT). Acusan aos traballadores deatentado á autoridade, a partir dos incidentes producidos polaintervención violenta da policía española, o 2 de agosto de 2005.

Os traballadores agora pendentes de seren xulgados polaAudiencia, por inhibición do Xulgado do penal, enfróntanse a penasque suman cinco anos de cadea. O seu único delito foi defendercon coherencia os dereitos dos traballadores e traballadoras.

O Goberno do PSOE non perdoa ó SAT a súa traxectoria sindicalde non claudicar fronte á inxustiza e ó despotismo no agro andaluz.

A CUT enviou unha mensaxe de solidariedade ó SAT. Como seve, non só no naval de Vigo queren meter os traballadores nacadea.

Page 27: Xornal Nº6 Información Obreira

O Xornal # Información Obreira # nº 6 27

Dixo...[ ]

Rachar o círculo vicioso dadominación foi a última palabra deorde dada por Daniel Bensaïd.

Semanas antes de morrer en xaneiroenfermo de cancro, o militanteanticapitalista prescribía o reagrupamentodos socialistas e a necesidade de tomar opartido da loita de clases. Para Bensaïd, ofilósofo político da estratexia contra otempo da pospolítica, trátase de pensar ocomunismo, a hipótese estratéxicareguladora. No texto que corrixía nohospital onde finalmente faleceu, achegouunha definición agónica: “O soñoirreductíbel dun mundo diferente, dexustiza, de igualdade e de solidariedade; omovemento permanente que apunta aabrogar a orde existente na época docapitalismo; e a hipótese que orienta estemovemento cara a un cambio radical dasrelación de propiedade e de poder”. Todaa peripecia vital e intelectual de Bensaïdparece desembocar nesa conclusión.

Nado en Toulouse hai 64 anos, contra1966 fixo parte dos fundadores dasMocidades Comunistas Revolucionarias etres anos logo da Liga Comunista. Pero foimaio o episodio práctico sobre o queedificou unha teoría do profano en políticae da intempestividade da toupa daemancipación. No seu primeiro libro,coescrito canda Henri Weber, realiza acrónica dos acontecementos do 68 enFrancia e aponlles a mesma perífrase queLenin apuxo á revolución de 1905: unensaio xeral. “Do que non se fala moito édo aspecto estratéxico do 68 a nivelpolítico e sindical”, lembraba catrodécadas máis tarde, “de que existiu aposibilidade durante un curto lapso detempo de derrubar un goberno moiconservador a partir dunha folga xeral”.Contra a imaxe espectacularizada doBarrio Latino, o Bensaïd pensador datemporalidade insurxente consignaba unmes no que dez millóns de traballadoresnegaron a validez do traballo asalariado eimpugnaron a Cuarta República.

Das cinzas do 68 francés emerxeu aferramenta política na que militaría DanielBensaïd, a Liga Comunista Revolucionaria.Inscrita na IV Internacional, a Ligaescaparía, con todo, do escisionismo e dasparaortodoxias de raíz trotskista e formaríapor unha análise baseada no marxismoaberto. “A historia tumultuosa dostrotskismos”, escribiu en 2002, “xira, enresumo, arredor da gran cuestión: comoseguir sendo ‘revolucionarios sen

revolución’?”. A LCR, que nunca negou ocarácter de campo de batalla do campoelectoral pero que non subordinou a el asúa estratexia política, que contribuíudecisivamente e na persoa do propioBensaïd á conformación doantifranquismo catalá á esquerda doPSUC, que funcionou nas orixes doPartido Trabalhista do Brasil comoanimadora da á radical, decretou a súametamorfose no Novo PartidoAnticapitalista o pasado ano. “Disolversepara excederse”, expuxo, xusto naapertura dun ciclo histórico: “Aglobalización comercial, o afundimento daUnión Soviética, a conversión de China aodespotismo de mercado, a demolición doEstado social en Europa, as novas guerrasimperiais”.

Ese ciclo histórico foi precisamentediagramado polo propio Bensaïd nos seusTeoremas da resistencia aos tempos quecorren. Editado en 2001 e debedor danobre tradición do pasquín esquerdista, otexto revisa en cinco teses a dureza e asfendas desa historia que el sempreconsiderou diagnosticábel. “Oimperialismo é a forma política da

dominación que corresponde aodesenvolvemento desigual e combinadoda acumulación capitalista. Estecapitalismo moderno cambia de aparencia.Non desaparece”, enuncia en respostaapenas velada a Toni Negri. E conclúe:“Aínda non posuímos as chaves damorfoxénese do universo políticoestratéxico que comezou”. A descubrilasdedicou Daniel Bensaïd o máis vizoso doseu traballo, na teoría e na praxe, dosúltimos anos.

O filósofo nunca abandonou a posiciónherética. Coa ollada a un tempodesesperada e esperanzada de WalterBenjamin, capaz de detectar as rupturas eas liñas de fuga no síntoma menos visíbel,Bensaïd cismou na necesidade de que omovemento emancipador contase a súapropia temporalidade. Incidiu sendesánimo na desmontaxe do xustillo noque os eurocomunistas introduciron aLenin e escribiu sobre o imprevisto dainsurrección c’O Estado e a Revolución

como obra de cabeceira. E respondeu aoespectro marxiano invocado por JacquesDerrida co libro que, talvez, sintetice a súatarefa, Marx intempestivo (1995): “Herdarnon é algo que simplemente ocorre. Aherdanza nunca é sinxela. Non se tratadun ben que se recibe e deposita nobanco. Ao mesmo tempo ferramenta eobstáculo, arma e fardo, sempre é algo atransformar. Todo depende de que se fagacon esa herdanza sen propietarios nininstrucións para o seu uso”.

Díxoo… DanielBensaïdO ensaio xeral de Daniel Bensaïd. Daniel Salgado

“O soño irredutíbel dunmundo diferente, dexustiza, de igualdade e desolidariedade”

“... existiu aposibilidade durante uncurto lapso de tempo dederrubar un goberno moiconservador a partirdunha folga xeral”

Page 28: Xornal Nº6 Información Obreira

internacional[ ]

O Xornal # Información Obreira # nº 628

Aactual crise estrutural do sistema capitalista, se por algo secaracteriza ademais de polo factor económico-financeiro oua rapina do medio natural, é polo agravamento salvaxe da

crises moral e de valores. A clase dominante, á hora de

xestionar esta conxuntura, entre outras coartadas, bota man

cinicamente do fenómeno migratorio, usándoo como cortiña defume para desviar a atención sobre as verdadeiras causas eresponsabilidades da crise.

Como consecuencia desta terapia narcotízante, cada día cobranmáis forza as posicións reaccionarias e ás veces xenófobas órespecto do rol dos inmigrantes entre a clase traballadora e asociedade en xeral. Galicia non é allea a este fenómeno. Este é unfeito insólito e alarmante nesta terra secularmente emigrante. Agravidade do mesmo non pode pasar desapercibida para osindicalismo galego de clase. É máis, os principios do

internacionalismo proletario contidos no sindicalismo non

deben quedar na teoría, debemos ter unha práctica activa de

solidariedade.

Se hai pobos no Mundo cunha historia marcada polo dramamigratorio, Galicia é un deles. Durante séculos centos de miles degalegos e galegas tivemos que emigrar a outras terras. A razónsson coñecidas e nunca caprichosas: a busca de sustento paracomer e escapar da fame, é dicir, por necesidade económica;tamén en menor medida por fuxir do servizo militar no exércitoespañol e, finalmente, por razóns políticas ao fuxirmos tamén darepresión fascista de Franco. Nos últimos cento corenta anos

emigraron de Galicia máis dun millón dos seus fillos,magnitude estarrecedora tendo en conta a poboación actual, queaínda non acadou ós tres millóns de habitantes.

A historia da humanidade é consubstancial ó fenómeno dasmigracións. As comunidades primitivas xa percorreron grandestraxectos na procura de melloras alimentarias e climáticas. Pero foi

o modelo de produción capitalista quen propiciou o gran salto

nos grandes fluxos migratorios dos países pobres ós países

desenvolvidos. A necesidade de man de obra barata para industriaou para substituír ós traballadores autóctonos é unha inercia quevén marcada sempre e en todo lugar pola clase dominante dasmetrópoles capitalistas, e non pola necesidade e vontade doemigrante, que é unha consecuencia posterior.

A actual conxuntura histórica da mundialización económicacapitalista e o asentamento do modelo neoliberal, veu supoñer aacentuación dramática das diferenzas entre Norte e Sur, é dicir,entre probes e os ricos. Ademais, o soporte ideolóxico do

sistema capitalista actúa como efecto chamada que acada ás

veces caracteres autenticamente delirantes. A burguesía, dígasea patronal, é quen regula sempre os excedentes de man de obra,e polo tanto os fluxos migratorios para poder aferrollar mellor aclase traballadora. A superestrutura (clase política, poder lexislativo,xudicial, policial) limítase a xestionar as necesidades dos primeiros.

Cando os traballadores laminados pola ideoloxía do inimigo sesitúan no País dos Ananos que tan ben describira Celso EmilioFerreiro, culpando ós compañeir@s inmigrantes da súa situación, asúa opinión ademais de inxusta é insolidaria e reaccionaria, e chegaacadar tinxes grotescos. Ninguén pode esquecer de que Galiciasegue a ser un país emigrante, e non falamos da escorapoboacional do interior do país á franxa costeira, falamos de que

hoxe, no ano 2010, o número de traballad@res galegos

emigrantes sen contar a emigración histórica é tres veces

superior ó número de compañeir@s inmigrantes asentados en

Galicia.

Quen pode falar da ridícula e mentireira argumentación dos“sen papeis”?. Hai que lembrar que a inmensa maioría de

emigrantes galegos, a América Latina ou a Europa, fíxoo

carecendo das máis mínimas esixencias legais da época e do

país de acollida. Unha simple ollada ós arquivos da historia recentebotaría por terra semellante estupidez. Por que non llo preguntan aaqueles aínda vivos como pasaron a corentena nos portoslatinoamericanos? E se falamos da estadía agachada nos StelaMaris dos portos de Bélxica ou Holanda?.

Aqueles, que en vez de enfrontarse ó inimigo, déixanseengaiolar pola ideoloxía dominante, considerando estranxeir@silexítimos ós inmigrantes, habería que preguntarlles: e que foi máislexítimo, o saqueo das riquezas dos países colonizados poloimperialismo español, inglés ou portugués,..? Segue sendo máislexítimo o actual saqueo imperialista de petróleo, minerais,peixe...no Terceiro Mundo? Ollo! Na lóxica do anano asimilado

e alienado, sen dúbida asexa un fascista.

Os únicos responsables da realidade que sufrimos son oGoberno e a patronal, é o sistema capitalista. Os traballadoresinmigrantes constitúen o eslavón máis débil da clase traballadora.Son máis que ninguén víctimas da depravación capitalista que lleimpón o rol de man de obra máis barata e de reguladores dosexcedentes para impoñer a lóxica patronal de abaratar máis e máisos salarios e ter axeonllada á clase traballadora baixo o xugo dachantaxe. Mentres aqueles sectores da clase traballadora ou

da sociedade ven como culpables ós inmigrantes, a patronal

estase fregando as mans. Que ninguén se equivoque de

inimigo.

A propósito dosinmigrantes e o paísdos ananospor Manuel Camaño

Page 29: Xornal Nº6 Información Obreira

Seguramente que moitos e moitas ga-legas atoparon na súas vidas a encru-cillada de escoller a emigración como

camiño e descubriron incluso, ás veces sendecatarse, que as contradicións de claseson iguais ou moi semellantes en calqueraparte do planeta, coa excepción de que aexplotación é máis aguda nuns lugares emáis agochada noutros. Esa aprendizaxedo que supón estar explotado en carne pro-pia, en beneficio do capitalismo máis agre-sivo e galopante, perfectamente planificadodesde as mentes do poder, mestúrase enocasións en determinados países que so-fren outro xeito de explotación: a opresiónnacional. Esta dobre situación distingue aunhas nacións de outras, colocando aonoso país, Galiza, no grupo das nacións senestado que en Europa loitan por conquistaros auténticos dereitos democráticos quenos permitan decidir sen inxerencias exter-nas.

Coa fin da ditadura franquista e a instau-ración da reforma política española, que de-clarou o sistema político da monarquíaparlamentaria, fíxose oficial a entrada doEstado Español no que xenericamente se

denomina “democracia”, e que en palabrasde todo o espectro político oficial é o mellormodelo do mundo. Desde Madrid, co man-dato do exército e a burguesía e co asenti-mento da esquerda oficial española, osnacional-autonomismos da periferia, os sin-dicatos oficiais e o resto dos poderes fácti-cos, declárase a España como unha naciónindivisíbel que implanta un sistema de auto-

nomías para calar a boca daqueles “nacio-nalistas” que ansiaban un reparto do pastelco que encher as súas aspiracións políticas.Atopámonos pois coa tantas veces reque-rida “Constitución Española de 1978” paradeterminar cal é o marco xurídico no quenos imos mover. E descubrimos pois queesta famosa “Carta Magna” non acolle, nin

por asomo, a posibilidade de que Galiza,Catalunya ou Euskal Herria, como naciónsque son, teñan o dereito a decidir en liber-dade e sen a inxerencia española, cal debeser o seu futuro: seguir ligados a España ounon.

Pode semellar para algún analista quetal petición non ten senso algún, porque onivel de concienciación nacional a dìa dehoxe en Galiza non supón unha porcentaxeimportante e que a maioría do pobo galegoestá perfectamente acomodada e instaladano marco xurídico-político que España or-dena. E incluso máis: apuntan os que senegan a recoñecer o lexítimo dereito a de-cidir en liberdade das nacións oprimidas,que no Estado Español o sistema das auto-nomías é máis que suficiente, perfecta-mente comparábel ao Estado Federal deAlemaña. Iso non é máis que outra dasmoitas mentiras transmitidas polos mediosde desinformación, coa intención de insta-lar na mentalidade da nosa sociedade ga-lega que xa temos dabondo, e que pedirmáis traerá máis problemas e conflitos. Eademais é mentira porque hai exemplosclaros que demostran todo o contrario: enQuebec (América do Norte) teñen a posibi-lidade de decidir mediante referendo vincu-

lante, o xeito de relación política, econó-mica, comercial… co Canadá. E sen sermaioría a opción independentista, xa cele-braron varias consultas e non pasou nadado outro mundo. A división da RepúblicaCheca foi outro exemplo que demostroucomo se poden facer as cousas. Esa antigarepública socialista, “partiuse” en dous pa-íses diferentes que a día de hoxe convivenen paz no centro mesmo de Europa: Che-quia e Eslovaquia. E hai máis, só é necesa-rio coller un mapa de hai vinte anos e un deagora para comprobar como si existe a po-sibilidade REAL de que os cambios son po-síbeis e que en moitas ocasións poderíanevitar innumerábeis vítimas como no casode Irlanda do Norte, Euskal Herria ou Cór-cega, por sinalar algúns conflitos aínda la-tentes.

É por todo isto que calquera traballa-dora ou traballador galego, aínda sen sen-tirse independentista pero que se declarefondamente demócrata, ten a obriga de de-fender os seus dereitos individuais e colec-tivos como operario explotado polo capitale ao tempo entender que eses dereitos declase non terán saída real senón se dan nunpaís libre e nas mans das clases populares.Por iso a loita polos dereitos nacionais gale-gos é fundamental para que TI, traballadorexplotado, teñas algún día a posibilidade devivir con dignidade, sen explotación e conxustiza social.

A día de hoxe, existe unha iniciativa de-nominada “Causa Galiza” que traballa paraelevar o nivel de conciencia da sociedadegalega en relación á Autodeterminación, epriorizar ese dereito ante os intentos de re-formar o Estatuto de Autonomía por partedos partidos oficiais: PP, PSOE e BNG eque non sería máis que outra medida paraseguir mantendo a nosa nación e ao nosopobo traballador na máis indigna das mise-rias. Iso é o que quere o sistema. E nóstemos que preguntarnos, como traballado-res, se nos interesa.

Galiza, marzo 2010

O Xornal # Información Obreira # nº 6 29

internacional[ ]

Dereito a decidirpara Galizapor Celso Comesaña

a “Carta Magna” nonacolle a posibilidade deque Galiza, Catalunya ouEuskal Herria... teñan odereito a decidir seguirligados a España ou non

Desde Madrid, comandato do exército e aburguesía e conasentimento da esquerdaoficial española declárasea España como indivisíbel

Page 30: Xornal Nº6 Información Obreira

internacional[ ]

O Xornal # Información Obreira # nº 630

Unha xente de Grenoble publicou, vai para dous anos, un limiarque se chamou “Teses para o tempo presente” e que con-cluía “Cómpre vivir contra o presente, é do que se trata”.

Vou tentar achegar que ten a ver o tempo co cinema en cinco fil-mes que foron feitos “contra o seu tempo”, igual que “contra otempo” concibiu Daniel Bensaïd as revolucións. Onde se le “polí-tica”, podemos ler “cinema”: “a política, arte das mediacións, étamén unha arte do contratempo e do instante correcto (...) Resultaque poucas veces as revolucións chegan puntuais. Non coñecen otempo xusto. Están dacabalo entre o “xa non” e o “aínda non”,entre o que chega cedo de máis e o que chega tarde de máis”.

Montaxe en catro movementos: 1. O mercado do trigo (Da-

nièle Huillet e Jean-Marie Straub, 1985 / David Wark Griffith,

1909, 10’)

En 1985 Danièle Huillet e Jean-Marie Straub mudaban o zapeonunha “alancada do tigre no pasado”, por lembrar Walter Benja-min, en presentando como propio un filme que D.W.Griffith fixo en1909. O primeiro movemento de Montaggio in quattro movi-

menti consiste en dous rótulos de presentación que van seguidosde A Corner In Wheat, o filme no que Griffith enfronta o traballodos campesiños que sementan o gran nos EUA contra os especu-ladores que no mercado de valores duplican o prezo da fariña paranegociar. Quen vira Vampyr (Carl Theodor Dreyer, 1932) recoñe-cerá no sentido de xustiza poética do filme de Griffith o seu finalcontra-maquieiro.

A paixón de Xohana de Arco (Carl Theodor Dreyer, 1928, 82’)

O filme de Dreyer amósanos como o progreso non é só posíbelgrazas á tecnoloxía, senón que as persoas co seu traballo son quende anticipala. Velaquí un filme mudo que é virtualmente sonoro,ou o que é igual: feito dende o futuro. Vermos hoxe La passion deJeanne d’Arc ponnos diante dun tribunal medieval, e fainos pensarno pouco que mudou a posta en escena dos xuízos dende hai case600 anos. Dános a ver como a maneira de tratar coas leis non im-plica necesariamente que se faga xustiza con elas.

A Comuna (Peter Watkins, 2000, 360’)

Filmada no que queda do galpón en que Méliès facía os seus ex-perimentos para os converter en filmes, Peter Watkins colle a xenteda rúa, vístea con traxes da época e pídelles que estuden a Comunade París (maio de 1871). Durante seis horas de filme mestúranse asdiscusións entre os intérpretes, que tentan tirar proveito do feito his-tórico para entender o tempo presente, a posta en escena dos acon-tecementos daquela altura e as crónicas de dous xornalistas da“televisión comunal”, que retransmiten en directo dende finais soséculo XIX e serven de comezo para comezarmos a desanoar as di-ferentes temporalidades do posíbel.

Jeanne Dielman, 23 Quai du Commerce, 1080 Bruxelas (Chan-

tal Akerman, 1975, 201’)

Como espertar nunha hora con máis ou menos luz fai que otempo todo do día mude para unha muller co fillo ao cargo. Dendeque se ergue até que se vai deitar, no traballo, a rutina vira en pelexapor se lle arrepor ao cotiá e permite que outras cousas lle pasen polacabeza.

Material (Thomas Heise, 2009, 166’)

Thomas Heise tira do seu arquivo de imaxes, que andando osanos foi deixando fóra doutros filmes. Empeza en 1988, recolle o es-farelamento da perestroika, escolle non amosarnos a queda do murode Berlín (o espectáculo do que se arrodeou, sempre dende Occi-dente), filma a Heiner Müller preparando unha obra de teatro, as dis-cusións nunha casa ocupada durante a presentación dun filme, asintervencións na rúa, a xente tomando a palabra, uns presos falandodun xeito que non é o dos filmes de presos. Son blocos de imaxe eson, longos, como chantados para deixar testemuña de como a His-toria foi pasando por eles dende a R.D.A.

Quero rematar cunha conversa que en 1970 tiveron o cineasta doBrasil, Glauber Rocha e Jean-Marie Straub: “G.R.: Existe unha acti-tude moi paternal con respecto ao público. Dás decote con intelec-tuais de esquerda que son escritores, non cineastas, que clamanque facemos filmes complicados por demais para o público. Eis unpunto de vista ben paternalista. Porque non podes escoller sen co-ñecer... O público non ten a oportunidade de escoller porque as es-truturas de distribución que hoxe hai nos países capitalistas esocialistas impoñen o mesmo tipo de produto. E os críticos comun-gan ao declararen que os filmes son incomprensíbeis. J-M.S.: Os crí-ticos que recorren a ese tipo de linguaxe non son máis ca candongasque traballan para quen as chulea. E morra o conto...”

Ramiro Ledo Cordeiro

Cultura de ClaseContra o tempo

Page 31: Xornal Nº6 Información Obreira

MaioMaio11

manifestaciónVigo. praza Fernando Católico ás 11:00hVigo. praza Fernando Católico ás 11:00h

folga xeral. !!!xa

CENTRAL UNITARIA DE TRABALLADORES/ASCENTRAL UNITARIA DE TRABALLADORES/AS

CUTFEDERACIÓN SINDICAL MUNDIALFEDERACIÓN SINDICAL MUNDIAL

Page 32: Xornal Nº6 Información Obreira

os nosos poetas[ ]

O Xornal # Información Obreira # nº 6 31

Xabier Xil Xardón é limiao. Publicáronlle unpoemario que leva por título Cando menosa derrota, co que gañou a XXI edición do Eu-sebio Lorenzo Baleirón de poesía. É mem-bro do colectivo das Redes Escarlata e degrande quere ser filólogo, inda que “iso”non teña “futuro”. Considera que, ante oactual estado de cousas, ou vai ou racha.

Ondas do mar de Vigo, se vistes meu amigo? E ay Deus, se verrá cedo!

A meniña quería un príncipe azul vivo.Soñaba con mañás de sabas limpas,luminosas(ela cantaba ela cosía ela estercaba elalimpaba ela sachaba ela pasaba o ferro elasementaba o PAN ela calcetaba ela aseabaos nenos ela cociñaba ela acomodaba afacenda ela coidaba dos vellos ela munguíaas vacas ela fiaba a la ela seituraba o PANela picaba a leña ela cocía o caldo elacravuñaba a gadaña ela cuinchaba os porcosela lavaba no río ela mallaba o PAN elaquentaba as papas ela mazaba o liño elaxunguía os bois ela apañaba as patacas elamoía o PAN ela facía a cama ela segaba aherba ela tripaba terróns ela fregaba a louzaela debullaba nas fabas ela amasaba o PANela encababa a fouce ela depenicaba as pitasela rozaba os toxos ela cocía o PAN e elafacía os rianxos o das leitugas o das verzas

o dos tomates o dos chícharos o dos greloso dos cabazos o dos repolos o dospementos o das nabizas o dos garavanzos odas xudías...)A meniña quería un príncipe azul vivo.Lavábase nunha pía cada mañá até que aauga enlourecía e deixaba de se ver nofondo.Ela que escollía a cor do ceo os día dechuviaEla ama de cría, sementadora do mar coselos todos da cadea nos seus peitosEla abrindo sucos nos penedos con tantasproas a turrarlle da memoriaEla ceifadora dos solpores dos poetas /golpe de fouce e pechar de ollos para máis nunca se pechar ocírculoEla repetindo os ritos devanceiros para quesiga a roda a rodar arreo e rode e rode até o areal e avante firme e rodee rode mar adentro e fuxa e rode deica a corda das tardes de mar calmoquedo dondo/ ao abrir os ollos prefire xa que for sedeño,que for forca pendurada dunha cristadunha onda en que naufragar a ollada osrecordos os degaros

Ondas do mar levado,se vistes meu arado?Eu quedei.

Galiza:

medrar é un acto de rebeldía

*España:

deus non existe

“Europa”:

van dous e cae o do medio

Á memoria de Mikel Laboa

Corría xente á procura da súa sombrae tu empedrabas, e tu empedrabas acontornaabrindo vieiros imposibles de gadañas.Fendías peitos para manar supervivenciae as palabras grandes resgardábanse enpalabrase eran boca e os mortos nos seus ollos proclamábansepresentese eran todo, un todo permanente de vontades feramente intransixentes.Era o río a independencia en ti a metáforadas gorxas afogadas que inda berran Haika mutil e restan mozospara o traballo voluntario dos suicidase detrás o branco,e detrás vermello,e detrás do verde.

Xabier Xil Xardón