SETEMBROclubdeportivofontinas.com/wp-content/uploads/2017/...C. D. FONTIÑAS 981577928...

9
Tf: 649264082 para situacións imprevistas, soamente activo os días de actividades. C. D. FONTIÑAS 981577928 clubdeportivofontiñas.com [email protected] 2017 [1] Subida ao Pindo pola ruta dos Aguillóns (Carnota) Partiremos desde Vadebois onde veremos os muíños do rego de Amil. Subiremos pola Canle dos Aguillóns, un tramo cun trazado escarpado, que require o uso das mans para conservar o equilibrio. Conecta coa clásica subida desde Pindo preto da roca chamada o Guerreiro. Chegaremos ata o cume na Moa, para retroceder logo e descender ata a igrexa de Pindo, pola ruta clásica cruzando o Chan de Lourenzo. PR® SETEMBRO Domingo 24 9:00 C.S.C. Fontiñas / 9:15 Praza de Vigo 35 máx. 15 € Socios temporais ou fixos sen federar 18 € 12 km 800 m 850 m 3 3 4 4 Rafa Fernández / Isa Pérez

Transcript of SETEMBROclubdeportivofontinas.com/wp-content/uploads/2017/...C. D. FONTIÑAS 981577928...

Page 1: SETEMBROclubdeportivofontinas.com/wp-content/uploads/2017/...C. D. FONTIÑAS 981577928 clubdeportivofontiñas.com cdfontimontana@gmail.com 2017 [3] Ruta do Contrabando (Nogueira de

Tf: 649264082 para situacións imprevistas, soamente activo os días de actividades.

C. D. FONTIÑAS 981577928 clubdeportivofontiñas.com [email protected] 2017 [1]

Subida ao Pindo pola ruta dos Aguillóns (Carnota)

Partiremos desde Vadebois onde veremos os muíños do rego de Amil. Subiremos pola Canle dos Aguillóns,

un tramo cun trazado escarpado, que require o uso das mans para conservar o equilibrio. Conecta coa

clásica subida desde Pindo preto da roca chamada o Guerreiro. Chegaremos ata o cume na Moa, para

retroceder logo e descender ata a igrexa de Pindo, pola ruta clásica cruzando o Chan de Lourenzo.

PR®

SETEMBRO

Domingo 24 9:00 C.S.C. Fontiñas / 9:15 Praza de Vigo 35 máx. 15 €

Socios temporais ou fixos sen federar 18 €

12 km 800 m 850 m 3 3 4 4 Rafa Fernández / Isa Pérez

Page 2: SETEMBROclubdeportivofontinas.com/wp-content/uploads/2017/...C. D. FONTIÑAS 981577928 clubdeportivofontiñas.com cdfontimontana@gmail.com 2017 [3] Ruta do Contrabando (Nogueira de

C. D. FONTIÑAS 981577928 clubdeportivofontiñas.com [email protected] 2017 [2]

XVI Camiñada ao Pedroso (a beneficio de UNICEF)

Como todos os anos, o club organiza unha subida ao Pedroso solicitando unha contribución de 5 € cuxo

importe íntegro destinarase a beneficio de UNICEF. Sairemos da Praza do Obradoiro e o percorrido, apto

para todos os públicos, discorrerá por diversas sendas e pistas forestais, terminando como sempre na

Granxa do Xesto.

Nome da Ruta (Concello). Cadro para engadir pequena descripción e fotos.

Polos Grobos, o Souto de Agüeira e o Aciñeiral do Cruzul (Becerreá e As Nogais)

Os Grobos trátase dun misterioso labirinto de rochas xigantes escondido no pechadísimo bosque de

Agüeira. O seu souto está considerado un dos mellores bosques de castiñeiros de Galicia. O Aciñeira do

Cuzul trátase dun bosque rarísimo en Galicia, onde medran as chamadas encinas, mais propias de climas

mediterráneos.

PR®

OUTUBRO

Domingo 1 10:00 Praza do Obradoiro 5 €

Inscricións: UNICEF, Galeras 13, ata o día 1, e no Club ata o día 30 Apta para menores acompañados

9 km 1 2 1 2 Marcelino Tojeiro

Domingo 8 8:30 Praza de Vigo / 8:45 C.S.C. Fontiñas 35 máx. 15 €

Socios temporais ou fixos sen federar 18 €

12 km 570 m 500 m 1 3 2 2 David Jove

Page 3: SETEMBROclubdeportivofontinas.com/wp-content/uploads/2017/...C. D. FONTIÑAS 981577928 clubdeportivofontiñas.com cdfontimontana@gmail.com 2017 [3] Ruta do Contrabando (Nogueira de

C. D. FONTIÑAS 981577928 clubdeportivofontiñas.com [email protected] 2017 [3]

Ruta do Contrabando (Nogueira de Ramuín) Esta ruta foi aberta pola asociación Móvete por Nogueira, e deseñárona para que vaia sempre por camiños

tradicionais, polas ladeiras dos ríos Miño e Sil, dos que teremos unhas perspectivas pouco coñecidas. Por

outeiros rochosos con grandes bolos graníticos, cada seu cunha forma e nome diferente. A carón dun rego

cheo de muíños, medio escondidos entre carballos e bidueiros. Por corredoiras rodeadas de soutos con

castiñeiros centenarios.

Domingo 22 8:30 C.S.C. Fontiñas / 8:45 Praza de Vigo 35 máx. 15 €

Socios temporais ou fixos sen federar 18 €

16 km 800 m 800 m 2 2 3 3 Maví / Matilde

Page 4: SETEMBROclubdeportivofontinas.com/wp-content/uploads/2017/...C. D. FONTIÑAS 981577928 clubdeportivofontiñas.com cdfontimontana@gmail.com 2017 [3] Ruta do Contrabando (Nogueira de

C. D. FONTIÑAS 981577928 clubdeportivofontiñas.com [email protected] 2017 [4]

Circular do río Belelle (Fene e Neda)

Desde a igrexa de Sillobre en Fene, subiremos ata o miradoiro do Coto do Rei, coa ría de Ferrol aos nosos

pés. Baixaremos ata a presa do Belelle, e seguiremos por unha preciosa senda paralela a unha canle ata a

fervenza. Seguindo o río ata a súa desembocadura en Neda, onde acaba a ruta, veremos varios muíños e a

área recreativa de Gandarela.

Magosto Faremos una ruta pola mañá saíndo da porta principal de Area Central as 10 h. Seguindo camiños

tradicionais de Aríns, Sta. Lucía e O Eixo nos diriximos a finca de Beni, onde daremos conta de viandas e

bebidas variadas, e como colofón o tradicional Magosto. Dende este punto hai un paseo de 1 km ata Conxo

onde podemos coller o bus urbano.

PR®

NOVEMBRO

Domingo 5 9:00 Praza de Vigo / 9:15 C.S.C. Fontiñas 35 máx. 15 €

Socios temporais ou fixos sen federar 18 €

18 km 750 m 850 m 2 2 2 3 Carmen Vázquez / Rafa

Domingo 12 10:00 Porta principal Area Central 9 €

Os 9€ son para a compra de víveres. Os nenos pagan 3€ Exclusivamente socios fixos

12 km 300 m 110 m 1 2 1 2 Guías do Club

Page 5: SETEMBROclubdeportivofontinas.com/wp-content/uploads/2017/...C. D. FONTIÑAS 981577928 clubdeportivofontiñas.com cdfontimontana@gmail.com 2017 [3] Ruta do Contrabando (Nogueira de

C. D. FONTIÑAS 981577928 clubdeportivofontiñas.com [email protected] 2017 [5]

Fragas do río Barragán (Pazos de Borbén)

O carreiro comeza e remata no torreiro de Xunqueiras. Cruzaremos pontes, muíños (algúns deles

restaurados), levadas de auga… todo esto entre grandes pedras, magníficas carballeiras e a flora propia dos

bosques de ribeira. Descubriremos o impoñente arco oxival que da entrada aos restos dun antigo castro, A

Cidade. E coidado coas fadas, que as lendas din que poden afundirnos no río…

Esta ruta era unha das favoritas do noso querido amigo e compañeiro Oscar Escudero.

Domingo 19 9:00 C.S.C. Fontiñas / 9:15 Praza de Vigo 35 máx. 15 €

Socios temporais ou fixos sen federar 18 €

17 km 1 1 2 3 Matilde / Maví

Page 6: SETEMBROclubdeportivofontinas.com/wp-content/uploads/2017/...C. D. FONTIÑAS 981577928 clubdeportivofontiñas.com cdfontimontana@gmail.com 2017 [3] Ruta do Contrabando (Nogueira de

C. D. FONTIÑAS 981577928 clubdeportivofontiñas.com [email protected] 2017 [6]

Pola ribeira do río Mendo (Betanzos)

Comeza a ruta na Ponte das Mámoas xunto ao rio Mendo, preto de Oza dos Ríos. Camiñaremos pola beira

do río cunha vexetación exuberante e o rumor da auga, ata as pontes dos Cabalos e da Hermida,

atopándonos algúns muiños restaurados. Outra ponte de lenda é o punto final da ruta, a ponte de Taibo, na

cidade dos cabaleiros, Betanzos.

PR®

DECEMBRO

Viaxe á serra do Gerȇs (Portugal)

O Club Deportivo Fontiñas programa para decembro unha viaxe de tres días ao Parque Nacional Peneda-

Gerȇs situado ao norte de Portugal. O parque esténdese polos municipios de Meigaço, Valdevez, Ponte dá

Barca, Terras de Bouro e Montalegre e comprende, entre outras, as cordilleraas de Laboreiro, Peneda e

Gerȇs. Conta cunha calzada romana que o atravesa chamada A Geira.

O prezo inclúe:

-Autobús para transporte mencionado no programa

-3 noites aloxamento en Hotel*** Campo Gerȇs

-Réxime media pensión (excepto cea en ruta do xoves)

-Habitacións dobres

NOTA: A orde, programa e horario das rutas poderán ser modificados polos guías, en función da

climatoloxía e outros condicionantes, sempre en beneficio do grupo e da súa seguridade.

Domingo 3 9:00 Praza de Vigo / 9:15 C.S.C. Fontiñas 35 máx. 15 €

Socios temporais ou fixos sen federar 18 €

12 km 2 2 3 2 Kiko Castiñeiro

Xoves 7-Domingo 10 20:30 C.S.C. Fontiñas 35 máx. 230 €

Socios temporais ou fixos sen federar 239 €

Page 7: SETEMBROclubdeportivofontinas.com/wp-content/uploads/2017/...C. D. FONTIÑAS 981577928 clubdeportivofontiñas.com cdfontimontana@gmail.com 2017 [3] Ruta do Contrabando (Nogueira de

C. D. FONTIÑAS 981577928 clubdeportivofontiñas.com [email protected] 2017 [7]

Xoves 7: 20:30h-Saída desde o C.S.C. Fontiñas cara ao parque natural Peneda-Gerȇs. Cea libre en ruta.

Chegada aprox. 24:00 - bus 175 km

Venres 8: Ruta Pedra Bela-Ermida Gerȇs

Sábado 9: Ruta Gerȇs-Pé do Cabril

Domingo 10: Ruta Bela Vista-Romao. Viaxe de regreso a Santiago. Chegada aprox. 20:30h

Plazos de pre-inscripción, inscripción e pago: Está aberto un prazo de pre-inscrición ata o 24 de

Outubro, realizándose un pago por adiantado de 50 € para a reserva. En caso de cubrirse as prazas

dispoñibles na devandita data, pecharase a lista de admisións. En caso contrario, seguirá o prazo de

inscrición ata o 7 de Novembro.

Os participantes que desexen darse de baixa terán ata o 7 de Novembro para recuperar todo o diñeiro xa

entregado. A partir de dita data, a preinscrición non se recuperará en ningún caso, e o resto das cantidades

dependerá dos pagos adiantados que xa fosen realizados polo club ao hotel e empresa de transporte, e a

posibilidade de recuperalos ou non.

Page 8: SETEMBROclubdeportivofontinas.com/wp-content/uploads/2017/...C. D. FONTIÑAS 981577928 clubdeportivofontiñas.com cdfontimontana@gmail.com 2017 [3] Ruta do Contrabando (Nogueira de

C. D. FONTIÑAS 981577928 clubdeportivofontiñas.com [email protected] 2017 [8]

Ruta nocturna (Santiago de Compostela) Ruta circular dunhas catro horas. Parte preto da igrexa da Peregrina. Os que o desexen pódense ir

apuntando na lista para unha cea que se fará no restaurante Triacastela ao finalizar a ruta. Subiremos polo

nacemento do río Sarela ata Aradas, e desde alí, por varias sendas e pistas forestais, chegaremos a Vrins.

Subiremos ao Pedroso e baixaremos ata A Peregrina polo Queiroal.

A inscrición para a cea iniciarase o 27 de Novembro e acabará o 8 de Decembro. A inscrición para a ruta

seguirá o calendario habitual.

Sábado 16 17:30 C.S.C. Fontiñas 35 máx. 6 €

Socios temporais ou fixos sen federar 9€ Ruta+cea 21€ / Ruta+cea socios temporais ou fixos sen federar 24€

15 km 150 m 150 m 2 3 2 3 Guías do club

Page 9: SETEMBROclubdeportivofontinas.com/wp-content/uploads/2017/...C. D. FONTIÑAS 981577928 clubdeportivofontiñas.com cdfontimontana@gmail.com 2017 [3] Ruta do Contrabando (Nogueira de

C. D. FONTIÑAS 981577928 clubdeportivofontiñas.com [email protected] 2017 [9]

Horario Severidade do medio natural

Desnivel de subida Orientación no itinerario

Desnivel de baixada Dificultade no desprazamento

Distancia horizontal Cantidadede esforzo necesario

Tipo de percorrido

Método Información De Excursións É un sistema de comunicación entre excursionistas para valorar e expresar as

exisencias técnicas e físicas dos percorridos. O seu obxetivo é unificar as apreciacións

sobre a dificultade das excursións para permitir a cada practicante unha mellor

elección.

Medio Severidade do medio

natural

1 O medio non está exento de riscos

2 Hay maís de un factor de risco

3 Hay varios factores de risco

4 Hay bastantes factores de risco

5 Hay moitos factores de risco

Itinerario

Dificultade para

orientarse no itinerario

1 Camiños e cruzamentos ben definidos

2 Sendas ou señalización que indica a continuidade

3 Esixe a identificación precisa de accidentes xeográficos e puntos cardinais

4 Esixe técnicas de orientación e navegación fóra da traza

5 A navegación é interrumpida por obstáculos que hai que bordear

DesprazamentoDificultade no

desprazamento

1 Marcha por superficie lisa

2 Marcha por camiños de ferradura

3 Marcha por sendas escalonadas ou terreos irregulares

4 É preciso o uso das mans para manter o equilibrio

5 Require pasos de escalada para a progresión

Esforzo

Cantidade de esforzo

necesario

1 Hata 1 h. de marcha efectiva

2 Máis de 1 h. e ata 3 h. de marcha efectiva

3 Máis de 3 h. e ata 6 h. de marcha efectiva

4 Máis de 6 h. e ata 10 h. de marcha efectiva

5 Máis de 10 h. de marcha efectiva

Calculado para un

excursionista

medio pouco

cargado

O MIDE está recomendado pola FEDME.

Máis información en ww.montañasegura.com