Servizos e actividades didácticas 13-14

34
2013-2014 Gal servizos e actividades DIDÁCTICAS

description

Na actualidade, cando falamos de educación, non podemos pensar únicamente nun estadio de aprendizaxe dentro dos currícula oficiais. A educación ten que ser contemplada como o eixo central do desenvolvemento das persoas. O coñecemento e a formación téñense que adaptar constantemente para optimizar ese proceso de aprendizaxe, pero tamén para transmitir outros valores transversais que nos permitan mirar con outros ollos os nosos montes, cidades, vilas ou aldeas. Con esta filosofía e concepción da educación xurde a proposta educativa das empresas ounresáns Xeitura e Bilurico co obxectivo de ofertar recursos ao servizo da cidadanía fomentando o coñecemento do patrimonio máis próximo e menos valorado. Con este fin presentamos a guía de servizos e actividades didácticas con catro tipo de actividades: obradoiros de educación ambiental, talleres didácticos, visitas guiadas e itinerarios interpretativos.

Transcript of Servizos e actividades didácticas 13-14

Page 1: Servizos e actividades didácticas 13-14

2013-2014Gal

servizos e actividades

DIDÁCTICAS

Page 2: Servizos e actividades didácticas 13-14

ponte romana

988 044 137 - 616 667 446

bilurico medio ambiente

En Ourense

En Allariz

río

ar

no

ia

rúa emilia pardo bazán

a d

o h

osp

ita

l

rúa de castelao

rúa de san lourenzo

rúa su

r

praza do eirÓ

xeitura [email protected]

650 057 011 - 651 017 416

PO

RT

OV

ELL

O

Xeitura: xestión integral do Patrimonio Cultural

Bilurico Medio Ambiente - Bilurico Bike

N

N

Page 3: Servizos e actividades didácticas 13-14

Na actualidade, cando falamos de educación, non podemos pensar únicamente nunestadio de aprendizaxe dentro dos currícula oficiais. A educación ten que ser contemplada como o eixo central do desenvolvemento das persoas. O coñecemento, e a formación téñense que adaptar constantemente para optimizar ese proceso de aprendizaxe pero tamén para transmitir outros valores transversais que permitan asnovas xeracións mirar con outros ollos os seus montes, cidades, vilas ou aldeas. De tal modo que sexan garantes do seu coñecemento no presente pero tamén da súa conservación no futuro.

Con esta filosofía e concepción da educación xurde a proposta educativa das empresasourensáns Xeitura: xestión integral do Patrimonio Cultural e Bilurico Medio Ambiente-Bilurico Bike, co obxectivo de ofertar recursos ao servizo da cidadanía fomentando ocoñecemento do patrimonio máis próximo e menos valorado. O patrimonio que é de todos e que temos a responsabilidade de coñecer, pero tamén de conservar.

Para conseguilo, combinando as técnicas da disciplina da interpretación patrimonial coastécnicas de aprendizaxe baseadas na educación formal e non formal, presentamos catro tipos de actividades: obradoiros de educación ambiental, talleres didácticos, visitas guiadas e itinerarios interpretativos. Actividades que se ben permiten reforzar o temario escolar oficial, permiten tamén estimular a curiosidade do alumnado pola súacontorna máis próxima e ao mesmo tempo a menos valorada.

OBXECTIVOS:

- “...ensinar todas as cousas a todas as persoas, con rapidez, alegría e eficacia” (Comenio, Didáctica Magna)

- Ofrecer unha imaxe máis dinámica e atractiva de temáticas tradicionalmente percibidas polos máis novos como aburridas

- Achegar o coñecemento da historia e a arqueoloxía a través dos elementos da cultura material presentes na contorna inmediata onde se realizan as actividades

- Concienciar aos máis novos do valor do patrimonio natural e cultural que os rodea e do queson herdeiros. Logrando que o respecten e protexan

- Completar a educación formal (recibida durante o ano académico nun contexto limitado en canto a horarios, currícula...) coa educación non formal e informal. Promovendo aptitudes sociais e persoais, facilitando a interacción cognitiva dos participantes co medio que os rodea, así como a adquisión dun sistema íntegro de valores

- O tratamento rigoroso presentado nas actividades permite a avaliación dun nivel deaprendizaxe escolar

...reforzar a formación intelectual, optimizar a aprendizaxe, o

coñecemento e integración no medio e o desenvolvemento persoal

Page 4: Servizos e actividades didácticas 13-14

ACTIVIDADES

Obradoiros de educación ambiental

- Papel reciclado. Unha nova oportunidade para o papel.

Actividade para concienciar sobre a importancia da reciclaxe á que se fai un obradoiro de manualidades.

- Ornitoloxía. Descubrindo o mundo das aves.

Un achegamento ao mundo das aves a través do seu estudo, observación e realización deobradoiros de móbiles, comedeiros e caixas-niño.

- Fauna. Un achegamento aos animais da nosa contorna.

Coñecemento da fauna salvaxe máis relevante e as súas características co fin de aproximaraos animais salvaxes e eliminar falsos mitos e actitudes negativas.

- A vida no bosque. O bosque a través dos sentidos.

Permite adentrarse na vida do bosque, utilizando todos os sentidos e coñecendo os seus habitantes, tanto vexetais como animais.

- Reciclaxe. Os materiais de refugallo como materia prima.

Actividade na que se realiza un obradoiro con materiais que rematarían no lixo. Ao tempo que se realizan manualidades descúbrese a importancia da reciclaxe e da reducción dosresiduos.

Visitas guiadas

Ruta guiada ao conxunto megalítico do Val do Salas.

- O val da morte.

- Castros de Cualedro.

Visita guiada aos castros de A Saceda e San Millao, no concello de Cualedro.

- Conxunto arqueolóxico e natural de Santomé.

Visita guiada ao castro e vila romana de Santomé, no concello de Ourense.

- Torres e castelos.

Ruta guiada polas torres da Limia.

- As mansións da Via Nova.

Visitas interpretativas aos xacementos arqueolóxicos de Aquis Originis - Ogeresibus (Lobios) e Aquis Querquennis (Bande).

Page 5: Servizos e actividades didácticas 13-14

ACTIVIDADES

Talleres

- Arqueoloxía. Unha introdución á metodoloxía científica.

- Que chegan os cavernícolas! Achegamento á Prehistoria.

Un achegamento dos máis cativos á evolución do tempo e ao modo de vida dos antepasados coaelaboración de diferentes manualidades.

- Os segredos dos xeroglíficos.

Introdución á cultura exipcia por medio da escrita, achegando os ritos, as crenzas e os modos de vidamediante a práctica da súa escrita.

- tesela+tesela+tesela= mosaico.

Achegamento ao modo de construción romano, tomando como exemplos os restos conservados en Galicia, especialemente os mosaicos.

- A luz do medievo.

Achegamento ás técnicas paleográficas para comprender a evolución da escritura ao longo do tempo,así como a existencia de diferentes tipoloxías.

- As figuras... vermellas ou negras?

Introdución á evolución da produción cerámica e a súa importancia en arqueoloxía. Técnicas, tipoloxíase decoracións.

- Arte medieval: do Románico ao Gótico.

Achegamento a través das técnicas constructivas de cada época.

Permite adquirir unha grande comprensión do método científico aplicado en Arqueoloxía, reforzado pola súa posta en práctica e empregando obxectos (réplicas) que tradicionalmente só poden ser vistos a través dun crista l.

- ExpresARTE.

Permite achegar aos máis pequenos coñecementos sobre a Historia da Arte dende prácticas creativas, abordando contidos históricos relacionados co facer plástico.

- Experimenta conCIENCIA.

Experimentos sinxelos seleccionados para que poder comprender a importancia dalgúns avances históricosrealizados por científicos como Galileo Galilei, Newton, Einstein...

Itinerarios interpretativos

- Parque Natural O Invernadoiro.

- Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés - VIA NOVA.

- Muíños do Arnoia - Reserva da Biosfera Área de Allariz.

- Ruta ciclointerpretativa da Limia.

- Torre Porqueira + Fervenza do Fírveda.

- Roteiro Arqueolóxico por Armea (Santa Mariña Augas Santas, Allariz).

- As orixes da cidade de Ourense.

Page 6: Servizos e actividades didácticas 13-14
Page 7: Servizos e actividades didácticas 13-14
Page 8: Servizos e actividades didácticas 13-14

Obradoiros de educación ambiental

Papel recicladoUnha nova oportunidade para o papel!

Actividade para concienciar sobre a importancia da reciclaxe á que se faiun obradoiro de manualidades.

Público: A partir de 6 anos

Grupos: Máximo 15 nenos por monitor

Duración: 4 horas

Prezo: 8 € por persoa (grupos ata 15 persoas)5 € por persoa (grupos ata 30 persoas)

Material: Facilitado polos monitores e os participantes (xornais, revistas,follas de árbores, confeti, témpera, talla, bastidores)

Obxectivos:

- Sensibilizar sobre o abuso do papel e a necesidade de reutilizalo, reciclalo e reducir o seu uso.

- Presentar o concepto de reciclaxe.

- Fomentar o interese sobre as manualidades.

Contido:

- Apartado teórico:

Pequena introdución sobre a reciclaxe de papel cunha charla co apoio de abundante material gráfico: ppt, filmes, debuxos...

- Apartado práctico:

Xogos con papeis de xornais antigos e realización do proceso de elaboración de papel reciclado:

1º Troceado do papel e elaboración da pasta2º Realización de follas de papel reciclado con bastidores3º Decoración do papel con diferentes elementos 4º Secado do papel e usos

Page 9: Servizos e actividades didácticas 13-14

Obradoiros de educación ambiental

OrnitoloxíaDescubrindo o mundo das aves.

Público: A partir de 8 anos

Grupos: Máximo 15 nenos por monitor

Duración: 10 horas (2 xornadas de 5 h.) - Posibilidade de obradoiro reducido

Prezo: 15 € por persoa (grupos ata 15 persoas) 11 € por persoa (grupos ata 30 persoas)

Material: Facilitado polos monitores (escaiola)

Obxectivos:

- Dar a coñecer a importancia ecolóxica das aves e as súas características.

- Ensinar o uso de material óptico para a observación da avifauna.

- Descubrir o funcionamento e a construción de caixas niño para aves.

Contido:

- Apartado teórico:

Pequena introdución ao mundo das aves cunha charla co apoio de abundante material gráfico: ppt, filmes, debuxos...

- Apartado práctico:

Saída práctica pola contorna do centro para a observación deavifauna in situ.

Un achegamento ao mundo das aves a través do seu estudo, observación e realización de obradoiros de móbiles, comedeiros e caixas-niño.

Obradoiro de móbiles con debuxos de aves.

Obradoiro de comedeiros e caixas-niño.

Page 10: Servizos e actividades didácticas 13-14

Obradoiros de educación ambiental

FaunaUn achegamento aos animais da nosa contorna.

Público: A partir de 6 anos

Grupos: Máximo 15 nenos por monitor

Duración: 4 horas

Prezo: 8 € por persoa (grupos ata 15 persoas)5 € por persoa (grupos ata 30 persoas)

Material: Facilitado polos monitores (guías de identificación, escaiola, rastros, plumas...)

Obxectivos:

- Proporcionar un coñecemento básico sobre a fauna salvaxe e a súaimportancia.

- Fomentar o interese polos animais e a súa protección e conservación.

- Erradicar falsos mitos sobre os animais salvaxes.

Contido:

- Apartado teórico:

Pequena introdución á fauna salvaxe nunha charla co apoio deabundante material gráfico: ppt, filmes, debuxos, reproducións...

- Apartado práctico:

Saída práctica pola contorna do centro ou lugar próximo para a observación da fauna, rastrexos e realización de obradoiro de pegadas e dinámicas relacionadas coa temática.

Realización dun caderno de campo.

Coñecemento da fauna salvaxe máis relevante e as súas características co fin de aproximar aos animais salvaxes e eliminar falsos mitos e actitudes negativas.

- Aprender a utilizar un caderno de campo.

Page 11: Servizos e actividades didácticas 13-14

Obradoiros de educación ambiental

A vida no bosqueO bosque a través dos sentidos.

Público: A partir de 6 anos

Grupos: Máximo 15 nenos por monitor

Duración: 4 horas

Prezo: 8 € por persoa (grupos ata 15 persoas)5 € por persoa (grupos ata 30 persoas)

Material: Facilitado polos monitores (plancha para herbario, folios,ceras, documentación...)

Obxectivos:

- Sensibilizar sobre a importancia dos nosos bosques e o papel ecolóxico que cumpren.

- Fomentar o uso de sentidos nun entorno natural.

- Concienciar sobre a necesidade de coñecer e protexer o medio.

Contido:

- Apartado teórico:

Pequena introdución ao concepto de “bosque” nunha charla co apoio de abundante material gráfico: ppt, filmes, debuxos, reproducións...

- Apartado práctico:

Realización de diferentes actividades nun bosque ou parquepróximo.

- Aprender a utilizar un caderno de campo.

Permite adentrarse na vida do bosque, utilizando todos os sentidos e coñecendo os seus habitantes, tanto vexetais como animais.

1º Plantación dunha árbore2º Debuxar as codias das árbores3º Realización dun herbario con follas de árbores4º Uso do caderno de campo5º Dinámica “Os Sentidos” para coñecer mellor o bosque a través de todos os sentidos

Page 12: Servizos e actividades didácticas 13-14

Obradoiros de educación ambiental

ReciclaxeOs materiais de refugallo como materia prima.

Público: A partir de 4 anos

Grupos: Máximo 15 nenos por monitor

Duración: 4 horas

Prezo: 8 € por persoa (grupos ata 15 persoas)5 € por persoa (grupos ata 30 persoas)

Material: Facilitado polos monitores e alumnos (briks, botellas de plástico,papel, cartón...)

Obxectivos:

- Sensibilizar sobre o abuso de materiais e envoltorios de plásticos e a necesidade de reutilizalos, reciclalos e reducir o seu uso.

- Fomentar o interese sobre as manualidades.

- Introducir os conceptos de reciclaxe, reutilización e reducción.

Contido:

- Apartado teórico:

Pequena introdución ao concepto de “reciclaxe” nunha charla co apoio de abundante material gráfico: ppt, filmes, debuxos, reproducións...

- Apartado práctico:

Realización dunha dinámica práctica sobre reciclaxe e reutilizacióndunha manualidade utilizando materiais de refugallo. As manualidadespoden variar en función das idades e a estación do ano:

- Adornos de nadal- Xoguetes diversos: damas, bolos...- Cestos, caixas...

Actividade na que se realiza un obradoiro con materiais que rematarían nolixo. Ao tempo que se realizan manualidades descúbrese a importancia da reciclaxe e da reducción dos residuos.

Page 13: Servizos e actividades didácticas 13-14
Page 14: Servizos e actividades didácticas 13-14

Visitas guiadas

O val da morteRuta guiada ao conxunto megalítico do Val do Salas.

Público: A partir de 12 anos

Grupos: Máximo 15 nenos por guía

Duración: 1 hora 30 minutos

Prezo: 60 € x guía-interprete

Actividade na que se visita, acompañados de guías-interpretes, ocomplexo prehistórico do Val do Salas. A necrópole megalítica máis importanteda provincia de Ourense.

Castros de CualedroVisita guiada aos castros de A Saceda e San Millao (Cualedro).

Público: A partir de 12 anos

Grupos: Máximo 25 persoas

Duración: 2 horas

Prezo: 75 €

Visita a cargo dun arqueólogo especialista na Idade do Ferro ao único castro declaradoBen de Interese Cultural da provincia de Ourense.

Castro de SantoméVisita guiada ao castro e vila romana de Santomé (Ourense).

Público: A partir de 8 anos

Grupos: Máximo 15 nenos por guía

Duración: 1 hora e 30 minutos

Prezo: 60 € x guía-interprete

Visita a cargo de historiadores e ambientólogos ao Conxunto Arqueolóxicoe Natural de Santomé.

Page 15: Servizos e actividades didácticas 13-14

Visitas guiadas

As mansións da Via NovaVisita guiada ás mansións romanas escavadas na Baixa Limia.

Público: A partir de 12 anos

Grupos: Máximo 15 nenos por guía

Duración: 3 horas

Prezo: 95 € x guía-interprete

Actividade na que se visitan, acompañados de guías-interpretes, os xacementos arqueolóxicos de Aquis Originis-Ogeresibus (Lobios) eAquis Querquennis (Bande). [Posibilidade visita ao Centro de Interpretación da Via Nova].

Torres e castelosRuta guiada polas torres da Limia.

Público: A partir de 12 anos

Grupos: Máximo 15 nenos por guía

Duración: 3 horas

Prezo: 95 € x guía-interprete

Visitas guiadas ás torres de Porqueira, A Pena e Sandiás acompañados de historiadoresespecialistas en interpretación patrimonial.

Page 16: Servizos e actividades didácticas 13-14

Talleres

ArqueoloxíaUnha introducción á metodoloxía científica.

Público: A partir de 9 anos

Grupos: Máximo 20 nenos por monitor

Duración: 4 horas

Prezo: 180 € (grupos inferiores a 20 persoas) 9 € por persoa (grupos superiores a 30 persoas)

Material: Facilitado polos monitores (caixas, area, ferramenta de escavación e rexistro, debuxo, documentación...)

Obxectivos:

- Sensibilizar sobre o significado do concepto de patrimonio arqueolóxico, utilizando como exemplo o pasado romano da cidade de Ourense.

- Proporcionar un coñecemento básico sobre o que é a Arqueoloxía como ciencia auxiliar.

- Concienciar sobre a necesidade de coñecer, conservar e protexer o patrimonio arqueolóxico.

Contido:

- Apartado teórico:

Introdución á Arqueoloxía nunha charla co apoio de abundantematerial gráfico: ppt, filmes, debuxos, reproducións...

- Apartado práctico:

Recreación do proceso dunha escavación arqueolóxica para introducir conceptos como cultura material, estratigrafía,rexistro, debuxo. Terminando no análise dos datos obtidose presentación de resultados á comunidade (presentación e visitas)

Permite adquirir unha grande comprensión do método científico aplicado en Arqueoloxía, reforzado pola súa posta en práctica eempregando obxectos (réplicas) que tradicionalmente só poden ser vistos a través dun cristal.

Page 17: Servizos e actividades didácticas 13-14

Talleres

Que chegan os cavernícolas!!Achegamento á Prehistoria.

Público: A partir de 6 anos

Grupos: Máximo 20 nenos por monitor

Duración: 2 horas

Prezo: 90 € (grupos inferiores a 20 persoas) 4.5 € por persoa (grupos superiores a 20 persoas)

Material: Facilitado polos monitores (atrezo e material funxible)

Obxectivos:

- Fomentar o interese polo noso pasado. Adquisición de coñecementos sobre a vida e a arte na Prehistoria.

- Coñecemento e aplicación das técnicas que os homes prehistóricos empregaban nas pinturas rupestres ou na elaboración de cerámica.

Contido:

- Apartado teórico:

Introdución á Prehistoria nunha charla co apoio de abundantematerial gráfico: ppt, filmes, debuxos, reproducións...

- Apartado práctico:

Realización dunha pintura rupestre e un vaso cerámico seguindoos modelos existentes na Península Ibérica.

Un achegamento dos máis cativos á evolución do tempo e do modo devida dos antepasados coa elaboración de diferentes manualidades.

Page 18: Servizos e actividades didácticas 13-14

Talleres

Os segredos dos xeroglíficosIntroducción á cultura exipcia por medio da escrita.

Achegamento e comprensión dos ritos, crenzas e modos de vida da cultura exipcia mediante a práctica da súa escrita.

Público: A partir de 6 anos

Grupos: Máximo 20 nenos por monitor

Duración: 2 horas

Prezo: 90 € (grupos inferiores a 20 persoas) 4.5 € por persoa (grupos superiores a 20 persoas)

Material: Facilitado polo alumnado e os monitores (rolos de papel hixiénico, material funxible)

Obxectivos:

- Introdución ao concepto de comunicación e información mediante a aproximación á escrita e lectura de textos.

- Comprensión da cosmovisión exipcia, a ultratumba, o mundo relixioso,ritos, amuletos...

Contido:

- Apartado teórico:

Introdución á civilización exipcia nunha charla co apoio de abundantematerial gráfico: ppt, filmes, debuxos, reproducións...

- Apartado práctico:

Práctica de lectura e escritura de textos e realización dun amuletoexipcio cun cartucho no seu reverso ou no brazalete de protección.

Page 19: Servizos e actividades didácticas 13-14

Talleres

Tesela + tesela = mosaicoA construción en época romana.

Público: A partir de 6 anos

Grupos: Máximo 20 nenos por monitor

Duración: 2 horas

Prezo: 100 € (grupos inferiores a 20 persoas) 5 € por persoa (grupos superiores a 20 persoas)

Material: Facilitado polos monitores (material funxible)

Obxectivos:

- Obradoiro de arqueoloxía experimental para comprender e valorar o traballo realizado polos artesáns de época romana.

- Fomentar a creatividade aplicando as diferentes técnicas constructivase recursos propios de época romana.

Contido:

- Apartado teórico:

Introdución á civilización romana nunha charla co apoio de abundantematerial gráfico: ppt, filmes, debuxos, reproducións...

- Apartado práctico:

Realización dunha pequeno mosaico con material funxible no cal poderán representar algún modelo conservado na provincia ou expresar a súa creatividade.

Achegamento ao modo de construción romano, tomando como exemplos os restos conservados en Galicia, especialemente os mosaicos.

Page 20: Servizos e actividades didácticas 13-14

Talleres

A luz do medievoAchegamento á Paleografía.

Público: A partir de 8 anos

Grupos: Máximo grupos de 15 persoas (con acceso Arquivo Histórico)

Duración: 2 horas

Prezo: 90 € (grupos inferiores a 20 persoas) 4.5 € por persoa (grupos superiores a 20 persoas)

Material: Facilitado polos monitores (material funxible)

Obxectivos:

- Comprensión e coñecemento da escritura, a súa orixe e evolución, especialmente a labor dos monxes nos scriptorium.

- Achegarse aos diferentes elementos empregados dende a creación do pergameo ata a iluminación dos libros.

Contido:

- Apartado teórico:

Introdución á temática nunha charla co apoio de abundante material gráfico: ppt, filmes, debuxos, reproducións...

- Apartado práctico:

Realización e iluminación dun documento medieval e práctica de diferentes tipos de letras.

Achegamento ás técnicas paleográficas para comprender a evolución da escritura ao longo do tempo, así como a existencia de diferentes tipoloxías.

Page 21: Servizos e actividades didácticas 13-14

Talleres

As figuras... vermellas ou negras?A importancia da cerámica en arqueoloxía.

Público: A partir de 6 anos

Grupos: Máximo 20 nenos por monitor

Duración: 2 horas

Prezo: 100 € (grupos inferiores a 20 persoas) 5 € por persoa (grupos superiores a 20 persoas)

Material: Facilitado polos monitores (material funxible)

Obxectivos:

- Coñecer os procesos e logros técnicos, a variedade de formas, técnicase decoracións... para comprender os distintos contextos culturais.

- Descubrir a importancia histórica da cerámica, a súa comercialización euso nas diferentes sociedades dende época grega ata a actualidade.

Contido:

- Apartado teórico:

Introdución á produción cerámica nunha charla co apoio de abundantematerial gráfico: ppt, filmes, debuxos, reproducións...

- Apartado práctico:

Realización dunha pintura de figuras negras ou vermellas seguindoos modelos gregos.

Introdución á evolución da produción cerámica e a súa importancia en arqueoloxía. Técnicas, tipoloxías e decoracións.

Page 22: Servizos e actividades didácticas 13-14

Talleres

Arte medievalDo Románico ao Gótico.

Público: A partir de 8 anos

Grupos: Máximo grupos de 15 persoas (con acceso Arquivo Histórico)

Duración: 2 horas

Prezo: 80 €

Material: Facilitado polos monitores (material funxible)

Obxectivos:

- Coñecemento das técnicas e ferramentas empregadas na construcióndos templo, distinguindo estilos e épocas.

- A arte como análise do contexto social.

Contido:

- Apartado teórico:

Introdución á temática nunha charla co apoio de abundante material gráfico: ppt, filmes, debuxos, reproducións...

- Apartado práctico:

Realización dunha vidreira ou rosetón gótico.

Achegamento á arte medieval a través das técnicas constructivas de cada época.

Page 23: Servizos e actividades didácticas 13-14

Talleres

ExpresARTE!A creatividade ao servizo da arte.

Público: A partir de 6 anos

Grupos: Máximo 20 nenos por monitor

Duración: 2 horas

Prezo: 90 € (grupos inferiores a 20 persoas)4.5 € por persoa (grupos superiores a 20 persoas)

Material: Facilitado polos monitores (material funxible)

Obxectivos:

- Achegar a linguaxe artística aos máis novos co fin de espertar a creatividadee inquedanzas persoais relacionadas coas vangardas.

- Descubrir os diferentes movementos artísticos procurando os nexos e principais figuras comprendendo a arte como ferramenta de expresión social.

Contido:

- Apartado teórico:

Introdución á temática nunha charla co apoio de abundante material gráfico: ppt, filmes, debuxos, reproducións...

- Apartado práctico:

Cada alumno toma un fragmento dunha obra orixinal para facer un novo cadro con pinturas e outros materiais diversos (papeis, materialde refugallo...) para conseguir texturas suxerentes.

Permite achegar aos máis pequenos coñecementos sobre a Historia da Arte dende prácticas creativas, abordando contidos históricos relacionados co facer plástico.

Page 24: Servizos e actividades didácticas 13-14

Talleres

Experimenta conCIENCIAO mundo das ciencias.

Público: A partir de 6 anos

Grupos: Máximo grupos de 20 persoas

Duración: 2 horas

Prezo: 90 € (grupos inferiores a 20 persoas) 4.5 € por persoa (grupos superiores a 20 persoas)

Material: Facilitado polos monitores (material funxible)

Obxectivos:

- Comprender os efectos da presión atmosférica e as consecuencias das diferenzas de presións.

- Experimentar os efectos da gravidade, o rozamento do aire...

Contido:

- Apartado teórico:

Introdución á temática nunha charla co apoio de abundante material gráfico: ppt, filmes, debuxos, reproducións...

- Apartado práctico:

Realización de diferentes experimentos de Física e Química que permitirán presentar as diferentes teorías e figuras relevantes da historia da ciencia.

Experimentos sinxelos seleccionados para que poder comprender a importancia dalgúns avances históricos realizados por científicos como Galileo Galilei, Newton, Einstein...

Page 25: Servizos e actividades didácticas 13-14
Page 26: Servizos e actividades didácticas 13-14

Itinerarios interpretativos

Parque Natural O InvernadoiroUn percorrido polo Macizo Central Ourensán.

Público: A partir de 12 anos

Grupos: Máximo 20 nenos por guía

Duración: 3 horas (opción 6 horas)

Prezo: 100 € x guía-interprete (3 horas)150 € x guía-interprete (6 horas)

Itinerario interpretativo a pé no interior do Parque Natural O Invernadoiroacompañados dun ambientólogo para descubrir os principais valores do lugar, especialmente a observación de fauna.

P.N.B.L. Serra do Xurés - VIA NOVAArqueoloxía, historia e natureza.

Público: A partir de 12 anos

Grupos: Mínimo 30 persoas

Duración: 3 horas

Prezo: 200 €

Ruta interpretativa a pé dende Portela de Home ata Os Baños para promover estilos de vida saudables ao tempo que da man dun arqueólogo e ambientólogo mellórase a integración cognitiva co medio natural e cultural da zona.

Page 27: Servizos e actividades didácticas 13-14

Itinerarios interpretativos

Muíños Arnoia - Reserva BiosferaUn paseo interpretativo pola Reserva da Biosfera Área de Allariz.

Público: A partir de 12 anos

Grupos: Máximo 20 nenos por guía

Duración: 3 horas

Prezo: 100 € x guía-interprete

Ruta a pé ao carón do Río Arnoia para descubrir o valor etnográfica asociadoaos muíños e a importancia de conservar os hábitats naturais propios como garantesde preservación de fauna e flora. Acompañamento en ruta por ambientólogos ehistoriadores.

Ciclointerpretativa da LimiaLagoas, agricultura, aves e industria. (Inclúe bicicleta)

Público: A partir de 12 anos

Grupos: Máximo 14 persoas (limitado número de bicicletas)

Duración: 4 horas

Prezo: 160 €

Ruta en bicicleta para grupos reducidos pola chaira limiá percorrendo zonas típicamenteagrícolas, así como as areeiras de Sandiás, o Monumento Natural Carballa da Saínza... realizando paradas interpretativas a cargo dun ambientólogo que permite comprendera evolución da paisaxe limiá no último século.

Page 28: Servizos e actividades didácticas 13-14

Itinerarios interpretativos

Torre Porqueira + Fervenza FírbedaCamiñando entre auga e pedra.

Público: A partir de 12 anos

Grupos: Mínimo 30 persoas

Duración: 3 horas

Prezo: 200 €

Pequena ruta de sendeirismo ao carón do río Fírbeda e da súa fabulosa fervenza, rematando na Torre de Porqueira. Acompañamento en ruta de ambientólogos e historiadores cos que se fan diferentes paradas interpretativas.

Roteiro arqueolóxico por ArmeaArqueoloxía, lendas e tradición.

Público: A partir de 12 anos

Grupos:

Duración: 3 horas

Prezo:

Ruta interpretativa a pé por Santa Mariña de Augas Santas na que se combina a visitaao castro, o forno da santa e a basílica. Acompañamento en ruta de arqueólogos cos que descubrir a faciana mística e histórica do lugar.

Máximo 20 nenos por guía

100 € x guía-interprete

As orixes de OurenseArqueoloxía e auga.

Público: A partir de 12 anos

Grupos:

Duración: 4 horas

Prezo:

Ruta interpretativa a pé na que acompañados dun arqueólogo visítanse o castro de Santomé, Ponte Romana e As Burgas. De tal modo que sexa posible visualizar nunhashoras as pegadas do pasado prerromano e romano da cidade de Ourense ao tempo quefoméntanse condutas de vida saudables.

Máximo 20 nenos por guía

100 € x guía-interprete

Page 29: Servizos e actividades didácticas 13-14
Page 30: Servizos e actividades didácticas 13-14

Quen somos?

Raúl Fernández González

Begoña Garrido Labrador

Martiño Xosé Vázquez Mato

Page 31: Servizos e actividades didácticas 13-14

Síntese

ACTIVIDADE ANOS GRUPO

Papel reciclado + 6 15 x monitor

Ornitoloxía + 8 15 x monitor

Fauna + 6 15 x monitor

A vida no bosque + 6 15 x monitor

Reciclaxe + 4 15 x monitor

O val da morte

Castros de Cualedro

Castro de Santomé

As mansións da Via Nova

Torres e castelos

+ 12 15 x monitor

+ 12 Máximo 25

+ 8 15 x monitor

+ 12 15 x monitor

+ 12 15 x monitor

Arqueoloxía

Que chegan os cavernícolas!!

Os segredos dos xeroglíficos

Tesela + tesela = mosaico

A luz do medievo

As figuras...vermellas ou negras?

Arte medieval

ExpresARTE!

Experimenta conCiENCIA

+ 9 20 x monitor

+ 6 20 x monitor

+ 6 20 x monitor

+ 6 20 x monitor

+ 8 Máximo 15

+ 6 20 x monitor

+ 8 20 x monitor

+ 6 20 x monitor

+ 6 20 x monitor

Parque Natural O Invernadoiro

P.N.B.L. Serra do Xurés - Via Nova

Muíños Arnoia - Reserva Biosfera

Ciclointerpretativa da Limia

Torre Porqueira + Fervenza Fírbeda

Roteiro arqueolóxico por Armea

As orixes de Ourense

+ 12 20 x monitor

+ 12 Mínimo 30

+ 12 20 x monitor

+ 12 Máximo 14

+ 12 Mínimo 30

+ 12 20 x monitor

+ 12 20 x monitor

Page 32: Servizos e actividades didácticas 13-14

Condicións

RESERVAS- É imprescindible facer reserva previa de día e hora de realización das actividades.

1. Por non asistencia se o aviso de anulación realízase antes das 48 horas do comezo daactividade. Pasado este período non se devolverá o importe agás causa xustificada.

- Unha vez formalizada a inscrición, soamente se devolverá o importe íntegro nos seguintes casos:

2. No caso de que se suspenda a actividade por condicións meteorolóxicas adversas ou por non alcanzar o número mínimo de participantes. O feito de que a previsión do temposexa mala non será motivo de cancelación da actividade. Por experiencia, o tempo é moi variable e a chuvia tampouco ten por que ser un impedimento para actividades ao aire libre. En calquera caso, a cancelación da actividade por condicións meteorolóxicas adversas só corresponde á organización.

- Xeitura: xestión integral do Patrimonio Cultural e Bilurico Medio Ambiente - Bilurico Bikepoderán utilizar todo o material gráfico (fotografías, vídeos...) derivado das actividades comorecurso de promoción.

- A organización non se fai cargo dos desprazamentos ao punto de orixe das actividades ao aire libre.

- Coa formalización da inscrición acéptanse as condicións da actividade.

ORZAMENTO

- A persoa responsable e promotora da actividade deberá encher obrigatoriamente unha folla de inscrición coas autorizacións necesarias.

- Os datos achegados serán tratados de acordo co disposto na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decemebro, de protección de datos de carácter persoal.

- O orzamento final contará cos seguintes apartados:

1. Recursos humanos: recóllese a preparación, montaxe, transporte e organización da actividadeasí como a execución da mesma.

2. Material: o necesario para a correcta realización das actividades que será especificado no casode solicitalo

- De aceptaren o orzamento final presentado da actividade escollida, débese comunicar por escrito(correo postal ou e-mail) no prazo de 30 días dende o momento da presentación do mesmo por parteda organización. Superado este prazo o orzamento podería variar.

- O pago realizarase por transferencia bancaria á conta indicada na factura.

- De solicitarse a elaboración de material didáctico para a preparación e posterior avaliación dasactividades, este será orzamentado aparte e incluirá a realización do material e a impresión do mesmo. .

- Calquera destes parámetros orzamentarios pode ser negociado. .

OUTRAS

- O local ou aula onde se realizarán os obradoiros corre por conta do promotor pero supeditadoas seguintes condicións especificas: .

1. Que sexa o suficientemente amplo para albergar comodamente aos participantes.

2. Que posúa mesas e cadeiras.

3. Que teña toma de corrente eléctrica, para poder conectar os aparellos electrónicos (ordenador, proxector de imaxes…) necesarios para a parte teórica da actividade.

- Xeitura: xestión integral do Patrimonio Cultural e Bilurico Medio Ambiente - Bilurico Bikedispoñen de Seguro de Responsabilidade Civil que cubren as actividades.

Page 33: Servizos e actividades didácticas 13-14

Folla de reserva

Nome (persoal ou empresa):

Correo-e (vía comunicación preferente)

Enderezo postal (necesario para facturación)

NIF / CIF (necesario para facturación)

Teléfono (persoa de contacto)

Enderezo postal (se é diferente ao de facturación)

Actividade para a que solicita orzamento e reserva

Número de participantes Idades dos participantes

Data que pretende reservar

Enviar por correo electrónico a: [email protected]

ou por correo postal a

Bilurico Medio Ambiente, Ribeiriño 5 Baixo 32001 (OURENSE)

Page 34: Servizos e actividades didácticas 13-14

988 04 41 37 / 616 66 74 [email protected]ño 5 Soto (Baixo Ponte Romana)

32001 - OURENSE

Gal