Sandiás (Nº 8)

8
SANDIÁS Número 8 Boletín informativo municipal Primavera 2001 Axudas para rehabilitaci n de vivendas rurais A Xunta de Galicia concede subvencións do 30 ou 40 por cento do presuposto prote- xible das actuacións de rehabilitación de vivendas rurais que cumpran os requisitos establecidos. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 8 de xuño de 2001. Información e solicitudes: Casa do Concello de Sandiás Dende 1990 concedéronse subvencións por importe de máis de 17.000 millóns de pesetas, que permitiron a rehabilitación de preto de 50.000 vivendas. Coa creación da Banda de Gaitas e Dan- zas, o Concello de Sandiás é na provin- cia de Ourense un dos que adica maior interese na promoción e difusión das artes musicais. Un labor comezado hai xa varios coa Rondalla do colexio públi- co, e que tn agora continuidade coa nova formación. Os xoves gaiteiros e percusionistas e as integrantes do corpo de baile realizaron xa varias actuacións públicas nestes últimos meses, sendo de louba-la progresión experimentada neste tempo, froito do seu interese e dos profesores encarga- dos da súa formación artística. As intensas chuvias fixeron estragos en moitas zonas da Limia. No noso concello afectaron ás vivendas de varios veciños, pero tamén ás estradas e camiños dos pobos máis próximos á La- goa (na foto, aspecto que presentaba a estrada de Labandeira a Trandeiras). Educadora de varias xera- cións de veciñas, durante máis de 40 anos, Irene Ro- dríguez, lembra hoxe cómo foi cambiando Sandiás ó longo do século XX. Sendo unha das persoas de máis idade, con 95 anos, disfruta de boa saúde e dunha gran- de lucidez mental. Reforma da capela de Santa Mariña Ampliación dos servicios públicos Un obradoiro de emprego dará ocupación a 45 persoas W A capela de Santa Mariña de Piñeira recupe- rará parte do esplendor que tivo no pasado coas obras de restauración previstas polo Concello. O anteproxecto técnico estipula un investimento de 3,3 millóns de pesetas, cos que se actuará na cuberta, xa que ten as vigas moi deterioradas, e nos muros, que presentan desconchados e humidades. A Corporación recolleu así a petición dos veci- ños e das autoridades eclesiásticas. v A construcción de beirarrúas e a mellora do abastecemento en Sandiás e Vilariño das Poldras son as obras previstas polo Concello dentro dos planos provinciais do ano 2001. Tamén contempla a mellora de camiños e de espacios públicos en Couso. Outra actua- ción dos próximos meses será a construc- ción dunha pista polideportiva en Piñeira, en terreos próximos a actual área recreativa e de xogos infantís. * Os trámites para constituir un obradoiro de emprego para maiores de 25 anos en situa- ción de paro laboral están xa moi avanzados, agardándose que entre en funcionamento durante o verán. Este proxecto, compartido pola Consellería de Familia e Promoción do Emprego da Xunta de Galicia e o propio Concello de San- diás, permitirá a 45 veciños e veciñas mellora-la súa cualifi- cación profesional nas espe- cialidades de cantería, albane- lería e xardinería (cada módu- lo contará con 15 alumnos). Entre os traballos contem- plados figuran a restauración da Vía Xacobea da Prata no noso municipio, prestando especial atención ás capelas, áreas recreativas, lavadoiros, fornos, entorno das igrexas e o alumeado dalgúns monumen- tos significativos de Sandiás, como a Torre medieval. O Concello informará oportuna- mente sobre o proceso de selección dos aspirantes.

description

Boletín de Información Municipal con novas do Concello de Sandiás (Ourense) (Primavera 2001)

Transcript of Sandiás (Nº 8)

SANDIÁSNúmero 8 Boletín informativo municipal Primavera 2001

Axudas para rehabilitación de vivendas rurais

A Xunta de Galicia concede subvenciónsdo 30 ou 40 por cento do presuposto prote-xible das actuacións de rehabilitación devivendas rurais que cumpran os requisitosestablecidos. O prazo de presentación desolicitudes estará aberto ata o 8 de xuño de2001.

Información esolicitudes: Casa do Concello de Sandiás

Dende 1990 concedéronse subvencións

por importe de máis de 17.000 millóns de

pesetas, que permitiron a rehabilitación de

preto de 50.000 vivendas.

Coa creación da Banda de Gaitas e Dan-

zas, o Concello de Sandiás é na provin-

cia de Ourense un dos que adica maior

interese na promoción e difusión das

artes musicais. Un labor comezado hai

xa varios coa Rondalla do colexio públi-

co, e que tn agora continuidade coa

nova formación. Os xoves gaiteiros e

percusionistas e as integrantes do

corpo de baile realizaron xa varias

actuacións públicas nestes últimos

meses, sendo de louba-la progresión

experimentada neste tempo, froito do

seu interese e dos profesores encarga-

dos da súa formación artística.

As intensas chuvias fixeronestragos en moitas zonas daLimia. No noso concelloafectaron ás vivendas devarios veciños, pero taménás estradas e camiños dospobos máis próximos á La-goa (na foto, aspecto que

presentaba a estrada de

Labandeira a Trandeiras).

Educadora de varias xera-cións de veciñas, durantemáis de 40 anos, Irene Ro-dríguez, lembra hoxe cómofoi cambiando Sandiás ólongo do século XX. Sendounha das persoas de máisidade, con 95 anos, disfrutade boa saúde e dunha gran-de lucidez mental. Reforma da capela de Santa Mariña Ampliación dos servicios públicos

Un obradoiro de emprego dará ocupación a 45 persoas

A capela de Santa Mariña de Piñeira recupe-rará parte do esplendor que tivo no pasadocoas obras de restauración previstas poloConcello. O anteproxecto técnico estipulaun investimento de 3,3 millóns de pesetas,cos que se actuará na cuberta, xa que ten asvigas moi deterioradas, e nos muros, quepresentan desconchados e humidades. ACorporación recolleu así a petición dos veci-ños e das autoridades eclesiásticas.

A construcción de beirarrúas e a mellora doabastecemento en Sandiás e Vilariño dasPoldras son as obras previstas polo Concellodentro dos planos provinciais do ano 2001.Tamén contempla a mellora de camiños e deespacios públicos en Couso. Outra actua-ción dos próximos meses será a construc-ción dunha pista polideportiva en Piñeira, enterreos próximos a actual área recreativa ede xogos infantís.

Os trámites para constituir unobradoiro de emprego paramaiores de 25 anos en situa-ción de paro laboral están xamoi avanzados, agardándoseque entre en funcionamentodurante o verán. Este proxecto,compartido pola Conselleríade Familia e Promoción doEmprego da Xunta de Galicia

e o propio Concello de San-diás, permitirá a 45 veciños eveciñas mellora-la súa cualifi-cación profesional nas espe-cialidades de cantería, albane-lería e xardinería (cada módu-lo contará con 15 alumnos).

Entre os traballos contem-plados figuran a restauraciónda Vía Xacobea da Prata no

noso municipio, prestandoespecial atención ás capelas,áreas recreativas, lavadoiros,fornos, entorno das igrexas e oalumeado dalgúns monumen-tos significativos de Sandiás,como a Torre medieval. OConcello informará oportuna-mente sobre o proceso deselección dos aspirantes.

Páxina 2

O Concello de Sandiásafronta o ano 2001 cun or-zamento lixeiramente su-perior ós 118 millóns depesetas (711.498,3 euros).Na análise das distintaspartidas de gastos, as máisimportantes correspondenós investimentos reais,onde se contemplan asobras previstas con cargoó orzamento municipal,persoal, bens correntes eservicios, e ás transferen-cias correntes. Estes catroapartados supoñen, enconxunto, o 96,7% do

orzamento total do nosomunicipio.

Nos capítulos de in-gresos, o financiamentodo Concello de Sandiásprocede das transferen-cias correntes e de capital,aportadas por outras Ad-ministracións públicas(Estado, Xunta de Galiciae Deputación Provincialde Ourense), e, nunhacuantía moito menor, dastaxas municipais, dos im-postos directos e indirec-tos e dos ingresos patri-moniais (ver cadro ).

Gastos de persoal 22.227.522

Gastos en bens correntes e servicios 24.177.000

Gastos financeiros 1.900.000

Transferencias correntes 11.055.230

Investimentos reais 57.000.000

Transferencias de capital ---

Pasivos financeiros 2.040.248

Total gastos: 118.400.000

Impostos directos 19.130.000

Impostos indirectos 2.000.000

Taxas e outros ingresos 7.070.000

Transferencias correntes 35.000.000

Ingresos patrimoniais 700.000

Enaxenación de investimentos reais

Transferencias de capital

Pasivos financeiros

---

41.000.000

13.500.000

Total ingresos: 118.400.000

GASTOS

INGRESOS

As contas claras: a transparencia económica, un deber e unha obriga dos nosos gobernantes

Investimentos, conservación dos servicios e persoal son as principais partidas de gastos

O orzamento municipal é de 118 millóns de pesetas

Os investimentos en obras e servi-

cios supoñen o 69 por cento do

orzamento total de gastos.

Os novos proxectos tratan de palia-

las deficiencias e os posibles dese-

quilibrios entre as distintas zonas.

As transferencias de capital cons-

titúen a principal fonte de financia-

mento do noso municipio.

A constitución do obradoiro de empre-

go, as obras previstas en varios núcle-

os, a Casa da Lagoa, a mellora dos

servicios públicos, etc., son algunhas

das actuacións previstas para os pró-

ximos meses polo Concello de San-

diás. Comeza o milenio cunha morea

de proxectos que se irán materializan-

do pouco a pouco, gracias á xestión

da Corporación municipal, pero tamén

pola colaboración dos nosos veciños e

veciñas. Un exemplo témo-lo na

ampliación da estrada de Sandiás a

Ponte Liñares, posible pola cesión

desinteresada de terreos que fixeron

máis de cen propietarios. Gracias a

esta actitude positiva, por riba de inte-

reses particulares e dun mal entendido

sentido da propiedade, vaise facendo

o concello cada día. Esta solidarieda-

de da nosa xente non pode nin debe

quedar empanada por actitudes mez-

quinas, froito da ignorancia e da enve-

xa, que tal vez preferisen que Sandiás

vivise anclado nos tempos pretéritos.

A mala veciñanza non é boa, aínda

que moitas veces teñamos que convi-

vir con ela. Superados estes peque-

nos atrancos que xurdiron no pobo de

Couso, a obra será realidade nos pró-

ximos meses, logo dunha importante

aportación económica da Deputación

Provincial de Ourense. Esta colabora-

ción institucional é clave para levar

adiante os novos proxectos.

Neste tempo tamén será realidade

a reforma de edificios públicos, como

o que albergou á Cruz Vermella, e que

se vai converter nun amplo e moderno

edificio de usos múltiples, ou a capela

de Santa Mariña de Piñeira.

Con estes e outros proxectos, San-

diás sitúase entre os concellos da pro-

vincia de Ourense con máis iniciativas

para dotar a tódolos pobos dos servi-

cios básicos e para que os seus veci-

ños melloren, día a día, as súas condi-

cións de vida.

Case sen tempo de mirar cara atrás,o Concello de Sandiás afronta novose ilusionantes proxectos cos que sa-tisface-las necesidades máis impe-

riosas e dar resposta ás demandasdos nosos veciños e veciñas. O ano2001 preséntase esperanzador einteresante en canto a iniciativas a

desenvolver. Será cando se faganrealidade algunhas das aspiraciónspolas que levaba tempo loitando onoso municipio.

“Son ilusionantes os novos pro-xectos que se farán realidadenestes próximos meses e quecontribuirán, sen dúbida, a mello-ra-lo benestar e a calidade devida da nosa xente”.

O p t i m i sm o

Páxina 3

As obras da Casada Lagoa entraron naúltima fase. Agoraqueda pendente a lici-tación do mobiliario.Neste proxecto, noque colaboran a Xun-ta, a Deputación e oConcello, vanse in-vestir en torno ós 30millóns de pesetas.

Os servicios municipais melloran coas novas infra-

Amplíanse as redes de auga e sumidoiros na capitalidade municipal

Os núcleos de Couso e Sandiás benefícianse deproxectos para mellorar vías de comunicación

Proxecto dunha pista

deportiva en Piñeira

O Concello de Sandiás xestiona

a construcción dunha pista para

a práctica do deporte en Piñei-

ra, nos terreos de titularidade

pública a carón da área recrea-

tiva e do parque infantil de

xogos. A memoria valorada, cun

orzamento de 4,5 millóns de

pesetas, foille remitida á Depu-

tación de Ourense, institución

coa que o Concello de Sandiás

mantén dende hai tempo unha

estreita colaboración. A superfi-

cie afectada polo proxecto

supera os mil metros cadrados,

nos que se construirá unha

pista regulamentaria para a

práctica de xogos e varios de-

portes.

Casa da Lagoa.

■ Os planos provinciais do ano 2001preven a execución das obras das beirarrú-as e da ampliación do abastecemento deauga en Sandiás e Vilariño das Poldras,cun orzamento de licitación de 10,3millóns de pesetas. En Vilariño trátase demellora-lo servicio de distribución deauga a unha boa parte das vivendas e daconstrucción de beirarrúas para garanti-laseguridade vial dende o enlace coa estradaCelanova-Xinzo ata a zona das palleirasque se derrubarán para anchea-la estrada.En Sandiás, pola súa parte, esta actuacióncéntrase na parte da estrada de Couso máispróxima á N-525.

O Concello de Sandiás contemplaoutra actuación importante no pobo de

Couso, como é a mellora de varios espa-cios públicos, entreles o acondicionamen-to da explanada de entrada ó cemiterio eos accesos á igrexa parroquial dende aestrada de Sandiás a Ponte Liñares. Os tra-ballos estarán destinados a favorece-lotránsito de persoas e vehículos nesteimportante núcleo de poboación. O orza-mento é de 5 millóns de pesetas.

Proxectos do presente ano son tamén aampliación da estrada de Couso a Sandiás,nun tramo de 2 kilómetros, a reposicióndo abastecemento e da rede de sumidoirosen Sandiás mailo acondicionamento doacceso á Casa da Lagoa dende a CasaConsistorial, con beirarrúas e dúas peque-nas plazoletas.

Implántase no concello o plan de recollida selectiva de lixo

A recollida selectiva de lixo concíbese claramentecomo unha aposta medioambiental de presente e futu-ro. O seu éxito vai depender agora da colaboración detódolos veciños á hora de deposita-lo lixo nos contene-dores específicos.

A Mancomunidade da Limiaasinou un convenio con SO-GAMA maila Consellería deMedio Ambiente para a reco-llida selectiva de todo tipo delixo. A través deste acordo, aempresa concesionaria Eco-embalajes España (Ecoembes)comprométese a distribuir portodo o concello os contenedo-res específicos para cada tipode desperdicios. Os chamadospuntos limpos ou illetas eco-lóxicas disporán de contene-dores amarelos, para plásti-cos, latas e tetra-briks; os ver-des servirán para deposita-lovidro, frascos e tarros; e os

azuis almacenarán todo tipode cartóns, papeis, revistas eperiódicos.

A implantación da recolli-da selectiva de desperdiciosque poden seren reciclados,como o papel, o vidro e oplástico, contribúe a preserva-lo medio ambiente, xa que noseu proceso de elaboraciónempréganse productos quími-cos, como o cloro, altamentecontamiñantes. Unha campa-ña informativa, casa por casa,trata de concienciar ós nososveciños da necesidade deseleccionar no fogar os distin-tos productos de refugallo.

Estrada Sandiás-Couso Abastecemento en Sandiás

Páxina 4

O número de matriculacións mantense no noso colexio públicoÓ contrario do que acontecena maior parte dos centrosescolares da provincia, debi-do ó descenso da natalidade,en Sandiás o número dematriculacións permaneceestable. Este curso asisten ásclases 65 alumnos e alumnas,e a previsión é de que no pró-ximo as incorporacións equi-libren as prazas dos que mar-chen ó Instituto de Xinzo.

Ao igual que en anosanteriores, os rapaces e rapa-zas desenvolven unha intensaactividade docente, que in-clúe a celebración das datas efestas tradicionais e outrasque tratan de fomentar valo-res universais, como o Día daPaz e o da Árbore.

Dentro das actividadesextraescolares, os alumnosviaxaron a Ourense para par-

ticipar no programa “Imos ótren”, promovido por Caixa-nova, e visita-lo parque debombeiros.

Dentro do deporte esco-lar, programaronse activida-des na piscina de Xinzo e dapráctica de fútbol-sala e cam-po a través, tanto en categoríamasculina como feminina.

Rondalla premiadaA Rondalla de Sandiás

acadou o primeiro premio nacategoría de preescolar doConcurso Provincial de Pan-xoliñas celebrado a finais dedecembro en Celanova. Ta-mén actuou na Escola de Pro-moción de Adultos (EPA) deOurense, o que serve de estí-mulo ós xoves integrantes, xaque ven recompensado así oseu esforzo.

O albergue de Sandiás acolle unhaexposición retrospectiva do nosomunicipio, entre os anos 1980 e2000. Trátase, na súa maior parte, deinstantáneas recopiladas polo propioConcello e que amosan a transfor-mación que sofríu o noso municipionas dúas últimas décadas do séculoXX. Con esta mostra que permane-cerá aberta durante varias semanastamén se facilita o carácter multiu-sos que a Corporación quere atribuiró novo edificio.

Os temporais do inverno afectaron a tódalaspistas asfaltadas e da concentración parcelaria,pero tamén ás fosas sépticas de Couso, queresultaron moi deterioradas. O Concello ten pre-visto construir unhas novas. Lavandeira e Car-deita foron dous dos pobos máis afectados polasfortes precipitacións. No prazo de presentaciónde axudas para repara-los estragos rexistráronsenas dependencias municipais solicitudes porimporte próximo ós 35 millóns de pesetas. OConcello, que tamén é parte afectada, remitíu osexpedentes á Xunta de Galicia e á DeputaciónProvincial de Ourense.

Un empresario areeirodebe repoñe-la pistaestragada ó amplia-la

súa explotaciónUnha sentencia xudicial veu a

da-la razón ó Concello de Sandiásno litixio que mantiña co empre-sario Benjamín Linares “Zocha”,despois de que a súa explotaciónde extracción de area desfixeseunha pista da concentración par-celaria. A resolución obriga a esteempresario a repoñe-la vía decomunicación como estaba ante-riormente.

Pola súa parte, o Concello deSandiás remitíulles ós sete areei-ros do noso municipio o requeri-mento para que presenten a docu-mentación que permita legaliza-laampliación das extraccións dearea. Para elo deberán cumpli-menta-los trámites de revisióndos expedentes nas delegaciónsde Urbanismo e Medio Ambiente,antes do dictame definitivo dopropio Concello de Sandiás.

Páxina 5

O albergue de peregrinos de Sandiás contribúe ó impulsoque a Xunta quere dar á Vía Xacobea da Prata

A nova Banda de Gaitas e Danzas do Conce-llo de Sandiás contribúe, xunto coa Ronda-lla, a difundi-la música popular e, ó mesmotempo, para que a xente nova poida encami-ña-las súas inquedanzas artísticas. A pesar dopouco tempo de experiencia, a nosa Bandade Gaitas dispón xa dun aceptable nivel quea convirte en aspirante a participar nunhapróxima edición da Liga Galega. Os asisten-tes á inauguración do albergue e os que acu-diron a outros actos públicos organizadosnos últimos meses no noso municipio poide-ron comprobar, con ledicia, o interese co queos xoves gaiteiros, percusionistas e danzan-tes actúan cada vez que soan as notas musi-cais preservadas ó longo do tempo.

Na foto superior, as autoridades, durante a bendición e o

descubremento da placa conmemorativa da inauguración

do albergue. Un acto que non quixeron perder moitos

veciños e veciñas do noso concello (foto inferior).

A presencia en Sandiás doconselleiro de Cultura, Co-municación Social e Turis-mo, Xesús Pérez Varela, pa-ra inaugura-lo novo al-bergue de peregrinos nonfoi anecdótica, e sí moi sig-nificativa. O acto servíupara reivindica-la ruta xa-cobea histórica procedentedo Sur da Península e doNorte de Portugal, chamadaVía da Prata, aínda queoutros prefiran falar da RutaMozárabe.

As instalacións do al-bergue dispoñen de 24 pra-zas en liteiras e zonas dedescanso, pero tamén dunamplio recibidor de entrada,axeitado para celebrar ex-posicións e actos públicospara un auditorio non muyamplo.

Xunto ó conselleiro Pé-rez Varela maila alcaldesade Sandiás, María Concep-ción Méndez Gándara, queactuou de anfitriona, acudi-ron á cita importante autori-dades provinciais, como opresidente da Deputación,José Luis Baltar, variosdelegados provinciais e

numerosas alcaldes de todaa comarca da Limia (nomesmo acto de Sandiásdéronse por inauguradostamén os albergues de Vilarde Barrio e Xunqueira deAmbía). Pero numerososveciños e veciñas quixeroncoñecer de preto as moder-nas instalacións, ubicadas aescasa distancia do enlaceda estrada de Couso coa N-525, en pleno casco urbánde Sandiás.

Á construcción do al-bergue destináronse 26 mi-llóns de pesetas, entre aestructura e o mobiliario,aportados pola Xunta deGalicia, a través da Socieda-de de Xestión do Xacobeo.

Con este edificio de aco-llida de peregrinos, Sandiásfigura con nome propio nosdistintos folletos e publica-cións sobre os roteiros daVía da Prata e convértese enlugar de referencia obrigadapara devotos e camiñantesque fan o percorrido a pécara a Santiago de Compos-tela. Esta importancia que-dará en evidencia o próxi-mo Ano Santo, no 2004.

Páxina 6

Irene, na súa casa de Sandiás, a mesma que albergou aescola durante moitos anos. Eiquí pasa a primavera e overán, e cando enfría o tempo vai a Gondulfes, no conce-llo de Castrelo do Val, onde vive unha irmá súa.

Irene Rodríguez Durán, mestraen Sandiás durante 40 anos

AAvida de Irene Rodrí-guez Durán (Couso,

1906), estivo e segue estan-do ligada ó concello de San-diás dende unha doble pers-pectiva: como educadora devarias xeracións de veciñose veciñas e como observa-dora, xa que é unha das per-soas de máis idade do muni-cipio, dos cambios históri-cos que se produciron naúltima centuria.

Despois de remata-losestudios de Maxisterio, en1926, Irene comezou a súaexperiencia docente en Con-so, no lonxano municipio deVilariño de Conso. Erantempos nos que, sen estra-das nen medios de comuni-cación, “había que ir a caba-

lo dende Viana, e cun revól-ver por se saían os lobos”.Despois estivo en Baños deMolgas e Gondulfes, dendeonde permutou coa súa nai,Artemia Durán Medina, quefoi a primeira mestra desteséculo en Couso e Sandiás.

Dende 1932 e ata a súaxubilación deu clases ásrapazas de 6 a 14 anos, pri-meiro na antiga escola, con-vertida hoxe no seu fogar, edespois nas escolas que seconstruiron a carón da Casado Concello e, por último,na concentración escolar deXinzo, destino tamén dosrapaces e rapazas de Sandiásata que se construíu o novoCentro de Ensino de Infantile Primaria.

“A concentración parcelaria e a mellora das estradas condicionaron o progreso do municipio”Pregunta.- ¿De qué xeito se vivíu a

Guerra Civil en Sandiás?

Irene.- Por sorte, o das dúas Españaseiquí apenas tivo repercusión. Aíndaasí houbo algúnas persecucións, peromenos que noutros sitios.P.- ¿Cómo ve vostede o actual sistema

educativo, ben diferente do que había

cando era mestra?

Irene.- Hoxe está máis organizado ehai menos masificación. Lembro quecheguei a ter na aula entre 50 e 60rapazas, porque daquela non habíaescola en Pegas nin en Cardeita. Nonera fácil atender ben a tantas alumnas,pola diferencia de idade, pero así erao sistema e tiñamos que adaptarnos.P.- ¿Cales son as mellores lembran-

zas da súa etapa docente?

Irene.- Gardo moitas e moi boas, por-que pola miña escola pasou xentemarabillosa, que hoxe son nosas ve-ciñas, aínda que outras están fora.Tamén, cando daba clases nas novasescolas, onde está o Centro de Saúde,

concedéronme unha beca, que foiunha especie de recoñecemento o tra-ballo que alí desenvolvíamos.P.- ¿Cómo ve o mundo de hoxe?

Irene.- Algunhas cousas están mellor,e a xente, en xeral, na nosa sociedade,vive con máis dignidade. Pero haioutras cousas que non me gustan eque deberían mellorar. Por exemplo,hai moita xente mala, sobre todo osterroristas, e cada vez somos menossolidarios cos demáis. Antes xuntaba-monos nos mazadoiros a contar con-tos e cando algún veciño se poñíaenfermo, os demáis facíanlle os traba-llos agrícolas. Hoxe, a boas horasvemos algo así.P.- ¿E o concello de Sandiás?

Irene.- Mellorou en moitos aspectos,porque de lembrar o que tiñamosantes e o que hai agora, media unabismo. Cando eu era moza, no inver-no había que ir polos camiños saltan-do de pedra en pedra, non había luz,nen auga nas casas, nen alcantarilla-

do, nen teléfono,... Hoxe, quen máis equen menos, ten cubertas as súasnecesidades básicas.P.- ¿Qué acontecementos foron para

vostede os máis importantes do sécu-

lo XX en Sandiás?

Irene.- Houbo varios. A concentra-ción parcelaria foi boa, porque permi-tíu aproveitar mellor a terra e conmenos sacrificio, xa que facilitou amaquinización do noso agro. Tamén oensanche da estrada N-525 e, máisrecentemente, a autovía é un símbolodos novos tempos. ¿Quén nos ía dicirque teríamos estas estradas? Moitosveciños, se levantasen a cabeza non ocreerían.P.- ¿Mirando cara adiante, ve factible

recupera-la Lagoa de Antela?

Irene.- Sería fermoso. Gostaríameque estivese como a lembro eu, antesde que a secasen. Pero iso é imposi-ble. A ver se recuperan a zona das are-eiras, e volve ser un paraíso para afauna.

Lembranzas

Páxina 7

Os sistemas educativo e sanitario, aimplantación da Democracia, despoisdo intento fallido da República, a univer-salización das prestacións de tiposocial, etc., fixéronse realidade na últi-

ma centuria, pero tamén outros servi-cios que inciden directamente na cali-dade de vida dos nosos veciños e veci-ñas. Foi un século de grandes transfor-macións e progresos, sen esquecer

aspectos menos edificantes, como aGuerra Civil, o terrorismo, a insolidarie-dade, etc. Algúns veciños lembran parao Boletín Informativo de Sandiás estescambios.

Os nosos maiores, principais testemuñas dos cambiosque se produciron en Sandiás ó longo do século XX

Agustina Gándara Feijóo,de Arcos

“Decir que estamos

igual que hai cincoenta

anos sería de tolos.

Pero, entre as cousas

que progresaron eu

destacaría a asistencia

sanitaria. Antes había

que ir a pé a busca-lo

médico e ás veces tar-

dábase varias horas.

Hoxe hai un hospital a

vinte minutos, servicio

de urxencias todo o

día, rehabilitación e

mellores medicamen-

tos. Ogalla que esto

non volva para atrás”.

Julio Pérez González,de Piñeira

“As cousas cambiaron,

unhas para ben, e ou-

tras para mal. No posi-

tivo, vívese mellor eco-

nómicamente e temos

máis servicios, mello-

res comunicacións e

pensións bastante dig-

nas. Hai que recoñe-

cer que os gobernos

están facendo moito

nos últimos anos polos

nosos pobos. Por con-

tra, hai pouca harmo-

nía entre a xente, e

pecamos de soberbia

e de individualismo”.

Benito Gómez Quintas,de Novaíño

“Houbo moitos cam-

bios, pero a concentra-

ción parcelaria foi dos

máis importantes. An-

tes, en tódalas casas

había vacas, pero a

concentración permitíu

ós que quedamos aquí

introduci-la maquinaria

para traballa-las terras.

Antes de que houbese

pensións, os vellos tra-

ballaban ata que non

podían máis, porque

non había outro reme-

dio. Hoxe todo é dife-

rente”.

Nair Feijóo Seguín,de Santa Ana

“Antes os camiños eran

de terra. A primeira vez

que viñen en coche

dende Alemaña, aló

polo 65, quedamos

atascados nun lameiro

eiquí no pobo. Agora

tódolas estradas están

asfaltadas, algo que

era impensable naque-

les tempos. Pero, en

cambio, boto de menos

a unión e a solidarieda-

de que había entre os

veciños. Pero os tem-

pos cambian e as per-

soas tamén”.

Digna Dios Añel,de Vilariño

“Cambiou todo, porque

cando nos criamos

había moita miseria.

Hoxe vívese máis dig-

namente en tódolos

sentidos, pero no vestir

e no comer, sobre to-

do. Cando eu era pe-

quena non había nin

luz, nen auga corrente,

nen as comodidades

que temos hoxe. O

peor é que os pobos

quedan sen xente, por-

que hai pouca mocida-

de e non ven futuro no

campo”.

O centro socio-cultural do Concello acolleu unha charla sobre osteo-porose, impartida polo doutor Adolfo Cid, á que asistíu un numerosogrupo de veciños (na foto superior). En datas próximas vanse celebraractos para promover iniciativas empresariais, con exemplos prácticosde veciños e veciñas emprendedores. O Concello tamén solicitouactividades e charlas sobre medio ambiente e medicina natural.▲

O departamento de Servicios Sociais daMancomunidade de Concellos da Limia aten-deu durante o pasado ano a 330 veciños eveciñas en Sandiás, e tramitou 219 expeden-tes, segundo a memoria anual de xestión eactividades.

O programa de información e orientaciónocupouse de 79 casos ou solicitudes referidasa cuestións familiares; 15 de infancia; 57 rela-cionados coa muller; 111 de persoas maiores,e 68 sobre discapacidade ou minusvalías detodo tipo.

A traballadora social (tódolos mércores)maila asistenta social (os xoves) atendentódalas consultas e solicitudes na Casa doConcello.

Páxina 8

Edita: Concello de Sandiás - Imprime: GrafoDos - Dep. Legal: OU-227/97

Bolletín

de

suscripción

grattuita

SSe vostede coñece a algún fa-

miliar, veciño ou amigo que

resida fora de Sandiás e que

estea interesado en recibi-lo

Boletín Informativo Municipal,

comuníqueno-lo. O Concello en-

viarallo de xeito totalmente gra-

tuito. Só ten que facilitarnos os

seguintes datos:

NOME E APELIDOSDIRECCIÓN

CÓDIGO POSTALCIDADE

PAÍS(caso de residir no extranxeiro).(Casa do Concello)

En apenas un ano de servi-cio, a Agrupción de Vo-luntarios de ProtecciónCivil de Sandiás xustificoudabondo a súa necesidade.Os 26 integrantes, dos quevinte realizaron xa o cursobásico de Protección Civil,esforzaronse por colaboraren diferentes eventos pú-blicos e cando se solicitouo seu servicio. O traballoque desenvolveron foi es-pecialmente intenso du-rante o inverno, con oca-sión dos repetidos tempo-rais de auga e vento queafectaron a toda Galicia, eá comarca da Limia conespecial virulencia.

Eiquí contabilízanseactuacións en Pegas, paraeivta-lo anegamento dun-ha palleira; en Labandeira,para auxiliar a un veciño óque lle entrara auga nacasa, en Piñeira, onde seatascaron canalizaciónsdomiciliarias e para sinali-za-las estradas e camiñosanegados de auga.

A organización da ro-mería de San Bieito daUceira (foto inferior), fa-cilitando o estacionamentode vehículos e o accesodos veciños e visitantes órecinto da capela, foi ou-tras das actuacións enco-mendadas á Agrupación

de Voluntarios de Protec-ción Civil de Sandiás nes-tes últimos meses.

Os nosos voluntariostiveron outra actuación im-portante no Rally de Ou-rense, un acontecementodeportivo de grande trasce-dencia a nivel estatal, xaque é puntuable para oCampionato de España deRallys, e que supón unhacomplexa organización, so-bre todo para garanti-laseguridade dos espectado-res nos distintos tramos.

Entre os cometidos quefiguran na memoria deactividades dos últimosmeses, está o acompaña-mento a veciños a centrosde rehabilitación especiali-zados.

Agora, e para mellora-la súa operatividade, aAgrupación de ProtecciónCivil de Sandiás, que pre-side a alcaldesa, MaríaConcepción Méndez Gán-dara, e coordina José Fran-cisco Santana Doval, soli-citoulle á Xunta de Galiciaun vehículo todo terreo.

Este servicio de axudaós nosos veciños permane-ce operativo durante todoo ano. En caso de necesi-dade, hai que chamar óteléfono:

Solidarios e cumplidoresA Agrupación de Voluntarios de Protección

Civil participou na organización de actos

públicos e axudou a moitos veciños afectados

polos temporais do pasado inverno

988 465 001988 465 001