Rúbrica Diario Wiki

2

Click here to load reader

Transcript of Rúbrica Diario Wiki

Page 1: Rúbrica Diario Wiki

Rúbricas de Avaliación 1

RÚBRICA PARA A VALORACIÓN DO DIARIO PERSOAL

Esta rúbrica tamén serve para a valoración das entradas na Wiki de grupo

Valoración

Criterios 0 1 2 3

Títulos dos artigos

Os títulos dos artigos non son descriptivos.

Os títulos dos artigos son pouco descriptivos.

Os títulos dos artigos son descriptivos. Non hai evidencias de orixinalidade.

Os títulos dos artigos describen moi adecuadamente os mesmos e hai evidencias claras de orixinalidade. Non son meramente descriptivos.

Frecuencia e extensión dos artigos.

Publica extremadamente pouco.

Publica arredor de 4 entradas ao mes con varios parágrafos ou máis de 4 con menos de dous parágrafos na maioría.

Publica máis de 5 entradas mensuais con varios parágrafos de diversa extensión.

Publica frecuentemente (mínimo de 2 entradas semanais), con máis de un parágrafo.

Gramática e ortografía

Presenta frecuentes erros gramaticales e ortográficos

Inclúe algúns erros gramaticales e ortográficos.

Poucas veces ten erros gramaticais e ortográficos.

A gramática e a ortografía son sempre correctas.

Apropiación da aprendizaxe

Nunca usa os conceptos traballados na aula para expór as súas ideas, conclusións e recomendacións, ou ben a maioría das veces son usados de xeito incorrecto.

Fai uso de conceptos traballados na aula, mais en ocasións son usados con incorreccións.

Usa somentes algún conceptos cos que logra relacionar as ideas do tema.

Usa os conceptos relativos ao tema cando expón ideas, conclusións e recomendacións.

Exemplos Non fai ningún tipo de uso de debuxos, gráficos, diagramas, documentos visuais ou auditivos… para enfatizar a aprendizaxe do tema.

Se ben inclúe documentos auditivos e/ou visuais, non están claramente relacionados co tema, ou non os inclúe en todas as entradas.

Usa na maioría das entradas documentos auditivos e /ou visuais, claramente relacionados co tema, se ben non os aproveita para complementar a entrada.

Usa debuxos, gráficos, diagramas, recortes de prensa, ligazóns a outras páxinas… para enfatizar a aprendizaxe dos temas tratados.

Procura de información

Non se interesa en procurar, nen en verificar a información para mellorar as súas ideas, conclusións e recomendacións sobre os temas tratados.

Hai pouca iniciativa en procurar e verificar a información noutras fontes para mellorar as súas ideas, conclusións e recomendacións sobre o tema.

Amosa un interese medio na procura de información para as súas ideas, conclusións e recomendacións sobre os temas tratados.

Interésase en buscar e verificar información en libros, revistas, xornais, internet… para mellorar as súas ideas, conclusións e recomendacións sobre os temas tratados.

Page 2: Rúbrica Diario Wiki

Comentarios nos diarios

A maioría dos comentarios non son interesantes para o fomento do debate; ou hai comentarios ou respostas improcedentes; ou non responde aos comentarios feitos no seu diario.

Comentou só nalgún diario dos compañeiros, ou ben non respondeu á maioría dos comentarios que outros fixeran no seu diario.

Comentou en boa parte dos diarios dos seus compañeiros, facilitando e fomentando o pensamento crítico. Así mesmo contesta adecuadamente a todos os comentarios que outros fixeron no seu diario.

Comenta en todos os blogs dos seus compañeiros. Os comentarios facilitan a discusión e fomentan o pensamento crítico. Así mesmo contesta adecuadamente a todos os comentarios que outros fixeron no seu diario.

Uso da lingua galega

Non usa o galego no diario

Menos da metade das entradas están en galego.

Máis da metade das entradas están en galego.

Usa o galego en todas as entradas do diario.