ROBERTO VIDAL BOLAÑOcentros.edu.xunta.es/ceipcampolongo/Archivos/ENL... · 2014. 4. 4. · ROBERTO...

50
ROBERTO VIDAL BOLAÑO FICHA TÉCNICA AS ACTAS ESCURAS Autor, director e actor de teatro. Día das Letras Galegas 2013 CEIP CAMPOLONGO EDL Ficha técnica 2010, Centro Dramático Galego Autoría: Roberto Vidal Bolaño Dirección: Xúlio Lago Elenco: Xosé Manuel Olveira “Pico”, Ricardo de Barreiro, César Cambeiro, Ursia Gago, Jouse García, Mónica García, Teté García, César Goldi, Xoán C. Mejuto, Fernando Morán, Rodrigo Roel, Pepe Soto, Agustín Vega e Marcos Viéitez Deseño da escenografía e atrezo: Rodrigo Roel Deseño de vestiario: La Canalla Deseño de iluminación: Xúlio Lago, Antón Arias Marsal Música: Manuel Riveiro Estrea: 15 de xaneiro de 2010 no Salón Teatro de Santiago de Compostela Premios 1994. Premio teatral Camiño de Santiago. Sinopse Don Mauro debe redactar un informe co resultado das súas pesquisas, que será enviado a Roma para ser ratificado polo Supremo Pontífice o Papa León XIII. Para esta tarefa, Don Mauro viaxa acompañado do seu sobriño Casiano, mozo librepensador, licenciado en Xeografía e Historia, que no seu afán da busca da verdade dende postulados científicos, causará certas reticencias tanto nos numerosos cóengos da catedral como noutros representantes da curia eclesiástica, incluído o propio cardeal. A ocultación da verdade e a manipulación, así como o posible sentido ético e a punibilidade destas condutas son algún dos temas abordados nesta peza que remata nunha sorprendente aposta pola defensa da razón, da verdade e da beleza mundana e vital.

Transcript of ROBERTO VIDAL BOLAÑOcentros.edu.xunta.es/ceipcampolongo/Archivos/ENL... · 2014. 4. 4. · ROBERTO...

Page 1: ROBERTO VIDAL BOLAÑOcentros.edu.xunta.es/ceipcampolongo/Archivos/ENL... · 2014. 4. 4. · ROBERTO VIDAL BOLAÑO 6 FICHA TÉCNICA 7 LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES Autor, director

ROBERTO VIDAL BOLAÑO FICHA TÉCNICA AS ACTAS ESCURAS Autor, director e actor de teatro. Día das Letras Galegas 2013

CEIP CAMPOLONGO EDL

Ficha técnica 2010, Centro Dramático Galego

Autoría: Roberto Vidal Bolaño

Dirección: Xúlio Lago Elenco: Xosé Manuel Olveira “Pico”, Ricardo de Barreiro, César Cambeiro, Ursia Gago, Jouse García, Mónica García, Teté García, César Goldi, Xoán C. Mejuto, Fernando Morán, Rodrigo Roel, Pepe Soto, Agustín Vega e Marcos Viéitez

Deseño da escenografía e atrezo: Rodrigo Roel Deseño de vestiario: La Canalla

Deseño de iluminación: Xúlio Lago, Antón Arias Marsal

Música: Manuel Riveiro

Estrea: 15 de xaneiro de 2010 no Salón Teatro de Santiago de Compostela Premios

1994. Premio teatral Camiño de Santiago.

Sinopse Don Mauro debe redactar un informe co resultado das súas pesquisas, que será enviado a Roma para ser ratificado polo Supremo Pontífice o Papa León XIII. Para esta tarefa, Don Mauro viaxa acompañado do seu sobriño Casiano, mozo librepensador, licenciado en Xeografía e Historia, que no seu afán da busca da verdade dende postulados científicos, causará certas reticencias tanto nos numerosos cóengos da catedral como noutros representantes da curia eclesiástica, incluído o propio cardeal. A ocultación da verdade e a manipulación, así como o posible sentido ético e a punibilidade destas condutas son algún dos temas abordados nesta peza que remata nunha sorprendente aposta pola defensa da razón, da verdade e da beleza mundana e vital.

Page 2: ROBERTO VIDAL BOLAÑOcentros.edu.xunta.es/ceipcampolongo/Archivos/ENL... · 2014. 4. 4. · ROBERTO VIDAL BOLAÑO 6 FICHA TÉCNICA 7 LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES Autor, director

ROBERTO VIDAL BOLAÑO FICHA TÉCNICA AS ACTAS ESCURAS Autor, director e actor de teatro. Día das Letras Galegas 2013

CEIP CAMPOLONGO EDL

Edicións Literarias 2013. Edicións Positivas. Obras Completas. Volume II.

2005. Editorial A Nosa Terra.

2003. Editorial Hiru. Tradución ao castelán do autor. 1997. Editorial AS-PG/A Nosa

Page 3: ROBERTO VIDAL BOLAÑOcentros.edu.xunta.es/ceipcampolongo/Archivos/ENL... · 2014. 4. 4. · ROBERTO VIDAL BOLAÑO 6 FICHA TÉCNICA 7 LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES Autor, director

ROBERTO VIDAL BOLAÑO FICHA TÉCNICA ANIMALIÑOS Autor, director e actor de teatro. Día das Letras Galegas 2013

CEIP CAMPOLONGO EDL

Ficha técnica 2002, Teatro do Aquí

Autoría, dirección e iluminación: Roberto Vidal Bolaño

Elenco: Mónica Camaño, Avelino González, Rubén Ruibal

Deseño de escenografía: Júlia Brens

Deseño de vestiario: Gonzalo V.

Coreografías: Teatro Bruto

Produción e distribución: Belén Quintáns

Cobertura técnica: Kachet

Axudante de dirección: Carlos Losada

Estrea: 15 de marzo de 2002 no Auditorio Municipal de Narón Premios

2003. Premios María Casares: Mellor espectáculo, mellor dirección, mellor texto orixinal e mellor iluminación.

Sinopse Animaliños conforma, xunto con Anxeliños e Criaturas unha triloxía arredor de determinados aspectos do noso presente, vistos dende a ironía e o humor. Si en Anxeliños o obxecto da nosa mirada era o da posible pervivencia entre nós de algún dos moitos pactos co demo posible, e en Criaturas ver de detectar e poñer ao descuberto o que a razón ou a civilización puideran ter producido de monstruoso en nós, en Animaliños esa mirada diríxese á paradóxica e contradictoria relación que as sociedades da opulencia establecemos hoxe co naso entorno, e moi en especial coa natureza, á que protexemos paternalmente ao pé da nosa casa e non dubidamos en contribuir ou consentir deturbar nas dos demais. Os perfís deses «animaliños» que pretendemos retratar, como non podía ser doutro xeito, viñéronnos suxeridos pala observación da propia realidade, poIa lectura de revistas especializadas en temas relacionados coa xardinería ou a ecoloxía, polo seguimento de programas de radio e de televisión, e pola nosa propia convivencia con eles. Unha viaxe asÍ, por suposto, non estaría o noso alcance nin foi esa a nosa

Page 4: ROBERTO VIDAL BOLAÑOcentros.edu.xunta.es/ceipcampolongo/Archivos/ENL... · 2014. 4. 4. · ROBERTO VIDAL BOLAÑO 6 FICHA TÉCNICA 7 LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES Autor, director

ROBERTO VIDAL BOLAÑO FICHA TÉCNICA ANIMALIÑOS Autor, director e actor de teatro. Día das Letras Galegas 2013

CEIP CAMPOLONGO EDL

pretensión, dende a trascendencia ou o rigor filosófico, senón dende o humor, a ironía, ou o sarcasmo. E dende aí é dende onde o tentamos facer, reinterpretando a realidade e a nosa relación con ela na dirección descrita, e vendo de traducir o intuido en feitos literarios e escénicos concretos, dende unha poética teatral que se quere e se sabe quen de ser propia. Edicións Literarias 2013. Edicións Positivas. Obras Completas. Volume I.

2002 Editorial Follas Novas. Outras Montaxes 2013, Compañía de Teatro da USC-Lugo

Dirección e adaptación libre: Paloma Lugilde

Reparto: Aguiar, Uxía; Ares, Diego; Claro, Lili; Fernández, Natalia; Ferreira, Moncho; Folgueira, Mónica; Guada, Guillermo; Marcimiano, Aline; Miranda, Bea ; Pérez, Rubén; Rivas, Roberto; Velasco, Raquel

Técnico de luces: Alfredo Sarille

Técnico de son: Julio Corredoira

Equipo técnico: Luzsonga

Deseño cartaz e programa: TATATA

Fotografía: Mario García Herradón, Sabela Eiriz, Bruno Martínez

Web-blog: Sabela Eiriz

Adaptacións e creacións musicais: Carlos Díaz

Axudante: Manuel Veiga

Espazo escénico: Paloma Lugilde co asesoramento de Manuel Zenitram e as mans de Julio Corredoira e Óscar Lago partindo da escenografía creada por Suso Díaz para O público no 2006

Asistente de dirección e produción: Rubén Pérez Pombo

Page 5: ROBERTO VIDAL BOLAÑOcentros.edu.xunta.es/ceipcampolongo/Archivos/ENL... · 2014. 4. 4. · ROBERTO VIDAL BOLAÑO 6 FICHA TÉCNICA 7 LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES Autor, director

ROBERTO VIDAL BOLAÑO 3 FICHA TÉCNICA OS PAPALAGUI Autor, director e actor de teatro. Día das Letras Galegas 2013

CEIP CAMPOLONGO EDL

Ficha técnica 2001, Teatro do Aquí Versión e dirección de Roberto Vidal Bolaño Elenco: Mónica Camaño, Xavier Camba, Roberto Vidal Bolaño Espacio escénico e vestiario: Júlia Brens Música: Xavier Camba, Popular Deseño gráfico: Fausto Cobertura técnica: Kachet Loxística Espectacular Produción e distribución: Belén Quintáns

Axudante de dirección: Rubén Ruibal Sinopse Os Papalagui é o nome co que os samoanos denominan ao home branco ou ao home que as divinidades polinesias anunciaron que chegaría do ceo para os salvar e facer grandes. Baixo ese epígrafe agrúpanse un feixe de reflexións verbo da civilización occidental orixinariamente escritas en lingua nativa e cuxa autoría élle atribuída a Tuiavii, xefe da tribo samoana de Tiavea. Nelas, o xefe Tuiavii somete a nosa cultura a unha visión crítica demoledora e chega de ironía, póndonos diante das nosas propias contradicións e reducindo ao absurdo moitos dos supostos valores nos que se asenta. Chegando mesmo a poñer en cuestión que aquelo ao que temeraria e soberbiamente chamamos progreso non teña sido senón un xeito como outro calquera de retroceso, de viaxe cara atrás a nos distanciar máis e máis cada día da pescuda do que verdadeiramente importa. Nada escapa á aguda e sorprendida mirada do xefe Tuiavii: o noso vestiario e o nosocalzado e as funcións que un e outro cumpren, ademáis de a respecto da friaxe ou da clor, en canto a gardadores da moral ou signos externos de poder e de clase. A vivenda e os núcleos de poboación: aldeas, vilas, cidades, non como lugares para a

Page 6: ROBERTO VIDAL BOLAÑOcentros.edu.xunta.es/ceipcampolongo/Archivos/ENL... · 2014. 4. 4. · ROBERTO VIDAL BOLAÑO 6 FICHA TÉCNICA 7 LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES Autor, director

ROBERTO VIDAL BOLAÑO 3 FICHA TÉCNICA OS PAPALAGUI Autor, director e actor de teatro. Día das Letras Galegas 2013

CEIP CAMPOLONGO EDL

convivencia e a relación, senón para o almacenamento. O diñeiro, a súa necesidade, e o tipo de vida e de relacións que a súa obtención causa entre nós. A necesidade de posuir cousas como signo de benestar e de status, sexan ou non precisas, cumpran ou non algunha función. A organización da nosa vida arredor do tempo e a absoluta dependencia á que nos leva. As máquinas e a industrialización, etc. Pero o que fai destes discursos un material peculiar e excepcional é, ademais do fino e requintado humor que os preside, o feito de que non foron escritos e emitidos para defender ou impoñerlle os valores da cultura propia a ninguén, senón para defenderse das imposicións dunha cultura allea que, por selo, tíñase a si mesma e era tida por moitos como única e superior.

Edicións Literarias 2013. Edicións Positivas. Obras Completas. Volume V.

Page 7: ROBERTO VIDAL BOLAÑOcentros.edu.xunta.es/ceipcampolongo/Archivos/ENL... · 2014. 4. 4. · ROBERTO VIDAL BOLAÑO 6 FICHA TÉCNICA 7 LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES Autor, director

ROBERTO VIDAL BOLAÑO 4 FICHA TÉCNICA ROSALÍA Autor, director e actor de teatro. Día das Letras Galegas 2013

CEIP CAMPOLONGO EDL

Ficha técnica 2001, Centro Dramático Galego Autoría: Ramón Otero Pedrayo Dirección e iluminación: Roberto Vidal Bolaño Elenco: María Barcala, Susana Dans, Xúlio Lago, Alfredo Rodríguez, Mónica Camaño, César Cambeiro, Mercedes Castro, Xan Cejudo, Xaquín García Marcos, Miguel López Varela, César Goldi, Pancho Martínez, Xoán Carlos Mejuto, Yolanda Muíños, Laura Ponte, Gloria Rico, Rubén Ruibal, Xosé Vilarelle Deseño de atrezo, vestiario e máscaras: Rodrigo Roel Música: Rodrigo Romaní

Estrea: 19 de outubro de 2001 no Salón Teatro de Santiago Edicións Literarias 2013. Edicións Positivas. Obras Completas. Volume V.

Page 8: ROBERTO VIDAL BOLAÑOcentros.edu.xunta.es/ceipcampolongo/Archivos/ENL... · 2014. 4. 4. · ROBERTO VIDAL BOLAÑO 6 FICHA TÉCNICA 7 LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES Autor, director

ROBERTO VIDAL BOLAÑO 5 FICHA TÉCNICA MAR REVOLTO 4 Autor, director e actor de teatro. Día das Letras Galegas 2013

CEIP CAMPOLONGO EDL

Ficha técnica

2001, Centro Dramático Galego Autoría e deseño de iluminación: Roberto Vidal Bolaño Dirección: José Martins Elenco: Rui Jacques, Antonio Simón, Mónica Camaño, José Paredes, Rui Barbosa, Teresa Mónica, Rui Spranger Escenografía e atrezo: Marcelino de Santiago “Kukas” Vestiario: Silvia Alves

Dirección musical: José Prata Estrea: 9 de xuño de 2011 no Teatro de Campo Alegre de Porto (Portugal) Edicións Literarias 2013. Edicións Positivas. Obras Completas. Volume II. Estrea: 19 de outubro de 2001 no Salón Teatro de Santiago Edicións Literarias 2013. Edicións Positivas. Obras Completas. Volume V.

Page 9: ROBERTO VIDAL BOLAÑOcentros.edu.xunta.es/ceipcampolongo/Archivos/ENL... · 2014. 4. 4. · ROBERTO VIDAL BOLAÑO 6 FICHA TÉCNICA 7 LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES Autor, director

ROBERTO VIDAL BOLAÑO 6 FICHA TÉCNICA 7 LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES Autor, director e actor de teatro. Día das Letras Galegas 2013

CEIP CAMPOLONGO EDL

Ficha técnica 2001, Centro Dramático Galego Autoría: Roberto Vidal Bolaño Dirección: Antonio Simón Elenco: Elena Atienza, César Cambeiro, Rodrigo Roel Deseño de escenografía e iluminación: Antonio Simón Deseño de vestiario: Suso Montero Música: César Morán, Humberto Morán, Pablo

Morán Estrea: 19 de outubro de 2001 no Salón Teatro de Santiago de Compostela como parte de Daquel Abrente, espectáculo conmemorativo dos 25 anos do teatro profesional galego Premios Premio Abrente 1976 Sinopse Laudamuco Señor de ningures quer ser un intento de análise das estruturas de poder e dos seus resotes esenciais, feito non só dende a perspectiva de quen o detenta, senón e sobor de todo, dende a de aqueles que o manteñen. Neste senso, o texto aborda como unha das características desas relacións de poder as connotacións mítico-relixiosas nas que este se arroupa e os supostos valores morais (a fidelidade, o espírito de servizo, o servilismo, etc.) que fan posible a súa existencia. A relación servo-señor que o texto plantexa dase no intre no qeu xa non semellan existir razóns que puideran facer xustificable a necesidade de seguila mantendo. Un rei é destronado e condeado a morte, a revolución popular ten triunfado e noustante o seu servo máis fidel segue con el, servíndoo aínda, porque para el e por enriba de todo, segue sendo "O Rei".

Page 10: ROBERTO VIDAL BOLAÑOcentros.edu.xunta.es/ceipcampolongo/Archivos/ENL... · 2014. 4. 4. · ROBERTO VIDAL BOLAÑO 6 FICHA TÉCNICA 7 LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES Autor, director

ROBERTO VIDAL BOLAÑO 6 FICHA TÉCNICA 7 LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES Autor, director e actor de teatro. Día das Letras Galegas 2013

CEIP CAMPOLONGO EDL

A situación límite plantexada no texto faille adquirir a este un carácter grotesco, case que choqueiro, que a montaxe quixo potenciar, tencionando que os personaxes adquiriran unha dimensión degradante, grotesca e distorsionada, esfeluxando as súas características esenciais para facelas máis recoñecibles. Edicións Literarias 2013. Edicións Positivas. Obras Completas. Volume III. Outras Montaxes 1976, Teatro Antroido

Page 11: ROBERTO VIDAL BOLAÑOcentros.edu.xunta.es/ceipcampolongo/Archivos/ENL... · 2014. 4. 4. · ROBERTO VIDAL BOLAÑO 6 FICHA TÉCNICA 7 LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES Autor, director

ROBERTO VIDAL BOLAÑO 6 FICHA TÉCNICA A BURLA DO GALO 7 Autor, director e actor de teatro. Día das Letras Galegas 2013

CEIP CAMPOLONGO EDL

Ficha técnica

2000, Centro Dramático Galego Autoría e deseño de iluminación: Roberto Vidal Bolaño Dirección: Xan Cejudo Elenco: José Martins, Marcos Orsi, Maxo Barjas, Mónica Camaño, Susana Dans, Xúlio Lago, Gonzalo M. Uriarte, Vicente de Souza, Eva Fernández, Camila Bossa, Xulio Abonjo Escenografía, vestiario e atrezo: Marcelino de Santiago “Kukas” Música: Bernardo Martínez

Estrea: 31 de marzo de 2000 no Salón Teatro de Santiago de Compostela Edicións Literarias 2013. Edicións Positivas. Obras Completas. Volume II.

Page 12: ROBERTO VIDAL BOLAÑOcentros.edu.xunta.es/ceipcampolongo/Archivos/ENL... · 2014. 4. 4. · ROBERTO VIDAL BOLAÑO 6 FICHA TÉCNICA 7 LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES Autor, director

ROBERTO VIDAL BOLAÑO 8 FICHA TÉCNICA CRIATURAS 6 Autor, director e actor de teatro. Día das Letras Galegas 2013

CEIP CAMPOLONGO EDL

Ficha técnica

1999, Teatro do Aquí Autoría, dirección e iluminación: Roberto Vidal Bolaño. Elenco: Rubén Ruibal, Roberto Vidal Bolaño/ Vicente de Souza, Belén Constenla, Miguel Varela. Axudante de dirección: Carlos Losada Vestiario: Gonzalo Vilas Deseño de escenografía e atrezzo: Júlia Brens

Realización da escenografía e do atrezzo: Rodrigo Roel Cobertura técnica: Kachet Deseño gráfico: Fausto C. Isorna Produción e distribución: Belén Quintáns Premios 1999. Premio Eixo Atlántico. 2000. Premios María Casares. Mellor texto orixinal. 2000. Premio Max ao mellor texto orixinal en galego. Sinopse Unha vez máis, Roberto Vidal Bolaño busca nos mitos o mellor dos referentes, convencido de que neles reside case todo o que importa. Criaturas pon ao descuberto, xa dentro do mesmo título, cales son eses referentes dos que parte, cal o mito no que busca as súas orixes e cal o marco no que inscribe a súa busca. O mito non é outro que o de Prometeo, o primeiro creador de vida artificial. O xénero dende

Page 13: ROBERTO VIDAL BOLAÑOcentros.edu.xunta.es/ceipcampolongo/Archivos/ENL... · 2014. 4. 4. · ROBERTO VIDAL BOLAÑO 6 FICHA TÉCNICA 7 LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES Autor, director

ROBERTO VIDAL BOLAÑO 8 FICHA TÉCNICA CRIATURAS 6 Autor, director e actor de teatro. Día das Letras Galegas 2013

CEIP CAMPOLONGO EDL

o que o fai é o do terror e as canles farturentas das que bebe, o Frankenstein de Mary Shelley e o maxistral díptico que arredor del realizou nos anos trinta para a Universal James Whale. O que pretendiamos non era outra cousa que indagar e ver de poñer ao descuberto o que a razón ou a civilización podían ter producido de mostroso en nós ou nos que nos rodean. Neses personaxes anónimos, cotiáns, cos que nos cruzamos cada día no paso de peatóns, á volta da esquina, ou na cola do super ou do cine e cos que nos relacionamos con toda naturalidade. Con esa mesma naturalidade coa que aceptamos, ou mesmo consumimos, polos sen plumas, ovos sen colesterol, melón sen pepiñas ou híbridos de peladiña con boa presentación e sabor a todo e a nada.

Os perfís das mási desas "criaturas", como non podía ser doutro xeito, viñéronnos suxeridos pola observación da propia realidade, pola lectura das crónicas de sucesos, o seguimento dos noticiarios de radio ou de televisión, ou a nosa propia convivencia con eles. E o pretexto para os botar andar e ver de poñer ao descuberto o que de medorento puidese haber tras da súa aparente normalidade, da relación que establecen coa criatura creada polo doutor Frankenstein, cando esta, pouco antes de se illar definitivamente da civilización e perderse nas inmensidades polares se achega ao noso presente par ao observar por derradeira vez. Unha viaxe así, por suposto, non estaría ao noso alcance nin foi esa a nosa pretensión, dende a trascendencia ou o rigor filosófico, senón dende o humor, a ironía ou o sarcasmo. E dende aí e dende onde o tentamos facer, reinterpretando a realidade e a nosa relación con ela na dirección descrita e vendo de traducir o intuído a feitos literarios e escénicos concretos dende unha poética teatral que se quere e se sabe quen de ser propia. Edicións Literarias 2013. Edicións Positivas. Obras Completas. Volume I 1999. Edición do Eixo Atlántico. Outras Montaxes 2013, Teatro do Aquí

Page 14: ROBERTO VIDAL BOLAÑOcentros.edu.xunta.es/ceipcampolongo/Archivos/ENL... · 2014. 4. 4. · ROBERTO VIDAL BOLAÑO 6 FICHA TÉCNICA 7 LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES Autor, director

ROBERTO VIDAL BOLAÑO 9 FICHA TÉCNICA 10 XELMÍREZ OU A GLORIA DE COMPOSTELA 6 Autor, director e actor de teatro. Día das Letras Galegas 2013

CEIP CAMPOLONGO EDL

Ficha técnica 1999, Centro Dramático Galego Autoría: Daniel Cortezón Dirección e deseño de iluminación: Roberto Vidal Bolaño Elenco: Miguel López Varela, Luís Iglesia, Xan Cejudo, Gonzalo Rei Chao, Xosé Vilarelle, Pancho Martínez, Vicente Montoto, Xan Goberna, Alfonso Agra, Gonzalo M. Uriarte, Pepe Soto, Vicente de Souza, Alfredo Rodríguez, Xaquín García Marcos, Artur Trillo, Manuel Millán, Manuel Botana, Nacho Castaño, Iago Berry, Xavier Estévez, Jorge Salinero, Mónica Camaño, Dorotea Bárcena, Josi Lage, Laura Ponte Utilería, ambientación e proxecto de vestiario: Rodrigo Roel Música: Manuel Rodeiro Estrea: 2 de xullo de 1999 na Igrexa da Compañía de Santiago de Compostela Edicións Literarias 2013. Edicións Positivas. Obras Completas. Volume V.

Page 15: ROBERTO VIDAL BOLAÑOcentros.edu.xunta.es/ceipcampolongo/Archivos/ENL... · 2014. 4. 4. · ROBERTO VIDAL BOLAÑO 6 FICHA TÉCNICA 7 LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES Autor, director

ROBERTO VIDAL BOLAÑO 9 FICHA TÉCNICA SEN IR MÁIS LONXE

Autor, director e actor de teatro. Día das Letras Galegas 2013

CEIP CAMPOLONGO EDL

Ficha técnica 1999, Teatro do Aquí Autor, director e actor: Roberto Vidal Bolaño Axudante de dirección: Rubén Ruibal Escenografía e vestiario: Julia Brens Fotografía: Manuel P. Rúa Deseño gráfico: Fausto

Cobertura técnica: Kachet Produción e distribución: Belén Quintáns Sinopse Un paiaso tristeiro e burlón, aqueixado de ciática, reproducindo o que fixera un bufón medieval en Notre Damme, refúxiase na catedral para poder botar a noite facéndolle a súa persoal e peculiar ofrenda ao Apóstol Santiago. No transcurso de dita ofrenda, fará un percorrido moi particular polo que foron as súas circunstancias persoais e históricas ao longo de todos os Anos Santos Composteláns que lle cadrou vivir dende os tempos da ditadura franquista ata os de hoxendía e de como foron ou non mudando esas circunstancias. Outra mirada máis de Roberto Vidal Bolaño sobre a historia próxima, a do noso país e a de moitos de nós, a de Galicia Sen ir máis lonxe. Esta vez, en clave de comedia algo disparatada, recuperando para o noso teatro aquel personaxe que popularizara no inesquecible Caprice de Dieux (Antollo de Deuses). Edicións Literarias 2013. Edicións Positivas. Obras Completas. Volume IV

Page 16: ROBERTO VIDAL BOLAÑOcentros.edu.xunta.es/ceipcampolongo/Archivos/ENL... · 2014. 4. 4. · ROBERTO VIDAL BOLAÑO 6 FICHA TÉCNICA 7 LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES Autor, director

ROBERTO VIDAL BOLAÑO 9 FICHA TÉCNICA DOENTES

Autor, director e actor de teatro. Día das Letras Galegas 2013

CEIP CAMPOLONGO EDL

Ficha técnica

1998, Teatro do Aquí

Autoría, dirección e iluminación: Roberto Vidal Bolaño.

Elenco: Gonzalo Rey Chao. Miguel Varela, Vicente de Souza, Mónica Camaño, Pilar Pereira, Pepe Soto, Xaquin G. Marcos, Jorge Salinero.

Axudante de dirección: Rubén Ruibal

Produción e distribución: Belén Quintáns

Escenografía e atrezzo: Julia Brens

Música: Bernardo Martínez

Vestiario: Gonzalo Vilas

Realización do atrezzo: Rodrigo Roel

Fotografías: Ksado - Moisés Janeiro

Realización de escenografía: Goyanes Realización de vestiario: Celsa Bouzón

Deseño gráfico: Fausto C. Isorna

Cobertura técnica: Kachet

Premios 1997. Premio Rafael Dieste.

Sinopse Doentes conta a historia de Valeriano e Cañete, dous personaxes que se complementan e retroalimentan nun escenario único, a Compostela da década de 1950, nun momento concreto, cando Francisco Franco decide construír un novo hospital e desmantelar o vello Hospital Real para transformalo nun hotel de luxo (o actual Hostal dos Reis Católicos) co que poder agasallar, cunhas instalacións

Page 17: ROBERTO VIDAL BOLAÑOcentros.edu.xunta.es/ceipcampolongo/Archivos/ENL... · 2014. 4. 4. · ROBERTO VIDAL BOLAÑO 6 FICHA TÉCNICA 7 LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES Autor, director

ROBERTO VIDAL BOLAÑO 9 FICHA TÉCNICA DOENTES

Autor, director e actor de teatro. Día das Letras Galegas 2013

CEIP CAMPOLONGO EDL

deslumbrantes, aos visitantes estranxeiros, concretamente ao presidente Eisenhower, quen visitaría a cidade pouco despois. A historia narra os avatares dos dous personaxes, que percorren a cidade entre as sete da tarde e as sete da mañá, nunha Compostela trepidante, chea de sorpresas, verdades inconfesábeis, enfermos, peregrinos perpetuos e pobres. Ocorre que a noite é negra,

como o futuro, como o corazón dos homes, como o país, e faise moi longa. Así, unha noite de apacible vagabundeo convértese nunha louca carreira pola supervivencia de dos estraños amigados pola dor que, non podendo cambiar o mundo, por moito que o intentan, loitan, polo menos, e con todas as súas forzas, por chegar a velo, outra vez, mañá. Edicións Literarias 2013. Edicións Positivas. Obras Completas. Volume II 2009. Cómic de Brais Rodríguez adaptando la obra. Revista Galega de Teatro Outras Montaxes 2005. Representación polas rúas de Compostela. 2011. Estrea da longametraxe dirixida por Gustavo Balza e producida por Filmanova.

Page 18: ROBERTO VIDAL BOLAÑOcentros.edu.xunta.es/ceipcampolongo/Archivos/ENL... · 2014. 4. 4. · ROBERTO VIDAL BOLAÑO 6 FICHA TÉCNICA 7 LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES Autor, director

ROBERTO VIDAL BOLAÑO 9 FICHA TÉCNICA RASTROS

Autor, director e actor de teatro. Día das Letras Galegas 2013

CEIP CAMPOLONGO EDL

Ficha técnica

1998, Teatro do Aquí Autoría, dirección e iluminación: Roberto Vidal Bolaño. Elenco: Patricia de Lorenzo, Luís Iglesia, Xoán Carlos Mejuto, Rubén Ruibal. Música: Berrogüetto Espazo escénico e vestiario: Julia

Brens Fotografía: Xosé Mejuto Produción e distribución: Belén Quintáns Deseño gráfico: Fausto C. Isorna Cobertura técnica: Kachet Realización de escenografía: Goyanes Tratametno do mobiliario: Caruncho Estrea: 19 de marzo de 1998 na Casa da Cultura de Vilagarcía de Arousa Sinopse Polas características dese rastro, desas pegadas, pódese saber como e quen era o home ou animal que as deixou, cal a razón de ser do seu paso polo tempo e pola historia e cal o tempo e o devir histórico no que ese rastro foi deixado. Se é que deixou algún. Convencidos de que o tteatro, ademais desa forma de expresión á que ningunha cultura que se queira viva pode ou debe substraerse, é tamén un valioso instrumento dende o que reflexionar sobre o presente, Roberto Vidal Bolaño sigue o rastro, a pegada, que o noso paso pola historia estamos a deixar nalgúns dos que,

Page 19: ROBERTO VIDAL BOLAÑOcentros.edu.xunta.es/ceipcampolongo/Archivos/ENL... · 2014. 4. 4. · ROBERTO VIDAL BOLAÑO 6 FICHA TÉCNICA 7 LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES Autor, director

ROBERTO VIDAL BOLAÑO 9 FICHA TÉCNICA RASTROS

Autor, director e actor de teatro. Día das Letras Galegas 2013

CEIP CAMPOLONGO EDL

para ben ou para mal, contribuímos a conformar o presente. E por outro o que esa historia deixou ou pode estar deixando en nós. O sentido da tal búsqueda, do tal rastrexo, non é tanto o de indagar nas pegadas de ninguén en concreto como o de buscar as nosas propias. As de todos aqueles que hoxe, máis ca nunca, nos preguntamos de onde vimos, por onde camiñan os

nosos pasos e a onde poida que rematen levándonos. O intento de suicidio dunha muller na flor da súa idade convoca durante o tempo no que permanece ingresada na UVI á espera dun desenlace incerto, aos tres hoems cos que compartiu os seus sentimentos, os seus soños e as súas ilusións. Ela é unha muller de volta xa de todos os camiños. E eles: un escritor de novelas ás que como lector nunca lle metería o dente. O especialista en estructura económica que vende máis electrodomésticos ao semestre. E un preso independentista membro do Exército Guerrilleiro do Pobo Galego Ceibe. Ao longo desa tensa espera, de par que reflexionan arredor das grandezas e das miserias da súa vida en común, e do tempo no que esa vida en común se deu, relembran o que foi a súa exitencia e as razóns que levaron a cada quen a ser o que hoxe é, e a estar onde hoxe está. Unha mirada sobre nós mesmos, fieta dende o envés. Dende o outro lado das cousas. Ese que de común se nos secuestra ou non sempre se nos deixa ver. Edicións Literarias 2013. Edicións Positivas. Obras Completas. Volume I

Page 20: ROBERTO VIDAL BOLAÑOcentros.edu.xunta.es/ceipcampolongo/Archivos/ENL... · 2014. 4. 4. · ROBERTO VIDAL BOLAÑO 6 FICHA TÉCNICA 7 LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES Autor, director

ROBERTO VIDAL BOLAÑO 13 FICHA TÉCNICA ANXELIÑOS

Autor, director e actor de teatro. Día das Letras Galegas 2013

CEIP CAMPOLONGO EDL

Ficha técnica

1997, Teatro do Aquí Autoría, dirección e iluminación: Roberto Vidal Bolaño Elenco: Roberto Vidal Bolaño, Evaristo Calvo, Anabell Gago, Xoán Carlos Mejuto, Ursia Gago Deseño de escenografía e vestiario: Júlia Brens Realización de vestiario: Carmen Domínguez Deseño gráfico: Fausto C. Isorna Fotografía: Rubén Ruibal Maquillaxe e perruquería: Maika Rizos

Produción: Belén Quintáns

Asesoría xurídica e administración: Planing

Cobertura técnica: Kachet

Estrea: 17 de xaneiro de 1997 na Casa da Cultura de Vilagarcía de Arousa

Premios 1998. Premios María Casares: Mellor obra, mellor texto orixinal, mellor actor secundario: Evaristo Calvo. Sinopse Ademáis da crónica dun peculiar pauto co demo, encarnado nesta ocasión por unfatasmagórico profesional da extorsión e o asasinato que ven de exercer o seuoficio en Chicago, Anxeliños quer propoñer unha reflexión sobre nós mesmos e sobre este presente de valores escuros e prioridades estranas. Unha comedia satánica, como sarcasticamente a subtitula o propio autor, na que cinco personaxes peculiares, no decurso dun interrogatorio policial, intentan, por medios as máis das veces disparatados, epoñer as razóns que os levaron a buscar na violencia a saída aos seus acuciantes e variopintos problemas económicos, afectivos e laborais.

Page 21: ROBERTO VIDAL BOLAÑOcentros.edu.xunta.es/ceipcampolongo/Archivos/ENL... · 2014. 4. 4. · ROBERTO VIDAL BOLAÑO 6 FICHA TÉCNICA 7 LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES Autor, director

ROBERTO VIDAL BOLAÑO 13 FICHA TÉCNICA ANXELIÑOS

Autor, director e actor de teatro. Día das Letras Galegas 2013

CEIP CAMPOLONGO EDL

Charli (Roberto Vidal Bolaño) é un cincuentón rancio, de aires chulescos e palabra acharlatanada, tal que saído do fotograma dunha película de detectives das de antes. Foi "gris" durante o franquismo, pero a el non hai Real Decreto que o volva "marrón glasé" ou "azul marengo". Tigre (Evaristo Calvo), un ex lexionario ao que botaron do Tercio por escaso, escondido permanentemente tras do disfraz dun Cigarrón do Antroido de Laza co que intimidar aos que mercan máis do que poden pagar nos prazos acordados. Chema (Xoán Carlos Mejujo), a reprodución fotocopiada dun executivo agresivo vocacional, casado coa filla de Charli para non se ver agrosando as inxentes colas do paro. Sor Anxélica (Ursia Gago), unha monxa repoluda e malencarada disposta a gañar o ceo catequizando "chinitos" na África Ecuatorial e

xestionando aas poucas rendas que á súa nai poidan aínda quedarlle. E Leti (Anabell Gago), un burdo simulacro de segredaria eficiente con pinta de pendón caro, disposta ao que sexa con tal de se poder operar duns peitos que ela cre gravemente descompensados. O relembro dos acontecementos que os levaron alí dará lugar a unah comedia de ritmo case cinematográfico e a unha revisión lúcida e desenfadada do vello mito de Fausto, abordada dende a ironía e o humor, pero cos pés apousados nun presente recoñecible e cercano. Edicións Literarias 2013. Edicións Positivas. Obras Completas. Volume I Outras Montaxes 2013, Espello Cóncavo

Elenco: Fernando Morán, Rodrigo Roel, Estívaliz Veiga, Manu Fernández e Isabel Risco 2008, Espello Cóncavo

Dirección: Arturo López Elenco: Fernando Morán, Rodrigo Roel, Isabel Risco, Manu Fernández, Estíbaliz Veiga.

Page 22: ROBERTO VIDAL BOLAÑOcentros.edu.xunta.es/ceipcampolongo/Archivos/ENL... · 2014. 4. 4. · ROBERTO VIDAL BOLAÑO 6 FICHA TÉCNICA 7 LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES Autor, director

ROBERTO VIDAL BOLAÑO 14 FICHA TÉCNICA 15 O DESENGANO DO PRIOIRO

Autor, director e actor de teatro. Día das Letras Galegas 2013

CEIP CAMPOLONGO EDL

Ficha técnica

1995, Teatro do Aquí Autor: Ramón Otero Pedrayo Dirección e iluminación: Roberto Vidal Bolaño Elenco: Xaquín García Marcos, Roberto Vidal Bolaño, Xoán Carlos Mejuto, Ursia Gago, Anabell Gago, Rubén Ruibal, María López, César Martínez Espacio escénico e vestiario: Júlia Brens Realización do vestiario: Carmen Domínguez Deseño gráfico: Fausto C. Isorna

Fotografía: Xenaro Martínez Produción executiva: Belén Quintáns Asesoría xurídica e administración: Planing Cobertura técnica: Kachet Sinopse Para Manuel María, que redactou o texto do programa de man de O desengano do priorio, as obras-cume do noso teatro son O Mariscal de Cabanillas e Vilar Ponte e O desengano do priorio de Otero Pedrayo. Neste texto, Manuel María di o seguinte: O título completo é: O desengano do Priorio ou o pasamento da alegría, co grande auto epilogal e xusticeiro dos féretros de floravia. Dúas obras moi desemellantes entre sí pero complementarias e enraizadas na nosa tradición, pezas que curiosamente nunca foron representadas na súa integridade. O teatro de Otero Pedrayo é unha maravilla. Témoslle unha querencia especialísima a O desengano. Aínda inédita, asistimos a unha lectura feita polo seu autor para un reducido número de amigos. O impacto que nos causou aínda perdura en nós. O dramaturgo, neste caso, parte dun feito moi simple:

Page 23: ROBERTO VIDAL BOLAÑOcentros.edu.xunta.es/ceipcampolongo/Archivos/ENL... · 2014. 4. 4. · ROBERTO VIDAL BOLAÑO 6 FICHA TÉCNICA 7 LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES Autor, director

ROBERTO VIDAL BOLAÑO 14 FICHA TÉCNICA 15 O DESENGANO DO PRIOIRO

Autor, director e actor de teatro. Día das Letras Galegas 2013

CEIP CAMPOLONGO EDL

Ficha técnica Floravia-Ribadavia, a flor do Avia: ¿mimosa, cecais camelia, tal vez rosa ou magnolio? capital dos nosos viños, convértese ou intentan reconverterla non só na capital da feretreira galega senón da mundial. Otero Pedrayo, como calqueira galego consecuente, rebélase contra semellante aberración. De consumarse tal falcatruada, a capital do viño que é a vida, a esperanza, a beleza e a alegría, a razón de vivir, pasará a ser, por obra e gracia dunhos traicantes paifocos sen escrúpulos, famentos de diñeiro, a metrópoli da morte e do non ser. Todo o Ribeiro nas maus dos feretristas convértese nunha desolación, comezando polos piñeiros - materia prima na fabricación de cadaleitos- e rematando polo

telegrafista que toleou a forza de espedir pedidos de féretros, pequenas barcas de Caronte. Especialmente patético resulta o oficio fúnebre dos piñeiros, ó xeito do Dies irae preconciliar. Escenas demostrativas de como os feretristas intentan o trust mundial do cadaleito, baixo a sigla de OMEIGA, é dicer: Organización Internacional da Morte e o Enterro e Cadaleito Absolutos, poñen os cabelos de pé. Un dos socios de tan fúnebre empresa toma a palabra e di: «Propoño FIAMBRE, igoal a Federación Iberoamericana Mortuoria Benéfica RRequiem Eternam... ». E logo o hino desta macabra sociedade mercantil que lle temos escoitado cantar ó propio don Ramón Otero Pedrayo, poñendo voz de baixo: Calou o médico, calou o crego, ¿Quen pensa en ti? Somentes nós Os feretristas, cadaleitistas, Grei de Caronte, todos os bos... As carantoñans, as agunías, Sexan en adiante ledo surrir

Page 24: ROBERTO VIDAL BOLAÑOcentros.edu.xunta.es/ceipcampolongo/Archivos/ENL... · 2014. 4. 4. · ROBERTO VIDAL BOLAÑO 6 FICHA TÉCNICA 7 LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES Autor, director

ROBERTO VIDAL BOLAÑO 14 FICHA TÉCNICA 15 O DESENGANO DO PRIOIRO

Autor, director e actor de teatro. Día das Letras Galegas 2013

CEIP CAMPOLONGO EDL

Porque a noble arte da Feretraría Pensa e traballa por teu porvir.

Tremendo. Frades, A Pinga, O quinqué, Don Carcía -rei símbolo do noso infortunio colectivo-, pantasmas pasan pola grua nunha procesión alucinante. O mítico e cruel Pedro Madruga desta vez é o vengador do Ribeiro, o libertador desa fermosa terra, o paladín da beleza. E remata queimando tódolos féretros e poñendo en fuga ós macabros feretristas. Esta obra oteriana, ademais do seu extraordinario valor literario, ten unhos valores plásticos e teatrais de primeiro orde. Toda ela é unha pura suxerencia cunhas posibilidades enormes de interpretacións. A variedade de persoaxes, os distintos tempos e espacios, a mestura da prosa e do verso, e sobor de todo, o alento épico-irónico esteado nunha rica e desbordada fantasía, da - valga a palabriña- un

producto xenial, retrato fiel e verdadeiro -polo tanto esacto- do sentire do vivir galegos. Gracias Otero Pedrayo, e cecais ó espíritu de Pedro Madruga por el evocado, Floravía deixou de ser a cabeza do emporio do féretro e recobrou, con renovada forza, a capitalidade dos viños do Ribeiro, sangue, forza e alegría de Galicia. Feito que nos alegra e nos conforta. Non todo van ser derrotas.

Page 25: ROBERTO VIDAL BOLAÑOcentros.edu.xunta.es/ceipcampolongo/Archivos/ENL... · 2014. 4. 4. · ROBERTO VIDAL BOLAÑO 6 FICHA TÉCNICA 7 LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES Autor, director

ROBERTO VIDAL BOLAÑO 14 FICHA TÉCNICA 15 TOUPORROUTOU DA LÚA E DO SOL

Autor, director e actor de teatro. Día das Letras Galegas 2013

CEIP CAMPOLONGO EDL

Ficha técnica

1995, Teatro do Aquí

Autoría, dirección e liuminación: Roberto Vidal Bolaño

Elenco: Rubén Ruibal, Xoán Carlos Mejuto, Anabell Gago, Ursia Gago

Espacio escénico e vestiario: Julia Brens

Mómaros, cabezudos, marionetas, títeres e máscaras: Roberto Vidal Bolaño, Rubén

Ruibal, Xoán Carlos Mejuto, Anabell Gago e Ursia Gago

Deseño gráfico: Fausto C. Isorna

Fotografía: Xenaro Martínez

Produción: Belén Quintáns

Asesoría xurídica e administración: Planing

Cobertura técnica: Kachet

Música: Kevi Aragunde

Sinopse

Catro titiriteiros, dos de facer camiño, cantan algunhas das súas historias axudados por dúas ducias de bonecos. Saben moitas, pero as que contan hoxe falan de: cal é a orixe certa da lúa e do sol e dos días e das noites; de como foi que se produciu o diluvio universal e de que consecuencias tivo, sobre todo no inverno; de como os demos se volveron serpes e dende aquela adícanse a gardar tesouros xunto coas fadas, os xigantes, os ananos ou os mouros; de como acertar deles e vender as probasque poñen; dos perigos que encerra buscalos e ás veces mesmo facerse con eles; e de como, ao cabo, o mellor tesouro é o dos ensoños e non hai ningún outro de máis mérito no Universo Mundo.

A versión de Teatro do Aquí mantén a súa vinculación co mundo do boneco e do títere,pero trasladándoos do teatriño de marionetas ao escenario á italiana e

Page 26: ROBERTO VIDAL BOLAÑOcentros.edu.xunta.es/ceipcampolongo/Archivos/ENL... · 2014. 4. 4. · ROBERTO VIDAL BOLAÑO 6 FICHA TÉCNICA 7 LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES Autor, director

ROBERTO VIDAL BOLAÑO 14 FICHA TÉCNICA 15 TOUPORROUTOU DA LÚA E DO SOL

Autor, director e actor de teatro. Día das Letras Galegas 2013

CEIP CAMPOLONGO EDL

relacionándoos co actor. Ao longo do espectáculo, actores e actrices dialogan, desenvolven conflitos ou cantan e viven historias ao lado dos bonecos de luba, de variña, de xigantes, de cabezudos ou de marionetas, voltos os uns e os outros serpes, astros, buscadores de tesouros, demos, anxos, fadas, ananos ou mouros, poñendo a

proba os lindeiros que separan ou xunguen ao boneco e ao actor.

Edicións Literarias

2013. Edicións Positivas. Obras Completas. Volume IV

Outras Montaxes

1982, Teatro Antroido

Autoría, dirección e luces: Roberto Vidal Bolaño

Manipuladores: Alberte de Esteban "O Roxo", Rodrigo Roel, Roberto Vidal Bolaño

Fixeron os monifates: Alberte de Esteban e roberto Vidal Bolaño

Pintounos: Rodrigo Roel

Vestiunos: Rosa Bassave

Deseñou e fixo o teatriño: Rodrigo Roel

Voces: Alberte de Esteban, Laura Ponte, Rodrigo Roel e Roberto Vidal Bolaño

Fotografía: Tino Viz

Produción e distribución: Laura Ponte

Deseño do cartaz: Pepe Barro

Page 27: ROBERTO VIDAL BOLAÑOcentros.edu.xunta.es/ceipcampolongo/Archivos/ENL... · 2014. 4. 4. · ROBERTO VIDAL BOLAÑO 6 FICHA TÉCNICA 7 LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES Autor, director

ROBERTO VIDAL BOLAÑO 14 FICHA TÉCNICA A ÓPERA DE A PATACÓN

Autor, director e actor de teatro. Día das Letras Galegas 2013

CEIP CAMPOLONGO EDL

Ficha técnica

1994, Teatro do Aquí

Autoría de Roberto Vidal Bolaño sobre textos de John Gay e Bertolt Brecht

Dirección e iluminación: Roberto Vidal Bolaño

Elenco: Rubén Ruibal, Xoán Carlos Mejuto, Anabell Gago e Ursia Gago

Produción executiva: Belén Quintáns

Xefe de produción: Manuel López

Escenografía e vestiario: Julia Brens

Monecos: Teatro do Aquí

Deseño gráfico: Fausto C. Isorna

Fotografía: Xenaro Martínez Castro

Xastra: Lola Area

Realización da escenografía: O Moucho Clerk

Loxística técnica: Kachet

Xestoría: Planning

Realización da banda sonora: Producciones del Noroeste

Sinopse Unha ópera para mendiños, ensoñada con tanta grandura e atrevemento como só os que non teñen nada poderían ensoñar, pero resolta con tanta sinxelez ae pataconería como para que mesmo os que non teñen nada a poidan disfrutar. A Ópera do mendiño, un libreto de Jhon Gay con música de Johann Christoph Pepuch, foi estreada no Lincoln's Fields Theatre de Londres no 1728, cun éxito de público nada habitual no seu tempo. As claves dese éxito habería que as buscar en que, a diferencia do que era común nas óperas barrochas, Gay, gran coñecedor do submundo de Londres, non facía xirar o seu enredo arredor dun noble ou dun

Page 28: ROBERTO VIDAL BOLAÑOcentros.edu.xunta.es/ceipcampolongo/Archivos/ENL... · 2014. 4. 4. · ROBERTO VIDAL BOLAÑO 6 FICHA TÉCNICA 7 LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES Autor, director

ROBERTO VIDAL BOLAÑO 14 FICHA TÉCNICA A ÓPERA DE A PATACÓN

Autor, director e actor de teatro. Día das Letras Galegas 2013

CEIP CAMPOLONGO EDL

cortesán, senón doxefe dunha banda de ladróns, nomeado Macheath, un heroe da rúa e da cama ao que co tempo coñeceriamos como Macki navallas. Malia ao enorme éxito obtido entón e á importancia das innovacións de Gay, terían que pasar 200 anos para que se volvera saber del e da súa ópera. E non sería ata que, producida por E. Hauptmann especialmente para esa fin, cae nas mans do poeta e dramaturgo alemán Bertolt Brecht, qeu reemprendería a súa viaxe cara a importalidade e a gloria. Bercht comprendería coma ninguén a audacia e o atrevemento do inglés, reelaborando e reformulando a ópera, en colaboración co compositor Kurt Weill, ata facer de aquela peza distante e pintoresca unha obra

de grande actualidade e un dos maiores éxitos dos teatro musical deste século. A ópera dos catro cartos de Perra gorda ou de Tres chelíns, que desas e doutras maneiras se ten traducido o orixinal alemán Die Dreigroschenoper. En menos de dez anos dende a súa estrea o 31 de agosto do 1928, en Berlín, a versión de Brecht foi traducida a case todas as linguas europeas, entrou no repertorio de numerosos teatros e chegou a América, a Rusia e a Xapón, onde no 1930 podía ser vista e oída simultaneamente en tres teatros diferentes de Tokio. A versión que Teatro do Aquí tentou por en pé, da autoría de Roberto Vidal Bolaño, toma libremente elementos de uns e outros ilustres antecesores, moi en especial da extraordinaria novela de Brecht, A novela de catro cartos, sen máis ánimo que o de contar, en clave de comedia musical ou de "ópera para mendiños", como o propio Brecht gostaba de lle chamar á súa, as verídicas e turbias andainas dun feixe de homes e mulleres "honorables", tentando facer posible que aqueles valores que fixeron capitais no teatro do seu tempo tanto a un coma a outro modelo, cobren vida sobre os escenarios. Edicións Literarias 2013. Edicións Positivas. Obras Completas. Volume V Outras Montaxes 2009. Escola de Teatro de A Estrada

Page 29: ROBERTO VIDAL BOLAÑOcentros.edu.xunta.es/ceipcampolongo/Archivos/ENL... · 2014. 4. 4. · ROBERTO VIDAL BOLAÑO 6 FICHA TÉCNICA 7 LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES Autor, director

ROBERTO VIDAL BOLAÑO 14 FICHA TÉCNICA DÍAS SEN GLORIA

Autor, director e actor de teatro. Día das Letras Galegas 2013

CEIP CAMPOLONGO EDL

Ficha técnica

1993, Teatro do Aquí Autoría, deseño de produción e iluminación: Roberto Vidal Bolaño. Dirección de escena: Quico Cadaval Elenco: Roberto Vidal Bolaño, Maria Pujalte, Carlos Blanco, Luis Zahera, Pilar Pereira. Produción executiva: Belén Quintáns Música: Bernardo Martínez Deseño escenográfico e atrezzo: Júlia Brens

Dirección e deseño da pelexa: Víctor Lorenzo Realización da escenografía: O Moucho Clerc Vestiario: Mela CAsal, inspirado en Bruegel, O Vello Xastra: Carmen Domínguez Coiros: Rosa Esturao Sombreiros: Iglesias Pendón: Kukas Perrucas: Maika Rizos Fotografía: Xenaro M. Castro Deseño gráfico: Fausto C. Isorna Cobertura técnica: Kachet

Page 30: ROBERTO VIDAL BOLAÑOcentros.edu.xunta.es/ceipcampolongo/Archivos/ENL... · 2014. 4. 4. · ROBERTO VIDAL BOLAÑO 6 FICHA TÉCNICA 7 LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES Autor, director

ROBERTO VIDAL BOLAÑO 14 FICHA TÉCNICA DÍAS SEN GLORIA

Autor, director e actor de teatro. Día das Letras Galegas 2013

CEIP CAMPOLONGO EDL

Xefe técnico: D'Pink Xefe de produción: Manuel López Premios 1992. Premio Rafael Dieste 1993. Finalista do Premio Nacional de Literatura, sección Teatro 1994. Premios Compostela. Mellor texto orixinal. Sinopse Relato do Camiño Francés: un territorio no que o paradigma amor-morte se revela en atmosfera inquietante, compañeiro inseparable

de quen peregrina disposto a arriscalo todo. Este é a vimbio central co que Vidal Bolaño construíu esta maneira de road movie que conclúe no final dun oeste europeo, ao pé de Compostela. Namentres, a aventura, o espírito do camiño alagándoo todo, envolvido de violencia e de tenrura, de derrota e vellas fraternidades. Edicións Literarias 2013. Edicións Positivas. Obras Completas. Volume II 1997. Publicación na Revista Teatral da Asociación de Directores de España. Tradución do autor 1992. Edición Deputación Provincial da Coruña Outras Montaxes 2013. Centro Dramático Galego Dirección: Fefa Noia Elenco: Manuel Manquiña, Sergio Zearreta, Eva Souto, Felisa Segade e Borja Fernández Escenografía: Baltasar Patiño

Page 31: ROBERTO VIDAL BOLAÑOcentros.edu.xunta.es/ceipcampolongo/Archivos/ENL... · 2014. 4. 4. · ROBERTO VIDAL BOLAÑO 6 FICHA TÉCNICA 7 LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES Autor, director

ROBERTO VIDAL BOLAÑO 14 FICHA TÉCNICA DÍAS SEN GLORIA

Autor, director e actor de teatro. Día das Letras Galegas 2013

CEIP CAMPOLONGO EDL

Espazo lumínico: Pedro Yagüe Figurinismo: Alejandro Andújar Asistencia á dirección: Roi Vidal Produción: Fran Veiga Caderno pedagóxico: Montse Pena (Gálix) Prensa: Gabinete de comunicación da Agadic Gabinete de comunicación: Trisquelia

Page 32: ROBERTO VIDAL BOLAÑOcentros.edu.xunta.es/ceipcampolongo/Archivos/ENL... · 2014. 4. 4. · ROBERTO VIDAL BOLAÑO 6 FICHA TÉCNICA 7 LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES Autor, director

ROBERTO VIDAL BOLAÑO 14 FICHA TÉCNICA SAXO TENOR

Autor, director e actor de teatro. Día das Letras Galegas 2013

CEIP CAMPOLONGO EDL

Ficha técnica

1983, Teatro do Aquí Autoría, dirección e iluminación: Roberto Vidal Bolaño Elenco: Xosé Manuel Olveira “Pico”, Elina Luaces, Gonzalo M. Uriarte, Laura Ponte, Susana Dans, Antonio F. Simón, Antonio Durán “Morris”, Xaquín G. Marcos, María Bouzas, Rodrigo Roel, Vicente Montoto, César Goldi, Marcelino de Santiago “Kukas”, Luis Zahera, Pilar Pereira, Bernardo Martínez Deseño de escenografía e atrezo: Marcelino de Santiago “Kukas”

Deseño de vestiario: Gonzalo Vilas Música: John Coltrane con arranxos de Bernardo Martínez Banda sonora: Baltasar Patiño Estrea: 12 de xaneiro de 1993 Premios 1991. Premio Álvaro Cunqueiro 1993. Premios Compostela. Mellor texto e mellor escenografía. Sinopse Di Camilo Franco en Dez Obras na Vida de Vidal Bolaño que Saxo Tenor é un modelo de como suceden as cousas e como son contadas. A historia comeza cun morto, un mozo morto de morte violenta. O seu sangue mancha aínda a praza. Pero a obra non comeza nese momento senón dous anos despois, cando alguén supostamente xornalista tenta aclarar a verdade. A peza ten unha intensa vinculación co cine e

Page 33: ROBERTO VIDAL BOLAÑOcentros.edu.xunta.es/ceipcampolongo/Archivos/ENL... · 2014. 4. 4. · ROBERTO VIDAL BOLAÑO 6 FICHA TÉCNICA 7 LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES Autor, director

ROBERTO VIDAL BOLAÑO 14 FICHA TÉCNICA SAXO TENOR

Autor, director e actor de teatro. Día das Letras Galegas 2013

CEIP CAMPOLONGO EDL

iníciase cun flashback: alguén que vai contar toda a verdade sobre a morte dun rapaz de boa familia que vai morrer a un arrabalde que cadra lonxe da súa casa. Os informativo contaron entón que a morte fora motivada por un atraco, a tentativa de roubar un saxo dunha tenda ou un asunto de drogas. O pai da vítima é importante e o asunto queda agochado entre os titulares de cada día. Edicións Literarias 2013. Edicións Positivas. Obras Completas. Volume I 2002. La Voz de Galicia. Biblioteca Galega. Número 80 da Biblioteca Galega 120. 1999. Edicións Xerais. Colección libros do Centro

Dramático Galego (2ª Edición) 1996. SGAE. Tradución ao castelán de Luís Alonso Girgado. 1993. Edicións Xerais. Colección libros do Centro Dramático Galego.

Page 34: ROBERTO VIDAL BOLAÑOcentros.edu.xunta.es/ceipcampolongo/Archivos/ENL... · 2014. 4. 4. · ROBERTO VIDAL BOLAÑO 6 FICHA TÉCNICA 7 LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES Autor, director

ROBERTO VIDAL BOLAÑO 14 FICHA TÉCNICA COCHOS

Autor, director e actor de teatro. Día das Letras Galegas 2013

CEIP CAMPOLONGO EDL

Ficha técnica

1987, Uvegá Teatro Autoría: Roberto Vidal Bolaño Dirección: Vicente Montoto Reparto: Quico Cadaval, Susana Dans, Xavier Lourido, Xosé Manuel Olveira “Pico”, Cándido Pazó, Rodrigo Roel, Diego Varela e Marisa Soto. Voces: Un grupo de estudiantes alemáns que andaban por Santiago (Christian Angermann, Xulia Bluhme e Hartmut Martsch) puxeron a voz da policía, da autoridade, da radio que escoitaba Sebas anunciando as mellores salchichas do mundo. Ana Cermeño e Pemón Bouzas puxeron a voz da Pirenaica. Antonio Mesa, Xesús Redondo Abuín e Joam Trillo eran os compañeiros do

Sebas. Xosé Manuel Beiras e Miguel Cancio fixeron de si mesmos. A cochiña chamábase Rosiña Sinopse Cochos conta a peripecia dun campesiño metido a albanel, emigrante a Frankfurt,Alemania, que descubre a imposibilidade de integrarse nunha sociedade que o emprega temporalmente, obrigándoo a volver á súa aldea ata o seguinte verán, peroque tampouco lle permite levar algo do seu, un porquiño de cría. A presión policial, consular, eclesiástica, mediática e familiar sobre o cortello no que é aloxado pola empresa constructora non ten máis saída que a tráxica cerimonia da matanza. Mentres, en París os estudiantes e os traballadores poñen en xaque uns xeitos de facer política e de entender a vida caducos; en Praga o imperio soviético esmaga o movemento por un socialismo de rostro humano; a guerra de Vietnam que remataría anos máis tarde coa derrota dos EE.UU. xa leva dez anos, ou os Beatles provocan as iras da sociedade ben pensante polas súas greñas e as súas cancións, Sebas, o emigrante galego en Frankfurt e o seu cocho resultan un desafío insoportable prá renacente Alemania bendicida cos dólares do imperio USA. Edicións Literarias 2013. Edicións Positivas. Obras Completas. Volume IV Outras Montaxes La Jarana. Puertorreal

Page 35: ROBERTO VIDAL BOLAÑOcentros.edu.xunta.es/ceipcampolongo/Archivos/ENL... · 2014. 4. 4. · ROBERTO VIDAL BOLAÑO 6 FICHA TÉCNICA 7 LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES Autor, director

ROBERTO VIDAL BOLAÑO 14 FICHA TÉCNICA CAPRICE DES DIEUX

Autor, director e actor de teatro. Día das Letras Galegas 2013

CEIP CAMPOLONGO EDL

Ficha técnica 1985, Teatro Antroido Autoría: Roberto Vidal Bolaño Dirección: Xaquín G. Marcos e Roberto Vidal Bolaño Deseño de iluminación: Xan Goberna Estrea: 1985 no Liceo de Noia Edicións Literarias 2013. Edicións Positivas. Obras Completas. Volume IV

Page 36: ROBERTO VIDAL BOLAÑOcentros.edu.xunta.es/ceipcampolongo/Archivos/ENL... · 2014. 4. 4. · ROBERTO VIDAL BOLAÑO 6 FICHA TÉCNICA 7 LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES Autor, director

ROBERTO VIDAL BOLAÑO 14 FICHA TÉCNICA AGASALLO DE SOMBRAS

Autor, director e actor de teatro. Día das Letras Galegas 2013

CEIP CAMPOLONGO EDL

Ficha técnica 1984, Centro Dramático Galego Autoría e dirección: Roberto Vidal Bolaño Elenco: Elina Luaces, Dorotea Bárcena, Xoán Luís Goberna, Carmen Rábade, Xavier R. Lourido, Xulio Castillo, Mabel Rivera, Canco Ramonde, Ernesto Chao, Fernanda Cabrera, Francisco Cadaval, Fernando Pedrido, Pilar Rodríguez Pagant/Luisa Veira, Paloma Romero Deseño do espazo escénico: Ventura Cores Realización da escenografía: Estruturas metálicas Talleres Magdalena, Talleres Forjasa, Carpintaría Muvar e Cristalería

Santiaguesa Deseño de vestiario: Antonio Simón Realización de vestiario, traxes homes: Manuel Blanco Realización de vestiario, traxes mulleres: Lola Lago Area Deseño de atrezo, máscaras, cabezudos, mómaros e marionetas: J. Méndez Música: Emilio Cao Músicos: Begoña Olavide, Luis Delgado, Pablo Sampedro, Laura Quintillán Fotografía: Fernando Bellas Deseño do cartel: Ventura Cores Deseño do programa: Pepe Barro Técnico de gravación: Xosé Goicoa Deseño de iluminación: Pako de Pink

Page 37: ROBERTO VIDAL BOLAÑOcentros.edu.xunta.es/ceipcampolongo/Archivos/ENL... · 2014. 4. 4. · ROBERTO VIDAL BOLAÑO 6 FICHA TÉCNICA 7 LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES Autor, director

ROBERTO VIDAL BOLAÑO 14 FICHA TÉCNICA AGASALLO DE SOMBRAS

Autor, director e actor de teatro. Día das Letras Galegas 2013

CEIP CAMPOLONGO EDL

Coreografía: Anxo Martín Axudante de dirección: Rodrigo Roel Estrea: 2 de outubro de 1984 no Teatro García Barbón de Vigo Edicións Literarias 2013. Edicións Positivas. Obras Completas. Volume II 1992. Editorial Compostela. Edición non venal. Biblioteca 114.

Page 38: ROBERTO VIDAL BOLAÑOcentros.edu.xunta.es/ceipcampolongo/Archivos/ENL... · 2014. 4. 4. · ROBERTO VIDAL BOLAÑO 6 FICHA TÉCNICA 7 LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES Autor, director

ROBERTO VIDAL BOLAÑO 14 FICHA TÉCNICA PERCIVAL

Autor, director e actor de teatro. Día das Letras Galegas 2013

CEIP CAMPOLONGO EDL

Ficha técnica

1983, Teatro Antroido

Autoría: Xosé Luís Méndez Ferrín

Dramaturxia e dirección: Roberto Vidal Bolaño

Deseño e construción da escenografía, atrezzo e mómaros e elenco: Alberte de Esteban "O Roxo", Pako de Pink, Laura Ponte, Carme Rábade, Rodrigo Roel "Gato" e Roberto Vidal Bolaño.

Monicreques de fíos e variñas: Matarile

Traxes: Rosa Bassave.

Metalistaría: T. Rey

Música: Wagner, Manchín, Banda A. de Merza, etc

Produción: Laura Ponte

A sombrilla branca foi un cariño do "Cholas", veciño do xardín das Outas Árbores e amigo noso, ao que gostosos adicamos todas e cada unha das representaicóns diste Percival. Medalla de ouro Cidade de Valladolid ao mellor texto de autor español vivo da tempada 1983-84

Sinopse Percival ven a seres unha celebración choqueira, ceiba e maiormente irrespetuosa arredor de xestos, contos, ditos, poemas, panfletos e pintadas de Xosé Luís Méndez Ferrín, acomodadas para o teatro por Roberto Vidal Bolaño. Escribiu o propio Xosé L. Méndez Ferrín no programa da obra: Foi unha tarde fría de 1955, paseaba eu cuns meus amigos de antano, que non me diexarán mentir, polo labirinto máxico da Ferradura e planeabamos roteiros para a literatura galega, como ousados. Súpeto sentín que alguén como el podería, valente, furar as murallas de néboa e asoballamento dorosísimo que nos levaba á contemplación vexetal das tardes mortas e longuísimas. ERan tempos de nada, miserentos. Sentinme dono de algo e escribín Percival.

Edicións Literarias 2013. Edicións Positivas. Obras Completas. Volume V

Page 39: ROBERTO VIDAL BOLAÑOcentros.edu.xunta.es/ceipcampolongo/Archivos/ENL... · 2014. 4. 4. · ROBERTO VIDAL BOLAÑO 6 FICHA TÉCNICA 7 LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES Autor, director

ROBERTO VIDAL BOLAÑO 14 FICHA TÉCNICA 15 TOUPORROUTOU DA LÚA E DO SOL

Autor, director e actor de teatro. Día das Letras Galegas 2013

CEIP CAMPOLONGO EDL

Ficha técnica

1982, Teatro Antroido Autoría, dirección e luces: Roberto Vidal Bolaño Manipuladores: Alberte de Esteban "O Roxo", Rodrigo Roel, Roberto Vidal Bolaño Fixeron os monifates: Alberte de Esteban e roberto Vidal Bolaño Pintounos: Rodrigo Roel Vestiunos: Rosa Bassave Deseñou e fixo o teatriño: Rodrigo Roel Voces: Alberte de Esteban, Laura Ponte, Rodrigo Roel e Roberto Vidal Bolaño Fotografía: Tino Viz Produción e distribución: Laura Ponte Deseño do cartaz: Pepe Barro Sinopse Touporroutou da lúa e do sol é un espectáculo de

títeres e abonda. Ou debera abondar. Se acaso e por aquelo de non deixar baleira a folla, dicir soamente que "val tanto pra nenos coma para vellos". Que foi o primeiro espectáculo de títeres feito por Teatro Antorido e que, como non querían que fora o último, quixeron facelo ben. Que máis de catro cando viron os monifates quedaron aparvados. Que entre os que se manexa coa man e os que se manexan con variñas, as árbores, os castros, as antas e demais trapalladas, sacaban unhas trintaetantas cousas diferentes. Que nel se fala da orixe da Lúa e do Sol e do que aconteceu no inferno cando tiveron pingueiras por primeira vez, ou de como acertar cos tesouros e se poñer a ben coas fadas, cos mouros, cos xigantes ou coas serpes que os gardan. Que quixer quixeron que fora unpaso cara adiante máis, nesa porfía por falar das cousas de todos dun xeito noso.

Page 40: ROBERTO VIDAL BOLAÑOcentros.edu.xunta.es/ceipcampolongo/Archivos/ENL... · 2014. 4. 4. · ROBERTO VIDAL BOLAÑO 6 FICHA TÉCNICA 7 LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES Autor, director

ROBERTO VIDAL BOLAÑO 14 FICHA TÉCNICA 15 TOUPORROUTOU DA LÚA E DO SOL

Autor, director e actor de teatro. Día das Letras Galegas 2013

CEIP CAMPOLONGO EDL

Edicións Literarias 2013. Edicións Positivas. Obras Completas. Volume IV Outras Montaxes 1995, Teatro do Aquí Autoría, dirección e liuminación: Roberto Vidal Bolaño Elenco: Rubén Ruibal, Xoán Carlos Mejuto, Anabell Gago, Ursia Gago Espacio escénico e vestiario: Julia Brens Mómaros, cabezudos, marionetas, títeres e máscaras: Roberto Vidal Bolaño, Rubén Ruibal, Xoán Carlos Mejuto, Anabell Gago e Ursia Gago Deseño gráfico: Fausto C. Isorna Fotografía: Xenaro Martínez Produción: Belén Quintáns Asesoría xurídica e administración: Planing

Cobertura técnica: Kachet Música: Kevi Aragunde

Page 41: ROBERTO VIDAL BOLAÑOcentros.edu.xunta.es/ceipcampolongo/Archivos/ENL... · 2014. 4. 4. · ROBERTO VIDAL BOLAÑO 6 FICHA TÉCNICA 7 LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES Autor, director

ROBERTO VIDAL BOLAÑO 14 FICHA TÉCNICA 15 RUADA DAS PAPAS E DO UNTO

Autor, director e actor de teatro. Día das Letras Galegas 2013

CEIP CAMPOLONGO EDL

Ficha técnica

1981, Teatro Antroido Autoría e dirección: Roberto Vidal Bolaño Reparto: Laura Ponte, Alberte de Esteban e Roberto Vidal Bolaño Músicos: Tino Freire Pallin, Xaime Fernández Rodríguez, Fernando Barra Sierra e Xosé Lois Sixto García. Todos do grupo Rueiro Deseño e construción da escenografía, máscaras e traxes: Alberte de Esteban, Roberto Vidal Bolaño, Roberto Roel, Xurxo Fernández, Rosa Bassave, Quichi Sánchez Corbacho, Carmen Bolaño Sánchez.

Fotos: Tino Viz Produción: Laura Ponte Mención Honorífica V concurso Teatro Infantil "O Facho” Sinopse Di un texto de Bernardino Graña no programa da obra: Ruada das papas e o unto é un happening, un verdadeiro happening. Arte que irrumpe e interrumpe o tráfico e a rutina da vida de rúa. Arte que se incrustra no vivir da rúa con sorpresa e forza. Se non nos interrumpimos, se non nos paramos a ver, a sentir os bonecos e as proclamas que este teatro vivo (activo) disemina polos recantos da cotidianeidade da rúa... haberá que concluír que os bonecos somos nós, nós os que non nos detemos, os que insistimos na rutina cotidiana. Entón é que estamos deformados, conformes coa paulatina deformación e vaciamente, integrados no alienante. Quen pode pasar indiferente ante o esnaquizamento, a destrución das esencias da maxia, da beleza, da arte, da cultura?!

Page 42: ROBERTO VIDAL BOLAÑOcentros.edu.xunta.es/ceipcampolongo/Archivos/ENL... · 2014. 4. 4. · ROBERTO VIDAL BOLAÑO 6 FICHA TÉCNICA 7 LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES Autor, director

ROBERTO VIDAL BOLAÑO 14 FICHA TÉCNICA 15 RUADA DAS PAPAS E DO UNTO

Autor, director e actor de teatro. Día das Letras Galegas 2013

CEIP CAMPOLONGO EDL

Edicións Literarias 2013. Edicións Positivas. Obras Completas. Volume IV Outras Montaxes 1995, Teatro do Aquí Autoría, dirección e liuminación: Roberto Vidal Bolaño Elenco: Rubén Ruibal, Xoán Carlos Mejuto, Anabell Gago, Ursia Gago Espacio escénico e vestiario: Julia Brens Mómaros, cabezudos, marionetas, títeres e

máscaras: Roberto Vidal Bolaño, Rubén Ruibal, Xoán Carlos Mejuto, Anabell Gago e Ursia Gago Deseño gráfico: Fausto C. Isorna Fotografía: Xenaro Martínez Produción: Belén Quintáns Asesoría xurídica e administración: Planing Cobertura técnica: Kachet Música: Kevi Aragunde

Page 43: ROBERTO VIDAL BOLAÑOcentros.edu.xunta.es/ceipcampolongo/Archivos/ENL... · 2014. 4. 4. · ROBERTO VIDAL BOLAÑO 6 FICHA TÉCNICA 7 LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES Autor, director

ROBERTO VIDAL BOLAÑO 14 FICHA TÉCNICA 15 BAILADELA DA MORTE DITOSA

Autor, director e actor de teatro. Día das Letras Galegas 2013

CEIP CAMPOLONGO EDL

Ficha técnica

1980, Teatro Antroido Autoría: Roberto Vidal Bolaño Dirección: Eduardo Alonso Elenco: Luma Gómez, Laura Ponte, Roberto Vidal Bolaño, Miguel Insua, Bernardo Corral 1980. Premio Abrente

Edicións Literarias 2013. Edicións Positivas. Obras Completas. Volume III Outras Montaxes 2008, Teatro de Ningures. Dirección: Etelvino Blanco Elenco: Fran Paredes, Sonia Rúa, Mónica Camaño, Pepa Barreiro, Santiago Cortegoso, Salvador del Río e Casilda García.

Page 44: ROBERTO VIDAL BOLAÑOcentros.edu.xunta.es/ceipcampolongo/Archivos/ENL... · 2014. 4. 4. · ROBERTO VIDAL BOLAÑO 6 FICHA TÉCNICA 7 LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES Autor, director

ROBERTO VIDAL BOLAÑO FICHA TÉCNICA

XAXARA, PEITUDA, PANIOGAS, TARELO, O RAPAZ E O CACHAMÓN, OU COMO TROCAR EN RATO PEQUECHO O MEIRANDE XIGANTÓN

Autor, director e actor de teatro. Día das Letras Galegas 2013

CEIP CAMPOLONGO EDL

Ficha técnica

1979, Teatro Antroido Autoría e dirección: Roberto Vidal Bolaño Reparto: Xosé Luis González (Xaxara, xigantes), Bernardo Corral “Porito” (Xaxara, rapaz), Paloma Tomé (Peituda), Laura Ponte (Paniogas), Cachamón (Roberto Vidal Bolaño) Realización de caretas e cabezudos: César Lombera Mención honorífica III Concurso Teatro Infantil "O Facho" Sinopse Reencontro coas características da farsa que máis validez mateñen de cara á creación dun espectáculo para nenos e non tan nenos, potenciando as súas posibilidades através da

incorporación de elementos como as máscaras, os títeres, o son... que o achegan máis a un terreo no que o maxín xoga un papel importante. Edicións Literarias 2013. Edicións Positivas. Obras Completas. Volume IV

Page 45: ROBERTO VIDAL BOLAÑOcentros.edu.xunta.es/ceipcampolongo/Archivos/ENL... · 2014. 4. 4. · ROBERTO VIDAL BOLAÑO 6 FICHA TÉCNICA 7 LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES Autor, director

ROBERTO VIDAL BOLAÑO

FICHA TÉCNICA ANTROIDO NA RÚA II Autor, director e actor de teatro. Día das Letras Galegas 2013

CEIP CAMPOLONGO EDL

Ficha técnica

1979, Teatro do Antroido Autoría e dirección: Roberto Vidal Bolaño Elenco: Francisco Luengo, Elisa Redondo, Rodrigo Roel, Laura Ponte, Roberto Vidal Bolaño, Asun Burgueño, Maricarme Paz, Dolores Pereira, Toño Daviña, Mila, Nico, César Lombera, María Barcala e o grupo de gaitas O Toxo

Sinopse Antroidada choqueira coa participación de Teatro Antroido, Obradoiro de aprendizaxe teatral Antroido e o grupo de Gaitas O Toxo a partir dalgúns cadros da Xaxara, Peituda, Paniogas, Tarelo, o Rapaz e o Cachamón, ou como trocar en rato pequecho o meirande xigantón e sacando á rúa aos Santos do Pórtico da Gloria. Edicións Literarias 2013. Edicións Positivas. Obras Completas. Volume IV

Page 46: ROBERTO VIDAL BOLAÑOcentros.edu.xunta.es/ceipcampolongo/Archivos/ENL... · 2014. 4. 4. · ROBERTO VIDAL BOLAÑO 6 FICHA TÉCNICA 7 LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES Autor, director

ROBERTO VIDAL BOLAÑO

FICHA TÉCNICA ANTROIDO NA RÚA I Autor, director e actor de teatro. Día das Letras Galegas 2013

CEIP CAMPOLONGO EDL

Ficha técnica

1978, Teatro Antroido Autoría e dirección: Roberto Vidal Bolaño Elenco: Francisco Luengo, Elisa Redondo, Rodrigo Roel, Laura Ponte, Roberto Vidal Bolaño, Asun Burgueño, Maricarme Paz, Dolores Pereira, Toño Daviña, Mila,Nico. Sinopse Antroidada choqueira baseada en partes do texto Memoria de mortos e de ausentes, de Roberto Vidal Bolaño e das lendas do Meco Edicións Literarias 2013. Edicións Positivas. Obras Completas.

Volume IV

Page 47: ROBERTO VIDAL BOLAÑOcentros.edu.xunta.es/ceipcampolongo/Archivos/ENL... · 2014. 4. 4. · ROBERTO VIDAL BOLAÑO 6 FICHA TÉCNICA 7 LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES Autor, director

ROBERTO VIDAL BOLAÑO

FICHA TÉCNICA MEMORIA DE MORTOS E AUSENTES Autor, director e actor de teatro. Día das Letras Galegas 2013

CEIP CAMPOLONGO EDL

Ficha técnica

1978, Obradoiro de Aprendizaxe Teatral Antroido Autoría e dirección: Roberto Vidal Bolaño Mención Honorífica Premio Abrente 1978 Edicións Literarias 2013. Edicións Positivas. Obras Completas. Volume III

Page 48: ROBERTO VIDAL BOLAÑOcentros.edu.xunta.es/ceipcampolongo/Archivos/ENL... · 2014. 4. 4. · ROBERTO VIDAL BOLAÑO 6 FICHA TÉCNICA 7 LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES Autor, director

ROBERTO VIDAL BOLAÑO

FICHA TÉCNICA LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES Autor, director e actor de teatro. Día das Letras Galegas 2013

CEIP CAMPOLONGO EDL

Ficha técnica

1976, Teatro Antroido Autoría e dirección: Roberto Vidal Bolaño Premio Abrente 1976

Sinopse Laudamuco Señor de ningures quer ser un intento de análise das estruturas de poder e dos seus resotes esenciais, feito non só dende a perspectiva de quen o detenta, senón e sobor de todo, dende a de aqueles que o manteñen. Neste senso, o texto aborda como unha das características desas relacións de poder as connotacións mítico-relixiosas nas que este se arroupa e os supostos valores morais (a fidelidade, o espírito de servizo, o servilismo, etc.) que fan posible a súa existencia. A relación servo-señor que o texto plantexa dase no intre no qeu xa non semellan existir razóns que

puideran facer xustificable a necesidade de seguila mantendo. Un rei é destronado e condeado a morte, a revolución popular ten triunfado e noustante o seu servo máis fidel segue con el, servíndoo aínda, porque para el e por enriba de todo, segue sendo "O Rei". A situación límite plantexada no texto faille adquirir a este un carácter grotesco, case que choqueiro, que a montaxe quixo potenciar, tencionando que os personaxes adquiriran unha dimensión degradante, grotesca e distorsionada, esfeluxando as súas características esenciais para facelas máis recoñecibles.

Edicións Literarias 2013. Edicións Positivas. Obras Completas. Volume III

Outras Montaxes 2001, Centro Dramático Galego

TEAR de Viana do Castelo, Portugal Teatro Nacional de Alagoas, Brasil 1976. Teatro Antroido

Page 49: ROBERTO VIDAL BOLAÑOcentros.edu.xunta.es/ceipcampolongo/Archivos/ENL... · 2014. 4. 4. · ROBERTO VIDAL BOLAÑO 6 FICHA TÉCNICA 7 LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES Autor, director

ROBERTO VIDAL BOLAÑO

FICHA TÉCNICA AS FALCATRUAS DO MARQUES DE PATACÓN (CHOQUEIRADA (CHOQUEIRADA MORNA)

Autor, director e actor de teatro. Día das Letras Galegas 2013

CEIP CAMPOLONGO EDL

Ficha técnica

1976, Teatro do Antroido Autoría: Euloxio R. Ruibal Dirección: Roberto Vidal Bolaño Reparto: Ana Quintáns (Afrisia), Manolo Fabeiro (Liporio), Laura Ponte (Consella), Roberto Vidal Bolaño (Patelin), Alfonso Valenzuela”Pica” e Manolo Fabeiro (Xuiz), Marisa Soto e Laura Ponte (Cachapelada, O xudeo), Gonzalo Valcarcel (Xan Pardillo), X. García Marcos (O Tramoia) Deseño e realización dos elementos escenográficos: Jose Miralles Nacher

Realización do vestiario: Satrería Amancio Colaboración de un bo fato de alumnos e profesores da Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos Mestre Mateo na escenografía e o atrezzo Sinopse Versión libre da farsa francesa do xéculo XV de autor anónimo Maistre Pierre Patelin, feita por Euloxio R.Ruibal.

Page 50: ROBERTO VIDAL BOLAÑOcentros.edu.xunta.es/ceipcampolongo/Archivos/ENL... · 2014. 4. 4. · ROBERTO VIDAL BOLAÑO 6 FICHA TÉCNICA 7 LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES Autor, director

ROBERTO VIDAL BOLAÑO

FICHA TÉCNICA AMOR E CRIMES DE XAN O PANTEIRA Autor, director e actor de teatro. Día das Letras Galegas 2013

CEIP CAMPOLONGO EDL

Ficha técnica

1975, Teatro Antroido Autoría: Eduardo Blanco Amor Dirección: X. García Marcos e Roberto Vidal Bolaño Dramaturxia: Roberto Vidal bolaño, con achegas do resto da compañía Reparto: Roberto Vidal Bolaño (Xan Panteira), X.García Marcos (Estoraque, o indiano), X. Vieito (O feitiño, o estudiante), Ana Quintans, Ana Rosa Sebio, Milagros Matos e Laura Ponte (Contemplación Ximenez), Pablo Crespo e

Gonzalo Valcárcel (O Sancristán), Coté e Marisa Soto (O Presentador) Sinopse Farsa baseada no texto homónimo de Eduardo Blanco Amor. Creación dun xogo teatral non consumista, festivo e sinxelo, de certa raigame popular, no que un fato de teatreiros fan cara ao público a presentación do que eles ampulosamente chaman ”o meirande espectáculo que teñades ollado endexamáis”.