Roberto vidal bolaño ceip celeiro

5
ROBERTO VIDAL BOLAÑO, como escritor a súa é unha das producións máis importantes do teatro galego contemporáneo, merecedora do constante recoñecemento de xurados e crítica, aínda que non toda chegou a ser publicada e outra faino en data tardía. MAR VALE LÓPEZ (5º INFANTIL) OBRAS DESTACADAS 1976- Laudamuco, señor de ningures. Análise das estructuras de poder e dos seus resortes esencias, feito non só dende a perspectiva de quen o detenta, senón e sobor de todo, dende a de aqueles que o manteñen. 1980- Baliadela da norte ditosa. Esta obra podería ser entendida como o fin dunha traxectoria de Vidal Bolaño, e así foi desde o punto de vista da escrita. Foi premio Abrente en 1980. Tanto esta obra como Laudamuco, buscaban a complicidade dun público afeito aos sobreentendidos e aos contidos simbólicos. 1993- Saxo Tenor. É un modelo de como suceden as cousas e como son contadas. A historia comeza cun morto de forma violenta, e a obra iníciase dous anos despois cando un xornalista tenta aclarar a verdade.

Transcript of Roberto vidal bolaño ceip celeiro

Page 1: Roberto vidal bolaño ceip celeiro

ROBERTO VIDAL BOLAÑO, como escritor a

súa é unha das producións máis importantes

do teatro galego contemporáneo, merecedora

do constante recoñecemento de xurados e

crítica, aínda que non toda chegou a ser

publicada e outra faino en data tardía.

MAR VALE LÓPEZ (5º INFANTIL)

OBRAS DESTACADAS

1976- Laudamuco, señor de ningures. Análise das estructuras de poder e dos

seus resortes esencias, feito non só dende a perspectiva de quen o detenta,

senón e sobor de todo, dende a de aqueles que o manteñen.

1980- Baliadela da norte ditosa. Esta obra podería ser entendida como o fin

dunha traxectoria de Vidal Bolaño, e así foi desde o punto de vista da escrita.

Foi premio Abrente en 1980. Tanto esta obra como Laudamuco, buscaban a

complicidade dun público afeito aos sobreentendidos e aos contidos

simbólicos.

1993- Saxo Tenor. É un modelo de como suceden as cousas e como son

contadas. A historia comeza cun morto de forma violenta, e a obra iníciase

dous anos despois cando un xornalista tenta aclarar a verdade.

Page 2: Roberto vidal bolaño ceip celeiro

VIDAL BOLAÑO E O TEATRO

Entrou en contacto co teatro no Equipo LUPA (1971), onde fixo de actor

e xefe de produción. Arredor do 1978 funda Teatro do Antroido, e crea un

obradoiro para conseguir intérpretes. Con el comeza a facer ponte entre un

pasado sen escenarios e un futuro por descubrir, mediante manifestacións

parateatrais, entre elas o propio entroido.

Artellou un teatro galego que falase do noso pasado e do noso presente.

As súas obras mesturan correntes do realismo, simbolismo, surrealismo e

expresionismo. A través do teatro critica o poder e as súas múltiples formas.

Formou parte do Centro Dramático Galego, durante varios anos, en el

estrea algunas das súas obras. En 1993 regresa a actividades recorrentes: á

dramaturxia doutros autores da literatura galega, por exemplo Méndez Ferrín,

no que Bolaño combina actores con bonecos e se acompaña de música e

proxecións.

No 1992 funda Teatro de Aquí, co que pretendía, sen deixar de ser

teatro de maiorías, presentar as nosas características propias.

OBRA

- Laudamuco, señor de Ningures (1976).

- Bailada da norte ditosa (1980).

- Agasallo de sombras (1992).

- Cochos (1992).

- Dïas de gloria (1992).

- Saxo tenor (1993).

- Touporroutou da lúa e do sol (Farsa choqueira para actores e bonecos,

e viceversa, 1996)

- Doentes, premio Rafael Dieste 1997.

- Anxeliños. (1997).

- Criaturas (2000).

- A burla do galo (2000).

- Mar revolta. (2001).

- Animaliños (2002).

- Integral (2003).

- Actas escuras (2005), co que recibe o premio do certame Camiño de

Santiago de teatro Profesional.

Page 3: Roberto vidal bolaño ceip celeiro

A burla do galo

Anxo Fernández Martínez 6º infantil

Page 4: Roberto vidal bolaño ceip celeiro
Page 5: Roberto vidal bolaño ceip celeiro