Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Rober ... · ron o concurso de manifesto...

13
rOberto Vidal Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Rober- to Vidal Bolaño, Roberto Vi- dal Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Rober- to Vidal Bolaño, Roberto Vi- dal Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Roberto Vidal Bola- ño, Roberto Vidal Bolaño, Ro- berto Vidal Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Roberto Vidalolaño,Roberto Vidal Bo- laño, Roberto Vidal Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Rober- to Vidal Bolaño, Roberto Vi- dal Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Ro- berto Vidal Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Roberto Vidal Bola- ño, Roberto Vidal Bolaño, Ro- berto Vidal Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Roberto Vidal O Provisional Páxina 12 21 xuño 2013 Os alumnos de Bacharelato e de 4º de ESO asistiron, o día 10 de abril, á representa- ción teatral "Días sen gloria" de Roberto Vidal Bolaño no Salón Teatro de Santiago. A viaxe ata a capital galega estivo organizada polo Depar- tamento de Lingua e Literatura Galega e os profesores encar- gados de acompañar os alumnos foron Antonia Figueiras, Sabela Barcón e Xosé Cabana. LETRAS GALEGAS 2013

Transcript of Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Rober ... · ron o concurso de manifesto...

Page 1: Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Rober ... · ron o concurso de manifesto deste ano. PERSOEIROS AOS QUE SE LLES TEN ADICADO O DÍA DAS LETRAS ... Dita actividade

rOberto Vidal Bolaño, Roberto

Vidal Bolaño, Roberto Vidal

Bolaño, Roberto Vidal Bolaño,

Roberto Vidal Bolaño, Rober-

to Vidal Bolaño, Roberto Vi-

dal Bolaño, Roberto Vidal

Bolaño, Roberto Vidal Bolaño,

Roberto Vidal Bolaño, Roberto

Vidal Bolaño, Roberto Vidal

Bolaño, Roberto Vidal Bolaño,

Roberto Vidal Bolaño, Rober-

to Vidal Bolaño, Roberto Vi-

dal Bolaño, Roberto Vidal

Bolaño, Roberto Vidal Bolaño,

Roberto Vidal Bolaño, Roberto

Vidal Bolaño, Roberto Vidal

Bolaño, Roberto Vidal Bola-

ño, Roberto Vidal Bolaño, Ro-

berto Vidal Bolaño, Roberto

Vidal Bolaño, Roberto Vidal

Bolaño, Roberto

Vidalolaño,Roberto Vidal Bo-

laño, Roberto Vidal Bolaño,

Roberto Vidal Bolaño, Rober-

to Vidal Bolaño, Roberto Vi-

dal Bolaño, Roberto Vidal

Bolaño, Roberto Vidal Bolaño,

Roberto Vidal Bolaño, Roberto

Vidal Bolaño, Roberto Vidal

Bolaño, Roberto Vidal Bolaño,

Roberto Vidal Bolaño, Ro-

berto Vidal Bolaño, Roberto

Vidal Bolaño, Roberto Vidal

Bolaño, Roberto Vidal Bola-

ño, Roberto Vidal Bolaño, Ro-

berto Vidal Bolaño, Roberto

Vidal Bolaño, Roberto Vidal

Bolaño, Roberto Vidal Bolaño,

Roberto Vidal Bolaño, Roberto

Vidal Bolaño, Roberto Vidal

O ProvisionalPáxina 12 21 xuño 2013

Os alumnos de Bacharelatoe de 4º de ESO asistiron, o

día 10 de abril, á representa-ción teatral "Días sen gloria"de Roberto Vidal Bolaño no

Salón Teatro de Santiago.A viaxe ata a capital galega

estivo organizada polo Depar-tamento de Lingua e LiteraturaGalega e os profesores encar-

gados de acompañar osalumnos foron Antonia

Figueiras, Sabela Barcón eXosé Cabana. L

ETR

AS

GA

LEG

AS

2013

Page 2: Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Rober ... · ron o concurso de manifesto deste ano. PERSOEIROS AOS QUE SE LLES TEN ADICADO O DÍA DAS LETRAS ... Dita actividade

O Provisional21 xuño 2013 Páxina 13

Sexamos herdeiros merecentesDa fala de rosalía, do pobo de pondalDo progueso de curros, da poesía socialDe celso emilio, dos contos de ánxel fole,Da patria que amou o artista castelao,Da imaxinación prodixiosa de cunqueiro,Da nova narrativa galega, do noso teatro,E até do códice calixtino....E doutros mil nomes máis da nosaliteratura,Pero non debemos quedar só aquí,Os soños poden ser realidade.Debemos saír das tristes tebras,Das néboas para poder ver lucir o sol.O galego é unha lingua con historia,O galego é unha lingua honorábel,É unha lingua con pasado, con memoriaCon prestixio e con tradición formidábel.

Propoñamos como bandeiraA defensa da nosa linguaPoñamos a nosa alma en falalaQue o noso corazón sexa o galego,Que o brillante azul do noso marSexa o brillo da nosa linguaSexamos nós valerosos soldadosQue loitan con pacífica armaQue leda sae dos nosos beizos,Non a deixaremos morrer,Sempre estaremos á súa beira,Mesmo coa propia vida gardaremosA importante chave que temos .O galego é unha lingua con historia,O galego é unha lingua honorábel,É unha lingua con pasado, con memoriaCon prestixio e con tradición formidábel.

A miña lingua é segura,O falar non ten cancelasUnha casa sempre abertaQue todos debemos protexer.A miña lingua é miña naiÉ honroso ter unha linguaFermosa, digna, que abre portasQue non ten chaves, que nada pecha,Ela mesma é a chave do mundo.A miña fala é o máis importante,Debo honrala cando a usoSentirme orgulloso de telaPor ser o meu carné de identidade.O galego é unha lingua con historia,O galego é unha lingua honorábel,É unha lingua con pasado, con memoriaCon prestixio e con tradición formidábel.

Do seu pasado glorioso no medievoDebemos sentirnos en débedaE propoñernos fortemente devolverllea importancia que nunca debeu perder.Loitemos xuntos por fortalecelaFagamos visíbel esa chave de ouroQue nos abre todas as portas do mundo,E ofreceremoslle un futuro digno.Soñemos que somos os dignos fillosDa nai patria que todo nolo entregou,Defendamos esta cultura e esta falaQue coas súas bágoas protexeuE en herdanza nos legou .O galego é unha lingua con historia,O galego é unha lingua honorábel,É unha lingua con pasado, con memoriaCon prestixio e con tradición formidábel.

Roberto Vidal Bolaño, 2013Valentín Paz Andrade, 2012

Lois Pereiro, 2011 Uxío Novoneyra, 2010

Ramón Piñeiro López, 2009 Xosé María Álvarez Blázquez, 2008

María Mariño 2007 Manuel Lugrís, 2006

Xesús Lorenzo Varela Vázquez, 2005 Xaquín Lorenzo Fdez. "Xocas", 2004

Antón Avilés Taramancos, 2003 Frei Martín Sarmiento, 2002

Eladio Rodríguez González, 2001 Manuel Murguía, 2000

Roberto Blanco Torres, 1999 Martín Códax, Johan de Cangas e

Mendinho, 1998 Ánxel Fole, 1997

Xesús Ferro Couselo, 1996 Rafael Dieste, 1995 Luis Seoane, 1994

Eduardo Blanco-Amor, 1993 Fermín Bouza-Brey, 1992

Álvaro Cunqueiro Mora, 1991 Luis Pimentel, 1990

Celso Emilio Ferreiro, 1989 Ramón Otero Pedrayo, 1988

Francisca Herrero Garrido, 1987 Aquilino Iglesia Alvariño, 1986 Antón Losada Diéguez, 1985

Armando Cotarelo Valledor, 1984 Manuel Leiras Pulpeiro, 1983

Luis Amado Carballo, 1982 Vicente Martínez Risco, 1981

Alfonso X "O Sabio", 1980 Manuel Antonio Pérez, 1979 Antonio López Ferreiro, 1978

Antón Vilar Ponte, 1977 Ramón Cabanillas Enríquez, 1976 Xoán Manuel Pintos Villar, 1975

Xoán Vicente Viqueira Cortón, 1974 Manuel Lago González, 1973 Valentín Lamas Carvajal, 1972 Gonzalo López Abente, 1971

Marcial Valladares Núñez, 1970 Antonio Noriega Varela, 1969

Florentino López Cuevillas, 1968 Manuel Curros Enríquez, 1967

Francisco Añón Paz, 1966 Eduardo Pondal, 1965

Castelao, 1964 Rosalía de Castro, 1963

MANIFESTO DO CORRELINGUA 2013Os Golgorotos de 4º da ESO A e B do IES A Pinguela de Monforte gaña-

ron o concurso de manifesto deste ano.

PERSOEIROS AOS QUESE LLES TEN ADICADO

O DÍA DAS LETRASGALEGAS

O xa tradicional correlinguas celebrouse este curso2012-13 en Mondoñedo, o dezaseis de maio.

Ata a cidade mariñá acudiron alumnos de todos oscentros das comarcas da Mariña acompañados polos

seus titores e profesores.

No caso do María Sarmiento, partiparon uns 150 alum-nos de 1º e 2º de ESO e varios profesores.

Lástima que o día non acompañase nesta xornadafesteira.

O CORRELINGUAS DAMARIÑA CELEBROUSE

EN MONDOÑEDO

Page 3: Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Rober ... · ron o concurso de manifesto deste ano. PERSOEIROS AOS QUE SE LLES TEN ADICADO O DÍA DAS LETRAS ... Dita actividade

O ProvisionalPáxina 14 21 xuño 2013

INTERCAMBIO CO LYCÉECOUSERANS

http://interfrances.blogspot.com.es/

Como diciamos na portada, o De-partamento de Francés organizou,unha vez máis, un intercambio lin-güístico, nesta ocasión a Saint-Gi-rons, concretamente ao Lycée Couse-rans na rexión de Midi-Pyrénées.

Mari Luz Poch, acompañada polosprofesores de Historia, Asunción JuízVázquez e Xan Fernández, viaxaroncos alumnos dende o 17 ó 24 de mar-zo, os cales participaron en diferentesactividades lúdicas e pedagóxicas aotempo que fomentaron a amizade cosalumnos franceses convivindo coassúas familias.

Entre as visitas máis salientablesdestacan a realizada á cidade episco-pal de Saint-Lizier (Palacio dos bis-

Os alumnos de Administración e doBacharelato de adultos tiveron a oca-sión de participar nunha viaxe culturala Roma dende o 22 ata o 27 de abril.Dita actividade estivo organizada di-rectamente polo Xefe de Estudos desteréxime, Ramón Cajoto Sante, quen ta-mén os acompañou na viaxe xunto coaprofesora Teresa Méndez Blanco.

Foron seis días intensos que lles per-mitiron coñecer a cidade de Roma e oVaticano, visitando tódolos lugaresmáis importantes, destacando a Prazade San Pedro, Basílica, Museos Vatica-

nos, Piazza dei Tribunali, Palacio deGiustizia, Mausoleo Augusto, Coliseoe Foro romano (Palatino, Arco de Tito),Arco de Constantino, Termas de Carra-calla, Fontana de Trevi, etc.

Os participantes sinalaron a experien-cia coma inolvidable, xa que á parte decoñecer unha cidade tan fermosa comoé Roma, a maioría deles non saíra donoso país; incluso, ter que desenvolver-se noutra lingua e cultura supuxo adop-tar unha visión diferente que permiteao fin valorar tanto o propio coma oalleo.

VIAXE CULTURAL A ROMA

pos e igrexa De Notre Dame de laSède, denominada "pequena capelasixtina" polas pinturas murais do sé-culo XV que adornan as bóvedas eparte dos muros) e as realizadas áslocalidades de Carla-Bayle e ás cida-des de Carcassone e Toulouse, a "ci-dade rosa" pola cor do ladrillo das súasedificacións.

Posteriormente, os alumnos france-ses estiveron en Viveiro do 30 de mar-zo ao 5 de abril, tamén convivindocoas familias dos nosos alumnos. Vi-sitaron a comarca, Santiago e Coruña.

Da avaliación do proxecto desprén-dese unha gran aceptación tanto dosalumnos participantes (4º de ESO eBacharelato), coma das súas familias.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, deeducación, prevé nos seus artigos 21 e 29a realización dunha avaliación de diagnós-tico de carácter censual que se deberá le-var a cabo en todos os centros educati-vos. Pola súa parte, o Decreto 133/2007,do 5 de xullo, polo que se regulan as ensi-nanzas da educación secundaria obriga-toria na Comunidade Autónoma de Gali-cia, determinan nos artigos 17 e 19, res-pectivamente, a realización deste procesoavaliativo. A dita avaliación versará sobreas competencias básicas do alumnado edeberá dar lugar a compromisos de revi-sión e mellora a partir dos resultados quedela se obteñan.

A súa finalidade última é contribuír á me-llora da calidade e da equidade da educa-ción, a través do coñecemento da adquisi-ción das competencias básicas dos estu-dantes. A súa realización pretende susci-tar a reflexión sobre a práctica educativa eorientar procesos de transformación e me-llora. En ningún caso substitúe a avalia-ción do proceso de ensino e aprendizaxeque comunmente se desenvolve nos cen-tros educativos, senón que complementao coñecemento que aquela proporciona, epromove que a toma de decisións poste-rior sexa máis axustada á realidade decada centro.

Na Resolución do 2 de xaneiro de 2013dictáronse instrucións para o desenvolve-mento da proba que de realizou o días 28 e29 de maio e na que participaron 81 alum-nos de 2º de ESO do noso centro.

A competencia matemática, o coñece-mento e a interacción co mundo físico cen-traron a primeira xornada. No segundo díaas probas centrárnse na competencia encomunicación lingüística e cuestionarios decontexto.

A avaliación diagnóstica posúe carácterformativo e orientador para os centros einformativo para as familias e para oconxunto da comunidade educativa.

Os resultados serán avaliados na Co-misión de Coordinación Pedagóxica decara ao establecemento das accións co-rresctivas oportunas.

AVALIACIÓN DEDIAGNÓSTICO

Page 4: Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Rober ... · ron o concurso de manifesto deste ano. PERSOEIROS AOS QUE SE LLES TEN ADICADO O DÍA DAS LETRAS ... Dita actividade

21 xuño 2013 Páxina 15O Provisional

EXCURSIÓN DE 4º DE ESO

A finais deste curso a profesorade Xeografía e Historia, AsunciónJuíz Vázquez, acollerase á xubilaciónanticipada logo dunha carreiraprofesional de más de 35 anos deservizo activo, case todos no nosocentro.

Asun, como é coñecida naComunidade Educativa, comezou oseu labor académico no curso 1975-76 como profesora de Latín nuncentro privado de Cáceres; ao anoseguinte estivo destinada no IFP"Monte Hermoso", na mesma cidade,onde exerceu de Xefa de Estudos.

Despois de aprobar a oposiciónveu destinada para o IES "MaríaSarmiento" onde continúa dende ocurso 79-80.

Ao longo deste tempo, ademáis deadquirir a condición de Catedráticano curso 95-96, ocupou o cargo deVicediretora dende xullo de 1989 ataxuño de 1992.

Despois de promover o SAV(Servizo de Autoaxuda Vocacional),foi Orientadora dende outubro do 89ata xuño do 98. Tamén tivo diferentesxefaturas de departamento de Latíne Xeografía e Historia.

Parabéns por tan excelente carreiraprofesional, e moita sorte nesta novaetapa vital.

xubilaciónanticipada:

ASUNCIÓN JUÍZVÁZQUEZ

http://www.elorienta.com/ies-maria-sarmiento/

A participación na viaxe de finde Etapa dos alumnos de 4º deESO constitúe un aliciente moisalientable e significativo para osrapaces e rapazas que estánxuntos por último ano, no mes-mo grupo.

A partir de aquí, uns elixirán amodalidade de bacharelato Cien-tífico-Tecnolóxico, outros o deHumanidades, outros ciclos for-mativos...

Por iso, dende a programaciónxeral anual se intenta darlle unsignificado lúdico pedagóxico a

esta actividade que se celebrounesta ocasión dende o 26 demaio ao 1 de xuño e tivo comodestino Barcelona.

As visitas pola Costa Brava, aPort Aventura e á cidade Condalocuparon a maior parte do tem-po. As máis salientables pola súaaceptación e valoración estiverona Sagrada Familia, o Barrio Góti-co e o Parq Güell.

Os profesores que acompaña-ron os alumnos na viaxe foronElena Pérez Inés e, un ano máis,Xaime Fernández Villar.

-O grupo á entrada do Parq Güell-

Page 5: Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Rober ... · ron o concurso de manifesto deste ano. PERSOEIROS AOS QUE SE LLES TEN ADICADO O DÍA DAS LETRAS ... Dita actividade

O Provisional

n:t.l.

21 xuño 2013Páxina 16

Do 6 ao 8 de maio osalumnos de 1º de ESO

pasaron unhas xornadasde lecer na estación de

Manzaneda acompañadospolos seus titores Fran

Basanta, Carlos CastedoMeilán e Angélica Otero

Fernández.Durante ese tempo

desenvolveron activida-des de sendeirirsmo,

orientación, karting, etiro con arco.

Día 24 de xaneiroExcursión á Coruña: alumnado de 4º

de ESO e 1º e 2º de Bach. paraasistir a unha representación de

teatro en francés no IES "CruceroBaleares", e a continuación visita ó

museo de "Bellas Artes".

Día 4 de febreiroExcursión a Santiago de Compostela:alumnos dos ciclos medio e superior

de Administrativo, para visitar oParlamento e a Catedral.

Día 7 de febreiro.Charla no Salón de Actos: alumnadode 1º e 2º de ESO. Tema: "os perigos

de Internet", a cargo da enxeñeiraLucía Fidalgo (Colexio de EnxeñeirosInformáticos), programa Navega con

Rumbo do proxecto Abalar.

Día 18 de febreiroInformación do programa "A Ponte

entre o Ensino Medio e a Universida-de": alumnos de Bacharelato,

Universidade de Santiago.

Día 22 de febreiroLectura por parte de alumnado de

ESO de poemas de Rosalía deCastro con acompañamento musical.

Remate cunha Alborada.

Días 1, 2 e 3 de marzoParticipación, en colaboración coa

"Casa da Xuventude", nunha excur-sión á Estación de Esquí de Pajares,

con alumnos de distintos cursos,para realizar iniciación en deportes

de inverno.

Día 4 de marzo Excursión á Coruña: Obra de teatrono IES Crucero Baleares "Fuenteo-vejuna" de Lope de Vega, represen-tada pola Compañía " Eina d`Escola".

Día 11 de marzo Xornadas de emprendemento,dirixidas ó alumnado de Ciclos e

Bacharelato, cunha conferencia acargo do técnico do Igape EnriqueGómez e o empresario D. ÁngelLópez Fernández, ex-alumno.

21 de maioProxección e charla coloquio co

director da película "O APÓSTOLO"para os alumnos de ESO.

outrasactividadesAlumnos de 1º de ESO en ManzanedaAlumnos de 1º de ESO en ManzanedaAlumnos de 1º de ESO en ManzanedaAlumnos de 1º de ESO en ManzanedaAlumnos de 1º de ESO en Manzaneda

ADLUINOÑIRACNOINOÑXLXSBACEBEFXUELIEIOUAXIHNOETAXLXGAMALAMADAEMDLODOUIXESSOLZOFLALRSDDSAHXSOGIIEC

ADLUINOÑIRACNOINOÑXLXSBACEBEFXUELIEIOUAXIHNOETAXLXGAMALAMADAEMDLODOUIXESSOLZOFLALRSDDSAHXSOGIIEC

LO

CA

LIZ

A O

NO

ME

DE

SE

TE

CO

NC

EL

LO

S G

AL

EG

OS

Page 6: Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Rober ... · ron o concurso de manifesto deste ano. PERSOEIROS AOS QUE SE LLES TEN ADICADO O DÍA DAS LETRAS ... Dita actividade

O Provisional21 xuño 2013 Páxina 17

P

ST

IC

A

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

Se fixamos ben a vista nestes cadros negrossemella que en cada un dos vértices hai un punto gris.Non obstante, estes puntos desaparecen se intentamos

velos un por un.Este é un dos traballos da Dra. Janos Geier sobre o

procesamento perceptivo visual.O que vemos é a auténtica realidade?

ILUSIÓN ÓPTICA

TEATRO EN INGLÉSO día 29 de abril, ás 12:30 horas, representouse no salón de

actos unha obra de teatro en inglés, dirixida aos alumnos de 4ºde ESO e Bacharelato, e ás 16:15 para os alumnos de 1º, 2º e 3º

de ESO,ciclos formativos e ensinanzas de adultos. A compañía encargada da representación foi "Clever Pants", eas obras postas en escena "Clever Cupid", na sesión de mañá e"Teen Trials" pola tarde. A actividade estivo organizada, coma

cada ano, polo Departamento de Inglés.

¡no podéissalir!

Carmen Vizoso Pastrana - 1º ESO

Hay un humanofuera y está mi-rando el reloj...

Page 7: Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Rober ... · ron o concurso de manifesto deste ano. PERSOEIROS AOS QUE SE LLES TEN ADICADO O DÍA DAS LETRAS ... Dita actividade

O ProvisionalPáxina 18 21 xuño 2013

Por José María Leal López

EVOLUCIÓN DA FROTA DE BARCOS DOS PORTOS DEVIVEIRO E CELEIRO DENDE OS ANOS CINCUENTA

-Vista do porto de Celeiro fai tres catro ou cinco décadas-

usaban o peirao embarcacións do norte deGalicia, amais de Asturias, Cantabria e PaísVasco, ou sexa, que tiña unha grande in-fluencia en toda a zona. Esa frota de oitentabarcos mantívose ata os anos sesenta, dataen que comezou a súa modernización aomesmo tempo cá especialización das súasartes para facelas máis rendibles, na pro-cura de maiores beneficios. O primeiro quese fixo foi ir aumentando a tonelaxe dos bar-cos para obter con iso maior capacidadede pesca.

Así con este crecemento, mantívose apesca neste porto ata os anos oitenta cando

se centralizaron tódalas vendas na lonxa, ocal potenciou notablemente toda a activida-de do porto e favoreceu que houbera ungrande desenvolvemento na vila, pois todaa economía local se viu beneficiada. A mo-dernización da frota era constante, non se

estancaba, e así fóronse adquirindo barcosmáis grandes, máis modernos e dotadosdas diferentes artes de pesca, ao tempo quese diversificaba o traballo para facelos máisrendibles e estar operativos todo o ano, dexeito que tamén era maior a variedade depeixe que se collía con elas.

Debido a todo este movemento moderni-zador, naceu o motor que ía levar adiantetodo este proceso, tanto no mar coma enterra: o grupo Porto de Celeiro S.A., creadopolos armadores da frota de Celeiro, coobxectivo de sacar o maior rendemento po-sible ás capturas realizadas polos barcosdeste porto. Porto de Celeiro vaise centrarno reinvestimento e renovación dos bar-cos de pesca para facer unha frota de acor-do cos tempos que corren, moderna e com-petitiva, que incorporara tódalas novas tec-noloxías, mellorara as condicións de traba-llo e seguridade a bordo, así mesmo mo-

dernizar as artes de pesca usadas co fin deofertar un produto de calidade. Nesa liña,nace tamén o proceso de trazabilidade dopeixe neste porto, de forma que se crea unhaanovadora lonxa con tódalas instalacións,tanto frigoríficas coma de carga e descarga

A comezos do ano 1950, as activida-des pesqueiras e todo o ámbito da xes-

tión portuaria facíase no porto de Viveiro,quedando o pequeno porto de Celeiro

como auxiliar, e cunha frota de pequenosbarcos artesanais, dedicados exclusiva-

mente á pesca polo litoral cerca da costa.

Pero progresivamente a situación foi cam-biando, ó quedar o porto de Viveiro de se-cundario e para pequeñas embarcacións,lanchas de recreo e iates, que principalmentese dedicaban á pesca da baixura e taménaos deportes náuticos. Isto debeuse á faltade calado deste porto e á dificultade dos gran-des barcos para subir pola ría ata Viveiro.Así, o porto de Celeiro, mellor situado, co-lleu toda a actividade das pesquerías e dotransporte de mercadorías desta zona porser de fácil acceso e ter un bo calado.

O peirao de Viveiro veu adquirindo poucoa pouco importancia, en especial no rela-cionado cos deportes náuticos. Nos últimosanos a demanda destas actividades experi-mentou un gran crecemento polo cal estepeirao, que reúne unhas condicións ideaispara este tipo de eventos, encheuse de em-barcacións de recreo e de iates. Ademaisinfluíu positivamente a natureza acolledoraque teñen a vila de Viveiro e as súas xentespara recibiren as tripulacións das embar-cacións que aquí recalan.

Se pasamos a Celeiro, podemos desta-car que a súa privilexiada situación, amaisda natureza emprendedora e traballadoradas súas xentes, fixo que dende semprecontara cunha frota de barcos de pesca moigrande e ao redor de cuxa actividade vivena maioría dos habitantes da vila.

Aló polos anos corenta, había no porto deCeleiro cerca de oitenta embarcacións, ascales eran na súa maioría de vapor; tamén

O grupo Porto de Celeiro S.A. constitúe omotor empresarial sobre o que se asenta a

actividade económica da Ría de Viveiro

Page 8: Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Rober ... · ron o concurso de manifesto deste ano. PERSOEIROS AOS QUE SE LLES TEN ADICADO O DÍA DAS LETRAS ... Dita actividade

O Provisional21 xuño 2013 Páxina 19

Para continuar cunha breve descriciónda frota de Celeiro, temos:

-Os palangreiros, que son barcos que te-ñen corenta ou máis metros de eslora, cun-ha potencia sobor dos seiscentos C.V.; vandotados dos medios tecnolóxicos máis mo-dernos e a súa tripulación é de dezaseispersoas.

-Os arrastreiros, que son algo máis cur-tos xa que a medida de eslora é de arredordos corenta metros, contan cunha potenciade trescentos setenta G.T. e unha tripula-ción de 12 persoas, ó igual que os demaissofren renovacións tecnolóxicas continua-mente.

-En canto á frota de arrastre do litoral, osbarcos teñen uns trinta metros de eslora edispoñen dunha potencia de quiñentos trintaC.V. con cento cincuenta e tres TRB, a súatripulación fórmana dez persoas. Nesta arteo tratamento das capturas é moi meticulosoposto que o que se arrastra é moi variado e

co obxecto de que opeixe capturado e selec-cionado acade ó seudestino tan fresco comorecén sacado do mar ecoa calidade esixida,así que o proceso pon-se en marcha co alma-cenamento nos barcosentre un e cinco graosde temperatura que semanterán en todo o seupercorrido pola lonxa elogo nos camións frigo-ríficos ata que chega áspeixerías.

Todo isto requiriu quedende o ano 1997 osarmadores de Celeiroinvestiran cerca de trin-ta millóns de euros paraa renovación da frota,que constaba de trintabarcos de pesca dosque catorce eran debaixura e o resto de al-tura. Tamén se levou a cabo a automatiza-ción da pesca do palangre que ata daquelaera moi artesanal e pouco rendible debido aque se usaban artes de pesca moi rudi-mentarias e antigas; desta maneira esta artevolveuse máis rendible e, de paso, mellora-ron notablemente as condicións de traballodos mariñeiros que se dedicaban a ela.

A frota de Celeiro hoxe en día está moidiversificada como imos ir comprobando aoanalizar e describir os distintos barcos depesca que teñen a base neste porto:

-A frota do Gran Sol coñecida como“Frota do Pincho”, que está formada por pa-langreiros, voandeiros de fondo e arrastrei-ros, constitúe o sector máis importante erendible deste porto; compóñena trinta e trespalangreiros e oito arrastreiros, os calespescan en augas do sur e oeste de Irlandae tamén cerca das costas francesas en dis-tintos caladoiros, dos cales soamente po-den sacar anualmente unhas cantidades depeixe que fixa a Comunidade Europea, elogo, cando esgotan o cupo, descansan eaproveitan para arranxar e pintar os bar-cos, todos eles de ferro.

-Actualmente en Celeiro aséntase unha das frotas máis modernas do Cantábrico-

Dende o ano 1997 lévanse investido pertode 30 millóns de euros na renovación

tecnolóxica da frota

diverso, polo cal hai que facer a seleccióncon coidado para obter un produto de boacalidade.

-Outra frota constitúea a chamada de cer-co ou de superficie, que operan en calado-iros cerca da costa e teñen un radio de ope-racións non moi longo, constan dunha eslo-ra duns dezaoito metros e unha potencia dedouscentos dezaoito CV e vinteoito TRB; haiunhas sete embarcacións deste tipo, algun-has das cales se arranxan para ir á costeirado bonito os meses do verán; a tripulaciónformana unhas oito persoas.

-E, por último, está a chamada frota debaixura, constituída por pequenas embar-cacións duns doce metros de eslora e se-tenta e oito CV de potencia con dez TRB.Trátase dunhas vinte e cinco lanchas arte-sanais, que hai uns anos foron moderniza-das para aumentar a súa operatividade e

seguridade no mar; levan a bordo unha tri-pulación pequena e operan na Ría de Vivei-ro ou cerca da costa; só pescan de día e assúas capturas adoitan ser moi diversas.

Viveiro, maio de 2013

Page 9: Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Rober ... · ron o concurso de manifesto deste ano. PERSOEIROS AOS QUE SE LLES TEN ADICADO O DÍA DAS LETRAS ... Dita actividade

O ProvisionalPáxina 20 21 xuño 2013

Planificación de estudos no IES María Sarmiento

NAME

4º DE ESO

3º DE ESO

ACCESO INDIRECTO

2º CURSO DE CICLOS DEGRAO SUPERIOR:

SIST. ELECTROTÉC. E AUTOMATIZ.ADMINISTRACIÓN E FINANZAS

1º DE ESO

2º DE ESO

1º CURSO DE CICLOS DEGRAO SUPERIOR:

SIST. ELECTROTÉC. E AUTOMATIZ.ADMINISTRACIÓN E FINANZAS

1º BACHARELATO:HUMANIDADES e CIENCIAS

SOCIAISCIENCIAS e TECNOLOXÍA

2º BACHARELATO:HUMANIDADES e CIENCIAS

SOCIAISCIENCIAS e TECNOLOXÍA

2º CURSO DE CICLOSGRAO MEDIO:

ELECTROMECÁNICA - CARROZARÍAI. ELECTROTÉCNICAS E AUTOM.-

SOLDADURA -XESTIÓN ADMINIST.

MU

ND

O

LA

BO

RA

L

v

3

5

4

nive

l de

cual

ifica

ción

PROGRAMA DECUALIFICACIÓN

PROFESIONAL INICIAL1º ano

PROGRAMA DECUALIFICACIÓN

PROFESIONAL INICIAL2º ano

(CÚRSASE POLO RÉXIME DE ADULTOS)

1

2

PROGRAMA DE DIVERSIFICACIÓN

CURRICULAR

AGRUPAMENTOESPECÍFICO

ACCESO INDIRECTO

1º CURSO DE CICLOSGRAO MEDIO:

ELECTROMECÁNICA - CARROZARÍAI. ELECTROTÉCNICAS E AUTOM. -SOLDADURA - XESTIÓN ADMINIST.

6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

v

v

v

v

v

v vv

v

v

vv

v

vv

v

Planificación de estudos no IES María Sarmientocurso 2013/2014 (Réxime Ordinario)

v

v

vv v

Ademais, impártense noRéxime de Ensinanzas de Adultos:

• EDUCACIÓN SECUNDARIA (ESA)• BACHARELATOS• CICLO MEDIO DE

XESTIÓN ADMINISTRATIVA

v

v

v

v

UNIVERSIDADE

12

13

14

15

16

17

1

8

1

9

ida

de

SELECTIVIDADE

F. XERAL F. ESPECÍFICA

v v v

v v

vv

http://ciug.cesga.es/index.html

http

://w

ww

.edu

.xun

ta.e

s/ce

ntro

s/ie

smar

iasa

rmie

nto

v v

ALUMNOS QUE PRESENTEN PROBLEMAS ESPECÍFICOSDE APRENDIZAXE E RISCO DE ABANDONO ESCOLAR

SEN NINGUNHA TITULACIÓN ACADÉMICA,RESPECTANDO O MARCO ESCOLAR

"Educade aos nenos e non será necesariocastigar aos homes." (Pitágoras)

Page 10: Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Rober ... · ron o concurso de manifesto deste ano. PERSOEIROS AOS QUE SE LLES TEN ADICADO O DÍA DAS LETRAS ... Dita actividade

O Provisional21 xuño 2013 Páxina 21

Ventá aberta aos librosVentá aberta aos librosVentá aberta aos librosVentá aberta aos librosVentá aberta aos libros

HORA ZULÚ

Esta nova novela deSantiago Lopo vén de acadar opremio García Barros. Con cer-teza o xurado tivo en conta aestrutura orixinal da obra e maisa presenza de distintos tipos de

textos (cartas, cadernos...) cos que o autor co-meza un xogo cos lectores para que vaiamos en-caixando cada unha das pezas ou historias atacompletarmos a investigación en que, cada vez máisintrigados, nos mergullamos.

ARDALÉN

En moi pouco tempo, coñe-cemos dúas boas novas para osafeccionados á novela gráfica engalego: a primeira é que Migue-lanxo Prado acadou con Ardalén opremio á mellor obra no Salón Inter-

nacional do Cómic en Barcelona e tamén o Premiodas Librarías Especializadas. A memoria e a fanta-sía son as grades protagonistas desta novela. .Asegunda é a tradución á nosa lingua de Gorazde,zona segura de Joe Sacco, unha durísima historiaque transcorre durante a guerra entre serbios e bos-nios nos anos noventa e reflicte as penalidades doshabitantes de Gorazde, unha poboación illada po-las tropas serbias.

VIDAL BOLAÑO

Xa vos recomendabamos aocomezo de curso dous títulos dagran obra teatral que creou Rober-to Vidal Bolaño para que elixirades,agora van outros dous, mais quenon están ao alcance da man na bi-

blioteca do IES María Sarmiento: Criaturas e Doen-tes. Da segunda obra incluso existe unha películacase pantasma, pois resulta imposible conseguila,malia que vos aseguraría noventa minutos de bolecer na compaña do crego don Valeriano e Cañeteque deambulan polas rúas de Santiago cun únicoclaro: matar a Franco. Criaturas parte do Franskens-tein de Mary Shelley, a novela romántica de terror eficción científica do XIX, para presentarnos a unhahumanidade insensible, incapaz de amar, de des-exar, de ser solidaria...

TANTOS CABALIÑOS LINDOS

Non nos deixemos enganarpolo título: non é un libro de litera-tura infantil. O misterioso escritorestadounidense Cormac McCarthyco seu persoal xeito de narrar con-dúcenos ás terras da fronteira deEstados Unidos e México. Así segui-

mos a dous mozos que foxen das súas casas paratraballaren de vaqueiros en territorio mexicano,pero na longa cabalgada van xurdindo todo tipode perigos que porán a proba a súa amizade e asúa capacidade para sobrevivir nas situacións máisadversas.

Por se o verán resulta tan chuvioso coma a prima-vera, non nos imos limitar ás catro recomendaciónde sempre, senón que engadimos algunhas máis

que de seguro non vos deixarán indiferentes.

Page 11: Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Rober ... · ron o concurso de manifesto deste ano. PERSOEIROS AOS QUE SE LLES TEN ADICADO O DÍA DAS LETRAS ... Dita actividade

O ProvisionalPáxina 22 21 xuño 2013

"ROBERT NIGHTHAWK"

ROBERT NIGHTHAWK (Robert Lee McCoy) 1909 - 1967

A apaixonante historia do blues está enchida de lendas emisterios. A vida de Nighthawk, un dos seus bluesmanmáis xenuínos e auténticos, é unha delas. Nel cohabitarondous músicos moi diferentes, primeiro Robert Lee McCoy emáis tarde Robert Nighthawk.

*****O seu legado é escaso, apenas unha du-

cia de sesións repartidas en trinta anos,pero dunha calidade extraordinaria de-mostrando que era un dos mellores gui-tarristas slide do xénero, cun estiloelegante e sutil instantaneamente re-coñecible. A súa influencia en mú-sicos como Muddy Waters, EarlHooker ou Elmore James, é to-talmente indiscutible.

Robert Lee McCollum naceununha granxa en Helena, Arkan-sas, o 30 de novembro de 1909.Sábese que pertencía a unha familiade músicos e que tiña dous irmáns. Den-de moi novo aprendeu a tocar a harmónica, edecidiu emprender a súa aventura como vaga-bundo polo sur de Mississippi ata chegar a Mem-phis, xa nos anos vinte, onde entrou a formarparte da Memphis Jug Band ou traballando xunto aoutros músicos locais. Calcúlase que, ao redor de1930, coñeceu o cantante e guitarrista Houston Stac-khouse, quen lle ensinaría a tocar a guitarra utilizan-do a técnica bottleneck. Robert chegaría a tocar conel na radio local de Jackson.

Pouco tempo despois chegaría a St Louis, Missouri,onde adoptou o nome de Robert Lee McCoy e come-zou a asociarse con músicos locais como Big Joe Willia-ms, Henry Townsend e John Lee "Sonny Boy" Williamson.Con eles chegaría a traballar nos estudos de gravación queVictor Records tiña en Aurora, Illinois. Era o ano 1937 e alítivo a oportunidade tamén de facer as súas primeiras grava-cións en solitario para Bluebird, entre elas o premonitorio"Prowling Night-Hawk".

Mentres John Lee Williamson comezaba unha florecentecarreira en solitario en Chicago, Robert decidiu seguir a súa

vida errante, coassúas idas e vindas ouacompañando espora-dicamente numerososbluesmen nas súasgravacións para Vic-tor, Bluebird ou Dec-ca, utilizando semprepseudónimos dife-rentes. Naquelestempos podíase es-coitar o seu nomenas emisoras de He-

lena, Jackson ou Mem-phis, ata que un día, o ex-

celente guitarrista Robert LeeMcCoy simplemente desapareceu.

Anos despois, trala interrupción causada pola SegundaGuerra Mundial, apareceu en escena un espectacular gui-tarrista slide eléctrico que respondía ao nome de RobertNighthawk. A súa voz volvérase máis escura, pero o seufascinante e fluído estilo coa guitarra estaba nalgún lugarentre Tampa Red e Muddy Waters. Cara a mediados de

Por Javier Caneda González

A carón do blues

Page 12: Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Rober ... · ron o concurso de manifesto deste ano. PERSOEIROS AOS QUE SE LLES TEN ADICADO O DÍA DAS LETRAS ... Dita actividade

Rúa: Misericordia, 5827850 - VIVEIRO (Lugo)

Teléf.: 982.56.04.49 - Fax: 982.56.23.06Móbil 606.54.11.55 e [email protected]://www.iesmariasarmiento.net Impreso, en papel reciclado, enPUBLILAR - Magazos - Viveiro Depósito Legal: LU - 402-94Viveiro, 21 de xuño de 2013

ANO XX, NÚMERO 55TIRADA 900 EXEMPLARES

DISTRIBUCIÓN GRATUÍTA a alumnos eprofesores: 850 exemplares, por correo aantigos profesores, institucións, centros e

medios de comunicación: 50SUBVENCIONA:

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICADO IES MARÍA SARMIENTO

O Provisional21 xuño 2013 Páxina 23

7 5 A MS07 220132

O Provisional

DISCOGRAFIASELECCIONADA

COLABORAN NESTECOLABORAN NESTECOLABORAN NESTECOLABORAN NESTECOLABORAN NESTENÚMERO 55NÚMERO 55NÚMERO 55NÚMERO 55NÚMERO 55

ALUMNOS:ALUMNOS:ALUMNOS:ALUMNOS:ALUMNOS: Iria Moliner Piñón,

Adrián Ben Montenegro,Carmen Vizoso Pastrana,alumnos de 1º de ESO

PROFESORES:PROFESORES:PROFESORES:PROFESORES:PROFESORES:Xosé Cabana, Primitivo,José María Leal López

INSPECTORA:INSPECTORA:INSPECTORA:INSPECTORA:INSPECTORA:Magdalena Duarte Blanco

PERSOAL NON DOCENTE: PERSOAL NON DOCENTE: PERSOAL NON DOCENTE: PERSOAL NON DOCENTE: PERSOAL NON DOCENTE:Javier Caneda González

DISTRIBUCIÓN E ARQUIVO:DISTRIBUCIÓN E ARQUIVO:DISTRIBUCIÓN E ARQUIVO:DISTRIBUCIÓN E ARQUIVO:DISTRIBUCIÓN E ARQUIVO:José López Peña, Lucía Lage Pol

Antonio González da TorreCOORDINACIÓN ECOORDINACIÓN ECOORDINACIÓN ECOORDINACIÓN ECOORDINACIÓN E

MAQUETACIÓN:MAQUETACIÓN:MAQUETACIÓN:MAQUETACIÓN:MAQUETACIÓN:Néstor Timiraos Labaen

1948 este novo e descoñecido guitarrista chegou a Chicago disposto acomer o mundo. Poucos sabían entón que en realidade era a mesmapersoa que gravara anos atrás baixo o nome de Robert Lee McCoy.

Pero a fortuna tampouco estivo do seu lado nesta ocasión. Comezou arealizar gravacións para os irmáns Chess, que estaban comezando a súaandaina coa recén estreada compañía discográfica, pero a cousa nonfuncionou. Muddy Waters tamén estaba na cidade e gañoulle a partida.Ante a similitude de estilos, Chess Records decidiu apoiar a Muddy,cuxo sentido da comunicación e a presenza no escenario era bastantesuperior. Waters comezou a súa exitosa carreira en Chicago, mentresNighthawk percorría os suburbios da cidade, viaxando a St. Louis ou ásúa casa en Helena. A comezos dos cincuenta gravou algúns excelentestemas para United Records aínda que, comercialmente falando, os resul-tados non foron nada satisfactorios. A perspectiva que nos dá o temposerviu para decatarse que foi nesta etapa onde Robert gravou a maioríados seus mellores temas: "Black Angel Blues", "Anna Lee", "The MoonIs Rising" ou "Maggie Campbell" conforman a flor e nata do blues deChicago de posguerra.

Dez anos máis tarde, en 1964, Robert Nighthawk foi atopado en MaxwellStreet, en Chicago, onde estaba a tocar por unhas poucas moedas. Al-

guén tivo a idea de facerunha gravación daquelhistórico momento. Ocineasta Mike Shea de-cidiu gravalo para o seudocumental "And This IsFree", capturando unNighthawk aínda en ple-na forma. Comezou en-tón unha nova etapa ac-tuando nalgúns clubs dazona e regresando aosestudos de gravación.Unha vez máis, ningun-ha das gravacións publi-cadas enganchou o su-ficiente na nova ondadade seguidores do folk-blues de comezos dossesenta, e Robert viuseobrigado a regresar outravez ás súas orixes, enHelena. Converteusedeste xeito nun dos

bluesman máis inxustamente esquecidos.A súa saúde comezou a deteriorarse, pero aínda sacou forzas para

seguir tocando nos juke-joints da súa localidade, e para facerse cargo daserie "King Biscuit Time" na emisora local, tras a morte de Sonny BoyWilliamson (Rice Miller) en 1965. Dous anos máis tarde fixo as súasderradeiras gravacións con Houston Stackhouse. O 5 de novembro de1967 Robert McCollum faleceu de insuficiencia cardíaca no hospital deHelena.

O seu nome quedaría escrito para sempre na historia ao formar partedo Blues Fundation´s Hall of Fame en 1983.

- Robert Lee McCoy: Complete Re-corded Works 1937-1940 (Document)

- Sweet Black Angel (Roots)- Bricks In My Pillow (Delmark)- Live On Maxwell Street (Rounder)- Masters Of Modern Blues (con

Houston Stackhouse - Testament)- Ramblin´ Bob (Saga)

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

acarondoblues.blogspot.com

Page 13: Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Roberto Vidal Bolaño, Rober ... · ron o concurso de manifesto deste ano. PERSOEIROS AOS QUE SE LLES TEN ADICADO O DÍA DAS LETRAS ... Dita actividade

O Provisional 21 xuño 2013Páxina 24

GRAN ANGULAR

Continuamos o percorrido pola historia da educación en España, desde finais do Antigo Réxime ata aactualidade, da man da Inspectora Magdalena Duarte Blanco.Este artigo foi publicado anteriormente no

nº 63 de EDUGA (Revista Galega do Ensino). Para este número seleccionamos a etapa que vaide finais do antigo réxime á Lei Moyano

A educación en España. Unha mirada retrospectiva (II)

A Revolución Francesa impulsaría un modelo educativosubstancialmente diferente: unha ensinanza fundamental-

mente pública, secular, aberta a todos e pensada paraatender as necesidades educativas da sociedade da época

Durante o antigo réxime (séculos XVII-XVIII), a educación estaría basicamente enmans da Igrexa e dirixida case exclusivamen-te a membros da nobreza e do clero. Nonobstante, a Revolución Francesa (1789) im-pulsaría un modelo educativo substancialmen-te diferente: unha ensinanza fundamentalmen-te pública, secular, aberta a todos e pensadapara atender as necesidades educativas dasociedade da época; unha ensinanza articula-da en tres niveis (primaria, secundaria e su-perior); e, finalmente, unha ensinanza orga-nizada e controlada fundamentalmente poloEstado. Este novo modelo educativo tiña oseu fundamento nunha concepción da ensi-nanza como servizo público que a todos im-plicaba. O resultado deste cambio sería a crea-ción progresiva dun sistema educativo quelles ofrecía a ensinanza primaria gratuíta ásclases populares e as ensinanzas secundaria esuperior ás clases medias e altas da sociedadeliberal.

A reacción española á invasión napoleóni-ca a comezos do século XIX poría en marchaa revolución liberal e tería como consecuen-cia a aprobación, polas Cortes de Cádiz, daConstitución de 1812, na que se proclamaríaa soberanía popular e unha nova organiza-ción da sociedade baseada, entre outros, nosprincipios de liberdade e igualdade. A Cons-titución de 1812 recollía no ámbitoeducativo importantes conceptosrenovadores, entre os que cabe sa-lientar a defensa da universalida-de, sen excepcións, da educaciónprimaria e a uniformidade dosplans de ensinanza para todo oámbito do Estado.

Logo da aprobación da Constitución de1812, unha das principais preocupacións dasCortes españolas foi a elaboración dunha leixeral de instrución pública. Para tal efecto,Manuel José Quintana elaborou, en 1813, uninforme onde se defendía que a instrucióndebería ser igual, universal, uniforme, públi-ca e libre. Non obstante, aos poucos mesesda súa publicación produciríase un levanta-mento militar e o goberno xurdido do golpede Estado declararía nula a Constitución de

En 1833, logo dofalecemento de Fernando VII, iniciaríaseen España a rexencia de M.ª Cristina, quetería unha duración de dez anos, e, con ela, achamada “década liberal”, na que se defini-rían dúas tendencias entre os liberais: mode-rados e progresistas. Estes últimos lograríanafianzar as súas ideas e o seu poder: des-amortización, supresión de señoríos e ordesrelixiosas, secularización da ensinanza, entreoutras. En 1836 aprobaríase o Plan xeral deinstrución pública ou Plan do duque de Ri-vas, que, malia apenas ter vixencia, supuxoun importante antecedente da Lei Moyano de1857. O Plan do duque de Rivas regulou ostres graos de ensinanza: a instrución prima-

ria, que comprendería a primariaelemental e a superior; a instru-ción secundaria, dividida en ele-mental e superior; e a instruciónsuperior, á que corresponderíanas facultades, escolas especiais eestudos de erudición.

En 1843, coincidindo coa maioría de idadeda raíña Isabel II, comeza a chamada “décadamoderada” que duraría ata 1854. No ámbitonormativo, a lei clave desta etapa é a Consti-tución de 1845. No terreo educativo, aproba-ríase en 1845 o Plan xeral de estudos ou PlanPidal, no que se establecerían as bases para aprimeira definición do sistema educativo con-temporáneo.

1812 e os decretos dasCortes, polo que Españaretorna ao antigo réxime.

Algúns anos máis tar-de, logo do pronuncia-mento militar de Rafaeldel Riego, xorde o “trie-nio liberal” (1820-1823),que resultaría ser un pe-ríodo significativo para ahistoria da educación espa-ñola, dado que nel se regula-ría unha nova estrutura educativa coa apro-bación do Regulamento xeral da instruciónpública de 1821, que suporía a redacción enforma de lei do Informe Quintana de 1813,que lle daría carácter legal a unha estrutura dosistema educativo dividida en primeira, se-gunda e terceira ensinanza, estrutura inexis-tente formalmente no antigo réxime. Do mes-mo xeito, esta normativa sancionaba a divi-sión da instrución en pública e privada, aotempo que determinaba a gratuidade da ensi-nanza pública.

En 1823 restableceríase o poder absolutis-ta de Fernando VII mediante a intervencióndas tropas francesas. No ámbito educativo,ao longo dos dez anos de vixencia deste pe-ríodo absolutista derrogaríase o Regulamen-

to xeral de instrución pública de 1821 e pu-blicaríase o Plan literario de estudos e arranxoxeral das universidades do reino (1824), oPlan e Regulamento de escolas de primeirasletras do reino (1825) e o Regulamento xeraldas escolas de latinidade e colexios de huma-nidades (1826). Estas reformas, que se deno-minaron Plan de Calomarde, por ser este oresponsable da súa elaboración, significaríanun claro intento de facer da instrución públicaun instrumento eficaz do poder absolutista.

NOTA: as referencias e bibliografía sinaladasamosaranse no último capítulo