Riscos naturais e problemas ambientais en España

37
RISCOS NATURAIS E PROBLEMAS AMBIENTAIS IES JOHAN CARBALLEIRA (BUEU)

Transcript of Riscos naturais e problemas ambientais en España

Page 1: Riscos naturais  e problemas ambientais en España

RISCOS NATURAIS E PROBLEMAS AMBIENTAIS

IES JOHAN CARBALLEIRA (BUEU)

Page 2: Riscos naturais  e problemas ambientais en España

RISCOS NATURAISA) DE ORIXE METEOROLÓXICA

A1- INUNDACIÓNS

-Introdución:Constitúe o risco hidrolóxico máis importante por danos que produce (64% segundo o Consorcio

de Compensación de Seguros), pola súa maior frecuencia e polo seu carácter máis xeralizado.

-Causas:a) Inundacións nas pequenas cuncas mediterráneas (montañas costeiras, cidades de Cataluña,

Levante e Andalucía oriental) e no cantábrico oriental por chuvias moi intensas - episodios breves e repentinos – asociadas á gota fría.

b) Inundacións nas grandes cuncas hidrográficas (Douro, Guadiana, Guadalquivir) debido ao longo período de chuvias (inverno, primavera) e á rápida fusión da neve.

Page 3: Riscos naturais  e problemas ambientais en España

Outras causas:-Ocupación do fondo dos vales e de leitos por edificacións ou infraestruturas.-Obturación dos cursos de auga ou da desembocadura e liberación brusca das súas augas.-Enchente súbita do caudal en corgas e barrancos.-A cada vez maior superficie asfaltada que impide que a terra absorba a auga.-A tala de bosques, xa que as raíces actúan como auténticas esponxas. Aumenta a gravidade se o solo está desprovisto de vexetación.

-Localización:Ademais, das zonas citadas nos apartados a) e b), hai que incluír a Navarra, Baleares, Tenerife e Gran Canaria.

Page 4: Riscos naturais  e problemas ambientais en España

-Consecuencias: Perdas naturais, humanas e materiais...

-Solucións:- Obras de enxeñaría hidráulica: encoros para control e regulación das augas, diques de contención de augas...- Normas que prohiban a construción de vivendas en áreas de risco.

Page 5: Riscos naturais  e problemas ambientais en España

A2- SECAS

-Definición e causa:Escaseza prolongada das precipitacións respecto aos valores medios das mesmas nun territorio concreto.

-Localización: - Sur e sueste peninsular (predisposición á seca).

- Canarias.

-Consecuencias: - Graves para a agricultura (restricións na rega)

- Debilitan á vexetación.

- Poden producir a morte de peixes, aves acuáticas e outros animais.

- Poden provocar a desertización.

- Reduce o caudal dos ríos, o nivel dos encoros e mesmo dos acuíferos.

- Restrición do abastecemento de auga nas cidades.

Page 6: Riscos naturais  e problemas ambientais en España

Consecuencias:

Page 7: Riscos naturais  e problemas ambientais en España

-Solucións:- Construción de encoros.

- Canalizacións e transvasamentos.

- Perforación de pozos (pode provocar a sobreexplotación dos acuíferos)

- Uso de camións cisterna para levar auga a áreas afectadas.

- Plantas desalgadoras.

- Reutilización das augas depuradas.

- Concienciación da poboación sobre un uso racional da auga (evitar derroches).

Moitas das posibles solucións forman parte da política hidráulica aplicada polas Confederacións Hidrográficas...

Page 8: Riscos naturais  e problemas ambientais en España
Page 9: Riscos naturais  e problemas ambientais en España

A3- VENTOS FORTES

- Causas:Polo xeral, asócianse ás borrascas.

- Localización:- Os máis intensos: Fisterra e Xibraltar.

- En xeral, nas zonas costeiras.

- Consecuencias:- Naufraxios, danos en portos, cidades, paseos marítimos.

- Perdas na agricultura.

- Cortes eléctricos.

- Cortes nas comunicacións (teléfonos, estradas, aeroportos, ferrocarril...).

- Accidentes.

Page 10: Riscos naturais  e problemas ambientais en España

- Solucións:- Avisos de alerta por parte das autoridades pertinentes (tomar precaucións).

- Axuda por parte de Protección Civil que coordina as accións de emerxencia.

Page 11: Riscos naturais  e problemas ambientais en España

A4- ONDAS DE FRÍO-Causa:-Masas de aire polar continental moi frío e seco no inverno. -Localización:- Península.

- Consecuencias:- Problemas de circulación.

- Xeadas e perdas agrícolas.

- Solucións:- Avisos e axuda por parte das autoridades...

Page 12: Riscos naturais  e problemas ambientais en España

A5- TEMPORAIS DE NEVE-Causa:-Masas de aire frío e húmido. Baixas temperaturas.

-Localización:- Áreas montañosas; interior e norte peninsular.

- Consecuencias:- Illamento de moitas localidades no inverno.

- Cortes nas comunicacións.

- Perdas na agricultura.

Page 13: Riscos naturais  e problemas ambientais en España

A6- TORMENTAS DE SARABIA

- Causas:- Teñen lugar sobre todo en primavera e verán por temperaturas baixas en altura.

- Consecuencias:- Danos na agricultura e outros danos materiais.

Page 14: Riscos naturais  e problemas ambientais en España

A7- VAGAS DE CALOR

- Causas:- Masas de aire cálidas procedentes do Sáhara.

- Consecuencias:- Vítimas mortais polas altas temperaturas (especialmente vulnerables: nenos e maiores).

- Solucións xerais:- Información; Protección Civil ; educación da cidadanía.

Page 15: Riscos naturais  e problemas ambientais en España

B1- SISMOS

-Introdución:- Trátase de tremores de terra. No contexto mediterráneo, España constitúe unha zona de risco

moderado (ao ano: máis de 2.500 terremotos, dos cales só uns 20 son percibidos pola poboación).

- Escalas de medición:

- Escala de intensidade de Mercalli (de I a II, reflicte os danos producidos polo movemento).

- Escala de magnitude de Richter (de 1 a 9, expresa a enerxía liberada).

RISCOS NATURAIS:B) DE ORIXE XEOLÓXICA

- Causas:- Situación de España entre as placas Euroasiática e Africana que como se desprazan en direccións distintas provocan tensións nas masas rochosas que teñen que liberarse en forma de terremotos.

- Asentamento do terreo en zonas de fallas (ex.: Galicia).

- Asentamento da Cordilleira dos Pireneos que aínda non finalizou.

- Relación con erupcións volcánicas.

Page 16: Riscos naturais  e problemas ambientais en España

- Localización:- Sur e sueste peninsular (Sistemas Béticos).

- A maior parte do contorno mediterráneo.

- Pireneos e Cataluña.

- Parte de Galicia (zona oriental).

Page 17: Riscos naturais  e problemas ambientais en España

- Consecuencias:- Perdas materiais, danos nos edificios, infraestruturas.

- Posibles mortes ( ex.: 800 vítimas en Torrevieja -Alacant- en 1829; 900 en Arenas del Rey -Granada- en 1884; en Lorca -Murcia- 9 mortos, 324 feridos en 2011 -5,1 grados na Escala de Richter).

Lorca (Murcia)

Page 18: Riscos naturais  e problemas ambientais en España

- Solucións:- O Instituto Xeográfico Nacional : observación, detección e comunicación dos sismos. Sistema 24 horas: servizo de vixilancia e alerta sísmica.

- Aplicación das normas sismorresistentes á hora de construír edificios e infraestruturas (evitar danos e desplomes).

- Aplicar as accións de emerxencia de Protección Civil.

- Educación e información da cidadanía.

Page 19: Riscos naturais  e problemas ambientais en España

B2- ERUPCIÓNS VOLCÁNICAS- Localización:- Canarias agás A Gomera. O resto do arquipélago pode considerarse activo.

Os volcáns do Timanfaya en Lanzarote e de Teneguía en La Palma experimentan anomalías térmicas e o Teide presenta fumarolas permanentes.

Manifestacións recentes : El Hierro.

- Paisaxes volcánicas en España: Olot, Cabo de Gata, Campos de Calatrava, Illas Columbretes.

Page 20: Riscos naturais  e problemas ambientais en España

- Causas:- Actividade magmática no interior da Terra.

- Consecuencias:- Perdas materiais, danos nos edificios, infraestruturas...

- Solucións:- O Instituto Xeográfico Nacional : observación, detección e comunicación de posibles erupcións. Sistema 24 horas: servizo de vixilancia e alerta.

- Aplicar as accións de emerxencia de Protección Civil.

- Educación e información da cidadanía.

- Evitar construír poboacións en lugares de risco.

Page 21: Riscos naturais  e problemas ambientais en España

B3- MOVEMENTOS DE LADEIRA

- ESVARAMENTOS OU ESCORREGAMENTOS

- Localización e causas:- Rexións húmidas do norte con forte pendente, cubertas por herbas ou prados que non suxeitan suficientemente un solo saturado por fortes chuvias.

- Prodúcense pola fractura de material.

- Sismos (sur e sueste peninsular, arquipélago canario).

- Consecuencias:- Aludes de terra.

Page 22: Riscos naturais  e problemas ambientais en España

- DESPRAZAMENTOS OU DESPRENDEMENTOSConstitúen caídas e desprendementos de terras ou masas de rocha que quedan depositadas ao pé dunha vertente.

- Causas:- Debilitamento da vertente por tensións internas, movementos externos, filtracións de auga ou conxelación que provoque fracturas.

-Localización:- Zonas montañosas, acantilados.

- Consecuencias:- Danos materiais e n vivendas, infraestruturas viarias.

- Danos a persoas.

- Solucións:- As anteriormente citadas que veñan ao caso.

Page 23: Riscos naturais  e problemas ambientais en España
Page 24: Riscos naturais  e problemas ambientais en España

PROBLEMAS AMBIENTAIS: A) A DEGRADACIÓN DA VEXETACIÓN:

DEFORESTACIÓNA1- DEFORESTACIÓN

- Causas:- Roturación dos bosques: agricultura, pastos, explotación madereira, construcións, minería,

comunicacións...

Page 25: Riscos naturais  e problemas ambientais en España

A DEGRADACIÓN DA VEXETACIÓN: INCENDIOS

A2- INCENDIOSFrecuencia sobre todo no verán en situación de seca.

- Causas:- Naturais : lóstregos, períodos de seca (sobre todo na área mediterránea).

- Antrópicas (máis do 60%):

- neglixencia: cabichas mal apagadas, queima de restrollos).

- intencionadas: estender pastos; obter madeira a bo prezo; intereses agrícolas; especulacións inmobiliarias; intereses industriais; intención delictiva; abandono de áreas rurais; introdución de especies inadecuadas na repoboación forestal.

Page 26: Riscos naturais  e problemas ambientais en España

A DEGRADACIÓN DA VEXETACIÓN: INCENDIOS

Page 27: Riscos naturais  e problemas ambientais en España

A DEGRADACIÓN DA VEXETACIÓN: INCENDIOS

Page 28: Riscos naturais  e problemas ambientais en España

A DEGRADACIÓN DA VEXETACIÓN: INCENDIOS

- Localización:- Galicia (incendios provocados –mantementos de pastos en áreas de montaña- ; sufriu a maior

superficie queimada nos últimos anos).

- Castela e León, Andalucía, Comunidade Valenciana, Cantabria, Cataluña e sistemas montañosos.

Page 29: Riscos naturais  e problemas ambientais en España

A DEGRADACIÓN DA VEXETACIÓN: INCENDIOS

- Consecuencias:- Acelérase o proceso de desertización porque facilita a erosión do solo ao quedar este sen cobertura vexetal.

- Alteración no balance hídrico nas cuncas afectadas.

Page 30: Riscos naturais  e problemas ambientais en España

A DEGRADACIÓN DA VEXETACIÓN: INCENDIOS

- Graves danos nos ecosistemas: vexetación, fauna, solo.

- Perdas económicas.

- Perigo para a vida das persoas.

- Solucións:- Plans de loita contra os incendios: sistema de vixilancia, de prevención, sensibilización.

- Reforestación para paliar a deforestación; problema: piñeiro e eucalipto (alteración do solo e cuberta vexetal; especies pirófitas).

Page 31: Riscos naturais  e problemas ambientais en España

PROBLEMAS AMBIENTAIS: B) A EROSIÓN

EROSIÓN: Proceso que leva á destrución do solo.

- Causas:- Naturais:

- Vento, auga.

- Aridez.

- Precipitacións abundantes (arrastre de terras).

- Acción antrópica:

- Deforestación e degradación da vexetación.

- Cultivos intensivos, uso de maquinaria, de insecticidas e fertilizantes químicos (perda de microorganismos que rexeneran a composición do solo).

- Incendios.

- Explotación gandeira.

- Repoboación con especies non autóctonas.

Page 32: Riscos naturais  e problemas ambientais en España

PROBLEMAS AMBIENTAIS: B) A EROSIÓN- Localización:- Cuncas do Guadalquivir, Ebro, Xúcar.

- Zonas dispersas do sur peninsular.

- A vertente atlántica norte é a menos afectada, aínda que presenta problemas locais.

- Consecuencias:- Redución do material biolóxico e perda de fertilidade do solo.

- Desertificación.

- Solucións:- Sobre todo: aplicar medidas preventivas en terras aínda non degradadas pero que están en risco.

Page 33: Riscos naturais  e problemas ambientais en España

PROBLEMAS AMBIENTAIS: B) A EROSIÓN

Page 34: Riscos naturais  e problemas ambientais en España

PROBLEMAS AMBIENTAIS: C) A DESERTIZACIÓN

Proceso polo cal os solos, antes ricos en vexetación, empobrécense, grétanse, deixan de ser fértiles e vólvense desérticos.

O termo desertificación alude ao anterior debido á acción antrópica, de maneira que un territorio que non posúe nin o clima, nin a vexetación, nin os solos propios dos desertos, termina adquirindo as características destes.

Page 35: Riscos naturais  e problemas ambientais en España

PROBLEMAS AMBIENTAIS: C) A DESERTIZACIÓN

- Causas:- Naturais:

- Prolongación da seca ou chuvias torrenciais , sobre todo en zonas de pendente.

- Acción antrópica:

- Deforestación.

- Incendios forestais provocados ou por neglixencia.

- Malas prácticas agrícolas ou sobrepastoreo.

- Sobreexplotación dos acuíferos e degradación das augas subterráneas.

- Degradación das augas superficiais.

- Artificialización do solo (explotacións mineiras; grandes infraestruturas; crecementos residenciais).- Chuvia aceda.

- Contaminación.

- Vertedoiros e residuos incontrolados

Page 36: Riscos naturais  e problemas ambientais en España

PROBLEMAS AMBIENTAIS: C) A DESERTIZACIÓN

- Localización:- O risco máis alto: Maior parte da costa mediterránea e Canarias; submeseta sur e val do Ebro.

- Ningunha rexión se libra do problema.

- Preto do 18% do territorio: risco elevado (Murcia, Valencia e Canarias).

- Andalucía, Castela-A Mancha, Cataluña, Madrid, Aragón, Baleares...: altos niveis.

Page 37: Riscos naturais  e problemas ambientais en España

PROBLEMAS AMBIENTAIS: C) A DESERTIZACIÓN

 

- Consecuencias:- Redución da fertilidade do solo e da produtividade agrícola.

- Diminución da biodiversidade.

- Diminución da calidade de vida das persoas que viven en áreas desertizadas (fames, migracións, crises económicas, pobreza e inestabilidade social).

- Solucións:- Programa de Acción Nacional contra a Desertificación do Ministerio de Medio Ambiente: evitar malas prácticas; loita contra a deforestación, contra os incendios forestais...