Riscos naturais en España

34

description

Presentación sobre os riscos naturais en España e as súas consecuencias

Transcript of Riscos naturais en España

Page 1: Riscos naturais en España
Page 2: Riscos naturais en España

RISCOS NATURAIS EN ESPAÑAAlgúns fenómenos naturais teñen consecuencias negativas para as persoas, podendo provocar mortes ou danos económicos de diferente importancia. Cando os fenómenos son de natureza física, considéranse “riscos naturais”. Entre eles debemos citar:

• Terremotos

• Tsunamis asociados á actividade sísmica

• Erupcións volcánicas

• Esvaramentos e desprendementos

• Riscos climáticos (treboadas, vagas de frío e de calor, temporais de vento, inundacións e secas)

Dentro dos “riscos inducidos” –dada a maior importancia no seu desenlace xa do factor humano- debemos citar os incendios forestais. Terremoto de Granada (1884) e erupción do Teneguía

(1971). Fontes: IGN e AGE

Page 3: Riscos naturais en España

Terremotos

A escala sismolóxica de Richter é unha escala logarítmica que asigna un número para cuantificar o efecto dun terremoto, denominada así en honor do sismólogo estadounidense Charles Richter (1900-1985).

A escala vai de 1 a 9 aproximadamente. Mide a enerxía liberada nun sismo. A partir da escala 8 estamos diante dun grande terremoto (aínda que as consecuencias do sismo non dependan só da súa magnitude, senón tamén dos niveis técnicos da sociedade que o padece).

Históricamente, o sismo máis devastador que se ten rexistrado é o do ano 1960 en Valdivia (Chile), con 9,6 graos na escala Richter.

Fonte: www. redescolar.ilce.edu.mx

Page 4: Riscos naturais en España

Terremotos

Bam (Irán). Terremoto (decembro de 2003). Magnitude: 6,6 na escala Richter. Máis de 25.000 mortos. ¾ partes da cidade destruída.

Provincia de Shizuoka (centro de Xapón). Terremoto (agosto de 2009). Magnitude: 6,6 na escala Richter. Máis de 60 feridos; nengunha morte.

Page 5: Riscos naturais en España

Terremotos

Alhama de Granada (terremoto 1884)

Albolote (Granada) (terremoto 1956)

Segundo un informe de varios autores para Geogaceta, en 2004, na área entre Becerreá e Triacastela localízase o foco sísmico con maior actividade de todo o NO. da Península Ibérica. Máis de 250 terremotos foron rexistrados entre 1982 e 2002 nesta área.

Page 6: Riscos naturais en España

Terremotos

Fonte: IGN

A Península Ibérica sitúase na zona de contacto entre as placas euroasiática e africana. Posto que ámbalas dúas se desprazan en direccións distintas, os seus movementos relativos, lentos mais continuos, acumulan tensións na masa rochosa ata que, bruscamente, éstas se liberan a xeito de terremotos.No contexto mediterráneo, en xeral bastante activo, España sitúase nunha zona de risco moderado: ao longo do ano chegan a rexistrarse máis de 2.500 terremotos, aínda que apenas 20 son percibidos pola poboación.

Page 7: Riscos naturais en España

Fonte: IGN, ano 2003

Page 8: Riscos naturais en España

Fonte: IGN

Page 9: Riscos naturais en España

Fonte: IGN

Terremotos

Page 10: Riscos naturais en España

O terremoto de Lisboa acontecido en novembro de 1755 acadou probablemente os 9 graos na escala Richter. É o máis importante que se ten rexistrado na Península Ibérica. Como consecuencia do mesmo producíronse uns 40.000 mortos, 2.000 deles nas provincias de Huelva e Cádiz.

Probablemente, este terremoto foi o causante do tsunami sobre a cidade de A Coruña, cun fluxo e refluxo da auga mariña que está datado (probablemente de xeito equivocado) o 16 de novembro de 1755.

O terremoto de Lisboa nun gravado da época

Terremotos

Page 11: Riscos naturais en España

Terremotos

Simulación no informe de Roy Barkan, Uri S. ten Brink e Jian Lin (2009), en: www. elsevier.com/locate/margeo

Page 12: Riscos naturais en España

Países afectados polo tsunami de decembro de 2004 con epicentro en Indonesia. Consecuencias do terremoto de magnitude 9 na escala de Richter: en torno a 200.000 mortos; decenas de miles de desaparecidos; en torno a 2 millóns de desprazados.

Fonte: Wikipedia.

Costa de Aceh antes e despois do maremoto. Fonte: Google Earth e El Mundo.

Page 13: Riscos naturais en España

Volcáns“Os xornais soen darnos novas, de cando en vez, de erupcións máis ou menos xigantescas de volcáns que lanzan ao ar millóns de toneladas de gases e cinzas. Coñecemos desde hai un par de milenios a historia da famosa erupción do Vesubio, causante da desaparición de Pompeia e Herculano no ano 79 da nosa era. E máis recentemente foron famosas outras erupcións, máis polo dano causado –como a do tristemente famoso Nevado de Ruiz, en Colombia, que fixo desaparecer a 25.000 persoas en 1985- que pola enerxía ou a materia dispersada durante a erupción.”

Manuel Toharia: “El clima”.Erupción do Nevado del Ruiz (1985).

Fonte: Wikipedia.

Page 14: Riscos naturais en España

Volcáns(…) Canto á erupción do Tambora en 1815, que coñecemos ben porque ocorreu a comezos do século XIX, é famosa por ter causado pouco despois o “ano sen verán” de 1816. (…) As temperaturas medias foron moi inferiores ao normal: case catro graos menos en xullo, tres graos menos en agosto.”

Manuel Toharia: “El clima”.

ESCURIDADE

“Tiven un soño, que non foi un soño.O sol extinguírase e as estrelasvagaban a escuras no espazo eterno.Sen luz e sen rumbo, a xeada terraoscilaba cega e negra no ceo sen lúa.Chegou o amencer e foise.E chegou de novo, sen traer o día.E o home esqueceu as súas paixóns no abismo da súa desolación.(…)”

Lord ByronVilla Diodati, en Suiza, refuxio de Lord Byron no verán de 1816.

Fonte: Gravado de John Murray (1832), en www.english.upenn.edu

Page 15: Riscos naturais en España

En España existen áreas volcánicas inactivas (Olot en Girona, Campo de Calatrava en Cidade Real,…). Hoxe en día, a única rexión exposta a risco volcánico é o arquipélago canario, e especialmente as illas de Lanzarote, Santa Cruz de Tenerife e La Palma.

O único volcán que conta con fumarolas permanentes actualmente é o Teide.

Volcáns

Volcán de Santa Margarita (Olot) e erupción do Teneguía (La Palma)

Áreas volcánicas inactivas do Campo de Calatrava

Page 16: Riscos naturais en España

Volcáns

Fonte: CSIC e IGN.

Page 17: Riscos naturais en España

Os esvaramentos de terra consisten nun descenso masivo e relativamente rápido, ás veces de carácter catastrófico, de materiais, ao longo dunha pendente. O esvaramento efectúase ao longo dunha superficie de esvaramento, ou plano de cizalla, que facilita a acción da gravidade. A superficie de esvaramento aparece sobre un basamento arxiloso saturado de auga.

Os desprendementos son caídas, por mor da gravidade, de materiais rotos ao longo dunha aba.

Fonte: US Search and Recue Task Force

Esvaramentos e desprendementos

Page 18: Riscos naturais en España

Riscos climáticos: treboadas

Fonte: INM e Atlas Nacional de España (IGN)

Page 19: Riscos naturais en España

Riscos climáticos: saraiba

Fonte: INM e Atlas Nacional de España (IGN)

Page 20: Riscos naturais en España

Treboada sobre A Coruña (outono de 2007), treboada con inundación sobre Sueca –Valencia- (outono de 2008) e consecuencias da saraiba en Marbella (outono 2009). Fontes: www.panoramio.com, Levante e www.elpais.com

Page 21: Riscos naturais en España

Riscos climáticos: neve

Fonte: INM e Atlas Nacional de España (IGN)

Page 22: Riscos naturais en España

Consecuencias da neve no tráfico e na vida cotiá (colapso en Madrid –xaneiro 2009-; dificultades de tráfico na N-VI (Lugo) e Santiago –xaneiro 2010-; neve sobre as oliveiras de Martos (Xaén) –xaneiro 2010-. Fontes: La Voz de Galicia e www.eltiempo.es

Page 23: Riscos naturais en España

“As cidades de temperatura media anual máis baixa son Burgos, con 10ºC, Ávila con 10,4 e Soria con 10,5. Pero as mínimas máis baixas nun día (mínima absoluta) déronse en Albacete (-24 o 3 de xaneiro de 1971) e en Burgos e Teruel (-22 en xaneiro de 1971 e 1952, respectivamente).”

Manuel Toharia: “El clima”.

Canto a outras localidades, Font Tullot lembrábanos, en 1979, en ABC, que “en Calamocha, en xaneiro de 1971, rexistráronse 24 graos baixo cero”.

“[Durante a vaga de frío de 1956] calcúlase que tan só en Italia morreron un millón de oliveiras e cinco millóns tiveron que ser taladas. O Sena, ao seu paso por París, tiña unha capa de xeo de tres metros. Na Costa Azul francesa, as nevadas foron enormes. En Saint Tropez caeu un metro de neve, quedando illada. A auga do mar en Martigues, na Provenza, que penetra en forma de canles, conxelouse completamente.”

www.elperiodico.com

Riscos climáticos: vagas de frío

Xeada en Lugo (decembro 2007). Foto: Manuel López

Gran Bretaña cuberta de neve (8 de xaneiro de 2010). Foto: NASA

Page 24: Riscos naturais en España

Riscos climáticos: néboa

Fonte: INM e Atlas Nacional de España (IGN)

Page 25: Riscos naturais en España

Riscos climáticos: vento

Fonte: INM e Atlas Nacional de España (IGN)

Page 26: Riscos naturais en España

Refachos máximos de vento en capitais de provincia. Fonte: INM e Atlas Nacional de España (IGN)

Riscos climáticos: vento

Consecuencias dos refachos de vento do ciclón extratropical Klaus (23-24 de xaneiro de 2009). Velocidade máxima do vento: 216 km/h Fontes: La Voz de Galicia e Wikipedia

Page 27: Riscos naturais en España

As secas están ocasionadas pola carestía de auga froito da falta de precipitacións. Afectan negativamente sobre todo ao mundo agrario. Na década de 1990 (que afectou especialmente ás cuncas do Texo, Guadiana, Guadalquivir e Sur) constitúe a seca máis persistente desde comezos do século XX.

Riscos climáticos: secas

Secas ao longo da segunda metade do século XX. Fonte: Atlas Nacional de España (IGN)

Page 28: Riscos naturais en España

Riscos climáticos: vagas de calor“A temperatura media anual máis elevada das capitais españolas téñena Almería, con 18,5 ºC, Huelva, con 18,3 e Cádiz con 18,2. Pero as temperaturas máximas extremas (é dicir, o récord de calor nun día) non se deron nestes lugares: Murcia acadou 47,8 ºC o 29 de xullo de 1976, Sevilla tivo 47,0 o 6 de agosto de 1946, Badaxoz a mesma cifra en agosto de 1964 e Córdoba chegou a 46,6 ºC o 23 de xullo de 1995. Nalgunhas publicacións (como o famoso Guiness dos récords) atribúeselle a Sevilla unha máxima absoluta de 51 ºC a finais de xullo de 1976, mais os climatólogos dubidan moito desta cifra, obtida na cúpula dunha igrexa nunha garita de medida non estándar.”

Manuel Toharia: “El clima”.

O verán de 2003 caracterizouse por unha vaga de calor en Europa, con consecuencias dramáticas na poboación e nos ecosistemas, especialmente en Francia (onde se contabilizaron case 15.000 mortes a causa da vaga de calor). En moitas cidades españolas superáronse os 40 ºC de máxima, e en cidades como A Coruña aproximáronse (37,7 ºC).

Fonte: Wikipedia

Diferencia de temperaturas respecto á normal durante a vaga de calor europea de 2003. Fonte: Wikimedia

Page 29: Riscos naturais en España

Cambio climático Fonte: Atlas Nacional de España (IGN)

Page 30: Riscos naturais en España

O risco hidrolóxico é o máis importante dos que afectan ao territorio español, polos danos que produce. Maniféstase con grande frecuencia (aínda máis como consecuencia do quentamento climático) e afecta a todas as rexións.Podemos distinguir 2 tipos de inundacións:

1) As das pequenas concas mediterráneas, habitualmente asociadas a “gotas frías”, choivas repentinas e intensas habitualmente producidas en outono. As áreas máis afectadas no ámbito mediterráneo son as montañas costeiras e cidades de Cataluña, Levante e Andalucía Oriental; no norte da Península Ibérica tamén teñen grande incidencia no Cantábrico Oriental.

2) As inundacións das grandes concas hidrográficas en inverno ou primavera, despois dun longo periodo de choivas, ou como consecuencia dunha rápida fusión da neve. As inundacións deste tipo contrólanse hoxe en día grazas aos encoros. Os ríos máis expostos históricamente a este tipo de enchentas foron o Douro, o Guadalquivir e o Ebro. Roturas de encoros (presa de Tous, 1982) e choivas torrenciais teñen ocasionado importantes destrozos humanos e materiais en pequenos vales e infraestruturas turísticas (Biescas, 1996)

Riscos climáticos: inundacións

Traxedia do cámping de Biescas (Huesca), sen agosto de 1996, con máis de 80 mortos. Foto: Reuters

Alzira inundada trala rotura da presa de Tous, en outubro de 1982. Houbo máis de 10 mortos. Foto: www.alicantevivo.org

Page 31: Riscos naturais en España

Fonte: Protección Civil e Atlas Nacional de España (IGN)

Page 32: Riscos naturais en España

Fonte: AGE

DESASTRES NATURAIS EN ESPAÑA (1953-2007)

Page 33: Riscos naturais en España
Page 34: Riscos naturais en España

Entre 1998 e 2002, os desastres naturais e os accidentes tecnolóxicos en Europa afectaron a máis de 7 millóns de persoas e causaron, cando menos, 60 billóns de euros de perdas económicas (Fonte: EM-DAT, the International Disaster Database). Os desastres naturais poden ter impactos ambientais significativos, que poden afectar a máis dun país. As treboadas extremas, por exemplo, causaron grandes danos en Francia, Alemania e Suiza en decembro de 1999. Os incendios forestais poden destruir os ricos ecosistemas forestais e causar graves efectos sobre a fauna e a flora dos bosques. Os esvaramentos de terra e as avalanchas de neve poden eliminar ou danar reservas biolóxicas nas áreas que se atopen no seu camiño. Ademáis, os fenómenos extremos poden causar "efecto dominó" xa que poden producir máis impactos indirectos, como a movilización de sustancias tóxicas do solo que se infiltran nos acuíferos, degradación dos solos polos incendios, perda da calidade da auga a causa da seca, etc.

Fonte: www.hispagua.cedex.es Fonte: www.emdat.be/maps-2008