Revista_Dtodo
-
Upload
begona-martin -
Category
Documents
-
view
244 -
download
6
description
Transcript of Revista_Dtodo
Si, chegamos, xa estamos en 4º ESO e Begoña quérenos explotar: ESTE ANOTEMOS NÓS QUE FACER A REVISTA!!!
Imos contarvos todo o que pase ó longo do curso: noticias interesantes doalumnado, actividades realizadas no centro, comentarios de lecturas e música,excursións que fagamos, traballos, concursos, exposicións, talleres e a «UVL»(unidade de vixilancia lingüística) para contarvos as «paridas» que din osprofesor@s e algúns alumn@s.
Escribiremos poemas, relatos e faremos debuxos, falaremos do medioambiente, deportes e ensinarémosvos a cociñar algún que outro prato e a terunha dieta sana. Se non vos gusta isto haberá pasatempos, tests, horóscopos…e cousas relacionadas co tema do curso: AS CIVILIZACIÓNS ANTIGAS.
ÁNIMO E A MERCALA A FIN DE CURSO QUE XA SABEDES QUE OS CARTIÑOSVAN PARA OS NENOS EX SOLDADO DA REPÚBLICA DEMOCRÁTICA DO CONGO,QUE BOA FALTA LLES FAI!
4º A ESO
1
O TEMA DESTE CURSO:
DENDE AS CAVERNAS ÁS ESTRELAS
Este curso a nosa viaxe comeza na
Prehistoria e nas primeiras civi-
lizacións. Para situármonos, a nosa
viaxe ten dúas etapas:
A primeira comeza hai uns 5 milló-
ns de anos, cando viven os nosos
primeiros antepasados: os Austra-lopitecus. Con eles e os seus des-
cendentes, veremos como empeza-
mos a camiñar erguidos, como
dominamos o lume, como empeza-
mos a soterrar os nosos mortos, a
falar e a facernos artistas. Asistire-
mos á primeira revolución, que nos
fai producir os nosos propios recur-
sos e descubriremos que é máis útil
un machado de ferro que un bifacede pedra, sen esquecer os nosos
castros, dolmens e menhires.
Na segunda etapa da nosa viaxe,
chegaremos a terras afastadas,
onde –ás beiras dos grandes ríos, oTigris, o Éufrates, o Indo e o Nilo–
tiveron lugar as primeiras grandes
civilizacións. Miraremos as estrelas
cos mesopotámicos, visitaremos os
xardíns da mítica Babilonia, coñe-
ceremos a orixe do noso alfabeto en
Fenicia, aprenderemos matemáticas
cos arquitectos de Exipto, quedare-
mos impresionados ante as súas pi-
rámides e abraiados polas riquezas
dos faraóns, esperando que a mal-
dición da momia non chegue a nós…
2
ALGO SOBRE OS NOSOS CASTROS
En Galicia, encontramos innumerables restos dunha antiga cultura. Son os chamados
«castros», pobos máis o menos grandes formados por casas circulares de pedra,
fortificados e construídos en lugares elevados, que permitían ver a chegada dos
inimigos.
Case toda a información que hoxe en día dispoñemos dos castreños (habitantes dos
castros), debémoslla a un historiador grego chamado Estrabón: «Todos os habitantes
da montaña levan unha vida sinxela, beben auga, dormen no chan e levan o pelo
longo coma as mulleres; no combate poñen na súa frente unha cinta. Principalmente
comen carne de macho cabrío e fan sacrificios a Ares, deus da guerra».
A relixión castreña era politeísta. Crían en deuses facedores do mundo, en divindades
relacionadas coa guerra, o vigor físico e a forza e en deidades relacionadas coa
produtividade e a abundancia.
A clase relixiosa –curandeiros, sacerdotes e druídas– gozaba dun estatus especial. A
realeza caracterizábase por ter uns lazos místicos coa terra e unha das suas funcións
era a xudicial. Os seus membros procedían da clase guerreira e o seu posto era
electivo e revocable.
En Galicia hai máis de 3000 xacementos arqueolóxicos da cultura castreña.
Por aquí cerca, no municipio de Miño, temos unha
mostra na zona de San Xoán de Vilanova. Aquí, os
arqueólogos atoparon pezas de decoración corpo-
ral, como un valioso e importante torques de ouro.
Na actualidade, este castro non se pode excavar
para poder ser visto en todo o seu esplendor, xa
que se atopa nunha propiedade privada e os donos
non o permiten.
PATRICIA E ALEX, 4º ESO
3
CANTAS COUSAS FIXEMOS!
Como todos os anos, celebramos o Samaín, fixemos un magosto no cole, celebramos
o NADAL e viñeron os Reis para saber se foramos bos durante o ano...
4
5
HISTORIA DUNHA CABAZA DE SAMAÍNHISTORIA DUNHA CABAZA DE SAMAÍNHISTORIA DUNHA CABAZA DE SAMAÍNHISTORIA DUNHA CABAZA DE SAMAÍNHISTORIA DUNHA CABAZA DE SAMAÍN
Nenos e nenas de 5 anosNenos e nenas de 5 anosNenos e nenas de 5 anosNenos e nenas de 5 anosNenos e nenas de 5 anos
6
VISITAS, EXCURSIÓNS E DEMAIS
Fomos os alumnos de 2º, 3º e 4º que cursamosfrancés ao colexio Cruceiro Baleares para ver unhaobra de teatro de Molière. As profes que nos acom-pañaron foron Bego e Carmen Presedo (como erade esperar). A obra estivo moi ben. Eran soamentetres actores, pero eles sós facían un montón depersonaxes! Ademais de introducir algunha que outracanción con coreografías sinxeliñas polo medio, aobra era sobre unha rapaza que estaba namoradade Clitandre, pero a súa nai –que estaba «estudandomodais» cun home moi cursi– non aceptaba ese com-promiso! Ela quería que casara co home que lle ensinaba... pero o pai... o pai e a sirventafixeron unha trampiña... E resolveuse todo cun bonito final.
Á maioría gustounos moito, dado que a obra tiña un lixeiro toque cómico.Despois de asistir á obra, e estar «marujeando» un anaco, fomos á cafetería e alí estivemos
ata que a Begoña lle entraron as ganas de tomar o sol... e díxonolo a Alex, a Silvia e a min.Entón alá fomos... tomar o sol os catro! Pero miramos cara atrás e detrás nosa vimos queviñan TODOS-AS! Jejeje… pensaban que marchabamos!!!!!!!!!
En definitiva, pasámolo xenial e deberíamos facer isto máis veces... aínda que Begoña nosdiga que sempre andamos de parranda!
PATRICIA, ALEX E SILVIA
Aquí estamos todosagardando para
entrar.
LANZALIA NA TVG!Hai uns días, ás pandereteiras da A.C.R. do Castro de Miño, chamáronnosda TVG e
preguntáronnos se podiamos actuar para un programa, «A SOLAINA». Foi todo improvisado:fomos ensaiar coa nosa profesora, Fransy, e deunos a ropa tradicional que iamos poñer esedía. O programa rodábase en directo e todas estabamos moi nerviosas, pero ao fin e ao cabo,saíunos ben.
Cando rematamos de tocar a Maneo e a Punteada de Cerqueda, a presentadora foifacéndonos algunas preguntiñas ao noso grupo, LANZALIA. A presentadora non sabía quehabía concursos de pandereteiras!
Preguntarédesvos que é iso, ¿non si? Ben pois eu estou aquí para explicarvos en queconsisten. Todos os anos celébranse varios concursos de pandereteiras e gaiteiros, si, si,como o ledes. Tamén hai concursos de gaiteiros. Ben, para comezar, explicareivos o daspandeiretas: non todos os anos imos pero sempre que o facemos, polo que eu recordo,gañamos algo. Temos tres primeiros premios no concurso de Xiradela, un en cada categoría(A, B, C) e no concurso de Xacarandaina un segundo premio, como tamén acontece noconcurso de Cantigas e agarimos.
Seguindo co programa, a moza preguntounos moitísimas cousas do noso grupo, porexemplo, que é LANZALIA? Pois ben, para nos é alegría e moita festa.
E agora… aproveitando a nosa revista «Dtodo», esperade un momentiño que vos voupresentar o noso grupo…
Pasade, pasade…!IRENE TARACIDO, 3º B ESO
De esquerda á dereita: Noelia, Sara, Claudia,Andrea Montero, Andrea Seijas, Leticia e Irene.
7
MADRÍ, MADRÍ, MADRIIIID...Alá fomos con Patricia, Rosa e María Méndez.
Pasámolo moi ben pois comezamos a relacionar-nos con outros compañeiros cos que dentro docolexio nin nos saudabamos. Tamén rimos e can-tamos moito. En fin, unha excursión na que houbode todo, ata algunha pequena perda: algúnscompas foron a un restaurante CO MESMO NOMEno que quedaramos pero........... a un quilómetrode distancia!!!
E ... quizais vos preguntaredes se é pasaloben ir ata Madrid con algunhas das profes máis«estritas» do cole!!??? Pois abofé que si porquefomos ver moitísimas cousas: ao Prado e ao Rei-na Sofía, uns museus enormes; a Faunia, un parque temático da Natureza; ao Bernabeu, quenon fai falta explicar que é...; ver o Circo do Sol, espectacular circo sen animais; ver OsMiserables, un musical de moito éxito; ao Xanadú, un dos centros comerciais máis grandesde Europa a onde, se tedes a oportunidade de ir, recoméndovos que probedes os kartsporque son unha pasada. E tamén tivemos algún ratiño de tempo libre. Ademais... coasprofes non houbo ningún problema, só que non nos deixaron durmir nalgún momento dosque queriamos, jejeje...
A nosa viaxe só tivo unha pega: os nosos compañeiros de hotel, uns italianos que nonparaban e que facían un ruído in-so-por-ta-ble.
Pero foi unha bonita experiencia!IVÁN PENA, 3º ESO B
A PATINAR!!!!O día 25 de Xaneiro fomos patinar sobre xeo
os alumnos de 3º e mais 4º. Pasámolo xenial epatinamos unha hora seguida! Fixemos de todo:o tren, tirarnos xeo, correr, empuxar, agarrarnosdas mans...
Aínda que tivemos un pequeno problema: unsnenos doutros colexios rían das nosas caídas...Pero fixemos a nosa propia vinganza... así quesaímos da pista entraron eles... e... Entón fomosnós os que rimos ás gargalladas e os queberramos cada vez que caían eles! De novo, estafoi unha experiencia digna de recordar!
IVÁN PENA, 3º ESO B
TAMÉN ESTIVEMOS CON XAVIERALCALÁ
Fomos á biblioteca do cole para asistir a unhaconferencia de Xavier Alcalá que resultou moiinteresante porque é un home moi falangueiro,gran comunicador e un bo conversador. Falounosde todo o habido e por haber, ata de fútbol!!!
4º A - B ESO
8
DIXEMOSDIXEMOSDIXEMOSDIXEMOSDIXEMOS
NON Á VIOLENCIADE XÉNERO!!!
TI SENTES SATISFACCIÓN???EU SINTO LÁSTIMA NEREA LÓPEZ
Non deixes que ninguén che poña a man enriba! Carla Rivera
Obsesión e posesión= VIOLENCIASilvia Blanco
ALGUÉN QUE CHE PEGA, NON TE DESEXAManuel Grueiro
CADA MULLER MALTRATADA É UN PASO ATRÁS Patricia Freire e Alex Pérez
A PRIMEIRA VEZ QUE TE VIN, XUREICHEA MOR ETERNO.
A PRIMEIRA VEZ QUE ME PEGACHES, XUREIME QUE SERÍA O FIN DESAETERNIDADE
Patricia Freire e Alex Pérez
NON PECHES A BOCA. BERRA FORTE!!! Irene Valiño
Se un home che levanta a man, DENUNCIA!TOLERANCIA CERO! Diego López
Moitas inocentes mortas.Moitas familias destruídas… DAVID VIDAL
Unha labazada non é a solución. Para resolver problemas: comunicaciónJuan Picos
A PRIMEIRA:A DERRADEIRA!Xandre Rodríguez
NON PEGUES!Manuel Amado
9
MARÍA ANTÍA SUSANA SARA MARINA CARMEN SONIA BELÉN KATTHY ANA SO-FÍA XOANA ANDREA PILAR EDITA ROSA YING YING CHUS BERTA MARTA PATRI-CIA NEREA SILVIA TERESA SABELA Mª XOSÉ NOELIA FLOR CORAL CLARA ELVIRARITA BEGOÑA ELSA UXÍA ELISA RAQUEL LUZ SOLEDAD CAROLINA ADRIANALUÍSA LIVIA RUTH DIANA DO- RACONSUELO MARISA MAGDALENAALMUDENA ARANTXA CRUZ XOA- NA MARÍA ANTÍA SUSANA SARAMARINA CARMEN SONIA BELÉN KATTHY ANA SOFÍA XOANA AN-DREA PILAR EDITA ROSA YING YING CHUS BERTA MARTA PATRI-CIA NEREA SILVIA TERESA SA- BELA Mª XOSÉ NOELIA FLOR CO-RAL CLARA ELVIRA RITA BEGOÑA ELSA UXÍA ELISA RAQUEL LUZSOLEDAD CAROLINA ADRIANA LUÍSA LIVIA LAURA RUTH DIANA DORA CONSUE-LO MARISA MAGDALENA ALMUDENA ARANTXA CRUZ XOANA MARÍA ANTÍA SU-SANA SARA MARINA CARMEN SONIA BELÉN KATTHY PILAR EDITA ROSA RUTHFLOR XOANA ANDREA PILAR RITA...???????????????????STOP!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Todas as persoas temos dereito:– A vivir unha vida libre de abuso de poder.– A contalo, cando sexamos vítimas de vio-lencia ou abusos.– A buscar apoio e pedir axuda.– A sentir medo, rabia, tristeza, alegría, xaque as emocións son esenciais na supervi-vencia.– A levar unha vida digna, libre de vexacións.
Ninguén ten dereito:– A agredir a outras personas, nin física, ninpsicoloxicamente.– A forzar a ninguén a facer algo que non quere.– A violentar ou tocar o corpo doutra persoa para o seu beneficio persoal.
Igualmente debes saber que:– As emocións poden expresarse axeitadamente.– Existe o abuso psicolóxico (insultos, ameazas, restricións, etc.)- Hai persoas adultas en quen podes confiar.–Hai un teléfono para chamar e contalo todo: 016
PARA FALAR DO TEMA TIVEMOS
UN ENCONTRO CON NIEVES
O día 29 de novembro, Nieves veu polocole. Quen é? Pois é unha educadora socialque nos falou dos problemas das mulleresque sofren violencia de xénero. E alíestivemos 4º A ESO e 4º B ESO.
10
HAI MOITAS COUSAS QUE DESEXARÍA FACER ANTES DE MORRER...
Hai moitas cousas que desexaría ter feitas antes de morrer. Si, din que ir á escola éaburrido, pero a min encantaríame coñecer a educación. Daríao todo por vivir a etapados dezaseis: saír de festa, fumar ás agachadas, coñecer o meu primeiro amor echorar por iso, desobedecer... En definitiva, facerme home. Quizais ninguén me escoite,quizais ninguén me sinta e é probable que poucos se acorden de min, pero necesitofalar. Necesito dicir que á miña nai matouno un «cabrón» que se facía chamar o seumarido. Como é obvio, morrín con ela. Meu pai, esa gran persoa de portas cara fóra eese asasino de portas cara dentro. Sen embargo, ela amábao. Amaba a súa maneirade mentir aínda que sabía que debía poñerlle fin. Cantas veces sentiríaa chorar, pedirlleque tivera compaixón, rogarlle unha e outra vez que a soltara... Pero el menosprezábaae poñía a súa autoestima polo chan se a miña nai non lle daba sexo.
A noite final, mamá e el pelexaran porque mamá estaba enferma e non podía erguersepara facerlle o almorzo. Como xa estaba de 8 meses o médico rogoulle que non seerguese. A persoa á que poderíamos chamar meu pai entrou furioso no cuarto ebotouna da cama tirándolle do brazo. Mamá caeu. Tiña dificultades para erguerse.Comezou a darlle patadas en sinal de protesta, pero ela non podía moverse.E foise. Parecía que todo pasara, pero volveu. Esta vez cun coitelo na man, dos novos,recén afiado. Mamá choraba, gritaba, pateaba, pedía clemencia. Eu limitábame asentir a súa dor. E o seu corazón deixou de latir... O meu foise con ela. A miña almaseguía vendo como meu pai, coas mans ensanguentadas, alonxábase dicindo: «Que éo que fixen? ¡Bah, a quen vou enganar, alégrome! Unha guapa menos. Unha vezmorta non poderán mirala, non poderá irse. É miña, miña, só miña».
RAQUEL PORTAS 4º B de ESO
Celebramos o día da PAZ:
Apoiando aos nenos ex soldados
11
A Candeloria:A FESTA DA LUZ E DO AMOR (2 de febreiro)
«Cando a candeloria chora, medioinverno vai fóra; e que chore ou quedeixe de chorar, a metade do invernoestá por pasar». Velaí o refraneiro parao inicio deste mes de febreiro, pero haimoitos máis...
A orixe está nunha antiga festa pagá,celta, na que se colocaban candeas nasfiestras das casas.
Entre nós adquiriu un sentido relixiosoe é nese día cando se bendicen as
candeas a usar na Semana Santa seguinte.
Pero a tradición galega ofrece para esta xornada outras fermosas implicacións:
– O feito de sentírense no aire os primeiros abrollos, relaciónaa cunha festa prima-veral, de exaltación da natureza.
– Tamén é o tempo do casamento dos paxariños xa que, da Candeloria en diante,«ningunha ave voa soa», proclamando o día como o da festa do amor.
– E ata onde a memoria da xente chega, fálase deste día como o da «festa da luz».
Para celebrar ese día escribimos cartas de amor.
12
PARTICIPAMOS EN:PARTICIPAMOS EN:PARTICIPAMOS EN:PARTICIPAMOS EN:PARTICIPAMOS EN:
«Rimos un pouquiño?»Un concurso no que empregamos imaxe etexto para rir un pouco.
Fixemos tamén unha expo-sición con textos ARGU-MENTATIVOS: houboquen nos quixo «conven-cer» de que o mellor era ircomer ao bodegón, outrosque para ir en bicicleta de-bes mercar un casco «Cor-neta»; outros que con de-terxente «Cancha» nonterás unha mancha...!!!
Tamén estudamos cos alfabetos, dendeo inicio da escritura ata hoxe. E fixemosunha exposición conxunta: alumnado decuca e Infantil 5 anos) con escrituras di-versas, dende as runas ata os xeroglíficosexipcios. Todo un traballiño ben feito!
ALUMNOS/AS DE CUCA
E moitas cousas máis que veredes ao lon-go da revista xa que pertencen a temáticasdistintas.
CONCURSOS E EXPOSICIÓNS
13
Si, moitos anos xa: en concreto, oito. Oito anos levamos xa celebrando a
no nosocole a fins de curso. E quero aproveitar a nosarevista para agradecerlle ao profe (J.L. Graña)o traballo que fixo durante estes oito anos entodas as Festas da palabra nas que todos o pa-samos tan ben, aprendemos e ensinamos a todaa comunidade escolar o valor da nosa lingua eda nosa literatura.
Tocoume escribir a min estas verbas porque mevou... e porque sempre participei recitando ousendo personaxe dunha obra dramática.
E só digo unha cousa máis: espero voltar e se-guir vendo nos anos futuros esta celebración.
Grazas, Graña, por aturarnos, por ensaiarnos,por ter paciencia e por amosarnos o bonito mun-do das palabras.
JUAN PICOS VARELA, 4º A ESO
CELEBRAMOSAS LETRAS GALEGASFomos a Monforte, lugar de nace-mento do autor homenaxeado estecurso: LOIS PEREIRO. E alí, osalumnos de 4º A, dous alumnos de4º B (Javier e Laura) e un grupo dealumnos-as de 1º BAC de As Pon-tes, acompañamos e animamosdurante catro horas aos «nososartistas» que pintaron un grafittinun muro que nos cedeu o Conce-llo monfortino. Quedou chulo, chu-lo. Os artistas foron Rubén Mole-do, un excelente grafiteiro de AsPontes ex alumno de Begoña, e Manuel Grueiro. Dende aquí, grazas Rubén por deixaro traballo e achegarte a Monforte dunha forma tan desinteresada. E grazas a Manuelporque por fin se responsabilizou do seu «traballo». Así quedou de ben!
4ºESO A
MOITOS ANOS XA...!!!
14
POSTAIS PARA LOIS
Foi un frío día de febreiro. A profe entrou na clase coadisposición de facernos traballar duro. E así foi. Cadaun recibiu unha cartolina e tivo que plasmar nela unpoema de Lois, escollido entre unha chea deles. Des-pois tivemos que facer un debuxo en relación. Todo íaben. Todos desfrutabamos e traballabamos, peeero-oo… chegou o momento en que Begoña dixo que comoo selo que iamos poñer, o de Lois Pereiro, non eraválido porque Correos NON O ACEPTARA, entón… de-biamos cada un de nós comprar un selo para enviaras postais a León. O selo custaba nada máis e nadamenos que medio euro, unha barbaridade!!!! J De to-dos modos, todos aceptamos. E conseguimos facerunhas postais ben fermosas:
En León foron moi benrecibidas, encantáron-lles e a nós tamén nosgustou que o noso tra-ballo fose tan ben aco-llido en terras castelás.
Os-as que queirades veras postais, entrade en:
http://loispereiropostalart.wordpress.com/
Ou na páxina web de is-lakokotero.
BRAIS, MIGUEL E JUANMATA (3º ESO)
15
DÍA DA CIENCIA
Durante dous días celebramos o Día da Ciencia no cole. Os alumnos e alumnas de 3ºESO fixemos un experimento cun fígado; os de 4º ESO fixeron unha maqueta dunvolcán que a nós nos pareceu moi interesante. Tamén houbo maquetas de bacterias,espermatozoides... que lle levaron moito tempo a Elvira, a nosa profe de Bioloxía. Osde 1º e 2º tamén fixeron experimentos curiosos que explicaron moi ben (por certo,algúns mellor ca nós...).
Houbo moitas cousas divertidas e interesantes e todos nós convertímonos nos peque-nos científicos que levamos dentro por dous días e, o máis importante, aprendemosmoitas cousas.
Agora xa fin de curso, desexámosvos que teñades todos e todas unhas boas vaca-cións e que aproveitedes os coñecementos adquiridos.
VERÓNICA FACHAL E YING YING
16
SOMOS PINTORES
VERÓNICA, 3º A
NOELIA E SARA, 3º B
ANTÍA, 3º B
IVANNA, 3º B
17
Debuxos de alumnos de 5anosDebuxos de alumnos de 5anosDebuxos de alumnos de 5anosDebuxos de alumnos de 5anosDebuxos de alumnos de 5anos
18
E neste caso, moi ben. Non vos parece?Poñede nome ao autor-a…
OS PROFES TAMÉN SABEMOS DEBUXAR
19
¡AI MIÑA QUERIDIÑA!
¡AI MIÑA QUERIDIÑA!QUE FERMOSA ES.
A VIDA SEN TI,EU NON A TERÍA.
¡AI MIÑA QUERIDIÑA!TODO ME FAI QUERERTE.CANDO CHEGA O VENRES
MORRO POR VERTE!
JUAN SÁNCHEZ
EMBARAZADA AOS 16!Embarazada e non podía crelo. Pero se só teño 16 anos!
Isto é algo incomprensible. Tomei as precaucións precisas e mírame. Non rematei osmeus estudos e non teño un oficio aprendido e en canto llo diga aos meus pais deseguro que me botan á rúa.
A onde vou ir? Teño que falar con Andrés o antes posible. Como tomará a noticia?
Son as dez da noite e aínda no me atrevo a entrar na casa. Xa falei con Andrés eapóiame en todo.
SOMOS ESCRITORES
20
Teño sorte. Se fose outro deixaríame tirada coma un can. Acompáñame á miña casae falamos cos meus pais. Supúñao: non queren que estea alí. Collo as miñas maletase marcho con Andrés. Non sei aínda a onde, pero lonxe. Mentres camiñamos pensoentre bágoas o que me dixeran os meus pais: «Abortar nin de broma». Pode que istodesfaga os meus plans de futuro, pero non penso asasinar o meu fillo.
De súpeto sinto que soa o teléfono. É a nai de Andrés que chama preocupada. Entónel explícalle o sucedido e ela axúdanos. Hoxe imos durmir na casa da nai de Andrés edespois imos alugar un piso. Andrés deixará os estudos e poñerase a traballar. Nonsaíu tan mal pero en momentos así gustaríame sentir o apoio da miña familia e nonsentirme tan soa. O peor de todo é que xa non poderei ir á escola, saír coas miñasamigas, ser unha adolescente outra vez.
A culpa é nosa e teremos que saír adiante xuntos coma unha familia, pero aínda asínon podo evitar sentir este medo tan grande.
Quéroo e agora só teño que pensar que imos saír adiante os tres. Pero como din poraí, a casa no se empeza polo tellado e vai ser un camiño longo e difícil de percorrer...pero espero que xuntos, conseguiremos rematar.
ALISON – 4º B de ESO
A NENA DA CASA ENMEIGADACando eu tiña trece anos, fun xogar ao fútbol cos meus amigos ao bosque. Os
citados fomos: Tania, Clara, Diego, Andrea e eu. Estabámolo pasando moi ben, pero,ós quince minutos de que comezaramos a xogar, Tania deulle tal golpe á pelota queesta saíu disparada cara ás árbores. Comezamos a correr todos cara a onde fora apelota, e, atopámonos diante dunha casa vella, pero moi bonita. Por fóra víase queestaba feita de madeira e que ardera en anos pasados. Decidimos entrar todos xuntosnela. Eu fun a primeira en abrir aquela porta que estaba totalmente esnaquizada.Todos tiñamos moita curiosidade por saber que albergaba aquela estraña casa pordentro. O primeiro que vin foi un salón ensumido nunha abrancazada e espesa néboa.Os mobles estaban cheos de teas de araña, vellos e deteriorados. Tamén parecía queestaban queimados, o mesmo ca a casa. A respiración facíase cada vez máis e máisdificultosa co paso do tempo, e todos comezamos a tusir. Nun intre, escoitei que aporta se pechaba rapidamente. Xirei a cabeza para ver que pasara e non vin a ningúndos meus amigos. Fun dicindo todos os seus nomes un por un, pero os meus esforzosnon daban resultados.
-Onde estades todos?- berrei con todas as miñas forzas, pero ninguén respondía ásmiñas preguntas.
Esperei uns minutos pero ninguén aparecía. A néboa foi facéndose cada vez máis emáis espesa e houbo un momento no que case non se podía respirar.No intre en quepensaba que ía morrer afogada, unha nena pequena entrou no salón; tiña postasdúas coletas na cabeza, e o resto do seu pelo longo e louro caía polos seus ombros epolo seu lombo coma auga que flúe por unha rúa. A nena, duns seis anos, díxome conaquela vociña que rompía o silencio:
-Moléstache a néboa?
A nena dou un estalo cos dedos e todo o aire que non me deixaba respirar desapa-receu misteriosamente.
21
-Chámome Altea e teño sete anos -dixo mentres comenzaba a camiñar cara amin-. E ti?
-Eu chámome Natalie -dixen cun fío de voz.
Altea levaba posto un vestidiño curtiño de cor azul, que lle chegaba ata osxeonllos.Tamén tiña postas uns zapatiños azuis cuns calcetíns a xogo que cubrían osseus pés de boneca. A nena cada vez estaba mais preto de min.
-Queres que che conte unha historia? Vai sobre por que estou aquí e por que así.
-Claro que quero sabela -dixen eu.
-Cando eu tiña cinco anos, o demo meteuse no meucorpo, apoderouse da miña alma. Ao principio, meuspais pensaban que o que pasaba era que eu tiña díasun pouco raros. Pero cada vez esas estrañas cousasque facía foron ocupando a miña vida. O demo ator-mentábame cada mañá, cada tarde, cada noite. Eracomo se tivera control do meu corpo. Ás veces atrave-sábame a pel, ou facía que eu me subira enriba daneveira coas luces apagadas. Era insoportable, día adía o demo atormentábame cada vez máis. Cada vezque eu vía lume, saía correndo á procura del, tirábaono chan e tentaba asasinar a quen o tivera. Iso ocorríadía tras día, era unha rutina. Tres meses despois deque se deran conta de que o demo estaba en min, decidiron facerme un exorcismo.
Cada noite era un, ata que o 27 de marzo, o meu corpo non aturou máis exorcismose morrín.
- Entón, como é que estás viva agora?
-Estou viva porque o demo xa ocupou o meu corpo e como nunca morre, eu tam-pouco.
- Es unha reencarnación do demo?
- Sí, son.
- Non te podes librar del?
- Sí, hai unha forma.
- Pois, por que non a realizas?
- Creo que agora xa vou poder librarme deste suplicio.
- Como?
- Eu quedo libre do demo se outra persoa decide que o demo pode estar no seucorpo. Síntoo, pero ti es a persoa elixida.
A nena colleume a gorxa coas mans e intentou esganarme. Comecei a gritar, epechei os ollos. Cando os volvín a abrir, estaba tirada no sofá, soa na miña casa. «Foisó un soño», pensei aliviada. Nunca pasara tanto medo nun pesadelo.
Agora xa pasaron dez anos. Antes pensaba que esa parvada de pesadelo fora sóiso: un soño, pero non é así. Nos últimos anos Altea empezou a aparecérseme nauniversidade, no traballo e na rúa. Non sei que facer. Hoxe é 27 de marzo, o mesmodía que a nena Altea morreu.
Teño medo de que a nena volva, e que intente de novo esganarme. Pero, que é eseruido? Oh, non! É Altea!
-Ola, Natalie. Canto tempo!.
22
-Non me fagas dano!
Altea colleume a man, e empezoume a escocer. Sinto cousas raras. Que me estápasando? O demo! Non!
PD: Natalie non pode rematar este texto porque xa está morta e xa posuín o seucorpo. Estade todos atentos, porque en calquera momento podo roubarvos a almae apropiarme do voso corpo.
Asinado: O DEMO. HELENA FERNÁNDEZ VALES
Onte soñei contigo,
que os teus labios me bicaban.
E nos teus labios adormecín,
miña ruliña.
Soñei que rías,
que rías comigo.
Soñei que chorabas,
que chorabas por min.
KEVIN VARELA MACEIRAS
Un libriño que fixo o alumnado deCuCa. A portada é de Ying Ying.Atoparédelo na biblio.
Gústame o debuxo a carbón e a pintura porque me relaxa.Cantar e pasar o rato compoñendo porque adoro a música.O deporte, porque despois de practicalo me sinto moi ben.Ir á piscina no verán porque non me gusta a area das praias.Saír cos meus amigos porque o paso moi ben.
Non me gusta ver os animais en xaulas porque me parece inxusto.Ver a paisaxe chea de lixo.Que a xente non sexa sinceira.Que os abusóns se metan cos máis débiles porque non é xusto.Os egoístas.
Teño medo das serpes.De cando estou soa e oio ruídos estraños porque me poñomoi nerviosa.De poñerme nerviosa cando teño que falar en público.
VERÓNICA FACHAL
23
No concurso de relatos breves arredorda historia antiga e clásica resultou gañador o relato:
AFRODITA
Afrodita, como xa sabedes, é a deusa so amor. Pero o quenon sabedes é por que. Como tódalas rapazas na súa ado-lescencia, ela estaba namorada dun rapaz que era moi hu-milde e analfabeto, coma case todos os rapaces naquelaépoca. Afrodita non sabía por que se namorara del, pero sique sabía que o amaba.Un día confesoullo á súa nai. A nai, enfurecida por tal bar-baridade, non deixou que Afrodita saíra da súa casa nuncamáis.
O rapaz, chamado Xeremías, deuse conta de que Afroditaestaba encerrada na súa casa e que ela o amaba profunda-mente. El tamén estaba namorado dela e quería confesar-llo, aínda que fose o último que fixese nesta vida.O pai de Afrodita mandou matalo. A súa filla non podía estarcun home humilde e analfabeto senón que tiña que casarcon alguén que fora importante e rico.
Afrodita deuse conta do que quería facer o seu pai e quixofuxir. Tirouse pola ventá con tan mala sorte que bateu acabeza contra o chan e morreu.A nai encontrouna morta e mandou que lle trouxeran a Xe-remías. Díxolle que el tiña toda a culpa de que Afrodita mo-rrera. Entón torturárono ata matalo.
Esta é a historia de Afrodita. Agora ela intenta quedúas persoas que se aman sempre estean xuntas.
LAURA COUSIÑO INFESTA 4ºB ESO
O XURADO DE 4º A ESO
24
QUE...QUE...QUE...QUE...QUE...Viaxar en barómetro, cometer erros, ser idiotas, ducharse conViaxar en barómetro, cometer erros, ser idiotas, ducharse conViaxar en barómetro, cometer erros, ser idiotas, ducharse conViaxar en barómetro, cometer erros, ser idiotas, ducharse conViaxar en barómetro, cometer erros, ser idiotas, ducharse con
minutos, ser golpeados, ser sempre o último, berrar o contrario dominutos, ser golpeados, ser sempre o último, berrar o contrario dominutos, ser golpeados, ser sempre o último, berrar o contrario dominutos, ser golpeados, ser sempre o último, berrar o contrario dominutos, ser golpeados, ser sempre o último, berrar o contrario do
que di o outro, ser intelixente, respectar a todo o mundo, votar por fulano, respectar a natureza eque di o outro, ser intelixente, respectar a todo o mundo, votar por fulano, respectar a natureza eque di o outro, ser intelixente, respectar a todo o mundo, votar por fulano, respectar a natureza eque di o outro, ser intelixente, respectar a todo o mundo, votar por fulano, respectar a natureza eque di o outro, ser intelixente, respectar a todo o mundo, votar por fulano, respectar a natureza e
a pintura, a orixinalidade e a liberdade, ser diferente, explotar as ideas, ser incomprendido, tera pintura, a orixinalidade e a liberdade, ser diferente, explotar as ideas, ser incomprendido, tera pintura, a orixinalidade e a liberdade, ser diferente, explotar as ideas, ser incomprendido, tera pintura, a orixinalidade e a liberdade, ser diferente, explotar as ideas, ser incomprendido, tera pintura, a orixinalidade e a liberdade, ser diferente, explotar as ideas, ser incomprendido, ter
maxia, soñar, crer no imposible, ser descoñecido, ser irrealista, ser rompedor, ter cen desexos, crermaxia, soñar, crer no imposible, ser descoñecido, ser irrealista, ser rompedor, ter cen desexos, crermaxia, soñar, crer no imposible, ser descoñecido, ser irrealista, ser rompedor, ter cen desexos, crermaxia, soñar, crer no imposible, ser descoñecido, ser irrealista, ser rompedor, ter cen desexos, crermaxia, soñar, crer no imposible, ser descoñecido, ser irrealista, ser rompedor, ter cen desexos, crer
na fantasía, deleitarse coas paisaxes, ser imposible, ser pensador, na fantasía, deleitarse coas paisaxes, ser imposible, ser pensador, na fantasía, deleitarse coas paisaxes, ser imposible, ser pensador, na fantasía, deleitarse coas paisaxes, ser imposible, ser pensador, na fantasía, deleitarse coas paisaxes, ser imposible, ser pensador, ser librepensadorser librepensadorser librepensadorser librepensadorser librepensador,,,,, ser artista, ser artista, ser artista, ser artista, ser artista,
maquearmaquearmaquearmaquearmaquear a realidade, ser un a realidade, ser un a realidade, ser un a realidade, ser un a realidade, ser un escravoescravoescravoescravoescravo da beleza e da imaxinación, viaxar de soño en soño, serda beleza e da imaxinación, viaxar de soño en soño, serda beleza e da imaxinación, viaxar de soño en soño, serda beleza e da imaxinación, viaxar de soño en soño, serda beleza e da imaxinación, viaxar de soño en soño, ser
único, facer obras irrepetibles, crer en ti, ser innovador, vivir para a arte, crer na arte, facer arte,único, facer obras irrepetibles, crer en ti, ser innovador, vivir para a arte, crer na arte, facer arte,único, facer obras irrepetibles, crer en ti, ser innovador, vivir para a arte, crer na arte, facer arte,único, facer obras irrepetibles, crer en ti, ser innovador, vivir para a arte, crer na arte, facer arte,único, facer obras irrepetibles, crer en ti, ser innovador, vivir para a arte, crer na arte, facer arte,
amar a natureza, ser cor, ter un pouco de tolo, ir a outra galaxia e voltar en tres minutos, ter milamar a natureza, ser cor, ter un pouco de tolo, ir a outra galaxia e voltar en tres minutos, ter milamar a natureza, ser cor, ter un pouco de tolo, ir a outra galaxia e voltar en tres minutos, ter milamar a natureza, ser cor, ter un pouco de tolo, ir a outra galaxia e voltar en tres minutos, ter milamar a natureza, ser cor, ter un pouco de tolo, ir a outra galaxia e voltar en tres minutos, ter mil
propósitos, soñar coa imaxinación, imaxinar un soño, vivir nun tiovivo, ver o cemento, tocar apropósitos, soñar coa imaxinación, imaxinar un soño, vivir nun tiovivo, ver o cemento, tocar apropósitos, soñar coa imaxinación, imaxinar un soño, vivir nun tiovivo, ver o cemento, tocar apropósitos, soñar coa imaxinación, imaxinar un soño, vivir nun tiovivo, ver o cemento, tocar apropósitos, soñar coa imaxinación, imaxinar un soño, vivir nun tiovivo, ver o cemento, tocar a
herba, ser preciso, contar coa herba, ser preciso, contar coa herba, ser preciso, contar coa herba, ser preciso, contar coa herba, ser preciso, contar coa mentementementementemente,,,,, ver as cousas boas e as malas, ler un libro en grego sen saber ver as cousas boas e as malas, ler un libro en grego sen saber ver as cousas boas e as malas, ler un libro en grego sen saber ver as cousas boas e as malas, ler un libro en grego sen saber ver as cousas boas e as malas, ler un libro en grego sen saber
grego, ser rápido, ser cambiante, ser inesperado, durmir na herba, bañarse nun lago, beber agrego, ser rápido, ser cambiante, ser inesperado, durmir na herba, bañarse nun lago, beber agrego, ser rápido, ser cambiante, ser inesperado, durmir na herba, bañarse nun lago, beber agrego, ser rápido, ser cambiante, ser inesperado, durmir na herba, bañarse nun lago, beber agrego, ser rápido, ser cambiante, ser inesperado, durmir na herba, bañarse nun lago, beber a
auga da chuvia, contemplar a primavera, sorrir incompresiblemente, vivir e amar o auga da chuvia, contemplar a primavera, sorrir incompresiblemente, vivir e amar o auga da chuvia, contemplar a primavera, sorrir incompresiblemente, vivir e amar o auga da chuvia, contemplar a primavera, sorrir incompresiblemente, vivir e amar o auga da chuvia, contemplar a primavera, sorrir incompresiblemente, vivir e amar o idealidealidealidealideal...............
iiiiiso so so so so é ser un ser fel é ser un ser fel é ser un ser fel é ser un ser fel é ser un ser feliz!z!z!z!z! PATRICIA FREIRE, 4º A ESO
25
a. Auga, Ar. A Amnesia do vencido, a Atracción do Abismo, aÁrbore ao pé da Árbore e a ledicia do espacio circundante.O Atlántico e a Alma e o Acantilado co corpo da súa chamadaAtroz.
b. Barroco: a Beleza cotiá feita materia en pedra á Beira doBosque, omnipresente.
c. Calma. Castelao, Curros, Cunqueiro, Cultura, Celebracióne Culpa: unha Conciencia Céltica do Cosmos.
d. Difícil é definir esa Dor. Dobregar o Destino, e facer que o Destino siga sendo útil. (Diluvia).
e. Espiral no Espacio Esférico. Emigración: o Estímulo do noso Exilio interior que nos levapolo Leste cara a Europa, polo mar cara ao Éxito e a Enfermidade, e sempre ao EternoEstrañamento do Espírito.
f. Fogar. Fantasía. Fábricas, Fevre, e as Formas do Futuro, Figuras do pasado. O Fenómenoatmosférico da Felicidade e toas as Festas do mañá...
g. Gráficas do Granito, auga e silenzo, onde transborda a alma da Gulfstream. O xemido dasGaitas, e non carácter esa amable presenza da Graxa.
h. Historia: Herbicida o olvido. A Humidade, o «Horror vacui» e a Humildade impídennosconvertir a Historia en Heroísmo. A nosa Herdanza adestraza na fuxida, coa sabedoríadas vellas feridas, vencidos somentes por nós mesmos.
i. Ironía: a arte de convertir o Inferno nun conto de Inverno.
l. Loito: manchas na paisaxe, bolas negras sobre o tapete verde.
m. O Misterio da Música dos Mortos, pero o Miño vai levando ese Misterio ao Mar.
n. Norte. Noite. Néboa. Negro: materia poética Nacional.
o. Oeste: «Galicia atende e obedece á chamada do Oeste (R.Otero Pedrayo). Tantos séculosde Ofensas e Olvido crean anticorpos no Organismo dun pobo, e esa continua Ofensa dahistoria vai xenerar no Orgullo deste pobo apacibre e destrutivo Osíxeno do Odio, aObsesión do fracaso e da culpa.
p. Poesía. Patria. Paixón. Perigo de extinción, Perdidos na nosa Propia Pureza, da necesidadede ser un Pobo. A nosa indiferenza alimentará o Proceso de autoxenocidio que vivimos.Paisaxes espalladas, enfiadas entre os Perfís do Pasado, coa Presenza dunha vexetalsensación de eternidade.
q. Química da dor. Quintaesencia do medo. Quen ri ao meu carón?
r. Río: o Rumor da vida, a Relixión das augas. Os Risos xorden sempre onde Reina a calma,no fondo acougo de quen coñece o Risco e o domina. Rural: corre sangue Rural por estasveas; e se algunha vez a Razón opón Resistencia, o galego Recoñécese na terra, na lentavitalidade da árbore, na invencible Resignación da herba.
s. O Son da Soidade e o Silenzo. O Salvaxe Sarcasmo dos Soños do presente, e a Silenteatracción polo Sucidio: o Sil. O Miño é o noso Sangue, e o Sil a Súa Sombra. Sereos eSombríos, finalmente transcende o Sorriso astuto.
t. Terra. E o Tempo, o Trastorno e as súas Tebras. A Tradición dunha Triste Tenrura. A Terraé o principio, e Todo existe nela e para ela.
u. Utopía: compaxinar o desexo e a necesidade dos nosos soños.
v. Vacas en Vales mollados e a férrea Vontade dos Vellos encadeados á terra, co Vicio do seufatalismo escéptico. Verde, Verde e máis Verde sobre outros Verdes, e por tras: Verde.
x. 25 de Xullo.
Z. FIN.
QUE É GALICIA? PARA LOIS PEREIRO:
26
PARA JUAN PICOS:
a. Amizade, Andar cos que quero.
b. Bulir, Beber, Bosque, Berrar...
c. Celta: Cultura do pasado da nosa terra.
d. Dozura, Desexo de Destruír e axudar aos Derrotados.
e. Exilio, Emigración, Estranxeiro.
f. Fieito, Ferreñas, Falar...
g. Galicia!
h. Humildade, Historia da terra e Humidade.
i. Inverno Íntimo cos Irmáns galegos.
l. Loita contra as inxustizas para acadar a Ledicia das xentes.
m. Miño, Mar, Marea, Marisco. O que sempre está aí e nunca Morrerá.
n. Noroeste, Noite, Néboa.
o. Otero: Obsesión polo Orgullo galego.
p. Patria, Pobo, Persoa, Percebes… PAÍS!
q. Queixo. Cocido Quente, coidado con Queimarte!
r. Risco, Rivas, Ruralidade, Resistencia, Rumor dos pinos.
s. Sil, Sorriso, Sangue que deixaron xentes do pasado por este gran territorio.
t. Tradición da Terra con gran Tenrura polas cousas Tolas.
u. Ubre das vacas leiteiras. Uces.
v. Viño, Valado, Verde, Vacacións...
x. Xabarín, animal celta.
z. Zapatos: para percorrer este recuncho acolledor da Península Ibérica que
chamamos GALICIA.
ESCRIBIMOS AO XEITO DE LOIS:
27
HOMENAXE A GUSTAV KLIMT, «O BICO»
Bico abraiante!Que gran corazón!Moita paixón!DAVID VIDAL
DURMIDA CO ENCANTO,SOÑANDO CON EL.VIVINDO UN SOÑO,ESTANDO CON ELA.TODO ERA MÁXICO,EL, ELA...XUNTOS AO AMENCERSILVIA BLANCO
Unha parella namoradanunha noite de verán:Os dous abrazados estáncunha doce mirada.NEREA LÓPEZ
A noite deixaba entreverO bico dos amantes ao amencer.O sono comezaba a vencera felicidade do anoitecer.PATRICIA FREIRE
Dous namorados famentos de sexodanse un bico sobre as flores da liberdade.Séntese a paixón da luz do amore un xogo de cores sobre as herbas...Pero... a muller dubida,xa non quere ser bicada...Un borrón de sentimentos:Indiferenza, noxo, estrañeza, pena, violación do pracer...NADA!POEMA CONXUNTO, 3º B ESO
Amor... cal é o significado?Parella: dúas persoas bicándose. Tenrura.Ollos observadores cheos de paixón e tristeza. Cariño.Unha simple aperta. Amizade.Seres opostos. Compatibilidade.A despedida. Mágoa, pena, destrución.Unha dama morta.Un home espértaa cun bico. Sentimento.Xogo de cores.Unha simple parella.LEDICIA!VERÓNICA FACHAL
28
AS NOSAS CREACIÓNSComo todos os anos, escribimos un libriño. O deste curso é este:
DENDE A MIÑA VENTÁTodos temos unha VENTÁ pola que ás veces botamos unha ollada e miramos o mundo.
A VENTÁ pode ser unha porta ás lembranzas, á curiosidade, á reflexión, aossentimentos...
Dende ela moitas veces soñamos, disfrutamos, curioseamos, rimos, pensamos,choramos...
Aquí tedes un exemplo das «nosas ventás» que atoparedes na nosa biblioteca, xasabedes, no andel de AS NOSAS CREACIÓNS:
Dende a miña ventá vexo a praia de Perbes, na que paso o verán que tantodesexo que chegue durante o curso.Vexo o mar, as lanchiñas e os barcos, un mar ás veces tranquilo e outras tanbravo... Vexo o embarcadoiro dende o cal nos tiramos á auga e tamén vexoas vilas costeiras do outro lado da ría, como Sada ou Lorbé.Observo tamén dende ela os fermosos solpores.
HAIKU
Ondas na beira,unha escuma branca.As ondas rotas.
LUCÍA SEIJO, 3º B ESO
29
Os alumnos de CuCa explicámosvos quen era este fermoso cabalo voador.
Pegaso nace de Poseidón (deus grego do mar) e Medusa (unha das tres Gorgonas). Oseu nome significa en grego «manancial», porque alí onde pousaba os seus cascosnacía unha fonte.
Posuía un carácter indomable, polo que foi perseguido moitas veces para serdomesticado. E só o conseguiu Belerofonte, heroe grego, grazas á axuda da deusaAtenea que lle regalou unha brida de ouro coa que puido domalo e ser o seu donodende entón. Pero o dominio sobre o cabalo alado non duraría moito xa que Belerofontese volveu cobizoso e desexou achegarse voando sobre Pegaso ata o mesmo monteOlimpo onde vivía o deus dos deuses: Zeus. Este, enfadado pola ousadía do heroeenvioulle un raio que fixo que Pegaso, asustado, tirase do seu lombo a Belerofonteque quedou eivado para sempre. Así o fermoso cabalo puido alonxarse voando e serlibre de novo.
NON VOS PARECE UNHA BONITA LENDA? Pois hai moitas máis... (e están nun libriñofeito por nós na nosa biblioteca, así que buscádeo e lédeo, gustaravos!)
Alumnos-as de CuCa: ADRIÁN, FER, KATTY, MIGUEL, CARLOS,JUAN, IVANNA, LAURA, ELSA, SOFÍA, BRAIS, YING YING E UXÍA
QUEN ERA PEGASO?
30
Pilar Fariña, unha emigrante de tantas
Como todos sabemos, nos anos 50, moitos galegos emigraron cara América á procura dunhamellor calidade de vida.
Pilar Fariña, a miña avoa, foi unha das moitísimas galegas que emigraron. Ela atopábasenunha situación moi difícil e, ao estar unha pequena parte da súa familia no Brasil, decidiu irpara onda eles. Alí comezou unha nova vida.
¿Cal era a túa situación neses anos?Era mala. O meu pai acababa de morrer e había dez anos que enfermara.
¿Por que decidiches emigrar?Porque os meus irmáns maiores estaban no Brasil e tiven que ir para alí. A miña situacióneconómica era mala e tiña que traballar.
Falemos da despedida. ¿Foi difícil? ¿Como foi a túa última noite na túa casa?Foi do máis triste do mundo (entristécese ao recordalo). Marchabamos o meu irmán en eu, ea miña nai quedaba soa coa súa nora, seis meses despois da morte do meu pai.
Durante a viaxe, ¿tes algún recordoque queiras contar?Si. Non comín nada nos catorce días detravesía. Algunhas veces, un camareiroandaluz do barco traíame froita e pan. ¡Oolor do barco mareábame!
Ao chegar a Brasil, ¿encontrachestraballo facilmente?Sí. Xa o atopei o primeiro día que o funbuscar. Contratáronme nunha fábrica deconfección de chaquetas ou manharía,como lle chaman alí. Os galegos, no Bra-sil, tíñamos moi boa fama de traballado-res, e iso axudaba.
¿Por que decidiches irte de Brasil para comezar outra vez en Venezuela?Despois de quince meses alí, a moeda caeu, e os meus irmáns fóronse para Venezuela, e eu,con eles.
¿Que é o máis importante que recordas da túa estancia en Venezuela?Alí vivía ben, e casei co meu home. Ademais, tiven a dous dos meus fillos alí (ao dicir isto,médralle un sorriso de orella a orella).
Despois duns anos, o teu marido e ti decidistes voltar para a nosa terra. ¿Que foi oque vos impulsou a deixar Venezuela?Queríamos vir para aquí, queríamos as nosa vidas aquí. Cando aforramos para facer unhacasa, voltamos o antes posible.
Para rematarmos, ¿cal foi o bo e o malo de emigrares?¿O malo? Deixar a familia e a miña terra. O bo, a satisfacción, despois de traballar tanto (aodicir isto, nótase a fachenda que sente ao recordar o traballo ben feito), de gañar o meudiñeiro para voltar a estar coa miña familia.
Esta é a triste historia dunha das miles de emigrantes galegas que conseguiron saír a diantedespois de moito esforzo.
Algúns voltaron e continuaron as súas vidas aquí. Outros nunca máis voltaron e viviron coatristeza de pensar que nunca máis poderían ver a súa familia.
IAGO PENA MORADO
E TAMÉN SOMOS XORNALISTAS
31
Fran Castro vive en Santiago e ten 14 anos. Vén a Viadeiro algunhas fins de semana,en Semana Santa e no verán. ¡É un rapaz que aproba todo con sobresaíntes e pasa enLondres varias semanas no ano coa mesma familia!
¿Con que idade comezaches a xogar?Con oito anos, cando estaba na categoría de preminibásket.
¿Cal foi o teu primeiro equipo?La salle.
¿En que posición xogas?Base. Dirixo o equipo sobre axogada que temos que facer encada ataque.
¿Soñas con chegar axiña áACB ou prefires quedar natúa categoría?Aspiro a xogar na ACB, nunequipo aceptable, empezandopolo DKV.
¿Que exercicios practicaspara mellorar o bote e aresistencia?O 3x3, trenzas de pase,bloqueos directos, indirectos e cegos.
¿Cales con as túas técnicas de tiro?Depende, podo tirar dende a zona, dende triple e tamén podo canear ao opoñente.
¿Que obxectivo marcas para esta temporada?Xa o marquei e cumpriuse: quedamos de primeiros na nosa liga galega.
¿É dificil compaxinar o básket coa túa familia e cos amigos?No meu caso, non. Toda a miña familia xogaba a este deporte. Pero, en xeral, pensoque custa.
¿Que é para ti sentimentalmente o baloncesto?Faime sentir ben, libérame da carga dos estudos, porque é un deporte que me gustae que se me dá ben.
¿Con que xogador profesional te identificas e por que?Con Rondo, da NBA, xogador dos Boston Céltics, porque corre, sabe dirixir o equipo (ébase), é un ídolo xuvenil e fai uns mates incribles.
TAMARA TENREIRO SALIDO
Fran Castro, un rapaz que sabe compatibilizarestudos e baloncesto
32
Carmen Presedo, a nosa profe de Francés. Comezamos cunhas preguntiñas «fáciles»:
-En que Centro estabas antes de vira ao noso cole?-No IES de Mugardos
-Que te levou a ser profesora de Lingua francesa?-Gústame ensinar. Quería aprender unha lingua estranxeira e no meu colexio, cando eu erapequena, só había profesor de Francés.
-Cal foi a primeira impresión do alumnado cando chegaches a este Centro por primeiravez?-Foi raro. Era a primeira vez que me tobapa con alumnos e alumnas de 12 anos e, sinceiramente,gustoume moito. Tamén atopei nenos de 4º ESO, máis maduros, cousa que hoxe… (risas).
Agora pasamos a algo máis persoal:
-Cales son os teus gustos e afeccións?-Gústame moito viaxar, coñecer xente nova e perderme…
-Onde pasaches a túa infancia?-Pois, na miña aldea, coa miña familia e os meus veciños, moi unidos. A miña aldea é Bergondo,un dos meus recunchos.
-Que fas no teu tempo libre?-A verdade é que teño pouco tempo libre, pero cando o teño, bailo e aprendo a tocar a pandeiretacoas miñas alumnas. Tamén fago sendeirismo, descubro Galicia, España, Francia…
Agora unhas preguntas rápidas…
-Praia ou montaña? .......... MONTAÑA-Peixe ou carne? ............... CARNE-Noite ou día? ................... NOITE-Inverno ou verán? ........... INVERNO
-Cal é a túa comida favorita?-Non teño, gústame todo.
-Cales son os teus gustos musicais?-Gústame moito o rap porque non teño oído musical e o rapparéceme moi fácil de comprender. Tamén me gusta a ópera enon me importa bailar Rock and Roll.
-E a túa bebida favorita?-Auga fresca e tamén o limón recén esprimido cun pouquiño de azucre.
-Se che deran a escoller un lugar a onde viaxar, a onde irías?-A algún deserto do Sáhara cos tuaregs.
E xa para rematar:-Cales son os teus proxectos para o próximo curso?-Seguir traballando neste cole e tratar de entusiasmar e ilusionar os meus alumnos coa aprendizaxeda lingua francesa, das novas TICs, coa lectura.
Grazas, profe, por concedernos esta pequena entrevista que esperamos sirva para quetodos te coñezamos un pouquiño mellor.
CARLOS PENA E IRENE TARACIDO, 3º ESO
ENTREVISTA A…
33
Santiago Romero é un dos compoñentes do grupo de
música pop-rock con influencia punk «Radio Océano»,
grupo co que mantivo contacto Lois Pereiro e ao que
pertence o seu irmán, Xosé Manuel Pereiro.
- Como xurdiu «Radio Océano»?
Xosé Manuel Pereiro (o irmán de Lois Pereiro) e eu,
ambos os dous xornalistas, estabamos moi interesados
por todo o que xurdía naqueles anos no panorama
musical que supoñía entón a vangarda dos grandes
cambios sociais que se estaban a producir en España.
Falamos de principios dos anos 80, cando a sociedade
española vivía un verdadeiro «Big Bang» de liberdade
tras décadas de ditadura e todo o que rodeaba a
música era o escaparate daquela efervescencia. Entón, ao contrario do que sucede hoxe en
día, que podes ter acceso inmediato a canto se fai no planeta a través de internet e das redes
sociais, a información era clave. Nós viaxabamos frecuentemente a Londres, Amsterdam ou
Berlín e iso nos daba unha gran avantaxe para descubrir con anticipación as tendencias que
irrompían en Europa. Ese «Know how» fusionouse perfectamente ao cruzármonos con músicos
brillantes como o guitarrista Pablo Iglesias. «Radio Océano» debutou case como unha broma
no primeiro festival de rock coruñés, un dos pioneiros en España, en 1982. A aceptación da
mensaxe do grupo obrigounos a tomalo grupo máis en serio, aínda que sempre tivemos o
hándicap de non poder dedicarnos plenamente ao grupo polos nosos compromisos profesionais
como xornalistas.
- Que vos motivou a facer o tema de «Narcisismo», baseado nun poema de Lois
Pereiro?
Lois Pereiro era practicamente un membro máis de «Radio Océano». Estivo sempre presente
no proceso anímico e creativo do grupo e formaba parte do noso contorno persoal. Tiñamos
unha gran admiración pola súa obra e pola súa visionaria actitude ante a poesía. O poema de
«Narcisismo» é unha fermosa e durísima metáfora da adicción á heroína, como un naufraxio
persoal ante unha vida sen esperanzas, a unha distancia que ninguén de «Radio Océano»
viviu coa mesma crueza que Lois. Pero máis alá diso, era sobre todo un poema magnífico e
supuxo o noso recoñecemento ao seu talento e á súa amizade. O tema foi gravado en Lisboa
en 1984 e aínda que non figurou no LP editado por Radio 3 en 1986, foi incluído nunha
selección dos mellores temas de rock galego publicado polo selo DRO en 1997.
- Que tipo de persoa era Lois Pereiro?
Sempre que escoito a canción «Perfect Day» de Lou Reed, acórdome de Lois. Naqueles anos
tolos profesabamos a relixión do exceso e o lema era «máis vale queimarse que oxidarse».
Lois, que sempre descubría unha fronteira antes ca nós e era o aventureiro do coñecemento
que sempre chegaba antes, mostrounos que o segredo non estaba no lume impulsivo que
abrasa senón no xélido e fino bisturí que disecciona a alma. Lois era a furia conxelada. O seu
pensamento era extremo, pero el era a elegancia en persoa.
Entrevista a Santiago Romero (Rossmero)do grupo»Radio Océano»
34
- Como ves o panorama musical e poético hoxe en día en Galicia?
O panorama musical, grazas ás novas tecnoloxías, é moito máis accesible para crear e gravar,
aínda que resulta moito máis complicado que nos anos 80 poder vivir como músico. Creo que
debido a internet é un mundo en transición no que aparecerán novas vías. En canto ao
poético, creo que segue predominando como entón a figura do poeta moi académico e vinculado
xeralmente ao profesorado.
- Como cres que influíu a persoa de Lois Pereiro e a súa poesía no panorama galego?
Hai unha verdade conmovedora na súa obra moi difícil de atopar no panorama galego ou en
calquera outro. Recordo unha frase de Uxío Novoneyra: «Dá gusto atopar un poeta que non é
profesor».
- Sabemos que Lois era unha persoa un tanto escura en canto á súa poesía e que era
consumidor de heroína, unha droga da que se sabía moi pouco en canto ao seus
efectos. ¿Como cres que influíu na súa obra?
Nos anos 80, tras a ditadura, vivimos unha desbordante explosión de liberdade. Para facerse
unha idea dos tempos que corrían, basta dicir que «Radio Océano» debutou tan só un ano
despois do golpe de estado do 23F. As drogas víanse entón como unha parte inseparable desa
liberdade que non sempre soubemos dosificar. Entón non sabiamos nada da Sida, nin da
Hepatite C nin de tantas outras pragas que acabarían diezmando esa xeración de forma
implacable. No caso de Lois, ademais de compartir connosco os mesmos signos dos nosos
tempos, hai que contar que tivo a mala sorte de ser unha das vítimas da intoxicación por
aceite de colza que arruinou a súa vida moi novo, cando máis esperanzas abrigaba. A heroína
foi, no seu caso, un tratamento paliativo. En calquera caso, a súa experiencia coas drogas foi
sempre íntima, discreta, espiritual e atormentada.
- Para rematar, en que ambientes se movía o poeta? Con que tipo de persoas se
relacionaba no seu día a día?
Cando o coñecín en Madrid, a finais dos 70, era moi cosmopolita, aínda que á vez foi sempre
unha persoa solitaria e ensimesmada nas súas lecturas. Ao seu arredor podía atoparse sempre
a xente máis en vangarda. Recordo unha anécdota, estando na súa casa co seu amigo Antón
Patiño, hoxe un gran artista e entón comezando a interesarse pola pintura, na que contaba a
súa primeira experiencia en Nova Iork. Quedara nun daqueles míticos albergues YMCA, que
nós só coñeciamos polas letras das cancións, e o primeiro qu atopara ao entrar era un ex
veterano de Vietnam xogando nun corredor co seu ollo de cristal.
Lois era unha persoa cunha gran erudición, pero non era un excéntrico nin tampouco alguén
a quen gustase ser o centro de atención. Era unha persoa reservada co que un podía pasar
unha noite enteira conversando na tranquilidade da súa casa, sentíndose á vez en calquera
rincón de Nova Iork, Marrakech ou Berlín.
Así rematamos esta entrevista que esperamos vos sirva para coñecer un pouco máis a
personalidade de Lois Pereiro.
Dámoslle a grazas a Santiago por dedicarnos parte do seu tempo e por contarnos cousas
deste poeta ao que a Academia Galega considerou que este ano era o seu momento.
JUAN ANDRÉS CAMPOS ESTÉVEZ, 4º ESO
35
¡CAMPIÓNS DO MUNDO!
No minuto 85, un gol de Aranzubía deunos o segundomundial.
España gañou o mundial do 2.014 grazas a un gol do
novo porteiro da selección, o avoíño Aranzubía. No
minuto 85, un córner forzado por Fábregas, que centrou
Xavi, foi directamente á cabeza do gardameta
deportivista que subiu desde a súa portería coma un tolo
para probar sorte e, grazas a ese intento, conseguiu
marcarlle ao porteiro brasileiro Julio César.
Nen@s Noticieir@s, 7 de Xuño de 2014
(Martín, Álex e David, de 5ºA)
MULTA ESPACIAL
Extraterrestres dun autobús espacial son multadospor lanzar un meteorito ao planeta Marte.
Un autobús espacial, que levaba dez nenos e oito nenas
extraterrestres, lanzou un meteorito ao planeta Marte.
Baixaron un momento do autobús e déronlle unha
patada. Un garda espacial multou o condutor
extraterrestre cunha multa de trece céntimos, traballar
gratis oito anos, ser amistoso cos extraterrestres de Marte
e non chamarlles vermexudos nin marxinados.
Nen@s Noticieir@s, 31-12-30.182
(Marcos, Iván, Jose e Adrián, de 5ºA
DESCÓBRESE A TEMUS
Atópase unha nova enfermidade capaz de deformaras pernas.
Un laboratorio galego descubre unha nova enfermidade
chamada Temus. Esta enfermidade produce deformación
nas pernas e problemas cardíacos. Moitos laboratorios
do mundo están investigando con bacterias da
enfermidade para crear unha vacina que a poida curar.
Pero, de momento, é demasiado forte para os humanos.
Nen@s Noticieir@s, 21 de Novembro do 2.060
(Raúl, Rubén e Pablo, de 5ºA)
O PORCO DE METAL
Un vendedor da feira decidiu crear un porco de metalpara utilizalo como axuda ó concello.
En Cádiz, un home chamado Milka J.T. decidiu construír
un porco de metal para facer os traballos do xardín
municipal a cambio de diñeiro, porque na feira non
Noticias do futuro
gañaba nin un euro. O concello deulle as grazas e moito
diñeiro, pero quedou arruinado.
Nen@s Noticieir@s, 20 de xullo do 2.034.
(Nacho, Daniel, e Miguel, de 5ºA).
UN DESASTRE PARA OS FAMOSOS
No corte inglés naceu unha árbore de 1 km eengancháronse nela 4 famosos que foronrescatados por tres nenas de C.P.I Castro Baxoi.
Naceu unha árbore xigante no solo do Corte Inglés. Un
home chamou aos bombeiros porque viu a Paris Hilton
enganchada nunha póla polo tanga. Os bombeiros viron
a árbore, pero tiveron medo e fóronse correndo. A xente
asombrouse e correu tras os bombeiros e Paris Hilton
enfadouse. Despois chegou Justin Bieber e riuse, dou
3 pasos e enganchouse. De súpeto chegou Shakira que
quería salvar a Justin Bieber e enganchouse tamén.
Chegou toda disposta Lady Gaga a salvar aos 3,
acercouse a árbore e quedou enganchada. E por último
apareceron Esther, Carmen e Inés, foron sensatas,
cortaron a árbore e salvaron aos catro. Os famosos
déronlles 15.000€ a cada unha. Cando saíron, uns
periodistas entrevistáronas e dixeron que se ían moi
felices.
Nen@s Noticieir@s, 31 de marzo de 2.025
(Inés, Carmen e Esther, de 5ºA)
AVIÓN PARA UNHA NENA
A unha nena que vive en EEUU regaláronlle un aviónfeito de ouro puro no seu aniversario.
Unha nena de dez anos chamada Alexia ten un avión
feito de ouro puro. O avión regaloullo o seu padriño, e
ía acompañado dun piloto privado. Segundo os seus pais,
Alexia está seguido no seu avión, non sae nin para
comer.
Nen@s Noticieir@s , 2 de Xuño de 2.020.
(Lucía, Susi e Andrea, de 5ºA)
36
Como vai isto das nucleares?
Debuxo de Verónica
Nunha central nuclear prodúcese enerxía termoeléctrica e nela un reactor nuclearactúa de caldeira.
A enerxía térmica orixínase polas reaccións nucleares de fisión (unha reacción queocorre cando un núcleo pesado se divide en dous núcleos pequenos). Esta é diferente
da fusión, que é o proceso no que se unen núcleos atómicos de carga similar.
Outra alternativa é usar carbón de combustible, como na central térmica de As Pontes.
A calor xerada no combustible do reactor é transmitida despois a un refrixerante eemprégase para producir vapor de auga (ten que estar nun circuíto pechado para quea agua antes de convertirse en vapor non escape), que acciona o movemento dunhasturbinas, xerando enerxía eléctrica. Para este proceso é necesario un moderador xaque a reacción non se pode facer moi rápido, porque, se se quenta demasiado, podechegar a producirse unha bomba.
¿Qué pasou na central nuclear de Fukushima?-A planta quedou sen enerxía por causa do terremoto e do posterior tsunami.-E como consecuencia, os sistemas de refrixeración detivéronse.
YING YING, UXÍA E VERÓNICA (3º A ESO)
Noticias do mundo
37
XAPÓN: OUTRO 11-M
-Papá, imos morrer?
-Que dis, filla?
-Si, papá, é que non o ves? É a fin do mundo!
Xapón, 11 de marzo, unha catástrofeque acabou con milleiros de persoas!!!
E nós, que? Parece que temosos ollos pechados, pero cando nos oco-rra a nós, que pasará? O malo é que…cando nos deamos conta, será dema-siado tarde…
RAQUEL PORTAS ARMESTO
Guerra entre palestinos e israelísSemella unha guerra sen final....
Nos últimos días, e despois de 50 anos de contenda, as milicias palestinas e o exércitoisraelí están inmersos nunha escala de violencia sen precedentes.
O pasado mércores, soldados israelís mataron a dous palestinos en Gaza, feito que foiseguido o sábado polo lanzamento desde a franxa de medio centenar de proxectíscontra Israel.
Ese mesmo día disparos do exército mataron a dous menores de 17 e 15 anos candotrataban de cruzar a cerca electrónica que rodeaba a franxa. Segundo o exército eranmilicianos armados.
O portavoz da milicia islamita, Abu Obeida, sinalou que, se Israel detiña os bombar-deos en Gaza, o seu grupo comprometíase a regresar á situación anterior.
Ata cando esta guerra??????????????????
LAURA COUSIÑO – 3º B de ESO
Cousas do cole!!!No noso cole tamén pasan cousas. Estesdías chegaron novas «fichaxes» para In-fantil. Apareceu a mamá pola porta dovestíbulo principal, seguida dos 12 parruli-ños e Antón Rey comentou que chegaranporque se acababa de abrir a matrícula!!!
En que clase lles tocará para o ano?
Ai, que mundo este!
38
Estimado Sr. Director do CPI Castro Baxoi:Voulle pedir unha serie de cousas que creo que melloraríanmoito o noso colexio.Unha delas, a colocación de taquillas nos corredores que haidiante das clases (por exemplo). Esta é a miña tese e agoraexpoño os meus argumentos:1. Ao ter máis espazo na aula, seriamos máis ordeados e limpos.2. Se temos máis espazo para gardar os libros, poderiamos deixar algúns libros no cole, así a nosamochila pesaría menos e doeríanos menos o lombo.3. Non creo que o custe fose tan grande como para non poder afrontalo.
Creo que, ao ser un argumento razoado, poderíame facer caso e darnos unha sorpresa para o anoque vén.
SOFÍA AMADO, 3º A
Estimado Sr. Director:Eu pídolle unhas portas novas para as aulas xa que hai moitas en mal estado. De feitoalgunhas non pechan e outras ábrense cun pouco de vento. Agora temos que poñerconstantemente un cartón ou papeis para que non ocorra iso.Cunhas portas novas, o colexio terá un mellor aspecto.
CARLOS A. JERÍA
Estimado Sr. Director:
Xa sei que vostede fai todo o posible por levar adiante este colexio, pero gustaríame pedirlle que
amañasen o teito do patio cuberto. Hai moitas goteiras e cando temos que estar todos nel porque
chove, algunha que outra pinga cáenos enriba. Tanto nós como os profes de garda agradeceriámolo.
Sen as goteiras, o chan estaría limpo e seco e non esvarariamos. Gustaríame que puidese cumprir
os meus desexos.
MARÍA JOSÉ NÚÑEZ
Sr. Director do Colexio:
Gustaríame que no patio houbese unha zona con xogos, como un futbolín, unha diana con
pelotas de goma e outros xogos para poder distraernos nos recreos e non ter que xogar só
ao fútbol, baloncesto ou estar sentados nos bancos. Tamén me gustaría que puxesen
taquillas nos corredores para gardar os libros e non ter que transportalos todos os días.
ANTÍA PAZ
Sr. Director:A miña proposta para mellorar o colexio sería que vostede conseguise poñer unha cafeteríapara o alumnado de Secundaria e os profesores. Así poderiamos tomar algo quente, pinchos,algunha bebida ou simplemente descansar. De non ser posible isto, xa supoño que é moi difícil-aínda que se podería intentar, non?-, de non ser posible, digo, penso que como mínimo deberíahaber unha máquina expendedora de bebidas quentes, de comida... E non estou falando deboleiría industrial, non, estou a falar de bocatas, zumes, é dicir, comidas e bebidas saudables.Tamén me gustaría que houbese Bacharelato así non teriamos que marchar a Betanzos ou aoutros lugares para rematar a nosa titulación.
UXÍA GARCÍA
PEDIMOS PARA O NOSO COLE
39
Sr. Director:Eu creo que se deberían cambiar as cortinas das aulas e poñer persianas porque na primavera e verán osol moléstanos moito e vai unha calor terrible dentro das clases. Tamén me gustaría que se puxesen portasnovas.
LAURA LORENZO
Querido Director:
Gustaríame que pensase nalgunhas das normas que agora hai no centro. Unha delas é que non se
pode escoitar música porque non podemos traer ningún aparello electrónico deses. Eu creo que non é
malo escoitar música nas horas libres, nos recreos... Gustaríame moito que cambiase esa norma.
Oxalá teña noticias favorables sobre este tema. Moitas grazas por ler esta carta e un saúdo.
TAMARA BELLO
Sr. Director do colexio:Sr. Director do colexio:Sr. Director do colexio:Sr. Director do colexio:Sr. Director do colexio:
Creo que sería moi bo para o cole poñer unha máquina expendedora con alimentos eCreo que sería moi bo para o cole poñer unha máquina expendedora con alimentos eCreo que sería moi bo para o cole poñer unha máquina expendedora con alimentos eCreo que sería moi bo para o cole poñer unha máquina expendedora con alimentos eCreo que sería moi bo para o cole poñer unha máquina expendedora con alimentos e
bebidas. Moitos alumnos mercarían os alimentos no propio colexio e con eses cartos igualbebidas. Moitos alumnos mercarían os alimentos no propio colexio e con eses cartos igualbebidas. Moitos alumnos mercarían os alimentos no propio colexio e con eses cartos igualbebidas. Moitos alumnos mercarían os alimentos no propio colexio e con eses cartos igualbebidas. Moitos alumnos mercarían os alimentos no propio colexio e con eses cartos igual
se poderían amañar as portas, as cortinas e outras imperfeccións.se poderían amañar as portas, as cortinas e outras imperfeccións.se poderían amañar as portas, as cortinas e outras imperfeccións.se poderían amañar as portas, as cortinas e outras imperfeccións.se poderían amañar as portas, as cortinas e outras imperfeccións.
Atentamente,Atentamente,Atentamente,Atentamente,Atentamente,
VVVVVERÓNICAERÓNICAERÓNICAERÓNICAERÓNICA F F F F FACHALACHALACHALACHALACHAL
Estimado Director:
Con esta carta quero facer unhas recomendacións para mellorar o noso colexio.
Primeiro: creo que estaría ben cortar as herbas do parque máis a miúdo. Cando chove, esa parte está feita un
desastre. Tamén habería que amañar as goteiras porque cando chove todos quedamos no patio cuberto e
algúns «nenos simpáticos» xogan por alí, co cal non nos queda espazo para nada.
Segundo: creo que hai que amañar os cristais do pavillón, xa que estamos en inverno e vai moito frío. E limpar
e amañar os vestiarios porque están cheos de arañeiras.
Terceiro: recomendo que cambien todas as sillas e mesas coxas xa que é un «rollo» andar metendo papeis por
debaixo para que non se movan. Ademais, cando borramos algo, sempre se move a mesa e molestamos aos
compañeiros co ruído, por exemplo, se estamos a facer un exame...
Todas estas son as miñas recomendacións para mellorar o noso colexio.
YING YING LI
Sr. Director:Eu, como delegada de 3º ESO, propoño os seguintes cambios que creo que non resultarían moi custosos.O primeiro é amañar o teito do patio cuberto porque hai excesivas goteiras.O segundo, é poñer en todas as aulas unha pizarra na que se poida escribir con rotulador xa que a máisdo 15% do alumnado lles produce alerxia a xiz. Os rotuladores custan só medio euro cada un e aspizarras supoño que as subvencionaría a Xunta.Se non lle convencen estes cambios, eu propoño facer unha reunión de todos os delegados con vostedepara concretalos mellor.
ALBA GONZÁLEZ
Estimado Director:
Expreso a miña incorformidade por non ter unha pista cuberta para xogar ao fútbol. Tamén
me gustaría que se rozase o monte de toxos que hai pola parte de enriba do patio onde
xogamos. Se se fixese un patio cuberto, os alumnos poderiamos xogar sempre aínda que
chovese. E iso é frecuente en Galicia, xa que é un lugar cun clima oceánico. O de rapar o
monte é basicamente porque é un perigo para todos nós xa que esa planta ten uns pinchos
de catro centímetros de longo.
XOSÉ VALIÑO
40
En xaneiro no noso colexio houbo unha charla sobre a doazón de órganos efixéronme comprender que ser doador é a única alternativa que teñen moi-tas persoas para mellorar a calidade de vida doutras e que estas poidan se-guir vivindo. Así os enfermos poderán salvar a súa vida e recuperar a saúde.
Tamén comprendín que tomar a decisión de ser doador de órganos e tecidossignifica estar disposto a realizar un acto de solidariedade.
Debemos doar, non só por intereses solidarios, senón tamén polo noso pro-pio ben. En calquera momento algún de nós, ou os nosos familiares, pode-mos vernos na necesidade de ter que recibir un transplante para continuarvivindo.
Na miña opinión, se todos somos doadores, todos teremos máis posibilida-des.
«DOAR É O MELLOR QUE PODEMOS FACER PORQUE A VIDA É O MELLOR AGA-SALLO!.
MASSIEL POLANCO, 3º B ESO
Nesa charla, un home explicou a súa experiencia na doazón, xa que recibiu doustransplantes de órganos, creo que eran de ril e de páncreas.
Pero o que máis me impresionou foi que o home recibiu un órgano dunha persoa deMiño que morrera nun accidente e o señor chegou a coñecer a familia.
En xeral, a charla pareceume interesante, aínda que eu xa tiña pensado doar os meusórganos.
JAVIER FERNÁNDEZ- 3º B ESO
A min a charla pareceume que estaba moi ben por-
que nos explicaban cousas relacionadas coa doazón
de órganos e o home pareceume moi sinceiro ao con-
tar a súa experiencia. Animáronme moito a facerme
doante.
ALBERTO FERNÁNDEZ
Pois claro que si! Hai que ser solidarios.
Nós seguímolo e seguirémolo sendo, como to-dos os anos, porque temos un compromiso cosnenos ex soldado: para eles van os cartiñosda venda desta revista; o recadado co rastrillode Nadal; e os euros conseguidos coa reciclaxede tinta e tóner, da que vos contamos algo aseguir.
SOLIDARÍZATE!!!
41
Este curso apuntámonos a un concurso de reciclaxe de tóner etinta de impresoras: www.recoatlantico.es
Non só está ben apuntarse para que nos leven todo o que usamosno cole (e fóra del), senón que de paso (E ISTO É O MÁISIMPORTANTE) conseguimos máis cartiños para os nosos nenos exsoldado.
Na primeira recollida conseguimos 32,80 puntos, ou sexa: 32,80
EUROS PARA OS NENOS EX SOLDADO!
Na segunda recollida, 39,70 puntos, ou sexa: 39,70 euros paraos nenos ex soldado!
DÁMOSVOS AS GRAZAS POLA VOSACOLABORACIÓN.
O GRUPO DE RECOLLIDA DE TÓNER E CARTUCHOS(4º A ESO E 5º A PRIMARIA)
Reciclamos
42
ANO DOS BOSQUES
Este ano está dedicado aos bosques. Como xa sabedes, no noso cole hai un «bosquecelta», ademais de moitas outras árbores. É un bo momento para descubrir a súaimportancia e beleza.
Xogamos un pouco? A ver se sodes capaces de saber que árbores son estas:
Están todas no cole, así que se non sabedes como se chaman, botade un vistaciño,abride os ollos, preguntade…
43
NENOS E NENAS DE 5 ANOSNENOS E NENAS DE 5 ANOSNENOS E NENAS DE 5 ANOSNENOS E NENAS DE 5 ANOSNENOS E NENAS DE 5 ANOS
44
Outro ano máis para o noso club de lectura! Desta volta xa somos dous grupiños: un,para o primeiro ciclo da ESO e outro para o segundo ciclo. Contámosvos algunhas dascousas que fixemos ao longo do curso e tamén os libros que disfrutamos.
Actividades deste curso:
- Visita a Vila Florentina, Cambre. A partir da lectura do libro O bosque animado, deW. Fernández Flórez, visitamos a súa casa familiar en Cambre e fixemos un fermosopercorrido polos arredores da fraga e o río Mero lendo anacos do libro, acompañadospor Alicia, a guía da casa. Chus preparounos un xogo en Vila Florentina co quecoñecemos moitas árbores e tamén degustamos unhas riquísimas galletas-sorpresa!Foiun día para o recordo!
- Recitado e gravación de poemas do libro Makinaria. Despois da lectura, algúnsalumnos de 3º ESO apareceron «por sorpresa» para recitarnos algún dos poemas deCarlos Negro. A seguir, o grupo do Club de lectura do 2º ciclo tamén fixo a súagravación. Podedes escoitar todo no noso blog.
- Recibimento aos nenos -as da escola unitaria de Ombre. O curso pasado o CLSalicornia viaxou a Ombre para levarlles contiños, poemas e tamén amizade aosnenos da escola unitaria e a súa mestra Isabel. Este ano recibímolos nós no noso colee preparamos unhas actividades para eles: visita á nosa cova prehistórica.
45
-Visita ao centro de maiores de Laraxe. Os avós e avoas do centro de maioresescoitan os nosos poemas, cancións, contos, adiviñas e ata unha pequeniña obrateatral.
-Saída do día do libro. Ourense, termas de Outariz e lectura na Praza Maior. Unhaactividade que se fai todos os anos,na compaña do IES Castro da uzde As Pontes. A actividade consis-te en facer unha lectura continuadun libro, escoller palabras -cadaalumno-a unha-, escribilas nunpanel e con todas elas compoñerun poema. De volta xa no cole,tamén se realiza noutro panel undebuxo relacionado co poema queentre todos escribimos. Ao final co-locamos todo nas paredes dos co-rredores.
-Maratón de cine. En maio, unhanoite «loca» con pizzas e cine. Quedamos a durmir no albergue da vila e vimos algunhadas pelis dos libros que lemos este curso: Matar un ruiseñor, Cumbres borrascosase O bosque animado. Tamén vimos unha peli, «E ti quen es?» sobre a temática doalzheimer xa que este ano está tamén dedicado a esa enfermidade.
Lecturas que fixemos este curso:
-No 1º ciclo: Mi familia y otros animales.O
bosque animado.O principiño
-No 2º ciclo: O señor Ibrahim e as flores
do Corán. Unha escolma de contos de todasas literaturas. Makinaria. Matar un ruiseñor.
PARA O CURSO QUE VÉNLEREMOS LIBROS CHULOS EFAREMOS MOITAS COUSIÑASINTERESANTES E DIVERTIDAS.
ANIMÁDEVOS!
46
Ola, xente!Estamos aquí Alba e Tamara para falar-vos dun par de actividades que fixemoseste curso co Club de Lectura que nosdeixarán a súa pegada para sempre:-Unha, ao centro de maiores de Laraxe e-outra, a visita dos pequenos de Ombre,aos que fomos ver nós o ano pasado paracontarlles contiños.
A visita aos avós serviu para moitas cou-sas. Para abrirnos os ollos e darnos contade que os maiores tamén saben ser feli-ces. Nós pensabamos que unha residen-cia era un lugar parecido a un cárcere eque os avós alí estaban todos tristes, peronon foi así. Vimos que os maiores do centro de día rían, cantaban e emocionábanse con nós.Igual que nós que, entre bágoas e emocións, case non cuidemos facer o que tiñamos prepa-rado para eles.
Ao rematar, cando viñamos para Miño, varias avoas achegáronse a nós para agradecernosque lles dedicaramos parte do noso tempo e por «alegrarlles o día», como nos dixeron elasmesmas.
Nós, dende aquí, tamén lles damos as grazas por transmitirnos tantas cousas e sobre tododicímoslle a unha delas, Dorinda, que tamén nós estamos moi contentos de ter pasado unhamañá tan agradable na súa compaña. E grazas por cantar e bailar con nós, por toda a súaalegría e pola ilusión e os sorrisos con que nos recibiron.
A visita dos nenos de Ombre foi moi en-tretida. As profes preparáronos unha me-renda moi rica: manteigadas e biscoito,acompañados de zumes e refrescos. Des-pois de comer, baixamos á biblioteca ondeos pequenos nos fixeron unha obra de tea-tro sobre os romanos e… curiosamente nosensinaron moitas cousas porque sabíanmoito, a pesar do pequenos que eran (14nenos, dende 3 anos ata 7): cantaron eninglés; faláronnos de Virxilio (o poeta clá-sico, eh?); de César Augusto, o empera-dor romano; da Torre de Hércules e o deusZeus… E tamén de Lois Pereiro, do cal sa-bían moitas cousas tamén.
Na nosa opinión, e creo que na de todos os participantes no club de lectura, foron unhasactividades moi emocionantes e proveitosas coas que aprendemos moitísimo sobre a vida enespecial.
Grazas ás profes por seguir traballando co MARABILLOSOClub de Lectura Salicornia!
Unha aperta de Tamara e Alba (3º ESO).
DOS NENOS AOS AVÓS
47
Rapaces e rapazas do C.P.I. Castro Baxoi: eu, un dos trece alum-nos de 4º ESO A explotados pola nosa profesora de galego, (aíndaque no fondo a queremos) vouvos convidar a que fagades deporte.
A maioría xa me coñecedes, e ben sabedes que non acougo entodo o día… Ben, pero imos ó serio:
Recoméndovos que fagades deporte para que vos sintades mellor,para manter o voso organismo san e forte, para queimar esasgraxas que a ninguén lle gustan ó mirarse ó espello, mesmo se ofacedes de alto nivel para coñecer xente doutros lugares, tanto enGalicia coma en España, e tamén para ter un corpo estruturadopara poder impresionar a aquel@ rapaz@ que che guste… e sobretodo porque o deporte é VIDA!!
A min, en concreto, o que máis me gusta é o fútbol, pero taménxogo ó fútbol sala, vou correr pola praia, fago piragüismo, xogo óbaloncesto (a pesar da miña altura) ou ando en bicicleta. entreoutras cousas. Pero, se non vos gusta ningún dos que eu practico,convídovos a que probedes outro de todos os milleiros de deportesque existen.
Facede deporte..!!
48
49
50
51
PROBLEMAS COAS FORMIGAS? As formigas«odian» o cogombro, así que colocade pel decogombro por onde «pasean». Sen matalas, elasfuxirán.
Para obter xeo puro e limpo: Fervede a auga antesde conxelala.
Para facer brillar o espello: Limpádeo con alcohol.
Quitar chicle de da roupa? Gardar a prendana neveira durante unha hora. Despois sairáfacilmente.
«Branquear» a roupa branca: Remóllea en augaquente cunha roda de limón durante 10minutos.
Evitar o olor do repolo durante a cocción? Coloque unanaco de pan na pota da cocción.
Quitar a tinta da roupa manchada? Colocar pasta de dentessobre a tinta, deixar secar e despois lavar.
SHEREZADE, 2º ESO
Trucos caseiros para todos!
52
XA SABEDES QUE, COMO TODOS OS ANOS, ESTADES ARRO-DEADOS E VIXIADOS PORQUE FALADES MOI MALAMENTE EDICIDES MOITAS PARVADAS!!!
Estabamos en clase de Música rematando un exame e dinos Patricia:-Si me aprobáis, os doy un Gallifante.Nós, con cara de sorprendidos, preguntámoslle:-Un gallifante???-Si, un gallifante –dixo Patricia.-E iso que é?E Patricia di, rindo:-Yo que sé, algo…
Manuel Grueiro, falando con Begoña:-Manuel: Profe, ti naciches en Asturias?-Begoña: si.-Diego: Si, claro, ti es de Ciudad Real…-Begoña: Horror, isto é un diálogo de besugos!
Como xa sabedes, temos todos os días 20 minutos de lectura, non? Pois cando tocabaler, Xandre levantouse todo emocionado e dixo:-VAMOS A READING, CHICOS!
Estabamos en clase de Mates e Diego comezou a sonar os mocos.E di Rosa:-Diego, remataches co teu escándalo nasal?
Estabamos en clase de Historia e di María Méndez:-Que nos dá a sociedade de consumo?E contesta Xandre:-FELICIDADE!
Un día Diego preguntoulle a Begoña (como é o seu costume á última horada mañá):-Profe, podo ir ao baño?E Begoña dixo: «Ai, ai, érase un home a un baño pegado!»
Non recordamos de que estabamos falando, pero Patricia estaba contandounha das súas anécdotas e díxonos:-Siempre que voy en el coche y veo los rayos del sol, me digo: ahí está Flan-ders rezando…
Carmen Presedo: «O próximo día dareivos as cartas, xa vin as fotos, sontodos e todas moi guapos!» - E David: «Fixo que son unhas crollos demulleres!»
Rosa: «¡Diego claréate!»Jejeje…! Clase de 4º A ESO
Unidade de vixilancia lingüística
53
Falsidade, doenzas,
Férveme a cabeza,Hipocresía, rarezas...Non ves que non me interesas?
Odio, rancor,Non ves que teño razón?
Atura, paciencia,Esquece a túa inocencia.Que é o que pretendes? BEATRIZ ANIDO
Vou rapear como un coellocoa profe de cabelo vermello.Ela moito di que é rubio,mais eu o nego cun asubíoEste rap fixen nun só intento,así que deixádeme en pazporque xa vou contento.
LUKAS SILVA
Non me gusta a xente que vai de guainin os sustos no meu fogar.Pero téñome que aguantare facer este rap para triunfar.
A xente que é corta de mentea min non me importa.Prefiro ter en contao voar dunha gaivota.
Non teño cartosnin teño país,pero si teño xenteque me axuda a vivir.
Non me gusta a xente que vai de guainin os sustos no meu fogar.
ELSA ALLEGUE
Ola, son Miguel e vou falar de min mesmo.Daquela non será un rap senón puro sentimento.Son unha persoa normal, con moitos costumes rarose un carácter especial.Credes que son español? Eu creo que son galegoe a miña patria está aquí e no mundo enteiro.Gústame o deporte. É a miña paixóne vai soar moi cursi pero... lévoo no corazón.Gústame o fútbol, que é o deporte rei.Se é o mellor deporte? Iso xa non o sei.Xa levo dez minutos preparando este pseudo-rap,así que, se non vos gusta, a min éme «ighual».Xa sei que ides querer unha segunda parte...Pois tan só recordade: GALICIA CALIDADE! MIGUEL FORCELLEDO
Rapeamos?
54
PASIÓN
El sexo de los ángeles, las alas de los hombres
los tengo en mis libretas, guardados bajo llave.
La música sin sentimiento no existe,
unos cantan cuando cae dinero,
yo canto cuando llueve.
La pasión es la que mueve mi bolígrafo,
Mi firma vale amor, la de Bisbal valdrá millones
pero mis canciones van rellenas de ilusiones.
Protecciones , ¡sí! Contra esas fieras que te envuelven.
Por qué hacer de ti un crimen, nena?
Yo te palpo, te beso, te quiero; otros te deconstruyen,
venden tus deseos bien baratos,
no respetan tus valores, te destruyen.
Fluyen emociones al compás de tus andares.
Lanzo frases cargadas con odio que nunca concluyen.
Lucho contra compadres que quieren hacerme suyo.
Rebelde y pasional, no importa el nombre, concluyo:
La música te da la vida, vívela!!!
La fuerza en esta senda de inyecciones de ansiedad,
mi páramo de felicidad...
Pasión es el camino para buscar la verdad.
JUAN ANDRÉS CAMPOS
55
Veña, imos preparar un prato coa nosa «estrela»culinaria: a cebola… chata, claro!
IMOS Á COCIÑA?
Receita:Crema de cebolaUnha receita sinxela e deliciosa
Ingredientes (4 persoas):
• 2 cebolas medianas• 1 pataca pequena• 1 noz de manteiga ou margarina• 2 vasos de leite• 1 folla de loureiro• 1 vaso de caldo vexetal• sal• pementa ao gusto.
Pasos:
Paso 1: Pelar e trocear as cebolas e a pataca.
Paso 2: Derreter a manteiga nunha tixola e saltear as
cebolas a lume manso ata que queden transparentes.
Paso 3: Engadir o resto de ingredientes e subir o lume
ata levar a ebullición. Reducir o lume, tapar e deixar
cocer 20 minutos.
Paso 4: Quitar a folla de loureiro e deixar enfriar lixei-
ramente para pasar a mestura polo pasapurés ou a
batedora. Rectificar de sal e pementa.
56
JE JE JE JE JE JE JE JE JE JE JE JE JE JE JE JE JE JE JE JE JE
¿Como se di dentista en xaponés? Tekuro tuociko
Como se di bico en inglés. Tumorrow con el mío.
¿Como se di choiva en alemán? Gotas caen catiuscasponte.
Cantas áncoras ten un barco?
-Once, xa que sempre se di: «eleven» áncoras.
Están dous mariñeiros xuntos. Un dáse conta de que o outro ten unha pata de pau,un garfo e un parche no ollo. Desconcertado, pregunta:-Amigo, como tes unha pata de pau?-Tiráronme pola borda e unha quenlla mordeume.-E o garfo?-Cando abordei un barco inimigo, cortáronme a man.-E que me dis do parche?-Cagoume unha gaivota no ollo.-E por iso o perdiches?-Non... É que... era o primeiro día que usaba o garfo!
Acaba de afundirse un barco mercante e toda a tripulación está na auga. O capitán berra:
«Mariñeiros, escoitade, quen saiba nadar encontrará terra a 5 millas ao norte». Un mariñeiro
pregunta: «E os que non saiban?»
-Pois... 500 metros cara abaixo!!!
Ían dúas aceitunas esquiando e unha dille á outra:- Hai que ter coidado, non vaimos caer e romper un ósoE contéstalle a outra:- Pero como imos romper un óso se somos de anchoa!!!
Cal é o colmo dun gato?Ter un «día de perros».
57
Une o debuxo co seu refrán:
Polo mes de xaneirovento o día enteiro. PABLO
Un día festeirochega no mes de febreiro. ELSA E SOFÍA
Con marzo chegan as floresPara regalárlleas aos nosos amores. ALBA E MARÍA JOSÉ
Polo mes de abrilAs gotas caen de mil en mil. FER E TAMARA
En maio sae o solE saca os cornos o caracol. UXÍA E YING YING
O verán aí estáE en xuño a calor chegará. ADRIÁN E CARLOS A
Paseniño, paseniño, moi amodiñoNo mes de xullo vai saíndo o soliño. VERÓNICA
O verán remata en agostoVaite preparando para o magosto XOSÉ
Cando o vento comeza a soprarO mes de setembro está a chegar. ANTÍA
Outubro ventoso,Mes agarimoso. UXÍA E YING YING
Tras os fortes ventos de setembroChegan as frías xeadas de novembro. LAURA
En decembro, que mes!Abriga ben os pés. BEATRIZ
3º ESO A
XOGAMOS COS REFRÁNS?
58
PASATEMPOS
SOPA DE LETRASBusca oito palabras relacionadas co mar.
ES CAPAZ DE FUXIR DO LABIRINTO?
59
BUSCA AS DIFERENZAS
ADIVIÑAS
Ten famosa memoria, Pasea de noitefino olfacto e dura pel e durme de día.e os maiores narices Gústalle o peixeque no mundo pode haber... e a sopa fría.QUEN É?
MANUEL AMADO E DIEGO LÓPEZ (4ºA)
QUE ESTÁ REGANDO O AVÓ?
60
NIAMH IN SPAIN
My experience of Miño.
I have been in Spain por 3 weeks, with only oneweek to go.
It has been a difficult experience, yet I have enjoyedit.
Everyone is very helpful and have included me ineverything we’ve done.
Although me lifestyle is different here, live learnedto adapt. The most challenging thing has been thelanguage. Without doubt, I have learned a lot morespanish and it has improved greatty since I arrived.
My stay here also has been evertful. I visitedSantiago, where the cathedral is situated, A Coruña,to the aquarium anda the museums, and to thehistorical town of Monforte. Morforte was probablymy favorite trip because it was with the class andwe also stayed overnight.
I think me town of Miño is the perfect place for aperson like me because it is a friendly communityand the weather is pleasant too.
I will be relieved to go home and espeak english again. I will be sad to leave Spain I’vehad a great time here learning spanish and the experience was definitly worthwhile.
NIAMH
ALEX TRADUCE«A miña experiencia en Miño.
Estiven 3 semanas en España e só me falta unha para irme.
Foi unha experiencia difícil, pero divertinme. Todos son moi hospitalarios e estiveroncomigo e incluíronme en todo o que fixemos. Aínda que a miña forma de vivir aquí édiferente, aprendín como adaptarme.
O maior reto foi a lingua. Aprendín moito español e mellorei moito dende que cheguei.
A miña estancia aquí tamén estivo chea de excursións. Visitei Santiago, onde está aCatedral; A Coruña, o acuario e os museos; e tamén a histórica cidade de Monforte.Probablemente, ir a Monforte foi a miña excursión favorita porque fun coa clase edurmimos alí.
Creo que Miño é o lugar perfecto para unha persoa coma min porque a xente é moiamigable e o tempo tamén é bastante bo.
A pesar de estar aliviada por volver a casa e volver falar inglés, estarei triste ao deixarEspaña. Paseino moi ben aprendendo español e a experiencia valeu a pena».
NIAMH
DESPEDÍMONOS!
Como todos os anos, dicimos adeus!
Despois de tantos anos xuntos, de tantos momentos vividos, de tantos recordos,
tantas clases, tantos castigos, tantos profesores, tantos compañeiros, tantas risas,
tantas alegrías e decepcións, pérdidas, actos e festexos… agora debemos dicir ADEUS!
Aínda que non o creades, apenados, tristes e preocupados por algo novo que vai
comezar, que nos vai separar, que non sabemos como vai ser, que igual non sabemos
enfrontar…
Botaremos de menos os chistes malos de Manuel G., as parvadas de Xandre, os
enfados de David, os agarimos de Diego, as «inteligencias» de Manuel A, os comen-
tarios de Carla, os peloteos de Rony, o sorriso de Irene, a madurez de Silvia, a sabi-
duría de Alex, os berros de Nerea, as cursiladas de Patri e a ausencia de Juan Andrés.
Queremos dende aquí agradecer a todos os profes o que nos ensinaron con tanta
paciencia, a pesar das dores de cabeza que lles producimos. Grazas por darnos coñe-
cementos, tanto escolares como da vida; por espabilarnos e abrirnos os ollos; pola
preocupación e atención. Aínda que non o pareza, botarémosvos moito de menos.
Podemos ser inmaduros, rebeldes, contestóns e despreocupados pero no fondo sabe-
mos que todo o que facedes é polo noso ben.
Finalmente queremos resaltar a nosa titora, a persoa que deu a cara por nós, que tivo
unha paciencia inmensa, un corazón enorme e unha loita continua para levarnos polo
bo camiño e ensinarnos a ser mellores persoas. Begoña, grazas por todo; aínda que
non o penses, querémoste! Pedí-
mosche perdón polos problemas
e «rozamentos» que tivemos.
Querémoste moitísimo e sabemos
que ti a nós tamén, aínda que só
sexa un pouquichiño.
E agora, só dicirvos a todos que
ESTAMOS ORGULLOSOS DE TER
ESTADO NUN COLEXIO COMA
ESTE!!
Con cariño, bicos e apertas de
4º ESO A