REVISTA HOSTELERÍA LUCENSE Nº 12

32
REVISTA DA ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE EMPRESARIOS DE HOSTELERÍA DE LUGO (APEHL) Crónica e álbum de fotos da gala da hostalería lucense Maio 2012 número 12 Lanzamento da quinta guía …E para comer, Lugo en Fitur Homenaxe nacional á saga do restaurante Campos OS CONCURSOS DE TAPAS PÓÑENSE DE MODA ENTRE OS HOSTALEIROS DA PROVINCIA ENTREVISTA A LUÍS IGLESIA BESTEIRO, UN GALEGO ACTOR: “NA ALDEA O PRIMEIRO É COMER E LOGO, SE CHE QUEDAN CARTOS, VISTES”

description

REVISTA HOSTELERÍA LUCENSE Nº 12

Transcript of REVISTA HOSTELERÍA LUCENSE Nº 12

Page 1: REVISTA HOSTELERÍA LUCENSE Nº 12

REVISTA DA ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE EMPRESARIOS DE HOSTELERÍA DE LUGO (APEHL)

Crónica e álbum de fotos da gala da hostalería lucense

Maio2012

número

12

Lanzamento da quinta guía …E para comer, Lugo en Fitur

Homenaxe nacional á saga do restaurante Campos

OS CONCURSOS DE TAPAS PÓÑENSE DE MODA ENTRE OS HOSTALEIROS DA PROVINCIA

ENTREVISTA A LUÍS IGLESIA BESTEIRO, UN GALEGO ACTOR:“NA ALDEA O PRIMEIRO É COMER E LOGO, SE CHE QUEDAN CARTOS, VISTES”

Page 2: REVISTA HOSTELERÍA LUCENSE Nº 12
Page 3: REVISTA HOSTELERÍA LUCENSE Nº 12

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 12

EDITORIAL/SUMARIO

3

DINAMISMO PARA O BEN COMÚN

Na Apehl contamos con preto dun milleiro de hostaleiros asociados que cons-

trúen unha parte moi significativa da imaxe turística da provincia coa activida-

de nos seus establecementos, dedicados enteiramente a prestarlles un servizo

integral e de calidade aos visitantes. Somos un conglomerado de restaurantes,

casas de turismo rural, hoteis, balnearios, cafeterías, pubs, campings, bares,

albergues e pensións, aunados baixo a marca …E para comer, Lugo.

Funcionamos coma unha asociación hostaleira e de turismo e entre todos face-

mos que estes sexan os sectores económicos máis importantes e os motores

fundamentais para crear novos postos traballo nesta situación de crise na que

nos atopamos, dada a nosa rápida capacidade de resposta na rexeneración.

Corrobórano as cifras: o turismo representa o 12% do PIB provincial e, na actua-

lidade, a hostalería dálle emprego a unhas dez mil persoas na provincia de Lugo,

ademais de ser un medio idóneo para fixar poboación no rural, que é maioritario.

Nos tempos que corren queremos romper unha lanza en favor da unión do gre-

mio porque somos conscientes de que, se ben hai que recortar gastos e facer

axustes nas contas individuais, tamén hai investimentos necesarios para o ben

común, para evitar derivar na inactividade e na falta de rumbo.

As nosas iniciativas, da Apehl e dos nosos socios, das que damos conta neste

número da revista, son boa proba dos beneficios que comporta ser dinámico: o

lanzamento dunha guía de Lugo nun escaparate internacional do turismo coma

é Fitur, a realización de xornadas gastronómicas especiais que innovan a oferta

e serven de reclamo para os visitantes foráneos, a organización de concursos

de tapas en distintos concellos para invitar a veciños e a xente dos arredores a

pasar polos locais e levar premio, os recoñecementos a nivel nacional e galego

dos hostaleiros ou os plans de formación para a profesionalización do persoal,

entre outros exemplos, son accións levadas a cabo por e para o sector hostaleiro

lucense no seu conxunto. Non nos faltan motivos para promocionar Lugo como

destino, pero si que nos resulta imprescindible a vosa fidelidade.

EDITA:

ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE EMPRESARIOS DE HOSTELERÍA DE LUGO (APEHL)

r/ Ramón Montenegro, 15, Entlo. 27002 LugoTfno.: 982.226.912Fax: 982.244.256E-mail: [email protected]

Delegación Zona Sur

r/ Zapaterías s/nTorreón da Cárcere Vella27400 Monforte de LemosTfno: 982.412.050E-mail: [email protected]

Delegación A Mariña

r/ Lugo, 3, baixo. 27780 FozTfno/Fax: 982.133.047E-mail: [email protected]

PRODUCIÓN:

Transmedia Comunicación & PrensaRonda das Fontiñas, 272, Entrechán ATfno.: 982.221.278E-mail: [email protected]

DEPÓSITO LEGAL: LU 186-2008

O MARQUÉS, UN HOSTALEIRO ACTIVO

CONVERSA CON MATALOBOS HOMENAXE AO CAMPOS A APEHL EN FITUR

O TAPEO DE CONCURSO

GALA ANUAL DA HOSTALERÍA

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 12

SUMARIO

- Productos de limpieza- Detergentes y sistemas para lavandería- Celulosa- Complementos- Servilletas y palillos con la marca . . E para comer, Lugo- Disponemos de planes de limpieza adaptables a todas sus necesidades

HOSTELERÍA - COLECTIVIDADES - LAVANDERÍAS - AUTOMOCIÓN

4

6

10

12

14

20

Page 4: REVISTA HOSTELERÍA LUCENSE Nº 12

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 12

VETERANOS

4

“BARREIROS É UN DIAMANTE EN BRUTO SEN PULIR”

O café bar Moderno foi bautizado así por ser o único da zona que con-taba cunha cafeteira moderna para aquela época. Corría o ano 1934. Dende aquela pasaron case oito dé-cadas, pero o tempo non impediu que este establecemento hostaleiro siga abrindo as súas portas diaria-mente e estea máis vivo ca nunca.

O Moderno non é soamente unha fonda na que hospedarse ou xantar, senón un verdadeiro espazo dina-mizador da zona. O responsable de que isto ocorra é o seu propietario, Suso Seivane, máis coñecido coma o Marqués, que dirixe o local xunto coa súa dona Montse, á que califica como unha gran cociñeira de pratos tradicionais. O espírito “revolucio-nario” do Marqués e as súas capa-cidades divulgadoras fan posible que tan só con acceder ao interior o visitante se empape dunha morea de información gráfica e oral sobre as múltiples posibilidades para des-frutar da contorna con todos os sen-tidos. Unha destas opcións son os baños das Carolas, unha tradición que, segundo relata Suso, comezou

durante a posguerra cando moita xente humilde de diversas zonas de Lugo acudía a Barreiros en setem-bro, despois de facer os labores pro-pios do campo, a tomar estas augas ricas en iodo coa finalidade de curar algunha enfermidade.

Outro dos asuntos que se afana por potenciar o Marqués é a condición labrega do municipio de Barreiros. “Este concello foi, é e será sempre labrego”, afirma rotundo. Por iso cre imprescindible potenciar os produ-tos da terra e dalos a coñecer entre a xente que visita a zona.

Este empresario da hostalería e sus-tentador dos valores tradicionais está convencido de que compatibi-lizar a defensa da labranza e da gan-dería, así como a calidade dos pro-dutos do mar e da terra, co impulso do turismo sostible é unha unión frutuosa que beneficia a todas as partes. Non obstante, matiza que por turismo débese entender a súa variante tradicional e non a que se impuxo nos últimos anos de “coellei-ras” e “galiñeiros”, en referencia ás

grandes moles construídas na zona. E para acadar este obxectivo cre que xoga un papel fundamental o aso-ciacionismo. Afirma que asociacións tales como a Apehl deben promo-cionar A Mariña desde un ámbito máis global, dando a coñecer non só as praias senón a riqueza natural, paisaxística, cultural e patrimonial, a gastronomía etc. como un modo efi-caz de desestacionalizar o fluxo de visitantes. “Barreiros é un diamante en bruto sen pulir”, afirma, “só se ne-cesita vontade e planificación para sacarlle todo o partido que pode chegar a ter”.

O Moderno tamén é un punto de paso para os peregrinos que esco-llen o Camiño Norte para chegar a Compostela. Á parte de selar a cre-dencial e de poder informarse de todo o que merece a pena visitar no municipio, os camiñantes poden comer un saboroso menú a base de produtos locais.

E falando de comida, as dúas es-pecialidades desta fonda mariñá son os percebes da pena do altar e o caviar de cabozo. Pero, ollo, que ninguén se confunda pensando que os percebes saíron do mar ou que o caviar é a ova do esturión, pois o certo é que se trata doutras delicias culinarias a base de liscos de porco, no primeiro caso, e de cachucha con pemento picante e pataca cocida, no segundo. Afirma o Marqués que o nome artificioso destas suxeren-cias é un xeito máis de potenciar os produtos da terra e de reivindicar a súa calidade.

No 2007, Suso e Montse abriron o hotel Ría do Masma na punta da An-guieira, na costa de Barreiros, cunha filosofía similar á do Moderno. Os tu-ristas que alí se hospedan gozan do encanto das praias á vez que ante eles se desprega a posibilidade de descubrir unha paisaxe e un modo de vida únicos, grazas ao asesora-mento xeneroso do Marqués e da súa familia.

Suso é neto dos fundadores do Moderno, Albina e Antonio. Arriba, Albina xunto á cafeteira moderna. FOTO: P. Villapol

SUSO SEIVANE. CAFÉ BAR MODERNO

Page 5: REVISTA HOSTELERÍA LUCENSE Nº 12

Anuncio_confort_hotel_Galicia.indd 1 02/04/12 10:43

Page 6: REVISTA HOSTELERÍA LUCENSE Nº 12

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 12

...E PARA COMER, LUGO

6

“PARA REGALAR, REGALO TARTA DE RIOTORTO”Para moitos é Carmelo Matalobos, o protagonista dunha das series de culto da TVG. Pero a tarde que compartimos con Luís demostrounos que pouco ou nada se parece ao personaxe de ficción que tanto éxito lle está outorgando. Nacido en Riotorto hai medio século, este lucense afincado en Compostela defínese como un galego actor, nesa orde, e a súa prolífica traxectoria está avalada polos máis de 300 intérpretes que dobrou ao galego e polas súas participacións no teatro, no cine e na televisión.

_Hai máis de 30 anos que non resi-des en Riotorto. Segues indo con frecuencia?_Si. O que pasa é que o interior de Galicia estase despoboando a pasos axigantados e ás veces dáche cer-ta dor ir á casa. Ademais, agora os meus pais residen en Santiago preto de min e ao telos a eles alí teño me-nos necesidade e tempo para ir.

_Luís, …E para comer, Lugo?_Si [afirma con rotundidade].

_Coñecías a marca?_De toda a vida! Antes, cando ía de Riotorto a Lugo, entraba pola Ferve-doira e o primeiro que vía era o car-tel de …Y para comer, Lugo, en cas-telán. Hai anos, cando saía traballar fóra e comentaba que era de Lugo automaticamente me contestaban: “Y para comer, Lugo”. E parecíame mal porque era tanto como dicir que en Lugo o único que sabiamos facer era comer. Pero hoxe en día, en relación á cultura gastronómica e ao

fast food, é un pracer que me digan iso, e eu respondo: “Si, sabemos co-mer e vivir mellor ca vos”.

_Se tiveses que escoller un prato, con cal te quedarías?_Coas “fillogas” [filloas]. Eu ademais prefiro as de sangue. Na casa da miña avoa facíanas nunha lousa na aira e gustábanme incluso máis de quentadura ao día seguinte. E digo gustábanme porque agora non hai quen as faga.

Luís Iglesia asegura que a gastronomía lucense se recoñece fóra moito máis do que parece

LUÍS IGLESIA BESTEIRO

Page 7: REVISTA HOSTELERÍA LUCENSE Nº 12

7

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 12

...E PARA COMER, LUGO

_Comida caseira ou de restaurante?_Se é un restaurante bo, gústame comer de restaurante. Hoxe [polo día no que realizou a entrevista] co-mín encantado da vida un par de vieiras e un solombo ben preparadi-ño nun restaurante. Era feliz! En Ga-licia é tan boa a materia prima que non fai falta facerlle moitas cousas.

_Gústache cociñar?_Non, é que se me dá moi mal. O da cociña pasou da nai ao fillo porque teño un fillo de 24 anos que cociña moi ben, vai por bo camiño.

_O tapeo en Lugo é un comporta-mento social moi asentado, unha forma de relacionarse. Que dife-renzas atopas con respecto a ou-tros lugares onde estiveches?_A primeira vez que fun vivir a unha cidade grande de Galicia, o primei-ro que me chamou a atención é que no supermercado atopábaste con xente que ía vestida coma se fose a unha voda e que logo compraba 50 gramos de queixo, dúas mazás, un plátano… e non me entraba na cabeza. Na aldea o primeiro é comer e logo, se che quedan cartos, vistes. Son dúas concepcións moi distintas da vida. E en Madrid [recentemente estivo gravando unha serie alí] pasá-bame un pouco o mesmo. Ti queres quedar con alguén para tomar un viño e dinche: “O sábado”. E eu res-pondo: “Non, o sábado non, eu digo de tomalo agora, cando acabemos o choio…”. Ás veces xeneralizar é estú-

“A cociña dáseme moi mal, pasou da nai ao fillo porque teño un fillo de 24 anos que cociña moi ben, vai por bo

camiño”Ao actor lucense encántalle comer de restaurante, sempre que a materia prima sexa boa

Page 8: REVISTA HOSTELERÍA LUCENSE Nº 12

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 12

...E PARA COMER, LUGO

8

pido pero como que as relacións son moi superficiais ou que mesmo non dá tempo a que se establezan.

_No teu pobo natal tedes a vosa propia tarta… Gústache esta so-bremesa?_Por suposto, é un elemento de or-gullo. Eu, para regalar, regalo tarta de Riotorto. Teño un amigo de Gui-tiriz que traballa comigo na dobraxe e cando estivemos en Vigo gravan-do Walker, ranger de Texas eu levaba unha tarta de Riotorto e el, á sema-na seguinte, levaba unha de Guitiriz e competiamos a ver quen quedaba mellor, pero gañaba por goleada a de Riotorto, unha cousa… [risas].

_Veraneas na Mariña? _Veraneaba de pequeno. Iamos os fins de semana nunha citrolas que tiña o meu pai, daquelas que tiñan caixa, a Barreiros, Reinante e toda esta zona, que é moi bonita.

_Hai algunha zona da provincia que non coñezas e che gustase co-ñecer?_Curiosamente, as zonas que menos pisara eran A Fonsagrada e Os Anca-res, pero este verán estiven gravan-do a película Vilamor en Negueira de Muñiz e pareceume unha pasada.

_Eres asiduo ao San Froilán?_Claro! Imos alí todos os das “puchas caladas”, como nos chama un amigo meu, a levar empuxóns… É unha festa que non ten xeito ningún, pero que é marabillosa. É coma unha es-pecie de catarse colectiva do norte.

_E que que me dis do Arde Lucus?_Tamén me gusta, pero hai dema-siado romano [risas]. Paréceme que foi unha festa que empezou mara-billosamente ben e segue estando ben, pero ás veces véxoa un pouco pija, non é que renegue dos roma-nos, que nós somos descendentes de romanos, pero na festa recréanse uns romanos moi ricos, coma se to-dos os que vivían aquí fosen ricos…

_Cres que a gastronomía lucense se recoñece fóra?_Si, bastante máis do que parece. O outro día uns compañeiros de Ma-drid empezaron a falar de gastronomía ga-lega e da de Lugo en particular e alucinei. O actor Alberto Jo Lee, que traballa comigo en La Fuga, pónseme un día a falar de bares de Santiago e restaurantes de Lugo e creo que coñecía máis ca min, e iso que es-tivo aquí catro veces contadas. E díxo-me: “¿La próxi-ma vez que vengas me haces un fa-vor? Tráeme una botella de licor café” [risas].

“O San Froilán é unha festa que non ten xeito ningún, pero que é marabillosa”

“CARMELO FOI O MELLOR AGASALLO QUE ME FIXERON NUNCA”

Ía para banqueiro pero unhas probas de dobraxe cambiáronlle o destino para sempre. Con pouco máis de vinte anos mudouse a Santiago e alí quedou, facendo o que máis lle gusta: actuar.

_Como empezaches no mundo da actuación?_Desde os sete anos quería ser cantante e actor e conseguín ser un actor que cantaba. Toda a miña vida, sen pensalo, prepareime pra isto, de maneira que cando se me presentou a primeira oportunidade, que foi unha proba de dobraxe, xa quedei.

_A túa familia apoioute desde o principio?_Non, foi un disgusto e un disgusto lóxico. Para a miña nai menos porque as nais sempre son moito máis intuitivas e deuse conta de que o fillo era titiri-teiro, pero meu pai esperaba que fora banqueiro e si levou un disgusto. Pero despois pasoulle, hoxe está moi orgulloso…

Page 9: REVISTA HOSTELERÍA LUCENSE Nº 12

9

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 12

...E PARA COMER, LUGO

_Comezaches coa dobraxe e o teatro e seguiches co cine e a televisión. En que ámbito te sentes máis cómodo?_Na tele e podo razoar o porqué. O teatro gústame moito, creo que é a esencia da interpretación, pero nos tempos que estamos vivindo facer oito funcións dun espectáculo separadas entre si un mes e pico im-plica estar estreando sempre e nunca chega a estar no punto a peza que interpretas. A min gústame a inmediatez da tele. De feito, eu son moi despistado pero chego a un plató e teño un control absoluto so-bre todo o que pasa ao meu redor: a luz, a pértega… E alucino porque podo repetir unha escena cincuenta veces e facela exactamente igual. Eu creo que é por-que me gusta, porque estou nun sitio no que me ato-po ben. Tamén me gusta moito a dobraxe pero na do-braxe non creas, tes que imitar o mellor posible algo que outra persoa xa fixo por ti.

_Non podo deixar de preguntarche por Carmelo Matalobos… _Carmelo foi o mellor agasallo que me fixeron nun-ca. Desde o principio vinlle tantas posibilidades que tiven claro que o personaxe tiña que ser pra min. E logo foi bonito todo o proceso, que non adoita pa-sar moitas veces. Puiden aportar cousas, como o seu sentido do humor. Pensei que aínda que este tipo era un cabrón tiña que caerlle ben á xente porque a min gústame ver series onde o malo cae ben, nas que nun momento dado digas: “Pero como me pode caer ben un tipo que é tan desgraciado coma este”. E iso traba-lleino, traballeino ata no ximnasio porque me parece bonito que os malos resulten atractivos. Tamén creo que se me escapou das mans porque logo á xente cáelle tan ben que parece que o xustifica todo.

_Gústache interpretar papeis de malo?_Os papeis de malo son moi agradecidos. De todas formas os actores, contrariamente ao que se pensa, salvo casos de elite, non temos capacidade de elec-ción. Dinche: “Queres facer isto?”. E soamente hai dúas posibilidades, ou si ou non. En calquera caso, os malos mólanme porque ofrecen máis posibilidades.

_E como levas a fama? _Ben, creo que evolucionou moito como a xente ve estas cousas. Antes, nas primeiras series que se facían

aquí en Galicia, en Mareas [Mareas vivas] por exem-plo, si había unha identificación actor-personaxe, pero agora a xente está moito máis afeita, entende que eres un actor e que estás facendo un papel. En calquera caso, o 99% da xente a min éntrame moi ben. Eu son moi “aldeas” nese sentido, gústame falar coa xente e teño unha teoría: se che dedican unha hora ou dúas á semana poñéndose diante do televi-sor e os entretemos, que menos que ti lle dediques cinco minutos.

_Saberse recoñecido polo público obriga a com-portarse dun modo concreto?_Non se pode xeneralizar porque cada un lévao dun-ha maneira distinta. Ten máis que ver con como es ti e como te educaches que co oficio en si. Non hai unha lei común. E eu lévoo moi ben, nunca penso en por-tarme dunha maneira distinta a como son, sería estú-pido pola miña parte. Despois haberá xente á que lle guste e xente á que non.

_Éxito e popularidade camiñan da man?_A popularidade ten a caducidade no fondo do fras-co, é dicir, hoxe en día podo ser moi coñecido por Carmelo Matalobos pero o día que deixen de emitir a serie e vaia ao supermercado van ser cinco as per-soas que me recoñezan. Cando me din que son un crack míroo cunha distancia absoluta porque sei que é algo que ten unha caducidade. Para min o éxito é que os traballos que ti fagas che fagan mellorar como individuo e como profesional. Pode coincidir que un personaxe que ten popularidade sexa un éxito pra ti, que medres con el, pero non sempre ocorre así. A po-pularidade é algo que vén amecido e que hai que dis-frutar e agradecer, pero nunca é unha meta. A miña meta é ser actor, quero chegar a ser actor de maior. Na miña cabeza sei o actor que quero chegar a ser e vou día a día, pasiño a pasiño. Ao mellor non o consi-go pero en calquera caso o importante non sempre é chegar, senón facer o camiño.

_Seguirémoste vendo en…_Na televisión en Matalobos e en La Fuga, e agora no cine, en Vilamor. Tamén teño dúas curtas programa-das pero non sei aínda cando van saír.

Page 10: REVISTA HOSTELERÍA LUCENSE Nº 12

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 1210

NOVAS

A CALIDADE E A DEDICACIÓN TEÑEN PREMIOO restaurante Campos (Lugo) e o Asador Coto Real (Rábade) foron os dous establecementos hostaleiros lucenses recoñecidos este ano co Prato de Ouro que concede Radio Turismo. Os propietarios recibiron o galardón o pasado 2 de febreiro no marco de Xantar 2012, en Ourense.

Neste mesmo escenario fíxoselles outro recoñecemento público aos restaurantes galegos que consegui-ron a Estrela Michelin ou o Sol Repsol e entre eles figuraba o Nito de Vivei-ro, que obtivo un dos soles que cada ano reparte a coñecida guía entre os mellores restaurantes de España.

No caso do Campos, que leva funcio-nando no centro histórico de Lugo desde 1952, o Prato de Ouro non foi a única distinción que recibiu recen-temente, xa que tamén foi seleccio-nado pola Federación Española de

Hostelería (Fehr) para ser obxecto da Homenaxe Nacional a Sagas Hosta-leiras que se celebrou o pasado 16 de abril en San Sebastián, no marco do XIV Congreso Nacional de Hostalería.

Por último, cómpre salientar tamén o premio Santa Bárbara que outorga a Cámara Mineira de Galicia e que

recaeu no director do balneario de Lugo e vicepresidente da Asociación de Balnearios de Galicia, Antonio Ga-raloces Paz, así como a participación do chef do restaurante Dona Branca do Palacio de Sober, Marco Varela, na final do Concurso Cocinero del Año, que tivo lugar no transcurso de Ali-mentaria 2012.

Os presidentes da Apehl e da Fehr apoiaron á familia Vázquez en San Sebastián

DEZ ESTABLECEMENTOS ASOCIADOS Á APEHL OBTIVERON OU RENOVARON A Q DE CALIDADE A 10 establecementos asociados á Apehl certificóuselles ou renovóu-selles ao longo de 2011 a Q de Cali-dade Turística, unha distinción que o Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) concede aos esta-blecementos turísticos que cumpren determinados requisitos de calidade nos seus servizos.

O último en conseguir este esixente selo de calidade foi o Hotel Balneario de Guitiriz. O resto de locais certifi-cados foron os aloxamentos rurais A Casa de Piego (Foz), Casa Areal (Vi-veiro) e Finca O Bizarro (Trabada); os hoteis e apartamentos turísticos Ho-tel Eo (Ribadeo) e Oca Augas Santas Balneario & Golf Resort (Pantón); e os restaurantes Nito (Viveiro), O Grelo (Monforte) e Campos (Lugo). A estes súmase o Pazo da Trave (Viveiro), ao que se lle concedeu a renovación.

En total foron 14 os establecementos lucenses aos que o ICTE certificou por primeira vez a súa calidade e 3

aos que llela renovaron, ademais das praias da Rapadoira (Foz), e As Cate-drais e Os Castros-Illas (Ribadeo).

Entrega dos distintivosOs representantes dos locais hosta-leiros galegos certificados por vez primeira ou cuxa certificación lles foi renovada ao longo de 2011 recibiron o 31 de xaneiro o correspondente

distintivo nun acto presidido polo ti-tular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que se celebrou no Oca Augas Santas Balneario & Golf Resort de Pantón. Feijóo mostrou a súa satisfacción de que, por segundo ano consecutivo, Galicia sexa a primeira comunidade que máis certificados Q de Calidade Turística ten conseguido.

Os representantes dos establecementos certificados coa Q de Calidade recibiron o distintivo acreditativo nun acto presidido por Alberto Núñez Feijóo

Page 11: REVISTA HOSTELERÍA LUCENSE Nº 12

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 12

NOVAS

11

O GALO DA RAZA MOS TRIUNFA EN SANTA COMBADo 17 ao 30 de abril celebrouse na parrillada Santa Comba (San Pedro de Santa Comba, Lugo) a Quincena Gastronómica do Galo de Mos, unhas xornadas dedicadas á degustación e desfrute da carne desta raza avícola autóctona de Galicia.

Aínda sendo a primeira vez que se realizaban, o éxito de acollida sentiuse desde o comezo e continuou duran-te os días nos que se prolongaron as xornadas. O dono do establecemento, José Luís Gónzalez, non dubidou en cualificar a iniciativa de “espectacular”, xa que incluso se achegaron grupos de comensais doutras provincias só por gozar do sabor desta carne. Qui-zais por iso, José Luís xa adiantou que ía deixar o de galo de Mos na carta tras o remate das xornadas, ao tratar-se dun produto “dunha gran calidade”.

As dúas posibilidades que ofrecían para probar este produto eran ou ben o Menú Galo Mos, consistente nunha sopa de Mos de primeiro prato e galo de Mos como prato principal, ou ben

escoller algunha das propostas por separado na carta.

O galo preparárono ao “estilo avoa”, en pota, cortado en anacos e acompaña-do de patacas asadas e de pementos, como se facía antigamente. Os ani-mais procedían da granxa Chousa do Lea, de Castro de Rei.

Na parrillada Santa Comba son espe-cialistas na organización de xornadas gastronómicas, tanto de razas autóc-tonas galegas en perigo de extinción coma doutros produtos. Hai pouco celebraron unhas xornadas de arro-ces, en breve enxalzarán o bacallau, ocasión para a que virá expresamen-te un cociñeiro portugués para pre-paralo á portuguesa, e en xuño, os amantes das carnes vermellas terán a oportunidade de saborear a deliciosa carne de Cachena.O dono da parrillada mostraba orgulloso o prato de

galo de Mos na inauguración das xornadas

Page 12: REVISTA HOSTELERÍA LUCENSE Nº 12

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 1212

NOVAS

A QUINTA GUÍA ...E PARA COMER, LUGO SAÍU DO PRELO DIRECTAMENTE A FITUR 2012

A presentación da guía correu a cargo do delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega; a xerente de Turgalicia, Carmen Pita; e o presi-dente da Apehl, Cheché Real. Os tres participantes no acto tiveron palabras de eloxio sobre a proxección hostalei-ra da provincia.

Durante a súa intervención, Ónega destacou o acertado dos eslóganes …E para comer, Lugo e Todos los cami-nos llevan a Lugo e salientou ademais a súa condición de lucense, ao mani-festar que estar alí en representación do Goberno galego foi un honor por-que se considera “un lucense máis”. Pola súa banda, Carmen Pita, estadís-ticas en mans, resaltou o feito de que a gastronomía, que ten tanto tirón en terras luguesas, se sitúe como segun-do motivo polo cal os turistas visitan Galicia. Igualmente sobre a importan-cia da gastronomía falou Cheché Real, quen quixo subliñar o papel que de-sempeñan os cociñeiros coma “autén-ticos intérpretes do territorio”.

Entre o público atopábanse dous ha-bituais deste evento, os lucenses e te-levisivos Jenaro Castro e José Manuel Parada, quen nesta ocasión acudiu acompañado pola que fora pianista de Cine de barrio, Eloísa Martín. Tamén repetiron arroupamento hostaleiros

madrileños con raíces en Lugo e acu-diron os alcaldes de Barreiros, Burela, Folgoso do Courel, Foz e Lourenzá, así como algúns concelleiros, entre eles o concelleiro de Viveiro e deputado no Congreso Jaime de Olano.

Os participantes no acto con Jenaro Castro e os hosteleiros madrileños de orixes lucenses

Como cada ano, a Apehl levou á Feira Internacional de Turismo de Madrid (Fitur) un novo número da súa colección de guías …E para comer, Lugo. O que xa é o quinto volume foi presentado oficialmente o 18 de xaneiro ante os medios de comunicación e os asistentes a esta gran cita sectorial.

Apehl estivo arroupada en Fitur por coñecidos personaxes de Lugo e por representantes da Administración local

Page 13: REVISTA HOSTELERÍA LUCENSE Nº 12

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 12

NOVAS

13

Eloísa Martín, José Manuel Parada e Cheché Real posan coa nova guía

Nove rutas e un álbum gastronómico

A nova guía titúlase Todos los caminos llevan a Lugo porque se marcaron nela nove rutas a seguir na pro-vincia: a costeira dende Ribadeo ata O Vicedo, a do prelitoral, o circuíto pola Terra Chá, o paseo polo an-fiteatro natural da Ulloa, a visita a Lugo e aos conce-llos do seu redor, a ruta pola comarca de Sarria, o per-corrido pola Ribeira Sacra e a penetración nas serras orientais e no corazón das montañas dos Ancares e O Courel.

De apoio para estas viaxes incluíuse información das principais vías de comunicación e menús de produtos típicos por cada itinerario, un mapa xeral dos acce-sos e os servizos de transporte e turísticos e mais un directorio de todos os establecementos que forman parte da Apehl. E, a diferenza de edicións anteriores, o quinto volume engade un pequeno álbum fotográfico dedicado á gastronomía lucense.

A guía pode lerse en www.eparacomerlugo.com e os exemplares en papel levan incorporado o código BIDI correspondente para rastrexar esta dirección.

Page 14: REVISTA HOSTELERÍA LUCENSE Nº 12

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 1214

NOVAS

O TAPEO DE CONCURSO ASÉNTASE NA PROVINCIA

MONDOÑEDOA Asociación de Comerciantes de Mondoñedo (Aciam) promoveu do 25 ao 27 de novembro o Concurso de Tapas Cidade de Mondoñedo, no que participaron 14 locais de hostalería.

Cada establecemento achegou dúas tapas –unha na categoría tradicional e outra na creativa–, propostas que os clientes degustaron a un prezo úni-co de 1,5 euros e que tiveron ocasión de valorar. Ademais, a través do seu voto, accedían ao sorteo dun vale de 100 euros para comprar nos locais da asociación. O concurso tamén contou cun xurado profesional composto por un membro da Aciam e dous profeso-res de Hostalería do IES de Foz.

Unha tapa de magret de pato sobre unha capa de mazá regada con viño Mencía e acompañada con escuma sobre unha cama de patacas chips violeta xunto a unha escuma aromati-zada de infusión de froitas do bosque sobre xeo seco que ao facer reacción provocaba fume converteuse na fla-mante campioa no apartado creativo, así coma na tapa máis popular. Cha-mábase By the quoi e era a proposta do mesón Os Arcos de Mondoñedo. No apartado tradicional, o bar Mini fíxose co primeiro posto gracias a Lembranza As San Lucas.

A POBRA DO BROLLÓNA comezos de decembro –do 3 ao 11– tivo lugar a terceira edición do con-curso de tapas da Pobra do Brollón. No certame, organizado pola conce-llería de Cultura, e no que colaborou

a Apehl, participaron sete locais hos-taleiros con propostas tan suxestivas coma o espeto de tenreira e kiwi con viño da Ribeira Sacra que ofreceu O Mesón do Lor e que lle proporcionou o primeiro premio ou as croquetas de xabarín e cogomelos da Cantina de Julia de Salcedo, merecedoras do se-gundo premio. A terceira posición foi para La Vieja Taberna, que competiu cunha tosta vexetal.

SARRIA O V Tapicheo de Sarria transcorreu entre o 5 e o 10 de decembro. Nel competiron 34 establecementos que ofreceron preto de 70 propostas culi-narias. O certame incluíu as categorías tradicional e innovadora e, á súa vez, os locais participantes dividíronse en seis rutas gastronómicas.

Os gañadores foron o Café Bar Atlán-tico na especialidade tradicional e o Ave Turuta na innovadora, coas tapas Ovos en niño e Timbal de bacallau con-feitado salteado con verduriñas sobre allada de dúas cores, respectivamente.

VILALBA Aproveitando o tirón do queixo de San Simón, o concello de Vilalba ce-lebrou unha nova edición do con-curso de tapas elaboradas co afama-do queixo chairego. A competición desenvolveuse do 22 de marzo ao 1 de abril e nela participaron 33 locais hostaleiros divididos nas modalida-des tradicional e creativa, sendo a primeira a de maior aceptación entre os participantes. Por ela decantáronse 28 establecementos e só os 5 restan-

tes pola creativa. En canto aos prezos, estipulouse que fora dun euro para as propostas tradicionais e de dous para as creativas. Nos 10 días nos que se prolongou o concurso servíronse arredor de 40.000 tapas.

A votación popular converteu ao bar Estudiante no campión da categoría tradicional e ao restaurante A Nova Ruta no da creativa. Pola súa banda, o xurado profesional premiou a tapa do bar Albeni como a mellor no apartado tradicional e a do Mesón do Campo como a mellor no apartado creativo. A entrega de premios coincidiu coa xornada inaugural da Festa do Queixo de San Simón, o 7 de abril.

En Palas de Rei tamén se celebrou un concurso de tapas de queixo con mo-tivo da XXI Feira do Queixo da Ulloa. O gañador foi o hostal-restaurante Vilariño, que competiu cunha tosta de crema de espinacas con queixo de Arzúa-Ulloa e lombo. Unha tapa de gazpacho de fresón con queixo e unha de chipiróns recheos de queixo foron as merecedoras do segundo e o terceiro premio, respectivamente.

Cada vez son máis os concellos que apostan polo tapeo de competición para osixenar o sector hostaleiro. Durante o inverno e a primavera celebráronse concursos en Mondoñedo, A Pobra do Brollón, Sarria, Quiroga, Vilalba, Palas de Rei e Meira.

Este espeto de tenreira e kiwi foi o gañador do concurso da Pobra do Brollón

Timbal de bacallau confeitado, unha das tapas vencedoras do Tapicheo

En Mondoñedo, esta proposta do mesón Os Arcos converteuse na tapa creativa campioa

A tapa do Mesón do Campo foi unha daspremiadas polo xurado profesional de Vilalba

Page 15: REVISTA HOSTELERÍA LUCENSE Nº 12

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 12

NOVAS

15

O Pelegrín navega polo río Miño dende a aldea de Belesar ata a insua de Maiorga e ofrécenos vistas dos moitos bancais de viñedos da Ribeira Sacra. Ademais, o embarcadoiro de Belesar dispón de servizo de restaurante-bar especializado en gastronomía da zona.

O Mencía atravesa fondos vales e canóns entre as montañas polas que discorre o río Sil. Dende o catamarán podemos ver as vides cultivadas en socalcos e as igrexas e mosteiros da ruta do románico. Esta é terra tamén da olería de Gundivós, característica pola cor negra que lle dá o seu afumado.

POLO SIL

Saídas: ás 11:30 e ás 16:00 horasDe mércores a domingoTodos os días en Semana Santa (ás 11:30, 16:00 e 18:30 horas)Catamarán: MencíaDuración: 2 horasPrazas: 50

Saídas: ás 11:30 e ás 16:00 horasDe mércores a domingo Todos os días en Semana SantaCatamarán: PelegrínDuración: 1 hora e 45 minutos Prazas: 60

POLO MIÑO

RUTA DOADE - SANTA CRISTINA

RUTA BELESAR - MAIORGA

Reserva anticipadaNo teléfono 982 260 196(de luns a venres, de 8:30 a 14:30 horas)Na web www.deputacionlugo.org

No catamarán20 minutos antes da saída

PrezosAdultos/as: 9 euros4-12 anos, >65 anos e carné xove: 5 eurosNenos/as de 0-3 anos: gratis

Para grupos (mínimo 30 persoas)Adultos/as: 7 euros4-12 anos, >65 anos e carné xove: 4 eurosNenos/as de 0-3 anos: gratis

ENTRADAS

Cultura e Turismo

AS RUTAS DE CATAMARÁN NO INVERNO

O funcionamento do programa de rutas está condicionado ao nivel da auga dos encoros e ríos. A Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo resérvase o dereito a facer calquera modifi cación en horarios e rutas.

QUIROGADo 2 ao 10 de abril o municipio de Quiroga celebrou o seu primeiro concurso de tapas. Na competencia, organizada polo Concello e na que colaborou a Apehl, participaron 16 establecementos hostaleiros, cuxas tapas –unha por establecemento– fo-ron valoradas por un xurado popular.

O campión foi o Mesón Escaleira, que

se converteu no preferido do público grazas a unha proposta que consistía nun lagostino crocante con escuma de queixo de Arzúa curado e ensalada de algas. O establecemento gañador recibiu 100 euros e unha placa con-memorativa.

Para os clientes, a condición para que o seu voto fose válido era probar to-das as tapas. Ademais, deste xeito entraban no sorteo dunha noite para dúas persoas con cea incluída na Fe-rrería Rugando (Vilarmel, Quiroga).

MEIRA Meira estreou concurso de tapas este ano. Organizouno do 20 ao 28 de abril o Concello en colaboración coa Apehl, coa Deputación de Lugo e cos sete establecementos inscritos.

Declarouse gañador do certame o mesón Pedreira, que se impuxo cun-ha robaliza bautizada como Serra de Meira. O segundo e o terceiro posto

ocupárono os bares Xeira e Pozo, res-pectivamente. Cada local concorreu cunha única tapa pola que os clientes puideron votar facendo uso das tar-xetas correspondentes. Para emitir o voto foi necesario probar, como míni-mo, as tapas de dous bares diferentes, e aqueles que completaron o tapeo polos sete entraron no sorteo dunha sesión de spa e unha comida no Spa Attica21 de Vilalba.

Proposta gañadora do certame de QuirogaTapa do mesón Pedreira, vencedor do concurso meirense

Page 16: REVISTA HOSTELERÍA LUCENSE Nº 12

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

16

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 12

PUBLIRREPORTAXE

“PASEANDO ENTRE VIÑEDOS”: XORNADA DE PORTAS ABERTAS NAS ADEGAS DE GALICIA

A xornada de portas abertas vai ter lugar o 26 de maio á vez en máis de 70 adegas das cinco denominacións de orixe dos viños de Galicia. Nelas ofrecerase unha visita guiada polas instalacións, así como a degustación gratuíta, ao longo de todo o día, dos mellores caldos de Monterrei, O Ribei-ro, Rías Baixas, Ribeira Sacra e Valdeo-rras.

A oferta enogastronómica tamén in-clúe a posibilidade de probar menús maridados con estes afamados viños. Participan nesta promoción 31 res-taurantes situados polas cinco rutas vitivinícolas, que servirán en total ata 62 menús diferentes, a un prezo de 25 euros para adultos e de 10 euros para os menores de 12 anos.

Plans alternativosO programa desta xornada comple-méntase con actividades alternativas para o lecer. Haberá visitas guiadas e gratuítas polo casco histórico de Mon-forte de Lemos e pola ruta dos pazos e os xardíns do concello de Vedra e tamén excursións de baixo custe pola vila medieval de Ribadavia, para ver o patrimonio románico da Ribeira Sacra e do Ribeiro, con destino ao castro de Santa Tegra ou para contemplar os vi-ñedos de Amandi nunha incursión en tren turístico.

Ademais, poderase entrar de balde no Museo do Viño de Cambados, no centro do Viño da Ribeira Sacra e no Museo Etnolóxico de Ribadavia, onde manteñen a exposición

sobre lagares rupestres atopados en Galicia. E faranse ofertas de paquetes enoturísticos con empresas especia-lizadas en Valdeorras e no Ribeiro e ofertas especiais de aloxamento para esa fin de semana.

Máis informaciónAs persoas que queiran consultar toda a información desta xornada po-den obtela na páxina web www.tur-galicia.es, chamando ao 902 200 432 ou por email, dirixíndose a [email protected]. Así mesmo, as oficinas de turismo de Galicia contarán cos correspondentes folletos explicativos.

Turgalicia e as asociacións das rutas dos viños de Monterrei, O Ribeiro, Rías Baixas, Ribeira Sacra e Valdeorras organizan esta xornada innovadora de enoturismo que se vai celebrar o 26 de maio simultaneamente nas cinco grandes zonas vitivinícolas galegas.

Page 17: REVISTA HOSTELERÍA LUCENSE Nº 12

Do 16 ao 27 de maio

PREMIO MELLOR MARIDAXE 2011 PREMIO TAPA CREATIVA 2011

PREMIO TAPA TRADICIONAL 2011

PREMIO VOTACIÓN POPULAR 2011

MONFORTE

ORGANIZA:

PATROCINA:

COLABORA:

CASAFELISA

QUE IXER ÍA

Cultura e Turismo

Page 18: REVISTA HOSTELERÍA LUCENSE Nº 12

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 1218

NOVAS

AS XORNADAS DO COCIDO DE ENTROIDO BATERON UN NOVO RÉCORD DE PARTICIPACIÓNAs cuartas Xornadas do Cocido de Entroido “Estase Cocendo”, organi-zadas pola delegación da Apehl na zona sur e celebradas do 10 ao 19 de febreiro, achegaron este ano múlti-ples novidades. Ademais de bater un novo récord de participación, cun total de 65 establecementos inscri-tos —11 máis respecto do ano pasa-do—, o principal cambio foi que non se delimitou ao concello de Monfor-te, como se viña facendo ata o de agora, senón que se estendeu a toda a Ribeira Sacra.

Deste xeito, sumáronse locais hos-taleiros dos municipios de Bóveda, Chantada, Quiroga, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.

Os bares e restaurantes serviron o cocido en menús e tapas, os pubs da Asociación Duquesa de Alba orga-nizaron festas, e os hoteis, pensións e casas de turismo rural realizaron distintas ofertas de aloxamento. Así, ao longo dos dez días que duraron as xornadas foron moitos os veciños da comarca que degustaron este

manxar e os turistas que aproveita-ron para hospedarse pola zona.

Luís Iglesia, compadre do “Estase Cocendo 2012”O actor riotortense Luís Iglesia Bes-teiro, moi coñecido polo seu papel televisivo de Carmelo Matalobos, foi nomeado compadre desta edición do “Estase Cocendo”.

Durante o acto de presentación da cita gastronómica, que tivo lugar o 10 de febreiro no Centro do Viño da Ribeira Sacra, en Monforte, Luís Igle-sia referiuse á gastronomía coma o “reflexo dunha filosofía de vida”, e puxo de exemplo a preparación do cocido, o tempo que se necesita para saborealo e as longas sobremesas que adoitan acompañalo.

Pola súa parte, o presidente da aso-ciación, Cheché Real, describía así este acontecemento: “Con esta ini-ciativa quixemos ofrecer un paque-te turístico onde queden reflectidos os distintos representantes do noso sector hostaleiro e que resulte prácti-co para que os turistas veñan visitar-nos nesta época e poidan ver o noso patrimonio cultural, comer un bo co-cido acompañado dun viño da Ribei-ra Sacra, saír de marcha e descansar”.

Presentación das xornadas. De esquerda a dereita, Severino Rodríguez (alcalde de Monforte), Luís Iglesia, que recibiu varios agasallos durante o acto, e Cheché Real

HOSTALEIROS MEDIEVAIS EN MONFORTEMonforte de Lemos celebrou a déci-ma edición da súa consolidada Feira Medieval o 7 de abril e os moitos vi-sitantes puideron desfrutar da gran Festa Gastronómica Medieval orga-nizada ese día pola delegación na zona sur da Apehl en preto de 50 lo-cais hostaleiros asociados.

Os bares, as cafeterías e as cervexe-rías ofreceron almorzos, tapas e ra-cións medievais; nos restaurantes servíronse menús e ceas da época e nos pubs organizáronse festas te-máticas. O paquete deseñado para o evento tamén incluíu prezos espe-ciais no aloxamento.

Houbo postos de comida na rúa e unha Festa Gastronómica Medieval por varios establecementos hostaleiros

Page 19: REVISTA HOSTELERÍA LUCENSE Nº 12

19

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 12

Nome de secciónPUBLIRREPORTAXE

CRECE A PRODUCIÓN ECOLÓXICA CERTIFICADA

A superficie inscrita en agricultura ecolóxica en toda Galicia experimen-tou en 2011 un crecemento do 8% respecto do ano anterior e situouse en máis de 15.300 hectáreas cultiva-das, das que case a metade se rexis-trou na provincia de Lugo (máis de 6.400). Tamén aumentou un 2,2% o número de operadores inscritos, que actualmente chega aos 586, dos cales 484 son produtores e 102 son elabo-radores.

A memoria do Craega deste último ano tamén reflicte unha suba do 27,7% nas vendas certificadas en eco-lóxico, o que supuxo un volume de negocio total por riba dos 21 millóns de euros, ao redor de 4,7 millóns máis que en 2010.

Os produtos ecolóxicos con maior de-manda seguen sendo o leite, a carne e os ovos e os seus derivados, así como as conservas de pescado. Tamén cóm-pre destacar a demanda que teñen nos mercados nacional e internacio-nal tanto os froitos silvestres, espe-cialmente as castañas, coma os viños, a sidra e o vinagre de sidra. De todos modos, o abano da produción ecoló-xica é moi amplo, o que fai que a esta oferta se poida engadir a de hortalizas, froitas, cereais, produtos apícolas, pa-nificación ou tubérculos, por exemplo.

Ademais de ser adquiridos por con-sumidores particulares, os produtos ecolóxicos cada vez teñen máis cabi-da entre os restaurantes galegos, que empezan a incorporalos nas cartas, innovándoas.

Os axentes da produción ecolóxica uníronse recentemente no Clúster da Alimentación Ecolóxica de Galicia (AEG) para promocionala e fomentar o seu consumo; o clúster constituíuse con 18 asociados, dende empresas comercializadoras, industria, univer-sidades e centros tecnolóxicos ata outras entidades que traballan no de-senvolvemento do sector.

O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) vén de presentar a memoria de 2011, onde se recolle a evolución do sector e se constata unha mellora da produción certificada en cantidade e variedade.

O aval da certificación ecolóxica

A certificación ecolóxica é o respaldo legal que autentifica a procedencia dun produto con indicativo ecolóxico. Implica a totalidade do proceso produti-vo e en Galicia é exercida polo

Craega, por autorización da Consellería do Medio Rural. Esta certificación ten recoñecemento internacional e os seus obxecti-vos son brindar ao consumidor

un produto de calidade, garantir a trazabilidade na produción

dun alimento ecolóxico, evitar o fraude e abrir novas alternativas

de mercado.

Superficie total inscrita

A Coruña 1.033,67

Lugo 6.491,47

Ourense 6.658,18

Pontevedra 1.119,61

GALICIA 15.302,93

Page 20: REVISTA HOSTELERÍA LUCENSE Nº 12

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 1220

NOVAS

NOVO ENCONTRO DOS HOSTALEIROS DA PROVINCIA DE LUGO

A Gala da Hostalería Lucense deu comezo cun cóctel que deu paso á cerimonia de entrega dos premios da Apehl, conducida polo xornalista Antón Grande.

A primeira hostaleira en recibir ga-lardón foi María Luisa Díaz Doval, por toda unha vida nos fogóns. Ma-ría Luisa empezou a traballar na hos-talería aos 17 anos como axudante de cociña nunha casa de comidas de Madrid e tamén estivo na Costa Brava e no Vall d’Hebron ata que en 1986 volveu a Galicia e fundou no Corgo o Hostal-Restaurante Albora-da, á fronte do que permaneceu ata a súa xubilación. Entregoulle o pre-mio a xerente de Turgalicia, Carmen Pita.

O título de Embaixador Hostaleiro da Provincia 2012 recaeu na Asocia-ción Cultural Amigos de San Froilán de Barcelona, organizadora dende hai anos destes festexos na honra do patrón lucense no popular dis-trito de Nou Barris. O encargado de dar este galardón foi Mario Outeiro, responsable de Turismo na Deputa-ción Provincial de Lugo, e recolléro-no Manuel Fouce, Domingo Díaz e Ramón Rey, quen quixo pronunciar unhas palabras de agradecemento.

Ademais, este ano a Apehl rendeulle unha homenaxe a un compañeiro,

Santiago Argüeso, pola súa colabo-ración na posta en marcha da propia asociación de hostaleiros, así como para o seu bo funcionamento. O seu presidente, Cheché Real, acompa-ñado polo presidente de honra e fundador desta asociación, Manuel González Granxeiro, outorgoulle a Santiago a Medalla de Ouro da A-pehl, un recoñecemento novo crea-do nesta edición.

Tras a concesión dos premios inter-veu Cheché Real, quen remarcou o carácter da asociación de hostalería como asociación de turismo e rei-vindicou o papel do sector como rexenerador de economía e a ne-

cesidade de que a provincia conte cun centro de formación continua. Participaron ademais no acto a de-legada territorial da Xunta de Gali-cia en Lugo, Raquel Arias, e o alcalde de Lugo, José López Orozco, e en-tre as autoridades invitadas tamén se encontraban o subdelegado do Goberno, Ramón Carballo Páez, e o presidente da Confederación de Empresarios de Hostalería de Gali-cia, Héctor Cañete.

Ao remate da cea procedeuse ao sorteo de agasallos entre os comen-sais e logo continuou a festa ata a madrugada.

A Apehl organizou unha nova edición da Gala da Hostalería Lucense e xuntou preto de 200 profesionais do sector a noite do 5 de marzo no Hotel Jorge I da capital provincial para desfrutar do cóctel, a tradicional entrega de premios aos compañeiros do gremio e unha animada cea-baile.

Gala da Hostalería Lucense 2012

Page 21: REVISTA HOSTELERÍA LUCENSE Nº 12

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 12

NOVAS

21

Gala da Hostalería Lucense 2012

PREMIO A TODA UNHA VIDA

EMBAIXADOR HOSTALEIRO DA PROVINCIA 2012

María Luisa Díaz Doval (Hostal-Restaurante Alborada, O Corgo)

Asociación Cultural Amigos de San Froilán de Barcelona

María Luisa Díaz Doval é unha lancaresa de Trasliste que comezou a traballar na hostalería con 17 anos, como axudante de cociña nunha casa de comidas en Madrid, primeiro, e como camareira de restaurante nun hotel da Costa Brava, aos 18 anos.

A súa aventura como empresaria data de 1969, cando abriu un bar de comidas no Vall d’Hebron, en Barcelona, coa axuda do seu marido Víctor. María Luisa estivo á fron-te deste negocio durante sete anos, tras os que fixo unha paréntese para dedicarse ao coidado da súa familia. Con todo, apaixonada da cociña como era, inda preparaba biscoitos e empanadas por encargo para restaurantes e tendas.

A volta de María Luisa a Galicia produciuse en 1986 e coin-cidiu coa súa volta á hostalería. De novo coa colaboración do seu marido, inaugurou no Corgo o Hostal-Restaurante Alborada, do que se encargou ata a súa xubilación.

Amigos de San Froilán de Barcelona creouse en 1995 por iniciativa tres lucenses residentes en Cataluña: Manuel Fouce e Domingo Díaz, orixinarios de Guntín, e Ramón Rey, natural de Monforte de Lemos. Todo comezou coa celebración do triunfo do Deportivo na Copa do Rei, que resultou ser un éxito e que os levou a fundar unha asociación sen ánimo de lucro para promocionar en Barcelona a cultura, a gastronomía e os costumes galegos.

Hoxe en día, falar desta asociación é falar do San Froi-lán catalán que todos os anos anima as rúas de Nou Barris, un distrito con miles de habitantes galegos. Durante os tres días que duran estas festas, partici-pan nelas máis de 50.000 persoas. O programa é moi completo e inclúe actuacións de grupos de folk, or-questras e coros, animación na rúa e xogos infantís, e por suposto tamén están presentes os produtos da provincia lucense e a marca …E para comer, Lugo.

Tal é o bo ambiente que recibiu o premio Distrito de Nou Barris e o Concello de Barcelona a recoñeceu como a segunda mellor festa da cidade.

Marqués de Cernadas

Queixería

Praza de abastos de Lugo. Posto 50Tel. 660 549 763

Por cada 30€de compra, un

queixo gratis*

Oferta deapertura:

*O queixo a entregar nesta oferta será de 500 gr e de produción propia. A oferta será para as compras feitas na queixería durante o mes de maio de 2012, e poderán acumularse as compras realizadas durante o mes no cupón que se entrega na propia queixería.

Comercializamos

os mellores queixos

de Galicia, procedentes

de produción artesanal

certificada polas D.O.

e con rexistro

sanitario.

Page 22: REVISTA HOSTELERÍA LUCENSE Nº 12

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 1222

NOVAS

Gala da Hostalería Lucense 2012

MEDALLA DE OURO Santiago Argüeso (Apehl)

A traxectoria de Santiago Argüeso Peña está moi unida á da Apehl. En 1967 foi nomeado secretario provincial do Sindicato de Hosta-lería e Actividades Turísticas, sen-do presidente Manuel González Granxeiro. Permaneceu neste car-go ata a extinción do Sindicato, en 1977, pero a súa pegada foi boa e Granxeiro solicitou a súa colabo-ración para o proceso de constitu-ción dunha asociación empresarial de hostalería, unha das primeiras asociacións empresariais de Lugo, a Apehl.

Santiago Argüeso é unha persoa moi coñecida na cidade, pois ta-mén é directivo do Breogán e fun-

dador e actual vicepresidente do Club Deportivo Ensino e está en posesión da Medalla de Ouro do Círculo das Artes de Lugo.

A entrega desta distin-ción foi moi emotiva. No seu discurso, Cheché Real agradeceulle per-soalmente a Santia-go a súa dedicación á asociación e aos aso-ciados, igual que o fixe-ron as súas compañeiras da Apehl a través dunha carta lida en público na que lembraron con cariño as anécdotas compartidas con elas por Argüeso.

Page 23: REVISTA HOSTELERÍA LUCENSE Nº 12

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 12

NOVAS

23

Gala da Hostalería Lucense 2012

DFDISTRIBUICIONES

FESOBA, S.L.DISTRIBUCIONES FESOBA, S.L.

Polígono Industrial O CeaoRua dos Carpinteiros, Nave 4

27003 LUGOTeléfono: 982 20 90 34

Fax: 982 20 93 [email protected]

A gala reuniu aos hostaleiros da provincia

cos traballadores da Apehl e con representantes de Administracións que colaboran no

desenvolvemento do sector

Page 24: REVISTA HOSTELERÍA LUCENSE Nº 12

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 1224

NOVAS

Gala da Hostalería Lucense 2012

Page 25: REVISTA HOSTELERÍA LUCENSE Nº 12

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 12

NOVAS

25

Gala da Hostalería Lucense 2012

www.caixaruralgalega.es

Page 26: REVISTA HOSTELERÍA LUCENSE Nº 12

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 1226

NOVAS

NOVA PLATAFORMA DE COMERCIO ELECTRÓNICO PARA OS PRODUTOS DA PROVINCIA DE LUGO

PREMIO SABOR DO ANO PARA LECHERA ASTURIANA

A Deputación de Lugo ten en marcha unha plataforma de comercio electrónico, www.losproductosdelugo.com, para abrirlles novos mer-cados nacionais e internacionais ás pequenas e medianas empresas da provincia. O centro comercial virtual, promovido con fondos euro-peos, leva un ano en funcionamento e xa conta cunha oferta de máis de 25 empresas e uns 200 produtos e servizos de distintos sectores, entre eles o hostaleiro, o da alimentación e o de lecer, pero a capacida-de de firmas que pode acoller é ilimitada.

As empresas dispoñen dun espazo para anunciarse, vender e distribuír os seus produtos as 24 horas do día, os 365 días do ano. A adhesión a esta plataforma é totalmente gratuíta e o organismo provincial brin-da asesoramento personalizado e continuo para unirse á plataforma e funcionar axeitadamente nela.

Central Lechera Asturiana Hostelería Original foi distinguida por terceiro ano consecutivo co selo de Calidad Sabor del Año Restaura-ción 2012, na categoría de leite natural. Na cata destacou polo seu sabor e tamén pola súa facilidade de preparación.

Neste certame parti-ciparon 20 chefs de recoñecido prestixio, algúns deles con Es-trelas Michelin e con-sumidores habituais deste leite. O proceso de selección estivo avalado por un labo-ratorio independen-te, conseguindo así resultados reais e fi-dedignos dos produ-tos testados.

Page 27: REVISTA HOSTELERÍA LUCENSE Nº 12

Nome de secciónNome de sección FORMACIÓN

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 12 27

A APEHL LEVOU A CABO VARIOS CURSOS DE INICIACIÓN E ESPECIALIZACIÓN HOSTALEIRAO plan de formación da Apehl nos primeiros meses do ano incluíu tanto cursos de operacións básicas de cociña e restaurante-bar para iniciar ás persoas na actividade hostaleira coma cursos especializados dirixidos a profesionais, entre eles de cociña vexeta-riana e coctelería.

Proxecto de inserción laboral en hostalería Abrindo PortasEn Lugo leváronse a cabo varios cursos enmarcados no proxecto Abrindo Portas, de fomento da inser-ción laboral na hostalería. Un deles foi o de opera-cións básicas de cociña que tivo lugar durante os meses de febreiro e marzo; en total déronse 112 horas de teoría no local de Cáritas na cidade e 80 horas de prácticas en establecementos hostaleiros. Con anterioridade organizárase un curso sobre as operacións básicas dun restaurante-bar.

Aqueles locais hostaleiros que pertenzan á asocia-ción e queiran participar en proxectos similares re-cibindo alumnos en prácticas só teñen que poñerse en contacto coa Apehl.

Plan de formación sectorial A través do plan de formación sectorial en hostale-ría, os traballadores ocupados puideron apuntarse a varios cursos para facer a distancia: sobre cociña vexetariana, coctelería e ergonomía e seguridade no traballo, promovidos pola Confederación Espa-ñola de Hoteles y Alojamientos, e de manipulación de alimentos, impulsados pola Federación Española de Hostelería.

Formación iniciática para mozos desempregadosO concello de Sober acolleu un par de cursos de ini-ciación á actividade hostaleira dirixidos a persoas desempregadas menores de 30 anos.

Un deles está centrado nas operacións básicas de restaurante e bar, de 290 horas, das cales 210 son presenciais e as restantes se van completar con prácticas profesionais non laborais. No outro, que comenzou a finais de marzo e continuará ata o 25 de xuño, os alumnos están aprendendo a executar as operacións básicas de cociña.

Estas accións formativas enmárcanse nun programa específico de ámbito estatal de cualificación e me-llora da empregabilidade da xente nova e a Apehl organizounas en colaboración coa Escola de Hos-talería e Turismo Belarmino Fernández Iglesias, da localidade soberina de Rosende.

Desenvolvemento do curso de operacións básicas de cociña do proxecto Abrindo Portas

Page 28: REVISTA HOSTELERÍA LUCENSE Nº 12

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 12

NOVOS SOCIOS

28

Como o seu nome indica, trátase dunha aldea rural totalmente rehabilitada que agora se dedica ao turismo rural. Dispón de 27 habitacións dobres repartidas en varias casas. Ademais, conta con numerosas zonas comúns como a terraza e o xardín, unha piscina climatizada ou mesmo unha sala de conferencias. Nesta aldea tamén hai un restaurante con capacidade para 60 comensais no que se pode desfrutar tanto do menú do día coma do menú gastronómico e no que se poden celebrar todo tipo de banquetes. Entre outros servizos, dispón de conexión gratuíta a internet e wi-fi. E, debido á súa situación nunha zona de montaña, desde ela poden facerse varias rutas de sendeirismo.

Manolo Rodríguez colleu este pub situado nunha das princi-pais arterias da movida focense no ano 2007. No inverno, a ac-tividade desde local de copas restrínxese ás fins de semana, en moitas ocasións unicamente aos venres, pero durante os meses do verán a clientela multiplícase e abre todos os días da semana. En La Noche propoñen música comercial, a que o público demanda, se ben nalgunha ocasión se pode escoitar algo de house a última hora.

Segundo a súa propietaria, María Cruz Sol Alonso, este café bar é o local perfecto para tomar unha caña ou un viño ao saír de traballar. Destaca pola gran variedade de tapas, así como polos saborosos pratos do día e racións cunha excelente relación calidade-prezo. Entre as súas especialidades encóntranse as paellas por encargo e os callos que preparan todos os domingos.

Durante moitos anos compartiu espazo coa cafetería Pereira II, pero desde hai algo máis dunha década o restaurante homónimo estableceuse nun local independente. Abre de luns a domingo e ten capacidade para 50 persoas. A súa propietaria, Isabel Díaz, é tamén a encargada dos fogóns, dos que saen pratos tan saborosos coma o cabrito, o bacallau e as luras. De luns a venres ofrecen menú do día en horario de 13.00 a 16.00 horas. Pola noite e durante as fins de semana traballan á carta. No Pereira III pódense celebrar bautizos, comuñóns e outras reunións sociais.

ALDEA RURAL O MAZO

Lugar de Meiraos - Folgoso do Courel - Tel: 608 277 430

LA NOCHE

Rego de Foz, Foz - Tel: 617 658 356

LA BOLERA

Trapero Pardo, 2 - Foz - Tel: 689 954 012

PEREIRA III

Hai algo máis de cinco anos, María Jesús Arrieiro decidiu restaurar a casa da familia da súa nai, construída en 1820, e sacarlle partido converténdoa nunha casa de turismo rural que se aluga por habitacións. Dispón de seis dormitorios dobres, un deles con bañeira de hidromasaxe. Cada cuarto é diferente ao resto, xa que cada un ten a súa propia decoración dentro do estilo xeral da casa, que combina os mobles antigos con outros de último deseño. Entre as zonas comúns destacan a biblioteca e o salón.

O churrasco e os pratos caseiros constitúen as dúas especialidades culinarias deste restaurante lucense que leva aberto desde hai sete anos no barrio da Piringalla. De luns a venres ofrecen menú do día para xantar, inda que o cliente ten sempre a posibilidade de elixir un prato combinado ou un bocadillo. Teñen capacidade para 60 persoas e acollen banquetes por encargo. Pechan as fins de semana, excepto durante as festas ou debido a algunha petición especial.

O café bar Pereira II é un negocio familiar fundado hai case trinta anos que pasou de pais a fillo e que probablemente pasará ao neto. Abre todos os días ás 7 e media da mañá e pecha arredor da media noite de luns a venres e máis tarde durante as fins de semana, que é cando se concentra o maior número de clientes. Ten capacidade para unhas 50 persoas e conta cunha terraza exterior integrada no núcleo urbano da vila. Son moi apreciadas as súas tapas, que ofrece de xeito gratuíto coas consumicións.

Situado no corazón da cidade amurallada, este cóctel-bar abriu as súas portas en xuño do ano pasado. Son especialistas na elaboración de gin-tonics e outros cócteles coma daiquiris e cosmopolitans, así coma nas bebidas premium. Ademais, en horario de tarde potencian os tés e os cafés especiais. Nel son habituais as actividades relacionadas coa gastro-coctelería, coma as noites xaponesas, que se celebraron ata o mes de abril todos os xoves e que consistían en ceas a base de comida deste país oriental. Abren todos os días, excepto os luns, de 5 da tarde ata a madrugada.

A CASA DE MAÑAS

Calvela, 1, Vilamor - Mondoñedo Tel: 619 916 341 www.acasademanas.com

PARRILLADA ANDREA

Rúa do Buxo, 17 - Lugo - Tel: 982 217 187

PEREIRA II

Praza do Concello, 4 - Castroverde - Tel: 982 312 352

ROYAL BOUNDARY

Rúa da Feira, 4 - Castroverde - Tel: 982 313 211 Bolaño Rivadeneira, 5 - Lugo - Tel: 982 803 448

Page 29: REVISTA HOSTELERÍA LUCENSE Nº 12

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 12

Nome de secciónNOVOS SOCIOS

29

Esta cafetería viveirense toma o seu nome da cidade arxentina homónima, que é o lugar de procedencia de Sergio e Edith, os seus propietarios desde novembro do 2009. A hora dos almorzos é o momento do día no que se concentra a maior actividade. De luns a venres abren de 8 da mañá a 10 e media da noite, os sábados de 9 da mañá a 12 da noite e os domingos pechan, excepto nos meses de verán, cando a clientela, debido á súa situación nunha vila turística, aumenta considerablemente. Ten terraza exterior.

En 1994 abriu as súas portas como mesón e café bar, pero foi no ano 2000 cando se transformou nun establecemento de turismo rural con restaurante incorporado. Conta con tres dormitorios dobres, dous con cama de matrimonio e un con dúas individuais. En todas hai televisión e wi-fi. O restaurante ten dous comedores, un con capacidade para 30 comensais e outro para 80. Nel pódense celebrar bautizos, comuñóns e demais eventos sociais. A Casa Beiramiño dispón tamén dunha terraza exterior na que collen arredor de 70 persoas. Ademais, destaca pola fermosa paisaxe na que está integrada, con vistas ao río Miño.

Atopar esta pizzería en Foz non é unha tarefa complicada, xa que se atopa en fronte á praia da Rapadoira. Na Soalta o cliente poderá desfrutar de pizzas arte-sás, elaboradas con ingredientes naturais e cocidas en forno de pedra. Ademais, poderá confeccionar a súa propia pizza elixindo os ingredientes que máis lle apetezan. Outro dos rasgos polos que merece a pena achegarse ata ela é a posibilidade de compartir entre amigos unha fondue de tenreira, porco ou polo acompañada de varias prebes. Neste caso, o máis recomendable é encargala, ao igual ca outras suxerencias coma o arroz con lumbrigante ou a paleta de cordeiro ao forno.

A historia deste restaurante burelés está moi ligada á do Hospital da Costa, non en van teñen exactamente os mesmos anos, 26. Desde que os seus fundadores se xubilaran hai dous anos, a uruguaia Mónica Cambeiro é a súa propietaria. As persoas que por un motivo ou outro pasan polo hospital supoñen o groso dos clientes deste establecemento, no que se pode comer o menú do día a 8 euros de luns a venres e a 10 durante as fins de semana. A súa especialidade é a carne á grella e, entre outras prestacións, dispón de terraza climatizada.

Este restaurante, situado na N-VI, á altura do concello do Corgo, abriu o pasado 4 de febreiro. A comida caseira é o seu sinal distintivo e entre as súas especialidades están o polbo, as carnes á brasa e o bacallau. De luns a venres, en horario de 13.00 a 16.00 horas, ofrecen menú do día a un prezo económico. Para a cea e durante as fins de semana só traballan á carta, na que destacan as ameixas á mariñeira. Por encargo tamén teñen lumbrigante, centolo e arroz con lumbrigante. Os dous comedores dos que dispoñen teñen un aforamento aproximado de 60 prazas. Pechan os martes.

Situado na rúa Doutor Ochoa, o Virutas é un dos locais hos-taleiros con máis tradición do barrio da Residencia, inda que nos últimos anos cambiou va-rias veces de nome. Entre as súas particularidades destaca o expositor de xeados artesáns e o afamado xamón cocido, para tomar en bocadillo ou en ración. Neste bar o tí-pico é ir tomar un viño do país, se ben o cliente tamén pode escoller un Mencía, un Rioxa ou calquera outra consumición habitual.

LA PLATA

Pastor Díaz, 39 - Viveiro - Tel: 982 560 989

CASA BEIRAMIÑO

Escanavada, 26, Xustás - Cospeito - Tel: 982 504 743

A SOALTA

DA COSTA

Rafael Vior, 7 - Burela - Tel: 982 581 711

CASA MIÑA

Avenida do Cantábrico, s/n - Foz - Tel: 982 140 676

VIRUTAS

Doutor Ochoa, 15 - Lugo - Tel: 982 217 524

N-VI, km 88 - O Corgo - Tel: 982 302 351

No mes de abril comezou unha nova etapa para o Mesón A Ruca ao que, logo de 15 anos en funcionamento, os seus pro-pietarios quixeron darlle un impulso coa incorporación dun bufete libre a base de pratos galegos. Nos expositores o cliente atopará desde o clásico lacón con grelos ata, por exemplo, canelóns de caldo galego ou queixadas de bacallau. Iso si, para os máis tradicionais tamén contan con comida á carta. Outra característica distintiva é o horario de cociña ininterrompido de oito da mañá a 11 da noite. Acollen banquetes de todo tipo ata un número máximo de 110 comensais.

MESÓN A RUCA

Porto, 14 - Ribadeo - Tel: 982 130 228

Page 30: REVISTA HOSTELERÍA LUCENSE Nº 12

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 12

NOVOS SOCIOS

30

Hai apenas dous meses comezou a funcionar en Lugo a viñoteca Vinos y más. Trátase dun local actual, equipado e decorado especialmente para acoller esta nova iniciativa hostaleira detrás da que se encontra o empresario Miguel Rodríguez Diéguez. Á parte da variada oferta de viños e tapas, as especialidades do local son as táboas de ibéricos, queixos e patés. Está aberto de luns a sábados a partir das 8 da mañá. Ten wi-fi e terraza exterior.

Esta tapería e cervexería monfortina abriu as súas portas o pasado 2 de decembro. Ofrecen racións e menú do día, ademais de menús personalizados para ceas e celebracións de todo tipo. Entre as tapas que dan gratuitamente coas consumicións destacan a tortilla Baco, elaborada con grelos e chourizo, e a tosta de xamón. Antigamente neste local había un hostal que agora están reformando e que prevén abrir cara ao verán. Disporá de 10 habitacións e dunha capacidade para 14 persoas.

Este restaurante está na zona do porto e cumprirá 50 anos o 1 de agosto. Entre as súas propostas des-tacan os mariscos, os peixes de roca coma o roda-ballo e a robaliza, as carnes seleccionadas e os arro-ces, todas acompañadas por unha ampla carta de viños. Traballan con produtos da zona e as sobre-mesas son caseiras. Para xantar, o comensal pode optar polo menú do día, con tres primeiros pratos e tres segundos a escoller. Abre todos os días ás 11 da mañá, excepto os martes, que o fai ás 9 xa que, aproveitando que hai mercado, celebran o día especial dos callos, o que signi-fica que se poden degustar coas consumicións ou tamén no menú e na carta.

O Nordeste é unha taberna mariñá enfocada á consumición e desfrute de viños seleccionados. Desde que no mes de decembro Ángel Fernández Rey tomou as rendas do negocio, a bodega deste local sufriu varias transformacións para facilitar a organización dos diferentes caldos. Á parte da bebida, no Nordeste tamén se poden saborear táboas de embutidos ibéricos e de queixos. Ademais, sempre hai exposicións de pintura e fotografía que se renovan cada mes ou mes e medio.

Situado onde durante décadas estivo a droguería Guerra, este establecemento hostaleiro lucense comezou a súa andaina o pasado 2 de marzo. Os seus propietarios defíneno como unha tapería onde a especialidade son os ovos rotos e na que tamén se poden tomar racións. Cada día achéganse á Praza de Abastos para coñecer as diferentes ofertas de carne e pescado, e con eses produtos elaboran a tapa e a suxerencia do día, que se oferta para xantar e cear. A súa filosofía de traballo baséase na potenciación dos produtos galegos e de calidade, así coma no trato amable e próximo. Pechan os domingos.

En xuño do 2011, o café bar Agarimo cam-biou de donos. E co cambio de titularidade producíronse tamén algunhas reformas que lle deron unha aparencia máis mo-derna e acolledora. Á parte das tapas que ofrecen coas consumicións, neste café bar monfortino pódense comer racións e boca-dillos. A súa especialidade son os bolos pre-ñados. O groso da actividade concéntrase en horario laboral debido á súa localización nunha zona de numerosos comercios.

VINOS Y MÁS

Avenidas das Américas, 72 - Lugo - Tel: 982 819 557

LA TABERNA DE BACO

Roberto Baamonde, 30 - Monforte de Lemos - Tel: 982 044 002

O LAR

NORDESTE

Praciña do Penal, 1 - San Cibrao - Tel: 686 782 278

O MERCADO

Praza Conde Fontao, 3 - Foz - Tel: 982 140 829

AGARIMO

Cardeal, 30 (Galerías Fontecha) - Monforte de Lemos - Tel: 982 416 361

Quiroga Ballesteros, 6 - Lugo - Tel: 982 227 614

Luis Francisco Villar Amandi é o novo propietario do monfortino café bar Plaza desde o pasado mes de marzo. Ás tapas máis habituais que pode haber en calquera establecemento hostaleiro súmase a fabada, moi afamada neste. As horas de máxima actividade son as dos viños, tanto ao mediodía coma antes da cea. Conta cun aforamento aproximado para 120 persoas e ten terraza na parte de atrás. Tamén dispón de zona wi-fi.

PLAZA

Doutor Teijeiro, 20 - Monforte de Lemos - Tel: 982 403 897

CAMBIO DE TITULARIDADE

Page 31: REVISTA HOSTELERÍA LUCENSE Nº 12
Page 32: REVISTA HOSTELERÍA LUCENSE Nº 12