Rutas da Artesanía na Mariña lucense

96

description

As Rutas da Artesanía teñen como obxectivo guiar o visitante polo territorio da Mariña lucense para que goce, a partir dos produtos artesanais locais, dunha serie de experiencias únicas e inesquecibles, baseadas na cultura, recursos, tradicións e valores simbólicos do territorio e as súas xentes, coas que conseguirá afondar no estilo de vida desta zona de gran beleza e singularidade.

Transcript of Rutas da Artesanía na Mariña lucense

Page 1: Rutas da Artesanía na Mariña lucense
Page 2: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

EDITA Mancomunidade da Mariña Lucense

AUTOR Promove, Consultoría e formación, SLNE

DESEÑO gifestudio.com

FOTOGRAFÍA Turgalicia Obradoiros e Ar tesáns da Mariña Lucense Javier Lamelas Fran Moledo

AGRADECEMENTOS Dirección Xeral de Comercio Ar tesanía de Galicia

DEPÓSITO LEGAL C.42-2012

IMPRIME Lasa

Page 3: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

ÍNDICE

1. introdución . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 5

Que son as Rutas da Artesanía na Mariña lucense? . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 5 Por que debemos realizar as Rutas da Artesanía na Mariña lucense? . . . . . . . . . . . 8

2. AS rutAS . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 11

Cerámica . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 12 Olaría . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 26 Carpintaría . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 30 Carpintaría de Ribeira . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 40 Redeiras . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 44 Ferreiros . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 48 Outros obradoiros de oficios e actividades artesanais . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 54 Outras actividades artesanais . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 62

3. A contornA. LuGArES dE intErESE . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .76

4. AXEndA dE FEirAS E EVEntoS . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .90

5. SErVicioS turÍSticoS . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .92

6. MÁiSS inForMAción SoBrE ArtESAnÍA dE GALiciA . . . . . . . . . . . . . . . . .94

Page 4: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

4

Page 5: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

5

As Rutas da Artesanía teñen como obxectivo guiar o visitante polo territorio da Mariña lucense para que goce, a partir dos produtos artesanais locais, dunha serie de experiencias únicas e inesquecibles, baseadas na cultura, recursos, tradicións e valores simbólicos do territorio e as súas xentes, coas que conseguirá afondar no estilo de vida desta zona de gran beleza e singularidade.

A Mariña abarca todo o norte da provincia de Lugo, cun total de 1462 km2, composta por 16 municipios: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove. O litoral, tamén coñecido como a “costa máxica”, conecta coa serra que delimita o interior a través de

fértiles vales, compoñendo unha trama de paisaxes singulares cuxa visita non nos deixará indiferentes. E é nestas paraxes onde habitan, repartidos e dispersos, auténticos artesáns, tanto dos oficios máis tradicionais e propios da vida rural galega, aínda conservados nesta zona, como das máis vangardistas, innovadoras e punteiras actividades artesanais e industriais de Galicia.

Esta guía presenta unha selección dos obradoiros e produtos artesanais máis característicos das comarcas, co fin de que o visitante coñeza, participe, goce e experimente o proceso produtivo artesanal e a cultura local. A transmisión desta experiencia é posible grazas á disposición dos artesáns, obradoiros e empresas turísticas participantes

Que son as Rutas da Artesanía na Mariña lucense?

Page 6: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

RUTAS DA ARTESANÍA NA MARIÑA LUCENSE

6

na Ruta a mostrarlles ás persoas que os visitan os coñecementos do seu traballo e o modo de vida no medio rural galego.

Pasa e mira, coñece, toca, sinte, participa. Abre os teus sentidos e a túa mente a un mundo de experiencias únicas... Benvido á Mariña. Benvido ás Rutas da Artesanía. �

“Esquece a noción do tempo,

pérdete e recala nun obradoiro artesán”

Page 7: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

Introducción

7

uBicAcióndA

MAriÑALucEnSE

•O VICEDO

•VIVEIRO

•OUROL

•XOVE

•CERVO

•O VALADOURO

•FOZ

•BURELA

•ALFOZ

•MONDOÑEDO

•LOURENZÁ

•RIOTORTO

•BARREIROS •

RIBADEO

•TRABADA

•A PONTENOVA

Page 8: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

RUTAS DA ARTESANÍA NA MARIÑA LUCENSE

8

Por coÑEcEr o presente, pasado e futuro da nosa historia. A artesanía ofrece outra forma de contar a historia dun pobo e é unha parte viva do patrimonio cultural. Os artesáns foron os primeiros transformadores do medio natural no que vivían para a elaboración de obxectos de uso cotián, desenvolvendo unha das primeiras formas da economía moderna. Hoxe en día, a falta de transmisión dos coñecementos e as técnicas utilizadas en diversos oficios artesáns, así como a desaparición de materias primas e ferramentas para a elaboración de certos produtos tradicionais, converten algúns destes antigos oficios en “historia viva”, auténticas mostras da evolución dun territorio diferente.

Por sEntir a creación nas túas mans. Proponse unha interacción educativa, emocional, social e participativa, na que te sentirás creador e artesán, pois aquí se che presenta a oportunidade de desenvolveres o teu potencial creativo, participando

activamente en actividades, cursos e experiencias, e de vivires en primeira persoa a maxia da creación.

Por aprEndEr, pois raramente cando mercas un obxecto feito á man podes ver como se elaborou. Pero a través das Rutas de Artesanía, das visitas, demostracións, actividades... que aquí che propoñemos, poderás aproximarte ao mundo dos artesáns mariñáns e descubrir o proceso de xeración de ideas, as materias primas, o traballo e a dedicación coa que se elabora cada un dos produtos.

Por dEscubrir unha paisaxe escondida, unha natureza por conquistar. Esta é a contorna que rodea os nosos artesáns na Mariña. Ao longo das Rutas descubrirás lugares incribles, que che farán ver o territorio cunha mirada diferente.

Por Escoitar o son da artesanía. Non só do torno xirando, da engra golpeando o ferro, da serra sobre a madeira… senón tamén da súa historia, esas

Por que debemos realizar as Rutas da Artesanía na Mariña lucense?

Page 9: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

Introducción

9

historias que só os nosos artesáns che descubrirán dunha maneira especial, en primeira persoa, dos seus inicios, dos seus tropezos, dos seus logros e, en definitiva, de como chegaron a ser ARTESÁNS DA MARIÑA. �

“Os artesáns da Mariña ábrenche

as súas portas para iniciares unha viaxe

cara a unha experiencia singular e

auténtica, unha aprendizaxe das artes,

do patrimonio, da cultura, do carácter

especial das súas xentes… onde se xera

unha conexión coas persoas do lugar, na

creación dunha cultura viva”

Page 10: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

1010

•O VICEDO

•VIVEIRO

•OUROL

•XOVE

•CERVO

•O VALADOURO

•FOZ

•BURELA

•ALFOZ

•MONDOÑEDO

•LOURENZÁ

•RIOTORTO

•BARREIROS •

RIBADEO

•TRABADA

•A PONTENOVA

Leyenda

Cerámica

Olaría

Carpintaría

Carpintaría de ribeira

Redeiras

Ferreiros

Xoiaría

Modista

Restauración

Serigrafía

Aluminio

Coiro

Ebanistaría e Talla

Arxila polimérica

Tecidos

Arte floral

Encaixes

Al

Lenda

oBrAdoiroS E ArtESÁnS

dAMAriÑA

LucEnSE

Page 11: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

11

Tradición, cultura, creatividade, arte, deseño e innovación son os ingredientes principais que se conxugan nas Rutas da Artesanía na Mariña para facerche gozar dunha experiencia única.

Os obradoiros de artesanía do territorio abren as súas portas para amosarche o seu modo de vida da man dos auténticos protagonistas: os artesáns.

Pérdete nas Rutas da Artesanía na

Mariña e descubre outra Galicia!

Page 12: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

12

A cerámica é un dos produtos artesanais con máis identidade e presenza na Mariña. A arte da cerámica (palabra derivada do grego keramikos, “substancia queimada”) é a arte de fabricar recipientes, vasillas e outros obxectos de barro, louza e porcelana.

Sen dúbida, falar de cerámica na Mariña é falar de dous grandes referentes da cerámica galega: unha artesanal, Regal Cerámica, e outra industrial, Sargadelos, ademais doutros obradoiros cerámicos presentes por todo o territorio da Mariña. �

Page 13: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

13

•O VICEDO

•VIVEIRO

•OUROL

•XOVE

•CERVO

•O VALADOURO

•FOZ

•BURELA

•ALFOZ

•MONDOÑEDO

•LOURENZÁ

•RIOTORTO

•BARREIROS •

RIBADEO

•TRABADA

•A PONTENOVA

oBrAdoiroSArtESAnAiS

E outrASActiVidAdES

cErÁMicAS

1. Centro de arte Regal Xunqueira2. Sargadelos3. Lucía Catuxo4. Gudín Cerámica

Obradoiros artesanais eoutras actividades cerámicas

1

3

42

Page 14: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

14

O Centro de Arte Regal Xunqueira sitúase por riba da Porta da Vila, en Viveiro. As instalacións, que durante séculos albergaron a fábrica de curtidos de Xunqueira, acollen agora o Centro de Arte Regal Xunqueira, un ambicioso proxecto desenvolvido nun conxunto de vellos edificios industriais, tras un complexo e coidado traballo de restauración.

Trátase dun proxecto multicultural, pioneiro, un espazo de autor polo que se estenden as pegadas do artista mariñán Alfonso Otero Regal.

O complexo cultural alberga tres unidades expositivas. A primeira delas é a Galería Regal, que ocupa a primeira planta do que foi o antigo secadoiro do complexo e concentra a súa obra artística disposta cronoloxicamente.

No andar de abaixo atópase o Museo de Cerámica, onde se pode coñecer a obra realizada por Regal Cerámica desde que en 1980 comezase a súa produción.

Dirección:Tel.:e-mail:Web:

Camiño Real 127, Xunqueira. Viveiro982 56 25 [email protected]

CENTRO DE ARTEREGAL XUNQUEIRA

Page 15: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

15

Un edificio contiguo onde se situaba o Muíño de Cáscara de Carballo e da antiga fábrica converteuse hoxe no Museo do Curtido da Pel, que constitúe un moderno centro de interpretación.

O Centro Regal Xunqueira complétase cun auditorio polivalente, onde se realizan diversas actividades como proxeccións e conferencias dentro do marco das actividades didácticas do Centro.

O patio interior, convertido en Bosque de Esculturas aloxa exposicións temporais, para o que tamén se conta cunha sala de exposicións. Así mesmo, o Centro dispón dunha biblioteca especializada en arte, que conta con máis de 10 000 volumes a disposición de estudantes e investigadores.

En 2011, esta arriscada iniciativa resultou galardoada co Premio Nacional de Artesanía na categoría Promociona, recoñecemento á contribución de Otero Regal á posta en valor da artesanía e á súa visibilidade.

As súas pezas, “elaboradas por mans artesás con xenio de artista”, tanto de porcelana como de gres, distínguense polo seu deseño e orixinalidade. Baseadas na iconografía popular e na tradición escultórica moderna, constitúen obxectos decorativos en si mesmas, pero con frecuencia tamén teñen unha aplicación práctica.

Page 16: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

16

Visitas ao obradoiro - Horario: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 - Prezo: 7 € visita guiada con actividade/ 5 € visita guiada sen actividade.

- Condicións da visita: necesidade de concertar visita. Grupo mínimo de 10 persoas.

- Observacións: venda do produto artesán no propio obradoiro.

Outras actividadesMuseo, exposicións, obradoiros de creación, actividades temáticas etc.

Page 17: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

17

Obradoiros/Cursos CURSO DE INICIACIÓN Á CERÁMICA

- Idade mínima: 3 anos. - Horario: por determinar. - Duración: 3 horas. - Observacións: o número mínimo de participantes é de 15 persoas e o máximo de 30.

- Servizos/materiais incluídos no prezo: si. - Equipamentos/indumentaria requirida: roupa para manchar.

- Prezo: 7 € /persoa.

CURSO DE INICIACIÓN Á ARTE - Idade mínima: 3 anos. - Horario: por determinar. - Duración: 3 horas. - Observacións: o número mínimo de participantes é de 15 persoas e o máximo de 30.

- Servizos/materiais incluídos no prezo: si. - Equipamentos/indumentaria requirida: roupa para manchar.

- Prezo: 7 € /persoa.

CURSO DE INICIACIÓN AO DESEÑO - Idade mínima: 3 anos. - Horario: por determinar. - Duración: 3 horas. - Observacións: o número mínimo de participantes é de 15 persoas e o máximo de 30.

- Servizos/materiais incluídos no prezo: si. - Equipamentos/indumentaria requirida: roupa para manchar.

- Prezo: 7 € /persoa.

Page 18: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

18

RUTAS DA ARTESANÍA NA MARIÑA LUCENSE

A Cerámica de Sargadelos constitúe outro dos principais referentes na cerámica galega. Esta actividade industrial xorde da iniciativa ilustrada de Antonio Raimundo Ibáñez nos primeiros anos do século XIX, coa inauguración en 1806 dunha fábrica de louza na parroquia do mesmo nome, no concello de Cervo. A elección de Sargadelos nada tivo de sentimental: alí había ricos xacementos de caolín que alimentaban a súa siderurxia. A fábrica foi capaz de xerar miles de pezas cada ano que se vendían en toda Europa, ata que os preitos da familia Ibáñez levaron ao peche da empresa en 1875. É a mediados do século XX cando Cerámica do Castro e Laboratorio de Formas de Galicia tratan de recoller o espírito da factoría orixinal e inauguran a Planta Circular de Sargadelos en 1970.

Dirección:Tel.:e-mail:Web:

Paraño, s/n.27891 Cervo (Lugo)982 55 78 [email protected]

SARGADELOS

Page 19: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

19

Rutas | Cerámica

Visitar a Planta Circular de Sargadelos ofrece unha interesante proposta, pois supón entrar no corazón dunha das principais industrias galegas. Na visita pódense percorrer todas as dependencias da factoría e observar como as miles de pezas que diariamente se elaboran percorren unha cadea de montaxe perfectamente organizada.

Page 20: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

20

RUTAS DA ARTESANÍA NA MARIÑA LUCENSE

Ademais, pódese aproveitar a visita para gozar da marabillosa contorna na que se atopan as instalacións, percorrendo o Paseo dos Namorados, na beira do río Xunco, e visitar o Museo Histórico de Sargadelos e as Ruínas da Antiga Fábrica Real de Sargadelos.

A cerámica de Sargadelos destaca polo coidado co que é elaborada cada unha das pezas, pois todas as vaixelas, figuras e xoias de porcelana dura están decoradas e rematadas á man despois de saíren dos fornos das factorías. Estas creacións recoñécense polas súas cores propias, a súa tipografía, as súas formas xenuínas e a orixinalidade dos deseños inspirados en motivos e formas tradicionais da cultura galega.

Page 21: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

21

Rutas | Cerámica

Situado na Casa da Administración do antigo complexo fabril, o museo conta cun fondo permanente que funciona como centro de interpretación dos labores realizados na fábrica e repasa a historia e o patrimonio relacionado con Sargadelos. Exhibe tamén pezas únicas como o Floreiro de cinco dedos do século XIX. Do antigo conxunto da Real Fábrica quedan tamén restos dos altos fornos, a presa abastecedora de auga, o pazo e o Paseo dos Namorados. Todo o conxunto foi declarado Conxunto Histórico Artístico.

Dirección:Tel.:

Casa da Administración (Sargadelos). Cervo982 55 79 22

MUSEO HISTÓRICO DESARGADELOS

Visitas - Horario: de martes a sábado de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 h, incluídos festivos. Grupos concertar visita.

- Prezo: gratuíto.

Page 22: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

22

RUTAS DA ARTESANÍA NA MARIÑA LUCENSE

A Casa do Cura acolle a partes iguais unha tenda de artesanía e un obradoiro de cerámica. A tenda está protagonizada por creadores de todo o país, que traballan diversos materiais como o coiro, o vidro, o barro e o metal. Os amantes da cerámica tradicional atoparán aquí a máis completa selección de olaría popular galega (Gundivós, Niñodaguia, Buño, Bonxe) e asturiana (Faro, Llamas de Mouro).

O antigo palleiro anexo á casa foi o lugar elixido por Lucía Catuxo para establecer o seu obradoiro de cerámica. Alí elabora as súas pezas, en gres e porcelana. Un espazo aberto a todos aqueles que queiran asomarse a un lugar que conxuga tradición e creatividade.

Dirección:Tel.:e-mail:Web:

Vilafernando. Trabada669 44 63 52 luciacatuxo@casadocura.eswww.casadocura.eswww.luciacatuxo.escasadocura.blogspot.com

LUCÍA CATUXO

Page 23: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

23

Rutas | Cerámica

Visitas ao obradoiro - Horario: aberto en verán (consultar web). Resto do ano, visita concertada.

- Prezo: gratuíto. - Observacións: visita concertada.

Outras actividadesTenda de artesanía.

Obradoiros/CursosOrganízanse cursos que se convocan a través da web e do blog. Para máis información, contactar co obradoiro.

Page 24: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

24

RUTAS DA ARTESANÍA NA MARIÑA LUCENSE

En Cervo, vila rural con estupendas vistas ao río Xunco e próxima ao Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, situada nun antigo obradoiro de pan artesán no que se conserva o forno de leña, atópase este obradoiro de cerámica tradicional, no que todas as pezas se realizan á man ou con moldes. Destaca a cerámica pintada á man e inspirada na arte cubista, realizada en gres a alta temperatura. Tamén se realizan pezas por encarga e reproducións de pezas únicas, maquetas, esculturas etc.

Dirección:Tel.:e-mail:

Estr. de Sargadelos, 21.Cervo679 15 58 04 [email protected]

GUDÍN CERÁMICA

Page 25: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

25

Rutas | Cerámica

Visitas ao obradoiro - Horario: de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 20:00. - Prezo: gratuíto. - Observacións: venda do produto artesán no propio obradoiro.

Page 26: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

26

A olaría é unha actividade artesanal de orixe milenaria que en Galicia chega ata os nosos días practicamente intacta. As mans sabias foron transmitindo de xeración en xeración esta técnica e hoxe aínda podemos presumir de “olaría galega”. Trátase da antiga arte de crear obxectos decorativos, prácticos ou artísticos a partir de arxila branda, xeralmente modelando a arxila manualmente sobre unha base que xira sen cesar, facendo que a arxila se mova cara a arriba e cara a fóra.

Esta arte ten a súa principal representación no territorio no municipio de Mondoñedo, onde os oleiros eran coñecidos como “cacharreiros” ou “cazoleiros” e agrupábanse arredor de catro ou cinco pequenos barrios, chegando a coexistir máis de 20 obradoiros en 1940. Os ditos obradoiros conformábanse en tres partes diferenciadas: a zona para traballar, a zona de secado e o “barreiro”, lugar onde se almacenaba o barro.

En Mondoñedo traballábase con dous tipos de barro. O barro “mouro” ou negro proviña fundamentalmente da Terra Chá, era utilizado principalmente para as pezas máis grandes e colocábase dentro do forno na parte máis baixa, para acentuar así a súa cor escura. O barro branco procedía principalmente de Barreiros, e era empregado na fabricación de pezas de vasilla, conservando a súa cor clara incluso despois da cocción na parte máis alta dos fornos. �

Page 27: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

27

•O VICEDO

•VIVEIRO

•OUROL

•XOVE

•CERVO

•O VALADOURO

•FOZ

•BURELA

•ALFOZ

•MONDOÑEDO

•LOURENZÁ

•RIOTORTO

•BARREIROS •

RIBADEO

•TRABADA

•A PONTENOVA

oBrAdoiroS E ArtESÁnS

dAMAriÑA

LucEnSE

1. Alfar María Jesús López Lage

Obradoiros e artesáns de olaría

1

Page 28: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

28

RUTAS DA ARTESANÍA NA MARIÑA LUCENSE

Situado no Barrio Os Muíños de Mondoñedo, o obradoiro localízase nunha antiga olaría que aínda conserva o forno de leña tradicional. Pódese visitar o museo onde se exhiben pezas tradicionais da olaría mindoniense, así como obxectos de cerámica en distintas pastas e esculturas. Chus Lage mantén viva a cerámica tradicional, dando a coñecer tanto as formas tradicionais como todas as actividades propias da olaría: desde a preparación do barro ata a súa comercialización, pasando pola cocción.

Dirección:Tel.:e-mail:

Barrio “Os Muiños”. Mondoñedo657 60 56 18 / 982 13 28 51 [email protected]

ALFAR MARÍA JESÚSLÓPEZ LAGE

Page 29: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

29

Rutas | Olaría

Visitas ao obradoiro - Horario: por determinar. - Prezo: gratuíta a entrada/ 1,5 € a visita guiada. - Condicións da visita: necesidade de concertar visita. Grupo de entre 10 e 20 persoas.

- Observacións: na visita guiada ofrécese unha explicación detallada do proceso de elaboración do produto, así como das pezas que compoñen a exposición do museo. Venda do produto artesán no propio obradoiro.

Page 30: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

30

A carpintaría é a arte de labrar e traballar a madeira. Tradicionalmente, os carpinteiros se agrupaban en tres grandes conxuntos de artesáns:

- Os “carpinteiros do preto” ou “carpinteiros de armar”: realizaban as construcións a base de pezas grandes, sen refinar, para obras bastas, como armazóns de edificios, pontes provisionais e, en xeral, traballos que se caracterizaban máis polo seu volume que polo seu acabado. Máis adiante perderon esta denominación e se lles chamou “carpinteiros de armar”.

- Os “carpinteiros do branco” ou “carpinteiros de obradoiro”, que traballaban con pezas de madeira de pequeno escuadro e ben acabadas.

- Os “carpinteiros de ribeira”, que se ocupaban da construción de barcos de madeira.

No territorio da Mariña lucense quedan aínda auténticos artesáns do oficio de carpinteiro nestas dúas últimas modalidades. No teu percorrido polas Rutas da Artesanía atoparás artesáns da restauración, que che amosarán como devolver os mobles antigos ao seu estado orixinal, así como artesáns do torneado e a talla, cos que aprenderás como sacar á luz as formas escondidas dentro da madeira. �

Page 31: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

31

•O VICEDO

•VIVEIRO

•OUROL

•XOVE

•CERVO

•O VALADOURO

•FOZ

•BURELA

•ALFOZ

•MONDOÑEDO

•LOURENZÁ

•RIOTORTO

•BARREIROS •

RIBADEO

•TRABADA

•A PONTENOVA

oBrAdoiroS E ArtESÁnS

dAMAriÑA

LucEnSE

1. Carpintaría Alejandro 2. Carpintaría Félix 3. Carpintaría Cesar 4. Regina Restauración 5. Miguel Ángel Fernández González 6. José Otero Rejes

Obradoiros e artesáns de carpintaría

6

2

45

13

Page 32: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

32

RUTAS DA ARTESANÍA NA MARIÑA LUCENSE

Trátase dun obradoiro familiar fundado no ano 1951 na Pontenova, que conservou e recuperou as técnicas tradicionais buscando ser unha testemuña da historia da carpintaría da comarca. Conserva a estética dun obradoiro tradicional, pero combina as antigas ferramentas coas novas tecnoloxías no tratamento da madeira. A súa amplitude, ademais de facilitar o traballo, permite aos visitantes ver o seu desenvolvemento, e no mesmo espazo pódese contemplar desde a materia prima ata os modelos xa elaborados. Nel realízanse restauracións de mobles antigos, reproducións de pezas de época, mobles a medida etc.

Dirección:Tel.:e-mail:Web:

Estrada Xeral. A Pontenova677 21 95 46/ 982 34 26 [email protected] www.carpinteriaalejandro.com

CARPINTARÍA ALEJANDROCarpintaría

Visitas ao obradoiro - Horario: por determinar. - Prezo: 2 € - Condicións da visita: necesidade de concertar visita. Grupo mínimo de 10 persoas.

- Observacións: explicación detallada durante a visita. Venda do produto artesán no propio obradoiro.

Obradoiros/CursosPosibilidade de impartir pequenos cursos de carpintaría e restauración, para máis información contactar co obradoiro.

Page 33: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

33

Rutas | Carpintaría

Neste obradoiro situado en Rececende, entre Riotorto e A Pontenova, traballan dúas xeracións de artesáns que reúnen a experiencia do pai e a innovación achegada polo fillo. Especializados na realización de réplicas de mobles antigos, recuperaron técnicas tradicionais coas que conseguen acabados propios dos mobles da época.

Dirección:Tel.:e-mail:Web:

Rececende, 26. A Pontenova637 54 51 30/ 982 34 63 [email protected]

Visitas ao obradoiro - Horario: por determinar. - Prezo: gratuíto. - Condicións da visita: necesidade de concertar visita. Grupo mínimo de 5 persoas.

- Observacións: explicación detallada durante a visita. Venda do produto artesán no propio obradoiro.

CARPINTARÍA CESARCarpintaría e restauración

Page 34: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

34

RUTAS DA ARTESANÍA NA MARIÑA LUCENSE

Obradoiro de carpintaría e torneado de tallas que conta cun torno do ano 1890. Situado no Municipio de Alfoz, o seu produto caracterízase por aplicar unha enorme imaxinación ao torneado das materias primas autóctonas da contorna.

Dirección:Tel.:e-mail:

Estrada Ferreira-Foz. Alfoz646 27 23 34 [email protected]

CARPINTARÍA FÉLIXTornaría e restauración de talla

Page 35: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

35

Rutas | Carpintaría

Visitas ao obradoiro - Horario: por determinar. - Prezo: 2 € - Condicións da visita: necesidade de concertar visita. Grupo mínimo de 5 persoas.

- Observacións: explicación detallada durante a visita. Venda do produto artesán no propio obradoiro.

Obradoiros/CursosPosibilidade de impartir pequenos cursos de ebanistería e tornaría, para máis información contactar co obradoiro.

Page 36: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

36

RUTAS DA ARTESANÍA NA MARIÑA LUCENSE

En pleno casco histórico de Mondoñedo, fronte a Catedral, baixo os soportais, atópase a tenda-obradoiro de Regina, onde se combinan o encanto dunha tenda de antigüidades e o fogar dunha artesá dedicada á restauración con técnicas tradicionais e materias naturais. Na exposición atoparás, xunto cos mobles restaurados, todo tipo de curiosidades e obxectos (lámpadas, vaixelas, xoguetes, utensilios de cociña etc.), así como diferentes ferramentas de traballo dos antigos oficios da zona: zoqueiros, carpinteiros, xastres, tecedores etc. Regina devolve aos mobles a súa beleza natural, tendo sempre presente a historia da peza á que se enfronta.

Dirección:Tel.:e-mail:

Plaza de la Catedral. Mondoñedo650 42 28 66 reginaantigü[email protected]

REGINA RESTAURACIÓNRestauración de madeira

Visitas ao obradoiro - Horario: de 10:00 a 14:00 - Prezo: gratuita. - Observacións: na visita se ofrecen explicacións e curiosidades sobre as pezas e o proceso de traballo de restauración.

Page 37: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

37

Rutas | Carpintaría

O obradoiro, situado no alto de Formigueiro, preto do Convento de San Martiño de Vilalourente (Mosteiro dos Picos) e con fermosas vistas sobre Mondoñedo e a súa contorna, conta con maquinaria diversa e múltiples ferramentas, propias da restauración tradicional. Nas pezas restauradas, realizadas por encarga, tense moi en conta a peza orixinal e as características da madeira. No obradoiro tamén se realizan pezas singulares, a partir de deseños propios do artesán.

Dirección:Tel.:e-mail:

Formigueiro s/n. Mondoñedo619 27 14 90/ 687 76 09 17 [email protected]

MIGUEL ÁNGEL FERNÁNDEZ GONZÁLEZEbanistaría, carpintaría e artesanía

Visitas ao obradoiro - Horario: por determinar. - Prezo: 5 € - Observacións: na visita realízase unha explicación detallada sobre o funcionamento da maquinaría básica de ebanistaría. Visita concertada. Grupo mínimo de 5 persoas e máximo de 8. Venda do produto no propio obradoiro.

Page 38: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

38

RUTAS DA ARTESANÍA NA MARIÑA LUCENSE

No obradoiro de José Otero Rejes en Masma (Mondoñedo), un reducido grupo de carpinteiros traballan a carpintaría de obra (cubertas ou pasamáns), a carpintaría artística (tallas e torneados) ou a restauración de mobles. Na visita pódense ver pezas tan curiosas como trofeos para campionatos de bolos ou esculturas de madeira realizadas con motoserra.

Dirección:Tel.:e-mail:

Masma. Mondoñedo982 51 94 [email protected]

JOSÉ OTERO REJESCarpintaría, talla e restauración

Visitas ao obradoiro - Horario: por determinar. - Prezo: gratuíto. - Observacións: visita concertada.

Obradoiros/CursosPosibilidade de impartir pequenos cursos de talla e tornaría, para máis información contactar co obradoiro.

Page 39: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

39

Rutas | Carpintaría

Page 40: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

40

A construción de embarcacións de madeira en Galicia é unha actividade artesanal cun alto valor cultural, impregnada da máis profunda sabedoría popular, non só como parte do patrimonio marítimo e cultural, senón cun pleno sentido produtivo.

Os “carpinteiros de ribeira” realizan o seu traballo a partir da natureza, da tradición, de miles de anos de experiencia... Barcos de madeira dedicados á pesca, ao cabotaxe ou ao transporte de persoas foron construídos ao longo da historia por estes artesáns nas praias e enseadas das costas galegas. En cada unha das pezas, as súas hábiles mans tallan o modelo, trazan as súas formas, seleccionan a madeira necesaria nos bosques e, ao longo de meses, elaboran bosquexos, serran madeiras, poñen a quilla, a roda e o codaste, e levantan peza a peza esa gran obra que é un barco. �

de

Page 41: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

41

•O VICEDO

•VIVEIRO

•OUROL

•XOVE

•CERVO

•O VALADOURO

•FOZ

•BURELA

•ALFOZ

•MONDOÑEDO

•LOURENZÁ

•RIOTORTO

•BARREIROS •

RIBADEO

•TRABADA

•A PONTENOVA

oBrAdoiroS EArtESÁnS

dAMAriÑA

LucEnSE

1. Carpintaría de Ribeira Francisco Fra Rico

Obradoiro de carpintaría de ribeira

1

Page 42: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

42

RUTAS DA ARTESANÍA NA MARIÑA LUCENSE

Page 43: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

43

Rutas | Carpintaría de Ribeira

Na marxe dereita da desembocadura do río Covo, en San Cibrao, a pé da praia e debaixo dunha gran alameda, atópase a única carpintaría de ribeira tradicional en activo da Mariña lucense. Con máis de 200 anos de tradición, alberga a historia de máis de sete xeracións ininterrompidas de carpinteiros de ribeira. Trátase dunha edificación tradicional construída en madeira de pino e eucalipto nos anos 40 e ampliada nos 60. No interior consérvanse ferramentas tradicionais da carpintaría de ribeira como aixolas, garlopas, mazos de calafate etc., un torno de finais do século XIX e modelos de medio casco empregados para a construción de barcos.

Dirección:Tel.:e-mail:

San Cibrao. Cervo677 59 56 76/ 982 59 30 24 [email protected]

CARPINTARÍA DE RIBEIRA FRANCISCO FRA RICO

Visitas ao obradoiro - Horario: a partir das 19:00 horas ou visita concertada.

- Prezo: 3 € - Observacións: na visita realízase unha explicación detallada da historia da construción naval en San Cibrao e das súas goletas de transporte, así como de todo o proceso construtivo, desde a elaboración da maqueta de medio casco ata o seu trazado e os tipos de madeiras empregadas para cada peza. Visita concertada. Grupo mínimo de 6 persoas.

- Outros servizos: repáranse e constrúense todo tipo de embarcacións en madeira.

Page 44: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

44

RUTAS DA ARTESANÍA NA MARIÑA LUCENSE

As redeiras, auténticas artesás do mar e unha das profesións máis ancestrais, son parte viva do patrimonio cultural da Galicia mariñeira, a miúdo buscada polos visitantes nos portos pesqueiros. Faga frío ou calor, con chuvia, vento, olor a salitre, entre gaivotas ou cunha humidade que cala os osos, sempre remendando as redes dos mariñeiros, pois sen elas non sairían ao mar; de nada serve un bo barco, ser un bo mariñeiro, nin sequera un bo caladoiro, sen o traballo do fío a fío, do nó a nó, aquel que converte os peixes en pescados… Como din as redeiras de Burela: “Non hai peixe sen redeira”. �

Page 45: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

45

•O VICEDO

•VIVEIRO

•OUROL

•XOVE

•CERVO

•O VALADOURO

•FOZ

•BURELA

•ALFOZ

•MONDOÑEDO

•LOURENZÁ

•RIOTORTO

•BARREIROS •

RIBADEO

•TRABADA

•A PONTENOVA

oBrAdoiroS E ArtESÁnS

dAMAriÑA

LucEnSE

1. Asociación de redeiras Cabo Burela

Redeiras

1

Page 46: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

46

RUTAS DA ARTESANÍA NA MARIÑA LUCENSE

Situado no Porto de Burela, é un dos obradoiros mariñeiros das Rutas da Artesanía na Mariña lucense. O seu espazo interior serve de lugar de traballo das redeiras e de exposición das artes e oficios mariñeiros. Alí poderás ver unha pequena exposición de pezas artesás elaboradas polas redeiras: pulseiras, broches, colares, chaveiros e outras pezas, todas elas relacionadas coa temática mariñeira, ou que incorporan a utilización de nós empregados tipicamente na elaboración das artes de pesca.

Dirección:Tel.:e-mail:

Puerto de Burela.Burela608 29 89 33 [email protected]

ASOCIACIÓN DE REDEIRAS CABO BURELA

Visitas ao obradoiro - Horario: por determinar (preferentemente de tarde)

- Prezo: 5 € - Condicións da visita: necesidade de concertar visita. Grupo mínimo de 9 persoas.

- Observacións: na visita ofrécese unha detallada explicación e curiosidades sobre a vida mariñeira, as artes de pesca e a historia do traballo das redeiras. Venda do produto artesán no propio obradoiro.

Page 47: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

47

Page 48: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

48

O traballo dos ferreiros foi desde sempre un traballo de vital importancia no mundo rural, pois del dependía en gran medida a vida tradicional agrícola, xa que fabricaban, ademais dos apeiros, todas as ferramentas necesarias para os carros e as casas. Expertos artesáns aos que nada se lles resistía: aixadas, fouces, ferraduras, chaves, ademais de tixolas, cazos ou cazolas labradas en ferro candente a golpe de martelo na engra.

A Pontenova e Riotorto, consagrados xa na Idade Media como dous dos grandes centros de produción de ferro en Europa, conservan hoxe un anaco desta historia viva. O oficio de ferreiro contribuíu ao desenvolvemento de Galicia e, en particular, da conca do río Eo e os seus afluentes, xa que esta zona reunía tanto a forza hidráulica como o mineral de ferro e a vexetación necesaria para producir o combustible para os fornos utilizados na época.

Ferreiros

Page 49: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

49

Rutas | Ferreiros

Como herdanza desta grande tradición secular de transformación do ferro na Mariña, atopámonos no territorio aínda hoxe con ferreiros que, a pesar de teren presenza en varios municipios, teñen como centro indiscutible o concello de Riotorto.

Riotorto, a terra dos ferreiros, herda a tradición dun mundo rico en esforzos capaces de aproveitar as posibilidades que ofrece a terra, en constante transformación pola creatividade do home. Artesáns que dominan o mazo e a fragua, que aínda que xa non se valen da auga do río para faceren máis fácil o seu traballo, os seus pequenos obradoiros, distribuídos nas aldeas do municipio, seguen recordándonos que o Mazo de Ferreiravella, cuxa existencia está documentada xa no ano 1691, é un dos lugares onde se estreitaban as relacións sociais.

Actualmente consérvanse dous mazos no municipio: o de Bastián en Espasande de Baixo e o da Fraga de Ferreiravella. Estes mazos, xunto coas moas, muíños,

centrais etc., constitúen o centro ferreiro máis importante do norte da Península, sumando un total de 46 artefactos no curso do río de Ferreiravella. Os dous mazos, cinco muíños, unha central hidráulica e 38 moas hidráulicas conformaban o centro, e calcúlase que se precisaban uns 200 cabalos para poñer o complexo en funcionamento.

A mediados de abril celébrase neste municipio a Feira de Artesanía do Ferro, na que teñen lugar distintos obradoiros e demostracións onde se amosa o traballo co ferro e con outras artesanías, como a talla de madeira e a olaría, así como diferentes espectáculos. �

Page 50: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

50

RUTAS DA ARTESANÍA NA MARIÑA LUCENSE

•O VICEDO

•VIVEIRO

•OUROL

•XOVE

•CERVO

•O VALADOURO

•FOZ

•BURELA

•ALFOZ

•MONDOÑEDO

•LOURENZÁ

•RIOTORTO

•BARREIROS •

RIBADEO

•TRABADA

•A PONTENOVA

oBrAdoiroS E ArtESÁnS

dAMAriÑA

LucEnSE

1. Jomaca2. MAF3. José Mª Rodil Arruñada

Obradoiros e artesáns ferreiros

1 2

3

Page 51: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

51

Rutas | Ferreiros

O obradoiro de Pepe Cabo, máis coñecido como Jomaca, sitúase no concello de Riotorto, cerca do antigo mazo de Ferreiravella. Está composto de dous mazos eléctricos, coas súas forxas, engras e demais ferramentas, así como a moa para afiar as pezas que se elaboran. Tamén conta cun torno onde realiza os mangos, aínda que algúns os realiza de maneira totalmente manual.

Dirección:Tel.:e-mail:

Hermida,25 Riotorto696 81 27 04/ 982 34 61 [email protected]

JOMACACoitelos e ferramentas de corte

Visitas ao obradoiro - Prezo: 1 € - Condicións da visita: necesidade de concertar visita.

- Observacións: na visita ofrécese unha detallada explicación do proceso de traballo.

Page 52: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

52

RUTAS DA ARTESANÍA NA MARIÑA LUCENSE

MAF son as iniciais de Manuel Alonso Fojaca. Esta marca pode verse en todas as pezas de aceiro feitas por este artesán, que segue a tradición dos seus antepasados no obradoiro familiar. Nel leva toda a vida elaborando á man coitelos, fouciños e outras ferramentas de corte, un traballo totalmente artesanal que garante un produto único e de boa calidade. Ademais, o proceso de traballo do ferro pode resultar moi interesante para todo aquel que queira achegarse a Riotorto e gozar dunha mostra en vivo do oficio.

Dirección:Tel.:

Hermida, 20. Riotorto982 34 62 19

MAFArtesán do ferro e ferramentas de corte artesanal

Visitas ao obradoiro - Prezo: por determinar. - Condicións da visita: necesidade de concertar visita.

- Observacións: na visita ofrécese unha detallada explicación do proceso de traballo, vendo o obradoiro forxa, onde se traballa o ferro, o obradoiro de moa, onde se da o acabado ao produto e finalmente o torno. Existe a posibilidade de realizar outro tipo de pezas ao gusto do cliente (previa encarga). Venda de produto artesán no propio obradoiro.

Page 53: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

53

Rutas | Ferreiros

Nunha aldea da Pontenova chamada Conforto, o último artesán da saga Rodil, o mestre J. Rodil, segue mantendo a tradición dos seus antepasados, expandindo as navallas artesás, pezas únicas feitas á man unha por unha, por todos os recunchos da nosa xeografía. O seu obradoiro de forxa sitúase nunha casa de pedra que data do ano 1900 sen apenas reformas, o que fai desta singular bodega un atractivo máis para visitar un espazo auténtico sen apenas transformacións.

Dirección:Tel.:E-mail:

Ermita de Conforto Nº8. A Pontenova982 34 25 54/ 648 11 53 [email protected]

JOSÉ Mª RODIL ARRUÑADAArte de navallas

Visitas ao obradoiro - Horario: por determinar. - Prezo: 2,5 € - Condicións da visita: Necesidade de concertar visita. Grupo mínimo de 6 persoas.

- Observacións: durante a visita realízase unha explicación detallada do proceso de elaboración do produto. Existe a posibilidade de elaboración, previa encarga, de navallas personalizadas ao gusto do cliente. Venda do produto artesán no propio obradoiro.

Page 54: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

54

Ademais destes oficios, existen na Mariña auténticos pioneiros en diferentes artes, algúns tradicionais e outros totalmente innovadores. No apartado dedicado a outros oficios descubrirás cales son estas artes que conquistan hoxe en día A Mariña lucense. �

Page 55: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

55

•O VICEDO

•VIVEIRO

•OUROL

•XOVE

•CERVO

•O VALADOURO

•FOZ

•BURELA

•ALFOZ

•MONDOÑEDO

•LOURENZÁ

•RIOTORTO

•BARREIROS •

RIBADEO

•TRABADA

•A PONTENOVA

oBrAdoiroS E ArtESÁnS

dAMAriÑA

LucEnSE

•O VICEDO

1. Oscar Rodríguez2. A Xente das Cores3. Alejandro Quelle4. Maravalla

Outros obradoiros de oficios eactividades artesanais

13

2

4

Page 56: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

56

RUTAS DA ARTESANÍA NA MARIÑA LUCENSE

Page 57: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

57

Rutas | Outros talleres de oficios e actividades artesanais

Ao longo de máis de 25 anos de traxectoria profesional, Oscar Rodríguez recibiu importantes premios e recoñecementos. Tras incorporarse á empresa a súa filla Cristina, os dous traballan xuntos en coleccións frescas e innovadoras, que non deixan impasible a quen as ve.

As súas últimas coleccións, “Tesouros do Mar” e “Tesouros da Terra”, son unha simbiose perfecta entre a natureza e a artesanía, e dan como resultado pezas únicas e irrepetibles.

Dirección:Tel.:E-mail:Web:

Avd. Cervantes, 5-7. Viveiro982 55 00 [email protected]

OSCAR RODRÍGUEZXoiaría artística

Visitas ao obradoiro - Horario: por determinar. - Prezo: gratuíto. - Condicións da visita: necesidade de concertar visita. Grupo máximo de 6 persoas.

- Observacións: explicación detallada durante a visita sobre o proceso creativo de xoias. Venda do produto artesán no propio obradoiro.

Obradoiros/CursosPosibilidade de impartir cursos de nocións básicas de xoiaría e técnicas especiais de artesanía xoieira, contactar co obradoiro.

Page 58: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

58

RUTAS DA ARTESANÍA NA MARIÑA LUCENSE

Visitas ao obradoiro. Individuais - Prezo: gratuíto. - Observacións: recomendable chamar para confirmar presenza dos artesáns.

Visitas ao obradoiro. Grupos - Horario: por determinar. - Prezo: 2 €/persoa. - Condicións da visita: necesidade de concertar visita. Grupo mínimo de 15 persoas.

- Observacións: na visita ofrécese unha demostración de traballos de serigrafía. Descontos especiais a colexios.

Obradoiros/CursosIMPRESIÓN DE LÁMINAS

- Servizos/materiais incluídos no prezo: si. - Horario: por determinar. - Duración: entre 20 e 45 minutos. - Observacións: o número mínimo de participantes é de 15 persoas. Necesidade de concertar o curso con 15 días de antelación.

- Prezo: 3,5 € por persoa.

IMPRESIÓN DE CAMISETAS - Servizos/materiais incluídos no prezo: si. - Horario: por determinar. - Duración: entre 20 e 45 minutos. - Observacións: o número mínimo de participantes é de 15 persoas. Necesidade de concertar o curso con 15 días de antelación.

- Prezo: 10 € por persoa.

A Xente das Cores desenvolve deseños inspirados na natureza galega. Unha visión actual e divertida das paisaxes, tradicións e costumes, impresas en camisetas de puro algodón, dirixidas a un público novo de espírito e amante da natureza galega. No obradoiro pódese visitar unha exposición permanente de traballos que inclúe paneis explicativos do proceso de impresión serigráfica. Tamén se pode vivir a experiencia de pintar e imprimir unha lámina ou unha camiseta nunha zona de estampado exclusiva para visitantes.

Dirección:Tel.:e-mail:Web:

Ponte Pousada 7. Mondoñedo687 31 07 68/ 982 52 10 63 [email protected] axentedascores.wordpress.com

A XENTE DAS CORES

Page 59: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

59

Rutas | Outros talleres de oficios e actividades artesanais

O obradoiro, situado no Parque Natural dos Eucaliptos de Chavín (Souto da Retorta), na antiga fábrica de Barros, alberga o traballo do último artesán especializado en arte sacra da zona. Trátase de Alejandro Quelle, mestre tallista e ebanista, que leva dez anos realizando andas e tronos procesionais, así como todo tipo de traballos especializados en arte sacra, tanto en obra nova como en restauración. A maior parte das súas obras pertencen á Semana Santa de Viveiro e Quiroga.

Dirección:Tel.:e-mail:

Chavín. Viveiro 636 10 08 77 [email protected] / [email protected]

ALEJANDRO QUELLETalla de madeira. Ebanistaría.Restauración. Policromía.Especialidade en arte sacra

Visitas ao obradoiro - Horario: por determinar. - Prezo: gratuíto. - Observacións: Visita concertada. Grupo mínimo 5 persoas.

Page 60: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

60

RUTAS DA ARTESANÍA NA MARIÑA LUCENSE

En Maravalla trabállase a arxila polimérica para conseguir a textura adecuada que permita realizar debuxos, acabados, grosores... Logo realízase o deseño dos distintos obxectos, como pendentes, aneis, colgantes, caixiñas, broches etc. O seguinte paso é o enfornado durante media hora para endurecer as pezas. Despois péganse e, para finalizar, aplícaselles un lacado, e obtense o brillo para un bo acabado. Todas as pezas de Maravalla están feitas á man de forma artesanal, e son todas exclusivas, coidando moito a calidade e o deseño.

Dirección:Tel.:e-mail:Web

Virgen del Camino, 1º F. Ribadeo696 17 45 88 / 982 13 03 [email protected] www.maravalla.com

MARAVALLAArtesanía polimérica

Page 61: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

61

Rutas | Outros talleres de oficios e actividades artesanais

Visitas ao obradoiro - Prezo: gratuíto. - Observacións: visita concertada. Grupo mínimo de 5 persoas.

Actividades/CursosTÉCNICAS EN ARXILLA POLIMÉRICA

- Horario: por determinar. - Duración: 4 horas. - Servizos/materiais incluídos no prezo: si. - Observacións: o número mínimo de participantes é de 5 persoas.

- Prezo: 30 € por persoa.

REALIZACIÓN DE OBJETOS - Horario: por determinar. - Duración: 4 horas. - Servizos/materiais incluídos no prezo: si. - Observacións: o número mínimo de participantes é de 5 persoas.

- Prezo: 30 € por persoa.

REALIZACIÓN DE PIEZAS DE BISUTERÍA - Horario: por determinar. - Duración: 4 horas. - Servizos/materiais incluídos no prezo: si. - Observacións: o número mínimo de participantes é de 5 persoas.

- Prezo: 30 € por persoa.

Page 62: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

62

Ademais das visitas aos obradoiros artesanais da comarca, no territorio hai outros artesáns que, malia que non dispoñen de espazos visitables, poñen á túa disposición unha variada oferta de actividades para realizar. �

Outras

Page 63: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

63

•O VICEDO

•VIVEIRO

•OUROL

•XOVE

•CERVO

•O VALADOURO

•FOZ

•BURELA

•ALFOZ

•MONDOÑEDO

•LOURENZÁ

•RIOTORTO

•BARREIROS •

RIBADEO

•TRABADA

•A PONTENOVA

oBrAdoiroS E ArtESÁnS

dAMAriÑA

LucEnSE

1. Noela Feal2. David Regueiro3. Reme Espantoso4. Cerámica Pilar Rey5. A Herencia6. Dosia Cao Basanta7. Ester Díaz8. Mª Luz Méndez Rodríguez

Outras actividades artesanais

34

6

8

57

2

1

Page 64: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

64

RUTAS DA ARTESANÍA NA MARIÑA LUCENSE

Noela Feal, especializada na confección de bufandas, chales, toallas, colgadoiros, tapices e alfombras, caracterízase polos seus produtos sempre exclusivos e personalizados, incluso co nome do cliente. Realiza traballos por encarga. Os seus produtos soen realizarse con materias primas naturais como a la, o liño e o algodón, pero tamén recicla roupa vella para facer as famosas “farrapeiras”

Concello:Tel.:e-mail:

Viveiro636 73 76 08/ 982 55 15 [email protected]

NOELA FEALTecidos e cestaría

Page 65: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

65

Rutas | Outras actividades artesanais

Obradoiros/CursosINICIACIÓN AO TELAR

- Idade: todas as idades. - Horario: por determinar. - Duración: 4 horas. - Observacións: o curso é individual, a artesá desprázase co seu telar vertical ou de alto lizo e realiza co alumno un tapiz, que o alumno pode levar ao finalizar a clase.

- Prezo: por determinar.

FIADO - Idade: todas as idades. - Horario: por determinar. - Duración: 4 horas. - Observacións: o número mínimo de participantes é de 2 persoas.

- Prezo: por determinar.

CESTERÍA DE RECICLAJE - Idade: todas as idades. - Horario: por determinar. - Duración: 4 horas. - Observacións: o número mínimo de participantes é de 2 persoas.

- Prezo: por determinar.

Page 66: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

66

RUTAS DA ARTESANÍA NA MARIÑA LUCENSE

Con deseños propios e personalizados, David Regueiro Rama realiza broches, pendentes, pulseiras etc., con técnicas de pirogravado sobre oso ou sobre corno, tallados sobre madeira e cicelados á man sobre metais entre os que destaca o aluminio. David ensinarache o nunca visto, pezas insinuantes e libres, ás que cada persoa lles dá a súa propia interpretación.

Concello:Tel.:

Ribadeo619 82 90 84

DAVID REGUEIRO RAMATalla e pirogravado

Page 67: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

67

Rutas | Outras actividades artesanais

Obradoiros/CursosELABORACIÓN DE XOIAS

- Idade: todas as idades. - Horario: por determinar. - Duración: 1 hora. - Observacións: o número mínimo de participantes é de 10 persoas. Realización de demostracións baixo petición e con posibilidade de desprazamento .

- Prezo: 8 €

Page 68: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

68

RUTAS DA ARTESANÍA NA MARIÑA LUCENSE

Neste obradoiro rexentado pola deseñadora Remedios Espantoso, trabállase con pezas únicas en liño e seda. Só en ocasións especiais se realizan deseños noutros tecidos (algodón e la). Cada peza en liño ou en seda compleméntase con dobras caladas, bordados, encaixe de Camariñas… facendo algo único e exclusivo, auténticas obras de artesanía. No obradoiro realízanse traxes de noiva, comuñón, bautizo, arras, traxes populares e de época, así como complementos (chales, bolsos, toallas, babeiros, tocados…).

Concello:Tel.:e-mail:

Foz666 20 55 95 [email protected]

REME ESPANTOSOArtesanía en liño, seda e traxes medievais

Page 69: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

69

Rutas | Outras actividades artesanais

Obradoiros/CursosARTESANÍA EN LIÑO E SEDA

- Idade mínima: 5 anos. - Horario: por determinar. - Observacións: o número mínimo de participantes é de 9 persoas.

- Servizos/materiais incluídos no prezo: papel, portaminas e goma.

- Servizos/materiais non incluídos no prezo: telas, agullas e tesoiras.

- Prezo: 9 € /hora/persoa (a partir de 17 persoas 7€/hora/persoa)

TRAXES POPULARES - Horario: por determinar. - Observacións: o número mínimo de participantes é de 9 persoas.

- Servizos/materiais incluídos no prezo: patróns e alfinetes.

- Servizos/materiais non incluídos no prezo: telas, pasamanarías, fornituras e abelorios.

- Prezo: 9 € /hora/persoa (a partir de 17 persoas 7€/hora/persoa)

TRAXES DE ÉPOCA - Idade mínima: 15 anos. - Horario: por determinar. - Observacións: o número mínimo de participantes é de 9 persoas.

- Servizos/materiais incluídos no prezo: patróns e alfinetes.

- Servizos/materiais non incluídos no prezo: telas, pasamanarías, fornituras e abelorios.

- Prezo: 9 € /hora/persoa (a partir de 17 persoas 7€/hora/persoa)

Page 70: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

70

RUTAS DA ARTESANÍA NA MARIÑA LUCENSE

Pilar Rei Teixeiro, ceramista, é diplomada na Escola de Artes e Oficios da Coruña, na especialidade de Cerámica. Terminados os seus estudios, traballa nunha olaría en Mondoñedo, onde perfecciona os seus coñecementos de cerámica popular galega. No ano 1988 abre o seu propio obradoiro en Foz, onde desenvolve o seu traballo creativo, que compaxina coa impartición de clases. Participa en diversas exposicións individuais e en 1999 consegue o 1º premio na 4ª edición do Certame de Arte Galería Burela na especialidade de escultura coa súa peza O baile.

CERÁMICA PILAR REICerámica

Dirección:Tel.:e-mail:

Pascual Veiga nº4. Foz982 14 00 59/ 661 09 67 [email protected]

Obradoiros/CursosMODELADO CON ARXILLA

- Idade mínima: 4 anos. - Duración: 4 horas (dos sesiones de 2 horas) - Horario: por determinar. - Observacións: o número mínimo de participantes é de 5 persoas e o máximo de 10. Especialidade en docencia a discapacitados.

- Servizos/materiais incluídos no prezo: arxila e material necesario para modelar.

- Servizos/materiais non incluídos no prezo: cocción das pezas realizadas.

- Prezo: 20 €

Page 71: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

71

Rutas | Outras actividades artesanais

No municipio de Lourenzá, Esther García dedícase á restauración artesanal de mobles. Un traballo manual, tal e como se facía hai máis de 100 anos atrás: decapado, tratado, tinguido, vernizado… todo cun singular acabado de muñequilla.

A HERENCIARestauración de mobles

Concello:Tel.:e-mail:

Lourenzá659 12 05 05 [email protected]

Obradoiros/CursosINICIACIÓN Á RESTAURACIÓN

- Idade mínima: 18 anos. - Horario: por determinar. - Duración: 10 horas. - Servizos/materiais incluídos no prezo: materiais necesarios para a restauración dun moble pequeno.

- Servizos/materiais non incluídos no prezo: traballos de carpintaría, pezas e accesorios que o moble requira.

- Observacións: o equipamento requirido son luvas, bata, máscara e moble pequeno para restaurar.

- Prezo: 120 €

Page 72: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

72

RUTAS DA ARTESANÍA NA MARIÑA LUCENSE

Dosia Cao realiza diferentes artigos decorativos a partir de flores secas ou naturais, combinándoas con distintos elementos e utilizando técnicas de reciclaxe.

DOSIA CAO BASANTARealización de arranxos con flores naturais ou secas

Concello:Tel.:

BurelaTlfno: 982 58 00 61

Obradoiros/CursosDECORACIÓN CON ELEMENTOS RECICLABLES

- Idade mínima: 3 anos. - Horario: sábados mañá ou tarde. - Duración: 2 horas. - Observacións: o número mínimo de participantes é de 5 persoas e o máximo 10.

- Prezo: 7 €

Page 73: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

73

Rutas | Outras actividades artesanais

Ester Díaz, artesá do coiro nas Rutas da Artesanía na Mariña lucense, ofrece obradoiros de iniciación ao coiro. Técnicas, historias e anécdotas fan deste curso unha oportunidade única para coñecer a arte do coiro e a súa transformación en pezas singulares.

ESTER DÍAZArtesanía en coiro

Concello:Tel.:e-mail:

Mondoñedo649 63 22 [email protected]

Obradoiros/CursosINICIACIÓN AO COIRO

- Idade mínima: 15 anos. - Horario: por determinar. - Duración: 5 horas. - Observacións: o número mínimo de participantes é de 5 persoas.

- Prezo: 50 €

Page 74: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

74

RUTAS DA ARTESANÍA NA MARIÑA LUCENSE

Mª Luz Méndez realiza dúas modalidades de cursos de encaixe, onde introduce os seus alumnos no mundo do encaixe, ensinando os coñecementos básicos para iniciarse na técnica do encaixe de palillos na modalidade de encaixe galego ou ben de encaixe moderno.

Mº LUZ MÉNDEZ RODRÍGUEZEncaixes

Concello:Tel.:

Cervo982 59 51 48/ 690 10 10 18

Obradoiros/CursosINICIACIÓN AO ENCAIXE POPULAR GALEGO

- Idade mínima: todas as idades. - Horario: sábados de 10:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00 domingos de 10:00 a 14:00hrs (flexible)

- Duración: 12 horas. - Observacións: o número máximo de participantes é de 7 persoas.

- Prezo: 65 €

INICIACIÓN AO ENCAIXE MODERNO - Idade mínima: todas las edades. - Horario: sábados de 10:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00 domingos de 10:00 a 14:00hrs (flexible)

- Duración: 12 horas. - Observacións: o número máximo de participantes é de 7 persoas. Necesítanse coñecementos previos.

- Prezo: 65 €

Page 75: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

75

Page 76: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

76

A continuación podes atopar algúns outros lugares e espazos visitables, tanto relacionados coa artesanía como coas artes, que non podes perder na Mariña lucense. �

Page 77: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

77

1. Eido Dourado2. Museo parroquial de San Martiño de Mondoñedo3. Museo de Arte Sacra de Vilanova de Lourenzá4. Museo Catedralicio y diocesano “Santos San Cristóbal”5. Barco museo boniteiro Reina del Carmen6. Museo Provincial del Mar7. Museo Etnográfico del Agua (Finca Galea)8. Mazo de Ferreiravella9. Centro Comarcal da Mariña Central10. Centro Comarcal da Mariña Occidental11. Centro de interpretación da Mariña

Lugares de interese na Mariña Lucense

•O VICEDO

•VIVEIRO

•OUROL

•XOVE

•CERVO

•O VALADOURO

•FOZ

•BURELA

•ALFOZ

•MONDOÑEDO

•LOURENZÁ

•RIOTORTO

•BARREIROS •

RIBADEO

•TRABADA

•A PONTENOVA

1

2

3

4

9

8

5

6

7

10

11

Page 78: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

78

RUTAS DA ARTESANÍA NA MARIÑA LUCENSE

Espazo deseñado e autoconstruído polo pintor Celso Dourado, con materiais reciclados na súa maior parte, onde a pedra e a madeira son protagonistas. Alberga estudio, vivenda e unha exposición permanente de pintura e debuxo que se renova periodicamente. Arredor da edificación discorren dous xardíns visitables: un caracterizado como de “Rocalla” ou “Alpino” e o outro un “Xardín Zen” de marcado aire xaponés, elaborado a base de grava de cuarzo e elementos pétreos. O seu deseño e elaboración corresponden tamén ao pintor.

EIDO DOURADODirección:Tel.:e-mail:Web:

As Pasadas (San Miguel de Reinante). Barreiros982 12 44 [email protected]

Horario - Verán: martes - domingo de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 h

- Inverno: visita concertada. - Prezo: 2 €

Page 79: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

79

Contorna. Lugares de interese

Instalado nas naves da Basílica de San Martiño de Mondoñedo, templo que foi sé episcopal da actual diocese de Mondoñedo desde o ano 870 ao 1113. É unha obra singular dentro do Románico galego. Aínda que se atoparon vestixios do s. VI, a Catedral circunscríbese dentro do románico máis primitivo (séculos IX-XII), con claras influencias do Románico do Pirineo catalán. Conta con obxectos relixiosos entre os que destacan un báculo e un anel de ouro, datados entre os séculos VI e VIII, que pertenceron a S. Gonzalo, coñecido como “O Bispo Santo”, que segundo a lenda salvou o pobo de Foz das incursións normandas.

MUSEO PARROQUIAL DE SAN MARTIÑO DE MONDOÑEDOConcello:Tel.:

San Martiño. 27789. Foz982 13 23 94 / 982 13 26 07

Page 80: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

80

RUTAS DA ARTESANÍA NA MARIÑA LUCENSE

O museo ocupa sete salas da igrexa do mosteiro de Vilanova de Lourenzá (s. XVIII). Situado na praza do Conde Santo, don Osorio Gutiérrez, que foi fundador do mosteiro de San Salvador no ano 969 e peregrino a Terra Santa onde, segundo a lenda, adquiriu un extraordinario sarcófago (s. V) para o seu descanso eterno. Todos os anos numerosos romeiros acoden a tocar este sarcófago nunha romaría moi popular, a do Conde Santo. Outra destacada peza deste museo é o relicario da Sancristía en madeira policromada, cunha colección de 28 bustos-relicarios de finais do s. XVII.

MUSEO DE ARTE SACRA DE VILANOVA DE LOURENZÁDirección:Tel.:

Praza do Conde Santo, s/n. Vilanova de Lourenzá. 982 12 10 73

Page 81: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

81

Contorna. Lugares de interese

Este museo de arte sacra, un dos máis importantes de Galicia, ten repartidos os seus fondos entre a Catedral do século XIII e o Palacio Episcopal (s. XVIII). Posúe fondos de temática variada: escultura, pintura, imaxinaría gótica, enxoval litúrxico e ornamentos obispais. Recentemente foi ampliado con salas dedicadas á pintura francesa antiga, á historia da imprenta en Mondoñedo e á cerámica de Sargadelos, así como a tecidos, bordados antigos e arqueoloxía.

MUSEO CATEDRALICIO E DIOCESANO “SANTOS SAN CRISTÓBAL”Dirección:Tel.:

Praza de España, s/n. Mondoñedo982 52 10 06 / 686 41 61 11

Page 82: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

82

RUTAS DA ARTESANÍA NA MARIÑA LUCENSE

O barco museo boniteiro Reina del Carmen foi construído en 1968 e durante máis de 30 anos de vida profesional dedicouse á pesca de peixe espada, pescada ou bocarte. A súa última singradura de Santander a Burela realizouse en febreiro de 1998,

data na que comezou a súa segunda vida como barco museo. Na visita pódense contemplar todos e cada un dos seus compartimentos, o funcionamento de todos os equipos mecánicos e os diferentes medios e métodos utilizados na pesca tradicional.

BARCO MUSEO BONITEIRO REINA DEL CARMENDirección:Tel.:e-mail:Web:

Puerto de Burela. Burela982 58 06 09 / 982 58 60 [email protected]/barcomuseo

Horario - Inverno: de 10:00 a 14:00 (de lunes a venres) - Verán: de 11:00 a 14:00h / de 18:30 a 21:30h - Prezo:

- Menores de 12 anos: gratis. - De 12 a 18 anos, grupos de máis de 20 persoas e pensionistas: 1,5 €

- Adultos: 2 €

Page 83: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

83

Contorna. Lugares de interese

O Museo nace en 1969, froito da gran paixón do mestre de escola don Francisco Rivera Casás por recoller e coleccionar obxectos relacionados co mar. Nel amósase diversa documentación gráfica de San Cibrao e da frota galega nos primeiros anos do século XX e unha completa exposición dedicada á caza de baleas. Tamén poderás observar unha interesante colección de moluscos e outra composta por abundante instrumental de navegación.

MUSEO PROVINCIAL DO MAR

Dirección:Tel.:e-mail:Web:

Avd. da Mariña (San Cibrao). Cervo982 59 45 [email protected]

Horario - Inverno:

- De martes a sábados: de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 - Domingos e festivos: de 11:00 a 14:00

- Verán: - De martes a sábados: de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00

- Domingos e festivos: de 11:00 a 14:00 - Prezo: gratuíto.

Page 84: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

84

RUTAS DA ARTESANÍA NA MARIÑA LUCENSE

Finca Galea é unha paraxe natural cunha extensión de 60.000 metros cadrados de natureza onde se empraza o museo etnográfico da auga. Dentro deste establecemento de turismo rural, preparáronse espazos dedicados á auga, á súa cultura e elementos de aproveitamento: muíños, batáns, lagos, fontes etc., todo deseñado restaurado ou construído polo seu propietario.

MUSEO ETNOGRÁFICO DA AUGA (FINCA GALEA)Dirección:Tel.:e-mail:Web:

Castro de Douro s/n. Alfoz982 57 12 [email protected]

Page 85: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

85

Contorna. Lugares de interese

Horario - Inverno: luns - domingo de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 18:30 h.

- Verán: luns - domingo de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:30 h.

- Prezo: 3 €

Page 86: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

86

RUTAS DA ARTESANÍA NA MARIÑA LUCENSE

O Mazo de Ferreiravella, rehabilitado e convertido hoxe en área recreativa, conta con merendeiros e parque infantil. Así mesmo, pódese gozar da gastronomía do mesón con especialidade en carnes alí situado. Totalmente restaurado como centro de turismo rural e museo etnográfico, pódese ver como funcionaba na antigüidade e gozar de visitas guiadas e excursións previa cita.

MAZO DE FERREIRAVELLADirección:Tel.:e-mail:Web:

Ferreiravella. Riotorto648 26 59 [email protected]

Horario - Inverno-Verán: Visita concertada. - Prezo: 2 €

Page 87: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

87

Contorna. Lugares de interese

O centro comarcal conta cunha exposición permanente de recursos da comarca, que lle amosa ao visitante a historia, a xeografía, o patrimonio artístico, a natureza, os sectores produtivos etc. de cada municipio. Así mesmo, dispón dunha sala de exposicións temporais onde se exhiben obras de pintura, escultura, artesanía, fotografía...

CENTRO COMARCAL DA MARIÑA CENTRAL

CENTRO COMARCAL DA MARIÑA OCCIDENTAL

Dirección:Tel.:e-mail:

Julia Pardo 13 (Mondoñedo)982 58 93 [email protected]

Dirección:Tel.:e-mail:

Avda. Ramón Canosa s/n (Viveiro)982 57 06 [email protected]

Horario - Inverno-Verán: consultar no centro.

Page 88: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

88

RUTAS DA ARTESANÍA NA MARIÑA LUCENSE

O Centro de Interpretación da Mariña (CENIMA) abriu as súas portas ao público en febreiro de 2010. O edificio está situado sobre a mesma Ría de Foz, nas inmediacións do barrio mariñeiro da vila, A Ribeira. Trátase dun edificio que alberga múltiples servizos: Oficina de Información e Turismo, Delegación de Medio Ambiente do Concello de Foz, Club Náutico e oficinas do Servizo Provincial de Costas. Conta ademais cun salón de actos con capacidade para unhas 70 persoas e con máis de 400 m2 dedicados a salas de exposicións.

CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA MARIÑADirección:Tel.:e-mail:

Web:

Avd. da Ribeira s/n. Foz982 13 24 [email protected]@concellodefoz.eswww.concellodefoz.es

Page 89: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

89

Contorna. Lugares de interese

Horario - Inverno: de 9:00 a 15:00h / de 17:00 a 20:00h (luns pola tarde pechado)

- Verán: de 9:00 a 14:00h / de 17:00 a 20:00h - Sábados: de 11:30 a 14:00h / de 17:00 a 20:00h - Observacións: necesidade de concertar visita para grupos.

Page 90: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

90

No territorio existen numerosos eventos e festas relacionadas coa artesanía, a tradición e os oficios. Pode que algunha delas coincida coa túa estancia na Mariña, podes consultalas en:

A Mariña Turismoamariñaturismo.es

Page 91: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

91

Page 92: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

92

Para repoñer forzasDurante o teu percorrido necesitarás repoñer forzas. Nos seguintes enlaces atoparás diversos restaurantes nos que poderás degustar os magníficos produtos do agro e o mar polos que é famosa a gastronomía mariñá:

TURGALICIA www.turgalicia.es

E PARA COMER LUGO www.eparacomerlugo.com

A MARIñA TURIsMO www.amariñaturismo.es

SERVIZOS

Page 93: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

93

Para descansarDespois dun longo día de percorrido polos obradoiros de artesanía da Mariña, mereces un bo descanso. Aquí che deixamos algúns enlaces onde atoparás bos aloxamentos:

TURGALICIA www.turgalicia.es

ATURMAR turismoruraldeamarialucense.blogspot.com

TURIsMO. DEPUTACIÓN DE LUGO www.lugoterra.com

A MARIñA TURIsMO www.amariñaturismo.es

Para coñecer e visitar• Oficina de turismo de Alfoz: 619 91 33 21• Oficina de turismo de Barreiros: 982 13 44 00• Oficina de turismo de Burela: 982 58 06 09• Punto de información de Cervo: 982 59 41 56• Oficina de turismo de Foz: 982 13 31 59• Oficina de turismo de Lourenzá: 982 12 10 06• Oficina de turismo de Mondoñedo: 982 50 71 77 • Oficina de turismo de A Pontenova: 982 34 21 01• Oficina de turismo de Ribadeo: 982 12 86 89• Punto de información de O Valadouro: 982 57 40 00• Punto de información de O Vicedo: 982 59 00 01• Oficina de turismo de Viveiro: 982 56 08 79• Oficina de turismo de Xove: 982 59 26 32

Page 94: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

94

Máisinformación

sobreArtesanía

deGalicia

Fundación Galega da Artesanía e o Deseñoartesaniadegalicia.xunta.es

CENTRAD. Centro de Artesanía e Deseño (INLUDEs-Lugo)www.centrad.org

Page 95: Rutas da Artesanía na Mariña lucense

95

AGA, Asociación Galega de Artesánswww.galegadeartesans.org

FUNDEsARTE. Fundación Española para la Innovación de la Artesaníawww.fundesarte.org

Oficio y Arte, OAEOrganización de los Artesanos de Españawww.oficioyarte.org

OBRADOIROs ABERTOs. Localizador xeográfico de obradoiros, puntos de venda e puntos de interese abertos ao público obradoirosabertos.galegadeartesans.org

Page 96: Rutas da Artesanía na Mariña lucense