Castro de Santa Mariña

22
O CASTRO DE STA MARIÑA ou Castro da Pastora Aproximación didáctica ao estudo dun xacemento arqueolóxico sen excavar

description

Estudo do castro de Sta Mariña, Cambados, Pontevedra

Transcript of Castro de Santa Mariña

Page 1: Castro de Santa Mariña

O CASTRO DE STA MARIÑA

ou Castro da Pastora

Aproximación didáctica ao estudodun xacemento arqueolóxico sen

excavar

Page 2: Castro de Santa Mariña

POR QUE SUPOÑEMOS QUE HAI UN CASTRO?

Pola toponimia (nome dos lugares)

Pola topografía (forma do lugar)

Polas lendas

que os vellos lembran e que falan de tesouros atopados,

trabes, serpes… IBERPIX

Page 3: Castro de Santa Mariña

Porque hai documentos antigos que falan del Por mapas antigos (s.XVI)

“ Corre su mojonera desde la tierra, monte y castro que se dize de StaMarina y una piedra y peña mazisay natural que está en la eminencia y zima y llanura del monte de tras de la gorieta, ó atalaya, que hiso Juan de torres de Quiroga Capitán y cabo de esta Villa (…)”

Límites de la antigua jurisdición de Cambados, 1671 publicado no xornal El Umia de 1907

ARQUIVO HISTÓRICO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO

Page 4: Castro de Santa Mariña

Porque se atoparon restos

Como estos dos que fala o historiador José Caamaño Bournacell en 1933:

“En los documentos antiguos se le llama castro, y aún hoy se denomina castriño, al camino que lleva a dicho monte. En sus inmediaciones –en la Pacheca- se encontraron diversos objetos de oro, tales como monedas, torques etc. Características estas de los castros”

Porque se conservan restos

En moitas coleccións particulares de Cambados e no Museo do Viño:

Á dereita restos de cerámica castrexa (arriba) e “Terra Sigillata” romana (abaixo) atopados por Gumersindo Mosteiro no Castro de Sta Mariña

Page 5: Castro de Santa Mariña

IMOS ESTUDALO

Page 6: Castro de Santa Mariña

FOTOS AÉREAS: IBERPIX, IGN, www.ign.es/iberpix2/visor/

SUPERFICIE APROX. 3,1 HECTÁREAS

Page 7: Castro de Santa Mariña

LONXITUDE APROX. EIXE MAIOR E MENOR: 220,46 X 190,5 mtrs.

Page 8: Castro de Santa Mariña

VISUALIZACIÓN EN 3D CON

GOOGLE EARTH

Page 9: Castro de Santa Mariña

TEMOS UN CROQUIS DO XACEMENTO FACILITADO

POLO ARQUEÓLOGO JUANJO PERLES

Fíxate como aparece a orientación do mapa (cara onde está o norte), neste caso a parte superior do croquis.

Tamén aparecen a escala numérica (1: 1.000) e gráfica

Page 10: Castro de Santa Mariña

Fíxate que no croquis indícase a localización duns restos de cimentación dunha torre. Son da época castrexa? Probablemente non. Lembras o texto do principio desta presentación?:

“ atalaya, que hiso Juan de torres de Quiroga Capitán y cabo de esta Villa”

O texto está en castelán, é de 1671, a lingua que se usaba para escribir os documentos nesa época. “atalaya”significa segundo a Academia española

da lingua:

“Torre hecha comúnmente en lugar alto, para registrar desde ella el campo o el mar y dar aviso de lo que se descubre”

Nun xacemento arqueolóxico non atopamos restos só dun momento histórico, nestecaso castrexo. Os lugares están ocupados ao longo de moito tempo polo que se este castro é excavado algún día é posible que atopemos restos dende a idade do bronce, pasando pola cultura castrexa e romana ata a época medieval e posterior

J. PERLES

Page 11: Castro de Santa Mariña

O emprazamento do monte da Pastora é priviliexiado, unha zona alta desde onde se controla a desembocadura do río Umia e parte da ría de Arousa.

Non é raro que forautilizada durante moitotempo

Restos dos alicerces da torre que Juan de Torres e Quiroga levantou nesteemprazamentono s. XVI

Page 12: Castro de Santa Mariña

VOLVAMOS AO CASTREXO, LOCALIZACIÓN DO CASTRO

É o punto máis alto (56 mts) da área que aparece reflectida na fotografía, cara o norleste atópase o castro de Sete Pías (105 mtrs). Domina o fértil val da desembocadura do río Umia e está fronte á parte sur da Ría de Arousa e o rico banco marisqueiro do Serrido. Un emprazamento privilexiado. FOTO SIGPAC

O

N

S

L

RÍO UMIA

Page 13: Castro de Santa Mariña

O Castro visto dende o Norte (rúa do Castro), Sur (estrada que o arrodea), Leste (Cacabelos) e Oeste (vese ao fondo a Igrexa de Sta Mariña)

Page 14: Castro de Santa Mariña

QUE SE VE DENDE O CASTRO?

O monte Castroveque separa as rías de Arousa e Pontevedra

O val do río Umia

A desembocadura do Umia e o areal do Serrido

Page 15: Castro de Santa Mariña

A península do Grove e a

Illa de Sálvora

A outra banda da Ría de Arousa(Aguiño, Sta Uxía de Ribeira)

A illa de Arousa e Monte da Curota

Page 16: Castro de Santa Mariña

O castro de Sete Pías e Castrelo

Cambados é terra de castros.O máis importante é o de Sete Pías, foi escavado polo famoso arqueólogo Fermín Bouza Rey nos anos 30. Pero pénsase que pode haber castros tamén en Castrelo (O Adro, A Revoltae Valada), en Tragove, Oubiña (A Grenla), e en Monte do Rei e Mourellón. Unha rúa do centro de Cambados ten o nome de Castriño.

Os castros estaban conectados e tiñan alianzas entre sí

Page 17: Castro de Santa Mariña

LEMBRAS COMO ERA A ESTRUTURA DE DEFENSAS DUN CASTRO?

Un castro soe estar amuralldo na parte superior, pero tamén se aproveitan as características do propio terreo construíndo foxos e parapeitos que reforzan esa defensa.

Neste croquis pódense ver doadamente 2 terrapléns no lado leste

http://www.muvicc.es/catalogo.html

Page 18: Castro de Santa Mariña

OS TERRAPLÉNS DEFENSIVOS

ESTRADA

No sector leste vensedoadamente 3 niveis

SECTOR SUR

Page 19: Castro de Santa Mariña

O historiador cambadés Jacobo Domínguez conserva uns debuxos feitos por Luciano Fariña, veciño da vila e interesado nos temas da historia local. Debeuno facer arredor dos anos 40 e constitúen unha fonte moi interesante para ver como era o Castro antes da intervención recente que o convertiu en parque público e miradoiro e modificou a súa estrutura, especialmente no lado suroeste. A existencia dunha canteira no lado oeste tamén contribuiu.

MODIFICACIÓNS RECENTES

Page 20: Castro de Santa Mariña

Os debuxos que fai Luciano Fariña, probablemente nos anos 40, veñen acompañados deste texto no que se explica a localización do castro. Comenta que non observoudefensas pero si a existencia dun foxo, como se pode ver no debuxo, no corte feito de Norte a Sur.

DEBUXO DOS ANOS 40

Page 21: Castro de Santa Mariña

Este traballo quere ser unha primeira aproximación ao estudo dunxacemento arqueolóxico como mostra das posibilidades didácticas que teñen os restos conservados en calquer vila galega.

E tamén como exemplo de posta en valor entre o alumnado dos restos que temos dos nosos antepasados, e da importancia de conservalos para coñecer mellor a historia da nosa vila.

Cando a crise o permita, unha escavación arqueolóxica, feita con rigor, podería sacar á luz novos e interesantes datos sobre a nosahistoria.

AGRADECEMENTO:

A Rocío Acha (Museo do viño de Cambados), Jacobo Domínguez, Gumersindo Mosteiro e Juanjo Perles pola información e material facilitados.

Page 22: Castro de Santa Mariña

Dereitos de autor

O castro de Sta Mariña. Maribel Iglesias Baldonedo, con licenza:

Dentro do curso: O tempo e o espazo con liñas e cores por Maribel Iglesias e Manuel Busto. Baixo licenzaCreative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España.

Créditos e autoría:Úsanse imaxes e recursos de produción propia, que se fan públicos con licenza CC-BY-NC-SA, outras de dominio público, con licenza creative commons, GNU... tomados preferentemente de bancos de recursos educativos abertos. Tamén se empregan, acolléndose ao dereito de cita segundo a lexislación vixente, imaxes e recursos diversos de diferentes páxinas Web, e lígase -cando é posible- a súa licenza ao pé dos propios recursos, que manteñen integramente. Outras licenzas:Quedan fora desta licenza as imaxes, recursos... que manteñen a súa propia licenza, sinalada en cada caso.