revista educativa de divulgación

13
REVISTA E DIVULGAC RUDOLF STEINER EDUCATIVA DE CIÓN Nª 1 R de Divu 2011 Revista Educativa ulgación. Lugo. Rudolf Steiner, creador da Metodoloxía Waldorf “Meniñeiros de Friol” un exemplo na nosa comunidade Proxectos de prensa dixital con nenos e nenas de ed. primaria

description

revista de proba para un traballo académico

Transcript of revista educativa de divulgación

Page 1: revista educativa de divulgación

REVISTA EDUCATIVA DE

DIVULGACIÓN

RUDOLF STEINER

REVISTA EDUCATIVA DE

DIVULGACIÓN

Nª 1 Revista Educativa

de Divulgación. Lugo.

2011

Nª 1 Revista Educativa

de Divulgación. Lugo.

Rudolf Steiner, creador da Metodoloxía Waldorf

“Meniñeiros de Friol” un exemplo na nosa comunidade

Proxectos de prensa dixital con nenos e nenas de ed. primaria

Page 2: revista educativa de divulgación

A NOSA REVISTA!

Revista Colexio Friol, Nº 1 |Metodoloxía Waldorf 2

Sabías que..?

Hoxe en día o método Waldorf para a

ensinanza está recoñecido pola UNESCO, é

apoiado por gobernos como o de Alemaña,

debido en parte ó seu valor como metodoloxía

renovadora, e en parte, polo seu compromiso

por xerar interese nos valores universais como

educación para a paz, Dereitos Humanos ou o

exercicio da cidadanía.

Dende as súas investigación espirituais suxeriu renovar algunhas

das actividades máis importantes: agricultura, medicina, economía,

arquitectura, ciencia, filosofía, relixión, arte e o que nos acada a nós, a

educación. Así naceu a Universidade Libre de Ciencia Espiritual

chamada Goetheanum na honra de Johann Wolfgang von

Goethe que tamén fora científico, filósofo e humanista

entre outras cousas, e ao cal Steiner estudara. Este centro

atópase en Basilea, Suíza, onde asisten estudantes de

todo o mundo aos seus seminarios e talleres de

distintas especialidades.

A partir desto nace posiblemente a obra máis

importante de Rudolf Steiner: a pedagoxía Waldorf, como

forma de renovación da educación. Trátase dunha educación do neno

e do mozo cara á liberdade, dentro dunha continua renovación da sociedade.

Ademais Rudolf Steiner foi un autor prolífico, con 30 libros publicados e máis

de 6000 conferencias nas que expoñía as súas ideas por toda Europa. Estas conferencias

están recollidas en 325 libros.

R

Rudolf Steiner

udolf Steiner (1861-1925), doutor en Filosofía e

Letras austrohúngaro. Estudou tamén ciencias

experimentais e arte. Foi un dos pensadores máis

orixinais do século XX e creador dunha filosofía

espiritual chamada “antroposofía” .

Page 3: revista educativa de divulgación

A NOSA REVISTA!

Revista Colexio Friol, Nº 1 |Metodoloxía Waldorf 3

BASES PEDAGÓXICAS DA BASES PEDAGÓXICAS DA BASES PEDAGÓXICAS DA BASES PEDAGÓXICAS DA

METODOLOXÍA WALDORFMETODOLOXÍA WALDORFMETODOLOXÍA WALDORFMETODOLOXÍA WALDORF

Recoñecemento da natureza individual de cada neno e nena.

O plan de estudos e os métodos de ensinanza utilizados son adaptados ás

etapas evolutivas e á natureza psíquica e individual de cada nena e neno.

As materias teñen a mesma importancia curricular sexan intelectuais, artísticas ou

artesanais.

O eixo fundamental da pedagoxía Waldorf está en que os

nenos e nenas relacionen o que aprenden ca súa propia

experiencia, así mostran máis interese, énchense de vitalidade

e interiorízano, é dicir, o que aprenden fano seu. Así as escolas

Waldorf están deseñadas para desenvolver este tipo de

aprendizaxe.

Page 4: revista educativa de divulgación

A NOSA REVISTA!

Revista Colexio Friol, Nº 1 |Metodoloxía Waldorf 4

SABÍAS QUE…?

O centro constitúe unha parte da

sociedade, é unha peza do seu

entorno, así os vecinos das escolas

son benvidos á hora de facer

concertos, talleres artesanais, festas,

cursos ou conferencias.

AS FAMILIAS NA ESCOLA

WALDORF.

Unha escola Waldorf é un lugar onde a participación é imprescindíbel, e por iso

tanto pais e nais, coma mestres e mestras involúcranse seriamente na educación facendo

deste tipo de escolas unha especie de “asociacións conxuntas de nais, pais, mestres e

mestras”.

Por unha banda créase un “Consello de Administración” para a

xestión e administración do centro, sendo asesorado e axudado este

consello por diversas comisións de pais e nais, que ademais

asumen funcións como a creación de talleres, organización de

festas ou administración de mantemento e obras.

Por outra banda tanto mestres e mestras como nais e

pais colaboran na elaboración do programa escolar. Fan

reunións mensuais onde os proxenitores poden expoñer as súas

ideas e opcións de mellora.

Ademais nais e pais poden ir ás clases de cando en vez, e participar de forma

activa en festas e actividades de toda índole como o mercado de Nadal onde fan

preparativos e venden. Neste mercado véndense os obxectos feitos polos nenos nos

talleres desenvolvidos en todo o curso.

“Tanto pais e nais coma o

corpo docente elaboran o

programa escolar”

Page 5: revista educativa de divulgación

A NOSA REVISTA!

Revista Colexio Friol, Nº 1 |Metodoloxía Waldorf 5

MESTRES E MESTRAS

WALDORF.

Para comezar con este apartado

daremos a coñecer unha das cousas máis

básicas para os docentes Waldorf: “o

mestre actúa con liberdade na súa aula xa

que é un gran coñecedor de todos e cada

un dos seus alumnos e sabe como fomentar

o seu desenvolvemento”. Isto débese por

unha banda a que o mestre titor acompaña

aos seus alumnos de 1º a 8º de Básica, e

por outra banda pola estreita colaboración

cos pais e nais dos alumnos.

A importancia das materias é relativa, é dicir, un docente Waldorf busca

una acción conxunta das aptitudes que se desenvolven nos diferentes campos da

ensinanza. Neste sentido, co programa Waldorf preténdese equilibrar a

adquisición de coñecementos con prácticas artísticas e artesanais de xeito que

estas actividades e as materias intégranse nun mesmo conxunto.

O obxectivo básico dun mestre Waldorf é o de espertar as facultades do neno e equilibrar as tres forzas interiores:

pensamento, sentimento e vontade.

DESTACADO!!

Page 6: revista educativa de divulgación

A NOSA REVISTA!

Revista Colexio Friol, Nº 1 |Metodoloxía Waldorf 6

Os mestres titores traballan por períodos de 3 a 4 semanas

unha materia na denominada “clase principal” que ten lugar

todos os días lectivos e dura aproximadamente dúas horas. Máis

tarde comezan cas clases artísticas, artesanais e rítmicas que se

dan en días estipulados de maneira continuada.

Para rematar falaremos da continua reciclaxe a que se

someten estes mestres e mestras con reunións periódicas e

cursos:

O “claustro” reúne unha vez por semana a todo o persoal

do centro, sexan docentes, administrativos ou empregados de

áreas como mantemento. Nestas sesións falan de algún neno ou

nena con problemas, de métodos pedagóxicos ou mesmo de

problemas de organización. Existen máis reunións, como por

exemplo a dos docentes das distintas áreas ou ciclos para a

creación dos programas.

O “claustro” nomea por períodos unha equipa directiva

para as funcións de responsabilidade dos aspectos educativos da

escola. O consello de administración delega nesta Xunta de

Profesores as xestións habituais.

Por último as mestras e mestres Waldorf participan unha

ou dúas veces ao ano en cursos internacionais cos seus

homólogos de outros países e de escolas tanto públicas como

privadas.

Page 7: revista educativa de divulgación

A NOSA REVISTA!

Revista Colexio Friol, Nº 1 |Metodoloxía Waldorf 7

HIMNO GALEGO

¿Qué din os rumorosos na costa verdecente ao raio transparente do prácido luar? ¿Qué din as altas copas de escuro arume arpado co seu ben compasado monótono fungar?

Do teu verdor cinguido e de benignos astros confín dos verdes castros e valeroso chan, non des a esquecemento da inxuria o rudo encono; desperta do teu sono fogar de Breogán.

Os bos e xenerosos a nosa voz entenden e con arroubo atenden o noso ronco son, mais sóo os iñorantes e féridos e duros, imbéciles e escuros non nos entenden, non.

Os tempos son chegados dos bardos das edades que as vosas vaguedades cumprido fin terán; pois, donde quer, xigante a nosa voz pregoa a redenzón da boa nazón de Breogán.

Page 8: revista educativa de divulgación

A NOSA REVISTA!

Revista Colexio Friol, Nº 1 |Metodoloxía Waldorf 8

FABRICACIÓN DE QUEIXO E PAN. A elaboración do pan:

Dende tempos ben antigos, queixo e pan, conforman dous elementos básicos da Humanidade. No noso concello son exaltados cada mes de marzo cunha feira anual, a cal se converteu nun dos certámenes agroalimentarios máis coñecidos na provincia e na Comunidade Autónoma.

A elaboración do pan: os compoñentes deste produto son a fariña de trigo ou centeo , auga e sal. O proceso comeza co amasado nunha artesa, que consiste en mesturar, con moito coidado, a fariña con auga morna, sal e fermento. Unha vez conseguida esa substancia viscosa, comeza o verdadeiro amasado, tarefa que consiste en remover coas mans estendidas e logo cos puños pechados esa mezcla, engadindo algo de fariña ata conseguir unha masa espesa e elástica,da que logo se farán os bolos.

Déixase repousar durante dúas horas para que a masa levede, é dicir,

que actúen as bacterias do fermento, que farán que se espila.Pasado o tempo de lévedo empézase a roxar o forno, que consiste en facerlle o lume. Os fornos soen ter na boca unhas pedras de granito, que serven de medidores de temperatura e , cando se poñen blancas, enténdese que este está suficientemente quente.Logo coa a axuda dun rodo de madeira procédese a retirar o borrallo e varrer o forno cun vasallo de xesta ou loureiro.

Mentras se quenta o forno, procédese a tender o pan, tarefa que consiste en cortar anacos de masa dándolles forma redonda, deixando eses bolos encima dunha mesa para que sigan levedando. Chega entón o momento de enfornar, é dicir, meter o pan no forno, tarefa que se realiza cunha pá de rabo longo para non queimarse. Pasadas unhas dúas horas, o pan xa está cocido e sácase do forno.

Page 9: revista educativa de divulgación

A NOSA REVISTA!

Revista Colexio Friol, Nº 1 |Metodoloxía Waldorf 9

A elaboración do queixo:

unha vez muxida a vaca e coado o leite, cóllense sete ou oito litros, engádeselles un chorriño de auga dos queixos, e bótanse nun cazo que, quentado encima da prancha da cociña fará que o leite

se calle e darán un queixo máis ou menos dun quilo de peso.

Unha vez que esa mestura está callada, vaise exprimindo coas mans para escurrirlle o soro. Pouco a pouco váiselle dando a forma circular propia do queixo desta zona.Rematada a súa elaboración, colócase nun sitio plano e átase cunha cinta para que non se deforme.

O queixo de Friol ten forma cilíndrica e pode consumirse fresco, semicurado ou curado. A curación é bastante laboriosa; debe colocarse nunha superficie plana, nun lugar fresco e mentres non se seca debe lavarse a diario para sacarlle os fungos que se lle depositan na cortiza. Unha vez curado, ten unha cortiza fina de cor amarela. A pasta interior é de cor branca marfil, sen gretas e con algúns ollos pequenos, angulosos e redondeados, con sabor lixeiramente salgado e de acidez media.

Este queixo pertence á denominación Arzúa-Ulloa, que ten, dende o ano 1989, a etiqueta de Produto Galego de Calidade.

VIAXE Á FORTALEZA. O día 9 de abril, os alumnos e alumnas de 2º ciclo de Primaria fomos visitar a Fortaleza de San Paio de Narla en Xiá. Cando chegamos recibiunos Paquita, a guía.

Page 10: revista educativa de divulgación

A NOSA REVISTA!

Revista Colexio Friol, Nº 1 |Metodoloxía Waldorf 10

Contounos a historia da Fortaleza e a lenda da Cova da Serpe.

Pasamos entón a visitar a primeira planta, onde había aparellos que usaban labregos, criados e artesáns e algúns dos seus traballos, como cestos e zocas. Noutro local, unha antiga corte, había dúas carrozas de man, varias cadeiras de montar e cornos para distintos usos.

Nunha pequena adega vimos utensilios relacionados co viño como cestos para as uvas, aparellos para pisalas, barricas, o pelello dunha cabra para transportalo…

Logo subimos á segunda planta onde estaba a cociña, na que había unha gran lareira con cambota, un forno para cocer o pan, un banco con capoeira e moitos utensilios para cociñar.Nunha esquina puidemos ver un retrete de madeira.

A continuación, vimos un gran salón, o despacho onde o señor cobraba aos labregos e o dormitorio principal.

Despois fomos a planta onde estaban as armas brancas, as de fogo e a entrada á mazmorra.

Máis tarde subimos á torre de Homenaxe pasando polo dormitorio do garda onde había unha gran cama, unha silla-urinario…

Page 11: revista educativa de divulgación

A NOSA REVISTA!

Revista Colexio Friol, Nº 1 |Metodoloxía Waldorf 11

Paquita contounos que nunha ocasión os criados e os labregos se enfadaran moito co amo, pelexaron e destruíron esa torre.

Por último, baixamos ata a entrada e visitamos a Capela da Fortaleza adicada a San Paio. Alí había imaxes de santos, un órgano, misas en latín…

Rematada a visita despedímonos da guía e volvemos ao colexio baixo unha intensa choiva.

O PATRIMONIO CULTURAL DO NOSO CONCELLO, FRIOL. Coa implantación da nova Lei de Educación desenvolveuse, en primeiro de ESO, un proxecto interdisciplinar que baixo a coordinación dos departamentos de L.Galega, Bioloxía e Xeografía, e Historia levou como título: “O patrimonio cultural do concello”.

Ao longo do curso na sesión semanal fóronse recollendo todo tipo de informacións, tanto orais como gráficas e escritas, relacionadas co pasado milenario do nosos contorno.

Este proxecto que pensamos seguir desenvolvendo en cursos vindeiros estanos proporcionando unha chea de informacións e vainos permitir o “reescribir” a intrahistoria do nosos concello dende a nosa óptica de cidadáns da sociedade da información.

Actualmente, realizamos dúas saídas co obxectivo de recoñecer o patrimonio que non valoramos nos seus xustos termos.

Page 12: revista educativa de divulgación

A NOSA REVISTA!

Revista Colexio Friol, Nº 1 |Metodoloxía Waldorf 12

Ao mesmo tempo estas saídas foron tamén de “investigación” para tratar de localizar restos de outras culturas presentes na nosa bisbarra.

Hai que agradecer o interese amosado polos alumnos e alumnas de 1º na procura de dita información e dos veciños que de diferentes maneiras colaboraron.

Estamos barallando a posibilidade de continuar o curso que ven co citado proxecto e así, entre outras actividades, temos previsto:

a) A montaxe dun vídeo recollendo todos os elementos que consideremos importantes para o coñecemento do pasado do concello.

b) A continuación da investigación para tratar de dar a coñecer tanto ao alumnado e Comunidade Educativa a importancia e a riqueza dos nosos bens culturais…

c) Tratar de influír positivamente no respecto por todo patrimonio cultural e histórico.

O martes día 3 de xuño fixemos unha saída para visitar algunhas zonas de importancia do noso concello.

A primeira visita que fixemos foi a Cerracín (Vilalvite) e visitamos un dos carballos máis vellos de Galiza, cuxo perímetro é de 7,10 m.

Page 13: revista educativa de divulgación

A NOSA REVISTA!

Revista Colexio Friol, Nº 1 |Metodoloxía Waldorf 13

Despois na Muruxosa (Cotá), paramos para ver unha anta (dolmen) que case está completa, parece unha pequena

casiña. Ten unha altura de 1,60 m.

A continuación pasamos, de novo, á parroquia de Vilalvite, pois fomos a Castrodá. Chámanlle así porque hai un castro, no que atopamos anacos de cerámica que tentaremos clasificar.

Logo chegamos A Ferreira (Serén) vimos a Pena do Caldeiro e unha fonte. Dispuxémonos a subir ata unha medorra. Despois pasamos ás Penas do Gas e baixamos ata Guldriz pola Boleta. En Guldriz repuxemos forzas, pois na casa de Laura de 1ºA déronnos de beber.

Por último fomos a Santalla da Devesa e localizamos unha casa con dous escudos que case non se ven e nas Casas do Burgo atopamos outra cun escudo.

O día 10 de xuño fixemos outra saída á parroquia de Trasmonte.

Tiñamos que realizar unhas investigacións para as que empregamos uns mapas e tamén tivemos que preguntarlle aos veciños.

O primeiro que fomos visitar foi a igrexa de Fontao, onde vimos un sartego do século VII. Os nenos e nenas

que tiñan algunha enfermidade eran lavados no sartego e despois ían ata a fonte da igrexa de Carlín para ver de curalos.

A continuación fomos a unha casa ver un escudo. Despois tivemos que camiñar un pouco para ir ver unha pena chamada Pena Bicuda sobre a que hai unha lenda que fala dunha señora que levaba unha pedra encima da cabeza e que lle caeu matándolle á súa filla, polo que lle lanzou a pedra á pena, dicíndolle: “Pena bicuda heiche ceibar unha pedra que te a partir do rabo á orella” e así, ves a fenda na pena.

Tamén vimos o Pazo de Trasmonte.

Logo, preguntándolle á xente, localizamos unha pontella romana no río. E para chegar á pontella tivemos que camiñar pola calzada romana.

Finalmente, o último lugar e, despois de dar tantas voltas, foi o castro de Trasmonte. Cando rematamos de velo dirixímonos ata o autobús con destino ao colexio.