REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E … · segue a baixar o salario recibido....

54
REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS Día: 23.09.2015 Hora: 16:30

Transcript of REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E … · segue a baixar o salario recibido....

Page 1: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E … · segue a baixar o salario recibido. Indicador que expresa en que pésimas condicións se incorpora a xente nova ao mercado laboral.

REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA,

FACENDA E ORZAMENTOS

Día: 23.09.2015 Hora: 16:30

Page 2: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E … · segue a baixar o salario recibido. Indicador que expresa en que pésimas condicións se incorpora a xente nova ao mercado laboral.

A Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 23 de setembro de 2015, ás 16:30 horas, no pazo do Parlamento.

A orde do día é a seguinte :

Punto 1. Preguntas orais en Comisión.

1.1 38300 (09/POC-005605)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaDíaz Pérez, YolandaSobre a política prevista polo Goberno galego en relación coa desigualdade social e a pobreza en GaliciaPublicación da iniciativa, BOPG n.º 509, do 27.08.2015

1.2 38429 (09/POC-005618)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoAdán Villamarín, María do Carme e Jorquera Caselas, Francisco XesúsSobre a valoración e as medidas previstas polo Goberno galego respecto da evolución que presentan os datos publicados polo Banco de España, en marzo de 2015, relativos ao volume de créditos e depósitos bancarios en GaliciaPublicación da iniciativa, BOPG n.º 509, do 27.08.2015

1.3 39135 (09/POC-005834)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaSánchez García, AntónSobre a reforma fiscal do Goberno central prevista para o ano 2016Publicación da iniciativa, BOPG n.º 505, do 11.08.2015

1.4 39574 (09/POC-005909)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaMéndez Romeu, José Luis e 2 máisSobre a valoración que fai o Goberno galego do informe aprobado en febreiro pola Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia, no que se analiza a contratación pública en España e as oportunidades de mellora dende o punto de vista da competenciaPublicación da iniciativa, BOPG n.º 512, do 03.09.2015

Page 3: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E … · segue a baixar o salario recibido. Indicador que expresa en que pésimas condicións se incorpora a xente nova ao mercado laboral.

1.5 39747 (09/POC-005932)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaGallego Calvar, María Carmen e 5 máisSobre o resultado da regularización das pensións das persoas emigrantes de Galicia ante a facenda públicaPublicación da iniciativa, BOPG n.º 512, do 03.09.2015

1.6 40356 (09/POC-006051)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoJorquera Caselas, Francisco XesúsSobre as razóns do baixo nivel de execución dos orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2014, así como a opinión do Goberno galego respecto do cumprimento dos obxectivos políticos asignados aos programas que tiveron baixo grao de execuciónPublicación da iniciativa, BOPG n.º 516, do 10.09.2015

Punto 2. Dación de conta

2.1 Programa estatístico anual

25615 (09/PEA-000001)Dirección Xeral de Relacións Institucionais e ParlamentariasInforme de Seguimento do Programa Estatístico 2013Publicación do Informe de seguimento, BOPG n.º 330, do 27.08.2014

37836 (09/PEA-000002)Dirección Xeral de Relacións Institucionais e ParlamentariasInforme de seguimento do Programa estatístico 2014Publicación do programa estatístico anual, BOPG n.º 481, do 17.06.2015

2.2 Modificacións orzamentarias

35412 (09/MOP-000033)Dirección Xeral de Relacións Institucionais e ParlamentariasModificacións orzamentarias correspondentes ao mes de decembro de 2014Publicación do informe, BOPG n.º 437, do 26.03.2015

35544 (09/MOP-000034)Dirección Xeral de Relacións Institucionais e ParlamentariasModificacións orzamentarias correspondentes ao mes de xaneiro de 2015Publicación do informe, BOPG n.º 442, do 06.04.2015

Page 4: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E … · segue a baixar o salario recibido. Indicador que expresa en que pésimas condicións se incorpora a xente nova ao mercado laboral.

35758 (09/MOP-000035)Dirección Xeral de Relacións Institucionais e ParlamentariasModificacions orzamentarias febreiro 2015Publicación do informe, BOPG n.º 442, do 06.04.2015

36389 (09/MOP-000036)Dirección Xeral de Relacións Institucionais e ParlamentariasModificacións orzamentarias correspondentes ao mes de marzo de 2015Publicación do informe, BOPG n.º 457, do 30.04.2015

37387 (09/MOP-000037)Dirección Xeral de Relacións Institucionais e ParlamentariasModificacións orzamentarias correspondentes ao mes de abril de 2015Publicación do informe, BOPG n.º 473, do 03.06.2015

37947 (09/MOP-000038)Dirección Xeral de Relacións Institucionais e ParlamentariasModificacións orzamentarias correspondentes ao mes de maio de 2015Publicación do informe, BOPG n.º 481, do 17.06.2015

38856 (09/MOP-000039)Dirección Xeral de Relacións Institucionais e ParlamentariasDocumentación respecto das modificacións orzamentais no mes de xuño de 2015Publicación do informe, BOPG n.º 510, do 28.08.2015

39788 (09/MOP-000040)Dirección Xeral de Relacións Institucionais e ParlamentariasDocumentación respecto das modificacións orzamentarias acordadas no período do mes de xullo de 2015Publicación do informe, BOPG n.º 511, do 02.09.2015

2.3 Plan Económico Financeiro Global

39279 (09/PEFI-000006)Dirección Xeral de Relacións Institucionais e ParlamentariasPlan económico-financeiro específico vixente das consellarías, organismos autónomos e sociedades públicas, referencias a 30 de xuño de 2015Publicación da iniciativa, BOPG n.º 511, do 02.09.2015

Page 5: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E … · segue a baixar o salario recibido. Indicador que expresa en que pésimas condicións se incorpora a xente nova ao mercado laboral.

2.4 Avais e préstamos do IGAPE

35173 (09/IIGA-000021)Dirección Xeral de Relacións Institucionais e ParlamentariasInformación sobre operacións de crédito e préstamo e sobre os avais vixentes no 4º trimestre do ano 2014Publicación da iniciativa, BOPG n.º 436, do 25.03.2015

38311 (09/IIGA-000022)Dirección Xeral de Relacións Institucionais e ParlamentariasInformación sobre a situación das operacións de crédito e préstamo e sobre os avais do IGAPE vixentes no 1º trimestre do 2015Publicación da iniciativa, BOPG n.º 509, do 27.08.2015

2.5 Informe sobre a disposición do Fondo de Continxencia

35759 (09/IDFC-000005)Dirección Xeral de Relacións Institucionais e ParlamentariasInforme sobre as disposicións do Fondo de Continxencia das seccións 23 e 5001 correspondentes ao terceiro trimestre do 2014

36432 (09/IDFC-000006)Dirección Xeral de Relacións Institucionais e ParlamentariasInforme sobre as disposicións do Fondo de Continxencia das seccións 23 e 5001 correspondentes ao primeiro trimestre do 2015Publicación do informe, BOPG n.º 457, do 30.04.2015

O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2015

José Antonio Sánchez Bugallo

Presidente da Comisión

Page 6: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E … · segue a baixar o salario recibido. Indicador que expresa en que pésimas condicións se incorpora a xente nova ao mercado laboral.

RELACIÓN DE MEMBROS DE COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E

ORZAMENTOSPOR ORDE ALFABÉTICA

Mesa

Vogais

PresidenteJosé Antonio Sánchez Bugallo S

VicepresidentaMaría Isabel García Pacín P

SecretarioMiguel Angel Tellado Filgueira P

Pedro Manuel Arias Veira PXosé Manuel Beiras Torrado AGEJackeline Elizabeth Fernández Macias PJuan Carlos González Santín SCarmen Iglesias Sueiro MFrancisco Xesús Jorquera Caselas BNGJosé Luis Méndez Romeu SMaría Herminia Pouso Maneiro PPedro Puy Fraga PCristina Isabel Romero Fernández PGonzalo Trenor López P

Page 7: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E … · segue a baixar o salario recibido. Indicador que expresa en que pésimas condicións se incorpora a xente nova ao mercado laboral.

Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos

Día: 23.09.2015 Hora: 16:30

Orde do día

1. Preguntas orais en Comisión.

Page 8: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E … · segue a baixar o salario recibido. Indicador que expresa en que pésimas condicións se incorpora a xente nova ao mercado laboral.

Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos

Día: 23.09.2015 Hora: 16:30

Orde do día

1.1 38300(09/POC-005605)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Díaz Pérez, Yolanda

Sobre a política prevista polo Goberno galego en relación coa

desigualdade social e a pobreza en Galicia

Publicación da iniciativa, 509, 27.08.2015

Page 9: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E … · segue a baixar o salario recibido. Indicador que expresa en que pésimas condicións se incorpora a xente nova ao mercado laboral.

Á MESA DO PARLAMENTO GALEGO

A deputada Yolanda Díaz Pérez, integrante do grupo parlamentario da Alternativa

Galega da Esquerda, ao abeiro do disposto no artigo 156 do Regulamento da Cámara,

presentan a seguinte pregunta para a súa resposta oral na Comisión III, relativa ao

empobrecemento da clase traballadora.

Coa publicación do informe do INE relativo aos salarios do 2013, Galicia confirma a súa

situación como a terceira comunidade cos salarios máis baixos, malia unha subida

dispar e sesgada do 2,2% no pésimo conxunto do Estado onde continuou a baixada

salarial ao caer un 0,1%. Confirmación atravesada dunha crecente fenda salarial e co

paradoxo neoliberal que representa que as persoas xubiladas cobren máis de media

que a maioría das traballadoras e traballadores agás os de máis idade.

Un traballador galego gañou de acordo aos datos da enquisa salarial 19.824,66 euros, a

terceira media máis reducida, claramente por baixo dos 22.697,9 euros da media

estatal e moi alonxado dos case 27.000 euros que percibe unha persoa asalariada no

País Vasco. Aínda máis se agranda a distancia toda vez que a mediana da retribución

dunha persoa asalariada en Galicia cae ate os 17.187,12 euros anuais.

Dende que chegou Núñez Feijóo a clase traballadora galega padece un progresivo

empobrecemento, ao punto que cos datos publicados polo INE constátase que 177.000

traballadoras e traballadores sobreviven con menos de 375 euros mensuais, crecendo

un 20% a causa da ortodoxia neoliberal (un 52% dese colectivo son mulleres). Entre

4.500 e 9.034 euros (a retribución anual derivada de percibir o importe do SMI) a

enquisa recolle a situación doutros 121.800 persoas asalariadas; para resumir máis dun

tercio da clase traballadora galega sobrevive na pobreza.

A frecha dos salarios castiga a xente traballadora pola súa idade, o seu sexo e a

modalidade de contratación, de xeito que o incremento salarial se acantona nos

tramos de idade máis elevados, en particular a partires dos 55 anos. Ate os 34 anos,

segue a baixar o salario recibido. Indicador que expresa en que pésimas condicións se

incorpora a xente nova ao mercado laboral. Por sectores, é na industria onde se aprecia

un claro incremento salarial, precisamente o sector que está a desmantelar a política

ultraliberal do goberno Núñez Feijóo.

Page 10: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E … · segue a baixar o salario recibido. Indicador que expresa en que pésimas condicións se incorpora a xente nova ao mercado laboral.

As fendas salariais pódense apreciar en materia de sexo, ao se manter unha diferenza

media de 5.264 euros no ano 2013, logo de acadar un máximo en 2012 (5.332 euros).

Ou entre a modalidade de contratación temporal e indefinida, onde a diferenza case

chega os 6.000 euros.

Os datos do INE sobre a estrutura salarial confirman que no 2013 as clases

traballadoras seguimos a sufrir a acentuación da pobreza e da desigualdade. As

políticas neoliberais si cumpren o seu cometido: abaratar o custo da forza de traballo e

como consecuencia facer máis difícil e/ou insoportable as condicións materiais de vida

para a maioría social deste país.

Polo sinalado, o grupo parlamentario da AGE presenta a seguinte pregunta para a súa

resposta oral na Comisión:

- Síntese satisfeita a Xunta do progresivo crecemento do número de

traballadoras e traballadores galegos que sobreviven por baixo do limir da

pobreza?

- Considera que esa pauperización é a peaxe necesario para que creza o número

de millonarios no noso país?

- Canto sufrimento adicional será necesario inflixirlle a xente traballadora deste

país para que a cobiza empresarial e a violencia política da Xunta se sintan

satisfeitas?

- Valora positivamente a Xunta a crecente desigualdade que reflicten os datos en

materia de salarios?

- Que xustiza aprecia a Xunta en que caian os salarios máis baixos e crezan os dos

directivos?

- Contempla o goberno galego rectificar de plano unhas políticas que provocan o

empobrecemento da clase traballadora galega?

- Vai implementar a Xunta unha política alternativa a que executa na actualidade

e que causa desigualdade e pobreza na nosa sociedade? De ser así, que

actuacións vai desenvolver?

En Compostela, a 26 de xuño do 2015.

Asdo. Yolanda Díaz Pérez

Asinado dixitalmente por:

Page 11: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E … · segue a baixar o salario recibido. Indicador que expresa en que pésimas condicións se incorpora a xente nova ao mercado laboral.

Yolanda Díaz Pérez na data 26/06/2015 11:44:25

Page 12: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E … · segue a baixar o salario recibido. Indicador que expresa en que pésimas condicións se incorpora a xente nova ao mercado laboral.

Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos

Día: 23.09.2015 Hora: 16:30

Orde do día

1.2 38429(09/POC-005618)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Adán Villamarín, María do Carme e Jorquera Caselas, Francisco

Xesús

Sobre a valoración e as medidas previstas polo Goberno galego

respecto da evolución que presentan os datos publicados polo

Banco de España, en marzo de 2015, relativos ao volume de

créditos e depósitos bancarios en Galicia

Publicación da iniciativa, 509, 27.08.2015

Page 13: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E … · segue a baixar o salario recibido. Indicador que expresa en que pésimas condicións se incorpora a xente nova ao mercado laboral.

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

María do Carme Adán Villamarín e Francisco Xesús Jorquera Caselas,

deputada e deputado do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego

(BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, formulan a seguinte

Pregunta para a súa resposta oral en Comisión, relativa á mala evolución do

crédito en Galiza e as medidas para corrixir esta situación.

O Banco de España acaba de publicar os últimos datos relativos ao volume

de créditos e depósitos por comunidades autónomas referidos a marzo do 2015.

Segundo estes datos, Galiza conta cun volume de créditos de 44.204 millóns de

euros, unha cifra claramente inferior aos 56.754 millóns de euros de depósitos

bancarios. Existe una diferenza de 12.550 millóns de euros, polo que os créditos aos

galegos so cobren o 78% dos depósitos existentes no país, o que supón que o eses

máis de 12.500 millóns de euros emigran do noso país para fornecer crédito a outros

territorios. Se ben nos últimos dous anos Galiza era a segunda comunidade que peor

porcentaxe presentaba na relación entre créditos e depósitos, dende fai uns meses xa

supera a Castela León na primeira posición.

O crédito galego representa só o 3,1% do crédito do conxunto do Estado,

posto que o peso da poboación galega no total estatal é de 5,88%. Isto significa que

o peso do crédito en Galiza é case a metade (0,53) do que nos correspondería de

distribuírse o crédito en función da poboación.

Doutra banda, a evolución recente do peso do crédito galego no Estado está a

ser especialmente negativa, posto que 5 anos antes, no 2009, o crédito galego

supoñía o 3,88% do conxunto estatal. Xa que logo, neste período, o peso do noso

Page 14: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E … · segue a baixar o salario recibido. Indicador que expresa en que pésimas condicións se incorpora a xente nova ao mercado laboral.

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

crédito no conxunto do estado descendeu 0,78 puntos, o que significa un descenso

do 20,1%. No mesmo período, a evolución do crédito sobre os depósitos

experimentou unha peor evolución. Se no 2009 por cada euro en depósito, existían

1,32 euros en crédito, na actualidade, como sinalamos antes, a cifra sitúase no 0,78,

o que significa que a relación entre créditos e depósitos caeu un 40,9% neste

período.

En resumo, Galiza é o territorio que ten un volume máis baixo de créditos en

relación cos depósitos, pero ademais é o que presenta unha peor evolución recente.

Durante os anos de crise, dende 2009 ate a actualidade, Galiza foi a comunidade que

máis peso perdeu no total do crédito concedido no territorio do Estado, cun descenso

do 20,1%; e tamén é o territorio que presenta a peor evolución da ratio

créditos/depósitos. Mentres no 2009 por cada 100 euros en depósito existían 132 en

crédito, na actualidade, por cada 100 euros en depósito so se destinan 78 para o

crédito en Galiza, o que supón un descenso do 40,9%.

Os datos publicados confirman os efectos negativos que a reestruturación

bancaria tivo para Galiza, onde un deseño estatal alleo aos intereses de noso pobo

deu como resultante a perda de entidades financeiras propias, coa bancarización e

venda a prezo de saldo de Novagalicia Banco, así mesmo os datos reafirman a

necesidade de deseñar medidas que favorezan que o aforro galego se traduza e

crédito e investimento no noso país.

Por todo o devandito formulamos as seguintes preguntas para a súa resposta

oral en comisión:

Page 15: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E … · segue a baixar o salario recibido. Indicador que expresa en que pésimas condicións se incorpora a xente nova ao mercado laboral.

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

-Que valoración realiza a Xunta de Galiza da evolución recente dos depósitos

e créditos bancarios en Galiza?

-A que cre que é debido que Galiza sexa a comunidade autónoma que ten un

volume máis baixo de créditos en relación cos depósitos?

-A que cre que é debido que Galiza sexa a comunidade autónoma coa peor

evolución na relación entre créditos e depósitos dende o 2009?

-Considera a Xunta de Galiza que a reestruturación bancaria e a perda de

entidades financeiras propias influíu en que Galiza sexa a comunidade autónoma con

peor evolución?

-Que medidas vai impulsar a Xunta de Galiza para reactivar a concesión de

crédito asegurando que o aforro galego se reinvista en Galiza?

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2015

Asdo.: María do Carme Adán Villamarín

Deputada do G.P. do BNG

Francisco Xesús Jorquera Caselas

Portavoz do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

María do Carme Adán Villamarín na data 01/07/2015 09:55:51

Page 16: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E … · segue a baixar o salario recibido. Indicador que expresa en que pésimas condicións se incorpora a xente nova ao mercado laboral.

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 01/07/2015 09:55:58

Page 17: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E … · segue a baixar o salario recibido. Indicador que expresa en que pésimas condicións se incorpora a xente nova ao mercado laboral.

Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos

Día: 23.09.2015 Hora: 16:30

Orde do día

1.3 39135(09/POC-005834)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Sánchez García, Antón

Sobre a reforma fiscal do Goberno central prevista para o ano

2016

Publicación da iniciativa, 505, 11.08.2015

Page 18: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E … · segue a baixar o salario recibido. Indicador que expresa en que pésimas condicións se incorpora a xente nova ao mercado laboral.

Á Mesa do Parlamento

Antón Sánchez García, deputado pertencente ao Grupo Parlamentar da Alternativa

Galega de Esquerda (EU-ANOVA), ao abeiro do disposto no artigo 156 do Regulamento

da Cámara, presenta a seguinte Pregunta para a súa resposta oral en Comisión.

O goberno central vén de adiantar a reforma fiscal prevista para o 2016 a xullo deste ano.

Nela, modifícanse os tramos que pagan os contribuíntes segundo a súa renda, pasando

de sete a cinco. Hai unha baixada xeralizada de tipos, é dicir, non se mellora en

progresividade dos tipos. As rendas medias apenas notarán diferenza e resulta

especialmente escandalosa a baixada de tipos (ao 45%) para as rendas máis altas, unha

categoría na que non se fai distingos a partir dos 60.000 euros en diante. A reforma tamén

contén unha baixada de tipos para os rendimentos do capital, recuperando os valores de

2011. Así mesmo, esta reforma inclúe unha rebaixa do tipo xeral do imposto de

sociedades que pasa do 30% ao 25%. Por último, esta reforma segue sen abordar a

cuestión das SICAV.

En resumo, esta reforma significará máis regresividade, máis protección para as grandes

fortunas e maior beneficio fiscal para o mundo do capital que para o mundo do traballo.

Por todo o exposto Alternativa Galega de Esquerda presenta a seguinte pregunta para

resposta oral en Comisión:

Que opina a Xunta de Galicia sobre a reforma fiscal do goberno central?

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2015.

Antón Sánchez García

Deputado do G.P. da AGE.

Page 19: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E … · segue a baixar o salario recibido. Indicador que expresa en que pésimas condicións se incorpora a xente nova ao mercado laboral.

Asinado dixitalmente por:

Anton Sánchez García na data 23/07/2015 13:37:49

Page 20: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E … · segue a baixar o salario recibido. Indicador que expresa en que pésimas condicións se incorpora a xente nova ao mercado laboral.

Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos

Día: 23.09.2015 Hora: 16:30

Orde do día

1.4 39574(09/POC-005909)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Méndez Romeu, José Luis e 2 máis

Sobre a valoración que fai o Goberno galego do informe

aprobado en febreiro pola Comisión Nacional dos Mercados e da

Competencia, no que se analiza a contratación pública en

España e as oportunidades de mellora dende o punto de vista

da competencia

Publicación da iniciativa, 512, 03.09.2015

Page 21: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E … · segue a baixar o salario recibido. Indicador que expresa en que pésimas condicións se incorpora a xente nova ao mercado laboral.

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

José Luis Méndez Romeu, Juan Carlos González Santín e José

Antonio Sánchez Bugallo, deputados pertencentes ao Grupo

Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no

artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a

seguinte Pregunta para a súa reposta oral en Comisión 3.ª,

Economía, Facenda e Orzamentos.

A Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia aprobou en

febreiro pasado un informe analizando a contratación pública en España

e as oportunidades de mellora dende o punto de vista da competencia

O informe cuantifica o peso da contratación pública no 18´5 % do PIB,

arredor de 194.000 millóns de euros anuais. A Comisión considera que

ese volume de fondos públicos ten implicacións na competencia e na

regulación dos mercados, polo que estima urxente e prioritario o

regulamento do aprovisionamento público. Igualmente, defende unha

contratación pública máis transparente, competitiva e que sexa

economicamente eficiente en beneficio tanto dos cidadáns como das

empresas e das propias administracións públicas.

A Comisión constata a pervivencia de problemas estruturais no

aprovisionamento público e máis especificamente na contratación

pública, que, en moitos casos, non permiten garantir a concorrencia

efectiva nos mercados. A diferencia doutros mercados, na contratación

pública hai elevadas barreiras de entrada, por exemplo nas concesións

públicas ou os custos necesarios para participar nunha licitación.

Tamén a multiplicidade de órganos de contratación con

heteroxeneidade de procedementos, a información asimétrica.

A Comisión estima que en ausencia de presión que exerce a libre

concorrencia, as desviacións poden incrementar os custos nun 25 %

As reformas que a Comisión demanda son as seguintes:

Page 22: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E … · segue a baixar o salario recibido. Indicador que expresa en que pésimas condicións se incorpora a xente nova ao mercado laboral.

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

a) Maior acceso, transparencia e publicidade, incluíndo a maior

motivación do procedemento elixido, a erradicación de criterios de

selección ambiguos ou excesivamente discrecionais, a eliminación dos

procedementos que non reúnan suficientes garantías de publicidade,

b) Supresión de sistemas de valoración pouco claros ou subxectivos,

dando preeminencia ó prezo.

c) Dispoñibilidade da información do procedemento de forma simétrica

para todo os operadores potencialmente interesados.

d) Incrementar a transparencia e publicidade da Administración en

relación cos procedementos en curso, pechados ou planificados.

Doutra banda a Comisión demanda unha maior estandarización das

diferentes categorías de contratos, facilitar que no procedemento

electrónico exista bidireccionalidade, efectuar valoracións económicas

da non concorrencia, por exemplo nas encomendas de xestión, realizar

auditorías de custo, revisar os procesos de fixación de prezos nos

concursos.

A reflexión da CNMC é importante para todas as administracións

públicas. Non se coñece a posición do Goberno galego. E por iso que se

formula a seguinte pregunta para a súa resposta oral na Comisión 3ª.

1.ª) Qué valoración fai a Xunta do informe devandito?

2.ª) Qué medidas están previstas en Galicia?

Pazo do Parlamento, 4 de agosto de 2015

Asdo.: José Luis Méndez Romeu

Juan Carlos González Santín

José Antonio Sánchez Bugallo

Deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asinado dixitalmente por:

Page 23: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E … · segue a baixar o salario recibido. Indicador que expresa en que pésimas condicións se incorpora a xente nova ao mercado laboral.

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Jose Luis Méndez Romeu na data 04/08/2015 16:19:55

Juan Carlos González Santín na data 04/08/2015 16:20:04

José Antonio Sánchez Bugallo na data 04/08/2015 16:20:10

Page 24: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E … · segue a baixar o salario recibido. Indicador que expresa en que pésimas condicións se incorpora a xente nova ao mercado laboral.

Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos

Día: 23.09.2015 Hora: 16:30

Orde do día

1.5 39747(09/POC-005932)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Gallego Calvar, María Carmen e 5 máis

Sobre o resultado da regularización das pensións das persoas

emigrantes de Galicia ante a facenda pública

Publicación da iniciativa, 512, 03.09.2015

Page 25: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E … · segue a baixar o salario recibido. Indicador que expresa en que pésimas condicións se incorpora a xente nova ao mercado laboral.

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Carmen Gallego Calvar, Juan Carlos González Santín, Carmen Acuña

do Campo, José Luis Méndez Romeu, María Quintas Alvarez e José

Antonio Sánchez Bugallo, deputadas e deputados pertencentes ao Grupo

Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo

152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte

pregunta para a súa resposta oral en Comisión 3.ª, Economía, Facenda e

Orzamentos.

Rematado xa o prazo establecido polo Goberno do Estado para a

regularización das pensións das persoas emigrantes ante a facenda pública,

compre facer balance dos resultados acadados con esta regularización e das

cuestións pendentes de resolver por parte da administración respecto do

trato igualitario dos pensionistas emigrantes cos pensionistas do Estado.

Os e as socialistas sempre entendemos que a regularización da situación

tributaria das persoas pensionistas emigrantes se tiña que facer de oficio e

non a instancias dos mesmos, posto que podía suceder que moitas persoas

non accederan a este trámite polas súas propias dificultades de mobilidade,

recursos, etc. Así, temos aínda a día de hoxe colectivos que solicitan

ampliación do prazo de regularización e tamén anomalías na propia

regularización, cómo non recoñecer as sentenzas xudiciais xa existentes

sobre as pensións de Alemaña exentas de tributar antes do 2013.

Consideramos ademais que o feito de que a meirande parte das persoas

afectadas non teñan recoñecidas en España as súas incapacidades prexudica

gravemente a súa situación comparativa ante a facenda pública polas

exencións que non disfrutan, entre outras.

Ante esta situación, os deputados e as deputadas que asinan formulan as

seguintes preguntas para o seu debate en Comisión:

1. Coñece o Goberno galego o resultado da regularización das persoas

pensionistas emigrantes de Galicia?

2. Si é así, cantas persoas accederon a esa regularización?

Page 26: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E … · segue a baixar o salario recibido. Indicador que expresa en que pésimas condicións se incorpora a xente nova ao mercado laboral.

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

3. Ten calculado o Goberno galego as persoas que por distintas

circunstancias non accederon á mesma? Si é así, cantas son? Que

accións vai levar a cabo a Xunta de Galicia para atender a estas

persoas?

4. Que anomalías detectaron na regularización? Cantas persoas con

pensións de Alemaña foron obrigadas a tributar cando non tiñan que

facelo? Está o Goberno de Galicia atendendo a esas persoas para que

poidan reclamar ante a facenda estatal esa situación?

5. Que xestións fixo o Goberno galego para que as distintas

incapacidades que as persoas pensionistas emigrantes teñen

recoñecidas nos países aos que emigraron sexa homologadas en

España? Con que resultados?

6. Si se equiparan as incapacidades, poderán esas persoas reclamar o

cobrado indebidamente pola facenda estatal?

7. Esta satisfeito o Goberno galego co trato dado pola facenda estatal

aos pensionistas emigrantes galegos?

Pazo do Parlamento, 11 de agosto de 2015

Asdo.: Carmen Gallego Calvar

Juan Carlos González Santín

Carmen Acuña do Campo

José Luis Méndez Romeu

María Quintas Alvarez

José Antonio Sánchez Bugallo

Deputadas e deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asinado dixitalmente por:

Carmen Gallego Calvar na data 11/08/2015 10:23:34

Juan Carlos González Santín na data 11/08/2015 10:23:59

María del Carmen Acuña do Campo na data 11/08/2015 10:24:08

Page 27: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E … · segue a baixar o salario recibido. Indicador que expresa en que pésimas condicións se incorpora a xente nova ao mercado laboral.

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Jose Luis Méndez Romeu na data 11/08/2015 10:24:12

Maria Remedios Quintas Alvarez na data 11/08/2015 10:24:19

José Antonio Sánchez Bugallo na data 11/08/2015 10:24:23

Page 28: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E … · segue a baixar o salario recibido. Indicador que expresa en que pésimas condicións se incorpora a xente nova ao mercado laboral.

Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos

Día: 23.09.2015 Hora: 16:30

Orde do día

1.6 40356(09/POC-006051)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Jorquera Caselas, Francisco Xesús

Sobre as razóns do baixo nivel de execución dos orzamentos da

Xunta de Galicia para o ano 2014, así como a opinión do

Goberno galego respecto do cumprimento dos obxectivos

políticos asignados aos programas que tiveron baixo grao de

execución

Publicación da iniciativa, 516, 10.09.2015

Page 29: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E … · segue a baixar o salario recibido. Indicador que expresa en que pésimas condicións se incorpora a xente nova ao mercado laboral.

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Francisco Xesús Jorquera Caselas, deputado do Grupo Parlamentar do

Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara,

presenta a seguinte Pregunta para a súa resposta oral na Comisión 3ª de Economía,

Facenda e Orzamentos, relativa á baixa execución dos Orzamentos da Xunta de Galiza

en 2014.

Recentemente acaba de publicarse o “Estado de Execución dos Orzamentos da

Xunta de Galiza para 2014". Para o citado ano, o grao de execución total foi do 90,5%,

quedando polo tanto a décima parte do orzamentado sen executar. Ademais, dunha

análise detallada do grao de execución observamos como determinadas áreas ou

programas, que consideramos que boa parte deles teñen un carácter estratéxico, presentan

unha moi baixa execución lastrando así o cumprimento dos seus obxectivos.

Por exemplo, se nos atemos aos diferentes capítulos, observamos como existe

unha grande diferenza entre eles no grao de execución. Os que rexistran unha máis baixa

execución son os investimentos reais (71,9%) e as transferencias de capital (67,3%),

mentres que as operacións financeiras (capítulos 8 e 9) superan unha execución do 80% e

o resto de capítulos superan unha execución do 97%.

Se observamos o grado de execución atendendo ás consellerías, observamos un

comportamento similar. Unha consellería que é fundamental para impulsar o crecemento

económico e que conta con grandes programas de incentivos para a dinamización

económica como é a Consellería de Economía e Industria resulta ser a consellería con

máis baixa execución, un 61%. Nesta consellería, atendendo á execución por capítulos de

gasto, todos os capítulos superan o 99% de execución, a excepción do capítulo 7, xa que

as transferencias de capital apenas chegan ao 52,2%. Trátase precisamente do capítulo

Page 30: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E … · segue a baixar o salario recibido. Indicador que expresa en que pésimas condicións se incorpora a xente nova ao mercado laboral.

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

onde se recollen varias liñas de dinamización económica a través de subvencións aos

diferentes axentes galegos.

Algo semellante ocorre coa Consellería de Medio Rural e Mar, que contando con

amplos programas de incentivos para a dinamización económica do medio rural e do mar,

presenta unha execución do 69,8%. Nesta consellería, a execución das transferencias de

capital quedáronse nun escaso 61%, e servizos como a Secretaría Xeral do Mar executou

un exiguo 24,3% do seu orzamento. Tamén unha consellería virada ao investimento como

é a do Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas atópase cun grado de execución do

66,5% no seu capítulo 6.

Se atendemos á a execución dos diferentes programas, moitos deles ligados ás

consellerías citadas anteriormente, existen algúns programas relevantes cunha execución

moi baixa. Destaquemos algúns:

Fomento da rehabilitación e da calidade da vivenda (7,3%).

Plan galego de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica

(64,1%).

Apoio á modernización, internacionalización e mellora da

competitividade, innovación e produtividade empresarial (40,8%).

A execución dos programas relacionados co emprego é realmente

preocupante: mellora e fomento da empregabilidade (67,3%), intermediación e

inserción laboral (64,2%), formación profesional de desempregados (71,8%), mellora

da cualificación do emprego (32,3%).

Os relacionados co medio rural e o mar presentan tamén unha moi baixa

execución, o que en programas como a mobilidade de terras agrarias ou a

Page 31: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E … · segue a baixar o salario recibido. Indicador que expresa en que pésimas condicións se incorpora a xente nova ao mercado laboral.

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

implantación de sistemas produtivos agrarios sustentábeis supuxo execucións por

debaixo do 40%.

Os datos de execución para o ano 2014 amosan unha deficiente práctica e xestión

orzamentaria. Resulta evidente que ante tan baixos grados de execución orzamentaria

dificilmente se puido conseguir os obxectivos fixados en cada consellería, servizo ou

programa que presenta tais execucións. Polo tanto, actuacións clave da Xunta de Galiza

están a verse lastradas. Cabe preguntarse, por exemplo, que política de fomento da

rehabilitación e da calidade da vivenda realizou a Xunta de Galiza no 2014 executando

soamente o 7,3% do citado programa.

Por todas estas razóns formulamos as seguintes preguntas para a súa resposta oral

na Comisión 3ª de Economía, Facenda e Orzamentos, relativas á baixa execución dos

Orzamentos da Xunta de Galiza en 2014.

-Considera a Xunta de Galiza que o grao de execución do orzamento da Xunta de

Galiza correspóndese cunha boa práctica e xestión orzamentaria?

-A que cre a Xunta de Galiza que é debido o baixo nivel de execución das

consellerías, capítulos e programas citados?

-Cre a Xunta de Galiza que os programas que amosan baixos graos de execución

acadaron o obxectivo político que tiñan asignado?

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2015

Asdo.: Francisco Xesús Jorquera Caselas

Page 32: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E … · segue a baixar o salario recibido. Indicador que expresa en que pésimas condicións se incorpora a xente nova ao mercado laboral.

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Portavoz do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 01/09/2015 11:39:07

Page 33: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E … · segue a baixar o salario recibido. Indicador que expresa en que pésimas condicións se incorpora a xente nova ao mercado laboral.

Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos

Día: 23.09.2015 Hora: 16:30

Orde do día

2. Dación de conta

Page 34: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E … · segue a baixar o salario recibido. Indicador que expresa en que pésimas condicións se incorpora a xente nova ao mercado laboral.

Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos

Día: 23.09.2015 Hora: 16:30

Orde do día

2.1 Programa estatístico anual

Page 35: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E … · segue a baixar o salario recibido. Indicador que expresa en que pésimas condicións se incorpora a xente nova ao mercado laboral.
Page 36: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E … · segue a baixar o salario recibido. Indicador que expresa en que pésimas condicións se incorpora a xente nova ao mercado laboral.
Page 37: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E … · segue a baixar o salario recibido. Indicador que expresa en que pésimas condicións se incorpora a xente nova ao mercado laboral.

Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos

Día: 23.09.2015 Hora: 16:30

Orde do día

2.2 Modificacións orzamentarias

Page 38: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E … · segue a baixar o salario recibido. Indicador que expresa en que pésimas condicións se incorpora a xente nova ao mercado laboral.
Page 39: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E … · segue a baixar o salario recibido. Indicador que expresa en que pésimas condicións se incorpora a xente nova ao mercado laboral.
Page 40: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E … · segue a baixar o salario recibido. Indicador que expresa en que pésimas condicións se incorpora a xente nova ao mercado laboral.
Page 41: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E … · segue a baixar o salario recibido. Indicador que expresa en que pésimas condicións se incorpora a xente nova ao mercado laboral.
Page 42: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E … · segue a baixar o salario recibido. Indicador que expresa en que pésimas condicións se incorpora a xente nova ao mercado laboral.
Page 43: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E … · segue a baixar o salario recibido. Indicador que expresa en que pésimas condicións se incorpora a xente nova ao mercado laboral.
Page 44: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E … · segue a baixar o salario recibido. Indicador que expresa en que pésimas condicións se incorpora a xente nova ao mercado laboral.
Page 45: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E … · segue a baixar o salario recibido. Indicador que expresa en que pésimas condicións se incorpora a xente nova ao mercado laboral.
Page 46: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E … · segue a baixar o salario recibido. Indicador que expresa en que pésimas condicións se incorpora a xente nova ao mercado laboral.

Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos

Día: 23.09.2015 Hora: 16:30

Orde do día

2.3 Plan Económico Financeiro Global

Page 47: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E … · segue a baixar o salario recibido. Indicador que expresa en que pésimas condicións se incorpora a xente nova ao mercado laboral.
Page 48: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E … · segue a baixar o salario recibido. Indicador que expresa en que pésimas condicións se incorpora a xente nova ao mercado laboral.
Page 49: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E … · segue a baixar o salario recibido. Indicador que expresa en que pésimas condicións se incorpora a xente nova ao mercado laboral.

Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos

Día: 23.09.2015 Hora: 16:30

Orde do día

2.4 Avais e préstamos do IGAPE

Page 50: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E … · segue a baixar o salario recibido. Indicador que expresa en que pésimas condicións se incorpora a xente nova ao mercado laboral.
Page 51: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E … · segue a baixar o salario recibido. Indicador que expresa en que pésimas condicións se incorpora a xente nova ao mercado laboral.
Page 52: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E … · segue a baixar o salario recibido. Indicador que expresa en que pésimas condicións se incorpora a xente nova ao mercado laboral.

Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos

Día: 23.09.2015 Hora: 16:30

Orde do día

2.5 Informe sobre a disposición do Fondo de Continxencia

Page 53: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E … · segue a baixar o salario recibido. Indicador que expresa en que pésimas condicións se incorpora a xente nova ao mercado laboral.
Page 54: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E … · segue a baixar o salario recibido. Indicador que expresa en que pésimas condicións se incorpora a xente nova ao mercado laboral.