REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · A Comisión 3.ª, Economía,...
Transcript of REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · A Comisión 3.ª, Economía,...
REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA,
FACENDA E ORZAMENTOS
Día: 08.05.2013 Hora: 10:30
A Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 8 de maio de 2013, ás 10:30 horas, no pazo do Parlamento.
A orde do día é a seguinte :
Punto único. Proposicións non de lei en Comisión 1 1847 (09/PNC-000141) Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Losada Álvarez, Abel Fermín e 3 máis Sobre a elaboración dun plan de viabilidade futura que garanta a obra social das
antigas caixas de aforro galegas e o mantemento do emprego vinculado a ela Publicación da iniciativa, BOPG n.º 27, do 07.01.2013 2 2474 (09/PNC-000173) Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Losada Álvarez, Abel Fermín e 2 máis Sobre a demanda que debe realizarlle o Goberno galego ao Goberno central en
relación cos obxectivos sobre o déficit futuro da Comunidade Autónoma de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 41, do 30.01.2013 3 4599 (09/PNC-000343) Grupo Parlamentario Popular de Galicia Arias Veira, Pedro Manuel e 5 máis Sobre a adopción polo Goberno galego das medidas oportunas para o avance na
documentación, constitución e actualización dun catálogo de rexistrosadministrativos e sistemas de información da Administración xeral e do sector público autonómico, susceptibles de aproveitamento estatístico
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 64, do 06.03.2013 Publicación correccións, BOPG n.º 74, do 21.03.2013 4 4899 (09/PNC-000375) Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda Fernández Calviño, David Sobre a solicitude pola Xunta de Galicia ao Goberno español da eliminación das
Sociedades de Inversión de Capital Variable e o establecemento dunhaequiparación dos impostos das rendas altas españolas cos soportados polos seus homólogos no resto dos países de la UE-15
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 73, do 20.03.2013 Publicación correccións, BOPG n.º 80, do 03.04.2013 5 5338 (09/PNC-000424) Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Beiras Torrado, Xosé Manuel e Díaz Pérez, Yolanda Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación co
pagamento de gratificacións extraordinarias en concepto de dirección por obxectivos e o estudo da repartición de dividendos con cargo ao exercicio 2012 na empresa pública Tragsa
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 77, do 27.03.2013 6 6170 (09/PNC-000495) Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Jorquera Caselas, Francisco Xesús Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa
situación dos aforradores afectados pola comercialización das participacións preferentes e obrigas subordinadas, tras a aprobación do plan de reestruturación de Novagalicia Banco
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 89, do 18.04.2013 7 6172 (09/PNC-000497) Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Jorquera Caselas, Francisco Xesús Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego diante do Goberno central
para garantir a continuidade da obra social de Novacaixagalicia, así como a retirada do Anteproxecto de lei de caixas de aforros e fundacións bancarias
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 89, do 18.04.2013
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, o abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.
Santiago de Compostela, 29 de abril de 2013
José Antonio Sánchez Bugallo Presidente da Comisión
RELACIÓN DE MEMBROS DE COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E
ORZAMENTOSPOR ORDE ALFABÉTICA
Mesa
Vogais
PresidenteJosé Antonio Sánchez Bugallo S
VicepresidentaMaría Isabel García Pacín P
SecretarioPedro Manuel Arias Veira P
Xosé Manuel Beiras Torrado AGEJuan Carlos González Santín SJavier Jorge Guerra Fernández PFrancisco Xesús Jorquera Caselas BNGAbel Fermín Losada Álvarez SMaría del Carmen Pardo López PMaría Herminia Pouso Maneiro PPedro Puy Fraga PGonzalo Trenor López P
Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos
Día: 08.05.2013 Hora: 10:30
Orde do día
1. Proposicións non de lei en Comisión
Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos
Día: 08.05.2013 Hora: 10:30
Orde do día
1.1 1847(09/PNC-000141)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Losada Álvarez, Abel Fermín e 3 máis
Sobre a elaboración dun plan de viabilidade futura que
garanta a obra social das antigas caixas de aforro galegas e
o mantemento do emprego vinculado a ela
Publicación da iniciativa, 27, 07.01.2013
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa dos
seus deputados e da súa deputada, Abel Losada Alvarez, Carmen Gallego
Calvar, Juan Carlos González Santín e José Antonio Sánchez Bugallo,
a través do seu portavoz e ao abeiro do disposto no artigo 160 do
Regulamento da Cámara, presenta ante esa Mesa a seguinte proposición
non de lei en Comisión.
A Obra Social das extintas caixas de aforro galegas, constitúe un factor
fundamental que se fai necesario preservar para o futuro do país. Mais
cando os responsables políticos do Goberno central e do Banco de España,
veñen de tomar a decisión de que o FROB pase a ser o único accionista de
Nova Galicia Banco, co que desaparecerá a participación que viña
mantendo NOVACAIXAGALICIA (entidade resultante da fusión das dúas
caixas galegas: Caixanova e Caixa Galicia), dificultando aínda máis o seu
financiamento futuro e a súa supervivencia.
A vinculación ca poboación galega levada a cabo durante tantos anos pola
Obra Social das caixas de aforro de Galicia, foi e é moi intensa e está fora
de toda dúbida, sendo a súa contribución esencial en moitos dos eidos
sociais, culturais, asistenciais, de formación e creación de emprego. Entre
outras: os trece centros de maiores; na participación de máis de 100.000
persoas en programas de envellecemento activo; a súa contribución para
subvencionar estancias en centros xeriátricos, por un importe superior aos
750.000 euros no 2012; á atención á dependencia; o apoio a máis de 55.000
persoas para os comedores escolares; máis de 800 alumnos/ano que se
veñen formando nos tres centros de Formación Profesional que mantén;
máis de 250 nenos e nenas en escolas infantís; 113.000 socios que se
benefician das súas bibliotecas; formación de máis de 700 persoas en
másters e postgrados na Escola de Negocios; apoio a diversas ONG;
130.000 escolares que participaron en diversas actividades educativas,
didácticas e medio ambientais; apoio as diversas disciplinas artísticas e
culturais; etc....
Todo o cal a configura como un compoñente de primeiro orde e
determinante en moitos campos de actuación, sistémico, así como un
elemento esencial cara a lograr unha maior cohesión social e contribuír de
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
xeito básico ao desenvolvemento formativo e para a dinamización da vida
cultural, social e asistencial de Galicia.
O mantemento de toda esta inxente obra social debe ser preservada, para o
cal a Xunta de Galicia debe xogar un papel activo para lograr establecer un
itinerario de futuro claro que garanta a súa supervivencia, permitindo a súa
vez o mantemento dos postos de traballo que – directa ou indirectamente –
aquela xera.
Ata o de agora a Xunta de Galicia, pese as súas competencias, obrigas e
responsabilidades neste eido de actuación, non estableceu ningún
obxectivo neste ámbito, nin levou a cabo o desenvolvemento necesario
para regular o papal das fundacións conectadas cas entidades financeiras.
Co obxectivo de manter a obra social das desaparecidas caixas de aforro
galegas, parecendo mais preocupado por dar cobertura partidaria as
decisións tomadas polo Goberno central.
Por todo o anterior, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
presenta a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Comisión:
O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a que, no prazo máximo
de catro meses, presente ante a Cámara galega un Plan de viabilidade
futura que garanta a obra social das antigas caixas de aforro galegas e
o mantemento do emprego vinculado á mesma.
Pazo do Parlamento, 27 de decembro de 2012
Asdo.: Abel Losada Alvarez
Portavoz -deputado do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asdo.: Carmen Gallego Calvar
Juan Carlos González Santín
José Antonio Sánchez Bugallo
Deputada e deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Asinado dixitalmente por:
Abel Fermín Losada Álvarez na data 27/12/2012 14:03:29 María Carmen Gallego Calvar na data 27/12/2012 14:03:47
Juán Carlos González Santín na data 27/12/2012 14:03:53 José Antonio Sánchez Bugallo na data 27/12/2012 14:04:02
Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos
Día: 08.05.2013 Hora: 10:30
Orde do día
1.2 2474(09/PNC-000173)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Losada Álvarez, Abel Fermín e 2 máis
Sobre a demanda que debe realizarlle o Goberno galego ao
Goberno central en relación cos obxectivos sobre o déficit
futuro da Comunidade Autónoma de Galicia
Publicación da iniciativa, 41, 30.01.2013
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa do seu
deputado-portavoz Abel Losada Álvarez e dos seus deputados Juan
Carlos González Santín e José Antonio Sánchez Bugallo, ao abeiro do
disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa
Mesa a seguinte Proposición non de lei en Comisión 3.ª.
Exposición de motivos
A estratexia económica que está a seguir o Goberno de España de centrar
todos os esforzos da senda de consolidación fiscal nunha loita intensa e a
curto prazo contra o déficit público, constitúe un erro de enorme
importancia que, ademais de agochar decisións de carácter exclusivamente
ideolóxico, prexudica enormemente a Galicia.
O camiño sen saída que supón esta vía de actuación vén sendo denunciado
dende hai tempo polos partidos políticos de esquerda en Europa, ao tempo
que a case totalidade do mundo académico - aquel que non está cegado
pola ideoloxía reaccionaria da loita contra o estado en favor dun mercado,
que só busca o seu beneficio - sinala tamén este camiño como unha vía
morta.
A exclusiva loita sen cuartel contra o déficit, significa unha ralentización
da actividade económica, recesión, incremento do desemprego, caída da
recadación fiscal, e polo tanto, ou mais déficit, ou unha miseria cruel para
unha boa parte da poboación.
Tanto é así que xa organismos económicos internacionais, como o FMI,
recoñecen que esta vía, considerada como excluinte, non leva a ningunha
parte e só supón mais dificultades económicas para os grupos máis
vulnerables da sociedade.
Neste contexto de recesión, a Comisión Europea vén de flexibilizar os
obxectivos de déficit para España. O Goberno central, dentro da súa
estratexia de re - centralización administrativa, non ten trasladado esta
flexibilización ás comunidades autónomas, co que os grandes servizos
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
públicos prestados dende as mesmas, fundamentalmente sanidade e
educación, veranse fondamente afectados.
Polo exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presenta a
seguinte Proposición non de lei:
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que se dirixa ao
Goberno de España para que este modifique os obxectivos sobre o déficit
futuro da nosa Comunidade Autónoma de Galicia, establecendo uns prazos
superiores en base as prórrogas concedidas pola Comisión Europea na
senda de consolidación fiscal das finanzas públicas”.
Pazo do Parlamento, 23 de xaneiro de 2013
Asinado dixitalmente por:
Abel Fermín Losada Álvarez na data 23/01/2013 09:24:32 Juán Carlos González Santín na data 23/01/2013 09:24:52
José Antonio Sánchez Bugallo na data 23/01/2013 09:25:04
Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos
Día: 08.05.2013 Hora: 10:30
Orde do día
1.3 4599(09/PNC-000343)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Arias Veira, Pedro Manuel e 5 máis
Sobre a adopción polo Goberno galego das medidas oportunas
para o avance na documentación, constitución e actualización
dun catálogo de rexistros administrativos e sistemas de
información da Administración xeral e do sector público
autonómico, susceptibles de aproveitamento estatístico
Publicación da iniciativa, 64, 06.03.2013
Publicación correccións, 74, 21.03.2013
GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR
DE GALICIA
Rúa do Hórreo, 63
15702 Santiago de Compostela
T. 981 551 510
F. 981 551 422
www.ppdegalicia.com
Á Mesa do Parlamento O Grupo Parlamentario Popular de Galicia, a través do seu Portavoz e a iniciativa dos deputados Pedro Arias Veira, Isabel García Pacín, Javier Guerra Fernández, Carmen Pardo López, Herminia Pouso Maneiro e Gonzalo Trenor López, ó abeiro dos artigos 98, 160 e concordantes do Regulamento da Cámara presenta a seguinte Proposición Non de Lei para o seu debate en Comisión polo trámite de urxencia.
Xustificación da urxencia. A urxencia ven motivada pola necesidade de que este tema se trate canto antes no Parlamento de Galicia. Exposición de Motivos A Lei 8/2011, do 9 de novembro, do Plan Galego de Estatística 2012-2016, no seu artigo 7.d), fixa como obxectivo organizativo o de realizar un uso estatístico máis eficiente dos rexistros e dos sistemas de información das distintas administracións públicas Para contribuír á consecución desde obxectivo no ámbito do sistema estatístico de Galicia, o artigo 22 da citada norma atribúe ao Instituto Galego de Estatística (IGE) e ao órgano estatístico sectorial que corresponda (OES) a potestade de informar, con carácter previo, os rexistros administrativos e sistemas de información creados polos órganos da Administración xeral e do sector público autonómico, dos que se poidan derivar datos relevantes para efectos estatísticos. Este obxectivo, relacionado cos principios de economía, aproveitamento das fontes existentes e minimización da carga de resposta dos informantes, xa viña contemplado na Lei 9/1988, de
GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR
DE GALICIA
Rúa do Hórreo, 63
15702 Santiago de Compostela
T. 981 551 510
F. 981 551 422
www.ppdegalicia.com
estatística de Galicia (artigos 39.6 e 44.3 d) e na Lei, 16/2006, do PGE 2007-2011 (artigos 8.1, 16 e 17). Para cumprirmos con esta normativa, os decretos dos Programas estatísticos para 2012 e 2013, que desenvolven o PGE 2012-2016, recollen a actividade AIE12 Catálogo de rexistros administrativos de interese estatístico, a executar polo IGE. Como resultado, o IGE dispón xa dun catalogo que debería ser obxecto dunha análise conxunta sobre contido e cobertura, na que participen os departamentos da administración autonómica, a través dos seus respectivos OES. En consecuencia, o Grupo Parlamentario Popular propón a seguinte Proposición non de Lei para o seu debate en Comisión. “O Parlamento de Galicia insta ao Goberno da Xunta a que adopte as medidas oportunas para que se avance, baixo a coordinación do IGE, na documentación, constitución e actualización dun catálogo de rexistros administrativos e sistemas de información, susceptibles de aproveitamento estatístico.”
Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2013 Asinado dixitalmente por: Pedro Puy Fraga na data 04/03/2013 17:52:14 Pedro Manuel Arias Veira na data 04/03/2013 17:52:30
María Isabel García Pacín na data 04/03/2013 17:52:53
GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR
DE GALICIA
Rúa do Hórreo, 63
15702 Santiago de Compostela
T. 981 551 510
F. 981 551 422
www.ppdegalicia.com
Javier Jorge Guerra Fernández na data 04/03/2013 17:53:03
María Carmen Pardo López na data 04/03/2013 17:53:48 Maria Herminia Pouso Maneiro na data 04/03/2013 17:54:09
Gonzalo Trenor Lopez na data 04/03/2013 17:54:31
Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos
Día: 08.05.2013 Hora: 10:30
Orde do día
1.4 4899(09/PNC-000375)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Fernández Calviño, David
Sobre a solicitude pola Xunta de Galicia ao Goberno español
da eliminación das Sociedades de Inversión de Capital
Variable e o establecemento dunha equiparación dos impostos
das rendas altas españolas cos soportados polos seus
homólogos no resto dos países de la UE-15
Publicación da iniciativa, 73, 20.03.2013
Publicación correccións, 80, 03.04.2013
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerdas, por iniciativa
do seu deputado David Fernández Calviño e a través do seu portavoz, ao
abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta a
seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Comisión.
A actual situación de recortes nos servizos públicos do Estado de
Benestar, tales como a sanidade e educación, argumentándose que o Estado
non ten diñeiro para sustentalos non é certo. O problema é que no Estado
español as rendas superiores non contribúen á facenda pública como fan os
seus homólogos no resto dos países de la UE-15.
Supón un insulto ós cidadáns do común que os súper ricos (as grandes
fortunas) non declaren a maioría dos seus ingresos vía IRPF. Contan con
gabinetes de asesores fiscais que os guían para minimizar as súas apartacións
ó fisco, e un dos mecanismos empregados son as Sociedades de Inversión de
Capital Variable, coñecidas como SICAV, para as que a carga impositiva é
mínima. Estes fondos están enormemente concentrados, como reflexo da
enorme polarización das rendas existente no Estado español.
Por estes motivos, o Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de
Esquerda considera que o Estado español debe reconsiderar a súa política a
respecto dos impostos da rendas máis altas e, polo tanto, presenta a seguinte
Proposición non de lei para o seu debate en Comisión:
O Parlamento de Galiza insta a Xunta de Galiza a solicitar ó Goberno español
a eliminación das Sociedades de Inversión de Capital Variable, coñecidas
como SICAV, e establecer unha equiparación aos impostos das rendas altas
españolas ós soportados polos seus homólogos no resto dos países de la UE-
15.
Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2013.
Asdo.: David Fernández Calviño
Deputado do G.P. da AGE.
Xosé M. BeirasTorrado
Portavoz do G.P. da AGE.
Asinado dixitalmente por:
David Fernández Calviño na data 11/03/2013 17:33:36
Xosé Manuel Beiras Torrado na data 11/03/2013 17:33:46
Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos
Día: 08.05.2013 Hora: 10:30
Orde do día
1.5 5338(09/PNC-000424)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Beiras Torrado, Xosé Manuel e Díaz Pérez, Yolanda
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia
en relación co pagamento de gratificacións extraordinarias en
concepto de dirección por obxectivos e o estudo da
repartición de dividendos con cargo ao exercicio 2012 na
empresa pública Tragsa
Publicación da iniciativa, 77, 27.03.2013
Á MESA DO PARLAMENTO GALEGO
O Grupo Parlamentar de Alternativa Galega da Esquerda (EU-ANOVA), por medio do seu
Voceiro Xosé Manuel Beiras Torrado e a súa deputada Yolanda Díaz Pérez, ao abeiro do
recollido no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presentan a seguinte Proposición non de
lei para o seu debate en Comisión, relativa aos recortes na empresa pública Tragsa.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O Grupo Tragsa é unha empresa pública que forma parte da SEPI, a cal controla a maioría do
seu capital. Esta empresa realiza numerosas actuacións para diferentes administración
públicas incluída claro está a propia Xunta de Galicia.
Este Grupo Parlamentar ten coñecemento da situación que atravesa a empresa, que aínda
pechou o exercicio do ano 2012 con beneficios, mediante o fácil expediente de suprimir a paga
extraodinaria do nadal en Tragsatec e coa redución do 1/14 do salario no convenio na propia
Tragsa.
Con estes antecedentes, a empresa está a aboar remuneracións extraordinarias en concepto
de Dirección por Obxectivos (DPO), a maioría dos cales recaen no persoal do organigrama
directivo. Doutra banda a empresa está a estudar o reparto de dividendos con cargo ao
exercicio do ano 2012. Circunstancia grotesca e absolutamente inxusta toda vez dos recortes
sufridos pola plantilla nese exercicio.
A maiores, cómpre lembrar que dende o ano 2009, a empresa despediu a máis de 12.000
traballadores e traballadoras, namentras o organigrama directivo central e territorial ou resta
case intacto ou incluso incrementouse.
Semellante reparto das cargas e dos beneficios non é xusto, e xa que logo, o Grupo
Parlamentar de Alternativa Galega da Esquerda presenta a seguinte
PROPOSICIÓN NON DE LEI para o seu debate en Comisión:
- O Parlamento de Galicia insta ao goberno galego para que a súa vez este se dirixa ao
goberno central en demanda de que non se repartan as gratificacións extraordinarias
por DPO e non se repartan dividendos con cargo ao exercicio 2012 no grupo
empresarial Tragsa.
- O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia para que á súa vez se dirixa ao
goberno central demandando que este destine o diñeiro non repartido por DPO e por
dividendos a mellorar as condicións da plantilla de traballadoras e traballadores que xa
sufriron os recortes no ano 2012.
Compostela, 19 de marzo de 2013.
Asdo: Yolanda Díaz Pérez
Asdo: Xose Manuel Beiras Torrado
Asinado dixitalmente por:
Xosé Manuel Beiras Torrado na data 19/03/2013 11:47:03
Yolanda Díaz Pérez na data 19/03/2013 11:47:08
Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos
Día: 08.05.2013 Hora: 10:30
Orde do día
1.6 6170(09/PNC-000495)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Jorquera Caselas, Francisco Xesús
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en
relación coa situación dos aforradores afectados pola
comercialización das participacións preferentes e obrigas
subordinadas, tras a aprobación do plan de reestruturación de
Novagalicia Banco
Publicación da iniciativa, 89, 18.04.2013
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa do
seu deputado e portavoz Francisco Xesús Jorquera Caselas, ao abeiro do
disposto no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei
para o seu debate en Comisión relativa á situación dos aforradores estafados a
través de participacións preferentes e subordinadas, despois da aprobación do
plano de reestruturación de Novagalicia Banco.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A Comisión Rectora do Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria aprobou a
imposición dunha quita media do 43% aos titulares de participacións preferentes
de NCG Banco, mentres os donos de obrigacións subordinadas perpetuas
perderán un 41% e os de subordinadas con vencemento un 22%. Alén disto, a
porcentaxe que non lles é confiscada non lles será reintegrada directamente:
seralles trocada por accións ou bonos da entidade, de modo que os estafados
seguirán contribuíndo, á forza, a recapitalizar a entidade que os estafou, e
ademais no proceso de recompra destas accións ou bonos sufrirán unha nova
quita.
Confírmanse así os piores prognósticos do Memorandum asinado polo goberno
español coa troika o pasado mes de xullo e da Lei de reestruturación e
saneamento de entidades financeiras (procedente do RD-Lei 24/2012). E semella
confirmarse tamén que o goberno galego - que non impugnou ante o TC unha lei
que invade competencias autonómica e tenta dar cobertura xurídica ao saqueo
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
aos miles de aforradores estafados por bancos e caixas através de preferentes e
subordinadas – desiste de aplicar as súas competencias para resolver o problema
do único xeito que a xustiza reclama: a devolución aos aforradores da totalidade
dos cartos que lle foron estafados.
Así as cousas, formúlase a seguinte PROPOSICIÓN NON DE LEI
O Parlamento insta ao goberno galego a asegurar, con todos os medios ao seu
alcanzo, a devolución aos aforradores afectados por preferentes, subordinadas e
outros híbridos financeiros a totalidade dos cartos que lles foron estafados e, en
concreto:
A impugnar politicamente a Lei 9/2012, de reestruturación e resolución de
entidades de crédito e os planes de reestruturación aprobados pola Banco
de España e a Comisión Europea, en defensa das competencias e dos
intereses dos aforradores estafados a través de preferentes, subordinadas e
outros híbridos financeiros. Con tal fin, o Goberno Galego:
1.- Instará ao Goberno do Estado a modificar a Lei 9/2012 e a articular
unha solución que garanta o reintegro do 100% do diñeiro aos
pequenos aforradores.
1.2.- Poñerase a disposición dos afectados para prestarlle toda a cobertura
política e xurídica necesaria para que presenten recurso contra o acordo do
FROB.
A manter a vía da arbitraxe para todos os afectados que o solicitaren,
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
asegurando a rápida resolución de todos os casos.
A personarse no proceso aberto a través da demanda presentada pola
Fiscalía.
E a perseguir penalmente aos responsábeis da estafa
Santiago de Compostela, a 8 de abril de 2013
Asdo.: Francisco Xesús Jorquera Caselas
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 08/04/2013 11:14:46
Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos
Día: 08.05.2013 Hora: 10:30
Orde do día
1.7 6172(09/PNC-000497)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Jorquera Caselas, Francisco Xesús
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego diante
do Goberno central para garantir a continuidade da obra
social de Novacaixagalicia, así como a retirada do
Anteproxecto de lei de caixas de aforros e fundacións
bancarias
Publicación da iniciativa, 89, 18.04.2013
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa do seu
deputado e portavoz Francisco Xesús Jorquera Caselas, ao abeiro do disposto no
Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate
en Comisión, relativa á necesidade de manter a obra social de Novacaixagalicia.
A fusión das caixas de aforro de Galiza acometida en 2010 veuse alterada polas
reestruturacións financeiras aprobadas polos sucesivos Gobernos centrais, co consenso
dos principais partidos políticos e da grande banca privada. Logo de aprobarse esa
fusión, entrou en vigor a reforma da Lei Orgánica de Órganos Reitores das Caixas de
Aforro, que encetou o camiño da bancarización das caixas de aforro.
A caixa de aforros galega (Novacaixagalicia) acometeu ese proceso forzado de
bancarización, coa constitución de NCG Banco, que asumiu toda a actividade financeira
e os activos vinculados á mesma. Así, segundo os datos do último ano de actividade da
caixa de aforros, NGC Banco foi depositario dun activo de 75.773 millóns de euros, un
patrimonio neto consolidado de 1.715 millóns de euros e a xestión dos aforros de preto
de 3 millóns de clientes, cunha ampla rede comercial con presenza en case todos os
concellos de Galiza.
Mais finalmente, o Banco de España, contando coa autorización da Xunta de Galiza,
aprobou a bancarización da caixa de aforros resultante da fusión, fixando inicialmente a
participación desta en NCG Banco en apenas un 6,84 por 100. Unha participación que
posteriormente ficou reducida a 0 por mor da “operación acordeón” aprobada polo
FROB.
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Esa exigua participación era a fonte de financiamento primordial de Novacaixagalicia,
coa que debía atender a obra social que realizaban as caixas de aforros, que no seu
último ano de actividade como tales (2010) sustentou un investimento de 86 millóns de
euros, directamente ou en colaboracións coas institucións públicas de Galiza. Ademais,
segundo o plano de actuación plurianual elaborado, estima continuar cun ritmo de
investimento até decembro de 2016 en actuacións benéficas de 176 millóns de euros.
Ese investimento social e cultural periga seriamente tamén por outras condicións do
rescate bancario, que supedita as novas inxeccións a NCG a unha redución de
capacidade e mesmo a unha subasta para a súa liquidación e absorción por outras
entidades bancarias.
Alén dos grandes números, esta situación tamén pode provocar a perda de empregos,
nunha situación xa moi preocupante de altas taxas de paro en Galiza, e a supervivencia
da propia rede social e asistencial da obra social, realizada a través de máis de 90
instalacións repartidas en todo o territorio galego, adicadas á atención de persoas
maiores, escolas infantís, atención a persoas inmigrantes, formación profesional ou
residencias estudantís, entre outras.Porén, o futuro de toda esta obra social fica pendente
dun fío, á espera do que vai suceder co futuro de NCG Banco.
Por outra banda, este proceso de reestruturación financeira tamén levou aparellado unha
centralización das competencias, deixando a Galiza non só sen un instrumento
financeiro de seu fundamental para o desenvolvemento económico, senón tamén sen
capacidade para intervir e supervisar a actividade financeira que se desenvolve no noso
país. Como colofón a este proceso, o anteproxecto de lei de Caixas de Aforro e
Fundacións bancarias significa un novo paso á hora de baleirar as competencias das
CCAA en materia de fundacións resultantes da desaparición das caixas de aforro.
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Polo dito formulamos a seguinte proposición non de lei para o seu debate en comisión:
O Parlamento de Galiza insta ao Goberno galego a demandar do Goberno central que:
- Asegure a continuidade da participación accionarial de Novacaixagalicia en NGC
Banco, acorde co valor do negocio e a actividade financeira traspasada, para
garantir a pervivencia da importante obra social que beneficia a miles de persoas
maiores, dependentes, estudantes, inmigrantes e á infancia.
- Retire o anteproxecto de lei de Caixas de Aforro e Fundacións bancarias, por
significar unha claro baleiramento das competencias autonómicas en materia de
caixas de aforro.
Santiago de Compostela, 8 de abril de 2013
Asdo.: Francisco Xesús Jorquera Caselas
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 08/04/2013 11:07:39