Recomendacións de clásicos para o verán

4
Recomendacións de clásicos para o verán Aproveitando aniversarios O verán unha estación incomparable para ler. Estando na praia, ou escoitando música, na túa habitación, podes pasar un tempo memorable na compaña dun bo libro. Igual che podería interesar a obra dalgún deses grandes autores que o tempo consagrou; así que aí van algunhas recomendacións suxeridas porque cumpren un número redondo de anos neste 2014. Podes comezar por Shakespeare, nado en 1564, hai catrocentos cincuenta anos. Se tes carácter romántico, le Romeo e Xulieta; se tes un sentido tráxico da vida, le Hamlet, ou Macbeth, ou Otelo, ou O rei Lear; se che gusta a comedia, le Como gusten ou Noite de Reis; se che gusta a historia, Henrique V ou Xulio César; se es atraído/a pola fantasía, A tempestade. Son todas grandes obras, pero non están ó acceso de todos. Podes seguir por Jane Austen. O ano pasado cumpríronse douscentos anos da publicación de Orgullo e prexuízo; neste cumpriranse os mesmos anos de Sentido e sensibilidade, dúas grandes novelas adiantadas ó seu tempo.

Transcript of Recomendacións de clásicos para o verán

Page 1: Recomendacións de clásicos para o verán

Recomendacións de clásicos para o verán

Aproveitando aniversarios

O verán unha estación incomparable para ler. Estando na praia, ou escoitando

música, na túa habitación, podes pasar un tempo memorable na compaña dun bo libro.

Igual che podería interesar a obra dalgún deses grandes autores que o tempo consagrou;

así que aí van algunhas recomendacións suxeridas porque cumpren un número redondo

de anos neste 2014.

Podes comezar por Shakespeare, nado en 1564, hai catrocentos cincuenta anos.

Se tes carácter romántico, le Romeo e Xulieta; se tes un sentido tráxico da vida, le

Hamlet, ou Macbeth, ou Otelo, ou O rei Lear; se che gusta a comedia, le Como

gusten ou Noite de Reis; se che gusta a historia, Henrique V ou Xulio César; se es

atraído/a pola fantasía, A tempestade. Son todas grandes obras, pero non están ó acceso

de todos.

Podes seguir por Jane Austen. O ano pasado cumpríronse douscentos anos da

publicación de Orgullo e prexuízo; neste cumpriranse os mesmos anos de Sentido e

sensibilidade, dúas grandes novelas adiantadas ó seu tempo.

Page 2: Recomendacións de clásicos para o verán

Logo podes lembrarte de Miguel de Unamuno, vido ó mundo en 1964, hai cento

cincuenta anos. Podes comezar pola lectura de Niebla, a primeira das súas “nivolas”,

que cumpre cen anos; pero podes escoller no seu lugar San Manuel Bueno mártir,

Abel Sánchez ou A tía Tula. Non están nada mal para empezar, e o San Manuel é moi

breve, unha noveliña xenial.

Se che gusta a poesía en galego, lémbrate de Xosé María Díaz Castro, o autor de

Nimbos, que che soará polo aquel do Días das Letras Galegas, ou de Ramón de

Valenzuela, un dos autores exiliados, que nos deixou obras como Non agardei por

ninguén. Ambos cumprirían cen anos neste 2014.

E mira, xa que falamos de poesía e ti ó mellor te matriculas o próximo curso en

segundo de bacharelato, quizais che interese saber que hai unha materia bonita, a

Literatura Universal, na cal se len os poemas de Alberto Caeiro, un dos heterónimos (é

dicir, un poeta cunha biografía e unha obra propias creado por outro poeta) de Fernando

Pessoa, o gran escritor portugués. Precisamente hai cen anos saían do seu maxín, como

Atenea da cabeza de Zeus, os seus tres grandes heterónimos: Alberto Caeiro –o poeta

filósofo-, Álvaro de Campos –o futurista- e Ricardo Reis –o clasicista-.

Page 3: Recomendacións de clásicos para o verán

E, tirando do fío, poderías ler un pequeno ensaio, “El desconocido de sí mismo”,

que lle dedica o gran poeta e ensaísta mexicano Octavio Paz, que tamén este ano sería

centenario. Lembra que é un dos poucos premios Nóbel en lingua castelá.

Non o recibiu, pero merecíao, outro dos grandes clásicos hispanoamericanos do

pasado século, Julio Cortázar, de quen probablemente che gustarán libros de contos

como Todos los fuegos el fuego, Final de juego ou Las armas secretas. Incluso pode

interesarche unha novela complexa e innovadora titulada Rayuela.

Por último, se che interesa a historia, acórdate dun escritor pouco coñecido polo

gran público, Julio Caro Baroja, outro compoñente desta quinta do 1914, sobriño de Pío

Page 4: Recomendacións de clásicos para o verán

e Ricardo Baroja e autor de obras memorables como Los judíos en la España

moderna y contemporánea, Los moriscos del reino de Granada, Las brujas y su

mundo, Los vascos ou a súa autobiografía Los Baroja, sumamente recomendable para

coñecer desde a perspectiva dunha persoa lúcida e independente a historia do noso país

no pasado século.

Se todos eles che parecen demasiado clásicos ou serios, déixate levar pola túa

intuición ou os consellos das túas amizades. Seguro que hai un gran libro agardando por

ti.