Recomendacións Nadal 2017

2

Click here to load reader

Transcript of Recomendacións Nadal 2017

Page 1: Recomendacións Nadal 2017

LA MERIENDA DEL PARQUE Pablo Albo Editorial Narval Sabías que os parques ta-men merendan? Acompaña a Alberte nesta divertida aventura e descubre a mara-billosa fauna que vive con nós, onde menos o espe-ras…

A HORTA DE SIMÓN Rocío Alejandro Editorial Kalandraka Simón plantou moitas cenorias pero alguén lle suxeriu poñer tamén leitu-gas, tomates, berenxe-nas... E a horta tanto medrou, que se encheu de hortalizas e duns labo-riosos agricultores.

A BANDA DOS CUEIROS Editorial Espazo Lectura A Banda dos Cueiros é un grupo de música para nenas e nenos creado no seo da Aso-ciación Espazo Lectura de Gondomar. As pezas musicais deste libro-disco foron preparadas para actividades de fomento da lectu-ra desta asociación.

LA CIUDAD Ingela P. Arrhenius Editorial Coco Books Descobre as orixinais ilustra-cións deste libro coas tipogra-fías dos diversos espazos, profesións e actividades do teu barrio, do teu pobo, ou da túa cidade. Como se chama o carteiro do teu pobo? Vas comprar o peixe ao mercado? Hai un porto na túa cidade? Abre ben os ollos: algúns per-sonaxes paséanse por máis dunha páxina.

Pre– lectores

Dende

que

descubrín os libros

e as bibliotecas, para mín, cada día do ano é Nadal!!

JEAN FRITZ

Page 2: Recomendacións Nadal 2017

EMPANADA DE MAMUT Jeanne Willis Libros del Zorro Rojo Esta é a divertida historia de Gor un cavernícola fracucho e moi famento. Ao ver a un enorme mamut ilusiónase pensando en cociñalo e co-merse unha rica empanada de mamut. Como o cazará? Só é imposible, así que deci-de ir en busca de axuda. Conseguirano ou será o mamut máis listo que eles?

A ANSIA DE COELLO Ramona Badescu Editorial Tambre Coello ten un malestar. Un malestar grande como el. Un malestar moi insistente que o segue a todas partes e non lle deixa pensar en nada máis. Así que decide chamar aos seus amigos, pero todos están moi ocupados.

MIGUEL CONTO EXEMPLAR Maurice Sendak Editorial Kalandraka Tanto me ten!, dicía Miguel, un neno moi impertinente que a piques estivo de ser devorado por un león. Menos mal que aprendeu a lección… Unha lectura con rima, ensinan-za e humor.

EL ZOOM DE LOS ANIMALES Gonzague Lacombe Editorial Edelvives Xogo para descubrir os ani-mais a partir de partes do seu corpo. Cada dobre páxi-na mostra: patas, ollos, ás, cornos, peles, colas, narices e orellas nas que o lector deberá identificar máis dunha vintena de animais.

Primeiros Lectores Lectores Autónomos

SUPERSORDA Cece Bell Ediciones Maeva Young Ir ao cole e facer amigos pode ser moi difícil. Pero ir ao cole e facer amigos cando levas un audífono enorme ata-do ao peito? Para iso fan falta super-poderes! Divertida historia autobiográfica da autora e ilustradora.

DE VIAXE POLO MUNDO Pablo Aranda Editorial Xerais Descobre os 5 continentes: Europa, África, América, Asia e Oceanía. Viaxa polo mundo dá man dunha meniña, un neno e un can, aprendendo unha morea de curiosidades. Percorre 22 países mergullándote na súa cultura e tradicións: España, Italia, Exipto, Etiopía, México, Perú, a China, Irán ou Australia, entre outros.

QUE CONTAN AS OVELLAS PARA DURMIR? Kiko da Silva Editorial Galaxia Bee é unha ovella branca coma unha nube de leite dentro dun rabaño de ovellas negras coma o café. Unha noite que non lle entraba o sono, preguntouse: Que contan as ovellas para durmir? Ti sábelo? Bee non… e non pegará ollo ata atopar a resposta.

ANIMALES DEL NORTE Dieter Braun Ediciones Maeva Young Da man deste libro poderás mergu-llar no océano co golfiño mular, trotar polos áridos desertos co camelo salvaxe, subir aos cumes coa cabra montesa, visitar ao raposo polar na xélida Siberia, facer compañía ao lince ibérico...

Lectores Expertos

ELIO Diego Arboleda Editorial Anaya Elio é un neno orfo que vive no Orfanato Triplántido e está ao car-go dun ser despreciable. Pero o 16 de setembro de 1890, é adoptado pola familia Boj, que rexenta unha óptica á beira do Circo Price. Este circo conseguirá que Elio viva un-has aventuras que xamais imaxinou dentro daquel triste orfanato, ade-mais de coñecer ben de preto un mundo que nacía por aquela épo-ca: o cinema.

OS ARQUIVOS SECRETOS DE ESCARLATINA Ledicia Costas Editorial Xerais A que xogan os defuntos os xoves pola noite no mausoleo de Escar-latina? Lograría a cociñeira mon-tar o seu propio restaurante? Quen goberna no Alén na actuali-dade? Quen foi o verdadeiro asa-sino de Amanito? Son moitas as preguntas que flotan no ar, entre as tumbas dos defuntos.

TONECHO Xaquín Marín Editorial Galaxia A Editorial Galaxia recupera este traballo dun Xaquín Marín pletóri-co nun momento crucial da súa carreira, recollendo a colección completa de Tonecho coa idea de achegar o personaxe a novos lectores e de ofrecerlle aos que xa o coñecían unha nova expe-riencia. Para ler e rir con vagar!

AVENTURAS Y DESVENTURAS DE LOS ALIMENTOS QUE CAMBIARON EL MUNDO Teresa Beneitez Editorial A Fin de Cuentos Un libro que nos leva de viaxe por todo o mundo seguindo as peripe-cias de quince alimentos, habituais hoxe na nosa dieta, pero, desco-ñecidos a maioría nas cociñas europeas hai apenas 300 anos.