REAL FILHARMONÍA DE ABONO DE GALICIA · Beatriz López * Germán Martínez *** ... FAGOTES Juan...

16
AUDITORIO DE GALICIA REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 2017 → 2018 XOVES 12 ABRIL 2018 20.30 h Auditorio de Galicia PAUL DANIEL, Director MARÍA RUÍZ, soprano (Electra) ANN-MARIE BACKLUND, soprano (Crisótemis) MARTA INFANTE, mezzosoprano (Clitemnestra) JOSÉ MANUEL MONTERO, tenor (Existo) RICHARD WIEGOLD, barítono (Orestes) CONCERTOS DE ABONO Sala Mozart 19.45 h Convers@ndo con PAUL DANIEL Director

Transcript of REAL FILHARMONÍA DE ABONO DE GALICIA · Beatriz López * Germán Martínez *** ... FAGOTES Juan...

Page 1: REAL FILHARMONÍA DE ABONO DE GALICIA · Beatriz López * Germán Martínez *** ... FAGOTES Juan Carlos Otero * Mario Vercher *** Manuel Veiga ** TROMPAS Jordi Ortega * Alfredo Varela

AUDITORIO DE GALICIA

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA2017 → 2018

XOVES 12 ABRIL 201820.30 hAuditorio de Galicia

PAUL DANIEL, DirectorMARÍA RUÍZ, soprano (Electra)ANN-MARIE BACkLUND, soprano (Crisótemis)MARTA INFANTE, mezzosoprano (Clitemnestra)JOSÉ MANUEL MONTERO, tenor (Existo)RICHARD WIEGOLD, barítono (Orestes)

CONCERTOSDE ABONO

Sala Mozart 19.45 hConvers@ndo con PAUL DANIEL Director

Page 2: REAL FILHARMONÍA DE ABONO DE GALICIA · Beatriz López * Germán Martínez *** ... FAGOTES Juan Carlos Otero * Mario Vercher *** Manuel Veiga ** TROMPAS Jordi Ortega * Alfredo Varela

2

PROGRAMA

RICHARD STRAUSS (1864-1949)Electra (escenas)

Traxedia nun Acto - Música de Richard Strauss - Libreto de Hugo von Hofmannsthal - coa autorización de Boosey and Hawkes Music Publishers

Electra: María Ruíz, soprano Crisótemis: Ann-Marie Backlund, sopranoClitemnestra: Marta Infante, mezzosoprano Existo: José Manuel Montero, tenor Orestes: Richard Wiegold, barítono

Duración aproximada do concerto: 1 hora e 5 minutos (sen pausa)

Pregámoslle ao público que non faga fotografías e quedesconecte os teléfonos móbiles, reloxos, etc

Page 3: REAL FILHARMONÍA DE ABONO DE GALICIA · Beatriz López * Germán Martínez *** ... FAGOTES Juan Carlos Otero * Mario Vercher *** Manuel Veiga ** TROMPAS Jordi Ortega * Alfredo Varela

3* principal | ** coprincipal | *** EAEM (Curso Avanzado de Especialización Orquestral) | (R) reforzo

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Director artístico titularPaul Daniel

Principal director invitadoJonathan Webb

Director asociadoMaximino Zumalave

Cincuenta músicos de diferentes nacionalidades achegan cada temporada a súa experiencia, formación, tradición musical, esforzo e ilusión para ofrecelle ao público propostas sorprendentes. Coa orquestra colaboran de maneira habitual directores e solistas de recoñecido prestixio nacional e internacional, apostando por figuras consagradas e tamén por novos músicos que brillan no panorama musical. O seu director titular e artístico é o mestre Paul Daniel, Maximino Zumalave é o seu director asociado e Jonathan Webb o principal director convidado. Xestionada polo Consorcio de Santiago, nace en 1996 promovida pola Xunta de Galicia e ten a súa sede permanente no Auditorio de Galicia.

VIOLÍNS I James Dahlgren (concertino)Anca Smeu (axuda de concertino)Yulia Petrushevskaya **Anna AlexandrovaVictoria JurovIrene Romero ***Michal RyczelClaudio Guridi

VIOLÍNS IIAdriana Winkler *Ildikó Oltai **Ilya FisherTheologos Kouvatis ***Elina ViksneHéctor Robles ***Gyula Vadaszi

VIOLÍNS IIIGrigori Nedobora *Nikolay Velikov **Enrique RocaNarazet Canosa (R)Kiyoko OhashiSamira AjkicIrina Gruia

VIOLAS ITilmann Kircher *Natalia Madison **Iriana FernándezTimur Sadykov Oxana Bakulina Carolina Uriz ***Ionela Ciobotaru Anne Schlossmacher Nuria Honrubia ***

VIOLONCELLOS Plamen Velev *Barbara Switalska **Carlos GarcíaThomas PielMillán AbeledoAlejandra Díaz (R)Jorge Merchán ***Iratxe Paredes ***

CONTRABAIXOSCarlos Méndez *Alfonso Morán **Oriol Xicart Miguel A. Luzárraga ***

FRAUTASLaurent Blaiteau *Beatriz Gallardo ***Luis Soto **

ÓBOESEsther Viúdez *Cecilia Castro ***Avelino Ferreira (R)

CLARINETESBeatriz López *Germán Martínez ***Vicente López **Emilio Alonso (R)

FAGOTESJuan Carlos Otero *Mario Vercher ***Manuel Veiga **

TROMPASJordi Ortega *Alfredo Varela *Xavier Ramón **Adrián Lavia ***Millán Molina (R)

TROMPETASJavier Simó *Ramón Llátser **Francisco Tomás ***

TROMBÓNSEsteban Méndez (R)Daniel Ruibal (R)Marcos Dorado (R)

TUBARodrigo Rodríguez (R)

TIMBALJosé Vicente Faus *

PERCUSIÓNPablo Cabanelas (R)Germán Agulló (R)

ARPAAlba Barreiro (R)

Page 4: REAL FILHARMONÍA DE ABONO DE GALICIA · Beatriz López * Germán Martínez *** ... FAGOTES Juan Carlos Otero * Mario Vercher *** Manuel Veiga ** TROMPAS Jordi Ortega * Alfredo Varela

4

PAUL DANIEL Director

É o director titular e artístico da RFG dende 2013 e tamén se encarga da dirección musical da Orquestra Nacional de Burdeos. Entre 2009 e 2013 foi o principal director e conselleiro artístico da West Australian Symphony Orchestra de Perth e foi director musical da English National Opera e da Ópera de North, ademais de principal director da Opera Factory. Foi director invitado das máis destacadas orquestras e compañías de ópera por todo o mundo. Dirixiu no Royal Opera House Convent Garden, en La Monnaie en Bruxelas, na Ópera Estatal de Baviera en Múnic ou no Metropolitan Opera de Nova York.Recentes e futuros compromisos operísticos inclúen Lucrecia Borgia e As vodas de Fígaro coa English National Opera, Gloriana no Covent Garden, Lulú en La Monnaie, un dobre cartel con L’Enfant et les Sortilleges e Der Zwerg coa Ópera Nacional de París; Os troianos coa Ópera de Berlín; ou A Village Romeo and Juliet coa Ópera de Frankfurt. Ademais dos seus concertos coa West Australian Symphony Orchestra e a Real Filharmonía de Galicia, dirixirá a Filharmónica da BBC, Orquestra Nacional de Burdeos, Royal Philharmonic, Sinfónica de Hamburgo, Orquestra da Radio de Múnic, Tapiola Sinfonietta, Australian National Academy of Music, National Youth Orchestra e participará no Festival de Bregenz (Austria).Entre as súas numerosas gravacións destaca o éxito alcanzado polo CD coa Sinfonía núm. 3 de Elgar e o DVD da gravación de Lulú en La Monnaie coa soprano Barbara Hannigan. Coa Orquestra Nacional de Burdeos gravou obras de Wagner, Mahler e Chaikovski. En 1998 recibiu un Premio Olivier pola súa dedicación á ópera e nos New Year’s Honours de 2000 foi condecorado coa Cruz do Imperio Británico.

Page 5: REAL FILHARMONÍA DE ABONO DE GALICIA · Beatriz López * Germán Martínez *** ... FAGOTES Juan Carlos Otero * Mario Vercher *** Manuel Veiga ** TROMPAS Jordi Ortega * Alfredo Varela

5

MARÍA RUÍZ Soprano

Nace en Segovia, onde estuda no Conservatorio guitarra, solfeo e piano. Con posterioridade completa a súa formación de canto na Escuela Superior de Madrid. Estuda con Victoria de los Ángeles, Istvan Cesjan, Wolfgang Rieger, Sergio Bertocchi, Teresa Berganza, Edelmiro Arnaltes e Pedro Lavirgen. Finalista en diversos certames, gaña o primeiro premio no V Concurso Internacional de Canto “Pedro Lavirgen” (2007).En 1998 fai o seu debut profesional cun recital no Festival Internacional “Juan de Borbón” en Segovia e coa zarzuela Luisa Fernanda no Teatro Villamarta de Xerez. A partir dese intre segue a súa actividade profesional polos distintos teatros nacionais e en Italia.Tamén cantou El estreno de una artista na Zarzuela; La traviata e Madame Butterfly no Teatro Madrid e Teatro Nuevo Alcalá; Madame Butterfly no Coliseum de Barcelona; La leyenda del beso, El huésped del sevillano e Katiuska no Palacio Euskalduna de Bilbao; Los gavilanes no Teatro Principal de Castellón; La del Soto del Parral no Teatro Barakaldo; La traviata e Norma en Vigo; e Madame Butterfly na temporada de ópera da Asociación Bilbaína de Amigos de la Ópera.Entre os directores cos que ten traballado destaca José Miguel Pérez-Sierra, Josep Pons, Miguel Ortega, Adrien Leaper, Guerassim Voronkov, Ramón Tébar e Massimo Zanetti. Compaxina a súa actividade operística con concertos e recitais en distintos auditorios nacionais e internacionais, tendo participado nunha xira internacional co Instituto Cervantes para a difusión da música clásica española. Cantou coa ORTVE unha gala lírica no Teatro Monumental de Madrid; realizou unha xira con “The Soloists of London” e estreou a obra do compositor Eduardo Soutullo Cinco Cantigas nunha gala lírica organizada pola Asociación de Amigos da Ópera de Vigo.En 2016 participou na Gala Envera xunto a Plácido Domingo e en 2017 cantou na Gala de Zarzuela, no Wang Opera Center de Naples (Forida) e realizou unha xira por Estados Unidos cantando Tosca e Otello. Agora debuta como Electra coa Real Filharmonía de Galicia.

Page 6: REAL FILHARMONÍA DE ABONO DE GALICIA · Beatriz López * Germán Martínez *** ... FAGOTES Juan Carlos Otero * Mario Vercher *** Manuel Veiga ** TROMPAS Jordi Ortega * Alfredo Varela

6

ANN-MARIE BACkLUND soprano

Estudou no Colexio Universitario de Ópera en Estocolmo. A súa primeira aparición importante, foi no verán de 1999 no Festival Clásico de Värmland xunto a Gösta Winberg. Debutou, con grande éxito, na temporada 1999-2000 no papel de Mimi na Folkoperan en Estocolmo así como na Ópera de Gotemburgo onde cantou o papel principal de Madama Butterfly e Micaela en Carmen. En 2002 debutou como Leonora en Il trovatore, nunha nova produción d’A Forza do destino de Verdi na Ópera de Rouen.Durante o seu compromiso como membro da Ópera de Gotemburgo interpretou os papeis de Cio-cio San, Tosca, Leonora en Il Trovatore de Verdi e o papel principal en Manon Lescaut de Puccini.Como integrante da Ópera de Frankfurt, entre outros títulos cantou, Mimi, Tosca, Manon Lescaut, Jenufa, Katya Kabanova e Crisótemis, que tamén interpretou no Festival Gergiev en Rotterdam, na Ópera de Bonn, no Teatro Municipal de Santiago de Chile, no Teatro Liceu de Barcelona, onde compartíu con Deborah Polaski e Eva Marton. Tamén cantou o papel Liu en Turandot na Ópera de Gotemburgo en 2006 e en 2009 interpretou á Raíña María Luisa na estrea mundial da ópera Goya do compositor Daniel Börtz.Nas últimas temporadas ampliou o seu repertorio co papel de Marguérite no Fausto de Gounod e Amelia en Un ballo in Maschera. 

MARTA INFANTE Mezzosoprano

Nace en Lleida, oonde realiza estudos de piano, viola e canto. Máis tarde trasládase á República Checa, onde cursa estudos superiores de canto na Academia de Artes da Universidade de Ostrava. No campo sinfónico, ten cantado coa Orquesta Nacional

Page 7: REAL FILHARMONÍA DE ABONO DE GALICIA · Beatriz López * Germán Martínez *** ... FAGOTES Juan Carlos Otero * Mario Vercher *** Manuel Veiga ** TROMPAS Jordi Ortega * Alfredo Varela

7

de España, Orquesta Simfònica de Barcelona i Nacional de Catalunya, Orquesta de la Comunidad de Madrid, Filarmónica de Málaga, Sinfónica de Madrid, Sinfónica de Galicia, Nacional de O Salvador, Sinfónica Región de Murcia, Orquestra Gulbenkian de Lisboa, entre outras. Traballou con directores como Jordi Casas, J. Ramón Encinar, Aldo Ceccato, L. Botstein, Paul Daniel, Robert Howatrh, Michael Thomas, Case Scaglione, Kynan Jonhs, Miguel Ángel Gómez Martínez, Maximino Zumalave, Edmon Colomer, Carlos Kalmar ou Víctor Pablo Pérez.Mantén unha importante actividade liederística e xunto realiza recitais xunto ao pianista Jorge Robaina. No Palau de la Música Catalana foi premiada no concurso “El Primer Palau” pola súa interpretación de Mahler e Dvorák. No eido da música antiga, ten cantado en numerosos festivais europeos como a Bienale de Venecia, The Bijloke (Bélxica), Festival Barroco de Sablé (Francia), Janackuv Maj (República Checa), Festival Internacional de Música Sacra de Oslo, Concentus Moravie e Primavera de Praga, Festival International de Músicas Sacras de Friburgo (Suíza), Festival de Torroella de Montgrí, Música Antiga de Barcelona, Via Stellae, Festival de Música de Sevilla… E tamén ten cantado nas principais cidades de Exipto, Siria, Xordania, O Líbano, Xapón, no Festival de Música Antigua da Habana, O Salvador, Chile, Uruguai, no Mozarteum de Arxentina e Brasil e en México. E ten sido dirxida por directores relevantes do panorama actual como Vaclav Luks, Enrico Onoffri, Giovanni Antonini, F. M. Sardelli, Paul Goodwin, Ottavio Dantone, Richard Egarr ou Rinaldo Alesandrini.Gravou para Mezzo, Cesky Rozhlas, RTVE, Catalunya Música; e para as discográficas Alpha, IBS, Glossa, Enchiriadis, Anima e corpo, Verso, EMEC e CDM. Entre a súa extensa discografía destacan Alto cantatas de Telemann, Jephte de Carissimi, Oratorio romano de Rossi, Tonos al arpa e Cantate Contarini (cantatas barrocas venecianas para alto e baixo continuo, que foi galardoado co premio Prelude Classical Music en Holanda como un dos mellores dez discos de música antigua de 2010), Pegaso de Merula, as óperas Amor aumenta el valor e Iphigenia en Tracia de Nebra, Juditha Triumphans de Vivaldi baixo a dirección de Ottavio Dantone e un monográfico de cancións de Dvorák xunto a Jorge Robaina.

Page 8: REAL FILHARMONÍA DE ABONO DE GALICIA · Beatriz López * Germán Martínez *** ... FAGOTES Juan Carlos Otero * Mario Vercher *** Manuel Veiga ** TROMPAS Jordi Ortega * Alfredo Varela

8

JOSÉ MANUEL MONTERO Tenor

Nacido en Madrid, cursou os estudos superiores de canto no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid con Pedro Lavirgen. En 1992 recibiu unha bolsa da Universidade de Música e da Escola de Ópera de Múnic para ampliar a súa formación con D. Evangelatos. Ten asistido a clases maxistrais e cursos impartidos por A. Kraus, L. Baumann, M. Olivero, L. M. Cioni, J. King, D. Chryst, B. Fassbaender ou E. Lloris.A maior parte da súa carreira desenvolveuna en Alemaña, destacando as súas colaboracións nos elencos dos teatros das principais cidades do país; ademais das súas participacións en numerosos festivais e galas. Ten traballado con mestres como R. Abbado, M. Boder, P. Schneider, J. C. Spinosi, E. Mazzola, M. Roa, V. P. Pérez ou M. Ortega. Entre as súas interpretacións destacan os roles de Erik, Rodolfo, Pinkerton, Don Xosé, Tom Rakewell, Narraboth, Guido, Alfredo, McDuff, Tamino, Ferrando e D. Ottavio. No seu repertorio habitual como intérprete de oratorio figuran, entre outras, obras como A Creación de Haydn, Misa en do menor e Réquiem de Mozart, Lobgesang de Mendelssohn, a Misa Solemnis e Oda á alegría de Beethoven, Stabat Mater de Dvorák, Te Deum de Bruckner, Golgotha de F. Martin ou Dahlemer Messe de Schnebel.O repertorio de lied ocupa gran parte da súa actividade concertística, con obras tan emblemáticas como Viaxe de inverno, Amor de poeta, Ciclo de cancións, A fermosa Magelone, O corno máxico da xuventude ou Libro de viaxes dos Alpes austríacos; xunto a ciclos como Diario dun desaparecido de Janácek.Despois de interpretar roles como Vassili en Mavra de Stravinski, coprodución do Teatro de la Zarzuela e a Fundación Juan March; e Syphax en O rei Candaulo de Zemlinsky; o escritor Heinrich en Tannhäuser no Teatro de La Maestranza; amplía o seu repertorio con varios dos grandes papeis de carácter como Herodes en Salomé ou Mime en Sigfrido de Wagner, rol co que acaba de obter un grande éxito en Alemaña, sendo ademais a primeira vez na historia que un tenor español canta ese papel nun teatro alemán.

Page 9: REAL FILHARMONÍA DE ABONO DE GALICIA · Beatriz López * Germán Martínez *** ... FAGOTES Juan Carlos Otero * Mario Vercher *** Manuel Veiga ** TROMPAS Jordi Ortega * Alfredo Varela

9

RICHARD WIEGOLD Barítono

Nacido en Gales do Sur, formouse no Royal Northern Conservatory of Music. Na temporada pasada uniuse á Ópera de Carolina do Norte para actuar como Fasolt en O ouro do Rin. Tamén regresou á Ópera de Utah no papel de Comandante en Don Giovanni e á Ópera Nacional Galesa como Bonze en Madame Butterfly. Ademais, cantou como Basilio en O barbeiro de Sevilla, como Bartolo en As vodas de Fígaro coa Ópera Nacional Galesa, como Comandante en Don Giovanni coa Ópera Lírica de Kansas City, como o Obreiro en Wozzeck coa Orquestra Filharmónica da Radio de Holanda no Concertgebouw e como Pater Profundus na Sinfonía núm. 8 de Mahler coa Sociedade Filharmónica de Norwich. Recentemente debutou coa Ópera Lírica de Chicago no rol de Reinmar von Zweter en Tannhäuser, actuou coa Ópera de Carolina do Norte como o rei Marke en Tristán e Isolda, e cantou no rol de Veit Pogner en Os mestres cantores de Nuremberg co Saffron Opera Group.Entre outras actuacións destacan as súas primeiras representacións de Gurnemanz en Parsifal coa Ópera Nacional Estoniana, Sarastro en A frauta máxica co Teatro da Ópera de Saint-Étienne, Melchtal e Walther en Guillermo Tell coa Ópera Nacional Galesa, rei Marke en Tristán e Isolda coa Ópera Estatal de Praga, Arkel en Peleas e Melisande e o Comandante en Don Giovanni coa Compañía de Ópera Canadense. Foi o Primeiro Nazareno, Segundo Soldado e Quinto Xudeu en Salomé, baixo as ordes de Valery Gergiev no Verbier Festival; ademais foi o Quinto Xudeu no Festival da Pascua de Salzburgo e coa Filharmónica de Berlín con Sir Simon Rattle á batuta. Ten interpretado a Reinmar von Zweter en Tannhäuser e Stefano Colonna en Rienzi no Teatro do Capitolio de Toulouse.É un habitual da Royal Opera House en Covent Garden, onde cantou no rol de Hans Schwarz en Os mestres cantores de Nuremberg e do Doutor Grenvil en La traviata (cuxo DVD foi nomeado aos premios Grammy), así como nas producións de Tristán e Isolda e Manon. Nos

Page 10: REAL FILHARMONÍA DE ABONO DE GALICIA · Beatriz López * Germán Martínez *** ... FAGOTES Juan Carlos Otero * Mario Vercher *** Manuel Veiga ** TROMPAS Jordi Ortega * Alfredo Varela

10

Estados Unidos actuou coa Ópera Nacional Galesa como Vairocana en O soño de Wagner e o Sacerdote en Moisés e Aarón.O seu debut en Asia veu da man da Macao Orquestra, cantando na Misa núm. 5 de Schubert. Interpretou o Réquiem de Verdi coa Royal Philharmonic no Royal Albert Hall; o Réquiem de Mozart con Sinfonia Viva; o Stabat Mater de Dvorák, A infancia de Cristo de Berlioz e a Misa en si menor de Bach coa Oxford Harmonic Society.

Page 11: REAL FILHARMONÍA DE ABONO DE GALICIA · Beatriz López * Germán Martínez *** ... FAGOTES Juan Carlos Otero * Mario Vercher *** Manuel Veiga ** TROMPAS Jordi Ortega * Alfredo Varela

11

Personaxes principais

Electra, filla de Clitemnestra e Agamenón, reis de MicenasClitemnestra, nai de Electra e esposa de AgamenónOrestes, irmán de ElectraCrisótemis, irmá de ElectraExisto, amante de Clitemnestra

SinopseA acción ten lugar en Micenas, no pazo do Rei Agamenón, logo da Guerra de Troia.Clitemnestra, co seu cómplice e amante Existo, asasinaron o rei Agamenón, respectivamente marido e irmán dos homicidas. Electra que, desde a morte do seu pai Agamenón, pasea polas estancias palacianas como suspendida en raros pensamentos, desamañada e ameazadora, vive obsesionada con matar a súa nai e o seu amante, aos que odia fondamente. Electra recibe a visita da súa irmá Crisótemis que a alerta de que Clitemnestra e Existo están tramando confinala nun calabozo. Electra négase a fuxir e a irmá confésalle como a oprime o ambiente de palacio e o seu desexo de casar e ter fillos. Electra, altiva e despectiva, despídea e afirma que só desexa a morte da parella asasina a mans de Orestes, o seu irmán. Clitemnestra cargada de xoias e de amuletos, co rostro envellecido polos desvelos, os remordementos e os pesadelos, diríxese a Electra, conciliadora e aberta ao diálogo coa súa filla. Esta responde misteriosamente aos rogos da súa nai, que lle implora algún remedio para afastar os seus males e lle di que os deuses lle esixirán un sacrificio para liberala. Esa expiación será a morte de Clitemnestra e de Existo coa mesma machada coa que eles asasinaron a Agamenón. E será Orestes, quen a raíña dá por morto, o que levará a cabo o castigo. Clitemnestra, pávida, non sabe como reaccionar

Page 12: REAL FILHARMONÍA DE ABONO DE GALICIA · Beatriz López * Germán Martínez *** ... FAGOTES Juan Carlos Otero * Mario Vercher *** Manuel Veiga ** TROMPAS Jordi Ortega * Alfredo Varela

12

cando un ancián lle borboriña algo que cambia o seu rostro e marcha satisfeita e rindo a gargalladas. Crisótemis revela a Electra os motivos dese cambio: alguén anunciou no pazo a morte de Orestes. Electra trata de convencer a Crisótemis de que se una para matar a súa nai e o seu amante, pero a súa irmá négase, non pode facelo. Un estraño individuo pide ser conducido ante Clitemnestra para comunicarlle que Orestes foi esmagado polos seus cabalos. Uns serventes achéganse ao descoñecido bicándolle mans e pés, momento no que Electra recoñece a Orestes, e, cando se decatan, abrázanse conmovidos. Orestes entra na casa e mata a Clitemnestra apoiado polas duras palabras de Electra. Pouco despois chega Existo, violento pero co medo permanente de que alguén se lle aproxime. Encóntrase con Electra quen se ofrece a guialo cara á casa. Unha vez alí, Existo é asasinado por Orestes. Todo o mundo o aclama como rei e señor. Electra, ebria de satisfacción, comeza unha salvaxe e ritual danza, e tola de pracer morre exhausta.

Page 13: REAL FILHARMONÍA DE ABONO DE GALICIA · Beatriz López * Germán Martínez *** ... FAGOTES Juan Carlos Otero * Mario Vercher *** Manuel Veiga ** TROMPAS Jordi Ortega * Alfredo Varela

13

Richard Strauss (Múnic, 1864 – Garmisch-Partenkirchen, 1949)Electra, op. 58, TrV 223. Ópera nun actoCon argumento de Hugo von Hofmannsthal e baseada na traxedia homónima de Sófocles, Electra, estreada en Dresde en 1909, marca un antes e un despois no mundo da ópera non só polo seu opresivo argumento que mergulla o oínte nun mundo psicoloxicamente intenso e violento ao longo de toda a obra, senón tamén pola súa escritura musical, na que Richard Strauss puxo énfase nun gran volume orquestral, converténdoa nunha das súas obras máis concentradas no estilo e na instrumentación e nunha das súas partituras máis modernistas. Esta descomunal orquestra, que incluía madeiras a catro, con frautín, corno inglés, clarinete baixo, contrafagot, requinto, dous corni di basetto, oito trompas, seis trompetas, trompeta baixa, tres trombóns, trombón contrabaixo, tuba, celestra, dúas arpas, cinco percusionistas e sesenta e dúas cordas (con divisi de violíns e violas) foi branco das iras dos conservadores no momento da estrea e ante a imposibilidade de acoller tal orgánico no foso de numerosos teatros, o mesmo Strauss realizou unha versión reducida para unha orquestra postwagneriana. Electra é unha ópera construída ao modo wagneriano grazas a leitmotives recorrentes; aparecen temas de Orestes (en ritmo de puntillos comezando en anacrusa) ou de Clitemnestra (cromático, oscilante) incluso o propio tema do pesadelo. Palabras e música son aspectos complementarios dunha realidade dramática unitaria. Pero Electra tamén é unha obra perfectamente estruturada desde o punto de vista formal: simétrica (a referida escena de Clitemnestra no centro do discurso, os diálogos con Crisótemis como seccións laterais e a entrada das serventas reflectida no amplo

Page 14: REAL FILHARMONÍA DE ABONO DE GALICIA · Beatriz López * Germán Martínez *** ... FAGOTES Juan Carlos Otero * Mario Vercher *** Manuel Veiga ** TROMPAS Jordi Ortega * Alfredo Varela

14

final que reúne a chegada de Orestes, a vinganza e a danza concluínte), o discurso corresponde a unha forma sonata monumental en Do maior, precedida dunha introdución en re menor. O figurado caos e a angustiosa sensación de desastre que se instaura desde o inicio non son máis que un perverso ‘efecto de sentido’ destramente previsto e artellado. En Electra, Strauss procurou novos sons e estruturas harmónicas non tonais seguidoras da estela wagneriana. Sen preludio orquestral, a ópera comeza co que será o motivo musical presente en toda a obra: o asasinato de Agamenón. Un feito invisible que centra gran parte da historia e conforma a matriz do principal elemento musical do que resultarán moitos dos sucesivos motivos que aparecen ao longo da obra. Un grande acorde Re menor fortísimo das trompas e trompetas co conxunto orquestral, presenta dito tema de catro notas que crean unha relación co nome do rei. O tema introdutorio repítese reforzando o camiño da historia: a atormentada e obsesiva Electra trama a vinganza do seu pai. O tema de Agamenón regresa en pasaxes doutros personaxes e en momentos dramáticos como no que Orestes e a súa irmá reafirman condenar os asasinos do seu pai, ou cando Electra lembra o rei mentres Existo pide axuda ao ser arrastrado dentro da casa para ser asasinado; tamén ten gran presenza ao final da frenética danza mortal de Electra. Noutro significativo momento, Electra é mostrada cun motivo composto polo de Agamenón e o de Climnestra, usando a bitonalidade, combinando o acorde tonal e consonante do rei co atonal da raíña, o chamado ‘acorde de Electra’ formado por Mi maior e Re bemol maior e utilizado en toda a partitura de diversas xeitos, marcando o efecto disonante, ben como tema politonal elaborado a partir do acorde ou con funcións harmónicas concretas creando unha tensión de difícil

Page 15: REAL FILHARMONÍA DE ABONO DE GALICIA · Beatriz López * Germán Martínez *** ... FAGOTES Juan Carlos Otero * Mario Vercher *** Manuel Veiga ** TROMPAS Jordi Ortega * Alfredo Varela

15

resolución. Por outra banda, Crisótemis defínese nun tema que mestura tenrura e ilusión, co lamento do encerro da súa irmá, de carácter máis estoico e poético que xira en Mi bemol, enfrontado co de Electra, rancoroso e apaixonado. A entrada de Clitemnestra ofrece un momento salientable da partitura debido á música desmedida, salvaxe, aos detalles sonoros como a percusión que permite oír golpes dos lategazos, o bramido dos animais interpretado polas tubas e o tema da raíña fronte ao ostinato nas cordas e o motivo en trompetas e madeiras, todo abrindo paso ao recitativo sobre o que aparecen breves notas do tema de Electra e coa lembranza de Agamenón. Unha segunda parte envolve a Clitemnestra nun gran cromatismo case sen melodía, conseguindo unha dualidade que relata as turbacións que vive por non durmir para chegar a maxestosa pasaxe que describe o horror que ela vive a través da politonalidade e a consolidación no atonalismo interrompido soamente polos silencios.

Page 16: REAL FILHARMONÍA DE ABONO DE GALICIA · Beatriz López * Germán Martínez *** ... FAGOTES Juan Carlos Otero * Mario Vercher *** Manuel Veiga ** TROMPAS Jordi Ortega * Alfredo Varela

AUDITORIO DE GALICIAAvda. Burgo das Nacións s/n15705 Santiago de Compostela

DESPACHO DE BILLETEST 981 571 026 | T 981 573 979 (Auditorio)T 981 542 349 (Teatro Principal)

OFICINAST 981 552 290 | T 981 574 152

www.rfgalicia.orgwww.compostelacapitalcultural.gal

RealFilharmoniadeGaliciaCompostelaCapitalCultural

@rfgalicia@CCultura

Venres 20 de abril 20.30 hReal Filharmonía de GaliciaPaul Daniel, directorCoro feminino GaosJ. Williams, Suite de A guerra das GalaxiasJ. Gaspar, Vía Láctea. Haiku espiral (estrea absoluta)A. Alcalde, … that pale blue dot op. 22 (estrea absoluta)G. Holst, Os Planetas (arr. Paul Daniel)19.45 h Convers@ndo con ... Paul Daniel

Sábado 21 de abril 12.00 hPaul Daniel, directorJ. Williams, Suite de A guerra das GalaxiasG. Holst, Os Planetas (arr. Paul Daniel)Coa asistencia da Tropa Korriban Star Wars Galicia

Xoves 26 de abril 20.30 hReal Filharmonía de GaliciaChristoph König, directorTasmin Little, violínJ. Brahms, Variacións sobre un tema de Haydn op. 56 aW. A. Mozart, Concerto para violín núm. 4 en Re maior, K 218L. v. Beethoven, Sinfonía núm. 1 en Do maior op. 2119.45 h Convers@ndo con ... Christoph König

A cafetería permanecerá aberta ao remate do concerto. Cómpre retirar os vehículos do garaxe trala fin do espectáculo.