ÁREA DE EDUCACIÓN ARTÍSTICA: MÚSICA SEXTO PRIMARIAºsica 6º.pdf · 2. OBXECTIVOS XERAIS DA...

26
C.E.I.P. PLURILINGÜE VIRXE DO MAR Rúa Illas Cíes, núm.2 15570 NARÓN (A Coruña) Tfno : 881 93 03 83 Fax: 881 93 03 85 e-mail: [email protected] ÁREA DE EDUCACIÓN ARTÍSTICA: MÚSICA SEXTO PRIMARIA CURSO 2019-2020

Transcript of ÁREA DE EDUCACIÓN ARTÍSTICA: MÚSICA SEXTO PRIMARIAºsica 6º.pdf · 2. OBXECTIVOS XERAIS DA...

C.E.I.P. PLURILINGÜE VIRXE DO MARRúa Illas Cíes, núm.2 – 15570 – NARÓN (A Coruña)

Tfno : 881 93 03 83 Fax: 881 93 03 85e-mail: [email protected]

ÁREA DE EDUCACIÓN ARTÍSTICA: MÚSICASEXTO PRIMARIA

CURSO 2019-2020

ÍNDICE

1. CONTEXTO ..............................................................................................22. OBXECTIVOS XERAIS DA EDUCACIÓN PRIMARIA .............................23. CONTIDOS ...............................................................................................44. CRITERIOS DE AVALIACIÓN ..................................................................85. ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE ........................................................116. COMPETENCIAS CLAVE .......................................................................177. METODOLOXÍA ......................................................................................198. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE .................................................................229. RELACIÓN CO PROXECTO LECTOR ..................................................2310.CONTRIBUCIÓN AO PLAN TIC .............................................................2311. CONTRIBUCIÓN Á EDUCACIÓN EN VALORES ..................................2412.CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA ....................................2413.ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES ............2514.MATERIEIS E RECURSOS DIDÁCTICOS .............................................2615.AVALIACIÓN DA PROGRAMACIÓN ......................................................2616.MÍNIMOS ESIXIBLES .............................................................................27

1. CONTEXTO

O CEIP Plurilingüe Virxe do Mar está localizado na zona urbana de

Narón (provincia de A Coruña). O contexto socioeconómico e cultural do barrio

onde se ubica é moi diverso, dándose a circunstancia de que moitas familias

proceden doutras autonomías e tamén do estranxeiro. Por todo isto, existe

unha grande diversidade lingüística e, sobre todo, cultural. Ademais, a

sobrecarga de matricula doutros centros escolares do Concello, fai que o noso

centro acolla a nenos e nenas que non residen no entorno máis próximo.

O colexio ten liña 1, agás o curso de 2º, 4º e 5º de Educación Primaria

de liña 2 e conta cun total de 228 alumnos /as para este curso 2019/20.

1

2. OBXECTIVOS XERAIS DA EDUCACIÓN PRIMARIA.

Son “os referentes relativos aos logros que o alumnado debe acadar ao

rematar o proceso educativo, como resultado das experiencias de ensino e

aprendizaxe intencionalmente planificadas para tal fin” (artigo 4.3.a do Decreto

105/2014). O actual currículo sinala 15 obxectivos xeraiss de etapa. Nesta

programación se desenvolven durante todo o curso.

A Educación Primaria contribuirá a desenvolver nos nenos e as nenas

as capacidades que lles permitan:

a) Coñecer e apreciar os valores e as normas de convivencia, aprender

a obrar de acordo con elas, prepararse para o exercicio activo da cidadanía

e respectar os dereitos humanos, así como o pluralismo propio dunha

sociedade democrática.

b) Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e

de responsabilidade no estudo, así como actitudes de confianza nun mesmo,

sentido crítico, iniciativa persoal, curiosidade, interese e creatividade na

aprendizaxe, e espírito emprendedor.

c) Adquirir habilidades para a prevención e para a resolución pacífica

de conflitos, que lles permitan desenvolverse con autonomía no ámbito

familiar e doméstico, así como nos grupos sociais cos que se relacionan.

d) Coñecer, comprender e respectar as diferentes culturas e as

diferenzas entre as persoas, a igualdade de dereitos e oportunidades de

homes e mulleres, e a non discriminación de persoas con minusvalía.

2

e) Coñecer e utilizar de xeito apropiado a lingua castelá e, se a houber,

a lingua cooficial da comunidade autónoma, e desenvolver hábitos de

lectura.

f ) Adquirir en, polo menos, unha lingua estranxeira a competencia

comunicativa básica que lles permita expresar e comprender mensaxes

sinxelas, e desenvolverse en situacións cotiás.

g) Desenvolver as competencias matemáticas básicas e iniciarse na

resolución de problemas que requiran a realización de operacións

elementais de cálculo, coñecementos xeométricos e estimacións, así como

ser capaces de aplicalos ás situacións da súa vida cotiá.

h) Coñecer os aspectos fundamentais das ciencias da natureza, as

ciencias sociais, a xeografía, a historia e a cultura.

i) Iniciarse na utilización, para a aprendizaxe, das tecnoloxías da

información e a comunicación, desenvolvendo un espírito crítico ante as

mensaxes que reciben e elaboran.

l) Utilizar diferentes representacións e expresións artísticas, e iniciarse

na construción de propostas visuais e audiovisuais.

m) Valorar a hixiene e a saúde, aceptar o propio corpo e o dos outros,

respectar as diferenzas e utilizar a educación física e o deporte como medios

para favorecer o desenvolvemento persoal e social.

n) Coñecer e valorar os animais máis próximos ao ser humano e

adoptar modos de comportamento que favorezan o seu coidado.

3

ñ) Desenvolver as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da

personalidade e nas súas relacións cos demais, así como unha actitude

contraria á violencia, aos prexuízos de calquera tipo e aos estereotipos

sexistas.

o) Fomentar a educación viaria e actitudes de respecto que incidan na

prevención dos accidentes de tráfico.

3. CONTIDOS

Se consideran como “o conxunto de coñecementos, habilidades, destrezas e

actitudes que contribúen ao logro dos obxectivos de cada ensinanza e etapa

educativa, e á adquisición de competencias” (artigo 4.3.c do Decreto 105/2014).

Os contidos das áreas se agrupan en bloques. Estos bloques non son unidades

independientes nin constitúen unha proposta de organización didáctica, se non que

serán abordados de maneira global e interdisciplinar.

A secuenciación dos bloques de contidos se concreta por cursos.

A área de Educación Artística engloba a Educación Musical e a Educación

Plástica. Os bloques de contidos específicos para aa Educación Musical veñen

marcados polo Decreto 105/2014:

Bloque 1. A escoita. Se intenta que o alumnado tome conciencia dos sons do

seu entorno, así como das posibilidades sonoras dos materiais e dos

obxectos do seu arredor. Se fai fincapé na audición activa de manifestacións

musicais de distintas orixes e no respecto no proceso da audición.

Bloque 2. A interpretación musical. O alumnado é protagonista absoluto

neste bloque, cuxo obxectivo é a creación de produtos musicais de diferentes

estilos, utilizando diversas técnicas compositivas e con finalidades distintas.

4

Inténtase que valore o traballo colaborativo, o respecto hacia as demáis

persoas e a evaluación con intención de mellorar.

Bloque 3. A música, o movemento e a danza. Este último bloque está

destinado ao desenvolvemento da expresividade e a creatividade do

alumnado dende o coñecemento e a práctica da danza. Comézase pola

coordinación motriz e a conciencia do desplazamento no espazo, e se chega

finalmente ao nivel de creación e expresión de sentimentos co movemento.

A continuación se detallan os contidos do Decreto 105/2014 da área de

música para o 6º nivel da Educación Primaria:

Bloque 1 - Escoita

B1.1. Audición de música contemporánea, e investigación e valoración das

posibilidades do son.

B1.2. Identificación e apreciación das calidades dos sons do contexto.

B1.3. Identificación e apreciación das formas musicais sinxelas.

B1.4. Identificación de tipos de voces (soprano, contralto, tenor e baixo),

instrumentos, variacións e contrastes de velocidade.

B1.5. Valoración e interese pola música de diferentes épocas e culturas,

nomeadamente a galega.

B1.6. Audición activa e comentada da música de diferentes culturas.

B1.7. Actitude atenta e respetuosa durante as audicións.

B1.8. Indagación sobre as normas que regulan a propiedade intelectual.

5

Presentación dos resultados.

Bloque 2 – Interpretación musical

B2.1. Exploración das posibilidades sonoras do corpo e da voz.

B2.2. Interpretación de pezas con instrumentos da aula e frauta.

B2.3. Interpretación de canción desenvolvendo a técnica vocal, afinación e

dicción. Canon.

B2.4. Recoñecemento de tipos de instrumentos acústicos e electrónicos,

agrupacións instrumentais e vocais, rexistros de voz.

B2.5. Utilización de grafías non convencionais na lecturs e interpretación de

pezas sinxelas.

B2.6. Gravación e rexistro das interpretación para a súa posterior valoración.

B2.7. Interese pola mellora do proceso de interpretación e do resultado final.

B2.8. Traballo cooperativo, asumindo responsabilidades e respectando as

achegas dos demáis.

B2.9. Creación de mensaxes musicais con contido expresivo.

B2.10. Utilización de internet e medios de comunicación para a procura de

información sobre compositores, intérpretes…

B2.11. Exploración das posibilidades sonoras e expresivas dos medios

audiovisuais e tecnolóxicos para comunicar. Creación de cuñas

radiofónicas e videoanuncios.

6

B2.12. Utilización dos medios audiovisuais para a sonorización de imaxes,

contos, poema… e para a creación de producións propias.

Bloque 3 – Música, movemento e danza

B3.1. Identificación do corpo como instrumento rítmico e de expresión

corporal.

B3.2. Valoración das danzas como patrimonio artístico cultural.

B3.3. Interpretación de danzas coidando a coordinación individual e colectiva.

B3.4. Invención de coreografías sinxelas para canción e pezas musicais de

diferentes estilos.

B3.5. Gravación e rexistro de danzas interpretadas. Análise e valoración do

produto.

Recoñecemento do corpo como instrumento rítmico e de expresión corporal.

4. CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Consideranse “o referente específico para avaliar a aprendizaxe do alumnado.

Describen aquelo que se quere valorar e que o alumnado debe acadar, tanto en

coñecementos como en competencias, e responden ao que se pretende conseguir

en cada disciplina” (artigo 4.3.d do Decreto 105/2014). É dicir, son o referente dos

logros a acadar polo alumno/a, funcionando así de xeito similar aos obxectivos. Coa

entrada en vigor do citado Decreto 105/2014, os criterios de avaliación asumen,

pois, una dobre función:

7

Indican o que se debe traballar, os obxectivos do proceso educativo.

Son o referente para avaliar os aprendizaxes do alumnado.

Tomarase como referente a Orde do 9 de xuño de 2016 pola que se regula a

avaliación e a promoción do alumnado que cursa educación primaria na

Comunidade Autónoma de Galicia.

Bloque 1 - Escoita

B1.1. Utilizar a escoita musical para indagar nas posibilidades dos son para

as creación propias.

B1.2. Analizar a organización de obras musicais sinxelas ou fragmentos, e

describir os elementos da linguaxe musical convencional que as

compoñen.

B1.3. Coñecer exemplos de obras variadas da nosa cultura e otras valorando

a súa conservación e respecto polas representacións.

Bloque 2 – Interpretación musical

B2.1. Entender a voz como instrumento e recurso expresivo, partindo da

canción e das posibilidades para interpretar, crear e improvisar.

B2.2. Interpretar composición sinxelas que conteñan procedementos

musicais de repetición, variación e contraste empregando a voz ou

instrumentos e asumindo a responsabilidade de interpretación en grupo

e amosando respecto na representación.

B2.3. Explorar e utilizar as posibilidades sonoras e expresivas de diversos

materiais, instrumentos e dispositivos electrónicos.

8

Bloque 3 – Música, movemento e danza

B3.1. Adquirir capacidades expresivas e creativas que ofrecen a expresión

corporal e a danza, valorándoa como patrimonio.

5. ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE AVALIABLES

Para concretar os criterios de avaliación e facilitar a súa valoración por parte

dos docentes aparece un novo elemento curricular: os estándares de aprendizaxe

avaliables. Son “especificaciones dos criterios de avalación que permiten definir os

resultados da aprendizaxe e que concretan o que o alumnado debe saber,

comprender e saber facer en cada disciplina” (artigo 4.3.e do Decreto 105/2014).

Deben ser observables, medibles e avaliables, e permitir graduar o rendimento, o

logro alcadado. Facilitarán o deseño de probas estandarizadas e comparables.

Bloque 1: Escoita

EMB1.1.1. Identifica, clasifica e describe as calidades dos sons do contexto

natural e social, empregando vocabulario preciso.

CCL CCEC CAA

EMB1.2.1. Distingue tipos de voces, instrumentos, variacións, contrastes de

velocidade e intensidade, puidendo emitir valoración tras a

escoita.

CCL CCEC CAA

EMB1.2.2. Interésase por descubrir obras musicais de diferentes

características.

9

CSIEE CAA CCEC

EMB1.3.1. Coñece, entende e respecta as normas de comportamento en

audicións e representacións musicais.

CSC CCC

EMB1.3.2. Comprende, acepta e respecta as normas que regulan a propiedade

intelectual.

CCEC CSC

Bloque 2: Interpretación musical

EMB2.1.1. Recoñece e describe as alidades da voz a través de audicións

diversas e recréaas.

CCEC CAA CCL

EMB2.1.2. Recoñece e clasifica instrumentos acústicos e electrónicos,

resxistros da voz e agrupacións instrumentais.

CCEC CAA

EMB2.2.2. Utiliza a linguaxe musical para a interpretación de obras.

CCEC

EMB2.2.3. Traduce á linguaxe musical convencional melodías e ritmos

sinxelos.

CCEC

10

EMB2.2.4. Interpreta pezas vocais e instrumentais de diferentes épocas e

culturas, con ou sen acompañamento

CCEC CAA

EMB2.2.5. Coñece obras musicais de distintas épocas e estilos valorándoas

como patrimonio social e cultural.

CCEC CAA

EMB2.2.6. Amosa respecto e responsabilidade no traballo individual e

colectivo.

CSC

EMB2.2.7. Analiza as interpretación feitas, recoñece erros e amosa

interesepor correxilos.

CAA

EMB2.3.1. Procura información bibliográfica, en medios de comunicación e

internet sobre instrumento, compositores, interpretes e eventos

musicais.

CCEC CD CAA

EMB2.3.2. Presenta e expón a información de xeito claro, ordenado e limpo

en varios soportes.

CCEC CAA CD

EMB2.3.3. Utiliza os medios audiovisuais e recursos informáticos para crear

11

pezas musicais, sonorizacións e representación dramáticas.

CD CCEC

Bloque 3: Música, movemento e danza

EMB3.1.1. Identifica e utiliza o corpo como instrumento para a expresión de

sentimentos e emocións, e como forma de interacción social.

CCEC CAA

EMB3.1.2. Controla a postura e coordinación coa música cando interpreta

danzas.

CCEC

EMB3.1.3. Coñece danzas de distintas épocas e lugares valorándoas como

patrimonio cultural.

CCEC

EMB3.1.4. Reproduce e goza interpretando danzas tradicionais entendendo

a importancia de continuidade a xeracións futuras.

CCEC CSC

EMB3.1.5. Inventa coreografías en grupo que corresponden coa forma

interna dunha obra musical e supón unha orde espacial e

temporal.

CCEC CAA

12

EMB3.1.6. Analiza as danzas realizadas, recoñece erros e amosa interese

por mellorar.

CAA

EMB3.1.7. Respecta o traballo en grupo e participa nel de xeito pracenteiro,

amosando confianza nas propias posibilidades e nas das demais

persoas.

CSC CAA

EMB3.1.8. Amosa respecto polas demais persoas e colaboración con elas.

CSC

6. CONTRIBUCIÓN DA ÁREA AO DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS CLAVE

Ao longo do curso escolar tentaremos non só alcanzar os obxectivos da

materia senón que se porá especial empeño en que o alumnado alcance un

desenvolvemento adecuado nas competencias clave. A continuación expóñense as

competencias que se traballarán e a forma en que achegaremos ao alumnado á

súa adquisición.

-Comunicación lingüística, que dentro da área de educación artística e máis

concretamente dende a música se traballará a partires dos recitados, das

cantigas e do canto en grupo.

-Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía

que se traballará ó tempo que se estudan as figuras musicais e os seus

13

valores. Tamén pode traballarse a partires de letras de cancións e xogos.

Buscando sons do entorno natural, sons da cidade, sons da escola e a súa

discriminación auditiva; tocando instrumentos musicais e practicando danzas

onde teñan que ter certo grao de control do espazo.

-Competencia dixital, facendo uso de editores de partituras, do encerado

dixital ou traballando coas webs especializadas en educación musical que

vaian dirixidas ó público infantil.

-Competencias sociais e cívicas, coñecendo e aprendendo danzas do

mundo, cantigas e melodías doutros países e do folclore propio, respectando

ós compañeiros e compañeiras da clase, ós mestre e ás mestra.

-Conciencia e expresións culturais, desenvolvendo actividades e xogos que

desperten o seu gusto artístico como pode ser a creación de ambientes

sonoros, a expresión dos sentimentos mediante o movemento corporal ou a

interpretación de melodías propias ou alleas.

-Aprender a aprender, achegándolles información e proporcionándolles

medios para acadala por sí mesmos, ensinándolles a xogar e a traballar en

equipo.

-S entido da iniciativa e espíritu emprendedor, valorando o esforzo realizado

en cada actividade, as ideas aportadas e o traballo feito por eles mesmos.

7. METODOLOXÍA DIDÁCTICA

A metodoloxía que vou empregar ó desenvolver a miña programación é

fundamentalmente activa, outorgando ó alumnado o papel protagonista no proceso

de ensino-aprendizaxe e está baseada en actividades con carácter lúdico e de

14

xogo, non nas que cada quen faga ou se comporte como quera senón seguindo

sempre as normas das actividades plantexadas, respectando ós compañeiros e

compañeiras e coidando o material empregado. Deste xeito farase ver ó alumnado

que todo xogo ten unhas reglas que hai que seguir para que resulte divertido e

motivador.

Vou explicar como traballo cada ámbito da educación musical aínda que

case nunca se aborden de xeito aislado senón que, ó estar tan relacionados os uns

cos outros, se traballen na aula de maneira global:

A voz trabállase a partir do canto. Propoño, a través das diferentes unidades

didácticas, distintas cancións (de tipo popular, de autor ou compostas por mín) que

o alumnado aprenderá por imitación. Primeiro escoitando e tarareando a melodía

(coidando a entoación), logo aprendendo a letra, recitándoa, facendo declinacións

coa voz,etc e finalmente unindo a melodía e texto e interpretando a canción por

frases. Cando xa esté interiorizada cantarase seguida deixando aberta a

posibilidade de engadir xestos que apoien o texto. Á hora de cantar prestaráse

atención á respiración, entoación, articulación e vocalización. Para iso realizaranse

exercicios previos organizados en forma de xogo.

Neste curso a educación instrumental está encamiñada a traballar

primeiramente cos instrumentos de percusión corporal e con instrumentos sinxelos

de percusión de altura indeterminada. Propoño actividades baseadas en ostinatos

rítmicos apoiados en palabras rítmicas e frases. Tamén propoño actividades de

acompañamento instrumental ás cantigae as pezas escoitadas.

Así mesmo interésame moito proporcionarlles unha boa educación no

coñecemento, movemento e expresión corporal, para conseguir afianzar o seu

sentido da lateralidade, da percepción espazo-temporal, da expresión de

15

sentimentos e emocións e do sentido do ritmo. Para iso propoño actividades de

diverso tipo:

-Dramatizacións onde os rapaces e rapazas teñan que poñerse na pel

de diferentes personaxes (diferentes animais, medios de transporte,

marcianiños, etc) e actuar como tal dacordo á melodía ou peza escoitada.

-Marchas pola aula seguindo o pulso, acento ou ritmo da peza escoitada.

Este tipo de actividade pode acompañarse con palmas ou outros elementos

corporais para facilitar a interiorización dos contidos dun xeito procedimental e

non tanto conceptual que xa se abordará en cursos posteriores.

-Danzas que ofrecen a posibilidade de memorizar a secuencia duns

pasos sinxelos e ter que adaptalos ó que escoitan. O método que vou

empregar á hora de desenvolver as danzas é o da imitación, sendo eu o

modelo a seguir e participando activamente con eles, ademais de dividilos en

grupos para que,mentres uns bailan os demais observen e vaian aprendendo a

coreografía.

-Exercicios de relaxación onde, libremente ou seguindo unhas consignas

marcadas previamente, teñan que adaptar os seus movementos ó que

escoitan. Pretendo fomentar a libre expresión dos nenos e nenas de maneira

creativa.

-Actividades onde despois de escoitar e ver o que acontece nun

musicograma se dramatize xestualmente.

Traballo a educación audioperceptiva a través de actividades de escoita

activa fomentando o desenvolvemento das capacidades de atención,

concentración, memoria e discriminación auditiva. Para iso diseñei actividades

onde o alumnado teña que recoñecer auditivamente diversos sons do entorno,

16

diferentes instrumentos musicais, e as voces femininas, masculinas e infantís.

Tamén propoño actividades onde adecúen os seus movementos ós diferentes

matices de intensidade, altura, etc. Asi mesmo pretendo captar a súa atención e

concentración a través da audición de contos musicais. De tódolos xeitos non só se

traballa a educación auditiva con este tipo de actividades senón tamén a través

doutras xa explicadas anteriormente como a escoita e interpretación de cancións,

ostinatos, danzas, ou todo tipo de actividades onde teñan que imitar o escoitado ou

adecuar os seus movementos ó que oen.

A lectura e escritura musical neste curso está baseada en códigos non

convencionais e musicogramas, e sempre, para chegar a realizar actividades

relacionadas con este ámbito da educación musical se traballa anteriormente a

fondo de xeito práctico. Parto da idea de que a teoría ven despois da práctica pero

sen descoidar o feito de que é importande desenvolver no alumnado a capacidade

de plasmar por escrito o que xa fixeron ou crearon, ou a capacidade de ler o que

outros compuxeron. Para iso fago uso de pictogramas e musicogramas.

Os agrupamentos do alumnado serán flexibles dependendo do carácter de

cada actividade puidendo realizar dende actividades individuais ata actividades por

parellas, pequenos grupos ou de todo o grupo clase, fomentando sempre a

colaboración entre compañeiros e compañeiras de xeito que tódolos membros do

grupo aporten ideas, proporcionen e reciban apoio, o cal, ademais de contribuir á

socialización e integración no grupo clase será beneficioso á hora de fomentar a

autoestima, o orgullo persoal e o respecto mutuo.

8. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

17

Para o tratamento á diversidade formularanse, ó longo das UDs, actividades

sinxelas para aqueles nenos e nenas que teñan un ritmo máis lento de aprendizaxe

ou mostren dificultades concretas nalgún contido. Así mesmo buscaranse

actividades máis complexas para aqueles cuxo ritmo de aprendizaxe sexa máis

rápido. Desta forma recurrirase tanto a actividades de reforzo como de ampliación

cando sexa necesario.

A maiores podémonos atopar con alumnado que presente Necesidades

Específicas de Apoio Educativo, xa que, atendendo a súa definición, estas están

determinadas por necesidades educativas especiais derivadas dalgún tipo de

discapacidade (física, psíquica ou sensorial) ou de trastornos da personalidade ou

conducta, as necesidades producidas por altas capacidades intelectuais ou as

derivadas da integración tardía ó sistema educativo español.

Os principios para a atención deste alumnado son os de normalización no trato,

o de sectorización dos servizos, o de integración nas aulas ordinarias e o de

individualización do ensino. Así, existen diferentes medidas de atención á

diversidade que se fundamentan nestes principios, atopando as medidas ordinarias

de atención á diversidade (onde encaixan a “Acción Tutorial” e o “Reforzo

Educativo”), que non modifican para nada os elementos prescriptivos do currículo,

as medidas a nivel curricular (“Adaptacións Curriculares Individualizadas”), as

medidas específicas de atención á diversidade co alumnado de incorporación

tardía ó sistema educativo español (“Grupos de Adquisición de Línguas” e “Grupos

de Adaptación da Competencia Curricular”) e as medidas de atención á diversidade

co alumnado de altas capacidades intelectuais (flexibilización da escolarización e

“Adaptacións Curriculares de ampliación”)

18

9. RELACIÓN CO PROXECTO LECTOR

Dende a posta en práctica desta programación contribuiráse ó fomento do

gusto pola lectura e a comprensión lectora a través de actividades musicais

íntimamente ligadas á lectura de diversos libros infantís a partir dos cales se

desenvolverán diversos tipos de actividades musicais.

Ademais dende música traballaremos o tema do PDI escollido este ano polo

claustro, “Educación Viaria” o que contribuirá tanto a desenvolver o proxecto lector

como o de integración das TIC.

10. CONTRIBUCIÓN AO PLAN TIC

Dende a materia da Educación Musical e da posta en práctica desta

programación quérese contribuír a fomentar esta competencia desenvolvendo os

aspectos recollidos neste plan. Para iso realizaranse diversas actividades musicais

no encerado dixital (para iso o alumnado que vaia saíndo a corrixir irá rotando para

que todos teñan as mesmas oportunidades) ou ben empregando a sala de

informática e realizando as actividades por parellas nun ordenador. Tamén se

traballará a partires da utilización de métodos audiovisuais para ver e escoitar

sons, instrumentos propios da comunidade e doutras culturas.

11. CONTRIBUCIÓN Á EDUCACIÓN EN VALORES

A relación desta programación coa educación en valores déixase ver ó longo

da súa posta en práctica xa que se relacionará directamente cada unha das UDs

cos diferentes temas transversais a través das seguintes actuacións:

-Valoración das relacións humanas dentro do contorno da escola.

19

-Respecto polas normas dos xogos.

-Aceptación do propio corpo e das características individuais dos demais.

-Conciencia das vantaxes da actividade física para manter a saúde.

-Aceptación das diferenzas físicas entre sexos, respectándoas e valorándoas.

-Conciencia da importancia de coidar o corpo para manter a saúde.

-Valoración da importancia da hixiene na comida.

-Aceptación das normas básicas de educación nas comidas.

-Conciencia da importancia dunha alimentación sana.

-Valoración da importancia da hixiene e da orde na casa.

-Aceptación das normas básicas de convivencia na casa.

-Apreciación da importancia de colaborar nas tarefas do fogar,

independentemente de que sexan nenos ou nenas, homes ou mulleres.

12. CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA

Aplícase no traballo diario da aula, entre outras cousas ao traballar

cooperativamente e respectar as demáis persoas a través de xogos colectivos,

representación e teatrealización de contos musicados cos compañeiros.,

actuacións nas diversas celebracións levadas a cabo no centro: Samaín, Magosto,

día da Paz, día das Letras Galegas … E a presentatación e actuación no festival de

fin de curso.

Tamén participarase no Programa de Educación Responsable. En relación ás

actividades do apartado do Coro das Emocións. No terceiro trimestre traballarase

ao longo de 6 sesións seguindo a ruta do proxecto para finalizar cun concerto final

que amose o traballo realizado.

20

13. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

Ao longo do curso levaranse a cabo diversas actividades complementarias e

extraescolares como visitas a diferentes lugares de interese, excursións e saídas

que reforcen o aprendido na aula, de xeito que proporcionen unha experiencia

educativa rica, variada, estimulante e motivadora.

Como actividades complementarias realizaranse as seguintes:

-Día das bibliotecas.

-Celebración do Samaín e Magosto.

-Día Universal da Infancia.

-Día Internacional contra a violencia de Xénero.

-Día da constitución.

-Día Internacional das persoas con Discapacidade.

-Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

-Día escolar da non violencia e da Paz.

-Día de Rosalía.

-Entroido.

-Día Internacional da muller.

-Día mundial dos dereitos do consumidor.

-Día mundial da poesía.

-Semana da prensa.

-Día da literatura infantil e xuvenil.

-Día mundial da saúde.

-Semana do libro.

21

-Día Internacional contra o Acoso Escolar.

-Día de Europa.

-Semana das letras galegas.

-Día do Medio Ambiente.

-Día pola Igualdade de trato e Non Discriminación.

A medida que se vaian ofertando actividades extraescolares escolleranse as

máis adecuadas para incluílas na programación.

14. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS

Na aula de música contaremos cos seguintes materiais para o

desenvolvemento dos contidos propios da área:

-Cds de audicións

-Instrumentos musicais ORFF

-Campás sonoras

-Frauta doce

-Teclado

-Guitarra

-Ordenador

-Marionetas

-Fichas

-Musicogramas

-Encerado de pentagrama.

-Carteis e paneis diversos.

-material funxible (folios, papel pautado, cartulinas, pinturas…).

22

15. PROCEDEMENTOS PARA AVALIAR A PROPIA

PROGRAMACIÓN

A avaliación desta programación levarase a cabo a través de diversos

procedementos como son por exemplo a comprobación da adecuación da mesma

ás características psicoevolutivas do alumnado mediante probas orais e escritas

onde se observará o tanto por cento do alumnado que acada ampliamente os

obxectivos marcados, que os acada lixeiramente e que non os acada de maneira

que se fagan as modificacións oportunas para adecualos ás súas características e

necesidades.

Así mesmo avaliarase a metodoloxía empregada observando no

desenvolvemento das actividades propostas a implicación por parte do alumnado

de xeito que se modifiquen no que sexa preciso para facelas máis dinámicas e

motivadoras acercándoas ás características da nosa sociedade.

Ademais teranse en consideración os seguintes puntos:

-Desenvolvemento na clase da programación.

-Relación entre obxectivos e contidos e a súa contribución ao desenvolvemento

das competencias clave.

-Adecuación de obxectivos e contidos coas necesidades reais.

-Adecuación de medios e metodoloxía coas necesidades reais.

16. MÍNIMOS ESIXIBLES

1º TRIMESTRE

-Distinguir as cualidades dos diferentes instrumentos da aula e da orquestra.

-Representar os sons mediante grafías convencionais e non convencionais.

23

-Marcar o pulso tanto con instrumentos de pequena percusión como de

percusión corporal.

Coñecer o compás de 2/4, 3/4, 4/4.

2º TRIMESTRE

- Realizar o acompañamento instrumental da audición activa proposta.

-Traballar o movemento coordinado na danza proposta.

-Expresar diferentes alturas de son xogando coa voz.

-Recoñecer a figura de dúas corcheas.

-Recoñecer o silencio de negra.

-Recoñecer a figura de negra.

-Recoñecer a figura de branca con puntillo.

-Recoñecer a figura de negra con puntillo.

-Recoñecer a figura de 4 semicorcheas.

3º TRIMESTRE

- Entoar (de forma empírica) a escala maior ascendente e descendente.

-Coñecer as notas da escala de DO maior e ser quen de interpretalas coa

frauta e os instrumentos de placas.

-coñecer e interpretar na frauta o FA# e o Sib.

-Coñecer diferentes símbolos musicais relacionados coa a agóxica e a

dinámica.

-Coñecer termos musicais referidos ao carácter.

24

25