Páxinas Informativas - Museo do Pobo Galegomuseodopobo.gal/web/uploads/pdf/NOVEMBRO 2008.pdf · A...

4
Novembro / 1 do Museo do Pobo Galego Páxinas Informativas Dirección: Carlos García Martínez Secretaría: María-Xosé Fernández Cerviño Redacción: David Conde Lourido, Ana Estévez Lavandeira, Rosa Méndez García, Belén Sáenz-Chas Díaz Administración: Xulia Vázquez Randulfe novembro 5/2008 P.D. Museo do Pobo Galego • San Domingos de Bonaval • 15703 Santiago de Compostela tel. 981 583 620 fax 981 554 840 www.museodopobo.es correo electrónico: [email protected] O Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego continúa a serie de foros de debate sobre cuestións de especial relevancia para o desenvolvemento da sociedade galega, ini- ciados en 2007 cos foros Territorio, Paisaxe e Identidade, patrocinado por Construccións Otero Pombo S.A., e Inmigración cidadanía e Identidade, co patrocinio do Parlamento de Galicia. Para este terceiro Foro elixiuse como tema o impacto do turismo sobre a identida- de. O turismo, fenómeno característico do mundo contemporáneo, sempre foi un motor de cambio ao por en contacto xente de dis- tinta identidade cultural e posibilitar a apertu- ra dun proceso de diálogo, de intercambio, de convivencia, derivado dun maior e mellor coñecemento mutuo. Pero na segunda meta- de do século XX produciuse un salto cualitati- vo e cuantitativo moi significativo nos volumes de desprazamentos das persoas, dando lugar ao chamado turismo de masas, expresión da nova sociedade do benestar e do ocio. Esta situación suscita unha nova problemática nos destinos e comunidades onde ten lugar a visi- ta, porque provoca ou, mellor dito, pode pro- vocar, máis que un proceso de transforma- ción e cambio equilibrado, importantes dese- quilibrios e mesmo a degradación, cando non a destrución, dos lugares visitados, do seu contorno sociocultural, da súa identidade. Nos últimos quince anos, especialmente a partir do cumio de Río de Xaneiro no ano 1992, comezouse a falar de turismo sostible, non só con referencia ao uso de recursos ambientais ou naturais, senón tamén en canto aos socioculturais e, en definitiva, ás identida- des. Ao tempo, e precisamente a causa dos impactos negativos, xorden certas resistencias ao turismo nas comunidades de destino. En Galiza o turismo medrou de maneira considerable nos últimos anos, e segura- mente seguirá a facelo no futuro. Pero o debate sobre as repercusións, positivas ou negativas, da actividade turística na identi- dade galega, ou nas identidades locais, é un asunto que necesita ser analizado de manei- ra sólida. Esta é a razón de que o IEI decidi- se convocar o Foro TURISMO E IDENTIDADE, co obxectivo de contribuír a unha reflexión pública sobre un destacado feito que está a afectar tanto a galegos e galegas como a moita outra xente relacionada con nós. Coordinadores do Foro: Francisco Candela Castrillo e Xosé Manuel González Reboredo Relatores: José Carlos Bermejo Barrera, catedrático de Historia da Universidade de Santiago de Compostela Francisco Javier Blanco Herranz, secretario executivo da Asemblea de Membros Afilia- dos da Organización Mundial do Turismo Llorenç Prats i Canals, profesor titular de Antropoloxía social da Universidade de Barcelona Agustín Santana Talavera, profesor titular de Antropoloxía social da Universidade de La Laguna (Tenerife) e editor da revista electró- nica PASOS. Revista de Turismo y Patrimo- nio Cultural Eugenio Yunis, director de Coordinación e Pro- gramas da Organización Mundial do Turismo Patrocina: Xunta de Galicia Consellería de Innovación e Industria Dirección Xeral de Turismo Seguindo o esquema dos anteriores, a estru- tura do Foro e a súa temporalización é a seguinte: 1º. Fase virtual Os relatorios colgaranse na páxina www.museodopobo.es/foro entre o 10 de decembro de 2008 e o 30 de xaneiro de 2009 para recoller as opinións, suxes- tións, propostas ou críticas de todas aquelas persoas ou colectivos interesa- dos, podendo os relatores contestar directamente as mesmas e abrir debates. 2º. Fase presencial Previsto para o día 7 de febreiro, nesta xornada efectuarase unha exposición pública aberta a medios de comunicación e público interesado. 3º. Publicación Cos relatorios e as súas conclusións efec- tuarase unha publicación prevista para o mes de abril de 2009. Invitamos desde aquí aos socios e colaboradores do Museo a participar activamente no Foro, achegando as súas opinións e propostas, e a contribuír á súa difusión. 3º Foro do Instituto de Estudos das Identidades. TURISMO E IDENTIDADE Decembro 2008 – Febreiro 2009

Transcript of Páxinas Informativas - Museo do Pobo Galegomuseodopobo.gal/web/uploads/pdf/NOVEMBRO 2008.pdf · A...

Page 1: Páxinas Informativas - Museo do Pobo Galegomuseodopobo.gal/web/uploads/pdf/NOVEMBRO 2008.pdf · A muller na literatura medieval e outras achegas etnográficas. Participarán na mesa

Novembro / 1

do Museo do Pobo Galego

Páxinas Informativas

Dirección: Carlos García Martínez ■ Secretaría: María-Xosé Fernández CerviñoRedacción: David Conde Lourido, Ana Estévez Lavandeira, Rosa Méndez García, Belén Sáenz-Chas Díaz Administración: Xulia Vázquez Randulfe novembro 5/2008

P.D.

Museo do Pobo Galego • San Domingos de Bonaval • 15703 Santiago de Compostelatel. 981 583 620 • fax 981 554 840 • www.museodopobo.es • correo electrónico: [email protected]

O Instituto de Estudosdas Identidades doMuseo do Pobo Galegocontinúa a serie deforos de debate sobrecuestións de especialrelevancia para odesenvolvemento dasociedade galega, ini-

ciados en 2007 cos foros Territorio, Paisaxee Identidade, patrocinado por ConstrucciónsOtero Pombo S.A., e Inmigración cidadaníae Identidade, co patrocinio do Parlamentode Galicia.

Para este terceiro Foro elixiuse comotema o impacto do turismo sobre a identida-de. O turismo, fenómeno característico domundo contemporáneo, sempre foi un motorde cambio ao por en contacto xente de dis-tinta identidade cultural e posibilitar a apertu-ra dun proceso de diálogo, de intercambio, deconvivencia, derivado dun maior e mellorcoñecemento mutuo. Pero na segunda meta-de do século XX produciuse un salto cualitati-vo e cuantitativo moi significativo nos volumesde desprazamentos das persoas, dando lugarao chamado turismo de masas, expresión danova sociedade do benestar e do ocio. Estasituación suscita unha nova problemática nosdestinos e comunidades onde ten lugar a visi-ta, porque provoca ou, mellor dito, pode pro-vocar, máis que un proceso de transforma-ción e cambio equilibrado, importantes dese-quilibrios e mesmo a degradación, cando nona destrución, dos lugares visitados, do seucontorno sociocultural, da súa identidade.

Nos últimos quince anos, especialmente apartir do cumio de Río de Xaneiro no ano1992, comezouse a falar de turismo sostible,non só con referencia ao uso de recursosambientais ou naturais, senón tamén en cantoaos socioculturais e, en definitiva, ás identida-des. Ao tempo, e precisamente a causa dosimpactos negativos, xorden certas resistenciasao turismo nas comunidades de destino.

En Galiza o turismo medrou de maneiraconsiderable nos últimos anos, e segura-mente seguirá a facelo no futuro. Pero odebate sobre as repercusións, positivas ounegativas, da actividade turística na identi-dade galega, ou nas identidades locais, é unasunto que necesita ser analizado de manei-ra sólida. Esta é a razón de que o IEI decidi-se convocar o Foro TURISMO E IDENTIDADE,co obxectivo de contribuír a unha reflexiónpública sobre un destacado feito que está aafectar tanto a galegos e galegas como amoita outra xente relacionada con nós.

Coordinadores do Foro: Francisco Candela Castrillo eXosé Manuel González Reboredo

Relatores:José Carlos Bermejo Barrera, catedrático deHistoria da Universidade de Santiago deCompostelaFrancisco Javier Blanco Herranz, secretarioexecutivo da Asemblea de Membros Afilia-dos da Organización Mundial do TurismoLlorenç Prats i Canals, profesor titular deAntropoloxía social da Universidade de Barcelona

Agustín Santana Talavera, profesor titular deAntropoloxía social da Universidade de LaLaguna (Tenerife) e editor da revista electró-nica PASOS. Revista de Turismo y Patrimo-nio Cultural

Eugenio Yunis, director de Coordinación e Pro-gramas da Organización Mundial do Turismo

Patrocina:Xunta de GaliciaConsellería de Innovación e IndustriaDirección Xeral de Turismo

Seguindo o esquema dos anteriores, a estru-tura do Foro e a súa temporalización é aseguinte:

1º. Fase virtualOs relatorios colgaranse na páxinawww.museodopobo.es/foro entre o 10 dedecembro de 2008 e o 30 de xaneiro de2009 para recoller as opinións, suxes-tións, propostas ou críticas de todasaquelas persoas ou colectivos interesa-dos, podendo os relatores contestardirectamente as mesmas e abrir debates.

2º. Fase presencialPrevisto para o día 7 de febreiro, nestaxornada efectuarase unha exposiciónpública aberta a medios de comunicacióne público interesado.

3º. PublicaciónCos relatorios e as súas conclusións efec-tuarase unha publicación prevista para omes de abril de 2009.

Invitamos desde aquí aos socios e colaboradores doMuseo a participar activamente no Foro, achegando assúas opinións e propostas, e a contribuír á súa difusión.

3º Foro do Instituto de Estudos das Identidades. TURISMO E IDENTIDADEDecembro 2008 – Febreiro 2009

Page 2: Páxinas Informativas - Museo do Pobo Galegomuseodopobo.gal/web/uploads/pdf/NOVEMBRO 2008.pdf · A muller na literatura medieval e outras achegas etnográficas. Participarán na mesa

■ A vía da Prata, unha calzada e mil camiños11 decembro-25 xaneiro

Organiza: Sociedad Estatal de Conmemora-ciones CulturalesColabora: Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia

Novembro / 2

■ Xenaro Martínez CastroAta o 30 novembro

Coa colaboración da Fundación Caixa Galicia,Gonzacar, Litonor, Galería SCQ, Artecom ePaco de Pin

O día 4 de novembro inaugurouse a exposiciónen memoria de Xenaro Martínez Castro, coa asis-tencia dun nutrido grupo de familiares e amigos.Unha actuación do grupo Leilía puxo o colofón aun acto que resultou especialmente emotivo.

O pasamento prematuro de Xenaro, enplena madureza da súa traxectoria como fotó-grafo, foi fondamente sentido polos seus moi-tos amigos e coñecidos, entre os que deixouunha pegada perdurable pola súa calidade pro-fesional e humana. Esta conmoción fixo xurdirespontaneamente entre algúns de nós o dese-xo de manifestar a estima que sentimos por el.E o Museo do Pobo Galego, institución da quefoi socio e coa que mantivo unha relación decolaboración xenerosa, asumiu o compromiso

de acoller esta mostra, que conmemora o pri-meiro aniversario da súa desaparición.

Baixo a organización de Mercedes Rozas,tamén socia do Museo, e de Xosé Ramón Fan-diño, membro do noso Padroado, reuniuse unhaantoloxía dos traballos de Xenaro Martínez

sobre o patrimonio histórico, a paisaxe e a arte,con algunhas incursións no ámbito da fotografíaetnográfica. Procurouse recoller as imaxes máispersoais, algunhas delas inéditas, que son tes-temuñas patentes da visión estética e poéticado fotógrafo.

ACTIVIDADES DO MUSEO

EXPOSICIÓNS

A exposición rememora esta vía histórica quefoi concibida polo goberno romano para ocontrol militar da península, así como para oabastecemento e a distribución de produtoscomerciais. A vía da Prata enlazaba as poboa-cións de Mérida (Augusta Emerita) capital daLusitania, e Astorga (Asturica), e a elas unían-se moitos territorios a través dunha rede decamiños secundarios, o que a converteu nuneixe vertebrador do occidente peninsular. Así,as vías que comunicaban a desembocadurado Guadiana con Mérida, desde onde partíanen distintas direccións; ou as que, desdeAstorga, arrancaban cara ás actuais comuni-dades de Galicia e do Principado de Asturias,aínda que neste último caso non quedasenreseñadas no itinerario da época. Dese xeitoos territorios que hoxe constitúen as Comu-nidades Autónomas de Andalucía, Estrema-dura, Castela e León, Galicia e Asturias que-daron unidos por unha serie de camiños dedeseño vertical sobre o mapa que unían ospuntos máis distantes da Península polooeste.

Page 3: Páxinas Informativas - Museo do Pobo Galegomuseodopobo.gal/web/uploads/pdf/NOVEMBRO 2008.pdf · A muller na literatura medieval e outras achegas etnográficas. Participarán na mesa

■ Xosé María Álvarez Blázquezescritor, conferenciante, editor, arqueólogo, investigador,...galeguista de aceiro e pedra fina

Mércores 19 de novembro, 19:00h.

Neste ano 2008, dedicado pola Real Academia Galega a honrar a Xosé María ÁlvarezBlázquez, o Museo do Pobo Galego súmase á celebración da memoria do que fora seuvicepresidente desde que se constitúe o Padroado, en xullo de 1976, ata o seu pasamentoo 3 de marzo de 1985.

Con este motivo, mércores 19 de novembro ás 19:00h celebrarase unha sesiónhomenaxe en torno á súa vida e obra, e presentarase o nº 17 da serie Alicerces, A muller na literatura medieval e outras achegas etnográficas.

Participarán na mesa Fernando Acuña Castroviejo, vicepresidente do Museo do PoboGalego; Xosé María Álvarez Cáccamo, escritor e fillo do homenaxeado; o patrón e mem-bro da Xunta Reitora Clodio González Pérez, e mais Darío Xohán Cabana, escritor e aca-démico da RAG.

O Museo do Pobo Galego, contedor de valoresFátima Braña Rei

Editado pola Fundación Antonio Fraguas Fra-guas e o Museo do Pobo Galego, vén de saírdo prelo o volume que presenta o resultado datese de doutoramento de Fátima Braña, lida naUniversidade de Santiago de Compostela ennovembro de 2006.

Fátima Braña incorporouse como socia doMuseo en 1996 e desde 1999 é represen-tante dos socios no Padroado e mais naXunta Reitora. O seu estudo dá cumpridaconta do acontecer do Museo ao longo des-tes trinta anos, cun enfoque antropolóxico

que nos ofrece unha perspectiva desde asociedade –pois ten en conta tanto ospatróns, socios e persoas que traballan noMuseo coma o público visitante– que enri-quece en gran medida a nosa capacidade deautoavialiación e crítica.

Novembro / 3

MESA REDONDA

PUBLICACIÓNS

O Museo do Pobo Galego, contedor de valoresFátima Braña Rei

Page 4: Páxinas Informativas - Museo do Pobo Galegomuseodopobo.gal/web/uploads/pdf/NOVEMBRO 2008.pdf · A muller na literatura medieval e outras achegas etnográficas. Participarán na mesa

Novembro / 4

JUSTO BERAMENDI, presidente da Xunta Rei-

tora do Museo, recibiu o Premio Nacional de

Literatura 2008 na modalidade de Ensaio pola

súa obra De provincia a nación: historia do

galeguismo político. O Ministerio de Cultura

distingue con este premio unha obra, escrita

en calquera das linguas oficiais do Estado e

editada durante o ano 2007.

O profesor Beramendi, madrileño de

orixe, reside en Galicia desde hai máis de

trinta anos. É catedrático de Historia contem-

poránea da Universidade de Santiago de

Compostela. Patrón fundador do Museo do

Pobo Galego, é tamén membro das Funda-

cións Castelao e Vicente Risco. Entre as súas

obras podemos citar Miseria de la economía,

O nacionalismo galego, A vida e a obra de

Ramón Villar Ponte, Vicente Risco no nacio-

nalismo galego e La historia política: algunos

conceptos básicos. No Museo editou o Pro-

xecto de constitución para o futuro Estado

Galego (1887), nº 12 da serie Alicerces, e é

autor de A autonomía de Galicia (2005), nº 13

da serie Cadernos.

NOTICIAS CON NOME PROPIO

PARABÉNS

O presidente do Padroado do Museo, ISAAC

DÍAZ PARDO, non deixa de colleitar recoñece-

mentos, sempre xustificados e á altura dos

seus grandes merecementos como galeguista

e home da cultura. Nesta ocasión foi a vila de

Rianxo a que o nomeou fillo adoptivo, no

decurso dun acto de homenaxe que serviu

tamén para inaugurar un monumento dedica-

do ás xentes do mar, deseñado polo propio

Díaz Pardo e realizado polo escultor Escudero.

@

De cara ao novo ano o Museo proponse adop-

tar medidas de aforro para minimizar o uso

de papel e simplificar o traballo da adminis-

tración, ampliando para iso o uso dos medios

electrónicos de comunicación.

Para tal efecto, invitamos aos membros, socios e colaboradores a se inscribiren nunha lista de distribución, que servirá para

difundir as Páxinas informativas e demais actividades que no futuro se vaian xerando.

Rogamos ás persoas que desexen incorporarse a esta fórmula de comunicación que envíen o enderezo electrónico de contacto

á administración do Museo, [email protected], indicando no asunto “para a lista de distribución”.

Agradecemos a vosa colaboración.

do Museo do Pobo Galego

Páxinas Informativas

LISTA DE DISTRIBUCIÓN