Páxinas Informativas - Museo do Pobo Galegomuseodopobo.gal/web/uploads/pdf/PAXINAS_03-2012.pdf ·...

4
Noutra orde de cousas, a proposta do presidente do Padroado, asumida pola Xunta Reitora, e de acordo co previsto no art. 25 dos Estatutos, a Asemblea probou por aclamación a concesión da insignia de ouro do Museo do Pobo Galego ao director, Carlos García Martínez tanto por ser un dos impulsores da creación do Museo como polos destacados servizos que, desde a súa fundación en 1976, vén prestando á institución pola súa prolongada e intensa dedicación. xuño 3/2012 P.D. Páxinas Informativas do Museo do Pobo Galego Museo do Pobo Galego - San Domingos de Bonaval - 15703 Santiago de Compostela tel. 981 583 620 n fax 981 554 840 n www.museodopobo.es n correo electrónico: [email protected] Director: Carlos García Martínez n Subdirectora: María-Xosé Fernández Cerviño Redacción: David Conde Lourido, Ana Estévez Lavandeira, Rosa Méndez García, Belén Sáenz-Chas Díaz Administración: Xulia Vázquez Randulfe n Edición: Nieves Ozores Así mesmo, a patroa Rosa María Méndez García recibiu a insignia de prata do Museo polos 25 anos de pertenza á institución. O 5 de maio celebrouse a asemblea anual de Socios do Museo. Ao final da sesión recolleron persoalmente a insignia de prata polos 25 anos como socios da institución Marcial Castro Seijas, José Luis Fraguas Lavandeira, Juana Lojo Martínez, José Francisco Méndez García, Mario Orjales Pita, Miguel Anxo Seixas Seoane, María Luz Vázquez Regueiro e Manuel Villar-Folla Cisneros. xuño 1 Na asemblea do Padroado celebrada o 26 de maio, informouse de que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de comunicar que, por mor da política de recorte de gastos na administración autonómica, se vai practicar unha merma do 10% na subvención aprobada nos orzamentos da Xunta para o ano en curso. Esta diminución aplícase no capítulo de gastos correntes, mentres se mantén a partida destinada a investimentos, o cal resulta se cabe máis prexudicial porque afecta a capítulos de gasto (persoal e funcionamento) que non é posible reducir sen grave detrimento dos servizos que presta o Museo. Diante deste feito, tórnase imperativo intensificar os esforzos para procurar fondos a favor do Museo a través de contactos con empresas e entidades que poidan contribuír á política de micropatrocinio que se puxo en marcha o ano pasado e que xa vén dando os seus froitos. Neste esforzo precísase a colaboración activa de todos os membros do Museo, e de modo moi sinalado dos patróns e patroas. Asemblea do Padroado do Museo Rosa Méndez recibe a insignia de prata do Museo. (foto Concha Losada)

Transcript of Páxinas Informativas - Museo do Pobo Galegomuseodopobo.gal/web/uploads/pdf/PAXINAS_03-2012.pdf ·...

Page 1: Páxinas Informativas - Museo do Pobo Galegomuseodopobo.gal/web/uploads/pdf/PAXINAS_03-2012.pdf · 2015-03-30 · Páxinas Informativas do Museo do Pobo Galego Museo do Pobo Galego.

Noutra orde de cousas, a proposta do presidente do Padroado, asumida pola Xunta Reitora, e de acordo co previsto no art. 25 dos Estatutos, a Asemblea probou por aclamación a concesión da insignia de ouro do Museo do Pobo Galego ao director, Carlos García Martínez tanto por ser un dos impulsores da creación do Museo como polos destacados servizos que, desde a súa fundación en 1976, vén prestando á institución pola súa prolongada e intensa dedicación.

xuño 3/2012

P.D.

PáxinasInformativasdo Museo do Pobo Galego

Museo do Pobo Galego - San Domingos de Bonaval - 15703 Santiago de Compostelatel. 981 583 620 n fax 981 554 840 n www.museodopobo.es n correo electrónico: [email protected]: Carlos García Martínez n Subdirectora: María-Xosé Fernández CerviñoRedacción: David Conde Lourido, Ana Estévez Lavandeira, Rosa Méndez García, Belén Sáenz-Chas DíazAdministración: Xulia Vázquez Randulfe n Edición: Nieves Ozores

Así mesmo, a patroa Rosa María Méndez García recibiu a insignia de prata do Museo polos 25 anos de pertenza á institución.O 5 de maio celebrouse a asemblea anual de Socios do Museo. Ao final da sesión recolleron persoalmente a insignia de prata polos 25 anos como socios da institución Marcial Castro Seijas, José Luis Fraguas Lavandeira, Juana Lojo Martínez, José Francisco Méndez García, Mario Orjales Pita, Miguel Anxo Seixas Seoane, María Luz Vázquez Regueiro e Manuel Villar-Folla Cisneros.

xuño 1

Na asemblea do Padroado celebrada o 26 de maio, informouse de que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de comunicar que, por mor da política de recorte de gastos na administración autonómica, se vai practicar unha merma do 10% na subvención aprobada nos orzamentos da Xunta para o ano en curso. Esta diminución aplícase no capítulo de gastos correntes, mentres se mantén a partida destinada a investimentos, o cal resulta se cabe máis prexudicial porque afecta a capítulos de gasto (persoal e funcionamento) que non é posible reducir sen grave detrimento dos servizos que presta o Museo.

Diante deste feito, tórnase imperativo intensificar os esforzos para procurar fondos a favor do Museo a través de contactos con empresas e entidades que poidan contribuír á política de micropatrocinio que se puxo en marcha o ano pasado e que xa vén dando os seus froitos. Neste esforzo precísase a colaboración activa de todos os membros do Museo, e de modo moi sinalado dos patróns e patroas.

Asemblea do Padroado do Museo

Rosa Méndez recibe a insignia de prata do Museo. (foto Concha Losada)

Page 2: Páxinas Informativas - Museo do Pobo Galegomuseodopobo.gal/web/uploads/pdf/PAXINAS_03-2012.pdf · 2015-03-30 · Páxinas Informativas do Museo do Pobo Galego Museo do Pobo Galego.

… PARA IR A UNHA ESPADELA23 maio-17 xuño

Dende hai uns anos o Departamento de Conservación do Museo vén realizando un traballo de campo no Val de Vea co obxectivo de documentar os curiosos utensilios para o espadelado do liño que se empregaron nesta zona do concello da Estrada. O traballo xurdiu a raíz dun proxecto do MPG para recuperar e documentar o proceso de transformación do liño, realizado en colaboración coa Asociación de Mulleres Rurais de Santo André de Vea. O obxectivo da exposición, a cargo de Belén Sáenz-Chas e Manuel Rodríguez Calviño, é o de dar a coñecer este especial instrumental do liño, demostrando que, aínda que se trata dun fenómeno moi localizado

EXPOSICIÓNS

>>

CENtENARIo DE EUgENIo gRANELL21 xuño-2 setembroOrganiza: Fundación Eugenio Granell

En 1995, o Museo do Pobo Galego acollía nas súas salas temporais as coleccións etnolóxicas de Eugenio Fernández Granell, nunha exposición que se inscribía na

Café da memoria. gaiteiros28 xuño 2012

Unha nova sesión dos cafés da memoria, coa colaboración da Asociación de Gaiteiros Galegos. Coa asistencia de vellos gaiteiros, músicos procedentes de distintas partes de Galicia, vaise desenvolver un café que tentará esclarecer os segredos da formación, inicios e traxectoria destes artistas do son sen os que non había festa ningunha.

presentación da súa Fundación en Santiago de Compostela. A conmemoración do centenario do nacemento do artista depáranos a oportunidade de volver recibir aquelas coleccións, acrecentadas e mellor coñecidas agora mercé ao traballo sistemático de catalogación, exhibición e publicación que a Fundación vén desenvolvendo.

Esta colección reúne pezas que responden tanto á arte primitiva como aos obxectos populares e infantís. Entre elas, o denominador común é o interese pola pulsión artística que se agocha en calquera artefacto humano. Na selección que agora se mostra atoparemos, sen dúbida, o mesmo latexo vital, a mesma profunda sensibilidade que alentan nas pezas que atesoura o noso Museo.

>>

>>

xuño 2

Foto David Conde

Gaiteiro. Laxeiro

(depósito da Asociación de Gaiteiros Galegos)

xeograficamente, estaba totalmente xeneralizado no val, constituíndo un

dos exemplos máis fermosos da nosa arte popular.

Page 3: Páxinas Informativas - Museo do Pobo Galegomuseodopobo.gal/web/uploads/pdf/PAXINAS_03-2012.pdf · 2015-03-30 · Páxinas Informativas do Museo do Pobo Galego Museo do Pobo Galego.

xuño 3

11-19 xuño 2012

A Mostra de Cinema etnográfico Museo do Pobo Galego 2012 consta dunha selección de documentais realizada coa colaboración de Sabela Pillado, Cineclube Compostela, José Manuel Sande do CGAI, Manolo González e Antonio Caeiro. Grazas á colaboración establecida coa Comarca de Sobrarbe (Huesca), proxéctase o palmarés do festival Espiello 2012, e a sección de Cinema Histórico dedícase este ano a Jean Rouch.

7ª MOSTRA DE CINEMA ETNOGRÁFICO

>>

Luns 11 SECCIÓN CARLOS VELO19h30 Goitik behera, behetik gora (De arriba abaixo e de abaixo arriba)Colectivo WeareQQ: Usue Arrieta e Vicente Vázquez. (Galicia, 2012) 31’ 20h00 Em companhia da morte Vanessa Vilaverde, João Aveledo e Eduardo Maragoto(Galicia, 2011) 29’SECCIÓN ESPIELLO20h30 Dimanche à BrazzavilleACCÉSIT ESPECIALEnric Bach e Adrià Monés (España/Congo, 2011) 51’

Martes 12 ACTO INAUGURAL19h30 CINEMA HISTÓRICO: JEAN ROUCH Proxección de Mosso Mosso: Jean Rouch comme siJean-André Fieschi (Francia,1998) 73’

Mércores 13 SECCIÓN ESPIELLO19h30 What has to be photographed! ACCÉSIT ESPECIALIrina Linke (Alemaña, 2011) 13’SECCIÓN CARLOS VELO19h45 Pacios. As fotos da Memoria Manuel Darriba (Galicia, 2011) 66’

Xoves 14SECCIÓN ESPIELLO19h30 Swimming in spaceESPIELLO CHOBENAnna Mbiya Katshunga (Alemaña, 2011) 43’CINEMA HISTÓRICO: JEAN ROUCH 20h15 Petit à petit Jean Rouch (Níxer-Francia, 1972) 92’ Venres 15SECCIÓN CARLOS VELO19h30 Hombres de Arena Joaquín Cortés Peteiro (Venezuela,2010) 24’

20h00 Yatasto Hermes Paralluelo (Arxentina,2011) 95’

Sábado 16SECCIÓN CARLOS VELO19h30 Cautare (Quest)Ionut Piturescu (Romanía, 2011) 30’20h00 Vikingland Xurxo Chirro (Galicia, 2011) 99’

Domingo 17CINEMA HISTÓRICO: JEAN ROUCH 12h30 La chasse au lion à l´arc(Francia, 1965) 77’

Luns 18SECCIÓN ESPIELLO19h30 Dreaming Nicaragua 57’12PREMIO ASECIC «GUILLERMO ZÚÑIGA»PREMIO ESPIELLO BOLTAÑA AO MÁIS VOTADO POLO PÚBLICOMarcelo Bukin (Nicaragua/USA/ España)

20h30 Una casa para Bernarda Alba PREMIO ESPIELLO RECHIRA AO MELLOR TRABALLO DE INVESTIGACIÓN Lidia Peralta (España) 55’19’’

Martes 19SECCIÓN ESPIELLO19h30 El Torero De Los Andes PREMIO ESPIELLO AO MELLOR DOCUMENTAL ETNOGRÁFICOIgnasi Rodríguez Batlle (España, 2011) 57’SECCIÓN CARLOS VELO20h30 Lembrando os rostros da morteLois Patiño (Galicia, 2010) 38’

Colaboran Concello de Santiago de Compostela. Concellería de CulturaCineclube Compostela Televisión de Galicia Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

PrograMa

Foro sobre natalidade e vellez en GaliciaUn pobo con pasado, ¿un pobo con futuro?

O último ano no que naceron en Galicia máis de dous fillos por muller foi en 1981. Entre 1991 e 2011 a penas nacen entre 0’9 e 1’1 fillos por muller, moi por baixo da taxa europea (1’5-1’6). A Comisión Europea alerta dende hai tempo das graves consecuencias desta situación para o conxunto da UE. A diario veñen morrendo de media 20 galegos máis dos que nacen no seu lugar. A porcentaxe de poboación maior de 65 anos respecto da poboación comprendida entre 15 e 64 anos, era en 2010 do 32’7 en Galicia, mentres que na UE aínda era do 25’9.

Tendo uns indicadores demográficos nefastos, difíciles de atopar noutros países europeos, semella que a sociedade galega non é consciente do que isto implica para o seu futuro colectivo en todos os eidos. O Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego quere abordar este problema dende unha vertente nova,

INSTITUTO DE ESTUDOS DAS IDENTIDADES

>>

centrándose nas consecuencias desta desfeita, na concienciación social e na reflexión sobre as medidas que poidan axudar a superar esa situación ou a paliar as súas máis graves manifestacións.

Estes foros pretenden centrar os debates en analizar por que a sociedade galega non ten artellada unha resposta, consensuada e integral, fronte ao grave problema do seu acelerado e intenso avellentamento, un dos maiores de Europa. Asemade, os foros aspiran a encetar un debate na sociedade

civil centrado na pescuda de solucións viables e sostibles, co maior consenso posible, para mantelas durante o tempo que fose preciso.

Os foros, coordinados por Manuel Blanco Desar, desenvolveranse en diversas localidades, e ao cabo recompilaranse as sínteses das intervencións xunto con achegas de especialistas, para elaborar un volume que se porá a disposición dos cidadáns. El ha ser a testemuña futura da concienciación e dos esforzos por dar seiva nova a este vello corpo social con personalidade de seu que é Galicia.

O primeiro dos foros celebrarase o próximo 28 de xuño en Santiago de Compostela, contando coa participación de Rita Radl (catedrática de Socioloxía, USC), Dolores Monteagudo (Sociedade Galega de Xerontoloxía, profesora Univ. Fernando Pessoa do Porto), Manuel Macía (xefe de Obstetricia do CHUS), e Marinha Cavaleiro (Asociación Mámoa). Modera: Luís Pousa (El Correo Gallego).

Page 4: Páxinas Informativas - Museo do Pobo Galegomuseodopobo.gal/web/uploads/pdf/PAXINAS_03-2012.pdf · 2015-03-30 · Páxinas Informativas do Museo do Pobo Galego Museo do Pobo Galego.

PáxinasInformativasdo Museo do Pobo Galego

Museo do Pobo Galego. San Domingos de Bonaval. 15703 Santiago de Compostela

tel. 981 583 620· fax 981 554 840 www.museodopobo.es · correo electrónico: [email protected]

>>

MIRADAS SOBRE ANDRADE EN BONAVAL

ESPAZO DOS PATROCINADORES E SOCIOS PROTECTORES

Certame fotográfi co

Domingo de Andrade (Cee, 1639-Compostela 1712) axudou a facer da arquitectura unha arte nobre e moderna e que as súas obras servisen para dignifi car o espazo no que se erguían, facelo máis agradable e digno para vivir. Con Andrade a arquitectura adquire en Galicia un desenvolvemento creativo importante partindo da tradición para elaborar formas propias e orixinais.

Andrade vai transformar o convento de San Domingos de Bonaval dándolle a imaxe que hoxe ten. Aquí traballa na construción dos novos espazos para os monxes (ala norte e oeste) e para comunicar os diversos andares entre si deseña esa marabilla que é a escaleira tripla helicoidal. A el tamén se debe a construción do claustro, a portería e a fachada principal pola que hoxe accedemos ao Museo.

Bonaval é o espazo que acolle o Museo do Pobo Galego, a institución que quere transmitir a todos os galegos e galegas, de hoxe e do futuro, elementos claves para entender a nosa cultura e o noso estar no mundo. A Ofi cina de Socios propón sumarse á homenaxe ao arquitecto no terceiro centenario do seu pasamento cunha

ENGASA Energía de Galicia S.A. Patrocinadorhttp://www.engasa.org/engasa_web/Engasa-Empresa-cas.html

ENGASA créase en 1981 co impulso das empresas máis antigas do sector eléctrico galego, algunhas delas xa centenarias.

Desde entón leva percorrido un longo camiño, que a levou a converterse nun referente no sector enerxético de Galicia.

A aposta polas enerxías renovables, desde a promulgación da Ley de Conservación de la Energía de 1981, permítenlle ser pioneira na historia enerxética da fi n do século XX en Galicia, con algunhas realizacións singulares:- 1983. Instalación do primeiro xerador eólico de España,

conectado á rede de 55 kW, en Santa Comba (A Coruña).- 1989. Instalación da primeira central minihidráulica de nova planta,

de 2 777 kW, no río Tea, en Covelo (Pontevedra)- 2002. Instalación do primeiro parque eólico singular de Galicia,

de 660 kW, na Laracha (A Coruña)

exposición fotográfi ca na que poderán participar todos os socios e socias do MPG, sexan profesionais ou afeccionados á fotografía. O comité organizador seleccionará para a exposición os traballos fotográfi cos en función da súa calidade e interese.

Deberán enviarnos seis fotografías sobre os elementos identifi cados co traballo de Domingo Antonio de Andrade en Bonaval (fachada principal, claustro, escaleira, dependencias do lado norte e oeste). As fotos, en soporte informático e cada arquivo fotográfi co de alta resolución en formato jpg ou tif, poderanse entregar no propio Museo ou envialas por correo, especifi cando para a Ofi cina de Socios, antes do 7 de setembro.

O autor ou autora debe procurar tratar no seu traballo a variedade da obra de Andrade en Bonaval. Neste sentido pedimos que das seis fotos non máis de tres se refi ran á escaleira tripla helicoidal.

Indicación Xeográfi ca Protexida TERNERA GALLEGASocio protectorhttp://www.terneragallega.com/?id=ga

A I.X.P. Ternera Gallega inicia o seu labor de control e promoción en 1989. Desde 1996 está recoñecida pola Unión Europea, sendo a primeira carne de vacún con control integral e certifi cado de garantía.

A carne comercializada baixo o amparo da I.X.P. Ternera Gallega é exclusivamente de tenreiros nacidos, criados e sacrifi cados en Galicia, que proceden de razas autóctonas e os seus cruces e que superaron un rigoroso programa de control integral desde o nacemento dos tenreiros, a súa crianza, alimentación e coidados sanitarios, ata o seu sacrifi cio e presentación da carne nos puntos de venda, todo isto conforme ó establecido na lexislación vixente.A colaboración desta entidade co Museo ten un precedente memorable. En 2004, por iniciativa da I.X.P. e coa colaboración da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, realizouse a exposición A Gandaría, tesouro de Galicia.

Das seis fotos seleccionaremos dúas ou tres para expoñer, dependendo do número de participantes, variedade temática ou estética expositiva. Cabe a posibilidade de que o autor ou autora teña unha proposta concreta, distinta á que aquí propoñemos, para o seu traballo fotográfi co. De ser o caso, pode enviala e o comité organizador resolverá se é aceptada.

xuño 4

PaTroCINaDorESEngasa Energía de Galicia S.A.Fundación La RosaledaUnika Proyectos y Obras S.A.

SoCIoS ProTECTorESEduardo Beiras García-MartíFundación Rodríguez IglesiasI.X.P. Ternera Gallega

O 16 Casa de XantarProgando S.L.GalivaliaRestaurante María Castaña

Restaurante La Bodeguilla de San RoqueCoop. Agraria Provincial da Coruña

Foto Denís Estévez

>>