Proyecto Caliope empresarias universitarias

27
Empresarias, universitarias Proxecto Caliope Decembro 2007

description

proyecto europeo

Transcript of Proyecto Caliope empresarias universitarias

Page 1: Proyecto Caliope empresarias universitarias

Empresarias, universitarias

Proxecto Caliope

Decembro 2007

Page 2: Proyecto Caliope empresarias universitarias

O Servizo Galego de Igualdade contratou a realización de entrevistas cunha

selección de empresarias universitarias para ter unha aproximación a súa

percepción sobre a situación e contexto do emprendemento á consultora I.G.

Documentación, S.

O traballo enmarcase no proxecto europeo denominado Calíope.

I. G. Docuentación, S.L.Enderezo: Ronda de Outeiro, 269 B

Poboación: A CoruñaCP: 15010

Teléfono: 981 145 810Enderezo electrónico: ig@informacióngalicia.net

Santiago de Compostela, decembro de 2007

Page 3: Proyecto Caliope empresarias universitarias

Empresarias, universitarias, loitadorasorgullosas

As empresarias entrevistadas adoitan negar unha realidade que probablemente nonperciben porque elas son creadoras de oportunidades. É mais fácil que te conten os seuserros que as carencias que non dependen delas, como si negaran ao resto do mundo acapacidade de decidir polas súas vidas.

Aceptan a entrevista fundamentalmente por curiosidade. Non renegan do éxito pero aprefiren achacar a súa decisión a falta de oportunidades profesionais. Ningunha delas searrepinte das decisións tomadas nin cambiaría de orientación profesional. Serempresaria non é unha ocupación senón unha forma de vida.

Son mulleres soñadoras e prácticas, que teorizan pouco e fan moito, que non cren nasreceitas máxicas e non paran demasiado no que falta porque prefiren o que se podefacer.

Encontran que a principal dificultade está en aprender que dirixir e xestionar é unhacarreira de fondo que te dispersa do principal obxectivo da empresa. Dende ámbitosdiferentes hai coincidencia na detección de carencias e necesidades que apuntan moidirectamente aos plans formativos e a rixidez das universidades.

Estímulo na detección de necesidades xa que a universidade semella enmoitos casos ter vocación de fomentar a carreira funcionarial e de becariospermanentes en vez de formar e alentar vocacións profesionais e/ouemprendedoras

Formación en xestión Achegamento ao mundo da empresa Percepción de valor sobre as habilidades comerciais Preparación en habilidades comerciais e mercados. Formación no ámbito lexislativo para a procura, lectura, interpretación e

lexislación

Galegas orgullosas ao tempo que “empresarias globais”, case todas dominan idiomas oafirman non ser “xefas ao uso”. Un novo estilo do que, seguramente, hai moito queaprender.

Page 4: Proyecto Caliope empresarias universitarias

Nanogap SL

Nanogap centrase na fabricación de Clústeres Cuánticos Atómicos e comercializa catrocategorías de produtos, nanopartículas de magnetita e clústeres de prata, de platino e deouro. As nanopartículas de magnetita/maxemita son partículas por debaixo dos 10nanómetros con moi boas propiedades ferromagnéticas.

A vantaxe competitiva da base tecnolóxica de Nanogap radica no desenvolvemento dunmétodo propio de produción dos clústeres, froito do labor de investigación desenvolvidopolo grupo de nanotecnoloxía da USC, e que os seus promotores catalogan comosinxelo, eficaz e barato. Os clústeres, fronte ás nanopartículas, son de menor tamaño oque implica que para lograr o mesmo efecto é necesario unha cantidade menor departículas, ademais de que este reducido tamaño permite alcanzar lugares que son dedifícil acceso para as nanopartículas. Segundo os responsable deste proxecto, e dacordocos datos da Fundación Nacional para a Ciencia de Estados Unidos, o sector dananotecnoloxía alcanzará no ano 2015 o valor dun trillón de dólares.

Tatiana López del Río

“Es difícil pensar en algo de lo que no has oído hablar”Ten 27 años, é química e adora a súa profesión e o seu traballo. Tatiana ten un espíritoemprendedor que non naceu na universidade, onde a práctica totalidade de profesores orelatores procedían do ámbito académico. Non tivo exemplos nin contacto co sectorindustrial.

Onde si tivo “sorte” foi no proxecto de fin de carreira que se desenvolveu nunhaempresa e que contribuíu a que, a finais de 2005 empezara a fraguarse Nanogap, que sefixo realidade gracias ao apoio, formativo e moral, de programas específicos deformación empresarial como foi, no seu caso, o programa “empresa concepto”impulsado pola universidade de Santiago.

Tras un ano de preparación, Nanogap iniciou a súa actividade en setembro de 2006 coobxectivo de converterse nunha empresa referente neste sector de futuro.

Tatiana pensa que a formación emprendedora ten que empezar no colexio, que asmulleres teñen que aprender a sentirse cómodas asumindo postos directivos e que apalabra “ambición” ten que pasar a formar parte do seu vocabulario habitual.

A súa motivación persoal non é o diñeiro, senón o propio reto da creación econsolidación da empresa e o desenvolvemento da súa profesión. En dous ou tres anos

Page 5: Proyecto Caliope empresarias universitarias

quere duplicar a plantilla e non comprende a palabra fracaso que, en todo caso,consideraría un aprendizaxe e un novo punto de partida.

Nanogap é unha empresa internacionalizada e con vocación global. Os seus clientesestán en Europa polo que a súa estratexia comercial inclúe a presencia habitual en feirase congresos en Alemania, Inglaterra (onde xa participou como conferenciante) eNanoSpain, que é o punto de encontro da Nanotecnoloxía española.

A empresa está participada por Unirisco e Uninvest, pero o 40% do accionariado está enmans de mulleres e ten actualmente unha plantilla de 7 persoas que Tatiana dirixe coaaxuda dun recentemente incorporado xerente comercial para cuxa selección se tiña“certa preferencia” en que fora home: Unha “pequena cesión” na procura decompetitividade.

Nese sentido comenta, e máis a modo de anécdota como se fose un reto que no fondo lledivirte, que cando están nunha feira, os clientes se achegan a ela más na procura deinformación, e ao xerente cando a intención é claramente “de negocios”. Pero so é unha“primeira reacción sen efectos secundarios”.

No día a día, entre os dous co-dirixen os proxectos de I+D repartíndose as áreas declientes/empresas e desenvolvementos de I+D.

Os obxectivos da empresa apuntan ao mercado americano, en espera por pura cuestiónloxística, no que “só teñen un competidor”, e á conquista de novos sectores no ámbitodas empresas de materiais. Para eso precisan medrar e contan trasladarse en breve aunha nave nun polígono industrial preto de Santiago, mentres se preparan para unhasegunda entrada de capital de 500.000 euros para a mellora de equipamento conreactores de 50 e 100 litros. ¡Así de sinxelo!

Tatiana fala de “pinturas anti-moho” con aplicacións en cascos de barcos (que ababaratarían os custes de mantemento), de “pinturas antiapantallamento magnético” quepermiten diminuír o efecto das radiacións nos móbiles (para o que xa manteñenconversas con Nokia) e de aplicacións no campo da medicina en “materialantimicrobiano”, que pode ir dende os gorros ata o instrumental.

A súa vocación é innata e anterior a este proxecto porque xa pensaba iniciarse coa súapropia empresa, pero a oportunidade desta patente a levou a un proxecto da maiorenvergadura.

Recoñece que “a transición da idea á empresa” é difícil e, no seu caso, destaca comoprincipais puntos fortes o alto grau de motivación, a sorte de estar acompañada por unequipo de profesionais e, con especial cariño, os antecedentes familiares nun avóempresario que probablemente favoreceu o apoio dos seus pais.

Page 6: Proyecto Caliope empresarias universitarias
Page 7: Proyecto Caliope empresarias universitarias

Galicia Dreams

Terceiro premio da sexta edición do Concurso de Proxectos EmpresariaisInnovadores da USC, este proxecto está promovido por Cristina García e Gonzalo JoséVázquez, arquitectos especializados en urbanismo, e pola licenciada en Dereito DoloresLojo. Galicia Dreams é unha consultora para posibles inversores en arquitectura para areestruturación rural con carácter sostible. O seu servizo abarcaría a elección dun solar,realización do proxecto de rehabilitación ou de nova obra, desenvolvemento emantemento da obra. Os promotores utilizarán o método inglés BREEAM, totalmentenovo en Galicia xa que, segundo sinalan, nesta comunidade non hai métodos de análiseambiental para arquitectura sostible e o utilizado é un dos máis prestixiosos no ámbitomundial.

Cristina García

“Nadie te enseña a ser empresaria”

Unha empresa diferente, fresca, innovadora nos obxectivos e nas formas, que “tentaproporcionar unha relación natural entre as persoas e o medio combinando as últimastecnoloxías con métodos tradicionais”. É Dicir, metodoloxía, materiais, enerxíaalternativa e métodos saldábeis.

A súa estratexia consiste na integración de valor engadido a custes alcanzables. GaliciaDreams SL é unha empresa formada por dous arquitectos galegos con experiencia enInglaterra e Países Baixos respectivamente, una avogada-economista galega conexperiencia en Europa e un grupo de colaboradores a nivel local e internacional.

Cristina fai arquitectura en Galicia, Dolores (abogada) xestiona dende Zaragoza eGonzalo se ocupa do mantemento da Web dende Barcelona. Son unha empresa real quedomina o espacio virtual para dirixirse a un mércao global e multi idiomático.

A vocación empresarial de Cristina e Dolores ten antecedentes familiares nos sectoresda pedra e do téxtil e buscaron acompañamento especializado para perfilar o seu plan deempresa a través do programa “empresa concepto”.

Cristina é arquitecta que xa traballaba como autónoma dende os 25 anos exercendo asúa profesión. Completou a súa formación cun master en Holanda que lle aportou unhaperspectiva diferente e innovadora que trasladou a Galicia Dreams.

Opina que as tan publicitadas axudas ao emprendemento teñen mais de publicidade quede axudas, aínda que o proxecto Galicia Dreams acadou axuda do Igape e foi

Page 8: Proyecto Caliope empresarias universitarias

cualificada como “Iniciativa empresarial de base tecnolóxica” (IEBT). Na empresatraballan os tres socios e actualemtne teñen unha empregada.

Cre que aínda está mal visto que unha empresaria sexa muller e que hai factores queinciden especialmente como a maior incidencia do medo ao fracaso e a desprotecciónsocial e económica.

Máis receptiva a falar da súa profesión que da empresa, quizais pola súa característicavirtual que incide nun menor sentido corporativo, manifesta carencias no períodoformativo porque “ninguén te ensina a ser empresaria”. Cre que, ademais de deseñarmecanismos para o fomento dunha actitude emprendedora, sería necesario incluír nosperíodos formativos unha preparación específica, especialmente no ámbito da xestión.

Outra das limitacións e a falta de apoio económico porque as ideas, a capacidade e adecisión, non serven de nada sen diñeiro.

Page 9: Proyecto Caliope empresarias universitarias

EVENTYAM INGENIEROS, S.L

EVENTYAM INGENIEROS, S.L. é unha empresa de carácter tecnolóxico constituídaen xullo do 2005. Está formada por un grupo de traballo multidisciplinar, integrado porEnxeñeiros de Telecomunicación con experiencia en Radiocomunicacións, Telemática,ICT, proxectos chave en man, e por Doutores en Física cunha longa traxectoria eninvestigación científica sobre Telemetría, Campos Electromagnéticos e as súasaplicacións.

En conxunto, forman unha organización capaz de ofrecer e aportar aos seus clientes,servizos e solucións en canto á verificación dos requisitos de “seguridade”,“funcionalidade” e “integración de sistemas” desde o punto de vista das “TIC’s” e a“Compatibilidade Electromagnética”. Diríxese ao sector público, sanitario, industrial elaboral con solucións de enxeñería a medida soportadas nas Tecnoloxías de Informacióne Comunicacións.

María Baltar

“España es poco competitiva para crear empresa”

“Entramos defectuosos na universidade”

Primeira galega que se gradou en electrónica en Caracas en 1977, a onde marchou con 1ano. A súa voz denota firmeza e un certo autoritarismo, suavizado polo acento deVenezuela que aínda conserva. Volveu hai 15 anos e no ano 92 aínda se percibía orexeitamento directo ás mulleres no seu ámbito profesional.

María xa era empresaria en Venezuela onde co-dirixía co seu home unha empresa deson e audio e, como empresaria, ten moito que contar, pero é no ámbito formativo ondeaporta unha visión que enriquece o obxectivo deste dossier. A súa promoción formouparte dun plan universitario experimental con criterios europeos que estaba dirixida porun filósofo.

O obxectivo era que non se podía ser “analfabetos modernos” polo que si tivoformación económica (micro e macro) e unha importante porcentaxe en humanidades.Os dous primeiros anos recibiron formación en técnicas de estudio e comprensión epreparación para ter un sentido crítico na elección de lecturas sobre o enfoque queadoptaba o libro. Aprenderon a interpretar e descubrir que, incluso os de análisematemático e de ciencias poden ter un mal emfoque que implicaría un aprendizaxe con“erros de concepto”.

Page 10: Proyecto Caliope empresarias universitarias

Durante a carreira participou na posta en marcha dun laboratorio de radiocomunicacións para unha empresa. No proxecto participaban 87 profesores e só 2 eranmulleres, pero a excepcionalidade radicaba nun equipo integrador xa que proviñan de23 nacionalidades diferentes.

A pesar dos seus antecedentes, María completou a súa formación en España cun cursode “creación de empresas TIC” da EOI en A Coruña en 2004.

Foi docente na universidade con 21 e 22 anos, impartindo clases a alumnos de mais de25, gracias a unha opción do propio plan de estudios como “axudantes de preparadoresuniversitarios”. De entrada afirma que “non hai machismo”, aínda que na práctica cotiási percibe a miúdo un rexeitamento que vai dende o director de obra ata o peónelectricista.

Os seus fillos son tamén “emprendedores” pero ela cre que non é polo seu exemplo,senón que hai que ter un perfil. Móstrase convencida de que “ser empresaria é unhanova carreira” e que en España a xestión e o día a día son moi complexos. Lembra quena súa etapa de empresaria en Venezuela, as asesorías compartían a responsabilidadecoas persoas responsables da empresa de todo o que se firmaba.

Ser empresaria, independentemente do sector, non só é producir xa que a xestiónimplica un alto grau de dispersión, o que se agrava cos constantes cambios normativos eos múltiples frentes abertos que xeran estres e inoperancia “España é pouco conpetitivapara crear empresa”

EVENTYAM INGENIEROS, S.L. está formada por varios socios pero a empresa alevan 2 mulleres e, aínda que durante anos elas tiveron o 50% do capital, quedaronexcluídas do ámbito de moitas axudas institucionais.

As súas crítica se dirixen tamén ao propio sector empresarial onde detecta unhaprofunda carencia no ambito asociativo e na falta de cultura corporativa derivada de unindividualismo acérrimo e esaxerado, e a un concepto da competitividade mal entendidoque leva, en ocasións, á falta de ética.

“A solución non ten receta”. Tería que empezar en primaria porque “entramosdefectuosos na universidade”, e con Ddficiencias para traballar coa linguaxe “. Aindarecorda como o director da súa tese xustificaba as súas faltas de ortografía porque“sempre ía ter unha secretaria”

Destaca tamén que non saben traballar dentro da normativa nin cas súas fontes nosboletíns oficiais.

Page 11: Proyecto Caliope empresarias universitarias

Non amosa unha especial complicidade coas colegas empresarias do sector nas queaprecia unha certa tendencia condutas manipuladoras, aínda que por outra parte asxustifica po lo machismo do seu ámbito profesional que obriga a utilizar tácticas paraimpoñerse.

Continuando coa “non receita”, as responsabilidades apuntan ás institucións de goberno,de onde cre que teñen que partir pautas claras con obxectivos e ferramentas bendefinidas.

Page 12: Proyecto Caliope empresarias universitarias
Page 13: Proyecto Caliope empresarias universitarias

LoroestudioSe definen como un estudio de deseño e comunicación creativa multiplataforma que,dende o Ferrol, compiten no ámbito das TIC con deseños e desenvolvemento decontidos e aplicacións para dispositivos dixitais 2.5 e 3G, pocket PC, televisióninteractiva e Web.

Presumen con orgullo, e con razón, de ser provedores oficiais de i-mode e contidosflash para movistar. Forman parte de Movilforum, da mesma operadora, o que, segundocontan na súa web, garante o apoio técnico e a calidade nas súa aplicacións, tantoempresariais, como de ocio ou mensaxería multimedia con fins publicitarios.

Se definen como o primeiro estudio galego que desenvolve contidos para a televisióndixital interactiva para o que teñen establecidas relacións con operadoras de cable esatélite e con outros provedores de contidos para a televisión interactiva.

Rosa Berea

“Hai que saber para dirixir”

“Despois de catro anos, familiares e amigos aínda nonsaben explicar a que nos dedicamos”De entrada, tamén afirma que “non hai diferencia de xénero”.

Iniciaron a actividade en 2004 e na actualidade, ademais dos socios, teñen dousempregados (aclara que no proceso de selección se presentaron menos mulleres)

Estudio enxeñería técnica naval porque en Ferrol non había moito onde elixir e a súaprofesión se foi definindo nos cursos posteriores de deseño gráfico e flash libe paramóbiles.

Non estudiou por vocación e os estudios non conseguiron motivala. No sector naval apresencia das mulleres é practicamente inexistente, só eran 15 ou 20 mulleres na súapromoción, e todos os relatores convidados eran do ámbito académico.

A única experiencia cércana ao mundo empresarial durante a súa etapa universitaria foia “júnior empresa a través da que realizaron traballos para un cliente do sector naval.

Rosa se ocupa fundamentalmente da xestión da empresa que, na súa opinión, é en simesma un proxecto para o que ninguén te prepara. Ten claro que “hai que saber para

Page 14: Proyecto Caliope empresarias universitarias

dirixir”, algo que non se aprende na universidade, aínda que “agora pode que se fomentealgo na formación profesional”.

O socio se encarga dos mercados porque “é máis extravertido”, mentres ela se sintemais eficaz na dirección e xestión. Non é moi partidaria das “charlas” aínda que foisuperando a súa percepción negativa e ela mesma ten participado como relatora enalgunha ocasión.

A súa actividade se reduce nos verán, o que, na actualidade, aproveitan para “planificar”apoiándose en servicios especializados externos de consultoría estratéxica. En poucosanos a empresa ten unha estabilidade e un crecemento sostido que podería ser maior “sia administración apostara dun xeito máis efectivo pola formación en TIC”.Transcorridos catro anos dende o inicio de actividade de Loroestudio, “os familiares eamigos aínda non saben explicar a que nos dedicamos”.

Responde, aínda que con certo titubeo, que un dos principais obxectivos coa empresa eo diñeiro “¿por qué non?”, para explicar a continuación que non quere unha empresamoi grande, entre outras cousas, porque non quere perder “o control”.

Rosa se sinte máis segura falando da empresa que de si mesma: “non son unha xefa aouso” Se repliega momentaneamente nunha timidez que desaparece en canto os clientesentran de novo na conversación, contando con orgullo como valora Telefónica Móbilesa capacidade creativa e dinamismo de Loroestudio ou como, no último concurso quegañaron, competían cunha empresa moito mais grande de Madrid.

¿O fracaso? “Se pode dar pero con entusiasmo... Quizá volvera a empezar”

Aínda que parece non querer verse a si mesma como xefa, según ela é marcar pautas emétodos, como socia de Loroestudio, ostenta neste momento a presidencia da recencreada Asociación TIC de Ferrol Terra, e probablemente se integrará na Asociación deEmpresarias Aecofe.

Page 15: Proyecto Caliope empresarias universitarias
Page 16: Proyecto Caliope empresarias universitarias

SalbiaSalbia, Seguridade e Hixiene Alimentaria inicia a súa actividade empresarial en febreirode 2005, sendo cualificada como ILE (Iniciativa Local de Emprego) polo Concello deSantiago de Compostela. Está promovida por dúas licenciadas en Bioloxía Molecular eBiotecnoloxía que deciden encamiñar a súa vida profesional no campo da Seguridade eHixiene Alimentaria

O obxectivo de SALBIA é promover na Industria Alimentaria a cultura da Xestión enSeguridade e Hixiene nos alimentos que manipulan para controlar e minimizar osposibles perigos (físicos, químicos e microbiolóxicos) que existen neste sector.

María Serantes

“Nas carreiras non hai enfoque á vida practica. Saescompletamente perdido”

“O fracaso é experiencia e aprendizaxe”Remataron a carreira en 2001, e se enfocaron rapidamente ao mercado de traballo, pero“non lles gustaba o que había” polo que optaron por marcar o seu propio rumboprofesional.

“Nas carreiras non hai enfoque á vida practica. Saes completamente perdido. Agora ovexo e é básico”

Pode que os antecedentes familiares lles influíran pero buscaron formación específicanun curso de planificación empresarial do Igape e outro no seu ámbito específico demicrobioloxía alimentaria. O seu proxecto foi cualificado como iniciativa empresarialde base tecnolóxica (IEBT) e o inicio da súa traxectoria empresarial veuse a miúdoacompañada dunha pregunta “¿E sodes as dúas soas?”

Teñen claro o seu mercado, pequenas e medianas empresas do sector da alimentación ea hostalería, e os seus obxectivos, que reforzan con alianzas estratéxicas como aexternalización dos procesos de laboratorio coa universidade.

María cre que hai aspectos que aínda resultan raros na muller, e que actúan comolimitacións, como a ambición. Fala rápido, con enerxía, cun entusiasmo contaxioso. Ten31 anos e un fillo de 7 e, aínda que di que “no folleto todo é moi bonito”, si hoxe en díapuidera elixir, non deixaría a empresa.

Nos seus obxectivos non fala de diñeiro pero quere montar o seu propio laboratorioporque “o beneficio o leva a universidade”. A súa planificación a medio prazo implicaunha inversión cércana aos 30.000 euros e a contratación dunha persoa para o

Page 17: Proyecto Caliope empresarias universitarias

laboratorio polo que planifica a transformación en sociedade mercantil porque podefacilitar o acceso a recursos de financiamento a través das axudas oficiais.

María mantén o mesmo nivel de entusiasmo cando se lle pregunta pola súa motivaciónpersoal ao que contesta coa mesma asertividade “saber que é nosa e gañar diñeiro, ¿porqué teño que ir de ONG?”. O fracaso é “experiencia e aprendizaxe. Aquí a cultura émala. Se pecho a empresa non fracaso” e reivindica a palabra ambición que, nasmulleres, adoita ter connotacións negativas.

Afirma que en hai un descoñecemento total do que é unha empresa e que a formacióndebería iniciarse no bachiller. Que é fundamental ter algunha noción de contabilidade,saber diferenciar préstamo de crédito, entender de intereses, saber facer unhadeclaración.

Quizais pola influencia que ten na súa actividade, non comprende como na formaciónuniversitaria non se aprende a ler a lexislación, nin como a universidade pode continuartan afastada do ámbito empresarial, tan desconocedora dos mercados e do trato cosclietes.

María “tivo a sorte de encontrarse con Uninova” porque “da facultade saes en bragas”.Cre que o retardo non afecta só ao ámbito universitarios senón que é cultural e queseguir a falar de emprendedores é unha actitude reactiva cando o que se precisa é unhaestratexia: “A empresa xera ideas”.

Page 18: Proyecto Caliope empresarias universitarias
Page 19: Proyecto Caliope empresarias universitarias

Ximena Enxeñería

”Ximena inicia a actividade en Lugo en 2002, constituída por profesionais do sectormedioambiental avalada dende a Universidade de Santiago, a través de Unirisco eUniemprende, e a Fundación CEL. O enfoque innovador da empresa introduce novastecnoloxías de traballo na xestión do medio natural e valoran o coñecemento de linguasestranxeiras de xeito que a empresa ten capacidade de comunicación en seis idiomas.

O proxecto empresarial foi cualificado como iniciativa de base tecnolóxica pola Xuntade Galicia, a Asociación Nacional de Centros Europeos de Empresas e InnovaciónEspañois e recibiu premios da Fundación CEL e da Universidade de Santiago.

Ximena ten unha forte compoñente de I+D con proxectos apoiados polo gobernoautonómico en “fotointerpretación automática da imaxe dixital” e o deseño dunha“metodoloxía para a valorización dos recursos naturais oe o patrimonio cultural.

María

“Ao principio metemos a pata moitísimo pero tíñamosclaro que non éramos unha ONG”.

“Non nos asusta crecer, pero as mulleres somos máis

prudentes, non nos guiamos tanto pola aparencia”.

Tras estudiar enxeñería de montes, Eva, María e Isabel constituíron a empresa en 2002,quedando só Eva e María a partir de 2005. Os inicios profesionais non eran doados xaque muller-enxeñeira-forestal resultaba un combinado de difícil asimilación.

Como en tantos outros casos, a súa inspiración empresarial non ven da carreira senón dasúa participación no programa Erasmus que levou a María a Alemania e a Isabel a Italia,onde percibiron novas opcións que superaban o “enfoque cuadriculado en medioambiente” que por entonces imperaba neste país.

Detectaron unha interesante oportunidade no sistema de información xeográfica con unsoftware de código aberto e se lanzaron á aventura empresarial. Foi entonces candocambiou a actitude dos clientes porque xa eran elas as que asumían a responsabilidadedo seu traballo.

A ser empresarias aprenderon sobre a marcha, igual que a tratar cos bancos porque nonlles serviu de moito o linguaxe algorítmico usado polos economistas en cursosespecíficos para aprender a negociar. Coas oito persoas que teñen en plantilla na

Page 20: Proyecto Caliope empresarias universitarias

actualidade, elas seguen a facer o traballo comercial porque nin María nin as súas sociasson “mulleres de oficina”, aínda que na etapa inicial tiveron que afrontar o ámbito daxestión.

Non presume de ser especiais aínda que cre que habitualmente “os homes son máisvotados para adiante”, pero que ten moito de cultural. Gústanlle os cursos de autoestimaque se fan actualmente ás mulleres do rural e pensa que igual non viñan mal no ámbitouniversitario, pero recoñece que para ter empresa tampouco serve todo o mundo.

“Ao principio metemos a pata moitísimo pero tíñamos claro que non éramos unhaONG”. Cre que a ambición é importante pero que precisa un plan, que non pode dirixira túa vida. Que é boa para mellorar, para non conformarse pero sería moi feliz conmenos horas de traballo, unha remuneración digna e un equipo de traballo equilibrado:“Non nos asusta crecer, pero as mulleres somos máis prudentes, non nos guiamos tantopola aparencia”.

Encontra moitas carencias na formación universitaria, que se resiste a superar osestereotipos e segue de costas á realidade empresarial. Nas súa visión, ten un pesoimportante a súa experiencia no exterior e non entende como, sendo un dos países máisregulados, non se fala de lexislación nas carreiras.

Entre as súa recomendación está a necesidade de seguir estudiando e formándose eviaxar, no que pon especial énfase “hai que saír antes e despois. Os galegos temos moitoque avanzar”.

María ten 34 anos e é unha metralleta de entusiasmo. Cando falamos con ela, estáiniciando unha nova empresa persoal coa súa recen estreada maternidade. Tal vezporque procede dunha familia emprendedora, afronta este novo reto coa mesma ilusióninnovadora que a empresa xa que, xunto co seu marido indagan con fórmulas deconciliación aínda non moi implantadas.

Page 21: Proyecto Caliope empresarias universitarias
Page 22: Proyecto Caliope empresarias universitarias

Interacción

Beatriz Legerén

“As mulleres pasamos demasiado tempo en estado deprotoempresarias do que só somos capaces de saír candoconsideramos que a empresa funciona”

“A verdadeira aposta institucional debería ser aos tresanos cando a empresa precisa consolidarse”Interacción é unha empresa consolidada, pioneira por vocación no ámbito das TIC e oaudiovisual cando aínda non existían en Galicia, e que ten latente outro proxectoempresarial que vai iniciar unha andadura en 3D no mercado dos xogos.

Beatriz é unha amante do saber. Estudiou Xeografía e Historia especializándose en arteclásico e museoloxía. Fixo un MBA en administración de empresas e cursos específicosde xestión audiovisual. Con estes antecedentes, Beatriz afirma “Monte la empresaporque era una ignorante”

Di que quería facer algo pola súa conta, explorar o ámbito das novas tecnoloxías (que deaquela eran certamente “novas”) pero que tampouco había moitas oportunidades nomercado de traballo. Pensou que o que facía para outros o podía facer para si mesma,pero non era tan sinxelo. Non se ten unha empresa se non se é empresaria, hai que ter“vocación e aguante a partes iguais e estar disposta a moitas renuncias”.

A súa elección foi unha bomba dentro da familia: “muller, empresaria e de algo que nonentendían”. A comprensión veu mais tarde, sobre todo por parte do pai co que comparteo seu caracter emprendedor.

Opina que a actual persistencia institucional en fomentar vocacións emprendedorasprecisa enfoque e conta, a modo de anécdota, o caso dun amigo que,l xa cumpridos oscuarenta, decidiu seguir a súa vocación empresarial e foi rexeitado en catro programasde emprendemento polas canas.

Para Beatriz o fracaso “é experiencia e capacidade de mellora”. Defende que “averdadeira aposta institucional debería ser aos tres anos cando a empresa precisaconsolidarse e empezas a ser consciente da evolución de emprendedora a empresaria”. Éen ese momento cando hai que reforzar con formación e asesoramento.

Fala a modo, sen artificios, coa harmonía que precisan as verdades e as sentencias.Inimiga das culpas, tampouco desculpa as responsabilidades que todos temos que

Page 23: Proyecto Caliope empresarias universitarias

asumir, incluída a falta de corporativismo das mulleres que estamos excesivamentedispersas.

Defende a ultranza o necesidade dun sistema asociativo efectivo para nosa realidade depemes e micropemes y a renovación dos plans de formación universitarios que noninclúen exemplos de mulleres que conten a súa experiencia. Aínda que non o expresadirectamente, pensa que o reforzamento do liderado feminino precisa dunha atenciónespecial, que un exceso de humildade mal entendida nos fai pasar demasiado tempo noestado de “protoempresarias” do que so somos capaces de empezar a saír candoconsideramos que a empresa funciona.

Á súa imaxe silenciosa e “case tímida” choca coa súa traxectoria de retos e éxitos que seaprecia con só dar unha paseo pola Web da empresa. Apostou hai moitos anos por unha“Film Commission Virtual” que pretendía colocar Galicia como un plató privilexiadono mundo do cine e que sorprendeu fora, pero non atopou o respaldo preciso para a súacontinuidade porque que se adiantou aos tempos cando o “audiovisual galego” aíndanon era nin un soño.

Pero, como ela mesma di, ser empresaria e vocación e aguante a partes iguais, ereinterpreta a insatisfacción como motor de cambio. Na actualidade imparte clases de“teoría e técnica da comunicación televisiva” e “producción en novos medios” nafacultade de Comunicación Audiovisual en Pontevedra onde tenta transmitir aosestudiantes o enfoque práctico e independencia de pensamento para que podan afrontarunha realidade dura e competitiva. Se sorprende, pero non se frustra, cando lles encargaun traballo e o primeiro que preguntan é “cantos folios e cal ten que ser o índice”. A súaresposta non é menos sorprendente “Ti verás o que consideras que eu teño que ler”.

Na actualidade, Beatriz reinventa o concepto de conciliación xa que, ademais daempresa actual e un novo proxecto en fase de lanzamento, participa activamente noclúster do audiovisual, é a presidenta da Asociación Galega de Empresas Adicadas aInternet (EGANET) e forma parte da xestora para a formación do Clúster Galego dasTIC. Da charlas, organiza actos e cursos, asume responsabilidades que non llecorresponden a consigue encontrar tempo para tomar un café, soñar novos proxectos oumanter esta conversación sobre a súa experiencia.

Page 24: Proyecto Caliope empresarias universitarias
Page 25: Proyecto Caliope empresarias universitarias

GalchimiaGalChimia é a empresa española líder no eido da Química Orgánica Sintética. Provén ásindustrias Química e Farmacéutica de servicios de Síntese a Medida, Investigaciónbaixo Contrato e Desenvolvemento de Procesos poñendo a súa disposición un equipo deprofesionais expertos e mantendo en todo momento unha estreita comunicación easegurando unha estricta confidencialidade a tódolos niveis.

A súa misión é “ofrecer unha boa química” e fomentar unha cultura baseada mp traballoen equipo, o respeto, a honradez, o compromiso e o servizo, tanto cos seuscolaboradores como cos clientes.

Carne Pampín

“Empezamos outra carreira de cero”

“O perfil emprendedor é necesario, pero non suficiente”Galchimia naceu en 2001 co apoio de Unirisco, que na actualidade ten 24 persoas enplantilla, “todos doutores e doutoras”, aforma con orgullosa responsabilidadeempresarial a súa propietaria. O proxecto xurdiu da vocación emprendedora dun dosprofesores do grupo de investigación, una deses casos non habituais no ámbitouniversitario de persoa inquieta e emprendedora que na actualidade segue a ter unhaparticipación minoritaria no accionariado da empresa, pero non participa no seudesenvolvemento.

Neste momento á “doutora Pampín” está de baixa por maternidade pero en seguida tedevolven a chamada para avisarte de que ela se vai poñer en contacto para acceder áentrevista. E Carme chama, e se presta a transmitir a súa experiencia , e é xenerosa cotempo que neste momento está marcado polo ritmo da súa filla de 6 meses, un temponovo que prioriza este novo reto.

Fala con cariño dos inicios pero “o día a día da empresa é outra cousa” e as decisiónsdos administradores chocan coa falta de visión realista dos accionistas promotores, poloque tiveron a habilidade de aprender a separar os ámbitos de participación na empresa.

Un paseo pola súa Web non é apta para profanos a conversación con Carme teconvence de que son “empresa de referencia”, tal e como eles mesmos se presentan.Pero Carme se presta a falar “da súa actual profesión”, a que lle fai botar en falta deinvestigadora pero coa que asume novos retos de responsabilidade sobre as persoas quetraballan “no seu equipo”. Considera como un dos seus obxectivos máis importantes, ode ser capaz de sacar o mellor perfil persoal e profesional da súa xente.

Page 26: Proyecto Caliope empresarias universitarias

Ninguén lle fomentou o espírito emprendedor porque os plans de estudio non estánenfocados á industria. É doutora en química orgánica pero non atopou aplicaciónpráctica na carreira, nin sequera un enfoque na industria farmacéutica. Incluso naactualidade, non teñen moita colaboración das universidades que non facilitan a difusióndas ofertas de emprego cando necesitan novas contratacións.

Carme tamén comenta o inexistencia de referencias e formación á normativa durante aetapa universitaria e a herdanza cultural dunha timidez mal entendida nas mulleres.

En base a súa experiencia, afirma que “o perfil emprendedor é necesario, pero nonsuficiente”. Que se precisa unha formación especifica para emprender esta carreira defondo. O fracaso... “un fito máis, un reforzo, a vida é así”. Non teoriza, acepta e deseñasolucións. Asume o risco e rexeita a actitude paternalista que percibiu na meirande partedos docentes durante a carreira.

Necesitan seguir medrando e bota en falta unha maior efectividade nas políticasinstitucionais, sobre todo na falta de infraestructura que precisan as empresas. A políticade subvencións ten que adoptar enfoques máis proactivos para poder responder aodinamismo das empresas. Teñen mercado e queren ir por el.

Persoalmente, a motivación de Carme apunta á satisfacción por facer o que lle gusta.Conta con orgullo, como un dos seus primeiros clientes os contratou despois de visitaras súas modestas instalacións iniciais tras comprobar que non estaban na universidadeporque eso aseguraba a capacidade de resposta.

Fai especial fincapé na capacidade de dirixir, de delegar, de relacionarse. Bota de menosunha asociación de empresas spin off e a falta de profesionalidade das asesorías. Non lleasusta o éxito. É unha creadora de solucións que se sinte satisfeita dos retosemprendidos.

Page 27: Proyecto Caliope empresarias universitarias