PROXECTO EDUCATIVO...Proxecto Educativo CEIP PRÍNCIPE FELIPE - PONTEVEDRA Páxina 3 de 21 1....

21
2019 PROXECTO EDUCATIVO CEIP PRÍNCIPE FELIPE PONTEVEDRA AVDA . MONTECELO 18-36161 PONTEVEDRA DATA DE APROBACIÓN POLO CLAUSTRO: DATA DE APROBACIÓN POLO CONSELLO ESCOLAR: DATA DE REVISIÓN:

Transcript of PROXECTO EDUCATIVO...Proxecto Educativo CEIP PRÍNCIPE FELIPE - PONTEVEDRA Páxina 3 de 21 1....

Page 1: PROXECTO EDUCATIVO...Proxecto Educativo CEIP PRÍNCIPE FELIPE - PONTEVEDRA Páxina 3 de 21 1. ANÁLISE DO CONTEXTO 1.1. Historia O CEIP Príncipe Felipe nace no ano 1976, dentro do

2019

2019

PROXECTO EDUCATIVO

CEIP PRÍNCIPE FELIPE

PONTEVEDRA

A V D A . M O N T E C E L O 1 8 - 3 6 1 6 1 P O N T E V E D R A

DATA DE APROBACIÓN POLO CLAUSTRO:

DATA DE APROBACIÓN POLO CONSELLO ESCOLAR:

DATA DE REVISIÓN:

Page 2: PROXECTO EDUCATIVO...Proxecto Educativo CEIP PRÍNCIPE FELIPE - PONTEVEDRA Páxina 3 de 21 1. ANÁLISE DO CONTEXTO 1.1. Historia O CEIP Príncipe Felipe nace no ano 1976, dentro do

Proxecto Educativo CEIP PRÍNCIPE FELIPE - PONTEVEDRA

Páxina 2 de 21

CONTIDO _________________________________________________________________________

1. ANÁLISE DO CONTEXTO

1.1. Historia

1.2. Situación xeográfica, socioeconómica e cultural

1.3. Características do alumnado

2. PRINCIPIOS, VALORES e SINAIS DE IDENTIDADE

3. O CENTRO EDUCATIVO

3.1. Instalacións

3.2. Horarios do centro

3.3. Oferta educativa, área de influencia e centros adscritos

3.4. Servizos complementarios

3.5. Actividades complementarias e extraescolares

3.6. Plan de avaliación do centro

4. OBXECTIVOS

5. ESTRUCTURA ORGANIZATIVA

5.1. Órganos de goberno unipersoais

5.2. Órganos colexiados

5.3. Órganos de coordinación docente

5.3.1. Comisión de coordinación pedagóxica (CCP)

5.3.2. Departamento de Orientación

5.3.3. Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

5.3.4. Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares

5.3.5. Equipo de Biblioteca

5.3.6. Equipo de TICs

5.4. Equipos docentes e departamentos do centro

6. DOCUMENTOS QUE FORMAN PARTE DO PROXECTO EDUCATIVO

7. REVISIÓN, AVALIACIÓN e PROPOSTAS DE MELLORA

Page 3: PROXECTO EDUCATIVO...Proxecto Educativo CEIP PRÍNCIPE FELIPE - PONTEVEDRA Páxina 3 de 21 1. ANÁLISE DO CONTEXTO 1.1. Historia O CEIP Príncipe Felipe nace no ano 1976, dentro do

Proxecto Educativo CEIP PRÍNCIPE FELIPE - PONTEVEDRA

Páxina 3 de 21

1. ANÁLISE DO CONTEXTO

1.1. Historia

O CEIP Príncipe Felipe nace no ano 1976, dentro do complexo da Cidade Infantil Príncipe Felipe. O obxectivo desta cidade, e do CEIP, foi dar resposta ao problema que derivaba da asistencia infantil aos nenos, nenas e mozos, mozas do antigo Fogar Provincial de Pontevedra e do colexio de xordos da Lanzada.

Co tempo as instalacións fóronse modernizando e co paso dos anos chegamos á situación actual na que o noso centro acolle alumnado residente nas pequenas unidades residenciais da cidade infantil, alumnado da nosa zona de escolarización (de momento na porcentaxe menor do alumnado) e outros nenos e nenas que polas súas condicións sociofamiliares son usuarios do Centro de Día e estudantes no noso CEIP. Este último alumnado é, ademais, usuario de transporte escolar tanto da Consellería de Educación como transporte da Deputación de Pontevedra.

1.2. Situación xeográfica, socioeconómica e cultural

O CEIP Príncipe Felipe está situado no lugar de Monte Mourente, en Pontevedra.

O noso enderezo é:

Avda. Montecelo, Nº 18

36161 - Pontevedra

[email protected]

Teléfono: 986 80 41 35

Estamos a 1,5 km da cidade de Pontevedra o que, parecendo unha distancia curta a miúdo é insalvable á hora de aproveitar a oferta educativa e pedagóxica que se ofrece dende o Concello e distintas institucións da cidade por mor do custo dos transportes.

A zona acolle a residencia hospitalaria de Montecelo, as distintas residencias da cidade infantil (Maternais, Escola Fogar e Agarimo), o CEE Pontevedra, a

Page 4: PROXECTO EDUCATIVO...Proxecto Educativo CEIP PRÍNCIPE FELIPE - PONTEVEDRA Páxina 3 de 21 1. ANÁLISE DO CONTEXTO 1.1. Historia O CEIP Príncipe Felipe nace no ano 1976, dentro do

Proxecto Educativo CEIP PRÍNCIPE FELIPE - PONTEVEDRA

Páxina 4 de 21

Escola de Hostalaría Carlos Orozo, o CIFP Montecelo. Ademais, dentro da cidade contamos con pavillón polideportivo da Deputación, piscina ao aire libre, xardíns, gardería e vivendas. Todas estas instalacións que arrodean ao CEIP dan lugar a un tráfico inmenso e grandes dificultades de aparcamento.

1.3. Características do alumnado

Na actualidade o CEIP Príncipe Felipe acolle a 82 alumnos e alumnas de procedencias moi dispersas: alumnado migrante de países sudamericanos e marroquís principalmente, estes últimos case na súa totalidade xa nacidos en Galicia ou noutras comunidades españolas. Outra gran parte do alumnado procede da mesma cidade de Pontevedra ou concellos limítrofes que elixen o noso centro por razóns económicas e asistenciais como é o Centro de Día (Acollemento dende as 8 da mañá, xantar e actividades pola tarde ata o regreso ás residencias familiares ás 19:30). Unha porcentaxe considerable son nenos e nenas que residen durante a semana na cidade infantil, en acollida, tutelados ou en garda; unha pequena porcentaxe (<10%) son alumnos e alumnas de familia, usuarias/os de transporte da Consellería ou transporte familiar que veñen ao noso centro por seren da zona de influencia e, por último, nenos e nenas de etnias minoritarias cuns principios moi asentados e que lles marcan o futuro sobre todo ás nenas.

Así pois, enfrontámonos a unhas características non sempre favorables para o desarrollo normalizado da actividade docente:

- Pouca ou nula implicación das familias no proceso educativo

- Escasa conciliación familar e escolar

- Alta porcentaxe de familias monoparentais

- Importantes dificultades na comunicación coas familias

- Nivel económico baixo ou moi baixo que repercute nas saídas, excursións, visitas... que esixen o pago dunha cota mínima para transporte.

- Dificultades coas titorías do persoal educador, técnico, titor... do alumnado residente ou do Centro de Día por traballar a 3 quendas diferentes.

- Importantísimas dificultades coas normas de organización, funcionamento e convivencia: retrasos, saídas a cotío durante o horario lectivo, absentismo, malas conductas, escasas consecuencias ás "sancións" impostas na escola...

Page 5: PROXECTO EDUCATIVO...Proxecto Educativo CEIP PRÍNCIPE FELIPE - PONTEVEDRA Páxina 3 de 21 1. ANÁLISE DO CONTEXTO 1.1. Historia O CEIP Príncipe Felipe nace no ano 1976, dentro do

Proxecto Educativo CEIP PRÍNCIPE FELIPE - PONTEVEDRA

Páxina 5 de 21

- Enorme burocracia obrigada: Tribunais, Asistencia Social, Menores, Traballadoras/es Sociais,

- Ausencia de ANPA

- Moita mobilidade do noso alumnado con incorporacións tardías ao sistema educativo, cambios frecuentes de centro...

En canto a lingua do noso alumnado é ao 100% o castelán. Os nenos e nenas migrantes xa dominan o idioma pois ou ben naceron en territorio español no que sempre viviron ou xa traen o idioma do seu país de procedencia. O alumnado da contorna tamén ten como idioma materno e cotiá o castelán.

Neste momento a matrícula do noso centro queda como segue:

- 2 unidades de educación infantil de 3 a 5 anos: 23 alumnos/as

- 6 unidades de educación primaria: 59 alumnos/as

Os resultados académicos das avaliacións, logo das valoracións dos equipos docentes e do departamento de orientación, deixan como resultado o seguinte:

- A maioría do noso alumnado non ten ningunha dificultade cognitiva para enfrontarse as competencias curriculares. Sin embargo, os resultados son moi inferiores aos esperados froito de:

- Falta de interese e motivación.

- Falta de expectativas.

- Os baixos resultados non teñen consecuencias fóra da escola.

- Falta de esforzo persoal e pouca autonomía e responsabilidade de estudo.

- Importantes e frecuentes conflictos entre o alumnado dentro e fóra da aula o que impide o clima de traballo, explicación, cooperación entre iguais e profesor/a - alumnos/as.

- Exceso de dependencia: unha alta porcentaxe do noso alumnado está acostumbrado a que se lle facilite TODO (que estuden con eles/as, que lle resuman, que lle den o material, que lle fagan o bocadillo, que lle paguen as excursión, que lle repoñan o que rompen...) e a non facerse responsables de nada.

Page 6: PROXECTO EDUCATIVO...Proxecto Educativo CEIP PRÍNCIPE FELIPE - PONTEVEDRA Páxina 3 de 21 1. ANÁLISE DO CONTEXTO 1.1. Historia O CEIP Príncipe Felipe nace no ano 1976, dentro do

Proxecto Educativo CEIP PRÍNCIPE FELIPE - PONTEVEDRA

Páxina 6 de 21

2. PRINCIPIOS, VALORES E SINAIS DE IDENTIDADE

PRINCIPIOS

1. Educar para a prevención e resolución dos conflictos entre iguais

2. Educar para o respecto a todos os membros da comunidade educativa.

3. Educar para a asunción de responsabilidades, interese pola escola, esforzo persoal e expectativas de futuro.

4. Formar en coñecementos, destrezas e valores facendo un uso responsable dos materiais didácticos e instrumentos da sociedade de información e comunicación.

5. Desarrollar a competencia comunicativa nas dúas linguas oficiais sen rexeitar a minoritaria.

6. Desarrollar o curriculo a través de proxectos educativos baseados na aprendizaxe cooperativa.

VALORES

1. Equidade, asegurando a igualdade de oportunidades entre nenos e nenas.

2. Apoios específicos necesarios non só para o alumnado NEAE senón tamén para aquelas persoas en risco de exclusión social.

3. Iniciativa, responsabilidade e esforzo persoal para avanzar nas aprendizaxes e competencias.

4. Competencia profesional docente tanto no emprego de metodoloxías integradoras -que garanticen a adquisición das competencias curriculares de todo o alumnado- como a competencia comunicativa como medio de resolución de conflictos -dende a quenda de palabra ata a aceptación de posturas confrontadas- chegando a unha solución pacífica.

5. Procurar unha maior participación daquelas persoas encargadas da protección, coidado e educación do noso alumnado en canto a colaboración e coordinación co profesorado e o conxunto da comunidade educativa.

Page 7: PROXECTO EDUCATIVO...Proxecto Educativo CEIP PRÍNCIPE FELIPE - PONTEVEDRA Páxina 3 de 21 1. ANÁLISE DO CONTEXTO 1.1. Historia O CEIP Príncipe Felipe nace no ano 1976, dentro do

Proxecto Educativo CEIP PRÍNCIPE FELIPE - PONTEVEDRA

Páxina 7 de 21

SINAIS DE IDENTIDADE

1. Escola democrática e pacífica para lograr unha convivencia positiva, agradable e creativa.

2. Escola de portas abertas para toda persoa que aporte experiencias e reflexión ao noso alumnado.

3. Escola comprometida cos bos hábitos ambientais, alimentarios, saúdables, para o que nos sumamos aos programas ofertados polo Plan Proxecta.

4. Escola cooperativa que aposta pola diversidade e as diferenzas integrándoas a través de proxectos anuais.

3. O CENTRO

3.1. Instalacións

O noso edificio ten 43 anos de vida e necesita con urxencia moitas actuacións constructivas, materiais e incluso de seguridade, actuacións que foron solicitadas en reiteradas ocasións ás distintas administracións ás que lle corresponde cada unha das melloras.

O edificio consta de planta baixa e 2 andares.

Na planta baixa sitúanse:

- As aulas de educación infantil e a aula de psicomotricidade: estes espazos son de nova creación. Hai 3 aulas de educación Infantil, 2 delas con baños dentro, con liña telefónica. A este espazo accédese directamente dende o hall de entrada.

- Dependencias administrativas

- Despacho de Orientación

- Aula de convivencia

- Sala de profesorado

- Baños de profesorado

- Almacén

Page 8: PROXECTO EDUCATIVO...Proxecto Educativo CEIP PRÍNCIPE FELIPE - PONTEVEDRA Páxina 3 de 21 1. ANÁLISE DO CONTEXTO 1.1. Historia O CEIP Príncipe Felipe nace no ano 1976, dentro do

Proxecto Educativo CEIP PRÍNCIPE FELIPE - PONTEVEDRA

Páxina 8 de 21

- Ascensor

- Conserxería e fotocopiadora

- Porta de acceso ao patio, baños para uso nos recreos e almacén de educación física.

No primeiro andar sitúanse:

- 6 aulas de titorías

- 1 aula de Audición e Linguaxe e 2 aulas de Pedagoxía Terapéutica.

- 1 aula de traballo individual

- A biblioteca

- 1 aula de inglés

- 1 aula de supermercado.

- 1 porta de saída de emerxencia.

- 1 almacén de limpeza.

- Baños de nenas e nenos

- 1 salón moi amplo, aberto, no que se celebran festivais, conmemoracións...

No segundo andar sitúanse:

- A aula de música

- A aula de Informática

- A aula de cociña e ludoteca

- Aula da ANPA

- Varias aulas e baños pechados que no seu día acolleron os cursos da ESO.

En canto aos espazos exteriores temos:

- Un patio cuberto que funciona como ximnasio de Educación Física e

patio de recreo. Nel atópanse 4 canastras colocadas nas vigas de cemento

e 2 porterías.

- Un patio para Educación Infantil con xogos axeitados ao alumnado desas

idades. Este patio ten unha cerca de separación co patio dos nenos e

nenas de Primaria.

Page 9: PROXECTO EDUCATIVO...Proxecto Educativo CEIP PRÍNCIPE FELIPE - PONTEVEDRA Páxina 3 de 21 1. ANÁLISE DO CONTEXTO 1.1. Historia O CEIP Príncipe Felipe nace no ano 1976, dentro do

Proxecto Educativo CEIP PRÍNCIPE FELIPE - PONTEVEDRA

Páxina 9 de 21

- Unha zona de columnas cuberta co que é a placa do primeiro andar.

- Un gran espazo de terra con árbores, bancos e unha construcción con

tobogán como zona de lecer nos recreos. Este espazo está pendente de

ser cerrado para limitalo con respecto ao resto da cidade infantil e

vivendas.

- Un gran areeiro.

- Unha casa do conserxe, en mal estado, con xardín. Este xardín estase a

reformar para armar a horta escolar. Asimesmo, pediuselle a Deputación a

reconstrucción da casa do conserxe para darlle servizo dende o centro.

- Un aparcadoiro de acceso á escola no que entran os autobuses escolares

e aparca o profesorado. No aparcadoiro temos unha marquesiña para o

alumnado transportado.

3.2. Horarios do centro

O CEIP Príncipe Felipe ten xornada continuada.

O horario lectivo obrigatorio abrangue dende as 09:15 a 14:15 de luns a

venres e dende setembro a xuño para o alumnado 5º e 6º de Educación

Infantil e toda a Educación Primaria. O alumnado de 4º de Educación

Infantil, logo do período de adaptación de 15 días, cumplirá o horario de

todo o centro.

O horario do alumnado distribúese da seguinte maneira:

09:15 - 10:05: hora lectiva

10:05-10:55: hora lectiva

10:55-11:45: hora lectiva

11:45-12:15: recreo

12:15-12:35: hora de ler

12:35-13:25: hora lectiva

13:25-14:15: hora lectiva

Page 10: PROXECTO EDUCATIVO...Proxecto Educativo CEIP PRÍNCIPE FELIPE - PONTEVEDRA Páxina 3 de 21 1. ANÁLISE DO CONTEXTO 1.1. Historia O CEIP Príncipe Felipe nace no ano 1976, dentro do

Proxecto Educativo CEIP PRÍNCIPE FELIPE - PONTEVEDRA

Páxina 10 de 21

O horario do profesorado axústase ás instruccións anuais da Consellería de

Educación. Con carácter xeral, o profesorado empeza o 1 de setembro e

remata o 31 xuño. A permanencia no centro a cotío é de 08:45 a 14:30 e os

martes pola tarde de 16:15 a 19:15. Dentro deste horario, o profesorado

cumple coas seguintes función:

- Atención ao transporte escolar: recollida e entrega de alumnado

- Docencia: de 09:15 a 14:15

- Atención a familias, reunións, claustros, departamentos, etc: de 14:15 a

14:30 a cotío e de 16:15 a 19:15 todos os martes.

O horario dos membros do equipo directivo cínguense á lexislación vixente

en canto á distribución horaria para un centro das nosas características.

A atención ao público do equipo directivo é de 09:15 a 10:10 e de 13:25 a

14:15.

A reunión entre os membros do equipo directivo establécese os luns de

13:25 a 14:15.

3.3. Oferta educativa, área de influencia e centros adscritos

Actualmente impártense no centro as ensinanzas de 2º ciclo de Educación

Infantil e os seis cursos de Educación Primaria, cunha unidade mixta en

Infantil, polo que somos un centro de liña 1.

A nosa área de influencia comprende o seguinte perímetro:

- Estrada PO-532, dende o punto quilométrico 1.030 ata o punto quilométrico 2,090

- Continúa pola rúa Barcia ata a avenida Montecelo

- Pecha o perímetro pola avenida Montecelo ata a intersección coa estrada PO-532

- Adicionamente inclúe a Cidade Infantil Príncipe Felipe.

Son áreas limítrofes da nosa área de escolarización as zonas de influencia

do CEIP Vilaverde-Mourente e CEIP de Marcón.

Page 11: PROXECTO EDUCATIVO...Proxecto Educativo CEIP PRÍNCIPE FELIPE - PONTEVEDRA Páxina 3 de 21 1. ANÁLISE DO CONTEXTO 1.1. Historia O CEIP Príncipe Felipe nace no ano 1976, dentro do

Proxecto Educativo CEIP PRÍNCIPE FELIPE - PONTEVEDRA

Páxina 11 de 21

Temos como IES adscritos o IES Luís Seoane de Monteporreiro e o IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra. Para o alumnado acollido na Cidade Infantil Príncipe Felipe, con posterioridade ao 31 de agosto de cada ano, a zona de influencia é todo o Concello de Pontevedra. Dende os Departamentos de Orientación do noso CEIP e os IES adscritos téntase coordinar, na medida do posible, a transición da etapa de primaria a secundaria do noso alumnado.

3.4. Servizos complementarios

Neste momento o noso centro só conta co servizo complementario de transporte escolar. Este servizo está xestionado, nunha parte, pola Consellería de Educación coa empresa Rías Baixas. Transporta a cotío 18 alumnos/as compartido co CEE Pontevedra. Ademáis, temos transporte de Deputación que recolle ao alumnado do Centro de Día e transportao de volta ás paradas familiares.

3.5. Actividades complementarias e extraescolares

Este tipo de actividades na actualidade son asumidas polo Claustro do Profesorado xa que non contamos con ANPA que oferte actividades fóra do horario lectivo.

Estas actividades son de carácter obrigatorio, aprobadas en Claustro e Consello Escolar a inicio de curso e vinculantes para todo o profesorado.

Entre as actividades levadas a cabo polo profesorado temos:

Actividades Complementarias: aquelas que se fan durante o horario lectivo.

Implican a saída do centro escolar. Son actividades relacionadas coa oferta que se fai dende distintas institucións como política lingüística do Concello de Pontevedra, Salón do libro, roteiros, colaboracións con outras entidades, Afundación, etc. Nestes casos, o alumnado realiza a actividade acompañada polo/a titor/a ou especialista que organiza a saída sempre acompañada por outro profesorado cando o número de nenos e nenas o requira.

Actividades realizadas no propio centro, en horario lectivo, por axentes externos á escola logo de valorar o interese pedagóxico das mesmas por parte dos equipos docentes e a dirección do centro.

Page 12: PROXECTO EDUCATIVO...Proxecto Educativo CEIP PRÍNCIPE FELIPE - PONTEVEDRA Páxina 3 de 21 1. ANÁLISE DO CONTEXTO 1.1. Historia O CEIP Príncipe Felipe nace no ano 1976, dentro do

Proxecto Educativo CEIP PRÍNCIPE FELIPE - PONTEVEDRA

Páxina 12 de 21

Actividades Extraescolares: aquelas que se fan fóra o horario lectivo ou continúan máis alá do horario lectivo.

Xornadas de convivencia con outros centros.

Excursións de fin de curso.

Saídas pedagóxicas.

A asistencia do alumnado a estas actividades programadas terán carácter obligatorio. Aquelas actividades que supoñan un custe económico serán valoradas previamente polo Equipo Directivo, buscando a maneira máis doada de que as familias poidan afrontalo.

A dirección do centro considera que o custo económico nunca será motivo

para a non asistencia a unha actividade. Para esto teranse en conta os seguintes criterios:

- Comunicación da familia sobre a imposibilidade de pagamento

- Informe da asistenta social ou traballadora social sobre a imposibilidade de afrontar o custo por parte da familia.

Nestes casos, será o centro o que afronte ese custo.

3.6. Plan de avaliación do centro

Establécese unha avaliación que axude á Comunidade Educativa a mellorar a calidade dos procesos de ensino aprendizaxe, a organización e funcionamento do centro, as relacións coa contorna e a formación do profesorado.

Terá unha temporalización de 4 anos e estará organizado arredors dos seguintes ámbitos de actuación:

Procesos de ensino aprendizaxe.

A organización e funcionamento.

As relacións coa contorna.

Os procesos de avaliación, formación e innovación. O Equipo Directivo será o encargado de planificar o proceso de avaliación

anualmente concretando os ámbitos obxecto de avaliar na PXA. As conclusións e propostas de mellora recolleranse na Memoria Final Anual que se remite á Inspección Educativa ao remate de cada curso escolar.

Page 13: PROXECTO EDUCATIVO...Proxecto Educativo CEIP PRÍNCIPE FELIPE - PONTEVEDRA Páxina 3 de 21 1. ANÁLISE DO CONTEXTO 1.1. Historia O CEIP Príncipe Felipe nace no ano 1976, dentro do

Proxecto Educativo CEIP PRÍNCIPE FELIPE - PONTEVEDRA

Páxina 13 de 21

Así pois, os resultados da devandita avaliación confrontaranse cos de anos anteriores para determinar o grao de evolución e tomar as decisións oportunas que contribúan á mellora da calidade do servizo educativo.

Esta avaliación será revisada polos órganos de coordinación docente de

forma continuada durante o curso de xeito que se garantice a coordinación entre os distintos niveis e ciclos.

PROCESO DE ENSINO APRENDIZAXE 1ºANO 2º ANO 3º ANO 4ºANO Recursos materiais, funcionais e persoais

Infraestructuras e equipamento

Plantilla e características do profesorado

Características e matrícula

Distribución de tempos e espazos

X X

X X

O currículo

Programacións didácticas

Plan de atención á diversidade

Plan de acción titorial

Plans de recuperación de pendentes

X X X X

X X

X X

X X X X

Resultados académicos do alumnado X X X X

ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO 1ºANO 2º ANO 3º ANO 4ºANO

Documentos programáticos do centro X X Funcionamento

Órganos de goberno e participación

Administración, xestión económica e servizos complementarios

X

X

Convivencia X X X X

RELACIÓNS COA CONTORNA 1ºANO 2º ANO 3º ANO 4ºANO

Características da contorna X X Relacións con outras institucións X X X

Actividades complementarias e extraescolares X X X X PROCESOS DE AVALIACIÓN, FORMACIÓN E

INNOVACIÓN 1ºANO 2º ANO 3º ANO 4ºANO

Avaliación, formación e innovación X X X X

Page 14: PROXECTO EDUCATIVO...Proxecto Educativo CEIP PRÍNCIPE FELIPE - PONTEVEDRA Páxina 3 de 21 1. ANÁLISE DO CONTEXTO 1.1. Historia O CEIP Príncipe Felipe nace no ano 1976, dentro do

Proxecto Educativo CEIP PRÍNCIPE FELIPE - PONTEVEDRA

Páxina 14 de 21

4. OBXECTIVOS

OBXECTIVO 1: Fomentar unha axeitada relación entre o alumnado e do alumnado cos demais membros da comunicade educativa baseándose no diálogo e no respecto ás normas básicas de convivencia ACCIÓN 1

Favorecer o intercambio e a interrelación entre os distintos equipos compartindo tarefas e actividades do proxecto para curso escolar

Temporalización

1º ano 2º ano 3º ano 4º ano

Indicador Porcentaxe de actividades realizadas de forma colaborativa

Responsables Todo o Claustro

Recursos e materiais

Recursos da biblioteca, recursos na rede, material funxible, material didáctico...

ACCIÓN 2

Elaborar propostas de actuación nas reunións dos equipos docentes para trasladalas a CCP e ao Claustro

Temporalización

1º ano 2º ano 3º ano 4º ano Indicador Cada equipo docente aporta alomenos 1 actuación durante o curso

Responsables Todo o Claustro

Recursos e materiais

Reunións, coordinacións, CCP, recursos dixitais, material funxible, Material didáctico.

OBXECTIVO 2: Aplicar metodoloxías activas e integradoras para lograr a responsabilidade, o esforzo e a autonomía do alumnado

ACCIÓN 1

Formar ao alumnado no uso de ferramentas Tic

Temporalización

1º ano 2º ano 3º ano 4º ano Indicador Autonomía para buscar información, insertar imaxes, maquetado

básico, Emprego de word, power point, paint, gráficos. Periféricos

Responsables Titores, titoras, profesorado de apoio, responsable de Tics

Recursos e materiais

Aula de informática, recursos tic, procesador de textos, impresora, rato,.

ACCIÓN 2

Favorecer a busca e selección de información facendo un uso responsable da rede

Temporalización

1º ano 2º ano 3º ano 4º ano

Indicador Porcentaxe de actividades axeitadas á acción 2

Responsables Titores, titoras, profesorado de apoio

Recursos e materiais

Aula de informática, recursos tic, procesador de textos, impresora.

Page 15: PROXECTO EDUCATIVO...Proxecto Educativo CEIP PRÍNCIPE FELIPE - PONTEVEDRA Páxina 3 de 21 1. ANÁLISE DO CONTEXTO 1.1. Historia O CEIP Príncipe Felipe nace no ano 1976, dentro do

Proxecto Educativo CEIP PRÍNCIPE FELIPE - PONTEVEDRA

Páxina 15 de 21

OBXECTIVO 3: Desarrollar o curriculo a través de proxectos educativos baseados na aprendizaxe cooperativa

ACCIÓN 1

Realizar actividades relacionadas co proxecto anual entre grupos do mesmo nivel

Temporalización 1º ano 2º ano 3º ano 4º ano

Indicador Elaborar un libro final coas tarefas propostas no proxecto anual

Responsables Todo o Claustro, titores, equipos (biblioteca, tics, normalizacion, extraescolares)

Recursos e materiais

Recursos da biblioteca, recursos na rede, material funxible, material didáctico,

ACCIÓN 2

Realizar actividades relacionadas co proxecto anual entre grupos do distintos niveis

Temporalización

1º ano 2º ano 3º ano 4º ano

Indicador Cada equipo explicará cunha linguaxe axeitada o traballo elaborado facendo uso das tecnoloxías e/ou material elaborado polo equipo.

Responsables Todo o Claustro

Recursos e materiais

Aulas, sala do escenario, expositores, pantalla e canón dixital, ...

OBXECTIVO 4: Integrar o proxecto anual nas actividades e conmemoracións anuais do centro

ACCIÓN 1

Realizar as actividades encamiñadas á celebración das conmemoración anuais do centro.

Temporalización

1º ano 2º ano 3º ano 4º ano

Indicador Porcentaxe de actividades realizadas

Responsables Titores/as, profesorado de apoio, departamento de act. extraescolares

Recursos e materiais

Material funxible, material específico que se requira en cada caso.

ACCIÓN 2

Provocar situacións de colaboración entre o alumnado de distintos niveis as para traballar xuntos nas distintas celebracións

Temporalización

1º ano 2º ano 3º ano 4º ano Indicador Porcentaxe de actividades elaboradas por cada equipo de xeito

colaborativo.

Responsables Titores, titoras, profesorado de apoio.

Recursos e materiais

Recursos tic, material funxible e material específico según o proxecto.

Page 16: PROXECTO EDUCATIVO...Proxecto Educativo CEIP PRÍNCIPE FELIPE - PONTEVEDRA Páxina 3 de 21 1. ANÁLISE DO CONTEXTO 1.1. Historia O CEIP Príncipe Felipe nace no ano 1976, dentro do

Proxecto Educativo CEIP PRÍNCIPE FELIPE - PONTEVEDRA

Páxina 16 de 21

5. ESTRUCTURA ORGANIZATIVA

5.1. Órganos de goberno unipersoais

O CEIP Príncipe Felipe conta con 3 membros no seu Equipo Directivo: Directora, Xefe de Estudos e Secretaria por ser un centro de 8 unidades.

No momento da redacción deste documento, a directora está nomeada por Inspección Educativa por un periodo de 2 cursos e o xefe de estudos e a secretaria son profesorado provisional.

Esperando que esta situación de provisionalidade quede resolta nun futuro cercano a través da apertura do centro ao Concurso Xeral de Traslados, os membros deste equipo directivo están suxeitos as funcións que lle atribúe a lexislación vixente (Decreto 374/1996, do 17 de outubro. DOG Nº 206, do 21 de outubro de 1996).

5.2. Órganos colexiados

5.2.1. Claustro de mestres e mestras É este o órgano de participación de todos os mestres e as mestras do centro. A súa composición, réxime, funcionamento e competencias axustarase á lexistación vixente (artg. 46 e seguintes do Decreto 374/1996, do 17 de outubro). Neste curso contamos con 16 mestres e mestras: 6 titores/as, 1 especialista de inglés, 1 especialista de música, 1 especialista en educación física, 2 especialistas de pedagoxía terapéutica, 1 especialista en audición e linguaxe, 1 profesor de relixión católica, 2 mestras de educación infantil e 1 xefa do departamento de orientación, sendo esta última a única persoa do claustro con destino definitivo no centro. 5.2.2. Consello Escolar É o órgano máximo de participación dos diferentes sectores da Comunidade Educativa. O Consello Escolar do CEIP Príncipe Felipe constituise este curso renovándose todos os seus membros. Segundo a lexislación vixente, o noso Consello Escolar está composto por:

Directora Xefe de Estudos

Page 17: PROXECTO EDUCATIVO...Proxecto Educativo CEIP PRÍNCIPE FELIPE - PONTEVEDRA Páxina 3 de 21 1. ANÁLISE DO CONTEXTO 1.1. Historia O CEIP Príncipe Felipe nace no ano 1976, dentro do

Proxecto Educativo CEIP PRÍNCIPE FELIPE - PONTEVEDRA

Páxina 17 de 21

Secretaria 5 representantes do profesorado 5 representantes dos pais/nais * 1 representante do Concello 1 representante do persoal non docente. * Dadas as circunstancias do noso CEIP, a representación de pais e nais queda da seguinte maneira: 3 pais/nais máis 2 titores/as legais do alumnado residente na cidade Príncipe Felipe. Dentro do Consello Escolar temos 2 comisións:

Comisión Económica: formada pola directora, un pai/nai e un mestre

Comisión de Convivencia: formada polos restantes membros do Consello Escolar xunto coa directora.

5.3. Órganos de coordinación docente 5.3.1. Comisión de Coordinación Pedagóxica

Esta comisión reunirase o 2º martes de cada mes e realizará unha reunión extraordinaria ao principio de curso para a súa constitución e outra ao remate de cada curso.

A súa composición e función veñen lexisladas polo Decreto 374/1996, do 17 de outubro, art. 61 e seguintes.

5.3.2. Departamento de Orientación

A súa composición e funcións veñen determinadas pola lexislación vixente.

As reunións deste departamento serán acordadas entre a xefa do departamento e a xefatura de estudos.

5.3.3. Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

A súa composición e funcións recóllense nos art. 63 e seguintes do Decreto 374/1996 do 17 de outubro.

Page 18: PROXECTO EDUCATIVO...Proxecto Educativo CEIP PRÍNCIPE FELIPE - PONTEVEDRA Páxina 3 de 21 1. ANÁLISE DO CONTEXTO 1.1. Historia O CEIP Príncipe Felipe nace no ano 1976, dentro do

Proxecto Educativo CEIP PRÍNCIPE FELIPE - PONTEVEDRA

Páxina 18 de 21

Reunirase unha vez ao mes, segundo o calendario organizado dende a xefatura de estudos, os martes polas tardes, tendo una reunión extraordinaria ao comezo do curso para a súa constitución, e quedará reflexada na PXA de cada curso académico.

5.3.4. Equipo de actividades complementarias e extraescolares

A súa composición e funcións recóllense nos art. 69 e seguintes do Decreto 374/1996 do 17 de outubro.

Reunirase unha vez ao mes, segundo o calendario organizado dende a xefatura de estudos, os martes polas tardes, tendo una reunión extraordinaria ao comezo do curso para a súa constitución.

5.3.5. Equipo de biblioteca

É un dos equipos fundamentais do centro educativo arredor do que se pretende xiren os proxectos anuais do centro. Neste momento non formamos parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares por unha decisión inapropiada no curso anterior, nembargantes este Equipo Directivo quere darlle un peso específico na metodoloxía e liña de traballo do centro nos vindeiros curso. Estará composto por un/unha coordenadora cunha liberación horaria de 2 h. semanais cos obxectivo de:

Organizar os fondos documentais.

Actualizar o programa Meiga.

Continuar coa formación de usuarios.

Ampliar os fondos documentais.

Dinamizar e propoñer actividades.

Asimesmo, o equipo directivo considera fundamental:

Formar un equipo de biblioteca que contribúa aos obxectivos anteriores e a todos aqueles que se acorden nas reunións mensuais do departamento.

Establecer un calendario semanal de asistencia de todas as titorías á biblioteca.

Reunirase, como mínimo, unha vez ao mes, segundo o calendario organizado dende a xefatura de estudos, os martes polas tardes, tendo una

Page 19: PROXECTO EDUCATIVO...Proxecto Educativo CEIP PRÍNCIPE FELIPE - PONTEVEDRA Páxina 3 de 21 1. ANÁLISE DO CONTEXTO 1.1. Historia O CEIP Príncipe Felipe nace no ano 1976, dentro do

Proxecto Educativo CEIP PRÍNCIPE FELIPE - PONTEVEDRA

Páxina 19 de 21

reunión extraordinaria ao comezo do curso para a súa constitución, e quedará reflexada na PXA de cada curso académico.

5.4. Equipo de ciclo de Educación Infantil e Equipos Docentes de primaria.

Estará formado polos titores/as e os mestres/as especialistas que imparten docencia nos cursos.

As reunións dos equipo celebraranse os primeiros martes de cada mes, en horario establecido pola xefatura de estudos, e sempre que o consideren os seus membros.

A xefatura de estudos, escoitado ao profesorado especialista, asignará

especialistas a cada un dos ciclos de xeito que queden en número equitativo os seus compoñentes.

Page 20: PROXECTO EDUCATIVO...Proxecto Educativo CEIP PRÍNCIPE FELIPE - PONTEVEDRA Páxina 3 de 21 1. ANÁLISE DO CONTEXTO 1.1. Historia O CEIP Príncipe Felipe nace no ano 1976, dentro do

Proxecto Educativo CEIP PRÍNCIPE FELIPE - PONTEVEDRA

Páxina 20 de 21

6. DOCUMENTOS QUE FORMAN PARTE DO PROXECTO EDUCATIVO

PROXECTO EDUCATIVO RESPONSABLES DA ELABORACIÓN

DATA DE APROBACIÓN

DATA DE REVISIÓN

Proxecto educativo (este documento) Equipo Directivo Maio 2019 Maio 2023

Concreción curricular CCP Claustro Departamentos

En elaboración

PLan xeral de Atención á Diversidade Departamento de Orientación

Plan de orientación (POA Primaria) Departamento de Orientación

Plan de Acción Titorial Dpto de Orientación Titores

NOFC Equipo directivo Profesorado

Maio 2019 Maio 2023

Plan de Convivencia Comisión de convivencia

Proxecto Lingüístico EDNL

Proxecto Lector CCP e Profesorado

Plan de Biblioteca Coord. biblioteca Equipo de Biblioteca

Plan de integración das Tics Equipo de dinamización das ticx

Promoción estilo hábitos saudables Equipo específico

Plan de formación do profesorado CCP e Equipo Directivo

Plan de evacuación Equipo directivo e profesorado

Programa de colaboración e participación das familias

Equipo directivo e ANPA

Participación en programas institucionais

Equipo Directivo

7. REVISIÓN, AVALIACIÓN E PROPOSTAS DE MELLORA

O presente documento e todos os que compoñen a táboa anterior deben

revisarse de forma global cada 4 anos. En calquera caso, dada a

inestabilidade do Claustro do noso CEIP, poderanse revisar e modificar

sempre que as circunstancias o esixan, concretándoo e avaliándoo de forma

indirecta a través da Programación Xeral Anual e na Memoria Final.

Page 21: PROXECTO EDUCATIVO...Proxecto Educativo CEIP PRÍNCIPE FELIPE - PONTEVEDRA Páxina 3 de 21 1. ANÁLISE DO CONTEXTO 1.1. Historia O CEIP Príncipe Felipe nace no ano 1976, dentro do

Proxecto Educativo CEIP PRÍNCIPE FELIPE - PONTEVEDRA

Páxina 21 de 21

Elaborarase unha temporalización a fin de introducir melloras no mesmo ao

remate dos 4 anos ou cando as circunstancias así o esixan.

Os aspectos a avaliar centraranse en:

Modificacións do PE

Formulación escrita

Aplicación

Pontevedra, maio de 2019