Proxecto de biblioteca 2010-2011centros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/pe/pb.pdf ·...

18

Transcript of Proxecto de biblioteca 2010-2011centros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/pe/pb.pdf ·...

Page 1: Proxecto de biblioteca 2010-2011centros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/pe/pb.pdf · 2010-10-26 · Proxecto de Biblioteca Escolar do CEIP Nosa Sra. De Xuvencos de Boborás
Page 2: Proxecto de biblioteca 2010-2011centros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/pe/pb.pdf · 2010-10-26 · Proxecto de Biblioteca Escolar do CEIP Nosa Sra. De Xuvencos de Boborás

Proxecto de Biblioteca Escolar do CEIP Nosa Sra. De Xuvencos de Boborás

2 / 18

Page 3: Proxecto de biblioteca 2010-2011centros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/pe/pb.pdf · 2010-10-26 · Proxecto de Biblioteca Escolar do CEIP Nosa Sra. De Xuvencos de Boborás

Proxecto de Biblioteca Escolar do CEIP Nosa Sra. De Xuvencos de Boborás

3 / 18

PROXECTO DE BIBLIOTECA ESCOLAR

C.E.I.P. Nosa Sra. de Xuvencos. Ourense

CURSO 2010-2011

BEX (Biblioteca Escolar de Xuvencos)

A transformación da biblioteca escolar acorde á reforma educativa implica reprantexar no centro todos os aspectos relacionados coa formación lectora dos alumnos, a xestión dos recursos didácticos e documentais e a difusión da información. As bibliotecas escolares aparecen como un lugar de gran transcendencia na vida dos centros, xa que se levan convertido nun gran centro de recursos da información que poñen á disposición da comunidade educativa os fondos documentais existentes, en soporte impreso, audiovisual, multimedia ou electrónico. Non hai límites para todo o que os alumnos poden descubrir. Tampouco hai límites para os usuarios, xa que resulta un recurso indispensable para a loita contra as desigualdades ao permitir a todos e todas por igual o acceso á cultura, á información e á formación. Resulta, hoxe en día, fundamental que o centro e a súa biblioteca sexa un espazo cómodo, agradable, de uso habitual para a comunidade, sempre aberto e en continuo cambio, en contacto co mundo do saber e da actualidade.

Observamos pouco interese pola lectura no noso alumnado a pesar do tempo que se lle dedica nas aulas. Por iso nos vemos na necesidade de poñer en marcha a nosa biblioteca escolar como un lugar que proporcione múltiples recursos de información e ademais constitúa un lugar favorable á lectura, ó estudo e á investigación. Entendemos que a biblioteca é o lugar idóneo para desescolarizar a lectura, é dicir, que se pode ler sen ser avaliado e ser lector fóra do programa establecido, para o cal debemos contar co compromiso de toda a comunidade educativa e entorno social.

Tamén perseguimos convertela nun lugar atractivo, agradable e lúdico, que non só sexa un lugar de paso, senón que invite aos usuarios a quedarse.

Queremos fomentar hábitos e valores no alumnado como: coidado de libros, orde, gardar silencio, respecto polos demais,...

Para elo queremos continuar co bo facer e a pequena experiencia deste último ano, pero sempre tendendo a que os usuarios sexan os verdadeiros protagonistas de todas as accións da biblioteca.

Para que o alumnado poida desenvolver as súas capacidades deben contar con materiais, espazos e estratexias que permitan levar a cabo aprendizaxes autónomos e activos. De aí que sexa imprescindible a organización da documentación, o aceso á información e a dispoñibilidade dos recursos.

1.- TÍTULO

2.- XUSTIFICACIÓN

Page 4: Proxecto de biblioteca 2010-2011centros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/pe/pb.pdf · 2010-10-26 · Proxecto de Biblioteca Escolar do CEIP Nosa Sra. De Xuvencos de Boborás

Proxecto de Biblioteca Escolar do CEIP Nosa Sra. De Xuvencos de Boborás

4 / 18

A actitude do profesorado ante a biblioteca é fundamental, todo o claustro do noso centro asume que esta é unha ferramenta valiosa e imprescindible para alcanzar moitos dos obxectivos educativos.

Por outra parte a Lei Orgánica da Educación (LOE) e os decretos que a desenvolven inclúen unha serie de competencias básicas que o alumnado debe adquirir de forma progresiva, é dicir, que o conxunto de coñecementos, habilidades e actitudes persoais adquiridas poidan poñelas en práctica en contextos e situacións diversas ao longo da súa vida. A biblioteca vai ser un factor imprescindible para o logro da competencia en comunicación lingüística, para aprender a aprender, a competencia no tratamento da información e a competencia cultural e artística, sendo así mesmo un recurso indispensable para a adquisición das restantes competencias básicas.

Na adquisición destas competencias básicas a biblioteca ten un papel fundamental e debe organizarse e funcionar como un centro de recursos para a lectura, a información e a aprendizaxe, e asemade, xestionará todos os recursos documentais do centro (agás os de carácter administativo) evitando así a dispersión destes polas aulas.

3.1.- Punto de partida O CEIP Nosa Sra. de Xuvencos conta, desde a súa inauguración no curso 1975-1976, cunha

Biblioteca Escolar. Desde o curso 1995-96, en que se deseñaron as liñas xerais do rol que tería que cumprir dentro do noso proxecto pedagóxico, medrou sempre no mesmo sentido ata acadar a forma que ten na actualidade, despois de estar este último curso incluídos no PLAMBE.

Funciona de maneira estable grazas á implicación de todo o grupo de mestres do colexio que xestionan e dinamizan ofertando recursos para a aprendizaxe e o lecer. Hai unha excelente disposición dos mestres diante de todas aquelas propostas que imos facendo, asumíndoas dentro das súas programacións de aula e levándoas adiante con entusiasmo. 3.2.- Contexto

O CEIP Nosa Sra. de Xuvencos está situado no concello de Boborás en Ourense, dentro da comarca do Arenteiro. Presenta as características típicas da zona rural ourensá, destacando pola gran emigración dos seus habitantes a países americanos. Podemos considerar polo tanto que a nosa biblioteca, vai a xogar un papel moi importante xa que son uns dos poucos de recursos culturais cos que se pode atopar o alumnado de Boborás.

O centro consta de unha unidade de educación infantil e tres unidades de primaria, tendo unha plantilla de sete mestres (para o curso que ven teremos 8 mestres) e un orientador. O número de alumnos é de 45 e cada ano está a medrar, en parte debido a inmigración e ao retorno dos emigrantes aos seus pobos de orixe.

3.- ANÁLISE DA SITUACIÓN DE PARTIDA DA BIBLIOTECA E O SEU CONTEXTO

Page 5: Proxecto de biblioteca 2010-2011centros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/pe/pb.pdf · 2010-10-26 · Proxecto de Biblioteca Escolar do CEIP Nosa Sra. De Xuvencos de Boborás

Proxecto de Biblioteca Escolar do CEIP Nosa Sra. De Xuvencos de Boborás

5 / 18

En canto ao persoal non docente contamos con dúas persoas de limpeza, unha cociñeira, e dúas coidadoras de comedor. O centro dispón de servizo de transporte e comedor. O período lectivo desenvólvese en xornada partida:

Mañá de 9:45 a 12:50 horas. Comedor de 12:50 a 14:10 horas. Tarde de 14:10 a 6:00 horas.

3.3.- Estado actual A biblioteca atópase na planta baixa e ten uns 60 m2. O mobiliario é axeitado, pero incompleto.

O horario é amplo. Está aberta de 09:45 a 16:00. Nos recreos poder acudir o alumnado só, e en horas lectivas está á disposición de todos os titores do centro para acudir cos seus alumnos.

Ten destinado o 10% do orzamento do centro (1.650 euros en total) para mellorar a Biblioteca, ademais da contía de 4900 euros que nos adxudicou a Consellería de Educación por estar incluídos no PLAMBE. 3.3.1.- RECURSOS:

A).-Materiais - En soporte impreso: Estamos rematando de catalogar os fondos documentais co programa Meiga. Temos unha hemeroteca coas revistas as que estamos subscritos. - En soporte multimedia: Vídeos, DVDs, diapositivas e láser disc.

Existe un punto de conexión a internet fixo e WIFI en toda a Biblioteca. Dispomos de dous PC na Biblioteca, este ano ampliarémolo a catro.

-Un cañón proxector, 1 lectores de DVD e 1 equipo de son. B).-Humanos Nos recreos da mañá está atendida polo mestre de garda e os alumnos colaboradores, por

quendas. Nos períodos de recreo está dispoñible o Servizo de Préstamo para toda a comunidade educativa. O equipo directivo forma parte do equipo de Biblioteca e está a colaborar na posta en marcha da

mesma. O resto de mestres, nas horas de dedicación ao centro, están a colaborar de forma activa no

catálogo e rexistro dos fondos existentes, así como na realización de actividades de dinamización da mesma. A súa axuda vai a ser imprescindible para poder informatizar todo o catálogo e adaptalo as normas da CDU.

No recreo de comedor uns dos colaboradores de garda de comedor encárgase de ter a disposición dos alumnos e alumnas os servizos de Biblioteca: préstamo, lectura en sala, conexión a internet… Conta coa axuda dos alumnos colaboradores.

Os alumnos e alumnas de 3º Ciclo axudan a levar o control da Biblioteca facendo de verdadeiros formadores de usuarios dos máis cativos.

Page 6: Proxecto de biblioteca 2010-2011centros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/pe/pb.pdf · 2010-10-26 · Proxecto de Biblioteca Escolar do CEIP Nosa Sra. De Xuvencos de Boborás

Proxecto de Biblioteca Escolar do CEIP Nosa Sra. De Xuvencos de Boborás

6 / 18

A Biblioteca está aberta ao exterior, relacionándose co seu entorno social e cultural, colaborando con outras institucións (Concello, Biblioteca Municipal) e utilizando as novas tecnoloxías que lle permiten estar en conexión con calquera outra Biblioteca do Proxecto Meiga.

Consideramos necesaria a adquisición de novos materiais, xa que estamos ante un novo proceso

de revitalización da Biblioteca: Formato impreso:

Libros de literatura infantil en castelán e galego de aventuras, aventuras fantásticas, ciencia ficción. Libros de contos adaptados a todas as idades. Libros de poesía e teatro infantil. Subscricións a revistas infantís adecuadas aos intereses dos alumnos. Subscricións a revistas do ámbito docente. Lecturas en inglés. Biografías de personaxes famosos da historia, pintura, descubridores,... adaptados para nenos. Libros informativos sobre distinta temática: astronomía, ciencia, pintura, escultura, arquitectura,

música, xardinería,cine, cociña…fundamentalmente en galego. Libros documentais e de consulta. Material, bibliografía,... que apoien o labor do profesorado nas distintas áreas, na acción titorial, na

atención á diversidade, no seu papel de promotor da lectura. Formato multimedia: Dispomos de moi poucos fondos deste tipo, polo que é necesario adquirir os seguintes materiais educativos:

Dvds de temática variada. Sobre todo películas feitas a partir de libros para poder comparar e realizar actividades cós dous soportes.

CD-ROM educativos para o ordenador. Colección de cds musicais: música clásica, celta, folk, …

4.- ANÁLISE DE NECESIDADES DE RENOVACIÓN E ACTUALIZACIÓN DE FONDOS

Page 7: Proxecto de biblioteca 2010-2011centros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/pe/pb.pdf · 2010-10-26 · Proxecto de Biblioteca Escolar do CEIP Nosa Sra. De Xuvencos de Boborás

Proxecto de Biblioteca Escolar do CEIP Nosa Sra. De Xuvencos de Boborás

7 / 18

Outro material:

Varios ordenadores con WIFI para poder acceder a internet. Mobiliario móbil axeitado para formar rincóns e expositores baixos aos que podan acceder os

cativos.

O obxectivo prioritario de esta biblioteca sería organizarse como un centro de recursos para a lectura, información e a aprendizaxe: Nesta liña propoñemos os obxectivos específicos:

A. ORGANIZACIÓN E XESTIÓN Continuar coa actividades e tarefas que vimos desenvolvendo tradicionalmente: xestión eficaz;

promoción da lectura; elaboración de materiais; formación de usuarios, educación documental. Mellorar a ambientación da biblioteca para que se converta nun espazo agradable de lectura,

traballo e lecer. Abordar unha sinalización atractiva da biblioteca escolar. Proporcionar un continuo apoio ao programa de ensinanza e aprendizaxe. Asesorar directamente ao profesorado en materias de animación á lectura. Manter actualizado e ordenado o material da Biblioteca.

Rexistrar no programa Meiga todos os fondos da Biblioteca e catalogar os mesmos en base ao

sistema de clasificación CDU (segundo adaptación a centros de ensino galegos).

Aumentar o fondo bibliográfico mediante a adquisición de materiais solicitados polos docentes e

alumnos.

Establecer un horario de servizo que permita alcanzar os obxectivos do programa bibliotecario.

Manter canles apropiados de comunicación, notificando aos usuarios sobre novos materiais,

equipos e servizos.

Lograr que tanto o alumnado como a comunidade educativa tomen conciencia sobre a importancia

da Biblioteca, o seu coidado e o servizo que presta, respectando e cumprindo o seu regulamento.

B. DINAMIZACIÓN

Fixar a biblioteca como núcleo de atención do centro e, en particular, do alumnado, ex alumnado, familias e veciños do barrio.

5.- OBXECTIVOS

Page 8: Proxecto de biblioteca 2010-2011centros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/pe/pb.pdf · 2010-10-26 · Proxecto de Biblioteca Escolar do CEIP Nosa Sra. De Xuvencos de Boborás

Proxecto de Biblioteca Escolar do CEIP Nosa Sra. De Xuvencos de Boborás

8 / 18

Incentivar o uso da Biblioteca por parte de toda a comunidade educativa e, sobre todo do alumnado

prelector.

Colaborar no deseño e posta en práctica do Plan Lector do centro.

Programar actividades de fomento da lectura.

Descubrir as posibilidades que internet ofrece como nova fonte de información e as súas aplicacións

educativas.

Posibilitar o salto cualitativo dende o saber ler cara o querer ler, de modo libre co apoio e

compromiso da familia, a escola e a biblioteca.

Utilizar a web da biblioteca e o seu blog como medios de dinamización da biblioteca.

Utilizar as redes sociais para proxectar á comunidade educativa o que se está a facer na biblioteca.

Favorecer o acercamento do alumnado á Biblioteca e aos libros, para asegurar o seu crecemento

lector e, ademais de darlles apoio, asesoramento e ensinanza no manexo da información en

calquera soporte e formato.

Intervir na vida escolar de maneira activa, colaborando no traballo de aula, ofertando ao docente o

material útil para a súa clase e para o seu propio perfeccionamento.

Adecuar o espazo de lectura para pequenos dentro da biblioteca.

Dar a coñecer as conmemoracións máis importantes que se celebran no ano 2010/2011 a nivel

nacional e mundial.

O Equipo da biblioteca estará formado por todos os compoñentes do claustro (9 mestres), sendo o titor de 3º ciclo o responsable da mesma por ter superado o curso de Bibliotecas Escolares e varios cursos de formación sobre biblioteca escolares.

As funcións e actividades do equipo de biblioteca distribuiranse entre todos os seus membros, de tal forma que o tempo do que se vai dispor se aproveitará ao máximo.

No vindeiro curso está previsto destinar as seguintes horas á biblioteca co que estará en funcionamento todo o horario que o centro permaneza aberto:

Responsable da biblioteca: Cinco horas semanais (mínimo de unha diaria). Resto de mestres: Dúas horas semanais das 8 destinadas á dedicación ao centro, en

total 16 horas (oito mestres).

6.- TIPO DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO

Page 9: Proxecto de biblioteca 2010-2011centros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/pe/pb.pdf · 2010-10-26 · Proxecto de Biblioteca Escolar do CEIP Nosa Sra. De Xuvencos de Boborás

Proxecto de Biblioteca Escolar do CEIP Nosa Sra. De Xuvencos de Boborás

9 / 18

Colaboradores de comedor: un dos 3 colaboradores encargarase de que a biblioteca estea aberta no recreo de comedor de 13:30 horas a 14:10 horas.

Cada titor terá 2 horas á semana co seu curso dentro do horario lectivo para desenvolver o Plan Lector do centro ou integrar a biblioteca do currículo escolar.

Reunión mensual: Unha. Como este é un centro pequeno estamos continuamente en contacto, pero unha vez ao mes teremos unha reunión formal na que se atenderán todas as demandas formuladas polos Coordinadores de Ciclo e Xefes de departamento (só Orientación). Levantarase acta con todos los acordos tomados.

Este ano, fundamentalmente, tentaremos rematar as tarefas de rexistro de libros, de catalogación en base a CDU, colocación nos andeis correspondentes, sinalización atractiva…

Os alumnos dispoñen de marcapáxinas para saber onde están situados ó devolver os libros. Estes marcapáxinas renóvanse cada ano.

As funcións principais dos encargados da biblioteca serán: Facer préstamos; Servizo de consulta en sala; Axudar aos usuarios na busca de información; Vixilancia en xeral.

Os préstamos terán lugar diariamente: Todos os días na hora do recreo da mañá (de 11:30 a 12:00) e polas tardes no recreo de comedor (de 13:30 a 14:10)

No horario establecido para cada curso no Plan lector do centro, o titor responsable de cada grupo poderá facer usos do servizo de Préstamo cos seus alumnos. O alumno deberá devolver o libro en quince días.

Os profesores poden levar os libros que precisen da Biblioteca para o desenvolvemento da práctica pedagóxica ou para formar a súa biblioteca de aula.

Para poder buscar información en Internet, debido a que só contamos cun ordenador o alumnado deberá solicitalo previamente, se a demanda é grande habilitarase a aula de informática para a busca de información, pero sempre baixo vixiancia dun mestre.

Os alumnos de 3º Ciclo de E.P. colaboran, de forma voluntaria, na organización e funcionamento da biblioteca escolar como bibliotecarios voluntarios. Os alumnos bibliotecarios ocuparanse de: organizar ficheiros; ordenar e colocar fondos; orientar aos usuarios; manter silencio e orde; facer os préstamos.

No vindeiro curso pretendemos ter informatizados todos os fondos no programa Meiga para poder facer os préstamos a través del creando un sistema de carnés dos lectores.

Page 10: Proxecto de biblioteca 2010-2011centros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/pe/pb.pdf · 2010-10-26 · Proxecto de Biblioteca Escolar do CEIP Nosa Sra. De Xuvencos de Boborás

Proxecto de Biblioteca Escolar do CEIP Nosa Sra. De Xuvencos de Boborás

10 / 18

A) XESTIÓN TÉCNICA E ORGANIZACIÓN:

1º TRIMESTRE Revisión das normas de uso da biblioteca e difusión das mesmas en toda a comunidade

educativa.. Elaboración do Plan da Biblioteca para o curso escolar 2010/2011. Elaboración do horario para o profesorado e encargados da biblioteca, de tal xeito que esta sexa

atendida o maior número de horas posible. Reunión cos coordinadores de ciclo e co equipo de biblioteca para ver as necesidades dos novos

fondos. Solicitude á Consellería de Educación do mobiliario necesario para completar o existente. Instalar novos ordenadores para acceso a internet e xestión da biblioteca. Continuar rexistrando, catalogando e forrando os novos exemplares, tanto manualmente como co

programa informático Meiga, actividade que continuará nos seguintes trimestres. Confección dos carnés dos novos lectores. Realizar o préstamo por medios informáticos unha vez informatizados os fondos. Sinalización interna que aporten a información seguinte: servizos, horario, normas e responsables

da biblioteca (profesorado e alumnos bibliotecarios), actividades para o trimestre, novidades, uso do espazo, ...

Purgar os volumes actuais da Biblioteca. Os materiais purgados colocaranse no espazo destinado a arquivo (a vella Biblioteca).

Continuar actualizando a web da Biblioteca con toda a información referente á mesma. Farase ao longo de todo o curso.

Fomentar a participación da comunidade educativa no Blog da Biblioteca establecendo así un novo mecanismo de comunicación. Farase ao longo de todo o curso.

Crear un Blog de apoio ao club de lectura de 3º ciclo. Crear unha conta en Facebook para dar a coñecer a actividade da nosa biblioteca. Realizar en Jclic un programa interactivo que informe aos alumnos de todo o funcionamento e

organización da Biblioteca. Seguiremos colgando todas as actividades realizadas para traballar cos alumnos no espazo moodle

do colexio. (todo o curso).

7.- ACTUACIÓNS POR TRIMESTRES

Page 11: Proxecto de biblioteca 2010-2011centros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/pe/pb.pdf · 2010-10-26 · Proxecto de Biblioteca Escolar do CEIP Nosa Sra. De Xuvencos de Boborás

Proxecto de Biblioteca Escolar do CEIP Nosa Sra. De Xuvencos de Boborás

11 / 18

2º TRIMESTRE Caixa de suxestións: Sobre todo o funcionamento da biblioteca, os seus recursos dispoñibles e os

materiais que lle gustaría que houbera e non hai. Continuar coa organización dos fondos polo sistema CDU adaptado a centros educativos. Creación do taboleiro de recomendacións. Elaborar en Jclic un programa de información sobre o CDU.

3º TRIMESTRE

Mellorar o deseño da web da biblioteca, para facela máis interactiva cos lectores e poder realizar así unha comunicación máis fluída.

Recompilar toda a documentación da biblioteca nestes últimos anos. Elaboración da memoria final da biblioteca para a súa inclusión na Memoria final do centro.

B) DINAMIZACIÓN:

1º TRIMESTRE

Reunión xeral do Equipo da biblioteca, que estará composta por todo o Claustro, para que inclúan na súa programación anual como contido transversal a formación no uso dos recursos da biblioteca nos distintos niveis.

Coordinación de actividades. Presentación da biblioteca para explicarlles a nova distribución dos espazos e a súa utilización. Difundir entre os titores as normas de uso da biblioteca. Actividades encamiñadas a adquisición de destrezas no uso do programa Meiga. Elaborar unha guía coa tipoloxía dos fondos asociados a un código xenérico CDU indicando nun

plano onde se poden atopar ditos fondos na biblioteca. Desenvolvemento de actividades programadas. Elaborar Guías de lectura recomendadas para os distintos ciclos.

2º TRIMESTRE

Elaborar Guías de lectura recomendadas para os distintos ciclos. Desenvolvemento de actividades programadas.

3º TRIMESTRE

Preparar catálogos cos fondos dispoñibles para as seguintes materias: orientación, inglés, música.

FORMACIÓN DE USUARIOS. EDUCACIÓN DOCUMENTAL

PROFESORADO

Page 12: Proxecto de biblioteca 2010-2011centros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/pe/pb.pdf · 2010-10-26 · Proxecto de Biblioteca Escolar do CEIP Nosa Sra. De Xuvencos de Boborás

Proxecto de Biblioteca Escolar do CEIP Nosa Sra. De Xuvencos de Boborás

12 / 18

Desenvolvemento de actividades programadas Avaliación dos obxectivos e actividades propostas e inclusión na memoria final.

Realizaranse actividades encamiñadas a:

Favorecer o coñecemento da súa biblioteca despois dos cambios efectuados nela: función, servizos, organización, recursos.

Difundir o uso das normas de utilización da biblioteca. Formar aos axudantes de biblioteca (alumnos de 3º ciclo) para que eles colaboren na formación

de usuarios. Fomentar a eficacia lectora (comprensión, velocidade e exactitude). Estratexias lectoras: respiración nasal, cronolectura, exercicios de visión periférica, de rastreo,

identificación rápida de palabras, discriminación fonética, caligramas,…). Favorecer a interiorización de “técnicas de estudo básicas”: Ambiente físico e psicolóxico,

organización e planificación de tarefas, horarios, suliñado, esquemas, resumos, mapas conceptuais. Utilización de técnicas de busca e recollida de información utilizando tódolos medios necesarios:

dicionarios, enciclopedias, banco de datos, cuestionarios, monografías, ficheiros, catálogos, gráficos, mapas, planos, ….

Enseñar ao alumnado o procedemento a seguir para realizar traballos de investigación. Utilizar a información en calquera soporte dos documentos. Elaborar a información, redactala e presentala correctamente. Iniciar aos alumnos no uso da catalogación CDU. Realizar Webquest, miniquest e cazas do tesouro. Participar activamente no Blog da Biblioteca. Participar no Blog de apoio ao Club de lectura.

Co fomento da lectura non só perseguimos que o neno adquira destrezas lectoras senón que ademais deberá gozar coa mesma. É necesario considerar a lectura como un proceso lector e non coma unha suma de feitos puntuais. Todos os instrumentos e estratexias de animación (encontros con autores, libro-fórum, contacontos, etc...) son positivos se forman parte dun proxecto amplo, coherente e continuado no que definan obxectivos, estratexias instrumentais, materias... e que parta sempre das necesidades dos destinatarios. De todos os xeitos, temos constatado que a pesares de ter realizado múltiples estratexias e actividades lectoras nos

ALUMNADO

PROXECTO LECTOR. FOMENTO DA LECTURA

Page 13: Proxecto de biblioteca 2010-2011centros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/pe/pb.pdf · 2010-10-26 · Proxecto de Biblioteca Escolar do CEIP Nosa Sra. De Xuvencos de Boborás

Proxecto de Biblioteca Escolar do CEIP Nosa Sra. De Xuvencos de Boborás

13 / 18

últimos anos, o tempo dedicado á lectura non mellorou notablemente. Nos pensamos que hai que incidir máis no tempo dedicado claramente á lectura, por iso para este próximo curso temos pensado establecer un tempo diario á lectura no aula ou biblioteca, xa que o hábito lector se adquire fundamentalmente a partir de ler e sobre todo de ler cada vez máis (así de sinxelo). Hai que ter en conta que a lectura constitúe un sistema moi complexo e de capital importancia ao longo da escolaridade. A incidencia dos problemas de lectura (xa sexa de comprensión, hábitos, fluidez ) no fracaso escolar e na atención á diversidade é transcendental polo que consideramos crucial seguir desenvolvendo o noso Proxecto Lector. Deseñamolo buscando a coherencia desde os primeiros niveis ata o último. En Educación Infantil reflexionamos sobre: Os prerrequesitos lectores As habilidades lectoras (lingüísticas, nemopsicolóxicas, intelectuais, emocionais, sociais...) Os métodos de introdución na lectura. A lectura de imaxes.

En Educación Primaria: O proceso psicofisiolóxico do acto lector. Deseño e posta en práctica de estratexias de comprensión lectora, habilidades perceptivas a

desenvolver, velocidade lectora, entoación,.... Tipos de lectura a empregar.

Programamos o traballo diario de lectura con actividades motivadoras, espontáneas e respectuosas cos intereses, niveis madurativos e a evolución persoal de cada lector. Tamén tivemos en conta: As fases lectoras do alumnado: sorpresiva, simbólica, rítmica, imaxinativa e heroica. O Proxecto foi deseñado e posto en práctica por todo o equipo docente. Está integrado no Proxecto Educativo.. Perseguimos buscar un clima de CULTURA LECTORA en todo o Centro: nas actitudes,

comentarios, ambientacións. Traballamos arredor da biblioteca escolar, considerándoa como un centro de documentación,

información e recursos e o eixo sobre o que xirará o desenvolvemento do proceso curricular.

Actividades programadas para o fomento da lectura:

1º TRIMESTRE

Celebraremos no mes de outubro o día da Biblioteca. Creación de marcapáxinas para os libros que se usen na biblioteca. Realización da actividade de “Libros con pegada”.

Page 14: Proxecto de biblioteca 2010-2011centros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/pe/pb.pdf · 2010-10-26 · Proxecto de Biblioteca Escolar do CEIP Nosa Sra. De Xuvencos de Boborás

Proxecto de Biblioteca Escolar do CEIP Nosa Sra. De Xuvencos de Boborás

14 / 18

Poremos en funcionamento o taboleiro de recomendacións. Presentación dun libro: Esta actividade persegue poñer en contacto ao alumnado cunha

variedade de libros para axudarlles a descubrir que hai ofertas para tódolos gustos e intereses e para espertar neles curiosidade por coñecer temas novos. Un recuncho da biblioteca decorarase para a presentación. Alguén do Equipo da biblioteca presenta o libro e xunto coa decoración, carteis alusivos, monicreques,... permanecerá no expositor da biblioteca.

Elaboraranse Guías de lectura periodicamente para axudar aos pequenos lectores na elección de textos. Nelas figurarán guías de lectura por idades, temas ou autores; pequenos resumos de novidades, a historia da mascota e recomendacións ás familias para ler cos seus fillos.

Realizar unha Webquest sobre o Samaín e Lendas do Nadal. Realizar fichas resumo dos libros lidos e facer un arquivo con todas. (Todo o curso). Faremos representacións teatrais e recitacións de poemas e panxoliñas no festival de Nadal. “Taller de contos”. Funcionará ao longo de todo o curso con actividades encamiñadas ao fomento

da lectura tanto dos prelectores, como dos primeiros lectores e lectores habituais.

2º TRIMESTRE Traer un contacontos sobre contos que os alumnos teñan lido anteriormente. Realización de cartaces para celebrar o Día da Paz. Faremos unha presentación en OpenOffice.org

Impress con todos os traballos.. Encontros con autores ou ilustradores, para favorecer o intercambio de experiencias cos lectores

que axudará ao alumnado a descubrir as súas posibilidades creativas e a interesarse polo acto de escribir.

No mes de febreiro crearemos o “Club da poesía” aproveitando o tirón que ten o día de San Valentín. Convocaremos un concurso de poesía. Os poemas adornaran as estancias da Biblioteca. Continuaremos co obradoiro de poesía no mes de marzo na celebración do Día da Poesía.

Continuar realizando fichas resumo dos libros lidos e facer un arquivo con todas. (Todo o curso). Durante a Semana da Prensa trataremos de analizar os elementos e características deste medio.

Realizaremos un mural xigante con todas as seccións dun xornal. Como actividade complementaria visitaremos as instalacións de “La Región” para ver o proceso de

elaboración dun xornal. Presentación de libros por personaxes de ficción coñecidos polos nenos. Realizar unha webquest sobre o entroido.

3º TRIMESTRE

Presentación de libros: Unha nai, un pai ou mestre, presentará o seu libro infantil favorito na semana do Día do Libro.

Page 15: Proxecto de biblioteca 2010-2011centros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/pe/pb.pdf · 2010-10-26 · Proxecto de Biblioteca Escolar do CEIP Nosa Sra. De Xuvencos de Boborás

Proxecto de Biblioteca Escolar do CEIP Nosa Sra. De Xuvencos de Boborás

15 / 18

Visualización da película dalgún libro que fora levado ao cine; así poderán comparar a linguaxe cinematográfica coa literaria.

Mercadillo de intercambio de libros usados do alumnado durante a Semana do día do Libro. Continuar realizando fichas resumo dos libros lidos e facer un arquivo con todas. (Todo o curso). Realizar unha webquest sobre o autor/a ao que se lle dedique o Día das letras Galegas 2011. Realizar en cada Ciclo un libro ilustrado que conte as “Aventuras” da mascota da biblioteca. Estes

libros pasarán a formar parte dos fondos da biblioteca. Elaborar o Xornal escolar no que se reflectirán todas as novas destacables que tiveron lugar ao

longo do curso 2009/2010. Realizar un libro recopilatorio dos contos feitos no taller de contos ao longo de todo o curso por

todo o alumnado. Publicarase na web do centro e pasará a formar parte dos fondos da biblioteca. Realizar no festival de fin de curso algunha obra de teatro infantil, recitación de poemas ou lectura

de contos… Ademais realizaranse actividades relacionadas coas festas e conmemoracións que se celebren no centro: Magosto, Constitución, Nadal, Entroido, Día da árbore, Día do Libro, sempre tendo ao libro como protagonista e empregando todo tipo de linguaxes: oral, escrita, dramática, plástica, musical e tamén a través dos medios informáticos con buscas do tesouro, miniquest e webquest. As actividades propostas, tanto de formación de usuarios como de fomento de lectura, incluídas ambas no proxecto lector, serán regulares e continuadas ao longo de todo o curso e desenvolveranse mesturándose unhas con outras ao longo do tempo. O fracaso escolar incide de xeito diferente segundo o medio sociocultural de procedencia do alumnado. Por iso, a biblioteca escolar pode contribuír como un medio máis a paliar esta descompensación poñendo a súa disposición tódolos recursos necesarios para acceder aos instrumentos que posibilitan o éxito escolar, a resolver dúbidas, a fomentar os hábitos de estudo, a buscar os materiais e información que necesiten, facilitarlles o acceso a internet, ao ordenador e a impresora,... Abrindo a biblioteca o maior tempo posible, tanto do horario lectivo como on lectivo, conseguiremos que estas desigualdades non sexan tan grandes. Tamén desde a Biblioteca Escolar continuaremos traballando a interculturalidade, a violencia de xénero, a emigración, a discapacidade, drogas e tabaquismo, o sexismo, a convivencia,.. mediante talleres e obradoiros na liña dos realizados neste último ano coa colaboración dos Servizos Sociais da Mancomunidade do Arenteiro e do Consorcio Galego (se é que non desaparece).

APOIO AO ESTUDO OU OUTRAS ACTIVIDADES DESDE A BIBLIOTECA PARA A COMPENSACIÓN DAS DESIGUALDADES SOCIAIS

Page 16: Proxecto de biblioteca 2010-2011centros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/pe/pb.pdf · 2010-10-26 · Proxecto de Biblioteca Escolar do CEIP Nosa Sra. De Xuvencos de Boborás

Proxecto de Biblioteca Escolar do CEIP Nosa Sra. De Xuvencos de Boborás

16 / 18

Analizadas as posibilidades organizativas do centro, o horario para o curso que ven quedará como se especifica a continuación:

Para o responsable do Equipo:

Cinco horas semanais (mínimo de unha por día) para o proceso técnico, programar, organizar, asesorar e coordinar actividades.

Para o profesorado compoñente do equipo: Como van a dispor entre 7 e 9 horas de dedicación ao centro, para o próximo curso

establecerase un mínimo de unha hora de dedicación a biblioteca, que se aumentará a dúas horas mentres duren os traballos de rexistro e catalogación no programa informático Meiga.

Para o conxunto do alumnado: Permanecerá aberta durante o recreo da mañá, atendida por un mestre do equipo de

biblioteca. No recreo de comedor será atendida por un dos mestres colaboradores de comedor (que

somos todo o claustro). Poderán asistir á biblioteca nas horas que sexan programadas para a súa titoría dentro do

Plan Lector e sempre coa presenza do mestre titor. Para as instalacións:

A biblioteca escolar estará aberta durante toda a xornada escolar, de 09:45 horas ata as 16:00 horas.

En todas as horas lectivas haberá un mestre na biblioteca, salvo nas horas previstas no Plan Lector que será o titor dos alumnos o que se faga cargo da mesma. No Plan Lector temos establecido que todas as semanas polo menos se dedicará unha hora a traballar a lectura que se poderá repartir en sesións máis pequenas (de 15 a 30 minutos).

En horario escolar o alumnado poderá acudir durante os recreos para ler, consultar, realizar

préstamos, ou navegar por internet. Os mestres responsables dos recreos terán a colaboración dos bibliotecarios voluntarios de 3º

Ciclo. En horario extraescolar a biblioteca poderá ser usada pola comunidade educativa sempre e cando

os responsables das actividades extraescolares se comprometan a cumprir as normas e acordos establecidos polo Equipo de biblioteca.

8.- HORARIO PREVISTO

Page 17: Proxecto de biblioteca 2010-2011centros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/pe/pb.pdf · 2010-10-26 · Proxecto de Biblioteca Escolar do CEIP Nosa Sra. De Xuvencos de Boborás

Proxecto de Biblioteca Escolar do CEIP Nosa Sra. De Xuvencos de Boborás

17 / 18

Todo o profesorado do centro, con alumnos ou sen alumnos, poderá utilizar a biblioteca escolar durante toda a xornada educativa cando a necesite e, sempre e cando, non estea planificada ningunha actividade no seu espazo.

O Equipo de Biblioteca reunirase mensualmente co fin de :

Deseñar e organizar actividades. Avaliar e, se é o caso, modificar o Programa de formación de usuarios. Revisar o grao de cumprimento dos Obxectivos propostos.

A Comisión de Biblioteca do Consello Escolar, reunida trimestralmente: Analizará necesidades. Realizará propostas. Propoñerá estratexias de colaboración coa Biblioteca do Concello. Promoverá actividade de dinamización cultural para toda a comunidade escolar. Realizará propostas de adquisición de fondos e equipamento. Realizará xestións para a colaboración con todos aqueles sectores culturais, educativos, sociais e

económicos que poidan colaborar na consecución dos obxectivos propostos. Avaliación inicial. No mes de setembro, na que se partirá das observacións reflectidas na Memoria

final do ano anterior e se elaborará o Plan da Biblioteca que se incluirá na Programación Xeral Anual na que teremos en conta o número de préstamos efectuados, a ocupación da biblioteca, a diversidade de usuarios, o número de consultas para a busca de información, para consultar catálogos do programa Meiga, melloras do hábito lector entre o alumnado, ...para elo utilizaranse cuestionarios, estatísticas, observación directa, resultados académicos, consulta de arquivos do programa Meiga,...

Avaliación procesual, sobre as actuacións previstas no Plan inicial. Estará baseada na autoavaliación e analizaranse os aspectos seguintes: Se se van conseguindo os obxectivos propostos, se a metodoloxía empregada é a axeitada, así como as actitudes e motivacións de profesorado, das familias e do alumnado; tamén se comprobará a idoneidade das propostas desenvolvidas, das actuacións formativas realizadas e dos materiais e recursos empregados; finalmente verificar se a temporalización das distintas actuacións se axustan ao programado Avaliación final, que tratará sobre o progreso do alumnado en relación coa adquisición de hábitos lectores e a mellora da súa competencia lectora, tendo en conta as medidas levadas a cabo e a súa incidencia nos resultados académicos; o grao de consecución dos obxectivos propostos; o grao de

9.- CRITERIOS E PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN

Page 18: Proxecto de biblioteca 2010-2011centros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/pe/pe/pb.pdf · 2010-10-26 · Proxecto de Biblioteca Escolar do CEIP Nosa Sra. De Xuvencos de Boborás

Proxecto de Biblioteca Escolar do CEIP Nosa Sra. De Xuvencos de Boborás

18 / 18

desenvolvemento das actuacións previstas e a súa coherencia cos eixos de actuación; o aproveitamento dos recursos do centro; propostas; as estratexias metodolóxicas aplicadas; o desenvolvemento das medidas de coordinación; o grao de implicación do profesorado, das familias, do alumnado e dos axentes externos implicados no desenvolvemento das actuacións; o clima lector do centro; as actividades de formación realizadas e valoración das mesmas. As conclusións da avaliación final, así como as propostas de mellora, se as houbera, incluiranse, ao finalizar o curso escolar, na memoria anual do centro, servindo como referente para a revisión das actuacións ao inicio do curso seguinte. Finalmente estableceranse protocolos de coordinación entre os centro e o IES Chamoso Lamas no que a obxectivos e principios esenciais dos programas lectores e o uso da biblioteca se refire.

Dos resultados da avaliación informarase puntualmente ao Claustro e a final de curso ao Consello Escolar.