PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

151
PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

Transcript of PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

Page 1: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO

IES MONELOS

Page 2: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

Índice I.Introdución II.O IES Monelos II.1 As orixes II.2 Localización II.3 Analise da Contorna II.4 Medio Ambiente III.Trazos de identidade. Principios educativos e relación coas familias III.1 Trazos de identidade III.2 Principios educativos III.3 Relación coas familias IV. Alumnado e lingua vehicular IV.1. Alumnado IV.2. Lingua vehicular V. O edificio V.1. Antigüidade V.2.Planos VI.Infraestruturas VII.Estructura organizativa do centro VIII.Oferta educativa IX.Obxectivos xerais X.Adecuación dos obxectivos ao contexto XI.Plan de actividades complementarias e extraescolares XII.Proxecto da biblioteca e plan lector

XIII. Sección bilingüe na asignatura de Música en 2º e 3º ESO

Page 3: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

XIV. Plan de formación do profesorado

XV. Proxecto lingüístico. Obxectivos do centro para logra-la normalización lingüística

XVI. A oferta do centro en canto a itinerarios educativos, optativas e actividades e servizos

XVII. As formas de colaboración e participación entre os distintos sectores da comunidade educativa

XVIII. As formas de colaboración e intercambio cultural cos servicios sociais e educativos do concello XIX. A concreción dos currículos XX. O tratamento transversal nas materias da educación en valores

XXI. Estratexias para alcanzar os estándares de aprendizaxe e a adquisición das competencias XXII. Afondamento e/ou reforzo dalgunha das materias XXIII. Medidas específicas de xeito que se promova a práctica diaria de deporte e exercicio físico por parte dos alumnos e das alumnas durante a xornada escolar

XXIV. Concrecións curriculares

XXV. Normas de Organización e funcionamento (NOF)

XXVI. Plan Xeral Atención á Diversidade

Page 4: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

I. Introducción

O proxecto educativo de centro recollerá os valores, os obxetivos e as prioridades da actuación. Asimesmo, incorporará a concreción dos currículos establecidos pola Administración educativa que corresponde fixar e aprobar ao Claustro, así como o tratamento transversal nas áreas, materias ou módulos da educación en valores e outras ensinanzas.

O Devandito proxecto, que deberá ter en conta as características da contorna social e cultural do centro, recollerá a forma de atención á diversidade do alumnado e a acción titorial, así como o plan de convivencia, e deberá respetar o principio de non discriminación e de inclusión educativa como valores fundamentais e os principios e obxectivos recollidos na LOMCE e na LOE.

Corresponde ás Administracións educativas establecer o marco xeral que permita aos centros públicos e privados concertados elaborar os seus proxectos educativos, que deberán facerse públicos con obxecto de facilitar o seu coñecemento polo conxunto da comunidade educativa. Así mesmo, corresponde ás Administracións educativas contribuír ao desenvolvemento do currículo favorecendo a elaboración de modelos abertos de programación docente e de materiais didácticos que atendan ás distintas necesidades dos alumnos e do profesorado.

Corresponde ás Administracións educativas favorecer a coordinación entre os proxectos educativos dos centros de educación primaria e os de educación secundaria obrigatoria con obxecto de que a incorporación do alumnado á educación secundaria sexa gradual e positiva.

Os centros promoverán compromisos educativos entre as familias ou titores legais e o propio centro nos que se consignen as actividades que pais, profesores e alumnos comprométense a desenvolver para mellorar o rendemento académico do alumnado.

O Proxecto Educativo de Centro é un instrumento que contribúe a dinamizar, organizar os centros educativos e a mellorar a calidade do proceso ensinanza-aprendizaxe.

Page 5: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

II.O IES Monelos II.1 As orixes II.2 Localización II.3 Análise do contorno físico II.4 Medioambiente

II.1 As orixes

O IES Monelos (nome que significa “monte pequeno”) é un centro de ensino de Educación Secundaria e Bacharelato. Foi creado no ano 1969 por orde ministerial do 19 de xullo (B.O.E. 27 Agosto), como sección delegada do antigo Instituto masculino (actual Instituto Menéndez Pidal). Está situado no barrio de Monelos, que orixinariamente pertencía ao antigo Concello de Santa María de Oza, un municipio con forte persoalidade histórica que en 1912 foi anexionado ao Concello de A Coruña. Nas suas orixes, o antigo Concello de Santa María de Oza tiña unha superficie de 28,99 km2 e limitaba ao Norte e Leste co da Coruña e a Ría do Burgo, ao Sur, com Arteixo, e ao Oeste, co de Alvedro, máis tarde integrado en Culleredo. As súas zonas urbanizadas se correspondían cos barrios da Gaiteira, Monelos, A Silva, Palavea, Os Castros, A Pasaxe, A Moura de Fontenova, Vioño, O Ventorrillo, Feáns, Mesoiro, Río de Quintas, Castro de Elviña, e o núcleo de Eirís. Santa María de Oza era un municipio eminentemente rural onde abundaban os

Page 6: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

labradíos. A veiga máis importante estaba situada entre os Muiños, Monelos e S. Cristovo das Viñas, hoxe totalmente urbanizada e ocupada por polígonos de vivendas construídos durante o “desarrollismo”. Asímesmo, tamén tiña unha ampla tradición mariñeira e agrícola da zona de S. Pedro de Visma. Antes da agregación ao Concello de A Coruña, este termo municipal tiña unha poboación de 9.644 persoas, e as edificacións destinadas a vivendas eran aproximadamente 2.000. O constante desenvolvemento industrial xunto coa reducidísima extensión superficial do Concello da Coruña, que na actualidade conta con 37,83 km2, foran algunhas das razóns que levaron, primeiro, á súa anexión ou agregación e, máis tarde, á súa gran transformación na década dos sesenta. II.2 Localización O IES Monelos atópase áentrada da cidade da Coruña, a un costado da Avenida Alfonso Molina e perto do denominado “Barrio das Flores”, unha barriada construida na década de sesenta impulsada durante o “desarrollismo económico” franquista. O seu asentamento localízase nun punto no que practicamente conflúen tres barrios da cidade: Barrio de Monelos, Barrio das Flores e Polígono de Elviña. A área na que se atopa o Centro dispón dun importante equipamento escolar, cultural, administrativo e comercial. De feito, o Barrio das Flores, foi pensado como unha illa dentro da cidade, sen acceso a vehículos, com espazos verdes, con diferentes estilos de vivenda e cunha rede de galerías que interconectan as diferentes unidades veciñais. O arquitecto José Antonio Corrales foi o encargado de pensar e deseñar a coñecida como unidade veciñal número 3. A súa proposta englobaba bloques de edificios de vivendas, algunha casa unifamiliar, unha gardería e unha igrexa. Baixo este terreo pasaba o oleoduto. Isto provocou que se abrise un corredor leste-oeste que serviría de espazo central de relación e de ubicación do novo barrio residencial. Despois disto, a zona de Monelos foi edificándose lentamente e xurdirá a necesidade de construír un instituto para os rapaces que vivían por alí. Desta maneira, o 1 de outubro de 1969, o noso instituto abría as súas portas albergando os seis niveis do antigo bacharelato, tras depender organicamente dous anos do Instituto Masculino. O Barrio das Flores foi un gran proxecto, mais com algúns problemas. Tan só dez anos despois houbo que reconstruír algunhas partes. A idea de barrio autónomo com servizos e equipamentos propios tivo un efecto adverso propiciando no pasado un certo illamento tanto económico como social. No entanto, o Barrio das Flores é a principal mostra do movemento arquitectónico moderno en España, e, con este espazo, o arquitecto Corrales tratou de expresar un

Page 7: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

modo de vida máis xusto para un enorme colectivo, a sociedade urbana moderna. Este barrio estúdase nas principais universidades de arquitectura de Europa; ademais, a unidade veciñal número 3 obtivo o Premio Nacional de Arquitectura ao seu creador, Corrales. Actualmente, co obxectivo de reactivar a armazón económica e social do Barrio, celébrase unha vez ao mes unha gran feira a ceo descuberto que nos ofrece produtos de segunda man e artesanía. II.3 Análise do contorno físico O alumnado do IES Monelos ten a súa residencia, maioritariamente, nos arredores do centro. Avenida de Monelos e as rúas adxacentes, Barrio das Flores, Avenida de Salvador de Madariaga e Rafael Alberti. Próximos ao barrio de Monelos están tamén o barrio do Castrillón, o dos Castros e o de Eirís, de onde o noso Centro recibe tamén alumnado. Nos últimos tempos, novas urbanizacións das proximidades, como a de Matogrande, nutren ao instituto de alumnado. Asimesmo, o IES Monelos funciona como extensión do CEIP San Francisco Javier e, ademais, tamén recibe gran parte de alumnos do CEIP Juan Fernández Latorre e do IES Ramón Otero Pedrayo para o nivel de bacharelato. O contorno do IES Monelos pódese considerar de clase media e media baixa. A maioría dos pais dos alumnos desenvolven diversas profesións encadradas no sector servizos (mecánicos, carpinteiros, albaneis, limpadoras...), mais tamén é significativa a porcentaxe de administrativos, funcionarios, axentes de seguros e tamén pequenos industriais. A maioría das nais ocúpanse da propia familia, pero unha porcentaxe importante das mesmas traballan fóra do domicilio (persoal de limpeza, comercio, hostalería, enfermería, etc). II.4 Medioambiente A cidade da Coruña conta cun clima de tipo oceánico na súa variedade meridional, con temperaturas suaves durante todo o ano, como corresponde a un municipio con unha longa franxa costeira ao Atlántico. Os invernos son suaves e os veráns templados, e teñen precipitacións combinadas con temporadas de sol. A temperatura media é de 13,9; tendo unha amplitude térmica de 9 graos e unha media de precipitacións de 1.000mm. Nas últimas décadas, a cidade aparentemente sufriu un dos aumentos de temperaturas máis altos de entre todas as cidades galegas. A vexetación orixinaria de carballeiras e soutos foi mermando sucesivamente e foi substituida por piñeirais e eucaliptais. O monte baixo está composto por queirugas,

Page 8: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

uces e toxos e outras plantas típicas de Galicia, con “herba de namorar” nas zoas máis achegadas ao mar. Pese á progresiva urbanización do municipio, consérvanse aínda zoas boscosas e o labor do Concello, coa súa política de parques como o Parque de Oza, fai que poidamos considerar o entorno do IES Monelos, como unha área dende o punto de vista medioambiental ben conservada. III.Trazos de identidade. Principios educativos e relación coas familias III.1 Trazos de Identidade Apostamos por un centro colaborativo, dinamizador, inclusivo e comprometido. Colaborativo:

- Participando activamente nas asociacións do barrio, as bibliotecas e outros centros educativos. - Participando co Concello na oferta de programas educativos, actividades e proxectos. - Respondendo ás chamadas a favor da solidariedade e axuda aos máis desfavorecidos. -

Dinamizador:

- Ofrecendo un amplo abano de actividades en todos os niveis e en todas as materias. Especial relevo ten a dinamización da biblioteca no fomento da lectura. - Alentando o uso da lingua galega oral e escrita: coa comunidade educativa, coas familias e en todo tipo de comunicación co exterior. - Promovendo o espírito da cidadanía europea a través de proxectos europeos, intercambios lingüísticos e culturais. - Observando as boas prácticas doutros centros adaptando aquelas que nos conveñen.

Inclusivo: - Non desexamos un centro uniforme e unidireccional, senón un centro diverso, heteroxéneo. - Apoiando ao alumnado con necesidades educativas e de altas capacidades. - Respetando a diversidade en todos os ámbitos: ideolóxicos, raciais, confesionais, sexuais. - Axudando ao alumnado con problemas económicos para que a súa situación non o exclúa das actividades.

Page 9: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

Comprometido: - No respeto dos dereitos e deberes democráticos.

- Fomentando hábitos de comportamento democrático, como a tolerancia á diversidade, o respeto ao medio ambiente e unha xestión do centro colaborativa. - Comprometido cos costumes e a tradición da nosa cultura, celebrando conmemoracións como o magosto, o entroido, as Letras Galegas, o Día do Libro. - Comprometido cos valores éticos de xustiza, responsabilidade e solidariedade. O noso centro ten como costume conmemorar o día dos dereitos humáns, o día da paz, o día da muller traballadora e outros similares.

III.2 Principios educativos Consideramos ao noso alumnado como individuos con peculiaridades diferentes, capacidades e talentos que fan deles persoas únicas e insustituibles. Ao mesmo tempo, non son illas senón que forman parte dun grupo humano que é o instituto, e son membros asimesmo dunha sociedade cambiante que esixe, máis que nunca, unha adaptación rápida e exitosa. Apostamos por unha educación integral que atenda tanto á formación académica coma á formación humana baseada nos valores éticos. O principio reitor da formación humana do alumnado debe ser o respeto, extensible a todos os membros da comunidade escolar.

En canto á formación académica pretendemos que o alumno sexa suxeito activo na súa apredizaxe, de xeito que desenvolva o espíritu crítico e a autoconfianza. En canto ao profesorado, debe asumir o papel de mediador e motivador. O noso modelo educativo oriéntase cara a un sistema colaborativo, baseado na observación, na aprendizaxe por descubrimento dos contidos, para o que será de gran utilidade o desenvolvemento das habilidades nas Tecnoloxías da Información e Comunicación e unha boa dotación informática do centro.

III.3 Relación coas familias O IES Monelos ten como obxectivo a cooperación coas familias no crecemento intelectual e humano dos alumnos. Dado que o núcleo familiar e o contorno máis

Page 10: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

próximo a estes, constitúe o ambiente idóneo para reforzar os valores éticos e morais que son o piar do centro educativo. Os titores traballan na procura dun bo funcionamento dos grupos, da potenciación das individualidades e da detección dos problemas persoais ou grupais nas aulas. Os profesores reservan unha hora para recibir aos pais e comentar con eles a evolución académica dos seus fillos a fin de mellorar entre todos o rendemento de cada alumno. Estamos abertos ás suxestións das familias, pois estas poden aportar unha visión diferente dos seus fillos da que carecemos os docentes e que contribúe a atender mellor as súas necesidades. O IES Monelos considera fundamental servir de elemento de cohesión entre as familias e o profesorado, dende unha actitude armonizadora e colaborativa, na que o diálogo debe ser a ferramenta de achegamento e de resolución de problemas e de asunción de retos educativos. Todo isto ao servizo da formación integral dos alumnos. Rexeitamos actitudes discriminatorias en razón do nivel cultural, social, económico ou étnico das familias; pola contra, o noso compromiso é integrar a diversidade e educar para o respecto aos diferentes modelos de familia que existen hoxe na nosa sociedade. Todo o profesorado participa no desexo de contribuír ao proceso de nivelación social que permita a igualdade de dereitos e oportunidades para todas as familias, a través da educación do alumnado. En definitiva, cremos que unha formación de calidade que atenda tanto aos coñecementos académicos como aos valores éticos non é posible se non mantemos un diálogo coas familias, xa que son o núcleo básico do que partimos para reforzar os hábitos positivos e intentar cubrir aquelas carencias que poidan existir e que dificultarían o progreso do alumnado e a súa integración na sociedade como cidadáns libres e comprometidos.

Page 11: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

IV.Alumnado e lingua vehicular IV.1.Alumnado O alumnado que entra na Secundaria Obrigatoria vén do noso centro adscrito, o CEIP San Francisco Javier, co que completamos prácticamente as dúas liñas. Para Bacharelato recollemos alumnado do centro de secundaria Otero Pedrayo, ademáis dunha aportación, cada curso máis notable, dos colexios privados do contorno. O número de alumnos do IES Monelos mantense constante nestes últimos anos, aredor de 480 distribuidos da seguinte maneira:

1º ESO 60

2º ESO 60

2º PMAR 6

3º ESO 60

3º PMAR 6

4ºESO 70

1º Bacharelato 110

2º Bacharelato 110

IV. 2 Lingua vehicular A lingua de comunicación do alumnado e do profesorado, tendo en conta o contorno lingüístico e social no que viven, é tanto o castelán como o galego,

V. O edificio V.1 Antigüidade O instituto de Monelos foi creado no ano 1969 (Orde Ministerial de 19 de xullo, BOE 27 de agosto de 1969) como unha sección do Instituto Masculino da cidade. Dende a súa creación o centro cambiou en diferentes aspectos; no aspecto estructural sufriu tres ampliacións ademais da contrucción dun polideportivo cuberto. Soubo por outra banda aceptar os grandes cambios educativos, académicos e sociais que se foron dando durante estes anos, e hoxe é un centro cunhas características obviamente moi distintas das que tiña nos seus comezos.

Page 12: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

V.2 Planos do edificio

Page 13: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS
Page 14: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS
Page 15: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

VI.Infraestruturas O instituto dispón de - Aulas técnicas: Debuxo, Música. Informática (2), Imaxe, Tecnoloxía, Ximnasio e polideportivo, Bioloxía e Xeoloxía, laboratorios de Física e Química. - Departamentos: Bioloxía, Debuxo, Francés Latín e Grego, Filosofía e Inglés, Galego e relixión, Lingua Castelá, Matemáticas e educación Física, Música e Normalización Lingüística, orientación, Xeografía e Economía. - Biblioteca - Sala de profesores - Administración - Despachos: Dirección, Xefatura de Estudos, Vicedirección e Secretaría. - Outros espazos: Salón de actos, Conserxería, Cafetería, local do AMPA, patio exterior.

VII.Estrutura organizativa do centro O cadro de persoal está formado polo profesorado adscrito ós departamentos didácticos, persoal de administración, conserxes e limpadoras.

Órganos de goberno

Unipersoais: Directora, Vicedirectora, Xefe de Estudos. Secretario, Xefes de Departamento, e coordinador do Equipo de normalización lingüística.

Colexiados: O consello escolar e claustro de profesores

Órganos de coordinación docente Departamentos didácticos

Comisión de coordinación pedagóxica composta polos xefes de departamentos, profesora de pedagoxía terapéutica, coordinador de normalización, xefe de estudos e directora.

Equipos Este ano nomearase a comisión de convivencia, así como un equipo de mediación

Page 16: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

Servizos Biblioteca: temos concedido o plan de bibliotecas escolares (Plan B), que conta cun equipo de profesores encargado.

Conserxería, que conta con dous conserxes

Secretaría-Administración: conta cun secretario e un auxiliar administrativo.

Limpadoras: dúas con horario completo, e unha con media xornada

Páxina web

Cafetería

Asociacións AMPA: Ten súa disposición un local no centro no que desenrola a súa actividade.

Estrutura organizativa do alumnado

Delegados de grupo e subdelegados.

Xunta de delegados.

Titorías e Orientación

Gabinete de Orientación.

Titorías. Cada grupo conta cun titor, e unha hora de atención a pais.

Xuntas de avaliación, constituídas polos profesores do grupo, e presididas polo titor. No caso das avaliacións finais na ESO, están presentes tamén a orientadora e a profesora de pedagoxía terapéutica,así como un membro da dirección.

Page 17: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

Profesorado

O IES Monelos consta na actualidade con 45, profesores. Destes profesores, 33 teñen destino definitivo no centro.

A maioría deles teñen unha antigüidade no centro de mais de 10 anos.

A relación entre o profesorado , alumnado e familias en xeral é moi boa e colaborativa, o que favorece un clima de concordia que permite fomentar un bo ambiente de traballo mais alá da aula.

Dentro de persoal de apoio o departamento de Orientación consta cunha profesora de Pedagoxía Terapéutica.

O centro ten dúas seccións bilingües (correspondentes ao departamento ed Música e, asociado a elas, temos unha auxiliar de conversa de Inglés

Persoal non docente

Dispoñemos de dous conserxes, unha auxiliar administrativa, e tres limpadoras(unha delas a media xornada). Unha das administrativas está en comisión de servizos noutro centro e temos a súa praza cuberta por un sustituto.

O seu traballo que desenvolven de xeito adecuado, e fundamental para o bo funcionamento do IES.

VIII.Oferta educativa

EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

Primeiro 2grupos

Segundo 2 grupos 1 grupo PMAR

Terceiro 2 grupos 1 grupo PMAR

Cuarto 2 grupos

Page 18: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

BACHARELATO

1º Bach

CIENCIAS E TECNOLOXÍA 2grupos Materia de libre configuración: Obradoiro de Comunicación Oral

HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS

2grupos

2º Bach CIENCIAS E TECNOLOXÍA 2grupos

HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS

2grupos

A oferta do centro, tanto en materias específicas como en optativas e itinerarios, vai en función da dispoñibilidade do profesorado e das necesidades do alumnado. Pode verse no apartado XVI (Itinerarios educativos).

IX.Obxetivos xerais Os obxectivos xerais dos proxectos educativo dos centros galegos veñen recollidos nas leis orgánicas, nos Reais Decretos do Estado e nos decretos, ordes e normas da Xunta de Galicia para a educación. Ámbito Pedagóxico

Acadar unha educación integral tanto no ámbito educativo como no persoal, baseada no respecto dos dereitos e liberdades fundamentais, e no exercicio da tolerancia , dentro dos principios democráticos de convivencia. Lograr unha educación baseada, non soamente na adquisición de coñecementos, senón no desenvolvemento de capacidades.

Transmitir a os nosos alumnos a idea de que a educación é algo continuo, e que ao longo do tempo teñen que seguir formándose e aprendendo.

Favorecer a igualdade de oportunidades, tendo presente a atención á diversidade .

Fomentar os hábitos de traballo dos alumnos.

Page 19: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

Dotar ao alumnado dos instrumentos necesarios que lle permitan levar a cabo unha análise crítica da realidade na que se desenvolven.

Formarlos para a paz, e para o repeto do medio ambiente, así como para a cooperación e solidariedade entre os pobos.

Ofrecerlles unha entorna agradable no que se sintan copartícipes e responsables

Promover o uso das dúas linguas oficiais da comunidade.

Ámbito institucional

Participar e colaborar dentro do posible cos organismos e membros da comunidade escolar, para contribuír á mellor consecución dos obxectivos educativos.

Promover boas relacións entre a familia e a escola, entendendo que a colaboración entre ambos é fundamental para a boa formación persoal dos alumnos.

Potenciar o funcionamento das titorías

Acadar unha participación plena de todos os que interveñen no proceso educativo

Ámbito Administrativo

Levar a cabo unha administración áxil e eficaz

A Normativa que regula o currículo da ESO e do Bacharelato na comunidade autónoma de Galicia é o decreto 86 /2015 do 25 de Xuño

Page 20: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

ESO Principios xerais A Educación Secundaria Obrigatoria ten carácter obrigatorio e gratuíto, e constitúe, xunto coa educación primaria, a educación básica. Na Educación Secundaria Obrigatoria prestarase especial atención á orientación educativa e profesional do alumnado. A Educación Secundaria Obrigatoria organízase de acordo cos principios de educación común e de atención á diversidade do alumnado. As medidas de atención á diversidade nesta etapa estarán orientadas a responder ás necesidades educativas concretas do alumnado, ao logro dos obxectivos da educación secundaria obrigatoria e á adquisición das competencias correspondentes, e non poderán, en ningún caso, supor unha discriminación que lle impida alcanzar os devanditos obxectivos e competencias, e a titulación correspondente. Finalidade A Educación Secundaria Obrigatoria ten por finalidade lograr que os alumnos e as alumnas adquiran os elementos básicos da cultura, nos seus aspectos humanístico, artístico, científico e tecnolóxico; desenvolver e consolidar neles hábitos de estudo e de traballo; preparalos para a súa incorporación a estudos posteriores e para a súa inserción laboral, e formalos para o exercicio dos seus dereitos e das súas obrigas na vida como cidadáns. Obxectivos A educación secundaria obrigatoria contribuirá a desenvolver nos alumnos e nas alumnas as capacidades que lles permitan: a) Asumir responsablemente os seus deberes, coñecer e exercer os seus dereitos no respecto ás demáis persoas, practicar a tolerancia, a cooperación e a solidariedade entre as persoas e os grupos, exercitarse no diálogo, afianzando os dereitos humáns e a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes, como valores común dunha sociedade plural, e prepararse para o exercicio da cidadanía democrática. b) Desenvolver e consolidar hábitos de disciplina, estudo e traballo individual e en equipo, como condición necesaria para unha realización eficaz das tarefas da aprendizaxe e como medio de desenvolvemento persoal.

Page 21: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

c) Valorar e respectar a diferenza de sexos e a igualdade de dereitos e oportunidades entre eles. Rexeitar a discriminación das persoas por razón de sexo ou por calqueira outra condición ou circunstancia persoal ou social. Rexeitar os estereotipos que supoñan discriminación entre homes e mulleres, así como calquera manifestación de violencia contra a muller. d) Fortalecer as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas súas relacións coas demais persoas, así como rexeitar a violencia, os prexuízos de calqueira tipo e os comportamentos sexistas, e resolver pacíficamente os conflitos. e) Desenvolver destrezas básicas na utilización das fontes de información, para adquirir novos coñecementos con sentido crítico. Adquirir unha preparación básica no campo das tecnoloxías, especialmente as da información e a comunicación. f) Concibir o coñecemento científico como un saber integrado, que se estrutura en materias, así como coñecer e aplicar os métodos para identificar os problemas en diversos campos do coñecemento e da experiencia. g) Desenvolver o espírito emprendedor e a confianza en sí mesmo, a participación, o sentido crítico, a iniciativa persoal e a capacidade para aprender a aprender, planificar, tomar decisións e asumir responsabilidades. h) Comprender e expresar con corrección, oralmente e por escrito, na lingua galega e na lingua castelá, textos e mensaxes complexas, e iniciarse no coñecemento, na lectura e no estudo da literatura. i) Comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de maneira apropiada. l) Coñecer, valorar e respectar os aspectos básicos da cultura e da historia propias e das outras persoas, así como o patrimonio artístico e cultural. Coñece rmulleres e homes que realizaran achegas importantes á cultura e á sociedade galega, ou a outras culturas do mundo. m) Coñecer e aceptar o funcionamento do propio corpo e o das outras persoas, respectar as diferenzas, afianzar os hábitos de coidado e saúde corporais, e incorporar a educación física e a práctica do deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e social. Coñecer e valorar a dimensión humana da sexualidade en toda a súa diversidade. Valorar críticamente os hábitos sociais

Page 22: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

relacionados coa saúde, o consumo, o coidado dos seres vivos e o medio ambiente, contribuíndo á súa conservación e á súa mellora. n) Apreciar a creación artística e comprender a linguaxe das manifestacións artísticas, utilizando diversos medios de expresión e representación. ñ) Coñecer e valorar os aspectos básicos do patrimonio lingüístico, cultural, histórico e artístico de Galicia, participar na súa conservación e na súa mellora, e respectar a diversidade lingüística e cultural como dereito dos pobos e das persoas, desenvolvendo actitudes de interese e respecto cara ao exercicio deste dereito. o) Coñecer e valorar a importancia do uso da lingua galega como elemento fundamental para o mantemento da identidade de Galicia, e como medio de relación interpersoal e expresión de riqueza cultural nun contexto plurilingüe ,que permite a comunicación con outras linguas, en especial coas pertencentes á comunidade lusófona. Nas programacións didácticas fixaranse as estratexias que desenvolverá o profesorado para alcanzar os estándares de aprendizaxe avaliables previstos en cada materia e, de ser o caso, en cada ámbito, así como a adquisición das competencias. Bacharelato Finalidade O bacharelato ten como finalidade proporcionarlle ao alumnado formación, madureza intelectual e humana, coñecementos e habilidades que lle permitan de-senvolver función sociais e incorporarse á vida activa con responsabilidade e competencia. Así mesmo, capacitará o alumnado para acceder á educación superior. Obxectivos O bacharelato contribuirá a desenvolver no alumnado as capacidades que lle permitan:

a) Exercer a cidadanía democrática, dende unha perspectiva global, e adquirir unha conciencia cívica responsable, inspirada polos valores da Constitución Española e do Estatuto de Autonomía de Galicia, así como polos dereitos humáns, que fomente a corresponsabilidade na construcción dunha sociedade xusta e equitativa e favoreza a sustentabilidade.

Page 23: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

b) Consolidar una madureza persoal e social que lle permita actuar de forma

responsable e autónoma e desenvolver o seu espírito crítico. Ser quen de prever e resolver pacíficamente os conflitos persoais, familiares e sociais.

c) Fomentar a igualdade efectiva de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, analizar e valorar críticamente as desigualdades e discriminacións existentes e, en particular, a violencia contra a muller, e impulsar a igualdade real e a non discriminación das persoas por calqueira condición ou circunstancia persoal ou social, con atención especial ás persoas con discapacidade.

d) Afianzar os hábitos de lectura, estudo e disciplina, como condicións necesarias para o eficaz aproveitamento da aprendizaxe e como medio de desenvolvemento persoal.

e) Dominar, tanto na súa expresión oral como na escrita, a lingua galega e a lingua castelá.

f) Expresarse con fluidez e corrección nunha ou máis linguas estranxeiras.

g) Utilizar con solvencia e responsabilidade as tecnoloxías da información e da comunicación.

h) Coñecer e valorar criticamente as realidades do mundo contemporáneo, os seus antecedentes históricos e os principais factores da súa evolución. Participar de xeito solidario no desenvolvemento e na mellora do seu contorno social.

i) Acceder aos coñecementos científicos e tecnolóxicos fundamentais, e dominar as habilidades básicas propias da modalidade elixida.

j) Comprender os elementos e os procedementos fundamentais da investigación e dos métodos científicos. Coñecer e valorar de forma crítica a contribución da ciencia e da tecnoloxía ao cambio das condicións de vida, así como afianzar a sensibilidade e o respecto cara ao medio ambiente e a ordenación sustentable do territorio, con especial referencia ao territorio galego.

Page 24: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

k) Afianzar o espírito emprendedor con actitudes de creatividade, flexibilidade, iniciativa, traballo en equipo, confianza nun mesmo e sentido crítico.

l) Desenvolver a sensibilidade artística e literaria, así como o criterio estético, como fontes de formación e enriquecemento cultural.

m) Utilizar a educación física e o deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e social, e impulsar conductas e hábitos saudables.

n) Afianzar actitudes de respecto e prevención no ámbito da seguridade viaria.

o) Valorar, respectar e afianzar o patrimonio material e inmaterial de Galicia, e contribuír á súa conservación e mellora no contexto dun mundo globalizado.

A acción titorial e a orientación educativa e profesional terán un papel relevante nesta etapa. O profesor titor coordinará a intervención educativa do equipo docente e manterá unha relación permanente cos pais, coas nais ou cos titores e coas titoras legais, co fin de garantir o exercicio dos dereitos recoñecidos no artigo 4.1.d) e g) da Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación.

X. Adecuación dos obxetivos ao contexto Adecuación dos obxetivos na etapa da ESO Os obxectivos desta etapa fundamentais para o desenvolvemento da persoalidade dos individuos e a formación no respecto e a tolerancia refórzanse coa participación no programa do Concello “Educa Coruña”, a través do cal o alumnado recibe charlas sobre a violencia de xénero, o acoso escolar, sexualidade, educación viaria, etc. Participamos tamén no programa de “Seguridade cidadá” a través do cal a policía colabora disuadindo coa súa presenza ou dando charlas por exemplo sobre o uso das redes sociais, móbiles ou a detección do acoso escolar. O centro colabora con frecuencia con asociacións e ONG tanto nacionais, como da cidade e do barrio co propósito de fomentar a solidariedade. A aceptación deste tipo de accións conta coa participación entusiasta de alumnado, profesorado e familias. A confianza, o espírito emprendedor, o uso das linguas da nosa comunidade máis as linguas estranxeiras, que fan persoas máis preparadas nunha sociedade tan competitiva como a nosa, refórzanse eno instituto Monelos coa participación en

Page 25: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

programas europeos, intercambios ou estancias no estranxeiro, que gozan dunha gran aceptación entre o alumnado e as familias. A inquietude artística e a formación do seu enriquecemento cultural ten un acicate no concurso de fotografía Xurxo Lobato que hai xa moitos anos organízase no noso centro, cunha notable participación do alumnado. Tamén é salientable que unha alta porcentaxe do alumnado estuda no Conservatorio de Música polo que contamos con moitos alumnos interesados na materia de Música, proba deste interese é o concerto que se celebra anualmente o último día de clase do 1º trimestre. O abandono escolar ou alumnado conflitivo non é significativo neste centro o cal non quita para que teñamos medidas de atención que se apliquen segundo as necesidades. Tampouco hai demasiado alumnado emigrante aínda que cada ano o número aumenta. As principais medidas de atención á diversidade son: - Atención titorial e contacto coas familias. - Participación no PMAR nos cursos de 2º e 3º de ESO. - Reforzo do profesor de Pedagoxía Terapéutica. - Seguimento e actuación da Orientadora. - Reunións do profesorado sempre que un caso o require. Adecuación dos obxetivos na etapa do bacharelato Ademais de continuar traballando cos obxectivos da ESO, en Bacharelato temos en conta que unha alta porcentaxe do noso alumnado fai a selectividade, con resultados habitualmente excelentes, e inicia estudos universitarios. Por iso é polo que é moi importante a preparación académica do alumnado de Bacharelato: científica, tecnolóxica, humanística e artística. Conscientes de que sen un desenvolvemento paralelo da persoalidade do individuo, a súa preparación para o mundo laboral non é completa, como complemento á súa formación, organizamos visitas a laboratorios, museos, empresas, teatro, exposicións, tamén a asistencia a charlas ou conferencias de diverso tipo, tanto no instituto como na cidade. A importancia da conciencia europea, da cultura viaxeira que xa comezou na etapa anterior fai que o noso alumnado teña xa adquirido o gusto por ampliar os seus estudos no estranxeiro, ben co obxetivo dun maior coñecemento das linguas estranxeiras ou para estudar unha carreira universitaria. Co este fin moitos alumnos, coa axuda do Departamento de Orientación e o profesorado de inglés, solicitan e obteñen as bolsas USA en 1º de Bacharelato. Moitos deles estudan diferentes linguas na Escola Oficial de Idiomas ou preséntanse aos exames de niveis do Marco de Referencia Europeo en francés ou inglés. Todos os cursos o Departamento de Orientación organiza unha charla informativa para o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato interesado en iniciar estudos de enxeñería na Universidade de Lyon. Co obxectivo de fomentar a inquietude artística e o enriquecemento cultural o centro ofrece a optativa de Imaxe e Fotografía en 1º de Bacharelato. Tamén é destacable que unha alta porcentaxe do alumnado estuda no Conservatorio de

Page 26: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

Música polo que contamos con moitos alumnos interesados nas materias de Música: Linguaxe e Práctica Musical e Análise Musical, e como se dixo antes, proba deste interese é o concerto que se celebra anualmente o último día de clase do 1º trimestre no que participa alumnado de todo o centro con habilidades instrumentais.

Finalmente considerando que o alumnado de 2º de Bacharelato necesita afianzar hábitos de vida saudables, o traballo en equipo, a disciplina, etc. ofrecemos tamén a optativa de Actividade Física e Saúde.

XI.Plan de actividades complementarias e extraescolares

As actividades complementarias e extraescolares son unha seña de identidade do IES Monelos, axudan notablemente á nosa labor formativa, educativa, académica, ao mesmo tempo que aportan unha forma mais dinámica e motivadora de aprender.

A Vicedirección coordina e impulsa as diferentes actividades que por iniciativa súa e dos Departamentos didácticos propóñense ao principio do curso escolar.

A AMPA organiza coa colaboración do centro en horario de tarde actividades extraescolares: deportivas, curso de inglés e francés, e aprendizaxe de guitarra.

Procedemento

Na primeira reunión do Consello Escolar a Vicedirección informa das actividades que vanse realizar ao longo do curso. As familias asinan un permiso xeral para as saídas que faranse na cidade, as saídas fora da cidade terán un permiso especial.

O acompañamento do profesorado faise conforme á normativa, un profesor por cada 20 alumnos. Procúrase que o profesorado acompañante sexa o mesmo que imparte clase ao curso para alterar o menos posible o funcionamento das clases.

Sempre que hai unha actividade infórmase ao profesorado mediante unha plantilla que se expón na sala de profesores e se envía por correo electrónico.

Actividades complementarias

Contamos cunha serie de actividades fixas, aínda que non inamovibles, que gozan de gran aceptación entre o alumnado e as familias.

Page 27: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

Concerto de Nadal. Dende hai varios anos o primeiro trimestre péchase

cun concerto de música que profesores de Música e alumnado do centro con habilidades instrumentais, preparan no tempo de lecer.

Entroido. A Vicedirección xunto co alumnado de 2º Bacharelato organiza un desfile-concurso de comparsas, no que se premia a orixinalidade e a creatividade. A finalidade é potenciar a convivencia e o compañeirismo entre todos os integrantes da comunidade educativa.

DEFRIT. É a actividade máis antiga do instituto, a redacción dun xornal plurilingüe feito por alumnado de varios países. Cada ano hai un encontro nun dos países participantes. Apostamos pola formación de cidadáns europeos e cremos nos beneficios que as actividades deste tipo reportan á mocidade no dominio das linguas, na formación da súa persoalidade etc.

Datas conmemorativas. Somos especialmente sensibles á educación en valores, por iso facemos que a comunidade escolar recorde datas como o Día contra a Violencia de Xénero, o Día dos Dereitos Humáns, o Día da Muller Traballadora. Especial relevancia ten o Día do Libro e o Día das Letras Galegas xa que a dinamización da lectura é outra das nosas prioridades, obxetivo que corre a cargo principalmente da Biblioteca.

Actividades do Concello: Coruña Educa. Participamos en numerosas actividades do Concello a través deste programa. Ao longo do curso e principalmente nas horas de titorías son numerosas as charlas que teñen lugar no centro e que teñen como obxetivo concienciar ao alumnado sobre cuestións como as drogas, internet, a educación vial, o consumo responsable, etc.

Actividades extraescolares

Teatro. Temos un grupo de teatro “TROSMA”, dirixido por un monitor integrado por alumnado de todas as idades dende 1º da ESO a 2º de Bacharelato. Participa na Mostra de Teatro Escolar, no Certame de teatro Candilejas D. Bosco, na Graduación de Bacharelato, no festival de Nadal, etc. Esta actividade xurde para a dinamización da lingua galega e para o desenrolo das capacidades sociais do alumnado.

Graduación de 2º de Bacharelato. O acto de Graduación conta cun programa diverso: teatro, actuacións musicais, discursos e a entrega de orlas. Todos os anos o instituto invita a un antigo alumno ou alumna para que conte a súa experiencia no mundo laboral.

Semana branca. É unha actividade do Departamento de Educación Física.

Ao longo do curso planifícanse saídas extraordinarias, por exemplo visitas a exposicións temporais, participación en concursos, asistencia a obras de teatro, etc.

Page 28: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

Cabe dicir como conclusión que os obxectivos das actividades son reforzar as aprendizaxes curriculares, favorecer a autonomía, o sentido crítico, a apreciación dos valores sociais e o coñecemento de lugares nacionais e internacionais ademais do propio entorno.

XII. Proxecto da biblioteca e plan lector

A biblioteca do IES Monelos forma parte esencial da formación do noso alumnado e pretende transmitir os valores de cooperación, liberdade de pensamento e espírito crítico que o centro defende.

A biblioteca está integrada no PLAMBE dende o ano 2012 e conta cun equipo de cinco profesores que colaboran atendendo as demandas dos alumnos e docentes, proporcionándolles documentos en soporte impreso e dixital, tanto para consulta como para disfrutar no tempo de lecer.

Pero a nosa biblioteca é algo máis que un espazo de consulta e traballo; pretende ser o elemento vertebrador da cultura de todo o centro porque o seu espírito é a búsqueda do coñecemento e a curiosidade polo saber. Dende este obxectivo lévanse a cabo todos os proxectos que realizamos, traballando en conxunto cos alumnos e cos profesores. Ademais, o fomento da lectura ponse en marcha grazas a medidas adoptadas pola biblioteca como Hora de Ler en primeiro ciclo de ESO e os Clubs de Lectura en todos os niveis.

Cada ano a biblioteca emprende accións para o que consideramos fundamental na formación dos rapaces destas idades: despertar o amor pola lectura. Nun mundo cada vez máis tecnolóxico compre non pechar os ollos á realidade futura pero non podemos integrarnos na modernidade se non temos unha bagaxe cultural que nos permita diferenciar o trascendente do que non nos aporta nada como persoas.

Dende hai uns anos a Asesoría de Bibliotecas escolares promove a integración nos centros da alfabetización informacional do alumnado, isto é, familiarizar aos alumnos coas novas ferramentas de consulta que ofrecen as tecnoloxías da información e da comunicación. A través dos proxectos multidisciplinares que emprende a biblioteca do IES Monelos, intentamos que sexa unha realidade a conexión da cultura tecnolóxica coa cultura impresa na vida dos nosos alumnos e que sexan capaces de adquirir coñecemento en ámbalas dúas fontes.

Entre os obxectivos da biblioteca do centro están todos os xa citados e ademais:

A formación de usuarios da biblioteca dirixida fundamentalmente aos alumnos de 1º de ESO.

Page 29: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

Loitar contra o fracaso escolar axudando, xunto co Departamento de Orientación e o profesorado, a desenvolver estratexias de estudo (aprender a esquematizar, elaborar resumos, ler comprensivamente...)

Organizar cada ano unha Semana cultural coa colaboración da Vicedirección do centro.

Axudar e orientar aos Departamentos para seleccionar fontes coas que poidan realizar traballos de investigación.

Elaborar itinerarios lectores e recomendacións de lectura.

Organizar actividades diversas para conmemorar datas sinaladas (Día das Bibliotecas, Samaín, Día da Paz, Día de Rosalía, Día da Poesía, Día do Libro, Día das Letras Galegas.)

Coñecer a vida e obra dos autores a través de Roteiros literarios que acompañan as visitas do Club de Lectura aos lugares da xeografía galega referentes dos escritores.

Todos os proxectos mencionados aparecen recollidos no Proxecto Lector do Centro, documento no que se concretan as liñas de actuación do centro no fomento da lectura e das competencias lingüísticas. Así mesmo, dende a biblioteca coordínase o Plan Anual de Lectura.

A biblioteca cumpre unha función como instrumento compensador das desigualdades sociais dado que o noso centro presenta certo desequilibrio entre alumnos con recursos culturais e económicos e alumnos con carencias nestes ámbitos que é necesario axudar para a súa plena realización na sociedade como cidadáns con oportunidades reais de promoción.

En definitiva, a biblioteca e o profesorado do centro implícanse na realidade de dotar aos nosos alumnos dunha formación que os faga autónomos e os prepare para afrontar con éxito os retos do futuro. XIII. Sección bilingüe. Música 2º e 3º ESO

O Departamento de Música do IES Monelos ten establecida dende o curso académico 2009-2010 o ensino bilingüe en lingua inglesa para os cursos 2º e 3º ESO.

É unha opción que ten o alumnado pois pode escoller o ensino tradicional ou o ensino bilingüe e ten as seguíntes características:

Ensino da asignatura en dous idiomas: galego/castelán e inglés.

Os/as alumnos/as deben cursar obrigatoriamente língua inglesa.

Page 30: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

O currículo da asignatura bilingüe non se modifica.

O idioma nunca será un obstáculo na aprendizaxe das asignaturas: So un reforzo no coñecemento da língua inglesa.

O alumnado que supera a asignatura bilingüe recibe unha credencial de participación que consta no expediente.

O alumnado non pode abandonar a sección bilingüe ata fin de curso salvo causa xustificada e autorizada pola dirección do centro educativo e comunicación á Dirección Xeral de Educación.

É preceptiva a autorización escrita das familias para matricularse nunha sección bilingüe.

O grupo mínimo para impartir unha sección bilingüe é de 12 alumnos/as

A sección bilingüe está coordinada por un membro do Departamento de Língua Inglesa do centro.

A normativa que o regula está recollida no DOG 7 de mayo de 2007.

Os Departamentos de Música e Inglés contan coa colaboración dun auxiliar lingüístico dende o 1 de outubro ate o 30 de maio de cada curso que apoia o labor do profesorado na aula.

XIV. Plan formación do profesorado

A formación do profesorado é chave para conseguir un mellor proceso de ensino-

aprendizaxe dos nosos alumnos. Non só é preciso contar cunha excelente base

inicial, senón tamén que exista unha continuación. Xa o informe McKinsey de 2011,

titulado Pechando a brecha ao talento: atraer e reter ao terzo máis alto ao ensino,

resaltaba a importancia do profesorado para elevar a calidade da educación. Nese

informe, realizado cunha mostra de máis de 50 países, destacábase que aqueles coas

mellores cualificacións formaban aos seus docentes.

Page 31: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

Marco legal

A LOMCE dedícalle pouco (ou case nulo) espazo á formación do profesorado. A súa

presenza queda limitada a aspectos parciais coma as competencias nas TICs, no seu

artigo 111bis, ou o proxecto educativo de calidade, no artigo 122. Leis anteriores

coma a LOE si que especificaban que os docentes debían realizar actividades

formativas que lles poderían servir como mérito no caso de presentarse a oposicións

e concursos (artigo 102).

Porén, consideramos que a formación é un dereito e unha obriga de todos os

profesores: debemos actualizarnos en materia científica, didáctica e profesional coa

axuda dos programas de perfeccionamento docente: mesas redondas, conferencias,

exposicións, seminarios, grupos de traballo e outras actividades.

Obxectivos

As actividades de formación permanente do profesorado terán os seguintes

obxectivos:

O perfeccionamento da práctica educativa, de forma que incida na

mellora do rendemento do alumnado e no seu desenvolvemento persoal e

social, a través da atención ás súas peculiaridades e á diversidade do mesmo.

A aprendizaxe de boas prácticas docentes, o intercambio profesional e a

difusión do coñecemento que contribuirá á creación de redes profesionais.

Impulsar a actualización ligada aos novos currículos ou enfoques

didácticos innovadores.

Na medida do posible, a formación permanente do profesorado do centro

realizarase mediante a promoción e creación de seminarios/grupos de traballo (a

poder ser, de carácter interdisciplinar) para fomentar un ensino máis integral e que

os docentes poidan realizar as súas tarefas con maior eficacia.

Page 32: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

Formación no IES Monelos

O IES Monelos está acreditado como centro de prácticas para a realización do

Practicum do Máster do Profesorado e habitualmente acolle a alumnos titorizados

por profesores de diferentes departamentos.

O claustro participa tamén en de traballo coordinados polo CEFORE, en cursos online

e en cursos de formación do profesorado encargado da biblioteca.

Propostas

Na continua busca de mellorar no traballo docente, propóñense as seguintes

medidas en relación coa formación do profesorado:

No centro

Determinar:

quen propón as actividades formativas.

quen coordina as actividades formativas do profesorado.

Detectar as necesidades formativas dos docentes.

Crear un plan de acollida de novos docentes: información e formación

sobre o uso das TICs presentes no centro (pantallas dixitais, aula virtual,

páxina web, biblioteca...).

Investigar sobre boas prácticas docentes existentes e trasladarllas aos

departamentos do instituto para o seu coñecemento e aplicación.

Informar ao profesorado sobre liñas de investigación didáctica

innovadoras que se estean levando a cabo con respecto ao currículo.

Fomentar a realización no centro de actividades de innovación e

perfeccionamento.

Page 33: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

Dotar á biblioteca do centro de bibliografía específica.

Arquivar os materiais elaborados polos docentes do centro.

Fóra do centro

Facilitar a asistencia a cursos de formación, na medida posible.

Fomentar a participación en procesos de innovación e investigación

educativa

A maiores, proporcionar información puntual das convocatorias, cursos, congresos,

xornadas, axudas, etc., que ofrece a administración educativa para a elaboración de

materiais de tipo curricular ou para o desenvolvemento de actividades de

investigación educativa.

XV. Proxecto lingüístico. Obxectivos do centro para logra-la normalización lingüística O IES Monelos continúa co labor de dinamización lingüística que planificou en anteriores anos académicos. Desde o centro considérase esencial que o alumnado adquira as mellores competencias lingüísticas nas linguas oficiais de Galicia, quer en Lingua Galega quer en Lingua Castelá, alén de favorecer o coñecemento de linguas estranxeiras. Tamén se intentará aumentar as destrezas comunicativas considerando o proxecto lingüístico un pulo fundamental que favorece a aprendizaxe.

O Seminario de Lingua e Literatura Galega, coa colaboración do Seminario de Música e coa Biblioteca, realizará recitais de poemas de diversos autores e audicións musicais na Sala Xurxo Lobato.

A celebración do día de Rosalía, o 24 de febreiro de 2017, farase unha actividade de promoción dos textos da poeta por medio da súa obra. Realizaranse agasallos de

Page 34: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

libros para visualizar o movemento rosalíate e, así realizar un achegamento á vida e obra dunha das autoras máis representantivas da literatura galega. Para promover a creatividade en lingua escrita, o Departamento de Lingua Castelá levará a cabo a conmemoración do Día do Libro convocando un concurso de Microrrelatos ou concurso de chíos. Para o Club de Lectura do Centro elaborarase un Roteiro Literario de Ponteceso e da Costa da Morte para facilitar a viaxe aos eidos de Eduardo Pondal e doutros autores. Incorporarase unha breve escolma de textos representativos de autores que, habitualmente, quedan fóra do currículo escolar da ESO e de Bacharelato. Tomando como pretexto o centenario da aparición da revista A Nosa Terra, intentarase realizar unha pequena exposición didáctica no vestíbulo do Centro sobre esta publicación chave na recuperación cultural do galego. Incluirase unha escolma de textos da Xeración do 16 sobre a lingua galega. Procurarase que teña aplicación didáctica para alumnos de 4.º da ESO e de 2.º de Bacharelato, por apareceren eses autores no programa. Con ocasión do Día das Letras Galegas, preténdese organizar unha lectura de textos do homenaxeado Carlos Casares co alumnado de 4.º da ESO e cos de 1.º de Bacharelato e, tamén, para favorecer a creatividade literaria en galego, será organizado o concurso do Día das Letras Galegas entre os diversos cursos do Centro. Impartiranse algunha conferencia sobre a publicidade e a propaganda nos medios de comunicación e mais sobre a importancia do libro e da lectura na Sociedade do Coñecemento. Ademais, intentarase realizar encontros con persoeiros do mundo da comunicación, do audiovisual ou do cinema para implementar a importancia do coñecemento das linguas en todas as artes escénicas, visuais e audiovisuais.

Parte do alumnado de 1.º de BACH participará no Correlingua 2017 que este ano ten por lema “En galego, sen cancelas”. Desde o Seminario de Lingua Galega preténdese motivar activamente de cara ao uso da lingua, eliminar as posibles barreiras idiomáticas que poidan presentar algúns rapaces e facelos partícipes non só do acto festivo senón da importancia de utilizar a lingua propia de Galicia para que esta non se esqueza. Ante as dificultades de lectura (oral e comprensiva) e o déficit lingüístico que presentan numerosos alumnos e alumnas nos primeiros cursos, os departamentos de Lingua Galega e Lingua Castelá reforzan dinámicas prácticas nas aulas.

Coa colaboración da Biblioteca do IES Monelos , o Departamento de Normalización Lingüística realizará unha pequena actividade co alumnado de 3.º da ESO

Page 35: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

denominada “Adopta un libro”. Esta tarefa xorde coa intención de fomentar o apego pola literatura e dinamizar a lectura dentro e fóra das aulas para fortalecer a súa capacidade crítica. Ademais do mencionado anteriormente, elaborarase recomendacións pedagóxicas para que as familias do alumnado recén chegado ao 1.º curso da ESO.

XVI. A oferta do centro en canto a itinerarios educativos, optativas e actividades e servizos

As actividades ofertadas se recollen no Plan de actividades que ocupa o apartado XI do índice do PEC.

A continuación seguen os itinerarios formativos e as optativas que oferta o centro.

1º ESO Troncais

X Bioloxía e Xeoloxía

X Xeografía e Historia

X Educación Física

X Educa. Plástica-Visual

X Inglés

X Lingua Castelá e Lit.

X Lingua Galega e Lit.

X Matemáticas

X Francés

X Libre Configuración

Escoller unha

Relixión católica Valores Soc e Cív.

Page 36: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

2º ESO

Troncais

X Física e Química

X Xeografía e Historia

X Educación Física

X Música

X Inglés

X Lingua Castelá e Lit.

X Lingua Galega e Lit.

X Matemáticas

X Tecnoloxías

X Francés

X Libre Configuración

Escoller unha

Relixión católica Valores Soc e Cív.

3º ESO

Troncais

X Bioloxía e Xeoloxía

X Xeografía e Historia

X Educación Física

X Inglés

X Física e Química

X Lingua Castelá e Lit.

X Lingua Galega e Lit.

Matemáticas Académicas

Aplicadas Escoller unha

Relixión católica Valores Soc e Cív.

Específicas

X Tecnoloxía X Música X Educación Plástica e Visual

Escoller unha

Cultura Clásica Francés

Page 37: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

4º ESO

Troncais

X Xeografía e Historia

X Educación Física

X Lingua Castelá e Lit.

X Lingua Galega e Lit.

X Inglés

Escoller unha

Relixión católica Valores Éticos.

Específicas

X Tecnoloxía X Música X Educación Plástica e Visual

Escoller unha

Cultura Clásica Francés

ELIXIR UN ITINERARIO

A Ensinanzas Académicas

Bacharelato

B Ensinanzas Académicas

Bacharelato

C Ensinanzas Aplicadas

FP

X Bioloxía-Xeoloxía X Latín X Tecnoloxía

X Física e Química X Economía X Inic.Act.Empresarial

X Mat. Académicas X Mat. Académicas X Mat. Aplicadas

As seguintes asignaturas son comúns para todos os itinerarios. Elexir unha de cada bloque e numerar por orde de preferencia.

BLOQUE 1 BLOQUE 2 C. Clásica (se non cursou en 3º ESO) Tec. da Información e Comunicación

Filosofía Educación Plástica

Música Francés

Tecnoloxía. So para Itinerario A

Page 38: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

1º BACHARELATO

MATERIAS COMÚNS

X Educación Física

X Filosofía

X Lingua Castelá e Literatura I

X Lingua Galega e Literatura I

X Lingua Extranxeira:Inglés I

MODALIDADES DE BACHARELATO

CIENCIAS X Matemáticas I X Física e Química

Escoller unha das seguintes

Bioloxía e Xeoloxía ** Debuxo Técnico I

HUMANIDADES X Latín I

Escoller dúas do seguinte grupo Non se pode escoller simultáneamente 1ª e 2ª nen 3ª e 4ª

Grego Economía HªMundoCont Lit.Universal

CIENCIAS SOCIAIS X Matemáticas aplicadas I X Economía

Escoller unha das seguintes

Hª do Mundo Contemporáneo Literatura Universal

ESPECÍFICAS DE OPCIÓN (6 horas) Comúns para todas as modalidades de bacharelato

Non se poden escoller dúas do mesmo bloque Numerar por orde de preferencia

Bloque 1 Bloque 2 Bloque 3

Tecn.Industrial I (3) Antropoloxía (2) Imaxe (1)

Ling.e Práct. Musical (3) Análise Musical I (3) Obr.Comunic.Oral (1)

Anatomía Aplicada (3)** Cultura Científica (2) Relixión (1)

Só para Bio e Xeo. Francés I (2)

Tec.da Infor. e Com. (2)

Page 39: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

2º BACHARELATO

MATERIAS COMÚNS

X Historia de España

X Lingua Castelá e Literatura II

X Lingua Galega e Literatura II

X Lingua Extranxeira:Inglés II

MODALIDADES DE BACHARELATO

CIENCIAS X Matemáticas II

Escoller dúas do seguinte grupo Non se pode escoller simultáneamente 1ª e 2ª nen 3ª e 4ª

Física Química Deb. Técnico II Bioloxía HUMANIDADES

X Latín II Escoller dúas do seguinte grupo

Non se pode escoller simultáneamente 1ª e 2ª nen 3ª e 4ª

Grego II Economía HªArte Hª Filosofía CIENCIAS SOCIAIS

X Matemáticas aplicadas II X Economía da Empresa Escoller unha das seguintes

Hª da Arte Hª da Filosofía

ESPECÍFICAS DE OPCIÓN (8 horas) Escoller unha do grupo A, outra do B e outra do C

Numerar por orde de preferencia xa que no caso de que non se forme unha específica, o alumno será asignado á seguinte elexida.

CIENCIAS Grupo A Grupo B Grupo C

TIC II (3) CC Terra (3) Met. Estatísticos (2)

Expresión gráfica (3) Francés II (3) Ética e Filosofía (2)

Química II (4) Tec. Industrial II (3) Relixión (1)

Act.Física e saúde (1)

HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS Grupo A Grupo B Grupo C

Tec. Industrial II (3) TIC II (3) Met. Estatísticos (2)

Francés II (3) Psicoloxía (3) Ética e Filosofía (2)

HMD (3) Análise Musical II (3) Relixión (1)

Xeografía (4) Act.Física e saúde (1)

Page 40: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

XVII. As formas de colaboración e participación entre os distintos sectores da comunidade educativa.

O órgano de colaboración e participación entre os sectores da comunidade educativa é o Consello escolar. Faise unha reunión preceptiva por trimestre e as demais que sexan necesarias. A súa composición é a seguínte:

Directora - Senín Bazarra, Irene

Xefe de Estudos - Daviña Astray, Santiago José

Secretario - Orosa Paz, Antón

Profesorado - Acosta Puente, María Teresa - Capelán Rey, Antón - Dorrego Lobón, Jaime - Fernández Casal, Ricardo - Ledo Araújo, Serafín - Otero Roca, Berta - Riera Permuy, Juan Carlos

Alumnado - Álvarez Prieto, Raquel - Carballás Fontela, Paula - Dulzaides García, Alejandro - Mosquera Seriñá, Clara - Santos Cáceres, Rosario - Verde Bermúdez, Noelia

PAS - Fraguío Couto, Isabel Pais - Segura Varela, Ramón - Sucasas Peón, Fátima

Page 41: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

Apa - Gutiérrez González, Verónica Concello - García Guimarey, Isabel XVIII. As formas de colaboración e intercambio cultural cos servicios sociais e educativos do concello

O centro participa todos os anos na oferta de servizos culturais do concello. A principios de curso cada Departamento escolle as actividades que desexa realizar e se fai á petición a través da Vicedirección. A Directora, a Orientadora e o Xefe de Estudos contactan cos servizos sociais cando é necesaria a súa intervención coma nos casos de alumnado residente no centro de menores, alumnado absentista ou alumnado incluído no programa TUTOR. XIX. A concreción dos currículos A concreción dos currículos de cada curso aparece reflectida nos itinerarios formativos. Aparte das materias troncais, específicas e de libre configuración autonómica que alí poden verse, hai que salientar as que tamén aparecen recollidas pero que son materias de libre configuración polo centro. Representan a súa autonomía e son as seguíntes: - Actividade física e saúde - Imaxe - Obradoiro de comunicación oral XX. O tratamento transversal nas materias da educación en valores En las materias de educación en valores se trabajan los temas transversales de educación ambiental, para la paz, moral y cívica, sexual, para la igualdad de oportunidades, para la salud, del consumidor y vial.

Page 42: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

XXI. Estratexias para alcanzar os estándares de aprendizaxe e a adquisición das competencias As estratexias aparecen reflectidas no proxecto didáctico de cada unha das materias a impartir no centro.

XXII. Afondamento e/ou reforzo dalgunha das materias No centro non se adica tempo lectivo ao afondamento ou reforzo das materias troncais salvo no caso do reforzo por exención de língua francesa nos cursos 1º e 2º ESO que se adica unha hora semanal a língua castelá e outra a matemáticas.

XXIII. Medidas específicas de xeito de que promova a práctica diaria do exercicio físico

Desde el Departamento de Educación Física, se impulsa y promociona la práctica de ejercicio físico diario, como una manera de crear hábitos saludables en la población estudiantil, con el objetivo de mejorar la calidad de vida de los futuros ciudadanos.

Para ello se llevan a cabo durante todo el curso escolar, los denominados "recreos activos", consistentes en la organización de diferentes torneos, campeonatos y actividades lúdicas variadas, de manera que los alumnos aprovechen el tiempo de descanso de manera provechosa. La participación es voluntaria, intentando siempre proponer actividades que resulten atractivas, para que la participación sea cada vez mayor. Durante los días que no haya actividades organizadas, el pabellón permance abierto bajo la supervisión de un profesor de guardia, de manera que la lluvia o el frío no sean un impedimento para la práctica deportiva. XXIV. Concrecións curriculares

Son acordos do claustro que afectan ao ámbito pedagóxico do centro. No caso dos agrupamentos é preciso a disponibilidade de profesorado e a autorización da inspección.

- Agrupamentos: nos cursos da ESO nas materias de lingua castelá, lingua galega, lingua inglesa e matemáticas fanse agrupamentos de alumnado. Normalmente se reparten en tres grupos as dúas liñas por curso.

- Avaliación: cada Departamento establece o valor porcentual do traballo en clase se considera que debe ter consideración no nota da materia. Igualmente cada

Page 43: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

Departamento establece e comunica o sistema de recuperación de materias pendentes. Na ESO é o profesorado que imparte clase ao grupo quen se encarga do seguimento. En bacharelato é o Xefe/a do Departamento a persoa que fai a recuperación.

- Avaliación dos proxectos didácticos: cada Departamento establece o seu sistema de avaliación e propostas de mellora.

- Matrículas de honra 4º ESO e 2º bacharelato: concédense ao 5% do alumnado matriculado. Hai que ter como mínimo un 9 na nota media do curso 4º ESO ou 2º de bacharelato para poder participar na selección das matrículas. As matrículas se ordenan de xeito descendente partindo da nota media mais alta do respectivo curso. Se houbera empate hai dous criterios de resolución: 1º) a nota máis alta na media do 1º curso de bacharelato para a matrícula de honra de 2º bacharelato ou a nota media máis alta primeiro en 3º ESO, logo en 2º ESO e por último en 1º ESO para a matrícula de honra en 4º ESO; 2º) o azar.

- Criterios de admisión na matrícula en asignaturas específicas de ESO e Bacharelato: para seren admitidos nas asignaturas específicas de cada curso, se a demanda é superior á oferta, establécense os seguíntes criterios de prioridade.

Materias específicas con continuidade

1º- Alumnado que se matricula en xuño e cursou a mesma asignatura no curso inmediatamente anterior se fora o caso.

Ten prioridade o alumnado que se matricule con anterioride sempre dentro do prazo de matrícula.

2º- Alumnado que se matricula en setembro e cursou a mesma asignatura no curso inmediatamente anterior se fora o caso.

Ten prioridade o alumnado que se matricule con anterioride sempre dentro do prazo de matrícula.

3º- Alumnado que se matricula en xuño e non cursou a mesma asignatura no curso inmediatamente anterior.

Ten prioridade o alumnado que se matricule con anterioride sempre dentro do prazo de matrícula.

Page 44: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

4º- Alumnado que se matricula en setembro e non cursou a mesma asignatura no curso inmediatamente anterior.

Ten prioridade o alumnado que se matricule con anterioride sempre dentro do prazo de matrícula.

Materias específicas sen continuidade

1º- Alumnado que se matricula en xuño.

Ten prioridade o alumnado que se matricule con anterioride sempre dentro do prazo de matrícula.

2º- Alumnado que se matricula en setembro.

Ten prioridade o alumnado que se matricule con anterioride sempre dentro do prazo de matrícula.

Tanto en xuño como en setembro o día que se peche a admisión no grupo da materia específica se publicará un anuncio na Secretaría do centro para comunicalo ao alumnado e a partir do día seguínte non se admitirá ningunha matrícula na devandita materia.

Page 45: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

XXV. Normas de Organización e funcionamento (NOF)

Page 46: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

TÍTULO I: DISPOSICIÓNS XERAIS Ámbito de aplicación Procedemento de aprobación e revisión dasNOF Disposicións lexislativas Órganos de goberno e coordinación TÍTULO II: INSTALACIÓNS E SERVIZOS Organización do uso de instalación e servizos TÍTULO III: DEREITOS E DEBERES Capítulo 1. Dereitos e deberes do persoal docente

- Dereitos e deberes do profesorado - Profesorado de garda - Profesorado titor

Capítulo 2. Dereitos e deberes do persoal non docente Capítulo 3. Dereitos e deberes do alumnado

- Dereitos e deberes do alumnado - Representación do alumnado

Capítulo 4. Dereitos e deberes dos pais, nais e titores legais TÍTULO IV: NORMAS DE CONVIVENCIA Capítulo 1. Normas de convivencia Capítulo 2. Conductas contrarias ás normas de convivencia Capítulo 3. Condutas gravemente prexudiciais á convivencia TÍTULO V: ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES ANEXOS

Page 47: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

TÍTULO I: DISPOSICIÓNS XERAIS

ÁMBITO DE APLICACIÓN

1. Estas Normas son de aplicación para todas as actividades escolares, extraescola-

res e complementarias que teñan lugar tanto no recinto escolar como fóra del.

2. As normas contidas nestasNOF obrigan atodos os sectores da Comunidade Edu-

cativa: profesorado, alumnado, persoal non docente, e pais nais ou titores legais

3. As normas contidas neste documento obrigan tamén a institucións e persoas

alleas ao Centro que utilicen as súas instalación ou servizos.

4. A Dirección do Centro será a responsable da súa divulgación e cumprimento.

5. O descoñecemento de todo ou de parte destas normas non exime do seu cum-

primento.

6. Os obxectivos xerais destas pódense resumir nos seguintes

- Organizar a participación dos membros da Comunidade Educativa no Centro.

- Clarificar as normas de convivencia e funcionamento do IES Monelos.

- Concretar e repartir responsabilidades non contempladas na normativa vixen-

te.

- Homoxeneizar os procedementos para o funcionamento cotián do Centro.

PROCEDEMENTO DE APROBACIÓN E REVISIÓN DASNOF

1. Corresponde ao Consello Escolar a aprobación, revisión ou calqueira modificación

destasNormas de Organización e Funcionamento

2. O Consello Escolar estudará as propostas de reforma que presenten os distintos

colectivos da Comunidade Educativa.

3. A avaliación destasNOF é un proceso continuo que emana da súa aplicación

práctica.

Page 48: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

TÍTULO I: DISPOSICIÓNS XERAIS

4. A revisión dasNOF deberá facerse ao comezo de curso, para ser incluída na Pro-

gramación Xeral Anual.

5. Os protocolos de actuación anexos a estasNOF forman unha serie de concrecións

e normas para facilitar o uso destasNOF. A modificación de ditos protocolos co-

rresponderá á Dirección do Centro.

DISPOSICIÓNS LEXISLATIVAS

o Real Decreto 732/1995 de 5 de maio por el que se establecen los derechos y de-

beres de los alumnos y las normas de convivencia en los centros (BOE 2 junio

1995)

o Decreto 324/1996 de 26 de xullo polo que se aproba o Regulamento orgánico dos

institutos de educación secundaria (DOG 9 agosto 1996)

o Orde do 1 de agosto de 1997 pola que se ditan instrucións para o desenvolve-

mento do Decreto 324/1996 polo que se aproba o Regulamento orgánico dos

institutos de educación secundaria (DOG 2 setembro 1997)

o Lei Orgánica, 2/2006, de 3 de mayo, de educación (BOE 4 mayo 2006)

o Decreto 85/2007, do 12 de abril, polo que se crea e regula o Observatorio Galego

da Convivencia Escolar (DOG 8 maio 2007)

o Orde do 28 de xuño de 2010 pola que se modifica parcialmente a orde de 1 de

agosto de 1997 pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento do Decre-

to 324/1996 polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de edu-

cación secundaria (DOG 6 xullo 2010)

o Ley Orgánica 4/2011, de 11 de marzo, complementaria de la Ley de Economía

Sostenible, por la que se modifica la Lei Orgánica, 2/2006, de 3 de mayo, de edu-

cación (BOE 12 marzo 2011)

o Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da Comunidade Educa-

tiva (DOG 15 xullo 2011)

Page 49: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

TÍTULO I: DISPOSICIÓNS XERAIS

ÓRGANOS DE GOBERNO E COORDINACIÓN

1. Órganos unipersonais

Dirección

Vicedirección

Secretaría

Xefatura de Estudios

2. Órganos colexiados

Consello Escolar

Claustro de Profesores

3. Órganos de coordinación docente

Departamento de Orientación

Departamento de Actividades Complementarias e Extraescolares

Departamentos Didácticos

Comisión de Coordinación Pedagóxica

Equipo de Normalización e Dinamización lingüística

4. As competencias e funcións dos órganos de goberno e coordinación dos IES

aparecen recollidas nas disposicións lexislativas sinaladas no epígrafe anterior.

5. Ademais asumirán todas as tarefas e responsabilidades que aparecen sinala-

das nestasNormas de Organización e Funcionamento e nos protocolos de actua-

ción anexos.

Page 50: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

TÍTULO II: INSTALACIÓNS E SERVIZOS

ORGANIZACIÓN DO USO DE INSTALACIÓNS E SERVIZOS

1. Horario do Centro.

a. O horario lectivo do Centro é de luns a venres entre 08:30 e 14:10 da mañá, e os

martes ente as 16:20 e 18:00.

b. O Centro permanecerá aberto desde as 08:00 horas ata ás 15:00 horas, agás os

martes que se pechará as 18:30 horas.

c. Este horario poderá alterarse coa celebración de reunións, exames específicos,

xuntas de avaliación ou actividades complementarias.

2. Portas de acceso e patio

a. Hai dúas portas de acceso: antiga (porta de acceso para peóns e vehículos) e nova

(porta de acceso peonil)

- A porta de acceso antiga permanecerá aberta durante todo o horario do Cen-

tro. Os vehículos deben extremar a precaución pola presenza de peóns no seu

entorno.

- A porta de acceso nova permanecerá aberta unicamente no horario de entra-

da e saída

b. O acceso e saída do Centro debe facerse por calquera das dúas portas. Saír ou

entrar ao recinto saltando oenreixado que o delimita está prohibido, e será tipifi-

cado como falta leve.

c. O patio e os xardíns son lugares de esparcemento do alumnado nos tempos de

lecer. Deben coidarse e manterse limpos como calquera outra instalación do Cen-

tro.

d. De acordo coa letra c) anterior, permitese o aparcamento de vehículos na zona

delimitada a tal efecto pola Xefatura Territorial da Consellería de Educación, e

que ven delimitada por unha liña recta amarela que vai desde o muro de separa-

ción co parque de Oza ata o edificio do Centro. Durante o horario escolar, só se

poderá aparcar vehículos na zona que vai desde a actual porta de vehículos ata a

citada liña amarela. Deberá manterse en bo estado de conservación a pintura da

liña que permite a delimitación da zona de aparcamento.

Page 51: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

TÍTULO II: INSTALACIÓNS E SERVIZOS

3. Cafetería

a. A consumición de comida ou bebida farase nese espazo, no recinto exterior, ou

nos corredores da planta baixa.

b. Permanecerá aberta durante todo o horario lectivo do Centro.

c. Como norma xeral, o alumnado só poderá estar na cafetería durante os recreos.

d. Poderase xogar ao xadrez, damas ou calquera outro xogo educativo.

4. Secretaría

a. Permanecerá aberta durante o horario lectivo do Centro.

b. A expedición das certificacións ou calquera outra documentación solicitada fara-

se, como regra xeral, nun prazo de 48 horas.

5. Conserxería

a. Permanecerá aberta durante todo o horario lectivo do Centro.

b. Durante os recreos, adicarase preferentemente á atención do alumnado.

c. Nela estarán a disposición do profesorado as chaves de todas as instalacións do

Centro.

d. Está prohibida para todo o persoal a estancia dentro do recinto. Para calquera

solicitude utilizarase a xanela.

6. Servizo de reprografía

a. A fotocopiadora será utilizada unicamente polos conserxes.

b. Non hai límite de fotocopias por departamento. O profesorado dispón dun rexis-

tro en conserxería onde deberá anotar as copias realizadas.

c. O encargo de fotocopias deberá facerse preferentemente cun mínimo de 24

horas de antelación.

d. O alumnado poderá facer fotocopias durante os recreos, e aboará o seu importe.

e. Os traballos particulares que solicite o profesorado, tamén deberán ser aboados

por eles.

Page 52: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

TÍTULO II: INSTALACIÓNS E SERVIZOS

f. Os prezos das fotocopias para o alumnado, ou dos traballos particulares serán

revisados anualmente.

7. Salas de visitas

a. Son de uso exclusivo de profesores e titores para recibir a pais e nais.

b. As chaves das salas de visitas estarán en conserxería.

8. Sala do profesorado

a. É de uso exclusivo do profesorado. Está prohibido o acceso do alumnado, agás se

vai acompañado por algún profesor

b. Cando por motivos xustificados o alumnado deba dirixirse á sala do profesorado,

deberá agardar na porta ata ser atendido.

9. Departamentos

a. Os departamentos forman parte das instalacións do Centro.

b. Nos departamentos atópase o material das diferentes materias e do profesorado,

polo que o alumnado que acuda a ditos espazos debe estar sempre acompañado

por algún profesor.

c. A utilización desas instalacións para calquera outro uso, debe ser autorizada polo

profesorado responsable deses espazos, ou pola Dirección do Centro.

10. Aseos, corredores

a. Os corredores son zonas de tránsito, e non se pode permanecer nelas nas horas

lectivas, cambios de clase ou recreos. Tampouco esta permitido o consumo de

comida ou bebida neles.

b. Os aseos deben utilizarse durante os recreos. Nos cambios de clase ou durante a

clase o alumnado non poderá acudir a eles sen a autorización expresa do profe-

sor (que deberá limitar ao máximo esta excepción para evitar a interrupción do

traballo na clase e os incidentes nos corredores)

Page 53: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

TÍTULO II: INSTALACIÓNS E SERVIZOS

11. Aulas

a. A Dirección do Centro distribuirá as aulas de referencia e as aulas de desdobre

segundo as necesidades e horarios dos grupos de alumnado.

b. Calquera aula do Centro poderá ser utilizada polo profesorado no tempo en que

non teña ocupación fixa.

c. As aulas deberán permanecer pechadas durante o tempo de lecer.

d. O profesorado disporá de chaves da apertura das aulas.

e. O delegado de curso, disporá da chave da aula de referencia do seu grupo, e será

o encargado de abrir e pechar a aula nas horas de entrada, saída e durante os re-

creos.

12. Aulas de Audiovisuais, Informática e Xurxo Lobato

a. A Dirección do Centro distribuirá as horas de ocupación fixa de ditas aulas.

b. Poderán ser utilizadas polo profesorado que o solicite anotándose nos cadros

mensuais existentes na sala do profesorado.

c. O profesorado que as utilice é o responsable do bo uso das mesmas.

d. Nas aulas de Informática terán preferencia aquelas materias (Informática e TIC)

que requiran o uso ineludible de ordenadores, polo que se lles asignará un hora-

rio de ocupación fixa.

e. Na aula Xurxo Lobato terán preferencia para o seu uso as probas oficiais, e as ac-

tividades complementarias.

f. As anomalías atopadas ou que se produzan durante a utilización de ditas aulas

deberán anotarse nos partes de incidencias existentes na sala do profesorado.

13. Aulas específicas da ESO, Laboratorios, Pavillón

a. As aulas específicas da ESO (Música, Tecnoloxía, Plástica e Visual, Relixión e V. de

Sancho) e os laboratorios (Ciencias Naturais, Física e Química) e o Pavillón (Edu-

cación Física) forman parte das instalacións do Centro.

Page 54: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

TÍTULO II: INSTALACIÓNS E SERVIZOS

b. O profesorado que imparte esas materias nesas aulas será o responsable da súa

boa utilización.

c. A utilización desas instalacións para calquera outro uso, debe ser autorizada polo

profesorado responsable deses espazos, ou pola Dirección do Centro.

d. As anomalías atopadas ou que se produzan durante a utilización de ditas aulas

deberán anotarse nos partes de incidencias existentes na sala do profesorado

14. Biblioteca

a. En cada hora lectiva e nos recreos estará aberta, sempre que o permita a dispo-

ñibilidade horaria, atendida por un profesor de garda .

b. A Biblioteca non poderá estar aberta sen un profesor responsable dela.

c. É un lugar de estudio e traballo, polo que debe manterse silencio e orde.

d. O profesor encargado entregará os libros solicitados en préstamo e recollerá os

libros reintegrados, cubrindo a documentación correspondente.

e. O alumnado debe cumprir os prazos (15 días) para a devolución dos prestamos

de material. Non cumprir os prazos sinalados será tipificado como falta leve e

sancionado segundo estasNOF

f. A Biblioteca poderá ser utilizada polo profesorado que o solicite anotándose nos

cadros mensuais existentes na sala do profesorado

g. Calquera incidencia ocorrida será anotada no parte de incidencias semanal

15. Material

a. A adquisición de material con cargo ao orzamento do Centro solicitarase á Direc-

ción do Centro, que autorizará ou denegará a compra, en función das posibilida-

des económicas do centro, da necesidade do material solicitado e tendo en conta

as inversión proporcionais en material doutros Departamentos do Centro.

b. O material de uso compartido (portátiles, canóns, televisión,…) poderán ser utili-

zados por calquera profesor, previa solicitude.

c. Os Departamentos Didácticos terán prioridade no uso do seu material propio.

Page 55: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

TÍTULO II: INSTALACIÓNS E SERVIZOS

16. Taboleiros de anuncios

a. Hai taboleirosde anuncios distribuídos por todo o Centro, con etiquetas que indi-

can a súa función.

b. A utilización dos taboleiros axustarase á finalidade dos mesmos.

17. Taquillas

a. Son propiedade do Centro, cederanse en uso ao alumnado, previo pago dunha

cantidade en depósito que será decidida e revisada polo Consello Escolar do Cen-

tro.

b. Ao remate do curso, o secretario comprobará o bo estado da taquilla, e se proce-

de, devoltará ao alumnado a cantidade depositada.

18. Uso de espazos por persoal alleo ao Centro

a. O Consello Escolar do Centro fixará as diretrices para a utilización dos espazos e

instalacións do Centro por institucións, asociacións ou persoas alleas ao mesmo.

b. A Dirección do Centro poderá autorizar o uso das instalacións do Centro sempre

que non se altere o normal desenvolvemento das actividades docentes.

c. A utilización das instalacións solicitarase por escrito á Dirección do Centro, e irá

acompañada dun dossier informativo que conteña os seguintes epígrafes.

- Descrición da actividade.

- Identificación dos responsables.

- Número e características dos usuarios.

- Data e horario de celebración da actividade.

- Compromiso de responsabilidade na reparación dos danos ou estragos que se

poidan ocasionar.

- Compromiso de responsabilidade da limpeza e mantemento da instalación.

- Necesidades técnicas.

- Proposta de contraprestación económica.

Page 56: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

TÍTULO II: INSTALACIÓNS E SERVIZOS

d. Unha vez concedida a autorización, só poderán acceder ao Centro os participan-

tes na actividade e durante o tempo que dure dita actividad.

Page 57: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

TÍTULO III: DEREITOS E DEBERES

Capítulo 1: Dereitos e deberes do persoal docente Dereitos e deberes do profesorado

Os dereitos e deberes do PERSOAL DOCENTE están recollidos no Título II da Lei

4/2011 de convivencia e participación da Comunidade Educativa

DEREITOS DO PERSOAL DOCENTE.

1. Todo o profesorado do Centro ten dereito a desenvolver o seu labor nun réxi-

me de liberdade, colaboración e respecto mutuo e nun ambiente educativo adecua-

do no que se preserve a súa integridade física e moral, empregando os métodos pe-

dagóxicos máis axeitados para a formación integral e a realización persoal do alum-

nado, debendo ser respectado, recibir un trato adecuado e ser valorado polo resto

da Comunidade Educativa e pola sociedade en xeral no exercicio das súas funcións.

2. Á protección xurídica adecuada ás súas funcións docentes.

3. A utilizar as instalacións, medios e materiais pedagóxicos dispoñibles no Cen-

tro con fins educativos.

4. A fomentar actividades culturais e deportivas que promocionen o nivel educa-

tivo e físico do alumnado.

5. A esixir ao alumnado bo comportamento, atención e puntualidade na clase.

6. A participar e recibir a colaboración necesaria para a mellora da convivencia

escolar e da educación integral do alumnado.

7. A que se lle recoñezan as facultades precisas para manter un adecuado am-

biente de convivencia durante as clases e as actividades e os servizos complementa-

rios e extraescolares.

8. A tomar as medidas que se teñan establecido e se consideren oportunas no

momento en que se produza calquera conduta contraria á convivencia, e, de acordo

cos procedementos recollidos nestas Normas de Organización e Funcionamento, dar

traslado dos feitos ao titor do grupo ou ao órgano competente.

9. A propor que sexan tomadas en consideración cantas suxestións se presenten

co fin de mellorar o nivel académico e de convivencia e calquera das recollidas nas

disposicións oficiais, debendo ser elevadas ós órganos correspondentes.

10. A seren informados periódica e puntualmente de cantas disposicións, aconte-

cementos e aspectos da xestión e administración afecten ao Centro en xeral e ós

profesores en particular.

11. A poder consultar toda a documentación oficial do Centro.

Page 58: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

TÍTULO III: DEREITOS E DEBERES

Capítulo 1: Dereitos e deberes do persoal docente Dereitos e deberes do profesorado

12. A percibir, con cargo aos orzamentos xerais do Centro, e segundo o estableci-

do na lexislación vixente, as dietas derivadas dos desprazamentos con motivo das

actividades complementarias.

DEBERES DO PERSOAL DOCENTE.

13. Asistir puntualmente ás clases e demais actividades docentes convocadas, así

como a todas aquelas reunións ás que sexa convocado por titores, xefes de depar-

tamento ou polo Equipo Directivo.

14. Facilitar, en coordinación co/a titor/a, información ás nais e pais ou ás titoras

ou titores, sempre que se considere necesario ou estas o requiran, sobre o progreso

da aprendizaxe e integración socioeducativa das súas fillas ou fillos, cumprindo as

obrigas de dispoñibilidade dentro do horario establecido no Centro para a atención a

aqueles ou no seu defecto noutra hora, previo acordo entre as partes.

15. Respectar e facer respectar as normas de convivencia escolar e a identidade,

integridade e dignidade persoais de todos os membros da Comunidade Educativa e

colaborar activamente na prevención, detección e erradicación das condutas contra-

rias á convivencia e, en particular, das situacións de acoso escolar.

16. Adoptar as decisións oportunas e necesarias para manter un adecuado am-

biente de convivencia durante as clases e as actividades e os servizos complementa-

rios e extraescolares, corrixindo, cando lle corresponda, as condutas contrarias á

convivencia realizadas por calquera membro da Comunidade Educativa, e, de acordo

cos procedementos recollidos nestas normas, dar traslado dos feitos se fora preciso.

17. Informar aos responsables do Centro docente e, de ser o caso, á Administra-

ción educativa das alteracións da convivencia, gardando reserva e sixilo profesional

sobre a información e as circunstancias persoais e familiares do alumnado.

18. Gardar a discreción necesaria sobre calquera circunstancia excepcional da vida

privada do alumnado e do seu entorno familiar, cando ese coñecemento se derive

do propio desempeño da función docente.

19. Preocuparse pola boa marcha do Centro e colaborar nas actividades docentes

e complementarias que se programen colectivamente.

20. Acordar co alumnado e anunciar as datas dos exames o probas de avaliación,

cun mínimo razoable de antelación, mostrar os exames e outras probas corrixidas e

Page 59: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

TÍTULO III: DEREITOS E DEBERES

Capítulo 1: Dereitos e deberes do persoal docente Dereitos e deberes do profesorado

proporcionar as aclaracións oportunas sobre as cualificacións, que poderán ser por

escrito ou ben oralmente.

21. Acatar as resolucións tomadas polo seu respectivo Departamento.

22. Asistir a todas as sesións de avaliación procurando dar solucións aos proble-

mas que nelas xurdan.

23. Cumprir as directrices dos órganos de goberno do Centro.

24. Avisar, o antes posible, da súa ausencia do Centro.

25. Garantir o respecto á dignidade persoal do alumnado e esixirlles o cumpri-

mento dos deberes de estudo, puntualidade e aproveitamento do tempo.

26. Manter baixo a súa atención, durante todo o tempo da clase, a todo o alum-

nado que teña encomendado. Procurar como norma xeral que ningún alumno saia

da aula ata que soe o timbre que sinala o final do período lectivo.

27. Coidar da correcta utilización das instalacións e do material do Centro e, en

especial de vídeos, TV, ordenadores, canóns, etc.

28. Velar pola orde, limpeza e trato correcto entre o alumnado, así como pola or-

de e limpeza das aulas e as zonas comúns, interiores e exteriores.

29. Contribuír ao aforro no Centro, mantendo e promovendo condutas ecolóxicas

e de orde no uso de recursos e materiais ( apagar luces, pechar ventás,reutilizar pa-

pel, indicar ao alumnado que coloque as cadeiras enriba das mesas...).

30. Coñecer, respectar, cumprir e esixir o cumprimento da lexislación do Centro en

xeral, e dasNOF, en particular.

31. Participar na consecución dos fins e obxectivos propostos no PEC.

OUTRAS NORMAS.

32. O profesorado abandonará a aula tras a salida de todo o alumnado nas sesións

lectivas anteriores aos recreos e nas últimas sesións dos períodos lectivos da mañá e

da tarde, debendo comprobar que se apagan as luces e se pecha con chave a aula.

Cando o alumnado teña clase nalgunha aula diferente á propia do grupo, o profeso-

rado deberá facilitar que poidan recoller ou gardar o material que precisen na súa

Page 60: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

TÍTULO III: DEREITOS E DEBERES

Capítulo 1: Dereitos e deberes do persoal docente Dereitos e deberes do profesorado

aula. Asemade, controlará que o alumnado deixe as aulas ordenadas tanto entre cla-

ses como ao remate da xornada.

33. Para facer uso das aulas específicas (Informática, Plástica, Biblioteca, etc.) o

profesorado deberá anotarse nos paneis horarios existentes na sala do profesorado

para tal fin.

34. Na utilización das aulas específicas (Biblioteca, talleres, educación física,

etc,...) o profesorado seguirá as normas de uso específicas para estas aulas.

35. No caso das faltas de asistencia do profesorado, cando estas sexan previstas,

deben comunicarse coa suficiente antelación e, na medida do posible, cada profesor

procurará deixar actividades de carácter lectivo, que serán entregadas, ben na Xefa-

tura de Estudos, ben a algún docente que supla a súa ausencia de acordo co horario

de gardas establecido.

36. O profesorado poderá ocupar a franxa horaria dun profesor ausente, adian-

tando ou atrasando a primeira ou última hora. Estes cambios horarios só poderán

facerse a partir de 3º ESO, e sempre e cando o alumnado teña autorización para en-

trar tarde ou saír cedo do instituto.

37. No caso das condutas disruptivas na aula, que impidan o normal desenvolve-

mento do traballo, o profesor poderá enviar ao alumno á zona deconvivencia e con

tarefas asignadas. O alumno será atendido polo profesorado de garda.

38. O profesor deberá anotar as faltas de asistencia e puntualidade no XADE

cunha perodicidade semanal. Ao comezo dunha semana deberán estar anotadas as

faltas da semana anterior.

39. O profesor debe responsabilizarse da atención do alumnado sancionado por

él, cando dita sanción implique a suspensión de recreos.

40. Cando un profesor organice unha actividade complementaria ou extraescolar,

debe encargarse da planificación da actividade, incluíndo a procura de profesorado

acompañante. A Vicedirección encargarase unicamente da contratación de transpor-

te cando sexa necesario.

41. O profesorado que remate as clases con segundo de bacharelato, deberá

cumprir co seu horario lectivo, substituíndo as horas de clase perdidas por horas de

garda.

Page 61: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

TÍTULO III: DEREITOS E DEBERES

Capítulo 1: Dereitos e deberes do persoal docente Dereitos e deberes do profesorado

42. O profesor que derive alumnado á Biblioteca para realizar algún traballo, debe

ocuparse da súa atención na propia Biblioteca.

Page 62: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

TÍTULO III: DEREITOS E DEBERES

Capítulo 1: Dereitos e deberes do persoal docente Profesorado de garda

FUNCIONAMENTO DAS GARDAS

1. O profesorado de garda será o encargado de vixiar e manter a orde no institu-

to durante as clases e os tempos de lecer, velando polo cumprimento das normas de

convivencia sinaladas nestasNOF.

2. A Xefatura de Estudos organizará o calendario de gardas ao principio de curso

procurando que haxa dous profesores/as de garda en cada período lectivo ou recreo.

Para garantir isto darase preferencia a esta norma antes das peticións individuais de

horario de cada profesor ou profesora.

3. Para facilitar o labor do profesorado de garda elaborarase a principio de curso,

unha vez que os horarios estean rematados, un manual de organización escolar co

seguinte contido:

Horario do Centro.

Calendario escolar.

Horario de gardas.

Horario de permanencia do Equipo Directivo.

Horas de recepción de pais.

Horario de xefes de departamento.

Horarios de profesores e grupos.

Horarios de aulas (por días).

Listado de alumnos por grupo, con fotografías

4. Os exemplares deste manual distribuiranse a:

Conserxería.

Xefatura de Estudos.

Dirección.

Sala do profesorado

5. Na sala do profesorado reservarase un espazo para o libro de gardas e o ma-

nual de organización escolar.

6. Na Biblioteca reservarase un espazo para o parte de gardas.

7. Ao remate das clases de segundo de bacharelato ou de atención ao alumnado

de programas europeos, a xefatura de estudios, reorganizará o horario do profesora-

Page 63: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

TÍTULO III: DEREITOS E DEBERES

Capítulo 1: Dereitos e deberes do persoal docente Profesorado de garda

do afectado pola perda de horas lectivas ou complementarias substituíndo ditas

horas por horas de garda.

8. Establécense catro tipos de gardas:

Gardas de Dirección.

Gardas de aula.

Gardas de recreo

Gardas de Biblioteca.

GARDAS DE DIRECCIÓN.

9. En todo o horario lectivo haberá, como mínimo, un membro da Dirección que

estará, a disposición do profesorado ou de calquera outra cuestión ou eventualidade

que poida xurdir no instituto. En caso de accidente este directivo será o encargado

de articular as medidas necesarias para levar a cabo a evacuación correspondente.

GARDAS DE AULA.

10. Como mínimo, haberá dous profesores de garda en cada unha das horas do

horario lectivo.

11. Ao comezo a garda, o profesorado de garda consultará o libro de gardas para

detectar as ausencias previstas.

12. A continuación, logo, percorrerán todos os corredores, para manter a orde e

detectar as ausencias imprevistas.

13. Cando se constaten as ausencias,o profesorado de garda realizará as gardas

de substitución necesarias para cubrir a ausencias.

14. O profesorado de garda que non teña que facer garda de substitución, perma-

necerá na sala do profesorado para atender calquera incidencia que se produza no

período da garda.

15. O profesorado que faga gardas de substitución aterase ás seguintes normas:

Anotará a falta ao alumnado que non estea presente durante a hora correspon-

dente e transmitirá o informe ao titor. No caso de faltas colectivas poñerá en co-

ñecemento dalgún membro do Equipo Directivo dita circunstancia co fin de que

se tomen as medidas oportunas.

Page 64: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

TÍTULO III: DEREITOS E DEBERES

Capítulo 1: Dereitos e deberes do persoal docente Profesorado de garda

Indicará ao grupo que se dedique ao estudo ou ben proporcionaralle as activi-

dades fixadas polo profesor substituído. En todo caso procurará que o alumnado

a seu cargo non perturbe a vida normal do Centro. O alumnado debe permanecer

na súa aula.

O profesorado que realice as gardas en aulas específicas (informática, música,

educación plástica...) debe extremar o control sobre o uso correcto destes espa-

zos e do material que conteñen.

Poderá adiantar a súa clase da última hora, e se e o caso nesa última hora

atenderá ao alumnado do seu grupo que non teña autorización para saír do Cen-

tro.

16. O profesorado que faga gardas de sala do profesorado aterase ás seguintes

normas:

a. Preocuparase da orde, especialmente nos corredores, durante o período de

clases.

b. Non permitira a marcha do Centro en horario escolar ao alumnado da ESO e

primeiro debacharelato que non teñan o respectivo profesor/a a non ser nas pri-

meiras e últimas horas de clase da maña e da tarde aos alumnos autorizados. O

alumnado sen autorización para saír do Centro debe ser atendido polo profesora-

do de garda.

c. Controlará as irregularidades que se poidan presentar nos corredores durante

a hora de garda.

d. Atenderá ao alumnado que por conduta disruptiva sexa apartado da aula . Es-

te alumnado realizará as tarefas encomendadas polo seu profesor/a ou as que lle

encomende o docente de garda.

e. Atenderá ao alumnado que conste no libro de gardas como sancionado con

permanencia na zona de convivencia.

f. Atenderá ao alumnado que presente algunha indisposición ou accidente leve,

e se o caso avisará as familias

g. Atenderá ao alumnado que sufra algún accidente grave, avisando ás familias,

ao Equipo Directivo, e se o o caso avisará a emerxencias.

17. Durante a hora asinarán o libro de gardas na sala do profesorado, facendo

constar as ausencias e atrasos do profesorado, e as incidencias detectadas na mes-

ma.

Page 65: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

TÍTULO III: DEREITOS E DEBERES

Capítulo 1: Dereitos e deberes do persoal docente Profesorado de garda

18. Cando todo o profesorado de garda teña que realizar gardas de substitución,

comunicará o feito ao Equipo Directivo, para que poida cubrir as incidencias que se

produzan no período de garda

19. No caso de que falten os profesores de garda, despois duns dez minutos de

espera, o delegado ou subdelegado ou calquera outro dos alumnos do grupo comu-

nicarase co membro de Dirección de garda para recibir as indicacións oportunas,

mentres o resto do alumnado permanecerá na aula.

20. No suposto de non haber suficiente profesorado de garda para atender a to-

dos os grupos sen profesor ou profesora, o profesorado de garda poderá facer agru-

pamentos ou desviar algún grupo para a Biblioteca. Nese caso, o profesorado con

garda de Biblioteca farase cargo dos grupos menos numerosos e, de entre os menos

numerosos, dos cursos de nivel superior.

21. Se o profesorado de garda precisa ausentarse durante a mesma, ou necesita

máis axuda para suplir varias ausencias simultáneas, ou solucionar calquera outra

incidencia, deberá comunicarllo ao Equipo Directivo.

GARDAS DE RECREO.

22. As gardas de recreo empezarán no momento en que soe o timbre. O profeso-

rado de garda asistirá coa máxima puntualidade posible as mesmas.

23. O profesorado de garda nos tempos de lecer controlará o comportamento de

todo o alumnado.

24. Como mínimo, haberá dous profesores de garda en cada un dos tempos de

lecer, que se repartirán os espazos a tutelar: interior e exterior

25. O profesorado que faga gardas de recreo aterase ás seguintes normas:

a. Velará polo cumprimento das normas de convivencia sinaladas nestasNOF.

b. Coidarán de que o alumnado se comporte civicamente: sen insultos, pelexas,

uso das papeleiras, sen xogos con riscos, conduta inadecuada, etc.

c. Non permitirá o consumo de tabaco, alcohol e outras sustancias prohibidas no

recinto escolar.

d. Non permitirá o acceso ao recinto escolar a persoal alleo, sen xustificación.

e. Atenderá ao alumnado que sufra algún accidente ou indisposición de forma

que se lle preste a atención necesaria. En caso de que a gravidade da situación

Page 66: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

TÍTULO III: DEREITOS E DEBERES

Capítulo 1: Dereitos e deberes do persoal docente Profesorado de garda

xustifique o tomar algunha medida a maiores, avisará a algún cargo directivo que

se porá en contacto cos pais para que recollan ao alumno ou, de acordo con es-

tes, chamará a algún servizo de emerxencias para o seu traslado a un centro de

asistencia.

f. De producirse incidentes, deberá comunicalo ao membro do Equipo Directivo

de garda nese momento.

g. O profesorado encargado do recinto exterior, non permitirá a saída do recinto

escolar ao alumnado da ESO.

h. O profesorado encargado do recinto interior, vixiará os corredores e os servi-

zos, e impedirá a presenza de alumnos da ESO e primeiro de bacharelato nas au-

las e nos corredores das plantas 1 e 2 .

25. Ao rematar a garda asinarán o libro de gardas na sala do profesorado, facendo

constar as incidencias detectadas na mesma.

GARDAS DE BIBLIOTECA.

26. En cada hora lectiva e nos recreos haberá, sempre que o permita a dispoñibili-

dade horaria, un profesor de garda que se aterá as seguintes normas:

a. As gardas son entendidas fundamentalmente para cubrir as ausencias do profe-

sorado nas aulas, e con independencia de que se indique no horario individual

garda de aula ou de Biblioteca, sempre terá prioridade cubrir as ausencias nas

aulas. Polo que no caso de ausencia de profesores que supere ao número de pro-

fesorado de garda de aula, desprazarase un grupo áBiblioteca.

b. A Biblioteca non poderá estar nunca aberta sen profesor de garda.

c. O profesor de garda esperará sempre á incorporación do seguinte profesor de

garda. No caso de que non apareza, indicará ao alumnado que salga, e pechará a

Biblioteca.

27. As funcións do profesorado de garda de Bibliotecas son:

a. Velar polo cumprimento das normas de convivencia sinaladas nestasNOF.

b. Velar polo cumprimento das normas de funcionamento da Biblioteca.

Page 67: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

TÍTULO III: DEREITOS E DEBERES

Capítulo 1: Dereitos e deberes do persoal docente Profesorado de garda

c. Manter a orde e o silencio na Biblioteca.

d. Entregar os libros solicitados en préstamo, asegurándose de que se cubran as fi-

chas correspondentes.

e. Recoller os libros reintegrados, cubrindo a devolución na ficha e asegurándose de

que se coloquen no seu lugar nos andéis.

f. Ademais, sempre que sexa posible, realizará tarefas de informatización da Biblio-

teca do Centro.

28. Na Biblioteca haberá un parte de incidencias semanal. Ao remate da garda, o

profesorado asinará dito parte, facendo constar as incidencias detectadas no perío-

do da garda

Page 68: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

TÍTULO III: DEREITOS E DEBERES

Capítulo 1: Dereitos e deberes do persoal docente Profesorado titor

As funcións que a normativa actual encomenda aos TITORES ou TITORAS, e que

deben servir para concretar os obxectivos propostos nos diferentes ámbitos, están

recollidas no artigo 59º do Regulamento Orgánico dos Institutos de Educación

Secundaria (Decreto 324/1996)..

DEBERES DO PROFESOR TITOR.

1. Proporcionar ao alumnado, profesorado e aos pais e nais toda a información

relevante sobre as actividades docentes e o rendemento académico (Refª art. b, o)

Concreción de funcións:

a. Informar a principio de curso aos alumnos (o primeiro día de curso na aula) e

aos seus pais/ nais ou representantes legais (convocándoos a unha reunión nas

datas acordadas pola Dirección do Centro) mediante a documentación precisa ,

que pode ser consultada na páxina web, respecto aos puntos seguintes:

Membros do Equipo Directivo.

Dirección, teléfono, correo electrónico do Centro.

NOF, prestando especial atención ás normas de convivencia e ás faltas

de asistencia.

Calendario escolar.

Horario e profesores do grupo.

Horario de titorías. A recepción das familias será previa cita a través do

alumno, por correo electrónico ou telefónicamente.

Horario do Departamento de Orientación.

Programas escolares.

Materias pendentes.

Datas das avaliacións.

Datas de entrega de boletíns de cualificacións.

2. Coñecer as características personais, escolares e sociofamiliares do alumnado

que poidan repercutir no rendemento académico dos seus titorandos (Refª c, d).

Concreción de funcións:

Page 69: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

TÍTULO III: DEREITOS E DEBERES

Capítulo 1: Dereitos e deberes do persoal docente Profesorado titor

a. Analizar o expediente escolar e/ou outros documentos existentes no Centro

de cada titorando.

b. Utilizar outros instrumentos válidos para conseguir o coñecemento do alum-

nado (Departamento de Orientación ou Direccións de Colexios anteriores).

3. Facilitar a integración e a participación do alumnado no grupo e no Centro

(Refª g, ñ)

Concreción de funcións:

a. Orientar as demandas e inquietudes do alumnado.

b. Mediar nos problemas ante o resto do profesorado, alumnado e Dirección.

c. Colaborar coa Xefatura de Estudos para a elección de delegados/as de grupo,

levantando acta para a súa presentación ao xefe de estudos.

d. Facer respectar os espazos e mobiliario do Centro (o titor fará un informe ini-

cial do estado da aula dos seus titorandos. Calquera desperfecto posterior será

responsabilidade do grupo).

4. Orientar ao alumnado de maneira directa e inmediata no seu proceso de

aprendizaxe (Refª e)

Concreción de funcións:

a. Levar un seguimento global dos procesos de ensino-aprendizaxe do alumnado

mediante a petición de informes aos seus profesores.

b. Detectar dificultades e necesidades especiais e buscar respostas educativas

axeitadas, solicitando os apoios oportunos (Orientación, Dirección e Profesorado).

c. Coordinar as adaptacións curriculares necesarias para os alumnos e alumnas

do grupo.

5. Coordinar a acción dos membros do equipo docente do grupo (Refª i, j, k, q, r,

s)

Concreción de funcións:

a. Intercambiar información sobre as características do alumnado do grupo, es-

pecialmente daqueles que presenten problemas significativos.

b. Organizar e presidir as sesións de avaliación convocadas pola Xefatura de Es-

tudos, levantando acta das mesmas nas que constará a relación do profesorado

Page 70: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

TÍTULO III: DEREITOS E DEBERES

Capítulo 1: Dereitos e deberes do persoal docente Profesorado titor

asistente e/ou ausente, así como os acordos tomados e incidencias constatadas.

Unha copia da mesma será entregada ao xefe de estudos.

c. Controlar as faltas de asistencia e puntualidade á clase, perdas do dereito á

avaliación continua e calquera incidencia que afecte á vida académica do alum-

nado do grupo. Informar ás familias e á Xefatura de Estudos, do xeito que se or-

ganiza nestas Normas de Organización e Funcionamento.

d. Entregar ao alumno cada quince días a carta de faltas de asistencia e puntuali-

dade non xustificadas.

e. Recoller e arquivar o recibín da carta de faltas non xustificadas asinada polos

pais cun prazo máximo de devolución dunha semana. De non ser entregado en

prazo, considerarase falta leve.

f. Validar, se procede, a criterio do titor, a documentación aportada para a xusti-

ficación das faltas.

g. Rexistrar a xustificación no XADE.

h. Cubrir os documentos oficiais relativos ao alumnado do grupo: actas e infor-

mes individualizados de avaliación.

i. Informar ao Equipo Directivo sobre apercibimentos e/ou sancións do alumna-

do do grupo.

j. Poderá solicitar da Xefatura de Estudos a convocatoria de xuntanzas entre os

docentes do seu grupo co obxectivo de resolver algún problema puntual ou ava-

liar ben o rendemento académico, ben o comportamento do grupo.

6. Participar no desenvolvemento do plano de acción titorial e das actividades de

orientación (Refª a, m, n).

Concreción de funcións:

a. Reunirse periódicamente por ciclos en horario lectivo co Departamento de

Orientación para tratar asuntos do curso, do grupo ou dun alumno/a en particu-

lar.

b. Actuar baixo a coordinación da Xefatura de Estudos e no marco do Proxecto

Curricular do Centro.

7. Favorecer o proceso de maduración vocacional do alumnado (Refª l)

Concreción de funcións:

Page 71: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

TÍTULO III: DEREITOS E DEBERES

Capítulo 1: Dereitos e deberes do persoal docente Profesorado titor

a. Comunicar e poñer en contacto ao alumnado co Departamento de Orientación

para asesoralos sobre as súas posibilidades académicas e profesionais.

8. Facilitar a cooperación educativa entre o profesorado e os pais /nais ou tito-

res legais do alumnado (Refª p, t ).

Concreción de funcións:

a. Implicar as familias nas actividades de apoio á aprendizaxe e orientación do

alumnado (control de tarefas diarias e control de horarios de estudo.)

b. Contribuír ao establecemento de relacións fluídas entre as familias e o Centro.

9. Atender ao alumnado, xunto co resto do profesorado, durante os períodos de

lecer do Centro.

Concreción de funcións:

a. Velar polo respecto aos dereitos e polo cumprimento das normas de convi-

vencia que rexen nestasNOF, fomentando hábitos de convivencia e mantendo a

disciplina entre o alumnado.

Page 72: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

TÍTULO III: DEREITOS E DEBERES

Capítulo 2: Dereitos e deberes do persoal non docente

Os dereitos e deberes do PERSOAL NON DOCENTE están recollidos no Título II da Lei

4/2011 de convivencia e participación da Comunidade Educativa

DEREITOS DO PERSOAL NON DOCENTE.

1. O dereito a ser respectados e non discriminados polo resto da Comunidade

Escolar.

2. O dereito a ser informados da existencia e contido dasNOF e do PEC, en parti-

cular, e de calquera outro documento ou normativa do Centro Educativo que afecte

ás súas competencias.

3. O dereito a participar no funcionamento do Centro a través dos seus represen-

tantes no Consello Escolar.

4. O dereito a recorrer ante os Órganos de Goberno do Centro cando consideren

que se vulneran os seus dereitos.

5. O dereito de presentar reclamacións diante da Dirección e de suxerir cambios

destinados a un mellor funcionamento do Centro.

DEBERES DO PERSOAL NON DOCENTE.

6. O deber de coñecer, respectar, cumprir e esixir o cumprimento da lexislación

do Centro, en xeral, e dasNOF., en particular.

7. O deber de participar na consecución dos fins e obxectivos propostos no PEC.

8. O deber de respectar e cumprir as directrices dos Órganos de Goberno do

Centro

9. O deber de velar e facer velar pola orde e limpeza do Centro Educativo e polo

bo uso e coidado das instalacións e do mobiliario.

10. O deber de respectar e garantir o respecto a todos os membros da Comunida-

de Escolar,evitando todo tipo de discriminacións.

Page 73: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

TÍTULO III: DEREITOS E DEBERES

Capítulo 2: Dereitos e deberes do persoal non docente

FUNCIÓNS DO PERSOAL NON DOCENTE.

O Equipo Directivo terá que coordinar as funcións do persoal de servizos para

garantir o bo funcionamento do Centro.

A. Persoal Subalterno: depende da directora ou director do Centro e, por dele-

gación da secretaria ou secretario deste, e cumprirá o estipulado na Lei da Función

Pública de Galicia.

Funcións ordinarias do Persoal Subalterno: vixilancia, custodia, reparto de

correspondencia e documentación, transporte manual, centraliña, reprografía e

outras semellantes.

Funcións específicas do Persoal Subalterno:

1. Apertura e peche do Centro.

2. Programación do timbre, da alarma e do prendido e apagado da calefacción.

3. Peche e apertura da cancela exterior do recinto escolar.

4. Comprobar, ao finalizar a xornada escolar, de que tódolos aparatos eléctricos

queden apagados.

5. Asistir ao Centro, fora do horario escolar, cando os actos ou as actividades extra-

escolares ou complementarias así o requiran, a petición da Dirección do Centro

(comisións, claustros, consellos escolares, sesións de avaliación, etc.).

6. Prestar o servizo de reprografía á Comunidade Educativa

7. Transmitir avisos a profesores e titores.

B. Persoal Administrativo: Depende da directora ou director do Centro, e por

delegación do secretario/a. Cumprirán as funcións encomendadas e reguladas pola

Lei da Función Pública de Galicia.

Funcións específicas do Persoal Administrativo:

1. Proporcionar correcta información referente a matrículas, convenios, bolsas, li-

bros de escolaridade, certificacións e calquera outra información que puidese

afectar ao alumnado e aos restantes membros da Comunidade Educativa, para a

tramitación de documentos oficiais.

Page 74: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

TÍTULO III: DEREITOS E DEBERES

Capítulo 2: Dereitos e deberes do persoal non docente

2. Asistir ao Centro, fora do horario escolar, cando os actos ou as actividades extra-

escolares ou complementarias así o requiran, a petición da Dirección do Centro

(comisións, claustros, consellos escolares, sesións de avaliación, etc.).

C. Persoal de limpeza: Depende da directora ou director do Centro, e por dele-

gación do secretaria ou secretario, e as súas funcións serán as que teñen regulamen-

tadas por lei ou convenio.

Funcións específicas do Persoal de Limpeza:

1. Limpar coa dilixencia e a asiduidade necesarias tódalas dependencias do centro.

2. Velar, ao remate da súa labor, que queden tódalas portas, ventas e persianas co-

rrectamente pechadas e os pasadores postos.

Page 75: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

TÍTULO III: DEREITOS E DEBERES

Capítulo 3: Dereitos e deberes do alumnado

Os dereitos e deberes do ALUMNADO, están recollidos no Título II da Lei 4/2011 de

convivencia e participación da Comunidade Educativa, e no Real Decreto 732/1995,

de5 de maioA normativa relativa a delegados de grupo está recollida no Título V do

Decreto 324/1996, de 26 de xullo.

DEREITOS DO ALUMNADO.

1. A ser tratado con respecto e dignidade, sen discriminacións e sen alusións a

súa intimidade. Nas amoestacións e correccións de condutas contrarias ás normas

de convivencia non se deben utilizar expresións vexatorias.

2. A coñecer as programacións didácticas das materias que cursa. Os contidos

mínimos e os criterios de avaliación deben publicarse na web ou nos taboleiros, de

forma que sexan accesibles para os interesados.

3. A revisar traballos e exames, e a recibir as aclaracións oportunas relativas a

súa cualificación.

4. A reclamar contra as decisións e cualificacións que resulten nas avaliacións

finais de xuño e setembro, seguindo o protocolo establecido.

5. Á confidencialidade sobre toda aquela información de que se dispoña acerca

das circunstancias persoais do alumno. No caso de que ditas circunstancias poidan

implicar un incumprimento da lexislación, o Centro comunicaraas á autoridade com-

petente.

6. A formular suxestións, queixas ou reclamacións encamiñadas á mellora do

funcionamento do Centro.

7. A recibir información do funcionamento e das actividades do Centro, a través

do delegado e titor directamente, e da Dirección a través dos taboleiros de anuncios.

8. A que todos os grupos elixan un delegado e subdelegado que os represente.

9. A reunirse cando se trate de asuntos relacionados coa vida escolar e se notifi-

que por escrito á Dirección. Estas reunións non poderán coincidir co horario lectivo,

e o alumnado que participe nelas será responsable do coidado e uso correcto tanto

do mobiliario como das instalacións.

10. A recibir orientación escolar e profesional.

Page 76: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

TÍTULO III: DEREITOS E DEBERES

Capítulo 3: Dereitos e deberes do alumnado

DEBERES DO ALUMNADO.

11. Respectar a todos os membros da Comunidade Escolar, así como as normas de

convivencia establecidas nestas Normas de Organización e Funcionamento.

12. Deberá asistir ao Centro coa indumentaria e aseo adecuados.

13. Asistir regularmente e con puntualidade ás clases e as demais actividades

obrigatorias programadas polo Centro, procurando obter o máximo aproveitamento

das mesmas.

14. Ante a ausencia dun profesor deberán esperar ao profesor de garda, e se non

aparece avisar ao Equipo Directivo

15. As actividades extraescolares son de carácter voluntario, e non participar nelas

implica a asistencia a clase con normalidade.

16. Xustificar as súas faltas de asistencia mediante un impreso asinado polos pais

ou titores, acompañado, se é o caso da documentación que xustifique a súa ausen-

cia.

17. Cando a ausencia coincida coa realización dunha proba, o profesorado poderá

solicitar que se achegue a documentación oficial necesaria para a xustificación da

falta e para que lle sexa repetida a proba.

18. Permanecer no Centro durante toda a xornada lectiva, agás saídas autoriza-

das. Cando precise saír a horas distintas das oficiais, deberá contar co permiso explí-

cito dalgún cargo directivo e dos seus pais.

19. Non permanecer nos corredores, patio e outras instalacións escolares, nos

cambios de aula nin nas horas de clase

20. Seguir as indicacións do profesorado en orde ao estudo, aproveitamento das

clases e ao comportamento.

21. Permanecer na aula durante as horas de clase , só poderá ausentarse co per-

miso explícito do profesor/a.

22. Dispor do material previsiblemente necesario para o aproveitamento da clase.

Page 77: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

TÍTULO III: DEREITOS E DEBERES

Capítulo 3: Dereitos e deberes do alumnado

23. Non poderá utilizar durante a hora da clase, revistas, periódicos ou libros non

autorizados polo profesor. Tampouco poderá adicar a clase a estudar outras mate-

rias.

24. Non poderá utilizar na clase aparellos electrónicos ou dixitales (agás os que o

profesor poida expresamente autorizar como calculadoras, portátiles, etc). O teléfo-

no móbil durante a clase deberá permanecer desconectado e gardado. No caso de

exames a mera manipulación de ditos utensilios poderá ser considerada como un

intento de copiar, polo que o profesor poderá requerir dos alumnos que depositen

os seus móviles e demáis fora da mesa que ocupan, do mesmo xeito que se fai con

apuntes e libros.

25. Non poderá comer nin beber nos corredores, nas aulas, e outros espazos habi-

litados para o estudo.

26. Cando un alumno sexa expulsado da aula debe presentarse co traballo que lle

indique o profesor ante o profesorado de garda. Se o alumno é expulsado sen traba-

llo, realizará as tarefas que lle indique dito profesorado.

27. Durante os recreos, o alumnado da ESO e primeiro de bacharelato non poderá

permanecer nas aulas, nin nos corredores do 1º piso. O alumnado que queira adicar

ese tempo a estudar ou traballar debe acudir á Biblioteca.

28. Participar na vida e funcionamento do Centro, aceptando as normas de fun-

cionamento interno (delegados, profesores de garda, etc.), así como os cargos para

os que foran escollidos delegados.

29. Participar nas actividades formativas e, especialmente, nas escolares e com-

plementarias. Cando non participe nalgunha actividade voluntaria programada para

o seu grupo, deberá asistir con normalidade ás clases.

30. Facer chegar aos pais todos os documentos que lle sexan entregados e devol-

velos nos prazos fixados, se é o caso, asinados polos pais ou titores legais. Debe coi-

dar que os documentos non se deterioren e que non mostren emendas. A falsifica-

ción de documentos considérase unha falta que atenta gravemente contra a convi-

vencia e será sancionada como tal.

31. Deixar calquera dependencia que utilizasen de xeito ordenado (material de

obradoiros, mesas, cadeiras), ao remate da xornada lectiva.

Page 78: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

TÍTULO III: DEREITOS E DEBERES

Capítulo 3: Dereitos e deberes do alumnado

32. Coidar e manter limpo o Centro e o material do mesmo, en especial da súa

aula. Cando se produza un mal uso ou un deterioro intencionado, poderán ser obri-

gados, individual ou colectivamente, á súa limpeza ou reparación, ou, de ser o caso,

aboar as reparacións necesarias. En todo caso, os pais ou representantes legais serán

responsables civís nos termos previstos polas leis.

REPRESENTACIÓN DO ALUMNADO

33. O alumnado estará representado no Centro a través dos seus representantes

no Consello Escolar, dos delegados e subdelegados de grupo, e da Xunta de Delega-

dos.

34. Elección de delegados e subdelegados.

a. A elección será convocada pola Xefatura de Estudos, e organizada polos titores de

cada grupo no primeiro mes do curso escolar.

b. Elixirase un delegado e un subdelegado para cada grupo, elixidos en votación se-

creta e por maioría simple.

c. Levantarase acta da elección, utilizando a documentación facilitada por Xefatura

de Estudos. A custodia da acta de elección corresponderá á xefatura de estudios.

d. O delegado e subdelegado poderán ser revogados por incumprimento das súas

funcións, por condutas contrarias ás normas de convivencia ou por solicitude

xustificada dos interesados ante o titor.

e. A revogación poderá ser realizada xustificadamente polo titor, pola xunta de ava-

liación, pola Dirección do Centro ou polo Consello Escolar

35. Funcións dos delegados e subdelegados

a. Representar e ser portavoz do grupo para as suxestións, queixas ou reclamacións

ante as autoridades académicas. A mediación realizarase através do titor.

Page 79: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

TÍTULO III: DEREITOS E DEBERES

Capítulo 3: Dereitos e deberes do alumnado

b. Colaborar co titor para facer respectar os espazos e mobiliario do Centro, espe-

cialmente a aula de referencia do seu grupo.

c. Abrir e pechar as portas da aula no comezo e final do horario lectivo, así como

nos tempos de lecer.

d. Asistir e participar nas reunións da Xunta de Delegados.

e. O subdelegado apoiará ao delegado nas súas funcións, e substituirao en caso de

ausencia do delegado.

36. Xunta de Delegados

a. Está formada polos delegados e subdelegados de cada grupo e polos represen-

tantes do Consello Escolar.

b. Deberá elixir na primeira reunión do curso escolar un presidente e un vicepresi-

dente, que poderán ser revogados segundo o mesmo procedemento que para a

revogación de delegados de grupo.

c. Convocará e coordinará as reunións necesarias en horario non lectivo, solicitando

previamente autorización á Dirección do Centro

d. Levantará acta das reunións e entregará dita acta para a súa custodia á Xefatura

de Estudos.

e. Deberá ser escoitado polos órganos de goberno do Centro, cando o solicite.

Page 80: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

TÍTULO III: DEREITOS E DEBERES

Capítulo 4: Dereitos e deberes dos pais, nais e titores legais

Os PAIS E NAIS E TITORES LEGAIS son os primeiros responsables da educación dos

seus fillos. De tal obriga despréndense os seus dereitos e os seus deberes. Están

recollidos no Título II da Lei 4/2011 de convivencia e participación da Comunidade

Educativa.

DEREITOS DOS PAIS, NAIS E TITORES LEGAIS.

1. A que os seus fillos/fillas reciban unha educación conforme aos fins estableci-

dos na Constitución e nas leis que a desenvolven.

2. A participar na xestión e organización do Centro a través dos seus órganos co-

lexiados.

3. A asociarse libremente nas Asociacións de Pais.

4. A estar informados da xestión do Centro a través dos seus representantes.

5. A ser recibidos polo titor no horario que este ten para tal fin e a ser informa-

dos por el das actividades educativas do seu fillo/a.

6. A presentar propostas escritas e razoadas para a orde do día das reunións do

Consello Escolar, a través dos seus representantes.

7. A estar informados da programación anual e das actividades extraescolares

que se realicen.

8. A ser informados e escoitados sobre as faltas dos seus fillos/as e sobre as po-

sibles sancións que delas se poidan derivar.

9. A expor as queixas e as propostas que crean convenientes ante os órganos de

goberno do Centro, empregando as canles regulamentarias.

10. A reclamar polas cualificacións parciais ou finais dos seus fillos/as, seguindo

as indicacións establecidas nos dereitos dos alumnos.

11. A propor a modificación destas normas a través dos seus órganos de repre-

sentación.

12. A elixir os seus representantes no Consello Escolar do Centro e participar nas

súas comisións.

Page 81: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

TÍTULO III: DEREITOS E DEBERES

Capítulo 4: Dereitos e deberes dos pais, nais e titores legais

13. A ser elixible como representante dos pais e nais do Consello Escolar do Cen-

tro.

DEBERES DE PAIS, NAIS E TITORES LEGAIS.

14. Respectar a todos os membros da Comunidade Escolar, así como as normas de

convivencia establecidas nestas Normas de Organización e Funcionamento.

15. Respectar e garantir o respecto a todos os membros da Comunidade Escolar,

evitando todo tipo de discriminacións.

16. Ser informados por parte do Centro do referente ao rendemento académico e

comportamento dos seus fillos/as ou titorandos legais.

17. Colaborar co titor e co resto dos profesores de cara á mellor formación dos

seus fillos/as ou titorandos legais, axudando a que respecten todas as normas de

convivencia do Centro.

18. Coidar que os seus fillos/as ou titorandos legais acudan puntualmente ás cla-

ses todos os días.

19. Informar ao titor por escrito das faltas de asistencia previstas dos seus fillos/as

ou titorandos legais, así como de aportar a documentación precisa nos demais casos

e no prazo establecido para a xustificación das mesmas por parte do titor.

20. Proporcionar aos seus fillos/as ou titorandos legais o material escolar necesa-

rio.

21. Acudir ao Centro cando sexan requiridos polos docentes, Departamento de

Orientación ou Equipo Directivo.

22. Informar ao profesorado das posibles discapacidades físicas ou psíquicas dos

seus fillos/as ou titorandos legais a principio de curso e colaborar con eles na adop-

ción das medidas máis pertinentes.

23. Respectar os horarios establecidos.

24. Colaborar, na medida do posible, nas actividades dirixidas ás nais, pais ou tito-

res legais, que se organicen no Centro, e que teñan como finalidade a mellora da

educación e formación dos seus fillos/as ou titorandos legais.

Page 82: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

TÍTULO III: DEREITOS E DEBERES

Capítulo 4: Dereitos e deberes dos pais, nais e titores legais

25. Colaborar, na medida do posible, coas Asociacións de pais/nais de alumnos de

cara a acadar unha maior implicación dos pais nas actividades do Centro

Page 83: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

TÍTULO IV: NORMAS DE CONVIVENCIA

Capítulo 1: Normas de convivencia

INTRODUCIÓN

As normas de convivencia do Centro, recollidas no documento de Normas de

Organización e Funcionamento, terán como principal obxectivo concretar os deberes

do alumnado e establecerán as correccións que correspondan, polas condutas

contrarias ás citadas normas.

NORMAS XERAIS DE CONVIVENCIA DO CENTRO

1. Respectar as normas de funcionamento do Centro incluídas nestas Normas de

Organización e Funcionamento.

2. Respectar a tódolos membros da Comunidade Educativa.

3. Asistir todos os días a clase e respectar puntualmente os horarios estableci-

dos.

4. Permanecer no recinto escolar durante o período lectivo, agás autorización

dos pais, e previa comunicación á titora ou titor.

5. Agardar dentro da aula á profesora ou profesor co que se teña clase, ou ao

docente que estea de garda.

6. Favorecer e respectar o normal desenvolvemento das clases que se lle impar-

tan.

7. Respectar ás diversas actividades que se poidan realizar.

8. Manter un comportamento adecuado en todas as dependencias do Centro

(escaleiras, corredores, patio, etc.).

9. Respectar a prevención de drogodependencias como obxectivo prioritario pa-

ra toda a Comunidade Educativa.

10. Respectar as pertenzas dos membros da Comunidade Educativa.

11. Respectar e usar correctamente os bens mobles, material e instalacións do

Centro.

12. Non permanecer na cafetería en horario lectivo ou nos cambios de clase.

Page 84: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

TÍTULO IV: NORMAS DE CONVIVENCIA

Capítulo 1: Normas de convivencia

13. Non facer uso de móbiles ou aparellos electrónicos de gravación de imaxes no

recinto escolar.

14. O alumnado deberá respectar e acatar as indicacións do persoal non docente

na totalidade do horario escolar.

INCUMPRIMENTO DAS NORMAS DE CONVIVENCIA(Lei 4/2011. Artigo 12)

Serán obxecto de corrección disciplinaria as condutas contrarias ás normas de

convivencia realizadas polo alumnado:

Dentro do recinto escolar

Durante o desenvolvemento de actividades complementarias e extraescolares

Fóra do recinto escolar e relacionadas coa vida escolar e afecten a membros da Comunidade Educativa.

Mediante o uso de medios electrónicos, telemáticos ou tecnolóxicos e relaciona-das coa vida escolar

RESPONSABILIDADE E REPARACIÓN DE DANOS(Lei 4/2011. Artigo 13)

O alumnado está obrigado a reparar os danos físicos que cause aos bens do Cen-

tro, e aos bens doutros membros da Comunidade Educativa, ou a facerse cargo

do custo económico da súa reparación.

Así mesmo está obrigado a restituír o danado ou, se non for posible, a indemni-

zar o seu valor. As nais e pais ou as titoras ou titores serán os responsables civís

nos termos previstos pola lexislación vixente.

O alumnado está obrigado a reparar os danos morales que cause aos membros

da Comunidade Educativa, excusándose e asumindo a responsabilidade en públi-

co ou privado segundo a natureza dos feitos.

Page 85: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

TÍTULO IV: NORMAS DE CONVIVENCIA

Capítulo 1: Normas de convivencia

CIRCUNSTANCIAS ATENUANTES E AGRAVANTES(Lei 4/2011. Artigo 23)

Para a correcta gradación das faltas recollidas neste capítulo, terase en conta que se

considerarán causas atenuantes:

O recoñecemento espontáneo da conduta incorrecta, ben pola colaboración vo-

luntaria para o seu esclarecemento ou ben pola manifestación de “motu propio”

das faltas que se teñan cometido.

Falta de intencionalidade.

O arrepentimento inmediato, que se manifestará na presentación de desculpas

que serán públicas, cando así fose a falta.

Pola contra, se considerarán causas agravantes:

A premeditación, reiteración e reincidencia.

A asociación para alterar a orde.

O dano, inxuria, ofensa ou agresión a compañeiros, en manifesta inferioridade.

A intención manifesta de entorpecer o estudo e o aproveitamento nas aulas.

As actitudes ou manifestacións de indiferenza ou desprezo ás normas de convi-

vencia ou ás indicacións do profesorado, particularmente cando está a desempe-

ñar a tarefa de profesor de garda ou non lle dá clases ao alumno interesado.

Non se poderá instar a aplicación dunha sanción respecto ás faltas cometidas, se non

é coa constancia escrita do feito. Ordinariamente, esta constancia farase a través dos

“partes”, cubertos e asinados polos profesores implicados.

Page 86: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

TÍTULO IV: NORMAS DE CONVIVENCIA

Capítulo 2: Condutas contrarias ás normas de convivencia

CONDUTAS CONTRARIAS ÁS NORMAS DE CONVIVENCIA

As condutas contrarias ás normas de convivencia, poderán considerarsede carácter

leve de graos I e II. Consideraranse condutas contrarias ás normas de convivencia de

caracter leve de grao Iaquelas que alteren levemente o funcionamento normal do

Centro.

Quedan tipificadas neste apartado as recollidas no artigo 16 da Lei 4/2011,

cometidas nun grao leve, e ademais as seguintes:

1. As accións, actitudes, xestos ou palabras que alteren levemente o normal de-

senvolvemento das clases.

2. Entrar sen permiso na aula.

3. As faltas de puntualidade na entrada ás clases..

4. Faltar inxustificadamente a clase.

5. Os cambios do lugar na aula asignados polo titor, sen indicación expresa do

profesor da materia.

6. Comer ou beber dentro das aulas, ou fóra dos lugares establecidos, incluíndo

caramelos e goma de mascar.

7. Correr ou berrar polos corredores, vestíbulos e demais dependencias do Cen-

tro.

8. Tirar obxectos ao chan (papeis, envoltorios, lixo, etc.) en todo o recinto esco-

lar.

9. Entrar ou sair do recinto escolar saltando os enreixados.

10. Incumprir os prazos para a entrega do recbín da documentación ou informa-

ción remitida polo centro.

11. Incumprir os prazos para a devolución do material solicitado en préstamo á

Biblioteca.

12. Calquera outra ación que afecte de forma leve ao desenvolvemento normal do

Centro.

Consideraranse condutas contrarias ás normas de convivencia de carácter leve de

grao II aquelas que sen poder considerarse gravemente prexudiciais para a

convivencia, alteren o funcionamento normal do Centro.

Page 87: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

TÍTULO IV: NORMAS DE CONVIVENCIA

Capítulo 2: Condutas contrarias ás normas de convivencia

Quedan tipificadas neste apartado as recollidas no artigo 16 da Lei 4/2011,

cometidas nun grao leve, e ademais as seguintes:

13. A reiteración na comisión de condutas contrarias ás normas de convivencia de

carácter leve de grao I.

14. Facer caso omiso, en xeral, das normas de funcionamento do Centro incluídas

nestas Normas de Organización e Funcionamento, que impliquen ao alumnado

15. Dirixirse ao profesorado sen o debido respecto.

16. Promover ou participar en liortas.

17. A acumulación de dez faltas de puntualidade inxustificadas.

18. A acumulación de dez faltas de asistencia inxustificadas.

19. Saír do recinto escolar en horario lectivo sen autorización.

20. Ausentarse do recinto escolar nos períodos de lecer. Se se dera o caso caso de

que algún obxecto caera fóra do recinto do Centro, deberíase solicitar a pertinente

autorización do docente de garda para poder saír ao exterior

21. Permanecer nos vestíbulos, corredores ou cafetería durante as horas de clase.

22. O patio non poderá ser utilizado nas horas de clase, especialmente naquelas

zonas nas que poida interrumpirse o normal desenvolvemento das explicacións.

23. Non agardar no interior da aula a chegada da profesora ou profesor corres-

pondente ou da persoa que estea de garda e que o substitúa en caso de ausencia. En

caso necesario, o alumnado deberá ademais avisar das ausencias do profesorado,

pasados dez minutos desde que tocou o timbre.

24. Facer caso omiso ou desobedecer unha orde directa ou calquera indicación

dalgún profesor ou do persoal non docente.

25. Copiar nun exame.

26. Insultar ou berrar desde as ventás.

27. Non respectar as normativa das aulas específicas.

28. Non facer chegar aos pais ou titores legais calquera comunicado do Centro,

procedente do profesorado ou da Dirección

29. Fumar, consumir bebidas alcohólicas ou substancias estupefacientes no recin-

to escolar.

Page 88: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

TÍTULO IV: NORMAS DE CONVIVENCIA

Capítulo 2: Condutas contrarias ás normas de convivencia

30. Utilizar móbil, aparellos electrónicos ou cascos nas aulas.

31. Mostrar actitudes indecorosas, bocexar ostentosamente, espreguizarse, adop-

tar posturas incorrectas, etc

32. Faltar colectivamente ás clases cando non se participe nalgunha actividade

programada.

33. Secundar unha convocatoria de folga, sen autorización dos pais.

34. Calquera outra actitude ou acción que perturbe de forma non grave o normal

desenvolvemento da actividade do Centro.

MEDIDAS CORRECTORAS DAS CONDUTAS LEVES CONTRARIAS AS NORMAS DE

CONVIVENCIA

1. A corrección das condutas leves contrarias á normas de convivencia levarase a

cabo sen apertura de expediente.

2. As condutas tipificadas como levesde grao I contrarias ás normas de convivencia-

poderán ser corrixidas, seguindo o protocolo de actuación anexo, por calquera pro-

fesor/a.

3. As condutas tipificadas como leves de grao II contrarias ás normas de convivencia

poderán ser corrixidas, seguindo o protocolo de actuación anexo, polo titor/a, polo

xefe/a de estudos ou polo director/a.

4. As condutas leves contrarias ás normas de convivencia poden ser corrixidas coas

medidas recollidas no artigo 22 da Lei 4/2011 e coas medidas aprobadas polo órga-

no competente para aprobar e reformar as NOF coma no caso da medida correctora

j). A potestade para impoñer ditas sancións é a que sigue

a. Amoestación privada ou por escrito

Pode impor a sanción calquera profesor b. Comparecencia inmediata ante a Xefatura de Estudos

Pode impor a sanción calquera profesor c. Realización de traballos específicos en horario lectivo

Pode impor a sanción calquera profesor d. Realización de tarefas que contribúan á mellora do Centro (incluíndo tarefas de

limpeza)

Page 89: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

TÍTULO IV: NORMAS DE CONVIVENCIA

Capítulo 2: Condutas contrarias ás normas de convivencia

Pode impor a sanción o profesor titor, o xefe de estudos ou o director e. Suspensión do dereito a participar en actividades extraescolares ou complemen-

tarias ata dous semanas

Pode impor a sanción o xefe de estudos ou o director f. Cambio de grupo ata unha semana

Pode impor a sanción o xefe de estudos ou o director g. Suspensión do dereito de asistencia a determinadas clases ata tres días

Pode impor a sanción o director h. Suspensión do dereito de asistencia ao Centro ata tres días

Pode impor a sanción o director

i. Perda do dereito á avaliación continua no bacharelato no curso escolar no que se

produce a conduta contraria ás normas de convivencia.

Pode impor a sanción o director

j. Cualificación con cero puntos no exame en caso de copiar por calqueira medio

Pode impor a sanción calquera profesor

5. O alumnado sancionado con suspensión do dereito de asistencia deberá realizar

os traballos que determine o profesorado.

6. O cumprimento das medidas correctoras impostas polo profesorado, deberá ser

vixiado polo profesor que as impoña, informando ao titor/a segundo marca o proto-

colo de actuación anexo.

7. A atención do alumnado sancionado con traballos específicos fóra do horario lec-

tivo, corresponderá ao profesor/a que faga a proposta de sanción.

Page 90: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

TÍTULO IV: NORMAS DE CONVIVENCIA

Capítulo 3: Condutas gravemente prexudiciais para a convivencia

CONDUTAS GRAVEMENTE PREXUDICIAIS PARA A CONVIVENCIA

Considéranse condutas gravemente prexudiciais para a convivencia as recollidas no

artigo 15 da Lei 4/2011, e ademais as seguintes:

1. A ocultación ou terxiversación de datos persoais e familiares que solicite cal-

quera profesor/a.

2. Calquera acto inxustificado que perturbe gravemente o normal desenvolve-

mento das actividades do Centro ou que leven circunstancias especialmente graves.

MEDIDAS CORRECTORAS DAS CONDUTAS GRAVEMENTE PREXUDICIAIS PARA A

CONVIVENCIA

1. A corrección das condutas gravemente perxudiciais para a convivencia levarase a

cabo con apertura de expediente.

2. Calquera profesor, cando considere que se teña incorrido nunha falta moi grave,

deberá poñelo en coñecemento do director ou do xefe de estudos do Centro, para

que adopten as medidas axeitadas.

3. O director ou o xefe de estudos, cando consideren que se teña incorrido nunha

conduta gravemente prexudicial para a convivencia, de acordo co recollido no artigo

25 da Lei 4/2011, poderá adoptar calquera das medidas recollidas no artigo 21 da

citada lei

PROCEDEMENTO PARA A IMPOSICIÓN DAS MEDIDAS CORRECTORAS DE CONDUTAS

GRAVEMENTE PREXUDICIAIS PARA A CONVIVENCIA

Seguirase o procedemento recollido no artigo 25 da Lei 4/2011

Page 91: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

TÍTULO V: ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

INTRODUCIÓN

1. Teñen carácter de complementarias aquelas actividades que se realizan co

alumnado en horario lectivo e que, formando parte da Programación Xeral, teñen

carácter diferenciado polo momento, espazo ou recursos que utilizan; realízanse no

Centro e son obrigatorias.

2. Teñen carácter de extraescolar aquelas que, sendo organizadas polo Centro e

figurando na Programación Xeral aprobada polo Consello Escolar, se realizan total ou

parcialmente no horario lectivo pero fóra das dependencias do Centro, e a participa-

ción do alumnado é voluntaria.

3. As actividades complementarias e extraescolares non poden realizarse en de-

trimento das actividades inherentes ao currículo oficial (artigo 26 da Orde de 1 de

agosto do 1997, DOG 2 de setembro do 97). Horario do Centro.

4. Todos os alumnos teñen dereito a participar nas actividades complementarias

e extraescolares organizadas para eles. Só poderán ser privados deste dereito, me-

diante sanción, se presentasen unha conduta contraria ás normas de convivencia do

Centro ou condutas improcedentes durante a realización dunha actividade. A deci-

sión da exclusión dun alumno a unha actividade será tomada polo Equipo Directivo,

o titor/a ou a Xunta de Avaliación.

NORMAS XERAIS

5. Os Departamentos Didácticos, en particular, e os demais compoñentes da

Comunidade Educativa en xeral, poderán propoñer a principio de cada curso, diante

da Vicedirección do Centro as actividades extraescolares e complementarias a reali-

zar durante o mesmo, indicando o nome dos departamentos implicados, o título e

descrición da actividade a realizar, as datas aproximadas de celebración ( se é posi-

ble) e os cursos afectados.

6. As datas definitivas de celebración dunha actividade deberán ser comunicadas

á Vicedirección e ao profesorado e alumnado afectado cunha antelación mínima

dunha semana.

Page 92: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

TÍTULO V: ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

7. A realización destas actividades deberá ser coordinada pola Vicedirección que

velará para que se axusten ás normas do Centro. A Vicedirección elaborará a princi-

pio do curso un programa de actividades, tendo en conta as propostas dos distintos

Departamentos Didácticos que presentará perante a CCP., e logo perante o Consello

Escolar para a súa aprobación. Estas actividades deberán estar na Programación

Xeral Anual do Centro e aprobadas polo Consello Escolar.

8. Poderán organizarse ao longo do curso escolar outras actividades que vaian

xurdindo e que non estean na Programación Xeral Anual, pero deberán ser aproba-

das polo Consello Escolar.

9. As actividades complementarias ou extraescolares non incluídas na Progra-

mación Xeral Anual que non impliquen desprazamentos fóra do Centro, requiren au-

torización expresa da Dirección.

10. As actividades aprobadas polo Consello Escolar terán prioridade sobre a cele-

bración de probas ou exames. O alumnado participante na actividade terá dereito a

realizar dita proba noutra data sinalada polo profesor/a.

11. O Centro mandará a través do profesor responsable a información da activi-

dade que se vai realizar ás nais, pais ou titores legais do alumnado.

12. A asistencia ás actividades complementarias gratuítas é obrigatoria. O alum-

nado que por algunha causa non asista seguirá no Centro coas actividades lectivas

normais.

13. Nas actividades que se realicen no Centro o profesor acompañará aos seus

alumnos á actividade, despois de controlar a asistencia, e axudando nas tarefas de

vixíancia e control.

14. Nas actividades que se realicen fóra do Centro, o alumnado será acompañado

polo profesorado correspondente na proporción dun profesor ou profesora por cada

vinte alumnos, e un por cada dez/quince cando sexa unha viaxe ao estranxeiro (DOG

9 de agosto do 1996).

15. Procurarase, na medida do posible, que os profesores ou profesoras acompa-

ñantes formen parte do equipo docente dos grupos que participen na actividade.

16. Para as actividades que impliquen pernoctación, á hora de aprobar o calenda-

rio de actividades anuais, terase en conta: que as datas de celebración deben seguir

Page 93: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

TÍTULO V: ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

criterios pedagóxicos e afectar minimamente a actividade lectiva e que non se orga-

nizarán saídas para un número inferior a 20 alumnos, agás as que estean orientadas

a unha materia ou programa específico.

17. Nas saídas fóra do Centro non poderán participar persoas alleas á Comunida-

de Escolar.

18. Do orzamento da actividade e do sistema de información ás familias encarga-

rase o profesor ou profesora organizador da actividade.

19. Para a realización das actividades complementarias será preciso a participa-

ción de polo menos o 50% do alumnado ao que van dirixidas. Cando unha actividade

conte cunha participación de alumnado menor da prevista, a decisión de realizala

tomarase entre a Vicedirección e o profesorado que a organice.

20. Evitarase, na medida do posible, a reiteración de actividades sobre un mes-

mo grupo.

21. O alumnado que non asista a algunha actividade estará obrigado a asistir ao

centro no seu horario habitual e será atendido polo profesorado correspondente.

22. Nos períodos previos a cada avaliación reducirase o número de actividades

extraescolares e complementarias que supoñan alguna modificación do horario lec-

tivo.

23. Nas viaxes con pernoctación, os gastos de locomoción, hospedaxe e manuten-

ción do profesorado deberán estar incluídos no prezo da viaxe.

24. En ningún caso se utilizarán os vehículos do profesorado para o desprazamen-

to do alumnado participante nunha actividade.

CONCRECIÓN ACTUACIÓNS.

25. Modelo de impreso de autorización para asistencia a actividades fóra do Cen-

trono horario lectivo nunha única xornada, ou parte dela (impreso anual, cubrirase

ao principio do curso escolar)

Page 94: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

TÍTULO V: ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

26. Modelo de impreso para asistencia a actividades fóra do Centro de xornada

completa ou con pernoctación ou viaxes ao estranxeiro (impreso específico para ca-

da actividade), onde constarán os seguintes apartados:

Actividade.

Lugar de celebración.

Data de celebración.

Horario.

Alumnado implicado.

Profesorado acompañante.

Programa da actividade.

Custo da actividade.

Autorización dos pais/nais/titores legais.

Normas de obrigado cumprimento.

O impreso será entregado aos alumnos para ser asinado por seus pais/nais/titores

legais e será devolto no prazo fixado polo/s Departamento/s que organiza/n a

actividade.

27. No caso de actividades de máis dunha xornada, facer xunto coa Vicedirección

unha reunión informativa cos pais/nais/titores legais e cos alumnos implicados.

28. Os Departamentos implicados organizarán o pago do custo daquelas activida-

des que o precisen, co prazo que estimen oportuno.

29. No caso de viaxes ao estranxeiro, dado que esta é unha actividade organizada

polo IES Monelos, rexerán as mesmas normas de convivencia do Centroen canto á

disciplina e obediencia aos profesores ao cargo. No caso extremo e non desexable de

problemas serios con algún alumno, este sería enviado de volta a casa anticipada-

mente e con cargo á familia.

Page 95: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

TÍTULO V: ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

30. O alumnado que participe nuha actividade no estranxeiro, deberá presentar

asinado polos pais un documento preparado polo profesorado responsable de acti-

vidade, onde consten as normas específicas de obrigado cumprimento para esa

viaxe.

31. Exposición pola Vicedirecciónno taboleiro da sala de profesores das activida-

des a realizar coa seguinte información:

Actividade e Departamento/s implicado/s.

Data ou datas de realización.

Lugar de celebración.

Profesorado acompañante.

Lista do alumnado asistente ou ausente.

Temporalización.

Normas específicas, cando procedan.

Page 96: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

PROTOCOLO DE REALIZACIÓN DE GARDAS DOCENTES

1. Protocolo de realización de gardas docentes.

2. Protocolo de realización de gardas de recreo e Biblioteca.

3. Protocolo de actuación ante as faltas de asistencia e puntualidade do alumnado.

4. Protocolo de actuación nas sesións de avaliación.

5. Protocolo de actuación para a revisión e reclamación de cualificacións finais.

6. Protocolo de actuación ante condutas contrarias ás normas de convivencia.

7. Protocolo de actuación ante incidencias na aula.

8. Protocolo de actuación nas entrevistas coas familias.

9. Protocolo de actuación en caso de folga do alumnado

10. Protocolo de acollida do alumnado e das súas familias.

Page 97: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

PROTOCOLO DE REALIZACIÓN DE GARDAS DOCENTES

TIMBRE→AVISO DE ENTRADA ÁS AULAS

DETECCIÓN DE AUSENCIAS PREVISTAS Revisión do parte de gardas

DETECCIÓN DE AUSENCIAS IMPREVISTAS Percorrido polos corredores

REPARTO DAS GARDAS

Número de profesores ausentes menor que

Número de profesores de garda

Número de profesores ausentes igual que

Número de profesores de garda

Número de profesores ausentes maior que

Número de profesores de garda

DistribuírGardas de Substitución

Distribuírgardas de sala do profesorado

Comunicar aomembro de garda do Equipo Directivo

a ocupación total do profesorado de garda

Distribuírgardas de substitución

Comunicar aomembro de garda do Equipo Directivo a ocupación total do profesorado de garda

Agrupar cursos e/ou desviar cursos á Biblioteca

Distribuírgardas de substitución

GARDAS DE SUBSTITUCIÓN GARDAS DE SALA DO PROFESORADO

Anotar as ausencias do alumnado Entregar o informe aotitor

Vixiar o estudio nas ausencias imprevistas.

Distribuír e vixiar o traballo programado nas

ausencias previstas

SIN INCIDENCIAS CON INCIDENCIAS

ATENCIÓN AO ALUMNADO ACCIDENTES

Vixiancia do traballo programado para o alumnado expulsado da aula

Atención ao alumnado que non

dispoña de autorización para saír do centro nasprimeirasou últimas horas

das mañásou tardes.

Indisposición

ou Accidente leve

Aviso ás familias

Accidente Grave

Aviso ás familias Aviso ao Equipo Directivo Avisar a Emerxencias

Anotar no libro de gardas as ausencias e atrasos do profesorado Anotar no libro de gardas as incidencias no período de garda

Asinar o libro de gardas

Page 98: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

PROTOCOLO DE REALIZACIÓN DE GARDAS DE RECREO E BIBLIOTECA

TIMBRE→AVISO DE COMEZO DO RECREO

GARDAS RECINTO INTERIOR

GARDAS RECINTO EXTERIOR

Impedir a presenza de alumnado da ESO e 1º BAC nos espazos e corredores das plantas 1 e 2

Vixiar o comportamento do alumnado nos espazos e corredores da planta baixa

Impedir a presenza de persoalalleoao centrosenxustificación

Impedir a saida do recinto escolar ao alumnado da ESO

Vixiar o comportamento do alumnado no patio

Impedir a entrada de persoalalleoaocentro senxustificación

Evitar pelexas e situacións de perigo

Impedir o consumo de tabaco, alcohol e outras substancias prohibidas

Evitar que o alumnado bote lixofóra das papeleiras e contedores

Velar polo cumprimento das normas de convivencia

Atender ao alumnado que sufra algunha indisposición ou accidente

Anotar no parte de gardas as incidencias no período de garda

Asinar o parte de gardas

TIMBRE→AVISO DE ENTRADA ÁS AULAS OU COMEZO DO RECREO

GARDAS BIBLIOTECA RECREO

GARDAS BIBLIOTECA

HORARIO LECTIVO

A Biblioteca non debe estar nunca aberta e sen profesorado Esperar sempre á incorporación do seguinte profesor de garda. Cando non apareza, baleirar a aula, e pechar

Velar polo cumprimento dasNOF. Manterorde e silencio

Xestionar os préstamos e devolucións, cubrindo os documentos correspondentes. Recolocar o material devolto

Colaborar nastarefas de informatización (fichaxe de libros)

Asinar o parte de incidencias de Biblioteca Anotar as incidencias

Page 99: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN ANTE AS FALTAS DE ASISTENCIA E PUNTUALIDADE DO ALUMNADO

FALTA DE ASISTENCIA OU PUNTUALIDADE DO ALUMNADO

ALUMNO PROFESOR TITOR

Falta de asistencia oupuntualidade Rexistrar a falta no XADE

(primeiro día da semana seguinte á falta)

Comunicar ao profesorado a falta de asistencia do alumno, cando se coñeza de antemán

(no taboleiro da sala do profesorado)

Entregar aotitor: Solicitude de xustificación

Documentación xustificativa, se procede (na semana da súa incorporación)

Recoller, arquivar e validar (se procede) a xustificación presentada polo alumno

Rexistrar a xustificación (se procede) no XADE

COMUNICACIÓN ÁS FAMILIAS DAS FALTAS DE ASISTENCIA E PUNTUALIDADE DO ALUMNADO

ALUMNO TITOR

Recoller a carta de faltas non xustificadas entregada polo titor Entregar ao alumno a carta de faltas no xustificadas

(como mínimo unha vez ao mes)

Devoltaraotitor: Recibín da carta de faltas non xuxtificadasasinada polos pais

Xustificación (se procede) das faltas comunicadas (na semana seguinte á recepción da carta)

Recoller e arquivar o recibín da carta de faltas non xuxtificadasasinada polos pais

Validar (se procede) as xustificacións aportadas

Rexistrar a xustificación (se procede) no XADE

ACTUACIÓN DO TITOR NOS CASOS DE FALTAS NON XUSTIFICADAS

Reconto mensual das faltas de asistencia e puntualidade non xustificadas

Tipificar como falta leve de grao I: Incumprimento dos prazossinalados para a entrega de

xustificacións e devolución do recibín das cartas de faltas. Faltas inxustificadasde asistencia.

Faltasinxustificadas de puntualidade.

Tipificar como falta leve de grao II: Reiteración no incumprimento de prazos

Acumulación de 10 faltas de puntualidadeinxustificadas Acumulación de 10 faltas de asistencia inxustificadas

Tipificar como falta leve de grao II: Acumulación de faltas de asistencia inxustificadas:

6 faltas en materias de 4 horas semanas 5 faltas en materias de 3 horas semanas 4 faltas en materias de 2 horas semanas

(En Bacharelato ditas faltas poderánsupoñer para o alumnado a perda do dereito á avaliación continua)

Informar ao Equipo Directivo Sancionar e/ou comunicar a sanción segundo o protocolo de actuación no caso de condutas contrarias ás normas de convivencia

Page 100: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN NAS SESIÓNS DE AVALIACIÓN

PROFESOR PROFESOR

Anotar as cualificacións no Xade (24 horas antes da sesión de avaliación)

PROFESOR

TITOR

Organizar a sesión de avaliación recompilando datos

Organizar e presidir a reunión da xunta de avaliación

Organizar a entrega de boletínsao alumnado do seu grupo

Das cualificaciónsrexistradas no XADE Das sesións de titoríana aula

Dos informes do profesorado para as entrevistas coas familias

Das entrevistas coas familias

Levantar acta da reunión onde conste Asistencia

Incidencias, se procede Acordos, se procede

Asinar os boletíns de notas

Anotar, se procede, as observacións.

Elaborar a estatística de resultados, segundo o modelo

facilitado polaDirección do centro

Entregar os boletínsao alumnado, segundo as indicacións da Dirección

Entregar a Xefatura de Estudos a acta de asistencia e incidencias Recoller e arquivar os recibínasinados polos pais

na 1ª e 2ª avaliacións

Enviar por correo electrónico ao centro a estatística dos

resultados

ALUMNO

Recoller o boletín de notas entregado polo titor

Devoltarasinado polos pais o recibín do boletín de notas

(nos dous días lectivos seguintes á entrega)

Page 101: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN PARA A REVISIÓN E RECLAMACIÓN DE CUALIFICACIÓNS FINAIS

ENTREGA DE BOLETÍNS DE CUALIFICACIÓNS (entrega o titorna aula de referencia do grupo)

REVISIÓN

O profesor revisa as probas co alumnado desconforme coa cualificación

(no seminario, despoisda entrega de notas)

ALUMNO

Entrega na Secretaría unha instancia formulando xustificadamente a reclamación

PROCEDE modificar

NON PROCEDE

modificar

RECLAMACIÓN

DEPARTAMENTO

O xefe de departamento recolle as reclamacións

O Departamento reúnese para revisar as reclamacións

O xefe de departamento elabora un informe motivado que trasladará aoEquipo Directivo

EQUIPO DIRECTIVO

Comunica ao alumno a resolución adoptada polo departamento

PROCEDE modificar

NON PROCEDE

modificar O alumno pode continuar os trámites de reclamación polasseguintescanles:

ALUMNADO de ESO e 1º BAC→Delegación de Educación de A Coruña

ALUMNADO de 2º BAC→Inspección educativa de Santiago

MODIFICACIÓN

SEN INFLUENCIA NA PROMOCIÓN OU TITULACIÓN

CON INFLUENCIA NA PROMOCIÓN OU TITULACIÓN

XEFE ESTUDOS Comunica á Xunta de Avaliación

a modificación realizada

XEFE ESTUDOS Convoca unha nova sesión

da Xunta de Avaliación

PRAZOS

XUNTA DE AVALIACIÓN XUNTA DE AVALIACIÓN Nova sesión de reunión

Firma de actas

Os prazos para este procedemento serán marcados pola Dirección atendendo á legalidadevixente.

En 2º BAC, axustaranseaosprazossinaladospola CIUG para as reclamacións Firma de actas

Page 102: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN ANTE CONDUTAS CONTRARIAS ÁS NORMAS DE CONVIVENCIA

ACTUACIÓN DO PROFESOR/A

Cubrir no INFORME a descripción da conduta e a tipificación da falta

FALTA LEVE FALTA GRAVE

Cubrir no INFORME a proposta de sanción

Verificar a potestade sancionadora do profesor/a

A POTESTADE É DO PROFESOR/A A POTESTADE NON É DO PROFESOR/A

Cubrir a RESOLUCIÓN do profesor

Entregar aotitor/a INFORME

RESOLUCIÓN do profesor

Entregar aotitor/a INFORME

ACTUACIÓN DO TITOR/A

Verificar a potestade sancionadora do titor/a

A POTESTADE É DO TITOR/A A POTESTADE NON É DO TITOR/A

Cubrir a RESOLUCIÓN do titor

Entregar aoxefe de estudos

copia do INFORME

Entregar aoxefe de estudos copia do INFORME

Comunicar aospais

a apertura de expediente

Recoller

RESOLUCIÓN do director

Recoller RESOLUCIÓN do director

Entregar ao interesado: INFORME

RESOLUCIÓN do profesor Copia que debe ser asinada

polos pais

Entregar ao interesado: INFORME

RESOLUCIÓN do titor Copia que debe ser asinada polos

pais

Entregar ao interesado: INFORME

RESOLUCIÓN do director Copia que debe ser asinada polos

pais

Entregar ao interesado: INFORME

RESOLUCIÓN do director Copia que debe ser asinada polos

pais

Entregar copia aoxefe de estudos

Page 103: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN ANTE CONDUTAS CONTRARIAS ÁS NORMAS DE CONVIVENCIA

POTESTADE SANCIONADORA SEN EXPEDIENTE (FALTAS LEVES) POTESTADE SANCIONADORA CON EXPEDIENTE (FALTAS GRAVES)

Finalizan por vía administrativa (Art 26 Ley 4/2011 do 4 de xuño) Revisables polo CE no prazo de 10 días (Art 25 Ley 4/2011 do 4 de xuño)

Finalizan por vía administrativa (Art 26 Ley 4/2011 do 4 de xuño)

DO PROFESOR/A

- Amoestación

- Comparecencia XefaturaEstudos - Traballos específi-cos - Anulación do ex-ame

DO TITOR/A

- Amoestación

- Comparecencia Xefa-turaEstudos - Traballos específicos - Tarefas horario non lectivo

DO DIRECTOR

- Tarefas horario lectivo - Tarefas horario non lectivo

- Suspensión Act. Extraescolares entre 2 semanas e 1 mes - Cambio grupo - Non asistencia a determinadas clases entre 4 días e 2 semanas - Non asistencia ao centro entre 4 días e 1 mes - Cambio de centro

DO XEFE ESTUDOS

- Amoestación

- Traballos específi-cos - Tarefas horario non lectivo

- Suspensión Act. Extraescolares ata 2 semanas - Cambio grupo ata 1 semana

DO DIRECTOR

- Amoestación - Traballos específicos - Tarefas horario non lectivo

- Suspensión Act. Ex-traescolares ata 2 sema-nas - Cambio grupo ata 1 semana - Non asistencia a de-terminadas clases ata 3 días - Non asistencia ao centro ata 3 días

Nos casos de suspensión do dereito a asistir a determinadas clases ouao centro hai que especificar os días ou período que se pide. Entre a conducta lesiva e o inicio da medida correctora é aconsellable que medien uns días para a tramitación.

Page 104: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN ANTE CONDUTAS CONTRARIAS ÁS NORMAS DE CONVIVENCIA

FALTAS DE CONDUTA TIPIFICADAS COMO LEVES Ley 4/2011 do 4 de xuño

FALTAS DE CONDUTA TIPIFICADAS COMO GRAVES Ley 4/2011 do 4 de xuño

Art 16 a: Agresión, inxuria, ofensa, discriminación, indisciplina, danos , actosinxustificados, actuaciónsprexudiciais,

Art 15 a: Agresión, inxuria, ofensa, ameaza, coacción Art 15 b: Discriminación

Art 16 b: Portar obxectos prohibidos o perigosos para a saúde se se considera levemente prexudicial

Art 15 c: Desafío ao profesorado e ao PAS Art 15 d:Gravación, difusión imaxes contrarias ádignidade, intimidade

Art 16 c: Inasistencia inxustificadaouimpuntualidade reiterada Art 15 e: Acoso escolar Art 16 d: Asistencia ao centro sen material reiteradamente Art 15 f: Suplantación de persoalidade e vulneración de documentos académicos Art 16 e: As que tipifique o centro nasNOF Art 15 g: Substracción ou danos aosbens Art 15 h: Perturbación grave e inxustificada da actividade lectiva Art 15 i: Actos contra a saúde e a integridade Art 15 j: Portar obxectos prohibidos ouperigosos para a saúde Art 15 j: Negativa a entregar obxectosperigosos Art 15 k: Reiteración de conductas leves Art 15 l: Incumprimentosancións

Page 105: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN ANTE INCIDENCIAS NA AULA

USO DE APARELLOS ELECTRÓNICOS E MOBILES NA AULA CONDUTA DISRUPTIVA NA AULA

PROFESOR

Recoller o aparello electrónico Apagado cando se trate dunmóbil

PROFESOR

Impoñerao alumno un parte de conduta

Entregar o aparelloaoEquipo Directivo

Sinalartarefasao alumno para realizar na hora que estea expulsado

Avisar ás familias que o aparello estará a súa

disposición no centro, a partires da última hora da xornada lectiva

(Os alumnos maiores de edadepoderánrecoller eles mesmos o aparello requisado)

Enviar ao alumno ante o profesorado de garda(se é preciso avisará por medio do delegado ao

profesorado de garda para que recollaao alumno sancionado)

PROFESORADO DE

GARDA

Atender aoalumno na zona de convivencia

Se o considera procedente, impoñerao alumno un parte de conduta

Facer a anotación no parte de gardas

EQUIPO DIRECTIVO

Custodiar o aparello requisado ata a súarecollida

Cando o alumno non teña tarefas asignadas, asignarlle as que considere oportunas

Page 106: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN NAS ENTREVISTAS COAS FAMILIAS

ENTREVISTAS TITOR-FAMILIAS ENTREVISTAS PROFESOR-FAMILIAS

As canles de comunicación titoría-familias

serán as seguintes:

Telefónicamente As canles de comunicación

titoría-familias serán as seguintes:

Telefónicamente

Por correo electrónico

Por correo electrónico

Por medio dos fillos Por medio dos fillos

As familias solicitarán cita para unha entrevista cotitor As familias solicitarán cita aotitor para unha entrevista co profesor

O profesor titor solicitará informes do alumno ao profesorado no documento entrevistas coas familias, ou por correo electrónico

O titor comunicará os feitosao profesor correspondente

O profesor titor confirmará a cita para a entrevista coa familia O profesor concertará o día e hora da entrevista coas familias

A entrevista realizarase no horario de atención ás familias nas salas de visitas A entrevista realizarase no horario acordado nas salas de visitas

A atención as familias que se presenten no horario de titoríasen previa cita, sópoderá garantirse cando o titor non teña outras entrevistas concertadas

A comunicación profesor_familiasrealizarasesempre a través do titor

Page 107: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN EN CASO DE FOLGA DO ALUMNADO

MARCO LEGAL COVOCATORIA DE FOLGA DE ALUMNADO

Lei Orgánica 8/1985 Artigo oitavo:Garántese nos centros docentes o dereito de reunión dos profesores, persoal de administración e de servicios, pais de alumnos e alumnos, e facilitarase o seu exercicio, consonte coa lexislación vixente e tendo en conta o normal desenvolvemento das actividades docentes

XUNTA

DELEGADOS

Solicitar á Dirección do centro unha reunión da xunta de delegados Debatir e tomar decisións

Levantar acta da reunión coas decisións adoptadas, e entregar a Xefatura de Estudos

DELEGADO

Informar ao grupo das decisións adoptadas naxunta de delegados

Debatir, tomar decisións e comunicar aotitor as decisións adoptadas Elaborar un listado cos participantes na folga, para a súa entrega aoEquipo Directivo.

Lei Orgánica 2/2006 Disposición derradeira primeira. Modificación da Lei orgánica 8/1985 O artigo 6 da Lei orgánica 8/1985, queda redactado da seguinte maneira:«1. Todos os alumnos teñen os mesmos dereitos e deberes, sen máis distincións que as derivadas da súa idade e do nivel que estean cursando.»

TITOR Entregar ao alumnado os documentos de autorización familiar para secundar a folga.

Recoller e custodiar as autorizaciónsasinadas.

ALUMNO Entregar aotitor a autorización familiar para secundar a folga

(con anterioridade á data da folga)

Lei Orgánica 2/2006 Ao artigo 8 da Lei orgánica 8/1985 engádeselle un novo parágrafo coa seguinte redacción: «Co fin de estimular o exercicio efectivo da participación dos alumnos nos centros educativos e facilitar o seudereito de reunión, os centros educativos establecerán, ao elaborar as súas normas de organización e funcionamento, as condicións en que os seus alumnos poden exercer este dereito. Nos termos que establezan as administracións educativas, as decisións colectivas que adopten os alumnos, a partir do terceiro curso da educación secundaria obrigatoria, con respecto á asistencia á clase non terán a consideración de faltas de condutanin serán obxecto de sanción, cando estas fosen resultado do exercicio do dereito de reunión e sexan comunicadas previamente á dirección do centro.»

As faltas de asistencia do alumnado nunhaxornada convocada de folga non terán consideración de faltas de conduta, e non serán obxecto de sanción cando se dean os seguintes requisitos:

- O alumnado sexa de 3º ESO, oudun curso superior - O alumnado teña autorización das súas familias para secundar a folga - A inasistencia á clase sexa resultado do exercicio do dereito de reunión. - A decisión de secundar a folgasexa comunicada previamente á Dirección do centro

O alumnado debe ser informado polo titor das consecuencias que pode ter a non asistencia ás clases nunha convocatoria de folga

- Respetarase a celebración das probas ouexames previstos - O profesorado poderá impartir clases con normalidadeao alumnado que asista ás clases - Mesmo se non hai alumnos na aula, o profesorado poderá dar a materia por explicada

Page 108: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

REUNIÓN INFORMATIVA TITOR-ALUMNADO REUNIÓN INFORMATIVA TITOR-FAMILIAS DO ALUMNADO

CELEBRACIÓN DA REUNIÓN INFORMATIVA (o primeiro día do curso)

EQUIPO

DIRECTIVO

Fixar as datas para a reunión informativa titor-familias

(no primeiro mes do curso escolar)

TITOR Acompañará ao alumnado do grupo titorado á

aula de referencia do grupo

TITOR

Envíar carta de comunicación do día e hora da

celebración da reunión informativa titor-familias

(por mediación do alumnado)

INFORMACIÓN RESPECTO AOS SEGUINTES PUNTOS

ALUMNO

Devoltaraotitor o recibín da comunicación, e a

confirmación da asistencia á reunión informativa

Actividades escolares Procedementos

Normas de convivencia

Partes de conduta Sancións

Horario do grupo CELEBRACIÓN DA REUNIÓN INFORMATIVA

Profesorado do grupo

Calendario escolar Asistencia e puntualidade

Xustificación de faltas

TITOR Acompañará ás familias do grupo titorado á aula de

referencia do grupo Datas de avaliacións

Entrega de boletíns de notas

Entrevistas coas

familias Concerto de citas

Materias pendentes

INFORMACIÓN RESPECTO AOS SEGUINTES PUNTOS

(se procede, entrega de díptico informativo) Actividades

extraescolares Elección de delegado

Departamento de Orientación

Estado e conservación

da aula

Datos do Centro

Equipo Directivo Enderezo, teléfono, web, e-mail

Temporalización do curso

Calendario escolar Datas de avaliacións Datas de entrega de boletíns de cualificacións

Actividades académicas Horario e profesorado do grupo Materias pendentes

Normas de Organización e Funcionamento

Normas de convivencia Asistencia e puntualidade

Entrevistas cotitor Horario de atención ás familias Procedemento para concertar citas

Outras Horario do Departamento de Orientación Programas escolares

Page 109: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

XXVI. Plan Xeral de Atención á Diversidade

Page 110: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

ÍNDICE

1. INTRODUCCIÓN

2. XUSTIFICACIÓN BASEADA NO CONTEXTO

3. IDENTIFICACIÓN E VALORACIÓN DAS NECESIDADES

4. OBXECTIVOS

5. DESCRICIÓN DE ACTUACIÓNS, MEDIDAS E/OU PROGRAMAS PARA A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE 5.1 MEDIDAS ORDINARIAS

a) Adecuación da estrutura organizativa do centro (horarios, agrupamentos, espazos) e da organización e xestión da aula ás características do alumnado.

b) Adecuación das programacións didácticas ao contorno e ao alumnado.

c) Metodoloxías baseadas no traballo colaborativo en grupos heteroxéneos, titoría entre iguais, aprendizaxe por proxectos e outras que promovan a inclusión.

d) Adaptación dos tempos e instrumentos ou procedementos de avaliación.

e) Aulas de atención educativa e convivencia e medidas e actuacións destinadas á mellora da convivencia.

f) Desdobramentos de grupos.

g) Reforzo educativo e apoio do profesorado con dispoñibilidade horaria.

h) Programas de enriquecemento curricular.

l) Programas de reforzo nas áreas instrumentais básicas.

j) Programas de recuperación.

k) Programas específicos personalizados.

l) Programas de habilidades sociais.

Page 111: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

5.2 MEDIDAS EXTRAORDINARIAS

a) Adaptacións curriculares significativas. b) Agrupamentos flexibles. c) Apoio do profesorado especialista en pedagoxía terapéutica. d) Flexibilización da duración do período de escolarización. e) Programas de Mellora da Aprendizaxe e do Rendemento f) Programas de Formación Básica g) Atención educativa ao alumnado que, por circunstancias diver-

sas, presenta dificultades para unha asistencia continuada a un cen-tro educativo.

h) Grupos de adquisición das linguas. i) Grupos de adaptación da competencia curricular. j) Exención de 2ª Lingua Extranxeira

6. CONCRECIÓN DAS ACTUACIÓNS DOS DIST!NTOS PROFESIONAIS EN RELACIÓN ÁS MEDIDAS DESEÑADAS PARA O CENTRO:

6.1 TITOR E EQUIPO DOCENTE

6.2 PROFESORADO ESPECIALISTA EN PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

6.3 XEFATURA DEPARTAMENTO ORIENTACIÓN

6.4 EQUIPO DIRECTIVO

7. DETERMINACIÓN DOS CRITERIOS PARA A ORGANIZACIÓN E DISTRIBUCIÓN DOS RECURSOS E A APLICACIÓN DAS MEDIDAS PROPOSTAS.

7.1 CRITERIOS XERAIS

7.2 CRITERIOS PARA FACILITAR A ATENCIÓN DO ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

8. MECANISMOS DE COORDINACIÓN E COLABORACIÓN INTERNOS ASÍ COMO CON OUTRAS ETAPAS EDUCATIVAS E COS CENTROS ADSCRITOS

8.1 NO PROPIO CENTRO

8.2 COS CENTROS ADSCRITOS

8.3 CO EQUIPO DE ORIENTACIÓN ESPECÍFICO

Page 112: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

8.4 CON OUTRAS INSTITUCIÓNS

9. CANLES DE COLABORACIÓN COAS NAIS, PAIS OU TITORES LEGAIS DO ALUMNADO E COS DIFERENTES SERVIZOS EXTERNOS AO CENTRO

10. PROTOCOLOS PARA A SOLICITUDE E/OU AUTORIZACIÓN DAS MEDIDAS EXTRAORDINARIAS

10.1 PROGRAMA DE MELLORA DA APRENDIZAXE E DO RENDEMENTO

10.2 AGRUPAMENTOS FLEXIBLES

10.3 GRUPO DE ADQUISICIÓN DAS LINGUAS

10.4 ADAPTACIÓN CURRICULAR INDIVIDUALIZADA

10.5 APOIO DO PROFESORADO DE PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA E AUDICIÓN E LINGUAXE

10.6 FLEXIBILIZACIÓN DO PERIODO DE ESCOLARIZACIÓN

10.7 ATENCIÓN EDUCATIVA AO ALUMNADO QUE, POR CIRCUNSTANCIAS DIVERSAS, PRESENTA DIFICULTADES PARA UNHA ASISTENCIA CONTINUADA A UN CENTRO

10.8 GRUPOS DE ADAPTACIÓN DA COMPETENCIA CURRICULAR

10.9 EXENCIÓN DA SEGUNDA LINGUA EXTRANXEIRA

10.10 FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA

11. PROCESOS DE SEGUIMENTO, AVALIACIÓN E MILLORA DO PLAN

1. INTRODUCCIÓN

A atención á diversidade debe entenderse como o conxunto de propostas curriculares e organizativas que intentan dar resposta ás necesidades educativas de todo o alumnado do centro, tendo en conta as súas capacidades, ritmos e estilos de aprendizaxe, motivacións e intereses, situacións sociais, económicas, culturais, lingüísticas e de saúde. A atención á diversidade ten, por tanto, un dobre carácter: preventivo das dificultades e de atención ás mesmas.

O Plan Xeral de Atención á Diversidade (PXAD) é un documento

Page 113: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

institucional que desenvolve as medidas xerais de atención á diversidade contempladas no PEC, concretando as actuacións dos distintos profesionais, os mecanismos de colaboración e coordinación internos, cos centros adscritos, coas familias do alumnado e cos servizos externos ao centro, así como as actuacións para a súa avaliación e seguimento.

O PXAD será o instrumento que guíe a planificación e concreción anual das medidas educativas de atención á diversidade en función das necesidades detectadas e dos recursos dispoñibles, no marco da Programación Xeral Anual.

A súa elaboración corresponde ao departamento de orientación en función das directrices marcadas pola CCP e a normativa vixente ao efecto (Decreto 229/2011 do 7 de decembro de 2011, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, a normativa coa que se complementa relacionada no seu preámbulo (páx. 37489) e, en especial, a normativa reguladora de cada etapa. A súa avaliación e seguimento corresponde ao equipo directivo coa colaboración de tódolos implicados. O Plan Xeral de Atención á Diversidade debe ser informado polo claustro e aprobado polo consello escolar.

2. XUSTIFICACIÓN BASEADA NO CONTEXTO

O IES MONELOS é un instituto público de ensinanza secundaria situado no barrio Monelos, na cidade de A Coruña.

A comunidade educativa entende a ensinanza como un servizo público, como factor compensador de desigualdades e como lugar de socialización e integración na sociedade cunha vocación de mellora constante.

Ao noso centro acude alumnado dos centros adscritos: CEIP San Fco. Javier ,e do IES Otero Pedrayo A nivel socioeconómico cabe destacar que os pais/nais do noso alumnado, en xeral pertencen a unha clase social media, teñen un bo nivel de formación académica e ocupan profesións cualificadas. En relación ás expectativas que esperan dos seus fillos/fillas para cando acaben a Educación Secundaria Obrigatoria apuntan hacia o contexto académico, situando o Bacharelato e a Universidade como opción preferentes.

Page 114: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

O IES MONELOS tamén conta cunha proporción significativa de alumnos/as que proceden de entornos culturais e sociais menos favorecidos. Familias que por distintas circunstancias presentan dificultades para controlar debidamente o traballo académico dos seus fillos/as.

Nos últimos anos estase a producir un incremento do alumnado de procedencia estranxeira que na súa maioría presenta desfase curricular significativo e descoñecemento da lingua galega. Unha porcentaxe elevada deste alumnado precisa medidas ordinarias e/ou extraordinarias de atención á diversidade.

As características do alumnado con necesidade específica de apoio educativo é diversa: condicións persoais de discapacidade, condicións socio familiares desfavorecidas, dificultades específicas de aprendizaxe, TDAH. Na análise da situación escolar deste IES, sinálanse a falta de motivación e de interese pola aprendizaxe así como o escaso nivel de desarrollo de habilidades e técnicas de traballo intelectual como factores determinantes do baixo rendimento académico dunha porcentaxe significativa de alumnos/as.

3. IDENTIFICACIÓN E VALORACIÓN DE NECESIDADES

Anualmente procederase a concretar as actuacións e medidas deste plan en función da identificación e valoración das necesidades:

Do alumnado, tanto das individuais como das grupais (aprendizaxe de técnicas de traballo intelectual, transición harmónica entre primaria e secundaria, mellora do clima das aulas..); das ordinarias como das extraordinarias (reforzo edu-cativo, agrupamento flexible, mellorar a resposta educativa ao alumnado que presenta altas capacidades...)

Do profesorado, dinamización da función titorial no eido das actuacións e/ou actividades que teñen que ver co plan, impul-sar as reunións dos titores cos respectivos equipos docentes e dos titores coa xefatura de estudos e o departamento de orien-tación, actualización da formación en temáticas relacionadas co plan...

Page 115: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

Das familias, informar e impulsar a colaboración no desenvol-vemento das medidas de atención á diversidade, fomentando a súa participación no proceso educativo...

Do departamento de orientación, mellorar o aproveitamento dos recursos tecnolóxicos especialmente nas actuacións rela-cionadas coa atención á diversidade, impulsar a coordinación do profesorado de apoio co profesorado dos distintos depar-tamentos didácticos...

Para isto teranse en conta: os informes psicopedagóxicos e outros, as achegas dos diferentes equipos docentes, dos departamentos didácticos, dos resultados académicos do alumnado, da avaliación das medidas de atención á diversidade existentes no centro, dos datos aportados pola memoria do departamento de orientación, dos datos recollidos nas xuntas de avaliación, nas reunións de coordinación co profesorado titor e das achegas das familias.

4. OBXECTIVOS

Entre os obxectivos a acadar cabe destacar os seguintes:

Aceptar e valorar as diferenzas do alumnado como un feito de enriquecemento da comunidade educativa.

Establecer os criterios básicos que sirvan de referente e marco para que o centro poida concretar cada curso e en todo mo-mento o axuste das respostas educativas apropiadas a cada alumno/a e o seu contexto.

Servir como ferramenta ou instrumento que permita ao cen-tro, despois de valorar as necesidades específicas de apoio educativo do alumnado, elaborar, planificar eorganizar as me-didas ordinarias ou extraordinarias de atención á diversidade e priorizar os recursos materiais e persoais de que se dispón, pa-ra adaptalos e axustalos ás necesidades educativas.

Asegurar que todo o alumnado, sen distinción, acade o grao máximo das súas capacidades, do seu desenvolvemento per-soal, social e emocional, así como das competencias básicas e

Page 116: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

dos obxectivos educativos establecidos en xeral para a etapa da ESO.

Deseñar, planificar e desenvolver medidas eficaces de tipo or-ganizativo e curricular, que dean resposta ás características e necesidades do alumnado.

Potenciar a coordinación das liñas de actuación do profesora-do que interveña no proceso educativo de cada alumno/a .

Fomentar a titoría e a orientación como instrumentos para a prevención, detección e atención do alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

Promover a creación e difusión entre o profesorado de mate-riais, bibliografía ou estratexias educativas.

Establecer os mecanismos oportunos para garantir unha ade-cuada coordinación entre os diferentes profesionais implicados na atención á diversidade: titores/as, profesorado, familias e servizos externos ao centro.

Valorar a importancia da convivencia e crear un ambiente de traballo no que o apoio mutuo axude a mellorar o desenvol-vemento persoal, social e cognitivo do alumnado.

Crear un clima de cooperación entre o centro e as familias, para favorecer o desenvolvemento do alumnado.

Asesorar as familias sobre pautas educativas e recursos sociais, sanitarios,

obxectivo final do Plan xeral de Atención á Diversidade do Cen-tro é lograr que o proceso educativo se adapte ás necesidades educativas e características de todo o alumnado, especialmen-te dos que presentan necesidades específicas de apoio educa-tivo, mediante a adopción dunha serie de medidas apropiadas tendo en conta o contexto, as características do alumnado e os recursos materiais e persoais.

Page 117: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

5. DESCRICIÓN DE ACTUACIÓNS, MEDIDAS E/OU PROGRAMAS PARA A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE Na lexislación vixente, enténdese por medidas de atención á

diversidade aquelas actuacións, estratexias e/ou programas destinados a proporcionar unha resposta axustada ás necesidades educativas do alumnado. Estas medidas clasifícanse en ordinarias e extraordinarias e estarán recollidas no Plan Xeral de Atención á Diversidade e nas concrecións anuais de dito plan.

5.1 MEDIDAS ORDINARIAS

Considéranse medidas ordinarias de atención á diversidade todas aquelas que faciliten a adecuación do currículo prescritivo sen alteración significativa dos seus obxectivos, contidos e criterios de avaliación, ao contexto sociocultural dos centros educativos e ás características do alumnado.

A finalidade destas medidas é dar resposta ás diferenzas en competencia curricular, motivación, intereses, relación social, estratexias, estilos e ritmos de aprendizaxe, estando destinadas a facilitar a consecución dos obxectivos e competencias establecidas nas diferentes etapas.

Sen prexuízo do establecido na normativa reguladora de cada etapa ou ensinanza, entre as medidas ordinarias de atención á diversidade inclúense:

a) Adecuación da estrutura organizativa do centro (horarios, agru-pamentos, espazos)e da organización e xestión da aula ás carac-terísticas do alumnado.

Os agrupamentos, a confección de grupos e horarios, estableceranse de acordó cos principios: Normalización e inclusión, equidade , igualdade de oportunidades e non discriminación, flexibilidade, interculturalidade e promoción da convivencia

A dirección do centro, co asesoramento dos departamentos, determinará os agrupamentos de alumnos/as nos diferentes niveis seguindo dentro do posible criterios de carácter pedagóxico e

Page 118: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

organizativos en función das necesidades do alumnado e da dispoñibilidade de recursos materiais e persoais.

Todas as aulas están dotadas de diversos medios técnicos (proxector,ordenador, pizarra electrónica) para facilitar o uso de recursos didácticos que requiran medios audiovisuais, con acceso á rede e a materiais informáticos.

b) Adecuación das programacións didácticas ao contorno e ao alumnado.

No mes de setembro os xefes dos departamentos concretarán nas correspondentes programacións didácticas os elementos establecidos segundo a normativa vixente.

Os departamentos determinarán nas correspondentes programacións didácticas os obxectivos e contidos básicos da materia que constituirán a base para determinar e realizar os reforzos tanto na aula con todo o alumnado como a nivel individual ou en pequenos grupos de reforzo.

Desta maneira cada profesor na súa aula, en función do nivel de competencia curricular e dificultades do alumnado, poderá priorizar obxectivos e/ou modificar a secuencia de consecución dos mesmos atendendo aqueles criterios de carácter funcional, relacionados co desenvolvemento das competencias básicas e que Ile permitan ao alumno/ a unha maior autonomía na aprendizaxe.

Tamén permite priorizar bloques de contidos básicos, seleccionar aqueles de carácter máis funcional e interdisciplinar e precisar os contidos mínimos de cada unidade didáctica tendo en conta as circunstancias e o contexto dun alumno/a individual ou dun grupo.

c) Metodoloxías baseadas no traballo colaborativo en grupos heteroxéneos, titoría entre iguais, aprendizaxe por proxectos e outras que promovan a inclusión.

Tamén se deben establecer as directrices xerais a seguir polo profesorado da materia no referente á metodoloxía, ás formas de coordinación e ás modalidades de agrupamento na planificación das actividades, elixindo en función do tipo de tarefa e o estilo de aprendizaxe

Page 119: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

do alumnado a modalidade de agrupamento máis axeitada en cada momento: traballo individual, traballo en parella, traballo cooperativo ou titoría entre iguais utilizando as técnicas de grupo máis axeitadas en función dos obxectivos e contidos, do tipo de actividade, da organización dos espazos e dos recursos técnicos e materiais dispoñibles.

d) Adaptación dos tempos e instrumentos ou procedementos de avaliación.

En cada momento o profesorado, tendo en conta as características e dificultades do alumnado, e para a consecución de determinados obxectivos, pode variar a temporalización na realización das actividades, modificando e flexibilizando estas para que sexan variadas, motivadoras e con diverso nivel de dificultade. Do mesmo xeito sería conveniente ter en conta a modificación dos tempos na avaliación nos casos e contextos que así o requiran.

Co mesmo motivo, deberíanse modificar as formas de valorar os progresos e a aprendizaxe do alumnado, sobre todo cando se presentan dificultades e atrancos. Tamén pode resultar relevante a selección de técnicas e instrumentos de avaliación variados que permitan diferentes soportes adaptados para cada caso e dependendo do contexto de aprendizaxe.

e) Aula de atención educativa e convivencia e medidas e actua-cións destinadas á mellora da convivencia.

Medida de atención á diversidade que favorece a mellora da convivencia no centro educativo.

Destinatarios: Alumnado que teña unha conduta disruptiva e que estea impedindo o normal desenvolvemento do traballo do seu grupo-clase. Derivarase a dita aula con actividades e tarefas para realizar durante a súa permanencia nela. Correspóndelle ao profesorado que remita o alumnado a esta aula establecer ditas tarefas, corrixilas e avalialas.

(A regulación da aula de convivencia está establecida no Plan de convivencia do Centro.)

Page 120: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

f) Desdobramento de grupos. E una medida organizativa de atención á diversidade que permite

desdobrar un grupo numeroso para prestar una atención máis individualizada ao alumnado. Esta medida favorece unha atención máis personalizada ao baixar a ratio, o que permite reforzar a aqueles alumnos/as con dificultades de aprendizaxe realizando modificacións de carácter metodolóxico (agrupamentos, traballo cooperativo, planificación máis flexible de actividades, maior utilización de materiais e recursos didácticos, variar técnicas e instrumentos de avaliación etc.

O desdobre é recomendable nos primeiros cursos ou en grupos con elevado número de alumnos/as ou pola alta concentración de alumnado repetidor e/ou con dificultades de aprendizaxe. Esta medida dependerá dos recursos persoais do instituto e da decisión da dirección de acordo cos departamentos correspondentes.

g) Reforzo educativo e apoio do profesorado con dispoñibilidade horaria.

Medida de atención á diversidade que atende as dificultades do alumnado xurdidas nun momento do proceso educativo, e que a través de modificacións nos elementos non prescritivos do currículo, pode seguir o proceso ordinario de ensino-aprendizaxe.

A finalidade destes apoios será reforzar de forma prioritaria as técnicas instrumentais básicas (comprensión e expresión oral e escrita, vocabulario, cálculo e resolución de problemas) dedicándolle máis tempo ao alumnado, mellorando as axudas didácticas (máis actividades e material apropiado, propostas metodolóxicas adaptadas ao estilo de aprendizaxe) e un seguimento individualizado para que cada alumno/a poida acadar as competencias básicas e os obxectivos da materia.

Destinatarios:

O alumnado que repita curso deberá seguir medidas de reforzo educativo

Alumno/a con dificultades para seguir o proceso ordinario do grupo- clase

Profesorado: Este reforzo será impartido polo propio profesor da materia ou por profesorado con disponibilidade horaria para ofrecer ese

Page 121: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

reforzó dentro ou fora da aula

h) Programas de enriquecemento curricular. Nas programacións de cada materia, os departamentos deberán

contemplar a inclusión de obxectivos, contidos e planificar actividades de ampliación ou enriquecemento para alumnado con bo rendemento escolar e/ou altas capacidades.

Os departamentos, en función dos criterios de organización e da dispoñibilidade de recursos persoais, determinarán se é posible reservar algunha hora complementaria para atender as necesidades de ampliación de currículo dos alumnos/as con altas capacidades.

Tamén se animará e estimulará este tipo de alumnado para que participe naqueles concursos ou actividades que respondan ás súas necesidades, intereses e que fomenten a motivación por ampliar a formación e seguir aprendendo.

i) Programas de reforzo nas áreas instrumentais básicas. Alumnado destinatario:

(1°e 2°ESO)Poderá seguir un programa de reforzo con atri-bución horaria, tras a pertinente valoración, o alumnado que promociona a ESO desde Primaria por imperativo legal, aquel que repita 1°ou 2º curso e aquel que promocionase a 2° curso sen superar todas ou algunha das materias instrumentais. O alumnado que participe nestes programas quedará exento da 2ª Lingua Estranxeira (Francés).

Profesorado que imparte os reforzos:

A impartición das linguas galega e castelá corresponderalle, preferentemente, ao profesorado dos departamentos de Lin-gua Galega e Literatura, Lingua Castela e Literatura, Inglés, Francés, outra lingua estranxeira, Latín e Grego.

Page 122: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

A impartición de Matemáticas corresponderalle, preferen-temente, ao profesorado dos departamentos de Matemáticas, Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía e Tecnoloxía.

Estes programas teñen atribución horaria, estarán baseados nos mínimos esixibles do curso correspondente e suporán unha atención personalizada para lograr o dominio suficiente expresado nos ditos mínimos.

Para o alumnado que participe nestes programas, os departamentos, na súa programación, establecerán o procedemento para a cualificación das materias pendentes ou da nota final do curso correspondente.

j) Programas de recuperación. Alumnado destinatario: alumnado que promociona a 2° ESO coas

materias instrumentais superadas e outras materias pendentes.

Teñen atribución horaria e poderase establecer un programa de recuperación das aprendizaxes de ditas materias non instrumentais cando o departamento correspondente conte con profesorado que non teña o seu horario lectivo completo.

O alumnado que participe nestes programas quedará exento da 2ª Lingua Estranxeira (Francés).

As ensinanzas dos programas de recuperación de materias pendentes non instrumentais estarán baseados nos mínimos esixibles do curso correspondente e a súa avaliación corresponde ao profesorado que imparta o programa.

k) Programas específicos personalizados. Alumnado destinatario:

Alumnado repetidor de 1° e 2° curso de ESO : Alumnado repetidor de 3° e 4° curso de ESO

Page 123: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

Son programas sen atribución horaria orientados á superación das dificultades comunicadas polo seu profesorado titor do curso anterior no informe de avaliación final, e considerando a información obtida no proceso de avaliación inicial.

Estes programas serán elaborados polos departamentos das materias correspondentes e deberán incluír actividades de aprendizaxe para realizar semanalmente.

No caso do alumnado de 1° e 2° de ESO deben contemplar a posible incorporación a un programa de reforzo das áreas instrumentais básicas ou de recuperación doutras materias. Se asiste a un programa de reforzo dunha materia determinada, poderá quedar eximido deste programa na dita materia.

É competencia do profesorado que imparta a materia facer o seguimento do alumnado na realización das tarefas propostas polo departamento e comunicarllo ao titor/a, quen deberá facérllelo chegar ás familias.

Alumnado repetidor de 3° e 4° curso de ESO : Poderán seguir un programa personalizado nas mesmas condicións que en 1° e 2°, agás a súa incorporación a un programa de reforzo ou recuperación.

l) Programas de habilidades sociais. Consisten en facilitar ao alumnado un repertorio amplo de

habilidades instrumentais, cognitivas e de control emocional que poidan usar para mellorar a calidade das súas relacións sociais e, máis concretamente, para resolver ou prever problemas ou dificultades nas súas relacións cos demais.

Estes programas deben estar establecidos no Plan de Acción Titorial para todos os alumnos/as. No Plan de Convivencia do Centro recóllense aqueles programas máis específicos para o alumnado enviado reiteradamente á aula de convivencia ou para o alumnado que sexa sancionado coa suspensión do dereito de asistencia ao centro.

Page 124: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

5.2 MEDIDAS EXTRAORDINARIAS

Na lexislación vixente considéranse medidas extraordinarias de atención á diversidade todas aquelas dirixidas a dar resposta ás necesidades educativas do alumnado con necesidade específica de apoio educativo que poden requirir modificacións significativas do currículo ordinario e/ou supoñer cambios esenciais no ámbito organizativo, así como, de ser o caso, nos elementos de acceso ao currículo ou na modalidade de escolarización. Aplicaranse unha vez esgotadas as de carácter ordinario ou por resultaren estas insuficientes.

Para a aplicación das medidas extraordinarias será necesaria a autorización da dirección do centro educativo, do servizo de inspección educativa, da xefatura territorial ou da dirección xeral que proceda, e, se é o caso, informe xustificativo do correspondente servizo de orientación.

Sen prexuízo do establecido na normativa reguladora de cada etapa ou ensinanza e da limitación dalgunha, as ensinanzas ou etapas específicas considéranse medidas extraordinarias de atención á diversidade, entre outras, as que seguen:

a) Adaptación curricular individual (ACI). Obxectivo: É unha medida extraordinaria de carácter curricular

dirixida ao alumnado considerado con necesidades específicas de apoio educativo que precisen de modificacións substanciais do currículo de referencia unha vez esgotadas outras medidas ordinarias de atención educativa. Serán elementos do currículo susceptibles de modificación os obxectivos, que poderán ser reaxustados, reducidos, suprimidos, complementados ou ampliados, se é o caso; os contidos, que tamén poderán ser modificados, complementados e mesmo suprimidos; e os criterios de avaliación, que poderán ser adaptados, complementados, modificados e mesmo suprimidos.

Alumnado: Alumnado de calquera nivel da secundaria obrigatoria que, logo da correspondente avaliación psicopedagóxica, se considere que ten necesidades específicas de apoio educativo, ben por necesidades educativas especiais, altas capacidades intelectuais, dificultades específicas de aprendizaxe , incorporación tardía ao sistema

Page 125: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

educativo ou por condicións persoais ou de historia escolar moi desfavorables.

Normativa:

Orde do 6 de outubro de 1995 (DOG do 7 de novembro de 1995). Disposición Adicional Quinta da Orde do 30 de setembro de 2004.

Artigo 5º da Orde do 21 de decembro de 2007 (DOG do 7 de xaneiro de 2008).

b) Agrupamentos flexibles.

Alumnado: Dirixido a alumnado que presente dificultades xeneralizadas de aprendizaxe, principalmente nas áreas curriculares de carácter instrumental como é o caso de Lingua e Matemáticas, que reclaman unha atención máis individualizada e que dificilmente pode seguir o ritmo de aprendizaxe da aula ordinaria con simples medidas de reforzo educativo.

Esta medida está dirixida preferentemente ao alumnado que cursa 1º e 2º da ESO. Para o alumnado que cursa 3º e 4º e que presente as dificultades sinaladas poderase aplicar esta medida cando se considere máis apropiada que a incorporación a un PMAR ou a FB. O número máximo de alumnos será de 15.

Profesorado: Deberá ter experiencia docente e, preferentemente, destino definitivo no centro. Cando a organización do centro o permita, os profesores do agrupamento específico impartiran docencia no grupo de referencia.

Na medida que os recursos do centro o permitan, este profesorado terá unha dedicación horaria semanal considerada como lectiva para a elaboración da programación adaptada e a coordinación co equipo de profesores.

Os agrupamentos específicos poderán facerse nas seguintes áreas: Lingua Castelá ou Lingua Galega, Matemáticas, Ciencias Naturais e Ciencias Sociais. A proposta de áreas obxecto de agrupamento específico será realizada pola Comisión de Coordinación Pedagóxica, serán

Page 126: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

prioritarias as áreas de Lingua e Matemáticas.

Normativa: Orde 27 decembro 2002. DOG 30 xaneiro 2003. Circular 9/1999 da Dirección de Ordenación Educativa e For-

mación Profesional

c) Apoio do profesorado de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe.

A profesora de Pedagoxía Terapéutica ten, á parte das funcións que lle competen como membro do departamento de orientación, a de participar na avaliación inicial e naquelas avaliacións que afecten a alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, e de colaborar na elaboración, seguimento e avaliación das adaptación curriculares individuais, a atención docente directa ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. A esta última función refírese este apartado.

As intervencións específicas que sexan precisas por parte da profesora de Pedagoxía Terapéutica serán propostas e deseñadas polo Departamento de Orientación, en colaboración co profesorado da materia obxecto de apoio e do titor ou titora do grupo ao que pertence o alumno/a. A coordinación desas actuacións corresponde á Xefatura de Estudos do centro, e a súa autorización á Dirección do centro.

Alumnado: Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo que sexa obxecto dalgunha medida extraordinaria de atención. O apoio, en xeral, prestarase no grupo no que está integrado o alumno/a. A cualificación do alumnado será responsabilidade do profesorado da área.

Normativa:

Artigo 7º da Orde do 24 de xullo de 1998 (DOG do 31 de xullo de 1998).

Decreto 229/2011 do 7 de decembro de 2011 (DOG do 21 de decembro de 2011).

Page 127: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

d) Flexibilización da duración do período de escolarización. Consiste en aumentar ou reducir, excepcionalmente, o tempo de

permanencia na etapa respecto do establecido con carácter xeral, en función das necesidades educativas especiais ou das altas capacidades do alumnado, respectivamente.

No caso do alumnado con necesidades educativas especiais, o aumento da permanencia na etapa, se cursa a educación secundaria obrigatoria, farase fragmentando os cursos de 3º e 4º da etapa. No bacharelato farase fragmentando os seus cursos por materias e na formación profesional específica por módulos.

No caso do alumnado con necesidade específica de apoio educativo por altas capacidades intelectuais a flexibilización da etapa consistirá na redución do tempo de permanencia na mesma. Só será aplicable no ensino básico e a redución será dun máximo de dous anos. Esta redución máxima non se poderá aplicar na mesma etapa educativa.

Alumnado: Alumnado con necesidades educativas especiais ou de altas capacidades que xa esgotaran outras medidas previas de adaptación curricular ou organizativas.

C. Normativa:

Orde do 27 de decembro de 2002.(DOG, 30/01/03). Orde do 28 de outubro de 1996. (DOG, 28/11/1996). Orde do 12 de xullo de 2011. (DOG do 15/7/2011).

a) Programas de Mellora da Aprendizaxe e do Rendemento (PMAR)

Obxectivo: Facilitar que os alumnos e alumnas, mediante unha metodoloxía específica e unha organización de contidos e materias do currículo dferente á establecida con carácter xeral, alcancen as competencias do primeiro ciclo de educación secundaria obrigatoria, poidan cursar o cuarto curso pola vía ordinaria e obtenían o título de GES.

Alumnado: Alumnado que presente dificultades relevantes de aprendizaxe (non imputable a falta de estudo ou esforzo) e se atope en algunha destas situacións:

Page 128: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

Para acceder a segundo (programa de dous cursos: 2º e 3º):

Ter cursado o primeiro curso de Educación Secundaria Obri-gatoria e non estar en condicións de promocionar ó segundo curso e que xa repetiran algunha vez en calquera das etapas

Para acceder a terceiro (programa de un curso:3º):

Ter cursado o segundo curso de educación obrigatoria, ter repetido algunha vez en calquera das etapas e non estar en condicións de ter promoción a terceiro.

Con carácter excepcional, para o alumnado que ten cur-sado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria e non está en condicións de promocionar ao curso seguinte 4º ESO

Número de alumnos/as: O numero mínimo será de 5 e o máximo de 10.

Estrutura do programa:

O currículo destes programa incluirá os seguintes ámbitos:

Lingüístico y social (Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e Xeografía e Historia): nove horas

Científico e matemático (Matemáticas orientadas ás ensi-nanzas aplicadas, Bioloxía e Xeoloxía e Física e Química): oito horas.

Linguas Estranxeiras (1ª Lingua Estranxeira): tres horas. Tamén cursarán co grupo de referencia as materias de terceiro

que non pertenezcan ós ámbitos. Profesorado: cada ámbito específico será impartido por un único

profesor ou profesora pertencente a undos departamentos didácticos que teñan atribuída algunha das materias que forman o ámbito, preferentemente con destino definitivo no centro.

. Normativa: Lei Orgánica 8/2013 do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa. Artigo 27. (BOE:10/12/13).

Resolución do 27 de xullo de 2015, pola que se ditan instruccións

Page 129: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

para o curso 2015/16 para a implantación do currículo da ESO e do Bacharelato (DOG: 29/07/15).

b) Programas de Formación Profesional Básica. Obxectivos: Contribuir a que o alumnado adquira ou

complete as competencias da aprendizaxe permanente para facilitar a súa transición cara a vida activa ou favorecer a súa continuidade no sistema educativo. Deben favorecer ademais a consecución dos obxectivos establecidos con carácter xeral para as ensinanzas de formación profesional. A oferta obrigada destes ciclos formativos de FPB está destinada a alumnado escolarizado que cumpra os requisitos de acceso e, cuxo grao de adquisición das competencias non sexa o adecuado para conseguir o título de GES e, maila iso, sexa o adecuado para que poida alcanzar o título de FPB.

Alumnado: Para o acceso á oferta obrigada é necesario que o alumnado cumpra simultáneamente os seguintes requisitos:

Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo. Ter cursado o terceiro curso de Educación Secundaria Obriga-

toria ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso. Ser proposto/a polo equipo docente ao pai, á nai ou á per-

soa que teña a titoría legal, para a incorporación a un ciclo de FPB.

Contar co consentimento do pai, da nai ou dos/as titores/as le-gais para cursar estas ensinanzas. Duración: 2000 horas, equi-valente a dous cursos académicos a tempo completo.

Formación: Módulos asociados a Unidades de Competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais. Módulos para a adquisición de competencias de aprendizaxe:

Comunicación e Sociedade I e Comunicación e Sociedade II (Lingua galega, Lingua Castelá, Lingua estranxeira e Ciencias Sociais).

Módulo de Ciencias aplicadas I e Ciencias Aplicadas II (Ma-temáticas e Ciencias aplicadas a un campo profesional).

Page 130: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

Módulo de Formación en Centros de Traballo. Profesorado: cada módulo será impartido por un único profesor

ou profesora pertencente a un dos departamentos didácticos que teñan atribuída algunha das materias que forman o ámbito, preferentemente con destino definitivo no centro.

Normativa: Lei Orgánica 8/2013 do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa. Artigo 41.1. (BOE:10-12-13)

Orde do 13 de xullo de 2015 pola que se regulan as ensinanzas de FPB na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG: 22-07-15)

c) Atención educativa ao alumnado que, por circunstancias diver-sas, presenta dificultades para unha asistencia continuada a un centro educativo.

Medida que ten como finalidade a continuidade do proceso formativo do alumnado que curse ensinanzas de réxime xeral en modalidade presencial e que, por prescrición facultativa, debido a enfermidade ou lesión, non poida asistir con regularidade ao centro.

Cando un alumno/a sexa obxecto de atención educativa hospitalaria ou domiciliaria, o seu centro de referencia establecerá, a partir do correspondente proxecto curricular de etapa, un programa individualizado no que se terán en conta as necesidades educativas especiais asociadas á súa situación.

A elaboración e seguimento dese programa levaraa a cabo o titor/a en colaboración co correspondente servizo de atención educativa hospitalaria e domiciliaria e co asesoramento do correspondente departamento de orientación. Así mesmo, cando as condicións do alumno/a así o requiran, o equipo de orientación específico proporcionará o apoio necesario para levar a cabo esas tarefas.

Alumnado: Destinatarios de atención educativa hospitalaria: Alumnado que deba permanecer ingresado nun centro hospitalario, a tempo completo ou en hospitalización de día. Destinatario de atención educativa domiciliaria: Alumnado que deba permanecer convalecente no seu domicilio por un período de tempo superior a un mes ou o alumnado que padeza enfermidade crónica que sexa causa de faltas de asistencia ao centro de seis ou máis días continuados ao mes dentro dun período

Page 131: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

mínimo de seis meses.

Normativa:

Orde do 27 de decembro de 2002. (DOG, 30/1/2003). Decreto 229/2011 do 7 de decembro de 2011 (DOG do 21 de

decembro de 2011)

d) Grupos de adquisición de linguas. Obxectivo: A súa finalidade será proporcionar, sen prexuízo das

actividades de apoio que se desenvolvan dentro das aulas ordinarias, unha formación inicial específica nas linguas vehiculares, a través dunha atención individualizada, de xeito que se posibilite a plena incorporación do alumnado nas actividades de aprendizaxe pertencentes ao curso no que se atope escolarizado, así como a súa familiarización coa vida do centro.

Alumnado: Alumnado de escolarización obrigatoria que proceda do estranxeiro e que descoñeza completamente amba as linguas oficiais de Galicia. Este alumnado poderá formar parte destes grupos un máximo dun trimestre que poderá ser ampliado con autorización da inspección educativa.

Profesorado: O profesorado encargado na Educación Secundaria Obrigatoria dos grupos de adquisición das linguas pertencerá preferentemente ás especialidades de Ámbito Lingüístico.

Normativa:

Orde do 20 de febreiro de 2004 (DOG do 26 de febreiro de 2004)

Artigo 5º da Orde do 21 de decembro de 2007 (DOG do 7 de xaneiro de 2008).

i) Grupos de adaptación da competencia curricular. Os grupos de adaptación da competencia curricular son

agrupamentos flexibles que Terán por finalidade, a través dunha atención

Page 132: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

individualizada, o progreso na competencia curricular, de xeito que se lle posibilite ao alumnado a plena incorporación nas actividades de aprendizaxe pertencentes ao curso no que se atope escolarizado.

A permanencia nestes grupos levarase a cabo nunha fracción da xornada escolar, principalmente coincidindo coas materias de carácter instrumental, podéndose estender ao longo de todo o ano escolar. Non obstante, o alumnado deberase incorporar plenamente ao seu grupo ordinario no momento no que a xunta de avaliación considere superadas as súas necesidades educativas debidas ao desfasamento curricular. O horario semanal máximo de permanencia nestes grupos será de 10 períodos.

Alumnado: Alumnado procedente do estranxeiro con desfasamento curricular de dous ou máis cursos,escolarizado na educación secundaria obrigatoria. O alumnado que forme parte dun grupo de adaptación da competencia curricular deberá pertencer á mesma etapa educativa, sen necesidade de que pertenza ao mesmo curso.

Profesorado: O profesorado encargado dos grupos de adaptación da competencia curricular pertencerá preferentemente a algunha das especialidades que correspondan ás materias obxecto de reforzo desa competencia. Asistirá ás sesións de avaliación do seu alumnado. Porén, a emisión das cualificacións corresponderá ao profesorado do grupo ordinario, tendo en conta a información que proporcione o profesorado anteriormente citado.

Normativa:

Orde do 20 de febreiro de 2004 (DOG do 26 de febreiro de 2004)

j) Exención da segunda lingua estranxeira. Obxectivo: É unha medida extraordinaria dirixida a aquel alumnado

con claras e continuadas dificultades de aprendizaxe, sobre todo nas áreas de Lingua. Non é, polo tanto, unha medida dirixida ao alumnado con dificultades específicas na 2ª lingua estranxeira. Débese considerar que é unha medida extraordinaria que priva o alumno de cursar unha área común nestes cursos.

Alumnado: Alumnado dos cursos primeiro e segundo de ESO que

Page 133: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

presente claras dificultades continuadas no proceso de aprendizaxe, en particular na área de Lingua.

Profesorado: Preferentemente profesorado das áreas de Lingua.

Normativa:

Orde do 6 de setembro de 2007 (DOG do 12 de setembro de 2007)

6 CONCRECIÓN DAS ACTUACIÓNS DOS DISTINTOS PROFESIONAIS EN RELACIÓN ÁS MEDIDAS DESEÑADAS PARA O CENTRO

6.1 TITOR/A E EQUIPO DOCENTE

Realizar a avaliación inicial a comezos de cada curso, coa fina-lidade de adecuar as ensinanzas de cada materia ás características do alumnado.

Facer un seguimento xeral dos procesos de ensino-aprendizaxe do alumnado para detectar as dificultades e as necesidades educativas coa finalidade de articular respostas educativas coherentes e de-mandar, no seu caso, os oportunos asesoramentos, reforzos e apoi-os.

Coordinar coa Xefa do Departamento de Orientación a intervención educativa do alumnado que presente necesidades específicas de apoio educativo.

Coordinar cos demais profesores do grupo o axuste dos pro-gramas, especialmente no referente ás respostas educativas ante as necesidades máis específicas de reforzo e apoio.

Promover un contexto de colaboración coa familia, intercambiando información relevante que afecte á educación dos seus fillos.

6.2.-PROFESORADO ESPECIALISTA EN PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA DE APOIO ÁS NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS

Participar na avaliación inicial do alumnado que acceda á Educación Secundaria Obrigatoria e, cando cumpra, naquelas sesións de ava-liación que afecten ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Page 134: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

Colaborar, xunto coa Xefa do Departamento de Orientación e o titor do alumno/a, na organización da atención do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Impartir atención docente directa ao alumnado con necesida-des específicas de apoio educativo.

Axudar ao profesor/titor e/ou de materia na identificación de posi-bles necesidades educativas do seu grupo.

Colaborar na elaboración, seguimento e avaliación das adaptacións curriculares significativas (ACS), así como daquelas outras nas que imparte docencia. dirixidas á atención á diversidade.

Colaborar na avaliación e na determinación da metodoloxía a seguir co alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

Participar, de ser necesario, co titor/a nas reunións coas fami-lias do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

6.3.-XEFATURA DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Participar na avaliación psicopedagóxica daquel alumnado que o precise, así como realizar o informe psicopedagóxico no que se re-colla, analice e valore a información recollida no proceso da avalia-ción psicopedagóxica. (Orde do 31 de outubro de 1996 pola que se regula a avaliación psicopedagóxica dos alumnos e alumnas con necesidades educativas especiais. DOG 19/12/1996).

Elaborar o correspondente ditame de escolarización para aqueles casos onde se requira unha modalidade diferente e/ou recursos ex-traordinarios.

Establecer a proposta de organización de atención ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo por parte do pro-fesorado especialista, coa participación do propio profesorado de pedagoxía terapéutica. Elevar esta proposta á dirección do cen-tro.

Asesorar ao equipo directivo sobre as medidas de atención á diver-sidade.

Page 135: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

Elaborar e poñer en práctica programas destinados á preven-ción e detección precoz de dificultades de aprendizaxe.

Asesorar aos departamentos didácticos e ao profesorado en xeral nos procesos de axuste e desenvolvemento das concrecións curri-culares, das medidas de reforzo educativo e nas adaptacións curri-culares.

Facilitar o asesoramento a toda a comunidade educativa sobre as diferentes medidas e recursos para a atención do alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

6.4.-EQUIPO DIRECTIVO

Dispor e poñer en marcha as medidas de atención á diversidade adecuadas ás necesidades detectadas e aos recursos dispoñibles.

Coordinar todas as actuacións previstas, xunto co resto do profeso-rado, tendo en conta o establecido na proposta de concreción anual do plan xeral de atención á diversidade.

7. DETERMINACIÓN DOS CRITERIOS PARA A ORGANIZACIÓN E DISTRIBUCIÓN DOS RECURSOS E A APLICACIÓN DAS MEDIDAS PROPOSTAS.

7.1.-CRITERIOS XERAIS

Cómpre partir dunha avaliación das necesidades que presenta o alumnado (en xeral e do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo) e do contexto (centro educativo e contorno socio cultural e familiar), así como dos recursos dispoñibles en cada curso escolar.

A atención á diversidade abrangue á totalidade do alumnado. As medidas, estratexias, plans e actuacións contempladas neste documento están dirixidas a previr as dificultades de aprendizaxe, respectar as diferenzas, dar unha resposta ás necesidades detectadas e posibilitarlle a todo o alumnado, na medida do posible, a consecución das capacidades establecidas nos obxectivos e as competencias básicas establecidas para cada materia, nivel e etapa.

As medidas de atención á diversidade rexeranse polos principios de normalización e inclusión, equidade, igualdade de oportunidades e non discriminación; flexibilidade e accesibilidade; interculturalidade e

Page 136: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

promoción da convivencia; autonomía dos centros e participación de toda a comunidade educativa (Artigo 4.1 do Decreto 229/2011). Adoptaranse en canto se detecten as dificultades de aprendizaxe, terán carácter revisable e estarán suxeitas á avaliación, introducindo os axustes necesarios.

Na resposta educativa á diversidade priorizaranse as actuacións e medidas de carácter preventivo e de detección temperá, así como as de carácter ordinario. As de carácter extraordinario só se levarán a cabo unha vez esgotadas as anteriores previa avaliación psicopedagóxica e será necesaria a autorización da Dirección do centro, do Servizo de Inspección Educativa, da Xefatura Territorial ou da Dirección Xeral que proceda e, se é o caso, o informe xustificativo do correspondente Servizo de Orientación.

Cando o progreso dun alumno ou alumna nunha materia non sexa o axeitado, determinaranse as medidas ordinarias de atención á diversidade que procedan. Estas medidas adoptaranse en calquera momento do curso, tan pronto como se detecten as dificultades e estarán dirixidas a adquisición de aprendizaxes imprescindibles para continuar o seu proceso educativo. No caso de que ditas medidas non dean os resultados esperados, procederase a realizar unha avaliación psicopedagóxica coa autorización expresa das familias.

A xefatura do D.O. procederá a realizar as avaliacións psicopedagóxicas necesarias coa colaboración, se é necesario, do EOE. A súa realización axustarase ao establecido na Orde do 31 de outubro de 1996. Os resultados e conclusións recolleranse nun informe psicopedagóxico no que figurarán entre outras cuestións, a identificación das necesidades educativas, as orientacións curriculares, a determinación das axudas necesarias e cantas outras orientacións se consideren oportunas. Este informe xuntarase á documentación que forma parte do expediente escolar do alumno/a.

As nais, pais ou titores e titoras legais do alumnado que presente necesidade específica de apoio educativo recibirán, de forma individualizada, a información necesaria e o oportuno asesoramento das características e necesidades do alumnado, así como das medidas que se deberán adoptar para dar unha resposta axeitada ás mesmas. En todo caso, promoverase a implicación das familias, dos titores legais ou institucións que teñen a garda e custodia no proceso educativo dos menores.

Page 137: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

7.2.-CRITERIOS PARA FACILITAR A ATENCIÓN DO ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

A xefatura de estudos aplicará os criterios establecidos no PEC, procurando que dito alumnado sexa distribuído nos distintos grupos de nivel. Neste sentido terase en conta as características do alumnado e os informes emitidos polo departamento de orientación do propio centro e dos centros adscritos e, se é o caso, polo Equipo de Orientación Especifico. Da mesma maneira terase en conta as achegas realizadas polos equipos docentes nas xuntas de avaliación do curso anterior.

Cando o alumnado requira apoio específico do profesorado de pedagoxía terapéutica, procurarase que coincidan as materias instrumentais nos grupos de referencia de dito alumnado. Da mesma maneira procederase co alumnado dos agrupamentos.

Procurar que coincidan, sempre que sexa posible, á mesma hora todos os grupos nas materias optativas para facilitar a distribución deste alumnado nos diferentes grupos de nivel.

8. MECANISMOS DE COORDINACIÓN E COLABORACIÓN INTERNOS ASÍ COMO CON OUTRAS ETAPAS EDUCATIVAS E COS CENTROS ADSCRITOS

8.1.-NO PROPIO CENTRO

Tendo en conta que a identificación temperá das necesidades educativas do alumnado e a resposta educativa ás mesmas é unha tarefa prioritaria de todo o profesorado, cabe salientar as seguintes actuacións:

Os equipos docentes, na xunta de avaliación ordinaria e na extraordinaria, analizarán os resultados educativos e os informes pertinentes e proporán as diferentes medidas de atención á diversidade para o curso seguinte. Ditas propostas quedarán recollidas nas correspondentes actas pola persoa titora.

Para o alumnado de novo ingreso teranse en conta os informes emitidos (informe individualizado por traslado, informe ao finalizar a educación primaria e, se é o caso informe psicopedagóxico e outros) e a historia escolar do alumnado.

Page 138: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

A finais de curso, a xefatura do D.O. presentará perante a dirección do centro, en cumprimento da normativa vixente, unha proposta da organización dos apoios do alumnado que presenta necesidade específica de apoio educativo para o curso seguinte.

Ao inicio do curso, a xefatura de estudos organizará as medidas de atención a diversidade de carácter gripal en función dos recursos dispoñibles, solicitando se é o caso o asesoramento da xefatura do departamento de orientación. Esta organización porase en coñecemento das persoas titoras e do profesorado implicado o antes posible co fin de que o alumnado poida incorporarse a ditas medidas ao inicio do curso lectivo. Igualmente

Segundo a Orde do 21 de decembro de 2007, ao inicio de cada curso e coa finalidade de adecuar as ensinanzas de cada materia ao alumnado e facilitar a progresión satisfactoria do seu proceso de aprendizaxe, o profesorado que imparta docencia no grupo realizará unha avaliación inicial, incidindo na obtención de información sobre os coñecementos previos do alumnado en cada unha das materias e o grao de desenvolvemento das competencias básicas. A avaliación incluirá a análise dos informes persoais da etapa ou curso anterior e completarase coa información obtida a través da persoa titora e do departamento de orientación. Esta avaliación permitirá confirmar ou modificar as medidas adoptadas inicialmente orientadas á mellora do proceso de ensinanza- aprendizaxe. A persoa titora recollerá en acta as decisións e acordos acadados referidos a cada alumno/a e ao grupo no seu conxunto e trasladará a mesma á xefatura de estudos.

Co fin de implementar e avaliar as medidas e actuacións descritas neste plan, procurarase potenciar as actividades de coordinación nos diferentes ámbitos:

Xunta directiva e departamento de orientación: a finais e ao inicio de cada curso escolar co fin de organizar a atención educativa do alumnado que presenta necesidade específica de apoio educativo e periódicamente durante o curso co fin de implementar as medidas adoptadas.

Entre os titores/as, e os país/ nais do alumnado.

Page 139: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

Entre Xefatura de estudios, departamento de orientación e o profesorado titor.

Reunións do equipo docente: avaliación inicial, sesións de avaliación e xuntanzas puntuais en función das necesidades concretas, convocadas por xefatura de estudios, ás que asistirá o departamento de orientación.

Entre os membros que constitúen comisións: Comisión de Coordinación Pedagóxica,

Comisión de Convivencia …., dirección e departamento de orientación

8.2.-COS CENTROS ADSCRITOS

O equipo directivo e o departamento de orientación desenvolverán actuacións cos centros de primaria adscritos ao IES co fin de facilitar o tránsito á ESO do alumnado de ditos centros (transmisión da información oral e documental do alumno de nova incorporación, planificación e realización de actividades de achegamento ao IES para as familias e o alumnado, coordinación dos aspectos xerais do Plan de Orientación, propostas conxuntas de actuación con alumnado que presenta necesidades específicas de apoio educativo, ….

8.3.-CO EQUIPO DE ORIENTACIÓN ESPECÍFICO

A xefatura do departamento de orientación ou a dirección do centro poderán solicitar a intervención dos profesionais do E.O.E. a través do Servizo de Inspección Técnica Educativa, coa finalidade de:

Solicitar información sobre recursos e materiais para responder ás necesidades educativas especiais.

Colaborar na avaliación psicopedagóxica por estimar necesaria a intervención dun profesional externo ao centro.

Asesorar e apoiar ao Departamento de Orientación.

Contribuír á formación especializada do profesorado no ámbito das necesidades educativas especiais.

Revisar o ditame de escolarización de alumnos que presentan

Page 140: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

necesidades educativas especiais.

8.4.-CON OUTRAS INSTITUCIÓNS

Nos casos en que, por propia decisión das nais, pais ou por derivación do departamento de orientación ou doutras institucións, o alumnado estea sendo atendido por profesionais externos ao centro, estableceranse os contactos necesarios para intercambiar información relevante a través do departamento de orientación, coa finalidade de fixar estratexias de actuación conxuntas que redunden na mellora da resposta educativa do alumnado.

O Instituto colaborará e participará nos programas que o Concello da Coruña oferte para os niveis de ensino secundario : Programa de habilidades sociais, resolución de conflitos e outros que teñan relación co contido deste plan e. Así mesmo cos servizos sociais, nos casos de absentismo escolar seguindo o protocolo establecido para tal fin e coa unidade de migracións (UAMI)

9. CANLES DE COLABORACIÓN COAS NAIS, PAIS OU TITORES LEGAIS DO ALUMNADO E COS DIFERENTES SERVIZOS EXTERNOS AO CENTRO

A comunicación fluída coas familias é un dos obxectivos prioritarios do centro. As actuacións realizadas en relación coas medidas descritas neste Plan concrétanse en:

Colaboración e comunicación coas familias para informar sobre o proceso educativo en xeral e sobre as decisións daquelas medidas de atención á diversidade que requiran a súa implicación e/ou autorización.:

Reunións dos titores/as con todos os pais e nais dos seus alumnos ao comezo de curso.

Reunións periódicas dos titores coas familias, especialmente do alumnado con necesidades educativas específicas cando se precise.

Atención e asesoramento do orientador do centro aos pais e nais do alumnado con necesidades especiais de apoio educativo.

.- Colaboración e traballo coordinado do centro (desde dirección, orientación e titorías) con aquelas institucións implicadas na

Page 141: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

situación familiar, social e escolar do alumnado: servizos sociais, servizo de menores, servizo de saúde mental do SERGAS, Asociacións, gabinetes de profesionais externos ao centro implicados na atención ao alumnado

.- Colaboración con organizacións sen ánimo de lucro que desenvolven diversas actividades e programas educativos.

10. PROTOCOLOS PARA A SOLICITUDE E/OU AUTORIZACIÓN DAS MEDIDAS EXTRAORDINARIAS.

10.1 PROGRAMA DE MELLORA DA APRENDIZAXE E DO RENDEMENTO (PMAR).

Protocolo de actuación:

Realizada a avaliación extraordinaria, o equipo docente reali-zará unha proposta razoada do alumnado que podería incorpo-rarse ao programa para a mellora da aprendizaxe e do rendemen-to. Esa proposta concretarase nun informe individualizado, ela-borado pola persoa titora, no que constará a competencia curri-cular do alumno ou da alumna en cada materia, as dificultades de aprendizaxe presentadas, as medidas de atención á diversidade aplicadas e os motivos polos que o equipo docente considera a conveniencia de que o alumno ou a alumna intégrese nun progra-ma de mellora da aprendizaxe e do rendemento. Ese informe tras-ladarase á xefatura do Departamento de Orientación.

A persoa que exerza a xefatura do Departamento de Orientación realizará unha avaliación psicopedagóxica a cada un dos alumnos e das alumnas propostos/as polo equipo docente para incorporar ao programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento. No informe correspondente a esa avaliación deben constar, entre outros aspec-tos, as conclusións das reunións co profesorado titor e, se se trata de alumnado menor de idade, cos pais, as nais ou titores/as legais de cada alumno e alumna, para formular a conveniencia da súa in-corporación a un programa de mellora da aprendizaxe e do ren-demento. Deixarase constancia escrita da opinión dos pais, as nais ou titores/as legais respecto da proposta formulada.

Page 142: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

Posteriormente, unha comisión formada polo/a xefe/a de estudos, que exerce a súa presidencia, a persoa que exerza a xefatura do Departamento de Orientación e o/a titor/a de o alumno ou da alumna valorará os informes emitidos e a opinión, no seu caso, do pai, a nai ou os/as titores/as legais, realizando unha proposta ao/á director/a sobre a incorporación ao programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento.

Compete ao director ou á directora elevar a proposta de autoriza-ción sobre a incorporación do alumnado ao programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento ao servizo provincial de Ins-pección Educativa. Á solicitude achegaráselle a relación de alum-nado proposto e a relación de profesorado que vai impartir cada un dos ámbitos do programa.

O servizo de Inspección Educativa emitirá a autorización expresa para o desenvolvemento dos programas de mellora da aprendizaxe x do rendemento que cumpran os requisitos establecidos, e que será comunicada aos centros escolares antes do comezo do curso.

Documentación necesaria.

Informe do titor/a

Informe do departamento de orientación

Documento de conformidade da familia e do alumno/a

Acta da Comisión que decide a incorporación do alumnado ó PMAR

10.2 AGRUPAMENTOS FLEXIBLES.

Protocolo de actuación:

Proposta razoada do equipo de profesores do grupo ao que per-tence o alumno/a expresada nun informe do titor/a.

Información aos pais e ao alumno por parte do titor/a.

Page 143: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

Decisión de incorporación tomada pola comisión formada por xefe de estudos, xefe do departamento de orientación e tito-res/as do alumnado proposto (acta).

Elaboración das programacións didácticas adaptadas por parte dos correspondentes departamentos didácticos.

Envio da proposta por parte da Dirección do centro á Inspección Educativa para a súa autorización.

Esta proposta incluirá: selección do alumnado indicando os criterios aplicados, horario, profesorado que se vai a encargar da docencia, as áreas nas que se van constituír agrupamentos específicos, así como as correspondentes programacións didacticas adaptadas. Estas programacións partirán dos obxectivos e contidos mínimos establecidos no Proxecto Curricular do centro e, cando sexa preciso, dos obxectivos e contidos do 3º ciclo de educación primaria. Deberase primar o carácter práctico e funcional dos contidos.

Documentación necesaria:

Informe do titor ou titora.

Documento de información a pais e alumno.

Acta da decisión de incorporación.

Programacións didácticas adaptadas.

10.3 GRUPO DE ADQUISICIÓN DAS LINGUAS.

Protocolo de actuación:

Avaliación inicial coa emisión dun informe sobre a competencia lingüística do alumno.

Informe psicopedagóxico (se procede),

Proposta de horario de permanencia no grupo (será dun máximo de 24 horas semanais e o alumno deberá permanecer co seu grupo ordinario de referencia nas materias de Educación física, Música, Educación plástica e visual, así como no período de titoría).

Page 144: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

Información á familia.

Solicitude de autorización á Inspección por parte da dirección do centro.

Documentación necesaria:

Informe de avaliación inicial

Informe psicopedagóxico (se procede)

Documento coa proposta de horario

Documento de información á familia.

10.4 ADAPTACIÓN CURRICULAR INDIVIDUALIZADA.

Protocolo de actuación:

Solicitude da correspondente avaliación psicopedagóxica por parte do equipo docente ou por algún dos seus membros e elaboración do informe coas conclusións da avaliación psicopedagóxica.

Reunión coordinada polo xefe de estudos á que asistirán o titor, os profesores que imparten as áreas ou materias que se consideran obxecto de adaptación curricular, os membros do Departamento de orientación que participaron na avaliación diagnóstica. Nesta reunión decidirase a pertinencia da adaptación curricular. Desta reunión levantarase acta.

Información á familia por parte do titor/a.

Elaboración das adaptacións das diferentes áreas por parte do pro-fesor ou profesora que imparte a materia, coa colaboración do de-partamento didáctico e co asesoramento do Departamento de orientación. O referente das adaptacións serán os obxectivos xerais de etapa, concretados no proxecto curricular de centro para cada curso. Os obxectivos poderán pertencer, se é o caso, a outro curso ou etapa distinta da que curse o alumno obxecto de adaptación. As adaptacións revisaranse periodicamente, polo menos unha vez ao remate de cada curso. A avaliación e promoción do alumna-do obxecto de adaptación tomará como referencia os obxectivos e os criterios de avaliación fixados nas adaptacións curriculares.

Page 145: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

Solicitude de autorización á Inspección por parte da Dirección do centro.

Documentación necesaria:

Informe psicopedagóxico Acta da reunión da decisión Documento de información á familia

Programación adaptadas das diferentes áreas

10.5 APOIO DO PROFESORADO DE PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA E AUDICIÓN E LINGUAXE

Protocolo de actuación:

Solicitude do apoio por parte do profesorado indicando o motivo a través dun informe.

Información á familia a través do titor/a.

Proposta de apoio do Departamento de orientación.

Información á X. de Estudos.

Autorización da Dirección.

Documentación necesaria:

Informe de solicitude apoio.

Documento de información á familia.

Proposta de apoio do Departamento de Orientación.

Documento de proposta á Dirección do centro.

10.6 FLEXIBILIZACIÓN DO PERÍODO DE ESCOLARIZACIÓN Protocolo de actuación:

Page 146: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

Proposta razoada do equipo de profesores do grupo ao que per-tence o alumno/a expresada nun informe do titor/a.

Informe da xefatura do D.O. (conclusións da avaliación psicope-dagóxica).

Proposta da nova distribución horaria para cursar as ensinanzas e, de ser o caso, as oportunas medidas de reforzo educativo.

Conformidade do alumno/a, a dos seus pais ou representantes le-gais.

Fotocopia compulsada do libro de escolaridade ou de cualifica-cións, se procede, ou certificación académica.

Proposta de adaptación do currículo segundo o disposto na Orde do 6 de outubro de 1996.

Envío á inspección para que o remita á Dirección Xeral de Educa-ción, á que corresponderá a autorización ou denegación da frag-mentación.

Documentación necesaria:

Informe do titor/a.

Informe do Departamento de orientación. Proposta de distribución horaria. Conformidade do alumno/a e dos seus pais.

Fotocopia compulsada da certificación académica

Proposta de adaptación do currículo (se procede). Documento de envío á Inspección educativa.

10.7 ATENCIÓN EDUCATIVA AO ALUMNADO QUE, POR CIRCUNSTANCIAS DIVERSAS, PRESENTA DIFICULTADES PARA UNHA ASISTENCIA CONTINUADA A UN CENTRO

Protocolo de actuación:

Solicitude da medida a instancia dos seus pais ou titores legais

Realización do programa individualizado de atención educativa.

Solicitude á Xefatura territorial a través da Inspección

Page 147: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

Documentación necesaria:

Solicitude da medida a instancia dos seus pais ou titores legais. In-forme médico que xustifique a medida.

Programa individualizado de atención educativa.

Solicitude á Xefatura territorial correspondente a través da Inspec-ción educativa.

10.8 GRUPOS DE ADAPTACIÓN DA COMPETENCIA CURRICULAR.

Protocolo de actuación:

Avaliación inicial coa emisión dun informe sobre a competencia cu-rricular do alumno.

Informe psicopedagóxico (se procede).

Proposta de horario de permanencia no grupo (será dun máximo de 10 horas semanais, principalmente coincidindo coas materias de carácter instrumental; o alumno deberá permanecer co seu grupo ordinario de referencia no resto de materias).

Información á familia.

Solicitude de autorización á Inspección por parte da Dirección do centro.

Documentación necesaria:

Informe de avaliación inicial.

Informe psicopedagóxico (se procede).

Documento coa proposta de horario.

Documento de información á familia.

10.9 EXENCIÓN DA SEGUNDA LINGUA EXTRANXEIRA

Protocolo de actuación:

Proposta do equipo de profesores do curso anterior.

Conformidade por escrito dos país ou titores legais do alumno/a

Page 148: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

Informe da persoa titora do curso ou etapa anterior que explicitará o motivo da medida.

No caso de alumnado de nova incorporación ao centro: revisión da medida na xunta de avaliación inicial.

Autorización da Dirección do centro.

Documentación necesaria:

Informe do titor do curso anterior. Conformidade escrita do alum-no e pais.

Informe do titor do curso actual (se procede modificar a proposta).

Conformidade escrita dos país ou titores legais

Documento de proposta á Dirección do centro.

10.10 FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA

Protocolo de actuación:

Reunión de todo o equipo docente e o xefe/a do Departamento de orientación (sesión ordinaria de avaliación de xuño ou sesión ex-traordinaria de avaliación de setembro) para decidir qué alumna-do debe ser proposto. Deben asinar todos a proposta.

Consello Orientador, elaborado polo titor/a coa axuda do/a Xefe/A do departamento de Orientación. Emitirase por duplicado. Será asinado polo titor/a, xefe/a do Departamento de Orientación e

A dirección comunicará á familia ou titores legais a proposta e achegaralles un exemplar do Consello Orientador e o documento de consentimento (Anexo III, Orde 13 de xullo de 2015) que deberá ser asinado por calquera dos titulares da patria potestade ou re-presentantes legais. No caso de separación deberán asinar ambos proxenitores, agás nos supostos de violencia de xénero ou nos que a patria potestade estea atribuída exclusivamente a un deles. Nes-tes casos será necesario presentar a resolución xudicial para que o centro educativo a cotexe.

Unha vez obtido o consentimento, a dirección entregará ás fami-lias ou titores legais o documento de comunicación de incorpora-ción á FPB (por duplicado, Anexo IV, Orde 13 de xullo de 2015).

Page 149: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

Unha copia do Consello orientador e do documento de consenti-mento incluirase no expediente.

Documentación necesaria.

Acta de avaliación

Consello Orientador (Anexo II, Orde 13 xullo de 2015)

Documento de consentimento (Anexo III, Orde 13 de xullo de 2015)

Documento de comunicación de incorporación (Anexo IV, Orde 13 /07/2015)

11.- PROCESO DE SEGUIMENTO, AVALIACIÓN E MILLORA DO PLAN

A avaliación deste plan efectuarase a dous niveis:

Avaliación dos resultados obtidos polo alumnado que participou nas diferentes actuacións e medidas de atención á diversidade.

Avaliación da concreción do plan anual de atención á diversidade.

O proceso a seguir será:

Análise e valoracións a través das reunións semanais dos titores/as co orientador, se fose posible implantalas.

Análise e valoración nas reunións dos departamentos didácticos.

Seguimento a través das reunións do Departamento de orientación.

Posta en común na Comisión de Coordinación Pedagóxica.

Elevación de conclusións e posibles modificacións ao Claustro.

Temporalización:

Avaliación inicial: a revisión do plan realizarase a principios de curso, atendendo ás conclusións recollidas e obtidas na avaliación do curso pasado e ás circunstancias existentes nese momento.

Avaliación continua: ao longo do curso, o equipo directivo e o De-partamento de orientación irán facendo un seguimento do desen-volvemento do plan para introducir os axustes necesarios.

Avaliación final: o obxectivo desta avaliación será o de analizar cunha periodicidade anual, preferentemente ao final de cada cur-

Page 150: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS

so, a adecuación deste á realidade do centro, e sinalar as modifica-cións pertinentes.

Criterios de avalación do Plan Xeral de Atención á Diversidade: Os criterios de avaliación para determinar a calidade do Plan de atención á diversidade son:

Adecuación do plan ás necesidades reais do centro.

Logros acadados no referente aos obxectivos previstos.

Adecuación da temporalización.

Nivel de colaboración e participación dos distintos estamentos da comunidade educativa.

Nivel de colaboración e participación dos servizos externos ao cen-tro.

Grao de implicación dos responsables no seu desenvolvemento.

Con estes datos, ao final de cada curso, o Departamento de Orienta-ción elaborará a correspondente memoria establecendo, de ser o caso, as propostas de mellora que se consideren necesarias Esta memoria incorporarase á memoria do Departamento de Orientación e, en consecuencia, á Memoria Anual do Centro.

Page 151: PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO IES MONELOS