Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 …³ra, tanto doutros centros de ensino coma de...

45
Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012 1. PRESENTACIÓN O IES Nº 1 de Ordes é de ámbito rural abranguendo procedencias de pequenas vilas e concellos como Tordoia, Mesón do Vento, Cerceda, Mesía, Sigüeiro e o mesmo Ordes e de zonas rurais máis dispersas. Temos 437 alumnos matriculados no curso 2011/2012, distribuídos en 22 unidades: 7 unidades de ESO, 8 unidades de Bacharelato, 2 unidades do PCPI Auto, 2 unidades do CM de Administrativo, 2 unidades do CM de Electromecánica de Vehículos 1 unidade de ESA. Polas tardes temos no noso centro unha sección da EOI con máis de 300 alumnos. No IES Nº 1 de Ordes desenvolveuse historicamente unha importante batería de proxectos e actividades que tiveron a dinamización da lingua galega como principal eixo condutor. Aínda que estas iniciativas existen desde sempre neste centro, o EDLG do IES Nº 1 de Ordes vén funcionando desde o curso escolar 1993-1994, e desde aquela existe un proxecto global de dinamización da lingua galega que se revisa curso a curso para melloralo. Porén, e dado que un centro de ensino non pode illarse do tecido social do que forma parte, sendo mesmo reflexo, en moitas ocasións, do que naquel acontece, este proxecto global está aínda lonxe de acadar todos os seus obxectivos. Compre recoñecer que temos a base dun bo proxecto, froito do traballo realizado durante anos, e as ideas claras para seguir avanzando e mellorando, pois non é, nin foi nunca, unha simple declaración de intencións. Sabemos que as actividades de dinamización lingüística son efectivas, de xeito progresivo, a medio e longo prazo; así que seguiremos analizando a realidade do noso centro educativo e comarca, establecendo os obxectivos máis específicos, deseñando as actuacións máis dinamizadoras e abertos a propostas e iniciativas que veñan de fóra, tanto doutros centros de ensino coma de organismos ou institucións. Loxicamente valoraranse antes debidamente e realizaranse sempre e cando nos parezan viables e se adapten ás nosas posibilidades. 1

Transcript of Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 …³ra, tanto doutros centros de ensino coma de...

Page 1: Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 …³ra, tanto doutros centros de ensino coma de organismos ou institucións. Loxicamente valoraranse antes debidamente e realizaranse

Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012

1.PRESENTACIÓN

O IES Nº 1 de Ordes é de ámbito rural abranguendo procedencias de pequenas vilas e

concellos como Tordoia, Mesón do Vento, Cerceda, Mesía, Sigüeiro e o mesmo Ordes e de

zonas rurais máis dispersas.

Temos 437 alumnos matriculados no curso 2011/2012, distribuídos en 22 unidades: 7

unidades de ESO, 8 unidades de Bacharelato, 2 unidades do PCPI Auto, 2 unidades do CM

de Administrativo, 2 unidades do CM de Electromecánica de Vehículos 1 unidade de ESA.

Polas tardes temos no noso centro unha sección da EOI con máis de 300 alumnos.

No IES Nº 1 de Ordes desenvolveuse historicamente unha importante batería de proxectos e

actividades que tiveron a dinamización da lingua galega como principal eixo condutor. Aínda

que estas iniciativas existen desde sempre neste centro, o EDLG do IES Nº 1 de Ordes vén

funcionando desde o curso escolar 1993-1994, e desde aquela existe un proxecto global de

dinamización da lingua galega que se revisa curso a curso para melloralo. Porén, e dado que

un centro de ensino non pode illarse do tecido social do que forma parte, sendo mesmo

reflexo, en moitas ocasións, do que naquel acontece, este proxecto global está aínda lonxe de

acadar todos os seus obxectivos.

Compre recoñecer que temos a base dun bo proxecto, froito do traballo realizado durante

anos, e as ideas claras para seguir avanzando e mellorando, pois non é, nin foi nunca, unha

simple declaración de intencións. Sabemos que as actividades de dinamización lingüística

son efectivas, de xeito progresivo, a medio e longo prazo; así que seguiremos analizando a

realidade do noso centro educativo e comarca, establecendo os obxectivos máis específicos,

deseñando as actuacións máis dinamizadoras e abertos a propostas e iniciativas que veñan de

fóra, tanto doutros centros de ensino coma de organismos ou institucións. Loxicamente

valoraranse antes debidamente e realizaranse sempre e cando nos parezan viables e se

adapten ás nosas posibilidades.

1

Page 2: Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 …³ra, tanto doutros centros de ensino coma de organismos ou institucións. Loxicamente valoraranse antes debidamente e realizaranse

Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012

Antes de presentar o proxecto do presente curso, cómpre facer notar unha serie de

circunstancias que lle van afectar de forma directa ao traballo do EDLG e que se poden

agrupar en dous apartados:

1) O primeiro ten que ver cos medios humanos que forman o equipo:

• Reduciuse o número dos membros do equipo para facer máis operativo o

funcionamento do EDLG, sobre todo para as xuntanzas nas que, ao ter que realizarse

nos recreos, atopabamos dificultades por falta de tempo e posibilidade de asistencia.

• Aparece a figura dos colaboradores. Dependendo da actividade a realizar contamos

coa colaboración: dos departamentos didácticos, dos coordinadores de especialidade,

do alumnado, do profesorado, do persoal non docente, das familias, doutros centros

educativos, doutras institucións e a sociedade.

• Aumentar a participación do alumnado no EDLG (membros e colaboradores) para

que os alumnos asuman a tarefa normalizadora como algo propio e se impliquen dun

xeito directo na realización e organización das actividades e non sexan, polo tanto,

meros receptores.

2) O segundo está en relación cos medios económicos:

• A dirección do centro colaborou sempre facilitando as xestións e os medios

económicos para poder desenvolver moitas actividades do EDLG. Sen esta axuda non

poderiamos realizar os proxectos de fomento do uso do galego no noso centro.

Fixemos para este curso un axuste orzamentario importante para intentar levar acabo

este proxecto na súa totalidade

• Este curso sufrimos un novo e importante recorte nas axudas aos proxectos de

fomento do uso do galego que posiblemente repercutirá na cantidade das actividades

ofertadas pero intentaremos contrarrestalo cunha maior calidade das mesmas.

• O EDLG do IES Nº 1 de Ordes agarda que a dotación económica, da Secretaría Xeral

de Política Lingüística da Consellería de Educación para o curso 2011-2012, sexa

2

Page 3: Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 …³ra, tanto doutros centros de ensino coma de organismos ou institucións. Loxicamente valoraranse antes debidamente e realizaranse

Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012

acorde co traballo realizado por este equipo para poder desenvolver as actividades

programadas e así acadar os obxectivos do seu programa. Estamos moi contentos

pola valoración do noso proxecto nos dous cursos anteriores e esperamos seguir na

mesma liña.

• Queremos seguir avanzando na dinamización da lingua e desexamos que non se

recorten as medidas e os orzamentos no futuro, polo ben do ensino público.

2.ESTUDO SOCIOLINGÜÍSTICO

1. O contorno sociolingüístico do centro é maioritariamente galegofalante. O galego

é a lingua empregada habitualmente nas comunicacións orais nas familias dos

nosos alumnos, dado que esa é a lingua materna da maioría deles. No 93 % das

familias predomina o uso do galego (máis galego 23% e só galego 70%).

2. Cómpre comentar que a pesar desta realidade lingüística indiscutible, detectamos

prexuízos claramente asentados neste sector en relación coa lingua que falan

como comentarios típicos sobre a falta de utilidade do galego fóra de Galicia.

Estas observacións demostran que algúns pais cren que impulsar o galego supón

ir en detrimento do castelán, idioma oficial do Estado; por outra banda, tamén

abondan comentarios do xeito “está ben potenciar o galego, pero non impoñelo e

sempre respectando o castelán”.

3. Se se comparan estes resultados do uso lingüístico nas familias con en que lingua

preferirían que fosen as clases, diminuíu a un 77% os que as queren en galego

(máis galego 57% e sempre galego 20%), fronte a un 19% de predominio

castelán.

4. O ensino impártese aproximadamente nun 65% en galego e 35% en castelán

fundamentalmente pola procedencia urbana e a escolarización nesta lingua do

persoal docente, ou ben pola orixe foránea dalgúns docentes. A actitude xeral do

profesorado é de claro apoio ás iniciativas normalizadoras que quizais serían máis

3

Page 4: Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 …³ra, tanto doutros centros de ensino coma de organismos ou institucións. Loxicamente valoraranse antes debidamente e realizaranse

Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012

frutíferas se houbese unha proposta seria de axuda efectiva a aqueles profesionais

interesados, por parte da Administración.

5. A lingua utilizada habitualmente polos nosos alumnos/as é o galego, aínda que se

observa unha certa tendencia ao cambio entre as novas xeracións: unha mínima

porcentaxe comeza a usar o castelán como lingua de relación cos seus

compañeiros e profesores, como potenciando dalgunha maneira un afán de

diferenciación. Esta tendencia é máis acusada entre os rapaces que proveñen das

pequenas vilas. Tamén entre os galegofalantes se percibe unha actitude ambigua

cara á lingua, xa que ante un interlocutor en lingua castelá hainos que abandonan

automaticamente a súa. A estes cómpre engadir os inmigrantes que soen adoptar o

castelán como o vehículo de expresión e relación, tendo en conta que algúns xa o

teñen pois proceden de Hispanoamérica (Colombia, Venezuela, Uruguai...).

6. Tras unha sinxela observación, determinamos que a presenza da lingua galega na

documentación administrativa, rotulado, notas informativas dos taboleiros... é

ampla e non plena porque sempre hai algún profesor ou alumno que usa o

castelán para as comunicacións, ou incluso isto sucede por parte de anunciantes

que ás veces ofrecen produtos de interese para o alumnado. O mesmo sucede nas

interaccións co alumnado, familia e con outras institucións e nas interaccións co

alumnado en contextos informais. Non obstante é pleno o emprego do galego por

parte do persoal non docente do centro e tamén na realización das actividades

complementarias e extra escolares xestionadas polo centro. Os representantes dos

pais dos alumnos e o representante do Concello de Ordes no Consello Escolar do

centro utilizan sempre o galego nas súas intervencións.

7. A dotación de fondos en galego na biblioteca é moi boa, a presenza no uso das

TIC pensamos que aceptable e a visibilidade das accións do EDLG, moi elevada.

O curso pasado elaboramos o proxecto lingüístico seguindo a nova normativa, o

Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de

Galicia.

Ante estas circunstancias, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Nº 1 de

Ordes preparou o plan de actuación cuns obxectivos xerais e específicos, así como unha

programación de actividades para o presente curso 2011-2012.

4

Page 5: Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 …³ra, tanto doutros centros de ensino coma de organismos ou institucións. Loxicamente valoraranse antes debidamente e realizaranse

Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012

3.OBXECTIVOS

A dinamización lingüística debe ser unha acción planificada global e transversalmente,

flexible, integradora, consensuada e adecuada á realidade educativa coa finalidade de

fomentar a extensión e diversidade dos usos sociais da lingua e desactivar os prexuízos

lingüísticos.

A avaliación dos puntos fortes e febles que ofrece o centro e o seu contorno educativo

determina os elementos que poden favorecer ou dificultar os avances do proxecto de

dinamización.

Unha vez contempladas as actitudes cara á dinamización lingüística presentes na comunidade

escolar do IES Nº1 de Ordes, e unha vez detectados aqueles sectores que precisan dunha

acción máis continuada de sensibilización e asesoramento, estes serán, por orde, os

destinatarios aos que dirixirán os obxectivos e as actividades:

1. Alumnado.

2. Profesorado.

3. O contorno do centro e os diferentes sectores sociais da vila de Ordes.

4. Os pais e nais do alumnado.

5. O persoal de administración e servizos do centro.

5

Page 6: Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 …³ra, tanto doutros centros de ensino coma de organismos ou institucións. Loxicamente valoraranse antes debidamente e realizaranse

Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012

OBXECTIVOS XERAIS

Potenciar o uso do galego en todo tipo de actividades dalgunha maneira

vinculadas ao centro e ao contorno.

Conseguir unha mellora significativa na competencia lingüística e unha

valoración positiva do uso da lingua entre os membros da comunidade

educativa.

Implicar activamente a toda a comunidade escolar, en especial ao alumnado, na

difusión da nosa cultura tentando achegar ao noso centro calquera actividade

que poida contribuír a un recoñecemento da nosa identidade como pobo.

Contribuír á dinamización lingüística do contexto ou contorno.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

Fomentar o uso do galego, a nivel oral e escrito, por parte dos membros da

comunidade educativa de Ordes, para reafirmalo como lingua de uso habitual en

calquera circunstancia.

Asesorar a comunidade educativa por medio da corrección de textos e

subministración de todo tipo de material a quen o solicite.

Organizar charlas para os diferentes niveis educativos coa finalidade de facer

reflexionar o alumnado sobre a realidade da lingua e para dar a coñecer ao

Equipo de Dinamización da Lingua Galega: quen somos, que facemos, como

colaborar, ...

Tentar que os alumnos asuman a tarefa dinamizadora da lingua como algo propio

e se impliquen dun xeito directo na realización e organización das actividades e

non sexan, polo tanto, meros receptores.

6

Page 7: Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 …³ra, tanto doutros centros de ensino coma de organismos ou institucións. Loxicamente valoraranse antes debidamente e realizaranse

Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012

Lograr a implicación dos diferentes seminarios e da vicedirección na organización

de actividades de diverso tipo que poidan contribuír ao proceso normalizador.

Achegar o galego ás novas tecnoloxías. Continuar traballando coas TIC, na

páxina web do noso instituto http://centros.edu.xunta.es/iesn1ordes/ pódese entrar

en NORMALIZACIÓN e atopar toda a información do noso EDLG.

Continuar editando a revista dixital ParaÍso ParaNós.

Fomentar o hábito lector en galego a través do Club de lectura, tanto de prosa

como de poesía, prestando especial atención á literatura xuvenil, o cómic e a

aqueles autores e autoras que conecten ben coa mocidade.

Loitar pola dinamización lingüística e cultural do contorno, alí ata onde a acción

emanada desde o centro teña capacidade de influencia.

Dar a coñecer a figura do homenaxeado nas Letras Galegas.

Provocar que o alumnado do centro escoite música galega, dando publicidade ás

novidades musicais dos diferentes solistas e grupos galegos que aparezan no

mercado.

Potenciar a conservación do patrimonio cultural e facilitar a relación do alumnado

cos seus maiores para que poidan empaparse do universo cultural que atesouran e

así contribuír á conservación de tradicións, técnicas, usos, costumes e saberes.

Coñecer máis e mellor Galicia e a comarca, facendo especial fincapé en

personaxes ilustres, escritores e escritoras, festas tradicionais, o himno, as árbores,

a toponimia, as parroquias, veciños/as destacados de Ordes, mulleres importantes

na historia de Galicia, os Camiños de Santiago en Galicia, etc., dende o firme

convencemento de que só se pode amar aquilo que se coñece.

Levar a cabo reunións periódicas cos integrantes do EDLG co fin de repartir e

organizar as diferentes actividades, expoñer e debater suxestións etc.

Continuar cos intercambios para poder contactar con rapaces dunha realidade

social, cultural e lingüística diferente.

7

Page 8: Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 …³ra, tanto doutros centros de ensino coma de organismos ou institucións. Loxicamente valoraranse antes debidamente e realizaranse

Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012

Proporcionarlles aos membros da comunidade educativa información sobre

actividades do EDLG e de todos aqueles actos e institucións culturais relacionados

coa realidade galega.

Continuar coa actividade de sendeirismo: Os Camiños de Santiago en Galicia,

proxecto colaborativo do IES Nº 1 de Ordes e o Concello de Ordes.

Intercambiar experiencias e materiais e/ou coordinar actuacións conxuntas con

outros EDLG.

8

Page 9: Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 …³ra, tanto doutros centros de ensino coma de organismos ou institucións. Loxicamente valoraranse antes debidamente e realizaranse

Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012

4. ACTUACIÓNS

Como froito de todas as reflexións sintetizadas ata aquí, así como da experiencia acumulada

durante os anos de funcionamento do EDLG do IES Nº 1 de Ordes, facemos a seguinte

proposta de actividades de dinamización lingüística para o curso escolar 2011-2012.

Presentamos as actuacións divididas en grupos:

1. Proxectos plurianuais. Aqueles proxectos que xa comezaron en cursos anteriores

pensados con carácter plurianual e aos que queremos dar continuidade.

1. Revista ParaÍso ParaNós

2. Proxecto Sendeirismo: Os Camiños de Santiago en Galicia

3. Intercambios con outros centros de ensino

4. Xestión dos taboleiros

5. Campañas de animación á lectura

6. Letras Galegas 2012. Homenaxe a Valentín Paz Andrade

7. Imos aos cogomelos

8. Música galega en directo

9. Presentacións do EDLG na web do instituto

10. Cine galego

11. Saídas ao teatro

12. Encontros cos escritores

13. Xogos populares e tradicionais

14. Magosto

15. Colaboración coa asociación cultural e de tempo libre “Tarandeira”

9

Page 10: Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 …³ra, tanto doutros centros de ensino coma de organismos ou institucións. Loxicamente valoraranse antes debidamente e realizaranse

Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012

2. Proxectos novos. Neste apartado incluímos proxectos que, ou ben é a primeira vez

que os realizamos ou xa os fixemos noutras ocasións e conteñen no seu interior

actividades novas.

1. Concurso de poesía Carme Villaverde.

2. Contactos con outros EDLG.

3. Materiais de apoio.

4. Colaboración coa Asociación Micolóxica “Refungando”.

3. Edición de materiais. Ademais da revista:

1. Almanaques

2. Novidades editoriais

3. Postais de Nadal

4. Dípticos / Trípticos / Carteis

5. Exposicións murais

6. Marcadores de páxinas

4. Outras actividades.

1. Concursos

2. Conferencias / Debates / Charlas

3. Colaboración co PRI de 1º ESO

10

Page 11: Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 …³ra, tanto doutros centros de ensino coma de organismos ou institucións. Loxicamente valoraranse antes debidamente e realizaranse

Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012

PROXECTOS PLURIANUAIS

Nesta epígrafe incluímos as actividades que derivan de proxectos postos en marcha con

anterioridade pero isto non quere dicir que non haxa actividade novas na maioría deles.

1. REVISTA ParaÍso ParaNós, Nº 4

Descrición: No mes de setembro de 2011, tal e como adiantábamos na memoria do

curso pasado, editamos a revista do IES Nº 1 de Ordes ParaÍso ParaNós 4. Teño que dicir

que a revista foi para adiante grazas ao esforzo, tesón e coordinación das profesoras Laura

Pérez Vázquez e Susana Barcia Muíño, e o alumno Manuel Rivas Fariñas (todos membros

do EDLG). Tamén contamos coa colaboración dos diferentes seminarios, co traballo dos

alumnos que estiveron interesados en sacar adiante esta publicación e foi de moita axuda

todos os materiais recompilados durante o curso na web do EDLG.

Obxectivos:

➢ Difundir o traballo feito no EDLG.

➢ Promover o uso do galego nos textos escritos e a lectura en lingua galega.

➢ Darlles ao alumnado, profesorado, pais, veciños, … a posibilidade de publicaren os

seus traballos de creación ou investigación en galego.

➢ Achegar o alumnado cara á elaboración de materiais impresos.

➢ Ofrecerlles ós membros do EDLG a capacidade de organizaren e decidiren a revista

do centro intervindo directamente na dirección e redacción da mesma.

➢ Ensinar aos alumnos a establecer comunicacións vía correo electrónico, teléfono ou

fax cos colaboradores da revista.

➢ Achegarlle a toda a comunidade educativa materiais novos en lingua galega.

➢ Ter un órgano de expresión do centro integramente redactado en galego.

11

Page 12: Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 …³ra, tanto doutros centros de ensino coma de organismos ou institucións. Loxicamente valoraranse antes debidamente e realizaranse

Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012

Destinatarios:

- Toda a comunidade escolar: alumnado, profesorado, persoal de administración e

servizos, familias, ex-alumnos.

- Resto de habitantes do concello.

- Centros educativos do contorno.

Colaboracións:

- Alumnado.

- Profesorado dos distintos departamentos didácticos: Electromecánica de Vehículos ,

Lingua e Literatura Galega, Lingua e Literatura Castelá, Educación Física,

Matemáticas, Debuxo, Ciencias Naturais, Música, Xeografía e Historia, Orientación,

Física e Química, …

- Imprenta ALPI.

Temporización: Todo o curso 2011-2012.

Orzamento: 0 €. O centro corre cos gastos da revista, sobre 1000 €.

Axuntamos co proxecto varios exemplares do último número da

revista

2. PROXECTO: Sendeirismo: Os Camiños de Santiago en Galicia

Descrición: Este proxecto colaborativo xorde, no curso 2008-2009, dunha proposta

que o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Nº 1 de Ordes fai ao Concello de

Ordes, en concreto ás Concellerías de Educación Mocidade e Discapacidade máis Medio

Ambiente, Rural e Sanidade.

O proxecto puxo en marcha, a partir de marzo de 2009, unha actividade plurianual e

interdisciplinar dirixida á comunidade educativa (alumnos, persoal docente e non docente,

pais e familiares, antigos alumnos, antigos profesores, etc.) e a toda a sociedade. Trátase

dunha iniciativa de apertura do centro educativo cara á sociedade, un modelo de escola

aberta, disposta a crear sinerxias e a colaborar cos sectores sociais implicados.

O curso 2008-2009 fixemos o Camiño Inglés en 6 etapas. Nestas etapas participaron

alumnos, antigos alumnos, profesores, familiares, amigos e veciños do concello de Ordes e

12

Page 13: Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 …³ra, tanto doutros centros de ensino coma de organismos ou institucións. Loxicamente valoraranse antes debidamente e realizaranse

Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012

comarca. Co material recompilado en cada unha das etapas e a axuda das TIC elaboramos un

blogue http://endlsendeirismo.blogspot.com/ destacando aspectos xeográficos, históricos,

sociais, artísticos, culturais, relixiosos, ..., así como a sinalización e conservación da ruta. O

Concello de Ordes subvencionou este proxecto, poñendo á disposición de toda a comunidade

a posibilidade de facer unha actividade de sendeirismo a un prezo simbólico.

O curso 2009-2010, coincidindo co Xacobeo, fixemos O Camiño Francés dende O Cebreiro

ata Santiago en 7 etapas. Puxemos toda a información desta actividade na web do centro,

http://www.edu.xunta.es/centros/iesnumero1ordes/ por ser moito máis operativo que o

blogue.

O curso pasado pateamos polo Camiño de Fisterra. Foi xenial!!!

Este curso 2011-2012 temos previsto facer o Camiño Sanabrés.

Gustaríanos moito darlle continuidade a esta actividade que tanto éxito está tendo.

Obxectivos:

➢ Coñecer máis e mellor Galicia, facendo especial fincapé nos Camiños de Santiago en

Galicia, dende o firme convencemento de que só se pode amar aquilo que se coñece.

➢ Desenvolver actitudes positivas cara ao coñecemento, gozo e protección da natureza.

➢ Potenciar a conservación do patrimonio cultural e medio ambiental galegos.

➢ Fomentar o uso do galego nas TIC entre toda a comunidade educativa.

➢ Achegar á comunidade educativa ao ámbito da normalización lingüística.

➢ Motivar á comunidade educativa no traballo do EDLG.

➢ Implicar as familias e as persoas do contorno nas actividades do EDLG. É unha

apertura do centro cara a fóra.

➢ Ofrecer unha alternativa real aos tempos de lecer que poidan competir coas ofertas

fáciles de diversión.

➢ Facer unha actividade física na natureza: o sendeirismo.

➢ Favorecer e estimular a interrelación dos compoñentes do grupo.

➢ Realizar unha actividade en familia.

13

Page 14: Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 …³ra, tanto doutros centros de ensino coma de organismos ou institucións. Loxicamente valoraranse antes debidamente e realizaranse

Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012

Destinatarios: A toda a comunidade educativa e a toda a sociedade. Ao ser

limitado o número de prazas, concederanse as prazas por orde de inscrición,

tendo preferencia os empadroados no concello de Ordes.

Colaboracións:

- Concello de Ordes: Concellería de Educación, Mocidade e Discapacidade;

Concellería de Medio Ambiente, Medio Rural e Sanidade.

- Sociedade Galega de Medio Ambiente.

- Omix Ordes.

- Protección Civil de todos os concellos polos que pasan os Camiños de Santiago en

Galicia.

- Tamén atopamos colaboración, sempre que a pedimos, en todos os concellos polos

que pasan os Camiños de Santiago en Galicia.

- Profesorado dos departamentos didácticos: Educación Física, Lingua e Literatura

Galega, Lingua e Literatura Castelá, Tecnoloxía, Matemáticas, Latín, Xeografía e

Historia, Ciencias Naturais, Electromecánica de Vehículos, …

Temporización: A preparación é durante todo o ano, aínda que as etapas realízanse

entre os meses de marzo e xuño.

Orzamento: 600 €. Este curso temos complicado recibir a subvención do

concello.

3. INTERCAMBIO CULTURAL CON OUTRO EDLG

Descrición: Este curso, igual que os tres anteriores, desenvolveremos un intercambio

co IES Miguel Ángel González Estévez de Carril. O obxectivo principal deste intercambio

é unha convivencia de dúas xornadas falando en galego entre rapaces da costa galega que na

súa maioría son castelán falantes e rapaces do interior galego que

na súa maioría son galegofalantes. Os rapaces, dos dous centros, participantes no intercambio

comprométense durante as dúas xornadas a comunicarse só en galego. Así, os rapaces da

costa farán un esforzopor comunicarse falando en galego e os rapaces do interior farán un

esforzo por manter a comunicación en galego aínda que lles falen en castelán. Nas

respectivas visitas realízanse actividades encamiñadas preferentemente a coñecer os dous

contornos: as súas xentes, a súa historia, as súas paisaxes, o seu patrimonio, …

14

Page 15: Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 …³ra, tanto doutros centros de ensino coma de organismos ou institucións. Loxicamente valoraranse antes debidamente e realizaranse

Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012

A nosa proposta é facer unha ruta de sendeirismo polo concello e a visita ao IES. A ruta do

río Mercurín, deseñado e sinalizado pola asociación cultural de tempo libre Tarandeira, é un

itinerario circular de 15 quilómetros aproximadamente de dificultade media. Nesta fermosa

andaina podemos atopar: aldeas, fragas, muíños, pontes de madeira, fontes e ata un castro.

O intercambio é unha experiencia moi enriquecedora e educativa para os rapaces, pois son

eles os que participan activamente na organización de todas as actividades.

Nas saídas utilizamos como medio de transporte o autobús, pero nestes intercambios

aproveitamos para desprazarnos tamén en tren e barco. Sen dúbida, son unhas xornadas que,

tanto alumnos como profesores participantes, nunca esquecerán.

Obxectivos:

➢ Convivir dous días falando en galego con rapaces e rapazas da costa, castelán

falantes.

➢ Coñecer máis e mellor Galicia, o noso concello, as súas aldeas, a súa historia, a súa

paisaxe, as súas xentes, a súa lingua, ...

➢ Potenciar o galego nas TIC e a súa presenza social na rede.

➢ Ofrecerlle ao alumnado a oportunidade de compartir experiencias con outros mozos

da súa idade.

➢ Compartir experiencias normalizadoras con outro EDLG (actividades, programas,

etc.).

➢ Entrar en contacto con rapaces dunha realidade social, cultural e lingüística diferente.

➢ Profundar máis na propia realidade, contorno socioeconómico e cultural.

➢ Coñecer o patrimonio natural, cultural e socioeconómico doutra comarca do país.

➢ Facer unha ruta de sendeirismo polo concello de Ordes.

➢ Eliminar prexuízos sobre o galego.

Destinatarios: Este ano, os protagonistas, serán os alumnos de 2º ESO. O número

máximo de participantes, para que o intercambio funcione, consideramos que debe ser 40

rapaces, 20 por cada centro educativo.

15

Page 16: Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 …³ra, tanto doutros centros de ensino coma de organismos ou institucións. Loxicamente valoraranse antes debidamente e realizaranse

Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012

Colaboracións:

- Vicedirección.

- Concello de Ordes e concello de Vilagarcía de Arousa.

- Departamentos didácticos: Educación Física, Lingua e Literatura Galega,

Bioloxía e Xeoloxía, …

Temporización: Todo o curso para a preparación, aínda que as viaxes caen no

terceiro trimestre.

Orzamento: 250 €, para desprazamentos.

4. Xestión dos taboleiros

Descrición: Levamos varios anos xestionando os taboleiros de normalización e dende

o ano pasado son os propios alumnos do equipo, coordinados por un profesor, os encargados

de xestionar os taboleiros. Ter un espazo físico que sirva de referencia para todo o que teña

que ver coa dinamización da lingua e coas actividades do EDLG é algo fundamental para

normalizar a lingua no conxunto do IES. Temos dous taboleiros en cada edificio (dous

edificios). Hai varias seccións e están dedicadas a: novidades editoriais, escritores, nosa

música e outras. Ademais énchese cos avisos para as actividades do equipo e con tódalas

novas que queremos transmitir.

Novidades editoriais: Esta actividade consiste en reproducir co escáner a portada de libros en

galego que veñan de ser publicados, acompañados dunha ficha básica na que aparezan os

seguintes datos: autor, editorial, ano de publicación e argumento; en fin, trátase de describir

minimamente o libro coa finalidade de informar das máis recentes novidades literarias en

galego que se expoñerán nas aulas e en diferentes lugares do instituto.

Esta iniciativa pretende animar os alumnos/as a atopar na lectura un entretemento e un xeito

de buscar resposta ás súas inquietudes a través dos libros.

16

Page 17: Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 …³ra, tanto doutros centros de ensino coma de organismos ou institucións. Loxicamente valoraranse antes debidamente e realizaranse

Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012

A nosa música é un escaparate das novidades musicais galegas. Este ano informaremos

tamén sobre a música portuguesa e brasileira.

Obxectivos:

➢ Implicar ao centro na actividade dinamizadora da lingua galega.

➢ Informar das actividades do EDLG no centro.

➢ Informar das actividades dinamizadoras doutros centros ou institucións.

➢ Crear espazos de referencia da lingua e literatura galegas no centro.

➢ Dar a coñecer as novidades editoriais e musicais en lingua galega.

➢ Eliminar prexuízos enquistados na poboación entorno ao galego.

Destinatarios: Toda a comunidade educativa.

Colaboracións:

- Persoal de administración e servizos.

- Vicedirección.

- Alumnos do EDLG.

Temporización: Todo o curso.

Orzamento: 30 € para materiais de papelería: rotuladores, tinta, cartolinas,

cores, …

5. Campañas de animación á lectura

Descrición: Outros anos fixéronse campañas de animación á lectura na que

colaboraban a biblioteca, vicedirección, profesorado dos departamentos didácticos e o

EDLG. O curso 2008-2009 empezou a funcionar o Club de Lectura por iniciativa da

biblioteca do centro. Para este curso seguiremos colaborando co Club de Lectura coa

intención de potenciar a lectura de libros en galego e galegos.

Obxectivos:

➢ Animar a lectura especialmente en lingua galega.

➢ Crear interese polas obras escritas en galego, eliminando prexuízos existentes ao

respecto.

17

Page 18: Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 …³ra, tanto doutros centros de ensino coma de organismos ou institucións. Loxicamente valoraranse antes debidamente e realizaranse

Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012

➢ Demostrar que o galego serve para achegar á literatura universal.

➢ Favorecer o uso da biblioteca, tanto a do centro coma outras.

➢ Dinamizar a vida sociocultural do contorno educativo.

➢ Axudar á xuventude a definir criterios para determinar as súas escollas perante una

abundante oferta.

➢ Fomentar nos rapaces espírito crítico a partir da lectura.

➢ Participar nunha discusión literaria, dando, defendendo e respectando os diferentes

puntos de vista.

➢ Buscar un trato coa lectura distinto do académico e amosar que profesores e alumnos

poden gozar e aprender xuntos grazas á lectura e á imaxinación.

Destinatarios: Toda a comunidade: educativa e non educativa.Colaboracións:

- Club de lectura da biblioteca do centro.

- Profesorado dos distintos departamentos didácticos.

- Biblioteca do centro.

Temporización: Todo o curso. Orzamento: 0 €. A cargo da Biblioteca e Club de lectura.

6. Letras Galegas 2011. Homenaxe a Valentín Paz Andrade

VALENTÍN PAZ ANDRADE SERÁ HOMENAXEADO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

DO ANO 2012

O Plenario da Real Academia Galega, reunido en sesión ordinaria o día 4 de xuño de 2011,

acordou dedicar o Día das Letras Galegas de 2012 a Valentín Paz Andrade (Lérez,

Pontevedra, 1898 - Vigo, 1987).

Valentín Paz Andrade licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela

en 1921 e foi durante a súa etapa de estudante cando se achegou ao movemento galeguista,

participou na II Asamblea Nacionalista de Santiago de Compostela (1919). Era director do

xornal Galicia en 1926 cando foi cerrado pola ditadura de Primo de Rivera. Presidiu o

Grupo Autonomista Galego (1930), foi candidato ás Cortes Constituíntes de 1931 xunto con

18

Page 19: Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 …³ra, tanto doutros centros de ensino coma de organismos ou institucións. Loxicamente valoraranse antes debidamente e realizaranse

Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012

Castelao e Ramón Cabanillas, colaborador da redacción do anteproxecto de Estatuto de

Galicia presentado polo Seminario de Estudos Galegos (1931) e membro activo do Partido

Galeguista, do que foi nomeado secretario en 1934.

Durante a Guerra Civil axudou a fuxir e defendeu a moitos intelectuais galeguistas. Por

causa da súa actividade política e da publicación dalgúns artigos foi detido en diversas

ocasións.

As súas colaboracións foron frecuentes nos xornais El Pueblo Gallego, Faro de Vigo e La

Noche, onde aparecían asinadas cos pseudónimos M., Xan Quinto e Mareiro. Desde 1945

xuntábase no café Alameda, de Vigo, con intelectuais e artistas como Carlos Maside,

Laxeiro, Prego de Oliver, Fernández del Riego, os irmáns Xosé María e Emilio Álvarez

Blázquez, entre outros, para falaren e debateren.

Os seus escritos literarios, históricos e económicos reflicten a súa preocupación polo

progreso e o avance de Galicia, Galicia como Tarea (1959), La anunciación de Valle-Inclán

1967), La marginacíón de Galicia (1970), Castelao na luz e na sombra (1982), Galiza lavra

a sua imagem (1985).

Da súa faceta poética temos achegas como, Soldado da morte (1921), Pranto matricial

(1954), Sementeira do vento (1968), Cen chaves de sombra (1979) ou Cartafol de homenaxe

a Ramón Otero Pedrayo (1985).

Foi membro correspondente da Real Academia Galega desde 1964 e numerario desde 1978,

cando deu lectura ao preceptivo discurso, que titulou A galecidade na obra de Guimarães

Rosa, e que foi respondido en nome da institución por Álvaro Cunqueiro.

Descrición: Na Semana das Letras Galegas, este ano dedicado ao xurista,

economista, político, empresario, escritor, poeta e xornalista galego Valentín Paz Andrade,

faremos un esforzo por dinamizar o noso centro, como o curso pasado, e ofertar toda unha

serie de actividades e actos: conferencias, documentais, debates, concursos, exposicións,

actuacións musicais, ...

Aínda non temos pechada a programación, e intentaremos que sexa o máis

interdisciplinar e multidisciplinar posible.

Obxectivos xerais:

➢ Dar a coñecer a figura do homenaxeado.

➢ Difundir a obra de Valentín Paz Andrade entre toda a comunidade.

19

Page 20: Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 …³ra, tanto doutros centros de ensino coma de organismos ou institucións. Loxicamente valoraranse antes debidamente e realizaranse

Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012

➢ Ligar a literatura e oralidade.

➢ Poñer en valor o rexistro culto do galego.

➢ Eliminar prexuízos sobre a literatura galega.

➢ Valorar a poesía en lingua galega.

➢ Dinamizar a festividade das letras galegas.

➢ Implicar a toda a comunidade educativa nas actividades do EDLG.

Destinatarios: Toda a comunidade educativa.

Colaboracións:

- Departamentos didácticos: Lingua Galega e Literatura

- Vicedirección.

- Outras.

Temporización: Todo o curso.

Orzamento: ? Sen pechar.

Actuacións:

Quen é o homenaxeado

Daremos información do persoeiro homenaxeado dende os taboleiros do EDLG, dende o

noso espazo na web, proxectando algún documental, facendo algunha exposición, ...

Semana culturalIgual que no curso pasado, no mes de abril, na Semana Cultural organizaremos as actividades

para celebrar as Letras Galegas. Como non está totalmente pechada a programación,

informaremos na memoria de fin de curso.

20

Page 21: Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 …³ra, tanto doutros centros de ensino coma de organismos ou institucións. Loxicamente valoraranse antes debidamente e realizaranse

Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012

7. Imos aos cogomelos

Descrición: Esta é unha actividade que xa fixemos varios anos co nome de Xornadas

Micolóxicas e de seguir co mesmo nome estas serían as VI Xornadas Micolóxicas. Con esta

actividade temos a oportunidade de realizar unha saída ao monte, acompañados por un

experto en micoloxía, para coñecer un pouco mellor os fungos que poboan os nosos bosques,

recollendo as especies máis interesantes para posteriormente expoñelas no centro. A

actividade complementarase a nivel didáctico, cunha charla do experto Jesús Parada

Miniño da Asociación Micolóxica Refungando e a posterior identificación e exposición dos

exemplares recollidos máis relevantes. Tamén degustaremos algunha tortilla de cogomelos.

Na saída participa alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos.

Esta actividade segue dúas máximas, unha do saber popular, “só se valora e se pode

conservar aquilo que se coñece”, e a outra do noso gran fabulador Álvaro Cunqueiro, “…

dicir rula e abidueira e dorna e fonte… fanme dono da rula e da abidueira e da dorna e da

fonte…”, para indicar que só existe e posuímos aquilo que ten un nome, aquilo que

coñecemos.

Obxectivos:

➢ Achegar aos membros da comunidade educativa á natureza, para gozala, coñecela

mellor e conservala.

➢ Facer da micoloxía unha maneira de divertirse no tempo de lecer.

➢ Identificar e expoñer as especies recollidas.

➢ Coñecer os nomes populares galegos dos cogomelos do contorno: Figado de boi,

lingua de vaca, andoa de pé vermello, peido de lobo, rebentabois ou brincabois,

coliflor de monte, bóla de neve, zarrota ou choupín, pistonuda, sendeiriña, carallo do

demo, tortullo, netorra, cantarela, pantorra…

Destinatarios: Alumnado do centro, profesorado e persoal non docente.

Colaboracións:

- Departamentos didácticos: Ciencias Naturais, Lingua Galega e Literatura, Educación

Física, …

- Persoal de Administración e Servizos.

21

Page 22: Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 …³ra, tanto doutros centros de ensino coma de organismos ou institucións. Loxicamente valoraranse antes debidamente e realizaranse

Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012

- Vicedirección.

- Asociación Micolóxica Refungando .

Temporización: Xoves, 24 de novembro.

Orzamento: 200 €.

Axuntamos o cartel das Xornadas Micolóxicas realizadas con gran

éxito o xoves, 24 de novembro de 2011.

8. Música galega en directo

Descrición: Tentaremos manter unha actividade, proposta polo departamento de

Música e que, os anos que se fixo, tivo moito éxito. Son os raps do festival de fin de curso.

Os rapaces escriben as letras en galego para despois musicalas e rapealas.

Traeremos un grupo galego de música actual que cante en galego para que veña dar un

concerto en fin de curso. Ademais de cantar váiselles pedir que nos falen un pouco da súa

música, das razóns que os levaron a empregar o galego e que animen o noso alumnado a

escoitar e mesmo a facer música en galego.

Obxectivos:

➢ Ligar a lingua galega á música.

➢ Potenciar a escoita de música galega.

➢ Comunicar utilizando a música e a lingua galegas.

➢ Promover o uso do galego nos espectáculos.

Destinatarios: toda a comunidade educativa.

Colaboracións:

- Departamentos didácticos: Música, Lingua Galega e Literatura, …

- Vicedirección.

Temporización: Terceiro trimestre (fin de curso)

Orzamento: 250 €

22

Page 23: Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 …³ra, tanto doutros centros de ensino coma de organismos ou institucións. Loxicamente valoraranse antes debidamente e realizaranse

Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012

9. Presentacións do EDLG na web do instituto

Descrición: Temos asentadas as bases para unha mellor promoción e difusión do

galego dentro e fóra do noso centro. Levamos dous anos traballando coas TIC. Na páxina

web do noso instituto http://centros.edu.xunta.es/iesn1ordes/ pódese entrar en

NORMALIZACIÓN e atopar toda a información do noso EDLG.

Consideramos importante espallar ao EDLG para implicar maiormente a todo o alumnado,

profesorado, familias e persoal non docente. En cursos pasados organizamos sesións de

presentación práctica, en diferentes quendas a cargo do coordinador do EDLG, que acolleron

a todo o alumnado durante o horario lectivo. O obxectivo non é só familiarizalos cos

enderezos, senón máis ben achegalos aos contidos, animándoos a participar e

demostrándolles cal é o funcionamento. Presentaranse, os contidos que o EDLG ten na web

do instituto, coas súas estruturas, seccións, organización e incidirase sobre todo nas formas

de colaborar a través dunha sesión práctica no salón de actos.

A presentación para o alumnado farase en horas lectivas, en sesións de 50 minutos e por

niveis educativos. Este curso queremos implicar ao maior número de alumnos nas

actividades. Convidarase a todo o profesorado para que asista na quenda que mellor lle

conveña.

Seguiremos incidindo no alumnado, buscando unha maior participación e máis activa. O

próximo curso organizaremos, para os pais, unha presentación un día diferente. A esta

reunión serán convidados os membros do persoal de administración e servizos. Tamén

aproveitaremos a visita dos pais dos alumnos de 6º de primaria, futuros alumnos do centro,

do CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao para presentarlles ao EDLG.

Obxectivos:

➢ Contar cunha plataforma de presentación do EDLG na rede.

➢ Mostrar o traballo do EDLG e deixalo a disposición de quen quixese facer uso del.

➢ Ofrecerlle a toda a comunidade un lugar de referencia do EDLG na rede onde poidan

localizar facilmente calquera material.

➢ Animar a participar aos catro sectores da comunidade educativa.

➢ Motivar ao alumnado no traballo do EDLG.

➢ Implicar as familias nas actividades do EDLG.

23

Page 24: Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 …³ra, tanto doutros centros de ensino coma de organismos ou institucións. Loxicamente valoraranse antes debidamente e realizaranse

Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012

➢ Ligar a normalización lingüística coas novas tecnoloxías.

Destinatarios: Alumnado do centro, profesorado, persoal non docente e pais do

alumnado.

Colaboracións:

- Dirección.

- Orientación.

- EDLG.

Temporización: mes de outubro e mes de xaneiro.

Orzamento: 0 €

10. Saídas ao teatro

Descrición: Como en anos anteriores os alumnos/as asistirán a diversas

representacións teatrais. A oferta de obras de teatro en galego en Ordes é moi limitada, por

iso sempre que temos oportunidade de asistir a unha representación teatral en galego non o

dubidamos. Este curso xa realizamos varias saídas a dúas representacións teatrais:

• “Memorias das memorias dun neno labrego” para os alumnos de 2º e 3º de ESO. O

14 de outubro de 2011.

• “Pelos con lingua” para os alumnos de 4º ESO e 1º de bacharelato. O 31 de xaneiro

e o 2 de febreiro de 2012.

Obxectivos:

➢ Ligar a lingua galega ao teatro.

➢ Unir a idea de ocio á lingua propia.

➢ Impulsar a afección polo teatro galego.

➢ Ofrecer unha alternativa real aos tempos de lecer que poidan competir coas ofertas

fáciles de diversión.

Colaboracións:

- Vicedirección.

24

Page 25: Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 …³ra, tanto doutros centros de ensino coma de organismos ou institucións. Loxicamente valoraranse antes debidamente e realizaranse

Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012

- Departamento de Lingua e Literatura Galega.

- Profesorado voluntario dos distintos departamentos didácticos.

Destinatarios: Alumnado.

Temporización: Todo o ano.

Orzamento: 150 € aprox. dependendo das saídas que se fagan.

11. Cine galego

Descrición: O EDLG pon a disposición do profesorado un DVD de Mr Mixto Films,

para poder traballar cos alumnos seis historias moi diferentes que teñen algo en común: son

cine en galego. Os Mr Misto {Bits} son paquetes temáticos de curtametraxes para ser

proxectados en multiplicidade de espazos. Unha forma de ver o mundo a través do cine en

curta duración. Pezas audiovisuais de calidade que non deixan indiferente ó espectador.

As posibilidades de gozar dunha programación variada e rica en contidos fai que este

programa sexa ideal para achegarse dunha forma distinta aos alumnos, facéndoos máis

críticos e capaces de reflexionar sobre o mundo dun xeito diferente, anovador e divertido.

Distracción e cinema a un tempo. Os {bits} son sesións de curtas de, aproximadamente,

unha hora de duración, que inclúen pezas audiovisuais de calidade cuxos contidos xiran

arredor dunha temática común: medio ambiente, inmigración, igualdade de xénero,

violencia… Así, ademais de divertirnos vendo cine, poderemos reflexionar tamén sobre o

tema que suxiren as películas, a través dun debate moderado nos contidos a tratar.

Obxectivos:

➢ Ligar a lingua galega ao cine.

➢ Unir a idea de ocio á lingua propia.

➢ Impulsar a afección polo cine galego.

Colaboracións:

- Vicedirección.

- Profesorado voluntario dos distintos departamentos didácticos.

Destinatarios: Alumnado de distintos niveis.

25

Page 26: Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 …³ra, tanto doutros centros de ensino coma de organismos ou institucións. Loxicamente valoraranse antes debidamente e realizaranse

Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012

Temporización: 2º ou 3º trimestre.

Orzamento: 0 €

12. Encontros cos escritores

Descrición: Continuaremos con esta interesante actividade. Os nosos alumnos len un

libro (trátase de libros de lectura obrigada de Lingua e Literatura Galega), e o seu autor visita

o noso centro para falarlles da súa obra ou realizar un pequeno obradoiro. No primeiro

trimestre o escritor e debuxante Abraham Carreio mantivo un encontro cos alumnos de 1º

de ESO para falar sobre a súa obra Xoeliki. As aventuras dun ciberpirata e inicialos no

debuxo.

No segundo e terceiro trimestres visitarannos:

• Carlos G. Reigosa Pepa A Loba

• Fernando Méndez Deus xogando aos dados

Obxectivos:

Animar á lectura en galego.

Achegar o proceso de creación literaria aos alumnos.

Colaboracións:

- Departamento de Lingua Galega e Literatura

- Editorial A Nosa Terra.

- Editorial Galaxia.

- Outras editoriais.

Destinatarios: Alumnado e profesorado interesado.

Temporización: Todo o ano.

Orzamento: Falaremos coas editoriais para que esta actividade sexa de balde.

26

Page 27: Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 …³ra, tanto doutros centros de ensino coma de organismos ou institucións. Loxicamente valoraranse antes debidamente e realizaranse

Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012

13. Xogos populares e tradicionais

Descrición: Como vimos facendo desde hai uns cantos anos, celebraremos unha

xornada de exaltación de xogos populares e tradicionais no noso instituto. Contaremos coa

colaboración de Horacio Souto Pol, profesor do departamento de Educación Física, e os

alumnos de 1º de bacharelato para a organización e realización desta actividade. O ano

pasado celebrouse o último día do curso e invitamos a alumnos e profesores do IES Maruxa

Mallo o outro centro de ensino secundario da vila. A xornada foi moi animada e alumnos e

profesores dos dous institutos de Ordes xogamos e confraternizamos nun fermoso día.

Obxectivos:

➢ Favorecer a recuperación dos xogos populares e a creatividade.

➢ Concienciar da importancia de manter vivas as tradicións e da transmisión xeracional.

➢ Fomentar a través de xogos e outras actividades lúdicas, o uso do galego nas

actividades informais do alumnado.

➢ Aprender dunha maneira lúdica novo vocabulario.

Destinatarios: Comunidade educativa.

Colaboracions:

- Dirección e Vicedirección.

- Departamento de EF.

- Alumnos de 1º de bacharelato.

- Profesorado voluntario.

Temporización: 3º trimestre

Orzamento: 0 €

27

Page 28: Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 …³ra, tanto doutros centros de ensino coma de organismos ou institucións. Loxicamente valoraranse antes debidamente e realizaranse

Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012

14. Colaboración coa asociación “Tarandeira”

Descrición: Seguiremos en contacto con Tarandeira para ver a posibilidade de facer

algunha actividade colaborativa con eles.

Tarandeira é unha asociación cultural e de tempo libre de Ordes que dedica o seu esforzo a

promover o coñecemento e valoración do entorno natural e á recuperación da cultura

tradicional.

Deste xeito, ven organizando saídas mensuais a aqueles lugares onde pódese gozar do medio

natural, poñendo en práctica o seu coñecemento e mesturando deporte, cultura, aventura e,

por que non, gastronomía; nestas actividades, ten cabida a participación de xente de todas as

idades e lugares, sen que sexa precisa unha condición física especial.

No eido cultural, ademais do que o coñecemento e valoración do medio natural supón nese

senso, a tarefa de Tarandeira desenvólvese fundamentalmente na recuperación de pezas

tradicionais, co desexo de acadar algún día un museo etnográfico. Neste mesmo ámbito,

ocupan tamén un papel destacado a organización de xornadas micolóxicas, participación en

feiras e exposicións, e actividades con escolares.

Tarandeira é un proxecto aberto e as actividades que desenvolve van dirixidas ao público en

xeral, sen que sexa necesario pertencer á asociación para participar nelas.

Obxectivos:

➢ Desenvolver actitudes positivas cara ao coñecemento, gozo e protección da natureza.

➢ Potenciar a conservación do patrimonio cultural e medio ambiental galegos.

➢ Implicar as familias e as persoas do contorno nas actividades do EDLG. É unha

apertura do centro cara a fóra.

➢ Colaborar cunha asociación cultural e de tempo libre de Ordes.

Destinatarios: Comunidade educativa.

Colaboracións:

- Dirección e Vicedirección.

- Tarandeira.

Temporización: Todo o ano.

Orzamento: 0 €

28

Page 29: Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 …³ra, tanto doutros centros de ensino coma de organismos ou institucións. Loxicamente valoraranse antes debidamente e realizaranse

Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012

15. Magosto

Descrición: O curso pasado, por iniciativa da dirección do centro e o EDLG,

recuperamos o magosto.

O venres, 18 de novembro a comunidade educativa do noso centro celebramos un magosto

con castañas e chocolate quente.

Obxectivos:

➢ Valorar e respectar o Magosto asumindo as responsabilidades que supoñen a súa

conservación e mellora.

➢ Concienciar da importancia de manter vivas as tradicións e da transmisión xeracional.

➢ Fomentar a través desta celebración outras actividades e o uso do galego nas

actividades informais do alumnado.

Destinatarios: Comunidade educativa.

Colaboracions:

- Dirección e Vicedirección.

- EDLG.

Temporización: 1º trimestre: Venres, 18 de novembro.

Orzamento: 0 €. A cargo do centro.

29

Page 30: Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 …³ra, tanto doutros centros de ensino coma de organismos ou institucións. Loxicamente valoraranse antes debidamente e realizaranse

Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012

PROXECTOS NOVOS

1. Concurso de poesía Carme Villaverde

Descrición: O IES Nº 1 de Ordes , en colaboración co departamento de Lingua e

Literatura Galega e o Equipo de Dinamización da Lingua, convocan o I Premio de Poesía

Carme Villaverde, en lembranza da profesora Carme Villaverde Raña.

Obxectivos:

➢ Dar a coñecer e lembrar a figura da nosa querida Carme Villaverde Raña.

➢ Eliminar prexuízos sobre a literatura galega.

➢ Valorar a poesía en lingua galega.

Destinatarios: alumnos e alumnas de ESO, Bacharelato, ESA e Ciclos Formativos

que cursen estudos en Galicia e non teñan cumpridos 20 anos a 31 de decembro de

2012.

Colaboracións:

– Dirección e Vicedirección

– Departamento de Lingua e Literatura Galega

– EDLG

Temporización: 2º trimestre

Orzamentos: 0 €. A cargo da Dirección do IES Nº 1 de Ordes.

2. Contactos con outros EDLG

Descrición: Durante este curso contactaremos con outros equipos de dinamización

lingüística da comarca para intercambiar experiencias e materiais e/ou coordinar actuacións

conxuntas. Empezaremos polo IES Maruxa Mallo que é o centro máis próximo e esta tamén

na vila de Ordes.

Obxectivos:

➢ Entrar en contacto cos membros doutros EDLG.

30

Page 31: Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 …³ra, tanto doutros centros de ensino coma de organismos ou institucións. Loxicamente valoraranse antes debidamente e realizaranse

Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012

➢ Realizar actuacións conxuntas con outros EDLG.

➢ Intercambiar experiencias dinamizadoras da lingua galega.

Destinatarios: Comunidades educativas dos centros implicados.

Colaboracions:

- Dirección e Vicedirección.

- Departamentos didácticos.

- Equipos de dinamización da lingua galega implicados.

Temporización: Todo o ano.

Orzamento: 0 €. Actividade nova.

3. Materiais de apoio

Descrición: Para axudar a resolver as dubidas relacionadas co galego, poñeremos á disposición de quen o precise diferentes materiais de apoio e un listado de enderezos web de interese. É esta tamén unha maneira de facer ver como normal o uso do galego na rede.

Obxectivos:

➢ Acadar unha competencia lingüística correcta superando os prexuízos relacionados

coa lingua autóctona.

➢ Normalizar o galego na escrita.

➢ Animar ao emprego da lingua galega.

➢ Ampliar os coñecementos de lingua galega.

➢ Proporcionar materiais coas TIC.

Destinatarios: Comunidade educativa e usuarios da web.

Colaboracións:

- Departamento de Lingua e literatura Galega.

- Vicedirección.

- Alumnos do EDLG.

Temporización: Todo o ano.

Orzamento: 150 €. Actividade nova.

31

Page 32: Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 …³ra, tanto doutros centros de ensino coma de organismos ou institucións. Loxicamente valoraranse antes debidamente e realizaranse

Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012

EDICIÓN DE MATERIAIS

Ademais da revista do centro ParÍso ParaNos, editamos:

1. O Almanaque

Descrición: A edición do almanaque xa ten unha tradición asentada no EDLG. Todos

os cursos editamos o almanaque. Este ano, despois do éxito de cursos pasados, repetimos o

formato de automontable de mesa, que leva o calendario escolar do noso centro con 10 fotos

de alumnos realizando distintas actividades en espazos diferentes e un pequeno texto sobre

Valentín Paz Andrade. Distribuímos os almanaques entre toda a comunidade educativa e

tamén entre os centros de ensino da comarca, EOI, concello, … Editamos 600 almanaques.

Obxectivos:

➢ Normalizar a lingua escrita entre a poboación.

➢ Achegar as actividades do EDLG a toda a comunidade.

Colaboración:

- Gráficas Alpi de Ordes.

- Dirección.

Destinatarios: Toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado, pais,

persoal non docente). Centros educativos da comarca, concello, EOI, …

Temporización: novembro e decembro.

Orzamento: 340 €.

2. As novidades editoriais

Nas actuacións, proxectos plurianuais, punto 4 Xestión dos taboleiros está descrita esta

actividade.

32

Page 33: Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 …³ra, tanto doutros centros de ensino coma de organismos ou institucións. Loxicamente valoraranse antes debidamente e realizaranse

Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012

3. IV Concurso de postais de Nadal

Descrición: Despois do éxito das anteriores edicións daremos continuidade a esta

actividade. Fixemos o IV Concurso de postais de Nadal cunha exposición das postais. Houbo

dúas categorías: ESO, PCPI, ESA e BACHARELATOS CICLOS. Da postal gañadora

editamos 600 para felicitar o Nadal. Na postal incluímos un poema de Luís Amado

Carballo. A participación do alumnado nesta actividade temos que agradecerlla á

colaboración das profesoras do Departamento de Educación Plástica e Visual.

Obxectivos:

➢ Implicar as familias nas actividades do EDLG.

➢ Achegar as actividades do EDLG a toda a comunidade.

➢ Normalizar a lingua escrita entre a poboación.

➢ Ligar a lingua galega á educación plástica e visual.

➢ Achegar a comunidade educativa ao ámbito da normalización lingüística.

➢ Eliminar prexuízos sobre o galego.

Colaboracións:

- Departamentos didácticos: Educación Plástica e Visual, Lingua Galega e Literatura, …

- Vicedirección.

Destinatarios: Toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado, pais,

persoal non docente). Centros educativos da comarca, concello, EOI, …

Temporización: Meses de novembro e decembro.

Orzamento: 250 € para premios e edición (600 copias) da gañadora final.

33

Page 34: Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 …³ra, tanto doutros centros de ensino coma de organismos ou institucións. Loxicamente valoraranse antes debidamente e realizaranse

Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012

4. Dípticos / Trípticos / Carteis

Descrición: Elaboración de dípticos, trípticos e carteis relacionados con diferentes

actividades como sendeirismo, xornadas micolóxicas, magosto, semana das Letras Galegas,

receitas das sobremesas de entroido, materiais de apoio para o alumnado e profesorado, etc.

Obxectivos:

➢ Ligar a lingua galega á educación plástica e visual.

➢ Achegar a comunidade educativa ao ámbito da normalización lingüística.

➢ Crear materiais de interese en lingua galega.

➢ Achegar as actividades do EDLG a toda a comunidade.

Colaboracións:

- Departamento de Lingua Galega e Literatura.

- Vicedirección.

- Gráficas ALPI.

Destinatarios: Toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado, pais,

persoal non docente). Centros educativos da comarca, concello, EOI, …

Temporización: Todo o ano.

Orzamento: 120 €.

34

Page 35: Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 …³ra, tanto doutros centros de ensino coma de organismos ou institucións. Loxicamente valoraranse antes debidamente e realizaranse

Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012

5. Exposicións

Descrición: Durante o curso fanse diversas exposicións no centro, ben promovidas

polos departamentos didácticos ou relacionadas coas diferentes actividades do EDLG

(postais de Nadal, caretas de entroido, marcadores de páxinas, homenaxeado das letras

galegas, ...).

Obxectivos:

➢ Potenciar o uso da lingua galega escrita.

➢ Ligar a lingua galega á educación plástica e visual.

➢ Achegar a comunidade educativa ao ámbito da normalización lingüística.

➢ Animar ao emprego da lingua galega.

Colaboracións:

- Vicedirección.

- Todos os departamentos didácticos.

Destinatarios: Toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado, pais,

persoal non docente).

Temporización: Todo o ano.

Orzamento: 0 €.

35

Page 36: Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 …³ra, tanto doutros centros de ensino coma de organismos ou institucións. Loxicamente valoraranse antes debidamente e realizaranse

Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012

6. Marcadores de páxinas

Descrición: Despois do éxito das anteriores edicións daremos continuidade a esta

actividade. Faremos o V Concurso de marcadores de páxinas, cunha exposición. Haberá

dúas categorías: ESO, PCPI, ESA e BACHARELATOS, CICLOS. Dos marcadores

gañadores editaremos 600 para repartir entre a comunidade educativa. A participación do

alumnado nesta actividade temos que agradecerlla á colaboración dos profesores do

Departamento de Educación Plástica e Visual.

Obxectivos:

➢ Potenciar o uso da lingua galega escrita.

➢ Ligar a lingua galega á educación plástica e visual.

➢ Animar ao emprego da lingua galega.

Colaboracións:

- Departamentos didácticos: Educación Plástica e Visual, Lingua Galega e Literatura, …

- Vicedirección.Destinatarios: Toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado, pais,

persoal non docente). Centros educativos da comarca, concello, EOI, …

Temporización: 2º trimestre. 23 de abril, día do libro.

Orzamento: 100 € para premios e 180 € de imprenta para editalos. Total: 280 €.

36

Page 37: Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 …³ra, tanto doutros centros de ensino coma de organismos ou institucións. Loxicamente valoraranse antes debidamente e realizaranse

Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012

OUTRAS ACTIVIDADES

1. Obradoiro de beatbox e hip-hop

Descrición: Impartirá este obradoiro Carlinhos. Carlos Gende (Carlinhos de Cerceda) é un dos poucos galegos que domina esta disciplina musical derivada do hip-hop e que se popularizou en Europa nos últimos anos. Os que o practican son algo parecido aos chamados homes orquestra, pero todos os sons os conseguen controlando o aire que sae polo nariz e a boca. De feito, Carlos ten claro que aínda que sexa un fenómeno recente, a esencia do beatbox non é nova e pon como exemplo a capacidade de John Balan para simular o son dunha trompeta. «Non creo que ou beatbox consista xo en imitar vos instrumentos musicais» e, por iso, Carlos adoita introducir todo tipo de efectos e sons nas súas improvisacións.

O beatboxing, é a habilidade de imitar sons coa boca (principalmente instrumentos e caixas de ritmos), aínda que tamén se usa como colchón rítmico ao rap improvisado na rúa. É considerado para moitos como o quinto elemento do hip hop, aínda que para outros é un instrumento por si só, que pode ser usado sen encasillalo en ningún estilo. A idea do mesmo é crear desde algo simple como beats, rhytms, e melodías, ata imitacións de instrumentos musicais, efectos especiais ou scratching, entre outros, podendo crear ata cancións estruturadas con diversos patróns rítmicos ou melódicos. O seu nome deriva da primeira xeración de máquinas de ritmos, máis comunmente chamadas "Beat Boxes".

Obxectivos:

➢ Promover o uso da lingua galega a ritmo de hip-hop.

➢ Potenciar a escoita de música galega.

➢ Comunicar utilizando a música e a lingua galega.

➢ Promover o uso do galego nos espectáculos.Colaboracions:

- Vicedirección.

- Departamentos de Música e Lingua e Literatura GalegaDestinatarios: Está por determinar a cantos alumnos e de que que niveis.

Temporización: 2º ou 3º trimestre.

Orzamento: 200 €.

37

Page 38: Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 …³ra, tanto doutros centros de ensino coma de organismos ou institucións. Loxicamente valoraranse antes debidamente e realizaranse

Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012

2. Concursos

Este curso convocaremos catro concursos:

1. IV Concurso de Postais de Nadal

2. VII Concurso de Sobremesas de Entroido e outras procedencias

3. V Concurso de marcadores de páxinas

4. I Concurso de poesía Carme Villaverde

Os concursos de postais de Nadal e marcadores de páxinas, xa foron descritos con

anterioridade.

VII Concurso de Sobremesas de Entroido

Descrición: Desde hai uns anos organízase habitualmente no ximnasio do noso

centro un concurso de pratos típicos do Entroido, consistente na degustación e selección da

mellor receita.

As sobremesas de Entroido poderán ser galegas ou doutras orixes. Os alumnos de países e/ou

culturas que non celebren esta festa poderán concorrer con sobremesas ou larpeiradas típicas

do seu país. O prato irá acompañado dun sobre pechado no que figuren o nome, apelidos e

curso do participante, así coma a receita redactada en lingua galega. Os alumnos/as optarán a

tres premios de 40 €, 30 € e 20 €, respectivamente, que serán destinados para mercar libros,

discos ou material escolar ou informático. Os pratos presentados ao concurso serán valorados

en función do sabor, presentación, orixinalidade e dificultade da receita.

Promoverase que os alumnos poidan participar de xeito activo coas súas receitas que

posteriormente poderán ser editadas nuns dípticos. Ademais, as receitas gañadoras serán

publicadas en internet e na revista do centro.

As sobremesas que cociñan alumnos e moitos pais son extraordinarias, tanto no número

como na calidade gastronómica.

38

Page 39: Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 …³ra, tanto doutros centros de ensino coma de organismos ou institucións. Loxicamente valoraranse antes debidamente e realizaranse

Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012

Obxectivos:

Recoller parte da riqueza culinaria do entroido, festa popular e ancestral, e non exclusivamente galega.

Axudar a normalizar o galego na escrita.

Animar a participar a alumnado, profesorado, persoal non docente e pais dunha actividade normalizadora.

Colaboracións:

- Vicedirección.

- Departamentos didácticos: Educación Física, Lingua Galega e Literatura, …

- Persoal de administración e servizos.

Destinatarios: A comunidade educativa: alumnos, profesores, persoal non docente e familias.

Temporización: Entroido, no 2º trimestre (venres, 17 de febreiro).

Orzamento: 90 €.

3. Conferencias / Debates / Charlas

Descrición: Desde o EDLG do IES Nº 1 de Ordes consideramos que a realización de

conferencias/debates/charlas sobre a lingua e literatura, coa visión de investigadores,

profesores universitarios, escritores e creadores en xeral, pode influír de maneira moi

positiva sobre o alumnado. Algúns dos poñentes que tivemos a sorte de escoitar foron:

• Fernando Cabeza Quiles que disertou sobre a toponimia galega.

• Manuel Núñez Singala falou sobre os prexuízos lingüísticos do galego.

• Antón Riveiro Coello deu unha conferencia sobre a súa obra narrativa e a literatura

galega en xeral.

• Charla relatorio de Carlos Callón da historia da lingua desde o comezo da

democracia.

39

Page 40: Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 …³ra, tanto doutros centros de ensino coma de organismos ou institucións. Loxicamente valoraranse antes debidamente e realizaranse

Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012

• Charla sobre Luís Seoane. Poñente: Xosé Luís Cousillas.

• Helena Queirós, lectora de portugués na EOI da Coruña, impartiú unha charla sobre

Portugal a súa cultura e costumes.

• Emilio Cao falounos do seu amigo Uxío Noveneira e interpretou coa súa arpa varios

temas con letras do poeta do Courel.

Para estas actividades buscaremos bos comunicadores que conecten cos alumnos.

Obxectivos:

Darlle a coñecer ao alumnado os seus dereitos lingüísticos.

Crear conciencia lingüística no alumnado.

Facer reflexionar o alumnado sobre a lingua como sinal de identidade.

Ensinarlle ao alumnado outra forma de adquirir coñecementos fóra da aula.

Eliminar prexuízos sobre o galego.

Colaboracións:

- Vicedirección.

- Departamento de Lingua Galega e Literatura.

Destinatarios: Comunidade educativa.

Temporización: Todo o ano.

Orzamentos: ?

4. Colaboración co PRI de 1º ESO

Descrición: Como outros anos colaboraremos no Proxecto Interdisciplinar de 1º de

ESO proposto para este curso 2011-2012. O tema a investigar este ano é a auga.

Orzamento: 0 €.

40

Page 41: Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 …³ra, tanto doutros centros de ensino coma de organismos ou institucións. Loxicamente valoraranse antes debidamente e realizaranse

Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012

Neste meu cuarto ano como coordinador do EDLG estamos satisfeitos polo traballo

realizado ata agora e motivados para continuar dinamizando a lingua galega no noso

centro e a súa comarca.

Dende o EDLG do IES Nº 1 de Ordes temos a base dun bo proxecto e a experiencia de

anos para seguir avanzando e mellorando. Sabemos que as actividades de dinamización

lingüística son efectivas, de xeito progresivo, a medio e longo prazo. Seguiremos

analizando a realidade do noso centro educativo, establecendo os obxectivos máis

específicos e deseñando as actuacións máis dinamizadoras.

Este EDLG queda aberto a propostas e iniciativas dinamizadoras que veñan de fóra,

tanto doutros centros de ensino coma de organismos ou institucións. Loxicamente

valoraranse antes debidamente e realizaranse sempre e cando nos parezan viables e se

adapten ás nosas posibilidades.

MEMBROS DO EQUIPO

Laura Pérez Vázquez (Dpto. de Lingua Galega) Susana Barcia Muíño (Vicedirectora) (Dpto. de Filosofía)Marisa Conde Ferreiro (PAS administrativo)Manuel José Rivas Fariñas (2º bacharelato)Salma Boutafant (1º bacharelato)Juan Negreira Blanco (CM Electromecánica de )Xosé Antón Bravo Pombo (Dpto. de Educación Física) (Coordinador)

41

Page 42: Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 …³ra, tanto doutros centros de ensino coma de organismos ou institucións. Loxicamente valoraranse antes debidamente e realizaranse

Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012

Cadro resumo das actividades programadas

Temporización Actividade Responsable/s e

Departamento/s

Destinatarios Orzamento

Actividade Plurianual

(1º trimestre)Presentacións EDLG na web do instituto

EDLG

Antón Bravo

Comunidade

educativa e

internet

0,00 €

Edición de materiais

(1º trimestre)Almanaque EDLG

Gráficas Alpi

Dolores Dirección

Comunidade

educativa máis a

súa contorna

340,00 €

Actividade

Plurianual

(1º trimestre)

Magosto Dolores Dirección

Susana Vicedirectora

Comunidade

educativa

0,00 €

Edición de materiais e

Concursos

(1º trimestre)

IV Concurso de postais de Nadal

Beatriz e Cristina de

EpeV

Alumnos EDLG

Marisa PAS

Comunidade

educativa e a súa

contorna e internet

270,00 €

Actividade Plurianual

(1º trimestre)Imos aos cogomelos.VI I Xornadas

micolóxicas

EDLG

Eduardo de CN

Jesús Parada de

“Refungando”

Comunidade

educativa

200,00 €

Outras actividades e

Concursos

(2º trimestre: entroido)

VII Concurso de sobremesas de Entroido

Isabel PAS

Alumnos do EDLG

Profesorado

voluntario

Toda a

comunidade

educativa

90,00 €

Outras actividades

(2º trimestre)Obradoiro de beatbox e hip-hop

Alumnos EDLG

Antón Bravo

Carlinhos

Comunidade

educativa e a súa

contorna

200,00 €

Proxectos Novos e

Concursos

(2º trimestre)

I Concurso de poesía Carme Villaverde

Dolores e Susana

Dirección

Profesorado

voluntario

Antón Bravo

Alumnado de

ensino non

universitario da

Comunidade

Galega

0,00 €

Edición de materiais e

Concursos

(2º trimestre)

V Concurso de marcadores de páxinas

Alumnos EDLG

Marisa PAS

Beatriz e Cristina de

EpeV

Comunidade

educativa e a súa

contorna

280,00 €

Actividade

Plurianual

(2º e 3º trimestres)

Sendeirismo: Os Camiños de Santiago en Galicia

Antón Bravo EF

Dolores Dirección

Marisa PAS

Concello de Ordes

Comunidade

educativa mais a

súa contorna

600,00 €

42

Page 43: Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 …³ra, tanto doutros centros de ensino coma de organismos ou institucións. Loxicamente valoraranse antes debidamente e realizaranse

Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012

Temporización Actividade Responsable/s e

Departamento/s

Destinatarios Orzamento

Actividade plurianual

(2º ou 3º trimestre)Cine galego Antón EDLG

Susana Vicedirectora

Alumnos EDLG

Comunidade

educativa

0,00 €

Actividade plurianual

(3º trimestre: fin de curso)

Música galega en directo

Raps e concerto dun grupo galego

Alumnos EDLG

Ana Música

Laura Vicedirección

Comunidade

educativa

250,00 €

Actividade

Plurianual

(3º trimestre)

Xogos populares e tradicionais

Horacio EF

Alumnos 1º BACH.

Profesorado

voluntario

Comunidade

educativa

0,00 €

Actividade

Plurianual

(3º trimestre)

Intercambios con outro centro de ensino IES Miguel

Ángel González

Estevez de Carril

Dolores Dirección

Alumnos EDLG

Laura Pérez LGeL

Antón EF

Comunidades

educativas dos

centros educativos

implicados

250,00 €

Actividade Plurianual

(Todo o ano)Revista ParaÍso ParaNós

Susana Barcia

Vicedirectora

Alumnos do EDLG

Departamentos

didácticos

Toda a

comunidade e

internet

0,00 €

Actividade plurianual

(Todo o ano)Encontros cos escritores

Editoriais

Laura LGeL

Alumnado de ESO

e Bach.

0,00 €

Actividade

Plurianual

(Todo o ano)

Xestión dos taboleiros

Alumnos do EDLG

Laura Pérez LgeL

Comunidade

educativa

30,00 €

Actividade

Plurianual

(Todo o ano)

Letras Galegas 2012

Alumnos do EDLG

Antón Bravo

Susana Barcia

Vicedirectora

Comunidade

educativa

???

Actividade Plurianual

(Todo o ano)Campañas de animación á lectura

Profesores do

departamento de

LgeL

Profesorado

voluntario

Club de lectura

Comunidade

educativa

0,00 €

43

Page 44: Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 …³ra, tanto doutros centros de ensino coma de organismos ou institucións. Loxicamente valoraranse antes debidamente e realizaranse

Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012

Temporización Actividade Responsable/s e

Departamento/s

Destinatarios Orzamento

Actividade

Plurianual

(Todo o ano)

Colaboración coa asociación cultural e de tempo libre “Tarandeira”

Antón Bravo EDLG

Manolo Recouso de

Tarandeira

Comunidade

educativa

0,00 €

Proxectos novos

(Todo o ano)Materiais de apoio Laura e Bestilleiro

LGeL

Comunidade

educativa

150.00 €

Proxectos novos

(Todo o ano)Contactos con outros EDLG

Alumnos EDLG

Laura Pérez LGeL

Antón EDLG

Comunidades

educativas dos

centros implicados

0,00 €

Actividade

Plurianual

(Todo o ano)

Saídas ao teatro Laura Pérez LGeL

Antón Bravo EDLG

Susana Barcia

Vicedirectora

Comunidade

educativa

150,00 €

Edición de materiais

(Todo o ano)Novidades editoriais

Laura Vicedirección

Alumnos do EDLG

Toda a

comunidade

0,00 €

Edición de materiais

(Todo o ano)Dípticos / Trípticos

Carteis

Alumnos EDLG

Laura Pérez LgeL

Antón EDLG

Toda a

comunidade e a

súa contorna

120.00 €

Edición de materiais

(Todo o ano)Exposicións Laura Vicedirección

Alumnos EDLG

Departamentos

didácticos

Toda a

comunidade e a

súa contorna

0,00 €

Outras actividades

(Todo o ano)Colaboración co PRI de 1º ESO

EDLG

Titores dos grupos de

1º ESO

1º de ESO 0,00 €

TOTAL 2.680,00 €

44

Page 45: Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 …³ra, tanto doutros centros de ensino coma de organismos ou institucións. Loxicamente valoraranse antes debidamente e realizaranse

Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012

O EDLG do IES Nº 1 de Ordes comprométese a desenvolver as actividades programadas no caso de obter o financiamento suficiente.

Ordes, 23 de febreiro de 2012

O Coordinador do EDLG Vº e Pr. da Sra. Directora

Asdo.: Xosé Antón Bravo Pombo Asdo.:Dolores Iglesias Remuñán

45