programación XII MITEU

16
VIGO 20, 21, 22, 26, 27 e 28 DE ABRIL, 18:30 TEATRO DA CIDADE UNIVERSITARIA, CAMPUS DE VIGO PONTEVEDRA DO 3 ao 8 DE MAIO, 20:30 TEATRO PRINCIPAL

description

Programación da XII edición da MITEU, Mostra Internacional de Teatro Universitario da Universidade de Vigo

Transcript of programación XII MITEU

Page 1: programación XII MITEU

VIGO20, 21, 22, 26, 27 e 28 DE ABRIL, 18:30TEATRO DA CIDADE UNIVERSITARIA, CAMPUS DE VIGO

PONTEVEDRADO 3 ao 8 DE MAIO, 20:30TEATRO PRINCIPAL

Page 2: programación XII MITEU

Teatro e Universidade... Se o Teatro é unha arte eminentemente social, que necesitadunha sociedade, dun grupo humano concreto para nacer, para alimentarse, para medrar..¡que mellor segmento social que o representado pola Universidade para nela agromare desenvolverse nun espazo do máis axeitado e nunhas condicións favorables!

Esta MITEU aspira a ser e a consolidarse, tanto en Pontevedra como en Vigo, como unespazo onde poidan mostrar os seus traballos grupos das Aulas de Teatro das tresuniversidades de Galicia, pero tamén representantes de universidades procedentes depaíses dos cinco continentes, tal e como ven acontecendo en todas as súas edicións.Aspira tamén a ser un espazo de encontro, de intercambio e de diálogo, entre todasaquelas personas que aínda que estean lonxe xeográfica ou culturalmente, teñen encomún a súa paixón polo teatro, que son capaces de abstraerse das súas preocupacións,de escaparse das súas obrigas diarias, de poñer un pouco de tolemia na súa vida ebuscarlle un oco a esta actividade. E tamén, como non, aspira a proxectarse non só nacomunidade universitaria, senón a impregnar toda a sociedade de teatro, facendo desteevento un referente e unha cita ineludible para todos os amantes desta arte.

Teatro de Ningures

Page 3: programación XII MITEU

Falar de primavera é falar de teatro universitario.

A Universidade de Vigo, dentro da súa programación de Extensión Cultural, adica unhagrande parte dos seus esforzos ao teatro: formación a través dos obradoiros de teatro(canteira de novos actores e actrices) e promoción a través das representacións que anotras ano nos permiten contemplar os traballos das aulas teatrais das universidades detodo o mundo.

Froito deste esforzo e grazas á ilusión e interese co que a cidadanía, en xeral, e acomunidade universitaria en particular acolleron anteriores Mostras, estamos a falar dunhanova edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario , e xa van doce en Vigo.

Grupos de teatro universitario de toda España, Europa e América pasaron, pasan eseguirán a pasar por esta cita de referencia do Teatro Universitario para presentar assúas últimas producións. Nembargantes, a Mostra é moito máis que unhas simplesrepresentacións. Por enriba de todo, é punto de encontro e convivencia entre todas aspersoas que amamos o teatro, universitarios e non universitarios

O teatro é, como toda arte, unha ferramenta que permite desenvolver a creatividade, acrítica, a liberdade, o respecto; contribúe, en definitiva, á formación das persoas en xeral,e dos universitarios en particular.

Gustaríame felicitar a tódolos colaboradores e participantes desta mostra polo interese,traballo e ilusión postos na organización deste evento. Sen eles e elas, non sería posibleque todos gozaramos da beleza do teatro estes días. Moitísimas grazas a todos e todas

Pero por encima de todo o teatro é entretemento. Pasou o tempo dos ensaios, do estudo,das presas... e agora e tempo de recoller.

Acudide e gozade coas representacións da XII MITEU. Merece a pena.

Mª del Carmen Cabeza PereiroVicerreitora de Extensión Cultural e Estudantes

Page 4: programación XII MITEU

AULA DE TEATRO DA UNIVERSIDADE DE VIGO, Campus de VigoResiduos, AA.VV.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA

ELENCO

Aarón Domínguez Eguía, Álex Paz Domínguez, André Fernández González,Christelle Lory, Hadrián Grille Negreira, Pablo Fernández Medina.

Espazo Escénico: Aula de TeatroVestiario : Aula de TeatroSelección Musical: Aula de TeatroTextos: Lluisa Cunille, María Zambrano, Suso de Toro,

William Shakespeare e Xavier LamaTradución: Aula de TeatroDramaturxia e Dirección: Pepa Barreiro

“O Mito” foi o tema do que partimos. Durante o traballo fómonos atopando conecos, con resóns, con rumores deses desexos e temores que son comúns aoxénero humano de todos os tempos e condicións. E estes “RESIDUOS” quecolleitamos e reciclamos son, con palabras prestadas, os que conforman esteespectáculo.

Page 5: programación XII MITEU

AULA DE TEATRO DA UNIVERSIDADE DE VIGO, Campus de PontevedraEclipses, de Manuel Lourenzo

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA

ELENCO

Sara Abilleira Crespo, Sara Barcia Portela, Tamara Calvo Porrúa, Silvia FernándezGarcía, Verónica López Rielo, Beatriz Piñeiro Serantes, Eva Rodríguez Calvar,Sandra Souto Gontad, Oscar Tosar González.

Vestiario: Sonia RúaEscenografía: Julia AbalAxdte. Dirección: Santiago CortegosoDirección: Salvador del Río

ECLIPSES é un título xenérico para una colección de pequenas pezas teatraisque van dende unha mirada irónica ao ambiente que envolve a escena en “APREA”, pasando polos ECLIPSES propiamente ditos (breves apuntamentossarcásticos sobre a vida social, artística e pública en diversos momentos dahistoria) ata a “CRÓNICA FUNESTA DE ALEMPARTE”, experiencias dos quecruzaron o río e sen embargo continúan no empeño de protagonizar todas asemocións humanas. Un teatro sen revestimentos nin adornos, indirecto comoa propia vida, nado dunha profunda vocación desestabilizadora....

Partindo das pezas de teatro breve que Manuel Lourenzo propón nestapublicación, encontramos un material moi interesante para traballar cos alumnos/asque dende a universidade inician (a maioría por primeira vez) un encontro coteatro.

Page 6: programación XII MITEU

AULA DE TEATRO DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELAAs cuñadas, de M. Tremblay

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA

ELENCO

Natalia Vázquez, Bea Méndez, Patricia Coucheiro, Ana Conde, Carla Capeáns,Inmaculada Vila, Roi Méndez, Cristina Balboa.

Deseño de espazo escénico, figurinos e iluminación: Roberto SalgueiroAtrezzo: Rodrigo RoelArranxos vestiario: Clotilde VaelloMaquillaxe e peiteados: Bea MéndezAsistencia musical e arranxos: Fernando CaboCartel: Elena TinickayaPrograma: Xerardo FuentesAsistencia técnica: Raúl Giraldo (RTA)Asistencia de produción e dirección: Roi MéndezAdaptación literaria e dirección: Roberto Salgueiro

Agradecementos: Saúl Muíños, Centro Dramático Galego, Ernesto Chao

O texto orixinal basea a súa acción no ano 1968 en Quebec, onde un grupo demulleres se reúne para pegar uns cupóns cos que foi premiada unha delas poruns grandes almacéns. Nesta versión, a acción desenvólvese na cidade daCoruña no ano 1977, recén chegada a democracia.Unha comedia que trata dereflexionar se, coa perspectiva dos anos, a situación da muller mudou ou nontanto como se pretende.

Page 7: programación XII MITEU

AULA DE TEATRO UNIVERSITARIA DE OURENSE. MARICASTAÑAOdisea espacial, a partir da obra de Arthur C. Clarke

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA

ELENCO

María Díaz, Natalia Forjan, Héctor Martínez, Daniel Alves, Esteban Puebla.

Escenografía e luz: Suso DíazProxeccións: Diego BlancoVestiario e complementos: TegraCartel e programa: Pablo OteroDeseño musical, dramaturxia e dirección: Fernando Dacosta

ODISEA ESPACIAL é a primeira incursión de "Maricastaña" na ciencia-ficción.

Clarke constrúe unha magnífica odisea nos seus libros (a primeira parte levadaao cine por Kubrick) na que nos remonta aos nosos antepasados homínidospara explicar a orixe da intelixencia e a evolución do ser humano.

O monolito é a porta das estrelas e simboliza a forza dunha intelixencia máisaló do noso sistema solar. A vida é diferente noutros confíns, é o dominio sobrea materia, e a intelixencia é a enerxía que domina o tempo e o espazo.

Una reflexión sobre a nosa existencia na inmensidade do cosmos...

Page 8: programación XII MITEU

COMPAÑÍA DE TEATRO DA USC, LUGOUnha dúbida razoable, de “12 homes sen piedade” de Reiginald Rose

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA

ELENCO

Belén Prieto, Antón García, Xulia Varela, Rubén Perez, Lili Claro, Alba Martín,Conchi Fernández, Carlos Megías, Elena Santidrián.

Dirección: Alberte CabarcosVestiario/Imaxe: Sara Lage y Maru CalderónCreación/Ambientación Músical: Migel García-GraneroEscenografía: Alberte CabarcosIluminación: LuzSonga S.L.Fotografía: www.fotosebe.comLocución: Santiago FernándezTradución: Xusto C. RodríguezGrafismo: Anxo Varela

Verán de 1992. Un caso de homicidio en primeiro grao está a ser xulgado nostribunais de Nova York. Arestora un xurado popular, formado por nove cidadáns,está a decidir a culpabilidade do acusado, un rapaz de 18 anos que presuntamentematou o seu pai cunha puñalada no corazón. O veredicto deberá ser alcanzadopor unanimidade, e no caso de que declaren culpable ao acusado éste serácondeado á pena de morte. Os que voten culpable, que ergan a man…“Unha dúbida razoable” é unha proposta textual e clásica que afonda nasconductas humanas e no infinito valor da palabra como eixo fundamental dademocracia.

Page 9: programación XII MITEU

AULA DE TEATRO E DANZA DA UNIVERSIDADE DA CORUÑARinoceronte no camiño, creación colectiva da Aula de Teatro

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA

ELENCO

Mónica Suárez Casal, Lucía de Querol, Iago Iglesias, María Fernández Verdía,Patricia Doce, Bibiana Buján, Teresa Rodríguez Limas.

Dramaturxia e dirección: Rubén RuibalAxudante de dirección: Laura Mariño SánchezAuxiliar de dirección: María Polo PiñeiroIluminación: Afonso CastroVestiario e maquillaxe: Dolores PernasMúsica: KoroievProxeccións: Fagot Y PopotaProdución: Aula De Teatro E Danza Da Universidade Da CoruñaDeseño gráfico: Julia Núñez

Nun futuro indefinido, un grupo de peregrinos que volvían ós seus lugares deorixe ou vagaban sen rumbo aparente polo Camiño de Santiago interpretandofragmentos de Rinoceronte de Eugene Ionesco e outras historias peregrinasson detidos e presos sen motivo coñecido. Mentres van declarando diante daautoridade, lembran as circunstancias que os levaron alí tecendo unha historiatrufada de mentiras e verdades, de recordos e desmemorias. Nesa prisión, pormedio de invencións, de momentos de absoluta sinceridade e de declaradamentira, reconstrúen os seus Camiños de Santiago, con idas e voltas, e ascircunstancias que os levaron ata alí, e vense enfrontados por forza, mesturandoimaxinación e realidade, ó seu lado monstruoso e ó seu lado humano.

Page 10: programación XII MITEU

GRUPO BAMBÚ, HONDURASHistorias y más historias, de Edgar Valeriano e Leonardo Montes de Oca

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA

ELENCO

Mariano Rodríguez e Edgar Valeriano

Espectáculo de narración oral escénica, baseado  nunha recompilación dediferentes autores  e  historias de Latinoamérica.

Hai homes que toman as historias e dan as súas vidas para ir de pobo en pobocontado tristezas e repartindo alegrías. Vémolos pasar sen saber quen son, ouos vemos vir e énchennos de satisfacción ao saber que coa súa chegada,chegan historias doutros pobos.Tamén sabemos que cando se marchen nos levarán coas súas historias. Ásveces quixésemos que nunca deixasen de relatar historias, que son as nosashistorias.Vémolos nas prazas, nos campos de cultivo baixo a sombra dunha árbore, ásveces nos teatros, nos comedores, no camiño real, nas cantinas, ou no atriodunha igrexa.Aí pódense escoitar as risas, mirar os rostros calados e atentos de nenos enenas, mozos, adultos  e anciáns.Eses seres máxicos que nos enchen de imaxinación e nos provocan soños,non son outros que os contacontos.

Page 11: programación XII MITEU

MARIO DE MEZAPA, HONDURASDe sucias, cadejos y cucuruchos, por Mario de Mezapa (cantautor)

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA

INTÉRPRETE

Mario de Mezapa

Fai mais de 50 anos, en Mezapa, Atlántida Honduras, naceu Mario ErnestoCastro. Coñecido artisticamente como Mario de Mezapa, un singular cantautordo interior de Honduras que ofrece unha ollada crúa e honesta dunha realidadeque é allea ao escritor de cidade, unha poesía nada do pobo e que dende opobo se entende, aprecia e goza.

Page 12: programación XII MITEU

LA COCINA TEATRO, O SALVADOREl secreto más terrible, a partir de “Potestad” de Eduardo Pavlovski

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA

ELENCO

René Lovo

Asistencia de dirección: Pamela Palenciano JódarActor e director: René LovoAsistencia técnica: Natalia DomínguezDeseño gráfico: Víctor RodríguezIluminación: René Lovo.

Facendo un reconto de cada un dos detalles que ocorreron na tarde do fin desemana, cando dous suxeitos chegaron á súa casa e raptaron á súa filla, a súaúnica filla, o personaxe vainos introducindo no pasado máis remoto e persoal,onde el e a súa muller protagonizan unha historia que non escapa á realidadepolítica que marcou as súas vidas para sempre. Unha obra que pon no fondodo relato o problema da verdade e a identidade das persoas en desequilibriocoa xustiza. Unha narrativa fragmentada e labiríntica.

Page 13: programación XII MITEU

VIGO20, 21, 22, 26, 27 e 28 DE ABRIL,18:30 TEATRO DA CIDADE UNIVERSITARIA

20 Aula de teatro da universidade de vigo. Campus de Vigo“Residuos”, AA.VV.

21 Grupo Bambú, Honduras“Historias y más historias” de Edgar Valeriano e Leonardo Montes de Oca

22 La Cocina Teatro, O Salvador“El secreto más terrible” a partir de “Potestad” de Eduardo Pavlovski

26 Aula de Teatro Universitaria de Ourense. Grupo Maricastaña“Odisea espacial” a partir da obra de Arthur C. Clarke

27 Aula de Teatro da Universidade de Vigo. Campus de Pontevedra“Eclipses” de Manuel Lourenzo

28 Mario de Mezapa, Honduras“De Sucias, Cadejos y Cucuruchos”, concerto

PONTEVEDRADO 3 ao 8 DE MAIO, 20:30 TEATRO PRINCIPAL

3 Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela“As Cuñadas” de M. Tremblay

4 Aula de Teatro da Universidade de Vigo. Campus de Pontevedra“Eclipses” de Manuel Lourenzo

5 Aula de Teatro Universitaria de Ourense. Grupo Maricastaña“Odisea espacial” a partir da obra de Arthur C. Clarke

6 Aula de Teatro da Universidade da Coruña“Rinoceronte no camiño”, Creación Colectiva da Aula de Teatro

7 Compañía de Teatro da USC, Lugo“Unha dúbida razoable”, adaptación de“12 homes sen piedade” de Reiginald Rose

8 Aula de teatro da universidade de vigo. Campus de Vigo“Residuos”, AA.VV.

Page 14: programación XII MITEU

UNIVERSIDADE DE VIGO

CAMPUS DE VIGOVicerreitora de Extensión Cultural e Estudantes: Mª Del Carmen Cabeza PereiroTécnico de Cultura Vigo: Alfonso Caride Losada

CAMPUS DE PONTEVEDRAVicerreitor Campus de Pontevedra: Jesús Hernández SánchezÁrea de Extensión Cultural e Estudantes: Ana Belén Fernández Souto

ORGANIZA:

TEATRO DE NINGURES

Técnicos: Héctor PazosDiego Camaño

Secretaria: María MartínezDeseño gráfico: Diego S. SeixoPrensa: Casilda GarcíaPublicidade: Sonia RúaProgramación: Pepa BarreiroCoordinación: Salvador del Río

Page 15: programación XII MITEU
Page 16: programación XII MITEU