PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

75
PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO CURSO ACADÉMICO 2010 / 2011 IES XUNQUEIRA I PONTEVEDRA

Transcript of PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

Page 1: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

PROGRAMACION

SEMINARIO DE

DEBUXO

CURSO ACADÉMICO

2010 / 2011

IES XUNQUEIRA I

PONTEVEDRA

Page 2: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

2

O seminario de Debuxo do IES Xunqueira I de Pontevedra está formado polos seguintes profesores: Fernando Carballa Villanueva ( Xefe de Seminario) Ana Mª Fuertes Besada Hernán Gómez Cortés Manuel Rozados Fernández Alfonso Rubio Vidal A distribución de grupos é a seguinte:

• Fernando Carballa Villanueva: Volume I ( 2 grupos), Debuxo Artístico (2 grupos)

• Ana Mº Fuertes Besada: 2º BAC: Debuxo Artístico ( 2 grupo), Técnicas de Expresión Gráfico Plásticas ( 2 grupo), EPV( 1 grupo)

• Hernán Gómez Cortés: 1º BAC: Cultura Audiovisual ( 2 grupos), 2º BAC: Debuxo Técnico ( 2 grupo), Atención eduacativa ( 3º ESO)

• Manuel Rozados Fernández: 1º BAC: Debuxo Técnico ( 2 grupos), At. Educ. (2 hora). EPV 1º ESO (3 grupos)

• Alfonso Rubio Vidal: EPV 3º ESO ( 2 grupos), 2º BAC Deseño ( 2 grupo), Atención Educativa 1ºESO ( 1 grupo)

Toda actividade que se decida levar a cabo, así como todo acontecemento que poida xurdir será posto en común na reunión de seminario.

Page 3: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

3

EDUCACIÓN PLÁSTICA E VISUAL

1º ESO

OBXECTIVOS

• Relacionar as imaxes que nos rodean coa forma específica de comunicación que é a linguaxe visual.

• Valorar a importancia e a capacidade da linguaxe visual como medio de comunicación.

• Recoñecer as características da linguaxe visual: elementos que o compoñen, signos que emprega e finalidade que persegue.

• Distinguir a finalidade ou función predominante dunha imaxe a través da análise sistemática.

• Diferenciar cáles son os medios para crear imaxes: medios clásicos e medios de recente aparición.

• Valorar a importancia das novas tecnoloxías na creación e difusión das imaxes.

• Aprender as nocións de contorno e de estructura como elementos que definen as formas.

• Interpretar a perspectiva da visión e o ámbito da forma como elementos fundamentais para a súa percepción.

• Apreciar as diferenzas entre formas bidimensionais e tridimensionais. • Adquirir destreza na representación de formas sinxelas. • Distinguir tipos de formas nas obras de arte. • Coñecer os elementos e procesos físicos polos que se percibe a cor. • Realizar mesturas de cores e gradacións cromáticas con diversas

técnicas e materiais. • Valorar o uso estético e expresivo da cor nas imaxes artísticas. • Aplicar as nocións técnicas que se adquiriron en composicións propias

de modo que a cor estea ao servizo da obra expresiva. • Diferenciar os tipos de texturas que se atopan na natureza e no ámbito. • Adquirir destreza no manexo dos materiais gráfico-plásticos para obter

diferentes texturas. • Utilizar os conceptos aprendidos sobre a textura para desenvolver

formas de expresión propias. • Coñecer a natureza informática da imaxe dixital. • Interpretar os trazos principais dunha imaxe dixital. • Entender o debuxo técnico como unha linguaxe obxectiva, precisa e

universal. • Adquirir destrezas no manexo de instrumentos e materiais propios do

debuxo técnico: lapis, regra, escuadra, cartabón, compás, goma, papel, etc.

Page 4: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

4

• Aplicar as nocións básicas do debuxo técnico na expresión gráfica e no debuxo en xeral.

• Coñecer e dominar os conceptos de polígono e circunferencia. • Dominar os trazados básicos de carácter instrumental. • Empregar de forma correcta os materiais e procedementos para trazar

polígonos regulares. • Desenvolver os trazados xeométricos con curvas (tanxencias e espirais)

nas composicións propias. • Aplicar as figuras xeométricas como compoñente constructivo ou

ornamental en diversos traballos plástico • Relacionar o manexo do volume con formas de expresión artística como

a escultura e a arquitectura. • Coñecer os tipos de escultura e os materiais empregados nela. • Dominar algunhas técnicas escultóricas básicas, como o modelado. • Desenvolver a pericia técnica e o sentido creativo na elaboración de

diversas obras tridimensionais básicas: modelado de arxila, colaxes e creación de figuras tridimensionais

• Comprender o concepto de composición como ordenación ou distribución de elementos.

• Manexar a cor cunha intención compositiva global. • Organizar as formas no plano de forma expresiva dende o punto de vista

compositivo. Coñecer a organización das formas nas obras volumétricas.

• Analizar unha obra plástica dende o punto de vista da composición e saber recoñecer nela as intencións expresivas do artista.

• Conxugar os diversos elementos compositivos para obter creacións propias nas que se aprecie a vontade expresiva a través da ordenación e distribución.

• Recoñecer e valorar distintos sistemas e maneiras de representar en dúas dimensións os obxectos tridimensionais do ámbito.

• Coñecer e aplicar o sistema diédrico, e as diferentes perspectivas. • Obter o desenvolvemento dunha figura xeométrica e identificar unha

figura a partir do seu desenvolvemento. • Coñecer a posibilidade de xerar efectos de volume e espazo a través de

diversos recursos. • Identificar os recursos relacionados coa luz, a cor e as texturas para

representar o espazo. • Entender a natureza da perspectiva cónica a través dos seus elementos

principais. • Recoñecer e analizar os recursos para representar o espazo nunha obra

pictórica. • Aplicar de forma básica, nas creacións propias, recursos baseados na

composición e o manexo da luz e a cor para representar o espazo. • Determinar os elementos propios da perspectiva cónica nunha imaxe

concreta. • Comprender como o cinema é capaz de captar o movemento e

recoñecer os elementos técnicos que o compoñen.

Page 5: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

5

CONTIDOS CONCEPTOS • A imaxe como linguaxe visual. • Elementos que compoñen a comunicación visual. • Finalidade dos distintos tipos de imaxes. • Medios para a creación de imaxes. • Capacidade expresiva do medio plástico e visual. • A forma: definición e características. • Elementos constitutivos das formas bidimensionais e tridimensionais. • A forma como elemento diferenciador de distintos estilos artísticos. • A luz branca e a cor. • Elementos que interveñen na percepción da cor: a luz, a cor dos obxectos e o

sentido da vista. • Calidades da cor. Escalas cromáticas. • O círculo cromático. Cores primarias e secundarias. • Harmonías e contrastes. • Función expresiva e creativa das cores nas obras de arte. • Texturas naturais e texturas artificiais. • Texturas táctiles e texturas visuais. • As texturas en arquitectura e escultura. • Composición informática da imaxe dixital. • O debuxo técnico como linguaxe. • Ferramentas e materiais básicos para o debuxo técnico. • Elementos do debuxo técnico: o punto e a liña. • Tipos de rectas. Trazados básicos. • Tipos de ángulos. Trazados básicos. • O polígono. A circunferencia. • Trazados básicos de triángulos. • Trazado dun cadrado a partir dun lado. • Polígonos regulares inscritos. • Relacións de tanxencia. • A curva espiral. • Figuras xeométricas na natureza, a arte, o deseño e a decoración. • A escultura e a arquitectura: semellanzas e diferenzas. • Tipos de escultura: a escultura exenta e o relevo. • Materiais escultóricos: pedra, madeira, ferro, bronce e arxila. • Técnicas escultóricas: talle, modelado, baleirado, construcción e ensamblaxe. • Peculiaridades plásticas propias da obra tridimensional. • A composición como ordenación de elementos. • A cor na composición. Obras entoadas con cores harmónicas e cores contrastadas. • A organización das formas no plano: elementos xeométricos. • A organización das formas no espazo: as tres dimensións. • O manexo da proporción como elemento compositivo. • A expresividade a través da composición. • Relación entre o volume e o plano: os sistemas de representación. • O sistema diédrico. Vistas dun obxecto: alzado, planta e perfil. • O sistema axonométrico: representación a través de tres eixes.

Page 6: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

6

• A perspectiva caballera. • A perspectiva isométrica. • O desenvolvemento de corpos xeométricos. • A diferenza de tamaño como indicador de distancia. • A superposición de elementos nunha composición. • Os recursos para representar o espazo mediante a cor ou as texturas: a

degradación das formas, o claroscuro, a perspectiva aérea. • A luz e a sombra como creadoras de efecto tridimensional. Tipos de sombras. • A perspectiva cónica. • Elementos da perspectiva cónica: liña de horizonte, punto de fuga, punto de

vista. • A orixe da fotografía e o cinema. Relación técnica entre ambas as dúas linguaxes. PROCEDEMENTOS • Establecemento de relacións entre as imaxes e as ideas que pretenden

comunicar. • Estudio e Clasificación das funcións e finalidades das imaxes. • Relación entre un medio para crear imaxes e a finalidade da imaxe que se

obtén. • Observación e recoñecemento dos elementos que compoñen unha imaxe. • Análise da relación que existe entre a expresividade dunha imaxe e os

elementos que a compoñen. • Establecemento de relacións entre as imaxes e as ideas que pretenden

comunicar. • Identificación do elemento predominante nunha forma específica. • Observación de obras plásticas con características formais determinadas. • Análise dos recursos utilizados para crear diferentes sensacións a través da forma. • Realización de composicións nas que se conxuguen diversas formas. • Elaboración de imaxes a partir dun elemento concreto da forma • Obtención de cores secundarias a través da mestura das cores primarias. • Elaboración de escalas cromáticas de diferente tipo. • Análise dos usos comunicativos da cor nunha imaxe. • Dominio dos recursos técnicos e creativos da cor nas creacións propias • Observación e análise de texturas e materiais do ámbito. • Experimentación con diversas técnicas para obter texturas. • Análise de obras arquitectónicas, escultóricas e pictóricas nas que se utilice a

textura con valor expresivo. • Observación detallada dunha imaxe dixital. • Aplicación da linguaxe xeométrica como linguaxe matemática no debuxo técnico. • Percepción de puntos e liñas en diferentes tipos de imaxes. • Trazado de paralelas e perpendiculares. Trazado da mediatriz dun segmento. • Trazado de ángulos. Trazado da bisectriz dun ángulo.

Page 7: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

7

• División dun segmento en partes iguais a través do método de Tales de Mileto. • Determinación do centro dunha circunferencia. • Trazado con axuda do compás do cadrado e de diversos tipos de triángulos. • Trazado de polígonos inscritos a través de métodos particulares e do método xeral. • Trazado de tanxencias entre unha circunferencia e unha recta ou entre circunferencias. • Trazado de curvas espirais. • Análise técnica e artística dunha obra escultórica: tipo de escultura, material

empregado, técnica utilizada... • Construcción de figuras tridimensionais con diversos materiais. • Crear composicións entoadas con cores harmónicas e con cores contrastadas. • Distribuír as formas con intención compositiva nas creacións propias. • Alterar as proporcións das figuras para obter efectos expresivos. • Valoración das distintas maneiras de representar os volumes. • Aprecio pola precisión e exactitude dos sistemas de representación. • Interese por aplicar e relacionar aspectos matemáticos coa representación de

obxectos. • Valoración do sistema diédrico para o deseño e a arquitectura. • Identificar as sombras nunha fotografía ou ilustración. • Explorar o difuminado como técnica para crear efecto espacial. • Dar volume a un obxecto plano a través da perspectiva cónica. • Detallar os recursos empregados para representar o espazo nunha obra

plástica. • Identificar o tipo de plano empregado nun fotograma. • Manipular con sentido estético ou artístico unha fotografía a través de técnicas plásticas. ACTITUDES • Valoración da imaxe como medio de expresión. • Interese por coñecer as características formais dunha imaxe. • Respecto ante a diversidade de formas expresivas da linguaxe visual. • Valoración da importancia das formas xeométricas elementais como estructuras dos obxectos. • Interese por apreciar a estructura interna dunha obra. • Aprecio pola simplificación como punto de partida da creación visual. • Confianza na propia capacidade de empregar as formas de modo expresivo. • Predisposición para explorar a cor no ámbito e relacionar a devandita exploración coas aprendizaxes adquiridas. • Gusto polo rigor e a precisión no emprego da cor para realizar composicións propias. Aprecio das posibilidades da textura como un recurso artístico máis. • Valoración da importancia que ten a relación entre funcionalidade, estética e economía na creación de obxectos e edificios. • Curiosidade por experimentar con materiais novos para as creacións propias.

Page 8: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

8

• Respecto polo emprego de técnicas novidosas e orixinais na obtención de texturas.

• Predisposición para recoñecer diferentes tipos de textura nas obras de arte. • Interese pola informática como soporte de imaxes. • Aproveitamento do debuxo técnico para aumentar as posibilidades comunicativas no debuxo. • Gusto pola precisión, exactitude e pulcritude na representación gráfica. • Valoración do debuxo técnico como forma de representación obxectiva e exacta. • Coidado do material de debuxo propio, dos compañeiros e do centro. • Constancia para superar as dificultades prácticas e adquirir destreza no debuxo. • Interese por recoñecer figuras xeométricas no ámbito. • Aprecio polo uso das figuras xeométricas na arte, o deseño e a decoración. • Recoñecemento das posibilidades compositivas das formas poligonais. • Interese pola escultura como forma de expresión artística. • Curiosidade polas diversas técnicas empregadas na creación escultórica. • Inquietude por buscar novos e orixinais materiais para creacións tridimensionais. • Vontade de adquirir destreza manual en técnicas como o modelado. • Interese pola escultura como forma de expresión artística. • Aprecio polos materiais, técnicas e temas da escultura contemporánea. • Inquietude por buscar novos e orixinais materiais para creacións tridimensionais. • Vontade de adquirir destreza manual en técnicas como o modelado. • Curiosidade por descubrir a pauta compositiva dunha creación artística. • Inquietude por aplicar diversos recursos compositivos nas creacións propias. • Valoración das composicións baseadas na orde, o equilibrio e a mesura. • Aprecio e respecto polas composicións baseadas na desproporción e o

desequilibrio como elementos compositivos. • Vontade de traballar para conseguir esquemas compositivos orixinais. • Aprecio pola precisión e exactitude dos sistemas de representación. • Interese por aplicar e relacionar aspectos matemáticos coa representación de

obxectos. • Valoración do sistema diédrico para o deseño e a arquitectura. • Valoración das distintas maneiras de representar os volumes. • Aprecio pola precisión e exactitude dos sistemas de representación. • Esforzo por conseguir representacións precisas de obxectos a través da

meticulosidade, a pulcritude e o esmero. • Valoración do sistema diédrico para o deseño e a arquitectura. • Curiosidade polos aspectos artísticos e creativos da fotografía e o cinema. ACHEGA DA ÁREA ÁS COMPETENCIAS BÁSICAS • Competencia comunicativa:

− Integrar a linguaxe plástica e visual con outras linguaxes. − Enriquecer a comunicación. − Facer uso duns recursos específicos da área para expresar ideas,

sentimentos e emocións

Page 9: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

9

� Competencia artística e cultural:

− Ampliar o coñecemento dos diferentes códigos artísticos e da utilización das técnicas e os recursos que lles son propios.

− Aprender a mirar, ver, observar e percibir. − Ser capaz de expresarse a través da imaxe. − Experimentar e investigar con diversidade de técnicas plásticas e

visuais. − Ser capaz de expresarse a través da imaxe. − Apreciar os valores estéticos e culturais das produccións artísticas. − Experimentar e investigar con diversidade de técnicas plásticas e

visuais. − Apreciar os valores estéticos e culturais das produccións artísticas. − Ampliar o coñecemento dos diferentes códigos artísticos e da utilización

das técnicas e os recursos que lles son propios. − Ser capaz de expresarse a través da imaxe. − Ampliar o coñecemento dos diferentes códigos artísticos e da utilización

das técnicas e os recursos que lles son propios. − Aprender a mirar, ver, observar e percibir. − Apreciar os valores estéticos e culturais das produccións artísticas. − Experimentar e investigar coa diversidade de técnicas plásticas e

visuais. − Ser capaz de expresarse a través da imaxe. − Ampliar o coñecemento dos diferentes códigos artísticos e da utilización

das técnicas e os recursos que lles son propios. − Apreciar os valores estéticos e culturais das produccións artísticas.

• Autonomía e iniciativa persoal:

− Desenvolver estratexias de planificación, previsión de recursos, anticipación e avaliación de resultados (tomar decisións de xeito autónomo).

− Estimular o espírito creativo, a experimentación, a investigación e a autocrítica.

• Competencia social e cidadá:

− Traballar con ferramentas propias da linguaxe visual, que inducen ao pensamento creativo e á expresión de emocións, vivencias e ideas.

− Formular experiencias directamente relacionadas coa diversidade de respostas ante un mesmo estímulo e a aceptación das diferenzas.

− Tratamento da información e competencia dixital: − Recoñecer a importancia da imaxe como soporte da información. − Utilizar recursos tecnolóxicos específicos.

• Competencia matemática:

− Aprender a desenvolverse con comodidade a través da linguaxe simbólica.

Page 10: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

10

− Afondar no coñecemento de aspectos espaciais da realidade mediante a xeometría e a representación obxectiva das formas.

• Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico:

− Analizar obras alleas. − Desenvolver actitudes de conservación do patrimonio cultural.

CRITERIOS DE AVALIACION – Establecer relacións entre a imaxe e a mensaxe que transmite. – Agrupar imaxes atendendo á súa finalidade. – Clasificar imaxes segundo o seu medio de creación. – Analizar nunha imaxe os elementos que a compoñen e, en función

deles, comprender o seu valor expresivo. – Comprender a noción de forma. – Diferenciar os tipos de formas que existen, así como as súas

características. – Discriminar qué elementos son propios das formas bidimensionais e

cáles o son das formas tridimensionais. – Apreciar a intencionalidade expresiva que hai na elección entre diversos

tipos de formas á hora de crear unha imaxe. – Recoñecer elementos compositivos e relacións entre formas en

diferentes obras artísticas. – Descubrir formas xeométricas na natureza e na arte. – Realizar composicións propias nas que se demostre o coñecemento das

posibilidades expresivas das formas. – Coñecer as propiedades físicas da cor. – Apreciar os matices da cor na natureza e nos obxectos. – Diferenciar as cores primarias dos secundarios. – Manexar as cores primarias, o branco e o negro para obter unha

diversidade cromática. – Utilizar con fins expresivos as ferramentas técnicas aprendidas sobre a

cor. – Recoñecer texturas de obxectos do ámbito mediante apreciación visual

e táctil, xa sexa naturais ou artificiais. – Analizar por que se empregou un determinado material na creación dun

obxecto en relación coa función que debe cumprir. – Analizar o uso de texturas en obras arquitectónicas, escultóricas e

pictóricas. – Realizar texturas mediante diferentes técnicas. – Recoñecer texturas de obxectos do ámbito mediante apreciación visual

e táctil, xa sexa naturais ou artificiais. – Analizar por que se empregou un determinado material na creación dun

obxecto en relación coa función que debe cumprir. – Analizar o uso de texturas en obras arquitectónicas, escultóricas e

pictóricas. – Realizar texturas mediante diferentes técnicas.

Page 11: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

11

– Identificar o debuxo técnico como unha linguaxe universal baseada na xeometría.

– Manexar correctamente as ferramentas de debuxo técnico no desenvolvemento dos traballos.

– Realizar os trazados xeométricos básicos: paralelismo e perpendicularidade de rectas, mediatrices de segmentos, trazado de ángulos e bisectrices de ángulos.

– Utilizar con coidado e respecto as ferramentas de debuxo técnico no desenvolvemento dos traballos.

– Adquirir destreza no desenvolvemento preciso e pulcro dos traballos de debuxo técnico.

– Recoñecer e clasificar diferentes tipos de polígonos. – Construír correctamente formas poligonais a través de distintos

métodos. – Empregar o razoamento para establecer relacións entre os diversos

elementos xeométricos que forman un polígono. – Analizar a función utilitaria e a función estética no emprego de formas

xeométricas no deseño e na arte. – Realizar composicións plásticas a partir dos diversos procedementos

xeométricos que se aprenderon. – Coñecer os tipos, materiais e técnicas propios da escultura. – Desenvolver de forma ordenada a análise dunha obra escultórica. – Aplicar as técnicas básicas do modelado ás creacións propias con arxila

ou plastilina. – Mostrar capacidade creativa e orixinalidade nas creacións propias. – Executar os traballos propostos con pulcritude e esmero, e presentalos

cun acabado correcto. – Coñecer a importancia da composición na creación de obras plásticas. – Aplicar gamas de cores harmónicas ou contrastadas con finalidade

compositiva. – Organizar con sentido compositivo as formas no plano. – Manexar as proporcións con intención expresiva (para crear unha

composición, ben harmónica ou ben desequilibrada). – Describir con criterio unha obra pictórica dende o punto de vista da

composición. – Recoñecer os diferentes sistemas de representación. – Completar e saber interpretar as vistas dun obxecto. – Realizar representacións de obxectos en sistema axonométrico. – Obter o desenvolvemento dun corpo xeométrico. – Interpretar a representación nun plano dunha imaxe tridimensional e

obter información dela. – Recoñecer os diferentes sistemas de representación do espazo a través

da creación de efectos. – Aplicar os efectos básicos para representar o espazo nas creacións

propias. – Dominar os principios teóricos da perspectiva cónica e coñecer os seus

elementos máis importantes. – Determinar os elementos principais da perspectiva cónica nunha imaxe

concreta a través das ferramentas necesarias. – Dominar os elementos técnicos que caracterizan á fotografía e o cinema.

Page 12: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

12

– Identificar os recursos expresivos dunha fotografía e un fotograma (ou un plano).

EDUCACIÓN

PLÁSTICA E VISUAL

3º ESO

OBXECTIVOS •••• Discernir qué función da linguaxe visual domina nunha imaxe concreta. •••• Recoñecer os diferentes elementos que configuran unha obra plástica. •••• Descubrir as capacidades expresivas do punto, a liña, a forma, a textura e a cor, e aplicalas en composicións persoais. •••• Recoñecer elementos xeométricos na natureza, as aplicacións humanas e as obras de creación. •••• Dominar a inscrición de polígonos nunha circunferencia. •••• Realizar diferentes variacións de formas. •••• Coñecer os procedementos para trazar tanxentes, enlaces e espirais. •••• Aplicar tanxentes, enlaces e espirais para crear deseños figurativos e con intención estética. •••• Valorar a importancia da composición como modo de conxugar diversos efectos creados a través de elementos visuais. •••• Comprender como condiciona a elección dun soporte e unha técnica o resultado dunha imaxe bidimensional. •••• Comprender as características, procesos, materiais utilizados e posibilidades de cada unha das técnicas expostas. •••• Adquirir certa destreza no manexo das técnicas máis accesibles: debuxo, emprego de materiais sinxelos de pintura, uso de fotocopiadora, procesos básicos de gravado. •••• Diferenciar nunha obra concreta que técnicas e materiais se empregaron; elixir a técnica máis axeitada para un fin específico. •••• Apreciar a riqueza e pluralidade existente nos medios de creación de imaxes bidimensionais. •••• Coñecer as propiedades dos diferentes tipos de imaxe dixital: resolución, cor... •••• Coñecer as tres dimensións do espazo e a súa aplicación nas obras de arte. •••• Diferenciar tipos de obras de carácter tridimensional.

Page 13: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

13

•••• Recoñecer diferentes procedementos e técnicas escultóricas. •••• Recoñecer a amplitude de posibilidades que ofrece o emprego de materiais atípicos na escultura e traballar con estes materiais. •••• Crear obras tridimensionais a través de diferentes procedementos. •••• Coñecer os diversos sistemas para representar, sobre un plano, obxectos tridimensionais. •••• Recoñecer nos sistemas de representación o instrumento para definir ou proxectar sobre un plano e de forma obxectiva calquera obxecto. •••• Coñecer os fundamentos do sistema diédrico. •••• Analizar diferentes posicións do punto, a recta e o plano no devandito sistema. •••• Representar as vistas de obxectos tridimensionais. •••• Iniciar o alumno na representación en perspectiva cónica. •••• Fixar os elementos definidores do sistema. •••• Coñecer os fundamentos e os métodos operativos da perspectiva cónica frontal. •••• Coñecer os fundamentos e os métodos operativos da perspectiva cónica oblicua. •••• Debuxar trazados básicos en perspectiva cónica frontal e oblicua. •••• Identificar elementos da perspectiva cónica en obras de arte. •••• Valorar a importancia de utilizar os sistemas de representación para debuxos técnicos e artísticos. •••• Coñecer os diferentes recursos de representación subxectiva do espazo. •••• Distinguir a estructura compositiva de diversas creacións bidimensionais. •••• Utilizar en obras propias procedementos compositivos. •••• Valorar a importancia da reflexión antes de iniciar a realización dunha obra. •••• Aplicar o claroscuro como elemento compositivo. •••• Recoñecer a fotografía como técnica artística. •••• Espertar a curiosidade pola utilización de diversos materiais. •••• Recoñecer nas artes plásticas o intento de representación do movemento. •••• Diferenciar as fórmulas que existen para figurar movemento sobre soportes planos. •••• Valorar as obras que conseguen movemento real. •••• Recoñecer os recursos creativos do cinema. •••• Coñecer a definición de deseño e as características deste na actualidade. •••• Clasificar os seus ámbitos de aplicación. •••• Apreciar a complexidade de diferentes modelos de deseño: deseño editorial, deseño de páxinas web e deseño publicitario. •••• Crear deseños propios utilizando os procedementos e recursos axeitados a cada tipo de aplicación.

Page 14: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

14

CONTIDOS CONCEPTOS •••• Funcións da linguaxe visual: informativa, expresiva e estética. •••• Posibilidades gráficas do punto. •••• Expresividade dos tipos de liña. •••• Formas bidimensionais e tridimensionais. Tipos de formas segundo a súa orixe. •••• Clasificación das texturas. •••• Cores luz e cores pigmento. •••• A composición como ordenación de elementos plásticos. •••• A xeometría: presenza na natureza, aplicacións humanas e usos. •••• Polígonos inscritos. Método xeral e métodos particulares. •••• Nocións de igualdade e de semellanza. Translación, rotación e simetría de figuras. •••• Tanxencias entre distintos elementos. Aplicacións gráficas das tanxencias. •••• Enlaces entre distintos elementos. Aplicacións gráficas dos enlaces. •••• Espirais: definición e tipos. Aplicacións das espirais. •••• Bidimensionalidade e tridimensionalidade na creación de imaxes. •••• O debuxo. Encaixado a man alzada ou con retículas de referencia. O bosquexado. •••• Técnicas pictóricas secas: lapis de cor, pastel e cera. •••• Técnicas pictóricas húmidas: acuarela, témpera, óleo. •••• O gravado. Estampación en oco e en relevo. •••• Técnicas de representación bidimensional baseadas en medios tecnolóxicos: reprografía, proxección, tecnoloxía dixital. •••• O volume. Características e elementos que organizan o volume. •••• Tipos de obras tridimensionais: arquitectura, escultura, construccións e cerámica. •••• Variedades técnicas na escultura: o talle e o modelado. •••• Outras formas de obtención de volumes: ensamblaxe e multiplicación. •••• Posibilidades creativas de volume con obxectos cotiáns. •••• O diédrico como sistema de representación ortogonal. •••• Fundamentos do sistema. •••• Proxeccións do punto. Cota e afastamento. •••• Proxeccións da recta. Trazas da recta. Partes vistas e ocultas. Posicións particulares. •••• Trazas do plano. Posicións particulares. •••• Proxección de obxectos tridimensionais. •••• Reciprocidade do sistema. •••• Fundamentos da perspectiva cónica: puntos, rectas e planos notables. •••• O punto de vista do espectador. •••• A liña do horizonte. •••• Os puntos de fuga. •••• O plano do cadro. •••• O plano xeometral.

Page 15: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

15

•••• O volume en perspectiva cónica. •••• A representación de volume en obras bidimensionais. Recursos gráfico-plásticos. •••• Leis compositivas. •••• A luz como elemento definidor de formas. •••• A luz como elemento expresivo. •••• A fotografía artística. •••• Definición de movemento. •••• Representación do movemento nas artes plásticas. •••• Movemento figurado e movemento real. •••• Novos medios de comunicación. •••• Elementos formais do deseño. Arte e tecnoloxía. PROCEDEMENTOS •••• Aplicación correcta do trazado de liñas con finalidades expresivas. •••• Desenvolvemento e exploración das formas en creacións propias. •••• Realización de composicións utilizando a textura como elemento expresivo. •••• Dominio e aplicación dos valores simbólicos da cor. •••• Distribución dos elementos con intención compositiva nunha creación propia. •••• Aplicación do método xeral e de métodos particulares no trazado de polígonos inscritos. •••• Obtención de imaxes semellantes a partir dun vértice ou dun punto exterior. •••• Variacións de posición de figuras mediante translación, rotación e simetría. •••• Trazado de tanxencias entre circunferencias e entre unha circunferencia e unha recta. •••• Trazado de enlaces entre diferentes tipos de liñas. •••• Trazado da espiral de Arquímedes e de envolventes. •••• Desenvolvemento de tanxencias, enlaces e espirais nas creacións propias. •••• Elección da técnica bidimensional apropiada para realizar unha imaxe concreta. •••• Realización do encaixado dun debuxo a través de figuras xeométricas que o esquematicen. •••• Creación de matrices sinxelas para gravar; impresión en cor con estas matrices. •••• Manipulación creativa dunha imaxe a través de diferentes fotocopias de tal imaxe. •••• Aplicación de témperas sobre unha imaxe. •••• Creación dunha terceira dimensión cun material bidimensional. •••• Deseño dun bosquexo para crear unha obra tridimensional. •••• Modelaxe dunha figura con barro. •••• Obtención dunha obra escultórica con materiais de reciclaxe. •••• Manipulación de plastilina con fins creativos. •••• Creación dunha obra tridimensional a través da superposición de elementos planos. •••• Creación dunha escultura abstracta con arame e corda.

Page 16: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

16

•••• Reflexión sobre os diversos medios de representación que ofrece a linguaxe visual. •••• Distinción entre representacións subxectivas e obxectivas. •••• Análise dos elementos que configuran o sistema diédrico. •••• Representación de puntos, rectas e planos no primeiro cuadrante. •••• Análise de proxeccións en pezas tridimensionais. •••• Trazado de vistas de pezas sinxelas. •••• Análise dos elementos definidores do sistema cónico. •••• Identificación dos devanditos elementos en diversos tipos de imaxe. •••• Observación de diferentes posibilidades de representación en función de variables dadas. •••• Representación en cónica frontal e oblicua de elementos situados no plano xeometral. •••• Representación de volumes en cónica frontal e oblicua. •••• Trazado de rótulos. •••• Analizar recursos utilizados en obras pictóricas para dar sensación de profundidade. •••• Realizar debuxos nos que se perciba a terceira dimensión gracia ao uso de distintos procedementos. •••• Descubrir o esquema compositivo de diferentes imaxes. •••• Aplicar os esquemas compositivos dados en creacións propias. •••• Analizar e clasificar o tipo de luces e sombras de cadros e fotografías. •••• Utilizar diversas técnicas para xerar obxectos con volume e valorar os resultados. •••• Observar en diferentes manifestacións artísticas a representación do movemento no plano. •••• Analizar os recursos utilizados en obras de pretensión narrativa. •••• Experimentar cos recursos que producen unha dinámica perceptiva. •••• Recoñecer e analizar diferentes aplicacións. •••• Planificar os procesos de traballo. •••• Utilizar as características formais e visuais de cada campo particular para creacions propias. ACTITUDES •••• Predisposición para apreciar a capacidade comunicativa do punto, a liña e a forma como elementos expresivos. •••• Valoración do uso de distintas texturas para o enriquecemento dunha obra plástica. •••• Sensibilidade ante as posibilidades da cor para comunicar sensacións e sentimentos. •••• Recoñecemento da importancia da composición como elemento aglutinador. •••• Recoñecemento da natureza matemática da xeometría. •••• Curiosidade pola presenza de elementos xeométricos na natureza. •••• Valoración das aplicacións técnicas e artísticas da xeometría. •••• Interese polos métodos de obtención de elementos xeométricos.

Page 17: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

17

•••• Gusto pola precisión e exactitude na execución de figuras xeométricas. •••• Inquietude por utilizar elementos xeométricos na creación gráfica con fins estéticos. •••• Curiosidade por como condiciona o resultado a elección dunha técnica ou un material. •••• Respecto por todas as técnicas propias de creación de imaxes bidimensionais. •••• Recoñecemento da importancia das sucesivas fases nun proceso de debuxo. •••• Interese por experimentar coas diferentes posibilidades que ten cada técnica. •••• Inquietude por recoñecer a técnica empregada na obtención dunha imaxe concreta. •••• Curiosidade pola natureza e características das imaxes dixitais. •••• Recoñecemento das posibilidades técnicas e creativas do soporte informático de imaxes. •••• Interese cara ás diferentes manifestacións artísticas tridimensionais. •••• Recoñecemento da importancia que pode ter o proceso de bosquexado na elaboración dunha escultura. •••• Curiosidade por usar materiais diversos para a realización de obras tridimensionais. •••• Inquietude por desenvolver medios expresivos propios na elaboración de obras tridimensionais. •••• Respecto polo valor artístico de obras escultóricas desenvolvidas con obxectos cotiáns. •••• Valoración da importancia da xeometría descritiva. •••• Recoñecemento do sistema diédrico ortogonal como sistema obxectivo de representación de obxectos. •••• Disposición favorable a incorporar á linguaxe cotiá os novos termos específicos da unidade. •••• Interese por desenvolver capacidade de análise e síntese nos diferentes trazados. •••• Recoñecemento da importancia da terceira proxección como aclaración na visualización dunha peza. •••• Valoración da perspectiva cónica como sistema de representación de obxectos similar á percepción do ollo humano. •••• Recoñecemento e valoración crítica da perspectiva cónica como instrumento útil de representación gráfica. •••• Interese por analizar e sintetizar trazados xeométricos en fotografías e obras de arte. •••• Apreciar o logro que supón a adquisición por parte dos artistas dos elementos necesarios para dar sensación de profundidade aos seus cadros. •••• Valorar a composición como piar fundamental na correcta realización dunha obra. •••• Recoñecer a importancia da luz e a sombra na creación artística. •••• Mostrar gusto pola experimentación con diversas técnicas. •••• Interese polo estudio de obras que expresan movemento. •••• Respecto cara a diferentes manifestacións plásticas. •••• Valorar a experimentación como parte do proceso creativo.

Page 18: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

18

•••• Confianza na toma de decisións propia e na expresión individual. •••• Ser sensibles ás diversas manifestacións de comunicación como parte integrante da nosa vida cotiá. •••• Valorar as diferentes aplicacións e as súas características formais. •••• Gusto por descubrir os recursos técnicos, gráficos e expresivos das distintas imaxes. •••• Respecto polas manifestacións comunicativas e informativas da linguaxe gráfica. CRITERIOS DE AVALIACIÓN

− Recoñecer a función predominante dunha imaxe. − Coñecer as características e propiedades expresivas dos diversos

elementos da linguaxe visual. − Realizar composicións plásticas utilizando a liña, a forma e as texturas

como recursos expresivos. − Coñecer os diversos tipos de cores e aplicalos con intención expresiva. − Manexar apropiadamente o concepto de composición nas creacións

propias. − Analizar o emprego dos elementos da linguaxe visual nunha obra

artística. − Coñecer os conceptos teóricos propios de cada elemento xeométrico

desenvolvido na unidade. − Realizar os diferentes trazados xeométricos a través dos métodos

expostos. − Aplicar a pulcritude, a precisión e a meticulosidade nos trazados. − Recoñecer as aplicacións de procedementos xeométricos tan

productivos no deseño gráfico como os enlaces ou a espiral. − Empregar os elementos xeométricos expostos en obras de creación

propia, tanto en deseños coma en creacións con fin estético. − Coñecer as diferentes técnicas para crear imaxes bidimensionais:

características, procesos e materiais empregados. − Aplicar as técnicas alcanzables ao alumno nas obras de creación propia. − Experimentar con sentido estético as posibilidades destas técnicas. − Debuxar de forma metódica, na que se sigan as diferentes fases do

proceso de debuxo. − Valorar as diferenzas entre as técnicas como riqueza e multiplicidade de

formas de expresarse graficamente. − Dominar os conceptos teóricos sobre a imaxe dixital: tipos,

características, elementos que definen a súa calidade. − Coñecer as ferramentas principais dos programas informáticos de

tratamento de imaxes. − Coñecer os diferentes tipos de obras tridimensionais. − Recoñecer o procedemento utilizado na elaboración dunha escultura:

tipo, técnica, material, ferramentas empregadas... − Analizar a distribución de volumes que forman unha obra arquitectónica.

Page 19: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

19

− Trazar un bosquexo dunha obra escultórica, tanto de creación propia como allea.

− Elaborar creacións tridimensionais propias a través de diversos materiais e técnicas: varro, plastilina, superposición de planos, material de reciclaxe...

− Representar graficamente puntos en diversas posicións do espazo. − Representar diversas rectas e localizar os seus puntos notables. − Interpretar correctamente as trazas dun plano. − Relacionar o concepto de terceira proxección co da vista de perfil. − Recoñecer e utilizar o sistema diédrico para representar figuras planas e

volumes sinxelos. − Analizar os elementos principais do sistema cónico. − Recoñecer os fundamentos do sistema en diferentes imaxes. − Realizar os trazados propostos en perspectiva cónica frontal e oblicua. − Utilizar os instrumentos de debuxo con precisión e limpeza. − Coñecer os recursos de creación de espazo e volume e utilizalos en

creacións propias. − Analizar a estructura compositiva de diversas imaxes e valorar a súa

capacidade expresiva. − Aplicar o claroscuro para xerar volume. − Realizar debuxos coa luz como elemento prioritario. − Coñecer os procedementos de traballo das técnicas explicadas. − Diferenciar o movemento figurado do movemento real. − Recoñecer nunha imaxe os recursos utilizados para crear sensación de

movemento. − Recoñecer as características principais de diversos campos de

aplicación do deseño. − Programar o proceso de realización dun deseño con corrección. − Crear deseños cunha finalidade preestablecer.

ACHEGA DA ÁREA ÁS COMPETENCIAS BÁSICAS � Competencia comunicativa:

− Facer uso duns recursos específicos da área para expresar ideas, sentimentos e emocións.

� Competencia artística e cultural:

− Ampliar o coñecemento dos diferentes códigos artísticos e da utilización das técnicas e os recursos que lles son propios.

− Experimentar e investigar con diversidade de técnicas plásticas e visuais.

− Ser capaz de expresarse a través da imaxe. − Aprender a mirar, ver, observar e percibir.

Page 20: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

20

� Competencia matemática: − Aprender a desenvolverse con comodidade a través da linguaxe

simbólica. − Afondar no coñecemento de aspectos espaciais da realidade

mediante a xeometría e a representación obxectiva das formas. � Autonomía e iniciativa persoal:

− Desenvolver estratexias de planificación, de previsión de recursos, de anticipación e avaliación de resultados (tomar decisións de xeito autónomo).

− Estimular o espírito creativo, a experimentación, a investigación e a autocrítica para fomentar a iniciativa e autonomía persoal.

� Competencia social e cidadá:

− Traballar con ferramentas propias da linguaxe visual, que inducen ao pensamento creativo e á expresión de emocións, vivencias e ideas.

� Competencia para aprender a aprender:

− Adoitarse reflexionar sobre os procesos. − Tratamento da información e competencia dixital: − Utilizar recursos tecnolóxicos específicos. − Tratamento da información e competencia dixital: − Recoñecer a importancia da imaxe como soporte da información. − Utilizar recursos tecnolóxicos específicos.

� Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico: − Utilizar procedementos relacionados co método científico, como a

observación, a experimentación e o descubrimento, e a reflexión e a análise posterior.

− Analizar obras alleas.

Page 21: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

21

EDUCACIÓN

PLÁSTICA E VISUAL

4º ESO

OBXECTIVOS ▪ Recoñecer a importancia e influencia das formas naturais nas manifestacións artísticas. ▪ Expresarse facendo uso de formas naturais en composicións artísticas e de deseño, aplicando capacidade de análise e recursos estilísticos e compositivos. � Valorar os aspectos estruturais e visuais da paisaxe urbana e respectar o patrimonio que enriquece a estética das cidades. � Representar paisaxes urbanas en estilo realista, simplificando os detalles e/ou transformándoos con recursos plásticos. • Recoñecer e valorar a importancia do uso da figura humana na historia da arte. • Interpretar figuras humanas por medio da esquematización, a deformación e a estilización en deseños persoais. • Valorar a importancia do deseño na sociedade actual. • Coñecer e diferenciar os distintos campos do deseño. • Expresarse con propiedade nos campos do deseño máis próximos manifestando o seu nivel de comprensión, destreza e coñecementos • Comprender e asimilar as características e finalidades do deseño gráfico. • Valorar a significación histórica, as tendencias artísticas e os avances tecnolóxicos do deseño gráfico. • Experimentar cos elementos do deseño gráfico e expresarse con propiedade en deseños gráficos persoais. • Utilizar os elementos que interveñen nas mensaxes publicitarias en composicións propias. • Analizar e diferenciar os distintos estilos e modalidades de deseños publicitarios. • Distinguir na publicidade tanto as partes como as estratexias que interveñen. • Comprender os fundamentos do debuxo de proxeccións e analizar os trazados xeométricos de deseños no espazo. • Valorar a importancia da descrición gráfica xeométrica na realización de deseños. • Expresar ideas sobre formas e ambientes mediante debuxos en perspectiva. • Valorar a importancia do deseño tridimensional, e especificamente do deseño industrial, na sociedade actual. • Recoñecer a importancia que ten o proceso de traballo no resultado final dun produto. • Realizar proxectos de deseño de obxectos sinxelos de uso cotián. • Valorar a influencia da fotografía como medio de comunicación de masas, como expresión artística e como apoio a diversos campos da actividade humana.

Page 22: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

22

• Desenvolver un sentido crítico diante da obra fotográfica. • Poder expresar ideas e sentimentos a través da actividade fotográfica. • Valorar a influencia do cine como medio de comunicación de masas e como medio de expresión artística colectivo. • Desenvolver un sentido crítico diante da imaxe cinematográfica. • Expresar ideas e sentimentos e traducilos en imaxes secuenciadas. • Comprender as características e finalidades do debuxo e do deseño asistido por ordenador. • Valorar o papel do ordenador na xeración e transformación de imaxes. • Adquirir coñecementos básicos sobre ferramentas de programas informáticos e manexo de cámaras dixitais. • Considerar as novas tecnoloxías como ferramentas de creación gráfico–plásticas. • Experimentar a creación de novas formas mediante o uso das novas tecnoloxías. • Desenvolver un espírito receptivo e aberto diante das máis novas manifestacións artísticas

CRITERIOS DE AVALIACIÓN Interpretar plasticamente formas naturais. Diferenciar as distintas estruturas naturais. Debuxar do natural contornos e formas naturais. Esquematizar graficamente estruturas vexetais e animais. Realizar composicións coidando a análise das formas e os elementos que as configuran e ordenan. Diferenciar aspectos estruturais e estéticos en paisaxes urbanas de épocas e estilos diversos. Utilizar os elementos compositivos na análise e realización de obras paisaxísticas urbanas. Interpretar paisaxes urbanas aplicando os fundamentos da perspectiva cónica. Aplicar técnicas e materiais diversos na representación de paisaxes urbanas. Recoñecer os elementos que interveñen e enriquecen as obras con temática urbana. Recoñecer as distintas formas de representación da figura humana practicadas por artistas plásticos. Debuxar apuntamentos do natural do corpo humano axustando as proporcións dos seus distintos elementos. Realizar esquemas gráficos de persoas estáticas e en movemento. Identificar os trazos máis característicos no retrato e/ou caricatura dun personaxe. Utilizar os trazos do rostro e a postura, así como a cor e a calidade do grafismo, para debuxar personaxes de cómic que expresen diferentes emocións. Distinguir entre artesanía e deseño e apreciar os seus distintos valores. Recoñecer as calidades estéticas e funcionais nun produto deseñado, así como as relacións entre a súa forma e a súa función. Utilizar e recoñecer en obras de deseño as distintas capacidades de liñas, planos, texturas e cores. Deseñar a partir das formas xeométricas básicas: círculo, cadrado e triángulo. Investigar composicións creativas a partir das redes modulares fundamentais.

Page 23: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

23

Distinguir os diferentes tipos do deseño gráfico. Identificar as finalidades dos deseños gráficos. Utilizar distintos materiais e técnicas variadas na realización de deseños gráficos. Recoñecer os signos distintivos dunha imaxe de empresa. Deseñar marcas utilizando o debuxo xeométrico. Aplicar o uso do ordenador no deseño editorial. Analizar os elementos fundamentais nos deseños publicitarios, de carteis e de comunicación visual. Distinguir as distintas modalidades de deseños publicitarios. Compoñer deseños publicitarios utilizando os elementos que integran estas mensaxes de comunicación visual. Realizar deseños publicitarios con distintas técnicas e estilos. Diferenciar as partes, estratexias soportes e medios que integran a publicidade. Aplicar o uso do ordenador no desenvolvemento de deseños publicitarios. Distinguir os códigos e normas gráficas e xeométricas dos distintos sistemas de representación. Debuxar sólidos no sistema diédrico. Debuxar sólidos en perspectivas cabaleira e axonométrica. Realizar análises xeométricas de perspectivas cónicas a través de fotografías de paisaxes urbanas e interiores. Elaborar exercicios sinxelos de perspectiva cónica. Distinguir os diferentes tipos de deseño industrial. Analizar o papel do deseño industrial na sociedade actual. Elaborar deseños de obxectos de uso cotián. Xustificar a utilización de regras normalizadas no debuxo técnico industrial. Debuxar bosquexos de obxectos sinxelos aplicando as normas de debuxo técnico industrial. Realizar e aplicar escalas gráficas de redución ou ampliación mediante o teorema de Tales. Coñecer e apreciar os diferentes tipos de cámaras fotográficas e as súas prestacións. Distinguir as diferentes correntes estéticas fotográficas. Distinguir os xéneros fotográficos e apreciar as súas aplicacións nos distintos ámbitos. Coñecer as aplicacións técnicas máis comúns da fotografía. Coñecer os mecanismos e elementos dunha cámara réflex e aplicar estes coñecementos na captura de imaxes. Apreciar e distinguir os diferentes xéneros cinematográficos. Coñecer os elementos que artellan a linguaxe cinematográfica. Aplicar en proxectos individuais e/ou colectivos os coñecementos adquiridos sobre a linguaxe cinematográfica. Elaborar sinxelos procesos de realización de películas. Analizar sobre o visionado de secuencias cinematográficas os elementos que integran a súa estrutura. Valorar as vantaxes que achegan as novas tecnoloxías aos campos do deseño. Achegarse a programas informáticos accesibles. Diferenciar as características da imaxe dixital. Achegarse ao manexo dunha cámara dixital e practicar os seus formatos de arquivo.

Page 24: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

24

Distinguir os códigos de recepción e emisión de mensaxes multimedia. Analizar os aspectos artísticos das imaxes dixitais. Aplicar coñecementos plásticos previos na realización de sinxelos exercicios de creación de imaxes dixitais. Achegarse aos programas informáticos de animación, tratamento e deseño de imaxes. Realizar metodicamente exercicios de creación e manipulación de imaxes por ordenador. Utilizar os recursos que achega a tecnoloxía na mellora de deseños individuais e colectivos.

CONTIDOS Conceptos ▪ Análise e representación das formas naturais: análise das formas, representación obxectiva e subxectiva das formas, interpretacións artísticas. ▪ Estrutura dos vexetais: follas, flores e froitos. Árbores. Interpretacións artísticas. ▪ Estrutura dos animais. Representación do natural. Interpretacións artísticas. Animais fantásticos. ▪ A paisaxe. Termos e luz na paisaxe. Interpretacións artísticas. ▪ A paisaxe e o bodegón na arte. • Configuración e estética das cidades. Arquitectura e novas tecnoloxías • Elementos compositivos da paisaxe urbana. Formato, encadramento e visor. Punto de vista e esquema compositivo. Esquema de percorrido visual. Centro de interese. Esquema de movemento. Direccións principais e ritmos. • Representación do espazo. Perspectiva cónica práctica. Procedementos e recursos plásticos. • Elementos visuais da paisaxe urbana. A luz na paisaxe urbana nocturna. A figura na paisaxe urbana. Outros elementos urbanos. • A paisaxe urbana ao longo da historia da arte. • Anatomía e proporción na figura humana. Encaixado da figura. A proporción: evolución histórica. • Movemento e equilibrio. A figura en movemento. • Estrutura do rostro. O retrato. Eixes e medidas. Expresividade do rostro. • Interpretacións populares da figura humana. A caricatura. Máscaras e disfraces. • A figura humana no cómic. A linguaxe dos xestos. Metáforas visuais. A linguaxe do corpo. Interacción coa linguaxe verbal. • Modalidades e función do deseño. Forma e función do deseño. Campos do deseño. Profesións e factores relacionados co proceso de deseño. • Elementos visuais do deseño. Aplicacións da liña. O plano. A textura. • A cor no deseño. Calidades estéticas e psicolóxicas das cores. Valores expresivos da cor. • Formas básicas do deseño: o círculo, o cadrado e o triángulo. Figuras compostas. • Composicións modulares. O módulo. Redes superpostas. Variacións modulares. Módulos con efectos tridimensionais. • Áreas e finalidades do deseño gráfico. Áreas de aplicación do deseño gráfico. Finalidades do deseño gráfico. • A imaxe corporativa de empresa. A marca e a súa evolución estética.

Page 25: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

25

Identidade corporativa. • Deseño de embalaxes. Desenvolvemento de corpos redondos. Desenvolvemento de poliedros. • Deseño de logotipos: espirais, óvalos e ovoides. • Deseños de comunicación visual. Deseños de pictogramas: tanxencias e enlaces. • Deseño editorial. Elementos do deseño editorial. A maquetación no deseño editorial. •Fundamentos da publicidade. Tópicos e roles en publicidade. Medios, soportes e formatos publicitarios. • O deseño publicitario. O anuncio. O folleto publicitario. O cartel. O catálogo. A tarxeta. • Estilos publicitarios. Estilos publicitarios que salientan os valores adquiridos. Estilos publicitarios que salientan os valores naturais. • Elementos e composición das mensaxes publicitarias. A composición visual da mensaxe. • O cartel publicitario. Orixes e modernización do cartel. • A xeometría descritiva. Tipos de proxección. Sistemas de proxección. • Sistema diédrico. Representación de puntos e rectas. Representación de figuras planas. • Representación de sólidos no sistema diédrico. Representación das vistas sobre o plano. • Sistema axonométrico. Perspectiva cabaleira. Proxección de figuras planas en sistema axonométrico. Representación en axonométrica a partir do sistema diédrico. • Perspectiva cónica frontal. Representación en perspectiva cónica frontal dunha figura en diédrica. • Perspectiva cónica oblicua. Trazados en perspectiva cónica oblicua dun cono. Representación en perspectiva cónica oblicua dunha figura en diédrica. • O deseño tridimensional. Áreas de aplicación do deseño tridimensional. Finalidade do deseño tridimensional. • A normalización do debuxo técnico industrial. Liñas normalizadas. Formatos. Rotulación normalizada. • Escalas e acoutamentos. Clases de escala. Escalas gráficas. Acoutamento. Sistemas de acoutamento. • Debuxo de pezas. Bosquexos acoutados. Planos técnicos. • Tendencias no deseño tridimensional. • Antecedentes históricos da fotografía. Evolución da fotografía. • Evolución das cámaras fotográficas. A cámara Leica. As cámaras electrónicas. A nova tecnoloxía dixital. • Correntes estéticas clásicas. Fotografía artística. Pictorialismo. Dinamismo. Novo realismo. • Correntes estéticas modernas. Estruturalismo e abstracción. Surrealismo. Documentalismo e fotoperiodismo. • Xéneros fotográficos. Fotografía publicitaria. Fotografía de natureza. Fotografía científica e médica. Fotografía aérea. Fotografía de arquitectura e paisaxe. Fotografía de prensa. • Aplicacións técnicas clásicas. A fotomontaxe. A solarización. O fotograma. • A cámara réflex e as súas compoñentes. O obxectivo. O diafragma. O obturador

Page 26: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

26

• Antecedentes do cine. Os xoguetes ópticos. Os precursores do cinematógrafo. Os irmáns Lumière. • Pioneiros e fundadores do cine. Os primeiros centros de produción cinematográfica. O cine sonoro. • Xéneros cinematográficos. O wéstern. O musical. O cine negro. O documental. • Elementos da linguaxe cinematográfica. Unidades narrativas. O encadramento. A angulación. Movementos da cámara. • Proceso de realización dunha película. A elaboración do guión. Estrutura narrativa dunha película. Profesionais especializados. • Características da imaxe dixital. O píxel e as dimensións da imaxe. A resolución. • O bit e a profundidade da cor. Modos de cor. • A cámara dixital. O sensor. A tarxeta de memoria. Os formatos de arquivo. • Multimedia e interactividade. As páxinas web. Os gif animados. Deseño dunha páxina web. • Infografía e arte interactiva. • Programas de tratamento de imaxes: Adobe Photoshop. Crear unha imaxe mediante capas. Aplicación de filtros. Ferramentas Tampón de clonar e Pincel corrector. • Programas de deseño gráfico: CorelDRAW. A forma dos obxectos: nodos. Recheo de obxectos. Ordenación de obxectos por capas. • Programas de animación: Adobe Flash. A liña do tempo. Propiedades do documento. Explorador de películas. • Cine de animación. Os creadores de curtas animadas e técnicas de animación. Procedementos ▪ Selección e análise gráfica de estruturas naturais: vexetais e animais. ▪ Realización de esquemas estruturais de follas e flores a partir de modelos naturais. ▪ Creación de composicións con distintas intencións expresivas baseadas en formas naturais. ▪ Realización de apuntamentos do natural de paisaxes e de animais. ▪ Análise do emprego dos elementos plásticos en composicións artísticas baseadas nas formas naturais. ▪ Observación das relacións que se establecen entre forma–función que condicionan as estruturas naturais. • Observación de obxectos e escenas do contorno urbano e descrición das súas formas. • Realización de apuntamentos do natural de contornos urbanos próximos. • Elaboración de esquemas de perspectivas prácticas. • Experimentación con diferentes técnicas e materiais na realización de paisaxes urbanas. • Análise da funcionalidade e estética dos distintos elementos presentes na urbe. • Análise das proporcións na figura humana. • Estudo da representación da figura humana na arte.

Page 27: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

27

• Realización de debuxos en distintas posturas do corpo humano. • Elaboración de apuntamentos de figuras en movemento. • Análise gráfica de estruturas de rostros. • Experimentación gráfica de caricaturas. • Debuxos esquemáticos de xestos e posturas. • Análise do deseño como proceso de creación de produtos fabricados en serie. • Elaboración de informes sobre os antecedentes do deseño actual. • Realización de análises gráficas en deseño de composicións. • Realización de composicións bi– e tridimensionais mediante o uso de liñas, planos e texturas. • Experimentación coas estruturas básicas do deseño, a partir de exemplos con cortes e desprazamentos. • Análise gráfica de estruturas modulares. • Creación de deseños a partir de estruturas modulares básicas. • Emprego de diversas fontes de información sobre deseño gráfico. • Realización de pequenos estudos teóricos sobre deseño gráfico e a súa influencia nos campos da comunicación. • Análise dos elementos que interveñen e configuran os deseños gráficos nas súas distintas vertentes. • Elaboración de deseños sobre comunicación visual urbana. • Realización de análises de estruturas xeométricas utilizadas en deseños gráficos. • Deseño e construción de envases e embalaxes. • Deseño e maquetación de posibles publicacións sinxelas. • Análise do deseño publicitario como medio de comunicación visual. • Elaboración de carteis publicitarios. • Realización de estudos sobre os fundamentos da publicidade sobre mensaxes publicitarias do medio. • Elaboración dun mesma mensaxe publicitaria alternando medios, formatos e soportes. • Elaboración en grupo de deseños publicitarios. • Utilización do deseño publicitario en actividades relacionadas co ámbito escolar. • Análise dos fundamentos dos sistemas de proxección. • Elaboración de exercicios de representación de sólidos en sistema diédrico. • Representación de figuras planas en perspectiva isométrica. • Paso de figuras representadas en sistema diédrico a sistemas perspectivos. • Análise de obxectos e espazos representados en perspectiva cónica. • Realización de apuntamentos do natural a man alzada utilizando a perspectiva cónica e modificando a posición dos obxectos e o punto de vista. • Análise do deseño no espazo como paso previo á fabricación industrial de obxectos. • Elaboración de deseños de obxectos de uso doméstico. • Construción e utilización de escalas de redución e ampliación na representación de obxectos. • Realización de bosquexos tomando como referencia obxectos do medio e destinados á creación de novas ideas. • Deseño de formas que consideren tanto os aspectos funcionais coma os estéticos. • Utilización de sistemas proxectivos convencionais no deseño de obxectos.

Page 28: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

28

• Estudo das posibilidades expresivas da imaxe fotográfica. • Estudo das correntes estéticas fotográficas e a súa relación coas demais ramas artísticas. • Análise das estruturas da linguaxe fotográfica. • Realización de reportaxes fotográficas baixo iluminacións distintas e con encadramentos diferentes. • Experimentación de aplicacións técnicas fotográficas en obras persoais. • Análise dos xéneros fotográficos e de como se reflicten neles as distintas realidades sociais. • Análise das estruturas da linguaxe cinematográfica. • Estudo dos xéneros cinematográficos e do reflexo nos mesmos das distintas realidades sociais. • Realización dun proxecto de guión cinematográfico. • Visionado de secuencias pertencentes a diferentes xéneros e épocas do cine mudo e sonoro. • Observación e análise da estrutura narrativa da linguaxe cinematográfica sobre exemplos diferenciados. • Elaboración dun arquivo de imaxes procedentes das novas tecnoloxías. • Observación analítica e crítica de imaxes infográficas aplicadas aos distintos campos de comunicación. • Análise individual e en grupo dos contidos e elementos compositivos presentes en páxinas web. • Observación das barras de ferramentas de programas informáticos e asocialas ás ideas e conceptos de debuxo adquiridos tradicionalmente. • Realización de visitas a espazos de arte cibernética. • Resolución en parellas ou pequenos grupos de exercicios sinxelos de deseño asistido por ordenador. • Manipulación de formas mediante xiros, escalados, modificación de cores e texturas, ordenamentos, facendo uso de programas informáticos de fácil acceso. • Visualización de exemplos significativos de cine de animación e stop motion. • Observación e análise de exemplos publicitarios realizados con fotografías manipuladas. • Observación e análise de maquetas e deseños tridimensionais virtuais realizados en 3D. Actitudes ▪ Valoración da importancia do uso das estruturas vexetais nas artes decorativas. ▪ Diferenciación no uso das formas naturais con intencións artísticas e/ou científicas. ▪ Valoración do papel simbólico dos animais mitolóxicos na arte. ▪ Respecto pola natureza a través do estudo das súas formas. ▪ Gusto pola investigación no deseño de motivos ornamentais co emprego de formas naturais. ▪ Recoñecemento do valor das formas naturais como fonte estimuladora de artistas, artesáns e creativos de distintas épocas e culturas.

Page 29: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

29

• Valoración da paisaxe urbana como tema pictórico. • Curiosidade por coñecer a importancia que os cambios de vida teñen na renovación das cidades. • Adquisición e práctica de conduta que contribúan a mellorar a paisaxe urbana. • Recoñecemento da importancia que ten a planificación nun proxecto urbanístico. • Actitude crítica diante dos valores estéticos e funcionais que deben reunir os distintos elementos urbanos. • Recoñecemento da importancia da figura humana na arte. • Interese pola evolución dos estilos na arte do retrato. • Interese pola evolución da interpretación da figura humana a través da historia. • Valoración do papel simbólico da caricatura. • Aprecio da importancia das máscaras e disfraces como medio de expresión de sentimentos e desexos. • Gusto pola experimentación no debuxo de xestos e posturas de seres humanos. • Recoñecemento da importancia que ten o deseño na fabricación de obxectos de uso cotián. • Valoración da importancia do deseño visual no campo da comunicación. • Recoñecemento das áreas de aplicación do deseño. • Curiosidade e interese pola evolución e os cambios nos diversos campos do deseño. • Gusto pola precisión e limpeza na realización de proxectos de deseño. • Valoración das organizacións compositivas xeométricas sinxelas. • Valoración da importancia funcional do deseño gráfico e a súa estética. • Interese pola evolución do deseño gráfico e curiosidade polos avances técnicos neste campo. • Recoñecemento da importancia do proceso de traballo nun proxecto de deseño. • Gusto pola precisión e limpeza na realización de representacións gráficas. • Manter na realización de obras persoais unha actitude respectuosa diante do medio. • Actitude crítica diante das mensaxes visuais procedentes do campo da publicidade. • Procura de solucións orixinais nos traballos persoais. • Interese pola evolución do deseño publicitario e a súa influencia na sociedade actual. • Recoñecemento da importancia do traballo en equipo nos proxectos de deseño publicitario. • Valoración da importancia que teñen nas mensaxes publicitarias os contidos interdisciplinarios. • Valoración da importancia dos sistemas de representación na descrición de espazos e obxectos no deseño tridimensional. • Gusto pola precisión e limpeza na realización de traballos en perspectiva. • Recoñecemento da idoneidade da perspectiva cónica na representación da realidade tal e como a percibe o ollo humano. • Interese pola xeometría descritiva e curiosidade polas posibilidades expresivas dos seus elementos. • Apreciación das dificultades técnicas que implican os sistemas de proxección

Page 30: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

30

e desexo de estudar e analizar axeitadamente os elementos que os compoñen. • Valoración da importancia do deseño de obxectos destinados á produción industrial. • Interese pola evolución do deseño espacial e curiosidade polos avances técnicos neste campo. • Actitude crítica diante dos obxectos e construcións deseñados deficientemente. • Recoñecemento da importancia do manexo das novas tecnoloxías no deseño industrial. • Actitude respectuosa co medio natural e o ser humano. • Interese polos avances técnicos no campo da fotografía como medio de comunicación visual. • Valoración da linguaxe fotográfica como medio de comunicación visual. • Valoración dos testemuños históricos que achegan os arquivos fotográficos. • Valoración da importancia que ten a fotografía no campo do deseño gráfico e publicitario. • Aprecio da fotografía como soporte e técnica de expresión artística. • Interese por coñecer as modificacións que achegan os avances técnicos ás creacións cinematográficas. • Valoración da linguaxe cinematográfica como medio de comunicación visual. • Valoración dos testemuños históricos que achegan os arquivos cinematográficos e documentalistas. • Aprecio do cine como soporte e técnica de expresión artística. • Respecto e valoración das ideas que achegan os demais nos proxectos de equipo. • Actitude crítica e positiva diante das formas visuais procedentes das novas tecnoloxías. • Disposición para aceptar novos procedementos na realización de traballos. • Valoración da importancia que ten o manexo do razoado dos programas de debuxo asistido por ordenador. • Mantemento e coidado permanente do material das aulas de informática. • Actitude aberta e receptiva diante dos avances tecnolóxicos e a súa influencia nos campos da comunicación. • Recoñecemento dos valores artísticos que se poden atopar nas creacións dixitais. • Actitude aberta a aceptar novas iniciativas creadoras non coincidentes cos propios criterios persoais. • Recoñecemento da achega que realizan os avances tecnolóxicos aos distintos campos do deseño. • Recoñecemento da achega que realizan os avances tecnolóxicos nos distintos campos de comunicación e de lecer. • Gusto e interese en resolver problemas técnicos persoalmente.

Page 31: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

31

CONTIDOS TRANSVERSAIS Esta unidade contribúe a valorar a preservación da natureza coa intención de mellorar a calidade do ser humano, polo que tamén participa dos obxectivos da Educación moral e cívica e da Educación ambiental . Mediante a análise das obras que se aprecian nesta unidade o alumno pode achegarse de forma crítica e razoada á evolución da cidade e ao impacto que esta ten na nosa calidade de vida, feito que participa dos obxectivos da Educación moral e cívica e da Educación Ambiental . Os canons de beleza e os gustos estéticos son pasaxeiros, os alumnos non se deben angustiar por se as súas formas se adaptan máis ou menos ao canon imperante. Dentro da Educación para a saúde debe aproveitarse esta unidade para favorecer que cada un acepte e valore o seu propio corpo. A integración de alumnos procedentes de distintas etnias e culturas propicia o aprecio da diversidade, feito que contribúe á Educación moral e cívica . O estudo dos distintos campos do deseño achegan o alumno á observación e valoración de obxectos, espazos, carteis, maquinarias etc. Este contacto con elementos do seu medio e do mundo da tecnoloxía e a comunicación relaciona esta unidade cos contidos transversais da Educación do consumidor e a Educación moral e cívica . Os contidos desta unidade relaciónanse cos contidos transversais da Educación para a paz e a Educación do consumidor . A observación do medio e o desenvolvemento do xuízo crítico diante das mensaxes visuais xustifican esta relación. Os contidos desta unidade relaciónanse cos transversais da Educación para a paz e da Educación do consumidor . A observación e análise das mensaxes publicitarias do medio e o xuízo crítico desenvolvido ante estas mensaxes xustifican esta relación. A observación do medio para comprender os fundamentos da perspectiva cónica, e dos obxectos cotiáns para interpretalos en debuxos de sistema diédrico ou de perspectiva axonométrica, permite relacionar os contidos da unidade coa Educación ambiental . Tanto a observación e o estudo dos obxectos e elementos de uso coma a análise crítica para a mellora do noso medio relacionan esta unidade cos contidos transversais de Educación moral e cívica. As imaxes fotográficas son reflexo da sociedade que as produce e, xa que logo, un instrumento privilexiado para analizar criticamente os seus intereses e valores, feito que contribúe aos contidos transversais da Educación moral e cívica . A temática e contido das imaxes cinematográficas reflicten os intereses sociais das comunidades que as producen e consomen, e son, xa que logo, un instrumento de análise crítica dos seus intereses e valores, feito que relaciona a unidade coa Educación moral e cívica . O uso estendido de programas de videoxogos e videoconsolas xustifica relacionar esta unidade coa Educación moral e cívica , e pode axudar a que os alumnos desenvolvan unha actitude crítica para as imaxes infográficas. O alumno asimilará e valorará a través da observación e análise de animacións e deseños publicitarios realizados dixitalmente os valores morais (tolerancia, solidariedade, pluralismo, sexismo etc.) presentes na sociedade

Page 32: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

32

actual, o que relacionará a unidade coa Educación para a paz .

MINIMOS EXISIBLES 1º ESO: � A imaxe como linguaxe visual. � Elementos que compoñen a comunicación visual. � A forma: definición e características. � Elementos constitutivos das formas bidimensionais e tridimensionais. � Calidades da cor. Escalas cromáticas. � O círculo cromático. Cores primarias e secundarias. � Harmonías e contrastes. � Texturas naturais e texturas artificiais. � Ferramentas e materiais básicos para o debuxo técnico. � Elementos do debuxo técnico: o punto e a liña. � Tipos de rectas. Trazados básicos. � Tipos de ángulos. Trazados básicos. � O polígono. A circunferencia. � Trazados básicos de triángulos. � Figuras xeométricas na natureza, a arte, o deseño e a decoración. � Tipos de escultura: a escultura exenta e o relevo. � A cor na composición. Obras entoadas con cores harmónicas e cores

contrastadas. � A organización das formas no plano: elementos xeométricos. � A organización das formas no espazo: as tres dimensións. � Relación entre o volume e o plano: os sistemas de representación. � O sistema diédrico. Vistas dun obxecto: alzado, planta e perfil. � O sistema axonométrico: representación a través de tres eixes. � A perspectiva caballera. � A orixe da fotografía e o cinema. Relación técnica entre ambas as dúas

linguaxes. 2º ESO: � Posibilidades gráficas do punto. � expresividade dos tipos de liña. � Formas bidimensionais e tridimensionais. Tipos de formas segundo a

súa orixe. � Clasificación das texturas. � Cores luz e cores pigmento. � A composición como ordenación de elementos plásticos. � Polígonos inscritos. Método xeral e métodos particulares. � Nocións de igualdade e de semellanza. Translación, rotación e simetría

de figuras. � Tanxencias entre distintos elementos. Aplicacións gráficas das

tanxencias.

Page 33: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

33

� Enlaces entre distintos elementos. Aplicacións gráficas dos enlaces. � Técnicas pictóricas secas: lapis de cor, pastel e cera. � Técnicas pictóricas húmidas: acuarela, témpera, óleo. � volume. Características e elementos que organizan o volume. � diédrico como sistema de representación ortogonal. � Fundamentos do sistema. � Proxeccións do punto. Cota e afastamento. � A fotografía artística. � A luz como elemento definidor de formas. � Representación do movemento nas artes plásticas.

4º ESO: ▪ Análise e representación das formas naturais ▪ Estrutura dos vexetais ▪ Estrutura dos animais ▪ A paisaxe. ▪ A paisaxe e o bodegón na arte. • Configuración e estética das cidades. • Elementos compositivos da paisaxe urbana. • Representación do espazo. • Elementos visuais da paisaxe urbana. • Anatomía e proporción na figura humana. • Movemento e equilibrio. A figura en movemento. • Estrutura do rostro. • A figura humana no cómic. • Modalidades e función do deseño • Elementos visuais do deseño. • A cor no deseño. • Formas básicas do deseño • Composicións modulares • Áreas e finalidades do deseño gráfico • A imaxe corporativa de empresa • Deseño de embalaxes. • Deseño de logotipos • Deseños de comunicación visual • Deseño editorial •Fundamentos da publicidade • O deseño publicitario. • Estilos publicitarios • Elementos e composición das mensaxes publicitarias. • O cartel publicitario. • A xeometría descritiva. • Sistema diédrico • Representación de sólidos no sistema diédrico • Sistema axonométrico. • Perspectiva cónica frontal. • Perspectiva cónica oblicua. • O deseño tridimensional.

Page 34: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

34

• A normalización do debuxo técnico industrial • Escalas e acoutamentos. • Debuxo de pezas • Tendencias no deseño tridimensional. • Antecedentes históricos da fotografía • Xéneros fotográficos. • Aplicacións técnicas clásicas • Antecedentes do cine. • Xéneros cinematográficos • Elementos da linguaxe cinematográfica • Proceso de realización dunha película. • Características da imaxe dixital. • O bit e a profundidade da cor. Modos de cor. • A cámara dixital. • Multimedia e interactividade. • Infografía e arte interactiva. • Programas de tratamento de imaxes • Programas de deseño gráfico • Programas de animación • Cine de animación.

TEMPORALIZACIÓN En xeral, o departamento determinará un exame por avaliación coincidindo os contidos exisidos para esa avaliación. A temporalización da materia nas avaliacións será determinada pola secuencia habitual do curso. Ademáis teranse en conta a realización dos traballos mandados polo profesor/a. Pode determinarse que na última avaliación se realiacen dous exames como recuperación da materia pendente no curso según o desenrolo en cada grupo. O exame de setembro comprenderá toda a materia dada no ano escolar.

REFORZO E AVALIACION PENDENTES

Os alumnos que teñan pendente a materia do curso anterior dá ESO realizarán un exame por trimestre, englobando o último exame trimestral toda a materia. Os alumnos libres examinaranse seguindo o calendario marcado pola Xefatura de Estudos. O Seminario convocará os alumnos que teñen a materia pendente a primeiros do curso, e propoñerá unha serie de actividades a facer polo alumnado previo o exame oficia como forma de reforzol. O exame realizarase a partir dos exercicios propostos tendo en conta o interese do alumnado na realización das actividades propostas. A realización do traballo non será excluinte do requirimento de presentarse o exame.

Page 35: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

35

ATENCIÓN A DIVERSIDADE

Ás orientacións para ou tratamento metodolóxico da materia a impartir destaca a obrigatoriedade do principio global da actividade educativa da atención á diversidade. Sabemos que entre os nosos alumnos pódese apreciar unhas diferenzas de intereses, capacidades, coñecementos, e procesos de motivación. Desta maneira, o momento de impartir ás clases o profesorado terá en conta os diferentes tipos de contidos de referencia, relacionando sempre estes coas habilidades e ás estratexias propias da materia, ou mesmo tempo que son presentados nunha grande variedade de situacións practicas. Tanto os libros de texto elixidos polo seminario de Debuxo para impartir clase como todo o material complementario do que dispón o seminario, son un grande apoio non momento de respectar ás diferenzas de comprensión e de expresión. Soamente o profesorado, no contexto dá súa clase e segundo a relación co seu grupo pode determinar cunha máis grande precisión o momento de tratar certos contidos, a profundidade con que facelo, as actividades a realizar para conseguir unha aprendizaxe axeitada deses contidos dependendo da diversidade do grupo.

METODOLOXÍA

Tendo en conta que as liñas metodolóxicas xerais para a materia, así como as das programacións de aula e de cada unha das unidades didácticas, baséanse nos principios de intervención educativa sinalados e que se sintetizan e se concretan do seguinte xeito:

a) Pártese do nivel de desenvolvemento do alumno, nos seus distintos aspectos, para construír, a partir de aí, outras aprendizaxes que favorezan e melloren o devandito nivel de desenvolvemento.

b) Sublíñase a necesidade de estimular o desenvolvemento de capacidades

xerais e de competencias básicas e específicas por medio do traballo das materias.

c) Dáse prioridade á comprensión dos contidos que se traballan fronte á súa

aprendizaxe mecánica. e) Propícianse oportunidades para poñer en práctica os novos coñecementos,

de xeito que o alumno poida comprobar o interese e a utilidade do aprendido.

Page 36: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

36

f) Foméntase a reflexión persoal sobre o realizado e a elaboración de

conclusións con respecto ao que se aprendeu, de modo que o alumno poida analizar o seu progreso respecto dos seus coñecementos.

Todos estes principios teñen como finalidade que os alumnos sexan, gradualmente, capaces de aprender de forma autónoma.

RECURSOS DIDACTICOS

A parte do uso dos libros de texto determinados polo departamento para cada curso, o profesorado pode estimar pertinente o uso de calquer recurso que nun momento dado estime necesario e adecuado para a realización de unha tarefa dentro do contexto escolar. Estarán así comrendidos todolos materias dos que dispón o centro, ( dando importancia o uso das TIC) asi como todo material que se considere procedente. Libros de texto:

1º ESO: Educación plástica y visual – R. Calderón – Santillana- 2007

3º ESO: Educación plástica y visual 2- I. Rodríguez- SM – 2008

4º ESO: Educación plástica e visual 4- I. Rodríguez- SM – 2008.

ATENCIÓN A DIVERSIDADE

Ás orientacións para ou tratamento metodolóxico da materia a impartir destaca a obrigatoriedade do principio global da actividade educativa da atención á diversidade. Sabemos que entre os nosos alumnos pódese apreciar unhas diferenzas de intereses, capacidades, coñecementos, e procesos de motivación. Desta maneira, o momento de impartir ás clases o profesorado terá en conta os diferentes tipos de contidos de referencia, relacionando sempre estes coas habilidades e ás estratexias propias da materia, ou mesmo tempo que son presentados nunha grande variedade de situacións practicas. Tanto os libros de texto elixidos polo seminario de Debuxo para impartir clase como todo o material complementario do que dispón o seminario, son un grande apoio non momento de respectar ás diferenzas de comprensión e de expresión. Soamente o profesorado, no contexto dá súa clase e segundo a relación co seu grupo pode determinar cunha máis grande precisión o momento de tratar certos contidos, a profundidade con que facelo, as actividades a realizar para conseguir unha aprendizaxe axeitada deses contidos dependendo da diversidade do grupo.

Page 37: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

37

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES da ESO

Dentro das actividades organizadas polo Seminario están: – Participación no proxecto Comenius designado o centro. – Visitas a museos, exposicións que xurdan o longo do curso – Participación na Feira do libro Infantil de Pontevedra.

Non se descarta a realización de actividades culturais que o seminario estime interesantes, como conferencias, visitas a exposicións, excusións, etc. Estas actividades non se poden determinar pois depende da programación cultural dos concellos, a universidade, fundacións, etc.

Page 38: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

38

1º BACHARELATO

DEBUXO ARTÍSTICO I

O debuxo é un medio de comunicación que xorde como resposta do ser humano ao contorno con que se relaciona. Non o debemos entender como un simple paso de cara á creación da obra de arte, pois tamén é un medio que lle permite ao ser humano expresar as súas ideas, sensacións e sentimentos. Na sociedade contemporánea a imaxe é un dos medios de expresión máis comúns e universais, que consegue ir máis aló das fronteiras establecidas pola linguaxe da fala, permitindo transmitir ideas a través da linguaxe gráfica. A súa importancia queda patente desde o momento en que consegue converter boa parte das súas creacións en iconas que pasan a formar parte do patrimonio cultural da humanidade. Para poder organizar do xeito máis conciso posible esta materia, o currículo de debuxo artístico estrutúrase en dous anos consecutivos, formulando os seus contidos en diferentes bloques baseados na dobre articulación en que tradicionalmente se estrutura a función do debuxo, o debuxo narrativo e o descritivo. Apuntalar uns coñecementos prácticos e teóricos sobre estes dous niveis non implica a exclusión Boutros (o debuxo de ilustración, o debuxo de ornamentación, o debuxo de expresión), senón que fai referencia á orientación primordial destes dous bloques, sen que por iso desatendamos os outros niveis nun plano secundario. Esta estrutura obedece á necesidade proxectiva e expresiva da materia de debuxo, pensada para dotar o alumnado dunha poderosa ferramenta de ideación e expresión, tanto a través da proxección da idea mental, como a través da observación do mundo sensible, como fonte moi probable deste mundo de ideas. A materia do primeiro curso estrutúrase principalmente en bloques de coñecemento dos elementos que constitúen a forma e a súa articulación e organización no espazo, e de xeito máis superficial a interpretación e percepción da cor. Na materia de segundo afóndase no estudo de relacións estruturais entre as formas e as súas variables espaciais e lumínicas. Explícase o sentido do debuxo desde distintas intencións comunicativas e desenvólvese o uso correcto dos seus instrumentos e materiais. Engadimos un bloque final especificamente dedicado á representación da figura humana, tradicionalmente tema principal de atención ao longo da historia da arte, non só como referente estético de cada unha das súas etapas, senón como referencia de medida e relación entre a persoa e a súa propia produción.

Page 39: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

39

A finalidade desta materia é a de fomentar o desenvolvemento da sensibilidade artística e a creatividade do alumnado, incorporando intencións expresivas á súa linguaxe plástica ademais dos recursos procedementais propios da técnica do debuxo. Así mesmo, o estudo desta materia deberá contribuír a estimular a sensibilización estética e a comprensión da obra artística, para achegarse con interese e baixo un criterio propio á historia da arte.

OBXECTIVOS

A ensinanza do debuxo artístico no bacharelato terá como finalidade o desenvolvemento das seguintes capacidades: 1. Coñecer e distinguir os elementos básicos que configuran a forma e empregalos correctamente na representación de obxectos e estruturas. 2. Aprehender a estrutura interna dos obxectos que se representan e interpretala graficamente. 3. Distinguir os datos esenciais que configuran a forma, prescindindo dos detalles superfluos ou decorativos e atendendo ás proporcións das distintas partes que a configuren para debuxar estruturas formais. 4. Utilizar e desenvolver a memoria visual e a retentiva para elaborar imaxes, tanto desde un punto de vista obxectivo como subxectivo. 5. Utilizar a observación e o estudo directo das formas da natureza como fonte de reflexión para representacións de carácter subxectivo. 6. Interpretar unha forma ou conxunto de formas con diferentes intencións comunicativas ou expresivas. 7. Coñecer e aplicar a terminoloxía básica, así como os materiais, técnicas e procedementos adecuados á finalidade pretendida, adoptar criterios persoais e proceder de xeito racional na resolución das propostas de traballo. 8. Coñecer e utilizar os fundamentos teóricos da cor e o seu uso nas creacións plásticas de xeito razoado e expresivo. 9. Achegar nos debuxos solucións expresivas de carácter subxectivo, como medio para desenvolver a sensibilidade estética, a creatividade e o pensamento. 10. Coñecer os fundamentos compositivos e aplicalos en obras propias e na análise de obras alleas. CONTIDOS. A forma. Percepción e descrición. -Elementos básicos na configuración da forma. A liña como elemento configurador. -A perspectiva intuitiva e a súa aplicación no debuxo artístico. A definición do volume. -A mancha como elemento configurador do volume. O claroscuro. -A construción das sombras. Valores tonais. -A iluminación. Tipos de luz e o seu comportamento. A organización do cadro. -Composición intuitiva. O concepto de equilibrio visual. -Psicoloxía da forma. As leis visuais que rexen as relacións entre as formas do cadro.

Page 40: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

40

O sentido do debuxo. -Diferentes modos de ver e debuxar. Debuxo e función. -A expresión da subxectividade. A cor. Percepción e interpretación. -Teoría da cor. Natureza. Dimensións e comportamento da cor. -Expresividade da cor. Introdución aos materiais e ás técnicas do debuxo. -Materiais, útiles e soportes básicos. -Introdución ás técnicas secas e á súa aplicación.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1. Utilizar adecuadamente a terminoloxía específica dos distintos contidos da materia e utilizar correctamente os procedementos e materiais propostos. Valorarase a capacidade de seleccionar, relacionar e empregar a terminoloxía e os diversos materiais, adecuándoos á consecución do obxectivo plástico desexado. 2. Describir graficamente as formas, prestando especial atención ás súas organizacións estruturais. Este criterio valora o desenvolvemento da capacidade cognitiva e dedutiva, baseada na observación da estrutura das formas, e o grao de destreza obtido na consecución da representación dun obxecto con coherencia tanto formal como cromática. O alumnado ten que reflectir a pluralidade formal existente na natureza de xeito claro e estruturado. 3. Describir graficamente obxectos do contorno, distinguindo neles elementos básicos da configuración da súa forma. Este criterio pretende comprobar o desenvolvemento da capacidade de observación, análise, reflexión e destreza para valorar a capacidade de estudo e expresión gráfica da información visual que recibimos. 4. Representar con intención descritiva e mediante o uso da liña formas tridimensionais sobre o plano, con atención á proporción e ás deformacións perspectivas sinxelas. Búscase con este criterio valorar a capacidade de analizar a forma a través da liña, describíndoa graficamente e utilizando as bases da perspectiva intuitiva con maior ou menor detalle. 5. Analizar a influencia da luz sobre obxectos de marcado carácter volumétrico por medio de liña e mancha e representalos tendo en conta os distintos valores tonais. Neste criterio valórase a grao de consecución do gradiente que modele as superficies representadas desde o punto de vista lumínico, cromático e textural. Para conseguir este fin demostrarase tanto o coñecemento como a correcta utilización dos medios plásticos necesarios e máis adecuados. 6. Demostrar e aplicar o coñecemento das leis básicas da percepción visual. Con este criterio trátase de valorar a capacidade do alumnado para plasmar nun espazo gráfico bidimensional unha composición de lectura correcta e plasticamente expresiva, froito do coñecemento das leis de percepción visual. 7. Demostrar o coñecemento dos fundamentos da teoría da cor, as súas dimensións e o seu comportamento e expresividade, a través de modelos propostos baixo diferentes condicións lumínicas. Este criterio permite avaliar o grao de coñecemento adquirido sobre teoría da cor. Así mesmo, valorarase a comprensión e asimilación destes coñecementos para a súa aplicación práctica con fins expresivos

Page 41: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

41

VOLUME I

A materia de volume, dentro do bacharelato de artes, debe supoñer a iniciación do alumnado no estudo das manifestacións de carácter tridimensional, garantindo unha coherencia e interrelación pedagóxica cos coñecementos e metodoloxías das demais materias para completar a súa visión plástica e contribuír ao desenvolvemento da súa formación. O estudo desta materia estimula e complementa o desenvolvemento da personalidade nos seus diferentes niveis, axudando a que se exerciten os mecanismos de percepción e o pensamento visual. Así mesmo, estimula a capacidade creadora e o pensamento diverxente para achegar solucións diferentes, novas e orixinais. A creación de imaxes tridimensionais estimula o espírito analítico e a visión sintética, ao conectar o mundo das ideas co das formas a través do coñecemento e uso de materiais, procedementos e técnicas. Esta materia achégalle ao currículo do bacharelato mecanismos de percepción espacial, enriquecemento da linguaxe icónica de carácter volumétrico, axilizando o seu manexo e facilitando a comunicación das persoas co seu contorno espacial e formal. OBXECTIVOS. O ensino de volume no bacharelato terá como obxectivo o desenvolvemento das seguintes capacidades: 1. Coñecer e comprender a linguaxe tridimensional, adquirindo os procedementos artísticos básicos aplicados á creación de obras e obxectos de carácter volumétrico. 2. Trátase de que o alumnado, sen chegar a un grao de afondamento propio dun nivel de especialización, acade un certo dominio e axilidade no manexo dos medios básicos de expresión da linguaxe tridimensional, coñecendo as técnicas e os materiais comúns e despregando un espírito aberto de investigación e de experimentación persoal de novos medios expresivos, novas técnicas e novos materiais. 3. Empregar de forma eficaz os procesos de percepción en relación coas manifestacións tridimensionais desenvolvidas no espazo, sexan estas produtos do medio natural ou da actividade humana, artística ou industrial. 4. Interiorizar as sensacións producidas por estímulos de carácter volumétrico, illando posibles interferencias ou distorsións producidas dentro do proceso perceptivo e valorando na súa medida as circunstancias en que se produce certa percepción. 5. Aplicar con destreza unha visión analítica e sintética ao enfrontarse ao estudo de obxectos e obras de arte de carácter tridimensional, mantendo unha postura activa de exploración do contorno para a procura daquelas manifestacións susceptibles de seren tratadas ou entendidas como mensaxes de carácter tridimensional dentro do sistema icónico do medio natural, cultural, industria e tecnolóxico.

Page 42: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

42

6. Potenciar unha actitude reflexiva, afastada de prexuízos e ideas preconcibidas, que permita valorar e desfrutar dos obxectos como creacións plásticas na súa xusta medida. 7. Analizar o contorno para a procura daquelas configuracións susceptibles de seren tratadas ou entendidas como mensaxes de carácter tridimensional dentro do sistema icónico do medio cultural, aplicando con destreza a visión analítica e sintética ao enfrontarse ao estudo de obxectos e obras de arte de carácter tridimensional. 8. Desenvolver unha actitude reflexiva e creativa en relación coas cuestións formais e conceptuais da cultura visual da sociedade actual. 9. Potenciar a capacidade de confrontar os coñecementos xa adquiridos, tanto técnicos coma conceptuais, coa información que lle achega o proceso perceptivo á hora de axuizar mensaxes de carácter tridimensional, xa sexan estes propios ou alleos. 10. Saber harmonizar os coñecementos teóricoprácticos que conforman a capacidade para emitir valoracións construtivas e de autocrítica a fin de desenvolver o sentido estético. CONTIDOS. -Exploración do contorno e busca das manifestacións susceptibles de seren entendidas coma mensaxes de carácter artístico dentro do sistema icónico do seu medio cultural. -Emprego das novas tecnoloxías da información e os recursos tecnolóxicos específicos no proceso de creación. -Busca, comprensión e selección, a partir de diferentes fontes, de información relevante relacionada con problemas de produción artística e utilización en contextos de debate e argumentación, distinguindo opinións de argumentos baseados en probas. -Emprego dos mecanismos de percepción en relación coas manifestacións espaciais do contorno. -Harmonización das experiencias cognoscitivas e sensoriais para o desenvolvemento do sentido estético e a emisión de valoracións construtivas e de autocrítica. Xénese do volume a partir dunha estrutura bidimensi onal. -Textura e sensibilización de superficies. -Deformación de superficies como xénese da terceira dimensión. -Creación de formas tridimensionais a partir de superficies planas: superposición, cortes, abatementos, cambio de dirección. A forma e a linguaxe tridimensional. -Forma aparente e forma estrutural. -Formas biomórficas e xeométricas, naturais e industriais. -O volume como proxección ordenada de forzas internas. Patróns e pautas da natureza. -Elementos da linguaxe volumétrica: plano, volume, texturas, concavidades, convexidades, baleiro, espazo-masa, cor. -O espazo e a luz na definición e percepción do volume. -O baleiro como elemento formal na definición de obxectos volumétricos. -Elementos dinámicos. Movemento, ritmo, tensión proporción, equilibrio.

Page 43: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

43

Materiais e técnicas básicas de configuración tridi mensional. -Análise e comprensión dos materiais, as súas posibilidades e limitacións técnicas e expresivas. -Procesos de materialización e comunicación de ideas. Esbozo en dúas e tres dimensións. -Iniciación ás técnicas e procedementos de traballo. Técnicas aditivas (modelaxe); subtractivas (talla); construtivas (configuracións espaciais e tectónicas); reprodución (moldeado e baleirado). Valoración expresiva e creativa da forma tridimensi onal. -Concepto, técnica e creatividade. Materia, forma e expresión. -Relacións visuais e estruturais entre a forma e os materiais. -A manipulación artesá e industrial dos materiais no patrimonio de Galicia. Principios de deseño e proxecto de elementos tridimensionais. -Forma e función na natureza, no contorno sociocultural e na produción industrial. -Relación entre estrutura, forma e función na realización de obxectos. -Análise dos aspectos materiais, técnicos e construtivos dos produtos de deseño tridimensional. -Elaboración dun proxecto: elementos, planificación e desenvolvemento. CRITERIOS DE AVALIACIÓN. 1. Entender e saber aplicar os conceptos básicos da linguaxe plástica tridimensional, así como a terminología específica do volume. Con este criterio trátase de avaliar se o alumnado coñece e utiliza axeitadamente o vocabulario propio da materia de xeito oral e escrito. 2. Utilizar correctamente as técnicas e os materiais básicos na elaboración de composicións tridimensionais, establecendo unha relación lóxica entre a forma, os medios expresivos, as técnicas e os materiais. Con este criterio trátase de avaliar a capacidade de organizar coherentemente a elaboración de composicións volumétricas e de seleccionar e aplicar axeitadamente os instrumentos, materiais e técnicas e a capacidade de utilizalos como medio expresivo básico dentro da linguaxe tridimensional, resolvendo problemas de configuración espacial desde unha perspectiva lóxica e racional. 3. Analizar desde o punto de vista formal e funcional obxectos presentes na vida cotiá, identificando e apreciando os aspectos máis notables da súa configuración tridimensional e a relación que se establece entre a súa forma e a súas funcións. Con este criterio trátase de comprobar se o alumnado coñece e relaciona os elementos que interveñen na configuración formal dos obxectos e na súafuncionalidade e mais se é quen de descubrir a lóxica que guía o seu deseño. 4. Valorar e utilizar, de xeito creativo e acorde coas intencións plásticas, as posibilidades técnicas e expresivas dos diversos materiais, acabamentos, texturas e tratamentos cromáticos na elaboración de composicións tridimensionais simples. Este criterio trata de avaliar a capacidade para acadar acabamentos plasticamente coherentes nas súas realizacións volumétricas, utilizando as diferentes texturas e tratamentos cromáticos como elementos expresivos capaces de potenciar os valores plásticos da forma. 5. Representar de forma esquemática e sintética obxectos tridimensionais co fin de evidenciar a súa estrutura formal básica. Con este criterio trátase de comprobar a capacidade para xerar elementos volumétricos, prescindindo

Page 44: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

44

dos aspectos accidentais e plasmando as súas características estruturais básicas. 6. Analizar e elaborar, a través de transformacións creativas, alternativas tridimensionais a obxectos de referencia. Con este criterio trátase de comprobar a capacidade do alumnado para achegar solucións múltiples e orixinais ante un problema compositivo de carácter tridimensional, avaliando así o desenvolvemento acadado nos seus modos de pensamento diverxente. 7. Comprender e aplicar os procesos de abstracción inherentes a toda representación, valorando as relacións que se establecen entre a realidade e as configuracións tridimensionais elaboradas a partir dela. Con este criterio preténdese comprobar se se comprenden os mecanismos que actúan nos procesos de representación e se se coñecen e valoran os niveis de abstracción imprescindibles no proceso creativo. 8. Compoñer os elementos formais establecendo relacións coherentes e unificadas entre idea, forma e materia. Con este criterio avalíase a capacidade para serrar mensaxes visuais de carácter tridimensional, equilibradas en canto á forma como tal e ao significado da dita mensaxe. Preténdese coñecer se o alumnado entende a creación como un proceso global no que nada é superfluo e todo está intimamente conectado. 9. Deseñar e construír elementos tridimensionais que permitan estruturar de maneira creativa, lóxica, racional e variable o espazo volumétrico. Con este criterio preténdese valorar a capacidade para elaborar elementos ou espazos volumétricos en que os aspectos formais e técnicos estean clara e directamente relacionados cos criterios funcionais. 10. Crear configuracións tridimensionais dotadas de significado nas cales se estableza unha relación coherente entre a imaxe e o seu contido. Con este criterio preténdese avaliar a capacidade para seleccionar e utilizar os medios expresivos e a súa organización sintáctica, así como as técnicas e os materiais en función do significado. 11. Recoñecer e valorar o patrimonio natural e cultural de Galicia. Este criterio trata de avaliar a capacidade do alumnado para identificar as diferentes manifestacións culturais de Galicia e valorar a riqueza do patrimonio, a súa conservación e mellora. 12. Desenvolver actitudes de colaboración nos traballos en grupo. Con este criterio trátase de valorar as actitudes que favorezan comportamentos sociais dentro do grupo tales como: respecto polas demais persoas, mantemento e limpeza de equipamentos e instalacións, axuda ás compañeiras e aos compañeiros, capacidade de discusión e crítica etc.

Page 45: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

45

DEBUXO TÉCNICO I

Desde a antigüidade o ser humano utilizou o debuxo como un medio de representación con que comunicarse e expresarse. O debuxo técnico, cos seus primeiros pasos que se remontan máis de 2.000 anos na historia, representa aquela parte do debuxo que trata de darnos unha visión da realidade da forma máis fiable posible fronte ao debuxo artístico que busca comunicar ideas e sensacións. O debuxo técnico tal como o entendemos na actualidade nace nos albores do século XIX e toma Corpo con achegas posteriores tan decisivas coma a xeometría descritiva, que facilita a representación de formas tridimensionais sobre superficies bidimensionais, e a normalización, aquel conxunto de regras e preceptos que garante o proceso de planificación, elaboración, aplicación e mellora das distintas actividades relacionadas co deseño e a fabricación do produto. Tradicionalmente os contidos desta materia agrúpanse en tres grandes seccións, sempre relacionadas entre si, aínda que con entidade propia: a xeometría métrica aplicada, utilizada para resolver problemas xeométricos e de configuración de formas planas; a xeometría descritiva, que nos axuda a representar sobre un soporte plano o debuxo de formas e corpos volumétricos; e a normalización, que ten por obxectivo unificar os criterios da representación gráfica. No desenvolvemento das actividades profesionais que se relacionan co debuxo técnico, cada vez cobra máis forza o uso das novas tecnoloxías, polo que hoxe en día os deseños curriculares tratan de recoller o uso de programas asistidos por ordenador. Con todo, o seu uso non debe ser entendido como un contido curricular máis, senón como unha ferramenta de axuda nun futuro exercicio rofesional e no ámbito educativo. OBXECTIVOS. A ensinanza do debuxo técnico no bacharelato terá como finalidade o desenvolvemento das seguintes capacidades: 1. Utilizar adecuadamente e con destreza tanto os instrumentos como a terminoloxía específica do debuxo técnico. 2. Valorar a importancia que ten o correcto acabamento e a presentación do debuxo no referido á diferenciación dos distintos trazos que o configuran, a súa exactitude e a limpeza e o coidado do soporte. 3. Considerar o debuxo técnico como unha linguaxe científica, valorando a necesidade de coñecer a súa sintaxe para poder expresar e comprender a información. 4. Coñecer e comprender os principais fundamentos da xeometría métrica aplicada para resolver problemas de configuración e descrición de formas no plano.

Page 46: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

46

5. Comprender e empregar os sistemas de representación para resolver problemas xeométricos no espazo e representar figuras tridimensionais no plano. 6. Valorar a universalidade da normalización no debuxo técnico e aplicar as principais normas UNE e ISO referidas á obtención, posición e acoutamento das vistas das formas descritas. 7. Conseguir a destreza e a rapidez necesarias ao empregar o esbozo e a perspectiva a man alzada como medios de expresión gráfica. 8. Planificar e reflexionar sobre o proceso de realización de calquera construción xeométrica tanto de forma individual como colectiva, sendo capaces de establecer con flexibilidade e responsabilidade as relacións necesarias naquelas actividades que requiran dun traballo colectivo. 9. Integrar os coñecementos de debuxo técnico dentro dos procesos tecnolóxicos e en aplicacións da vida cotiá, revisando e valorando o estado de consecución do proxecto ou actividade sempre que sexa necesario. 10. Interesarse polas novas tecnoloxías e os programas de deseño, utilizando e valorando as súas posibilidades na elaboración dos planos técnicos dun proxecto. CONTIDOS Arte e debuxo técnico. -Orixe e principais feitos da historia do debuxo técnico. -A xeometría na arte. -A estética do debuxo técnico. Debuxo xeométrico. -Trazados elementais. -Proporcionalidade e semellanza. Escalas. -Trazado de polígonos regulares. -Transformacións xeométricas no plano: transformacións isométricas. -Trazado de tanxencias. Definición e trazado de curvas planas: óvalos, ovoides e volutas, espirais e hélices. Sistemas de representación. -Fundamentos e finalidade dos distintos sistemas de representación; características diferenciais. -O sistema diédrico. Representación do punto, recta e plano; as súas relacións e operacións (transformacións) máis usuais. -Os sistemas axonométricos: isometría e perspectiva cabaleira. Representación de sólidos. -O sistema cónico: perspectiva central e oblicua. Representación de sólidos. Análise da elección do punto de vista na perspectiva cónica. Normalización e elaboración de esbozos. -Funcionalidade e estética da descrición e da representación técnica. Ámbitos de aplicación. O concepto de normalización. As normas fundamentais UNE, ISO. -Tipoloxía de acabamentos e de presentación. O esbozo acotado. Os planos. O proxecto. -Utilización de técnicas manuais, reprográficas e infográficas propias do debuxo técnico. -A elaboración de esbozos. O esbozo e súa xestación creativa.

Page 47: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

47

CRITERIOS DE AVALIACIÓN. 1. Resolver problemas xeométricos, valorando o método e o razoamento utilizados na súa construción, así como o seu acabamento e presentación. Coa aplicación deste criterio preténdese avaliar o nivel acadado polo alumnado no dominio dos trazados xeométricos fundamentais no plano e a súa aplicación práctica na construción de triángulos, cuadriláteros e polígonos en xeral, construción de figuras semellantes e transformacións xeométricas básicas. 2. Utilizar e construír escalas gráficas tanto para a interpretación como para a elaboración de planos e debuxos. Este criterio indicará en que medida se comprendeu o fundamento das escalas, como concepto abstracto- matemático e aplicadas a distintas situacións que se poden dar na vida cotiá, xa sexa para interpretar as medidas nun plano técnico, mapa ou diagrama, ou para elaborar debuxos tomados da realidade. 3. Deseñar e/ou reproducir formas non excesivamente complexas, que na súa definición conteñan enlaces entre circunferencia e recta e/ou entre circunferencias. A través deste criterio valorarase a aplicación práctica dos coñecementos técnicos dos casos de tanxencias estudados de forma illada. Valorarase especialmente o proceso seguido para a súa resolución, así como a precisión na obtención dos puntos de tanxencia. 4. Elaborar e participar activamente en proxectos de construción xeométrica cooperativos, aplicando estratexias propias adecuadas á linguaxe do debuxo técnico. A aplicación deste criterio permitirá avaliar se o alumnado é capaz de traballar en equipo, mostrando actitudes de cooperación, tolerancia e flexibilidade. 5. Utilizar o sistema diédrico para representar volumes sinxelos e formas poliédricas, así como as relacións espaciais entre punto, recta e plano. A aplicación deste criterio permitirá coñecer o grao de abstracción adquirido e, xa que logo, o dominio ou non do sistema diédrico para representar no plano elementos situados no espazo, relacións de pertenza, posicións de paralelismo e de perpendicularidade ou distancia. 6. Realizar perspectivas axonométricas e cónicas de corpos, definidos polas súas vistas principais e viceversa, executadas a man alzada e/ou deliñadas. Con este criterio preténdese avaliar, tanto a visión espacial desenvolta polo alumnado, como a capacidade de relacionar entre si o sistema diédrico co axonométrico e a coa perspectiva cónica, ademais de valorar as habilidades e destrezas adquiridas no manexo dos instrumentos de debuxo e no trazado a man alzada. 7. Representar pezas e elementos industriais ou de construción sinxelos, valorando a correcta aplicación das normas referidas a vistas, anotación e simplificacións indicadas na representación. Proponse este criterio como medio para avaliar en que medida o alumnado é capaz de expresar gráficamente un produto ou un obxecto, coa información necesaria para a súa posible fabricación ou realización, aplicando as normas exixidas no debuxo técnico. 8. Culminar os traballos de debuxo técnico, utilizando os diferentes procedementos e recursos gráficos, de forma que estes sexan claros, limpos e respondan ao obxectivo para o que foron realizados. Con este criterio quérese valorar a capacidade para dar distintos tratamentos ou aplicar diferentes recursos gráficos ou informáticos, en función do tipo de debuxo que se vai

Page 48: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

48

realizar e das súas finalidades. Este criterio non deberá ser un criterio illado, senón que deberá integrarse no resto dos criterios de avaliación na medida que lles afecte.

CULTURA AUDIOVISUAL

O traballo realizado con continuidade desde mediados do século XX, por infinidade de teóricos e prácticos da comunicación audiovisual, reafirma a necesidade de promover o ensino das disciplinas que preparen a mocidade para analizar e saber producir mensaxes no século XXI. Esta formación ten que ter como prioridade promover a formación de persoas competentes, participativas, activas e selectivas. Por iso, o alumnado deberá posuír a capacidade para saber apreciar as obras audiovisuais e multimedia e ser a un tempo produtor, comunicador activo e emisor de mensaxes. O obxectivo desta materia é poñer o alumnado en situación de analizar, relacionar e comprender os elementos que forman parte da cultura audiovisual do seu tempo e de utilizar eses elementos para expresarse. Esta adquisición de competencias para a análise dos elementos expresivos e técnicos, e a dotación de conciencia crítica, debe servir para crear unha cidadanía máis responsable e participativa, libre de complexos e de prexuízos. Trátase, polo tanto, de comprender, analizar e reformular a cultura visual da sociedade en que vivimos para comprender os seus significados e como estes afectan á maneira de vernos e de interpretar a realidade que nos rodea. As alumnas e os alumnos que cursen cultura audiovisual xa adquiriron uns coñecementos básicos nas etapas anteriores e, polo tanto, esta materia serviralles para afondar en todo o aprendido, ao tempo que acceden a novos coñecementos. As liñas directrices que ordenan os contidos da materia son: a imaxe, o seu significado e posibilidades expresivas; o proceso da percepción humana; os medios de comunicación e a produción audiovisual. Hai que ter especial atención co carácter estético propio do bacharelato de artes e a súa implicación e relación cos máis modernos métodos de expresión artística. O propio carácter da materia fai que os contidos procedementais adquiran unha especial relevancia, proporcionándolle ao alumnado ferramentas con que interactuar no marco da cultura audiovisual. Necesitarase, polo tanto, relacionar os niveis de comunicación: saber ver para comprender e saber facer para expresarse coa finalidade de comunicarse, producir e crear e coñecer mellor a

Page 49: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

49

realidade e a un mesmo para transformala e transformarse; en definitiva, para humanizar a realidade e o propio ser humano como eixe dela. OBXECTIVOS. O ensino da cultura audiovisual no bacharelato terá como finalidade o desenvolvemento das seguintes capacidades: 1. Coñecer e comprender a sintaxe visual e os seus elementos básicos, así como os seus aspectos estéticos e técnicos. 2. Asimilar a importancia fundamental dos medios de comunicación nunha sociedade democrática e a interrelación creativa que brindan as novas tecnoloxías. 3. Comprender e apreciar como o progreso actual das tecnoloxías da información e a comunicación vén dos avances técnicos e expresivos producidos ao longo da historia. 4. Recoñecer as diferenzas existentes entre a realidade e a representación que dela nos ofrecen os medios audiovisuais. 5. Valorar a función expresiva do son e da música no proceso de creación audiovisual. 6. Analizar mensaxes publicitarias e valorar o que nelas hai de información, arte, propaganda e sedución. 7. Coñecer as características técnicas e expresivas dos medios de comunicación, recoñecer os seus diferentes xéneros e amosar as súas posibilidades informativas e comunicativas. 8. Desenvolver actitudes selectivas, críticas e creativas fronte ás mensaxes que recibimos a través das distintas canles de difusión. 9. Tomar conciencia da capacidade das persoas espectadoras, na súa función de consumidoras, para exixir produtos audiovisuais de calidade e a necesidade de equilibrio entre liberdade de expresión e dereitos individuais. CONTIDOS. -Gozo das manifestacións artísticas e estéticas da sociedade. -Análise activa do contorno e dos medios de comunicación en busca de claves para comprender a natureza das mensaxes audiovisuais e así manter a distancia necesaria para unha mirada crítica e madura. -Desenvolvemento da capacidade analítica e sintética do alumnado. -Emprego das tecnoloxías da información e dos recursos tecnolóxicos específicos no proceso de creación e busca de datos. -Busca, comprensión e selección, a partir de diferentes fontes e experiencias, de información relevante relacionada con problemas de produción artística ou audiovisual, e utilización en contextos de debate e argumentación, distinguindo opinións de argumentos baseados en probas, sempre empregando a terminoloxía axeitada. -Valoración e recoñecemento da importancia das mensaxes audiovisuais na sociedade actual e da súa contribución ao progreso e a unha mellor calidade de vida para as persoas, sempre sendo consciente do perigo que hai detrás da súa mala utilización. Natureza e concepto da imaxe. Sintaxe visual. Imaxe e significado. -Natureza da imaxe: icona e iconicidade.

Page 50: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

50

-Transformación icónica da realidade. Evolución, funcións e clasificacións das imaxes: materialidade as imaxes. Da imaxe única á imaxe seriada. Denotación e connotación. Escala de iconicidade. -Sintaxe visual e os seus elementos básicos: O punto. A liña. O contorno. A dirección. A textura. O ton. A cor. O movemento. A dimensión. A escala. -Sensacións visuais e auditivas. A canle visual: o fenómeno da percepción. A canle visual e o ollo humano. -Organización e estrutura da percepción humana. Teorías sobre a percepción e o proceso perceptivo. -A imaxe e o coñecemento: a xerarquía dos sentidos. Coñecemento e percepción. A percepción como proceso cognitivo (sensación visual e memoria visual). O pensamento visual. A imaxe fixa. Técnicas e linguaxes. A fotografía. -Historia e orixes da fotografía: antecedentes tecnológicos da fotografía. Manifestacións pioneiras. A fotografía como forma de representar a realidade. A técnica fotográfica. A fotografía en Galicia. -A banda deseñada ou arte secuencial, a expresividade da novena arte: nacemento e desenvolvemento da banda deseñada. Características e natureza. Recursos expresivos. A banda deseñada en Galicia. -A narrativa propia do cómic: a viñeta, unidade significativa do cómic. A expresión literaria na banda deseñada. Elementos literarios. Articulación das viñetas, composición e técnicas narrativas. -Produción e realización da banda deseñada: o debuxo. Técnicas de cómic. -A imaxe dixital: a chegada da imaxe dixital, digitalización e imaxes xeradas por computadora. Concepto analóxico e dixital. A imaxe en movemento. Técnicas e linguaxes. O cinem a de imaxe real. O cinema de animación. -Principios xerais do cinema: orixes do cinema. A persistencia retiniana, a descomposición do movemento, fotografías de exposición rápida, os irmáns Lumière inventan o cinematógrafo. O cinema en Galicia. -Evolución histórica do cinema e da súa narrativa a introdución da ficción. Primeiros pasos na narrativa audiovisual. Figuras clave no desenvolvemento da linguaxe cinematográfica. O cine sonoro e a transformación do guión. -O fenómeno cinematográfico: pasos para facer unha película. A idea e o argumento. Tratamento fílmico. Guión literario. Guión técnico. -A linguaxe audiovisual: o espazo cinematográfico. A dimensión temporal. A montaxe e a articulación espazo-temporal. -Natureza e evolución do cinema de animación e dos debuxos animados: tipos e animacións. Soporte da animación. Manifestacións pioneiras e evolución histórica do cinema de animación. O cinema de animación en Galicia. -Os debuxos animados: claves expresivas. Técnicas e instrumentos de traballo. -Outros tipos de animación, plastilina e ordenador: a animación de plastilina, formatos audiovisuais, características. A animación dixital, natureza do fotograma dixital, técnicas e programas de animación dixital. Integración do son e da imaxe. Produción multimedia . Interactividade. -Función expresiva do son. Características técnicas. Adecuación da música e do son ás intencións expresivas e comunicativas de quen as emite. Sistemas e equipos de captura, rexistro, tratamento e reprodución do son. -A tecnoloxía multimedia: concepto de multimedia. Características dos sistemas multimedia. Control informático. Integración de diferentes fontes de

Page 51: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

51

información. Interactividade. Tipos de información que incorporan os sistemas multimedia. Xestión dos proxectos multimedia. -Proceso de produción de documentos multimedia: realización, edición, posprodución. -Multimedia e internet. Multimedia en Galicia. Os medios de comunicación. -Imaxes integradas. O cartel: orixes dos carteis (tecnolóxicas, culturais e estéticas). Desenvolvemento expresivo dos carteis. Manifestacións pioneiras e innovadoras. Vocación publicitaria dos carteis. Estética e impacto. A cultura de masas. A linguaxe dos carteis, integración de texto e imaxe. Cartelismo en Galicia. -A prensa: a importancia da imprenta. Historia da prensa e das publicacións de masas. Análise do medio. A linguaxe periodística. Titular e portada. Códigos deontolóxicos. A prensa en Galicia. -A radio. Características técnicas e expresivas. Os formatos. -A televisión. Linguaxe, características técnicas e expresivas. Xéneros televisivos. Os medios de comunicación. A televisión do futuro, televisión interactiva. A radiotelevisión en Galicia. -Historia da radio e da televisión. A realidade creada polos medios. Linguaxe e tempo nos medios de comunicación. Tempo real e diferido. Estudo de audiencias. Medios de servizo público. Reflexión sobre o poder dos medios de comunicación e a importancia dunha visión critica. -Internet. Usos da rede. O futuro da rede. A publicidade. -Definición de publicidade. O proceso da comunicación publicitaria. Propaganda, información e sedución. Conceptos relacionados coa publicidade (público obxectivo, estudo de mercado, avantaxe diferencial, posicionamento dun produto, as necesidades da persoa consumidora). As novas formas da publicidade: emprazamento de produtos, publicidade encuberta e subliminal. -Publicidade de dimensión social, campañas humanitarias e mensaxes alternativas. -Os anuncios. A idea. O guión. A realización. Análise crítica da publicidade. Análise de imaxes e mensaxes multimedia. -Lectura denotativa e connotativa das imaxes. -Análise de imaxes fixas e en movemento. Valores formais, estéticos, expresivos e de significado. -A incidencia das mensaxes segundo o medio emisor. -Análise dos contidos das mensaxes multimedia e da internet. Criterios de avaliación. 1. Identificar os elementos básicos da linguaxe audiovisual e utilizalos na realización de producións sinxelas. A través deste criterio preténdese valorar o coñecemento das compoñentes esenciais que forman parte da produción de documentos audiovisuais, competencia que permitirá realizar producións sinxelas de imaxe fixa e en movemento. 2. Identificar os avances que se produciron ao longo da historia no campo das tecnoloxías da información e a comunicación e na evolución estética das mensaxes audiovisuais. Este criterio pretende avaliar a capacidade do alumnado para identificar a evolución tecnolóxica e estética dos diferentes produtos audiovisuais a que ten acceso.

Page 52: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

52

3. Establecer as diferenzas entre imaxe e realidade e as diversas formas de representación. Con este criterio comprobarase a comprensión das semellanzas e disparidades existentes entre a vida real e a visión que dela nos ofrecen os medios audiovisuais e de comunicación. 4. Analizar os elementos espaciais e temporais, características básicas, significado e sentido na lectura de imaxes fixas e en movemento. Este criterio pretende avaliar a comprensión por parte do alumnado das diferenzas existentes entre a lectura obxectiva e a subxectiva (denotación e connotación) dunha mesma imaxe ou produción audiovisual. 5. Analizar producións audiovisuais identificando as características dos distintos xéneros e distinguindo os estereotipos máis comúns presentes nos produtos audiovisuais. Este criterio pretende avaliar a capacidade do alumnado de adoptar unha visión crítica e selectiva sobre os diversos contidos da oferta radiofónica, televisiva e, en menor medida, cinematográfica, diferenciando os distintos xéneros e os tópicos máis comúns presentes nos programas máis habituais. Valorarase igualmente a súa actitude cunha recepción consciente, selectiva e crítica ante as producións audiovisuais. 6. Recoñecer e xustificar as distintas funcións da publicidade, diferenciando os elementos informativos daqueleoutros relacionados coa emotividade, a sedución e a fascinación. Este criterio trata de comprobar que as alumnas e os alumnos saben distinguir os diferentes elementos e estratexias que inciden na recepción das mensaxes publicitarias. Terase en conta o uso que fan da figura da muller os diferentes medios. 7. Identificar as posibilidades das tecnoloxías da información e da comunicación, con especial atención aos medios de comunicación de libre acceso, como a rede da internet. Preténdese valorar a asimilación que fai o alumnado da utilidade e oportunidades que ofrecen os medios audiovisuais, avaliando todos os seus aspectos positivos e, tamén, aqueloutros que poden resultar máis negativos, como a oferta de contidos ilícitos ou ilegais. 8. Desenvolver actitudes de colaboración en grupo. Con este criterio trátase de valorar as actitudes que favorezan comportamentos sociais dentro do grupo tales como o respecto cara ás outras persoas; valorarase, así mesmo, o mantemento e limpeza de equipamentos e instalacións, a capacidade de discu- sión e crítica e mais a asunción da necesaria xerarquía e orde no traballo que require calquera proxecto audiovisual. 9. Ser capaz de expresarse mediante o uso de mecanismos audiovisuais. Con este criterio búscase valorar o grao de madurez que vai adquirindo o alumnado para facer uso dos medios audiovisuais na creación de mensaxes que lle permitan expresarse nun medio en continua expansión. 10. Coñecer e apreciar as producións de imaxe fixa e audiovisuais creadas no ámbito físico e cultural da Comunidade Autónoma de Galicia. Este criterio busca descubrir o coñecemento que ten o alumnado do acervo cultural galego, tanto o clásico coma o emerxente, nos medios audiovisuais e de imaxe fixa.

Page 53: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

53

2º BACHARELATO

TECNICAS GRÁFICO-PLÁSTICAS

Nas artes plásticas a concreción da obra lévase a cabo mediante as técnicas de expresión gráficoplástica, obxecto de estudo desta materia. O coñecemento destes materiais, utensilios e soportes abriranos un amplo campo de traballo permitíndonos diferentes resolucións plásticas dunha mesma xénese, así como a busca da técnica máis axeitada a resolucións de problemas concretos. O obxectivo é, tanto adquirir o coñecemento das distintas técnicas pertencentes ao ámbito do debuxo, da pintura e do gravado, como abrir novos vieiros na constante evolución e innovación das técnicas gráfico-plásticas. Esta materia non só pretende contribuír a conseguir un virtuosismo técnico, senón que será unha ferramenta de exploración e desenvolvemento dun proxecto gráfico, entendido non só como un simple exercicio proposto na aula, senón como un vehículo de expresión que lle permita ao alumnado medrar como persoa, optimizando as aptitudes de cadaquén. Esta busca da madurez persoal permitiralle coñecer e comprender o uso das distintas técnicas artísticas ao longo da historia da arte, ao mesmo tempo que contribuirá ao desenvolvemento da mente, das capacidades cognitivas a través do esforzo por crear e interpretar as obras de arte. Do anteriormente dito podemos extraer o conxunto de contidos que forman este currículo na súa tripla articulación: desenvolvemento de habilidades de carácter técnico a través dos diferentes materiais, utensilios e soportes; aplicación destes coñecementos á linguaxe da comunicación visual e, por último, estimular a sensibilización estética e a comprensión da obra artística, para achegarse baixo unha ollada máis madura á historia da arte. OBXECTIVOS. O ensino das técnicas de expresión gráfico-plástica no bacharelato terá como finalidade o desenvolvemento das seguintes capacidades: 1. Coñecer e valorar os recursos expresivos e comunicativos que proporcionan as distintas técnicas de expresión gráfico-plásticas. 2. Coñecer, valorar e aplicar adecuadamente a terminoloxía, materiais, soportes, ferramentas e procedementos das técnicas gráfico-plásticas. 3. Adquirir destreza e dominio no manexo de técnicas e materiais empregados no desenvolvemento de proxectos gráfico-plásticos. 4. Desenvolver a capacidade creativa e a forma persoal de expresión a través da experimentación da linguaxe gráfico-plástica. 5. Apreciar, na observación das obras de arte, a influencia das técnicas e modos de expresión empregadas, relacionándoas co seu contorno histórico e

Page 54: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

54

cultural. 6. Coñecer e apreciar o valor, tanto das técnicas de expresión tradicionais, coma das máis innovadoras e tecnolóxicas. CONTIDOS. -Utilización de estratexias básicas da linguaxe plástica: formulación de problemas visuais, toma de decisións para acadar a resolución correcta e análise de resultados. -Busca, selección e comunicación da información empregando recursos variados e terminoloxía axeitada. -Emprego das tecnoloxías da información e da comunicación como ferramenta para a presentación de conceptos e o tratamento de datos. -Valoración da contribución do feito artístico á comprensión do mundo e ao progreso e calidade da vida humana, así como á superación de prexuízos e á formación dun espírito crítico. -Desenvolvemento da capacidade de reflexión co obxectivo de apreciar a influencia da obra artística no desenvolvemento persoal. Factores que determinan a linguaxe gráfico-plástica . -Os elementos principais nas distintas técnicas de expresión: a forma, a cor e a textura. -Nocións compositivas básicas. -Elementos básicos que definen a linguaxe visual gráfico-plástica. Técnicas de debuxo. -Materiais, útiles e soportes. Utilización da terminología específica. -Técnicas secas: carbón, e lapis de grafito, compostos, graxos e de cor. -Técnicas húmidas: a tinta e as súas ferramentas. -Aplicación das técnicas propias do debuxo na realización de traballos. Técnicas de pintura. Materiais, útiles e soportes. Utilización da terminoloxía específica. -Técnicas sólidas: o pastel. Aplicación práctica na realización de traballos. -Técnicas á auga: acuarela, témpera e acrílico. Aplicación práctica na realización de traballos. -Técnicas ao aceite: óleos. -Aproximación a outras técnicas tradicionais: encáustica, témpera e fresco. Técnicas de gravado e estampación: monoimpresión e reprodución múltiple. -Materiais, útiles, maquinaria e soportes. Utilización da terminoloxía específica. -Procesos de estampación única: a monotipia. -Gravado en relevo: linóleo e xilografía. -Gravado en oco: calcografía. Técnicas directas e técnicas indirectas. -Estampación plana: serigrafía e planografía (litografía e método permeográfico). -Outros métodos de reprodución: offset, método electrónico, Copy Art. -Aplicación das técnicas de gravado e estampación máis sinxelas na realización de traballos. Técnicas mixtas. -As técnicas no proceso artístico-cultural: estudo da evolución das técnicas gráfico-plásticas a través da historia da arte.

Page 55: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

55

CRITERIOS DE AVALIACIÓN. 1. Utilizar as técnicas e materiais máis comúns da expresión artística atendendo ao seu comportamento. Con este criterio comprobarase se o alumnado dispón dos recursos gráfico-plásticos básicos para expresarse artisticamente. Avaliarase a utilización das técnicas e os materiais gráfico-plásticos máis comúns (pigmentos, aglutinantes, cargas, disolventes etc.) e a súa relación con soportes e aparellos máis adecuados. 2. Seleccionar e aplicar a técnica específica para a resolución dun problema proposto. Avaliarase con este criterio a comprensión e aplicación dos coñecementos teóricos e técnicos na práctica artística, valorando a capacidade expresiva das técnicas e materiais empregados. 3. Mesturar diferentes materiais e utilizalos de forma combinada e con diferentes técnicas nunha creación gráfico-plástica tendo en conta as súas intencións expresivas e comunicativas. Avaliarase con este criterio a capacidade de relacionar técnicas e linguaxes visuais para realizar unha composición. Do mesmo xeito avaliarase a capacidade de utilizar, integrar e contextualizar distintos materiais na execución dunha obra, atendendo ao efecto visual que producen na composición e nas persoas que a contemplan. 4. Coñecer e planificar o proceso de creación e realización dun proxecto artístico, sexa debuxo, pintura ou gravado, tendo en conta os seus materiais, procedementos e fases. Con este criterio avaliarase a capacidade do alumnado para desenvolver un proxecto gráfico-plástico, con creatividade, aplicando os coñecementos a un fin predeterminado. 5. Establecer a relación entre diferentes modos de emprego das técnicas nas distintas épocas, estilos e culturas. Con este criterio avaliarase a comprensión das manifestacións artísticas de diferentes autoras e autores, de distintas épocas, segundo as técnicas e materiais empregados ao longo da historia en diferentes culturas. 6. Valorar como medios de expresión artística e comunicación aquelas técnicas e materiais que tradicionalmente non forman parte da linguaxe gráficoplástica. Con este criterio avaliarase a capacidade do alumnado para comprender e asumir a constante evolución e innovación das técnicas gráfico-plásticas.

Page 56: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

56

DESEÑO

O deseño podería dicirse, que é, sobre todo, un medio de humanización dos procesos industriais. O deseño nace como unha profesión dedicada a proxectar os produtos, as mensaxes e os ambientes que nos rodean. Mellora as súas calidades estéticas, achegando contidos culturais e optimizando o seu funcionamento. Os principios teóricos do deseño teñen os seus fundamentos nas teorías formuladas na Escola da Bauhaus a principios do século XX. Posteriormente xorden novas correntes, asociadas ás transformacións sociais, culturais e políticas que se van sucedendo. Hoxe en día, a identidade desta disciplina está tamén en proceso de transformación. Pasamos dunha sociedade da demanda a unha sociedade da oferta e o impacto da revolución tecnológica tamén vai mais alá da substitución dunhas ferramentas por outras máis eficaces. A tendencia parece dirixida a formular problemas máis que a solucionalos, desatendendo o moito que queda por resolver. Ante o papel relevante do deseño neste contexto de cambio, o ensino debe interpor recursos conceptuais e metodolóxicos. A materia de deseño está orientada a proporcionar unha base sólida acerca dos principios e fundamentos que constitúen esta actividade, así como a fomentar o proceso de reflexión e análise sobre unha práctica tan significativa na actualidade. Os coñecementos adquiridos na área de educación plástica e visual, na que xa aparecían contidos relacionados co mundo do deseño, achegaron unha base formativa de tipo xeral. O carácter aberto e interdisciplinario do contexto da materia complétase co resto das materias propias da modalidade sen renunciar á propia especificidade dos contidos da mesma. Estes contidos agrúpanse en catro bloques que fan referencia aos fundamentos do deseño, en xeral, e á súa aplicación; ao deseño gráfico, deseño de obxectos e deseño do espazo habitable. Esta presentación responde á intención de agrupar saberes e procedementos. Por iso o seu desenvolvemento non debe entenderse de forma lineal. OBXECTIVOS. A ensinanza de deseño no bacharelato terá como finalidade o desenvolvemento das seguintes capacidades: 1. Coñecer os principios e fundamentos que constitúen a actividade de deseño. 2. Comprender as raíces do deseño, a evolución do concepto, os seus diferentes ámbitos de aplicación e os factores que o condicionan. 3. Analizar e recoñecer os condicionantes funcionais e as funcións simbólicas no deseño actual. 4. Comprender a importancia de facer un uso non sexista da linguaxe visual, así como valorar a necesidade de non recorrer aos estereotipos nas mensaxes das súas propias creacións.

Page 57: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

57

5. Desenvolver unha actitude crítica sobre a idoneidade das solucións de deseño ofrecidas. 6. Valorar o papel de Galicia dentro do panorama da creación e da industria asociada ao deseño. 7. Valorar a importancia dos métodos no proceso de deseño e aplicalos no seu uso. 8. Resolver propostas de deseño, de distintos ámbitos e baixa tecnoloxía, de forma satisfactoria. 9. Discernir entre valores estéticos asociados a valores funcionais, fronte a ornamento e artificio. 10. Saber escoller e usar as técnicas gráfico-plásticas axeitadas para cada proxecto e empregalas de forma correcta. 11. Coñecer e experimentar as diferentes relacións compositivas e posibilidades que poden xerar os elementos visuais. 12. Comprender o papel do deseño na cultura contemporánea como referente de correntes estéticas. 13. Recoñecer a capacidade desta actividade para influír no contorno e recibir a súa influencia. 14. Desenvolver hábitos de traballo e investigación que animen o alumnado a superarse. 15. Valorar e respectar o traballo das outras persoas e a cooperación como método de traballo. CONTIDOS. -Valoración e recoñecemento da importancia do deseño na sociedade actual e da súa contribución ao progreso e a unha mellor calidade de vida para as persoas. -Recoñecemento da influencia do contexto social na demanda e produción de obxectos de deseño. -Identificación dentro do sistema icónico do medio cultural do alumnado de manifestacións ou produtos de deseño. -Desenvolvemento da capacidade analítica e sintética do alumnado, mellorando a súa capacidade para tomar decisións responsables, fundamentadas e críticas. -Fomento da participación do alumnado ante as controversias que poidan xurdir nos procesos de elaboración e resolución de problemas de deseño. - Busca, selección e comunicación de información e de conclusións empregando diferentes recursos e ferramentas, así como a terminoloxía axeitada. -Valoración das consecuencias ambientais da evolución tecnolóxica e mais da explotación de recursos naturais e recoñecemento da necesidade dun desenvolvemento sustentable. O deseño e o seu contexto. -Ideoloxía: carácter social, cultural e artístico do deseño. -Evolución: da artesanía á industria. -Campos de aplicación do deseño: deseño gráfico, industrial, interiorismo, deseño de moda, xoiaría, etc. Aproximación á realidade social, cultural e industrial asociada ao deseño en Galicia.

Page 58: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

58

-Aplicación dos métodos de deseño (creatividade, proxecto, maqueta, prototipo). Deseño gráfico. -Análise das funcións comunicativas do deseño gráfico: identidade, información e persuasión. -Elementos básicos da forma: o punto, a liña e o plano. Formas xeométricas básicas. Investigación sobre as devanditas formas. -A linguaxe visual: estrutura, composición e aplicacións. -Planificación do espazo. Repetición e ordenación: redes modulares. Simetría. Dinamismo. Deconstrución. -A cor: uso plástico e psicolóxico. -A textura: tipos e aplicacións. -A tipografía: familias tipográficas, evolución, características e aplicacións. -Áreas de aplicación do deseño gráfico. -O cartel: características e evolución histórica. -A identidade e a publicidade: marcas e logotipos. -A sinalética: características e aplicacións. -Técnicas gráficas aplicadas ao deseño: augada, colaxe, infografía. Deseño de obxectos. -Nocións de antropometría, ergonomía e biónica. -Sistemas de representación: sistema diédrico e axonometrías. Acotación, seccións, escalas e esbozos. Aplicacións. -Deseño de produto: proceso industrial. Nocións básicas sobre materiais, cor e sistemas de fabricación. Obxecto simple e obxecto articulado. -Principais acontecementos da historia do deseño industrial: o movemento Arts and Crafts, a Bauhaus, a Escola de Ulm, o deseño mediterráneo, o deseño escandinavo e outros. Deseño do espazo habitable. -Aplicacións de escalas nos distintos sistemas de representación. -A perspectiva cónica. -Organización do espazo habitable: distribución, itinerarios, percorridos. A proxémica e a psicología do espazo. -Estudo da cor, luz, texturas e ambientación. -Os factores ambientais no deseño de espazos habitables. -Nocións básicas de materiais e instalacións. Criterios de avaliación. 1. Utilizar os elementos básicos da linguaxe visual para establecer diferentes relacións compositivas e recoñecer posibles aplicacións destas estruturas en obxectos concretos de deseño. Este criterio busca valorar a capacidade compositiva, o uso adecuado dos elementos visuais e as súas relacións, así como as súas posibilidades expresivas, especialmente o uso da cor: as súas calidades funcionais e estéticas e a súa adecuación ás diferentes aplicacións segundo códigos semánticos e psicolóxicos. 2. Realizar proxectos elementais de deseño gráfico no campo da identidade, da sinalización, da edición e da publicidade. Este criterio trata de avaliar a capacidade de aplicar os coñecementos adquiridos na execución de proxectos concretos de deseño gráfico: composición, metodoloxía, linguaxe formal, linguaxe simbólica, retórica e condicionamentos funcionais. 3. Comprender as relacións do deseño coa natureza, a sociedade, a ideoloxía e a ética. Coñecer e describir as características fundamentais dos movementos

Page 59: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

59

históricos, correntes e escolas máis relevantes da historia do deseño. A través deste criterio preténdese avaliar se se comprende o deseño como unha actividade conectada sempre cun contorno natural e/ou cultural en que os factores específicos do deseño se atopan sempre mediatizados por factores contextuais. Tamén avaliará se se recoñecen as correntes e escolas máis relevantes. 4. Facer uso do método axeitado para o desenvolvemento proxectual do obxecto de deseño. O obxectivo deste criterio e saber se se valora a importancia da metodoloxía como ferramenta para a formulación, desenvolvemento e comunicación acertada do proxecto. 5. Determinar as principais familias tipográficas, establecendo nocións elementais de lexibilidade, estrutura, espazado e composición. Con este criterio preténdese comprobar a capacidade para usar de forma axeitada a tipografía seguindo criterios acertados na súa elección e composición. 6. Analizar diferentes obxectos de deseño, e determinar a súa idoneidade, realizando en cada caso un estudo da súa dimensión pragmática, simbólica e estética. A través deste criterio pódese xulgar a capacidade para analizar os aspectos formais, estruturais, semánticos e funcionais de diferentes obxectos de deseño, que poderán ser obxectos naturais, obxectos simples ou articulados de uso cotián, ou obxectos propios de deseño gráfico. 7. Coñecer nocións básicas de ergonomía e antropometría co fin de aplicalas no deseño. Este criterio trata de valorar o coñecemento e a posta en práctica de condicionamentos tan importantes como as medidas do corpo humano (estáticas e dinámicas) e as súas características co fin de optimizar o uso dun obxecto de deseño. 8. Realizar unha proposta elemental de deseño industrial, co fin de deseñar un obxecto seguindo un proceso metodolóxico axeitado na súa formulación, representación e execución. Con este criterio preténdese avaliar a capacidade para adecuar e articular os condicionamentos que inciden no deseño, xustando os materiais, cor e procesos de fabricación á súa proposta, así como a correcta utilización de técnicas e sistemas de representación. 9. Realizar un proxecto elemental de espazo habitable, empregando un proceso metodolóxico axeitado no desenvolvemento do proxecto. Este criterio servirá para avaliar a capacidade de atopar solucións de habitabilidade, distribución e circulación no espazo, adecuando o uso de materiais, iluminación, cor e instalacións, empreñando correctamente as técnicas e sistemas de representación.

Page 60: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

60

DEBUXO ARTÍSTICO II

O debuxo é un medio de comunicación que xorde como resposta do ser humano ao contorno con que se relaciona. Non o debemos entender como un simple paso de cara á creación da obra de arte, pois tamén é un medio que lle permite ao ser humano expresar as súas ideas, sensacións e sentimentos. Na sociedade contemporánea a imaxe é un dos medios de expresión máis comúns e universais, que consegue ir máis aló das fronteiras establecidas pola linguaxe da fala, permitindo transmitir ideas a través da linguaxe gráfica. A súa importancia queda patente desde o momento en que consegue converter boa parte das súas creacións en iconas que pasan a formar parte do patrimonio cultural da humanidade. Para poder organizar do xeito máis conciso posible esta materia, o currículo de debuxo artístico estrutúrase en dous anos consecutivos, formulando os seus contidos en diferentes bloques baseados na dobre articulación en que tradicionalmente se estrutura a función do debuxo, o debuxo narrativo e o descritivo. Apuntalar uns coñecementos prácticos e teóricos sobre estes dous niveis non implica a exclusión Boutros (o debuxo de ilustración, o debuxo de ornamentación, o debuxo de expresión), senón que fai referencia á orientación primordial destes dous bloques, sen que por iso desatendamos os outros niveis nun plano secundario. Esta estrutura obedece á necesidade proxectiva e expresiva da materia de debuxo, pensada para dotar o alumnado dunha poderosa ferramenta de ideación e expresión, tanto a través da proxección da idea mental, como a través da observación do mundo sensible, como fonte moi probable deste mundo de ideas. A materia do primeiro curso estrutúrase principalmente en bloques de coñecemento dos elementos que constitúen a forma e a súa articulación e organización no espazo, e de xeito máis superficial a interpretación e percepción da cor. Na materia de segundo afóndase no estudo de relacións estruturais entre as formas e as súas variables espaciais e lumínicas. Explícase o sentido do debuxo desde distintas intencións comunicativas e desenvólvese o uso correcto dos seus instrumentos e materiais. Engadimos un bloque final especificamente dedicado á representación da figura humana, tradicionalmente tema principal de atención ao longo da historia da arte, non só como referente estético de cada unha das súas etapas, senón como referencia de medida e relación entre a persoa e a súa propia produción. A finalidade desta materia é a de fomentar o desenvolvemento da sensibilidade artística e a creatividade do alumnado, incorporando intencións expresivas á súa linguaxe plástica ademais dos recursos procedementais propios da técnica do debuxo. Así mesmo, o estudo desta materia deberá contribuír a estimular a sensibilización estética e a comprensión da obra artística, para achegarse con interese e baixo un criterio propio á historia da arte.

Page 61: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

61

OBXECTIVOS

A ensinanza do debuxo artístico no bacharelato terá como finalidade o desenvolvemento das seguintes capacidades: 1. Coñecer e distinguir os elementos básicos que configuran a forma e empregalos correctamente na representación de obxectos e estruturas. 2. Aprehender a estrutura interna dos obxectos que se representan e interpretala graficamente. 3. Distinguir os datos esenciais que configuran a forma, prescindindo dos detalles superfluos ou decorativos e atendendo ás proporcións das distintas partes que a configuren para debuxar estruturas formais. 4. Utilizar e desenvolver a memoria visual e a retentiva para elaborar imaxes, tanto desde un punto de vista obxectivo como subxectivo. 5. Utilizar a observación e o estudo directo das formas da natureza como fonte de reflexión para representacións de carácter subxectivo. 6. Interpretar unha forma ou conxunto de formas con diferentes intencións comunicativas ou expresivas. 7. Coñecer e aplicar a terminoloxía básica, así como os materiais, técnicas e procedementos adecuados á finalidade pretendida, adoptar criterios persoais e proceder de xeito racional na resolución das propostas de traballo. 8. Coñecer e utilizar os fundamentos teóricos da cor e o seu uso nas creacións plásticas de xeito razoado e expresivo. 9. Achegar nos debuxos solucións expresivas de carácter subxectivo, como medio para desenvolver a sensibilidade estética, a creatividade e o pensamento. 10. Coñecer os fundamentos compositivos e aplicalos en obras propias e na análise de obras alleas.

CONTIDOS A forma. Análise e modificación da forma. -Percepción e descrición obxectiva da forma. -Modelo analítico e modelo sintético. -Retentiva e memoria visual. Consideracións mnemotécnicas. -Variacións da aparencia formal respecto ao punto de vista perceptivo. -A representación da forma con fins expresivos. A expresión da subxectividade. -A psicoloxía da forma e a composición. Estudo e aplicación dos elementos compositivos que rexen a intención expresiva das creacións plásticas. -Comportamento e interrelación de formas tridimensionais no espazo. -Valor expresivo da luz e da cor. -A ruptura da tradición figurativa e o nacemento de novas interpretacións da realidade. O corpo humano como modelo. -Análise da figura humana. Relacións de proporcionalidade. -Nocións básicas de anatomía artística.

Page 62: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

62

-Estudo e representación do movemento na figura humana. -Antropometría. Relacións da figura humana co espazo arquitectónico e co contorno natural. Materiais e as técnicas do debuxo. Ampliación de co ñecementos. -Técnicas secas máis comúns e a súa aplicación. -Introdución ás técnicas húmidas e á súa aplicación. CRITERIOS DE AVALIACIÓN. 1. Saber interpretar unha mesma forma ou obxecto en diversos niveis icónicos en función das distintas intencións comunicativas utilizando correctamente a terminoloxía específica, materiais e procedementos correspondentes. Con este criterio preténdese valorar a capacidade de percibir visualmente as formas e representalas axustándoas ao carácter e á finalidade comunicativa pretendida, así como a elección e aplicación adecuada da técnica e dos materiais seleccionados. 2. Realizar debuxos descritivos de formas naturais e saber modificalas posteriormente segundo a súa intención comunicativa. Con este criterio valorarase a captación dos aspectos esenciais de formas naturais e as súas partes máis representativas e a súa posterior modificación formal en función das distintas intencións comunicativas. 3. Representar graficamente as diferentes aparencias dun obxecto tendo en conta a súa orientación respecto do punto de vista da persoa observadora. Mediante este criterio valorarase a capacidade para debuxar os cambios de aparencia dunha forma atendendo aos puntos de vista habituais e non habituais. 4. Representar graficamente conxuntos de volumes xeométricos ou doutra natureza, aplicando os coñecementos de proporción e deformacións perspectivas. Preténdese valorar con este criterio o desenvolvemento da capacidade de representar as proporcións relativas dos volumes e os efectos provocados pola posición dos mesmos no espazo. 5. Describir graficamente, de forma lineal, clara e explicativa, o esencial de formas retidas na memoria despois de ser observadas brevemente. Trátase de avaliar con este criterio o desenvolvemento da capacidade de memorización e retentiva visual e a representación sintética das formas observadas. 6. Debuxar a figura humana atendendo principalmente á relación de proporcións e á expresividade do movemento. Trátase de avaliar con este criterio os coñecementos básicos de anatomía humana, as proporcións entre as distintas partes que a compoñen, a súa posición e a súa relación co espazo. 7. Representar graficamente o contorno máis próximo co fin de expresar termos espaciais e efectos perspectivos de profundidade, así como a valoración de proporcións e contrastes lumínicos. Valorarase con este criterio a elección intencionada e selectiva dos datos formais que expresen graficamente as formas e o espazo dos contornos elixidos, superando o rigor e exactitude dos sistemas de representación técnicos. 8. Coñecer e apreciar a evolución da interpretación das formas nas vangardas artísticas do século XX. Con este criterio preténdese sensibilizar o alumnado na valoración e actuación crítica ante as diferentes expresións artísticas producidas durante o século pasado.

Page 63: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

63

9. Valorarase a entrega a tempo dos ejercicios propostos atendendo o criterio de necesaria disciplina 10. Cada avaliación constará dunha proba – exame pratica ( 60%), duns traballos feitos na clase ( 30%) e Boutros realizados na casa (10%) 11. O remate do curso terase en conta as tres avaliacions 12. A proba – simulacro de selectividade realizada realizada na terceira avaliación terá valor de exame da terceira avaliación e non global 13. Realizaranse exames de recuperación dos exames das duas primeiras avaliacions que terán valor de exames (60%)

Page 64: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

64

DEBUXO TÉCNICO II

Desde a antigüidade o ser humano utilizou o debuxo como un medio de representación con que comunicarse e expresarse. O debuxo técnico, cos seus primeiros pasos que se remontan máis de 2.000 anos na historia, representa aquela parte do debuxo que trata de darnos unha visión da realidade da forma máis fiable posible fronte ao debuxo artístico que busca comunicar ideas e sensacións. O debuxo técnico tal como o entendemos na actualidade nace nos albores do século XIX e toma Corpo con achegas posteriores tan decisivas coma a xeometría descritiva, que facilita a representación de formas tridimensionais sobre superficies bidimensionais, e a normalización, aquel conxunto de regras e preceptos que garante o proceso de planificación, elaboración, aplicación e mellora das distintas actividades relacionadas co deseño e a fabricación do produto. Tradicionalmente os contidos desta materia agrúpanse en tres grandes seccións, sempre relacionadas entre si, aínda que con entidade propia: a xeometría métrica aplicada, utilizada para resolver problemas xeométricos e de configuración de formas planas; a xeometría descritiva, que nos axuda a representar sobre un soporte plano o debuxo de formas e corpos volumétricos; e a normalización, que ten por obxectivo unificar os criterios da representación gráfica. No desenvolvemento das actividades profesionais que se relacionan co debuxo técnico, cada vez cobra máis forza o uso das novas tecnoloxías, polo que hoxe en día os deseños curriculares tratan de recoller o uso de programas asistidos por ordenador. Con todo, o seu uso non debe ser entendido como un contido curricular máis, senón como unha ferramenta de axuda nun futuro exercicio rofesional e no ámbito educativo. OBXECTIVOS. A ensinanza do debuxo técnico no bacharelato terá como finalidade o desenvolvemento das seguintes capacidades: 1. Utilizar adecuadamente e con destreza tanto os instrumentos como a terminoloxía específica do debuxo técnico. 2. Valorar a importancia que ten o correcto acabamento e a presentación do debuxo no referido á diferenciación dos distintos trazos que o configuran, a súa exactitude e a limpeza e o coidado do soporte. 3. Considerar o debuxo técnico como unha linguaxe científica, valorando a necesidade de coñecer a súa sintaxe para poder expresar e comprender a información. 4. Coñecer e comprender os principais fundamentos da xeometría métrica aplicada para resolver problemas de configuración e descrición de formas no plano.

Page 65: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

65

5. Comprender e empregar os sistemas de representación para resolver problemas xeométricos no espazo e representar figuras tridimensionais no plano. 6. Valorar a universalidade da normalización no debuxo técnico e aplicar as principais normas UNE e ISO referidas á obtención, posición e acoutamento das vistas das formas descritas. 7. Conseguir a destreza e a rapidez necesarias ao empregar o esbozo e a perspectiva a man alzada como medios de expresión gráfica. 8. Planificar e reflexionar sobre o proceso de realización de calquera construción xeométrica tanto de forma individual como colectiva, sendo capaces de establecer con flexibilidade e responsabilidade as relacións necesarias naquelas actividades que requiran dun traballo colectivo. 9. Integrar os coñecementos de debuxo técnico dentro dos procesos tecnolóxicos e en aplicacións da vida cotiá, revisando e valorando o estado de consecución do proxecto ou actividade sempre que sexa necesario. 10. Interesarse polas novas tecnoloxías e os programas de deseño, utilizando e valorando as súas posibilidades na elaboración dos planos técnicos dun proxecto.

CONTIDOS Trazados xeométricos. -Trazados no plano: ángulos na circunferencia, arco capaz. -Proporcionalidade e semellanza: escalas normalizadas, triángulo universal de escalas e de escalas transversais. -Polígonos: construción de triángulos, aplicación do arco capaz. Construción de polígonos regulares a partir do lado. -Potencia. -Transformacións xeométricas no plano: transformacións isomórficas: a homoloxía, a afinidade e a inversión. -Tanxencias: aplicación dos conceptos de potencia e de inversión. -Curvas cónicas e técnicas. Sistemas de representación. -Sistema diédrico: abatementos, xiros e cambios de plano. Verdadeiras magnitudes e interseccións. Representación de formas poliédricas e de revolución. Representación de poliedros regulares. Obtención de interseccións con rectas e planos. Obtención de desenvolvementos. -Sistema axonométrico ortogonal e oblicuo: fundamentos, proxeccións, coeficientes de redución. Obtención de interseccións e verdadeiras magnitudes. Representación de figuras poliédricas e de revolución. -Sistema cónico: fundamentos e elementos do sistema. Perspectiva central e oblicua. Representación do punto, da recta e do plano. Obtención de interseccións. -Sistema de planos acotados. Representación do punto, recta e plano; as súas relacións e operacións (transformacións) máis usuais. Normalización. -Análise e exposición das normas referentes ao debuxo técnico. -Principios de representación: posición e denominación das vistas no sistema europeo e americano. Elección das vistas e vistas particulares.

Page 66: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

66

-Principios e normas xerais de acotación no debuxo industrial e no debuxo de arquitectura e construción. CRITERIOS DE AVALIACIÓN. 1. Resolver problemas xeométricos valorando o método e o razoamento das construcións, o seu acabamento e presentación. Coa aplicación deste criterio preténdese saber o nivel alcanzado no coñecemento e dominio dos trazados xeométricos no plano e a súa aplicación práctica na construción de triángulos, cuadriláteros e polígonos en xeral e construción de figuras semellantes, equivalentes, homólogas ou afíns a outras dadas. 2. Executar debuxos técnicos a distinta escala, utilizando a escala establecida previamente e as escalas normalizadas. Trátase de valorar a capacidade para aplicar na práctica os conceptos relativos ás escalas así como o traballo con distintas escalas gráficas na execución ou reprodución de debuxos técnicos. Valorarase igualmente a destreza e a precisión. 3. Resolver problemas de tanxencias de xeito illado ou inseridos na definición dunha forma, xa sexa esta de carácter industrial ou arquitectónico. A través deste criterio valorarase, tanto o coñecemento teórico como a súa aplicación práctica na definición de formas constituídas por enlaces. Valorarase especialmente o proceso seguido na súa resolución e a precisión na obtención dos puntos de tanxencia. 4. Resolver problemas xeométricos relativos ás curvas cónicas en que interveñan elementos principias destas, interseccións con rectas ou rectas tanxentes. Trazar curvas técnicas a partir da súa definición. Este criterio permitirá coñecer o grao de comprensión adquirido das propiedades e características das curvas cónicas e técnicas, para podelas definir graficamente a partir de distintos supostos. Valorarase ademais do proceso seguido na resolución do problema, a exactitude e precisión na definición das curvas ou dos puntos de intersección ou tanxencia. 5. Utilizar o sistema diédrico para resolver problemas de posicionamento de puntos, rectas, figuras planas e corpos, e as relacións que establecen entre elas no espazo. A intención deste criterio é valorar o nivel acadado polo alumnado na comprensión do sistema diédrico e na utilización dos métodos da xeometría descritiva para representar formas planas ou corpos e as súas relacións. 6. Realizar a perspectiva dun obxecto definido polas súas vistas ou seccións e viceversa, executadas a man alzada e/ou delineadas. Preténdese avaliar con este criterio a visión espacial desenvolta e a capacidade de comprender e relacionar os distintos sistemas de representación estudados, ademais de valorar as habilidades e destrezas adquiridas no manexo dos instrumentos e no trazado a man alzada. 7. Definir graficamente pezas e elementos industriais ou de construción, aplicando correctamente as normas referidas a vistas, cortes, seccións, roturas e anotación. Establécese este criterio para avaliar en que medida o alumnado é capaz de elaborar os planos técnicos necesarios para describir e/ou fabricar un obxecto ou elemento, de acordo coas normas establecidas no debuxo técnico. 8. Empregar o sistema de planos acotados, xa sexa para resolver problemas de interseccións, xa para obter o perfil dun terreo a partir das súas curvas de

Page 67: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

67

nivel. Mediante a aplicación deste criterio, avaliarase o nivel de coñecemento do sistema de planos acotados para utilizalos na resolución de casos prácticos. Así mesmo, a utilización de escalas permitirá igualmente, coñecer o nivel de integración dos coñecementos que se van adquirindo. 9. Culminar os traballos de debuxo técnico, utilizando os diferentes recursos gráficos, de forma que estes sexan claros, limpos e respondan ao obxectivo para os que foron realizados. Con este criterio quérese valorar a capacidade para dar distintos tratamentos ou aplicar diferentes recursos gráficos ou ata informáticos, en función do tipo de debuxo que se vai realizar e das distintas finalidades deste. Este criterio deberá integrarse no resto de criterios de avaliación na medida que lles afecte.

TEMPORALIZACIÓN En xeral, o departamento determinará un exame por avaliación coincidindo os contidos exisidos para esa avaliación. A temporalización da materia nas avaliacións será determinada pola secuencia habitual do curso. Ademáis teranse en conta a realización dos traballos mandados polo profesor/a. Pode determinarse que na última avaliación se realiacen dous exames como recuperación da materia pendente no curso según o desenrolo en cada grupo. O exame de setembro comprenderá toda a materia dada no ano escolar.

RECURSOS DIDACTICOS

Dado que non está determinado o uso dos libros de texto polo departamento co gallo da non existencia destes para a maoior parte da materias do bacharelato artístico, o profesorado pode estimar pertinente o uso de calquer recurso que estime necesario e adecuado para levar a cabo a boa ralización da programación vixente en cada materia. Estarán así comprendidos todolos materias dos que dispón o centro, ( dando importancia o uso das TIC) asi como todo material e matodoloxía que se considere procedente.

Page 68: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

68

CRITERIOS DE AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN

O longo do curso realizaranse 3 avaliacións, ademais da final e da correspondente a convocatoria de setembro para os cursos de Bacharelato e dá ESO. O tratarse do ensino dunha materia cunha gran parte de desenrolo práctico, consideramos a asistencia ás clases como indispensable para poder valorar ás capacidades do alumno e poder avaliar o traballo diario no aula. Para outorgar a nota correspondente a cada avaliación teranse en conta ademais de, polo menos, dous exames escritos, previamente anunciados o longo do trimestre, calquera exercicio recollido dos realizados durante a clase, o traballo realizado por cada alumno na casa, a súa actitude e tódolos aspectos que poidan axudar o profesor/a a acadar unha valoración o máis xusta e obxectiva posible dos méritos do alumno. Esta valoración será responsabilidade exclusiva do profesor/a. Os exercicios realizados polos alumnos valoraranse non só pola cantidade de erros e acertos senón tamén pola importancia dos mesmos. O 60% dá nota corresponderá ás probas escritas, quedando o 40% restante para valorar a parte práctica dá materia, actitude, participación, etc. Para valorar este 40% será necesario a asistencia regular ás clases, sendo esta, requisito indispensable para aprobar a materia. O aprobado require obter o 50% en cada unha das dúas partes mencionadas non punto anterior. A nota final non se baseará na nota dun único exame, nin será a nota media das avaliacións, senón que se estimará segundo o nivel acadado polo alumno durante todo o último trimestre, tendo en conta todas as probas realizadas o longo do curso, así coma todas as notas de clase, valorando que a nota media das avaliacións leve unha progresión ascendente. Os alumnos de Bacharelato que perden o dereito á avaliación continua polas faltas de asistencia ás clases, deberán realizar unha proba final que será unha proba teórico - práctica incluíndo tódolos contidos do curso. Non caso de 2º de Bacharelato ademais dás probas citadas, os alumnos poderán realizar unha proba de selectividade. O aprobado require un 50% en cada unha das partes mencionadas. Aqueles alumnos que teñan que se presentar á convocatoria de setembro serán avaliados polos coñecementos demostrados nese exame exclusivamente.

Page 69: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

69

AVALIACION PENDENTES

Para os alumnos que teñan pendente en Bacharelato a materia do curso anterior, ademais da convocatoria de final de curso, farase outro exame, tamén global, nos meses de xaneiro ou febreiro, no que se lles esixirá a totalidade da materia vista non curso anterior. Non caso de non superar ningunha das dúas probas, acudirán a convocatoria de setembro. Os alumnos que teñan pendente a materia do curso anterior dá ESO realizarán un exame por trimestre, englobando o último exame trimestral toda a materia. Os alumnos libres examinaranse seguindo o calendario marcado pola Xefatura de Estudos. O Seminario convocará os alumnos que teñen a materia pendente a primeiros do curso, e propoñerá unha serie de actividades a facer polo alumnado previo o exame oficial. O exame realizarase a partir dos exercicios propostos tendo en conta o interese do alumnado na realización das actividades propostas. A realización do traballo non será excluinte do requirimento de presentarse o exame.

PROGRAMACIÓN DOS TEMAS TRANSVERSAIS

A educación ambiental é un contido transversal que os alumnos poden traballar a partir da observación dos distintos elementos do seu entorno e o respecto que debemos ter para conservalo. A educación para a igualdade entre os sexos trátase no sentido de axuizar ás produccións icónicas que nos rodean para que ás mensaxes que emiten non sexan discriminatorias. O tratar os códigos que utilizan ás linguaxes visuais faise especial fincapé na estructura dos sinais informativos, o que pode introducir o alumno nos principios da educación viaria. Os medios de comunicación tratados: cinema, prensa e televisión, son un instrumento privilexiado para analizar criticamente os seus intereses e valores A versatilidade de formas que se analizan dende un punto de vista social e cultural relaciónase directamente coa educación moral e cívica . A cor permite traballar a educación do consumidor , pois nos medios publicitarios exerce un importante efecto sobre ou comportamento do consumidor. Por exemplo, nos anuncios de Coca-Cola ou Amena, ás súas cores corporativas, vermello e verde respectivamente, adoitan asolagar todas

Page 70: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

70

ás imaxes coma se a súa presenza indicase a necesidade de que ocupen un lugar na nosa vida cotiá. O tipo de iluminación, a súa dirección, calidade e intensidade inflúen física e psiquicamente nas persoas, esto permite traballar a educación para a saúde . Por exemplo, a luz verdosa produce un efecto sedante e a luz avermellada produce tensión e acelera ou ritmo cardíaco.

ATENCIÓN A DIVERSIDADE

Ás orientacións para ou tratamento metodolóxico da materia a impartir destaca a obrigatoriedade do principio global da actividade educativa da atención á diversidade. Sabemos que entre os nosos alumnos pódese apreciar unhas diferenzas de intereses, capacidades, coñecementos, e procesos de motivación. Desta maneira, o momento de impartir ás clases o profesorado terá en conta os diferentes tipos de contidos de referencia, relacionando sempre estes coas habilidades e ás estratexias propias da materia, ou mesmo tempo que son presentados nunha grande variedade de situacións practicas. Tanto os libros de texto elixidos polo seminario de Debuxo para impartir clase como todo o material complementario do que dispón o seminario, son un grande apoio non momento de respectar ás diferenzas de comprensión e de expresión. Soamente o profesorado, no contexto dá súa clase e segundo a relación co seu grupo pode determinar cunha máis grande precisión o momento de tratar certos contidos, a profundidade con que facelo, as actividades a realizar para conseguir unha aprendizaxe axeitada deses contidos dependendo da diversidade do grupo.

Page 71: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

71

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

Dentro das actividades organizadas polo Seminario están: – Colaboración co Seminario de Francés da EOI de Pontevedra para a

realización dun traballo a determinar polos profesores colaboradores. – Participación no proxecto Comenius designado o centro.

Non se descarta a realización de actividades culturais que o seminario estime interesantes, como conferencias, visitas a exposicións, excusións, etc. Estas actividades non se poden determinar pois depende da programación cultural dos concellos, a universidade, fundacións, etc.

COMPETENCIAS BÁSICAS

Nunha sociedade en que os coñecementos se encontran en permanente transformación, o mellor legado que podemos darlles aos alumnos é o da transmisión dos mecanismos necesarios que lles permitan integrarse eficaz e construtivamente na sociedade en que viven para que, finalmente, incluso poidan cooperar de maneira persoal nesas transformacións. Os currículos actuais, aínda destacando a vertente conceptual nos contidos, subliñan nos obxectivos xerais da Etapa, nos obxectivos das materias e nos criterios de avaliación, a importancia da adquisición de ferramentas de traballo (análise, esquemas, busca e selección de información significativa etc.) que vaian articulando estratexias de aprendizaxe autónoma. Iso materializa unha das dimensións da educación vinculadas ao desenvolvemento da función titorial e orientadora a través da docencia: o ensinar a pensar e traballar e o ensinar a emprender, mostrar iniciativas e decidir. A LOE xa identifica, nos compoñentes do currículo, as competencias básicas. Os currículos oficiais determináronas de acordo a supostos educativos impulsados desde a Unión Europea e organismos internacionais. As competencias van constituír un referente de capacidade nos alumnos para saber facer, para obrar; serán concretadas nas distintas materias e configurarán un dos eixes esenciais para guiar o proceso de ensinanza-aprendizaxe e o proceso avaliador.

Page 72: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

72

Os programas da Administración, en liña co concepto de currículo disposto no artigo 6 da LOE, destacan o valor das competencias básicas. A Lei, no seu art. 26.1 (principios pedagóxicos da ESO) determina que nesta etapa se lle prestará especial atención á adquisición e desenvolvemento de competencias básicas. Estas serán referente dos procesos de ensinanza-aprendizaxe e de avaliación (promoción, titulación e avaliación de diagnóstico ao finalizar segundo). Todo iso implica que as ensinanzas que se establecen no currículo oficial e a súa concreción nos centros teñen que garantir o desenvolvemento das competencias básicas polos alumnos. As competencias básicas defínense (Escamilla e Lagares, 2006) como capacidades relacionadas, de maneira prioritaria, co saber facer; a consideración de funcionalidade e practicidade da competencia non a reduce a un carácter meramente mecánico; o saber facer posúe, tamén, unha dimensión de carácter teórico-comprensivo (compoñentes, claves, tarefas, formas de resolución) e, tamén unha dimensión de carácter actitudinal (que permite dispoñer a bagaxe de coñecementos, a súa mobilización e a valoración das opcións). Supoñen, pola súa complexidade, un elemento de formación ao que hai que achegarse, de maneira converxente (desde distintas materias) e gradual (desde distintos momentos e situacións de aprendizaxe -cursos, etapas). Os novos currículos de ESO identificaron oito competencias básicas para o conxunto da escolaridade obrigatoria. Son as seguintes:

1. Comunicación lingüística. 2. Matemática. 3. Coñecemento e na interacción co mundo físico. 4. Tratamento da información e competencia dixital. 5. Social e cidadá. 6. Cultural e artística. 7. Aprender a aprender. 8. Autonomía e iniciativa persoal.

O desenvolvemento destas competencias básicas constitúe, nas nosas concrecións do currículo, unha obriga; pero deberemos materializalas en enunciados máis concretos que, desde cada materia, definan medios operativos que identifiquen a corresponsabilidade de cada ámbito do currículo para a súa adquisición e desenvolvemento. Desta maneira, mostraremos unhas competencias específicas como elementos de desempeño en contextos determinados de ensinanza-aprendizaxe; quedarán supeditadas, pois, ás

Page 73: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

73

básicas. No noso documento mostramos esa relación de compromiso a través da explicitación do número que a acompaña nos documentos oficiais O carácter integrador dunha materia como a Educación Plástica e Visual fai posible que o seu proceso de ensino/aprendizaxe permita contribuír activamente o desenvolvemento das competencias básicas da Educación Obrigatoria.

A competencia que se vincula de forma máis natural a este ámbito de coñecementos é a competencia artística e cultural. A nosa materia proporciona un ámbito de vivencias, relacións e coñecementos que fan posible a familiarización cos diferentes códigos artísticos desde o contexto de Galicia e do Estado. Isto implica ampliar as posibilidades de representación mental e coñecemento e, así mesmo, as posibilidades de expresión e creación. Desde as primeiras aprenderá a captar, atender, manter a atención, discriminar, relacionar e apreciar os valores estéticos e culturais das producións artísticas, tanto as propias coma as dos demais. Desde as posibilidades expresivas facilítase a comunicación a outros de ideas e sentimentos, a liberación de tensións e a manifestación destas en produtos novos, persoais e orixinais. O desenvolvemento desta competencia facilitará a interpretación crítica, por parte do alumno, de imaxes do ámbito cultural, sendo sensible ás súas calidades plásticas, estéticas e funcionais. Ademais recoñecerá a importancia dos valores culturais e estéticos do patrimonio que pode apreciarse en Galicia, o español e o universal, contribuíndo ao seu respecto, conservación e mellora. Tamén a materia facilita o desenvolvemento da competencia social e cidadá. A expresión e creación artística estimula o traballo en equipo e proporciona situacións propicias a traballar o respecto, a tolerancia, a cooperación e a flexibilidade: contribúese á adquisición de habilidades sociais. A expresión plástica e visual de emocións e vivencias relacionados cos dereitos e liberadas cívicos pode ser un espazo apropiado para o coñecemento e a reflexión sobre situacións de gran valor formativo desde unha perspectiva social afectiva e moral.

O tratamento da información e a competencia dixital vense enormemente favorecidas polos traballos propios da materia; esta competencia impulsarase con tarefas que poden ir desde a análise de mensaxes do ámbito audiovisual e multimedia ao emprego de medios tecnolóxicos puntuais para expresar e crear.

A Educación Plástica e Visual esixe e facilita o desenvolvemento de habilidades relacionadas co pensamento científico: formular hipóteses, observar, experimentar, descubrir, reflexionar, analizar, extraer conclusións e xeneralizar. Tamén require e posibilita o contacto coa natureza e a sensibilización cara a aspectos relacionados coa conservación, coidado e reciclaxe de materiais para configurar unha obra persoal. Todo isto implica unha relación clara coas competencias de coñecemento e interacción co mundo físico, aprender a aprender e iniciativa e autonomía persoal (que implican aprender a trazar proxectos, a aproveitar recursos, a valorar posibilidades, anticipar resultados e avalialos).

Page 74: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

74

A evolución nos elementos de percepción e estruturación do espazo a través dos contidos de xeometría e da representación das formas coopera de forma significativa a que o alumnado adquira a competencia matemática.

Finalmente, a competencia en comunicación lingüística relaciónase co desenvolvemento das habilidades e estratexias para o uso da linguaxe verbal como vehículo para expresar as ideas, emocións e sentimentos que a contemplación, a análise e/ou a creación dunha obra plástica e visual levan consigo; así mesmo, fai posible a comunicación na aula á hora de transmitir mensaxes vinculadas a técnicas, materiais e instrumentos. A lectura de textos relacionados con contidos da materia é esencial tamén; familiarizarse cos comentarios e valoracións de críticos e creadores de diversos ámbitos (cinema, televisión, pintura, escultura) axudaralles aos alumnos a comprender, avaliar e forxar un criterio persoal. O seu cultivo favorecerá o respecto e aprecio pola lingua galega como lingua propia de Galicia e como parte fundamental do seu patrimonio cultural, como elemento fundamental para o mantemento da súa identidade.

PLAN LECTOR

� Lectura do libro de texto coa axuda do profesor/a para a comprensión do

mesmo � Transformación de textos en colaboración cos departamentos de línguas

extranxeiras. Ditos departamentos aportan letras de cancións de onde os alumnos /as extraerán conceptos que representeran plásticamente nas diferentes materias impartidas polo departamento de debuxo

� Realización de guións, utlizados para a producción de cómic, fotonovela, corto de video, etc.

PLAN TIC

O Departamento de Debuxo promoverá a utilización das novas tecnoloxías en tódolos campos a súa disposición, sobre todo en materias como Deseño ou Volume impartidas no Bacharelato Artístico.

Page 75: PROGRAMACION SEMINARIO DE DEBUXO

75

EN ACORDO CO EXPOSTO: CARBALLA VILLANUEVA, FERNANDO – XEFE DEPARTAMENTO