Programación do VI FITO

7
D O 5 A O 1 8 D E O U T U B R O D E 2 0 1 3 w w w . f i t o o u r e n s e . c o m

description

Programación do VI Festival Internacional de Teatro de Ourense

Transcript of Programación do VI FITO

Page 1: Programación do VI FITO

DO 5 AO 18 DE OUTUBRO DE 2013

www.fi toour ense

.com

P A T R O C I N A N E C O L A B O R A N

O R G A N I Z A

Page 2: Programación do VI FITO

DO 5 AO 18 DE OUTUBRO DE 2013

www.fi toour ense

.com

ACTIVIDADES PARALELAS

Días 7, 8, 13 e 14 ■ 13:00 e 20:00 Rúas da cidade

COMPAÑÍA: Trécola TeatroESPECTÁCULO: Tiékoro (dinamización FITO)

Martes 8 ■ 11:00 Auditorio Municipal

Máster class a cargo do director Palle GranhøjDestinada a bailaríns e actores profesionais. Gratuíta previa inscrición no correo electrónico [email protected] Duración 90 minutos.

Luns 14 ■ 20:30 Campus Universitario

(Sala Multiusos, Edificio de Ferro)Obradoiro do espectador a cargo da compañía Chévere TeatroEntrada Libre. Duración 90 minutos

VENDA DE BILLETES nas billeteiras dos espazos onde son as representacións desde o primeiro día do Festival para todos os espectáculos programados nese espazo.Auditorio Municipal –988 39 12 90– 2 horas antes do comezo dos espectáculos.Teatro Principal –988 39 10 69– de 12:00 a 14:00 e 2 horas antes do comezo dos espectáculos.Campus Universitario 1 hora antes do comezo do espectáculo.

TARIFAS: 8€ no Auditorio e Teatro Principal. 3€ no Campus. 4€ parados, xubilados e estudantes presentando o carné en persoa.O espectáculo de Teatro do Atlántico, «A charca inútil», está suxeito á tarifa da RGT de 12€ en patio de butaca.Libres os espectáculos e animacións de rúa e no Centro Municipal - Banco de España.

Máis información en www.fitoourense.com

O VI Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) terá lugar este outono entre os días 5 e 18 de outubro de 2013, grazas ao apoio das Institucións (Concello, Deputación, INAEM e Vicerreitorado da Universidade de Vigo). Grazas, tamén á xenerosidade e im-plicación co evento das Compañías participantes; ao compromiso dun equipo entregado (malia os atrancos, a brutal crise imposta e os recortes); aos espectadores e colectivos culturais que o alentan. E, por riba de todo, coa certeza común de que é nutritivo –máis ca nunca– seguir creando pontes, abrindo portas con este Encontro, referente alén das nosas fronteiras e patrimonio xa da nosa Comunidade.

Que poderemos ver nesta edición?

Un dos grandes nomes da escena europea, o coreógrafo danés Palle Granhøj, director da compañía Granhøj Dans, con recoñecemento internacional pola súa orixinalidade e ao alto nivel do traballo desenvolvido durante vinte anos. Ou La Mona Ilustre, nova compañía chi-lena que presenta un fermoso traballo con obxectos e vén de colleitar aplausos e premios.

Creadores doutras comunidades autónomas tan estimulantes como Markeliñe, compañía do País Vasco, que se dedica a facer un teatro xestual e visual, sorprendente e irónico. Con Adentro Teatro, Tristán Ulloa dirixe por primeira vez a que está sendo unha das sorpre-sas da tempada, «En construcción», traballo hispano/arxentino que hipnotiza con humor e tenrura. Do que se di que é íntimo, emocionante e necesario. Asemade visitarannos desde Andalucía GL Producciones dirixida por Veronese, sólido director arxentino de pres-tixio indiscutíbel cun texto intelixente e de delicada retranca.

Os espectadores poderán gozar coas propostas das compañías galegas de longa traxecto-ria e veteranía como Teatro do Atlántico, xunto con Chévere, Premio do Público no Festival de Cangas ou Abrapalabra, Premio no Festival de Ribadavia. Que Matarile volva ao Teatro Galego, despois de tres anos de paréntese na súa actividade recoñecida internacional-mente, é unha Festa. O momento é do «máis difícil aínda», pero con alegría: benvidos/as sexan as creadoras de primeira liña como Ana Vallés. Tamén hai que ver os espectáculos de Funboa Escénica, un teatro novo que aporta outras sensacións, outras formas de iden-tidade, ou Ensalle Teatro acabado de chegar dunha exitosa xira por México.

A páxina web www.fitoourense.com servirá como altofalante para que todos os nosos es-pectadores e espectadoras poidan permanecer informados/as polo miúdo das creacións que nos depara a programación deste VI FITO.

Poderán verse no Teatro Principal, no Auditorio Municipal, nas Rúas, no Centro Muni-cipal - Banco de España e na sala Multiusos do Campus Universitario. Un ano máis, os nosos escenarios escintilarán con propostas singulares e de grande calidade para que Ourense floreza no tempo das glicinias.

Esperámosvos, no teatro.Ánxeles Cuña Bóveda

Page 3: Programación do VI FITO

SÁBADO 5 ■ 19:00 Centro Municipal - Banco

de EspañaCOMPAÑÍA: Produccions Trapa (Cataluña)ESPECTÁCULO: Automatàrium

■ 20:30 Auditorio MunicipalCOMPAÑÍA: La Mona Ilustre (Chile)ESPECTÁCULO: Las cosas también tienen mamá

DOMINGO 6 ■ 19:00 Centro Municipal - Banco

de EspañaCOMPAÑÍA: Produccions Trapa (Cataluña)ESPECTÁCULO: Automatàrium

■ 20:30 Teatro PrincipalCOMPAÑÍA: Adentro Teatro (Madrid - Arxentina)ESPECTÁCULO: En construcción

LUNS 7 ■ 20:30 Auditorio Municipal

COMPAÑÍA: Granhøj Dans (Dinamarca)ESPECTÁCULO: Men&Mahler

MÉRCORES 9 ■ 20:30 Campus Universitario

(Sala Multiusos, Edificio de Ferro)COMPAÑÍA: Funboa Escénica (Galicia)ESPECTÁCULO: Oiseau rebelle

XOVES 10 ■ 20:30 Teatro Principal

COMPAÑÍA: G.L. Producciones (Andalucía)ESPECTÁCULO: Cena con amigos

VENRES 11 ■ 23:00 Auditorio Municipal

COMPAÑÍA: Matarile Teatro (Galicia)ESPECTÁCULO: Staying Alive

SÁBADO 12 ■ 20:30 Teatro Principal

COMPAÑÍA: Teatro do Atlántico (Galicia)ESPECTÁCULO: A charca inútil

DOMINGO 13 ■ 20:30 Auditorio Municipal

COMPAÑÍA: Markeliñe (Euskadi)ESPECTÁCULO: Makinista

MARTES 15 ■ 20:30 Teatro Principal

COMPAÑÍA: Teatro Ensalle (Galicia)ESPECTÁCULO: Imprudentemente deseé

MÉRCORES 16 ■ 20:30 Teatro Principal

COMPAÑÍA: Abrapalabra Creacións Escénicas (Galicia)ESPECTÁCULO: As do peixe

XOVES 17 ■ 20:30 Teatro Principal

COMPAÑÍA: Chévere (Galicia)ESPECTÁCULO: Eurozone

VENRES 18 ■ 20:30 Rúa do Paseo

COMPAÑÍA: Residual Gurus (Cataluña)ESPECTÁCULO: The trash converters mantra trip band

Sábado 5 e Domingo 619:00 h. CENTRO MUNICIPAL - BANCO DE ESPAÑA

COMPAÑÍA: Produccions Trapa (Cataluña)ESPECTÁCULO: AutomatàriumDURACIÓN: 90 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA:Intérpretes: David Berga, Laura Ferrer, Sergio Juaquín Ortega e Mila Yon Choviak | Escenografía: Pablo Paz | Vestiario: El soldadet de plom | Produción: Produccions Trapa e David Berga Management | Dirección: David Berga e Toti Toronell

SINOPSE:«Automatàrium» inspírase nos autómatas comecartos de principios do século XX, como os expostos no Museo do Tibidabo de Barcelona.Os actores comezan imitando os movementos cíclicos dos autómatas e acaban desenvolvendo diferentes accións dentro dunha dramaturxia que contén ele-mentos de comedia e abrangue disciplinas como a maxia, o circo, o canto e o mimo. Ao tratarse dun es-pectáculo en permanente contacto co espectador, un dos actores encárgase do mantemento e vixilancia das atraccións de feira ofrecendo ao público moedas para o seu goce e corrixindo as «anomalías» no fun-cionamento dos autómatas.Cando a moeda cae na fenda, o mecanismo actívase e o autómata comeza a súa acción. Unha instalación de teatro de feira que xoga co público dun xeito sinxelo e efectivo.

www.produccionstrapa.com

Page 4: Programación do VI FITO

Luns 720:30 h. AUDITORIO MUNICIPAL

COMPAÑÍA: Granhøj Dans (Dinamarca)ESPECTÁCULO: Men&MahlerDURACIÓN: 60 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA:Intérpretes: Bill Eldridge, Lázsló Fülöp, Áron Darabont Leon, Tomaz Ciesielski, Mikolaj Karczewski, Tomás Danielis, Aureliuz Rys, Petras Lisauskas e Dorte Petersen | Asistentes: Johan Ohlsson e Bill Eldridge | Música: Gustav Mahler | Dirección: Palle Granhøj

SINOPSE: «Ahhhh… como me gustaría ser home… de verdade que me encantaría –só por un par de días…» di o úni-co personaxe feminino do espectáculo, mentres ob-serva e esfórzase por entender a conduta e os xogos nos que están mergullados os personaxes masculinos. A pregunta é: Chegará a entendelos de todo?«8 bailaríns nunha extraordinariamente refinada e fermosa performance que examina os roles masculi-nos arquetípicos amosando tanto a forza bruta como a enerxía masculina poética e lúdica».«Un espectáculo magnífico que consegue case hipno-tizar a mente coa fermosa expresión dos corpos virís acompañada da música de Mahler».

DIRECTOR E COMPAÑÍA O coreógrafo e autodidacta Palle Granhøj ten o aplauso do público, a prensa e os especialistas do medio artís-tico tanto no seu país de orixe, Dinamarca, como a ni-vel internacional, a raíz dunha serie de exitosas produ-cións realizadas ao longo de vinte anos de traxectoria. Granhøj Dans é recoñecible pola orixinalidade do seu traballo, baseado na práctica consecuente da «Técnica da Obstrución».

www.granhoj.dk

Sábado 520:30 h. AUDITORIO MUNICIPAL

COMPAÑÍA: La Mona Ilustre (Chile)ESPECTÁCULO: Las cosas también tienen mamáDURACIÓN: 60 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA:Intérpretes: Emilie Urbas, Paula Barraza, Claudia Araya e Isidora Robeson | Dramaturxia: Andrea Gutiérrez | Deseño integral e monicreques: Eduardo Jiménez | Música: Tomás Preuss | Vestiario: Hanne Geerts | Iluminación: Miguel Bregante | Son: Diego Hinojosa | Idea orixinal: La Mona Ilustre | Produción: Travesía Producciones | Comunicación: Claudia Araya | Coprodución: La Mona Ilustre-Standarte | Dirección: Miguel Bregante

SINOPSE: Tres mulleres soas, de distintas xeracións. Un pobo que fala e fala, unha historia chea de nostalxia, tenrura e bo-necos. Todo iso hai en «Las cosas también tienen mamá», nova entrega do colectivo La Mona Ilustre. Elas relació-nanse con bonecos de distintos tamaños para contar a súa verdade. Emoción, reconciliación, regreso ás raíces, son algúns dos temas que toca nesta obra La Mona Ilustre.

«Las cosas también tienen mamá» é unha historia de soidades e carencias, de mulleres que viven nun-ha aldea da que deberán saír para vivir de verdade. Un pai que se bota de menos e que desapareceu nas súas aventuras. A historia desenvólvese con actores e bonecos que manexan os mesmos actores seguin-do procedementos do teatro asiático. Sorprendentes xogos de imaxes logradas en escena con moi pou-cos elementos. (Agustín Letelier, crítico de teatro)

www.lamonailustre.com

Domingo 620:30 h. TEATRO PRINCIPAL

COMPAÑÍA: Adentro Teatro (Madrid - Arxentina)ESPECTÁCULO: En construcciónDURACIÓN: 90 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA:Intérpretes: Carolina Román e Nelson Dante | Autoría: Carolina Román e Nelson Dante | Axu-dante de dirección: Diego Sabanés | Escenogra-fía: Alexandra Alonso | Axudante de esceno-grafía: Itziar Sagasti | Vestiario: Clara Bilbao | Iluminación: Eduardo Alonso Chacón | Audiovi-suais: David Ulloa e Daniel Ortega | Música: Julio de la Rosa | Son: David Cubero | Fotografía: Bea-triz Carrera | Fotógrafo de cartel: Sergio Parra | Deseño de cartel: Rafa Celda | Redes sociais: Ve-rónica Parizzi | Xefa de prensa: Deborah Palomo | Director de produción: Luís Caballero | Produción: Tristán Ulloa | Dirección: Tristán Ulloa

SINOPSE:Unha mirada. Despois, unha aperta… que abre o tan-go. Dous compañeiros de viaxe ou dos náufragos? Na metade dunha viaxe o bastante longa como para che-gar ao punto de non retorno. O punto no que un decide non desandar o camiño, senón, a pesar de todo, seguir construíndo. Un home e unha muller inmigrantes, carga-dos de equipaxe, polas rúas de Madrid. Un espello: Como nos ven? Como os vemos/tratamos? Que faremos agora cando os inmigrantes noutros países volvemos ser nós? Que será dos nosos soños? Dos soños de Sole e Pablo?

«En construcción» foi unha das sorpresas da tempada no Teatro del Arte, en Madrid.» (Marcos Ordóñez, Babelia)«Un traballo primoroso, sutil e intelixente que deixa hipnotizados aos espectadores, no que se propón, con humor e tenrura, unha viaxe iniciática polo desampa-ro da inmigración.» (Rosana Torres, El País)«Emotiva, divertida e necesaria.» (Juan Diego Botto)

Page 5: Programación do VI FITO

Mércores 920:30 h. CAMPUS UNIVERSITARIO (SALA MULTIUSOS, EDIFICIO DE FERRO)

COMPAÑÍA: Funboa Escénica (Galicia)ESPECTÁCULO: Oiseau rebelleDURACIÓN: 70 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA:Intérpretes: Cristina Balboa e Paulina Funes | Creación: Paulina Funes e Cristina Balboa | Textos e vídeo: Cristina Balboa | Iluminación e deseño gráfico: Paulina Funes | Espazo sonoro: Carlos Suárez | Axudante de dirección: Begoña Cuquejo | Asesoramento lingüístico: Natalia Vázquez | Espazo escénico, vestiario e maquillaxe: Funboa Escénica | Asistencia técnica: Man Hauser | Dirección: Paulina Funes e Cristina Balboa

SINOPSE:«Oiseau rebelle» (paxaro rebelde) é un espectáculo de teatro-danza, verbal, plástico e sonoro que dialoga so-bre o imaxinario amoroso e des-amoroso. Un ritual do corazón como músculo, como metáfora e como alimento.

Que impide ás novas xeracións caer no amor? Para caer temos que ter unha certa seguridade de podernos le-vantar, ou aínda máis, un ten que poder sentirse a si mesmo e aceptarse tendo a necesidade de ser visto po-lo outro. Pode que falte isto nas novas xeracións, na nosa: a capacidade de sentirnos a nós mesmos. Mes-mo despois de facelo é difícil namorar ou comezar unha historia «sincera».

Funboa Escénica é unha compañía de recente creación que nace da man de Cristina Balboa e Paulina Funes. Unha compañía que nace coa intención de crear novas ideas, para dar acubillo ao teatro máis contemporáneo e a novas formas de entender o teatro como arte escénica.

funboaescenica.blogspot.com.es

Xoves 1020:30 h. TEATRO PRINCIPAL

COMPAÑÍA: G.L. Producciones (Andalucía)ESPECTÁCULO: Cena con amigosDURACIÓN: 75 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA:Intérpretes: May Pascual, Gloria López, José Olmo e Orencio Ortega | Autor: Donald Margulies | Tradución: Susana Groisman | Adaptación: Daniel Veronese | Deseño de Iluminación: José Manuel Guerra | Deseño de Escenografía: Ana Garay | Vestiario: Carmen de Giles | Realización de Escenografía: Mambo Decorados | Xefa de prensa: Silvia Espallargas | Distribución: Elena Schaposnik e GL Producciones | Dirección: Daniel Veronese

SINOPSE:Texto fermoso e intelixente, con delicado humor onde todo comeza cunha simple cea entre amigos, como tan-tas, compartindo anécdotas, recordos comúns e viaxes. O tema é que nesta ocasión unha noticia (a ruptura dun-ha das parellas) empeza a quebrar a típica serenidade destas familias economicamente acomodadas, burgues-mente constituídas, existencialmente satisfeitas. Como pezas de dominó á caída traerá parella unha desbanda-da que derreterá os cimentos diso que parecía tan ben construído. E aquel aparente equilibrio desaparecerá, para dar lugar a unha realidade máis cuestionada. Co-media romántica? Pode ser pero non esperemos finais rosas ou compracentes.A obra «Cena con amigos» de Donald Margulies foi ga-lardoada no ano 2000 co premio Pulitzer.

www.glproducciones.es

Venres 1123:00 h. AUDITORIO MUNICIPAL

COMPAÑÍA: Matarile Teatro (Galicia)ESPECTÁCULO: Staying AliveDURACIÓN: 90 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA:Intérpretes: Mónica García, Rut Balbís, Nuria Sotelo e Ana Vallés | Dramaturxia: Ana Vallés | Iluminación: Baltasar Patiño | Escenografía: Baltasar Patiño | Dirección: Ana Vallés

SINOPSE:Partimos do significado do propio título: seguimos vivos, mantémonos vivos.Desde a peor Europa posible.Partindo do difícil que é ver o que temos diante dos no-sos ollos, xorde a necesidade de considerar cal é o noso lugar no mundo.E como dicía Roberto Bolaño: «O mundo está vivo e na-da vivo ten remedio. Esa é a nosa sorte».Matarile Teatro, unha das formacións galegas máis internacionais e galardoadas, é compañía en residen-cia da Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela.Era só cuestión de tempo que Matarile Teatro reunise un elenco maioritariamente composto por intérpretes que proceden do mundo da danza. Neste caso, tres mulle-res: Mónica García, Rut Balbís e Nuria Sotelo, bailarinas/actrices coas que Ana Vallés, directora do espectáculo, comparte escena. O proceso de creación transcorreu du-rante os meses de xullo, agosto e setembro dentro do Auditorio da Universidade de Santiago, un antigo espazo desmantelado, case diáfano, que perdeu as súas carac-terísticas de teatro-auditorio para converterse nun espa-zo con grande potencial escénico.

www.matarileteatro.com

Page 6: Programación do VI FITO

Sábado 1220:30 h. TEATRO PRINCIPAL

COMPAÑÍA: Teatro do Atlántico (Galicia)ESPECTÁCULO: A charca inútilDURACIÓN: 90 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA:Intérpretes: Gonzalo M. Uriarte, Marcos Vieitez e María Barcala | Autor: David Desola | Tradución: Xosé Manuel Pazos Varela | Vestiario: Susa Porto | Espazo técnico e deseño de Iluminación: Xúlio Lago | Fotografía, deseño cartel e grafismo: Tino Viz/Margen | Axudante de Dirección: María Pilar Martínez («Pilocha») | Técnicos de Escena: RTA | Dramaturxia e Dirección: Xúlio Lago

SINOPSE:«A charca inútil» é un drama ao cadrado, onde uns per-sonaxes atormentados deambulan por un mundo de desamparo e medo, vítimas dun contorno opresivo. Uns personaxes que se refuxian na loucura para se mante-ren cordos. É tamén unha historia de amor, na que as accións son moito máis importantes que as palabras, e na que o que se intúe é moito máis relevante que o que se percebe. Fala tamén do medo, e da morte. A peor das mortes: a morte dun neno. É tamén unha his-toria de soidade e misterio na que hai quen quere ver un lugar para a esperanza, pois fala, principalmente, da procura da felicidade. Unha procura se cadra enganosa ou desesperada. Pero unha procura en calquera caso. (David Desola)

Teatro do Atlántico, compañía constituída no ano 1985, leva realizadas 28 producións, entre as que podemos su-bliñar destacando «Casa de bonecas» de Ibsen, «Amor de don Perlimplín con Belisa no Xardín» de García Lorca e «Unha primavera para Aldara» de Teresa Moure. David Desola, un dos máis destacados dramaturgos espa-ñois, obtivo con «A charca inútil» o Lope de Vega 2007.

www.teatrodoatlantico.com

Domingo 1320:30 h. AUDITORIO MUNICIPAL

COMPAÑÍA: Markeliñe (Euskadi)ESPECTÁCULO: MakinistaDURACIÓN: 70 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA:Intérpretes: Sandra F. Agirre, Itziar Fragua, Jon Koldo Vázquez e Fernando Barado | Dramaturxia: MARKELIÑE | Deseño de vestiario: Marijo de la Hoz | Atrezzo e complementos: Paco Trujillo | Escenografía: Jabi Fernández | Proxeccións e audiovisuais: Pausa Vídeo S.L. | Fotografía: Luis Antonio Barajas | Coordinación: Iñaki Egiluz | Dirección Artística: Marijo de la Hoz | Dirección Técnica: Paco Trujillo e Jon Kepa Zumalde

SINOPSE:«Makinista» presenta unha dramatización da nosa histo-ria, chea de ironía, metáforas e sentido do humor. Moi-to humor.Viaxamos nun tren dirixido por un maquinista que con-trola a velocidade, as portas, as paradas. O tren é un-ha metáfora da sociedade guiada por un descoñecido. Unha posta en escena cunha forza que radica na ener-xía actoral e na transformación dos obxectos. Un espazo visual que adquire significado co vídeo. Unha ilumina-ción que subliña a loita entre os que están e os que son.A compañía vasca Markeliñe leva máis de vinte e cinco anos apostando polo teatro visual e de creación orixinal, asentada nos alicerces da interpretación, o traballo cos obxectos, a poesía e a dramaturxia. Nesta proposta Markeliñe adapta o seu espectáculo de rúa Anomalía Magnética para levalo ao formato de sa-la. Aínda que a idea orixinal segue presente, MAKI-NISTA aporta unha visión máis ampla e crítica da no-sa sociedade.

www.markeline.com

Martes 1520:30 h. TEATRO PRINCIPAL

COMPAÑÍA: Teatro Ensalle (Galicia)ESPECTÁCULO: Imprudentemente deseéDURACIÓN: 80 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA:Intérpretes: Artús Rei, Raquel Hernández e Jorge Rúa | Dramaturxia: Pedro Fresneda | Apoio musical e fotografía: José Collazo | Iluminación: Pedro Fresneda | Espazo escénico: Teatro Ensalle | Distribución: J. Rúa | Web: David Santos | Dirección: Pedro Fresneda

SINOPSE:Houbo que substituír cada gramo de necesidade por un pouco de desexo, así, imprudentemente.Lembras a viaxe?O cheiro da pintura fresca, limpar os vellos obxectos e colocalos cerca das paredes acabadas de pintar. Rescatar tan só uns poucos obxectos do pasado e prepararnos pa-ra facer deste presente un pasado algo máis digno, así, imprudentemente, sen pensar demasiado.Todo o demais pola ventá.

A compañía Teatro Ensalle naceu en Madrid en 1977, aínda que hoxe reside en Vigo. Actualmente é unha das compañías fixas nos circuítos de teatro contemporáneo do noso país como dos festivais de Sudamérica. Desde 2010 Teatro Ensalle leva realizadas máis de 100 representacións dos seus traballos.Pedro Fresneda, director e dramaturgo da compañía, é na actualidade o presidente da Coordinadora Estatal de Salas Alternativas. Os seus textos foron galardoados no Indifestival de Santander e publicados en diferentes edi-toriais españolas.

www.teatroensalle.com

Page 7: Programación do VI FITO

Mércores 1620:30 h. TEATRO PRINCIPAL

COMPAÑÍA: Abrapalabra, Creacións Escénicas (Galicia)ESPECTÁCULO: As do peixeDURACIÓN: 90 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA:Intérpretes: Casilda Alfaro, Mónica Camaño, Susana Dans e Rocío González | Autor: Cándido Pazó | Escenografía e vestiario: Carlos Alonso | Iluminación: Afonso Castro | Espazo Sonoro: Samuel Alonso | Colaborador na produción: Avelino Cores «Faber» | Produción e distribución: Belén Pichel | Dirección: Cristina Domínguez da Pena

SINOPSE:«As do peixe» son as traballadoras da conserva. A man de obra barata dunha industria que, ao longo do tempo e da xeografía, acabou por facer parte da paisaxe emo-cional do noso país. «As do peixe» son catro actrices que, encarnando catro mulleres concretas, representan miles de anónimas tra-balladoras: as súas humildes historias, as súas vidas co-múns, as súas íntimas arelas, os seus modestos soños, as súas pequenas frustracións.A súa memoria colectiva.«As do peixe» é un espectáculo sentido, bulideiro, diver-tido, intenso, directo, reflexivo, fresco, reivindicativo… porque así eran aquelas mulleres.

Premio do Público na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT) 2013.

Xoves 1720:30 h. TEATRO PRINCIPAL

COMPAÑÍA: Chévere (Galicia)ESPECTÁCULO: EurozoneDURACIÓN: 85 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA:Intérpretes: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Manuel Cortés, Mónica García, Arantza Villar, Iván Marcos, Borja Fernández e Pepe Penabad | Autoría: Manuel Cortés | Dramaturxia: Xron | Coreografías/loitas: Iván Marcos | Espazo escénico: Javier Ballestín/Chévere | Espazo sonoro: Xacobe Martínez Antelo | Iluminación: Fidel Vázquez | Maquillaxe: Fany Bello | Vídeos: Quadra producións | Comunicación: Xana García | Produción: Juancho Gianzo | Fotografía: Natasha Lelenco | Deseño gráfico: Fausto Isorna | Dirección: Xron

SINOPSE:Poñamos que un grupo de persoas que representan á clase dirixente europea acaban de cometer o atraco do século. E imaxinemos que, contra todo prognóstico, al-go saíu mal. Entón collemos a esta xentiña e metémola nuns deses edificios de autor, monumentais e inútiles, que tanto lles gustan. E facemos estoupar as súas fráxi-les relacións, e intentamos comprender a lóxica das súas decisións ou retratar a súa soidade utilizando contra eles a nosa rabia e a nosa indignación. «Eurozone» é un achegamento ao grande atraco espe-culativo ao máis puro estilo Tarantino e co referente di-recto de Reservoir Dogs. Quen é o señor azul da política europea? Quen é o señor marrón das finanzas? Quen é o señor branco da diplomacia?

«Eurozone» foi Premio do Público no Festival Cómico e Festivo de Cangas 2013.

www.grupochevere.eu

Venres 1820:30 h. RÚA DO PASEO

COMPAÑÍA: Residual Gurus (Cataluña)ESPECTÁCULO: The trash converters mantra trip bandDURACIÓN: 50 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA:Intérpretes: Alexandre Guitart, Raúl Pérez, Ramón Rodríguez, David Sitges-Sardà | Idea orixinal: Ramón Rodríguez | Música: Residual Gurus | Dirección: Adrian Schvarzstein

SINOPSE:Catro executivos da alta clase política-económica inter-nacional chegan a un colapso existencial, un punto de non retorno na súa vida. É a partir de aí cando, a través da música, experimentan unha metamorfose pasando a encarnar os valores como o respecto e o amor.Sons electrónicos, a linguaxe rítmica da India, os instru-mentos orixinais, o riso e a improvisación teatral combí-nanse nun irrepetíbel ritual colectivo.

Residual Gurus é unha compañía de música-teatro creada co obxectivo de concibir unha arte innovadora, crítica e capaz de activar a conciencia.A reutilización de materiais, a interacción co público e a reunión das tradicións e os sons ancestrais, crean un concepto único e fascinante que lles permitiu actuar en lugares tan dispares e prestixiosos como o Palacio de Congresos de Cataluña ou o Museo Van Gogh de Amsterdam ou no Arkhangelsk International Street Festival en Rusia.

www.residualgurus.com/es