Programacion do departamento de ciencias sociais Xeografia...

52
1 Programacion do departamento de ciencias sociais Xeografia e historia Do IES “ A Sardiñeira” de A Coruña Curso 2010-2011

Transcript of Programacion do departamento de ciencias sociais Xeografia...

1

Programacion do departamento de ciencias sociais

Xeografia e historia

Do IES “ A Sardiñeira” de A Coruña

Curso 2010-2011

2

PROGRAMACIÓN A. CIENCIAS SOCIAIS DE

PRIMEIRO DE E.S.O.

Esta programación organízase sobre a base do Decreto 133/2007, do 5 de Xullo, que regula as ensiñanzas de educación secundaria obrigatoria na Comunidad Autónoma de Galicia.

O libro de texto é “Xeografía e Historia” Primeiro da ESO. Santillana- Obradorio.

OBXETIVOS XERAIS No primeiro curso abórdase o estudo dos medios naturais e das sociedades ata a idade antiga. Polo tanto, o ensino desta asignatura neste curso ten como obxetivos:

• Coñecer o mapa físico do mundo nos seus trazos básicos (relevo, clima, augas e elementos bioxeográficos) que configuran os grandes medios naturais do planeta, con especial referencia a España e Galicia.

• Identificar e localizar no tempo e no espazo os procesos e acontecementos mais relevantes nos comenzos da historia do mundo, de Europa, de España e de Galicia, para adquirir unha perspectiva global da evolución da humanidade, e comprender a homoxeneidade da cultura occidental da que somos parte.

• Coñecer os elementos técnicos básicos das manifestacións artísticas dentro da súa realidade sociocultural, para aprender así a valorar o patrimonio natural, histórico, cultural e artístico.

• Adquirir r empregar o vocabulario específico. • Obter, comprender e relacionar información verbal, escrita, gráfica,

icónica, estatística e cartográfica. • Procurar a comprensión da realidade social galega actual como unha

realidade dinámica e cambiante froito do contacto co seu medio e con outras sociedades e culturas.

3

CONTIDOS Os dezaotio temas deste primeiro curso da ESO, dividense en dous partes: os nove primeiros temas desenvolven o medio natural e a relación do home con aquel, os seguintes expoñen a evolución da sociedade humana desde a prehistoria á idade antiga.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN. • Localizar lugares nos mapas con e sen datos de coordenadas, e obter

información sobre o espazo representado a partir da simboloxía. • Localizar nos mapas os elementos básicos que configuran o medio

físico mundial, de España e de Galicia. • Recoñecer e localizar no espazo os principais medios naturais, e

caracterizalos en función da interacción dos trazos físicos. • Identificar e explicar exemplos de riscos e de impactos que a acción

humana ten sobre o medio. • Distinguir os grandes períodos da historia, e coñecer as etapas nas

que se divide cada hun deles. • Explicar a orixe, alcance e consecuencias da Revolución Neolítica. • Diferenciar os trazos que caracterizan ás civilizacións urbanas do

Crecente Fértil e a civilización grega, especialmente no que forma parte da nosa civilización occidental ( democracia, filosofía, teatro, deporte, arte,..).

• Coñecer a herdanza da civilización romana, con especial atención á organización político- administrativa, social, económica, cultutal e relixiosa que tan profunda pegada deixou na cultura occidental.

• Diferenciar os pobos xermánicos que invadiron Hispania, e localizar súas áreas de asentamento.

4

COMPETENCIAS

1.Competencia temporal:

• Procesos e persoaxes clave dá Prehistoria e a Antiguedade. • Nocións temporais básicas: ano, década, século.. • As idades dá Historia. • A era cristiá. • O cuadro cronolóxico.

2.Competencia espacial:

• Vocabulario básico relacionado ca Xeografía Física. • Orientación e coordenadas xeográficas. • Gráficos liniais, de barras e sectoriais simples. • Distintos tipos de mapas.

3.Competencia artística e cultural:

• Estilos e obras de arte dá Prehistoria e a Antiguedade. • Principios básicos para analizar hun edificio, unha escultura. • Relacións entre forma e función dás cerámicas.

4.Tratamento da información:

• Recollida de fontes e o seu análise. • Comunicación dá información.

5.Competencia lingüística:

• Lectura rápida e comprensible. • Identificar a idea xeral dun texto. • Formarse unha opinión e xustificar séu punto de vista sobre a

información dun texto. • Elaborar presentacións escritas de distintos tipos.

5

6.Competencia matemática:

• Operacións sinxelas. • Magnitudes. • Porcentaxes. • Tasas. • Escalas numéricas e gráficas. • Representación gráfica dá información estatística.

6.Competencia para aprender a aprender:

• O esquema. • O cuadro de doble entrada. • O resumo. • A piramide social.

7.Autonomía e iniciativa persoal:

• Toma de decisións. • Criticar posturas. • Defender argumentos propios.

6

PROGRAMACIÓN A. CIENCIAS SOCIAIS

DE

SEGUNDO DE E.S.O.

Esta programación organízase sobre a base do Decreto 133-2007, do 5 de Xullo, que regula as ensiñanzas de educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

A novidade en relación á programación ata agora vixente está en que condensa o desenvolvemento da Idade Media, introduce seis leccións que abranguen a Idade Moderna e a parte xeográfica céntrase nos aspectos demográficos e urbáns.

Polo tanto, o programa ten tres partes que marcarán o desenrrolo deste curso. Na Primeira evaluación, as 6 primeiras leccións (Idade Media). Na Segunda evaluación, as 6 leccións correspondentes a o período Moderno. Na Terceira, as catro leccións de xeografía demográfica e urbán.

OBXECTIVOS.

Describir as principais características do Islam e a sua influencia na organización social das sociedades islámicas. Explicar a sua expansión.

Identificar os factores que propiciaron a aparición e o desenvolvemento do feudalismo . Recoñecer a importancia da Igrexia e os monasterios na Idade Media. Analizar a arquitectuta, a pintura e a escultura románica.

Coñecer as razóns da revitalización ou a orixe da cidade medieval. Recoñecer as características da arte gótica.

Identificar a evolución das fronteiras entre o mundo cristián e musulmán na Península Ibérica nos inícios do século X. Recoñecer a achega cultural e artística que realizaron na Península diversas comunidades: cristitáns, xudios e musulmáns. Analizar a arte Románica da Península Ibérica.

Coñecer a evolución e a consolidación dos reinos hispánicos. Analizar as consecuencias da crise económica, social e política que tivo lugar na Baixa Idade Media. Coñecer as principais características da arte gótica penínsular.

Coñecer a evolución política de Galicia ao longo dos séculos X e XI. Coñecer o Camiño de Santiago, as razóns da peregrinación e a súa relevancia para o intercambio comercial e intelectual. Identificar as características mais destacadas da Catedral de Santiago. Valorar o

7

impacto da crise dos séculos XIV e XV en Galicia. Expor os trazos da arte románica en Galicia e describir as principais mostras da arte gótica en Galicia.

Comprender as orixes, as principais características e a evolución do pensamento humanista, reformista e contrarreformista. Recoñecer a concepción da arte renacentista e comentar obras artísticas representativas do Quattrocento e o Cinquecento.

Coñecer que significan a formación de monarquías autoritarias e qué diferenciaba estes sistemas políticos das monarquias medievais. Expor a unión dinástica das coroas de Castela e de Aragón. Recoñecer a concepción da arte renacentista en España.

Coñecer qué países e qué persoas protagonizaron as viaxes de exploración e cales foron os seus efectos. Identificar os pobos que vivian en America á chegada dos españois e como vivian.

Coñecer qué territorio abrangueu o imperio español, cómo se gobernaba e qué problemas externos e internos lle supuxo. Comprender o repliegue hispánico a partires de Filipe II e que se prolongou o longo do século XVII. Valorar o impacto que o feito imparial tivo na economía e na sociedade hispana no século XVI.

Coñecer o declive económico e social que padeceu España no século XVII. Compreder as orixes do Absolutismo, os medios para impoñelo e as reformas económicas que iste proceso supuxo. Expor as carácterísticas que tivo a cultura e a arte Barroco en xeral, e o Século de Ouro da pintura española en particular.

Coñecer a integración política de Galicia na noca monarquía autoritaria dos Reis Católicos, e o papel que desempeñou no seo do imperio español nos séculos XVI e XVII. Expor os trazos da arte barroca en Galicia e describir mostras da citada arte.

Coñecer en xeral os movementos naturais e migratorios das poboacións. Comentar a pirámide poboacional como reflexo da estructura da poboación por sexo e idade nun momento determinado.

Coñecer os indicadores e rexímenes demográficos de España e Galicia, así como as suas corrrespondentes pirámides.

Coñecer as peculiaridades dos poboamentos rural e urbán. Examinar a evolución do aspecto externo que presentan as cidades ( morfoloxía) e a rede urbana españona e galega.

CREITERIOS DE AVALIACIÓN. Verificar que recoñecen os principios fundamentais da relixión islámica.

8

Recoñecer as características da sociedade feudal. Verificar que recoñecen o peso da Igrexia no ámbito privado e público. Ver si sintetizan e identifican as características da arquitectura, escultura e pintura romanica.

Pescudar se identifican os elementos que posibilitaron a expansión agraria e comercial entre os séculos XIII e XV. Constatar que explican as principais características da arquitectura, pintura e escultura gótica.

Confirmar que detectan a evolución dos reinos cántabros en relación cos musulmáns. Valorar se identifican edificios representativos do rómanico na Península Ibérica.

Pescudar se recoñecen a concepción patrimonial dos reinos na Idade Media. Comprobar que determinan algún elemento da crise económica da Baixa Idade Media. Descubrir se identifican mostras representativas da arquitectura do gótico na Península Ibérica.

Observar se recoñecen os acontecementos mais importantes da historia de Galicia entre os séculos VIII e XII. Ver se identifican no mapa as cidades galegas que formaban parte do Camiño de Santiago e explican os factores que influiron no seu desenvolvemento. Confirmar que recoñecen as características da Catedral de Santiago de Compostela e mais da arte románica en Galicia. Asegurarse de que identifican as obras mais importantes da arquitectura e a escultura góticas en Galicia.

Pescudar se recoñecen as características do pensamento humanista, reformista e contrarreformista. Constatar que explican as principais preocupacións da arte renacentista.

Confirmar que recoñecen as características do humanismo e renacemento español, e identifican as obras mais importantes da arquitectura, pintura e escultura renacentista en España. Constatar que explican a unificación dos reinos peninsulares.

Confirmar que coñecen as causas e as consecuencias dos descubrimentos.

Confirmar que coñecen o “ sistema español” característico do período imperial e os seus problemas.

Pescudar se explican o declive económico-social que sufriu España no século XVII. Constatar que coñecen os rasgos mais salientables da cultura Barroca.

Confirmar que recoñecen as características do Barroco galego e identifican obra galegas deste período artístico.Constatar que coñecen a integración política de Galicia na monarquía autoritaria e o papel subsidiario que xugou nos avatares da monarquía hispánica.

Manexar os conceptos e indicadores demográficos. Interpretar pirámides de idade.

Confirmar o coñecemento e aplicación do mesmo en casos prácticos de demografía española e galega.

9

Constatar que distinguen e explican os cambios que as cidades mostran na sua morfoloxía. Confirmar que o concepto de Sistema Urbano (rede urbana) saben aplicalo a un exemplo urbán galego.

COMPETENCIAS BASICAS 1. Competencia social e cidadá.

Identificar a relación multicausal dun feito histórico e as suas consecuencias. Coñecer as grandes etapas e os principais acontecementos da Idade Media e a Moderna. Comprender o funcionamento das sociedades, o seu pasado histórico, a súa evolución e transformación.

2.Coñecemento e interacción co mundo físico.

Identificar e localizar os ámbitos xeopolíticos, económicos e culturais en que se enmarcan os acontecementos da Idade Media e Moderna. Coñecer os distintos usos do espazo e dos recursos que fixeron as sociedades ao longo dos períodos históricos estudados.

3.Competencia cultural e artística.

Recoñecer os diferentes estilos da arte medieval e moderno. Analizar obras de arte de xeito técnico e identificar o contexto histórico que explica a súa aparición.

4.Tratamento da información Relacionar e comparar a información procedente de dicersas fontes. Contrastar a información obtida e elaborar a información transformando os datos recollidos.

5.Competencia en comunicación lingüística Utilizar adecuadamente o vocabulario. Ler e interpretar textos de tipoloxía diversa, linguaxes icónicas, simbólicas e de representación.

6. Competencia matemática Analizar e comprender os datos cuantitativos recollidos en táboas, gráficos e diagramas. Facer cálculos matemáticos de números enteiros e porcentaxes para chegar a conclusións cuantitativas.

10

7.Competencia para aprender a aprender Buscar explicacións multicausais para comprender os fenómenos sociais e avaliar as súas consecuancias. Organizr, memorizar e recuperar a información.

8.Autonomía e iniciativa persoal Interpretar adecuadamente as particularidades de cada situación e de cada problema estudado.Saber argumentar de forma lóxica e coherente as explicacións dos conceptos e fenómenos estudados.

11

PROGRAMACION A. CIENCIAS SOCIAIS

DE

TERCEIRO CURSO DE E.S.O.

Esta programación establécese sobre o Decreto 133/2007, do 5 de xullo, que regula as ensiñanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

O libro de texto é o titulado “Xeografía 3 “, da Editorial Anaya, establecido para este curso.

OBXETIVOS XERAIS. No terceiro curso abórdase a análise do territorio como espazo humanizado nas súas diferentes facetas e ámbitos. O seu ensino terá como obxetivo o desenvolvemento das seguintes capacidades:

• Identificar,localizar e analizar, a diferentes escalas, as características do medio físico e as interaccións que os grupos sociais establecen con él na utilización do espazo e dos seus recursos, valorando as consecuencias de tipo económico, social, político e ambiental.

• Comprender que o territorio e a súa ordenación son o resultado da interacción das sociedades sobre o medio en que se desenvolven e organizan.

• Identificar, localizar e comprender as características básicas da diversidade xeográfica do mundo, das grandes áreas xeoeconómicas e os trazos físicos e humanos de Europa, España e Galicia.

• Adquirir e empregar o vocabulario específico de maneira que aumente a precisión no uso da linguaxe e enriqueza a comunicación.

• Comprender e relacionar información de procedencia diversa, incluida a que responde ao contorno físico e social, a os medios de comunicación e ás tecnoloxias da información. Aprender a tratala e comunicala de forma organizada e intelixible..

• Procurar a comprensión da realidade social galega actual como unha realidade construida en contacto con o medio e con outras sociedades. Asumir a necesidade dunha ordenación do territorio desde criterios sustentables.

12

CONTIDOS O longo de 15 leccións, divididas en tres bloques, tratanse aspectos fundamentais no coñecemento xeográfico e demográfico, da actividade económica e o espazo xeográfico, e por último as transformacións e desequilibrios no mundo actual.

Criterios de Avaliación.

• Identificar os factores do medio físicos e humanos que interveñen na formación dos espazos humanizados.

• Coñecer o funcionamento básico da economía identificando os principais axentes e institucións económicas, así como as funcións que desempeñan nunha economía moi interdependente.

• Recoñecer os trazos dos sistemas agrarios e a súas paisaxes, de maneira que saiban utilizalos no análise dos problemas máis destacados do mundo agrario actual, en particular o galego. O mesmo reza no que ten que ver coa actividade pesqueira.

• Identificar os principais tipos de industrias, as formas de producir e as novas paisaxes industriais, comprendendo os factores que explican a sua distribución nun contexto de relacións desiguais. Localizar e caracterizar os principais centros de producción no mundo, España e Galicia.

• Caracterizar o progresivo proceso de terciarización da economía actual, en especial os transportes. Explicar a extensión de novas formas e procesos urbanos a partir da análise da realidade galega.

• Localizar os principais países e áreas xeoeconómicas e culturais do mundo, os estados europeos e as comunidades autónomas de España. Coñecer a estructura da UE. e a organización político administrativa e territorial española e galega. Analizar a situación de Galicia en Europa.

• Comprender a organización espacial nos ámbitos español e galego, integrando o medio físico e a ocupación humana. Explicar os contrastes internos a partir do papel dos principais centros e eixes de actividade económicos e de comunicación.

• Avaliarase o manexo de información estatística relativa a indicadores socioeconómicos para comprender os conceptos de desenvolvemento humano e estado de benestar.

• Localizar e diferenciar as grandes potencias mundiais, as potencias rexionais e as áreas dependentes.

13

AVALIACIÓN. • Haberá 2 exames por avaliación. • Haberá exames de Mapas do Mundo (tanto políticos como físicos). • Traballos e Actividades diarias. • Preguntas na aula. • Taballos que esixan un mínimo de investigación e uso de fontes. • Comportamento na aula. • Non se fan recuperacións.

A Nota de Avaliación ( e final) será o resultado de:

• Cualificación dos exames. • Cualificación dos traballos de investigación e uso de fontes. • O traballo diario pode subir ou baixar 1 punto. • O comportamento na aula pode subir ou baixar 0.5 puntos.

Tipo de Exame • Mapas: 20 elementos( físicos ou políticos). Admítense 3 fallos. • 1Tema( valórase a redacción e a capacidade de análise). • Preguntas breves para comprobar o grao de comprensión. • Definicións(valórase a expresióncorrecta e concisa á hora de definir) • Comentarios guiadosde textos breves, de gráficas, mapas.

COMPETENCIAS

As habilidades que se persegue reforzar nos alumnos non son novas. A sua adquisición require un traballo graduado o longo de toda-la educación, de ahí as poucas novidades.

• Ler e comprender textos en xeral; resumir, explicar e redactar informacións variadas.

• Interpretar e comentar gráficos e táboas estatísticas, mapas de fluxos, de usos do solo, pirámides, topográficos, de redes.

• Aplicar taxas demográficas e indices estatísticos. • Solucionar problemas de contido xeográfico. • Localizar e interpretar paisaxes xeográficos, agrarios, industriais e

terciarios.

14

• Analizar distintos niveis de información: relevante ou non, obxetiva e subxetiva. Analise crítico da información.

• Traballar con distintas fontes de información. Normas para elaborar un traballo escrito. Redactar un texto descriptivo ou un tema analítico.

15

16

PROGRAMACION A. CIENCIAS SOCIAIS

DE CUARTO CURSO DE E.S.O.

A programación deste Cuarto Curso organízase sobre a base do Decreto 133-2007, do 5 de Xullo.

O libro de texto e “FISTERRA”, da Editorial Vicens Vives.

O cambio experimentado na programación deste curso, implica uns contidos de Primeiro de Bacharelato, é dicir, Contemporaneidade que serven de contexto á transformación de España e Galicia. Polo tanto, iníciase coa fin do Antigo Réximen e culmina no momento actual, prestando interese especial a España e Galicia.

CONTIDOS E DISTRIBUCIÓN TEMPORAL No primeiro trimestre veranse 5 temas, que comprenden as bases da transformación ideolóxica, política e económica da Europa do Antigo Réximen que fai posible o mundo actual.

Iniciase co estudio da crise de Antigo Réximen. No tema 2 estudiase a Revolución Francesa, o Imperio Napoleónico, as correntes ideolóxicas Liberal e Nacionalista e a construcción dunha Europa das patrias.

O tema 3 desenvolve a industrialización europea, transportes, capitalismo e a sociedade burguesa, e o movemento obreiro xerado pola Revolución Industrial. O tema 4 analiza a construcción dun réxime liberal na España do século XIX, e o 5 adícase ao proceso de industrialización e ao coñecemento dos rasgos que caracterizan á sociedade española e galega da época.

No segundo trimestre veranse 5 temas (6,7,8,9,10), relativos ás tensións xeradas pola adaptación no mundo occidental e en España dos cambios estudiados no primeiro trimestre.

O último trimestre, que comprende 6 temas (11,12,13,14,15,16), aborda a etapa de posguerra (1945-1973) no mundo e en España nos dous

17

primeiros temas. O 13 e 14 explican a transición política española e a construcción da UE. Os dous últimos tratan os rasgos significativos do novo milenio ( globalización, desigualdad, revolución tecnolóxica...) e da Arte do Século XX.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN Identificar e caracterizar os grandes cambios que se producen ao longo do século XIC e no primeiro terzo do XX, asó como os efectos que producen nas relacións sociais en Europa, España e Galicia.

Coñecer e caracterizar os principios ideolóxicos das grandes correntes do pensamento político dos séculos XIX e XX -liberalismo, nacionalismo, democrácia, socialismo, anarquismo- así coma súa repercusión en España e Galicia, destacando as dificultades para a construcción do estado liberal.

Coñecer os feitos e conflictos da primeira metade do século XX e, especialmente, os que afectaron a España e a Galicia.

Identificar e analizar os factores sobre os que se articulan as relacións entre os estados a o longo do século XX e o papel deses factores como desencadeantes dos grandes conflictos mundiais. Deberán coñecer as consecuencias mais destacadas destes conflictos; quebra do réximen democrático e o auxe de sistemas dictatoriais.

Comprender as transformacións ocurridas despois da Segunda Guerra Mundial, destacando a división do mundo en dous concepcións da vida, o proceso de integración europea e as descolonizacións.

Describir a transcendencia da construcción europea e a participación de España neste proceso.

Coñecer os principios e institucións do sistema democrático e identificalos na vixente Constitución Española. Situar a Constitución de 1978 dentro do proceso de transición democrática, destacando a súa proxección na vida pública e na articulación territorial de España.

Identificar os cambios mais significativos que se produciron no mundo a finais do século XX – globalización da economía, revolución científica, incremento da desigualdade, aumento das migracións- e os riscos que acompañan estes cambios.

COMPETENCIAS 1.Competencia social e cidadá.

18

Identificar a relación multicausal dun feito histórico e as súas consecuencias. Coñecer as grandes etapas e os principais acontecementos da Historia Contemporánea. Comprender o funcionamento das sociedades, o seu pasado histórico, a súa evolución e transformación.

2.Coñecemento e a interacción co medio físico.

Identificar e localizar os principais ámbitos xeopolíticos, económicos e culturais en que se enmarcan os acontecementos da Historia Contemporánea..

3.Competencia cultural e artística.

Recoñecer os diferentes estilos da arte contemporánea e os cambios que os motivaron. Analizar obras de qrte de distintas épocas.

4.Tratamento da información.

Relacionar e comparar a información procedente de diversas fontes.Elaborar a información transformando os datos recollidos e traducíndoos á linguaxe escrita.

5.Competencia en comunicación lingüística.

Utilizar axeitadamente o vocabulario. Ler e interpretar textos de tipoloxía diversa, linguaxes icónicas, simbólicas e de representación.

6. Competencia matemática.

Elaborar e interpretar eixes cronolóxicos. Analizar e comprender os datos cuantitativos recollidos en táboas, gráficos e diagramas.

7.Competencia para aprender.

Buscar explicacións multicausais para comprender os fenómenos sociais e avaliar as súas consecuencias. Utilizar distintos modos para organizar, memorizar e recuperar a información: esquemas, resumos, etc.

8.Autonomía e iniciativa persoal.

Interpretar adecuadamente as particularidades de cada situación e de cada problema estudado. Saber argumentar de forma lóxica e coherente as explicacións dos conceptos e fenómenos estudados.

19

CRITERIOS DE AVALIACIÓN • Enumerar as transformacións do século XVIII, incidindo nas que

derivan do reformismo borbónico en España e en América. • Distinguir os cambios políticos que levan á crise do Antigo Réximen e

ás revolucións liberais, así coma súa repercusión en España e Galicia, destacando as dificultades para a construcción do estado liberal.

• Comprender as transformacións económicas, sociais e culturais que acompañan á Revolución Industrial, así como os feitos que explican o protagonismo de Europa durante a época do Imperialismo, as suas consecuencias e o seu declive.

• Caracterizar os feitos e conflictos da primeira metade do século XX e, especialmente, os que afectaron a España e a Galicia.

• Comprender as transformacións ocurridas despois da Segunda Guerra Mundial, destacando a división do mundo en dous concepcións da vida, o proceso de integración europea e as descolonizacións.

• Destaca-la transcendencia da construcción europea e a participación de España neste proceso.

• Coñecer os principios e institucións do sistema democrático e identificalos na vixente Constitución Española. Sitúar a Constitución de 1978 dentro do proceso de transición democrática, destacando a súa proxección na vida pública e na articulación territorial do Estado.

• Analizar os cambios máis recentes operados no mundo nestas últimas décadas: globalización, revolución tecnolóxica, desigualdade, etc.

CONTIDOS MÍNIMOS • Coñecer as causas e consecuencias da Revolución Francesa e das

revolucións liberais europeas, así coma súa repercusión en España e Galicia.

• Comprender as transformacións económicas, sociais e culturais que acompañan á Revolución Industrial, así como os feitos que poden

20

explicar o protagonismo de Europa durante a época do imperialismo, as súas consecuencias e declive.

• Coñecer a industrialización española no século XIX e a súa repercusión na sociedade da época.

• Entender o colonialismo europeo do século XIX. • Coñecer as causas e as grandes consecuencias da Primeira Guerra

Mundial. • Destacar a importancia do período de entreguerras (1919-1939) na

Historia do Mundo e distinguir os ensaios totalitarios de dereitas e esquerdas.

• Coñecer as causas da Guerra Civil española. • Coñecer as causas e transcendentais consecuencias da Segunda

Guerra Mundial. • Coñecer as transformacións operadas no mundo despois da Segunda

Guerra Mundial, destacando a división en bloques e os procesos de integración e descolonización.

• Destacar a transcendencia da integración europea e a participación de España neste proceso.

• Coñecer as institucións básicas do sistema democrático e distinguilos na vixente Constitución Española de 1978.

• Analizar a evolución de España, desde a Dictadura á Democracia.

AVALIACIÓN As probas de cada avaliación constarán dunha parte teórica e outra práctica, con pequenos comentarios de textos, mapas, gráficos, etc.

Para aprobar será necesario que o alumno obteña 5 puntos sobre 10 en cada sesión, que posúa os coñecementos establecidos nos contidos mínimos, que lea, escriba e se exprese correctamente, e que saiba utilizar un vocabulario específico da materia.

A nota correspondente á avaliación final, será a suma das que o alumno obtivera ao longo do curso, valorando os seus coñecementos, actitude e traballo de clase.

21

MATERIAS PENDENTES

En primeiro de ESO

Plan de traballo:

1. Reunión semanal de información e orientación.

2. Realización de fichas de traballo relativas os contidos xeográ

ficos e históricos da asignatura.

Criterio de avaliación:

1.Verificar que os alumnos realizan as actividades periódicas pro

postas.

2. Constatar a consecución das competencias básicas.

En segundo de ESO

Plan de traballo:

A recuperación da asignatura pendente consisitirá na

realización duns exercicios organizados por temas que o profesor

22

entregará ao alumno e éste fará coa axuda do libro de texto de

Segundo de ESO.

O alumno deberá entregar o traballo feito na data fizada no Depar

tamento de Xeografía e Historia.

Entregaranse dous bloques de exercicios, un no primeiro trimestre e

outro no segundo. Aqueles alumnos que entreguen todolos exerci

cios no plazo establecido aprobarán a asignatura, aqueles outros que

non o fagan, teran outra oportunidade para recuperar as Ciencias

Sociais presentándose a un examen global no mes de Maio.

En terceiro de ESO

Plan de traballo:

A recuperación da asignatura organízase en tres tipos de traballo.

Cada un deles corresponde a unha evaluación.

23

O primeiro, con data límite en Decembro, supón facer mapas de

Galicia, España, Europa e do Mundo onde aparezan representados

accidentes xeográficos, divisións administrativas, cidades.

O segundo, con data límite en Febreiro, esixe traballar o plano

urbano de A Coruña : a sua evolución, morfoloxía, funcións e situación

dentro do sistema urbano galego, español e europeo.

O terceiro, a entregar en Maio, obriga a presentar un traballo de

investigación sobre Os conflictos xeopolíticos no Mundo. Poden escoller

entre tres temas propostos.

Criterio de Avaliación

O que se valorará é:

- A busca de información ( capacidade de selección)

- A capacidade de organización e análise da información

( descrición do problema, orixe do mesmo e consecuencias

de diverso tipo, intereses internacionais...).

- A capacidade de síntese

- A claridade e corrección expositiva

- A incorporación de material cartográfico

- A incorporación de material fotográfico.

Valorarase negativamente (é motivo de suspenso ) a mera foto

copia de información.

24

Tampouco se valorará toda a información gráfica que non apareza

utilizada nin explicada

25

PRIMEIRO CURSO DE BACHARELATO

HISTORIA DO MUNDO CONTEMPORÁNEO

Esta programación fundaméntase no Decreto 126-2008, do 19 de Xuño, que establece a ordenación e o currículo de Bacharelato.

O libro de texto é o titulado “Historia do Mundo Contemporáneo”, da Editorial Vicens Vives.

Cada unidade didáctica comprende dous elementos fundamentais:

Unha síntese do contido da unidade, con información básica para a comprensión do período estudiado, e unha documentación complementaria constituida por textos, gráficos, mapas, esquemas e ilustracións. A iso engadesellen unhas técnicas de tratamento de documentos históricos, así como a ampliación de determinados temas.

OBXETIVOS • Comprender os fenómenos históricos do mundo contemporáneo para

interpretar os acontecementos que se producen na sociedade actual. • Apreciar a história contemporánea, dado o seu carácter globalizador,

como un modo de axudar ó alumnado a estruturar, nun esquema coherente, as aprendizaxes que vai adquirindo.

• Explicar os principais acontecementos dos séculos XIX e XX, situándoos no seu contexto e mostrando a diversidade de ritmo e intensidade coa que se producen nos diferentes territorios.

• Comprender os procesos políticos, económicos e sociais da época, establecendo relacións significativas entre eles.

• Emplear con propiedade a terminoloxía específica, comprender o significado dos conceptos históricos mais importantes e realizar actividades de análise e síntese.

• Despertar un sentido crítico. • Redactar correctamente, sen faltas ortográficas, e expoñer de

maneira ordeada e razoada as ideas.

26

CONTIDOS E DISTRIBUCIÓN TEMPORAL O libro de texto comprende 17 temas, agrupados en catro bloques. Cada un dos temas divídese en apartados e todos eles complétanse con un dossier con textos, mapas gráficos, estadísticas e actividades a realizar por os alumnos.

No primeiro trimestre veranse os seis primeiros temas, que abranguen os alicerces da contemporaneidade: A Revolución Industrial, coas suas etapas e consecuencias. O Liberalismo e o Nacionalismo. A cuestión social e a expansión colonial europea.A Primeira Guerra Mundial.

O segundo trimestre, con cinco temas, dedícase a o afundimento de Europa e á formación nas súas costas de duas potencias extra europeas que protagonizarian a segunda metade do século XX: A Revolución Soviética e a URSS (1917-1941). A Economía do período de entreguerras (1918-1939). Democracias e Totalitarismos (1918-1939). A Segunda Guerra Mundial (1939-1945). A Guerra Fria e a política de bloques (1945-1991).

No último trimestre, con seis temas, tratarase o bipolar mundo de posguerra e o seu final coa “globalización” do capitalismo: A Descolonización e Terceiro Mundo (1945-1991). Un mundo dividido en bloques (1945-1991). A formación da UE. Xeopolítica do mundo actual. Desenvolvemento tecnolóxico, globalización e cambio social. Iberoamérica no século XX.

CONTIDOS MINIMOS • Identificar os rasgos da Revolución Industrial, coas duas fases , así

como a Revolución Demográfica e Agraria. • Coñecer os caracteres das revolucións políticas burguesas. • Coñecer os nacionalismos europeos do século XIX e as modificacións

do mapa político ao que dan lugar. • Coñecer a “cuestión social” que xenera a combinación de tecnoloxía e

liberalismo. • Analizar as causas e consecuencias do colonialismo europeo. • Identificar as causas e consecuencias da Primeira Guerra Mundial. • Analizar a aparición de movementos políticos totalitarios nun

escenario de posguerra e crise socioeconómica. • Coñecer as causas e consecuencias da Segunda Guerra Mundial: un

mundo bipolar que coexiste baixo o temor mutuo.

27

• Analizar as causas da descolonización e o nacemento do Terceiro Mundo.

• Coñecer a evolución do sistema capitalista antes e despois do ano 1973, o afundimento do experimento soviético e o novo orde mundial.

• Sinalar os problemas e perspectivas do mundo actual: as desigualdades económicas e demográficas, e os conflictos entre civilizacións.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN • Identificar e caracterizar as transformacións mais relevantes da

história do mundo contemporáneo, desde a crise do Antigo Réximen ata a Primeira Guerra Mundial, sinalando o papel hexemónico de Occidente que acaba impulsando aquela fase de globalización.

• Coñecer e caracterizar as ideas que exerceron un ha maior influencia nos movementos sociais e políticos ao longo dos séculos XIX e XX.

• Situar cronoloxicamente os acontecementos e procesos relevantes da história do mundo nos séculos XIX e XX, coas repercusións sociais e políticas, prestando especial atención ó movemento obreiro e ó colonialismo.

• Identificar os mecanismos que rexen as relacións entre os estados no século XX, analizando as causas dos conflictos bélicos mundiais e os acordos establecidos para articular as relacións internacionais.

• Coñecer e explicar a quebra do réximen democrático e o auxe de sistemas ditatoriais durante o período de entreguerras. Deben identificar os factores que teñen influido na crise dos sistemas parlamentarios e a súa substitución por outros autoritarios.

• Situar cronoloxicamente e distinguir as características dos períodos de expansión e recesión que ten experimentado a economía mundial contemporánea, sinalando, a través da crise do 29 o da actual, as implicacións que teñen nas relacións sociais, modos de vida, ocupación laboral ou nas políticas nacionais e internacionais.

• Sintetizar o proceso histórico que conducío no século XX á descolonización e a configuración do chamado Terceiro Mundo.

• Describir o proceso de contrucción da UE. e a súa configuración actual.

• Caracterizar as transformacións mais significativas que se produciron no mundo desde o último terzo do século XX.

• Obter, analizar, organizar e presentar a información utilizando correctamente a lenguaxe e a terminoloxía histórica.

28

COMPETENCIAS BÁSICAS 1.Competencia social e cidadá.

Identificar a relación multicausal dun feito histórico e as súas consecuencias.Coñecer as grandes etapas e os principais acontecementos da Historia Contemporánea. Comprender o funcionamento das sociedades, o seu pasado histórico, a súa evolución e transformación.

2.Coñecemento e a interacción co mundo físico.

Identificar e localizar os principais ámbitos xeopolíticos, económicos e culturais en que se enmarcan os acontecementos da Historia Contemporánea.

3.Competencia cultural e artística.

Recoñecer os diferentes estilos da arte contemporánea e os cambios que os motivaron. Analizar obras de arte de distintas épocas.

4.Tratamento da información.

Relacional e comparar a información procedente de diversas fontes.Elaborar a información transformando os datos recollidos e traducíndoos a outro linguaxe.

5.Competencia en comunicación lingüística.

Utilizar axeitadamente o vocabulario propio das ciencias sociais. Ler e interpretar textos de tipoloxía dicersa, linguaxes icónicas, simbólicas e de representación.

6. Competencia matemática.

Analizar e comprender os datos cuantitativos recollidos en táboas, gráficos e diagramas. Facer cálculos sinxelos para analizar e interpretar fenómenos de carácter social.

7. Competencia para aprender.

Buscar explicación multicausais para comprender os fenómenos sociais e avaliar as súas consecuencias. Organizar, memorizar e recuperar a información.

29

AVALIACIÓN • As probas de cada avaliación constarán dunha parte teórica e a outra

práctica. • Para aprobar será necesario que o alumno obteña 5 puntos sobre 10

en cada sesión, que posúa os coñecementos establecidos nos criterios de avaliación, que lea e escriba correctamente, así como que exprese ordeadamente as súas ideas, utilizando un vocabulario apropiado.

• A recuperación das avaliacións trimestraes suspensas terá lugar nas dúas semanas lectivas seguintes. A nota correspondente á avaliación final será a suma das distintas notas obtidas polo alumno, valorando a súa actitude e o seu traballo, capacidade de síntese, exercicios prácticos, e todos os traballos complementarios.

30

SEGUNDO CURSO DE BACHARELATO

HISTORIA DE ESPAÑA

Esta progamación fundamentase no Decreto 126-2008, do 19 de Xuño, que establece a ordenación do currículo de Bacharelato.

O libro de texto e o titulado “Historia de España”, da Editorial Vicens Vives.

OBXETIVOS • Coñecer os acontecementos da historia contemporánea de España e

as súas repercusións no presente. • Comprender a realidade histórica á que se pertence respectando as

diferencias interpretativas. • Comprender a importancia dos antecedentes históricos e das

relacións de interdependencia na análise dos feitos históricos. • Entender a análise histórica como cambio na ideación dos feitos por

operación reflexiva de cada fase sobre a precedente.

CONTIDOS E DISTRIBUCIÓN TEMPORAL O libro consta de 16 temas, máis un de introducción que contempla as raíces históricas de España.

O primeiro trimestre, que consta de 5 temas, abrangue dende a Ilustración Despótica do reformismo borbónico ata a consolidación do Liberalismo Doctrinario.

• O segundo trimestre, que comprende 5 temas, examina a transformación do sistema liberal nun sentido máis democrático- a instancias da revolución técnica e da aparición da sociedade de masa- pero condicionado pola influencia dos totalitarismos pardo e roxo.

• No último trimestre, ao longo de 6 temas, estudiarase o tránsito de España dende a dictadura á socialdemocracia actual.

31

PROCEDEMENTOS • Análise e comprensión de textos, esquemas, gráficos, cadros

estadísticos, mapas, etc. • Utilización correcta dun vocabulario histórico medido e matizado.

ACTITUDES • Comprensión da complexidade do estudio histórico. • Defensa dos deberes que fan posible os dereitos e liberdades. • Respecto polas diferentes culturas. • Interés polo coñecemento histórico.

METODOLOXÍA • É de carácter activo. Os alumnos deben interiorizar a teoría e realizar

exercicios prácticos non só para dominar as técnicas da materia senón tamén para xogar á ideación dos feitos.

• Insistirase especialmente no comentario de textos históricos orientado á superación das Probas de Acceso á Universidade.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN • Comprender os rasgos máis destacados da sociedade española e galega

actual a partir da identificación dos feitos e procesos que influiron para entender o que hoxe son España e Galicia.

• Análise da interrelación da causas entre os factores que condicionan a traxectoria de España e Galicia.

32

• Relacionar os procesos e acontecementos propios da historia de España e de Galicia cos correspondentes ós ámbitos europeo, americano e internacional.

• Caracterizar as etapas do pasado histórico de España e de Galicia, destacando os seus aspectos comúns e diversos.

• Coñecer e analizar os feitos, procesos e persoaxes máis relevantes da historia de España e de Galicia, situándoos cronolóxicamente dentro dos diferentes ritmos de cambio e permanencia.

• Apreciación de actitudes de relativismo crítico e respecto á pluralidade que é propia na sociedades occidentais.

CONTIDOS MÍNIMOS • Comprender e analizar o desenvolvemento histórico de España e de

Galicia, dende o século XVIII ata o momento actual. • Comentar textos históricos empregando a técnica adecuada. • Interpretar todo tipo de gráficos de contido histórico. • Utilizar correctamente un vocabulario histórico específico. • Expresarse con corrección, tanto verbalmente como por escrito.

AVALIACIÓN As probas de cada avaliación adaptaranse ao modelo establecido para as Probas de Acceso á Universidade.

Para aprobar, será necesario que o alumno obteña 5 puntos sobre 10 en cada sesión, que posúa os coñecementos establecidos nos contidos mínimos, que lea e escriba correctamente, así como que sexa capaz de expresar ordeadamente as súas ideas, utilizando un vocabulario preciso e específico. Haberá 2 examenes por avaliación, ademais dun exame global que englobe todo o visto so século XIX.

A nota correspondente á avaliación final será a suma das distintas notas obtidas polo alumno, valorando a súa actitude e o seu traballo, capacidade de síntese, exercicios prácticos e todolos traballos realizados ao longo do

33

curso. Engadirase un dez por cento por asistencia a clase e traballo durante o curso.

Non hai recuperación.

34

SEGUNDO CURSO DE BACHARELATO

HISTORIA DA ARTE

O libro de texto é da Editorial Vicens Vives, que inclúe alguns temas que non aparecen no Diseño Curricular de Base da Xunta de Galicia, ao que nos axustamos e seguimos nesta Programación.

OBXETIVOS • Afondar no coñecemento de distintos momentos da historia da arte

que se consideran esenciais e significativos na formación e desenvolvemento da arte occidental.

• Utilizar un método de análise que permita coñecer e comprender as obras da arte, desenvolvendo a sensibilidade e a imaxinación.

• Recoñecer e diferenciar as manifestacións artísticas máis destacadas dos principais estilos da arte occidental, situándoos no tempo e no espacio e valorando a súa pervivencia en etapas posteriores.

• Coñecer e valorar o patrimonio artístico, contribuindo de forma activa á súa conservación.

• Contribuir á formación do gusto persoal e do sentido crítico, e aprender a expresar sentimentos propios diante da contemplación da obra da arte.

• Realizar actividades de documentación e investigación nas que se analicen, contrasten e interpreten informacións diversas sobre aspectos da Historia da Arte.

35

CONTIDOS E DISTRIBUCIÓN TEMPORAL A materia agrúpase en 14 temas, de acordo coas normas estabelecidas polo Grupo de Traballo de Historia da Arte.

No primeiro trimestre estudaranse os temas 1 ó 4, cos seguintes contidos:

• A arquitectura e a escultura grega dos séculos V e IV e a arquitectura romana, incidindo nesta no concepto de espacio interior.

• A arte paleocristiá e bizantina. Achegas da primeira arte cristiá: a basílica. Arte bizantina a través de Santa Sofía de Constantinopla.

• A arte Islámica. A arte hispanoárabe: a mesquita de Córdoba. • A arquitectura e a escultura románica con especial insistencia no

análise da catedral compostelá. • A catedral gótica, tomando como modelo a catedral de León. • O cambio nas artes plásticas en función do humanismo gótico.

No segundo trimestre veranse os temas 5 ó 9:

• A volta ao clasicismo: Brunelleschi, Masaccio e Donatello. A síntese clásica: Leonardo, Miguel Angel e Rafael. A escola veneciana: Tiziano. O Renacemento en España. O Escorial. O Greco.

• Estudar a secuencia Renacemento-Barroco a través de San Pedro do Vaticano, como obra da arte total.

• A pintura barroca: o tenebrismo de Caravaggio, Ribera e Velázquez na pintura.

• O Barroco compostelán a través da catedral de Santiago e seu entorno urbanístico.

• Goya, como paradigma do artista contemporáneo.

No terceiro trimestre estudiaranse os cinco últimos temas:

• O naturalismo do século XIX a través do seu apoxeo no impresionismo.

• Os movimentos postimpresionistas. • As vangardas históricas. Picasso. A especificidade galega. A

escultura: Asorey. • A arquitectura contemporánea. Wright e Le Corbusier. • Aproximación as últimas tendencias artísticas.

36

PROCEDEMENTOS • Lectura, análise crítico e interpretación de textos. • Análise da obra da arte como testemuña do pasado e representación

dunha sociedade determinada. • Utilización de diferentes medios de observación e información:

diapositivas, láminas, documentos, películas, etc. • Elaboración e aplicación dun esquema de lectura da arquitectura,

escultura e pintura. • Comparación entre obras dos diversos estilos estudados, e entre

obras de diferentes autores. • Identificación de obras e autores. • Uso de fontes de observación e información directas, como visitas a

monumentos, museos e exposicións. • Elaboración de itinerarios histórico-artísticos. • Comprensión e utilización correcta dun vocabulario artístico

específico.

ACTITUDES • Valoración positiva do hábito de observación. • Valoración positiva da capacidade de sentir e expresar emocións ante

a obra da arte. • Sensibilidade ante a beleza. • Valoración das correntes innovadoras propias da arte

contemporánea. • Interese pola obra da arte como legado histórico. • Comprensión das relacións entre a obra da arte, o artista e a

sociedade. • Respecto polo patrimonio artístico. • Valoración das obras consideradas patrimonio da humanidade, como

bens culturais de valor universal.

37

METODOLOXÍA É de carácter activo. O alumno debe coñecer e comprender os aspectos teóricos de cada tema, así como os rasgos que, na práctica, definen a cada un dos estilos artísticos.

O material gráfico será a base de calquera análise interpretativo da obra da arte. Insistirase tamén no dominio dun vocabulario específico da materia por parte do alumno.

CONTIDOS MÍNIMOS • Coñecer, comprender e analizar os rasgos que definen a cada un dos

estilos artísticos. • Situar a obra da arte no seu contexto histórico e social. • Diferenciar a obra dos artistas máis significativos. • Comprender a influencia das correntes ideolóxicas dunha época

nunha obra da arte. • Analizar formalmente a obra da arte, empleando un vocabulario

específico. • Analizar iconográficamente e iconolóxicamente a obra da arte. • Analizar e comentar textos relativos á obra da arte e ós artistas. • Estabelecer analoxias e diferencias entre obras da arte de diferentes

épocas e estilos. • Expresarse con corrección verbalmente e por escrito.

AVALIACIÓN As probas de avaliación constarán dunha parte teórica e outra práctica, con análise e comentario de laminas e diapositivas.

38

Para aprobar será necesario que o alumno obteña 5 puntos sobre 10 en cada sesión, que posúa os coñecementos estabelecidos nos contidos mínimos, que lea e escriba correctamente, así como que sexa capaz de expresar ordeadamente as súas ideas, utilizando un vocabulario preciso e específico.

A nota correspondente á avaliación final será a suma das distintas notas obtidas polo alumno, valorando a súa actitude e o seu traballo de clase, capacidade de síntese, exercicios prácticos, e todos os traballos complementarios.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN • Analizar e comparar os cambios producidos na concepción da arte e

as súas funcións en distintos momentos históricos e en diversas culturas.

• Relacionar as manifestacións artísticas co seu contexto cultural e histórico, valorando a diversidade de correntes e modelos estéticos que poden desenvolverse nunha mesma época e os rasgos estilísticos que permiten a súa clasificación.

• Analizar as obras da arte significativas dos principais estilos e artistas da arte occidental e de Galiza, a partires de diversas metodoloxías, situándoas no seu contexto histórico-artístico e recoñecer as posibles influencias e a súa pervivencia na arte posterior.

• Manexar con precisión e rigor a terminoloxía específica da cada unha das artes visuais.

• Interpretar os principais códigos iconográficos da cultura visual de Occidente.

• Observar e analizar as obras da arte de noso patrimonio cultural no seu contexto orixinal, en museos o exposicións, especialmente do propio entorno.

• Identificar e localizar os rasgos característicos que configuran os estilos artísticos máis representativos do mundo occidental, así como saber diferencialos e señalar os cambios.

• Recoñecer as obras máis representativas dos grandes mestres da Historia da Arte, distinguindo os rasgos diferenciais do seu estilo e o que de innovación representa a súa obra para a Historia da Arte.

39

• Realizar actividades de documentación e indagación a través de diversas fontes de información, sobre determinados aspectos da creación artística.

• Utilizar un método de comentario que integre a valoración obxectiva da obra da arte e a creatividade persoal do alumno e expresalo con claridade e corrección formal.

• Analizar a presencia da obra da arte na vida cotián e nos medios de comunicación social.

• A avaliación da asignatura basearase no resultado das probas escritas, onde o alumno amosará non so os coñecementos da asignatura senón tamén a suxección ás pautas básicas que rexen a expresión escrita, esencialmente a precisión léxica, a corrección da sintaxe, a claridade na expresión e a coherencia na exposición das ideas. A participación na clase, presentación de traballos no prazo de tempo establecido, puntualidade e asistencia serán tamén tidos en conta á hora da avaliación.

40

SEGUNDO CURSO DE BACHARELATO

XEOGRAFÍA DE ESPAÑA

O libro de texto é a ¨Xeografía de España¨, da Editorial Anaya, cuio Proxecto Curricular tomamos como base desta Programación.

OBXETIVOS XERAIS • Coñecer e comprender as características dos medios naturais

existentes en España e as diferencias entre as súas distintas zonas, identificando os rasgos xeográficos que individualizan o territorio español en relación con outros países do mundo.

• Utilizar un vocabulario xeográfico específico. • Esplicar a desigual distribución xeográfica da poboación, e

comprender a súa dinámica e estructura. • Analizar os distintos tipos de explotación da natureza e a utilización

dos recursos, comprendendo fenómenos xeográficos específicos. • Comprender os graves problemas derivados das actuacións

humanas: contaminación, degradación urbana, deforestación, desertización, etc.

• Coñecer as consecuencias espaciais da integración de España na Unión Europea.

CONTIDOS CONCEPTUAIS E DISTRIBUCIÓN TEMPORAL • O libro de texto comprende 11 temas, agrupados en catro bloques

temáticos ós que engadese outro a modo de introducción. A exposición teórica de cada tema aparece unida a unha abundante documentación cartográfica, gráfica, estadística e icónica, referida ó ámbito xeográfico español.

No primeiro trimestre veranse catro temas, que corresponden ao bloque I, dedicado ao estudo do medio físico español. Comprenden a análise do

41

relevo, os contrastes climáticos, a auga, a vexetación e o solo, así como as paisaxes naturais e a acción antrópica sobre o medio.

No segundo trimestre estudaranse os catro temas seguintes, que están incluidos no segundo bloque (¨La ocupación e o poblamento¨), e no terceiro (¨As actividades económicas¨). Refirense á poboación española, o poboamento rural e urbano e as actividades dos sectores primario e secundario.

O último trimestre do curso dedicarase a tres temas: as actividades do terciario, a organización do territorio e os desequilibrios rexionales, e a proxección internacional de España.

PROCEDIMENTOS • Tratamento da información xeográfica: análise crítico dos datos e

informacións e síntese interpretativa. • Comprensión e análise dos múltiples factores que interveñen nos

fenómenos xeográficos. • Realización e comprensión de todo tipo de mapas, gráficos, táboas,

textos, pirámides de poboación, etc.

ACTITUDES • Fomentar o rigor crítico, a curiosidade científica e a capacidade de

observación da realidade. • Desenvolver a valoración do patrimonio natural e cultural de España. • Inculcar o respecto ás ideas doutras persoas e sociedades. • Predispoñer á integración e participación nos ámbitos de convivencia. • Concienciar dos problemas aos que enfréntase a vida humana sobre

a Terra: degradación do medio, crecemento demográfico desequilibrado, desigualdades entre os pobos, etc.

• Espertar a curiosidade por descubrir e coñecer medios físicos e humanos de diferentes tipos.

• Valorar a diversidade paisaxística en España e Galicia.

42

METODOLOXÍA É de carácter activo. Os alumnos deben coñecer e comprender os aspectos teóricos de cada tema e realizar unha serie de exercicios prácticos, que lles permitan dominar as técnicas específicas da materia.

Non se trata só de coñecemento senón tamén de introducir unha estructura mental capaz de entender a realidade física mellor e de formular mellores prediccións sobre as cuestións propostas.

O libro de texto presenta numerosos recursos e será básico no progreso da clase. Agora ben, ó carácter actual da asignatura préstalle a información ao día.

Insistirase no domínio do vocabulario, na comprensión dun modelo interno do mundo, nos análise e elaboración de gráficos e mapas, etc.

AVALIACIÓN As probas de cada avaliación axustaranse ao modelo das Probas de Acceso a Universidade.

Para aprobar o alumno ten que obter 5 puntos sobre 10 en cada sesión, ten que escribir e expresarse correctamente e utilizar un vocabulario axeitado á materia. Realizaranse tantos exames como temas, e cada un deles conterá, no posible, a materia dada con anterioridade.

A nota correspondente á avaliación final será a media aritmética das que o alumno obteña ó longo do curso.

CONTIDOS MÍNIMOS • Coñecer o relevo e o clima de España e de Galicia. • Distinguir as paisaxes naturais e a acción antrópica sobre o medio. • Utilizar os modelos demográficos do movemento real e de

composición por idades en Galicia e en España. • Comprender o fenómeno urbano e o seu desenvolvemento en España

e en Galicia. • Coñecer as características e desenvolvemento dos sectores de

actividade en España e en Galicia, sinalando os factores físicos, técnicos e humanos que explican a súa localización.

43

• Razoar os motivos que poden producir os desequilibrios rexionais. • Comprender a proxección internacional de España e o seu valor no

mundo actual. • Utilizar e interpretar mapas e gráficas de distinto tipo. Localización

sen erros de provincias ou comunidades. • Ler, escribir e expresarse oralmente con corrección.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN • Utilizar informacións de contido xeográfico procedente de diversas

fontes para localizar e interpretar os fenómenos espaciais e súas interrelacións. E dicir, realizar con coherencia un comentario dos documentos gráficos e cartográficos propostos.

• Identificar as características do sistema mundo e os rasgos esenciais da Unión Europea para comprender os factores que explican a situación de España na súa área xeoeconómica e as súas consecuencias espaciais.

• Coñecer os rasgos xerais do medio natural para comprende-lo europeo, español e galego, e a diversidade de conxuntos naturais; identifica-los seus elementos e a súa dinámica, así como as súas interaccións, atendendo especialmente ao papel desempeñado pola acción humana.

• Analizar o estado do medio ambiente e dos recursos naturais en España e Galicia, relacionándoos cos factores físicos e humanos para comprender e valorar o uso sostido dos recursos.

• Describir e analizar as características dos espacios productivos españois e galegos: rurais, industriais, enerxéticos e de servicios, e coñecer a súa dinámica recente para identificar e explicar os factores de localización, a distribución territorial, as tipoloxias espaciais resultantes e as tendencias actuais das actividades productivas en relación co espacio xeográfico.

• Interpretar a evolución, a dinámica natural e real, a estructura e a distribución espacial da poboación española, recoñecendo as súas características demográficas actuais, as súas diferencias territoriais e as perspectivas de futuro.

• Interpretar o proceso de urbanización español e galego para explicar a configuración do sistema urbano actual e a transformación do medio rural, así como a dinámica da estructura interna das cidades e o seu estado actual. Identifica-los cambios.

44

• Describir a organización territorial de España en Comunidades Autónomas.

• Distinguir os principais contrastes territoriais, tanto entre Comunidades Autónomas como internos en Galicia, para analizar os desequilibrios e coñecer as políticas que poden reducilos.

45

PROGRAMA PCPI 2010

Módulo formativo de carácter xeral: Sociedade e cidadania.

OBXETIVOS

- Coñecer e valorar as características organizativas, sociais e

culturais fundamentais do contorno.

-Coñecer e valorar os principais trazos das organizacións sociais

e culturais do Estado.

-Coñecer as características da sociedade democrática e tomar

conciencia da necesidade de participación, con recoñecemento

dos dereitos e dos deberes da cidadanía.

-Coñecer as principais institucións supranacionaes: UE e

organismos internacionais.

-Coñecer e analizar os problemas sociais do mundo actual.

CONTIDOS

-Coñecemento da organización social de Galicia. Institucions e

servicios públicos da Comunidad Autónoma.

- Coñecemento da Organización do Estado español. O sistema das

46

Autonomías.

-O sistema democrático: participación cidadá; dereitos e deberes;

a Constitución e o Estatuto de Autonomía.

-Galicia e España en Europa. Organismos internacionais. Política

de cooperación.

-Coñecemento doutros modelos sociopolíticos actuais.

-Desequilibrios e conflictos no mundo actual. A acción humana

como causa e efecto dos problemas. A globaliación. O

compromiso persoal.

-A violencia como lacra da sociedade: violencia entre pobos e

violencia de xénero.

-Desenvolvemento e consumo. Consumo responsable.

-A educación viaria: normas de seguranza e condución

responsable.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Preténdese comprobar se o alumnado é capaz de:

-Coñecer a distribución xeográfica de Galicia ( organización e

47

paisaxes galegas e a súa economía), localizar en mapas a súa

situación, e argumentar as causas e consecuencias das súas

características.

-Coñecer a estruturación do Estado español en CC.AA.. Valorar

as diferenzas como elemento enriquecedor. Saber localizar as

comunidades en mapas.

-Coñecer e apreciar o sistema democrático. Representación da

cidadanía. Participación como valor para a mellora da vida na

comunidade. Deberes e dereitos.

-Coñecer sumariamente a Constitución española. Dificultades

para os consensos. Significado dunha norma común.

-Coñecer sumariamente o Estatuto de autonomía e o longo

percorrido pola historia ata chegar a el. O Goberno autónomo e

as relacións co resto do Estado español.

-Coñecer sumariamente o mundo actual e as súas diferencias

paisaxísticas e culturais.

-Analizar as desigualdades no mundo actual. Valorar a cooperación

entre pobos.

-Recoñecer o consumo responsable. Papel da publicidade.

-Recoñecer a necesidade da seguranza viaria para persoas

condutoras e peóns.

48

PLANIFICACIÓN

Primeira Avaliación

1.- Un Mundo diverso

-Mapas políticos

-Mapas culturais e paisaxísticos

-Institucións: ONU.FMI. UE.

2.- Unha España diversa. A España das autonomías. Galicia.

-Mapas políticos, culturais e paisaxísticos.

-Tipos de estados (unitarios, federais...).

-As autonomías. O Estatuto de Galicia.

3.-A España democrática. Dereitos e deberes cidadáns.

-Sociedades preconstitucionais.

-A Constitución española de 1978. Dereitos e Deberes.

-Outros modelos sociopolíticos actuais.

Segunda Avaliación

1.- Desequilibrios e conflictos no mundo actual.

-Papel dos organismos internacionais.

49

2.- A violencia como lacra da sociedad

-Violencia de xénero, racista, ideolóxica, relixiosa.

Terceira Avaliación

1.-Desenvolvemento e consumo

- Papel da publicidade

2.- Educación vial.

MATERIAIS

-Información elaborada

-Presentación PowerPoint

-Proxectoterra (¨Identidade territorial¨)

-Textos de prensa. Eduardo Galeano.

-Películas ( ¨Solas¨; ¨Grita Liberdade¨; ¨O lápis do carpinteiro¨; ¨Bowling

for Columbine¨.

-Internet

-Toponímia, refráns, festas, cantigas.

CUALIFICACIÓN

1.- Probas escritas e orais

2.-Traballo na aula

3.-Traballo na casa

4.-Asistencia a clase

50

Cada 10% de faltas de asistencia sobre o número total de horas

da avaliación, suporá un punto menos sobre 10.

5.-Actitude na aula

Cada 4 negativos: 1 punto menos na nota

Cada 2 positivos: 1 punto máis na nota.

51

O Departamento de Ciencias Sociais. Xeografía e Historia do I.E.S. ¨A

Sardiñeira¨ de A Coruña, que elaborou esta programación para o curso

académico 201O-2011, está composto por os seguentes membros:

D. José Viader Serra Profesor de Ensino Secundario. Xefe de

Departamento.

Dna. Olga Pedrouzo Vizcaíno Profesora de Ensino Secundario.

Dna. Roberta Souto Lodeiro Profesora de Ensino Secundaria.

A Coruña 18 de Septembro do 2010

Fdo. José Viader Serra

Xefe do Departamento

52