PROGRAMA DE ACTIVIDADES 2017 · convivencia para o desenvolvemento profesional con talleres de...

33
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DO COTSG | 23 de decembro de 2016 | Santiago de Compostela PROGRAMA DE ACTIVIDADES 2017 Proposta de actividades a desenvolver no ano 2017 polo COTS de Galicia

Transcript of PROGRAMA DE ACTIVIDADES 2017 · convivencia para o desenvolvemento profesional con talleres de...

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DO COTSG | 23 de decembro de 2016 | Santiago de Compostela

PROGRAMA DE ACTIVIDADES 2017 Proposta de actividades a desenvolver no ano 2017 polo COTS de Galicia

ÍNDICE

Introdución

1. Área de Asesoramento e Información Colexial

2. Área de Emprego

3. Área de Defensa da Profesión

4. Área de Formación

5. Área de Programas, Iniciativas e Plano Estratéxico

2

INTRODUCIÓN

Proposta de actividades programadas para o ano 2017,

vinculada ao orzamento presentado.

As áreas básicas nas que se centran as actuacións do

COTSG son:

1. Área de Asesoramento e Información Colexial

2. Área de Emprego

3. Área de Defensa da Profesión

4. Área de Formación

5. Área de Programas, Iniciativas e Plano Estratéxico 3

INTRODUCIÓN

No ano 2017, pretendemos afortalar diferentes eidos da intervención do colexio para

acadar melloras na contratación pública no noso sector e igualmente pular para acadar

melloras nas condicións laborais. (tanto no marco do Plan Concertado como na da

saúde).

Igualmente seguirase potenciando a nosa figura nas entidades do terceiro sector e da

empresa como referentes no ámbito do desenvolvemento de actividades de carácter

técnico referidas ao social.

Incentivarase a investigación e potenciarase a aposta por iniciativas emprendedoras

que den solución ás demandas sociais da sociedade.

A aposta por novos nichos de traballo e o fomento do apoio a actividades emanadas da

propia colexiación será outro piar fundamental.

No aspecto da comunicación, seguiremos apostando por ser o referente social en canto

ao discurso e a aposta polo mantemento duns Servizos Sociais públicos e universais.

4

OBXECTIVOS:

1.Ofertar servizos de calidade necesarios para a colexiación.

2.Sermos referente do Traballo Social en Galicia.

3.Ostentar a representación colectiva dos e das traballadoras sociais de

Galicia.

4.Buscar alternativas vantaxosas para a colexiación en diferentes ámbitos.

5.Defender a profesión e o exercicio da mesma.

6.Mellorar a empregabilidade e as contratacións na colexiación

5

INTRODUCIÓN

1. Principais canles de información

2. Asesoramento

3. Revista Galega de Traballo Social Fervenzas

6

ÁREA DE ASESORAMENTO E

INFORMACIÓN COLEXIAL

1. Principais canles de información:

a) Páxina web do COTSG www.traballosocial.org Actualízase a diario e cada

venres remítese unha alerta semanal coas novas (newsletter). A nova web,

traballosocial.gal estará operativa en xaneiro do 17

b) Fío Directo Mensual

Boletín oficial corporativo do COTSG. Reconvertido e n Revista dixital mensual.

c) Redes Sociais:Facebook, Twitter, vimeo e linkedin.

d) Blog Social vinculado á nova web que verterá contidos e artigos de opinión.

Poderá ser participado pola colexiación.

7

ÁREA DE ASESORAMENTO E

INFORMACIÓN COLEXIAL

2. Asesoramento:

• Asesoría profesional

• Asesoría de emprego

• Asesoría xurídica xeral

• Asesoría xurídica laboral

• Asesoría documental e bibliográfica

8

ÁREA DE ASESORAMENTO E

INFORMACIÓN COLEXIAL

• Asesoría profesional

a. Responsable:

Xerencia.

b. Función:

Informar, orientar e asesorar en materia do

desenvolvemento profesional. Asesoramento técnico e

noutras áreas de interés da colexiación.

c. Atención:

Todos os días de luns a venres.

9

ÁREA DE ASESORAMENTO E

INFORMACIÓN COLEXIAL

• Asesoría de emprego

a. Responsable:

Departamento de Orientación Laboral

b. Funcións:

Informar, orientar e asesorar en materia de orientación laboral e procura de

emprego e en materia de formación continua.

c. Atención:

Todos os días de luns a venres.

10

ÁREA DE ASESORAMENTO E

INFORMACIÓN COLEXIAL

• Asesoría xurídica xeral

a. Responsable:

(Consultaría Externa) Avogado especialista en terceiro

sector e protección de datos.

b. Funcións:

Atención de consultas no eido da profesión do Traballo

Social, intrusismo, protección de datos, defensa da

profesión, segredo profesional, etc.

c. Atención:

1º e 3º mércores de cada mes.

11

ÁREA DE ASESORAMENTO E

INFORMACIÓN COLEXIAL

• Asesoría xurídica laboral

Responsable:

a. (Consultaría Externa) Avogada especialista en dereito

laboral e da seguridade social.

b. Funcións:

Asesoramento á colexiación en materia de dereitos e

obrigas laborais, contratos, convenios colectivos, nóminas,

salarios,...

c. Atención: 2º e 4º mércores de cada mes teléfónica

ou dixital.

12

ÁREA DE ASESORAMENTO E

INFORMACIÓN COLEXIAL

• Asesoría documental e bibliográfica

a. Responsable:

Departamento de Mediateca.

b. Funcións:

Administración e xestións dos fondos documentais da

biblioteca do COTSG e atención de dúbidas colexiais ao

respecto.

c. Atención:

De luns a venres

13

ÁREA DE ASESORAMENTO E

INFORMACIÓN COLEXIAL

3. Revista Galega de Traballo Social Fervenzas

Edición dun número anual de Fervenzas + Especial

Fervenzas de TS e Saúde

Formatos:

− edición dixital

− edición en papel (300 exemplares)

14

ÁREA DE ASESORAMENTO E

INFORMACIÓN COLEXIAL

I. Renovación de Estatutos Colexiais

II. A través da Comisión Deontolóxica

III. A través de Proxectos

IV. A través da Normativa vinculante ao T.S.

V. A través das Relacións Institucionais

VI. Relacións Externas

VII. Relacións Internas

15

ÁREA DE DEFENSA DA PROFESIÓN

I. Renovación de Estatutos Colexiais

Sométense a esta Asamblea. Logo comezará o trámite coa

Xunta de Galicia de cara á súa aprobación e publicación

pública. Do mesmo xeito e como trámite previo na Orde do

Día será acordado o cambio de denominación do Colexio.

16

ÁREA DE DEFENSA DA PROFESIÓN

II. A través da Comisión Deontolóxica

Funcións principais:

• Velar pola difusión e cumprimento do Código Deontolóxico do Traballo

Social.

• Emitir ditames.

• Coñecer e estudar as demandas deontolóxicas e propor resolución

para as mesmas.

• Valorarase a proposta de facer formación en materia de ética e

resolución de dilemas éticos.

17

ÁREA DE DEFENSA DA PROFESIÓN

III. A través da Normativa vinculante ao T.S.

1. Elaboración das alegacións pertinentes no período

de publicidade

2. Adaptación da estrutura colexial aos cambios

normativos. (modificación de estatutos)

18

ÁREA DE DEFENSA DA PROFESIÓN

IV. A través das relacións institucionais

1. Contactos coas institucións máis relevantes co fin de:

1. Dar a coñecer a labor do Colexio

2. Incrementar o valor do Traballo Social

2. Colaborar coas administracións/entidades

3. Afianzar a axenda de contactos coas administracións

públicas, co terceiro sector e co empresariado do eido

social.

4. Reclamación de procesos selectivos

19

ÁREA DE DEFENSA DA PROFESIÓN

2. Axenda de contactos do COTSG na actualidade:

20

ÁREA DE DEFENSA DA PROFESIÓN

1. Cª de Política Social:

1. Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social

2. Dirección xeral de Dependencia e Discapacidade

3. Dirección Xeral de Familia

4. Dirección Xeral de Inclusión

5. Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado

2. Consellería de Presidencia

3. Consellería de Sanidade

1. Dirección Xeral de Xustiza

4. Consellería de Medio ambiente, Territorio e Infraestruturas

1. Instituto Galego de Vivenda e Solo

5. Deputacións Provinciais

6. Concellos. Especialmente cos de máis de 20.000 habitantes.

7. Universidades. Especialmente os Campus que contan con Escolas de Traballo Social

8. Funga

9. Grupos Parlamentares

10. Fegamp

11. Colexios Profesionais do ámbito social.

12. Entidades do Terceiro Sector: EAPN Galicia, CERMI…etc.

13. Empresas do Eido Social: Caser Asistencial, Sarquavitae, OA Mayores, etc

V. Relacións externas

1. Un dos principais obxectivos do COTSG é constituírse en referente en materia de

SS.SS. tanto para os medios de comunicación como para aquelas instancias nas

que se decide a política social e reforzar e visualizar o papel da e do traballador

social:

1. Participación en debates de radio e entrevistas en prensa escrita e audiovisual

2. Difundir na sociedade as novas do COTSG

3. Participar en monográficos de prensa escrita que sexan de interese para a profesión

4. Participación en Grupos de traballo e organismos do sector: Estratexias da Xunta de Galicia, Mesas

e Consellos Socias municipais

21

ÁREA DE DEFENSA DA PROFESIÓN

1. Manter contactos con entidades e empresas co fin de obter beneficios sociais para

as persoas colexiadas:

1. Seguro Responsabilidade Civil: Broker’s 88

2. Descontos en recursos sociais

3. Desconto en actividades de ocio e tempo libre

4. Desconto en tendas e comercios

5. Axencias de Viaxes

6. Entidades de Formación

7. Empresas do sector social

8. Etc.

22

ÁREA DE DEFENSA DA PROFESIÓN

VI. Relacións Internas

a) Supervisión continua dos diferentes servizos do

COTSG, para:

• Garantir un funcionamento operativo óptimo

• Mellorar a capacidade de xestión económica da entidade

b) Recoñecemento da profesión:

Acto de celebración do Día Internacional do Traballo Social

Outros actos de sensibilización

23

ÁREA DE DEFENSA DA PROFESIÓN

24

ÁREA DE FORMACIÓN

1. Teleformación

2. Formación Estratéxica do

COTSG

3. Formación en Colaboración coas

Universidades

No ano 2017 a proposta de teleformación en base ás propostas recibidas é a seguinte:

TIPO 1: 30 HORAS

• COMO DOCUMENTAR A INVESTIGACIÓN DE TRABALLO SOCIAL POR MEDIO DE ARTIGOS CIENTÍFICOS

• TRABALLO SOCIAL NO DANO CEREBRAL ADQUIRIDO

• EMPODERAMENTO DA MULLER, NOVAS PERSPECTIVAS E ACOMPAÑAMENTO

TIPO 2: 50 HORAS

• DETECCIÓN E PREVENCIÓN DA DELINCUENCIA NOS XÓVENES E ADOLESCENTES

• O/A TRABALLADOR/A SOCIAL COMO RESPONSABLE DO VOLUNTARIADO

• INTERVENCIÓN SOCIOEDUCATIVA EN ADICCIÓNS

TIPO 3: 100 HORAS

• TRABALLO SOCIAL E ESTRANXEIRÍA

• INTERVENCIÓN PSICOSOCIAL EN TRASTORNO MENTAL GRAVE

25

ÁREA DE FORMACIÓN

1. Teleformación

26

ÁREA DE FORMACIÓN. FORMACIÓN

ESTRATÉXICA

2. Formación Estratéxica do

COTSG

Os cursos seleccionados para o 2017 serán publicados nun dossier semestral indicando a

duración, contidos e calendarización de cara a que toda a colexiación poida planificar o

ano e os cursos aos que lle gustaría acceder.

O carácter e formato dos mesmos será maioritariamente semipresencial, realizando

formación online para os módulos teóricos e sesións prácticas naqueles que sexa

recomendable. Algún podería mesmo ser integramente presencial se o tipo de

aprendizaxe así o require.

Á hora de seleccionar as temáticas tívose en conta a enquisa remitida á colexiación o

pasado mes de novembro en materia de formación.

27

ÁREA DE FORMACIÓN. FORMACIÓN

ESTRATÉXICA

28

ÁREA DE FORMACIÓN. XORNADAS

REALIZACIÓN DE XORNADAS

1. Xornada sobre o Traballo Social e as relacións coa

Administración de Xustiza

2. Xornada sobre o Acoso Moral, laboral e escolar (e

outros).

3. Xornada sobre Igualdade e Violencia de Xénero

4. Xornada sobre Traballo Social e Saúde

29

ÁREA DE PROGRAMAS, INICIATIVAS E

PLANO ESTRATÉXICO. Emprende COTSG 17

Asesoramento técnico personalizado, elaboración

de Plan de Empresa, apoio en xestións..

Formación específica en materia fiscal, laboral ,

contable, servizos sociais..

Creación de identidade corporativa e dixital: Web,

redes sociais, imaxe de empresa, soportes

documentais.

Pago de cotas de autónomos durante 3 meses

Todas aquelas que resulten de interese e poidan

mellorar a posta en marcha do Proxecto

30

ÁREA DE PROGRAMAS, INICIATIVAS E

PLANO ESTRATÉXICO

.

EMPRENDE COTSG

2017

Presentación do Observatorio do Traballo

Social. Esta iniciativa pretende ter actualizado un perfil profesional e do

desenvolvemento da nosa profesión co paso dos anos. A idea será facer

unha radiografía cada 2 ou 3 anos e así ir descubrindo e incidindo nas

problemáticas e feblezas da nosa colexiación.

Guía de Comunicación para medios de comunicación

31

ÁREA DE PROGRAMAS, INICIATIVAS E

PLANO ESTRATÉXICO:

32

ÁREA DE PROGRAMAS, INICIATIVAS E PLANO

ESTRATÉXICO. PROXECTOS PARTICIPATIVOS

PERSOA/GRUPO QUE PRESENTA A

INICIATIVA

PROXECTO OU ACTIVIDADES

GRUPO DE TRABALLADORES/AS

SOCIAIS DA TERRA CHA

O MEU CAMIÑO COMO TRABALLADOR/A SOCIAL. Xornadas formativas de retiro e

convivencia para o desenvolvemento profesional con talleres de ferramentas de

desenvelvemento profesional e persoal. Coaching, Programación neurolingüística e

Intelixencia emocional.

COLEXIADOS/AS :

3215,1869,1701,1704,

@RTE_TEATRO APLICADO Á HISTORIA D O TRABALLO Social: aprender a reflexionar

indo ás raíces.

CONTORNA SOCIAL.

Grupo de Traballadoras Socias de Vigo

e contorna

ACTIVIDADES 2017: Ciclos e charlas de Primavera e Outono para a reflexión sobre

temáticas de interés da colexiación: pobreza e exclusión, intervención con menores,

dependencia versus autonomía, participación da cidadanía…

Grupo de Traballadoras Socias da

Mancomunidade de Verín, do Concello

de XInzo de Limia.

ENCONTRO DE COLEXIADAS DAS COMARCAS DA LIMIA, VERÍN, VALDEORRAS E

VIANA. Xornadas de intercambio e innovación de Traballo Social e crise demográfica.

Grupo de traballadoras sociais de

Bergantiños, Soneira e Costa da Morte

XORNADAS DE TRABALLO SOCIAL NA COSTA DA MORTE. Visibilización do Traballo

Social e os Servizos Sociais.

Grupo TS da Comarca de Valdeorras XORNADAS DE TRABALLO SOCIAL, ESCOLA RURAL E FAMILIA.

33

ÁREA DE PROGRAMAS, INICIATIVAS E PLANO

ESTRATÉXICO

Preténdese pór en contacto entidades sociais e empresas

para que cheguen a acordos mediante un diálogo guiado para

a posta en marcha de Proxectos Sociais nas súas liñas de

RSC. Trala realización de 2 no ano 2016, preténdese facer

entre 3 no vindeiro 2017.

Como Colexio pretendemos pór aos Traballadores

Sociais no centro das Liñas de RSC das empresas, ou nas

entidades que logren financiamento para proxectos sociais por

parte destas.

Á vez, tentamos despegar este nicho de emprego

na conciencia da nosa colexiación, que aínda non ten

interiorizada a potencialidade da RSC para o futuro do

Traballo Social a medio prazo.