PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR - edu.xunta.galabsentismo+escolar+Bueu.pdf · 4 PROGRAMA DE...

38
PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR Concello de Bueu

Transcript of PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR - edu.xunta.galabsentismo+escolar+Bueu.pdf · 4 PROGRAMA DE...

Page 1: PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR - edu.xunta.galabsentismo+escolar+Bueu.pdf · 4 PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU 2. XUSTIFICACIÓN O acceso á educación é

PROGRAMA DE ABSENTISMO

ESCOLAR

Concello de Bueu

Page 2: PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR - edu.xunta.galabsentismo+escolar+Bueu.pdf · 4 PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU 2. XUSTIFICACIÓN O acceso á educación é

2

PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR

CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU

ÍNDICE

1. CONTEXTUALIZACIÓN 3

2. XUSTIFICACIÓN 4

3. ABSENTISMO 6

3.1. DEFINICIÓN DE ABSENTISMO 6

3.2. TIPOLOXÍA DO ABSENTISMO 6

3.3. TIPOLOXÍA DAS FALTAS E PRAZOS DE XUSTIFICACIÓN 7

4. OBXECTIVOS 9

5. INTERVENCIÓNS, RESPONSABILIDADES E PROCEDEMENTOS DE ACTUACIÓN 10

5.1. INTERVENCIÓNS E RESPONSABILIDADES 10

5.2. PROCEDEMENTOS E TEMPORALIZACIÓN 17

6. FASES 19

7. COMISIÓN TÉCNICA DO ABSENTISMO (CTA) 23

7.1. COMPOSICIÓN 23

7.2. FUNCIÓNS 24

7.3. SESIÓNS 24

8. OBSERVATORIO LOCAL DO ABSENTISMO (OLA) 25

8.1. COMPOSICIÓN 25

8.2. FUNCIÓNS 25

9. DIAGRAMA DE FLUXO 26

10. PROTOCOLOS 27

Page 3: PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR - edu.xunta.galabsentismo+escolar+Bueu.pdf · 4 PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU 2. XUSTIFICACIÓN O acceso á educación é

3

PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR

CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU

1. CONTEXTUALIZACIÓN

Bueu é un Concello da provincia de Pontevedra, situado a carón da costa e formando parte da

península do Morrazo, orientada de cara á marxe sur da ría de Pontevedra. Ao falar da península do

Morrazo falamos dun conxunto enmarcado polas rías de Pontevedra e Vigo. Comprende 5 municipios

que pertencen á xurisdición de Pontevedra: Bueu, Cangas, Marín, Moaña e Vilaboa, que se estenden

nunha superficie de 181,3 km2. En concreto, Bueu dispón dunha superficie aproximada de 31 Km2 e

ten 3 parroquias: Bueu, Beluso e Cela.

Os centros educativos dos que dispón o municipio son:

3 colexios de educación infantil e primaria: CEIP A Pedra (Bueu), CEIP Torre-Cela (Cela) e

CEIP Montemogos (Beluso).

1 centro concertado de educación infantil, primaria e ESO: CPR Virxe Milagrosa de Bueu.

2 institutos de educación secundaria: IES Johan Carballeira e IES Illa de Ons.

En relación ao contorno socioeconómico e cultural destacamos o feito de que Bueu é un

concello de marcado carácter mariñeiro, que conta con 12.348 habitantes, distribuídos entre a zona

urbana da vila e a zona rural circundante. A economía da zona está centrada no sector servizos (43%),

pero cun forte peso do sector pesqueiro (32%), seguidos do sector industrial (14%) e o sector da

construción (11%). A renda per cápita do concello é do 85,5% en relación á media galega, e tamén

situada lixeiramente por abaixo da media dos concellos do seu contorno. A taxa de paro sitúase no

10,1% e afecta principalmente ao sector servizos e ao sector da industria. (Datos recollidos do IGE –

Instituto Galego de Estatística, ano 2011).

Facendo unha análise do contexto socioeconómico, subliñar que é un municipio

eminentemente pesqueiro, acrecentándose a súa importancia polo gran número de empregos

indirectos que xera. Polo demais o nivel socioeconómico das familias do noso alumnado é en xeral

medio; aínda que nos últimos tempos está en baixa debido á propia crise que atravesa o sector

pesqueiro.

Dende o punto de vista educativo, a maioritaria ocupación dos homes na pesca, é algo que

marca o noso labor, xa que esta actividade ocasiona en moitos casos prolongadas ausencias da casa. A

nai ten que facer o dobre papel de nai e pai, o que pode xerar problemas que se reflicten no eido

educativo.

Outra variable de especial incidencia na caracterización do alumnado desta zona é o nivel de

estudos da poboación de 16 e máis anos, que se sitúa nun 42,3 % da poboación que non acadou un

título de educación básica (bacharelato elemental, ESO ou EXB), un 24% da poboación con título de

estudos primarios, o 19,3 % con estudos secundarios (bacharelato ou FP de grao superior), o 3,8% con

estudos de diplomatura e o 3,6% con estudos de licenciatura ou superiores. O índice de analfabetismo

sitúase no 3,5 %. (Datos: IGE).

Page 4: PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR - edu.xunta.galabsentismo+escolar+Bueu.pdf · 4 PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU 2. XUSTIFICACIÓN O acceso á educación é

4

PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR

CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU

2. XUSTIFICACIÓN

O acceso á educación é un dereito fundamental e irrenunciable recoñecido como tal polos organismos internacionais e polo conxunto da lexislación vixente en materia de educación e protección do menor a nivel estatal. Sen embargo, constátase que un número importante de menores non asiste con regularidade ó centro educativo comprometendo deste xeito o seu desenvolvemento persoal, académico e profesional e contribuíndo ó aumento da conflitividade social.

O absentismo escolar ou, dito doutra maneira, as faltas a clase e de puntualidade de maneira reiterada e inxustificada, é unha situación sobre a que se pode actuar preventivamente para mellorar a asistencia regular ós centros escolares dos/das menores en situación de risco de exclusión social, e contribuír dese xeito á súa integración social. Traballar para evitar o absentismo escolar é facelo contra unha das maiores causas do analfabetismo, a pobreza e a marxinación que pode sufrir parte do alumnado e a sociedade en xeral.

As faltas a clase, en maior ou menor medida, tradúcense no abandono dos estudos, sendo esta unha das causas do fracaso escolar. Do mesmo xeito, este abandono soe ser o resultado non desexado de situacións problemáticas acumuladas, familiares, sociais ou persoais.

Hai que avanzar no control e prevención do absentismo escolar no ensino básico, que comprende dez anos de escolaridade e desenvólvese entre os seis e os dezaseis anos de idade, e que abrangue a educación primaria e a educacións secundaria. O alumnado escolarizado na ESO ten a obrigatoriedade de asistir a clase. O alumnado maior de 16 anos e menor de 18 matriculado na ESO, que non asiste regularmente a clase, será orientado coa finalidade de continuar a súa formación. Así mesmo, recoñécese o dereito á educación e o deber de asistencia do alumnado matriculado no 2º ciclo de educación infantil.

Sería ilusorio pensar que o problema do absentismo escolar pode resolverse só dende a escola, modificando metodoloxías e contidos, porque é evidente que unha parte importante dos/das alumnos/as que non asisten a clases e fracasan fano por desinterese cara ó que a escola lles ofrece. As solucións deben abranguer un amplo repertorio de medidas de carácter preventivo nos primeiros tramos escolares, de apoio ó alumnado máis desfavorecido, de colaboración entre a familia e a escola e de incentivo ó labor do profesorado. A relación das familias co profesorado, así como o papel que deben xogar os/as titores/as e os departamentos de orientación dos centros educativos é esencial.

A prolongación do ensino obrigatorio ata os 16 anos comportou un efecto non desexado no incremento do absentismo escolar. Actualmente, os centros educativos e os servizos sociais dos concellos tentan resolver este tipo de problemática.

Page 5: PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR - edu.xunta.galabsentismo+escolar+Bueu.pdf · 4 PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU 2. XUSTIFICACIÓN O acceso á educación é

5

PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR

CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU

Dende o punto de vista da colaboración administrativa, tres son basicamente as Administracións que interveñen en relación co problema do absentismo escolar:

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

A súa participación nos programas de loita contra o absentismo escolar resulta fundamental, ó ter encomendada como competencia básica polo ordenamento educativo a garantía da efectividade na nosa Comunidade Autónoma, do dereito de todos/as á educación, constitucionalmente consagrado.

Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar

A súa participación na loita contra o absentismo escolar ven determinada polo feito de que nos atopamos fronte a un problema que ten unhas raíces e consecuencias eminentemente sociais, que require, para a súa atención e prevención, a adopción de medidas de profundo contido social.

Esta participación pretende a realización dunha política social orientada a promover a igualdade de oportunidades, reducir as desigualdades entre os diversos colectivos sociais, e superar os desequilibrios existentes na sociedade.

Administración Local

A Administración Local debe pór todos os esforzos dispoñibles á hora de participar na vixilancia do cumprimento da escolaridade obrigatoria.

Administración de Xustiza

Page 6: PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR - edu.xunta.galabsentismo+escolar+Bueu.pdf · 4 PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU 2. XUSTIFICACIÓN O acceso á educación é

6

PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR

CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU

3. ABSENTISMO

3.1. DEFINICIÓN DE ABSENTISMO ESCOLAR

De xeito xeral podemos considerar absentismo escolar como a falta regular de asistencia e/ou

puntualidade ás aulas e sen motivo xustificado do alumnado, ben sexa por vontade do menor ou dos

seus pais/nais ou titores legais.

Con carácter xeral considérase que un alumno ou unha alumna é absentista cando falta a clase

reiteradamente; ou cando asistindo regularmente manifesta de forma habitual condutas disruptivas

e/ou de pasividade no proceso de aprendizaxe e ensino, que se pode definir como absentismo

presencial; neste último caso a intervención é responsabilidade do centro educativo e da familia,

mentres que os Servizos Sociais do concello só intervirán nos casos de falta de asistencia regular e

reiterada.

Neste apartado hai que facer mención ao que se podería chamar incumprimento familiar na

puntualidade por exceso ou por defecto: cando as nais, os pais ou representantes legais levan moi cedo

ao alumnado ao centro deixándoo só ou se retrasan en recollelo despois de rematada a xornada

escolar.

3.2. TIPOLOXÍA DO ABSENTISMO

Das diferentes clasificacións e tipoloxías establecidas para o absentismo escolar considérase

que a específica e completa é a seguinte:

Desescolarización: cando o alumnado, en idade de escolarización obrigatoria, non está matriculado

en ningún centro educativo.

Absoluto: cando o alumnado, en idade de escolarización obrigatoria, está matriculado pero non

asiste nunca ao centro educativo.

Crónico: cando o alumnado matriculado non asiste de forma habitual ao centro.

Puntual ou intermitente: cando o alumnado non asiste ao centro determinados días ou a

determinadas áreas. Este absentismo pode ser:

- Esporádico: cando o alumnado non asiste ao centro para asistir a outras actividades (competicións

deportivas, exames de ensinanzas especiais, etc.)

- Selectivo: cando o alumnado selecciona a área/s, materia/s ou actividade/s complementaria/s ás

que non asiste.

De tempada: cando o alumnado non asiste ao centro en determinadas épocas do curso escolar.

Pasivo: cando o alumno/a asiste ao centro pero manifesta unha conducta de ruptura, boicot e/ou

pasividade no proceso de ensinanza-aprendizaxe.

Page 7: PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR - edu.xunta.galabsentismo+escolar+Bueu.pdf · 4 PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU 2. XUSTIFICACIÓN O acceso á educación é

7

PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR

CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU

3.3. TIPOLOXÍA DAS FALTAS E PRAZOS DE XUSTIFICACIÓN

Computaranse como faltas de asistencia tanto as xustificadas como as que non o estean, mais

non terán a mesma consideración á hora de iniciar o protocolo de actuación.

Faltas de asitencia de alta intensidade: son aquelas nas que o alumnado falta máis da metade do

horario lectivo ou deixa de asistir.

Faltas de asistencia de intensidade media: cando falta entre o 10% e o 50% do horario lectivo.

Faltas de asistencia de intensidade baixa: se o número de faltas non supera o 10% (neste último

caso contemplaranse as faltas consecutivas relativas a un feito concreto de enfermidade, saída

familiar, acompañamento de familias temporeiras, faltas concretas que se producen con periodicidade

mensual un día concreto, abandono esporádico do centro a determinadas horas, inasistencia en

horarios de inicio ou final de sesión, faltas de puntualidade, inasistencia a unha determinada área,

materia, actividade...).

TIPOS DE FALTAS DÍAS XUSTIFICACIÓN

Citas ás que teña que ir o alumnado

obrigatoriamente, como por

exemplo ás médicas

Días e horas

sinalados

Avisar da ausencia con antelación e

traer o xustificante (médico ou doutro

tipo cando cumpra)

Indisposicións 1 máximo Avisar da ausencia no mesmo día e a 1ª

hora da mañá de ser posible e/ou traer

o xustificante.

Morte ou enfermidade grave de

familiar de 1º/2º grao

1-2 máximo Avisar da ausencia no mesmo día de ser

posible e traer un xustificante.

Enfermidade A partir de 3 días Avisar da ausencia e entregar

xustificante médico cando se incorpore

se son 2 ou 3 días e, se a enfermidade é

por máis días, deberán traer

xustificante médico no que se

especifique a posible duración da

enfermidade

Causas xurídicas ou similares que

non poidan facerse fóra do horario

lectivo

Os días e horas

sinalados

Documento acreditativo

Tramitación de documentos oficiais,

presentación a exames e probas

oficiais ou similares en horario

lectivo

Os días e horas

sinalados

Documento acreditativo

Page 8: PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR - edu.xunta.galabsentismo+escolar+Bueu.pdf · 4 PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU 2. XUSTIFICACIÓN O acceso á educación é

8

PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR

CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU

Son formas de xustificación as que seguen:

- A entrega á titoría das xustificacións o día no que o alumnado se incorpore ao centro.

- A xustificación a través do espazo Familias da plataforma Abalar.

O prazo máximo para a entrega de xustificacións será de 4 días lectivos seguintes á

incorporación do alumnado ao centro.

Se a xustificación non é válida ou non se entrega no prazo sinalado considerarase como falta

non xustificada.

Deberase ter en conta que non son xustificables aquelas faltas que se deban, entre outros, a

motivos como os que seguen:

Acompañar ás nais, pais e/ou titores/as legais a facer xestións.

Acompañar ás nais, pais e/ou titores/as legais a súa actividade laboral.

Coidar de familiares ou doutras persoas.

Realizar tarefas domésticas.

Acompañar á familia de viaxe en períodos non vacacionais.

Realizar traballos remunerados.

Preparación de exames ou probas.

Pasar os días que correspondan por custodia compartida.

1 As faltas de puntualidade poden ser:

Impuntualidade leve ou esporádica: impuntualidade dalgún día ao trimestre con demora de ata 10 minutos por día de falta. Impuntualidade grave: atrasos superiores a 10 minutos, atraso de xeito continuado ao longo dun mes ou impuntualidades leves repetidas diariamente. Por exceso: cando as nais, os pais ou representantes legais levan con moita antelación ao alumnado ao centro antes de comezar a xornada escolar ou tardan en recollelo á saída máis de 10 minutos.

Puntualidade1 Minutos, como

máximo unha

sesión

Xustificante da nai, do pai ou persoa

titora legal.

Asistencia a actos deportivos Os días e horas

sinalados

Avisar da ausencia con antelación e

traer o xustificante da federación,

clube… correspondente.

Outras (material, boicoteo, ...) 1-2 máximo Xustificante da nai, do pai ou persoa

titora legal coa explicación do motivo.

Page 9: PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR - edu.xunta.galabsentismo+escolar+Bueu.pdf · 4 PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU 2. XUSTIFICACIÓN O acceso á educación é

9

PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR

CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU

4. OBXECTIVOS

Obxectivo xeral:

Previr e erradicar o absentismo escolar das e dos menores de todo o municipio, mediante a

colaboración dos colexios e institutos de educación secundaria implicados e os servizos do concello.

Obxectivos específicos:

Garantir e propiciar a asistencia continuada a clase de todo o alumnado, como forma de preservar

o dereito individual á educación.

Facer o seguimento do alumnado con risco de absentismo debido á súa problemática persoal,

familiar e/ou social coa finalidade de diminuír ese risco.

Implicar ás familias na consecución dunha asistencia continuada, puntual e adecuada a clase e

concienciar ás familias, e á sociedade en xeral, da importancia da educación como medio para

fomentar a integración social e laboral como unha forma de evitar a exclusión social.

Unificar os criterios de actuación dos centros do Concello de Bueu á hora da detección e

intervención en situacións de absentismo escolar.

Crear no centro educativo un clima de confianza e motivador para o/a menor.

Fomentar o desenvolvemento de programas para a prevención, a detección e o seguimento do

absentismo e o fracaso escolar.

Coñecer as situacións de absentismo escolar nos centros do Concello, avaliar a súa incidencia e as

actuacións levadas a cabo. Elaborar un informe anual e deseñar un plan de mellora.

Page 10: PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR - edu.xunta.galabsentismo+escolar+Bueu.pdf · 4 PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU 2. XUSTIFICACIÓN O acceso á educación é

10

PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR

CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU

5. INTERVENCIÓNS, RESPONSABILIDADES E PROCEDEMENTOS DE ACTUACIÓN

5.1. INTERVENCIÓNS E RESPONSABILIDADES

-- A) CENTRO EDUCATIVO --

A.1. Dirección

Informará ao comezo do curso do contido do Programa de absentismo escolar dos centros

educativos do Concello de Bueu ao:

Claustro de profesorado

Consello escolar

Pais - nais – titoría legal (reunión coas familias)

Persoal de administración e servizos

A.2. Xefatura de Estudos

Explicará o funcionamento e protocolos do programa ao profesorado do centro, preferentemente

ao profesorado titor. Entregará ao profesorado titor os documentos relativos ao programa.

Coordinará todas as actuacións que se leven a cabo no control de faltas e tipos de absentismo.

Indicará ás persoas responsables das titorías ao comezo de curso os días concretos nas que entregarán

á Xefatura de Estudos a relación de faltas.

Convocará as xuntanzas necesarias para acordar as intervencións necesarias (profesorado titor,

pais/nais/representantes legais e departamento de orientación).

Seguirá o curso do expediente do alumnado absentista e dará información cando sexa derivado a

outras instancias/servizos.

A.3. Profesorado titor

Ao comezo de curso, traballará co alumnado sobre o dereito á educación e o deber da asistencia

puntual e adecuada a clase.

Informará ás familias sobre o Programa de absentismo escolar dos centros educativos do Concello

de Bueu (nas primeiras reunións de titorías).

Page 11: PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR - edu.xunta.galabsentismo+escolar+Bueu.pdf · 4 PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU 2. XUSTIFICACIÓN O acceso á educación é

11

PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR

CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU

Controlará periodicamente as faltas de asistencia e/ou puntualidade, por exceso ou por defecto, e

a xustificación das mesmas, así como as condutas de absentismo pasivo do alumnado do seu grupo.

Para realizar este control usaranse os modelos do programa Xade e os que ofreza o espazo Abalar, así

como aqueles outros que habilite o centro nas súas Normas de Organización e Funcionamento.

Realizará as oportunas indagacións sobre os motivos das ausencias a clase do alumnado. Así, entre

as primeiras actuacións estarán as de: recollida de xustificantes, entrevistas co alumnado para coñecer

o motivo da impuntualidade ou falta, contactos telefónicos coa familia se cumprise, remisión de

mensaxe,... e aqueloutras medidas personalizadas que estime máis oportunas.

Informará puntualmente á Xefatura de Estudos e ao Departamento de Orientación daquel

alumnado que presenta faltas de asistencia ou puntualidade reiteradas ou absentismo pasivo.

Establecerá os oportunos contactos protocolarizados coas familias.

Comunicará á Xefatura de Estudos a situación do alumnado absentista.

Iniciará o protocolo de absentismo cando cumpra e rexistrará as actuacións no expediente

correspondente.

Fará o seguimento das intervencións ao alumnado absentista do seu grupo clase.

A.4. Profesorado non titor

Reflectirá cada día as faltas de asistencia e/ou puntualidade no rexistro de control.

Rexistrará as condutas de absentismo pasivo (estar sen estar).

Realizará as indagacións iniciais sobre os motivos desas faltas do alumnado na súa área.

Entregará puntualmente á titoría os datos do alumnado absentista.

Colaborará coa titoría e Xefatura de Estudos nos pasos seguintes a realizar nas intervencións que

cumpran.

Page 12: PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR - edu.xunta.galabsentismo+escolar+Bueu.pdf · 4 PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU 2. XUSTIFICACIÓN O acceso á educación é

12

PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR

CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU

A.5. Xefatura do Departamento de Orientación

Colaborará no deseño de medidas preventivas.

Realizará actuacións de coordinación e intervención coa titoría e/ou Xefatura de Estudos.

Coordinará a inclusión das medidas no PAT (acollida alumnado e profesorado, carpeta de titorías,

proposta de actividades relacionadas co dereito á educación para levar a cabo nas titorías,...), e

realizará as avaliacións psicopedagóxicas que cumpran.

Asesorará á comunidade educativa sobre a adaptación do Programa de absentismo escolar ao

centro.

Promoverá o deseño de programas preventivos para axustar a atención educativa segundo a

tipoloxía de absentismo de que se trate e sobre todo nos casos relacionados con “estar sen estar”.

Colaborará coa xefatura de estudos na recollida de información cando o alumnado sexa derivado a

outras instancias/servizos.

Orientará e asesorará ás familias e alumnado absentista menor de idade e maior de 16 anos, coa

finalidade de abrir novas expectativas de formación, titulación e adquisición de competencias

profesionais, que faciliten a integración sociolaboral deste alumnado de forma cualificada e

satisfactoria.

A.6. Consello Escolar

Velará pola implementación e cumprimento do programa no centro.

Valorará os datos globais de absentismo no centro

Fará propostas de mellora.

Page 13: PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR - edu.xunta.galabsentismo+escolar+Bueu.pdf · 4 PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU 2. XUSTIFICACIÓN O acceso á educación é

13

PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR

CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU

-- B) SERVIZO DE INSPECCIÓN DE EDUCACIÓN --

As actuacións, procedementos e derivacións, de ser o caso, da inspección educativa respecto

ao absentismo nos centros educativos pódense subscribir nas seguintes funcións:

De asesoramento, información e orientación.

De coordinación.

De supervisión e control.

De presidencia da Comisión Técnica de Absentismo (CTA), cando cumpra.

B.1. Actuacións nos centros escolares

Entre as actuación da inspección no que atinxe ao absentismo escolar nos centros educativos

estarían as seguintes:

Estar informada mensualmente das faltas do alumnado cando superen a porcentaxe establecida

polo ordenamento xurídico.

Supervisar e controlar a observancia dos deberes e cumprimento das obrigas.

Asesorar, informar e orientar ás familias cando así o demanden.

Actuar de oficio cando cumpra, principalmente nos casos que pola súa gravidade así o demanden.

Colaborar cos equipos directivos, profesorado titor e departamentos de orientación , posibilitando

a intervención do Equipo de Orientación Específico (EOE) cando se estime necesario.

Page 14: PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR - edu.xunta.galabsentismo+escolar+Bueu.pdf · 4 PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU 2. XUSTIFICACIÓN O acceso á educación é

14

PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR

CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU

Supervisar, asesorar e orientar sobre os documentos programáticos e non programáticos dos

centros: proxecto educativo, plan de convivencia, normas de organización e funcionamento, plan de

acción titorial, programa de absentismo (a súa procedementación, implementación e avaliación en

todas as súas fases).

Realizar informes a instancias administrativas superiores cando cumpra.

Supervisar o Plan de convivencia.

Supervisar a memoria anual.

B.2. Actuacións con outras administracións

Comunicación e colaboración cos servizos sociais, Policiais... do Concello.

De colaboración coa policía autonómica, corpo nacional de policía, Garda Civil, servizo provincial

de menores, fiscalía de menores (entre outros...).

De coordinación e convocatoria da 1ª xuntanza da comisión técnica de absentismo (CTA).

Esgotadas todas as vías de actuación, en situacións de extrema urxencia, elevar informe á Xefatura

Territorial Provincial de Educación para a tramitación se procede á:

Servizo de Familia e Menores - Consellería de Traballo e Benestar.

Fiscalía Provincial de Pontevedra – Fiscalía de Área de Vigo – Sección de

Protección de Menores

Page 15: PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR - edu.xunta.galabsentismo+escolar+Bueu.pdf · 4 PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU 2. XUSTIFICACIÓN O acceso á educación é

15

PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR

CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU

-- C) SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO --

1. Se se deduce que a orixe do absentismo é por factores socio-familiares, derivarase a servizos sociais para ou seu estudo e valoración. A derivación farase por escrito, remitíndose un informe coa seguinte información:

- Situación actualizada do alumnado menor e da familia. - Especificación dos indicadores que poden confirmar que a situación de absentismo ten unha orixe familiar. - Identificación do tipo de absentismo. - Actuacións realizadas polo centro educativo e resultados obtidos. - Proposta de actuación.

2. Estudo e valoración da situación da ou do menor e da súa familia, por parte dos Servizos Sociais. Unha vez recibida a proposta de intervención do centro educativo o persoal técnico de servizos sociais fará unha primeira valoración e coordinará ás persoas necesarias para a realización dun proxecto de intervención.

A Policía Local ou a persoa notificadora encargarase de achegar as citacións para manter o contacto coa familia. 3. Valorada a situación, a persoa responsable de absentismo dos servizos sociais remitirá por escrito a quen proceda (CTA/centro educativo) un informe de valoración da situación da unidade familiar e a proposta de intervención. 4. Unha vez valorada a situación de absentismo e os indicadores que inciden nela chegarase a un consenso coa familia para a posta en marcha dun proxecto individualizado e dar solución á devandita problemática. 5. Traballarase aproveitando todos os recursos do Concello de Bueu que poidan incidir na consecución dos obxectivos previstos na intervención. O proxecto de intervención centrarase nos seguintes puntos:

• Traballo cos membros da unidade familiar co obxecto de proporcionarles pautas para unha axeitada organización familiar. • Apoio no manexo de resolución de conflitos coas e cos menores, fomentando habilidades comunicativas e relacionais. • Establecemento de normas e límites claros consensuados con e entre a familia. • Abordaxe de aspectos referidos á relación que manteñen as nais e os pais respecto da ou do menor. • Soporte á unidade familiar, cando a/o menor esté asumindo a realización de tarefas domésticas ou o coidado doutras persoas da familia, a través dunha serie de medidas, que dependerán das circunstancias familiares.

Page 16: PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR - edu.xunta.galabsentismo+escolar+Bueu.pdf · 4 PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU 2. XUSTIFICACIÓN O acceso á educación é

16

PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR

CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU

• Abordaxe da problemática familiar referida a situación en crise, relación conflitivas, falta de control ou autoridade, desatención etc., a través de intervencions profesionais a realizar por profesionais que conformen os equipos. • Tramitación de prestacións económicas, cando os ingresos da unidade familiar sexan tan precarios que non permitan:

- cubrir axeitadamente as necesidades básicas da ou do menor - asistir con regularidade ao centro - garantir as condicións de habitabilidade e/ou salubridade da vivenda mínimas para o desenvolvemento da ou do menor.

No caso de que a familia sexa perceptora de prestacións económicas (RISGA, Integración da ou do menor…), poderanse condicionar ditas axudas á asistencia das e dos menores á escola chegando a ser suspendidas no caso de non acadar os obxetivos propostos no proxecto. • Facilitar o acceso a entidades que traballen aspectos laborais, tanto para a busca de emprego como para a mellora de condicións de traballo, formación e inserción laboral. • Mediación entre a familia e a escola para acadar un achegamento mutuo. • Derivación e supervisión da familia en caso de que a nena ou o neno deba acudir a recursos especializados de apoio (saúde mental, revisións médicas,…), así como a coordinación necesaria para garantir a asistencia da/do menor e valorar o grao de implicación da familia no mesmo. • Posta en contacto da familia con entidades que realicen actividades extraescolares de tipo lúdico- educativo, así como a coordinación necesaria para garantir a asistencia da rapaza ou do rapaz. • Promoción e desenvolvemento de recursos e programas dende o ámbito municipal, entidades sociais ou dende os programas básicos da Rede Pública de Servizos Sociais. que ofrezan espazos de participación acordes ás necesidades das e dos menores. • Información á familia e ás/aos menores dos distintos programas que se ofrecen no municipio, ou en localidades próximas. • Integración da familia e das nenas e dos nenos no ámbito comunitario.

Para acadar unha formulación de obxectivos realistas na proposta de intervención temos que partir duns compromisos previos das persoas implicadas na mesma.

Compromisos da ou do menor - Participación naqueles programas individualizados dirixidos a superar ás súas carencias personais. - Asistencia a todos os recursos, tanto internos como externos ao centro educativo, que poidan cubrir as súas necesidades. - Participación nas actividades escolares e extraescolares que se lle propoñan.

Page 17: PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR - edu.xunta.galabsentismo+escolar+Bueu.pdf · 4 PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU 2. XUSTIFICACIÓN O acceso á educación é

17

PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR

CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU

Compromisos da familia - Compromiso de implicación no proceso educativo da súa filla ou do seu fillo. - Participación en programas de apoio á familia que se poidan levar a cabo de maneira consensuada. - Asistencia aos recursos oportunos e seguir as pautas marcadas en cada un deles. - Control da asistencia da rapaza ou do rapaz ao centro educativo.

6. Seguimento da ou do menor e reformulación do proxecto se non cesa a situación de absentismo. 7. Peche da intervención. A intervención finalizará cando remate a situación de absentismo, independentemente de que o Centro Educativo ou os Servizos Sociais continúen traballando coa familia e a nena ou o neno. 8. Derivación, previa actuación da CTA, á fiscalía de menores e ao Servizo de Menores pertencente á Consellería de Traballo e Benestar Social da Xunta de Galicia.

5.2. PROCEDEMENTOS E TEMPORALIZACIÓN

AXENTES DE INTERVENCIÓN

PROCEDEMENTO TEMPORALIZACIÓN

1 Concello de Admón. Educativa

Farán xuntanzas informativas para os distintos sectores implicados no programa

No momento de poner en funcionamento o programa e ao comezo de cada curso escolar

2 Equipo directivo Informará do contido do programa. Setembro

3 Titoría Informará ás familias na 1ª xuntanza. Cando se produce unha situación de asistencia irregular, a titoría debe ter un coñecemento inmediato. Se a ausencia ten adecuada xustificación e non hai reincidencia, pasarase a coñecemento da familia segundo o procedemento ordinario previsto polo centro para informar á familia sobre o proceso educativo do alumnado.

Ao inicio do curso escolar Durante todo o curso

4 Familia Se a asistencia irregular non está xustificada, a titoría debe proceder a informar á familia, asegurándose de que esta información chega ao seu coñecemento e demandando que a familia xustifique a situación e contribúa activamente á solución do problema.

Ao longo de todo o curso.

Page 18: PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR - edu.xunta.galabsentismo+escolar+Bueu.pdf · 4 PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU 2. XUSTIFICACIÓN O acceso á educación é

18

PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR

CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU

5 Xefatura de Estudos Se a irregularidade se cualifica como absentismo, a titoría debe reiterar a súa información á familia, e tamén poner en coñecemento da Xefatura de Estudos esta circunstancia. A Xefatura de Estudos, unha vez analizado o caso pode ver a conveniencia de levar a cabo algunha intervención. De calquera forma, remite á relación mensual de alumnado absentista á inspección de educación. Remisión do caso á CTA

Ao longo do curso

6 Comisión Técnica de Absentismo

A CTA reúnese para analizar os casos que se lle derivaron e determina as acción pertinentes. Estas acción realízanse a partir da derivación por parte dos centros educativos en función da gravidade do caso e mantendo informado ao centro educativo do desenvolvemento, seguimento e resultados do proceso e das medidas adoptadas.

Cada trimestre ou ben en casos urxentes de xeito inmediato

7 Servizos sociais do Concello

Recibe e estuda os casos. Determina as medidas que se poden e deben tomar legalmente coa finalidade de preservar o dereito á educación que ten o alumnado.

Durante todo o curso escolar. A duración do proceso para cada caso non será superior a dous meses, dende que se efectúa o primeiro contacto coa familia

8 Traballo e Benestar: Servizo de Menores e Fiscalía de Menores

Recibe e estuda os casos. Determina as medidas que se poden e deben tomar legalmente coa finalidade de preservar o dereito á educación que ten o alumnado.

Durante o curso escolar

9 Policía Local Cando vexa alumnado fóra do recinto escolar en horario lectivo, comunicarao de forma urxente sen prexuízo dunha comunicación formal posterior, á dirección do centro, ás súas ou aos seus representantes legais e aos servizos sociais. Cando se produza incumprimento familiar para a recollida do alumnado e a petición do centro educativo, encargarase de facer as xestións necesarias para acadar a protección da ou do menor

Durante o curso escolar

Page 19: PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR - edu.xunta.galabsentismo+escolar+Bueu.pdf · 4 PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU 2. XUSTIFICACIÓN O acceso á educación é

19

PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR

CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU

6. FASES

A) FASE DE PREVENCIÓN DO ABSENTISMO

Ante os indicios que apunten a posibles casos de absentismo, e como medidas de prevención

básicas, no centro educativo débese reforzar a acción titorial mediante:

O establecemento dunha orientación continuada do proceso de aprendizaxe,

introducindo as modificacións metodolóxicas necesarias.

Facilitando a integración do/da alumno/a na dinámica do grupo na aula.

Tomando as medidas necesarias que fagan posible a hixiene do/da alumno/a, no caso

de que isto supoña unha dificultade para a súa integración.

Desenvolvendo programas de potenciación da autoestima, de adestramento en

habilidades sociais, de prevención de posibles condutas de risco, etc.

Intensificando a orientación académica e profesional dos/das alumnos/as.

Fomentando o achegamento entre as institucións familiar, escolar e social.

Programando as entrevistas coas nais/pais ou titores legais, procurando que o horario

se adecúe ás dispoñibilidades destes.

Dando información á familia, destacando os aspectos positivos da evolución do/da

alumno/a.

Dando a coñecer ós pais/nais ou titores legais o traballo do centro en xeral e o das

aulas en particular.

Igualmente, por medio tanto do Observatorio Local do Absentismo como da Comisión Técnica

de Absentismo, proponse a realización das seguintes actividades:

Actividades de formación dirixidas ás familias:

Proporcionar modelos educativos axeitados que faciliten a mellora dos déficits nas familias que sofren

o problema do absentismo, mediante a colaboración das escolas de pais e nais, das asociacións de pais

e nais, etc.

Estudo do absentismo

Estudo do absentismo escolar que hai nas diferentes poboacións que pertencen ó concello de Bueu,

así como das causas e circunstancias que o orixinan.

Page 20: PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR - edu.xunta.galabsentismo+escolar+Bueu.pdf · 4 PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU 2. XUSTIFICACIÓN O acceso á educación é

20

PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR

CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU

Guía de recursos educativos e de ocio:

Elaboración dunha guía de recursos de ocio e tempo libre que oferta a vila, así como de información

das actividades que se están a desenvolver por distintos organismos, para nenos/as e rapaces/zas de

Bueu e as súas proximidades.

Campañas de sensibilización

Organización de campañas de información e sensibilización social sobre o absentismo, dirixidas á

xeneralidade da poboación, a través dos medios de comunicación dispoñibles no municipio.

Control dos espazos públicos a cargo da policía local

Incidirase especialmente na vixilancia de centros recreativos, pavillón deportivo, ciberespazos...

B) FASE DE IMPLEMENTACIÓN

B.1. CENTRO EDUCATIVO:

Dirección:

- Informará ao comezo do curso do contido do Programa de Prevención e Control do Absentismo

Escolar e da falta de Puntualidade.

Xefatura de Estudos:

- Explicará o funcionamento do programa ao profesorado.

- Coordinará todas as actuacións que se leven a cabo no control de faltas e tipos de absentismo.

- Convocará as xuntanzas necesarias para acordar as intervencións necesarias.

- Seguirá o curso do expediente do alumnado absentista e dará información cando sexa derivado a

outras instancias/servizos.

Profesorado titor:

- Traballará co alumnado sobre o dereito á educación e o deber da asistencia a clase.

- Informará ás familias sobre o Programa de Prevención e Control do Absentismo Escolar.

- Reflectirá as faltas de asistencia e/ou puntualidade no correspondente rexistro de control, segundo o

establecido nas Normas de Organización e Funcionamento do centro

- Realizará as oportunas averiguacións sobre os motivos das ausencias a clase do alumnado. Así, entre

as primeiras actuacións estarán as de: recollida de xustificantes, entrevistas co alumnado para coñecer

o motivo da impuntualidade ou falta, contactos telefónicos coa familia se cumprise, remisión de

mensaxe... e aqueloutras medidas personalizadas que estime máis oportunas.

Page 21: PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR - edu.xunta.galabsentismo+escolar+Bueu.pdf · 4 PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU 2. XUSTIFICACIÓN O acceso á educación é

21

PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR

CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU

- Entregará puntualmente á Xefatura de Estudos a relación de alumnado que faltou a clase nas datas

que se establezan ao comezo do curso.

- Establecerá os oportunos contactos protocolarizados coas familias.

- Comunicará á Xefatura de Estudos a situación do alumnado absentista.

- Iniciará o protocolo de absentismo cando cumpra e rexistrará as actuacións no expediente

correspondente.

- Fará o seguimento das intervencións ao alumnado absentista.

Xefatura do departamento de orientación:

- Colaborará no deseño de medidas de prevención do absentismo escolar, sobre todo prestará axuda

coa adopción de medidas de mellora da convivencia e de reforzo e apoio educativo.

Observatorio de convivencia:

- Fará a análise, o seguimento e a avaliación das intervencións do centro.

Consello Escolar:

- Velará polo cumprimento do programa no centro.

- Fará propostas de mellora.

B.2. SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS:

Colaborarán na atención das demandas realizadas os servizos sociais, a policía local, o equipo técnico de menores ou o ministerio fiscal se fose necesario.

1. Recollida de datos e cumprimentación do historial de absentismo de cada caso derivado polos centros educativos, policía local e/ou detectados polos propios Servizos Sociais.

2. Dende os Servizos Sociais contáctase co centro educativo para coñecer o traballo previo realizado coa familia.

3. Iníciase a intervención familiar mediante entrevista cos pais, nais ou titores/as legais do/da menor e co/coa menor. No caso de non asistir á entrevista, acudirase ao domicilio. Se aínda así non se obtén resposta, informarase ao organismo competente, así como ao centro educativo.

4. Coa información recollida elaborarase o diagnóstico.

5. Realízase un proxecto de intervención para cada familia, para mellorar e resolver as situacións que orixinan o absentismo, dirixindo as actuacións específicas cara á área onde se detectaran (menor, familia ou centro educativo).

6. Se a situación logra resolverse, enviarase ao centro educativo a notificación da solución da problemática, onde se especificarán as actuacións a seguir en coordinación cos/coas técnicos/as de atención primaria.

Page 22: PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR - edu.xunta.galabsentismo+escolar+Bueu.pdf · 4 PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU 2. XUSTIFICACIÓN O acceso á educación é

22

PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR

CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU

7. No caso de non resolverse a situación, enviarase un informe ao Equipo Técnico de Menores coas intervencións realizadas e comunicando isto ao centro educativo.

A duración do proceso non será superior a dous meses (dende que se efectúa o primeiro contacto coa familia), tempo que estimamos suficiente para determinar se as accións desenvolvidas por Servizos Sociais son ou non eficaces.

C) FASE DE AVALIACIÓN

Tendo en conta as decisións tomadas e as actuacións levadas a cabo nas distintas fases farase

a correspondente avaliación na Comisión Técnica de Absentismo e no Observatorio Local do

Absentismo. En todo caso, a Comisión presentará un informe-memoria anual incluíndo datos sobre:

- As actuacións desenvolvidas.

- A evolución global do absentismo.

- O grao de cumprimento do programa.

- A implicación dos centros escolares.

- A coordinación.

- As propostas de innovación e mellora.

Page 23: PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR - edu.xunta.galabsentismo+escolar+Bueu.pdf · 4 PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU 2. XUSTIFICACIÓN O acceso á educación é

23

PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR

CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU

7. COMISIÓN TÉCNICA DO ABSENTISMO (CTA)

7.1. COMPOSICIÓN

- Membros permanentes:

Terán dereito pleno, asistirán a todas as reunións con voz e con voto:

1 inspectora/inspector de educación.

2 representantes dos Servizos Sociais.

2 persoas representantes da Dirección ou Xefatura de Estudos de centros do Concello, unha de primaria e outra de secundaria.

1 xefa/xefe do Dpto. de Orientación de centros do Concello.

1 persoa representante da Policía Local.

1 representante das médicas e dos médicos da Consellería de Sanidade.

As/os membros permanentes terán nomeamento por un período de dous anos. Así mesmo,

nomearanse as persoas suplentes das/dos titulares. Para o seu nomeamento terase en conta a Lei

7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes.

O nomeamento dos técnicos dos servizos sociais municipais e da/do representante da Policía

Local corresponde á Alcaldía do Concello de Bueu.

O nomeamento da/do representante das médicas e dos médicos da Consellería de Sanidade

corresponde á Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra.

A presidencia da CTA corresponde de xeito rotatorio á persoa técnica de servizos sociais e á

persoa responsable da Inspección de Educación. A persoa de menor idade exercerá a Secretaría. Malia

o anterior, non poderá recaer a Presidencia e a Secretaría na mesma persoa.

En caso de ausencia puntual dalgunha/dalgún membro, esta persoa será substituída nesa

reunión polo suplente correspondente.

Cando algunha persoa cese no seu cargo (Dirección, Xefatura de Estudos...) será substituída

pola súa suplente, e nomearase outra persoa suplente polo período que falte ata os 2 anos da

renovación da CTA.

Na renovación da CTA tenderase a manter a metade das e dos membros da mesma a fin de

garantir unha continuidade.

- Membros non permanentes:

Todas aquelas persoas que se consideren necesarias para tratar temas puntuais e/ou específicos. Estas

persoas serán convocadas pola Presidencia da CTA. Asistirán con voz e sen voto.

Page 24: PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR - edu.xunta.galabsentismo+escolar+Bueu.pdf · 4 PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU 2. XUSTIFICACIÓN O acceso á educación é

24

PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR

CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU

7.2. FUNCIÓNS

Serán funcións da CTA, as seguintes:

Facer seguimento e avaliación do traballo desenvolvido.

Intervir nos casos de absentismo dos que teña coñecemento. Adoptar medidas para corrixir as situacións do absentismo.

Coordinar a actuación das diferentes institucións e servizos relacionados coa temática (servizos sociais, centros de saúde, centros educativos, inspección educativa, policía local,...)

Informar das medidas adoptadas aos centros educativos.

Garantir a confidencialidade dos datos persoais que se coñezan na comisión.

Facer propostas para reformar ou modificar o Programa de absentismo escolar dos centros educativos do Concello de Bueu.

7.3. SESIÓNS

- Tipoloxía:

As sesións da Comisión poderán ser, polo seu carácter:

Ordinarias: a celebrar habitualmente con periodicidade trimestral, para tratar asuntos de orde xeral, sendo a primeira ao comezo do curso escolar.

Extraordinarias: convocadas pola Presidencia con tal carácter, sen periodicidade, coa suficiente antelación, e para tratar casos concretos, a iniciativa propia, a solicitude das e dos membros ou a solicitude dos centros educativos.

Page 25: PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR - edu.xunta.galabsentismo+escolar+Bueu.pdf · 4 PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU 2. XUSTIFICACIÓN O acceso á educación é

25

PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR

CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU

8. OBSERVATORIO LOCAL DO ABSENTISMO (OLA)

8.1. COMPOSICIÓN

- Representantes do Concello:

1 da Concellería de Educación.

1 da Concellería de Traballo e Benestar.

2 representantes técnicos de servizos sociais.

1 da Policía Local. - 1 representante das ANPAs. - 2 representantes dos centros educativos: un de CEIP e outro de IES/CPR. - 1 representante de Inspección.

A Alcaldía elixe á persoa que presidirá este órgano entre os representantes das Concellerías. Os membros do Observatorio serán propostos á presidencia polos membros das distintas

institucións representadas nel, por un período de dous anos. 8.2. FUNCIÓNS

Valorar os casos que se presentan.

Propoñer actuacións e medidas con respecto ao absentismo.

Facer propostas de mellora e dos recursos necesarios para desenvolver adecuadamente o programa.

Elaborar e actualizar o mapa de absentismo, as estatísticas e a memoria anual. Esta información será remitida á Alcaldía, á Xefatura Territorial de Educación da provincia de Pontevedra, á Xefatura de Servizo de Inspección e a cantas outras entidades ou servizos se estimen convenientes.

Garantir a confidencialidade dos datos persoais que se coñezan no observatorio.

Reformar ou modificar o programa de absentismo escolar dos centros educativos do Concello de Bueu.

Page 26: PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR - edu.xunta.galabsentismo+escolar+Bueu.pdf · 4 PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU 2. XUSTIFICACIÓN O acceso á educación é

26

PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR

CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU

9. DIAGRAMA DE FLUXO

O profesorado detecta un caso de

absentismo Comunica as faltas á familia

A situación arránxase?

Si

FIN

Non

Comunicación á Xefatura de

estudos

Entrevista á familia

A situación arránxase?

Non

Non

FIN

Si

Derivación ao Servizo de Menores

ou á Fiscalía FIN

Comunicación aos Servizos

Sociais e á Inspección e

traslado á CTA

Page 27: PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR - edu.xunta.galabsentismo+escolar+Bueu.pdf · 4 PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU 2. XUSTIFICACIÓN O acceso á educación é

27

PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR

CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU

10. PROTOCOLOS

Modelo: Páx.:

MODELO I: Modelo de Xustificación de Faltas de Asistencia e/ou Puntualidade 26

MODELO II: Modelo de rexistro de absentismo “Estar Sen Estar” 27

MODELO III: Convocatoria de entrevista coa familia pola persoa titora 28

MODELO IV: Modelo da Acta da entrevista coa Familia pola persoa titora 29

MODELO V: Convocatoria de entrevista coa familia pola Xefatura de Estudos 30

MODELO VI: Modelo da Acta da entrevista coa Familia pola Xefatura de Estudos 31

MODELO VII: Modelo de Rexistro de Contactos do Centro Escolar coa Familia 32

MODELO VIII: Comunicación da Titoría á Xefatura de Estudos e ao Dpto. de Orientación 33

MODELO IX: Comunicación á Xerencia de Atención Primaria 34

MODELO X: Comunicación dende a Policía Local á Dirección do Centro de alumnado

atopado fóra do centro en horario escolar 35

MODELO XI: Resolución da Comisión Técnica de Absentismo que devolve o caso ao

Centro ou ben que deriva o caso a Servizos Sociais 36

Page 28: PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR - edu.xunta.galabsentismo+escolar+Bueu.pdf · 4 PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU 2. XUSTIFICACIÓN O acceso á educación é

28

PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR

CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU

MODELO I: XUSTIFICACIÓN DE FALTAS DE ASISTENCIA E/OU PUNTUALIDADE

XUSTIFICACIÓN DE FALTAS DE ASISTENCIA E/OU PUNTUALIDADE

Dona/Don..............................................................................., nai, pai ou representante legal

de..............................................................................., alumna/alumno de ................ curso, xustifica a

súa

ausencia falta de puntualidade: especificar hora de chegada …………..

a clase o/s día/s ………………... de ……………….……............. de 20……..... durante:

Toda a xornada

1ª hora 2ª hora 3ª hora 4ª hora 5ª hora 6ª hora 7ª hora 8ª hora

Polo seguinte motivo:

Enfermidade

Por causa familiar (especificar cal):

.....................................................................................................................................................................

.....................................................................................................................................................................

................................................................................................................................

Citacións de carácter xurídico ou similar (engadir documento acreditativo).

Tramitación de documentos oficiais (engadir documento acreditativo).

Presentación a exames e/ou probas oficiais (engadir xustificante).

Outra causa (especificar cal):

.....................................................................................................................................................................

.....................................................................................................................................................................

.................................................................................................................................

………………………….., ............ de ............................. de 20......

Asdo.: .............................................................................

(Entregar polo alumnado á titoría no prazo de 4 días lectivos)

Page 29: PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR - edu.xunta.galabsentismo+escolar+Bueu.pdf · 4 PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU 2. XUSTIFICACIÓN O acceso á educación é

29

PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR

CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU

MODELO II: REXISTRO DE ABSENTISMO PRESENCIAL OU DE “ESTAR SEN ESTAR” INDIVIDUAL

REXISTRO DE ABSENTISMO PRESENCIAL OU DE “ESTAR SEN ESTAR” CURSO ACADÉMICO: …………/……………..

ALUMNA/ALUMNO: …………………………………………………………………………………………………………………………..

ETAPA:…………………….. CURSO:………………. GRUPO:...............................ÁREA/MATERIA/MÓDULO: ………………………………………………………

PROFESOR/PROFESORA ………………………………………………………………………

Data

Mes:…………….. 1 2 3 ... ... ... ... ... ... ... ... ... … … ... ... ... ... ... ...

Non presta atención e desconecta do que se está a facer sen molestar na clase

Non presta atención ás clases boicoteándoas,

interrompéndoas,...

Non leva o material á clase de xeito reiterado.

Non fai as actividades e/ou tarefas propostas

Deixa as probas, controis, exames,... en branco ou case en branco ou pon respostas

sen sentido

Non entrega as notificacións asinadas pola nai, polo pai

ou polas persoas responsables legais

Page 30: PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR - edu.xunta.galabsentismo+escolar+Bueu.pdf · 4 PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU 2. XUSTIFICACIÓN O acceso á educación é

30

PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR

CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU

MODELO III: CONVOCATORIA DE ENTREVISTA COA FAMILIA POLA PERSOA TITORA

CONVOCATORIA DE ENTREVISTA COA NAI, CO PAI OU PERSOAS TITORAS LEGAIS

Ante as reiteradas faltas de asistencia (activa e/ou pasiva) e/ou puntualidade ao centro de

............................., sen que exista unha xustificación, diríxome a vostedes para solicitar unha entrevista

o día....... de .................... de .............., ás .............. para falar sobre a situación de absentismo na que

se atopa e coa que se pode iniciar o protocolo de intervención.

Lémbrolles a súa responsabilidade de asegurar a asistencia regular da alumna/do alumno ao centro e o

enorme prexuízo que lle produce o feito de non acudir diariamente. A non asistencia a clase constitúe

un grave dano para a súa educación e un incumprimento dos dereitos fundamentais da ou do menor.

De non ser posible esa data, prégolle que se comuniquen o máis pronto posible comigo no teléfono

..................., para sinalarmos unha nova data.

…………………………, ..... de ....................... de .........

A persoa titora

Asdo: ......................................

Page 31: PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR - edu.xunta.galabsentismo+escolar+Bueu.pdf · 4 PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU 2. XUSTIFICACIÓN O acceso á educación é

31

PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR

CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU

MODELO IV: MODELO DA ACTA DA ENTREVISTA COA FAMILIA POLA PERSOA TITORA

ACTA DA ENTREVISTA CO PAI/COA NAI/COA PERSOA REPRESENTANTE LEGAL DA ALUMNA/DO

ALUMNO

Reunidas/reunidos en ……………………….. no …………………… no día ……… de ……………….. de 20… a nai/o

pai/ representante legal da alumna/do alumno ...............................................escolarizada/escolarizado

neste centro no grupo ………………., coa titora/co titor, tratan os seguintes temas:

Faltas de asistencia a clase

Faltas de puntualidade

Absentismo “estar sen estar”

- Outras persoas asistentes á reunión:

Chegan aos seguintes acordos:

Asinan os acordos:

A Titoría A nai/o pai/representante legal

Asdo: ................................... Asdo: ...................................

Page 32: PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR - edu.xunta.galabsentismo+escolar+Bueu.pdf · 4 PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU 2. XUSTIFICACIÓN O acceso á educación é

32

PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR

CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU

MODELO V: COMUNICACIÓN DA TITORÍA Á XEFATURA DE ESTUDOS E AO DEPARTAMENTO DE

ORIENTACIÓN

D./Da................................................................................ , titor/titora de ...........................

COMUNÍCALLE QUE:

A alumna/o alumno ............................................................................... atópase en situación de

absentismo escolar dende o día .......... de .................................. de ............... sen que ata agora fose

reconducida por esta titoría.

Achego copias do rexistro de faltas e do rexistro das intervencións coa familia ata este momento.

……………………………, .......... de ................................ de ..........................

Asdo.: .............................................................................

Page 33: PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR - edu.xunta.galabsentismo+escolar+Bueu.pdf · 4 PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU 2. XUSTIFICACIÓN O acceso á educación é

33

PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR

CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU

MODELO VI: CONVOCATORIA DE ENTREVISTA COA FAMILIA POLA XEFATURA DE ESTUDOS

CONVOCATORIA DE ENTREVISTA COA NAI, CO PAI OU PERSOAS TITORAS LEGAIS

Ante as reiteradas faltas de asistencia (activa e/ou pasiva) e/ou puntualidade ao centro de

............................., sen que exista unha xustificación, diríxome a vostedes para solicitar unha entrevista

o día....... de .................... de .............., ás .............. para falar sobre a situación de absentismo na que

se atopa e coa que se pode iniciar o protocolo de intervención.

Lémbrolles a súa responsabilidade de asegurar a asistencia regular da alumna/do alumno ao centro e o

enorme prexuízo que lle produce o feito de non acudir diariamente. A non asistencia a clase constitúe

un grave dano para a súa educación e un incumprimento dos dereitos fundamentais da ou do menor.

De non ser posible esa data, prégolle que se comuniquen o máis pronto posible comigo para

sinalarmos unha nova data.

…………………………, ..... de ....................... de .........

A xefatura de estudos

Asdo: ......................................

Page 34: PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR - edu.xunta.galabsentismo+escolar+Bueu.pdf · 4 PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU 2. XUSTIFICACIÓN O acceso á educación é

34

PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR

CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU

MODELO VII: MODELO DA ACTA DA ENTREVISTA COA FAMILIA POLA XEFATURA DE ESTUDOS

ACTA DA ENTREVISTA CO PAI/COA NAI/COA PERSOA REPRESENTANTE LEGAL DA ALUMNA/DO ALUMNO

Reunidas/reunidos en ……………………….. no …………………… no día ……… de ……………….. de 20… a nai/o pai/

representante legal da alumna/do alumno

…………...........................................................escolarizada/escolarizado neste centro no grupo ………………., coa

titora/co titor, tratan os seguintes temas:

Faltas de asistencia a clase

Faltas de puntualidade

Absentismo “estar sen estar”

- Outras persoas asistentes a reunión

Chegan aos seguintes acordos:

Asinan os acordos

A Xefatura de Estudos A nai/o pai/representante legal

Asdo: ................................... Asdo: ...................................

Page 35: PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR - edu.xunta.galabsentismo+escolar+Bueu.pdf · 4 PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU 2. XUSTIFICACIÓN O acceso á educación é

35

PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR

CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU

MODELO VIII: MODELO DE REXISTRO DE CONTACTOS DO CENTRO ESCOLAR COA FAMILIA

REXISTRO DE CONTACTOS DO CENTRO ESCOLAR COA FAMILIA CURSO ACADÉMICO: ................/...................

ALUMNA/ALUMNO: ………………………………………………………………

ETAPA:…………………….. CURSO:………………. GRUPO:...............................

DATA

MODO DE CONTACTO

(teléfono, carta, correo,...)

QUEN SOLICITOU

(titoría, orientación, xefatura

estudos, nai, pai, ...)

MOTIVO DO CONTACTO

(absentismo, conduta, falta de

material...)

RESPOSTA FAMILIAR

Page 36: PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR - edu.xunta.galabsentismo+escolar+Bueu.pdf · 4 PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU 2. XUSTIFICACIÓN O acceso á educación é

36

PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR

CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU

MODELO IX: COMUNICACIÓN Á XERENCIA DE ATENCIÓN PRIMARIA

Da./D........................................................................., directora/director do ....................................

TENDO EN CONTA QUE:

O programa de absentismo escolar dos centros educativos do Concello de Bueu, subscrito entre outros pola

Consellería de Sanidade e a Xerencia de Atención Primaria, establece que, naqueles casos nos que houbese a

sospeita de absentismo consentido pola familia, a Xerencia de Atención Primaria comunicará ao servizo

médico-sanitario da alumna/do alumno para que emita o correspondente xustificante de asistencia sanitaria

así como que indique no mesmo se a visita ao mesmo estaba motivada ou non.

O centro que eu dirixo e no que se atopa matriculada/matriculado a alumna/o alumno

..................................................................................................... ten indicios razoables para crer que a

devandita alumna/o devandito alumno está tendo absentismo consentido por parte das persoas

responsables legais ao indicar reiteradamente que o seu fillo/a súa filla cursa/padece unha enfermidade.

Polo tanto, SOLICÍTOLLE QUE:

Comunique ao servizo médico-sanitario que atende ao alumnado referido para que lle emita as

correspondentes xustificacións de asistencia á súa consulta, así como se o motivo da visita estaba xustificado

ou non.

………………………, .... de .................. de ..........

A directora/O director do

.......................................

Asdo.: ......................................

…………………………., .... de .................. de ..........

Vº e Prace

A inspectora/O inspector de educación

(coordinadora/coordinador)

Asdo.: ......................................

Page 37: PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR - edu.xunta.galabsentismo+escolar+Bueu.pdf · 4 PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU 2. XUSTIFICACIÓN O acceso á educación é

37

PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR

CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU

MODELO X: COMUNICACIÓN DENDE A POLICÍA LOCAL Á DIRECCIÓN DO CENTRO DE ALUMNADO

ATOPADO FÓRA DO CENTRO EN HORARIO ESCOLAR

COMUNICACIÓN DA POLICÍA Á DIRECCIÓN DO CENTRO ..................................

A Policía Local do Concello de Bueu

TENDO EN CONTA QUE:

O programa de absentismo escolar dos centros educativos do Concello de Bueu, subscrito entre outros polos

Concello de Bueu e a Consellería de Educación, establece que, naqueles casos nos que se detectase

alumnado fóra do recinto escolar en horario escolar, e sospeite de que se trata de alumnado absentista

procederá a súa identificación e comunicación ao centro educativo ao que di pertencer a alumna/o alumno.

É polo que LLE COMUNICO QUE:

............................................................................... con DNI ............................................. alumna/alumno do

centro educativo ................................................. atopábase na rúa ………............................................ ás

............................ do día ...................................

Observacións:

................................................................................................................................................................................

................................................................................................................................................................................

................................................................................................................................................................................

................................................................................................................................................

Bueu, ……...... de ............................... de ..........

Asdo.: ......................................

Page 38: PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR - edu.xunta.galabsentismo+escolar+Bueu.pdf · 4 PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU 2. XUSTIFICACIÓN O acceso á educación é

38

PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR

CENTROS EDUCATIVOS DE BUEU

MODELO XI: RESOLUCIÓN DA COMISIÓN TÉCNICA DE ABSENTISMO QUE DEVOLVE O CASO AO

CENTRO OU BEN QUE DERIVA O CASO A SERVIZOS SOCIAIS E Á ADMINISTRACIÓN EDUCATIVA

RESOLUCIÓN DA COMISIÓN TÉCNICA DE ABSENTISMO DO CONCELLO DE BUEU

FEITOS:

1 Recíbese o caso de absentismo escolar da alumna/do alumno …………………………………………………………...............................................escolarizada/escolarizado no centro ............................................................................................................ para o seu estudo e valoración pola Comisión Técnica de Absentismo do Concello de Bueu.

CONSIDERACIÓNS LEGAIS E TÉCNICAS:

1 Tras estudar e analizar o caso seguindo o protocolo establecido no Programa de Absentismo Escolar dos centros educativos do Concello de Bueu, a Comisión Técnica de Absentismo do Concello de Bueu considera que ....................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................

De acordo con todo o indicado, RESOLVO:

Devolver o expediente de absentismo escolar ao centro para que sexan realizadas as actuacións comentadas no apartado anterior.

Derivar o caso a Servizos Sociais do Concello para a súa tramitación.

Bueu, ......... de .................................. de ............. A presidenta/O presidente da Comisión Técnica de Absentismo Asdo.: ..............................................