PROCEDEMENTO Revisión do sistema pola...

20
Área de Apoio á Docencia e Calidade Edificio CACTI Campus Universitario 36310 Vigo España Tel. 986 813 897 Fax 986 813 818 calidade.uvigo.es Unidade de Estudos e Programas Edificio CACTI Campus Universitario 36310 Vigo España Tel. 986 818 689 Fax 986 812 060 MANUAL DE PROCEDEMENTOS DE CALIDADE PROCEDEMENTO Revisión do sistema pola dirección CÓDIGO DE-03 P1 ÍNDICE 04 REDACCIÓN VALIDACIÓN APROBACIÓN Área de Apoio á Docencia e Calidade 03/11/2015 Comisión de Garantía de Calidade 18/02/2015 Xunta de centro 19/02/2015 Data e sinatura Data e sinatura Data e sinatura

Transcript of PROCEDEMENTO Revisión do sistema pola...

Page 1: PROCEDEMENTO Revisión do sistema pola direcciónfcetou.uvigo.es/files/calidade/Procedementos/Estratexicos/Proced...PROCEDEMENTO Revisión do sistema pola dirección DE-03 P1 Índice

Área de Apoio á Docencia e Calidade

Edificio CACTI Campus Universitario 36310 Vigo España

Tel. 986 813 897 Fax 986 813 818 calidade.uvigo.es

Unidade de Estudos

e Programas

Edificio CACTI Campus Universitario 36310 Vigo

España

Tel. 986 818 689 Fax 986 812 060

MANUAL DE PROCEDEMENTOS DE CALIDADE

PROCEDEMENTO

Revisión do sistema pola dirección

CÓDIGO DE-03 P1 ÍNDICE 04

REDACCIÓN VALIDACIÓN APROBACIÓN

Área de Apoio á Docencia e Calidade 03/11/2015

Comisión de Garantía de Calidade 18/02/2015

Xunta de centro 19/02/2015

Data e sinatura Data e sinatura Data e sinatura

fffffff

Page 2: PROCEDEMENTO Revisión do sistema pola direcciónfcetou.uvigo.es/files/calidade/Procedementos/Estratexicos/Proced...PROCEDEMENTO Revisión do sistema pola dirección DE-03 P1 Índice

PROCEDEMENTO Revisión do sistema pola dirección DE-03 P1

Índice 04

Páxina 2 de 11

Área de Apoio á Docencia e Calidade

Unidade de Estudos e Programas

Proceso

Dirección estratéxica.

Histórico de evolucións

ÍNDICE DATA REDACCIÓN MOTIVO DAS PRINCIPAIS MODIFICACIÓNS

00 15/05/2008 Área de Calidade Creación do procedemento PM-01 (documentación marco) « Medición, análise e mellora » do SGIC dos centros.

00 17/06/2010 Unidade de Estudos e Programas

Creación do procedemento MC10-PR01 « Revisión pola dirección » do sistema de calidade do ámbito de xestión.

01-03 2008-2011 Comisións de garantía de calidade dos centros

Intervalo de modificacións realizadas polos centros, no ámbito dos seus SGIC, baseadas fundamentalmente nas recomendacións establecidas nos informes de avaliación dos sistemas de calidade remitidos desde a ACSUG.

04 03/11/2014

Raquel Gandón e José Miguel Dorribo (Área de Apoio á Docencia e Calidade)

Evolución completa do procedemento: nova codificación, trama de redacción e estrutura; novos contidos. Integra e substitúe o procedemento:

MC10-PR01 « Revisión pola dirección» do sistema de calidade no ámbito de xestión.

Modificación do título e do código: pasa de PM-01 a DE-03 P1 «Revisión do sistema pola dirección». Consideración dos informes finais da auditoría de certificación da implantación do sistema de garantía de calidade da convocatoria 2013/2014 no relativo á definición e ao seguimento dos obxectivos de calidade dos centros.

Índice

I OBXECTO ....................................................................................................................................................3

II ALCANCE ...................................................................................................................................................3

III REFERENCIAS .........................................................................................................................................3

IV DESENVOLVEMENTO ...........................................................................................................................5

V ANEXOS .................................................................................................................................................. 10

Page 3: PROCEDEMENTO Revisión do sistema pola direcciónfcetou.uvigo.es/files/calidade/Procedementos/Estratexicos/Proced...PROCEDEMENTO Revisión do sistema pola dirección DE-03 P1 Índice

PROCEDEMENTO Revisión do sistema pola dirección DE-03 P1

Índice 04

Páxina 3 de 11

Área de Apoio á Docencia e Calidade

Unidade de Estudos e Programas

I OBXECTO

Establecer a sistemática que se debe seguir para realizar a revisión pola dirección do

sistema de garantía interna de calidade dos centros e das titulacións, e do

sistema de xestión da calidade no ámbito de xestión

de forma que, no marco da súa mellora continua, se garanta a súa conveniencia, adecuación e eficacia.

Este proceso permite, ademais, a análise, a revisión e, se procede, a posta ao día da política e dos

obxectivos de calidade.

II ALCANCE

Este procedemento aplícase ás revisións do sistema pola dirección que debe realizar

• a dirección / decanato de cada centro, no marco do seu sistema de garantía interna de calidade, e

• a Xerencia, no marco do sistema de calidade no ámbito de xestión

da Universidade de Vigo.

III REFERENCIAS

III.1. Normas

Lexislación

- Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, pola que se modifica a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades.

- RD 861/2010, do 2 de xullo, polo que se modifica o RD 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais.

- Decreto 222/2011, do 2 de decembro, polo que se regulan as ensinanzas universitarias oficiais no ámbito da comunidade autónoma de Galicia.

- Estatutos da Universidade de Vigo.

- Resolución reitoral da Universidade de Vigo, do 21 de maio de 2014, pola que se modifica a Resolución, do 7 de maio de 2014, de delegación de competencias.

Normas e estándares de calidade

- ENQA: Criterios e directrices para a garantía de calidade no Espazo Europeo de Educación Superior.

1.1 Política e procedementos para a garantía de calidade

1.2 Aprobación, control e revisión periódica dos programa e títulos

- ACSUG, ANECA e AQU: Programa FIDES-AUDIT. Documento 02: Directrices, definición e documentación dos sistemas de garantía interna da calidade da formación universitaria.

Directriz 1. Política e obxectivos de calidade.

Directriz 9. Resultados para a mellora dos programas formativos.

Page 4: PROCEDEMENTO Revisión do sistema pola direcciónfcetou.uvigo.es/files/calidade/Procedementos/Estratexicos/Proced...PROCEDEMENTO Revisión do sistema pola dirección DE-03 P1 Índice

PROCEDEMENTO Revisión do sistema pola dirección DE-03 P1

Índice 04

Páxina 4 de 11

Área de Apoio á Docencia e Calidade

Unidade de Estudos e Programas

- ACSUG: Programa de seguimento de títulos oficiais.

- Norma UNE-EN ISO 9000: Sistemas de xestión da calidade. Fundamentos e vocabulario.

- Norma UNE-EN ISO 9001: Sistemas de xestión da calidade. Requisitos.

- Norma UNE- EN ISO 9004: Xestión para o éxito sostido dunha organización. Enfoque de xestión de calidade.

- Norma UNE 66175: Sistemas de xestión da calidade. Guía para a implantación de sistemas de indicadores.

Outros documentos de referencia

- Plan estratéxico da Universidade de Vigo.

- Plan operativo de Xestión da Universidade de Vigo.

- Universidade de Vigo: Manual de linguaxe inclusiva no ámbito universitario.

III.2. Definicións - Alta dirección : persoa ou grupos de persoas que dirixen e controlan ao máis alto nivel dunha

organización. (UNE-EN ISO 9000).

- Eficacia : grao en que se realizan as actividades programadas e se alcanzan os resultados planificados.

(UNE-EN ISO 9000).

- Estratexia : plan estruturado para acadar os obxectivos. (Norma UNE-EN ISO 9004)

- Comisións de titulación : comisións con responsabilidade no desenvolvemento da titulación (comisións académicas da titulación, de docencia, de coordinación de títulos impartidos en varios centros…). (Directrices xerais para o seguimento de títulos oficiais de grao e mestrado da Universidade de Vigo).

- Indicador : datos ou conxunto de datos que axudan a medir obxectivamente a evolución dun proceso ou dunha actividade. (Norma UNE 66175)

- Metas : resultados desexados ou previstos que deben alcanzar os indicadores. Nota: son un valor obxectivo e programado temporalmente que, na implantación da estratexia, mediante a súa comparación co seu resultado real, nos indica o grao de cumprimento dos obxectivos operativos e estratéxicos. (Plan operativo de xestión da Universidade de Vigo)

- Revisión : acción emprendida para asegurar a conveniencia, adecuación e eficacia do tema obxecto de revisión, para alcanzar uns obxectivos establecidos. (Norma UNE-EN ISO 9000)

III.3. Abreviaturas e siglas - ACSUG : Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

- ANECA : Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación

- AQU : Agència per a la Qualitat del Sistema Universitari de Catalunya

- CGIC : Comisión de Garantía Interna de Calidade

- DAFO : Debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades

- ENQA : European Association for Quality Assurance in Higher Education (Rede Europea para a Garantía da Calidade na Educación Superior)

- PAS : persoal de administración e servizos

- PDI : persoal docente e investigador

Page 5: PROCEDEMENTO Revisión do sistema pola direcciónfcetou.uvigo.es/files/calidade/Procedementos/Estratexicos/Proced...PROCEDEMENTO Revisión do sistema pola dirección DE-03 P1 Índice

PROCEDEMENTO Revisión do sistema pola dirección DE-03 P1

Índice 04

Páxina 5 de 11

Área de Apoio á Docencia e Calidade

Unidade de Estudos e Programas

- POG : Plan operativo de xestión

- RD : Real decreto

- RR : Resolución reitoral

- SGIC : sistema de garantía interna de calidade

- SID : sistema de información á dirección

- SIIU : sistema integrado de información universitaria

- UEP : Unidade de Estudos e Programas

IV DESENVOLVEMENTO

IV.1. Finalidade do proceso

Asegurar a mellora continua e verificar a adecuación e a eficacia do

• sistema de garantía interna de calidade dos centros e titulacións, e do

• sistema de xestión da calidade no ámbito de xestión.

IV.2. Responsable do proceso

Xerencia (ámbito de xestión)

Decanato ou dirección (ámbito docente)

IV.3. Indicadores

Os indicadores asociados a este proceso están identificados e definidos no procedemento DE-02 P1

«Seguimento e medición».

IV.4. Diagrama de fluxo

Page 6: PROCEDEMENTO Revisión do sistema pola direcciónfcetou.uvigo.es/files/calidade/Procedementos/Estratexicos/Proced...PROCEDEMENTO Revisión do sistema pola dirección DE-03 P1 Índice

PROCEDEMENTO Revisión do sistema pola dirección DE-03 P1

Índice 04

Páxina 6 de 11

Área de Apoio á Docencia e Calidade

Unidade de Estudos e Programas

A) ORGANIZACIÓN DA REVISIÓN

Entrada

Dirección ou

decanato (1) /

Xerencia (2)

Coordinador/a de

calidade (1) /

Responsable de

calidad (2)

Participantes

(grupos de interese

do centro / ámbito de

xestión)

Saída ComoXunta de Centro

(1)

Comisión de

Calidade (1) /

Comité de Calidade

(2)

10Organización da reunión para a revisión pola dirección

10 A revisión pola dirección

é unha reunión que se realiza

polo menos unha vez ao ano.

No ámbito de xestión

realízase no primeiro

trimestre do ano natural.

Poden programarse revisións

adicionais no caso de

cambios importantes

(aspectos organizativos,

melloras no funcionamiento

dol sistema …).

A organización da reunión

inclúe as actividades previas

necesarias para levar a cabo

a revisión (calendario e

programa da revisión -orde

do día-, medios, lugar,

recopilación da

información…).

Esta organización realízase

en coordinación coa comisión

de calidade do centro.

20 O programa da revisión

inclúe todos os aspectos

organizativos:

- día e hora,

- lugar,

- duración,

- temas que se van tratar,

- elementos de análise,

- participantes (véxanse os

Comentarios)

- ...

80

Estratexia de centros e ti tulacións

(procedementoDE-01 P1)

20Difusión do programa de

revisión

(orde do día)

30 A reunión organízase

como unha revisión de

análise y decisión sobre os

elementos de entrada, que se

realiza de forma sintét ica.

A información de entrada

específicase nos

Comentarios.

40Documentación dos

resultados da revisión e toma

de decisións

Seguimento e medición

(procedemento DE-02 P1)

50 O anexo 1 é unha guía

para redactar o informe da

revisión.

Este informe inclúe o plan de

mellora do centro. Os

contenidos deste plan

detállanse nos Comentarios.

Programa de revisión

pola dirección

(orde do día)

30Revisión da totalidade dos

elementos de análise

(información de entrada)

Información de entrada

50Elaboración do informe de

revisión

80Distribución do informe da

revisión

80 O informe (acta)

distribúese a todas as

persoas participantes e a

outras persoas ou unidades

implicadas polas decisións

tomadas.

Tene carácter público.

R1 – DE03 P1

Informe (ou acta) da

revisión pola dirección

(e plan de mellora)

Seguimento e mellora das titulacións

(procedemento DE-0102 P1)

40 A documentación tratada

especÍficase nos

Comentarios.

(1) Ámbito docente

(2) Ámbito de xestión

60Validación?

60 No ámbito de xestión, o

informe é aprobado pola

Xerencia.

70Aprobación?

Si

Non

Non

Page 7: PROCEDEMENTO Revisión do sistema pola direcciónfcetou.uvigo.es/files/calidade/Procedementos/Estratexicos/Proced...PROCEDEMENTO Revisión do sistema pola dirección DE-03 P1 Índice

PROCEDEMENTO Revisión do sistema pola dirección DE-03 P1

Índice 04

Páxina 7 de 11

Área de Apoio á Docencia e Calidade

Unidade de Estudos e Programas

B) DESENVOLVEMENTO DAS ACCIÓNS

Entrada Responsables das acciónsCoordinador/a de calidade (1) /

Responsable de calidad (2)

Dirección ou decanato (1) /

Xerencia (2)Saída Como

90Desenvolvemento e

implantación do plan de

mellora acordado

90 As accións acordadas na

reunión son despregadas polas

persoas responsables acordadas

seguendo os prazos establecidos.

É posible que, en función do

ámbito ou das accións, sexa

necesario elaborar informes de

seguimento destas para

remitírllelos ás persoas

responsables de seguimiento.

Estes informes xuntaríanse ao

informe (ou acta) da revisión.

97Aplicación do procedemento de

Xestión documental

(XD-01 P1)

100Seguimento e avaliación das

accións emprendidas

Xestión documental

(XD-01 P1)

80

100 O seguimento das

accións pode realizarse

segundo a frecuencia que se

est ime oportuna. En todo

caso, realizarase polo menos

na seguinte revisión pola

dirección.

95Acordáronse cambios nos

documentos do sistema ?

Sistema de garantía /

xestión de calidade

adaptado e actualizado

Planes de mellora

implantados

Mellora cont inua dos

procesos de calidade

(1) Ámbito docente

(2) Ámbito de xestión

Si

Non

Page 8: PROCEDEMENTO Revisión do sistema pola direcciónfcetou.uvigo.es/files/calidade/Procedementos/Estratexicos/Proced...PROCEDEMENTO Revisión do sistema pola dirección DE-03 P1 Índice

PROCEDEMENTO Revisión do sistema pola dirección DE-03 P1

Índice 04

Páxina 8 de 11

Área de Apoio á Docencia e Calidade

Unidade de Estudos e Programas

Comentarios:

Etapa 20: difusión do programa de revisión.

Participantes na reunión:

Ámbito da revisión pola dirección

Participantes Centro

(e a súas titulacións) Ámbito de xestión

Decanato ou dirección Xerencia

Resto de membros do equipo directivo/decanal

Vicexerencias Coordinador/a de calidade Responsable de calidade

Membros da Comisión de Calidade

Membros do Comité Técnico de Calidade

Administrador/a Técnico/a superior de calidade

Outras persoas representantes (do centro e das súas titulacións…)

Representantes das unidades (servizos, vicerreitorías…)

Participación obrigatoria

Persoas convidadas (participación segundo as necesidades, a decisión da

dirección/decanato ou da Xerencia, en función do ámbito)

Etapa 30: revisión da totalidade dos elementos de análise.

Información (datos / documentos) de entrada:

Cambios organizativos que poden afectar o funcionamento en materia de calidade o No centro / ámbito de xestión (órganos de goberno, comisións, unidades…) o Na súa oferta formativa (titulacións) ou de servizos o Outros aspectos de interese

Estado da documentación de calidade o Manual de calidade e procedementos: cambios desde a última revisión o Rexistros de calidade: situación xeral

Seguimento da(s) revisión(s) anterior(es) o Estado das accións do plan de mellora do centro/ámbito

Page 9: PROCEDEMENTO Revisión do sistema pola direcciónfcetou.uvigo.es/files/calidade/Procedementos/Estratexicos/Proced...PROCEDEMENTO Revisión do sistema pola dirección DE-03 P1 Índice

PROCEDEMENTO Revisión do sistema pola dirección DE-03 P1

Índice 04

Páxina 9 de 11

Área de Apoio á Docencia e Calidade

Unidade de Estudos e Programas

Política e obxectivos de calidade o Recordatorio da política e dos obxectivos de calidade en vigor o Resultados do seguimento dos obxectivos de calidade o Resultados dos plans de mellora en relación coa posta en práctica da política e coa

consecución dos obxectivos de calidade

Indicadores de resultados dos procesos e dos programas de calidade o Resultados do desempeño e, cando corresponda, resultados da conformidade do produto

ou servizo. o Resultados de aprendizaxe (académicos…) o Resultados de satisfacción dos grupos de interese (enquisas…) o Resultados de empregabilidade e inserción laboral

Resultados de avaliacións e auditorías internas e externas (de certificación, seguimento,

acreditación…), e seguimento dos seus plans de mellora.

Retroalimentación dos grupos de interese o Queixas, suxestións e parabéns o Outra información relevante en relación coa opinión dos grupos de interese (informes,

noticias, comunicacións…)

Estado das accións correctivas e preventivas, cando corresponda.

Seguimento e control da estratexia (cando exista).

En todo caso, a revisión debe incluír a avaliación das oportunidades de mellora e a necesidade de efectuar cambios no sistema de garantía / xestión de calidade.

Etapa 40: documentación dos resultados da revisión e toma de decisións.

Os resultados da revisión e as decisións tomadas respecto dos temas anteriores documéntanse no informe da revisión, conforme se especifica na etapa 50.

Etapa 50: elaboración do informe da revisión. No informe (ou acta) rexístranse todos os aspectos relevantes que foron tratados, así como as decisións e as accións acordadas, polo menos, en relación coa(s):

Actualización da política e dos obxectivos de calidade (inclusive posibles novas accións para a súa consecución)

Necesidade de modificar (actualizar…) a documentación de calidade,

Mellora e eficacia do sistema de garantía / xestión de calidade e dos procesos,

Mellora dos produtos (cando corresponda) e dos servizos, en relación cos requisitos dos grupos de interese,

Identificación das dificultades relevantes na xestión de calidade,

Necesidades de recursos, así como outras que se consideren necesarias. O plan de mellora debe reflectir as accións de mellora acordadas na reunión (responsabilidades, recursos, calendario de implantación...) e a metodoloxía, responsabilidades e calendario asociados ao seu seguimento.

Page 10: PROCEDEMENTO Revisión do sistema pola direcciónfcetou.uvigo.es/files/calidade/Procedementos/Estratexicos/Proced...PROCEDEMENTO Revisión do sistema pola dirección DE-03 P1 Índice

PROCEDEMENTO Revisión do sistema pola dirección DE-03 P1

Índice 04

Páxina 10 de 11

Área de Apoio á Docencia e Calidade

Unidade de Estudos e Programas

Sempre que non exista un documento específico, este plan integra tamén as accións de mellora para despregar e acadar a política e os obxectivos de calidade.

IV.5. Ciclo de mellora continua do proceso (PDCA)

Planificar: establecer os obxectivos e os procesos necesarios para acadar resultados de acordo cos requisitos, coas

necesidades e coas expectativas dos grupos de interese e coas políticas da organización.

Desenvolver (facer): implantar os procesos.

Controlar (verificar): realizar o seguimento e a medición dos procesos e dos produtos e servizos respecto ás políticas, aos

obxectivos e aos requisitos, ás necesidades e ás expectativas, e informar dos resultados.

Actuar (aprender): tomar accións para mellorar continuamente o desempeño dos procesos.

(UNE-EN ISO 9001)

V ANEXOS Anexo 1 : Informe de revisión do sistema pola dirección (informe de resultados anuais do centro).

Plan Estratéxico da Universidade de Vigo

Plan Operativo de Xestión

Estratexia de centros e titulacións

Revisión pola dirección

Recollida de datos para a análise pola dirección

Resultados de centros e titulacións / ámbito de xestión

Funcionamento do sistema de garantía / xestión de calidade

UVigo (centros e titulacións, servizos, áreas...órganos institucionais)

Implantación da estratexia

Participación na implantación e na xestión

da calidade

Obxectivos dos centros e das titulacións

Retroalimentación

Axencias de Calidade Administración Organismos e institucións

Esixencias legais

Dispoñibilidade dos documentos (avaliación,

acreditación, certificación...)

Estudantes, PAS, PDI, egresadas/os, empregadoras/es, sociedade

Obxectivos da formación

Información pública e rendemento de contas

Obxectivos en relación coa sociedade (sociais,

económicos, medioambientais...)

Gru

po

s d

e In

tere

se

R

equ

isit

os,

nec

esid

ades

e e

xpec

tati

vas

UVigo (centros e titulacións, servizos,

áreas..., órganos institucionais)

Axencias de Calidade Administración

Organismos e institucións

Estudantes, PAS, PDI, egresadas/os,

empregadoras/es, sociedade

Desenvolvemento dos centros e titulacións

Resultados adaptados ás necesidades e ás esixencias

Estratexia implantada

Información pública e rendemento de contas

Optimización de recursos e eficiencia socioeconómica

Información (resultados e actividades) útil para o desenvolvemento da estratexia

Resultados académicos (mellora das tituacións...)

Sistema de calidade eficaz e actualizado

Gru

po

s d

e In

tere

se

Sat

isfa

cció

n

Estratexia implantada

Sistema adaptado e actualizado

Medición, análise e mellora

- Resultados de avaliación (centros, titulacións, servizos...)

- Participación dos grupos de interese (propostas, suxestións,...)

- Utilización e/ou aplicación: experiencias, boas prácticas..

- Novas expectativas, esixencias e/ou necesidades detectadas

- Indicadores de calidade (datos e resultados de centrros e titualcións...)

- Documentos do SGIC

Recursos

Páxinas web (UVigo, centros e titulacións)

Sistema de Información á Dirección (SID)

P

D C

A

P

D

C

A

Page 11: PROCEDEMENTO Revisión do sistema pola direcciónfcetou.uvigo.es/files/calidade/Procedementos/Estratexicos/Proced...PROCEDEMENTO Revisión do sistema pola dirección DE-03 P1 Índice

PROCEDEMENTO Revisión do sistema pola dirección DE-03 P1

Índice 04

Páxina 11 de 11

Área de Apoio á Docencia e Calidade

Unidade de Estudos e Programas

Rexistros

Identificación do rexistro

Soporte

orixinal

Dispoñible na

aplicación SGIC-STO?

Responsable

de custodia

(órgano /

posto)

Duració

n

Clasificació

n

(*) Código Denominación

R1 DE-03

P1

Informe (acta) de

revisión do sistema

pola dirección

(Informe de resultados

anuais do centro)

Electrónico Si

Decanato ou

dirección

(ámbito

docente)

6 anos

-

Xerencia (ámbito de

xestión) 3 anos

(*) Cúbrase só no caso de que o rexistro estea suxeito a condicións de permanencia adicionais ao período de arquivo de xestión (é dicir, cando é necesaria a súa transferencia posterior ao arquivo xeral).

Page 12: PROCEDEMENTO Revisión do sistema pola direcciónfcetou.uvigo.es/files/calidade/Procedementos/Estratexicos/Proced...PROCEDEMENTO Revisión do sistema pola dirección DE-03 P1 Índice

DE-03 P1 DE-03 P1 anexo 1 do 03/11/2014: Informe de revisión pola dirección Facultade de Ciencias

Empresariais e Turismo

Área de Apoio á

Docencia e Calidade

Unidade de Estudos e Programas

Plan de Promoción

de las Titulaciones

Plan de Promoción

de las Titulaciones

Plan de Promoción

de las Titulaciones

Plan de Promoción

de las Titulaciones

Plan de Promoción

de las Titulaciones

Plan de Promoción

de las Titulaciones

Plan de Promoción

de las Titulaciones

Plan de Promoción

de las Titulaciones

Informe de revisión do sistema pola

dirección

(Informe de resultados anual do centro)

(protocolo para o elaborar)

Data da reunión: dd/mm/aaaa

Page 13: PROCEDEMENTO Revisión do sistema pola direcciónfcetou.uvigo.es/files/calidade/Procedementos/Estratexicos/Proced...PROCEDEMENTO Revisión do sistema pola dirección DE-03 P1 Índice

DE-03 P1 DE-03 P1 anexo 1 do 03/11/2014: Informe de revisión pola dirección Facultade de Ciencias

Empresariais e Turismo

Área de Apoio á

Docencia e Calidade

Unidade de Estudos e Programas

Índice de contidos

1. Introdución ................................................................................................................................ 2

2. Seguimento das revisión(s) pola dirección anterior(es) ............................................................ 4

3. Política de calidade e obxectivos de calidade ........................................................................... 4

4. Indicadores de resultados dos procesos e programas de calidade ............................................. 5

5. Resultados de avaliacións e auditorías internas e externas ....................................................... 5

6. Retroalimentación dos grupos de interese ................................................................................. 6

7. Estado das accións correctivas e preventivas ............................................................................ 6

8. Seguimento e control da estratexia ............................................................................................ 7

Page 14: PROCEDEMENTO Revisión do sistema pola direcciónfcetou.uvigo.es/files/calidade/Procedementos/Estratexicos/Proced...PROCEDEMENTO Revisión do sistema pola dirección DE-03 P1 Índice

DE-03 P1 DE-03 P1 anexo 1 do 03/11/2014: Informe de revisión pola dirección Facultade de Ciencias

Empresariais e Turismo

Área de Apoio á

Docencia e Calidade

Unidade de Estudos e Programas

I. ANTECEDENTES

1. Introdución

Presentación (recordatorio do obxecto da reunión)

→ A listaxe de participantes da reunión (nome, cargo) xúntase como anexo a este documento.

Información sobre o estado da situación xeral do sistema de garantía / xestión de calidade

… (a título de exemplo)

A edición en vigor (E03) do SGIC foi aprobada durante o curso 2011-2012. Supuxo unha

modificación e unha actualización completa do SGIC que se viu afectado estruturalmente,

operativamente e no ámbito organizativo. As modificacións foron coordinadas desde a

Área de Apoio á Docencia e Calidade e no ámbito xeral poden ser valoradas tras este ano

de implantación como... (positivas, negativas).

O SGIC implantado inicialmente no curso...(2008/2009...) non obtivo os resultados

esperados. Algúns dos procedementos non se axustaban á realidade dos centros e supoñían

unha forte carga burocrática que non achegaba valor...

Estableceuse un novo mapa de procesos...

Cambios organizativos que poden afectar o funcionamento en materia de calidade

o No centro / ámbito de xestión (órganos de goberno, comisións, unidades …)

o Na súa oferta formativa (titulacións) ou de servizos

o Outros aspectos de interese

Todas as accións de mellora que se acorden nas epígrafes seguintes deben recollerse e

despregarse no plan (anual) de mellora do centro / ámbito.

Page 15: PROCEDEMENTO Revisión do sistema pola direcciónfcetou.uvigo.es/files/calidade/Procedementos/Estratexicos/Proced...PROCEDEMENTO Revisión do sistema pola dirección DE-03 P1 Índice

DE-03 P1 DE-03 P1 anexo 1 do 03/11/2014: Informe de revisión pola dirección Facultade de Ciencias

Empresariais e Turismo

Área de Apoio á

Docencia e Calidade

Unidade de Estudos e Programas

Estado da documentación de calidade

o Manual de calidade e procedementos: cambios desde a última revisión

→ Xúntese o anexo 1 do Manual de calidade «Listaxe de procedementos en vigor».

Valoracións:

→ Indíquese se se propoñen melloras no manual ou nos procedementos de calidade (estas

poden derivarse de cambios normativos, suxestións, cambios nas necesidades…)

o Rexistros de calidade: situación xeral

Valoracións:

→ Indíquese se se propoñen melloras ao funcionamento do procedemento XD-02 P1 «Control

dos rexistros» (en relación coa metodoloxía, responsabilidades, arquivo…)

Page 16: PROCEDEMENTO Revisión do sistema pola direcciónfcetou.uvigo.es/files/calidade/Procedementos/Estratexicos/Proced...PROCEDEMENTO Revisión do sistema pola dirección DE-03 P1 Índice

DE-03 P1 DE-03 P1 anexo 1 do 03/11/2014: Informe de revisión pola dirección Facultade de Ciencias

Empresariais e Turismo

Área de Apoio á

Docencia e Calidade

Unidade de Estudos e Programas

II. DATOS E REVISIÓN DOS RESULTADOS

2. Seguimento da(s) revisión(s) anterior(es)

Estado das accións do plan de mellora do centro / ámbito

→ Xúntese o plan de mellora do centro/ámbito actualizado da revisión anterior (ou das

anteriores, se as accións non están pechadas).

3. Política e obxectivos de calidade

A política e os obxectivos de calidade defínense segundo o establecido no procedemento DE-01 P1

«Planificación estratéxica».

Política de calidade

→ Xúntese a política de calidade en vigor.

Valoracións:

→ Indíquese se a política de calidade, tras revisarse, aínda se considera vixente e

adecuada.

Obxectivos de calidade

→ Xúntense os obxectivos de calidade en vigor, así como os resultados do seu

seguimento.

Recoméndase precisar a contribución de cada titulación /unidade á consecución dos

obxectivos.

Valoracións:

→ Indíquese se os obxectivos de calidade, tras analizalos, son medibles e coherentes

coa política de calidade.

o Plan de mellora en relación coa posta en práctica da política de calidade e coa

consecución dos obxectivos de calidade

→ Xúntese o plan de mellora, actualizado.

Page 17: PROCEDEMENTO Revisión do sistema pola direcciónfcetou.uvigo.es/files/calidade/Procedementos/Estratexicos/Proced...PROCEDEMENTO Revisión do sistema pola dirección DE-03 P1 Índice

DE-03 P1 DE-03 P1 anexo 1 do 03/11/2014: Informe de revisión pola dirección Facultade de Ciencias

Empresariais e Turismo

Área de Apoio á

Docencia e Calidade

Unidade de Estudos e Programas

Nota: este plan pode integrarse no plan de mellora do centro / ámbito.

Valoracións:

Toda acción de mellora adicional (modificación das liñas de actuación…) debe

incluírse no plan de mellora do centro / ámbito.

4. Indicadores de resultados dos procesos e dos programas de calidade

Resultados de desempeño

Resultados da conformidade do produto ou servizo, cando corresponda

Resultados de aprendizaxe (académicos…)

Resultados de satisfacción dos grupos de interese (enquisas…)

Resultados de empregabilidade e inserción laboral

→ Xúntense as táboas ou os gráficos de resultados, desagregados por sexos de ser posible.

→ Cando proceda, xúntense os resultados desagregados por materias.

Valoracións:

5. Resultados de avaliacións e auditorías internas e externas

Resultados (de certificación, seguimento, acreditación…)

Page 18: PROCEDEMENTO Revisión do sistema pola direcciónfcetou.uvigo.es/files/calidade/Procedementos/Estratexicos/Proced...PROCEDEMENTO Revisión do sistema pola dirección DE-03 P1 Índice

DE-03 P1 DE-03 P1 anexo 1 do 03/11/2014: Informe de revisión pola dirección Facultade de Ciencias

Empresariais e Turismo

Área de Apoio á

Docencia e Calidade

Unidade de Estudos e Programas

→ Xúntense os informes de avaliación ou auditoría, ou o documento equivalente (certificados…).

o Seguimento dos plans de mellora

→ Xúntense os plans de mellora actualizados.

Nota: no caso do programa de seguimento das titulacións, incluirase unha síntese do estado de

avance das accións de mellora.

Valoracións:

6. Retroalimentación dos grupos de interese

Queixas, suxestións e parabéns (QSP)

→ Xúntese a síntese anual dos resultados das QSP.

o Outra información relevante en relación coa opinión dos grupos de interese (informes,

noticias, comunicacións…)

Valoracións:

Nota: os resultados de satisfacción trátanse na epígrafe 4.

7. Estado das accións correctivas e preventivas

Estado das accións correctivas e preventivas, cando corresponda.

→ Xúntese a síntese das accións.

Page 19: PROCEDEMENTO Revisión do sistema pola direcciónfcetou.uvigo.es/files/calidade/Procedementos/Estratexicos/Proced...PROCEDEMENTO Revisión do sistema pola dirección DE-03 P1 Índice

DE-03 P1 DE-03 P1 anexo 1 do 03/11/2014: Informe de revisión pola dirección Facultade de Ciencias

Empresariais e Turismo

Área de Apoio á

Docencia e Calidade

Unidade de Estudos e Programas

Valoracións:

8. Seguimento e control da estratexia

Seguimento e control da estratexia (cando exista)

→ Xúntese o estado de situación da implantación da estratexia e dos seus resultados.

Valoracións:

III. ACCIÓNS DE MELLORA DO SISTEMA DE GARANTÍA /

XESTIÓN DE CALIDADE

Tras analizar os datos e os resultados recollidos nas epígrafes anteriores, a dirección acorda

establecer as seguintes accións:

Page 20: PROCEDEMENTO Revisión do sistema pola direcciónfcetou.uvigo.es/files/calidade/Procedementos/Estratexicos/Proced...PROCEDEMENTO Revisión do sistema pola dirección DE-03 P1 Índice

DE-03 P1 DE-03 P1 anexo 1 do 03/11/2014: Informe de revisión pola dirección Facultade de Ciencias

Empresariais e Turismo

Área de Apoio á

Docencia e Calidade

Unidade de Estudos e Programas

IV. CONCLUSIÓNS

Tras analizar toda a información previa relacionada co funcionamento do sistema de garantía /

xestión de calidade, acórdanse as seguintes conclusións:

Mellora e eficacia do sistema

Identificación de dificultades relevantes na xestión de calidade

Necesidades de recursos

V. ANEXOS

Anexo 1: …

Anexo …: …