Presentación sargadelos

21
PARTE DUNHA REVOLUCIÓN

Transcript of Presentación sargadelos

Page 1: Presentación sargadelos

PARTE DUNHA REVOLUCIÓN

Page 2: Presentación sargadelos

Ao longo da historia máis recente, as actividades industriais xeraron unha serie de sistemas produtivos que paulatinamente se foron incorporando á nosa herdanza cultural.

As testemuñas da industrialización constitúen un legado imprescindible para comprender a historia dos últimos séculos.

Os elementos e factores que inciden no feito industrial, desempeñaron un papel importante na evolución do territorio rural ou urbano, na formación do carácter histórico e cultural dos seus sitios, lugares e paisaxes e na definición do ambiente en que se desenvolveu o desenrolo das industrias.

O patrimonio industrial convértese en memoria histórica que se manifesta segundo a época, a fase do seu desenvolvemento, os sectores de actividade e as áreas geoculturais no que se levou a cabo o proceso da industrialización.

Page 3: Presentación sargadelos

A industrialización como proceso histórico, esencialmente europeo na súa orixe e conformación, permite a conexión da historia contemporánea galega coa europea, xurdida da revolución científica e da Ilustración.

O patrimonio industrial actúa como un eixe estructural de accións de investigación, creación, difusión e dinamización económica.

É importante coñecer e investigar sobre os feitos que iniciaron a revolución industrial en Galicia para comprender mellor a nosa realidade económica e cultural da que Sargadelos é bandeira.

Page 4: Presentación sargadelos

A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL EN

GALICIA.

Page 5: Presentación sargadelos

A revolución industrial, que transformou fondamente as estruturas económicas e sociais europeas desde finais do século XVIII, foi un feito que en Galicia non tivo unha gran relevancia ata case un século máis tarde. Poucas industrias marcan unha sociedade na que o sector primario mantivo un peso moi grande ata os nosos días.

En Galicia subsistiron os oficios artesanais, máis ou menos especializados, ata ben avanzada a era contemporánea, debido á dispersión da poboación e a economía de subsistencia: canteiros, curtidores, ferreiros, zapateiros, torneiros, etc. Moitos deles traballaban a tempo parcial e de xeito itinerante. Cando se fala de industrialización en Galicia hai que comprender que estamos ante un proceso incompleto e, para moitos estudosos, fracasado.

Page 6: Presentación sargadelos

No século XVIII Galicia está nun punto de partida óptimo para unirse á febre industrial europea. Nesta centuria, ademais da industria do lenzo, da que participaban en torno a 75.000 familias galegas, arrinca en Ferrol a construción de buques co Arsenal; o Marqués de Sargadelos instala unha das primeiras e máis grandes siderurxias da Península Ibérica, e o porto da Coruña racha o monopolio de Cádiz e comeza a comerciar con América. Pero a forte competencia europea, a falta de capitais, e a posición periférica e subalterna de Galicia no novo estado liberal son razóns que abondaron para poder comprender o fracaso.

Page 7: Presentación sargadelos

Durante o século XVIII as iniciativas industriais veñen da man da coroa española, a través da instalación das manufacturas reais, na etapa do despotismo ilustrado cuxo máximo expoñente foi en España o monarca Carlos III. A Real Fábrica de Sargadelos é un dos mellores exemplos da influencia da Ilustración en Galicia, que estaba naquel tempo aillada fisicamente, aínda baixo a negativa influencia da nobleza e o clero xa que a man de obra estaba ao seu servizo e o pobo durmía entre a pobreza e a ignorancia, sufrindo un grande deterioro.

Sargadelos foi o buque insignia dunha serie de iniciativas industriais que abranguen a fabricación de diferentes xéneros: a Real Fábrica de Mantelería da Coruña, a Real Maestranza de Artillería da Coruña, a Real Fábrica de Cobrería en Xubia, a Real Fábrica de Xarcia e Lona en Sada, ou a Fábrica de Tabacos da Coruña, son exemplos do incipiente desenvolvemento industrial deste período.

Page 8: Presentación sargadelos

A REAL FÁBRICA DE

SARGADELOS

Page 9: Presentación sargadelos

A comarca do río Eo maniféstase a finais do século XVIII como o núcleo ferretero máis dinámico da península. Aparecen novas ferreirías, para a obtención do ferro da maneira tradicional, e tres proxectos de altos fornos perante a década de 1780.

Foi a Compañía de la Vega, de Ribadeo, quen primeiro solicitou a creación de tres ferreirías, catro martinetes e unha fábrica de potas de Burdeos. Despois de cinco anos realizou varios dos seus proxectos pero non chegou a rematar a creación da fábrica de potes de ferro colado.

Pouco máis tarde, a finais de 1784, outro comerciante da zona, José Álvarez de la Graña, solicita autorización para una fábrica de potes de ferro colado en Granda pero tampouco se levou a efecto.

Page 10: Presentación sargadelos

O de Sargadelos foi o terceiro proxecto de altos fornos e o único que chegou a bo porto.

A iniciativa da Real Fábrica de Sargadelos, primeiro siderurxia, e despois factoría de louza, non se entendería sen a figura do seu fundador, Antonio Raimundo Ibáñez.

Naceu en Oscos, Asturias, no ano 1749, no seo dunha pequena familia fidalga. Desde que era novo foi un emprendedor e un precursor, tratando de introducir na península as novidades producidas noutros países máis avanzados. O seu pai era notario; con el

preparou a súa formación, pasando despois a traballar en Ribadeo como administrador dunha casa comercial. Non tardaría moito en facerse coa dirección do negocio. A principios dos oitenta Ibáñez era un dos principais comerciantes, facendo medrar en pouco tempo a súa situación social e económica. Comerciou nestes anos con aceite, liño, viño, augardente e con ferro, introducindo e dándolle saída a estes produtos desde Galicia e Asturias.

Page 11: Presentación sargadelos

Na segunda metade do XVIII xa era posible, nalgúns casos, mudar a condición familiar grazas ás oportunidades de negocios que se abrían para os emprendedores.

Mais Raimundo Ibáñez non se conformou co seu éxito comercial e fíxose armador, fundando a Real Compañía Marítima, e comezou a comerciar coas Indias e tamén con Rusia, Suecia ou Terranova, da que traía o bacallao. Empresario hábil, pensou que Galicia tiña recursos naturais abundantes, como madeira e caolín. As súas ideas principais eran a existencia da materia prima polo que sería bon desenvolver na nosa terra os productos, abaratando custes e obtendo maiores beneficios. A aparición dunha nova industria daría novos postos de traballo.

Inspirado polo movemento europeo da renovación cultural e económica, fundou unha fábrica metalúrxica no norte da provincia de Lugo, en Cervo. Isto foi posible grazas a unha alianza que tiña cun dos maioristas de Compostela, José de Andrés García, que será a base económica do futuro alto forno de Sargadelos.

Page 12: Presentación sargadelos

A partir do ano 1791 comeza a erguer o complexo de Sargadelos, hoxe en día coñecido pola súa cerámica. Nun primeiro momento xurde como unha potente siderurxia, a altura das que comezaban a proliferar en Europa ao calor do proceso da industrialización. Contaba para a empresa co apoio do Primeiro Ministro Godoy desde Madrid, que lle aseguraba contratos para adquirir municións para a Armada Española, e lle facilitaba os suministros de materias primas.

En 1794 comeza a funcionar o complexo. Os primeiros lingotes de ferro colado mándanse para Ferrol como lastres para os buques da Armada. Fabrícanse tamén balas de canón, todo tipo de obxectos pesados de ferro, elementos de uso cotiá e ferramentas, actividade á que se adicará a fábrica nos catorce anos seguintes. Sargadelos tivo maioritariamente carácter militar ata que a fábrica pasa a mans de Luis de la Riva no ano 1840.

Page 13: Presentación sargadelos

En canto á producción civil hai que destacar especialmente a fabricación de potes.

Sargadelos era unha siderurxia non integral xa que non dispoñía de instalacións para convertir o colado de ferro doce en aceiro, sendo caldeados os seus fornos con carbón vexetal, xa que había nos bosques do contorno a madeira suficiente para a súa alimentación.

A fábrica non tardou moito en entrar en decadencia debido ao difícil abastecemento e a competencia sufrida desde outras instalacións.

Page 14: Presentación sargadelos

Ademais o Marqués de Sargadelos tivo un grande problema: o rexeitamento de boa parte da poboación autóctona, debido á deforestación de montes en ben común que a súa fábrica provocaba na comarca. O establecemento do alto forno alimentado con carbón vexetal ocasionou unha oleada de conflictos sociais debido a que os nobres da zona vían na fundición un elemento de ameaza para a súa preeminencia e, doutra banda, os pobos do contorno que vían máis dereitos da fábrica sobre o aproveitamento dos bosques en detrimento dos seus propios.

Page 15: Presentación sargadelos

Así era na realidade: Ibáñez tiña unha cédula de autorización do ano 1791 pola que podía explotar un amplo bosque que, anque sometido ás ordenanzas de montes de marina de 1748,e viña sendo utilizado polos veciños aos que se concedían permisos para cortar madeiras das inútiles para o Real Servizo, para pezas menores de casas, aperos de labranza…A Real Cédula reducía eses usos e obrigaba a que calquera aproveitamento do bosque quedara suxeito á autorización de Ibáñez.

Page 16: Presentación sargadelos

Se a retirada de moitos dos antigos usos do bosque ocasionou os primeiros conflictos, a situación agravouse desde o momento en que se formalizou a primeira contrata de municións no ano 1796. Ao convertirse Sargadelos nunha fundición exclusivamente de material militar, a contrata incluirá unha cláusula na que se encarga aos que administran a xustiza de “prestar toda a axuda necesaria para vencer a tenaz resistencia dos veciños da comarca na concurrencia de acarretos”. Entón Ibáñez fixará a cantidade de acarretos necesarios e realizarase o reparto entre os veciños da comarca. Cada lugareño debía servir forzosamente nas tarefas de transporte a Sargadelos uns 40 días ao ano.

Page 17: Presentación sargadelos

A resistencia dos campesiños e a insistencia de Ibáñez, que pide a axuda do exército en varias ocasións e ataca aos que exercen a xustiza que son máis remisos a pedir axuda, vai provocar un clima de guerra que rematará co asalto e incendio do complexo de Sargadelos por máis de 4000 comarcanos en abril de 1798. Isto causou graves danos na siderurxia, que seguiu producindo, pero a un ritmo moito menor do agardado polo Marqués.

A intervención militar restauró a orde pero non solucionou máis que os síntomas do conflicto e a morte violenta de Ibáñez foi posiblemente o seu último gran estoupido.Co tempo a siderurxia tivo que pechar.

Page 18: Presentación sargadelos

No ano 1806 Antonio Raimundo Ibáñez crea a fábrica de louza nas mesmas instalacións da siderurxia, repoñéndose así do fracaso anterior. Apenas podería ver o éxito da súa iniciativa, xa que morrería en 1808. As circunstancias do seu pasamento non ficaron moi claras. En 1808 coa Guerra da Independencia xa en marcha, forma parte das xuntas de defensa de Ribadeo. Cando estas capitulan ante os franceses, o marqués de Sargadelos é acusado de traidor e afrancesado polos do seu bando, que rematarían por asasinalo.

Page 19: Presentación sargadelos

Raimundo Ibáñez foi un home dunha ampla cultura e erudición, a pesar de non poder cursar estudios universitarios. Paradigma do ilustrado emprendedor, foi quen de se converter no introdutor do modelo capitalista moderno naquela España que aínda conservaba usos e costumes propios do Antigo Réxime. Situar a Ibáñez no seu sitio implica afirmar o seu papel progresista no ámbito industrial pero tamén esquecer a idea de combatente liberal e antiseñorial do que o dotaron os seus biógrafos.

Os únicos antiseñoriais nos

conflictos de Sargadelos foron os

campesiños que defenderon os seus

bens comúns e a súa liberdade

persoal contra uns privilexios de corte señorial outorgados

pola monarquía absoluta.

Page 20: Presentación sargadelos

Ibáñez aínda tivo tempo en vida de traer ao mundo a nove fillos, que deron continuidade á súa tarefa emprendedora. Cando morreu estaba a se tramitar o título de Marqués de Sargadelos para a súa persoa, título co que pasou á historia aínda que nunca gozara del en vida.

 Á súa morte o seu fillo maior, José Ibáñez, por acordo cos seus oito irmáns, tomaría as rendas dos negocios familiares e especialmente da fábrica de louza, que funcionaría durante catro etapas ata o ano 1879, chegando a ser unha referencia na península ibérica e un centro de exportación moi importante. A louza de Sargadelos, ademais do seu gran volume de produción industrial, acadou un resultado estético máis que notable, estando representada a través das súas máis senlleiras pezas en moitos dos museos galegos.

Sargadelos é un emblema histórico no desenvolvemento industrial de Galicia, que supuxo un importante motor económico para o seu contorno.

Page 21: Presentación sargadelos

TRABALLO REALIZADO POR

ESPERANZA VÁZQUEZ DOPICO