Presentación Poesía Galega na Ditadura

21
Contexto social da posguerra española Poesía galega da ditadura

Transcript of Presentación Poesía Galega na Ditadura

Page 1: Presentación Poesía Galega na Ditadura

Contexto social da posguerra española

Poesía galega da ditadura

Page 2: Presentación Poesía Galega na Ditadura

Contexto social

Page 3: Presentación Poesía Galega na Ditadura
Page 4: Presentación Poesía Galega na Ditadura

A miseria é o denominador común da paisaxe social da posguerra. A autarquía, a II Guerra Mundial e a nosa hipotética posición de neutralidade, os efectos inmediatos da guerra e a ideoloxía do réxime máis interesada en afianzar a súa posición política do que en remediar os males dos cidadáns xeralizou a fame, apenas paliada polas institucións benéficas ou relixiosas, polas cartillas de racionamento ou pola economía de estraperlo

Page 5: Presentación Poesía Galega na Ditadura

A sociedade retrocedía en dereitos alcanzados durante a República e volvía a exercer o seu rol de nai e esposa supeditada ao varón nun tipo de familia numerosa, que o franquismo glorificaba e promovía. http://es.slideshare.net/MaraSnchez6/a-educacin-da-muller-so-o-franquismo

Page 6: Presentación Poesía Galega na Ditadura
Page 7: Presentación Poesía Galega na Ditadura
Page 8: Presentación Poesía Galega na Ditadura
Page 9: Presentación Poesía Galega na Ditadura

Este caderniño era entregado ás mozas da Sección Feminina, a organización que a Falanxe tiña para adoutrinar ás mulleres, ben distinto do que xa comezaran a reclamar e exercer estas durante a República, en que se conquistara o dereito ao voto, ou durante a guerra, en que as milicianas loitaran á par dos homes e mesmo algunhas chegaran a desenvolver tarefas directivas e de responsabilidade en moitos eidos.

Page 10: Presentación Poesía Galega na Ditadura

A represión franquista significou:

•unha represión física cruenta: xuízos sumarísimos durante a guerra, con verniz de legalidade, “sacas” e desaparicións forzosas

•http://es.slideshare.net/MaraSnchez6/cunetas

http://es.slideshare.net/MaraSnchez6/fosas-comns-en-galiza

Page 11: Presentación Poesía Galega na Ditadura
Page 12: Presentación Poesía Galega na Ditadura

•unha represión administrativa practicada con todos os funcionarios do Estado Republicano, tanto nas institucións centrais, como en deputacións e municipios, levada a cabo mediante un proceso de purga coñecido co nome de depuración. Os funcionarios

eran castigados con sancións que ían desde o cárcere , o traslado forzoso, a suspensión de emprego e salario, a inhabilitación e a separación.

Para la obtención de praza, priorzábase aos leais ao Movemento Nacional, e esixíase a presentación de "certificados de boa conduta" expedidos polo xefe local da Falanxe ou o

cura da parroquia.Miles de oficiais que serviran a República foron expulsados do exército.

Page 13: Presentación Poesía Galega na Ditadura

• unha represión educativa que afectou desde o ensino primario á universidade, cunha purga que separou do maxisterio público ata un cuarto dos seus mestres e profesores que estaban no punto de mira dos vencedores, sendo represaliados moitos deles, desmanteladas institucións básicas como a Residencia de Estudantes de Madrid e someteu a xuízo e cárcere a aqueles que se consideraban especialmente perigosos pola súa resistencia ideóloxica.

Page 14: Presentación Poesía Galega na Ditadura
Page 15: Presentación Poesía Galega na Ditadura

•unha represión relixiosa ( o nacional catolicismo inspiraba a lexislación e toda manifestación externa de ateísmo ou doutra relixión que non fose a católica quedaba prohibida. Igrexa e estado son cómplices e colaboradores)

Page 16: Presentación Poesía Galega na Ditadura

•unha represión lingüística que prohibe, degrada ou ridiculiza calquera lingua que non sexa a do Estado

•http://es.slideshare.net/MaraSnchez6/lexislacin-contra-a-lingua-44416074

Page 17: Presentación Poesía Galega na Ditadura

•unha represión económica que castigou con multas ou incautación de bens a persoas e institucións consideradas rebeldes ou contrarias á ideoloxía dos vencedores, aplicándose mesmo de xeito retroactivo, de modo que se sancionaba non só aos que foran colaboracionistas co bando republicano durante a guerra e despois dela, senón tamén antes, cando esas accións non eran ilegais. Por exemplo, todo o patrimonio cultural e artístico dos sindicatos foi incautado polo Sindicato Vertical

Page 18: Presentación Poesía Galega na Ditadura

•unha represión laboral, que deixou sen emprego a calquera que fose vagamente sospeito de conivencia cos “roxos”. As organizacións patronais realizaban as súas listaxes e nas profesións liberais eran os colexios profesionais os que as elaboraban

•unha represión política que supuxo a desaparición de todas as organizacións políticas e sindicais e a supresión do dereito de reunión e de manifestación

•unha represión cultural que se estendía aos medios de comunicación escritos, á radio e máis tarde á televisión, cunha censura que abranguía non só o eido político, mais tamén o cultural, pois a edición de libros e a proxección de películas estaba controlada pola rede de censores do estado, habitualmente eclesiásticos ou persoas moi vinculadas ao ideario da igrexa que prohibían, retallaban ou desvirtuaban arbitrariamente o contido das obras suxeitas á análise

Page 19: Presentación Poesía Galega na Ditadura
Page 20: Presentación Poesía Galega na Ditadura

Artigo de Juan Aparicio en “Pueblo” arrementendo contra Ramón Piñeiro pola súa “Filosofía da saudade” El escritor que escribe en la colección Grial de la Editorial Galaxia, de Vigo, [...] porque el castellano le parece tosco, infiel e inexpresivo, es un escritor que tiene faltas de ortografía en su pluma y en su alma, avergonzándose de que se le vean tales vergüenzas al desnudo.O artigo remata coa seguinte recomendación ao Ministro de Xustiza:Querido y respetado Raimundo, habría que someterles a una cura psicoanalista o traerles a Madrid por las buenas o por las malas, para que tonifiquen su sistema moral y su sistema nervioso en el competidísimo torneo.

Page 21: Presentación Poesía Galega na Ditadura

El autor de esta obra -di un censor a teror de Curros Enríquez- ha merecido la más rotunda excomunión pública. O divino sainete es una colección de blasfemias [...]. La titulada «Diante de unha imaxe de Íñigo de Loyola» no solo injuria al Santo con los más horrendos dicterios, sino que dice que es hijo de la coyunda de la adúltera esposa del Cantar de los Cantares y del demonio. El libro está plagado de las mayores infamias para la Iglesia y para el Pontificado. Y es tremendo que esta obra gallega, que llegó a ser prohibida en los tiempos liberales de la Monarquía por su infamia para la Iglesia y el Estado, haya podido ser publicada hoy.